Relixión Católica - Edebe€¦ · mar decisións e de trazar o seu propio proxecto de vida. Os...

11

Transcript of Relixión Católica - Edebe€¦ · mar decisións e de trazar o seu propio proxecto de vida. Os...

prim

aria

rode

ira

www.edebe.comAtención ao cliente:

902 44 44 [email protected]

,!7II4I3-ejdgha!111014

Relix

ión

Cató

lica

6rodeira primaria

Relixión Católica 6

98

10. Botamos as redes

No horizonteXesús

Fidelidade

Deus

Confianza

Si mesmo

Coherencia

Próximo

Compromiso

é modelo de

a

pola súa pola súa polo seu

98

99999999

Estamos en rede

O domingo que vén toda a miña familia vaise xuntar para celebrar as vodas de ouro dos meus avós. Son unhas persoas que se ven felices.

Que guai! Será un gran día para toda a familia, non?

Por que o fai? Quere seguir a Xesús?

Matumaini, que nome tan raro!

Vaia tío tes: non só é � el aos demais…, tamén o é a si mesmo e aos seus prin-cipios!

Signi� ca ‘esperanza’ na lingua suahili. Tentan promover os dereitos dos nenos e nenas que viven na rúa.

Educando nas escolas, levando a cabo campañas de sensibilización en España e en Tanzania para coñecer a situación dos nenos e poder axudalos…

E como o fan?

Si, aínda que o meu tío Andrés non poderá vir. Está en Tanza-nia facendo de voluntario no proxecto Matumaini.

100

Bota áncora: «Valoro a coherencia»

Grafi ti no ríoUn día, os meus amigos e mais eu faciamos un gra-fi ti no muro do río. O Concello permítenos decorar ese espazo coa nosa arte. Mentres pintabamos, discutiamos sobre o mundo, os políticos, o consu-mismo e os medios de comunicación. O desalento xeral facíanos sentir fatal.

Entón apareceu Dani. Presentouse e díxonos que era xornalista. Escoitara a nosa conversa e pro-púxonos facer un documental.

—Como? —dixo Lucas, un da cuadrilla—. Pero se nós do único que podemos falar é de grafi ti. Das outras cousas non temos nin idea nin tampouco nos interesan.

—Pero a min gustaríame que explicásedes como vedes o mundo e o voso futuro.

Quedamos alucinados. Parecíanos imposible que alguén estivese interesado nas nosas opinións. Non acabaramos os estudos porque non viamos a maneira de poder ter un traballo. Só viamos un futuro negro perante nós; sentiá-monos sós e á marxe da sociedade.

O proxecto do documental foi o comezo dunha aventura trepidante. Dani non nos quería gravar, senón que quería que aprendésemos a usar a cámara e a fi lmar, que nós mesmos entrevistásemos outros adolescentes e mozos da cidade. Parecíanos un soño. Aquel proxecto facía que nos sentísemos útiles.

As experiencias que nos contaba Dani tamén nos axudaron a cambiar. Contábanos que viaxaba polo mundo cap-tando a grandeza, a miseria e a dignidade das persoas; o seu obxectivo era denunciar as inxustizas sociais coas súas imaxes e cos seus documentais.

Pasados uns meses díxonos que lle atoparon un tumor na garganta. E que faría quimioterapia.

—Despois de tantas viaxes polo mundo, debo parar e coñecer o meu mundo interior: os meus medos, os meus sentimentos, as miñas inseguridades e atopar a miña forza para superar a enfermidade e vivir. Agora valoro máis os bos amigos e a familia, que loitan connosco e están ao noso lado en todo momento —díxonos Dani.

Terminamos o documental e presentámolo no centro cívico do barrio. Foi moi emocionante e inesquecible. Proxectamos o noso documental e causou un grande impacto. Recibimos moitos aplausos e sentímonos satisfeitos.

Agora Dani xa está recuperado e segue loitando por un mundo máis xusto con novas reportaxes. Está en Colombia, fi lmando un documental con mulleres afec-tadas pola guerra. E sempre di que nós o axudamos a saír adiante coas nosas gañas de cambiar e o noso novo entusiasmo.

Decido e actúo

Valoro

Analizo

101

Todos temos valores que nos defi nen e nos axudan a afrontar as situacións que nos expón a vida. Un dos máis importantes é a coherencia.Unha persoa é coherente cando se mantén fi el aos seus principios, valores e pensamentos, e actúa de acordo con eles.

