Proxecto voz natura 11 12

9
PROXECTO VOZ VOZ VOZ VOZ NATURA CURSO 2011 CURSO 2011 CURSO 2011 CURSO 2011-2012 2012 2012 2012 “A SEMENTE DO FUTURO A SEMENTE DO FUTURO A SEMENTE DO FUTURO A SEMENTE DO FUTURO” C.P.R. Mª INMACULADA VERIN - OURENSE

Transcript of Proxecto voz natura 11 12

Page 1: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZVOZVOZVOZ NATURA

CURSO 2011CURSO 2011CURSO 2011CURSO 2011----2012201220122012

““““A SEMENTE DO FUTUROA SEMENTE DO FUTUROA SEMENTE DO FUTUROA SEMENTE DO FUTURO””””

C.P.R. Mª INMACULADA VERIN - OURENSE

Page 2: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

1. INTRODUCCIÓN 2. OBXECTIVOS

2.1. OBXECTIVOS XERAIS

2.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

3. DESCRIPCIÓN DO PROXECTO

3.1. Deseño de actividades.

3.2. Establecemento de contactos con outras entidades

3.3. Traballo de campo

3.4. Elaboración da información

3.5. Realización doutras actividades

3.6. Avaliación do proxecto

4. ACTIVIDADES 5. DESTINATARIOS 6. TEMPORALIZACIÓN

Page 3: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

TITULO: “ A SEMENTE DO FUTURO”

1.1.1.1.---- INTRODUCCIÓNINTRODUCCIÓNINTRODUCCIÓNINTRODUCCIÓN

Os bosques son unha das principais riquezas naturais do noso planeta: depuran o aire, regulan os ciclos da auga, conservan o chan e facilitan a vida de plantas e animais. Non obstante, cada ano desaparecen no planeta máis de 16 millóns de hectáreas arboradas. Co obxecto de chamar a atención sobre os perigos que axexan a estes privilexiados espazos, a ONU declarou 2011 como Ano Internacional dos Bosques. Galicia conta cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que representa o 48% de todo o territorio, cifra que se eleva ata case o 69% se temos en conta o monte desarborado. Outro dato significativo dos nosos bosques é que máis de 120.000 hectáreas corresponden a superficie forestal certificada. Entre as características dos bosques galego destaca a interfase ou contacto entre os bosques de tipo mediterráneo, con predominio do rebirlo, como os que hai en Ourense, e os de tipo atlántico que se dan no resto de Galicia, onde abundan carballos e bidueiros ou carballos e castiñeiros. As formacións autóctonas son aqueles ecosistemas en que as especies arbóreas orixinarias da zona en que se encontran ou perfectamente adaptadas a ela durante séculos; caso contrario son os denominados alóctonos. As especies arbóreas que conforman os bosques, así como os bosques en conxunto, están suxeitos a unha dinámica continua que os pode facer pasar dunha a outra denominación. Exemplos característicos desta realidade son o piñeiro silvestre e o castaño. Os bosques teñen unha incidencia directa e decisiva sobre todos os elementos ambientais. Como beneficios máis directos podemos destacar:

- Liberación de osíxeno. Fixación do CO2

- Depuran o aire: reteñen as partículas en suspensión da atmosfera.

- Redución dos efectos erosivos producidos pola auga e o vento, favorecendo a creación de

chan.

- Regulación dos niveis hídricos, participando decisivamente no ciclo hidrolóxico: reteñen a auga

de chuvia e regulan as canles dos ríos

- Regulación do clima: atenúan os rigores climáticos, favorecen a existencia de chuvias, reducen a

evaporación, manteñen o nivel de humidade ambiental e evitan a sequidade.

- Reducen os impactos acústicos.

- Depuran as augas e os chans contaminados.

- Posibilitan o sostemento dunha maior diversidade de especies vexetais e animais: reducen o risco

de incendios e a aparición de pragas e enfermidades.

- Serven de corredor biolóxico nas rutas de desprazamento de diversos animais.

- Fertilizan o terreo cos seus restos e os dos animais que o habitan.

