revista galego 121 DEF 2 - Inicio | COGAMI · diversidade e que aínda non se chegou ao estatus de...

13

Transcript of revista galego 121 DEF 2 - Inicio | COGAMI · diversidade e que aínda non se chegou ao estatus de...

  • Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

    COGAMI - CRD-FINGOI

    Índice

    O Artigo

    Deportes

    Recuncho Literario

    O Noticiero

    Carteleira

    Enlaces de interese

    Poesía

    Edita:

    COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

    Consello de Dirección:

    Directora:

    Rosa M. Pías Salgado

    Coordinadora:

    Purificación Salvador Rebolo

    Maquetación:

    Enrique Sanmartín

    Redactores de sección:

    Juan Antonio García

    José Manuel Ramil

    José Luis Vázquez

    Luis Fernández Trinidad

    Enrique Sanmartín

    Ana Varela

    Jose Rodiño

    Roberto Camba

    Manuel Paz

    Francisco Gullón

    Ricardo Lamazares

    Nieves Gayoso

    Antonio Fernández

    Ana Cristina Piñeiro

    Manuel Rosón

    Óscar Vigo

    Jose Luis López

    José Carlos Vázquez

    Luis Alberto García

    Ramón Veiga

    Miguel Regueiro

    Arturo Fojón

    Francisco J. Solana

    Gustavo Latorre

    Manuel Álvarez

    Colaboración Externa:

    José Ángel Vázquez

    Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

    COGAMI - CRD-FINGOI

    Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

    3

    5

    9

    10

    11

    12

    12

    4

    8

    9

    10

    11

    12

    12

  • 3 ARTIGO

    Este premio, que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, recoñece o traballo que realiza a

    Confederación, que aposta pola formación no colectivo da discapacidade.

    O BOE do 3 de decembro da Dirección Xeral de Formación Profesional publica unha nova que recoñece o traballo da

    área de formación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), no Servizo de Intermediación

    Laboral.

    A Confederación acaba de gañar o terceiro premio Miguel Hernández que recoñece o labor da área de formación que

    traballa na eliminación de desigualdades na educación, suprimindo as discriminacións.

    COGAMI desenvolve tanto cursos de formación básica a persoas adultas, como de formación profesional e tamén de

    accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, todas elas gratuítas

    para as persoas que participan deles e que se subvencionan tanto a través

    de organismos públicos, como privados e/ou a propia Confederación.

    Ao longo do tempo, o sistema educativo ordinario evolucionou

    favorablemente na atención da diversidade pero aínda lle queda camiño por

    percorrer e que agora se fai máis visible cos efectos da crise económica e

    dos recortes. Fáltalle recoñecer que dentro da diversidade hai máis

    diversidade e que aínda non se chegou ao estatus de acadar unha

    verdadeira escola inclusiva.

    Un dos problemas do colectivo das persoas con discapacidade,

    plasmados nas propias enquisas de Discapacidad, Autonomía Personal y

    situación de Dependencia del año 2008 é que o colectivo das persoas con discapacidade se aprecian unha porcentaxe máis

    alta de persoas sen rematar os estudos primarios dentro da discapacidade e unha porcentaxe baixa de persoas con

    estudos universitarios.

    COGAMI, consciente disto e do necesario que é para o noso colectivo o estar formado para inserirse no mercado

    laboral, imparte dende que se creou o servizo de formación en 1999 cursos formativos en toda a comunidade e que hoxe

    recibe un recoñecemento por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

    O premio consiste nunha cantidade económica de 16.520 euros

    que servirán para seguir investindo na formación do noso colectivo de

    persoas con discapacidade.

    Pero ademais do premio económico, obter un premio Miguel

    Hernández supón un recoñecemento e prestixio a nivel internacional xa

    que a primeira candidatura opta a participar nos premios internacionais

    de alfabetización da UNESCO.

    A. Cristina Piñeiro

    A área de formación de COGAMI gaña o premio Miguel Hernández

  • 4 ARTIGO

    O alumnado procede dos concellos de Vilardevós, Verín, Oímbra, Monterrei e Cualedro.

    A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rematou o pasado 4 de decembro, o curso de formación profesional de Controlador de accesos que impartiu durante tres meses na Casa da Xuventude de Verín (Avenida de Portugal, nº 11).

    Este curso estivo financiado pola Consellería de Traballo e Benestar- Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

    Un total de 18 alumnos/as con discapacidade, 11 homes e 7 mulleres, participaron nesta acción formativa. A duración total foi de 250 horas e desenvolvéronse contidos como atención ao público, informática, almacenaxe, prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos.

    O curso foi de carácter presencial, en clases que se impartiron de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h. Co remate, van recibir un diploma acreditativo.

    A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos (xa sexan de forma presencial ou a través de internet).

    DEZAOITO PERSOAS CON DISCAPACIDADE REMATAN UN CURSO DE FORMACIÓN IMPARTIDO POR COGAMI

    PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar- e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade

    Secretaría Xeral de Política Social

    DEZANOVE PERSOAS CON DISCAPACIDADE REMATAN UN CURSO DE FORMACIÓN A DISTANCIA IMPARTIDO POR COGAMI

    O alumnado procedía das catro provincias, en maior número da coruñesa. A través destas accións formativas, COGAMI o que pretende é que o seu colectivo estea preparado para poder inserirse o antes posible no mercado laboral

    A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rematou o pasado 5 de decembro, un curso de formación a distancia en Teletraballo Administrativo no que o alumnado se formou durante tres meses dende as súas propias casas.

