RELATOS

3
PARA NON DURMIR Lucía é unha rapaza a punto de cumprir os trece anos, de pel moi branca e ollos azuis clariños. É moi timida, pasa a vida lendo historias de aventuras, sempre mergullada noutro mundo diferente ao dos demais, noutra órbita distinta. Lucía é moi especial, pode ser porque naceu o 31 de outubro, ou porque súa avoa, medio bruxa, pero moi moi sabia, lle contaba lendas e historietas que a ela lle relatara súa nai cando era pequena e que nunca se lle esqueceron. Lucía era unha rapaza xenial, cunhas notas estupendas e un comportamento exemplar, quen xa non era así, era o irmán menor de Lucía, Mateo, que lle encantaba facer rabiar a súa irmá, polo que sempre andaba pensando nalgunha trasnada para facerlle. Lucía e mais a súa familia vivían nun lugar de Ourense, Maceda, que ten un castelo, o edificio civil máis relevante da Idade Media en Galicia e con diversas aldeas nas ladeiras da Serra de San Mamede. Un día antes do aniversario de Lucía, ela ten un soño, mellor dito, un pesadelo, que a deixa moi preocupada. Nel, aparecen ela e máis a súa avoa, nunha noite fría de outono. Elas vense perseguidas por un estraño grupo de persoas, que ao seu paso, deixan un olor a cera moi forte. A avoa de Lucía, dicíalle que correra canto puidese, pero ela, en vez de escapar daquela misteriosa procesión, quedou queda, conmovida polos recordos do amor, amor que sentía polo avó de Lucía, que morrera no verán de había dous anos, este home estaba dentro do grupo, chamábaa e dicíalle que fose con ela, que alí ía estar ben. Lucía tentaba facer cambiar de idea a súa avoa, pero non houbo maneira, polo que Lucía, con bágoas nos seus ollos, botou a correr, sen saber que facer para convencela, que parecía outra persoa nese pesadelo. Lucía, ten a sensación de que algo malo vai pasar próximamente, algo que lle vai facer moito dano, e producir moita dor, pero non sabe como poder evitalo. Ao día seguinte, día do aniversario De Lucía, todo parece normal. Os pais de Lucía, van traballar, pero xa lle deixaron un pequeno agasallo na súa habitación; Mateo, está argallando algo contra Lucía, para non variar, pero…a avoa? Onde se meteu a avoa? Lucía buscouna no seu cuarto, no xardín, no soto, foi mirar á casa dunhas veciñas, pero nada, non aparecía nin por un lado nin por outro. Lucía chamou a súa nai, a ver se sabía onde estaba a avoa, pero ela tampouco tiña nin idea. Ata que Lucía, xa desesperada, ve unha nota, asinada pola súa avoa, que dicía que ela ía estar ben, que non se preocupasen por ela, e desexáballe a Lucía un bo aniversario, tamén dicía que a quería moito, e nunca a ía esquecer. Era imposible que fose unha das bromas do seu irmán, porque aquela letra, pequena e apegada, era inconfundible, era a da súa avoa. Lucía, bota a chorar. Cando os pais de Lucía regresaron á casa, ela ensínalles a nota que atopou, e eles inmediatamente chaman á policía, imaxinándose o peor. Pola tarde, Lucía, triste, moi triste, vai ao cemiteiro, levarlle unhas flores ao

description

Relatos de medo

Transcript of RELATOS

Page 1: RELATOS

PARA NON DURMIR

Lucía é unha rapaza a punto de cumprir os trece anos, de pel moi branca e ollos azuis clariños. É moi timida, pasa a vida lendo historias de aventuras, sempre mergullada noutro mundo diferente ao dos demais, noutra órbita distinta. Lucía é moi especial, pode ser porque naceu o 31 de outubro, ou porque súa avoa, medio bruxa, pero moi moi sabia, lle contaba lendas e historietas que a ela lle relatara súa nai cando era pequena e que nunca se lle esqueceron. Lucía era unha rapaza xenial, cunhas notas estupendas e un comportamento exemplar, quen xa non era así, era o irmán menor de Lucía, Mateo, que lle encantaba facer rabiar a súa irmá, polo que sempre andaba pensando nalgunha trasnada para facerlle. Lucía e mais a súa familia vivían nun lugar de Ourense, Maceda, que ten un castelo, o edificio civil máis relevante da Idade Media en Galicia e con diversas aldeas nas ladeiras da Serra de San Mamede.

Un día antes do aniversario de Lucía, ela ten un soño, mellor dito, un pesadelo, que a deixa moi preocupada. Nel, aparecen ela e máis a súa avoa, nunha noite fría de outono. Elas vense perseguidas por un estraño grupo de persoas, que ao seu paso, deixan un olor a cera moi forte. A avoa de Lucía, dicíalle que correra canto puidese, pero ela, en vez de escapar daquela misteriosa procesión, quedou queda, conmovida polos recordos do amor, amor que sentía polo avó de Lucía, que morrera no verán de había dous anos, este home estaba dentro do grupo, chamábaa e dicíalle que fose con ela, que alí ía estar ben. Lucía tentaba facer cambiar de idea a súa avoa, pero non houbo maneira, polo que Lucía, con bágoas nos seus ollos, botou a correr, sen saber que facer para convencela, que parecía outra persoa nese pesadelo. Lucía, ten a sensación de que algo malo vai pasar próximamente, algo que lle vai facer moito dano, e producir moita dor, pero non sabe como poder evitalo.

