RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro...

28
R G T Re vista Gale g a de T eatro Outono 2007 Número 52 TEXTOS / 49 “PIS” Obra para nenos con complexo de mexóns de Jaime Chabaud Tradución: Xerardo Moscoso Foto: Elsa Chabaud

Transcript of RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro...

Page 1: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

R G TRevista Galega de Teatro Outono 2007 Número 52

TEXTOS / 49

“PIS”Obra para nenos con complexo de mexóns

de

Jaime Chabaud

Tradución: Xerardo Moscoso

Foto

: E

lsa

Ch

abau

d

Page 2: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...
Page 3: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

3

PRESENTANDO “PIS”

Cando Jaime Chabaud Magnus me propuxo traducir á lingua galega o texto da suaobra de teatro Pis, penseino máis de dúas veces antes de aceptar. Seducíame pormoitas razós facela, xa que se trataba de compracer a un amigo moi querido e de presentarvosun novo dramaturgo por quen teño gran admiración; tamén de facer un traballo queme vencellaría de novo a Galicia, tan lonxana dende o deserto de Coahuila, e,ademais, de facer unha contribución modesta pra unha nova publicación literaria, feitoque sempre hai que celebrar.

En principio, atopeime coa mais grande dificultade: levaba mais de 20 anos de nonfalar e moito menos escribir en galego; ademais, non tiña xa puta idea da normativizaciónque fixeron da lingua dende que obrigado tiven que deixar Galicia e que tamén estabacerto de que tiña que vencer moitos conflictos de elemental pudor literario para facerunha tradución o mais axeitada posible.

A terefa de pasar ao galego Pis foi toda unha aventura que me fixo retomar ocontacto coa terra e tamén de poñer en contacto aos galegos cunha obra da novadramaturxia mexicana que merece ser coñecida.

Pis é un divertimento, unha obra feita por un neno grande, –o autor–, queendexamais deixa de habitar no seu paraíso infantil cando aguza a intelixencia paradirixirse a un público non doado como é o dos nenos e que “coma todos, ten unhúmido e morno pasado”.

O teatro para nenos non ten por que ser didáctico –explica Chabaud–. Os rapacesvan a escola durante 5 días e fan os deberes coma para que aínda teñan que ir aoteatro a chutarse outra lección de fin de semana. Os pais, nembargantes, precisan deser torturados para ver se se educan un poquiño.

A Jaime Chabaud interésalle divertir, facer pensar aos rapaces e sacudilos xunto cospais. O dramaturgo preséntanos na súa obra un conflicto común a todos os nenostocando máis o corazón e o mundo imaxinativo da fantasia infantil que o racionalmundo da testa.

Cunha linguaxe singular Pis logra o seu cometido.

Xerardo Moscoso Caamaño

Page 4: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

PISOBRA PARA NENOS CON COMPLEXO DE MEXÓNS.

Para un só Actor ou Actriz con acompañamento de títeres ou obxectos.

Jaime Chabaud

Tradución: Xerardo Moscoso.

Personaxe(s)

Claudia (Actriz ou Actor) e mais outros personaxes, que el ou ela

fan con títeres, obxectos, artefactos, partes do seu corpo e con

distintas voces.

4

Page 5: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Cámara Negra. Entra Claudia no espazo

baleiro. Trae unha maleta da que sacará

os outros persoaxes e obxectos para

crear os distintos espazos que se

propoñen.

Claudia

A Cama é unha destas cousas que só un Deus marabilloso puido inventar.

¿Non é? É unha ledicia que case sempre me dan ganas de non saír dela, e

mais cando hai friaxe.

Saca dunha cama pequena o seu dobre,

títere ou obxecto.

Esta son eu, aínda que máis xeitosa en persoa

(Voz Nai)

Claudia, deita xa que mañá tés clase na escola.

Claudia

Xa vou, mamá, só estou lendo un conto…

(Voz Nai)

¿Outra vez o conto dos monstros?

