Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas...

54

Transcript of Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas...

Page 1: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos
Page 2: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

EditaServicio Galego de Igualdade

Deseño_Maquetaciónocéano...visual

Dep. legal

C-1161-2001

CARLOS
Texto escrito a máquina
Page 3: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

SEMINARIO PERMANENTE DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE

CÓMO TOMAR DECISIÓNS SOBRE O TEU FUTURO

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente

Page 4: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos
Page 5: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

PRESENTACIÓN

5

Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a

Igualdade, tratamos de achegarnos desde unha óptica diferente á habitual, a perspectiva da

igualdade entre os xéneros, ás múltiples inquietudes que xorden ante ti ó pensar sobre o teu

futuro, sobre as múltiples eleccións que deberás tomar e o significado que en todo iso ten o feito

de ser moza ou mozo .

Co obxectivo de facilita-la elaboración de proxectos de vida globais, libres de estereotipos tradi-

cionais de xénero, ó longo das súas páxinas vánseche propoñendo unha serie de actividades

secuenciadas que che axudarán a coñecerte mellor e a ter en conta as múltiples posibilidades

que se abren ante ti nun contorno cambiante e cheo de oportunidades no que o papel social de

homes e mulleres continúa modificándose e avanzando cara a unha real igualdade entre ámbo-

los sexos.

Co desexo de facilitar novas realizacións do valor de igualdade no voso modo persoal de ser

moza ou de ser mozo, propoñémosvos reflexionar sobre o significado que as pautas tradicionais

de xénero tiveron ata este momento nas vosas vidas, de modo que, coñecendo as múltiples for-

mas en que se perpetúan as desigualdades entre os colectivos masculino e feminino, poidades

mellora-lo voso autocoñecemento e a autovaloración das vosas propias potencialidades perso-

ais, académicas e laborais, descubrindo os vosos propios desexos e intereses. Todo iso, esta-

mos seguras, facilitará a posibilidade de construír proxectos de vida globais que, sen dúbida,

suporán novas concrecións do valor da igualdade, a xustiza e a solidariedade entre homes e

mulleres na nosa sociedade.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente

Aurora Montes Santa-Olalla

DIRECTORA XERAL DO SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE

Mar Pérez Marsó

DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN EDUCATIVA E FORMACIÓN PROFESIONAL

Page 6: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos
Page 7: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

¿QUE SIGNIFICA TOMAR DECISIÓNS?

SABE-LO QUE QUERO

¿QUE É UN PROXECTO DE VIDA?

SABER CÓMO SON

SER MOZA/SER MOZO

O MEU CORPO

SEI O QUE ME GUSTA

PREGÚNTOME DE QUÉ SON CAPAZ

¿COMO ME RELACIONO?

O QUE ESPERAN DE MIN

O QUE MÁIS ME IMPORTA

¿EN QUEN ME FIXO?

O QUE ESPERO DE MIN

ÍNDICE

7

08

11

14

16

20

27

31

34

38

41

44

47

51

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente

Page 8: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

TOMAR DECISIÓNS SIGNIFICA elixir entre varias opcións. Cando temos poucos anos toma-

mos poucas decisións porque son as persoas maiores as que o fan no noso lugar. A medida que

medramos, van xurdindo máis situacións sobre as que podemos e queremos toma-las nosas

decisións, porque en moitas cuestións contamos con criterios propios e coñecémo-los nosos

desexos.

O anterior non indica que debamos tomar decisións en solitario; sempre seguiremos contando

co consello daquelas persoas nas que confiamos e que nos poden axudar a clarificar qué que-

remos e qué facer nos momentos de decisión.

Non tódalas decisións teñen igual transcendencia. Algunhas delas debemos tomalas a cotío, só

afectan a ese día: por exemplo, cando escollo cada mañá qué poñer ou cando decido qué facer

despois do instituto. Hai outras decisións que afectan a un curso enteiro, ¿que optativa vou eli-

xir no próximo curso? Ou ben se refiren a un tempo maior como cando teño que decidir despois

de ESO se farei Bacharelato, FP, se ademais buscarei un traballo...

Non tódalas decisións son igual de importantes; non todas elas teñen a mesma transcendencia.

Que unha decisión sexa máis importante ca outra tamén depende do tema de que se trate, se

é un asunto de grande interese ou, polo contrario, se se refire a cuestións pouco relevantes na

nosa vida. Resulta doado decatarse de que non é igual de importante decidir sobre qué faremos

no noso tempo libre que facelo sobre os estudios, as amizades, a familia, o traballo. Tampouco

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente8

¿QUE SIGNIFICA TOMAR DECISIÓNS?

Page 9: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

o será determinar sobre qué roupa comprar ou cómo queremos comportarnos na casa, no ins-

tituto, coas nosas amigas e amigos.

Esta guía quere axudarche a descubrir cómo tomar decisións que afectan ó teu futuro.

Trátase de decisións relacionadas con cómo es e queres ser, qué é máis importante para ti,

e cómo che gustaría ser.

A medida que as nosas decisións van sendo máis importantes, tamén nos imos dando conta

daquelas dificultades que acompañarán a nosa “toma de decisións”.

Estas dificultades poden xurdir por diferentes motivos; ás veces, o máis difícil consiste en saber

qué queremos, outras veces as dificultades xorden do noso medo a equivocarnos; este medo

pode paralizarnos e impedirnos toma-la nosa decisión.

