Ríos África
Transcript of Ríos África
RÍOS DE ÁFRICA Alumnado de 1º de ESO, Adela Leiro, Chus García
IES Francisco Asorey, xuño 2013
O continente africano acolle importantes ríos, agúns dos máis longos, máis caudalosos ou profundos do mundo, de interese natural cunha gran biodiversidade e riqueza cultural. Os ríos máis importantes teñen as súas fontes en África Central, nas zonas ecuatoriais das grandes selvas húmidas. OCÉANO ATLÁNTICO -Mediterráneo: o máis importante é o Nilo, o segundo río máis longo do mundo e cunha dunha importante cultura antiga. Draa, Senegal, Volta, Níxer, Congo, Orange... OCÉANO ÍNDICO: Tana, Rowuna, Shabeelle, Zambeze, Limpopo... CONCA ENDORREICA: Okawango
RÍO:
NILO
NACEMENTO E FONTES
Nilo Branco: Grandes Lagos de África. Desde os bosques de Nyungwe, en Ruanada, flúen ao lago Victoria os ríos Rukarara, Mwogo, Nyabarongo e Kagera. Nilo Azul: Lago Tana (Etiopía)
PERCORRIDO: PAÍSES
Uganda, Sudán do Sur, Sudán, Exipto, Ruanda, Tanzania, Kenia, Etiopía, Burundi, República Democrática do Congo, Eritrea
PERCORRIDO LINEAL
Lonxitude: 6.756 km Cidades: Khartún, Asuán, Luxor, Guiza e O Cairo
CUNCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie da cunca: 3.254.555 km², preto do 10% da superficie de África Leste: macizo de Etiopía Sur: Rift, Montes Didinga, Heha, Kinnyeti (3.187 m)
AFLUENTES DEREITA
Nilo Azul, Atbara
AFLUENTES ESQUERDA
Nilo Branco (co Bahr al Ghazal e Soba). A principal fonte é o Kagera que nace nos bosques tropicais de Ruanda (Monte Heha)
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Cataratas Ripon: Nilo Branco O Nilo en Sudán flúe sobre seis grupos de cataratas desde a primeira en Asuán ata a sexta en Sabaloka (xusto ao norte de Khartún) e invirte a súa dirección durante boa parte do seu traxecto, dirixíndose cara o sudoeste antes de tomar dirección norte de novo. Isto chámase a "Gran Curva do Nilo".
CLIMA
Percorre zonas de clima tropical (con precipitacións relativamente abundantes na estación húmida) e desértico (sen apenas precipitacións).
TIPO DE RÉXIME
Pluvial, moi irregular, con grandes enchentes. É considerado un río alóctono porque as súas augas proceden doutros lugares de clima máis húmido que o curso medio e baixo. O réxime é pluvio-nival, moi irregular; o desxeo das neves da cabeceira comeza a mediados da primavera e coincide ca estación das chuvias. Así, as augas altas son de xullo a outubro mentres que as augas baixas son de xaneiro a xuño. Coa construción de numerosas presas, o réxime esta regularizado.
CAUDAL 2.830 m3/s (medio) O Nilo Azul achega aproximadamente entre o 80 e o 90% del caudal del río Nilo. Durante a estación húmida, pode exceder os 5.663 m³/s (finais de agosto).
FLORA Papiros, carrizos, lotos Das poucas árbores autóctonas, a máis estendida é a palmeira datileira; tamén hai sicomoros, tamariscos, acacias e algarrobos. Hai especies introducidas dende outras zonas coma o alcipreste, lamagueiro, eucalipto, mimosa e mirto. Nas rexións áridas hai varias especies de espiños.
FAUNA
MAMÍFEROS: búfalo, ccob acuático PEIXES: peixe gato, tilapia, perca do Nilo RÉPTILES: crocodilo, varano do Nilo, tartarugas de caparazón brando, lagarto monitor de agua, lagarto acorazado de línea negra... AVES: gansos, garzas (Ardea goliath), ibis, garzotas, picapeixes, carriceiros, galiñas de auga. ..
APROVEITAMENTO
Hidroeléctrico: Gran Presa de Asuán (rematada en 1970) e Presa Alta, navegación, turismo, agricultura, pesca...
