Seres Vivos

26
Os seres vivos

Transcript of Seres Vivos

Page 1: Seres Vivos

Os seres vivos

Page 2: Seres Vivos

Os seres vivosUn ser vivo é un conxunto de átomos e moléculas, que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, que intercambia materia e enerxía co medio que o rodea.

A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro bioelementos (átomos) que son o carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno, a partir dos cales fórmanse as biomoléculas.

Page 3: Seres Vivos

Características diferenciais dos seres vivos

Complexidade

Niveis de organización

Automantemento

Unidade de Organización: A célula

Unidade de composición química

Funcións vitais

Page 4: Seres Vivos

Complexidade

Aínda que os seres vivos están compostos por átomos e moléculas, como a materia inerte, as principais sustancias responsables do desenvolvemento e funcionamento dun organismo son macromoléculas, como os ácidos nucleicos e as proteínas, que non existe na natureza non viva. Calquera ser vivo por sinxelo que sexa, é sempre máis complexo que calquera forma de materia inerte.

Page 5: Seres Vivos

Niveis de organización dos seres vivos

A materia viva presenta unha organización xerárquica de complexidade crecente. Cada nivel está integrado polo anterior e as súas características, e outras propias que son as propiedades emerxentes .

Page 6: Seres Vivos

Cada nivel de organización está integrado por todos os elementos do nivel inferior. Sen embargo as propiedades de cada un non son simplemente a suma

dos seus compoñentes senón que aparecen propiedades novas (propiedades emerxentes).

Page 7: Seres Vivos

Os seres vivos son sistemas abertos porque intercambian materia e enerxía co medio que os rodea.

Os restos de refugallo producidos no metabolismo son expulsados ó exterior.

Automantemento

Page 8: Seres Vivos

Unidade de organización: A Célula

Todos os seres vivos están formados por unidades denominadas células.

Según o número de células que pode ter un organismo poden ser:

• Unicelulares (unha única célula).

• Pluricelulares (moitas células).

Según a localización e organización do ADN poden ser:

• Eucariotas (sen membrana nuclear).

• Procariotas (con membrana nuclear).

Page 9: Seres Vivos

Unidade de composición química

4% 2%14%

67%

1%

12%

Glícidos

Lípidos

Proteínas

Ácidos nucleicos

Auga

Sales Minerais

4% 6%

18%

69%

1%

2%

Glícidos

Lípidos

Proteínas

Ácidos nucleicos

Auga

Sales minerais

Procariota Eucariota

Page 10: Seres Vivos

Funcións Vitais

Para a realización de todas as actividades da vida é imprescindible o aporte de enerxía. Coa función de nutrición o organismo vivo obtén a materia e a enerxía que necesita. Hai dous tipos de nutrición:

Función de nutrición

Autótrofa Heterótrofa

Page 11: Seres Vivos

Metabolismo: Conxunto de cambios e procesos de transformación que sofren as moléculas nutritivas para obter a enerxía que conteña e permitir a formación de novas moléculas propias do organismo.

ANABOLISMO: Fotosíntese CATABOLISMO: Respiración celular

É a fase construtiva do metabolismo. É o conxunto de rutas metabólicas cuxo obxetivo é a obtención de moléculas orgánicas máis ou menos complexas fortemente reducidas a partir de outras máis simples e relativamente oxidadas. Por tanto son procesos químicos de reducción.

É a fase degradativa do metabolismo na que moléculas orgánicas máis ou menos complexas son transformadas noutras moléculas orgánicas ou inorgánicas máis simples. Como resultado desta degradación libérase enerxía que en parte se conserva en forma de ATP, onde a súa vez pode ser utilizada para o anabolismo

Page 12: Seres Vivos

Función de reprodución

Todos os seres vivos proceden de outros mediante a reprodución. A materia viva ten a capacidade de reproducirse, de orixinar copias de si mesma, e esta capacidade ponse de manifesto en todos os niveis de organización.

