R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia...

43
MERCADONA MEMORIA AMBIENTE 2011-2012

Transcript of R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia...

Page 1: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

R/ Valencia, 5 _46016 Tavernes Blanques (Valencia) T. +34 963 883 333 _F. +34 963 883 302

www.mercadona.es

www.facebook.com/mercadona

www.twitter.com/mercadona

MERCADONAMEMORIA AMBIENTE 2011-2012

Page 2: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

1Ambiente 2011 - 2012

Introdución .............................................................................2

1. Loxística sostible ...............................................................4

2. Aforro enerxético .............................................................10

3. Xestión de residuos .........................................................18

4. Compromisos ..................................................................28

5. Comunicación .................................................................36

6. Datos relevantes 2011-2012 ...........................................40

ÍNDICE

Page 3: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

Mercadona é unha compañía de supermercados de capital español e familiar cuxo obxectivo, dende a súa fundación, é satisfacer plenamente todas as necesidades de alimentación, limpeza do fogar e hixiene persoal dos seus clientes, así como as necesidades relacionadas co coidado das súas mascotas.

Traballando sempre dentro do modelo de xestión de Mercadona, chamado “Calidade Total”, o sistema de xestión ambiental da compañía está enfocado cara á eficiencia no uso dos recursos, para conseguir “facer máis con menos” e ser máis produtivos. Parte deste sistema de xestión pasa por estudar novas e mellores formas de reducir os residuos e traballar para converter residuos en recursos, cerrando así o ciclo da Economía Circular.

Dentro deste obxectivo xeral, Mercadona centra os seus maiores esforzos para reducir o seu impacto ambiental en tres áreas principais: • Loxística sostible • Aforro enerxético • Xestión de residuos

INTRODUCIÓN

MERCADONA HOXE (datos do 31 de decembro de 2012)

• Empresa familiar de capital 100% español.

• 1.411 supermercados de barrio.

• 10 bloques loxísticos, 2 en proxecto/construción e 2 almacéns satélite.

• 4,7 millóns de fogares.

Page 4: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

3Ambiente 2011 - 2012

• 9.647 millóns de “quilitros” (unidades de venda).

• 19.077 millóns de euros de venda.

• 74.000 traballadores.

• + de 100 interprovedores e + de 2.000 provedores.

Page 5: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

O transporte de mercadorías é unha das actividades que ocasiona maior impacto ambiental, en termos de consumo de combustibles fósiles e de emisións á atmosfera. En Mercadona trabállase continuamente para conseguir unha loxística máis eficiente, baixo o obxectivo xeral de “Transportar máis con menos recursos” e aumentar a produtividade.

Ao longo dos anos aplicáronse estratexias destinadas a mellorar a eficiencia no transporte, que consisten, entre outras medidas, en evitar viaxes en baleiro, optimizar a carga dos camións, potenciar o transporte intermodal e achegar os provedores aos bloques loxísticos para reducir as distancias percorridas por estrada.

1.1 Estratexia do oito

1.2 Carga de camións

1.3 Achegar provedores

1.4 Descarga nocturna

1.5 Transporte intermodal

1. LOXÍSTICA SOSTIBLE

Page 6: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

5Ambiente 2011 - 2012

1.1 Estratexia do oito

Para evitar que os camións circulen baleiros, a compañía pla-nifica coidadosamente as rutas facendo que un mesmo ca-mión descargue e cargue xénero sucesivamente en todos os puntos da súa ruta: o provedor, o almacén e a tenda. Deste xeito, a mercadoría pode chegar con rapidez aos seus destinos e os camións viaxan sempre cheos.

Ademais, Mercadona, xunto co interprovedor Acotral, traballou intensamente para renovar a súa frota de camións adecuándoa aos máis altos estándares de eficiencia requiridos pola Unión Europea: Euro IV e Euro V. Estes estándares establecen os re-quisitos que debe cumprir un motor para ser máis eficiente e menos contaminante, entre os que se encontran o consumo de combustible e as emisións de gases e partículas. É un proceso continuo que persegue incrementar a presenza da frota.

Page 7: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

6Ambiente 2011 - 2012

1.2 Carga de camións

É importante que cada camión transporte o máximo de merca-doría, dentro das marxes de seguridade, para aforrar recursos e aumentar a eficiencia en cada traxecto. Atendendo a este princi-pio, nos almacéns estúdase coidadosamente a mellor maneira de amontoar e distribuír o xénero para aproveitar mellor o espazo. O ecodeseño de envases (ver páxina 19) xoga un papel moi impor-tante no devandito proceso.

