Quero volver ao de antes
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
269 -
download
0
Transcript of Quero volver ao de antes
Quero volver a confiar
Fomos criados con principios morais comúns:Cando eramos nenos, nais, pais, profesores, avós, tíos, veciños eran
autoridades dignas de respecto e consideración.
Canto máis próximos ou máis vellos, máis afecto nos deron..Era inimaxinable responder mal aos máis anciáns,
a mestres ou autoridades…HABÍA RESPECTO
Confiabamos nos adultos porque todos eran pais,
nais ou familiares de todos os rapaces da rúa,
do barrio, da vila…
Tiñamos medo apenas do escuro, dos sapos, dos
ratos ou das películas de terror…
Hoxe teño unha tristeza infinita por todo o que temos perdido.
Por todo o que os meus netos
un día temerán.
Polo medo na mirada dos nenos, mozos, vellos e
adultos.
Dereitos humanos para criminais...? Deberes ilimitados para cidadáns honestos...?
Pagar as débedas é ser parvo...? Amnistía para os estafadores…?
Os honestos son imbéciles...?
Non tomar vantaxe é ser necio...?
Que pasou connosco...?
Profesores maltratados nas aulas, comerciantes ameazados por traficantes,corruptos fachendeándose do seu poder,
reixas nas nosas ventás e portas.
Cada un pechado no seu mundo
Coches que valen máis que apertas,
fillos querendo agasallos por pasar de curso.
Teléfonos móbiles nas mochilas dos acabados de
saír dos cueiros.
Que temos que dar para recibir unha aperta?
Vale máis parecerque ser…
Vale máis un coche caro que unha amizade a toda proba.
Vale máis unha pantalla xigante que unha conversación.
Vale máis un Armani que un diploma.
Quero quitaras reixas da miña ventá
para tocar as flores!
Quero sentarme no camiño e ter a porta aberta nas noites de verán
Quero a honestidade como motivo de orgullo.
Quero a rectitude de carácter,
a cara limpae a mirada aos ollos.
Quero a esperanza,
a alegría,a confianza,
a fe…
Quero a vergonza, e a solidariedade.
Quero volver a enorgullecerme
dos nosos líderes políticos.
Quero que a “palabra de home” volva ser sinónimo de xuramento.
Abaixo o “TER”! Viva o “SER”!
Quero o retorno da verdadeira vida,simple como a choiva,
limpa como un ceo de abril, leve como a brisa do amencer!
e definitivamente común, coma min ou coma ti.
Adoro un mundo simple e común.
Ter o amor, a caridade, a solidariedade como bases de
vida.
Indígnome diante da corrupción, a falta de ética, de moral, de respecto...
Vamos volver a ser “xente”, a recuperar a “tribo” perdida
Vamos construír un mundo mellor, máis xusto,
onde as persoas respecten as persoas, con tolerancia e sen permisividade.
¿Utopía? Non...? ...Si?
Quen sabe?...
Polo menos,fagamos o intento…
Empecemos a contaminar o mundo pasando esta
mensaxe.Os nosos fillos meréceno e os nosos netos
han agradecérnolo
Seguramente a moitos dos teus amigos tamén lles agradaría recibilo e constatar que somos moitos os
que pensamos así.
Que sexamos máis!