    Este curso estivo financiado pola Consellería de Traballo e Benestar- Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

    O curso foi impartido a través da rede, polo que as persoas que participaron formáronse dende as súas propias casas, ben dende un ordenador propio ou dun cedido por COGAMI. A través da Internet reciben as leccións que teñen que seguir a diario, sendo cada alumno/a quen marque o seu propio ritmo de avance no curso, recibindo de xeito individualizado as tarefas que deben asimilar. Unha profesora contacta vía chat con cada alumno/a durante os horarios que xa se establecen ao comezo das clases. Será durante estes contactos cando se expresan as dúbidas e cando se envían as tarefas que teñen que realizar.

    O ámbito de actuación desta iniciativa formativa abrangue toda Galicia, de modo que: 8 alumnos son da provincia de A Coruña (concellos de Oroso, Santiago, As Pontes, Ortigueira, Culleredo, Miño, Arteixo e Ordes); da provincia de Lugo hai dous alumnos dos concellos de Láncara e Monforte de Lemos; da provincia de Ourense formáronse catro alumnos dos concellos de Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e A Pobra de Trives; finalmente, de Pontevedra son cinco alumnos dos concellos de Cuntis, Gondomar, Vigo e A Estrada.

    Un total de 19 alumnos/as con discapacidade, 3 homes e 16 mulleres, participaron nesta acción formativa. Os horarios de estudo, controlados telemáticamente, foron de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. A duración total do mesmo foi de 320 horas e desenvolvéronse contidos como técnicas de comunicación oral e telefónica, xestión comercial e laboral, informática básica, internet, procesador de textos e folla de cálculo.

    Con este tipo de accións formativas, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade inténtase que o colectivo que representa estea preparado para inserirse no mercado laboral e conseguir, finalmente, a súa inserción dentro da sociedade.

    Ana Mª Varela

    Nieves Gayoso

  • 5 NOTICIEIRO

    Manuel Paz

    Universidade máis accesible grazas a

    AnudisA Asociación Nacional de Universitarios con

    Discapacidade (Anudis), créase coa intención de conseguir unha normalización, accesibilidade e adaptación real para tódalas discapacidades en calquera universidade española. Co lema “Defender os dereitos das persoas con discapacidade na Universidade” xorde a idea de velar polos dereitos e o benestar de alumnos, docentes e persoal laboral con discapacidade na universidade española. Antonio Tejada, cofundador e vicepresidente de Anudis, afirmou que esta asociación é moi necesaria na loita contra as discriminacións que padecen as persoas con discapacidade na universidade española. Para Tejada en primeiro lugar débense detectar e analizar as necesidades dos estudiantes e traballadores universitarios con discapacidade, para, posteriormente aportar solucións. Outro dos seus obxetibos é incrementar a participación dos alumnos con discapacidade na universidade española.

    Para conseguir estes obxectibos, Anudis pretende entablar conversacións coas autoridades competentes no inicio do 2013. Solicitaranse reformas para o cumprimento da Lei de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Accesibilidade Universal (Liondau) onde se busca a non discriminación, unha acción positiva e unha plena accesibilidade universal para garantir a igualdade de oportunidades en todos os ámbitos. Pídense as adaptacións necesarias segundo as diferentes diversidades da discapacidade. Ao mesmo tempo solicitarán melloras en interiores e exteriores da universidade, e unha maior sensibilización, para conseguir unha igualdade real e efectiva.

    Arturo Fojón

    Créase unha rede de nenas e nenos

    con discapacidadeCreouse por parte do Comité Español de Persoas con

    Discapacidade (CERMI), unha rede estatal de nenas e nenos con discapacidade, para que a súa voz, as súas inquedanzas e as súas propostas teñan visibilidade.

    Con esta rede trátase de avanzar no cumprimento do artigo 7 da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, dedicado aos dereitos dos nenos e nenas con discapacidade, que obriga a garantir que os nenos e as nenas con discapacidade teñan dereito a expresar a súa opinión libremente sobre todas as cuestións que lles afecten, opinión que recibirá a debida consideración tendo en conta a súa idade e madurez, en igualdade de condicións cos demais nenos e nenas, e recibir a asistencia apropiada con arranxo á súa discapacidade e idade para poder exercer ese dereito.

    A citada Rede Estatal da Infancia con Discapacidade (RID) estará composta por nenos e nenas con distintos tipos de discapacidade, designados polas Organizacións membro do CERMI. O seu funcionamento será autónomo, é dicir sen a mediación de adultos na libre expresión das súas formulacións e propostas.

    Turismo accesible como fonte de riqueza

    O presidente de COCEMPE CV, Carlos Laguna, destaca a

    importancia do turismo accesible para as persoas con

    discapacidade como unha fonte de riqueza para os

    municipios da Comunidade Valenciana que aposten por

    este turismo, xa que fai máis competitivo ao sector.

    No marco das Xornadas de

    Turismo Accesible celebradas

    recentemente en Cullera e

    organizadas de xeito conxunto

    polo Concello da localidade e a

    Deputación de Valencia, a

    través da súa marca turística

    “Terra i Mar”.

