Resumo tema 3_l_5

1
Unha palabra é homónima cando se pronuncia ou se escribe igual que outra, pero o seu significado é diferente. As palabras homónimas poden ser: Homófonas: pronúncianse igual; distinta grafía e significado. Homógrafas: escríbense igual;no dicionario aparecen en diferentes entradas. Non confundir coas Polisémicas: unha soa palabra con varios significados . Rima é a repetición de sons ao final dos versos: Consonante: todos os sons a partir da última vogal tónica. Asonante: só se repiten as vogais a partir da última vogal tónica. Os Séculos Escuros son un período da nosa historia do que apenas conservamos textos literarios en lingua galega. Desde os séculos XV ata o XVIII case non temos documentos na nosa lingua. Estes séculos representan a perda do poder político de Galiza e a desaparición do seu reino. O papel da nosa lingua quedou reducido ao ámbito oral e daquela época tan só conservamos cantigas de Nadal, lendas, contos populares... (Romance da Frouxeira, Soneto de Monterrei). O suxeito é a parte da oración formada por palabras que nos di quen realiza a acciónou de quen se di algo. (cando non aparece na oración, suxeito elidido ou elíptico.) O núcleo é un substantivo ou un pronome persoal. Para saber quen é o suxeito, podemos preguntarlle ao verbo por quen ou que é o que sucede. O predicado é a parte da oración que desenvolve a acción. Expresa o que fai o suxeito, como é ou como está. O núcleo do predicado é sempre overbo. O verbo pode ir acompañado por complementos, que engaden información sobre este. En galego temos vogais fortes e débiles. *As fortes son a, e, o. *As débiles son i e u. Cando se unen dúas vogais nunha mesma sílaba fórmase un ditongo. As vogais han de ser unha forte e unha débil ou dúas débiles. car-tei-ra mou-cho Rian-xo Boi-ro au-ga Os ditongos poden ser: Crecentes: cando a primeira vogal que forma a sílaba é débil. barrio, escenario, suave Decrecentes: cando a primeira vogal da sílaba é forte. moito, pouco, aire Homoxéneos: cando as dúas vogais na sílaba son débiles. uliu, puiderades Cando dúas vogais seguidas se pronuncian en sílabas distintas forman un hiato. Hai hiato cando van seguidas dúas vogais fortes (a-re-a , le-ón) As palabras rematadas en ditongo decrecente non levan til (ademais). Levan acento gráfico na vogal débil aqueles hiatos que se forman con i e u para indicar que son hiato e non ditongo (Ma-rí-a , sú-a) DESCRIBIR OBXECTOS (aparte) ACTIVIDADES: 1.- Nas seguintes oracións subliña o suxeito e o predicado: María atopou un diamante. O meu pai traballa cun camión Cheguei tarde ao colexio. Escribiu un libro Ramón. A amiga do xastre é guapa. Nós estudamos para o exame. 2.- Rodea o núcleo do suxeito nas oracións anteriores. 3.- Separa en sílabas. Agrúpaas segundo teñan ditongo ou hiato: carneiro-morea-Lucía-xouba-suave- raíña-carteira-moeda- Angustia-papeis-xeito-boa-loureiro-Brais-Antonio-Noelia- puideron. 4.- Nos ditongos anteriores, indica a clase (crecente, decrecente, homoxéneos). 5.- No teu nome e apelidos, hai algún ditongo ou hiato? Di cales. RESUMO TEMA 3 LINGUA GALEGA 5º

Transcript of Resumo tema 3_l_5

Unha palabra é homónima cando se pronuncia ou se escribe igual que outra, pero o seu significado é diferente. As palabras homónimas poden ser:

Homófonas: pronúncianse igual; distinta grafía e significado.

Homógrafas: escríbense igual;no dicionario aparecen en diferentes

entradas.

Non confundir coas Polisémicas: unha soa palabra con varios significados .

Rima é a repetición de sons ao final dos versos:

Consonante: todos os sons a partir da última vogal tónica.

Asonante: só se repiten as vogais a partir da última vogal tónica.

Os Séculos Escuros son un período da nosa historia do que apenas conservamos textos literarios en lingua galega. Desde os séculos XV ata o XVIII case non temos documentos na nosa lingua. Estes séculos representan a perda do poder político de Galiza e a desaparición do seu reino.

O papel da nosa lingua quedou reducido ao ámbito oral e daquela época tan só conservamos cantigas de Nadal, lendas, contos populares... (Romance da Frouxeira, Soneto de Monterrei).

O suxeito é a parte da oración formada por palabras que nos di quen realiza a acciónou de quen se di algo. (cando non aparece na oración, suxeito elidido ou elíptico.)

O núcleo é un substantivo ou un pronome persoal.

Para saber quen é o suxeito, podemos preguntarlle ao verbo por quen ou que é o que sucede.

O predicado é a parte da oración que desenvolve a acción. Expresa o que fai o suxeito, como é ou como está.

O núcleo do predicado é sempre overbo.

O verbo pode ir acompañado por complementos, que engaden información sobre este.

En galego temos vogais fortes e débiles. *As fortes son a, e, o. *As débiles son i e u. Cando se unen dúas vogais nunha mesma sílaba fórmase un ditongo. As vogais han de ser unha forte e unha débil ou dúas débiles. car-tei-ra mou-cho Rian-xo Boi-ro au-ga Os ditongos poden ser:

Crecentes: cando a primeira vogal que forma a sílaba é débil. barrio, escenario, suave Decrecentes: cando a primeira vogal da sílaba é forte. moito, pouco, aire Homoxéneos: cando as dúas vogais na sílaba son débiles. uliu, puiderades

Cando dúas vogais seguidas se pronuncian en sílabas distintas forman un hiato. Hai hiato cando van seguidas dúas vogais fortes (a-re-a , le-ón) As palabras rematadas en ditongo decrecente non levan til (ademais). Levan acento gráfico na vogal débil aqueles hiatos que se forman con i e u para indicar que son hiato e non ditongo (Ma-rí-a , sú-a)

DESCRIBIR OBXECTOS (aparte)

ACTIVIDADES: 1.- Nas seguintes oracións subliña o suxeito e o predicado: María atopou un diamante. O meu pai traballa cun camión Cheguei tarde ao colexio. Escribiu un libro Ramón. A amiga do xastre é guapa. Nós estudamos para o exame. 2.- Rodea o núcleo do suxeito nas oracións anteriores. 3.- Separa en sílabas. Agrúpaas segundo teñan ditongo ou hiato:

carneiro-morea-Lucía-xouba-suave- raíña-carteira-moeda-Angustia-papeis-xeito-boa-loureiro-Brais-Antonio-Noelia-puideron. 4.- Nos ditongos anteriores, indica a clase (crecente, decrecente, homoxéneos). 5.- No teu nome e apelidos, hai algún ditongo ou hiato? Di cales.

RESUMO TEMA 3 LINGUA GALEGA 5º