O proceso reprodutor soe implicar un aumento de número e leva asociados dous fenómenos aparentemente contraditorios: a herencia e a variación ou aparición de diferenzas nos descendentes. A interacción entre estes dous fenómenos é a base da evolución biolóxica.

Reprodución sexual

Reprodución asexual

Page 13: Seres Vivos

Función de relación

Todos os organismos son capaces de detectar e reaccionar ante os cambios que se producen no seu contorno, é dicir, elaboran respostas ante os estímulos ambientais. Esta posibilidade de resposta proporciona ós organismos a capacidade de autorregulación.

Page 14: Seres Vivos

Composición química dos seres vivos

Bioelementos

Só 20 elementos dos 100 elementos químicos estables nas condicións fisicoquímicas terrestres, os chamados bioelementos ou elementos bioxenéticos están presentes en todos os seres vivos e o resto só aparece en determinados grupos.

Page 15: Seres Vivos

Bioelementos primarios Bioelementos secundarios

Constitúen o 99% do total da materia viva e forman a materia orgánica. Son C, H, O, N, P e S.

Aínda que están presentes en pequenas cantidades desempeñan importantes funcións e a súa carencia pode provocar trastornos serios.

Sodio (Na+)Potasio (K+)Calcio (Ca++)Magnesio (Mg++)Cloro (Cl-)

Page 16: Seres Vivos

Oligoelementos

Encóntranse en proporcións inferiores ó 0,1% aínda que desempeñan funcións esenciais en diferentes procesos bioquímicos e fisiolóxicos.

Page 17: Seres Vivos

Bioemoléculas

Unha biomolécula é un composto químico que se encontra nos organismos vivos. Están formadas por sustancias químicas compostas principalmente por carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, sulfuro e fósforo.As biomoléculas son o fundamento da vida e cumpren funcións imprescindibles para os organismos vivos.

Page 18: Seres Vivos

Biomoléculas inorgánicas Biomoléculas orgánicas

A auga é o composto máis abundante nos seres vivos. Supón entre un 60% e un 90% dos seres vivos.

Os sales minerais son compostos inorgánicos que, se poden encontrar en forma precipitada ou disolvida.

Glícidos Lípidos

Proteínas Ác. Nucleicos

Page 19: Seres Vivos

Grupos funcionais

Page 20: Seres Vivos

Tipos de enlace

Cando os átomos interactúan entre si, constitúen moléculas. A forza con que os átomos se manteñen xuntos denomínase enlace químico.

Page 21: Seres Vivos

Enlace covalente

Fórmase cando átomos do mesmo ou de diferente elemento químico comparten electróns para poder completar a última capa. Trátase dun enlace difícil de romper e, polo tanto, é un enlace forte.

Page 22: Seres Vivos

Enlace iónico

Resulta da atración mutua de ións con cargas opostas. En ausencia de auga, as forzas iónicas son moi intensas, pero en solución acuosa son bastante débiles

Page 23: Seres Vivos

Ponte disulfuro

Fórmase cando reaccionan dous grupos tiol ou sulfidrilo (-SH) dando -S-S- e H2.

Page 24: Seres Vivos

Pontes de hidróxeno

En este caso un átomo de hidróxeno é compartido por dous átomos de osíxeno, ambos electronegativos. Os enlaces de hidróxeno son máis fortes cando os tres átomos se atopan en liña recta. Son máis fortes que os de Van der Waals, pero moito máis débiles que os covalentes

Page 25: Seres Vivos

Forzas de Van der Waals

Son forzas atractivas inespecíficas que se establecen entre dous átomos calesqueira que estean situados a unha distancia mutua de 3 a 4 Amgstrons.

Page 26: Seres Vivos

Representación molecular das biomoléculas

Fórmula desenvolvida Fórmula semidesenvolvida

Fórmula molecular ou empírica Fórmula simplificada