    Esta iniciativa estaba dirixida a técnicos de Turismo e

    Cultura co obxectivo de promover a idea de que o turismo

    se debe entender como un ben global en que participará

    toda a sociedade.

    Para iso nestas xornadas contouse cun módulo de

    accesibilidade e deseño para todos, no que se manexaron

    uns conceptos que promoven o feito de contemplar desde

    os inicios do proxecto solucións e deseños que permitan a

    participación de calquera persoa independentemente de

    que teña ou non unha discapacidade.

    Nestas xornadas tamén se contemplaron as distintas

    formas de adaptación do patrimonio cultural, xa que debe

    combinarse o dereito de visitalo e as condicións para a súa

    adecuada conservación.

    O presidente de COCEMFE, manifestou a necesidade de

    aumentar o número de prazas hoteleiras adaptadas a

    persoas con discapacidade, como resposta á demanda

    reiterada do colectivo. Lagoa, sinalou do mesmo xeito o

    compromiso de aplicar as ideas provenientes da

    Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con

    Discapacidade, ratificada por España no 2008, e que

    establece que os poderes públicos deben garantir a

    participación das persoas con discapacidade na vida

    cultural.Juan García

  • 6 NOTICIEIROAMÓVIL

    Antonio Fernández

    Amóvil é un espazo en Internet que axuda a detectar dispositivos móbiles que se adapten tanto ás características persoais como ás preferencias de uso particulares de cada individuo. Este asistente experto, buscará os produtos e servizos que máis se adecuen ás posibilidades de cada un. Os dispositivos localizados polo asistente experto, será complementado polos produtos de apoio e servizos dispoñibles en Internet.

    Si se dispón xa dun dispositivo, Amóvil axudará a atopar os produtos de apoio de servizos e Internet que son compatibles con dita terminal. Un dos obxectivos básicos de Amóvil, é promover a participación de usuarios con discapacidade, expertos en accesibilidade, fabricantes e operadores de telefonía móbil.

    Carlos Vázquez

    Gran número de discapacidades son

    provocadas por accidentes de tráfico

    Segundo a memoria da Dirección Xeral de Tráfico do 2011, máis de 78.900 persoas conviven cunha discapacidade permanente por culpa dun accidente de tráfico. Xeralmente as cifras que se transmiten en canto a accidentes de tráfico é a de persoas que perderon a vida, pero este ano como novidade a DGT decidiu facilitar datos máis concretos de feridos e persoas que pese a sobrevivir quedaron con complicadas secuelas que poden chegar a limitar a súa vida cotiá.

    Tráfico calculou, mediante a aplicación dun método que combina as fontes policiais con outro tipo de datos procedentes do Instituto Nacional de Estatística (INE) e o Ministerio de Sanidade, que o pasado ano 22.184 persoas sufriron unha ferida grave como consecuencia dun accidente de tráfico e 548.777 leves. Estas cifras elevan moito o número manexado por fontes policiais, sendo prácticamente o dobre en canto a feridos de carácter grave e o de feridos leves multiplícase por cinco. As asociacións de vítimas de accidentes de tráfico, as compañías de seguros e a Administración están traballando para establecer a reforma do baremo de accidentes que regula as indemnizacións que reciben as vítimas de accidentes para poder afrontar mellor os custos que supón a unha persoa unha discapacidade tras sufrir un accidente de tráfico.

    Primeira aplicación para dispositivos móbilessobre denuncia de violacións

    de dereitos de persoas con discapacidade

    As persoas con discapacidade e os seus familiares poderán denunciar as vulneraciones e violacións dos seus dereitos por medio dos dispositivos móbiles intelixentes segundo un método creado por CERMI. Así, o CERMI ofrece un método máis dentro do campo das tecnoloxías da información e a comunicación, de modo que as persoas con discapacidade e as súas familias poidan denunciar a violación dos seus dereitos e a pronta subsanación do mal causado.

    Esta é unha medida sen precedentes no mundo da discapacidade, sendo plenamente accesible e usable para eles, atópase dispoñible tanto para contornas Android como para Apple, dispositivos iPhone e iPad, o que asegura o seu alcance xeneralizado por todo tipo de usuarios. Este método foi desenvolvido baixo a dirección do CERMI pola empresa Technosite, da Fundación ONCE, especializada en proporcionar solucións tecnolóxicas accesibles e inclusivas. Á aplicación pódese acceder gratuitamente desde a canle, “Ha sufrido discriminación por discapacidad?” da páxina corporativa do CERMI: www.cermi.es

    Francisco Gullón

    L. Alberto García

    Mulleres con discapacidade participan nun proxecto de acceso a novas tecnoloxías

    As provincias de León, Palencia, Salamanca , Burgos, Segovia e Avila, foron o escenario dun proxecto patrocinado por COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica), e Fundación Repsol, consistente na formación de mulleres con discapacidade nas novas tecnoloxías, tendo a particularidade de ser mulleres do ámbito rural. O proxecto denomínase TICS, e co mesmo preténdese orientar o desenvolvemento das súas habilidades sociolaborais, competencias persoais e á procura activa de emprego. Grazas ao cal 204 mulleres recibiron formación, conseguíndose 89 inserciones laborais, habéndose contactado con 1.034 empresas.