1.3 Achegar provedores

Reducir a distancia dos traxectos contribúe a conseguir un trans-porte máis eficiente e a optimizar todo o proceso de distribución. Baixo esta premisa, Mercadona contempla, dentro da súa polí-tica de expansión, construír bloques loxísticos de maneira que a distancia media que percorren os camións entre almacén e interprovedor, así como entre almacén e tenda, diminúa progre-sivamente. Os interprovedores tamén teñen isto en conta á hora de expandirse, sitúan as súas novas instalacións preto dos blo-ques loxísticos de Mercadona sempre que é posible.

Optimización loxística:km/m3 de mercadoría

servida a tendas

10,4 201210,8 2011

11,5 201012,6 2009

Grazas aos esforzos por aumentar a eficien-cia loxística da compañía, cada metro cúbico de xénero que chega ás tendas percorrecada vez menos distancia.

Page 8: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

7Ambiente 2011 - 2012

1.4 Descarga nocturna

Para conseguir ser cada vez máis invisible para os seus veciños e reducir o impacto da distribución urbana, Mercadona implan-tou a Descarga Nocturna Silenciosa en 466 tendas da cadea. Grazas a esta modalidade de descarga afórrase tempo, circulan menos camións pola cidade, mellórase a mobilidade urbana e redúcense os ruídos e as emisións contaminantes en todo o proceso.

A descarga urbana enhoras val con vehículos demaior capacidade permitereducións de consumo decombustible de ata o 70%por tonelada transportada

Descarga nocturna no supermercado da R/ Lauria, Valencia.

Page 9: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

8Ambiente 2011 - 2012

1.5 Transporte intermodal

Aumentar o volume de mercadoría transportada por tren e barco permite reducir o impacto ambiental do transporte. A estratexia seguida por Mercadona é utilizar as infraestruturas ferroviarias para transportar aqueles produtos que, por peso ou volume, necesitarían gran cantidade de camións para a súa distribución. Ao igual que ocorre co transporte por estrada, as rutas planifícanse coidadosamente para que os trens non viaxen nunca baleiros, tendo en conta tanto o volume como o peso da mercadoría.

540trens ao ano

A

LEÓN

VALLADOLID

MADRID

SEVILLA

TARRAGONA

VALENCIAPALMA DE MALLORCA

ZARAGOZA

ALACANT

TENERIFE

GRAN CANARIA

FUERTEVENTURA

GRANADA

MÁLAGA

BARCELONA

A

Áreas de influencia de:

Rutas de transporte de mercadoría por tren

BLOQUE LOXÍSTICOen funcionamento

BLOQUE LOXÍSTICOen proxecto/construción

A ALMACÉN SATÉLITE

Page 10: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

9Ambiente 2011 - 2012

O esforzo continuoen loxística sostibledurante 2011 e 2012permitiu:

por estrada aforrados pola aplicación das melloras loxísticas en 2011 e

17 millóns de quilómetros

466tendas con

Descarga Nocturna Silenciosa

85%da frota cumpre co estándar

Euro V

En 2012 o

11 millóns de km máis en 2012.

Page 11: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

10Ambiente 2011 - 2012

2.1 Tendas

2.2 Almacéns

2.3 Gases refrixerantes

2. AFORRO ENERXÉTICO

O consumo de enerxía de tendas e almacéns é un aspecto crucial sobre o que hai que actuar para aumentar a eficiencia da compañía. Mercadona ten implantado un sistema de monitorización e control do gasto enerxético en tendas e almacéns que lle permite identificar e establecer as medidas de aforro máis eficaces. Este sistema, unido a un programa continuo de formación e concienciación do persoal, aplícase tanto en tendas como en almacéns para detectar posibles puntos de dispendio enerxético e corrixilos. O obxectivo é consumir unicamente a enerxía que se necesita para o óptimo funcionamento dos procesos e instalacións.

Page 12: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

11Ambiente 2011 - 2012

Desagregación do consumo nun supermercado estándar:

O consumo enerxético de Mercadona repártese da seguinte forma:

almacéns13%

oficinas1%

tendas86%

6%

iluminación

forno

25%

climatización14%

enchufes5%

frío50%

Todo o persoal de Mercadona recibe formación en boas prácticas de aforro enerxético

Page 13: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

12Ambiente 2011 - 2012

Luz artificial regulada en función da luz natural

Climatización do corredor aproveitando a calor xerada na sala de máquinas

AIRE DE ENTRADA

AIRE DE SAÍDA

Aproveitamento da luz natural

Teitos 15 cm máis baixos para reducir o volume de

aire que hai que climatizar

21º

Page 14: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

13Ambiente 2011 - 2012

Consumo eléctrico:kWh/m3 mercadoría servida a tendas

61201265,82011

67,92010

682009As medidas de aforro enerxético permiten baixar a demanda de enerxía por metro cúbi-co de mercadoría que chega ás tendas.

