REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4...

34
REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4...

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA,

ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 11 de decembro de 2013, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Elaboración do ditame á vista do Informe da Ponencia do Proxecto de lei do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

1.1 11244 (09/PL-000012)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei do emprendemento e da competitividade económica de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 151, do 03.09.2013Publicación e asignación á Comisión, BOPG n.º 151, do 03.09.2013Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 162, do 18.09.2013Publicación ampliación da prórroga do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 168, do 27.09.2013Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 169, do 01.10.2013Publicación ampliación da prórroga do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 170, do 02.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación rexeitamento emendas totalidade, BOPG n.º 189, do 04.11.2013Publicación da designación de Ponencia, BOPG n.º 194, do 12.11.2013Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 203, do 27.11.2013

Punto 2. Proposicións non de lei en Comisión

2.1 8097 (09/PNC-000681)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSestayo Doce, Beatriz e 2 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno en relación cos contratos asinados pola empresa mexicana Pemex co sector naval de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 28.05.2013

2.2 15417 (09/PNC-001232)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, Yolanda e 2 máis

(Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa perda do posible contrato de catro gaseiros para os estaleiros públicos de Navantia en Galicia e a garantía da carga de traballo nelesPublicación da iniciativa, BOPG n.º 204, do 28.11.2013

2.3 15615 (09/PNC-001252)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel e 4 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar a viabilidade das empresas Cerámica de Sargadelos, no concello de Cervo, e Cerámica do Castro, no concello de SadaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 204, do 28.11.2013

Punto 3. Preguntas orais en Comisión

3.1 5529 (09/POC-002205)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José Luis e Gallego Lomba, José ManuelSobre os datos referidos ás subvencións concedidas polo Igape á Fundación Porto de Vigo nos exercicios de 2010 e 2011, a realización dalgún seguimento ao respecto e a valoración dos resultados acadadosPublicación da recualificación, BOPG n.º 204, do 28.11.2013

3.2 12396 (09/POC-001803)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as axudas concedidas polo Goberno galego ao grupo empresarial PescanovaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 166, do 25.09.2013

3.3 14177 (09/POC-002028)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre a situación na que se atopa o proxecto do grupo IFFE para a fábrica de armas da Coruña, o traslado ao Ministerio de Defensa da posición favorable da Xunta de Galicia ao respecto e a valoración doutros proxectosPublicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013

3.4 14860 (09/POC-002104)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 2 máisSobre a valoración e as xestións previstas pola Xunta de Galicia respecto do conflito existente entre o Concello de Pontedeume e os praceiros do mercado municipal a causa do seu traslado a unhas instalacións provisionais, o cumprimento por estas da normativa vixente para os postos e o destino no ano 2014 dalgunha partida orzamentaria para arranxar o

(Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

edificioPublicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 13.11.2013

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

Cristina Isabel Romero FernándezPresidenta da Comisión

(Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO

E TURISMOPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidentaCristina Isabel Romero Fernández P

VicepresidentePedro Manuel Arias Veira P

SecretariaMaría Consuelo Martínez García AGE

María do Carme Adán Villamarín BNGHipólito Fariñas Sobrino PJosé Manuel Gallego Lomba SAbel Fermín Losada Álvarez SBerta Pérez Hernández PJosé Francisco Santos Regueiro PBeatriz Sestayo Doce SMiguel Angel Tellado Filgueira PGonzalo Trenor López P

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

1. Elaboración do ditame á vista do Informe da Ponencia do

Proxecto de lei do emprendemento e da competitividade

económica de Galicia.

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar
Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar
Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2. Proposicións non de lei en Comisión

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 8097(09/PNC-000681)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno en relación

cos contratos asinados pola empresa mexicana Pemex co sector

naval de Galicia

Publicación da iniciativa, 109, 28.05.2013

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Socialista, por iniciativa da súa deputada e

dos seus deputados, Beatriz Sestayo Doce, José Luis Méndez Romeu e

José Manuel Gallego Lomba, a través do portavoz e ao abeiro do disposto

no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a se-

guinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

A comarca de Ferrolterra está inmersa nunha profunda crise econó-

mico-social. As taxas de paro son case iguais que as de ocupación, os datos

da emigración moza é alarmante e o desmantelamento da cidade e da co-

marca é un feito que se produce ante un incomprensible desleixo dos go-

bernos do PP que parecen dispostos a sacrificar a poboación que vive nesta

terra.

