Sociais resumo tema1

2
O universo é o conxunto da materia que existe no espazo. O universo foi creado grazas a unha gran explosión denominada Big Bang hai uns quince mil millóns de anos. O universo está formado por todos os corpos celestes ou astros, e o espazo que hai entre eles. Os astros máis importantes son: as galaxias, as estrelas, os planetas, os satélites e os astros menores. .-GALAXIAS son agrupacións de estrelas, planetas e outros astros. Estímase que hai máis de mil millóns de galaxias en todo o universo. As galaxias poden ter forma elíptica, de espiral ou ser irregulares. A Terra está nunha galaxia espiral chamada Vía Láctea. .-ESTRELAS son astros esféricos de gases incandescentes que emiten luz e calor. O Sol é a estrela máis próxima á Terra. .-PLANETAS son astros sen luz propia que xiran arredor dunha estrela. Poden ser rochosos ou gasosos. SATÉLITES son astros que xiran arredor dos planetas. .-ASTROS MENORES serían os asteroides (rochosos); cometas (xeo,po e gases); meteoritos (fragmentos de asteroides ou cometas que chocan cos planetas). O Sistema Solar está formado por unha estrela, que é o Sol, e o conxunto de astros que xiran ao seu arredor (oito planetas, os satélites, os planetas ananos, os cometas e os asteroides). Os planetas, por orde de distancia ao Sol son Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Os planetas realizan dous movementos, un de rotación sobre si mesmos e outro de translación arredor do Sol. O percorrido que fai cada planeta no movemento de translación denomínase órbita. A Terra é un planeta rochoso, coa maioría da superficie cuberta de auga (planeta azul). Ten un movemento de rotación arredor de si mesma, que dura 24 horas, e dá lugar á sucesión de días e noites.

description

Resumo tema 1 sociais 5º E-Dixgal

Transcript of Sociais resumo tema1

Page 1: Sociais resumo tema1

O universo é o conxunto da materia que existe no espazo. O universo foi creado grazas a unha gran explosión denominada Big Bang hai uns quince mil millóns de anos.

O universo está formado por todos os corpos celestes ou astros, e o espazo que hai entre eles. Os astros máis importantes son: as galaxias, as estrelas, os planetas, os satélites e os astros menores.

.-GALAXIAS son agrupacións de estrelas, planetas e outros astros. Estímase que hai máis de mil millóns de galaxias en todo o universo. As galaxias poden ter forma elíptica, de espiral ou ser irregulares. A Terra está nunha galaxia espiral chamada Vía Láctea.

.-ESTRELAS son astros esféricos de gases incandescentes que emiten luz e calor. O Sol é a estrela máis próxima á Terra.

.-PLANETAS son astros sen luz propia que xiran arredor dunha estrela. Poden ser rochosos ou gasosos. SATÉLITES son astros que xiran arredor dos planetas.

.-ASTROS MENORES serían os asteroides (rochosos); cometas (xeo,po e gases); meteoritos (fragmentos de asteroides ou cometas que chocan cos planetas).

O Sistema Solar está formado por unha estrela, que é o Sol, e o conxunto de astros que xiran ao seu arredor (oito planetas, os satélites, os planetas ananos, os cometas e os asteroides).

Os planetas, por orde de distancia ao Sol son Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Os planetas realizan dous movementos, un de rotación sobre si mesmos e outro de translación arredor do Sol. O percorrido que fai cada planeta no movemento de translación denomínase órbita.

A Terra é un planeta rochoso, coa maioría da superficie cuberta de auga (planeta azul).

Ten un movemento de rotación arredor de si mesma, que dura 24 horas, e dá lugar á sucesión de días e noites.

O movemento de translación da Terra é o que dá lugar ás estacións do ano. A Terra tarda 365 días, 5 horas e 48 minutos en dar unha volta completa arredor do Sol (ano bisesto cada 4 anos). Equinoccios de primavera-outono; solsticios de verán-inverno.

A Lúa (satélite da Terra) tamén ten dous movementos: rotación e translación, que duran 28 días cada un. Durante eses 28 días vemos de diferente xeito a Lúa, dando lugar ás fases da Lúa: Lúa Nova, Cuarto Crecente, Lúa Chea e Cuarto Minguante.

A Lúa inflúe na Terra: a gravidade da Lúa atrae o mar e orixina as mareas (preamar e baixamar, cada 6 horas e 12 min). Os eclipses teñen lugar cando tres astros se aliñan e un deles oculta o outro.

A temperatura da Terra, as características da atmosfera e a presenza de auga son as principais causas de que sexamos un planeta con vida. Ten 3 capas: atmosfera (capa de aire) a hidrosfera (capa de auga que cobre a Terra) e a xeosfera (capa rochosa: codia, manto e núcleo).