Destes dous exemplos, di quen é coherente e quen é in-coherente. Razoa a túa resposta.

a) Un compañeiro diche que non se apuntou a teatro e a fi n de semana decátaste de que vai aos ensaios e que actúa como protagonista da obra.

b) Un ciclista afi rma que nunca marchará do equipo que o fi xo debutar; aos dous anos rexeita unha oferta mi-llonaria doutro equipo.

Lembra algunha situación na que te amosases especial-mente coherente. Relata a túa experiencia e escribe co-mo te sentiches.

Sinala se ante esta situación as respostas presentan ou non o valor da coherencia.Alfredo é moi tímido, quere ser enfermeiro e necesita aprobar o último exame. Dedicou moitos meses a estudar, pero suspende.a) Vence a súa timidez e pide unha revisión do exame porque cre que houbo unha equivo-

cación.b) Non pide a revisión do exame porque lle pode a súa timidez e decide presentarse á

seguinte convocatoria.c) Acepta o suspenso e decide non volver presentarse a ningunha oposición de enfermeiro.

Pensa como podes poñer en práctica o valor da coherencia na túa vida e parecerte á per-soa que elixiches.

— Que tes que cambiar na túa forma de actuar? — Explica unha acción que poidas levar a cabo e que poña de manifesto os anteriores valores.

Cal sería a túa resposta fronte a unha situación parecida? Por que?

Cando o noso

modo de pensar

modo de actuar

concordan

Seguro que coñeces moitas persoas coherentes. Nomea unha delas e destaca algún fei-to concreto no que demostre a súa coherencia.

somosCOHERENTES

Decido e actúo

Valoro

Analizo

102

Xesús é fi el…

Os cristiáns e as cristiás cren que a verdadeira felicidade está no Reino de Deus que anuncia Xesús e quérena para eles. Por este motivo esfórzanse por vivir os valores da mensaxe.

Estes valores, entre outros, son: a obediencia, a caridade, o perdón, a solidariedade, a compaixón, a esperanza, a confi anza, o compromiso… Todos estes valores recó-llense nun só mandamento que dá Xesús: «Que vos amedes uns a outros como eu vos amei». O Espírito Santo dá forza para cumprir este mandamento de Xesús.

E arredándose deles como un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado: «Meu Pai, se que-res, arreda de min este cáliz. Pero que non se faga a miña vontade, senón a túa».

Lc 22, 41-42

Xesús percorría a Galilea entei-ra ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Rei-no, curando canta doenza pa-decía o pobo.

Mt 4, 23

O Esp í r i to do Señor es tá sobre min, porque El foi quen me unxiu […]. Mandoume para lles anunciar a liberación aos secuestrados e a visitar os ce-gos, para lles dar liberdade aos asoballados.

Lc 4, 18

Xesús é modelo de fi delidade a Deus

…a Deus

Porque deposita en Deus toda a súa confi anza. A súa unión con Deus era tan estreita que o chamaba Abba, que signifi ca ‘papá’ ou ‘papaíño’, cando se dirixía a El mediante a oración.

Mesmo no momento da súa morte confía en Deus, e pídelle que se faga a súa vontade.

…a si mesmo

Porque acepta plenamente amisión que Deus lle encomen-dou.

O seu compromiso co Reino de Deus é total: os seus pen-samentos, as súas palabras e as súas accións amosan a súa coherencia. A súa vida é un fi el refl exo da súa fe.

…aos demais

Porque se achega a todas as persoas: pobres, ricos, enfer-mos, sabios, pecadores…

Está comprometido a lle axu-dar ao próximo, anunciando o Reino de Deus como o camiño para vivir feliz. Todo o que fai e di está cheo de amor polos demais, porque o Espírito de Deus está con El e dálle forza e sabedoría.

103

Desde hai uns anos, Don Xosé, o párroco da miña parroquia, leva adiante unha iniciativa cos nenos que xa fi xeron a Primeira Comuñón e que queren participar.Durante varias fi ns de semana, en Advento e Na-dal, vai polas rúas da cidade dándolles de almor-zar aos pobres que piden para comer.Organízase cos nenos para levar o necesario: café nun termo, leite, azucre, madalenas e galletas, vasos, culleriñas…Está moi contento porque todos os anos os nenos que participan se senten moi felices por rea lizar esta experiencia e queren repetila o ano seguinte.

