RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de...
Transcript of RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE …...para o curso 2015-16 11) Proposta inicial de...
1
RESUMO ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO CONSELLO DE GOBERNO
DE 4 DE FEBREIRO DE 2015
Reunido o Consello de Goberno o catro de febreiro de dous mil quince en sesión
ordinaria e segunda convocatoria, comeza a súa sesión no Salón Reitoral ás dez
horas e dez minutos coa presenza dos membros que deseguido se relacionan:
ORDE DO DÍA:
1) Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
2) Informe do Sr. reitor
3) Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral
4) Prazas de PDI: Integracións de profesores/as TEU ao corpo de
profesor/a titular de universidade
5) Complementos retributivos autonómicos (2014)
6) Avaliación da actividade investigadora de PDI contratado (recursos)
7) Modificación da Normativa sobre o criterio de antigüidade do PDI para
efectos internos na USC
8) Planificación de actuación en materia de PDI no ano 2015
9) Acordo sobre proposta de adscrición funcional de materias a áreas de
coñecemento (convocatoria 2015-16)
10) Proposta inicial de límite de prazas en másters universitarios
para o curso 2015-16
11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de
doutoramento para o curso 2015-16
12) Calendario e criterios para modificación/verificación de
titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017
13) Calendario e criterios para modificación/verificación de
programas de doutoramento para o curso 2016-17
14) Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Cursos de
Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela
15) Aprobación de prezos públicos e retribución por docencia para
cursos de posgrao propio e formación continua para o curso 2015-16
16) Recoñecemento da lingua de signos como créditos do artigo 12,
apartado 8 do Decreto 1393/2007
17) Revisión da Política de prevención de riscos laborais
18) Revisión do Plan de Prevención de Riscos Laborais
19) Aprobación do Plan Estratéxico do Campus Terra
20) Aprobación, se procede, dos sistemas de garantía interna de
calidade de centros
21) Proposta de membros do Consello Científico do CEA
22) Memorias de cursos de posgrao propio
23) Transferencia de tecnoloxía
2
24) Regulamentos
25) Premios extraordinarios
26) Asuntos económicos
27) Convenios
28) Asuntos de trámite
29) Rogos e preguntas
* * * * *
Antes de abordar a orde do día, o reitor da a benvida aos novos decanos, membros
do Consello de Goberno durante o próximo ano, que son citados nominalmente:
- Profa. dona Begoña Barreiro Fernández
- Profa. dona Mª Emilia Vázquez Rozas
- Profa. dona Mª del Carmen Fernández Morante
- Profa. dona Mª José López Couso
- Profa. dona Socorro Rodríguez Holguín
- Prof. don Juan Jesús Gestal Otero
- Prof. Don Antonio Segura Iglesias
- Prof. Don Antonio Mosquera González
- Prof. don Tomás S. Cuesta García
1)Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
Trátase da acta do 17 de decembro de 2014, á cal se fixeron dúas obxeccións:
a) Unha presentada polo Sr. P. C. na que se solicita a modificación daquela
no sentido de recoller no punto 4 da orde do día a non participación na
votación do dicente e da Sra. C. H. xa que so figura o nome do primeiro.
b) Outra presentada tamén polo Sr. P. C. versa sobre o feito de que no
punto 22 da orde do día dicíase incorrectamente que o Prof. Barro
Ameneiro tiña firmado o Contrato 052 como presidente da Red
Emprendia cando o fixo un dos conselleiros.
Ámbalas dúas obxeccións foron aceptadas e procedeuse a aprobar a acta por asentimento.
3
2) Informe do Sr. reitor
Por unha banda, o reitor informa da publicación do Real Decreto 43/2015, de 2 de
febrero, por el que se modifica el Real Decreto 1393/2007, de 29 de octubre, por el
que se establece la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales, y el Real
Decreto 99/2011, de 28 de enero, por el que se regulan las enseñanzas oficiales de
doctorado; e do acordo da CRUE para introducir unha moratoria na súa
implantación.
Pregunta o Prof. G. S. se o reitor pode engadir algunha información máis
detallada no relativo á posición discrepante dalgúns reitores na reunión da CRUE.
Responde o reitor que ningunha universidade amosou a vontade de non
considerarse vinculada polo acordo, salvo a Camilo José Cela. E a Universidade
Pompeu Fabra anunciou o seu desexo de impartir os graos de tres anos.
Pola outra banda, o reitor explica que se está a celebrar o proceso electoral
para a selección dos representantes dos directores de departamentos, de
institutos, escolas de doutoramento e outras estruturas de investigación, no
Consello de Goberno, indicando que diso daría conta a secretaria xeral no punto
seguinte.
3) Informe das Vicerreitorías, da Xerencia e da Secretaría Xeral
O vicerreitor de organización académica e PDI salientou que, despois da resolución
da Consellería de Facenda e da Secretaría Xeral de Universidades na que se
impedía o emprego dun contrato de interino de substitución por vacante, a Xunta
estaba coa vontade de retomalo de novo. Tamén se discutía sobre la dotación dun
15% das prazas para a estabilización dos beneficiarios do Programa Ramón y Cajal,
en particular sobre a natureza do vínculo xurídico para tal estabilización
(funcionario ou laboral) ou se cumpría estendela aos procedentes do Programa
Parga Pondal.
O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa informa, en primeiro
lugar, da xuntanza do 29 xaneiro 2015 na Secretaría Xeral de Universidades
referida ao plan de viabilidade dos graos que non acadaron o número mínimo de
alumnos e que na nosa Universidade é de 4 no campus de Santiago de Compostela
e de 5 no de Lugo. O prazo para procurar unha solución amplíase ao 30 de abril.
En segundo termo, trata tamén da revisión dos másters que non tiveron o
número mínimo de estudantes que, na nosa Universidade, foron quince.
E, por último, recorda que se abriu unha convocatoria adiantada de
doutoramento para os alumnos non procedentes do Espazo Europeo de Educación
Superior.
O Prof. L. D. inquire sobre o significado da data do 30 de abril, ao que o
vicerreitor respóndelle que é para presentar un plan de estabilidade dos graos que
4
non acadaron o mínimo de estudantes os cales, de ser aceptados pola Xunta,
facilitarán que os devanditos graos pasen un novo proceso de acreditación.
A continuación pregunta a Profa. R. H. se o adianto da convocatoria dos
estudos de doutoramento o é da matrícula ou da admisión. Respóndeselle que do
segundo.
O xerente comenta na súa quenda de informes que se emitiron dúas
instrucións. Unha delas versa sobre o procedemento para incorporar na
Universidade o sistema electrónico de facturas, do que son excluídos os
provedores non residentes en España. A outra trata da reincorporación de
remanentes intentando preservar os dos grupos investigadores. A instrución parte
da distinción entre os remanentes que de xeito necesario se teñen que incorporar,
daquelas outras que se acumulan no transcurso dos anos.
Deseguido iníciase un debate entre o xerente e o Prof. L. D. que xira en torno
a necesidade de transmitir coa maior claridade, especialmente aos directores dos
centros de gasto, a dinámica de incorporación dos remanentes dentro dos criterios
de execución do exercicio orzamentario.
Pregunta a Profa. R. G. sobre o destino dos remanentes dos títulos propios
da Universidade e o xerente acláralle que son recursos específicos que deberán ser
reincorporados.
Remata o xerente anunciando o ingreso ao persoal da Universidade e na
nómina de febreiro dunha parte das retribucións correspondentes á paga
extraordinaria de decembro de 2012, pois a Xunta ten consignado o seu importe
no día de celebración do presente Consello de Goberno.
O Sr. M. L. pon en dúbida a idoneidade da decisión doutras administracións,
como a da Xunta ou das Universidades de A Coruña e Vigo, de ter pagado xa esas
retribucións, ao tempo que reclama cursar a información da cuestión a través das
representacións legais dos funcionarios e dos traballadores da nosa Universidade.
