Rosalia 1

2
escoito piar un paporrubio. atraveso veigas. oio tocar unha gaita. choro de contenta. sinto dor polas inxustizas. marchei de onde nacín. defender ás labregas. cantar na beira da fonte. ollar as noites de luar. Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón no ano 1885, é unha das máis importantes escritoras en lingua galega, así como tamén unha das principais responsables do Rexurdimento galego. Nos seus primeiros anos Rosalía tivo unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón, onde viviu por tempadas entre os nove e quince anos. En 1856 trasladouse a Madrid, onde residiu cunha curmá. Comezou a publicar e, en 1858 casou con Manuel Murguía, investigador, cronista e xornalista. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase por ser a data de edición da súa obra Cantares Gallegos. Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profun- damente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida: a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde. En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares Gallegos, que constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. En castelán publicaría La flor (1857), A mi madre (1863) e En las orillas del Sar (1884) e a novela El caballero de las botas azules (1867). O CEIP Cespón e CEP Pilar Maestú Sierra súmanse con esta actividade á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que leva por título "Eu son Rosalía". Trátase de escribir e/ou gravar vídeos, onde se comece pola frase “Eu son Rosalía porque/cando/para...”

Transcript of Rosalia 1

Page 1: Rosalia 1

escoito piar un paporrubio.

atraveso veigas.

oio tocar unha gaita.

choro de contenta.

sinto dor polas inxustizas.

marchei de onde nacín.

defender ás labregas.

cantar na beira da fonte.

ollar as noites de luar.

Rosalía de Castro, nada en

Santiago de Compostela o 24 de febreiro

de 1837 e finada en Padrón no ano 1885, é

unha das máis importantes escritoras en

lingua galega, así como tamén unha das

principais responsables do Rexurdimento

galego. Nos seus primeiros anos Rosalía tivo

unha infancia leda nas vilas rurais de

Ortoño e Padrón, onde viviu por tempadas

entre os nove e quince anos. En 1856

trasladouse a Madrid, onde residiu cunha

curmá. Comezou a publicar e, en 1858

casou con Manuel Murguía, investigador,

cronista e xornalista.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas

celébrase por ser a data de edición da súa

obra Cantares Gallegos.

Rosalía de Castro escribiu tanto en

prosa coma en verso, empregando o galego

e o castelán. A súa obra estivo profun-

damente marcada polas circunstancias que

rodearon a súa vida: a súa orixe, os

problemas económicos, a perda dos seus

fillos e a súa fráxil saúde. En 1863 foi

publicado en Vigo o seu primeiro grande

libro, Cantares Gallegos, que constitúe o

primeiro libro escrito en galego nunha

época na que a lingua galega estaba extinta

coma lingua escrita. En 1880 a escritora

publicou unha escolma de poemas á que

chamaría Follas Novas. En castelán

publicaría La flor (1857), A mi madre

(1863) e En las orillas del Sar (1884) e a

novela El caballero de las botas azules

(1867).

O CEIP Cespón e CEP Pilar Maestú Sierra súmanse con esta actividade á proposta

da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que leva por

título "Eu son Rosalía". Trátase de escribir e/ou gravar vídeos, onde se comece pola

frase “Eu son Rosalía porque/cando/para...”

Page 2: Rosalia 1

Eu son Rosalía...

Poemas Rosalía de Castro