- Son fonte de recursos para o home (económicos, recreativos, culturais, científicos, etc)...

Esta infinidade de beneficios son os que deben facer entender o bosque como o elemento

necesario para asegurar a correcta calidade de vida de todas as persoas. É difícil imaxinar a

existencia do home sen o bosque.

Page 4: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

O lume é un elemento natural que forma parte dos fenómenos que modelan a paisaxe. Precisamente, gran parte da nosa vexetación está adaptada á acción do lume, con estratexias rebrotadoras ou de xerminación tralo incendio. Pero a actual situación non ten nada que ver con fenómenos naturais. A intensidade e recorrencia dos incendios forestais está tendo efectos dramáticos sobre o noso chan, con efectos irreversibles nalgúns casos. O lume reiterado provoca unha merma na capacidade da vexetación para recolonizar o terreo ou tapizar o chan. As elevadas pendentes aumentan ademais a erosión xerando chans cada vez menos produtivos. Avenidas, inundacións, colmatación de embalses e desertización son consecuencia do paso repetido do lume polos nosos ecosistemas. A actual magnitude do fenómeno dos incendios forestais débese a factores estruturais importantes, entre os que destacan:

• O abandono drástico das actividades agrosilvopastorales que se produciu en apenas corenta anos debido ao éxodo rural, cun incremento da biomasa nos ecosistemas que os fai facilmente combustibles

• A permanencia da cultura do lume (queima de rastrollos e pastos) nunha parte importante

da poboación rural.

• A loita contra os incendios forestais centrouse case exclusivamente na extinción, esquecendo a prevención e unha correcta planificación forestal, enmarcada nunha boa ordenación do territorio. Pero o certo é que na actualidade os maiores investimentos en materia forestal están destinadas á extinción de incendios, a construción de infraestruturas asociadas a estes: rede de devasas, rede de pistas forestais, puntos de auga, etc. e reforestación de terreos incendiados.

A conclusión mais importante que podemos sacar de todo isto, é a importancia dunha reforestación e recuperación das zonas degradas polos incendios forestais que asolan a nosa Comunidade. Por iso, o noso Proxecto : “A SEMENTE DO FUTURO”, pretende abarcar, varios aspectos fundamentais na educación en valores medioambientais dos nosos rapaces/as; os eixos sobre o que se xirará o Proxecto poden resumirse en:

1. COÑECEMENTO, tanto da flora como da fauna dos nosos montes e bosques. Estudo da problemática actual dos nosos espazos verdes asi como tecnicas para actuar sobre o propio medio. Traballo na aula.

2. ACTUACIÓN DIRECTA sobre o medio, localizando zonas degradadas dos nosos montes para poder iniciciar a sua recuperación. Limpeza desas zonas e preparacion do terreo para a sua reforestacion.

3. SEMENTANDO A SOLUCCIÓN, dentro da cal levaremos a cabo varias plantacións das zonas mais problematicas e axeitadas para unha repoboacion escolar.

Page 5: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

2.2.2.2.---- OBXECTIVOSOBXECTIVOSOBXECTIVOSOBXECTIVOS

2.1.- Obxectivos Xerais: Recentemente o Consello Galego de Medio Ambiente aprobou un documento que debe servirnos como referente, a Estratexia Galega de Educación Ambiental (EGEA). Os obxectivos xerais correspóndense cos propostos neste documento: a) Promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente, dos seus problemas e dos riscos que comporta o seu deterioro para o conxunto da humanidade, así como para a diversidade e calidade de vida. b) Adquirir coñecementos significativos para unha comprensión complexa e globalizada do medio ambiente, dos diferentes factores e procesos (físico-naturais, socioeconómicos, e culturais) que o definen, favorecendo a súa aplicabilidade na análise, interpretación e avaliación das realidades ambientais, así como nas actuacións que sexa, preciso adoptar para prever ou resolver problemas nos planos local, rexional, nacional e/ou planetario. c) Desenvolver aptitudes acordes cunha concepción integral e sistemática do ambiente, mediante a que se posibilite unha comprensión básica das principias cuestións ambientais, da súa natureza interdisciplinaria e complexa. d) Promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun pensamento e unha ética ecolóxica orientada por criterios de solidariedade, equidade e xustiza social. e) Habilitar e desenvolver competencias relativas a estilos de vida sostibles, posibilitando a súa concreción en iniciativas e prácticas cotiza respectuosas cos dereitos ambientais e sociais, en diferentes contextos e de modo autónomo. f) Incentiva-la participación social, nos planos individual e colectivo, incrementando substantivamente os niveis de información e corresponsabilidade cidadás en cuestións ambientais, cun protagonismo e unha capacidade de decisión asustada ó pleno exercicio dos dereitos civís e democráticos.