Cando non sabemos ben cáles son as opcións entre as que podemos elixir, ou cando, aínda

coñecéndoas, nos custa decidir porque non queremos renunciar ás outras, tamén resulta difícil

tomar decisións.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 9

DECISIÓNST O M A R D E C I S I Ó N S

Page 10: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente10

PROPOÑÉMOSCHE:

PENSA sobre qué asuntos da túa vida actual tes capacidade de decisión, isto é, aquelas

cuestións nas que ti podes elixir. A continuación trata de descubrir cáles son as dificulta-

des que acostumas atopar.

�� ESTA GUÍA PRETENDE AXUDARCHE CON ALGUNHAS DESAS DIFICULTADES QUE SINALACHES PARA

QUE COAS PROPOSTAS E ORIENTACIÓNS SUXERIDAS POIDAS:

� Saber qué facer para decidir qué é o que queres.

� Coñece-las opcións entre as que podes elixir.

� Buscar outras opcións se as que tes non che serven.

� Encontrar con quen consulta-las túas dúbidas e medos.

� Saber cara a ónde te pode levar unha decisión, cáles serán as súas consecuencias.

� Saber qué facer despois de tomar unha decisión.

Decido sobre:

O meu modo de vestir

Encontro dificultades en:

Que me entendan na miña casa

Page 11: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

EN OCASIÓNS, resulta máis fácil deixa-los propios desexos en mans alleas que descubrir ou

decidi-lo que cada cal quere; por iso, nestas ocasións, deixámonos levar polas propostas ou

desexos doutras persoas; outras veces serán circunstancias temporais ou persoais as que nos

empuxarán a tomar decisións sen que saibamos moi ben por qué as tomamos.

Sabe-lo que cada persoa quere e espera de si mesma é bastante difícil.

Non é algo sobre o que poidamos decidir nun momento nin resolver definitivamente; constante-

mente debemos estar interrogándonos sobre iso e tomando as decisións. Descubrir e coñece-

los nosos desexos e preferencias require práctica. Preguntarte polo que queres e desexas é o

que te conducirá a te-los teus proxectos propios: a curto, a medio ou a longo prazo. Os teus pro-

xectos persoais irán, daquela, na túa motivación para actuar, para gozar co que fas, para ter ilu-

sións e poder compartilas, para encontrarte a gusto contigo e cos demais.

�� Exemplos destes proxectos puideran ser:

� Esta fin de semana quero ir ó cine

� O vindeiro curso quero matricularme en solfexo

� Quero estudiar algo relacionado con sanidade

� Cando termine a ESO quero estudiar un ciclo formativo de enxeñería

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 11

SABE-LO QUE QUERO

Page 12: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

� No verán quero ir a un campamento

� Quero saír con esta persoa

� Quero aprender a xogar a balonmán

� Para o meu aniversario quero facer unha festa

Se non teño ningún proxecto, por pequeno que sexa, encontrareime sen ganas de facer nada

ou farei as cousas simplemente porque teño que facelas.

DETENTE UN MOMENTO A...

Pensar nos teus próximos proxectos, aqueles que tes nas túas mans.

De todos eles propoñémosche elixir tres: un para realizar nesta semana (curto prazo), outro para

este trimestre e outro para o próximo curso (a longo prazo).

Axudándote da ficha seguinte, descríbeos e planifica os pasos que darás para realizalos. Non

esquezas incluír tamén as dificultades que poden xurdir para levalo a cabo e cómo pensas que

as podes resolver.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente12

Page 13: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 13

Nesta semana

Neste trimestre

O próximo curso

Quero celebrar o meu

aniversario.

Organiza-lo meu

tempo de estudio

O meu proxecto ¿Que facer para conseguilo? Posibles dificultades Posibles solucións

Page 14: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

SEGURO QUE ALGUNHA VEZ pensaches, imaxinaches, soñaches en cómo será a túa vida

cando sexas independente, cando vivas pola túa conta. Cando pensamos no noso futuro, ima-

xinámonos en aspectos diferentes: persoal, familiar, educativo, profesional, ocupacional. Nos

nosos proxectos teremos en conta tódalas facetas da vida porque non son independentes unhas

das outras, sempre están relacionándose... o seu conxunto formará a nosa propia vida.

É por iso que as decisións sobre o teu futuro non se refiren só ós estudios, a unha profesión ou

a unha ocupación, deberán ser algo máis amplo, a ese algo coñecémolo como proxecto de vida.

Nun proxecto global de vida incluiranse tódolos aspectos desta: estudios, traballo,

relacións persoais, familia, tempo libre, afeccións...

NESTA GUÍA ENCONTRARÁS algúns recursos para que poidas reflexionar persoalmente sobre

o teu propio proxecto de vida; para que te fagas moitas preguntas, ou volvas sobre as que xa te fixe-

ches. Suxerímosche que o fagas dun modo secuenciado co fin de ir encontrando algunhas respos-

tas que che darán pistas sobre cómo tomar esas decisións sobre o teu futuro.

PROPOÑÉMOSCHE un percorrido que pasa, en primeiro lugar, por autointerrogarte para

mellora-lo teu coñecemento sobre: cómo é, qué significa o feito de ser moza ou de ser mozo na

túa vida, cáles son as túas características, as túas calidades persoais, cómo te relacionas coas

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente14

¿QUE É UN PROXECTO DE VIDA?