O Sr. G. F. pregunta se a devolución é o 100% como en Vigo.
O xerente conclúe indicando que será a cantidade prevista no orzamento da
Xunta.
Na quenda do vicerreitor de internacionalización, informa do incremento da
mobilidade do 25% e da saída a concurso dúas bolsas de colaboración do Servizo
de Relacións Exteriores.
A secretaria xeral inicia o seu informe citando os membros do Consello de
Goberno que cesan na súa condición pola incorporación dos novos decanos.
Trátase dos Profs. Ares Fernández, Gigirey Prieto e Monterroso Montero. A todos
eles o reitor agradécelles os servizos prestados.
Engade a secretaria xeral outros nomeamentos que recaeron en:
- O Prof. D. Juan Jesús Gestal Otero, como decano da Facultade
de Medicina e Odontoloxía, renovando o mandato.
- O Prof. D. Marcelino Agís Villaverde, como director do
departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, cesando no
5
seu cargo o Prof. D. José Manuel Rodríguez Rial que rematou o
seu mandato.
- A Profa. Dna. Josefa Salgado Carballo, como directora do
Departamento de Física Aplicada, cesando no seu cargo o Prof.
D. Jorge Mira Pérez, que rematou o seu mandato.
Tamén é a ocasión de lamentar con fonda dor o pasamento do Prof. D.
Santiago Buide Díaz do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade,
que impartía clases na Facultade de Administración e Dirección de Empresas.
Continúa a secretaria xeral co seu informe sobre un tema que o Prof. M. M.
tiña adiantado no punto relativo á probación da acta e que se traslada a esta sede
en aras dunha maior claridade e unidade do documento. Naquel punto, o citado
profesor denunciou a brevidade coa que se tiña recollido na acta o punto sete da
orde do día da reunión do Consello de Goberno do 17 de decembro de 2014,
referido a “Aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime Interno do
Consello de Goberno”. Engade que a discusión abarcara o procedemento de
elección dos directores de departamento para ser membros do Consello de
Goberno, que todo iso se reflectira no Regulamento de Réxime interno de dito
órgano e que pola tardanza na súa publicación no Taboleiro non estaba aínda
vixente no momento da convocatoria do proceso electoral. A consecuencia foi a
inseguridade xurídica derivada da substitución da aplicación dos artigos 57 e 58
do Regulamento Electoral Xeral por un acordo da Comisión Electoral Central.
A secretaria xeral argumenta que os artigos 57 e 58 do Regulamento
Electoral Xeral se encontran derrogados polo artigo 79 dos Estatutos da
Universidade no que se establece unha representación de cinco directores de
departamento (un por cada unha das grandes áreas de coñecemento) no lugar de
sete, que era o número sobre o que pivotaba o procedemento electoral do citado
Regulamento Electoral Xeral. Coñecendo esta incidencia, a Comisión Electoral
Xeral, reunida o 13 de xaneiro de 2015, acordou introducir unhas normas mínimas,
contidas na convocatoria do procedemento electoral, para suplir a lagoa legal.
Unha de esas normas establecía que cada elector votase a un único candidato. A
razón é a seguinte: antes ao ser sete o número de representantes, era lóxico que
fosen elixidos máis representantes dalgunhas grandes áreas que doutras e polo
tanto cada elector podería votar a máis dun candidato, pertencente a súa ou a
outras áreas de coñecemento. Cos Estatutos vixentes a situación cambia, pois
cóntase con cinco representantes dos directores de departamento e con cinco
áreas de coñecemento, o que significa que non é necesario votar a máis dun
candidato e/ou a candidatos doutras áreas dado que todas elas teñen garantido un
único representante no Consello de Goberno.
Avanza o Prof. L. D. que o Regulamento de Réxime Interno do Consello de
Goberno tardou en ser publicado ata o 30 de xaneiro e que, mudando o tema,
tamén podería ser admitido que o electores do procedemento electoral que se está
6
a celebrar votarán a máis dun candidato sendo escollido por cada gran área de
coñecemento o que obtivese máis votos.
Responde a secretaria xeral que a Comisión Electoral Central optou por
outra interpretación xurídica diferente pero sen dúbida conforme a dereito, ao que
o Prof. L. D. asente, e explica que o retraso na publicación do Regulamento
obedeceu a diversas razóns, entre elas as vacación de Nadal e as dificultades da
corrección lingüística do mesmo.
O Prof. G. S. afirma que é fácil “cargar o morto” ao Servizo de Normalización
Lingüística, o que supón un “escaqueo” da responsabilidade.
Intervén o reitor pregando que non se faga cuestión do Servizo de
Normalización Lingüística.
A secretaria xeral diríxese expresamente ao Prof. G. S. sinalando que non
abdica, polo de agora, das súas responsabilidades e, por esa razón, é consciente de
que a primeira e última responsable da cuestión é ela mesma.
A Profa. R. G. pregunta o motivo de non retrasar un mes a celebración das
eleccións.
Engade o reitor a urxente necesidade de completar a composición do
Consello de Goberno para por en funcionamento as súas comisións delegadas.
A Profa. R. H. puntualiza que o único que non da seguridade xurídica é
convocar un procedemento electoral se o regulamento non está publicado.
A secretaria xeral responde que o Regulamento de cuxa tardía publicación
se fala non é o Regulamento Electoral Xeral, senón o Regulamento de Réxime
Interno do Consello de Goberno que non regula os procedementos electorais.
Conclúe o Prof. G. S. dicindo que na páxina web aínda continúa colgado o
derrogado Regulamento do Consello de Goberno.
4) Prazas de PDI: Integracións de profesores/as TEU ao corpo de
profesor/a titular de universidade
Indica a secretaria xeral que ante a falta de comisións delegadas do Consello de
Goberno, intervén este órgano colexiado no que reside a competencia para
resolver as cuestións a tratar nos puntos catro a nove.
Explica o vicerreitor de organización académica e PDI que se trata de tres
prazas, dous no campus de Lugo e unha no de Santiago, de integración de
profesores titulares de escola universitaria en profesores titulares de universidade.
Todas elas teñen sido aprobadas pola Mesa Sindical, na súa reunión do 16 de
xaneiro de 2015, e supoñen unha diferenza total de retribución de
aproximadamente once mil euros.
O Consello de Goberno as aproba por asentimento.
7
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento tres prazas de profesores titulares de universidade resultantes da integración de outras tantas prazas de profesores titulares de escola universitaria.
5) Complementos retributivos autonómicos (2014)
Trátase de coñecer a relación de profesores que foron avaliados positivamente
pola ACSUG para o recoñecemento dos complementos que se relacionan:
- Excelencia curricular docente e investigadora (2014), 312
profesores
- Labor docente e labor investigador (2014), 26 profesores
- Cargos de Xestión (2014), 91 profesores
Estes complementos percíbense dende o 1 de xaneiro de 2014.
O Consello de Goberno aproba por asentimento a proposta de recoñecemento.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de recoñecemento dos complementos autonómicos por excelencia curricular, labor docente e labor investigador e por xestión do profesorado, correspondentes á convocatoria de 2014.
6) Avaliación da actividade investigadora de PDI contratado (recursos)
Trátase da aprobación da proposta de recoñecemento a efectos económicos do
complemento de actividade investigadora (sexenios) do profesorado con vínculo
contractual laboral. Atinxe a catro profesores, tres dos cales o obteñen tras gañar o
recurso administrativo interposto ante a Comisión Nacional Evaluadora de la
Actividad Investigadora; e outro de xeito directo.
O Consello de Goberno apróbaos por asentimento.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de recoñecemento de tramos do complemento de actividade investigadora do profesorado contratado.