Ao día seguinte, día do aniversario De Lucía, todo parece normal. Os pais de Lucía, van traballar, pero xa lle deixaron un pequeno agasallo na súa habitación; Mateo, está argallando algo contra Lucía, para non variar, pero…a avoa? Onde se meteu a avoa? Lucía buscouna no seu cuarto, no xardín, no soto, foi mirar á casa dunhas veciñas, pero nada, non aparecía nin por un lado nin por outro. Lucía chamou a súa nai, a ver se sabía onde estaba a avoa, pero ela tampouco tiña nin idea. Ata que Lucía, xa desesperada, ve unha nota, asinada pola súa avoa, que dicía que ela ía estar ben, que non se preocupasen por ela, e desexáballe a Lucía un bo aniversario, tamén dicía que a quería moito, e nunca a ía esquecer. Era imposible que fose unha das bromas do seu irmán, porque aquela letra, pequena e apegada, era inconfundible, era a da súa avoa. Lucía, bota a chorar.

Cando os pais de Lucía regresaron á casa, ela ensínalles a nota que atopou, e eles inmediatamente chaman á policía, imaxinándose o peor. Pola tarde, Lucía, triste, moi triste, vai ao cemiteiro, levarlle unhas flores ao seu avó, flores que colleu do xardín, do xardín da avoa. Cando está alí, sentiu un calofrío, unha mestura de medo, de angustia, de temor, de miles de cousas, pero ningunha boa.

Xa camiño de regreso á casa, na zona do Castelo, lugar onde ocorrera o pesadelo, levántase un forte vento, o que trae consigo unha das flores do xardín da avoa, Lucía, desconcertada segue andando máis desanimada ca nunca.

Ninguén cea, todos están tan mal pola ausencia da avoa, que non teñen fame, nin ganas de falar, pronto recollen e vanse cara á cama. Lucía, tarda moito en quedarse durmida, ten a cabeza chea de malos pensamentos, e frústaa a idea de que a avoa nunca volva. Unha vez que se queda durmida, volve ter pesadelos, pesadelos nos que regresa aquel grupo de persoas, pero esta vez a avoa non está con ela, ela está soa. Lucía, medio durmida vai cara á

Page 2: RELATOS

fiestra, e alí ve o grupo de seres errantes dos seus pesadelos, pero esta vez, coa súa avoa no grupo.

RAQUEL. 2º ESO B.

Era a noite de Samaín. Ánxela, David e mais eu, tiñamos os disfraces feitos. O de bruxa, a Ánxela, que é alta, delgada, cun pelo negro coma o carbón e ollos verdes, sentáballe de medo (nunca mellor dito). David, co pelo loiro curto e ollos azuis e medianamente alto e algo regordiño, pensara ir de momia, pero, na televisión dicían que ó mellor caían unas pingas, así que deixouno para outro día, e foi de Frankestein. Eu, de estatura normal e cun “pelaso”, fun de home lobo, os meus ollos castaños non desatinaban co traxe, ou mellor dito, co pelo.

Fomos por tódalas casas pedindo caramelos. Iamos coa funda da almofada de David, o saco das patacas do meu pai e una bolsa de “O Corte Inglés” que a nai de Ánxela lle entregou a esta para darlles uns caramelos ós pequerrechos da casa. Cando chegamos a última casa do recorrido, Ánxela dixo medio asustada:

-Eu nesa casa non paro!!!

-Por que? –dixemos David e mais eu ó unísono.

-Din que está encantada – dixo baixando a voz como querendo meternos medo.

-Boh! Tonterías! –dixen eu (aínda que a casa, encantada ou non, un chisco de medo si que daba).

As tellas estaban roídas polos ratos, a madeira do porche carcomida, o céspede medraba sen control e había una fileira de lápidas no xardín.

-Ben, pois se é só a última dá igual, digo eu! –dixo David.

-Eu vou entrar –repliquei todo valente.

-Alá ti. –dixo Ánxela con indiferencia.

Fun andando por encima dunhas pedras que estaban colocadas a modo de camiño. As escaleiras do porche renxeron cando subín por elas coma se subise por unha montaña de esqueletos. Petei na porta. Pun pun. Non contestou ninguén. Pun Pun. Petei de novo con máis forza, esperei. PUN PUN PUN. Non habería ninguén? E cando marchaba oín un berro ás miñas costas. Dei a volta e vin que non fora un berro moi agudo, senón a porta que renxía dun modo infernal. Notei unha corrente de aire xélido entre as pernas que viña da casa. Achegeime á porta e vin algo como unha man osuda entre as tebras. Case podía tocala…ZAS! Algo tirou de min cara atrás! Era David.

-Nin se che ocorra entrar! –dixo enfadado.

-Por que? –repliquei cabreado.

Page 3: RELATOS

-Vaia pregunta! –dixo Ánxela. - Home! Pois porque está EN-CAN-TA-DA!-Boh! E dálle con que está encantada!

Nese momento, a porta pechouse de golpe e oímos un riso endemoniado como co eco do inferno e co susto, botamos a correr ata a casa de David. Nunca soubemos que había naquela casa.

EDEI . 2º ESO B