Page 15: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

demais persoas, qué che agrada, qué cousas “se che dan ben” facer e cáles son as túas difi-

cultades.

SE CONTINUA-LO PERCORRIDO que che propoñemos, atoparás suxestións para descubrir

qué saben e opinan sobre ti, qué esperan de ti as persoas que te rodean e te coñecen, cáles

son máis importantes para ti, cáles merecen a túa confianza e as persoas que admiras e ás que

che gustaría parecerte.

POR ÚLTIMO, e se queres chegar ata o final, terás que ser capaz de ir máis alá e decidir qué

esperas e queres de ti, imaxinar qué che gustaría ser, cómo quererías vivir..., cómo te ves no

futuro. Investigara-las posibilidades que tes ó teu alcance, qué che ofrece a túa familia, as dife-

rentes opcións que che brinda o teu contorno e os pasos que hai que ir dando para sacar adian-

te os teus proxectos.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 15

?¿???? ???? ??????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????? ???? ???? ????????????????????????????????????? ???? ???? ???????????????????????

Page 16: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

EN XERAL, o coñecemento que temos acerca de cómo somos provén do que outras persoas

nos proxectan, do que nos din sobre cómo somos. Seguro que es capaz de recorda-la última

vez que alguén che dixo: “é que ti es ...”.

Segundo a importancia e o valor que deamos a esas persoas, prestarémoslles máis ou menos

importancia ó que nos din. Así, se alguén en quen confías moito che di algo sobre ti, é seguro

que llo vas crer; se cho di alguén que non te coñece ou en quen non confías, posiblemente non

lle prestes atención.

Non podemos respondernos á pregunta ¿como son? consultando simplemente no noso interior.

Para sabermos cómo somos tamén dependemos dos que nos rodean.

Como dixemos, as mensaxes e imaxes que nos devolven sobre a nosa persoa, cómo nos ven,

sérvennos para construír unha idea de cómo somos. Por iso é moi importante diferenciar de

ónde proceden esas mensaxes para saber se lles dar valor, xa que, en ocasións, pode esta

información proceder de persoas que non te coñezan ben, ou doutras que, ademais de non

coñecernos ben, teñen interese en que sexamos de tal ou cal maneira.

Abundando no último caso, pensamos en mensaxes publicitarias e dos medios de comunicación

que constantemente nos lanzan modos e valoracións sobre cómo é a adolescencia e a moci-

dade, pretendendo que nos identifiquemos cun “modelo” de ser moza ou mozo posto que pare-

cerse a el significará ser “normal”.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente16

SABER CÓMO SON

Page 17: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Este “modelo normal” con demasiada frecuencia na nosa cultura de xénero acostumará a ser un

estereotipo, isto é, unha concepción predeterminada e pechada sobre algo ou alguén que non

corresponde co que realmente é.

Por outra parte, estes estereotipos, recorrentemente, constrúense consonte a prexuízos, é dicir,

xuízos que se fan sen coñecemento ou sen fundamento. Ás veces, créanse estereotipos a par-

tir da idade e así xorden crenzas como “os mozos son rebeldes”; ou a partir da aparencia, “as

mozas gordas non son atractivas”; ou a partir do xénero ó que pertencemos polas característi-

cas biolóxicas do noso sexo e, daquela, fanse valoracións como “os mozos non choran”.

Para obter información fiable sobre cómo somos temos que acudir a outras fontes.

A PRIMEIRA FONTE ES TI. Preguntarte sobre qué opinas de ti xa que, por exemplo, ti mellor

ca ninguén sabes cáles son os teus gustos e tamén qué cousas se che dan ben e cáles peor...,

aínda que non cho preguntaras ata agora.

OUTRA FONTE FUNDAMENTAL SON AS PERSOAS COAS QUE TE RELACIONAS

como: as que compoñen a túa familia, o teu grupo de amigas e amigos, as túas compañeiras e

compañeiros de instituto.... Estas persoas coñécente e, xa que logo, teñen feita unha imaxe túa

desde fóra que pode axudarche a confirma-la túa propia, completala ou, en ocasións, contradi-

cila e, desvelarche equivocacións dalgúns aspectos sobre o que ti pensas de ti.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 17

Page 18: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente18

PROPOSTA:

PENSA en tódalas persoas coas que te relacionas.

¿Quen cres que te pode coñecer mellor?

Da miña familia Do instituto

Das miñas amizades Outras

Page 19: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

DE SEGUIDO PENSA só naquelas que che merezan máis confianza e trata de descubrirte:

Acabas de encontra-las persoas que van ser referentes importantes para ti nas propostas que

che suxerimos nesta guía.

19Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente

Fíome máis de : Porque

Page 20: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Na nosa sociedade, como xa sinalabamos no punto anterior, NON É O MESMO SER MOZA

QUE SER MOZO.

Sobre unhas e outros actúan estereotipos de xénero que limitan e constrinxen as nosas opor-

tunidades.- A relación tradicional entre o masculino e o feminino sufriu discriminacións e desigualda-

des que en moitos sentidos se manteñen nos nosos modos de pensar e de relacionarnos cos

demais.

Probablemente, e por esta razón, as cuestións que che imos propoñendo nesta guía non as res-

ponderás de igual modo se es mozo ou se es moza; isto non significa que as respostas de tóda-

las mozas vaian ser iguais ou que tódolos mozos vaian responde-lo mesmo. É dicir, hai moitas,

moitísimas maneiras de ser moza e moitas, moitísimas maneiras de ser mozo.