    Javier Inclán, director do Área Social e Institucional de Fundación Repsol, indicou a importancia deste proxecto xa que non só mellorou a capacitación das mulleres con discapacidade, senón que supuxo unha campaña de sensibilización no medio rural. Pola súa banda Juan García Olmo, responsable do área de Formación e Emprego de COCEMFE, manifestou a importancia deste proxecto polo colectivo ao que está dirixido. O proxecto realizouse a través dunha unidade móbil adaptada para persoas con mobilidade reducida dotada con ferramenta de última xeración.

    Miguel Regueiro

    As organizacións sociais fundamentais na organización dos fondos europeos

    Nueva Economía Fórun organizou en Madrid un encontro informativo, no que o Comisario Europeo de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, László Andor, destacou o papel que as organizacións sociais xogan na xestión dos fondos europeos. Indicando que organizacións como, Cruz Vermella, Cáritas ou a ONCE son bos socios que axudan á posta en marcha do Fondo Social europeo. László comentou no que se refire ao papel que xoga a economía social, que a virtude principal deste modelo é ser máis resistentes e poder manter e conservar postos de traballo e tamén fixo fincapé en que España ten un sector importante nesta materia.

    Por outra banda, o comisario destacou a importancia de medidas que faciliten á muller compatibilizar o seu papel no ámbito familiar co mundo profesional, indicando a necesidade de mellorar o tema salarial e das pensións.

  • 7 NOTICIEIROCepsa entrega os seus Premios ao

    Valor Social 2012Cepsa concedeu en Madrid os seus Premios ao Valor

    Social á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade de San Sebastián dos Reis (Apadis), á Asociación de Lesionados Medulares e Grandes Discapacitados Físicos de Madrid e á Fundación Prodis. A Asociación Española contra o Cancro (Aecc) foi galardonada polo seu plan ̀ Linfedema´ co premio que concedeu por primeira vez, nos seus seis convocatorias, a sociedade privada. Alfonso Escámez Director Xeneral de Relacións Institucionais de Cepsa, manifestou que estes premios organízanse para axudar ás asociacións sociais e intentar entre todos mellorar a situación e a calidade de vida das persoas con discapacidade.

    Igualmente sinalou que, desde Cepsa se aposta pola Responsabilidade Social Cooperativa para recoñecer o traballo que as asociacións fan día a día para intentar axudalas no desenvolvemento dos proxectos que teñen postos en marcha”. Pola súa banda, o viceconsejero de Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid Carlos Izquierdo, que clausurou a concesión de premios, apuntou que desde o Goberno rexional se añpoya calquera tipo de proceso que teña que ver cos colectivos máis desfavorecidos. Neste caso, foi Cepsa quen organizou estes premios e desde o primeiro momento houbo un compromiso con eles. Izquierdo sinalou que estes premios, teñen que servir com exemplo para que as alianzas público-privadas fáganse máis extensivas e polo tanto, desde a Comunidade de Madrid vaise a apoiar calquera proxecto que contribúa a conseguir unha sociedade máis solidaria e igualitaria.

    Vixíase o acceso universal polas rúas da cidade con axuda dos móbiles

    Mediante unha aplicación que facilita ao usuario os puntos accesibles das cidades, sexa un caixeiro automático, un restaurante, un hotel, un cine. A telefonía móbil aliouse outra vez co acceso universal e as persoas con discapacidade. A aplicación indicará ao usuario a súa localización e o mellor traxecto para chegar a el. Este é un proxecto impulsado por Famma, na súa procura constante para facilitar o acceso a todas as persoas con movilidade reducida. Doutra banda Fundación Vodafone, desenvolveu a aplicación, a APP Accesibility.

    Accesibility mellora de maneira considerable mediante a realidade aumentada e a xeolocalización o deambular das persoas con discapacidade pola cidade, xa que lles permite coñecer a posición das prazas de aparcamento reservado, caixeiros automáticos, gasolineiras, ambulatorios, centros comerciais, cines accesibles e servicios sen obstáculos nin barreiras, que están a súa disposición e que contan cos mínimos de accesibilidade esixidos, a través da realidade aumentada e a xeolocalización. O éxito desta aplicación, que funciona desde principios de ano., para Javier Font, presidente de Famma- Cocemfe Madrid, recae en que a citada aplicación é unha ferramenta excelente e está dando un resultado moi positivo; ademais, non está limitada a ningunha comunidade autónoma senón que hay información de toda España e está aberto a volcar información de calquera país do mundo. É unha aplicación aberta, de feito xa hai algúns datos de Roma, porque hai colaboradores que están envorcando información.

    J. Luis Vázquez

    A asociación ADISBISMUR de Muros celebrou un festival benéfico

    Houbo baile, música, cantos e teatro, entre outras actividades, desenvolvidos por usuarios do centro de recursos de Valadares. A Asociación de persoas con discapacidade da bisbarra de Muros (ADISBISMUR) organizou o pasado 16 de decembro, un festival benéfico a favor da entidade. Na casa da Cultura de Muros, a entidade tivo preparadas actuacións musicais, de baile, teatro e de vídeo nas que tanto interviñeron as persoas usuarias do centro de recursos de Valadares como os seus monitores. A entrada a este festival, que xa é o terceiro ano consecutivo que se realiza, custou 5 euros, sendo gratuíta para os nenos, e cada entrada incluía dous números para o sorteo dunha cesta de Nadal.

