semana do libro

4

description

actividade da biblioteca

Transcript of semana do libro

23 DE ABRIL “DÍA DO LIBRO”

O Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor é unha conmemoración internacional instituída pola UNESCO en 1995, na que hoxe participan mais de cen países de todo o mundo.

O seu obxectivo é fomentar a lectura e a industria editorial, así como protexer a propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor.

Celébrase o 23 de abril, porque en tal día do ano 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega.

O “inventor” desta festa foi o editor e escritor valenciano Vicente Clavel Andrés que propuxo os editores de Barcelona a celebración da Festa do Libro en 1930, coincidindo co Día de San Xurxo, patrón de Cataluña, unha festividade na que dende a Idade Media os homes regalaban unha rosa as súas amantes, e que dende 1925 se completaba co regalo dun libro por parte das mulleres.

A celebración ten variantes en algúns países de fala castelá. Por exemplo, en Cuba celébrase o Día do Idioma.

O 23 de abril de 2009 a capital libanesa Beirut foi elixida Capital Mundial do Libro, sendo sucedida no 2010 pola capital eslovena Ljubljana.

EXPOSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR ANTIGO E CURIOSO

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, entre o 26 e 30 de abril do 2010, na Biblioteca do CPI Tomás de Lemos tivo lugar unha exposición de “Material Escolar Antigo e Curioso”.

Os materiais expostos foron aportados por profesores e alumnos do centro. Colaboraron na súa preparación algúns profesores, así como alumnos de 2º e 4º da ESO, que tamén fixeron de guías os visitantes.

A exposición non foi só unha mostra de material escolar antigo e

curioso, senón tamén un percorrido polos sistemas educativos españois dende o século XIX ata a actualidade (Lei Moyano de 1857, inicios do século XX coa Editorial Calleja, II República, réxime franquista, Lei Villar Palasí de 1970 e a LOGSE de 1990).

O material exposto foi moi diverso: libros dos séculos XVII, XVIII e XIX,

libros de texto, enciclopedias e monografías dos séculos XIX e XX, pizarras, cadernos escolares antigos, cartillas de lectura e escritura para os mais pequenos, libros en letra manuscrita, lecturas complementarias e novelas xuvenís, albumes de cromos, edicións de peto, máquinas de escribir e calculadoras, etc.

Os materiais expostos estiveron acompañados de fichas explicativas e de murais sobre a Orixe da Escritura e os diversos soportes da mesma, as Misións Pedagóxicas durante a II República, a Censura das publicacións durante o Franquismo, o emprego de libros en Letra Manuscrita, as Enciclopedias como manuais escolares, a orixe e evolución dos Aparellos de Cálculo matemático e das Máquinas de Escribir, así como os Métodos de Mecanografía, a recreación dunha Aula Antiga, as Testemuñas sobre a Experiencia Escolar de pais e avós de alumnos de cuarto da ESO, etc. A exposición foi visitada polos diferentes grupos de Infantil, Primaria e Secundaria do centro, acompañados polos seus profesores, e durante os recreos permaneceu aberta actuando como guías oito alumnos de 4ª da ESO.

Así mesmo, durante dúas tardes, de 5 a 8, permaneceu aberta para poder ser visitada polos pais dos alumnos. O balance da actividade parece positivo, sobre todo polo interese suscitado entre os alumnos do centro que tiveron contacto directo con libros e materiais escolares que descoñecían. Foi este interese dos alumnos e o desexo de contribuír a súa formación o que nos incentivou, e nos seguirá incentivando no futuro, a levar a cabo actividades deste tipo. Xa para rematar e, de novo, queremos agradecer a colaboración os profesores e alumnos que aportaron materiais e axudaron a preparación da exposición. Este apoio compensa e xustifica o inxente traballo dedicado a súa organización. A vos, moitas grazas.