ESPAZOS PROTEXIDOS
Murchison Falls (Kabaleya), en Uganda, nun dos nacementos do Nilo. Nimule (Entre Sudán do Sur e Uganda) Reserva Natural Río Nilo (Tanzania) EXIPTO: Awwash, Montañas Elba, Yangudi Rassa, Lago Caddabassa, Montes Bale, Ashtum El Gamel e lago Burullas (no Delta), Elba, Wadi Alhegui...
DATOS HISTÓRICOS
O Nilo foi a fonte de vida dos antigos exipcios. As súas beiras foron ocupadas desde a Idade de Pedra. O historiador grego Haródoto escribiu que "Exipto é o regalo do Nilo". En tempos de Ptolome II Filadelfo, unha expedición militar penetrara o suficiente no curso do Nilo Azul para determinar que as inundacións estivais se debían a tormentas estacionais nas Terras Altas etíopes, mais non se sabe de ningún europeo que chegase ao Lago Tana na Antigüidade. Nos séculos XV e XVI, os viaxeiros europeos a Etiopía visitaron o Lago Tana e as fontes do Río Nilo nas montañas ao sur do lago. Posiblemente un dos primeiros foi o xesuíta Pedro Páez. No século XIX John Hanning Speke identificou o Lago Vitoria vomo fonte do Nilo Branco. A Expedición Nilo Branco, dirixida polo surafricano Hendri Coetzee e patrocinada pola National Geographic Society, foi a primeira en navegar o Nilo na súa integridade. A expedición partiu da Fonte do Nilo en Uganda o 17 de xaneiro de 2004 e chegou ao Mediterráneo por Rosetta catro meses e dúas semanas máis tarde. O 28 de abril de 2004, o xeólogo Pasquale Scaturro e o cámara Gordon Brown foron os primeiros en navegar o Nilo Azul, desde o Lago Tana ata as praias de Alexandría.
TRADICIÓNS-LENDAS
A palabra Nilo provén do grego Neilos (Νειλος), que significa "val do río". O nome de Nilo Branco (Bahr al Abyad) é pola gran cantidade de arxila en suspensión que transporta. A relevancia espiritual do Nilo era tan grande que os exipcios crearon un deus dedicado á inundación anual do Nilo (Hapi). O río tamén se consideraba como o camiño da vida á morte e o alén. O leste era o lugar do nacemento e a vida e o oeste o da morte, segundo o deus Ra, o sol, pasaba do nacemento á morte e a resurrección cada vez que cruzaba os ceos. Por esta razón, todas as tumbas se localizaban ao oeste do Nilo, porque os exipcios crían que, para entrar no alén, tiñan que ser enterrados no lado que simbolizaba a morte. Nas beiras do Nilo atópanse os máis importantes monumentos exípcios: templos, pirámides...
CURIOSIDADES
O río actual é, polo menos, o quinto río que ten saído das Terras Altas etíopes. As imaxes de satélite mostran leitos secos no deserto ao oeste do Nilo. Un canón do Eonilo, cheo hoxe de terra, representa este río ancestral que fluíu no Mioceo tardío. Durante o Mioceno tardío, cando o Mediterráneo era un mar pechado e o nivel do mar baixou aproximadamente 1.500 m, o Nilo abriuse paso ao novo nivel ata chegar a varias ducias de metros por baixo do nivel do mar en Asuán. Anteriormente, o Lago Tanganika vertía cara o norte no Nilo, ata que os volcáns das Montañas Virunga bloquearon o seu curso. Ata a construción da presa de Asuán, o delta aumentaba de superficie una media de un kilómetro cadrado anualmente (uns catro metros de lonxitude) a causa da achega de limos. A presa eliminou as inundacións e reduciu a fertilidade das terras de Exipto.
PROBLEMAS Contaminación, cambios nos ecosistemas polas obras hidráulicas...
RÍO
CONGO
NACEMENTO E FONTES
Nace no Lago Bangweulu. As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como no lago Tanganika e o Mweru. O río Chambeshi, en Zambia, é xeralmente considerado como a fonte do Congo, segundo o criterio frecuente da fonte máis alonxada da desembocadura.
PERCORRIDO: PAÍSES
Angola, Burundi, Camerún,República Centroafricana,República Democrática do Congo, Gabón, Congo,Ruanda, Tanzania, Zambia
PERCORRIDO LINEAL
Lonxitude: 4.700 km Por onde pasa: Bukama, Kangolo, Kinsangani, Bumba, Lisala, Mbandaka, Kinshasa, Brazzaville Matadi, Boma
DESEMBOCADURA Océano Atlántico formando un esteiro (Muanda)
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 3.700.000 km² Leste: Monte Ruwenzori (5.109 m) Leste e Sur-leste: Montes Mitumba Noroeste: montes Camerún (4.070 m)
AFLUENTES DEREITA
Luyúa, Ubangui...