Os cristiáns e as cristiás toman como modelo para imitar a Xesús pola súa � delidade a Deus, a si mesmo e aos demais.

2. Pensa nalgunha difi cultade ou nalgún enfrontamento que tiveches ultimamente. Describe que sucedeu e como se resolveu. Que valores manifestaches?

3. Refl exiona sobre esta iniciativa e responde as preguntas.

4. Escoita e canta a canción I Must Tell Jesus.— Que actitudes de Xesús destacan na canción?— Como se comunican con Xesús?

1. Responde as seguintes preguntas:a) Xesús é un modelo para os cristiáns? Por que?b) Cres que o mandamento que dá Xesús é fácil de levar a cabo? Por que?c) De onde reciben a forza os cristiáns para poñer en práctica este mandamento?

a) Como se cumpre o mandamento que dá Xesús de «amádevos uns a outros como eu vos amei»?b) Por que están todos contentos e repiten a experiencia ano tras ano?c) Participaches algunha vez nunha iniciativa parecida? En caso afi rmativo, conta a túa experiencia

En caso negativo, gustaríache facelo?d) Pensa nunha iniciativa na que poidas participar para axudar a outras persoas.

Actívate e aprende

CTRL + gardar

5

Grupo Responsable Iniciativa Benefi ciarios

ParroquiaDon Xosé, o párroco

Dar de almorzar no Advento e no Nadal.

Os pobres que piden para comer, e os nenos e Don Xosé que dan para comer.

104

O proxecto de vida cristián baséase no amor e na fe para vivir con liberdade e en paz.

CTRL + gardar

O proxecto de vida dos cristiáns e das cristiás Como quero ser?

O proxecto de vida dá res-

posta a esta pregunta.

É saber que se quere ser

para conseguir vivir a vida

con sentido.

A fi nalidade deste proxecto é poñer en práctica o amor cara aos demais, que é como o cristián vive feliz.Este proxecto baséase na fe, escoitando a súa conciencia a través da súa relación con Deus, e en vivir con liberdade e en paz.

Liberdade

Deus crea as persoas libres. Dálles a capacidade de to-mar decisións e de trazar o seu propio proxecto de vida.

Os cristiáns e as cristiás comprométense libremente a vivir a súa vida segundo o Evanxeo.

Paz

Deus desexa que vivamos en paz uns con outros e tamén que teñamos paz no noso interior.

A paz empeza no corazón de cada un e esténdese ao resto das persoas.

5. Explica como actuarías en cada unha destas situacións se segues a túa conciencia, usas co-rrectamente a liberdade e procuras ter paz.a) Dixécheslle ao teu pai que o acompañarás ao supermercado pola tarde; un amigo convídate a

unha festa o mesmo día e á mesma hora.b) Un amigo teu discute cunha persoa que non coñeces, pero sabes que o teu amigo non ten razón.

Actívate e aprende

Conciencia

No seu interior, cada persoa pode escoitar como unha voz que lle fala. Esta voz interior chámase conciencia e axuda a diferenciar o que está ben do que está mal e a tomar decisións.

Os cristiáns e as cristiás confían na forza da oración. A través dela, escoitan a Deus, e isto axúdaos a tomar boas decisións.

105

6. Rabbí en hebreo signifi ca ‘Mestre’. Por que cres que Nicodemo lle chama Mestre a Xesús? Que pode aprender Nicodemo de Xesús?

7. Xesús dille a Nicodemo: «Como un non renaza pola auga e o Espírito, non pode entrar no Reino de Deus ». Con que sacramento ou sacramentos relacionas esta frase? Por que?

8. Contesta:— Actuaches algunha vez coma Nicodemo, sen prexuízos sobre o que dirán?— Pon un exemplo dunha situación na que actúes con sabedoría, humildade, decisión ou alegría.

Actívate e aprende

Xesús atópase con...