A crise do naval segue a crecer mentres todas e cada unha das pro-

mesas fóronse esvaecendo: o centro de reparacións, o dique flotante, os re-

molcadores, os quimiqueiros, e ata o flotel. As mentiras deixaron paso a un

silencio vergoñento.

Esta deputada ten solicitado ao abeiro do Regulamento da Cámara,

de cumprimento imperativo, os xa «famosos contratos de Pémex». A peti-

ción está formulada de todas as formas posibles, sexan contratos como

afirmaba Feijoo, sexan documentos, sexan «memorandum de intencións».

O certo é que o Goberno autonómico incumpre o deber de ser controlado

politicamente pola Cámara poñendo en perigo o mesmo sistema democráti-

co, constitucional e estatutario. A presidenta do Parlamento está a ser cóm-

plice ao permitir que o Goberno desprece à Cámara de representación po-

pular.

Representantes do PP alleos ao Parlamento teñen feito manifesta-

cións públicas de ter visto os contratos de Pemex que non obstante, a Xunta

nega aos que estatutaria e legalmente temos a lexitimidade para exercer o

control do executivo.

En virtude do exposto, o Grupo Parlamentario Socialista presenta a

seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a exhibir de forma

inmediata á oposición os supostos contratos de Pemex dos que Feijoo afir-

mou ser testemuña na sinatura televisada pola TVG.

Pazo do Parlamento, 20 de maio de 2013

Asinado dixitalmente por: Beatriz Sestayo Doce na data 21/05/2013 10:49:35 José Luís Méndez Romeu na data 21/05/2013 10:49:49

José Manuel Gallego Lomba na data 21/05/2013 10:50:03 Abel Fermín Losada Álvarez na data 21/05/2013 10:50:16

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.2 15417(09/PNC-001232)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa perda do posible contrato de catro gaseiros para

os estaleiros públicos de Navantia en Galicia e a garantía da

carga de traballo neles

Publicación da iniciativa, 204, 28.11.2013

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), ao través das

deputadas Yolanda Díaz Pérez e María Consuelo Martínez García e o deputado Juan

Manuel Fajardo Recuso, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate na

comisión, relativa á perda do posible contrato dos gaseiros para os estaleiros públicos

do noso país.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A importancia que posúe para Galicia a consolidación da industria naval pública resulta

contraditoria co desleixo que as administracións públicas nas poutas do PP, de

Moncloa a Monte Pío pasando pola dirección da empresa pública, amosan para

garantir a continuidade do estaleiro público. Asistimos a enésima perda dunha

oportunidade para conquerir carga de traballo nun sector asfixiado polas políticas

neoliberais en curso.

A confirmación do encargo a estaleiros asiáticos de 4 gaseiros para un consorcio onde

participan de xeito nomeado Repsol e Gas Natural deixa en evidencia o mal facer dos

gobernos do PP que non fixeron pesar o valor social e económico que tería para

Ferrolterra esta adxudicación; doutra banda confírmase a condición corsaria de

grandes empresas radicadas no Estado que confirman algo sabido, que o capital non

ten patria e sí intereses económicos privados e contrarios ao interese xeral.

A escandalosa actitude de Navantia non presentando, segundo se desprende das

novas de prensa, unha oferta en firme obriga a depurar responsabilidades políticas.

Algúns están a xogar de xeito indigno co pan de milleiros de familias.

Penosa semella a posición na que resta o goberno central que non é quen de facer

valer a súa importancia para empresas como Gas Natural e Repsol de maneira que

fagan o encargo nos estaleiros públicos do noso país e do Estado.