Claudia

¿Eu?

(Voz Nai)

Logo por que non durmes ben…

Claudia

Este conto é de fadas e trasnos. De verdade.

5

Page 6: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

(Voz Nai)

¡Que apagues a luz!

Claudia

(Con enfado) Se les, porque les, e se non les, porque non les. Ai, que rica

camiña, e xa non cheira a nada, menos mal… a nada de nada. (Pausa) ¡Que

fría é ao principio! Iso non me gusta, que é fria como todos os princípios, ese

é o prezo que tés que pagar. Méteste entre as sabas dóces ¡uuuuurrr! xeadas.

Despois a cama empézase a quentar pouco a pouquiño e logo quéntase ún,

e xá está. Entón si podes duuuuuurmir…

A pequena habitación que Claudia formou

coa camiña queda levemente alumeada.

Ronquidos, primeiro baixos e logo fortes,

despois rítmicos ate remataren por

semellarse ao “alalá” dunha coñecida

cantiga

Mais non todo é así de doado: Durmir e xa está, non,non,non. Ás veces preséntase

o que meu pai lle chama (imitando a voz) “a continxencia”. É unha cousa que

comenza cunha enchenta aquí abaixiño, e logo medra e faise grande como

unha cousa imposible de aturar e que se enche un pouquiño, mais non estás

ben durmido. E pregúntaste se é o mesmo que lle pasa a miña nai, que ten

esa gran barriga tan enorme onde dín que trae un neno que ti nin ves, nin

escoitas, nin nada. Somentes panza… e é imposible non pensar que lle ocorre

o mesmo que a ti, que estás a piques de estoupar porque… Porque… ¡Porque

tés que facer pis! Non me miredes así porque todos temos un húmido e morno

pasado.

(Ollada asustada. Silencio longo)

Uff… o baño está moi lonxe e como que dá preguiza, ¿non é certo? O baño

é desas cousas que fixo Deus cando andaba malhumorado… o mesmo que a

escola. Tiña tan mal humor que rematou por inventar ás mestras…

6

Page 7: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

(Voz Mestra)

Petronio, pasa ao encerado.

(Claudia)

E os pizarriños, ben, os pizarriños inventounos cando o seu humor andaba así,

metá e metá, porque… tamén… son… divertidos… se… llos… chimpas na testa

a algún…, compañeiro.

(Asoma a debaixo da cama)

Ai, que preguiza que o baño quede tan lonxe ¿verdá? Non sei como miña nai

pode apandar con tanto pis nesa barriga que semella un globo. E meu pai non

lle reclama nada. ¿Por que si a min, e non a ela?

(Asoma de novo a debaixo da cama)

Claro que ela non le contos de monstros antes de durmir e ademais o baño

quédalle pertiño, cru-zan-do… unha por-ta… Señor Monstro do conto que aínda

non rematei de ler… ¿Es-tá vos-te-de a-lí?

(Voz Monstro)

Agardo paciente, rapaciña medosa.

Claudia

¿Que…? ¿Que…? ¿Que…?

(Voz Monstro)

Quen … Quen… Pareces toupa.

Claudia

¿E que… que-r que lle faga se teño ganas?

(Voz Monstro)

Se che gaña o medo e fas pis por ti, de calquera xeito te vas afogar.

7

Page 8: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Claudia

Propóñolle un trato, señor Monstro do conto que ainda non rematei de ler:

eu baixo da cama e vostede non me colle, ¿vale?

Fóra escóitanse lóstregos e tronos e

comenza unna choiva a cachón.

(Voz Monstro)

Non facemos trato ningún

(Voz Monstro)

¡Gggrrrrr… non te atrevas… Gggrrr…!