8
7) Modificación da Normativa sobre o criterio de antigüidade do PDI para
efectos internos na USC
O vicerreitor de organización académica e PDI explica que o documento
“Normativa sobre o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador para
efectos internos da USC” acadou o consenso da Mesa Sindical, e destaca o seu
punto 4 referido á prelación dos profesores acreditados.
O Prof. G. S., despois de agradecer que se mellorase a redacción para facer o
texto máis lexible, incide no tratamento pexorativo dos axudantes doutores, os
Ramón Y Cajal e os Parga Pondal.
A Profa. R. H. entende que a norma non é moi equitativa e conta cunha
natureza extremadamente temporal pois está pensando na conxuntura actual, cuns
funcionarios interesados no recoñecemento da súa promoción profesional e cunha
bolsa de profesores en situación laboral precaria.
Pregunta a Sra. V. C. sobre as implicacións da prelación, por exemplo, a
efectos de formar parte da xunta de entro.
O Prof. L. D. manifesta que no parágrafo cuarto do documento a redacción
non é correcta. A expresión “agás” fai que a preferencia non veña determinada por
ser máis antigo. Tamén pregunta sobre a razón pola cal non son mencionadas
figuras que xa desapareceron.
O vicerreitor de organización académica e PDI explica que non é fácil dar
unha resposta unívoca porque hai procesos nos que a a antigüidade se computará
de xeito total mentres que noutros de forma relativa no ámbito da categoría
profesional.
O Prof. L. D. replica, entón, que esa é a razón pola que resulta imprescindible
a exclusión de figuras que xa non existen e que tampouco alteran a orde da
prelación, ao fin e ao cabo cada persoa conta no seu propio expediente co rexistro
das categorías profesionais que ostentou. Ao fío do tema, propón reemprazar a
actual redacción do punto catro pola seguinte: “Todos os membros de cada grupo
teñen a mesma prelación, agás o profesorado que estea en posesión de ...”
O reitor engade un pequeno matiz á redacción proposta polo Prof. L. D. para
que quede como se indica: “Todos os membros de cada grupo e subapartado teñen
a mesma prelación, agás o profesorado que estea en posesión de ...”
O Consello de Goberno procede por asentimento á aprobación da normativa
citada e nos termos indicados.
9
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a “Normativa sobre o criterio de antigüidade do persoal docente e investigador para efectos internos da USC”, baixo a condición de substituír a redacción do inicio do punto catro pola seguinte: “Todos os membros de cada grupo e subapartado teñen a mesma prelación, agás o profesorado que estea en posesión de ...”
8) Planificación de actuación en materia de PDI no ano 2015
Parte o vicerreitor de organización académica e PDI de que a planificación de
actuacións en materia de PDI debe combinar tres elementos diferentes, a saber:
a) A taxa de reposición que para este ano 2015 é do 50%.
b) A obriga legal de dedicar un 15% das prazas ofertadas á
estabilización de beneficiarios do Programa Ramón y Cajal.
c) A limitación orzamentaria.
(Ás 12.30 h, abandona o Salón Reitoral o reitor que é substituído na
presidencia do Consello de Goberno pola vicerreitora de investigación.)
Continua o vicerreitor explicando que son presentadas as seguintes prazas
en prol da estabilización do profesorado:
- 9 de axudantes doutores. Como aínda non é posible utilizar a
interinidade de substitución por vacante, a praza de axudante
doutor para estabilizar a 2 Ramón y Cajal e a 7 Parga Pondal
ten como vantaxes que non consome taxa de reposición e que
o seu custo é equivalente ao de interinidade de substitución
por vacante.
- 23 de profesor contratado doutor, que si consumen taxa de
reposición, distribuídas a razón de: a) 7 para os profesores
axudantes doutores que rematan contrato en 2014; b) 12
consolidacións de interinos de substitución por vacante; e c) 4
consolidacións de interinos de substitución por vacante
procedentes do Programa Ramón yCajal, e dicir, o 15% esixido
por lei de reserva do total das prazas ofertadas pola
Universidade de Santiago de Compostela no 2015.
O vicerreitor engade que a proposta descrita foi presentada á Mesa Sindical
e contou co apoio de dous dos catro sindicatos que a integran; aínda que tres
estaban por consumir a taxa de reposición e todos eles pola convocatoria das 7
prazas de profesor contratado doutor para os axudantes doutores que remataron
contrato en 2014.
(Ás 12.50 h incorpórase o reitor na presidencia do Consello de Goberno.)
10
A continuación comeza un debate no que a Sra. V. C. pregunta se a
negociación vai seguir. A resposta do vicerreitor é afirmativa, aclarando que a
vontade é traer ao Consello de Goberno unha proposta global.
O Prof. L. D. pregúntase:
- Cal é o tipo de proposta que se eleva ao Consello de Goberno,
pois a documentación achegada refírese a 9 prazas e non a
outras 23 máis.
- Se a Xunta de Galicia estará en situación de asumir esta
proposta.
- Cal é a lóxica de dotar orzamentariamente unha praza de
promoción e de non facelo cunha praza de interino de
substitución de contratado doutor.
O vicerreitor explica que o motivo da tardía achega de documentación
obedece a que a celebración dunha reunión coa Xunta de Galicia co fin, entre
outros, de dirimir se cabería o emprego de contratos de interinidade por
substitución en caso de vacante, retrasouse ata o 14 de xaneiro e, só a partir desa
data, se convocou a Mesa Sindical.
Precisa grosso modo o xerente a dificultade orzamentaria de dotar unha
praza de promoción, pois o esforzo xustamente en termos orzamentarios devén
considerable. No momento de saída a concurso da praza de promoción, precísase
ter a consignación orzamentaria tanto de esta como da praza de orixe ou praza
real.
Afirma o Prof. L. D. que nas Administracións dotan as prazas polo custo
estimado e non polo custo consolidado, pero o xerente puntualiza que tal e como
se recolle no Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, a Universidade ten que
asegurar o valor consolidado da praza.
A Profa. N. A. solicita a venia para a lectura dun manifesto da Plataforma de
Acreditados e, tras serlle concedido, procede. O asunto do que trata é unha
reclamación dos dereitos deste colectivo a promoverse profesionalmente, polo
tanto, á concesión de prazas de catedrático.
Ao fío do anterior, pregunta o Prof. L. D. sobre o tema, sendo a resposta do
reitor resumidamente a seguinte:
- Ninguén ten sido excluído da planificación do PDI.
- O tema dos acreditados foi tratado nunha reunión coa
Secretaría Xeral de Universidades, a citada Plataforma e a
propia Universidade, da cal saíu a decisión de propor unha
oferta de estabilización e non de promoción.
11
- Esta oferta pasa por sacar unha ducia de prazas de
estabilización fronte ao custe dunha única praza de
promoción.
- En vindeiros exercicios poderá mudar a situación pois o
compromiso de estabilización para o seguinte ano afectará a só
3 persoas.
A Profa. R. H. explica que se congratula do esforzo para concentrar todos os
recursos na estabilización do profesorado e non na súa promoción, e pregunta:
- Se as 23 prazas de profesor contratado doutor non o son de
profesor titular con fin de evitar problemas de preferencias
con outros contratados doutores máis antigos.
- Cales poden ser os criterios para ordenar doce prazas de
contratado doutor que non contan aínda co acordo dos
sindicatos.
Remata a súa intervención pedindo a fixación duns criterios estables e de
coñecemento público sobre a concesión de prazas e propoñendo que sexa o
Consello de Goberno a estancia encargada de valorar prima facie estas cuestións.