AFLUENTES ESQUERDA
Comami, Thuapa, Kasoi..
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Ten máis de 4.000 illas: Esumba, Sumba, M'Bamou… Cataratas Boyoma ou Boyota Canóns e cataratas Livingstone De Kinshasa a Matadi (350 km), o Congo atravesa os Montes de Bangu (montañas de Cristal) e ten 32 fervenzas que fan a navegación imposible.
CLIMA Ecuatorial, tropical
TIPO DE RÉXIME Pluvial
CAUDAL
41.800 m³/s (medio). É o segundo río máis caudaloso do mundo, despois do Amazonas. É bastante regular. Ao correr por ambos lados do Ecuador compensa as secas dun hemisferior coas enchentes do outro.
FLORA
A Cunca do Congo acolle a selva tropical máis grande do mundo: árbores do caucho (hule), palmeira de aceite,teca, cedro, caoba, iroco, secuoia. Na beira do río destacan os Papiros e as Cyperaceae (xuncos)
FAUNA
É a típica da selva ecuatorial MAMÍFEROS: hipopótamos, lontra de pescozo manchado, manatí (no río Sanga), búfalos AVES: carrans, garzas, avetorillos, pato de Exipto, cegoñas, pelícanos, flamingos, bufo pescador, águia pescadora, picapeixes... PEIXES: máis de 230 especies: peixe gato negro, peixes pulmonados, peixe monstruo (peixe tigre Goliat, que pode acadar os 68 kg), barbos (Barbo bymi, Barbo tropidolepsis), cíclidos, ciprínidos, anguía espiñenta, tilapia, saltarín do fango... RÉPTILES: crocodilo do Nilo, Crocodilo de Osborn (no río Itimbri), varano do Nilo, sapoconchos, falso gavial...
APROVEITAMENTO
Subministro de auga, agricultura, pesca, navegación... Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.
ESPAZOS PROTEXIDOS
O Congo e os seus afluente percorren o segundo bosque tropical máis grande do mundo, a Selva do Congo. Con máis de 11.000 especies de plantas, 450 mamíferos, 1.150 aves, 300 réptiles e 200 anfibios. -Reserva Natural Mangrove, Reserva Forestal Luki, Parques Naturais Yangambi, Lomako yokokala, Tumba Lediima...
DATOS HISTÓRICOS
A foz do Congo visitárona o portugués Diogo Cão en 1482 e no 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.
TRADICIÓNS-LENDAS
Lendas sobre os manatís: Mami Wata (unha especie de serea)
CURIOSIDADES
Antes chamábase tamén río Zaire É o segundo río máis longo de África. Atravesa o Ecuador en dúas ocasións É dun dos ríos máis profundos, nalgúns lugares acada os 230 m
PRINCIPAIS PROBLEMAS
Deforestación da selva, contaminación, conflictos armados na zona...
RÍO
NÍXER
NACEMENTO E FONTES
Monte Loma, na fronteira entre Guinea e Serra Leona
PERCORRIDO: PAÍSES
Guinea Conakry, Malí, Níger,Benín e Nixeria
PERCORRIDO LINEAL
Lonxitude: 4.180 km Bamako- Kulikoró- Segú-Yenné - Mopti -Tombuctú-Gao -Tillabéri - Niamey - Onitsha - Port Harcourt
DESEMBOCADURA Golfo da Guinea (océano Atlántico), nun enorme delta no Sur de Nixeria.
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 2.262.000 km². Oeste: Bintimani (1.954 m), Tibé, Montes Nimba (1752 m) Leste: Montañas Mandara
AFLUENTES- de Benue, Bani
AFLUENTES -esq
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Ns confluencia co río Bani, no centro de Malí (no deserto do Sahel), o Níxer bifúrcase e forma un delta interior (unha ampla chaira de inundación), un área pantanosa de uns 400 km de lonxitude, chamada o Delta Central do Níxer-Bani. Alí atópase o lago Debo, o mái grande de Malí. No Sahel atravesa un campo de paleodunas.