A necesidade de acadar novos investimentos produtivos e a dotación suficiente para

investir en I+D+i semella a outra pata clave dunha estratexia industrial que permita

conquerir carga de traballo. Hai un decenio que Navantia non fabrica gaseiros

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

mediante esa sucesión de desleixo interesado, vetos e limitacións que afogan un

sector produtivo viable, capaz e estratéxico para o noso país. Os investimentos en

maquinaria produtiva son os que garanten a futuro do sector e os gobernos do PP

néganse a dotar as partidas orzamentarias precisas para garantir eses investimentos

produtivos, como é o caso do dique flotante entre outro

Quizabes estas actuacións negativas dos encargados públicos de velar polo estaleiro

obedezan a cargar a munición do plan de axuste que quere presentar a empresa en

decembro.

En atención ao referido, Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA) formula a

seguinte proposición non de lei para o seu debate na comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a reprobar á dirección de Navantia, a

dirección da SEPI e aos ministros de industria e facenda.

- O Parlamento Galego insta ao goberno a deixar de lado a progaganda e

acordar iniciativas concretas que garantan carga de traballo.

- O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta a que requira do ministerio de

industria as actuacións oportunas para que Navantia Fene, a vella Astano,

dispoña antes do levantamento do veto da plantilla suficiente e dos novos

investimentos produtivos necesarios para volver a construcción civil pública.

- O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta para que se dirixa ao goberno

central de maneira que evite que o anunciado plan estratéxico para Navantia

non sexa outra cousa que un plan de axuste que cargue o peso da ineficacia dos

gobernos no lombo dos traballadores e traballadoras doe staleiro público?

Compostela, 19 de novembro do 2013.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. María Consuelo Martínez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asinado dixitalmente por:

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Yolanda Díaz Pérez na data 19/11/2013 15:10:16

Juán Manuel Fajardo Recouso na data 19/11/2013 15:10:24

María Consuelo Martínez García na data 19/11/2013 15:10:29

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

2.3 15615(09/PNC-001252)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

para procurar a viabilidade das empresas Cerámica de

Sargadelos, no concello de Cervo, e Cerámica do Castro, no

concello de Sada

Publicación da iniciativa, 204, 28.11.2013

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa dos deputados José Manuel Balseiro Orol, Vidal Martínez-Sierra López, Pedro M. Arias Veira, Miguel Tellado Filgueira e Hipólito Sobrino Fariñas, ao abeiro do disposto no artigo 98, 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta, ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei en Comisión polo procedemento de urxencia.

Xustificación da urxencia

A urxencia vén motivada pola importancia laboral, social, económica e cultural que para Galicia ten a continuidade dos centros de Cerámica de Sargadelos (Cervo) e O Castro (Sada) como proxecto viable.

Exposición de motivos

A situación pola que atravesa actualmente o grupo galego Cerámica de Sargadelos levoulle a anunciar a presentación dun ERE de carácter extintivo que contempla, entre outros, o despedimento de 68 empregados dos centros de traballo que esta compañía ten nos concellos de Cervo e Sada. De materializarse esta pretensión afectaría a un número moi significativo do actual cadro de persoal, composto na súa práctica totalidade por mulleres, un colectivo de inserción laboral preferente, cun perfil profesional moi específico, e que levan case toda a súa vida laboral ligadas á empresa na que desenvolven unha actividade de gran especialización e case artesanal. Por outra banda cómpre lembrar que Sargadelos soubo realizar unha mestura perfecta entre a súa actividade industrial e artesanal e a identidade cultural do noso país, creando unha marca prestixiosa, cun deseño vangardista pero que incorpora motivos relacionados coa tradición e coa cultura de Galicia.