Page 6: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

2.2.- Obxectivos Especificos: A adquisición destes obxectivos, levarase a cabo mediante unha formación didáctica na propia aula, ademais de saídas de campo para adquirir técnicas e valores medioambientais. • Coñecemento e identificación das especies arbóreas mais importantes da nosa Comarca.

• Recoñecer a importancia que teñen os bosque e montes no noso Concello, elaborando material

escolar. Traballos persoais e gripais.

• Coñecemento da fauna mais característica do noso Concello, relacionando a súa presencia

coa flora presente.

• Adquisición de conceptos climatolóxicos para entender as distintas relacións que se establecen

nos ecosistemas dos nosos bosques.

• Valores ambientais, de coidado e protección dos nosos bosques e montes.

• Importancia dos incendios forestais, na perda de masa arbórea e conseguinte degradación do

medio forestal.

• Adquisición de mediadas preventivas contra os incendios forestais.

• Coñece,memnto dos períodos de semente das novas especies.

• Técnicas de plantación de especies arbóreas.

• Importancia da limpeza dos nosos montes.

• Consecuencias do mal uso dos nosos montes.

• Adquisición de valores de respeto, coidado e protección do medio que rodea o alumno/a, e a

importancia de tomalo como un préstamo, e non unha posesión.

Page 7: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

3.3.3.3.---- DESCRIPCIÓN DO PROXECTODESCRIPCIÓN DO PROXECTODESCRIPCIÓN DO PROXECTODESCRIPCIÓN DO PROXECTO

3.1.- Deseño de actividades É importante que o colectivo de profesores/as e alumnos/as participantes se impliquen en profundidade dende o primeiro momento, e é por iso que se propón a participación de todos/as na fase de deseño do programa a seguir. Traballaranse diversos aspectos:

� Elaboración da ficha base, que será utilizada nas actividades de campo.

� Obtención dos mapas e planos do Concello, sobre os que se traballará.

� Distribución do traballo de localización de zonas problermaticas nos nosos montes.

3.2.- Establecemento de contactos con outras entidades Contactarase con numerosas entidades para colaborar no desenvolvemento do proxecto, co fin de sensibilizar e implicar a un maior número de persoas:

� Administración Local e Autonómica.

� Asociacións veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres rurais, etc...

� Protección Civil, etc...

3.3.- Traballo de campo En proxectos de anos anteriores levouse a cabo a tarefa de Localizar e caracterizar os vertedoiros incontrolados do Concello de Verín. O traballo fíxose en pequenos grupos, encargados de localizalos puntos de vertido en determinadas zonas, establecidas na fase de deseño. Utilizouse unha ficha de campo e obtivéronse tamén varias fotografías. Basándonos nesas fichas que localizan esas zonas degradas, procederemos a recuperalas mediante a sembra de árbores autóctonos. Así mesmo centrarémonos nas zonas mais afectadas polos incendios forestais, para logo podelas recuperar mediante plantacións de especies arbóreas. 3.4.- Elaboración da información Coa información recollida elaboraranse:

� Unha memoria informativa, na que se recollerá todo o relativo ós incendios e os

principias impactos sobre fauna, flora, solo, auga, atmosfera, espacios naturais e

poboacións humanas. Dita memoria será asinada por tódolos colectivos participantes e

entregada ós representantes das Administracións Local e Autonómica.