CLIMA
É predominantemente tropical aínda que hai unha extensa zona subdesértica, moi cálida, con chuvias escasas. Cara ao sur vólvese máis húmido cunha una estación de chuvias entre xuño e outubro e outra estación seca de 8 ou 9 meses.
TIPO DE RÉXIME Ten un réxime complexo, na medida na que atravesa rexións climáticas diferentes. Na súa cabeceira ten un réxime pluvial, irregular, co máximo caudal en setembro-outubro e mínimo en abril. No curso medio, na zona subdesértica, decrece moito o seu caudal. No curso baixo, os máximos son en outubro-novembro.
CAUDAL 6.000 m³/s (medio)
FLORA Na zona suddesértica é escasa (plantas espiñentas) mentres que na sabana hai variedade de árbores como baobab, tamarindo, acacias e variedades de caoba. Nas beiras do río hai papiros, carrizos, xuncos ...
FAUNA
MAMÍFEROS: manatí africano, hipopótamo, lontra, búfalos AVES: carráns, garzas, avetorillos, pato de Exipto, cegoñas, pelícanos, flamingos, bufo pescador, águia pescadora, picapeixes... PEIXES: peixe gato negro, biquires, dipnoos, peixe tigre, barbos, cíclidos, ciprínidos, anguía espiñenta, tilapia, saltarín do fango... RÉPTILES: crocodilo do Nilo, crocodilo enano, varano do Nilo,sapoconchos, falso gavial...
APROVEITAMENTO
Subministro de auga, agricultura, navegación, pesca, enerxía... É navegable ata Bamako e unha importante vía de comunicación, transporte e comercio para a zona. Presas hidroeléctricas: Sélingué e lago Kainji
ESPAZOS PROTEXIDOS
Lago Debo, na zona do delta interior (sitio RAMSAR)
DATOS HISTÓRICOS
Os portugueses João de Santarém e Pedro Escobar alcanzaron a foz do río Níxer en 1471. A gran confusión entre os europeos, que crían que podía ser o mesmo río Senegal, ou aínda relacionable co río Nilo, non se aclarou ata que foi explorado en 1830 por Richard Lander.
Entre 1866 e 1867 o explorador alemán Gerhard Rohlfs percorreuno desde o Sahara nun grande tramo, ata conseguir saír pola súa desembocadura. O Níxer ten unha gran importancia histórica, xa que facilitaba o abastecemento das caravanas que cruzaban o continente, favorecendo a formación de cidades importantes, como as actuais capitais e, especialmente, Timbuctu, hoxe Patrimonio da Humanidade, que fora un grande centro urbano.
CURIOSIDADES
Crese que o nome do Níxer provén da expresión da lingua tuareg gher n gherem, "río dos ríos", é dicir, "río grande".
A estrana forma en arco do curso do río, parece ser debida a ter sido orixinado da confluencia de dous ríos: o que seguía para Nordeste desembocaría nun lago interior, antes de que o Sahara se convertese nun deserto (hai uns 6000 anos), mentres que o que vai cara ao sueste tería orixe nas montañas próximas a actual grande curva.
PROBLEMAS Contaminación, secas, obras que alteran o curso e afectan aos ecosistemas…
RÍO
ZAMBEZE
NACEMENTO E FONTES
Noroeste de Zambia
PERCORRIDO: PAÍSES
Zambia, República Democrática do Congo, Angola,Namibia, Botsuana, Cimbabue e Mozambique
PERCORRIDO LINEAL
Lonxitude: 2.574 Km Katima Mulilo (Namibia) Mongu, Lukulu, Livingstone, e Sesheke (Zambia) Victoria Falls, Kariba (Zimbabue) Songo e Tete (Mozambique)
DESEMBOCADURA Océano Índico (forma un enorme delta)
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 1.390.000 km2 Norte: monte de Katanga Leste: Mulange (3.002 m) Sur: Monte Bingo (2.437 m)
AFLUENTES DEREITA
Luena, Lungwbungu, luanginga, Gwaai, Sanyati, Mazowe
AFLUENTES ESQUERDA
Kabompo, Kafue, Luangwa, Shire (desaugue do lago Malawi)
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Cataratas Chavuma, na fronteira entre Zambia e Angola Cataratas Ngonye, preto de Sioma, no oeste de Zambia Cataratas Victoria, as maiores do mundo, con 1.708 metros de extensión e que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1989. Canóns de basalto. Desfiladeiro de Lupata Rif Africano Laho Malahui
CLIMA Tropical seco. A estación seca vai de maio a outubro. As chuvias van de novembro a marzo.
