Samaín
Click here to load reader
-
Upload
ceiprandufe -
Category
Education
-
view
583 -
download
13
description
Transcript of Samaín
Equipo de normalización e
dinamización lingüística
Outono 2014
HOXE EN DÍA O HALLOWEEN É UNHA DAS FESTAS MÁIS IMPORTANTES EN ESTADOS UNIDOS OU CANADÁ, PERO NON DEBEMOS ESQUECER QUE EN REALIDADE PROCEDE DUNHA CELEBRACIÓN CON FONDAS RAÍCES GALEGAS:
O SAMAÍN
CEIP de Randufe
Un mestre dunha escola
de Cedeira, na provincia da Co-
ruña, Rafael López Loureiro, foi
o responsable de redescubrir
esta tradición. Ademais analizou
o costume das cabazas co culto
á morte; hai lugares como Qui-
roga, en Lugo, nos que a cabaza
tallada gárdase ata Entroido. In-
vitámosvos a reflexionar sobre
a facilidade coa que adoptamos
tradicións americanas e as reti-
cencias que con frecuencia xor-
den á hora de conservar as no-
sas.
A celebración do día do Haloween foi integrada na
nosa cultura case desprazando aos ancestrais ritos dos “Día
de mortos” que se viña celebrando no noso país desde tem-
pos inmemoriais. Porén, pouco sabemos de onde ou cando
xorden este conxunto de actividades que se realizan na noi-
te do 31 de outubro.
HISTORIA DO HALLOWEEN
Hai algún milleiros de anos, os pobos que habita-
ban a zona atlántica de Europa incluídas as terras que inclú-
en Galicia, conmemoraban o ano novo o 1 de novembro,
polo que comezaban a celebración na noite do 31 de outu-
bro. Era todo un evento. Os druídas que eran os sacerdotes
celtas, dedicaban a noite do SAMAÍN ao cabaleiro da mor-
te . Esa noite recollían visgo das aciñeiras e dos carballos
cunha fouce de ouro para facer as súas beberaxes máxicas.
Crían que esa noite, os mortos podían comunicarse cos vi-
vos. Acendían fogueiras polas aldeas para guiar aos mortos
na escuridade da noite e
levalos ao seu fogar
para se quentar coa
calor do lume.
Tamén xuntaban caveiras con candeas no inte-
rior, porque crían que os protexían. Segundo este costu-
me celta, os mortos volvían na noite de Samaín a pedir
alimentos , maldicindo e facendo vítimas aos que non
accedían ás súas peticións (“ou me dás, ou fágoche unha
maldade”), de aí ven o famoso “truco ou trato” , “truck an
treat” en inglés
Chegan os romanos: Dende a Península Itálica
e tomando os dominios celtas, chegan os romanos que
adoraban a múltiples deuses e deusas. Este pobo, cele-
braba nos últimos días de outono e principios de novem-
bro “As festas de Pomona” dedicadas ás deusas das ár-
bores froiteiras (algo seme-
llante á vendima ou celebra-
ción da colleita). Como adoita
ocorrer coas invasións, as
culturas romana e celta mes-
turáronse e así chegou a
facerse unha festa dedicada
as froitas de outono e aos
malos espíritos.
A igrexa “pon orde”: Cando se instaura o cris-
tianismo, os sacerdotes viron como algo desagradable
que aínda houbese xente que adorase ao Samaín ou a
Pomona. Buscaron a forma de incluír estas festividades,
dándolles un enfoque cristián. Dado que os días do ano
non eran suficientes para honrar cada día a un santo,
decidiron dedicarlle un só día a todos os santos menores.
Así pois, institúese o 1 de novembro como Día
de todos os santos, que en Inglaterra se denominou “All
Halow Day” (traducindo exactamente do inglés) e a noite
anterior chamouse “All Hallow Even”. Coas contraccións,
tan acostumadas na lingua inglesa, isto pasou a ser “All
Hallow E´en” e finalmente Halloween.