� Elaboración de material didáctico, sobre toda a informacion biolóxica e cultural da flora

e fauna do Concello de Verín. Este material quedará dispoñible na Biblioteca do Centro.

� Artigos para os medios de comunicación (prensa escrita, radio,...), coa fin de difundir ó

máximo a información.

Page 8: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

3.5.- Realización doutras actividades Desenvolveranse outras actividades relacionadas coa problemática dos residuos:

� Obradoiros de elaboración de papel reciclado.

� Obradoiros de elaboración de xoguetes con materiais de refugallo.

� Exposición cos materiais elaborados.

3.6.- Avaliación do proxecto O proxecto será avaliado durante o proceso: cada actividade será avaliada polos participantes e coordinadores, modificándose segundo sexa necesario. Para finalizar, farase unha avaliación de todo o proceso e de cada actividade por separado. 4.4.4.4.---- ACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADES

� Establecemento de contactos e coordinación das actuacións.

� Localización e caracterización de puntos de interese.

� Realizacion de obradoiros de semente na propia aula. Ed. Infantial e 1º ciclo de E.Primaria.

� Elaboración duna memoria.

� Entrega da memoria os responsables das Administracións.

� Realizacion de saidas de campo para limpar e repoboar zonas degradadas dos nosos

montes. 2º ciclo de primaria e E. Secundaria.

� Elaboración de traballos-murais onde os alumnos/as e por niveis iran plasmando os coñecementos ou vivencias adquiridas.

� Elaboración de paneis, recollendo a información máis interesante, para unha exposición en

diferentes locais do Concello.

� Realización de obradoiros: papel reciclado e xoguetes con materiais de refugallo.

� Exposición dos materiais elaborados nos obradoiros.

� Difusión da información a través dos medios de comunicación.

� Avaliación do proxecto.

Page 9: Proxecto voz natura 11 12

PROXECTO VOZ NATURA 2011/12

CPR Mª INMACULADA - VERIN

5.5.5.5.---- DESTINATARIOSDESTINATARIOSDESTINATARIOSDESTINATARIOS

En primeira instancia, os destinatarios do proxectos son os membros da comunidade escolar. En segundo lugar, as persoas colaboradoras das diversas entidades coas que se colaborará. En terceiro lugar, os responsables das Administracións Públicas, ós que se entregará a memoria do proxecto, e cos que se colaborará na limpeza de determinadas zonas. Por último, o resto da poboación do Concello de Verín, ós que se chegará coas exposicións elaboradas e a través dos medios de comunicación. 6.6.6.6.---- TEMPORALIZACIÓNTEMPORALIZACIÓNTEMPORALIZACIÓNTEMPORALIZACIÓN

ACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADES OCT OCT OCT OCT 2020202011111111

NOV NOV NOV NOV 2020202011111111

DEC DEC DEC DEC 2020202011111111

XAN XAN XAN XAN 2020202012121212

FEB FEB FEB FEB 2020202012121212

MAR MAR MAR MAR 2020202012121212

Establecemento de contactos XXXX Estudio das fichas elaboradas en cursos anteriores XXXX XXXX XXXX XXXX XXXX Obradoiros de Semente XXXX XXXX XXXX XXXX Charlas-Coloquio XXXX XXXX Obradoiros XXXX

ACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADES ABR ABR ABR ABR 2020202012121212

MAI MAI MAI MAI 2020202012121212

XUN XUN XUN XUN 2020202012121212

XULL XULL XULL XULL 2020202012121212

AGO AGO AGO AGO 2020202012121212

SET SET SET SET 2020202012121212

Repoboación das zonas degradadas XXXX Elaboración de paneis XXXX Realización da exposición XXXX XXXX Obradoiros XXXX XXXX Exposicións dos materias dos obradoiros XXXX XXXX Avaliación final do proxecto XXXX

NOTA: As saidas de campo, tanto para localizar, limpar como para repoboar distribuiranse ao longo do curso, en funcion das condicions climatoloxicas, da época de plantación de cada especie asi como da dispoñibilidade das especies.