    A gala iniciouse coa obra de teatro “A boneca esquecida” que interpretaron usuarios do centro de Valadares, para logo continuar coa actuación do grupo de folclore de Cacheiras Rosalía de Castro. Posteriormente houbo baile e a proxección dun vídeo no que se presentaron as actividades desenvolvidas polo centro durante este ano. Outra actuacións posteriores foron de teatro, coa interpretación da obra” A consulta da doutora Casilda, a proxección dun vídeo dos talleres do centro de Valadares e baile interpretado polos monitores do centro. Este tipo de actividades intentan, aparte de entreter tanto a persoas usuarias como profesionais dos centros, tamén aos familiares e veciñanza co fin de que se acheguen a pasar un tempo de lecer e tamén o poder recadar fondos para investir noutras actividades do centro.

    Manuel Alvarez Ramón Veiga

    Festa de Nadal no centro de recursos que ten COGAMI en Lugo

    Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) que está en Fingoi, celebrou a festa de Nadal. Máis de 150 persoas, entre usuarias do centro, familiares, persoas voluntarias e profesionais xuntáronse nas instalacións do centro para poder pasar unha xornada de lecer previa ás vacacións de Nadal.

    Entre as actividades programadas estiveron unha exposición de produtos elaborados nos obradoiros prelaborais de artesanía, un recital de poesía de Celso Emilio Ferreiro que conmemora o centenario do seu nacemento, a proxección de vídeos producidos e interpretados polos propios usuarios do centro A xornada rematou coa degustación de pinchos elaborados con produtos típicos. Este tipo de actos o que pretenden é axudar a visibilizar o traballo que realizan no centro de recursos de Fingoi, ademais de intentar pasar unha xornada de convivencia coas familias.

    O pasado 20 de decembro, o centro de recursos da

    Oscar Vigo

  • 8 NOTICIEIROQuince persoas con discapacidade

    de Santiago e arredores rematan curso de formación que lles impartiu COGAMI

    A estes cursos, denominados AFD, acudiron veciños dos concellos de Santiago, Ordes, Arzúa, Ames, Oroso, Boiro e Trazo.

    O curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais remata despois de 448 horas de duración, tres meses no que o alumnado seleccionado, 10 homes e 5 mulleres, estiveronse formando de luns a venres en horario de 8:30 a 15:30 horas nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Santiago.

    Este curso denomínase como AFD (Accións Formativas dirixidas principalmente a desempregados) e están subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

    Ademais de acudir ás clases teóricas, o alumnado tivo a oportunidade de realizar prácticas laborais en empresas que colaboran co Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, co fin de que o noso colectivo se prepare adecuadamente para conseguir canto antes unha oportunidade laboral.

    Todas as persoas que iniciaron estes cursos tiveron que estar inscritas no Servizo Público de Emprego sendo usuarias do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI.

    Entre as materias que tiveron que preparar están a xestión en correspondencia e paquetería, a documentación tanto económica-administrativa como comercial, a comunicación presencial, telefónica e informática, arquivo informático, integración e comunicación no centro de traballo e as prácticas en empresas.

    Ana Mª Varela

    Máis de 150 persoas usuarias de COGAMI

    visitaron a Cidade da Cultura acompañadas

    de voluntarios de Iberdrola

    O pasado 1 de decembro, persoas con discapacidade

    que son usuarias/os de COGAMI (Confederación Galega de

    Persoas con Discapacidade), visitaron as diferentes

    instalacións da Cidade da Cultura e mailas exposicións

    Galicia Pétrea e Códices.

    Esta actividade realízouse en colaboración con

    Iberdrola, que celebrou a primeira edición do Día do

    voluntariado en Galicia.

    Nesta visita estiveron presentes o Vicepresidente de

    COGAMI, Ramón Sestayo, e o Delegado en Galicia de

    Iberdrola, Francisco Silva, quen lles dixo unhas palabras a

    todas as persoas alí concentradas para pasar a xornada de

    visita.

    As persoas usuarias confirmadas foron 160, ademais

    de profesionais, monitores e responsables de COGAMI que

    viñeron de distintos concellos galegos: Lugo, Ourense,

    Pontevedra, Baixo Miño, Mos, Dubra, Ferrol, Coruña e

    Xinzo de Limia.

    Nieves Gayoso

  • 9 DEPORTESRudy Fernández se solidariza cobaloncesto en cadeira de rodas

    José M Ramil

    Rudy Fernández, xogador do Real Madrid e da selección española de baloncesto, e un dos protagonistas estrela da serie `Capacitados´, mostrou a súa solidariedade co baloncesto en cadeira de rodas durante un encontro de liga disputado en Madrid entre dúas dos mellores equipos de España: o Fundosa ONCE e o Fundación Grupo Norte. Nas postrimerías do encontro, Rudy Fernández recibiu unha placa de agradecimiento pola súa colaboración no programa `Capacitados´, emitido por TVE e no que o xogador mallorquín fixo os seus pinitos co baloncesto en cadeira de rodas.