O vicerreitor responde que cómpre ter en conta a existencia dunha bolsa de
interinos de substitución por vacante, dos que algún xa está acreditado como
profesor titular; e, tamén, de investigadores que poderían chegar antes a ser
titulares que un contratado doutor. Esta panoplia de posibilidades aconsella a non
provisión de prazas de funcionarios.
Inquire a Profa. C. M. sobre o destino das 11 prazas, a descontar das 23 que
consumen taxa, que contan co respaldo da Mesa Sindical.
O vicerreitor di que 7 son para os profesores axudantes doutores que
rematan contrato en 2014; e 4 para as consolidacións de interinos de substitución
por vacante procedentes do Programa Ramón y Cajal.
Finalizado o debate, é solicitada votación a man alzada polo Prof. L. D. Os
termos da mesma son:
a) Por unha banda, a creación de 9 prazas de axudantes doutores en
prol da estabilización de investigadores procedentes dos
Programas Ramón y Cajal e Parga Pondal cuxos contratos xa
remataron. Acórdase por unanimidade.
b) E, pola outra, a creación de 23 prazas, a decidir no mesmo
Consello de Goberno e previa negociación sindical, para a
estabilización dos profesores interinos de substitución por
vacante ou para os axudantes doutores que remataran os seus
contratos. Acórdase por:
12
28 votos a favor
6 abstencións
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por unanimidade a creación de 9 prazas de axudantes doutores en prol da estabilización de investigadores procedentes dos Programas Ramón y Cajal e Parga Pondal cuxos contratos xa remataron.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou con 28 votos a favor e 6 abstencións a creación de 23 prazas, que se decidirán no mesmo Consello de Goberno e previa negociación sindical, para a estabilización dos profesores interinos de substitución por vacante o para os axudantes doutores que remataran os seus contratos
Suspéndese a sesión as 13.55 h e retómase as 16.45.h. Desculpa a súa ausencia a
Profa. N. A. que alega un compromiso docente.
9) Acordo sobre proposta de adscrición funcional de materias a áreas de
coñecemento convocatoria 2015-16
O vicerreitor de organización académica e PDI explica que a proposta de adscrición
funcional de materias a áreas de coñecemento afecta, por unha parte, a titulacións
que incorporan materias por modificación do plano de estudos, sendo o caso do
Máster Universitario en Investigación Biomédica e o Máster Universitario en
Desenvolvemento Económico e Innovación; e, por outra, ás novas titulacións
seguintes:
- Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
- Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
- Máster Universitario en Biotecnoloxía
- Máster Universitario en Investigación Química e Química
Industrial
- Máster Universitario en Física
- Máster Universitario en Psicoxerontoloxía
O Prof. L. D. pregunta a razón pola cal a materia “Lexislación agroalimentaria”
do Máster en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria ten un nivel de afinidade 1 con
Dereito e 3 con Económicas.
O vicerreitor de coordinación do campus de Lugo explica que constitúe unha
sorte de tradición na Escola Politécnica a atribución do máximo nivel de afinidade
13
a aquelas áreas que veñen encargándose do encargo docente. Puntualiza o director
da Escola, Prof. Cuesta García, que nin o Departamento de Dereito Común, nin a
Área de Dereito Civil, opuxéronse a esta adscrición.
O Prof. L. D., tras escoitar a pregunta do reitor sobre se desexaba facer unha
proposta ao respecto, responde que non parece pertinente ao descoñecer a
vontade da Área, pero pide que conste en acta a súa desconformidade co modo de
atribuír os niveis de afinidade segundo se explicaron neste caso.
Apróbase por asentimento a proposta de adscrición funcional de materias a
áreas coa caución formulada polo Prof. L. D.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de adscrición funcional de materias a áreas de coñecemento para o curso 2015-16 correspondente as titulacións seguintes: 1) Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; 2) Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; 3) Máster Universitario en Biotecnoloxía; 4) Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial; 5) Máster Universitario en Física; 6) Máster Universitario en Psicoxerontoloxía; 7) Máster Universitario en Investigación Biomédica; e 8) Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación. O Consello de Goberno non considera adecuado o procedemento de adscrición da materia “Lexislación agroalimentaria” do Máster en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.
10) Proposta inicial de límite de prazas en másters universitarios
para o curso 2015-16
Intervén o vicerreitor de comunicación e coordinación no lugar do vicerreitor de
oferta docente e innovación educativa ausente temporalmente por motivos
persoais. Explica o primeiro que na documentación adxunta non figuran tódolos
másters dado que algúns están en proceso de verificación. Solicita a delegación no
vicerreitor responsable de competencia para adoptar decisións executivas con fin
de adaptar o número de prazas as necesidades dos títulos unha vez foran
ofertados. E pide a aprobación dos criterios que figuran en a citada documentación.
O Consello de Goberno apróbao por asentimento.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta inicial de límite de prazas nos másters universitarios para o curso 2015-2016.
14
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento delegar no vicerreitor de oferta docente e innovación educativa a adopción de decisións executivas para adaptar o número de prazas as necesidades dos títulos, unha vez foran ofertados.
11) Proposta inicial de límite de prazas en programas de
doutoramento para o curso 2015-16
De novo intervén o vicerreitor de comunicación e coordinación, quen precisa que a
diferenza principal coa proposta de cursos anteriores estriba no establecemento
nos programas de doutoramento dunha cota de reserva do 20% dos postos para os
alumnos de fora do Espazo Europeo de Educación Superior.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta inicial do límite de prazas nos programas de doutoramento para o curso 2015-2106, no que figura unha cota de reserva do 20% dos postos para os alumnos de fora do Espazo Europeo de Educación Superior.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento delegar no vicerreitor de oferta docente e innovación educativa a adopción de decisións executivas para adaptar o número de prazas as necesidades dos programas de doutoramento, unha vez foran ofertados.
12) Calendario e criterios para modificación/verificación de
titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017
O vicerreitor de comunicación e coordinación precisa que o calendario e os
criterios que se presentan para a aprobación veñen avalados pola Comisión de
Titulacións e Programas de Estudo, tras a súa reunión do 28 de xaneiro do ano en
curso. Mentres que o reitor matiza que todo el foi acordado coa Consellería.
Toma a palabra a Profa. R. H. que advirte sobre unha incongruencia no
documento titulado “Criterios para a presentación de novas propostas de
titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017”, xa que se xoga sobre a
condición do propoñente que as veces parece ser a dirección da facultade ou da
escola, consonte o artigo 51 dos Estatutos da Universidade, e noutras non. A citada
profesora considera que so os centros a través do seu órgano colexiado, a xunta,
poderían elevar estas propostas.
15
O reitor alega que non era a súa vontade eliminar a capacidade de proposta
dos grupos, ao tempo que os Profs. L. D. e R. H. postulan que sexa necesario o
acordo da xunta do centro ou da facultade.
Finalmente acordase que o documento manteña a súa redacción en todo
aquilo que non contrarie aos Estatutos da Universidade, en particular ao seu artigo
51, e dicir, que a proposta teña diferente orixe pero que sexa aprobada pola xunta
do centro.
O Prof. G. S. pide ao reitor que suspenda ad cautelam as propostas que non
veñan avaladas polo procedemento descrito, e esta petición é aceptada.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento aprobar o calendario e os criterios para a modificación/verificación de titulacións de grao e máster para o curso 2016/2017.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento esixir que as propostas de novas titulacións conten co informe favorable das xuntas das respectivas escolas ou facultades.
13) Calendario e criterios para modificación/verificación de
programas de doutoramento para o curso 2016-17
O vicerreitor de comunicación e coordinación precisa que o calendario e os
criterios que se presentan para a aprobación foron avalados pola Comisión de
Doutoramento.
