Rosalía de Castro

10
Rosalía de Castro

Transcript of Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

VIDANaceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.

En 1858 casou co historiador e galeguista Manuel Murguía. Terá varios fillos e debido á profesión do seu home, vivirá en diferentes lugares de Galicia.

Instálase definitivamente en Padrón, onde morre en 1885.

Os seus restos repousan actualmente no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela)

OBRA

Rosalía é unha figura fundamental na nosa literatura. Dúas das súas obras principais foron os libros de poemas: Cantares Gallegos e Follas Novas.

As súas poesías, cheas de ritmo e musicalidade, fálannos da paisaxe de Galicia, dos costumes da aldea, da emigración e dos problemas das xentes.

Campanas de Bastabales,cando vos oio tocar,morróme de soidades.

Este vaise i aquel vaise,e todos, todos sen van;Galicia, sen homes quedasque te poidan traballar.

Maio longo…, maio longo,todo cuberto de rosas:para algúns, telas de morte,para outros, telas de bodas.

Adiós, ríos; adiós, fontes;adiós, regatos pequenos;adiós, vista dos meus ollos;non sei cando nos veremos.

- Vente, rapasa,

vente, miniña,

vente a lavar

no pilón da fontiña.

O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio nunha homenaxe á data de publicación do seu primeiro libro en galego Cantares Gallegos.En 1963 celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas e estivo dedicado a Rosalía.

Rosalía, na voz de Amancio Prada