Renovación parcial do consello escolar nota a familias
-
Upload
cep-pedro-caselles -
Category
Documents
-
view
166 -
download
4
Transcript of Renovación parcial do consello escolar nota a familias
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
Estimadas familias:
O Consello Escolar do centro é o órgano de participación do centro no que
todos os colectivos teñen representación.
Agora tócanos renovar parte dos seus membros, correspondendo
concretamente a renovación de
1 pai ou nai ( o segundo é proposto pola ANPA Mosteiro)
3 profesores ou profesoras
Por este motivo queremos comuicarvos o calendario do proceso e animarvos a
participar, ben presentando candidatura para cubrir a praza de país/nais, ben
vindo a votar o día da votación.
Temos expostas no taboleiro do centro as listas do censo de país/nais/titores
legais, que podedes consultar e facer no seu caso as oportunas alegacións.
Calendario:
Publicación de censo electoral
Durante todo o proceso
Alegacións ao censo Ata o 18 de novembro
Presentación de candidaturas
Ata o 21 de novembro
Xornada de votacións 25 de novembro, entre as 10:00 e as 18:00 horas
Queremos, en fin, animarvos a participar no proceso. Para presentar
candidatura podedes pasar polo colexio e cubrir un impreso.
A Xunta Electoral