O Sr. A. S. cualifica de necesario a modificación do penúltimo paragrafo do
documento “Criterios para a presentación de novas propostas de titulacións de
doutoramento para o cursos 2016/2017”. O citado parágrafo di literalmente: “
Todas as propostas deberán tramitarse consonte o establecido no Regulamento de
estudos de doutoramento da USC aprobado polo Consello de Goberno do 25 de
xuño de 2012”. Isto supón unha contradición co disposto no parágrafo anterior e
convén entón substituír a súa redacción pola seguinte: “ Todas as propostas
deberán tramitarse consonte o disposto no presente acordo e no resto da
normativa vixente”.
16
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento aprobar o calendario e os criterios dos programas de doutoramento para o curso 2016-17.
ACORDO
O Consello de Goberno acordo por asentimento a modificación do penúltimo parágrafo do documento titulado “Criterios para a presentación de novas propostas de titulacións de doutoramento para o cursos 2016/2017” e a súa substitución polo texto seguinte: “Todas as propostas deberán tramitarse consonte o disposto no presente acordo e no resto da normativa vixente”.
14) Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e Cursos de de Formación
Continua da Universidade de Santiago de Compostela
Comeza o reitor por salientar a urxente necesidade de aprobar un novo
regulamento sobre os títulos propios na Universidade de Santiago de Compostela,
unha necesidade que veu esixida así polo Consello de Goberno e, máis tarde, polo
Consello Social.
Apunta o vicerreitor de comunicación e coordinación, que a proposta
presentada ao Consello de Goberno foi elaborada conxuntamente polo Centro de
Posgrao, o Servizo de Xestión Académica, a Asesoría Xurídica e a Xerencia, e se
apoio nun dobre obxectivo: dotar dunha mellor organización a estrutura dos
títulos propios sobre créditos ECTs e incrementar a eficacia do control na súa
xestión.
Comeza unha quenda de debate que inaugura o Sr. P. C., en cuxa
intervención destacan as ideas seguintes:
1ª) A substitución da expresión “máster propio” por outra que non leve a
confusión cos títulos de másters oficiais.
2ª) A redución no número de órganos de dirección e xestión dos títulos
propios.
3ª) A precisión do módulo de cobro do profesorado da propia Universidade
e do control das horas extraordinarias.
4ª) A esixencia de que o persoal de administración e servizos encargado da
administración do título propio fose da Universidade de Santiago de Compostela e
estivera integrado nas unidades de centro sen ocasionar ningún sobrecusto.
17
5ª) A necesidade de regular o pago das horas extraordinarias reais do
persoal de administración e servizos, en particular o de algúns servizos como a
conserxería.
6ª) A modificación de determinados artigos da Proposta de Regulamento,
en concreto:
a) Artigo 17.a), onde di que o orzamento debe estar en equilibrio,
engádase tamén que pode ter superávit.
b) Artigo 17.b), onde debería desaparecer a expresión “realismo”.
c) Artigo 19.3, ao tratar do 2% “do total de ingresos da matrícula”
debería figurar “do total dos ingresos do máster”.
7ª) A eliminación das atencións protocolarias como concepto de imputación
do gasto na partida orzamentaria.
O obxectivo final da intervención do Sr. P.C. é lograr a máxima integración
dos títulos propios na xestión da Universidade.
Incorpórase ao debate o Prof. G. O. o cal centra a súa intervención no que
atinxe á peculiaridade dos estudos de Odontoloxía. Subliña que estes están
pasando por un proceso de especialización carente aínda dun recoñecemento
oficial e de aí a xustificación e mesmo necesidade dos títulos propios neste ámbito.
A Profa. R. H. parte de que, ao seu ver, a formación continua debería ser
parte das tarefas cotiás e ordinarias do profesorado e que a Proposta de
Regulamento que se presenta pretende unha modificación menor do estado das
cousas. Continúa expresando as cuestións que interesaría fosen obxecto de
mellora, a saber e de xeito resumido:
a) A denominación dos títulos. Conviría empregar outra palabra
diferente da de “máster”, aínda que veña unida ao epíteto
“propio”.
b) A categoría de curso de formación continua de “experto
universitario” é incoherente, pois xusto se concede ás persoas
que non cumpren as condicións de acceso á universidade.
c) O número de cargos que poden ter algúns cursos é excesivo.
d) Non se inclúen ounon se fai referencia aos títulos propios de grao
superior como os de “Criminoloxía” e “Hostalaría”.
e) O art. 4.1 da Proposta de Regulamento esixe sete condicións para
o establecemento dun máster propio, e, deseguido, o apartado
segundo permite exceptuar a tres delas.
f) O artigo 12.2 da Proposta de Regulamento trata das
incompatibilidades no ámbito dos másters propios e non con
relación a outros cargos académicos.
18
Ao carón do debate, puntualiza o Prof. L. D. que parece que se está a crear
unha actividade universitaria á marxe da propia Universidade e solicita a
aprobación das modificacións seguintes na proposta do regulamento:
a) Retirar do artigo 10.2 o adxectivo “mínimos” que acompaña á
expresión “deberes lectivos”.
b) Como o prezo público por crédito oscila na Universidade de
Santiago de Compostela entre 20 e 120 euros, reformular o artigo
18.1 cando afirma que se aprobará “o prezo público máximo por
crédito”.
c) Determinar mellor o artigo 20, apartados 3 e 4 no que ríspeta aos
orzamentos do título.
Pola súa banda, a Profa. C. M. aclara que a Facultade de Ciencias Económicas
e Empresariais é das máis antigas na impartición dos títulos propios, o cales
resultan absolutamente necesarios para a profesionalización dos estudantes. Tan é
así que algúns másters propios con sede nesa Facultade figuran na cabeza dos
rankings españois. Ao tempo recorda que se existen incompatibilidades para os
profesores de cara a docencia, tamén hai outras no eido da investigación que
deben igualmente cumprirse.
O reitor especifica que, sen menoscabar a iniciativa dos profesores para a
celebración destes títulos, do que se está a tratar é de introducir limitacións na súa
xestión económica. Responde ao Sr. P. C. quen tiña feito unha interpelación sobre a
aplicación do artigo 83.1 da Lei Orgánica de Universidades á actividade docente
dos profesores neste tipo de estudos, excluíndo tal posibilidade –o xerente
confirma esta posición. E considera necesario manter o emprego da expresión
“máster propio” polo que ten de atractivo.
O Prof. L. D. propón que máis que establecer límites a retribución nos
órganos de dirección dos másters, conviría fixar tramos aos que se lles asigna unha
determinada remuneración.
A Profa. R. H. pide que, no caso de se conservar o nome de “máster”, figure
sempre acompañado do adxectivo “propio” para evitar enganos. E engade tres
suxestións máis:
a) A corrección dos artigos 1.2 e 3.1 para que estean coordinados.
b) A substitución no artigo 2.1 do nome “Centro de Posgrao Propio”
polo correcto que é “Centro de Posgrao”.
c) A incorporación dunha disposición extravagante na que se de
conta da exclusión do ámbito do regulamento dos títulos de grao
propios en “Criminoloxía” e en “Hostalería”.
O reitor concreta que a proposta de regulamento que se somete á
aprobación do Consello de Gobernodebe conter as seguintes modificacións:
19
a) A corrección dos artigos 1.2 e 3.1 para que estean coordinados,
de forma tal que a redacción quede como sigue: “os cursos
propios deben revestir a forma de máster propio ou de curso de
especialización”.
b) A substitución no artigo 2.1 do nome “Centro de Posgrao Propio”
polo correcto que é “Centro de Posgrao”.
c) O emprego da expresión “máster propio”.
d) O emprego da denominación “curso de experto” en lugar de
“curso de experto universitario”, no artigo 6.3.c).
Pediuse votación que presentou o seguinte resultado:
- 20 votos a favor da proposta.
- 4 votos en contra da proposta.