Ao remate, baixa tremendo da cama

Claudia

Xá baixei e advírtolle que teño unha arma mega-poderosísima

Enléase entre as sabas. Fai desesperados

esforzos por desafanarse

Claudia

Sólteme ou berro polo meu… ¡¡¡papá !!!… ¡¡¡papaíño!!! p… p…

Corre coma unha centella polo paso tras

o retrete que vai quedando lonxe,

tornándose inalcanzable. Ao mesmo

tempo, escóitanse ruídos tenebrosos e

óllanse sombras ameazantes. Vólvese

meter na cama cubríndose coas sabas e

tremendo de medo.

Nin pensen que teño tantas ganas ¿eh? Moito coidadiño. O que pasa é que

teño preguiza porque o retrete queda lonxe, moi, pero que moi lonxe. Os

corredores son eses pasillos longuísimos que Deus inventou morto de risa para

que unha endexamais chegue a ningures… ademais, El non debe facer pis…

8

Page 9: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Aínda que o meu amigo Clemente di que as nubes son o paxariño de Deus e

que mexa cando chove. Gustaríame falarlles do meu amigo Clemente, mais se

sigo co palique, vaime saír o pis antes de tempo e…

Acéndese luz no espacio contiguo. No

cuarto dos pais, percíbese un difuso

movemento; non se ven con claridade.

(Ao publico) Mecachis, xa espertou meu pai por toda esta argallada que fixeron

vostedes imaxinando monstros que non hai, porque nin sequera saben no que

remata o conto.

(Voz pai)

¿Es ti, Claudia?

Claudia

Non, non son eu porque estou durmindo.

O pai entra na habitación de Claudia e

a luz intensifícase de súpeto. Dá algúns

golpes no sobrado con pouca paciencia-

O pai entra na habitación de Claudia e

a luz intensifícase de súpeto.

Pai

Así que non es ti…

Claudia

Non, eu estou durmida, mais tiven que espantar un monstro.

Pai

¿Falabas co monstro?

9

Page 10: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Claudia

Agora os monstros son moi xuizosos. Só lle dixen; “non me amoles porque

meu pai vaite esnafrar” e… desapareceu.

Pai

¿Que é iso?

Claudia

¿Que é o que?

Pai

A cama, está morna, mollada… e ten humidade.

Claudia

Choveu un cairo de auga que se meteu por onde quixo, porque o señor monstro

do conto que aínda non rematei de ler e…

Pai

¿Outra vez mexaches na cama, Claudia, carallo? Vou ter que che cambiar a

roupa, e as sabas… Túa nai necesita axuda na casa, non que lle deas mais

a lata, recoiro,… es unha nena moi mala. Teu irmán o pequeno pode chegar

nun intre ao retrete… tés que ser mais resposable. Xa non tés idade para

faceres pis na cama,…

Escóitanse berros da nai embarazada que

entra e sae da habitación de Claudia. O

pai séguea cun longo alfinete, non sin

antes sentenciar.

(Voz Pai)

Vas ter que durmir na cama mollada, Claudia… quizais así medres e aprendas

a ir ti soa ao retrete. Non mais mimos nín colo, estás moi consentida e respondes

con baldocradas…

10

Page 11: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Escóitase unha pinchadura e ruido. Aire

expulsado que precede ao pranto dun

neno recén nado, escóitanse moitas voces

disímbolas falando do fermoso qué é o

irmanciño de Claudia.

Luces multicores, música leda, risas e

mais prantos do neno saen da habitación

dos pais. Claudia asoma coitada dende

a porta e pecha dun portazo.

Claudia

Un intruso meteuse na miña casa, coa miña familia, no corazón dos meus pais que

só teñen ollos para ese anaco de carne amouratada que non cala a boca berrando

todo o tempo, que ademais chámanlle “meu reiciño” e que certamente viña dentro

da barriga da miña nai que non estaba chea de pis…. E eu pensando que ela

aguantaba as ganas porque non lle tiña medo ao monstro de debaixo da cama e

non… O irmanciño que tanto nomeaban, e eu non ollaba por ningures, chegou para

me deixar co meu colchón que de húmido-morno converteuse en húmido-xeado e

nin sequera de limón… e sen ninguén que me axude para lavar as sabas nin para..