TIPO DE RÉXIME
Pluvial, irregular: augas altas de novembro a marzo e baixas de maio a outubro Os índices de evaporación son moi elevados e gran parte da auga pérdese en pantanos e chairas aluviais.
CAUDAL 7.070 m³/s (medio)
FLORA
Árbores madeirables moi estimados como a caoba, xabillo (ou ceiba), samán (ou tamarindo)... Na beira do río: papiros, carrizos, xuncos, palmeiras Borassus...
FAUNA
MAMÍFEROS: manatí africano, hipopótamo, lontra, búfalos... AVES: carrans, garzas, avetorillos, pato de Exipto, cegoñas, pelícanos, flamingos, bufo pescador, águia pescadora, picapeixes... PEIXES: peixe gato negro, Labeobarbus codringtonii, biquires, dipnoos, peixe tigre, barbos, cíclidos, ciprínidos, anguía espiñenta, tilapia, saltarín do fango, gaiarre (chamado ás veces tiburón do zambeze)... RÉPTILES: crocodilo do Nilo, crocodilo enano, varano ,sapoconchos, falso gavial...
APROVEITAMENTO
Subministro de auga para as cidades, a a gricultura e a industrias, navegación, enerxías, lecer, turismo... É navegable desde a cidade de Tete (Mozambique) ata a desembocadura. Hai dous grandes encoros no río, dedicados principalmente á produción de enerxía hidroeléctrica: a Presa de Kariba, construída na gorxa de Kariba, onde conflúen os
ríos Sanyati e Kafue, afluentes do Zambeze, que prové de electricidade a Zambia e a Zimbabwe; a presa de Itezhi-Tezhi no Kafue, e a Presa de Cahora Bassa, que proporciona enerxía á República Sudafricana. Hai tamén unha pequena estación hidroeléctrica nas Cataratas Victoria.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Praque Nacionais: Lower Zambezi, Dabde, Mana Pools, Reserva forestal Kaningina (Lago Malawi) HUMIDAL RAMSAR: Complexo Marromeu...
DATOS HISTÓRICOS
A rexión do Zambeze era coñecida polos xeógrafos medievais como Imperio de Monomotapa. A desembocadura foi descuberta en 1498 polo navegante Portugués Vasco da Gama. O primeiro europeo que explorou o curso superior do río foi o scocés David Livisgstone entre 1851 e 1853. Varios anos despois atopou as cataratas que chamou Victoria.
CURIOSIDADES Ocasionalmente as augas do río Okawango verten no Zambeze.
PROBLEMAS Vertidos da mineiría. Augas sen depurar, augas contaminadas con microbios do cólera, disentería, tifo... Alteración de escosistemas polos encoros...
RÍO: LIMPOPO
NACEMENTO E FONTES
Montes Witwatesrand (norte de Sudáfrica). Fórmase coa confluencia dos río Crocodilo (350 km) e Marico.
PERCORRIDO: PAÍSES
Sudáfrica, Botsuana, Zimbabue, Mozambique
PERCORRIDO LINEAL
LONXITUDE: 1.800 km Gaborone-Beitbridge-Pafuri-Mabalane-Chibuto-Xai-Xai
DESEMBOCADURA Océano Índico
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 413.000 km²
Sur: monte Blouberg (2.051)
AFLUENTES DEREITA
Crocodile, Mogalakwena, Sand,
AFLUENTES ESQUERDA
Shashe, Mzingwane, Bubi, Mwenezi, Changane, Olifants
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
O Limpopo é un río que discorre mainamente formando numeroso meandros e zonas asolagadas na sabana.
CLIMA
Desértico (o curso alto percorre parte do deserto do Kalahari) Subtropical
TIPO DE RÉXIME
Pluvial As augas do Limpopo corren moi lentas e cheas de sedimentos. As precipitacións son estacionais e moi variables.
CAUDAL 170 m³/s (caudal medio na boca)
FLORA Mopane, baobab, carrizos, papiros...
FAUNA
Elefantes, rinocerontes negros, hipopótamos, búfalo cafre, impala, garzota, cegoña, crocodilos do Nilo, carpas...