- 5 abstencións.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por vinte votos a favor, catro en contra e cinco abstencións, o Regulamento de Estudos Propios de Posgrao e de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela, incorporando as correcciónsda proposta inicial que se detallan:
a) A incorporación no artigo 3.1 da redacción que se transcribe: “os cursos propios deben revestir a forma de máster propio ou de curso de especialización”.
b) A substitución no artigo 2.1 do nome “Centro de Posgrao Propio” polo de “Centro de Posgrao”.
c) O emprego da expresión “máster propio”. d) O emprego no artigo 6.3.c) da denominación “curso de experto”
en lugar de “curso de experto universitario”.
15) Aprobación dos prezos públicos e retribución por docencia para cursos
de posgrao propio e formación continua para o curso 2015-2016
O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa enuncia a proposta
para o coñecemento polo Consello de Goberno, proposta que se sustancia en:
a) Un máximo de 100 euros por crédito
b) Un máximo de 120 euros por hora como retribución do
profesorado
c) Un máximo de retribución total anual por curso e profesor de
7.000 euros.
20
Na quenda de debates, a Profa. R. H. demanda a fixación dun prezo mínimo,
mentres que a Profa. V. R. inquire sobre o destino dos remanentes.
Puntualiza o reitor que non existe razón para o medo e para tratar de xeito
diferente os remanentes procedentes destes cursos de outro tipo de remanentes. O
control que a Xerencia propón en torno a esta cuestión limítase aos remanentes
acumulados no transcurso do tempo e que non responden ás necesidades reais da
actividade para a que existiu unha dotación orzamentaria.
Engade o vicerreitor que se se suceden as edicións dun curso non se
apreciará problema algún cos remanentes; xusto o contrario do que pasará se o
curso deixa de ofertarse.
Propón o Sr. P. C. reducir os importes da proposta do vicerreitor e fixar
tamén un prezo mínimo. Deste xeito, o prezo da hora de docencia por profesor
acadaría como máximo os 40 euros, e o total de retribución anual por curso e
profesor non pasaría dos 3.200 euros.
Fronte a isto, o reitor formula a proposta do equipo nos termos seguintes:
a) Prezo mínimo por crédito= 20 euros
b) Prezo máximo por crédito= 100 euros
c) Retribución máxima por hora de docencia= 120 euros
d) Retribución máxima anual por profesor e curso: 7.000 euros
Por indicación do Sr. P. C. procédese á votación desta proposta e, no caso de
non prosperar, daría lugar ao sometemento da súa propia proposta xa avanzada
neste texto.
O reitor mostra o seu acordo e o resultado da votación é:
- 20 votos a favor da proposta.
- 4 votos en contra da proposta.
- 6 abstencións.Deste modo, a proposta resultou aprobada.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou con 20 votos a favor, 4 en contra e 6 abstencións, os prezos públicos da matrícula así como a retribución por docencia nos cursos de posgrao propios e formación continúa para o curso 2015-201 nos termos que se detallan: - Prezo mínimo por crédito: 20 euros - Prezo máximo por crédito: 100 euros - Retribución máxima por hora de docencia, dirección ou coordinación: 120 euros - Retribución máxima por profesor e curso académico: 7.000 euros
21
16) Recoñecemento da lingua de signos como créditos do artigo 12.8 do
Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación
das ensinanzas universitarias oficiais
A secretaria xeral informa de que no acordo do Consello de Goberno do 31 de
outubro de 2013 aprobáronse as actividades solidarias e de cooperación e os
cursos de lingua dos estudantes que merecían ter un recoñecemento en créditos.
Desgraciadamente non se incorporou a lingua de signos, razón pola cal solicitábase
do Consello de Goberno a modificación de dito acordo do 31 de outubro de 2013 co
fin de dar acollida a esta pretensión encaixándoa nun novo tipo de actividade
diferente dos dous existentes.
O Prof. M. M. precisa que a lingua de signos é oficial no Estado español e,
polo tanto, non ve a razón de incorporala nun tipo de actividade diferente da que
se refire ao resto das linguas.
A secretaria xeral responde que a razón é de carácter académico. Dado que
todos os estudantes deben obter durante o grao o B1 dunha lingua estranxeira,
tense de evitar que esta sexa a de signos pois se organiza sobre unha lingua previa,
o castelán, o galego, etc. Deste xeito, estase a impedir que teña a consideración de
lingua estranxeira o B1 da lingua de signos.
O Prof. G. S. e a Profa. L. C. se preguntan se este recoñecemento terá efectos
retroactivos, pois a proposta de acordo que se fixo chegar ao Consello de Goberno
afirma que “aplicarase a todas as solicitudes de recoñecemento que se presenten
dende o curso 2014/2015”. A secretaria xeral responde que abarca todas as
solicitudes presentadas dende o 1 de setembro de 2014, data de comezo do actual
curso académico. Os dous profesores citados pregan que se mude a redacción
inicial da proposta de acordo para que se incorpore nela o termo exacto, o que é
aceptado.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a modificación do acordo do Consello de Goberno de 31 de outubro de 2013 de xeito que se recoñeza as competencias acadas polas/os alumnas/os que realicen estudos ou acrediten competencias da lingua de signos para a obtención do título de grao. Este recoñecemento será de aplicación as solicitudes presentadas dende o 1 de setembro de 2014.
22
17)Revisión da política de prevención de riscos laborais
18) Revisión do Plan de Prevención de Riscos Laborais
O xerente propón tratar os dous asuntos da orde do día de xeito conxunto é así se
acepta. Por unha banda, trátase da ratificación da política de prevención de riscos
laborais levada a termo nesta Universidade. E, pola outra, da revisión do Plan de
Prevención de Riscos Laborais, sobre cuxa aprobación, a súa importancia e a súa
novidade informou o Sr. M. L.
Por asentimento apróbase a ratificación do Plan.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a revisión do Plan de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Santiago de Compostela e a ratificación da política de prevención de riscos laborais.
19) Aprobación do Plan estratéxico do Campus Terra
O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo informa que en agosto de 2013
asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para
elaborar o Plan estratéxico do Campus Terra (Lugo) e o programa de necesidades
funcionais . O 1 de abril de 2014 o Plan estratéxico do Campus Terra foi remitido
dende á USC á Secretaría Xeral de Universidades (SXU) da Xunta de Galicia. O día
11 de xullo de 2014 recibiuse na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
o informe da SXU en relación ao plan estratéxico presentado. En dito informe
facíanse unha serie de consideracións que obrigaban a realizar modificacións no
plan elaborado para continuar coa súa tramitación administrativa. Tras dúas
reunións coa SXU para concretar o alcance e o procedemento para realizar a
revisión que atendera as consideracións indicadas no informe, sométese á
consideración do Consello de Goberno a aprobación do Plan estratéxico do Campus
Terra, unha vez introducidas ás modificacións suxeridas. As modificacións
introducidas puideron ser consultadas polos membros do CG na documentación
posta a súa disposición no repositorio, onde figuran os cinco apartados do plan
estratéxico revisados.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Plan estratéxico do Campus Terra, unha vez introducidas ás modificacións suxeridas pola Secretaria xeral de Universidades.
23
20) Aprobación, se procede, dos sistemas de garantía interna de calidade dos
centros
Informa o vicerreitor de comunicación e coordinación sobre a modificación do
Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade dos centros
seguintes:
- Escola Politécnica Superior
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Escola Universitaria de Enfermaría
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias
- Facultade de Farmacia
- Facultade de Filoloxía
- Facultade de Matemáticas
- Facultade de Química
- Facultade de Formación do Profesorado
- Facultade de Relacións Laborais
- Facultade de Veterinaria
- Facultade de Psicoloxía
- Facultade de Óptica e Optometría
Así mesmo, continuou a información sobre o Manual de Procesos e
Procedementos da Facultade de Formación do Profesorado.