Ser moza ou ser mozo non debera quitar liberdade para que poidas elixi-lo que queres

e como queres ser persoa.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente20

SER MOZA/SER MOZO

Page 21: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 21

PROPOSTA:

De ser moza ou mozo gústame: De ser moza ou ser mozo non me gusta:

PENSA en tódalas cousas que pasan na túa vida e que creas poidan estar relacionadas

co feito de ser moza ou de ser mozo (na casa, no instituto, coas túas amigas e amigos...).

Page 22: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente22

PROPOSTA:

¿POR QUE? ¿QUE PODO FACER?

FÍXATE agora nas respostas que situaches no punto “non me gusta”. Trata de busca-

las causas e as razóns, isto é, intenta descubrir por qué che pasan e se ti podes facer

algo para cambialas ou para sentirte mellor con elas.

Nas túas reflexións intenta diferenciar entre o que forma parte de ti e aquilo do que podes pres-

cindir. Por exemplo: ser máis ou menos alta, ter máis ou menos peito... son cousas que forman

parte do teu corpo, do que ti es. Sen embargo, levar tacóns ou responsabilizarte exclusivamente das

tarefas de casa, aínda que che sucedan por ser moza, son cuestións que non forman parte do que ti es,

e, polo tanto, sobre elas ti podes decidir.

Page 23: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

ATA NON HAI MOITO TEMPO na nosa cultura e nas vidas das mulleres abundaban aspec-

tos sobre os que non podían elixir. Mesmo había cuestións que non se podían chegar a facer

porque a lei vixente o prohibía polo feito de seren mulleres. Se consultas á túa nai, á túa avoa,

elas mesmas poderán contarche cómo isto afectou ás súas decisións.

ESTAS PROHIBICIÓNS E DISCRIMINACIÓNS ENTRE PERSOAS DE DIFERENTE SEXO

derivaban dun modo de pensar que lle atribuía ás mulleres unhas actividades e ós homes

outras. Á marxe dos seus desexos e potencialidades, ó xénero feminino as responsabilidades

do coidado das persoas e da familia e as tarefas da casa, e ó xénero masculino o ámbito das

responsabilidades en política, economía e cultura. Esta forma de organiza-la sociedade supuxo

ó longo da historia entre outras consecuencias que as mulleres non tiveran dereitos coma os

demais cidadáns. Na actualidade, aínda existen países nos que as mulleres non teñen dereito a voto

ou igualdade no dereito á educación, o que lle impide poder continua-la súa formación máis alá

dos niveis básicos ou ir á universidade.

A partir da división das actividades para homes e para mulleres, descrita, ó longo da historia e

en tódalas sociedades fóronse definindo tamén as características, as formas de ser e de com-

portarse que finalmente acabaron determinando o que é propio de cada sexo: as monecas para

elas, os coches para eles, a tenrura delas, a rudeza deles... Estas características tamén forman parte

do que en páxinas anteriores denominamos ESTEREOTIPOS SEXISTAS.

Malia isto, mesmo sen dereitos recoñecidos, moitas mulleres ó longo da historia e, no día de

hoxe, foron e son capaces de facer realidade os seus desexos, contrariando as normas cultu-

rais impostas cando supoñían trabas á súa liberdade ou a se-lo que querían ser. Por exemplo,

no século XIX, cando as mulleres non podían ir á universidade en España, Concepción Arenal

vestiuse de home e conseguiu entrar nas aulas para estudiar dereito. Outro exemplo máis actual

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 23

Page 24: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

pode se-lo da montañeira Araceli Segarra, quen subiu ó Everest hai uns anos a pesar de que

ningunha muller española o fixera ata entón e moitos deportistas e especialistas pensaban que

a alta montaña era só cousa de homes. Seguro que ti coñeces algún que outro caso, anímate a

investigalo ó teu arredor.

As mulleres organizáronse para reivindica-los seus dereitos, conseguindo que nas sociedades

do noso contorno, a finais do século XX, as leis non lles poidan prohibir ningunha cousa polo

feito de ser mulleres. Isto significou que a penas en dúas ou tres xeracións a vida das mulleres

mudou moito, as nosas avoas nunca imaxinarían que as súas netas ían ser tan diferentes a elas.

Estes cambios afectaron á sociedade enteira en moitos aspectos. Así, o feito de que na actuali-

dade haxa mulleres traballando en tódolos ámbitos da sociedade provocou que os “estereotipos sexis-

tas” ós que nos vimos referindo continúen a perder credibilidade.

Mentres as mulleres están participando en tódolos ámbitos, os homes, en maior medida,

continúan nos mesmos lugares nos que sempre estiveron, non podendo desenvolve-las

súas potencialidades persoais en ámbitos como o familiar, o persoal... Os estereotipos

sexistas aféctannos a ámbolos xéneros.

Na actualidade, pois, os estereotipos sexistas cada vez teñen menos peso na sociedade, moi-

tas veces inflúen en nós ata levarnos a face-lo que non queremos. Isto sucede, por exemplo,

cando a unha moza á que non lle gusta maquillarse, acaba facéndoo porque todo o mundo lle

di que as mozas teñen que ir aqueladas. Outras veces estes estereotipos sexistas lévannos a

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente24

Page 25: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

deixar de facer aquilo que nin sequera sabemos se nos gustaría ó non elixilo; por exemplo, un

mozo que non quere axudar na casa porque pensa que iso é cousa de mozas está dificultando

o desenvolvemento da súa propia autonomía persoal.