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Sargadelos non é un proxecto industrial ao uso, senón unha empresa singular, cuxa cerámica tense convertido en referente internacional de calidade e orixinalidade dos produtos galegos, acadando unha gran notoriedade ata ser distinguida como símbolo de identidade de Galicia. Polo exposto con anterioridade, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión. “O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia, a impulsar as iniciativas e ferramentas ao seu alcance para, en colaboración coa empresa e os traballadores, procurar a viabilidade da Cerámica de Sargadelos (Cervo) e Cerámica de O Castro (Sada)”.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 22/11/2013 10:05:19 José Manuel Balseiro Orol na data 22/11/2013 10:05:35

Vidal Martínez-Sierra López na data 22/11/2013 10:05:43 Pedro Manuel Arias Veira na data 22/11/2013 10:05:53

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 22/11/2013 10:06:03 Hipólito Fariñas Sobrino na data 22/11/2013 10:06:15

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

3. Preguntas orais en Comisión

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

3.1 5529(09/POC-002205)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez Romeu, José Luis e Gallego Lomba, José Manuel

Sobre os datos referidos ás subvencións concedidas polo Igape

á Fundación Porto de Vigo nos exercicios de 2010 e 2011, a

realización dalgún seguimento ao respecto e a valoración dos

resultados acadados

Publicación da recualificación, 204, 28.11.2013

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Luis Méndez Romeu e José Manuel Gallego Lomba,

deputados pertencentes ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

A sucesión de datos sobre a xestión do Igape nos últimos anos,

pon en dúbida a existencia dunha xestión eficiente e orientada aos

obxectivos propios do Instituto. As últimas novas coñecidas dan conta

dunha subvención outorgada á Fundación Porto de Vigo no ano 2010

por importe de 61.469 euros, e doutra concedida no ano 2011 por

importe de 140000 euros. Certamente esa Fundación percibía outras

subvencións da Administración autonómica, como unha da S.A. de

Xestión do Plan Xacobeo por importe de 86.728 euros, ou unha

subvención de 50.000 euros da Consellaría de Traballo e Benestar.

A devandita Fundación non ten realizado actividade algunha de

promoción do emprego, nin en favor dos obxectivos propios do Igape.

Os datos coñecidos apuntan a unha xestión opaca, malgastadora de

recursos públicos, que mesmo tería consumido a dotación inicial da

fundación.

Que a presidenta desa Fundación cunha xestión discutible, sexa

nomeada pola Xunta de Galicia para presidir o Consello Económico e

Social é unha mostra máis do desprezo pola Administración eficiente

que caracteriza ao actual Executivo, malia a abondosa retórica da

austeridade.

En todo caso, cómpre coñecer as razóns que levaron ao Igape a

conceder subvencións a unha entidade do sector público que non

desenvolvía funcións coincidentes cos obxectivos deste organismo.

Como vai sendo coñecido, o procedemento de outorgamento de

subvencións no Igape amosa discrecionalidade, ausencia de controis

internos e de seguimento de resultados.

Por iso os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas para a súa resposta oral en Comisión:

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

1.ª) Que subvencións foron concedidas polo Igape á Fundación

Porto de Vigo nos exercicios 2010 e 2011?

2.ª) Cales eran as súas finalidades?

3.ª) Houbo seguimento do cumprimento de obxectivos?

4.ª) Que valoración fai o Igape dos resultados acadados con esas

subvencións?

5.ª) Quen aprobou as subvencións e que informes previos foron

solicitados?

Pazo do Parlamento, 20 de marzo de 2013

Asinado dixitalmente por: José Luís Méndez Romeu na data 22/03/2013 13:58:50 José Manuel Gallego Lomba na data 22/03/2013 13:59:02

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

3.2 12396(09/POC-001803)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco

Xesús

Sobre as axudas concedidas polo Goberno galego ao grupo

empresarial Pescanova

Publicación da iniciativa, 166, 25.09.2013

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín e Francisco Xesús Jorquera

Caselas deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, formulan a seguinte

Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

PESCANOVA corre o risco de ser dividida para recapitalizar a grande

débeda que ten a empresa. Isto pode supoñer a perda dos centros de produción

galegos e a diminución do emprego. Tendo presente que esta empresa foi

receptora dunha grande cantidade de fondos públicos, e ante a negativa do PP de

aceptar a Comisión de Investigación sobre o estado financeiro de PESCANOVA

e o uso realizado polas empresas das axudas públicas recibidas do goberno

galego, formúlanse as seguintes cuestións para a súa resposta oral en Comisión:

1. Do conxunto das axudas públicas percibidas por calquera das entidades

do grupo empresarial PESCANOVA, cantas se concederon polo procedemento

de concorrencia competitiva e cantas mediante concesión directa nos últimos 8

anos?