APROVEITAMENTO
Agricultura, usos urbáns, pesca… Desde a confluencia co río Olifants, o Limpopo é navegable.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Parque Transfronteirizo do Gran Limpompo (inclúe o Parque Nacional Limpopo, en Mozambique, o Parque Nacional Kruger e o Parque Nacional Mala Mala, ambos en Sudáfrica, e o Parque Nacional Gonarezhou, en Zimbabue, ademais do Santuario Manjinji e a Malipati Safari Area, en Zimbabue, e diversas áreas entre Sudáfrica e Zimbabue que unen os parques.
DATOS HISTÓRICOS
A zona estivo habitadas desde tempos moi antigos. Atopáronse fósiles de Australopithecus de hai 3,5 millóns de anos. O navegante portugué Vasco da Gama foi o primeiro europeo en ver o río e fondeou na súa desembocadura nunha das súas expedicións en 1498.
CURIOSIDADES O río foi inmortalizado no conto “El niño del elefante” polo británico Rudyard Kipling, onde é descrito como “gris verde, graxento, todo rodeado con árbores de febre», onde mora a serpe pitón de rocha bicolor” .
PROBLEMAS Contaminación
RÍO
OKAWANGO CUBANGO
NACEMENTO E FONTES
Meseta de Bié (Angola)
PERCORRIDO: PAÍSES
Angola, Namibia, Botswana,
PERCORRIDO LINEAL
Lonxitude: 1.700 km Por onde pasa: Calundo-Rundu-Shakawe
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie da conca: 530.000 km2
Meseta de Bié (Angola) ao norte Montes Omatako (SO)
AFLUENTES DEREITA
Cuci, Cuito
AFLUENTES ESQUERDA
Omatako, Nhoma
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
Ao chegar a Botsuana o río serpentea entre dúas fallas xeológicas e remata creando una extensa chaira anegada. É absorbido polo desierto de Kalahari e descoñécese onde rematan as súas augas. Forma un falso delta (unha zona pantanosa que vai desaparecendo no deserto) que cubre entre 15.000 km² e 22.000 km² durante as enchentes. Lago Ngami, no delta
CLIMA
Os veráns son calurosos e os invernos máis frescos. A estación de chuvias ten lugar entre octubre e abril e ocasiona unha gran enchente do río que tarda en completarse nove meses debido á súa escasa pendente.
TIPO DE RÉXIME Pluvial, é considerado un río alóctono, é decir, as súas augas proceden doutros lugares de clima máis húmido que o curso medio e baixo.
CAUDAL 475 m3/s un caudal moi irregular debidos á alternancia de secas e chuvias.
FLORA Sabana, con predominio de herbas (sobre todo gramíneas) e escaseza de árbores (da familia das acacias). Na beira do río papiros, xuncos...
FAUNA
MAMÍFEROS: león (os únicos leóns nadadores), leopardo, elefante, hipopótamo, rinoceronte, búfalo, guepardo, licaón, impalas... AVES: avetarda kori, xabirú africano, bufo pescador, cálao terricola, águia marcial PEIXES: peixe gato, peixe tigre
APROVEITAMENTO Turismo, safaris, pesca, agricultura
ESPAZOS PROTEXIDOS
Parque Nacional de Chowe Reserva de Suwute
TRADICIÓNS-LENDAS
O nome significa “río con grandes peixes” nos idiomas nativos O nome de Cubango llo deron os portugueses
CURIOSIDADES
A zona do delta do okawango está habitada por cinco grupos étnicos que sobreviven da caza e a pesca desde hai miles de anos.
PROBLEMAS Secas, contaminación...
RÍO
ORANGE
NACEMENTO E FONTES
Mount-aux-Sources, nos Montes Drakemberg (Sudáfrica)
LONXITUDE 2.090 km
PERCORRIDO: PAÍSES
Lesoto, Namibia, Sudáfrica
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Upington
DESEMBOCADURA Océano Atlántico (Badía Alexander)
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 973.000 km2 NORTE: Groot Karasberge SUR: Montes Drakensberg LESTE: Montes Drakensberg
AFLUENTES DEREITA
Mohokare (Caledon), Vaal, Molopo, Visrivier
AFLUENTES ESQUERDA
Kraai, Brak, Sak
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
O río Orange salva grandes desniveis desde o seu nacemento e encáixase en varios tramos formando profundos canón onde se atpan saltos e rápidos. O deserto do Namib linda polo norte co seu curso. Na desembocadura forma un amplo esteiro onde se acumulan grandes cantidades de sedimentos. Augrabies Falls, ou Hudred Falls: de 60 m altura, nun canón de 240 m de profundidade e 18 km de lonxitude. Canón do río Visrivier ou Fish (Namibia). É o canón máis longo de África e un dos máis longos do mundo. Cunha lonxitude de 160 km, 27 km de ancho e profundidades de 550 m nagúns puntos. Foi erosionado durante 650 millóns de anos. O río Fish é o río interior máis longo de Namibia, aínda que pode chegar a secarse.