Claudia métese na cama e pouco a

pouquiño escóitanse ronquidos primeiro

febles, logo fortes, logo rítmicos até

rematar co tarareo dunha cantiga

coñecida. Pouco a pouquiño, a cantiga

cédelle o paso ao pranto do neno, logo

ás voces infantís multiples, á campá da

escola, etc,

Sae a cama da escena para lle dar paso

a un retrete do colexio de Claudia onde

ela intenta mexar, mais non pode, porque

o seu amigo Clemente peta na porta

insistentemente.

11

Page 12: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Clemente

Pobre Petrônio.

Claudia

Vai ver se hai roupa tendida, Clemente

Clemente

No medio da aula, só a malvada da mestra narigona non lle deu permiso

Claudia

Xa vou, agárdame un pouquiño no patio ¿si?

Clemente

Foi moi feo porque todos se chufaban del…

Claudia

Pecha o fociño, ¿queres?

Clemente

E a charca por debaixo dos seus pés. Coma se chamarse Petronio fose pouca

cousa, e aínda isto…

Claudia

A min pásame o contrario, e se non calas e me deixas en paz, vouche esnaquizar

os dentes.

Clemente

Ai si, o medo que mete medo

Claudia

¿Medo que que?

12

Page 13: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Clemente

Que mete medo

Claudia

¿E iso que é?

Clemente

Non sei o verdadeiro significado. É o que di meu avó cando mira revistas con

fotos de mulleres en pelotas

Claudia rí a escachar e o mexo comenza

a fluir

Claudia

Es un troleiro troulán, Clementiño

Clemente

Non, se Petronio xamais escoitou aquilo que dín que “camiñando e mexando

para non facer poza”, porque mollou os pantalóns e os zapatos, moi ben mollados.

Máis risas, Claudia rematou de urinar e

sae do cuarto de baño

Claudia

¿E a narigona?

Clemente

Moi contenta, dixo que o Petronio era un rapaz malo

Claudia

¿Por que malo?

Clemente

Porque os nenos que fan pis por eles son malos. Iso sábeo todo o mundo,

Claudia, non sexas parva.

13

Page 14: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Claudia

Non entendo por que. ¿Ti nunca fixeches pis na cama?

Clemente

¿Eeeu?… nunca xamais… ¿e logo? ¿ ti, si?

Claudia

Non, xamais.

Clemente

Eu oín que a algúns nenos, cando fan pis por eles, até lles chegan a cortar aquilo

Claudia

¿Cortarlles o que?

Soa a campá da escola e botan a correr

Claudia

¿Córtanlles o que?

Clemente

¿Ti que pensas?

Claudia

(Aterrada) Toleas Clemente, toleas e trouleas

Cambio de espazo: un comedor, coa nai,

agora sen barriga, e o pai, onde lle

cambian o cueiro ao neno con moita

dilixencia enriba da mesa. Entra coitada

Claudia e asoma un poquiño.

Os diálogos seguintes funcionan a xeito

de apartes ao publico e nin a nai, nin o

pai se decatan

14

Page 15: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Claudia

Velaí o intruso

Pai

É moi bonitiño, ¿nón e certo?

Claudia

Nón, é un saco de berros

Nai

Eu comeríao a bicos

Claudia

¿E por que non o fai?

Pai

Dame a tentación de apertalo moito

Claudia

Si, até afogalo

Nai

Entra, Claudia, non teñas medo

Claudia

¿Medo? O que teño é carraxe

Pai

¿Canto tempo levas aí coma paralizada?

Claudia

Dende que dixeron que ese feixe de berros era o mellor que lles pasara na

vida e que é o mellor regalo que recibiran de Deus.

15

Page 16: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Nai

Neniña, olla que fermosura é o teu irmanciño Rodolfiño.

Claudia

O moi parviño…

Pai

¿Por que quedaches sin fala?

Claudia

Porque me comeu a lingua o señor monstro do conto que aínda non rematei

de ler e porque vos odio ós tres coa miña alma

Nai

Achégate, nena

Claudia

Ao inferno

Pai

Sé unha boa nena

Un lóstrego dalle na cara a Claudia. A

luz vaise e volve. Os pais non se decatan.

A enerxía normalízase.

Claudia

¿Papá?

Pai

(Abanando o neno) ¿Si, filla?

Claudia

¿Que é ser unha boa nena?

16

Page 17: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Pai

Ehh…mmmmhhh…ahh… xusto a contra de mala

Nai

Nena, Claudiña, achégate para aprenderes a cambiarlle o cueiro a Rodolfiño

Claudia

¿Que é o que teño que facer?

Nai

Sostén o cueiro e cando eu cho diga, pechas.

Pai

¡¡ Coidado!!

Un chorro de mexo a propulsión que emitiu

o neno, surca os aires para lle dar a

Claudia no medio da cara. Os pais

esmendréllanse de risa e tamén o neno

escacha a rir.

Non poden conter a risa, Claudia está

pasmada

Nai

¡¡¡Que neno tan bonitiño!!!

Pai

¿Non é un anxo?

Nai

¡Que ben fixo pis!

Pai

E que forza ¿eh ? Semellaba unha mangueira de bombeiro

17

Page 18: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Nai

¡Meu anxiño do ceo!

Pai

O neno non ten culpa

Nai

¡Inocente criatura!

Pai

Fai algo, Claudia, vai por outro cueiro, o que moullou xa non serve

Nai

Filla, por unha vez fai algo útil.

Claudia deixa todos os elementos que lle

serven para facer os outros personaxes

e a ela mesma. Vaise ao proscenio.

Claudia

¡Mangueiriña de bombeiro!

Mangueiriña…

Mangueiri…

Mangue…

Pitiño

Paxariño

Tilín

Esa cousa

Pistoliña

Pirrín

O “déixese alí”

O “gárdese o seu…”

Verruguiña

Palliña

18

Page 19: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Mincha

Mirruña

Verme … caralliño…

(Longo silencio)

E agora: “mangueiriña”. Cantas palabras idiotas teñen os maiores para

nomear á mangueiriña

¿Vostedes cantas máis saben?

Sae o comedor da escena e ilumínase a

habitación de Claudia, pouco a pouquiño.

Mentres vai falando, métese entre as

sabas.

O intruso que entrou na miña casa, na miña familia, no corazón dos meus pais,

que só teñen ollos para ese anaco de carne roxa- amouratada que non deixa

de chorar un intre, ao que lle chaman “meu reiciño” e que certamente viña na

barriga de miña nai, que non estaba chea de pis… Os irmanciños son a peor

cousa inventada por Deus. Debeu estar verdadeiramente furioso e ter unha

rabecha daquelas e con moitas ganas de facer sufrir a alguén, e fixo aos

irmanciños para que nos sintamos formiguiñas pisadas, para volvernos invisibles

ou tolos.

Chove. Ao lonxe vense lóstregos

O intruso ese debería ser engulipado polo señor monstro do conto que aínda

non rematei de ler… porque unha cousa é ter que aturar o propio pis na miña

camiña cando está tépeda e que me arrola docemente, e outra moi distinta é

que che mexen na cara… Só me faltou ter a boca aberta… E meus pais

aplaudiríanlle coma si fosen focas, coma imbéciles, coma se tivesen serraduras

na súa cabeza (Apaga a luz e boquexa)… Non entendo ben… O parviño do

meu irmanciño Fito pode facer pis cando lle peta, é inocente, e protéxeno con

cueiros carisisísisismos… Os cueiros carisisísisimos son unha desas cousas

que Deus inventou para nos dar envexa aos irmáns maiores…

(Escóitase un pingar que fai que se espante)

19

Page 20: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Non, non, non pode ser, outra vez fixen pis por min. Meu pai vaime matar…

Claro que tamén lle podo decir que me sequei cando me moullou meu irmán

e despois…

Escóitanse gruñidos que chegan de

debaixo da cama. Claudia asómase leda

Xa chegou. ¿Está vostede aí? Señor mostro do conto que aínda non rematei de…

(VOZ MONSTRO)

…De ler, sí ¿E pensas que podo agardar unha eternidade até que o remates?

Hai moitos rapaces noutras partes, con outros libros, que noutras horas queren

ler o que me acontece.

Claudia

Eu prométolle que o remato mañá antes do recreo, cunha soa condición:

(VOZ MONSTRO)

¿Sinxela?

Claudia

Moito… só ten que engulir ao meu irmanciño

(VOZ MONSTRO)

Os recéns nados danme repelús, noxo, iso xa o saberías se tí tiveses rematado

xa o conto. Eu namais que como aos nenos que son coma tí, en idade de

mollar a cama, e esas cousiñas…

Claudia

Axúdeme, entón. Se meus pais se decatan que volvín facer pis por mín, que

mexei outra vez, vanme matar, vanme sacar os ollos e regalarme aos moinantes.

(VOZ MONSTRO)

Mmmmhhh… esconde as probas… as evidencias

20

Page 21: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Claudia

¿As que?

(VOZ MONSTRO)

As evidencias… as sabas molladas

Claudia

Eu non sei onde ¿Vostede comeríaas?

(VOZ MONSTRO)

¡¡¡¡¿Que é o que dís?!!! Iso, mesmo para min, é moi noxento…

Claudia

Por favor, por favor, por favor, por favor, por favor…

(VOZ MONSTRO)

Xa, xa, xa… está ben. Vounas comer, mais se non chegas á palabra fin no

conto, cando eu volva mañá pola noite, cómote cachiño a cachiño.

Claudia

Trato feito, nunca desfeito.

(VOZ MONSTRO)

Santiño que caga e mexa que o demo llo crea.

Claudia colle as sabas e méteas debaixo

da cama. Escóitase un rítmico mastigar.

Claudia

Boas noites, señor monstro

(VOZ MONSTRO)

Si, si, si… do conto que aínda non remataches de ler, boas noites Claudia.

21

Page 22: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Déitase co cobertor soamente. Axiña

escoitamos ronquidos febles, máis adiante

fortes, despois rítmicos deica rematar por

semellarse o alalá dunha cantiga

coñecida. O canto do galo escóitase, e

Claudia érguese sobresaltada ao tempo

que entra o pai.

Claudia

¿Qui-qui-ri-qui? ¿Que queres papá?

Pai

Érguete xa, é hora de ir á escola e o leite está na mesa. ¿Que pasou aquí,

Claudia?

Claudia

¿Aquí, onde?

Pai

¿E as sabas?

Claudia

Non sei, papá…

Pai

Escondíchelas para non me decatase de que outra vez fixeches o que ti e mais

eu sabemos, ¿non é?

O pai busca as sabas por todas partes.

Cando vai mirar debaixo da cama, Claudia

interponse

Claudia

Gañas tí, están debaixo

22

Page 23: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Pai

¿Por que mentes, carallo? Non sei onde as escondiches, mais eu vounas atopar.

Deberías aprender do teu irmanciño a ser boa nena.

Claudia

Iso non é certo. Rodolfo mexoume… Mexoume con… con… con moita impunidade

Pai

¡¿Impunidade?! ¿De onde sacaches a palabrota esa, eh?

Claudia

Do dicionario, e quere dicir “sen castigo”

Pai

Xa che direi póla tarde cal é o teu castigo. Agora a vestirse, que imos a escola.

Claudia

Hoxe ninguén ríu co que lle fixo a mestra narigona ao pobre do Petronio…

Ninguén se burlou.

Clemente

Non, hoxe fóiselle a man a “nariz de bruxa”. Non quixo darlle permiso para ir

ao retrete.

Claudia

Aínda que suplicou

Clemente

¿Cheiraches?

Claudia

Todo o salón cheiraba. Caamaño gomitou e Camila tamén.

23

Page 24: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Clemente

Entón fedeu máis… por iso o recreo foi máis longo…

Claudia

Escoita tí, non te creo

Clemente

O problema é teu, alá ti.

Claudia

¿E dixéronlle moitas veces?

Clemente

Até fartarse, e ¡zas! Que lle cortan o paxariño

Claudia

¿Se che cortan o pitiño convérteste nunha nena?

Clemente

Pois claro, aínda que o resultado é o mesmo cando se trata de mollar as camas

Claudia

¿E ti como o sabes?

Clemente

Eu… porque eu…

Claudia

Mentireiro

Clemente

¡Cala!

24

Page 25: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Claudia

¡¡¡Ti tamén mexas na cama !!!

Clemente

Vouche partir a cara.

Claudia

¡¡¡ Mexón!!!

Claudia

O intruso, anaco de carne que berra-mexa-caga-sen castigo, impunemente, e

que ninguén –lle-di-nada, é moi dado a mexar nos cueiros tan cómodos e

absorbentes. Así que chiste, mais meu irmanciño Fito, vaise converter hoxe

mesmo en Rodolfita, xa o veredes.

Miña nai e meu pai non se decatarán, coma case sempre que están co xornal

e a tele. Son dúas cousas que fixo Deus cando quere ser o noso cómplice.

¿Queren comprobalo? Papá, ¿dasme mil euros?

Pai

(Sen baixar o xornal)

Mmmmmhhhh si, cando teña lido os deportes, sí

Claudia

Mamá, a casa arde, quéimase.

Nai

Moi ben filla, así me gusta.

Claudia

¿Vístelo? O momento é perfecto. Ao neno nin lle pregunto, porque sempre dín

o mesmo: “gu gú”, “ta tá”, é un pouquiño reiterativo, supoño que non lle importará

converterse nunha nena: dependendo da cantidade de ouriños que mexan na

25

Page 26: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

cama “se segues facendo pis por ti voucho cortar” e un día ¡zas! Converteuse

nunha nena.

Pai

¡¡¡Claudia, non!!!

(VOZ MONSTRO.)

Por favor, Claudia, esperta, ¿é que non tés gana de facer pis por ti? ¿Non

tés degoxo, unha pinguiña?

Agarda nena, méxao todo, anda, que non podo irme aínda sté que remates de

ler o meu libro. Outros nenos agárdanme para me facer parte dos seus pesadelos,

por favor.

Claudia

¡Buh! (Berro do monstro) Vostede, señor monstro do conto que xa rematei de

ler quedouse a durmir e non se decatou de que xa o rematara. E como vostede

roncaba, fun ao cuarto de baño sen medo e volvín á miña cama sen que os

meus pais me axudasen.

(VOZ MONSTRO)

Entón, ¿xa podo marchar?

Claudia

Só se vostede quere, ninguén o está botando, ¿eh?

(VOZ NAI)

¿Precisas axuda?

Claudia

Non grazas, xa fixen pis eu soíña

(VOZ NAI)

¿Non houbo monstros?

26

Page 27: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

Claudia

Non, xa os papei

(VOZ MONSTRO)

¿Que foi o que papaches?

Claudia

Perderías o teu prestixio.

(VOZ MONSTRO)

Si, graciñas, Claudia, non te esquecerei. Es a peor lectora que pasou polas

páxinas do meu conto.

Claudia

Eu tamén te quero moito, señor monstro.

(VOZ NAI)

Durme xa, Claudia

Claudia

Xá estóu durmida. (Ao público gardando os persoaxes e obxectos na maleta)

Claro que xamais comprobei se o meu irmanciño se convertiría en irmanciña

cortándolle o tilín. Porque a outra historia que me contaron meus pais de como

se fai o sexo dos nenos non lla crin moi ben. Ben, xa teño sono. A cama é

unha desas cousas que Deus inventa e volve inventar todos os días, cando

está de boas. Só lles quero contar que o meu amigo Clemente me confesou

que si fai pis na cama. Eu xa o sabía, porque todos temos un tépedo e húmido

e morno pasado e ninguén escapa diso.

Escuro

Fin

27

Page 28: RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro penseino máis de dúas veces antes de aceptar. ... o que meu pai lle chama ...

ÚLTIMOS TEXTOS EDITADOS POLA R.G.T.

Alfonso Armada: “Carmiña xogando” Traducción: Mª Lourdes Vega Alonso (nº 15)

Juan Mayorga: “Lexión”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 16)

José Ramón Fernández: “Mariana”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 16)

Manuel Forcadela: “Santiago, Santiago” (nº 17)

Xosé Manuel Pazos: “María Soliña”, “Crónica de Pantagruel” (nº 18)

Bertolt Brecht: “Pequeno Organon”, Traducción: María Vázquez (nº 19)

Asja Srnec: “As vodas mortas”, Versión ao galego: Pedro P. Riobó (nº 20)

Itziar Pascual: “Holliday Aut. Postal de amor”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 21)

Raúl Dans: “Foreber” (nº 22)

Salvador del Rio, Pedro P. Riobó, Marcos Vieitez: “Belérian” (nº 23)

Yolanda Pallín: “Memoria”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 24)

Euloxio R. Ruibal: “Luscofusco” Drama monofásico (nº 25)

Elena Cánovas, Rubén Cobos, Juan Carlos Talavera: “A Balada do Cárcere

de Circe”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 26)

Xesús Pisón: “Venus podre”, “Título”, “Animal vacío”, “Home e muller preñada”,

“O gran soño”, e “Arañeira” (nº 27)

Jerónimo López Mozo: “Guernica”, Traducción: D. Cortezón (nº 28)

Luisa Villalta: “Os dóces anos da guerra” (nº 29)

Xosé Vázquez Pintor: “A sombra da memoria” (nº 30)

Iztíar Pascual: “As voces de Penélope”, Traducción: Xosé Manuel Pazos Varela (nº 31)

Iván Caloto: “¡Sssh!” Patricia Piñeiro: “Silencios de Guerra” (nº 32)

Roberto Vidal Bolaño: “Memoria de mortos e ausentes” (nº 33-34). Ed.: Pedro P. Riobó

Jacques Prévert: “Entradas e saídas”, “A familia todosaconchegados”,

Traducción: Henrique Harguindey (nº 35)

Lino Braxe: “Campo Sur” (nº 36)

Ignacio García May: “Os vivos e os mortos” (nº 37). Traducción: Xosé M. Pazos Varela

Constantino Rábade: “Cibernautas” (nº 38)

Vanesa Martínez Sotelo: “Azotea” (nº 39)

Benxamín Rocha Coladas: “Unha chea de anos e un día” (nº 40)

Ernesto Caballero: “Terra polo medio” (nº 41)

Belén Roca: “Os Facedores de Bonecas” (nº 42)

Michel Azama: “Zoo Nocturno” (nº 43)

Paloma Pedrero: “A Illa Amarilla” Traducción e Dramaturxia: Ánxeles Cuña Bóveda (nº 44)

Xosé Manuel Pazos Varela: “Tres exercicios para café-teatro” (nº 45)

Afonso Becerra de Becerreá: “Rexurdimento” (nº 46)

Felipe Loza e Garbiñe Losada: “Sen Vergonzas” Traducción: Heitor Mera (nº 47)

Rubén Ruibal: “Nunca durmo, de erik cachuzo”(Insomnio) (nº 48)

La Pera Llimonera: “Quo non Vadis” (nº 49)

Carlos Be: “Origami” (nº 50)

Manuel Lourenzo: “Belicosario” (nº 51)