É importante saber que existen estes estereotipos tradicionais, coñecer de ónde veñen e por

qué se manteñen deste modo na nosa sociedade.

Ter presente a existencia de estereotipos de xénero nas nosas vidas conduciranos a dispo-

ñer de criterios propios que nos axudarán a sentirnos ben por ser como somos e a evitar

confundirnos ou limitarnos no momento de tomar decisións.

Agora que sabes o que son estereotipos tradicionais de xénero, isto é, sexis-

tas, organiza unha reunión a modo de tertulia con dous ou tres amigas ou

amigos segundo sexas moza ou mozo. Escollede un lugar agradable no que

poidades instalarvos comodamente para conversar.

O tema versará sobre o significado que teñen os estereotipos sexistas nas vosas propias vidas.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 25

PROPOSTA:

Page 26: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

A modo de axuda e para facilita-lo coloquio podedes facérvo-las seguintes preguntas:

�� A) ¿COÑECEDES ALGÚN ESTEREOTIPO ACERCA DE COMO É OU COMO DEBE SER UNHA MOZA/ UN MOZO

SEGUNDO CORRESPONDA Ó GRUPO?

� Podes facer unha lista con tódolos que se vaian dicindo e lela ó final. A continuación

propoñer unha rolda na que cada quen diga en voz alta qué é o que lle gusta e non lle

gusta desa lista .

�� B) ¿COMO PODEDES FACER PARA QUE ESES ESTEREOTIPOS QUE NON VOS GUSTAN NON VOS INFLÚAN?

� Teredes que busca-las solucións conxuntamente.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente26

a

b

Page 27: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

VIVIR A GUSTO CO NOSO CORPO REQUIRE COÑECELO E ACEPTALO TAL E COMO É.

Isto non sempre é doado, especialmente nalgúns momentos e etapas da vida, como a adoles-

cencia, nas que o noso corpo cambia moito.

Estas modificacións no noso corpo, ás veces, poden levarnos a ter moitas dúbidas e tamén

medos, porque descoñecemos qué nos está a pasar ou por qué non podemos controlar eses

cambios tal e como nos gustaría facelo.

Moitos deses temores acerca do noso corpo teñen que ver en gran medida co feito de que NOS

PREOCUPA MOITO CÓMO NOS VEN. Impórtanos moito se gustamos ás demais persoas e

tememos que só nos valoren polo noso aspecto físico; de feito, moitas veces sucede así, espe-

cialmente no caso das mozas. As mozas, con moita frecuencia, sentímonos mal cando os mozos

nos miran, fan comentarios ou burlas sobre os nosos corpos, ou sobre ou noso aspecto; daque-

la pensamos que a forma de sentirnos mellor será tratar de ser máis atractivas para lles gustar

máis ós mozos de modo que os seus comentarios, en lugar de molestarnos, nos adulen.

En lugar de ser como somos, de recoñecernos e gozar do noso corpo, esforzámonos en

parecernos á “moza ideal”; en realidade, esa busca e esforzo non resolve

a nosa incomodidade.

Darse conta de que non hai que valorar a ninguén só polo seu aspecto e que hai que aprender a mirar

e vivi-lo corpo doutra maneira, conduciranos a ser nós mesmas, e, xa que logo, a encontra-la nosa

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 27

O MEU CORPO

Page 28: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente28

PROPOSTA:

¿Que cousas fan que te sintas ben co teu corpo?

solución, mirando o noso corpo con “bos ollos”: aprendendo a coidalo e a saber encontrar nel aqui-

lo que nos leva a sentirnos a ben.

É importante seleccionar con quén nos relacionamos e mostra-la nosa preferencia cara ás

persoas que nos fan sentirnos queridas e valoradas, non considerando aquelas outras

miradas que se atreven a xulgar ou valora-lo noso corpo sen coñecernos.

DEDICA un pouco de tempo a reflexionar sobre o exposto anteriormente antes de con-

testa-las seguintes preguntas:

Page 29: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 29

¿Que é o que máis che gusta del?

¿Que é o que fai que te sintas mal co teu corpo?

¿Por que?

Page 30: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

PENSA en fixarte nas persoas coas que te relacionas habitualmente, en cada unha delas,

aquela coa que te-la confianza suficiente para falar deste tema. Poderás preguntarlle cuestións

como estas:

�� Se tiveras que definirme, ¿que dirías sobre o meu corpo?

�� ¿Que é o que máis che gusta del? ¿Por que?

Tamén podes comentar con ela as túas respostas ás preguntas anteriores e pedirlle a súa opi-

nión sobre iso.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente30

PENSAP E N S A

P E N S A

P E N S A

P E N S A

P E N S A

P E N S A

Page 31: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Con frecuencia resulta máis fácil pensar e dicir aquilo que non nos gusta que saber o que real-

mente apreciamos. Pode ocorrer que aínda non nos fixerámo-la pregunta: ¿QUE É O QUE ME

GUSTA?, simplemente porque facémo-lo que temos que facer cada día ou ben porque é o

mesmo que fan as nosas amigas e amigos sen pensar nin preguntarnos se realmente gozamos

con iso.