Luminarias de baixo consumo

2.1 Tendas

As tendas de Mercadona incorporan unha serie de melloras en materia de climatización, iluminación e envolvente do edificio desenvolvidas para reducir o consumo de enerxía.

Ás 20 medidas de aforro enerxético que Mercadona incorporou ao estándar de tenda en 2007, fóronse engadindo outras duran-te 2011 e 2012 como, por exemplo, luminarias aínda máis efi-cientes, sistemas de acendido e apagado automático e conden-sación flotante nas centrais frigoríficas. As devanditas medidas permitiron conseguir unha redución do consumo eléctrico dun 20% respecto a unha tenda convencional.

Todo o persoal recibe formación en boas prácticas de aforro ener-xético, cuxa aplicación é crucial á hora de diminuír a demanda de enerxía das tendas.

Page 15: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

14Ambiente 2011 - 2012

2.2 Almacéns

Nos almacéns tamén se aplican boas prácticas de aforro enerxético. Ademais, leváronse a cabo numerosas medidas destinadas a redu-cir o consumo, tales como:

• Recuperadores de enerxía de freado (instalados no Bloque Loxís-tico de Villadangos del Páramo).

• Lucernarios e claraboias para aproveitar a luz natural.

• Detectores de presenza nas dependencias do persoal.

• Luminarias de baixo consumo.

• Variadores de frecuencia.

• Recuperación de calor nas liñas de pan.

• Resortes con selo pneumático para evitar perdas de frío durante a carga e descarga dos camións.

• Pantallas LED.

• Melloras no illamento térmico.

Todas estas medidas refórzanse e compleméntanse formando o persoal en boas prácticas de aforro enerxético.

Outras medidas de protección ambiental inclúen alxibes para re-coller a auga da chuvia e separadores de hidrocarburos nas saídas da rede pluvial.Claraboias para aproveitar a luz natural.

Recuperación de enerxía de freado.

Page 16: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

15Ambiente 2011 - 2012

2.3 Gases refrixerantes

A produción de frío pode supoñer ata a metade do consumo enerxético dunha tenda e inclúe o uso de gases refrixerantes de alto impacto ambiental. Por esta razón, en 2011 púxose en marcha un programa de control de fugas de gases refrixerantes para detectar canto antes calquera perda que poida supoñer unha baixada de eficiencia na refrixeración e contribuír ao efecto invernadoiro. Este programa implica unha revisión diaria da instalación que permite detectar e reparar inmediatamente calquera posible fuga. Os efectos empezáronse a notar xa en 2012.

Gases refrixerantes: g/m3

8,1

10,5

10,2

9,4

2012201120102009Un plan de detección e reparación rápida de fugas, unido á mellora continua das insta-lacións e ao mantemento preventivo, axuda a reducir as fugas de gases refrixerantes na cadea, a pesar de que aínda queda moito ca-miño por percorrer.

Supermercado en Vía Augusta, Tarragona.

Page 17: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

16Ambiente 2011 - 2012

Supermercado do C.C. La Almazara, San Vicente del Raspeig, Alacant.

Page 18: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

17Ambiente 2011 - 2012

O esforzo continuo en aforro enerxético durante 2011 e 2012 permitiu:

Tendas ecoeficientes 535En 2012

135En 2012

420En 2011

72En 2011

Aforro total na compañía:

100%das tendas contan con recuperadores de calor, o que permitiu un aforro de

87.000 kWh por tenda e ano

En 2011 realizouse un grande esforzo tras o cal o

millóns de kWh

millóns de kWh

Page 19: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

18Ambiente 2011 - 2012

3.1 Estratexias de prevención de residuos

a) Ecodeseño

b) Estratexias para previr os residuos de alimentos

c) Outras estratexias

3.2 Xestión e reciclaxe de residuos

3.3 Economía Circular

3. XESTIÓN DE RESIDUOS

Os residuos xerados na distribución dos produtos son unha parte importante do seu impacto ambiental. Para reducilo, Mercadona traballa activamente no seu propio proceso e en colaboración cos seus interprovedores.