CLIMA Tropical seco e desértico
TIPO DE RÉXIME
Pluvio-nival, moi irregular, con augas altas no verán e baixas no inverno. Moitos dos seus afluentes son intermitentes.
CAUDAL 215 m3/s.
FLORA
Plantas de ribeira e típicas de zonas áridas e desérticas como o aloxe xigante (Aloe dichotoma).
FAUNA
Especies fluviais e de zonas áridas. Só se atopan 16 especies de peixes, algunhas endemismos: bagre de rocha (Austroglanis sclateri), maloti cabezona (Pseudobarbus quathalambe), namaqua púa (Hospes barbus), sardiña de río (Mesobola brevianalis), Labeobarbus aeneus, Labeobarbus kimberlyensis, Labeo capensis.
APROVEITAMENTO
Subministro de auga para a agricultura, usos urbáns e industria; enerxía hidroeléctrica (presas Gariep, Van der Kloof…), deportes, lecer... Nas beiras do río Orange, nos tramos medio e baixo, hai varias minas de diamantes que aproveitan os aluvións do río.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Augrabies Falls National Park Parque Transfronterizo ǀAi-ǀAis/Richtersveld (Sudáfrica e Namibia)
DATOS HISTÓRICOS
Os primitivos habitantes da zona chamábanlle ao río Gariep. Foi descuberto por europeos en 1760 e bautizado co nome da Casa de Orange, dos Países Baixos arredor de 1777-79.
TRADICIÓNS-LENDAS
Conta unha lenda que o maior alixo de diamante do mundo atópase no pozo excavado polo remuíño do río ao caer na fervenza Augrabies.
CURIOSIDADES
En 1867, o primeiro diamante descuberto en Sudáfrica (Eureka Diamond) atopouse preto de Hopetown, no río Orange. Dous anos máis tarde atopouse outro máis grande (Estrela de África do Sur) o que provoucou unha gran febre de busca de diamantes en Sudáfrica.
PROBLEMAS Secas, contaminación, especies invasoras, alteración de ecosistemas polos encoros...
RÍO
SENEGAL
NACEMENTO E FONTES
Meseta Fouta Djalon. Fórmase coa confluencia dos río Bafing e Bakoie.
LONXITUDE 1290 km, 1790 km ata as cabeceiras do Bafing.
PERCORRIDO: PAÍSES
Malí, Mauritania, Senegal, Guinea
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Bafoulabé, Kaies, Bakel, Saint Louis
DESEMBOCADURA Océano Atlántico
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 337 000 km2 NORTE: montes Afollé e El’Açaba SUR: Fouta Djalon OESTE: Fouta Djalon
AFLUENTES DEREITA
Baoulé, Kolimbine, Karakoro, Gorgol
AFLUENTES ESQUERDA
Falemé
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
O curso alto salva fortes desniveis e encáixase en profundos canóns con saltos e fervenzas. O curso baixo discorre mainamente e forma numerosos meandros. Na desembocadura forma unha longa barra de area de 15 km de lonxitude chamada Lingua de Barbaria e un gran lago litoral (Lago Djoudi). -Cataratas Gouina, de 500 m de ancho e 16 m de altura.
CLIMA Tropical no curso alto e semiárido no resto
TIPO DE RÉXIME
Pluvial, moi irregular. Depende totalmente das precipitacións do monzón. Ten augas altas de xullo a novembro, e baixas de marzo a xuño.
CAUDAL
640 m3/s (medio). Pode variar desde os 3 m³/s en periodo de seca ata os 5000 m³/s en grandes enchentes.
FLORA Plantas esteparias, baobab, acacias, tamarindos... No río carrizos, xuncos, espadanas...