Algunhas das moitas actividades diarias sobre as que non podemos elixir, por exemplo ir ó ins-

tituto, axudar na casa... Pero, dentro do instituto e tamén na casa, outras veces, podemos elixir

qué preferimos.

Se non nos preguntamos antes qué é o que nos gusta, non aproveitarémo-las nosas

oportunidades de elixir nas ocasións que poidamos facelo.

Dedica un momento a pensar nas actividades que realizas nun día calquera. Podes axudarte

cubrindo o seguinte cadro:

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 31

SEI O QUE ME GUSTA

PROPOSTA:

Page 32: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Cando teño

tempo libre

Cando axudo

na casa

Cando estou

no instituto

Cando estudio

As actividades

que fago son

As que máis me gustan

de todas elas son

Agrádanme

por estas razóns

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente32

Page 33: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Das persoas coas que te relacionas normalmente, pensa naquela que consideras que te

coñece o suficientemente ben como para saber qué é o que máis che gusta. Comenta

con ela o que escribiches no cadro e pídelle a súa opinión: se está de acordo no que

puxeches, se lle parece que sobra ou falta algo...

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 33

Page 34: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

AS NOSAS CAPACIDADES NON SON ALGO CO QUE NACERAMOS, apréndense ó

longo da vida, a través de varios medios: o que nos ensinan na casa, o que nos ensinan na

escola e logo no instituto, as experiencias que vivimos...

Por outra parte, non aprendemos da mesma maneira e, por iso, aínda que nos ensinen o

mesmo, non temos nin desenvolvémo-las mesmas capacidades ca outras persoas da nosa

clase ou do noso grupo de amigos ou da nosa mesma familia.

Pensa, por exemplo, en dous irmáns ou irmás da mesma familia e que teñan idades aproxima-

das; comparten casa, colexio, mesmo amigas e amigos..., pero son diferentes, non só fisica-

mente, senón seguramente en gustos, preferencias e en capacidades, aínda que aparente-

mente tamén lles ensinaran e viviran as mesmas situacións. Pensa por un momento na túa

clase: máis ou menos téde-la mesma idade, as vosas profesoras e profesores ensínanvo-lo

mesmo na clase, sen embargo comprobaches que non toda a clase é capaz de face-las mes-

mas cousas.

Ser máis ou menos capaz de algo non debe ser nunca un motivo para clasifica-las persoas, tampouco

para valoralas, aínda que ás veces suceda así. Por exemplo, cando se clasifica o alumnado en fun-

ción das súas notas e a partir de aí (só por aprobar ou suspender) os alumnos son considera-

dos bos ou malos, estudiosos ou lacazáns. O mesmo sucedería se clasificarámo-la xente como

torpe ou hábil polo feito de xogar mal ou ben ó fútbol, ó baloncesto...

Ó facer estas clasificacións, non se ten en conta que para valorar a alguén cómpre fixarse no

conxunto da súa persoa porque ó mesmo tempo que ten algunhas dificultades para algunhas

cousas, seguro será moi capaz noutras moitas cuestións.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente34

PREGÚNTOME DE QUÉ SON CAPAZ

Page 35: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

PROPOSTA:

É moi importante que no momento de preguntarte polas túas capacidades penses en todo

aquilo que es capaz de facer e non só nas que máis se fixan as outras persoas ou aquelas

nas que destacas.

PENSA nun día da túa vida e en tódalas actividades que realizas: no instituto, na casa, no

teu tempo libre.... Vai relacionando aquelas que se che dan mellor. Pensa tamén qué

capacidades consideras necesarias para realizalas.

�� POR EXEMPLO, PODES SER UNHA PERSOA QUE CONSIDERE:

� Dáseme ben escoitar e darlles consello ás miñas amigas ou amigos; daquela debe-

rás pensar en ¿que capacidades son necesarias para iso? Como: saber relacio-

narse, transmitir confianza, saber escoitar, preocuparse polas persoas que che

importan, fidelidade, discreción ou ben

� Dáseme ben organiza-lo tempo, ¿que fai falta para organizarse ben co tempo?:

saber planificar e preve-las túas ocupacións, ter disciplina para cumpri-los hora-

rios e os plans que te propuxeches.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 35

Page 36: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente36

PROPOSTA:

O que mellor se me dá Capacidades que require

O que peor se me dá ¿Por que?

Párate a pensar sobre aquilo que peor se che dá e o porqué:

Page 37: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Das persoas coas que te relacionas habitualmente, pensa naquelas que son os teus refe-

rentes porque te coñecen o suficientemente ben como para sabe-lo que mellor se che dá,

ou aquilo para o que tes máis habilidades e capacidades. Pídelle-la súa opinión sobre o

que escribiches e se lles parece que sobra ou falta algo.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 37

Page 38: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

AS RELACIÓNS ENTRE AS PERSOAS son algo que practicamos pero no que só ocasio-

nalmente nos detemos a pensar. Sen embargo, o noso estado de ánimo, que esteamos ben,

ledos, tristes, depende en gran medida das nosas relacións aínda que a miúdo nos esqueza-

mos de iso.

Se CANDO REMATE O DÍA, xusto antes de deitarte, pensas en todo o que fixeches ó

longo da xornada e TRATAS DE CALCULA-LA PORCENTAXE DE TEMPO QUE PASACHES

EN RELACIÓN CON OUTRAS PERSOAS, DECATARASTE DE QUE PASA-LA MAIOR PARTE

DO TEU TEMPO RELACIONÁNDOTE COA XENTE. Intenta comprobalo.