Tras isto, o vicerreitor solicita a aprobación destes manuais ao Consello de
Goberno que o fai por asentimento.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Manual Simplificado do Sistema de Garantía Interna de Calidade relativo a: Escola Politécnica Superior; Escola Técnica Superior de Enxeñaría; Escola Universitaria de Enfermaría; Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias; Facultade de Farmacia; Facultade de Filoloxía; Facultade de Matemáticas; Facultade de Química; Facultade de Formación do Profesorado; Facultade de Relacións Laborais; Facultade de Veterinaria; Facultade de Psicoloxía; e Facultade de Óptica e Optometría.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento oManual de Procesos e Procedementos da Facultade de Formación do Profesorado.
24
21) Proposta de membros do Consello Científico do CEA
Recordando o artigo oitavo do Regulamento do Centro de Estudos Avanzados-Casa
de Europa, o reitor reitera o nomeamento como director de dito centro do Prof.
Fernando Cabo Aseguinolaza e, comunica o do próximo en exercer tales funcións, o
Prof. Francisco Fernández Rivera.
Do mesmo xeito, informa do nomeamento dos membros do Consello
Científico, segundo o disposto no o artigo sétimo do Regulamento, que son os
profesores:
- Dna. María Isabel Quiroga Berdeal, pola Área de Ciencias da
Saúde
- D. José Luis Mascareñas Cid, pola Área de Ciencias
- D. José Rivas Rey, pola Área de Ciencias
- D. Manuel Guaita Fernández, pola Área de Enxeñaría e
Arquitectura
- Dna. Amelia González Méndez, pola Área de Ciencias Sociais e
Xurídicas
- Dna. Teresa Fanego Lema, pola Área de Artes e Humanidades
Conclúese o punto coa indicación dos membros do Consello Científico que
cesan e que de seguido se relacionan:
- Dna. Mª Isabel Loza García, pola Área de Ciencias da Saúde
- D. José Sergio Casas Fernández, pola Área de Ciencias
- Dna. Rosa Mª Calvo de Anta, pola Área de Ciencias
- D. Alfredo Bermúdez de Castro López Varela, pola Área de
Ciencias
- Dna. Mª del Mar Lorenzo Moledo, pola Área de Ciencias Sociais e
Xurídicas
- Dna. Ana Gloria Chouciño Fernández, pola Área de Artes e
Humanidades
22) Memorias de cursos de posgrao propios
Preséntase a aprobación polo Consello de Goberno as memorias de cinco másters
propios correspondentes ao bienio 2012-2014; e as de dous cursos de
especialización do ano 2013-2014.
Contan con informe favorable do Centro de Posgrao as memorias dos títulos
seguintes:
- Master da Sociedade da Información e do Coñecemento
25
- Master en Enxeñaría da Madeira Estrutural
- Master en Produción de Leite
- Máster en Alimentación, Saúde e Nutrición Comunitaria
- Curso de Especialización en Implantoloxía Oral
- Curso de Especialización en Ortopedia para Licenciados en
Farmacia
En cuanto á memoria do Máster Internacional Teórico-Práctico de
Endodoncia Avanzada, non contaba co informe favorable da Comisión de Posgrao,
razón pola cal o Consello de Goberno tampouco emitiu o seu informe favorable e
decidiu reclamar a intervención do Servizo de Control Interno.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento emitir informe favorable con relación as memorias correspondentes ao bienio 2012-2014 dos seguintes títulos propios: 1) Máster da Sociedade da Información e do Coñecemento; 2) Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural; 3) Máster en Produción de Leite; e 4) Máster en Alimentación, Saúde e Nutrición Comunitaria. Tamén acordou emitir informe favorable sobre as memorias correspondentes ao ano 2013-2014 do Curso de Especialización en Implantoloxía Oral e do Curso de Especialización en Ortopedia para Licenciados en Farmacia.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou por asentimento informar desfavorablemente a memoria do Máster Internacional Teórico-Práctico de Endodoncia Avanzada, correspondente ao bienio 2012-2014.
23) Transferencia de tecnoloxía
Intervén a vicerreitora de investigación e presenta a proposta para a creación de
tres empresas de base tecnolóxica con posible participación da Universidade de
Santiago de Compostela. Trátase de:
- Taste Lab S.L.
- Lentimed Medical Devices, S.L.
- SITUM Technologies, S.L.
26
Con relación a segunda das citadas, Lentimed Medical Devices, S.L., que
contaría cunha achega da nosa Universidade de 5.000 euros, a vicerreitora
especifica que xurde por iniciativa da propia Universidade que, tras a concesión do
premio Marcelino Botín ao grupo de investigadores que a sustentarán, viu
posibilidades de negocio.
Pola súa banda, o Sr. P. C. pon de manifesto como en Taste Lab S.L. é posible
advertir incompatibilidade dalgún dos socios coa su dedicación a tempo completo
na Universidade. Por este motivo, o dicente solicita votación separada: dun lado a
que se refire a empresa Lentimed Medical Devices, S.L.; e doutro, a de Taste Lab S.L.
A proposta de votación é aceptada e o resultado da consulta se transcribe a
continuación:
a) Votación sobre a aceptación da creación de Lentimed Medical Devices,
S.L.:
- 17 votos a favor
- 2 votos en contra
- 5 abstencións
b) Votación sobre a aceptación da creación de Taste Lab S.L.:
- 17 votos a favor
- 0 votos en contra
- 7 abstencións
Por contraposición, a proposta de creación de SITUM Technologies, S.L. é
aprobada por asentimento.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou con 17 votos a favor, 2 en contra e 5 abstencións, a proposta de creación da empresa Lentimed Medical Devices, S.L.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou con 17 votos a favor e 7 abstencións, a proposta de creación da empresa Taste Lab S.L.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a proposta de creación da empresa SITUM Technologies, S.L.
27
24) Regulamentos
A secretaría xeral presenta o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de
Microbioloxía e Parasitoloxía para someterlo a consideración do Consello.
Subliña o Prof. L. D. o erro que figura no artigo 4 onde se ten como membros
do Departamento ao persoal de administración e servizos.
Apreciado o mesmo e co compromiso de corrixilo, apróbase por
asentimento.
Aproveita a ocasión o Prof. M. M. para reclamar a tramitación do
regulamento do seu Departamento, que dixo leva perto de 3 anos na vía
procedimental. A secretaria xeral toma conta da queixa.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía.
25) Premios extraordinarios
Tras a lectura dos agraciados cos premios extraordinarios de licenciatura e grao
(2013-2014), máster e doctorado, a Profa. L. C. inquire sobre cando se vai dar
trámite aos da Facultade de Filoloxía. A secretaria xeral explícalle que o criterio
empregado refírese a data de entrada dos documentos na Secretaría Xeral e que
cómpre interesarse polo que aconteceu cos premios desa Facultade.