    Rudy afirmou atoparse "moi a gusto" ao ver o "espectáculo" que ofreceron o Fundosa ONCE e o Fundación Grupo Norte. Sinalou que coñeceu o baloncesto en cadeira de rodas cando estaba no Joventud de Badalona, que contaba cun equipo deste deporte, e comentou que non esquecerá en toda a súa vida a súa participación no programa "Capacitados". Non é nada fácil. Hai que estar moi ben físicamente. A mecánica de tiro o case a mesma e hai que ter moi bos fundamentos. Por útimo, Rudy mostrou o seu apoio á marcha SOSdiscapacidade, que cualificou de gran iniciativa, e pediu que haxa máis patrocinadores que se involucren co baloncesto en cadeira de rodas para evitar a desaparición de equipos.

    España campiona da Lahti Open Ladies Tournament

    Gustavo Latorre

    O Sport House da localidade finlandesa de Lahti, foi a sede onde se disputou a Lahti Open Ladies Tournament. A selección española feminina de goalball proclamouse campioa. O combinado feminino español mediuse en semifinais, ao Korolev ruso, ao que se impuxo holgadamente cun resultado de 5-2. Na gran final logrou impoñerse ao Näpäjä finlandés cun marcador moi axustado de 3-4. Previamente, na fase inicial, que se disputou cun formato de liguilla a unha soa volta, España comezou superando ao Team Jakojäännös, de Finlandia, por 2-4. O segundo choque deparou a única derrota do equipo español no torneo, tras caer por 3-8 ante o Näpäjä que logo sería o finalista. O último encontro da primeira fase as españolas impuxéronse fácilmente ante as rusas do Korolev por un contundente 8-4, o que lles permitiu acabar en segunda posición.

    No apartado individual cabe destacar á xogadora española Laura Belle (Aragón), a cal finalizou como máxima goleadora anotando 22 tantos, e foi declarada a mellor xogadora do torneo. Pola súa banda, a selección másculina, que competiu na Super European Goalball League, finalizou na segunda posición conseguindo catro vitorias e unha soa derrota e finalizou empatada a 12 puntos co primeiro clasificado, o Saltinis lituano. Tamén destacou no apartado individual , Jesús Santana (Canarias Cludeón), que foi o máximo goleador da competición, con 22 tantos. Mentres que José Daniel Fernández (Chamartín) foi designado mellor xogador do torneo.

    O SD Compostela presenta o partido

    solidario do seu 50 aniversario arroupado por

    presidentes de entidades sociais compostelás

    A directiva da SD Compostela e o comité organizador dos actos conmemorativos do 50 aniversario do club presentou o xoves, 13 de decembro, na sala de Trofeos José Albarrán de San Lázaro, os detalles do partido solidario organizado polo club para recadar fondos para distintas entidades benéficas da cidade. O partido solidario celebrarase o 29 de decembro e nel se enfrontarán ao Compos un grupo mixto de xogadores galegos procedentes de categorías nacionais de primeira a terceira división.

    Na rolda de prensa estiberon presentes as seguintes entidades:

    COGAMI: Anxo QueirugaFundación Andrea: Charo BarcaAsociación Sarela: José Balboa e Concha OteroFeafes: Zulema RodríguezDown Compostela: Juan MartínezJuntos Podemos: María CastroProxecto Home: Ramón Gómez

    Francisco Solana

    José Rodiño

    Paulo Fontán alumno avantaxado

    Un día no ano 2010, falando cun compañeiro de

    Amizade, colectivo de Pontevedra de persoas con

    discapacidade, a Paulo Fontán entráronlle ganas de

    practicar un deporte. Logo de pensar moito, el e o seu

    amigo escolleron o tiro. Así, comezou a relación de Paulo

    Fontán coa carabina de aire comprimido, unha historia que

    recientemente escribiu un dos mellores capítulos. O

    pontevedrés foi campión de España de aire comprimido

    para persoas con discapacidade, logrando a vitoria na

    competición que se celebrou no Centro de Tecnificación de

    Cantoblanco, en Madrid.

    Paulo Fontán leva soamente dous anos practicando

    este deporte, pero pese á súa curta traxectoria derrotou ao

    seu profesor, o medallista paralímpico Juan Saavedra

    “Probei o tiro con carabina e gustoume”, dixo onte o tirador,

    que desde fai cinco anos é presidente de Amizade “Gañeille

    ao mestre” chanceou. De feito, foi Juan Saavedra,

    presidente do Club de Tiro Lucero de Pontevedra, o que

    axudou á incorporación de Paulo Fontán ao mundo do tiro

    con aire comprimido. “De non ser por Juan que me axudou,

    non estaría co tiro”. Paulo Fontán adestra co Lucero. Dedica

    unha sesión semanal de dúas horas e media a disparar no

    campo de tiro de Cernadiñas Novas, aínda que ás veces faio

    na súa casa do rural, en Barro. Aínda que non se marca

    obxectivos no plano deportivo, ao lerezano gustaríalle

    participar nun campionato de Europa, que se celebrará o

    próximo ano. Fontán ten como pretensión competir a nivel

    internacional.

  • 10 CARTELEIRAJACK RECHER

    Argumento:O bestseller do New York Estafes, Le Child, ofrécenos a

    un dos seus máis irresistibles heroes, da novela á gran pantalla, o ex- militar e investigador Jack Reacher. Cando un pistolero acaba coa vida de cinco homes de seis disparos, todas as probas apuntan ao sospeitoso preso.

    Durante o interrogatorio, o sospeitoso ofrece unha nota: “¡Buscade a Jack Reacher!”. Comeza entón unha incrible persecución en busca da verdade, enfrontando a Jack Reacher a un inesperado inimigo cuxa destreza é a violencia e ten un segredo que manter.