A cotío mantemos moitos tipos de relacións; non nos relacionamos por igual coas persoas da

nosa familia ca coas que non o son, coas nosas profesoras ou profesores ca coas e cos com-

pañeiros do instituto, coa nosa mellor amiga ou amigo ca coa nosa parella.

Non obstante, en todas estas relacións sempre buscamos un mesmo obxectivo: que a outra per-

soa nos recoñeza. “Que alguén me recoñeza” quere dicir que é capaz de escoitarme, de poñer-

se no meu lugar, de interesarse por min, de terme en conta.

O recoñecemento persoal debe estar presente en tódalas relacións, tanto coas persoas que ti

elixiches porque che caen ben, porque che gustan ou porque as queres, como con aquelas coas

que te relacionas sen elixilas ti.

Para recoñeceres a alguén non fai falta que teñas que quererlle ou que teña que caerche

ben, se-lo teu amigo ou amiga.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente38

¿COMO ME RELACIONO?

Page 39: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 39

PROPOÑÉMOSCHE:

Reflexionar sobre o anterior e telo claro axúdanos a mellora-las nosas relacións.

Cando as relacións persoais van mal, xeralmente hai alguén nela que non se sente tida en

conta ou escoitada, é dicir, recoñecida.

PENSA en ti relacionándote con outras persoas. Presta atención a aquelas caracte-

rísticas máis peculiares e representativas de ti nas túas relacións coa xente. A conti-

nuación, intenta aplica-lo observado a unha situación concreta de modo que che sirva

de exemplo para desenvolver esa característica que destacaches da túa persoa.

Característica persoal

Sinceridade

Non me gusta falar de min

Situación que a describe

Gústame dicírlle-lo que penso e o que sinto ás outras per-

soas cando é algo bo pero tamén cando non o é.

Procuro evitar conversas moi íntimas nas que teña que

expoñerme.

Page 40: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

ESAS PERSOAS QUE TI CRES QUE MELLOR TE COÑECEN en cada aspecto,

PÓDENCHE AXUDAR a completar ou a revisa-lo exposto; consúltalle-lo tema.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente40

Page 41: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

AS EXPECTATIVAS QUE OUTRAS PERSOAS TEÑEN SOBRE O NOSO COMPORTA-

MENTO, O QUE ESPERAN ACERCA DO QUÉ DEBEMOS FACER OU PENSAN SOBRE

CÓMO DEBEMOS ACTUAR inflúennos no momento de tomar decisións.

Estas expectativas poden provir de persoas do noso medio: a túa nai ou o teu pai, un amigo ou unha

amiga, un profesor ou unha profesora; outras veces de grupos de persoas máis ou menos achega-

das a ti: o grupo de amigos, a xente do barrio, a xente do instituto. Así mesmo, inflúenno-las expec-

tativas doutras instancias da sociedade que nos chegan a través dos medios de comunicación, a

publicidade, o cine, os libros...

Aquelas expectativas baseadas en prexuízos e estereotipos sempre resultan limitadoras para a

persoa: non só nos impiden ser como queremos, senón que presupoñen que temos unhas

determinadas características polo simple feito de pertencer a un grupo social concreto, deter-

minando finalmente o que debemos e podemos chegar a ser.

Un exemplo de iso son os estereotipos de xénero, dos que xa falamos, é dicir, cando se espe-

ran cousas distintas de alguén en función de se é unha moza ou un mozo, por exemplo, dun

mozo que estudie mecánica, electricidade, fontanería e non estudie perruquería, administrativo,

e, pola contra, espérase dunha moza que saiba cociñar ou coidar bebés e non arranxar un

enchufe ou unha bicicleta.

En maior ou menor medida, tódalas expectativas de xénero inflúen nas decisións que tomamos

e en función de ónde proveñan e do seu contido vivirémolas dun modo ou outro. Unhas veces

estas influencias a penas as percibimos e prodúcense cando nos orientan, clarifican as nosas

dúbidas, e, outras veces, a penas podemos vivilas como imposicións.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 41

O QUE ESPERAN DE MIN

Page 42: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Sempre é necesario coñece-las expectativas de xénero para poder facernos conscientes

delas e decidir así aceptar de bo grao as que nos axudan e rexeitar aquelas que nos limitan

ou nos impoñen modelos de comportamento que non se corresponden cos nosos desexos.

Nalgunha que outra ocasión preguntaríaste qué é o que a túa familia espera de ti.

Propoñémosche volver sobre iso e repensa-la cuestión: Creo que as persoas adultas da miña

familia esperan de min:

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente42

PROPOSTA:

Page 43: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 43

Sobre os meus

estudios

Sobre o meu

traballo ou

profesión futura

Sobre o tipo de

vida que levarei

A miña nai O meu pai Outros familiares

Fala diso coa túa nai, o teu pai e eses outros familiares. Pregúntalles qué é o que esperan de

ti, poderás comprobar se estabas no certo.

Page 44: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

PROPOÑÉMOSCHE revisar

todo canto escribiches ata aquí

nas páxinas anteriores, e dedi-

car un tempo a reflexionar sobre

aquilo que cres que che importa

máis. O que conclúas seguro

que che axudará a ir definindo

aquilo que hai que ter en conta

cando pensas no teu futuro.