2. Sufriron nalgún momento da súa tramitación algún reparo pola

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, de ser este o caso cal foi o motivo

e como se corrixiu?

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3. Nalgún caso foi necesario convalidar o expediente de gasto polo

Consello da Xunta? De ser así, cal foi o motivo?

4. Presentou PESCANOVA, en todos os casos, os correspondentes

xustificantes do cumprimento dos requisitos, condicións e finalidade da

subvención?

5. Comprobouse, polo órgano administrativo correspondente, que

PESCANOVA cumprira o obxectivo, executara o proxecto, realizara a actividade

ou adoptara o comportamento que fundamentara a concesión da axuda? De non

ser así, que medidas se tomou? Solicitouse o reintegro da axuda? De ser así,

produciuse o conseguinte ingreso?

6. Nas subvencións de capital destinadas a investimentos en activos

tanxibles, nos supostos que exceden o límite establecido, realizou a

Administración a correspondente comprobación material do investimento?

7. En cantos dos casos anteriores a comprobación material foi substituída

por unha xustificación documental acreditativa?

8. Durante o período antes sinalado, cantas auditorías de cumprimento

foron realizadas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma sobre axudas

públicas cuxo beneficiario fora PESCANOVA ou calquera das entidades que

integran o seu grupo empresarial?

9. Que porcentaxe das axudas recibidas no referido período foi obxecto de

control financeiro polos órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma?

10. Cal foi o resultado desas auditorías?

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

11. Por qué non realizou ningunha actuación unha vez a empresa estaba a

ser auditada?

12. Por que a Xunta non fixo nada cando, 10 días antes do concurso de

acredores, Fernández de Sousa suprimiu o consello de administración de Frinova,

para pasar a contar cun administrador único, PESCANOVA?

13.Que hipóteses de futuro sobre PESCANOVA contempla o Goberno

Galego?

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 17/09/2013 12:01:11

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 17/09/2013 12:01:17

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

3.3 14177(09/POC-002028)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Martínez García, María Consuelo

Sobre a situación na que se atopa o proxecto do grupo IFFE

para a fábrica de armas da Coruña, o traslado ao Ministerio

de Defensa da posición favorable da Xunta de Galicia ao

respecto e a valoración doutros proxectos

Publicación da iniciativa, 187, 29.10.2013

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Á MESA DO PARLAMENTO

Consuelo Martínez García, deputada pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa

Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

O grupo IFFE e a representación sindical dos traballadores da fábrica de armas de A

Coruña chegaron a un acordo para a reincorporación progresiva ata o próximo 31 de

xaneiro dos 64 traballadores despedidos pola multinacional General Dynamics se o

proxecto liderado pola Escola de Negocios resulta elixido como xestor da factoría.

O proxecto liderado polo grupo IFFE foi o único dos xestores industriais interesados na

factoría que ten presentado un plan económico que conta co apoio do concello de A

Coruña.

A Xunta, segundo declaracións do seu Presidente, está analizando nestes intres a

proposta que pasaría por diversificar a produción de mecanizados complexos, ata agora

concentrados en defensa, a sectores como o aeronáutico e fomentar a súa

internacionalización.

O día 4 venceu o prazo para a devolución por parte de General Dynamics dos terreos ao

Ministerio de Defensa, polo que o acordo debería estar xa asinado. O proxecto do grupo

IFFE incluiría a cesión en réxime de arrendamento dos terreos da factoría, así como a

maquinaría propiedade de General Dynamics que aínda se atopan no interior da factoría.

O proxecto do grupo IFFE contaba co apoio financeiro da Xunta que realizaría unha

inversión que non se ten feito pública e que permitiría retomar a actividade

inmediatamente, ademais de garantir a incorporación paulatina dos 64 traballadores

despedidos, antes do 31 de xaneiro de 2014.