A redución de material en envases e embalaxes debe equilibrarse coa súa capacidade para manter intactas a seguridade alimentaria e a integridade dos produtos, o cal á súa vez evita perdas e desperdicios durante todo o proceso. Manter este equilibrio é unha tarefa que require unha estreita colaboración ao longo da cadea agroalimentaria da compañía.

Ademais de traballar para diminuír os residuos no seu proceso, Mercadona e os seus interprovedores traballan conxuntamente para conseguir unha recuperación máis eficiente de materiais valiosos e para darlles novos usos a subprodutos que doutro xeito se desperdiciarían. O obxectivo é traballar para conseguir o que se denomina “Economía Circular”: converter residuos en recursos.

Page 20: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

19Ambiente 2011 - 2012

3.1 Estratexias de prevención de residuos

a) Ecodeseño:

• Substitución / redución de materiais: reducir o peso do envase sen comprometer a segurida-de do produto permite transportar máis unida-des por camión. Facilítase tamén a almacenaxe na tenda e o transporte á casa.

• Estratexia Brad Pitt: consiste en eliminar tintas e serigrafías innecesarias. O produto vese tal e como é.

PET 60 gCristal 435 g

• Compactación e concentración: eliminar en parte o aire ou a auga que conteñen os produ-tos reduce o volume e o peso. Requírese menos espazo para o transporte e a almacenaxe e di-minúe os residuos de envase.

A través do ecodeseño perséguese que o envase, garantindo a súa función de conservar e protexer os alimentos, reduza tamén o impacto ambiental xerado durante a súa almacenaxe, distribución e consumo.

• Melloras na colocación: deseñar o envase para aproveitar o espazo mellora a loxística e o almacenamento na casa.

Page 21: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

20Ambiente 2011 - 2012

b) Estratexias para previr os residuos de alimentos

Mercadona dirixe os seus esforzos a reducir os sobrantes e min-guas en tendas e almacéns. Para iso, desenvolveu numerosas estratexias en todos os niveis da súa cadea agroalimentaria, dende o campo ata a tenda, para evitar ineficiencias que poidan derivar en residuos:

% Residuos / kg servido

0,71% 20120,70% 2011

0,86% 20100,98% 2009

Mercadona traballa continuamente para evi-tar minguas no proceso. As medidas adopta-das mostran que é posible seguir reducindoos residuos, aínda que se trata dun procesomoi complexo.

• Árbore completa: aprovéitase toda a produción que xera o provedor.

• Froitas e verduras: dáselle prioridade á calidade por enriba da estética e os produtos veñen directos do campo, evitando a manipulación intermedia.

Page 22: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

21Ambiente 2011 - 2012

• Pedido diario: loxística deseñada para que tendas e alma-céns teñan servizo diario dende o provedor (transportado pola nosa frota), isto minimiza o tempo de almacenaxe.

• Ser máis tendeiros: estanse adoptando algunhas prácticas do comercio tradicional para darlles saída a diversos produtos antes de que se estraguen.

• Sempre Prezos Baixos: mediante a estratexia “Sempre Prezos Baixos”, sen ofertas, conséguese ter pedidos previ-sibles, facilitar a xestión dos stocks e evitar que o cliente leve á casa máis produtos dos que vai consumir.

Ademais, Mercadona iniciou colaboracións con comedores so-ciais, doa produtos que no son aptos para a venda pero si para o consumo. Pódese encontrar máis información en www.mercadona.es

Page 23: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

22Ambiente 2011 - 2012

c) Outras estratexias

De acordo coas estratexias mencionadas, Mercadona adheriu-se á iniciativa de AECOC “A alimentación no ten desperdicio, aprovéitaa” que ten como obxectivo a redución do desperdicio alimentario na cadea de subministración. Os traballos desenvól-vense en dúas vertentes. Por un lado, aplicar as medidas nece-sarias para incrementar a eficiencia nos procesos e o aprovei-tamento dos alimentos. Por outro lado, tratar o aproveitamento dos excedentes producidos, xa sexa mediante a súa redistribu-ción ou reciclaxe.

Segundo a Unión Europea, o 42% do desperdicio alimentario prodúcese nos fogares. Por esta razón, ademais da colaboración na campaña de AECOC, Mercadona colaborou con asociacións de consumidores nos seguintes proxectos:

• “Aprendendo a ler a etiquetaxe”. Xunto ao Foro Interalimenta-rio e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI) elaborouse esta guía, orientada a explicarlles aos consu-midores a información relevante sobre os alimentos para o seu mellor aproveitamento: condicións de conservación, datas de caducidade e consumo preferente, etc.

• Coa Asociación Valenciana de Consumidores e Usuarios (AVACU) realizouse a Guía “Aproveitemos os alimentos” que proporciona información e consellos para evitar o desperdicio alimentario nos fogares.

Ambas as dúas guías están dispoñibles na páxina web da Canle Mercadona: www.canalmercadona.es

A campaña de AECOCbusca “reducir os

desperdicios ao longode toda a cadea

alimentaria e optimizar aomáximo o aproveitamento

do excedente”Máis información en:

www.aecoc.es

Page 24: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

23Ambiente 2011 - 2012

• Cápsulas Prosol. Prosol, interprovedor de Mercadona, creou unhas cápsulas oxobiodegradables para o café torrado formula-das especificamente para degradárense tras seren usadas xe-rando auga e CO2 como residuos.

Bolsas por tícket de compra

0,21

0,90

3,05

3,23

2012201120102009A reutilización das bolsas que todos temos na casa permitiu que o consumo de bolsas de plástico dun só uso se reducise máis dun 90% dende 2010 en todas as tendas.

• Redución do consumo de bolsas de plástico dun só uso. En 2011 Mercadona estendeu a todas as súas tendas a campaña para reducir o consumo de bolsas de plástico dun só uso que se iniciou en 2010 en Cataluña.

Esta campaña, baseada en animar aos clientes a reutilizar as bolsas, levouse a cabo mediante a sinatura de convenios volun-tarios con case todas as comunidades autónomas, para cumprir cos obxectivos de redución establecidos no Plan Nacional Inte-grado de Residuos (PNIR).

En 2012 Mercadona reduciu o consumo de bolsas de plástico dun só uso en máis do 90%, superou amplamente o obxectivo perseguido. Isto supuxo deixar de utilizar 13.000 toneladas de plástico ao ano.

Page 25: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

24Ambiente 2011 - 2012

3.2 Xestión e reciclaxe de residuos

• Os residuos de plástico, madeira, poliexpan e cartón xerados durante o proceso de Mercadona son reciclados na súa totalidade tras unha fase previa de clasificación e compactación nas tendas. O transporte destes materiais lévase a cabo por loxística inversa, aproveitando os retornos da frota de Mercadona ao almacén. Parte do cartón e plástico reciclados volve ás tendas en forma de caixas de leite ou cereais, ou como material de limpeza (ver páx. 27).

Cartón: kg/m3

5,08

5,41

5,54

4,82

Plástico: kg/m3

0,31

0,29

0,26

0,28

Poliexpan: kg/m3

0,03

0,04

0,04

0,04

2012201120102009

PRODUTOS

MATERIAL DE ENVASES

Reciclaxe: kg/m3

5,21 20126,14 2011

6,52 20105,83 2009

Materiais reciclados por cada metro cúbicode mercadoría servida a tendas.

Page 26: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

25Ambiente 2011 - 2012

• Cuarto de colectores: este recinto é exclusivo para os colec-tores de lixo das tendas. Está equipado con desodorizadores de ozono e conta con dobre acceso (dende a tenda e dende a rúa), o que evita o impacto dos colectores de lixo no medio urbano.

• Puntos Limpos: os almacéns e as tendas están dotados de recintos ad hoc para situar correctamente os residuos xerados nos labores de mantemento das instalacións, ata que son reti-rados por xestores autorizados. Desta maneira evítase que estes residuos pasen ao medio natural e recupéranse materiais e re-cursos valiosos, contribuíndo así a reducir o impacto ambiental das actividades da compañía.

Os residuos de mantemento son entregadosa xestores autorizados para a súa correctaxestión.

Residuos de mantemento: kg/m3

0,016

0,016

0,015

2012201120102009

0,015

Pilas recollidas nas tendas: toneladas

152

154

2012201120102009

130

61

Punto Limpo do supermercado da R/ Campos Crespo, Valencia.

Page 27: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

26Ambiente 2011 - 2012

3.3 Economía Circular

O mellor residuo é o que non se xera. Aínda que hoxe isto é imposible de conseguir ao 100%, Mercadona traballa a todos os niveis para reducir e reaproveitar os seus residuos. Son recursos valiosos para outros procesos e, atendendo á premisa da Economía Circular de “Converter residuos en recursos”, algúns interprovedores de Mercadona desenvolveron procesos innovadores para aproveitar residuos provenientes doutros procesos da cadea agroalimentaria.

Recuperación de materias

primas

Residuos de proceso

Produtos

Novos produtos

Tratamento

+

+

Page 28: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

27Ambiente 2011 - 2012

• Recuperación de plástico (Sp-Berner). En 2011 chegou aos lineais de Mercadona a nova gama de útiles de limpeza fabricada a partir de residuos plásticos xerados en Mercadona e noutros interprovedores. O proceso foi desenvolvido por Sp-Berner.

• Pool de envases reutiliza-bles (Logifruit). Trátase dun ciclo cerrado no que o trans-porte e a almacenaxe da mer-cadoría se leva a cabo en cai-xas reutilizables que se lavan e recuperan ao longo de moitos ciclos de uso. As caixas rotas reaprovéitanse para facer máis caixas e palés de plástico, ce rrando o ciclo.

• Recuperación de fariñas para pensos. Grupo Siro, interprovedor de Mercadona, valoriza os subprodutos das súas plantas, onde se fabrican os produtos Hacendado, e convérteos en materia prima para alimentación animal, aforra así recursos e reduce o desperdicio na cadea agroalimentaria.

Page 29: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

28Ambiente 2011 - 2012

4.1 Produción responsable

4.2 Pesca sostible

4.3 Benestar animal

4. COMPROMISOS

Dentro do seu Modelo de Calidade Total, Mercadona considera o provedor un dos pia-res fundamentais para o bo funcionamento da compañía. Neste sentido, a sostibili-dade e a responsabilidade dos procesos de produción son valores fundamentais para poder ofrecerlle ao cliente a máxima calidade ao mellor prezo. Por iso Mercadona iniciou dende hai algúns anos unha serie de proxectos para mellorar a sostibilidade da súa cadea agroalimentaria. Destacamos nesta sección dous destes proxectos, así como os esforzos que realizan os interprovedores da compañía para mellorar o seu comportamento ambiental.

Page 30: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

29Ambiente 2011 - 2012

Interprovedores con certificación ambiental

201220112010

67%2009

4.1 Produción responsableOs interprovedores de Mercadona son conscientes da necesi-dade de ter unha produción responsable nos seus respectivos sectores e, neste sentido, moitos deles contan con certifica-cións ambientais internacionalmente recoñecidas ou están en proceso de obtelas.

Ao rematar 2012, un 88% das plantas dos interprovedores xa posúen unha certificación ambiental tipo ISO 14001, EMAS ou equivalente. O 12% restante está en proceso de certificación.

88%

83%

81%

Montesinos

Unión Martín

Page 31: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

30Ambiente 2011 - 2012

4.2 Pesca sostible

Mercadona iniciou un programa de colaboración cos provedo-res para garantir a sostibilidade dos produtos pesqueiros que pon á venda.

En 2012 aprobouse a Política de Compra de Produtos da Pesca.

O obxectivo desta política é mellorar a sostibilidade dos pro-dutos procedentes da pesca extractiva e da acuicultura que Mercadona lles ofrece aos seus clientes.

Sección de peixaría do supermercado de El Palmaret, en Alboraya, Valencia.

Page 32: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

31Ambiente 2011 - 2012

A política de compra de produtos da pesca compromete a Mercadona e aos seus provedores a traballar conxuntamen-te sobre a base dos seguintes criterios:

• Non ter produtos procedentes da pesca ilegal, non declara-da e non regulamentada.

• Garantir a trazabilidade dende o punto de captura ata a súa venda.

• Etiquetar os produtos cumprindo a lexislación vixente, pro-curando unha información clara, veraz e accesible para o consumidor.

• Garantir o cumprimento legal e as medidas de ordenamen-to en vigor respecto a tallas mínimas, paros biolóxicos e ve-das, entre outras.

• Apoiar a mellora continua e as mellores técnicas dispoñi-bles en canto a métodos e artes de pesca.

• Apoiar a incorporación de novos produtos que cumpran os criterios de sostibilidade.

• Eliminar da oferta especies ameazadas ou en perigo de extinción, ou provenientes de ecosistemas seriamente amea-zados.

• Fomentar produtos de acuicultura sostible a través de es-tándares de boas prácticas recoñecidos internacionalmente.

• Apoiar a pesca local.

• Respectar condicións de traballo dignas.

Todas as decisións serán tomadas baseándose na informa-ción científica dispoñible procedente de organismos e ins-titucións de recoñecida solvencia.

POLÍTICA DE COMPRA DE PRODUTOS DA PESCA

Page 33: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

32Ambiente 2011 - 2012

Mercadona está traballando conxuntamente co seu interprove-dor Jealsa – Escurís para mellorar a sostibilidade do atún que lles ofrece aos seus clientes. Ambas as dúas empresas somos conscientes dos retos que se han de afrontar, e o maior deles é garantir a conservación das pescarías de atún para que poida-mos seguir gozando das indubidables vantaxes deste produto agora e no futuro.

Mercadona e Jealsa – Escurís afrontan este reto sendo cons-cientes de que a sostibilidade é un proceso continuo no que todos os elos da cadea deben colaborar e, para iso, contan co apoio do International Seafood Sustainability Foundation (ISSF).

O atún Hacendado conta coa Certificación Dolphin

Safe, cuxo obxectivo é asegurar que as empresas

atuneiras pescan con métodos que non danen os golfiños e protexan os

ecosistemas mariños

Page 34: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

33Ambiente 2011 - 2012

ISSF

ISSF é unha asociación global que une os esforzos da comuni-dade científica, a industria do atún e WWF, un dos máis impor-tantes grupos conservacionistas.

O obxectivo de ISSF, apoiado e compartido por todas as em-presas participantes, é levar a cabo iniciativas baseadas no coñecemento e na investigación científica para a conservación a longo prazo e o uso sostible dos stocks de atún, reducindo as capturas incidentais e promovendo ecosistemas mariños sau-dables.

Para iso as empresas participantes no ISSF, entre as que se encontra Escurís, interprovedor de Mercadona, asumen com-promisos que axudan a conseguir os obxectivos marcados, de tal maneira que só poden levar a cabo transaccións con bar-cos que cumpran unha serie de requisitos entre os que se encontran: control da trazabilidade, evitar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (IUU), informar das capturas, non realizar transbordos en alta mar ou non practicar o shark finning, práctica que consiste en cortarlle a aleta á quenlla e tirar o corpo de novo ao mar.

Mercadona compra o 100% do atún en lata Hacendado a compañías participantes no ISSF

Page 35: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

34Ambiente 2011 - 2012

4.3 Benestar animal

O interprovedor Huevos Guillén adiantouse ao cumprimento da normativa europea de benestar animal. Na súa explotación dedicada ás galiñas campeiras, cada animal (alimentado a base de cereais) pódese mover con total liberdade.

As esixencias das novas normativas sobre benestar animal están orientadas a garantir que os animais de abasto sexan tratados en todo momento con dignidade, evitándolles calquera tipo de sufri-mento ao longo da súa vida. Por iso, Mercadona e os seus inter-provedores traballan para garantir o benestar dos animais, cousa que, á súa vez, redunda en favor da saúde e da calidade dos pro-dutos que se lles ofrecen aos clientes.

Todo iso forma parte dende hai anos da filosofía e do saber facer dos interprovedores. O modelo de Mercadona baséase nunha Ca-dea Agroalimentaria Sostible na que todos os elos, dende o campo ata o consumidor final, constitúen un proceso continuo grazas ás

Page 36: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

35Ambiente 2011 - 2012

Instalacións do Proxecto Star 16.86, posto en marcha polo interprovedor Cunicarn.

relacións estables a longo prazo e á transparencia destas. Por iso Mercadona pode coñecer con certeza como xestionan o benestar animal os seus interprovedores e esixírllelo. E estes, á súa vez, esíxenllelo igualmente aos seus provedores primarios.

En moitos casos, os interprovedores levaron a cabo as melloras esixidas pola normativa comunitaria de benestar animal incluso antes de que expirase o prazo establecido nesta para incorporar novos requisitos. Así, o Grupo Huevos Guillén, o maior produtor de ovo fresco de España, procedeu á substitución das gaiolas con-vencionais de galiñas poñedoras por novas nas que, ademais de dispoñer de máis espazo por ave, evítase o amoreamento e me llórase a prevención de contaxios.

Outro exemplo é o Grupo Cunicarn, que deseñou, en colaboración co IRTA (Instituto para a Investigación e Tecnoloxía Alimentaria de Cataluña), un protocolo propio de benestar animal para coellos. Ademais Cunicarn puxo en marcha o Proxecto Star 16.86. Entre os seus obxectivos destaca o aseguramento do benestar dos ani-mais nas granxas provedoras.

O Proxecto Star 16.86 incrementa a produtividade asegurando o confort dos animais en todo o seu ciclo vital

Page 37: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

36Ambiente 2011 - 2012

5.1 Pacto Mundial

5.2 Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade

5. COMUNICACIÓN

Mercadona colabora con diversas iniciativas internacionais para axudar a con-seguir unha distribución máis responsable e sostible. Grazas ao intercambio de información e boas prácticas tanto no Foro Europeo da Distribución para a Sostibi-lidade como na Rede do Pacto Mundial, a compañía dá a coñecer os seus esforzos en mellora ambiental e Responsabilidade Social Corporativa en Europa e no resto do mundo.

Page 38: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

37Ambiente 2011 - 2012

Mercadona é membro activo do Pacto Mundial: unha iniciativa internacional que promove aplicar 10 Principios universalmen-te aceptados nas áreas de Dereitos Humanos, Normas Labo-rais, Ambiente e Loita contra a Corrupción nas actividades e a estratexia de negocio das empresas. É a maior iniciativa volun-taria de responsabilidade social empresarial no mundo.

Como membro activo, Mercadona publica cada ano un infor-me de progreso renovando o seu compromiso cos 10 Prin-cipios do Pacto Mundial e informando dos seus avances. O informe correspondente a 2011 pode consultarse na web da Rede Española do Pacto Mundial.

www.unglobalcompact.org

5.1 Pacto Mundial

Page 39: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

38Ambiente 2011 - 2012

5.2 Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade

O Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (Retail Fo-rum) naceu como un proxecto conxunto da Comisión Europea, da European Retail Round Table (ERRT) e de Eurocommerce (patronal europea do comercio). Mercadona é membro dende a súa fundación, en marzo de 2009.

O obxectivo do Retail Forum é impulsar a sostibilidade no sec-tor da distribución, promover a fabricación de produtos máis sostibles e mellorar a información aos consumidores.

Nos seus primeiros tres anos de existencia, o Retail Forum pre-sentou un código de boas prácticas para promover a sostibili-dade ambiental na distribución, cuxo obxectivo é conseguir un consumo máis sostible, mellorando o comportamento ambien-tal da distribución nas seguintes áreas:

1. Fomentar a produción e o uso de produtos sostibles.2. Reducir o impacto ambiental das tendas.3. Optimizar o transporte de mercadorías.4. Redución de embalaxe e minimización de residuos.5. Mellorar o acceso aos establecementos.6. Mellorar as comunicacións cos clientes.

Tamén dende o Retail Forum se promoveu un acordo para a redución de residuos, no que 17 membros (entre os que se encontra Mercadona) se comprometen a realizar tres campañas informativas ata xuño de 2014, encamiñadas a axudar a reducir o desperdicio de comida nos fogares.

http://ec.europa.eu/environment/industry/retail/

Page 40: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

39Ambiente 2011 - 2012

O traballo do Retail Forum continuará tres anos máis despois os seus logros durante 2009-2012. A Comisión Europea recoñeceu o seu traballo, así como a utilidade dos documentos que o Forum xera e que se poden consultar, traducidos, na súa páxina web

O terceiro Evento Anual do Retail Forum celebrouse en Bruxelas en outubro de 2012.

Page 41: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

40Ambiente 2011 - 2012

6. DATOS RELEVANTES

Loxística sostible:2011 2012

148.600 toneladas de cartón recuperadas

8.910 toneladas de plástico e poliexpan recuperadas

1.750 toneladas de madeira recuperadas

17millóns de km aforrados

349.000 toneladas transporta-das por tren

619.000 toneladas transporta-das por barco

420 tendas ecoeficientes

72 millóns de kWh aforrados millóns de kWh aforrados

145.500 toneladas de cartón recuperadas

9.990 toneladas de plástico e poliexpan recuperadas

2.570 toneladas de madeira recuperadas

millóns de km aforrados11

466453 tendas con Descarga Nocturna Silenciosa

tendas con Descarga Nocturna Silenciosa

290.000 toneladas transporta-das por tren

685.000 toneladas transporta-das por barco

535 tendas ecoeficientes

135

Aforro enerxético:

Xestión dos residuos:

114.000 toneladas menos de emisións de CO2 grazas aos esforzos en xestión ambiental

Page 42: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

Aínda que logramos progresos na xestión ambiental somos conscientes de que nos queda moito por mellorar e continuamos

traballando neste aspecto.

Page 43: R/ Valencia, 5 46016 Tavernes Blanques (Valencia ...descargas.mercadona.com/memoriasMA2012/GAL/MemoriaMA12gal.pdfdesenvolvidas para reducir o consumo de enerxía. Ás 20 medidas de

R/ Valencia, 5 _46016 Tavernes Blanques (Valencia) T. +34 963 883 333 _F. +34 963 883 302

www.mercadona.es

www.facebook.com/mercadona

www.twitter.com/mercadona

MERCADONAMEMORIA AMBIENTE 2011-2012