A modo de axuda propoñémos-

che que trates de seleccionar,

entre todo o que escribiches,

aquilo que ten máis valor en

relación cos seguintes aspectos:

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente44

O QUE MÁIS ME IMPORTA

Page 45: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Na miña vida familiar

Nas miñas relacións con amigas ou amigos

Nas miñas relacións afectivas e sexuais

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 45

Page 46: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

No meu tempo libre

Nos meus estudios

No traballo (se non o tes agora, para cando o teñas)

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente46

Page 47: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

PARA PENSAR E IMAXINAR UN PROXECTO DE VIDA cómpre coñecer ben tódalas opor-

tunidades que temos ó noso alcance á hora de ir definindo o noso futuro. É dicir, fixarse na expe-

riencia doutras persoas, aprender delas e encontra-las referencias e modelos que che poden

ser útiles.

CO FIN DE COÑECER TODA A VARIEDADE POSIBLE DE OPCIÓNS que podes encon-

trar no teu contorno, propoñémosche unha pequena investigación. Para iso, non só debes bus-

car entre aqueles que che agradan ou caen ben, senón tamén nas persoas que sexan moi dife-

rentes entre si.

No teu contorno máis próximo busca polo menos cinco persoas maiores de vintecinco anos do teu

mesmo sexo: nai-pai, irmá-irmán, profesor-profesora, tía-tío, amiga-amigo, veciña-veciño...

Podes realizarlles unha entrevista persoal para coñecelos mellor.

SUXERÍMOSCHE realizar un guión de entrevista no que inclúas as seguintes cuestións:

� Idade

� ¿Que estudiou?

� ¿A súa profesión?

� ¿Que lle levou a elixila?

� ¿Pensa que a súa elección foi libre ou tivo algún tipo de condicionamento como...?

� Na actualidade o seu traballo é...

� ¿Gústalle o seu traballo? ¿Por que?

� ¿Como valora a súa vida familiar?

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 47

EN QUÉN ME FIXO

Page 48: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

� ¿Con quen vive? ¿Ten fillas/fillos?

� ¿Como é a súa casa? ¿Pasa moito tempo nela? ¿Como organizan os traballos da casa?

� ¿Como valora a súa situación económica?

� ¿Dispón de moito tempo libre? ¿A que o dedica, cales son as súas afeccións?

� ¿Como valora as súas relacións sociais? ¿Ten moitas amizades? ¿Sae moito?

� ¿Que é o máis importante para vostede, o que máis valora?

� ¿Gústalle a vida que leva? ¿Por que?

� Cando tiña 16 anos, ¿imaxinaba a súa vida máis ou menos así? ¿Como a describiu?

Unha vez finalices tódalas entrevistas, pensa sobre estas persoas: ¿ENCONTRACHES MOITA VARIEDA-

DE EN ESTILOS E OPCIÓNS DE VIDA?, ¿ATOPACHES ALGUNHA PERSOA QUE CHE AGRADE ESPECIALMEN-

TE, COA QUE TE IDENTIFIQUES MÁIS, ALGUNHA Á QUE ADMIRES OU Á QUE CHE GUSTARÍA PARECERTE?

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente48

ENCONTREI

Page 49: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Propoñémosche buscar de novo outras cinco persoas do outro sexo, e, tras entrevistalas, COMPARA-LOS

RESULTADOS COS OBTIDOS INICIALMENTE.

É POSIBLE, CASE SEGURO, QUE NON ENCONTRASES UNHA PERSOA DA QUE

CHE GUSTE TODO; é por iso que che propoñemos seleccionar qué cousas che atraen máis de

cada unha delas e, a continuación, facer unha composición con todo aquilo que máis che gusta

das persoas ás que entrevistaches.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 49

¿QUE OBSERVAS?

Page 50: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

A túa investigación aínda non rematou. SE CONTINÚAN SEN APARECER ESAS PERSOAS

QUE TEÑAN UNHA VIDA ATRACTIVA OU INTERESANTE PARA TI, TERÁS QUE BUSCAR EN

MÁIS LUGARES; proba a revisar libros, películas, personaxes da historia, personaxes de actualidade.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente50

O QUE MÁIS ME ATRAE DAS VIDAS DESTAS PERSOAS ENTREVISTADAS É:

Page 51: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

As persoas crecemos ó longo da nosa vida, é por iso que imos cambiando a medida que madu-

ramos e nos relacionamos con aqueles cos que compartímo-lo noso tempo.

Para finalizar, intenta imaxinarte dentro de dez anos e trata de describir cómo será a túa vida.

Propoñémosche como axuda realizarte a entrevista anterior ou ben pedirllo a alguén. Poderás

incluír, ademais dos ítems incluídos na entrevista anterior, cantas cuestións consideres impor-

tantes para ti.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 51

O QUE ESPERO DE MIN

PROPOSTA:

O MEU PROXECTO GLOBAL DE VIDA

Page 52: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos

Para finalizar, intenta imaxinarte dentro de dez anos e trata de describir cómo será a túa vida.

Propoñémosche como axuda realizarte a entrevista anterior ou ben pedirllo a alguén. Poderás

incluír, ademais dos ítems incluídos na entrevista anterior, cantas cuestións consideres impor-

tantes para ti.

Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente52

CÓMO TOMAR DECISIÓNS SOBRE O TEU FUTURO

Page 53: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos
Page 54: Servicio Galego de Igualdade · 2012-12-05 · PRESENTACIÓN 5 Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, tratamos de achegarnos