Ante a falla de resposta por parte da Xunta de Galicia e do Ministerio de Defensa, os

traballadores teñen iniciado, o día 21 de outubro, un peche indefinido que se ven sumar

aos peches parciais que dende o pasado mes de xuño se viñeron realizando e durante os

que efectuaron labores de mantemento da maquinaria.

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Por todo o exposto a deputada que subscribe formula a seguinte pregunta:

- En que situación se atopa actualmente o proxecto de IFFE?

- Trasladou a Xunta de Galicia ao Ministerio de Defensa o seu prace ao proxecto de

IFFE?

- Está tendo en conta a Xunta de Galicia algún outro proxecto?

- A canto ascende a partida comprometida con IFFE?

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013.

Asdo.: Maria Consuelo Martínez García

Deputada do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 22/10/2013 13:06:14

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Día: 11.12.2013 Hora: 10:30

Orde do día

3.4 14860(09/POC-002104)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis

Sobre a valoración e as xestións previstas pola Xunta de

Galicia respecto do conflito existente entre o Concello de

Pontedeume e os praceiros do mercado municipal a causa do seu

traslado a unhas instalacións provisionais, o cumprimento por

estas da normativa vixente para os postos e o destino no ano

2014 dalgunha partida orzamentaria para arranxar o edificio

Publicación da iniciativa, 195, 13.11.2013

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, Montserrat Prado Cores e Francisco

Xesús Jorquera Caselas, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do

Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión

relativa á situación do mercado municipal de Pontedeume.

O mercado municipal de Pontedeume ven funcionando ao longo de varias

décadas e constitúe un dos servizos obrigatorios que debe prestar o concello ao

abeiro da lei reguladora do réxime local. É claramente un servizo necesario, que

axuda a dinamizar a economía local e constitúe un modelo que debe ser non só

protexido e amparado, senón potenciado pola súa importancia.

O abandono das obrigas por parte do concello de mantemento e

conservación do edificio que alberga o mercado municipal, conduciron a

deficiencias de seguridade e salubridade, detectadas pola propia Consellaría de

Sanidade xa no ano 2011. Porén o goberno municipal actuou con pouca

dilixencia e mesmo agora está provocando un conflito social sen precedentes.

De feitos as e os praceiros levan días pechados no mercado, ante un

desaloxo que consideran ilegal e ante o cal presentaron recurso. Denuncian que o

mercado provisional ao que lles quere trasladar o concello non cumpre cos

requisitos establecidos, nin as condicións mínimas para poderen continuar

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

traballando. Ademais, reclaman prazos claros de execución das obras e garantías

de que regresaran as instalacións do mercado municipal.

O Grupo Parlamentar do BNG comparte a preocupación que teñen estas

persoas, así como a veciñanza que os está apoiando activamente, e lamentamos a

falta de vontade de diálogo e de respecto polos dereitos democráticos que

practica o máximo responsábel do concello. En todo caso, consideramos

importante coñecer a opinión da Xunta ante esta situación, así como os pasos que

ten previsto dar, tanto para desbloquear esta situación, como para garantir a

continuidade do mercado de Pontedeume e o arranxo das deficiencias que este

presenta.

Polo dito formulamos as seguintes preguntas para súa resposta oral en

comisión:

-Como valora a Xunta de Galiza os feitos descritos nesta pregunta?

-Tiña coñecemento a Xunta de Galiza dos mesmos?

-Ten previsto realizar algunha xestión ante o concello para dar resposta ás

demandas das e dos praceiros?

-Ten a Xunta de Galiza avaliado se as instalacións do mercado provisional

cumpren os requisitos que legalmente estan establecidos para os postos que teñen

que ser trasladados?

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO E ... · Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Vai a Xunta de Galiza destinar no ano 2014 algunha partida para arranxar

as instalacións do mercado municipal de Pontedeume?

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2013

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Montserrat Prado Cores

Deputadas do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 07/11/2013 10:44:17

María Montserrat Prado Cores na data 07/11/2013 10:44:25

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 07/11/2013 10:44:27