A Profa. R. H. advirte que os premios extraordinarios de doutoramento
citados foron propostos segundo o réximen xurídico xa derrogado, pois agora a
competencia da proposta reside na Escola de Doutoramento Internacional.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos seguintes premios extraordinarios de licenciatura nas persoas que se relacionan:
- Dna. Alba Aguión Tarrio (Licenciatura en Bioloxía) - Dna. Amanda Barciela López (Licenciatura en Bioloxía) - Dna. Vanesa Sesto Varela (Enxeñaría Química) - Dna. Yovanna Gómez Castro (Enxeñaría Química) - Dna. Tamara Gómez Dacoba (Licenciatura en Farmacia) - Dna. Noelia Fernández Bargiela (Licenciatura en Farmacia) - Dna. Yolanda Pérez Otero (Licenciatura en Química) - D. Valentín García Souto (Grao en Enxeñaría Agrónoma)
ACORDO
28
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión dos seguintes premios extraordinarios de doutoramento (2011-2012) nas persoas que se relacionan:
- Dna. Nuria Castro Iglesias (Facultade de Bioloxía) - D. Amable Rivas Fontenla (Facultade de Bioloxía) - Dna. Belén Budiño Rodríguez (Facultade de Bioloxía) - Dna. Almudena López Martínez (Facultade de Bioloxía) - Dna. Laura Saavedra Lago (Facultade de Matemáticas) - D. Rubén Figueroa Sestelo (Facultade de Matemáticas) - D. Mikel Álvarez Mozos (Facultade de Matemáticas) - D. Manuel Alberto Crego Barreiro (Facultade de Psicoloxía) - Dna. Elisabeth Hermida García (Facultade de Psicoloxía) - Dna. Vanessa Moreira Trillo (Facultade de Psicoloxía) - D. Pedro Gabriel Gonçalves Pedro Moreira da Silva (Facultade de
Xeografía e Historia) - Dna. Alejandra María Feal Pérez (Facultade de Xeografía e
Historia) - D. Simón Vicente López (Facultade de Xeografía e Historia) - D. Jesús Carrete Montaña (Facultade de Física) - Dna. Natalia Hassan López (Facultade de Física) - D. Eduardo Fernández Fernández (Facultade de Física) - D. Eduardo Santiago Conde Pena (Facultade de Física) - D. Josué Elías Juárez Onofre (Facultade de Física) - Dna. Soraya Rodríguez Losada (Facultade de Dereito) - Dna. Patricia Sanmartín Sánchez (Facultade de Farmacia) - Dna. Ana Rey Rico (Facultade de Farmacia) - Dna. María Fontán Sáinz (Facultade de Farmacia) - Dna. Laura Muiño Pose (Facultade de Farmacia) - D. José Sixto García (Facultade de Ciencias da Comunicación) - D. Ian Vázquez Rowe (Escola Técnica Superior de Enxeñaría) - D. Raul Valín Ferreiro (Escola Técnica Superior de Enxeñaría)
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster en Historia Contemporánea (2013-2014) a D. Bruno Esperante Páramos.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster Universitario en Biotecnoloxía (2013-2014) a D. Oscar Dorribo Martínez.
29
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster Universitario en Innovación en Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias (2013-2014) a D. Alexandre Lamas Freire.
ACORDO
O Consello de Goberno aprobou por asentimento a concesión do premio extraordinario do Máster Universitario en investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (2013-2014) a Dna. Irene Izquierdo Berjano.
26) Asuntos económicos
O xerente toma a palabra para explicar que se conta coas tres seguintes propostas
de doazón:
- 20 implantes da marca Straumann, cun valor de 4.980 euros,
sendo propoñente Straumann e receptor a “Unidade de Pacientes
Especiais” (Facultade de Medicina e Odontoloxía).
- Colección de 5.500 minerais, cun valor simbólico 1 euro, sendo
propoñente D. Joaquín Pardo Gómez e recepto o Museo de
Historia Natural Luis Iglesias.
- Busto de bronce de Isidro Parga Pondal, cun valor de 6.304 euros,
sendo propoñente a Asociación Foro Enrique Peinador e receptor
a Universidade de Santiago de Compostela.
Engade o dicente que tamén é presentada unha cesión dun sistema de
braquiterapia de alta taxa, modelo Microselectrom (Elekta), cun valor de 21.500
euros, sendo o cedente a Consellería de Sanidade (Servizo de Oncoloxía
Radioterapia do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela) e o
cesionario o “Laboratorio de Radiofísica” da nosa Universidade.
O Consello de Goberno aceptou por asentimento as doazóns e máis a cesión.
ACORDO
O Consello de Goberno acordou aceptar por asentimento as doazóns de 20 implantes da marca Straumann (valor de 4.980 euros), unha colección de 5.500 minerais (valor simbólico de 1 euro), e un busto de bronce de Isidro Parga Pondal (valor de 6.304 euros).
30
ACORDO
O Consello de Goberno acordou aceptar por asentimento a cesión dun sistema de braquiterapia de alta taxa (valor de 21.500 euros).
27) Convenios
O Consello de Goberno acordou por asentimento aprobar os convenios que figuran
no anexo a esta acta.
O Sr. P. C. interésase polo contrato 052 que atinxe a RedEmpredia e a
Universidade.
O Prof. F. R. aclara que a situación era coñecida hai catro anos cando o Prof.
Barro Ameneiro comezou a súa labor en Redemprendia, e que o convenio se
renova cada ano de xeito totalmente transparente.
Insiste o Sr. P. C. que, de todos os xeitos, a decisión adoptada ata agora non é
correcta. Engade a vicerreitora de investigación que o conxunto de actividades
desenvolvidas polo Prof. Barro Ameneiro foron aprobadas pola Comisión de
Actividades I+D.
O Sr. P. C. conclúe dicindo que non pon en dubida a honorabilidade do
citado profesor porén insta a atopar unha solución xurídica máis axeitada.
28) Asuntos de trámite
Non se rexistraron.
29)Rogos e preguntas
O Sr D. C. A. fai unha pregunta, relativa a se é certo que as bolsas reducíronse nun
20%; e un rogo, referido a que a documentación se achegue a reunión do Consello
de Goberno dunha maneira máis analizada e con tempo suficiente para que non se
repita o que aconteceu cos puntos 4 e seguintes da orde do día nos que se
coñeceron as prazas de PDI para o ano 2015-2016.
O reitor respóndelle que se intentará cumprir con iso.
A Profa. R. H. fixo unha suxestión sobre o modo de desenvolverse a lista de
agarda nas prazas para os másters e os programas de doutoramento, pois a orde a
seguir debería vir do expediente académico e non de incorporar aos estudantes
que primeiro dilixenciasen o trámite administrativo.
31
O vicerreitor de oferta docente e innovación educativa respóndelle que esa
decisión xa foi tomada no sentido indicado pola profesora.
A dicente continúa con outra suxestión que alude a necesidade de que a
aplicación Xescampus incorpore novas tarefas e, entre elas, a de que os estudantes
poidan instar por eles mesmos as actas relativas a traballos fin de grao e fin de
máster.
O vicerreitor de comunicación e coordinación comprométese a valorar a súa
implementación.
O Prof. G. S. chama a atención sobre o feito de que na Web a última
información sobre os acordos adoptados polo Consello de Goberno se remonta o
26 de marzo de 2014. Pregúntase, entón, se foi adoptada a decisión de non
informar máis nestes termos.
O reitor precisa que non se tomou tal decisión e comprométese a que se
actualice a Web co fin de que figuren os acordos do Consello de Goberno dende a
data indicada.
O Sr. P. C. pregunta por algún tipo de información sobre o alleamento do
edificio do Hospital de Galeras.
Afirma o reitor que se está traballando niso pero que non pode dar máis
explicacións.
En fin, o Prof. L. D. pregunta sobre o Real Decreto-ley 17/2014, de 26 de
diciembre, de medidas de sostenibilidad financiera de las comunidades autónomas y
entidades locales y otras de carácter económico. En particular, sobre o fondo para o
financiamento de débeda sen intereses para as CC.AA. e ata o 2018. O xerente
respondeu que se contactou coa Consellería de Facenda de xeito informal, que a
Xunta de Galicia non se acolleu a dito fondo e que no suposto de que se adherira
se podería facer extensible aos organismos dependentes dela.
Sen nada máis que engadir, levántase a sesión as 20.52 h, do que dou fe.
Vº e prace Reitor
Juan Manuel Viaño Rey
Secretaria Xeral
Consuelo Ferreiro Regueiro