Sociais resumo tema_2

2
TEMA 2 CIENCIAS DA NATUREZA Para localizar un lugar no mapa, debemos coñecer as súas coordenadas. ECUADOR é a liña imaxinaria que divide á Terra en dúas metades iguais (hemisferio norte e hemisferio sur). PARALELOS son circunferencias ou liñas imaxinarias paralelas ao ecuador que rodean a Terra. Marcan a latitude, que é a distancia desde un punto ao ecuador. Mídese en graos, minutos e segundos. Hai latitude norte e latitude sur, segundo esteamos ao norte ou sur do ecuador. Ademais do ecuador (paralelo 0º), hai 4 paralelos importantes: *Trópico de Cáncer e Círculo Polar Ártico (Norte) *Trópico de Capricornio e Círculo Polar Antártico (Sur) Entre os dous Trópicos sitúase a zona tropical ou cálida do planeta. Entre os trópicos e os círculos polares está a zona temperada, e entre os círculos polares e os polos, as zonas frías. MERIDIANOS son circunferencias ou liñas imaxinarias perpendiculares aos paralelos que unen ambos polos.Estas liñas son as que marcan a lonxitude, é dicir, a distancia que hai desde un punto da superficie terrestre ao meridiano cero. Mídese en graos, minutos e segundos. Hai lonxitude leste e lonxitude oeste, dependendo da situación respecto ao meridiano de Greenwich. Os fusos horarios son franxas imaxinarias de 15 graos, que teñen a mesma hora. Se nos desprazamos 15º Oeste teriamos unha hora menos; 15º cara o Leste teriamos unha hora máis. Coordenadas xeográficas: coñecendo a latitude e lonxitude dun lugar, podemos situalo na Terra con total precisión. O plano é unha representación cartográfica a gran escala dun espazo reducido, como pode ser unha vivenda, un parque, unha aula do colexio... Elementos dun plano (ou mapa) Lenda: rectángulo colocado nalgunha esquina do plano no que se explica o significado dos diferentes símbolos (vexetación, habitantes, clima...). Escala: a través dela coñecemos a relación entre o representado no plano e a súa equivalencia coa realidade. Os puntos cardinais poden representarse a través dunha frecha que indica sempre onde está o norte. Un mapa é unha representación xeométrica sobre unha superficie plana da Terra ou dunha parte dela, vista desde arriba e representada a escala. Pode ser físico (representa o relevo: montañas, ríos, vales...); político (representa a división dos países, comunidades, provincias, concellos...) ou temáticos (climáticos, de estradas, económico,...) Un atlas é unha colección de mapas e cartas xeográficas reunidos nun libro. Escala gráfica.- Vén representada por unha barra dividida en segmentos de igual lonxitude. A través da barra, amósase a relación entre a distancia real e a distancia no mapa, que se acostuma indicar en quilómetros (km). Escala numérica.- Esta escala indica a proporción que existe entre o mapa e a realidade a través dunha fracción. Indícase en centímetros. Unha escala 1:25.000 quere dicir que 1 cm do mapa equivale a 25.000 cm na realidade.

description

Resumo do tema 2 de sociais 5º

Transcript of Sociais resumo tema_2

TEMA 2 CIENCIAS DA NATUREZA 5º

Para localizar un lugar no mapa, debemos coñecer as súas coordenadas. ECUADOR é a liña imaxinaria que divide á Terra en dúas metades iguais (hemisferio norte e hemisferio sur). PARALELOS son circunferencias ou liñas imaxinarias paralelas ao ecuador que rodean a Terra. Marcan a latitude, que é a distancia desde un punto ao ecuador. Mídese en graos, minutos e segundos. Hai latitude norte e latitude sur, segundo esteamos ao norte ou sur do ecuador.

Ademais do ecuador (paralelo 0º), hai 4 paralelos importantes: *Trópico de Cáncer e Círculo Polar Ártico (Norte) *Trópico de Capricornio e Círculo Polar Antártico (Sur)

Entre os dous Trópicos sitúase a zona tropical ou cálida do planeta. Entre os trópicos e os círculos polares está a zona temperada, e entre os círculos polares e os polos, as zonas frías.

MERIDIANOS son circunferencias ou liñas imaxinarias perpendiculares aos paralelos que unen ambos polos.Estas liñas son as que marcan a lonxitude, é dicir, a distancia que hai desde un punto da superficie terrestre ao meridiano cero. Mídese en graos, minutos e segundos. Hai lonxitude leste e lonxitude oeste, dependendo da situación respecto ao meridiano de Greenwich.

Os fusos horarios son franxas imaxinarias de 15 graos, que teñen a mesma hora. Se nos desprazamos 15º Oeste teriamos unha hora menos; 15º cara o Leste teriamos unha hora máis.

Coordenadas xeográficas: coñecendo a latitude e lonxitude dun lugar, podemos situalo na Terra con total precisión.

O plano é unha representación cartográfica a gran escala dun espazo reducido, como pode ser unha vivenda, un parque, unha aula do colexio...

Elementos dun plano (ou mapa)

Lenda: rectángulo colocado nalgunha esquina do plano no que se explica o significado dos diferentes símbolos (vexetación, habitantes, clima...).

Escala: a través dela coñecemos a relación entre o representado no plano e a súa equivalencia coa realidade. Os puntos cardinais poden representarse a través dunha frecha que indica sempre onde está o norte.

Un mapa é unha representación xeométrica sobre unha superficie plana da Terra ou dunha parte dela, vista desde arriba e representada a escala. Pode ser físico (representa o relevo: montañas, ríos, vales...); político (representa a división dos países, comunidades, provincias, concellos...) ou temáticos (climáticos, de estradas, económico,...)

Un atlas é unha colección de mapas e cartas xeográficas reunidos nun libro.

Escala gráfica.- Vén representada por unha barra dividida en segmentos de igual lonxitude. A través da barra, amósase a relación entre a distancia real e a distancia no mapa, que se acostuma indicar en quilómetros (km).

Escala numérica.- Esta escala indica a proporción que existe entre o mapa e a realidade a través dunha fracción. Indícase en centímetros. Unha escala 1:25.000 quere dicir que 1 cm do mapa equivale a 25.000 cm na realidade.

TEMA 2 CIENCIAS DA NATUREZA 5º