    Ficha TécnicaDirector: Chistopher McquarrieReparto: Tom Cruise, Rosamund Pike, Robert Duvall, Richard Jenkins, David Oyelowo

    Roberto Camba

    DJANGO DESENCADEADOArgumento:

    Ambientada nos estados do Sur estadounidense dous anos antes de estalar a Guerra Civil, un escravo cuxo brutal pasado cos seus antigos donos lévalle cara a cara co cazarrecompensas de orixe alemá, o Dr. King Schultz. Schultz séguelle a pista aos irmáns asasinos Brittle e Django é o único que poderá levarlle ata eles.

    O pouco ortodoxo Schultz compra a Django coa promesa de deixalo en liberdade tras capturar aos Brittle, mortos ou vivos. Trala exitosa misión Schultz deixa en liberdade a Django pero ambos optan por non separarse e seguir o mesmo camiño. Coa axuda de Django, Schultz emprende a procura e captura dos delincuentes máis buscados do Sur. Segundo vai puíndo as súas capacidade como cazador, Django céntrase na súa única meta: achar e rescatar a Broomhilda, a esposa que lle arrebatou o tráfico de escravos moitos anos atrás.

    A procura de Django e Schultz guiaraos en última instancia a Calvin Candie, o propietario de “Candyland,” unha infame plantación onde os escravos son preparados polo adestrador Ace Woody para loitar uns contra outros por diversión. Ao recoñecer a propiedade baixo pretensións falsas, Django e Schultz levantan a sospeita de Stephen, o escravo doméstico de confianza de Candie.

    Agora seguen os seus pasos, e unha desapiadada organización aproxímaselles. Si Django e Schultz queren escapar con Broomhilda, veranse obrigados a escoller entre a independencia e a solidariedade, o sacrificio e a supervivencia.

    Ficha TécnicaDirector: Quentin TarantinoReparto: Leonardo Dicaprio, Samuel L. Jackson, Kerry Washington, Christoph Waltz, Jamie Foxx, Zoe Bell, James Remar, Don Johnson, Walton Goggins, Bruce Dern, M. C. Gainey, James Russo, Rza, Franco Nero.

    Ricardo Lamazares

    VOLVER A NACERArgumento:

    Diego e Gemma sinten un inmenso amor o un polo

    outro. Con todo, a imposibilidade de concibir un fillo

    empaña a felicidade da parella e converte a maternidade de

    Gemma nunha obsesión.

    No entorno máis hostil, unha Sarajevo destruída pola

    guerra, o destino acabará ofrecéndolles do xeito máis cruel

    e inesperada a ese fillo que desexan.

    Anos máis tarde, Gemma regresa a Sarajevo co seu

    fillo, Pietro, para asistir a unha exposición en memoria das

    vítimas do asedio que inclúe fotografías de Diego, e terá

    que enfrontarse ao seu pasado.

    Ficha TécnicaDirector: Sergio CastellittoReparto: Penélope Cruz, Emile Hirsch, Sergio Castellitto; Jane Birkin, Mira Furlan

    Luis Fernández

    A BANDA PICASSO

    Argumento:Ceret, 1911.Pablo Picasso e Georges Braque están

    pintando de xeito conxunto nunha casa solariega en

    compañía de Manolo Hugué e Fernande Olivier, a amante

    de Pablo. A noticia que en primeira plana mostra o Paris-

    Journal failles estalar de risa: “A Gioconda foi roubada do

    Louvre”. Pero a seguinte noticia, un telegrama en clave

    asinado polo seu amigo Guillaume Apollinaire xéalles o

    sangue: “O Barón roubou o corazón da Madonna ¡volvede!”

    No tren de volta a Paris, Pablo recorda como Guillaume presentoulle a un atlético mozo cuxa vida disoluta inspiroulle “As aventuras do Barón d'Ormessan” e de como o Barón, ao decatarse da fascinación que unhas estatuas prerrománicas exercían sobre Pablo, decidiu roubalas e logo venderllas a un prezo ridículo. Aquelas estatuas serían a inspiración do primeiro cadro cubista, “As señoritas de Avignon”. Na estación estalle esperando un toleado Guillaume que lle conta como o Barón, animado polo éxito do seu anterior roubo das estatuas, decidiu roubar algo máis: A Gioconda, por exemplo.

    Pablo é español, Guillaume, polaco, e o Barón, belga. E a prensa fala dunha “Banda internacional chegada a Francia para desvalixar os nosos museos” Que facer? Fuxir do país? Atopar ao Barón? Lanzar as estatuas incriminatorias ao Sena?.

    Ficha TécnicaDirector: Fernando ColomoReparto: Ignacio Mateos, Pierre Bénézit, Jordi Vilches, Raphaëlle Acogué, Louise Monot, Lionel Abelanski, Tony Gaultier.

    Juan A. Jiménez

  • 11 RINCÓN LITERARIO

    Somos o barco a proa e mais o vento

    Non me gusta a vitimización non me gusta, quédame no discurso de todos contra min. Entre outras cousas porque

    coñezo a tremenda esterilidade dese discurso e sei que está baleiro e que paraliza a vida. Creo no potencial humano, e

    coido que teño ben amosada esa crenza, coido que publicamente sempre foron as mesmas verbas un aval de infinidade

    para dito potencial.