NicodemoHabía entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus. Este veu onda el pola noite e díxolle: «Rabbí: sabemos que viñeches de Deus como mestre, pois ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus estea con el». Respondeulle Xesús: «Con toda verdade cho aseguro: como un non naza de novo, non pode ver o Reino de Deus». Replicoulle Ni-codemo: «Como pode un home nacer, sendo vello?: pode entrar outra vez no seo da nai e nacer?». Respondeulle Xesús: «Con toda verdade cho aseguro: como un non renaza pola auga e o Espírito, non pode entrar no Reino de Deus».

Xn 3, 1-5

Nicodemo é un exemplo de vida cristiá: toma conciencia de que quere achegarse a Xesús e actúa libremente e con valentía sen importarlle o que dirán.

Actuar para alcanzar o que queremos

«Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo, maxistrado dos xudeus.»

«Rabbí: sabemos que viñe-ches de Deus, como mes-tre.»

«Como pode un home na-cer, sendo vello?»

«Como un non renaza pola auga e Espírito non pode entrar no Reino de Deus.»

Os xefes xudeus velaban polo cumprimento da Lei xudía.

Sendo el xefe xudeu, reco-ñece que Xesús é o seu mes tre.

O seu único afán é coñecer como pode entrar no Reino de Deus.

Porque Xesús dálle respos-ta á súa inquietude.

SABIO HUMILDE

Nicodemo é un discípulo...

DECIDIDO ALEGRE

106

9. Pensa un título para esta figura e responde as preguntas.a) Que representa esta figura?b) Que che suxire a postura na que se atopan as figuras?c) Que sentimentos te esperta?

10. Modela coas túas mans unha máscara de arxila que te represente. — Cando a remates, exponlle o resultado aos teus compañeiros e

dilles que quixeches plasmar da túa personalidade.

11. As persoas parécense á arxila. Sofren cambios na súa forma de ser, provocados por un proceso de aprendizaxe e pola experiencia, que moldea a súa personalidade. Reflexiona sobre como cambiou a túa forma de ser. — Fai unha lista das persoas ou dos grupos de persoas que influíron na túa forma de ser. — Escribe á beira de cada un que che achega ou que che achegou na túa vida.

Tarefas: Describo e interpreto

Persoas ou grupo de persoas Achegoume…

.................................................................................. ..................................................................................

Coas nosas mans e con instrumentos podemos traballar e moldear a arxila ata obter a forma desexa da. Así tamén as persoas podemos modelar a nosa maneira de ser ata que teña a forma que desexamos.

107

Cadea de favoresUn mestre proponlles aos seus alumnos que pensen algunha idea que poida contribuír a mellorar o mundo. Un dos seus alumnos to-ma moi en serio a proposta do seu mestre e ten unha grande idea: cada persoa debe-rá axudar tres persoas en algo que por si soas non poderían lograr, e estas, á vez, deberán axudar outras tres máis, e así su-cesivamente…O protagonista da película é un exemplo de persoa coherente que actúa seguindo os seus valores.Título: Cadea de favores

Directora: Mimi Leder Estados Unidos (2000)

Actualiza os teus coñecementos

1. Completa as frases.a) Xesús é sempre ................ a Deus, confía

nel e cumpre a súa vontade.

b) Xesús é fi el a si mesmo e acepta a mi-sión que ................ lle encomendou.

c) Xesús é fi el aos ................ e brinda a súa axuda a todo o que se lle achega.

d) ................ é modelo para os cristiáns.

2. Responde as preguntas.

a) Quen anuncia o Reino de Deus?b) Cal é o mandamento que recolle todos

os valores que se dan en Xesús?c) Que forza necesitan os cristiáns e as

cristiás para cumprir este mandamento?

3. Busca na sopa de letras catro palabras relacionadas co proxecto de vida cristián e explica en que consiste.

P O P I S V S H S

A R T U M E A L T

Z E B Z R E I S O

R P E I O Q M S I

A C O D M N E D D

H M G D A E R T B

L I B E R D A D E

N B X H L E F X S

4. Puntúate do 1 ao 4 en cada cuestión. — Interese pola fi gura de Xesús. ........ — Traballo individual das actividades. ........ — Respecto polo proxecto de vida cristián.

........

Un neno chega feliz do seu primeiro día de colexio e dille á súa mamá: —Mamá, mamá! Xa sei escribir!A mamá dille: —Que ben! E que escribiches?O neno responde: —Como o vou saber, se aínda non aprendín a ler!

Ver, escoitar, ler... VIVIR!