FAUNA
AVES: destaca o gran número e diversidade (350 especies) de aves da desembocadura: flamingo, pelícano, garzota, ganso de esporón, garzas, águia pescadora, parrulos, corvos mariños, picapeixes… É a principal área de invernada para a folosa acuática (Acrocephalus paludicola). MAMÍFEROS: búfalos, hipopótamos, mono patas (Erythrocebus patas), facóquero, gacela dorca, gato bravo, burro salvaxe… RÉPTILES: varano, pitón, crocodilo…
APROVEITAMENTO
Subministro de auga para a agricultura e doméstico, enerxía hidroeléctrica, navegación... O Senegal ten dúas grandes presas a Manantali (Malí) no río Bafing e a Maka-Diama na fonteira entre Mauritania e Senegal, que controla o acceso da auga salgada río arriba, que chegaba ata 150 km e producía a salinización das terras de cultivo. É navegable nun tramo de 175 km, desde a desembocadura ata Podor, e en tempos de augas altas ata Kaies (975 km)
ESPAZOS PROTEXIDOS
Parque nacionais: Aves de Djoudj (tamén humidal Ramsar e Patrimonio da Humanidade), e Lingua de Barbería en Senegal, Diawling, en Mauritania.
DATOS HISTÓRICOS
O Senegal era coñecido polos pobos mediterráneos desde a Antigüidade. Plinio o Vello chamouno Bambotus (hipopótamo). Foi visitado polo cartaxinés Hannón o Navegante arredor do ano 450 a.C. e mantíñase comercio coa zona ata a destrución de Cartago. Durante toda a antigüidade e na idade media críase que o río estaba conectado co Nilo, ou co Níxer e correu a información de que se extraía gran cantidade de ouro das súas areas o que levou a que se tentasen moitas exploracións por mar. Despois de moitos intentos, en 1445 o capitán portugués Dinis Dias , foi o primeiro europeo coñecido desde a antigüidade que chegou á desembocadura do río Senegal.
TRADICIÓNS-LENDAS
Desde tempos antigos circulaban lendas sobre illas de ouro no curso do Senegal.
PROBLEMAS Grandes secas, contaminación, alteración de ecosistemas polos encoros...
RÍO
VOLTA
NACEMENTO E FONTES
Monte Tena (Burquina Faso). Fórmase pola confluencia do Volta Negro (Movhqum) e o Volta Branco (Nakambe)
LONXITUDE 1.500 km (Volta Negro)
PERCORRIDO: PAÍSES
Ghana, Burkina Faso, Malí, Costa de Marfil, Benín e Togo.
PERCORRIDO LINEAL
Cidades: Xapei, Kpandu, Ada
DESEMBOCADURA Golfo de Guinea (Océano Atlántico)
CONCA SERRAS MÁIS IMPORTANTES
Superficie: 407.093 km2 NORTE: Hombori, Tena LESTE: Monte Agou OESTE: Kwamisa
AFLUENTES ESQUERDA
Volta Branco (co Volta Vermello), Oti
FENÓMENOS XEOLÓXICOS DESTACADOS
O percorrido do río ten pouco desnivel en xeral, agás na primeira parte do curso alto. Fervenzas nas cabeceiras do Volta Negro.
CLIMA Tropical
TIPO DE RÉXIME Pluvial con augas altas en setembro e outubro e baixas de xaneiro a maio.
CAUDAL 1,210 m3/s
FLORA
Plantas de sabana (acacias, gramíneas, arbustos espiñentos...) e nas beiras da auga manglares, palmeiras, xuncos, papiros...
FAUNA
Típica da sabana e selva africana: búfalos,elefantes, crocodilos, antílopes, garzas, gansos, marabús...
APROVEITAMENTO
Subministro de auga para agricultura, vivendas, industrias e enerxía eléctrica; pesca, acuicultura, navegación, lecer...
ESPAZOS PROTEXIDOS
Reserva Natural Selva das Fontes do Mouhon Parque Nacional Kaboré Tambi Parque Nacional Digya (No Lago Volta)
DATOS HISTÓRICOS
O nome do río foi posto polos comerciantes de ouro portugueses, xa que era o seu punto máis alonxado antes de voltar á casa. Na súa cunca atópanse varios lugares declarados como Patrimonio da Humanidade: -Edificios tradicionais dos Ashanti -Castelos e fortes do Lago Volta.
CURIOSIDADES
Lago Volta: o lago artificial máis grande do mundo. Formouse en 1965 cando a represa de Akosombo contivo as augas do río Volta. Ten 520 km de lonxitude, unha profundidade máxima de 75 m e un volume de 148 km³.
PROBLEMAS Contaminación, secas, alteración de ecosistemas polas obras...