    Comecei a falar disto hai tempo e sempre tratei de ser coherente co exposto aínda que recoñezo certas caídas en mares

    escuros que agora non veñen ao caso. Vivimos unha época moi complicada chea de vaivéns, raposeiras, ineptos e xente

    desvalorizada, baleira de soños; pero non por iso temos dereito a darnos por vencidos ante o noso soño persoal. Hoxe máis

    que nunca temos o deber de perseguir, de loitar polo día a día e de ir construíndo os seus alicerces na nosa realidade

    Hai tempo que Manuel Rivero e eu vivimos formulando a teoría das rotondas, ou do modelo de transmisión. Nela

    dicimos que andando o camiño ás veces atopámonos con encrucilladas que nos paralizan ante a ignorancia de non saber

    cal é o camiño correcto e tamén ante o medo a equivocarnos; por iso a peor equivocación que podemos cometer é a propia

    parálise, porque esta é a que nos relega a xirar eternamente sen a menor posibilidade de crecemento ou avance.

    Ante esta situación propóñolle ao lector un xogo; en primeiro lugar, debe pensar nun problema ou conflito no que estea

    atrapado que pensara só desde a súa perspectiva. En segundo lugar debe buscar a imaxe dun poliedro que sexa do seu

    agrado. Imaxínese introducindo o seu problema ou conflito no poliedro e agora vaia transitando por cada un dos seus

    bordos e anotando as reflexións que lle suxire cada visión.

    Despois disto volvemos á rotonda, e vemos que cada saída conten unha ou varias posibles solucións ao seu problema.

    Entón, introducimos un cada posible camiño no poliedro; si se quere pódese dividir dito espazo xeométrico en aspectos

    negativos e positivos de cada posible decisión. A persoa reflexiona sobre ditos aspectos referidos a todas as posibilidades.

    E o último paso é a toma dunha decisión libre consciente e meditada.

    Outra función do poliedro sería facilitar o diálogo intercultural e a ruptura de prexuízos. Neste caso trataríase de

    propiciar o achegamento da maioría á minoría, coñecendo o que, o como e o por que da súa forma de ser. Entrarían xuntos

    no poliedro o prexuízo e a realidade, mediatizados por un diálogo que ten a función de neutralizar e deixar obsoleto o

    primeiro.

    Nestas coordenadas nace a obriga persoal, colectiva e social que é garante do noso futuro: medrar e facer medrar. Polo

    tanto tomemos decisións sabéndonos interdependentes, sabendo aquilo que nós fagamos vai influír no noso entorno e, por

    tanto, temos a responsabilidade de medir as consecuencias dos nosos actos.

    Como ben expresaba Marica Campo naquel famoso disco da Quenlla: “Namórate da

    vida”, somos “o barco, a proa e mais o vento” máis alá da realidade, a nosa vontade

    independente é capaz e competente para xerar as novas posibilidades de futuro; só

    temos que ousar a saír da rotonda e construír o noso camiño, quizais como diría Antonio

    Machado: "golpe a golpe, verso a verso".

    Agora, para quen se atreva, teño un reto: meta aquí o seu problema ou conflito e

    ouse mudar o seu punto de vista.

    "O CAMIÑO DA URGA"

    Iago SantallaEx- Usuario Aula NN.TT. de Fingoi COGAMI- Lugo

  • 12 POESÍA

    EN INTERNET

    - Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

    - Proyecto Retadis:

    - Polibea Turismo: e-mail:

    Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

    - Canal Discapacidade:

    - Información Discapacidade:

    - Portal Solidario:

    - Blog Amica:

    - Cogami:

    - Cocemfe:

    - Cermi:

    - Sin Barreras:

    - Socialia:

    - Lugo Accesible:

    - Voluntariado Galego:

    http://www.disincreibles blogspot.com

    http://www.retadis.es

    http://www.polibea.com [email protected]

    http://www.fedop.org [email protected]

    http://www.risolidaria.org

    http://www.discapnet.es

    http://www.portalsolidario.net

    http://www.sotileision.blogspot.com

    http://www.cogami.es

    http://www.cocemfe.es

    http://www.cermi.es

    http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

    http://www.socialia.org

    http://www.lugoaccesible.net

    http://www.voluntariadogalego.org/web/

    -

    (Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

    José Ángel Vázquez CirizaUsuario de Cogami Monterroso

    Enrique Sanmartín

    Algo

    Toda a miña vida esperando

    vivir un só momento,

    e doume conta que necesito

    o que non teño nin entendo.

    Palabras, silencio

    e un poquito de rogar,

    e non che atopo diante

    para oír dicir un te quero

    que me chegaría a marear.

    Non é a túa estampa,

    a túa figura,

    nin o teu físico en xeral,

    pero xa antes de que chegues

    sento a túa personalidade

    seria, regia e augusta

    que como ti non hai outra igual.

    Un novo amencerPara que teñas

    un millón de soños,

    chegará un

    novo amencer e

    dirás bos días

    ao mundo, porque

    somos seres humanos

    valentes e decididos

    a intentar facer

    unha vida mellor,

    e tamén terás

    un millón de soños

    por segundo,

    para intentar librar

    esas pequenas batallas

    que tes cada

    día da túa vida.

  • PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

    COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

    CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE