Recomendacións verán
-
Upload
bibliomontemoas -
Category
Documents
-
view
241 -
download
2
description
Transcript of Recomendacións verán
Verán 2015
Un verán cheo de boas lecturas
E tamén... MOITO CINE
A BIBLIOTECA DO IES MONTE DAS MOAS
PRESENTA:
lecturasrebuldeiras.blogspot.com.es/
http://bibliomoas.blogspot.com.es/
Bo Verán!!!!!!
A VACA CANÍBAL
A literatura serve para moi‐tas cousas. Tamén para que as vacas poidan reflexionar, contar historias e nós, oí‐las. E este libro permítenos isto e moito máis. Marilar Aleixandre constrúe un relato divertido, pero ta‐
mén crítico, no que imos asistir á aventureira vida das vacas e ao coñecemento das Vacas exemplares. Cada unha diferente ás outras. Cada unha coas súas vacúas teimas propias.
LA PIEL DEL TAMBOR
Jordi Sierra i Fabra
A vida de Kalil Mtube, un neno de Malí, cambia drasticamente cando, logo de ser vendido polo seu pai a un traficante, é obrigado a traba‐llar brutalmente como escravo nu‐nha plantación de cacao en Costa de Marfil.
ESO e BACHARELATO
KAFKA de Robert Crumb
Novela gráfica.
Case un século logo da súa mor‐te, Franz Kafka permanece co‐mo un dos escritores máis mo‐dernos de entre todos os que son e foron, persistindo as súas
novelas e contos como influencia capital para ca‐da nova xeración literaria.
REO de Xesús Fraga
Novela coa que o xornalista de Be‐tanzos acadou en 2013 o Premio Raíña Lupa e que, dende o instante mesmo da súa publicación comezou a gozar do favor do público e da crí‐tica, así como do profesorado que o prescribiu como lectura en moitos centros educativos de Galicia.
“AS PALABRAS PODEN MATAR", de MARCOS CALVEIRO: UNHA NO‐VELA XUVENIL QUE PON O DEDO NA CHA‐GA DA INXUSTIZA SO‐CIAL.
EL HOMBRE QUE CALCULABA
de Malba Tahan
Beremiz Samir, o home que calculaba, enfronta un lote de desafíos no marco dun antiquísimo Irak, habitado por cali‐fas, xeques e visires. En cada un dos relatos, Samir demostra o seu dominio sobre os números, pero esa sabedoría
vai acompañada por unha reflexión que sempre ten unha razón ética ou de xustiza.
LAS LÁGRIMAS DE CAPERUCITA
Beate Teresa Hanika relata con tacto e sensibilidade a historia dunha moza que atravesa unha situación moi difícil. Pero ta‐mén é a historia dunha amizade tan grande como o ancho ceo e dun primeiro amor tan tenro e
delicado como as folerpas de neve.
TES ATA AS 10
Francisco Castro
Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final.
EL CIRCO DEL DESALIENTO
de David Rubín
A obra sostense grazas á emotiva "Onde Ninguén Pode Chegar" historia dun púxil fracasado reconvertido a sú‐per heroe que se reencontra cun antigo amor en busca de refuxio. Rubín em‐prega unha narrativa fluída, paciente e
ben resolta que engancha e invita a seguir lendo.
LA INVENCIÓN DE HUGO
Brian Selznick
Orfo, reloxeiro e ladrón, Hugo vive entre os muros dunha atarefada estación parisiense de ferrocarrís. Se quere sobrevivir, ninguén debe saber da súa existencia. Con todo, un día ten un descoido e é descu‐berto por unha excéntrica rapaza, amante dos libros e por un vello e amargado xogueteiro.
ÁMOTE LEO
Rosa Aneiros preséntanos unha triloxía de trama amorosa dirixida á mocidade