Substantivo

31
SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS Sonia e Serxio

Transcript of Substantivo

Page 1: Substantivo

SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS

Sonia e Serxio

Page 2: Substantivo

O Substantivo

• Os substantivos son palabras que designan seres ou entidades concretas ou abstractas.

• Desde o punto de vista morfolóxico están formados esencialmente por un lexema e por morfemas gramaticais de xénero e número.

Page 3: Substantivo

Función do substantivo

O substantivo ten como función esencial ser suxeito da oración e construír o núcleo do sintagma nominal.

Page 4: Substantivo

Orixe o composición

Depende do significado da palabra, orixe e composición, pódense establecer as seguintes clases:

• Segundo a estrutura.• Segundo o significado.

Page 5: Substantivo

Segundo a estrutura

Simples: formados por un só lexema (boca, xustiza)

Compostos: constituídos por dous ou máis lexemas (beirarrúa, fincapé)

Derivados: conteñen morfemas derivativos. Estes morfemas poden ser aumentativos (librazo), diminutivos (pequeñito), despectivos (casoupa), formadores de xentilicios ( coruñés, ourensán), etc.

Page 6: Substantivo

Segundo o significado

Substantivos propios: designan persoas, animais ou distinguindoos do resto da súa clase.

1)Topónimos: nomes propios de lugar.2)Antropónimos: nomes propios de personas 3)Patronímicos: apelidos

Substantivos comúns: designan

persoas, animais ou cousas da mesma especie ou clase.

Page 7: Substantivo

Segundo o significado

• Os substantivos concretos designan persoas, animais ou cousas que se poden percibir polos sentidos

Exemplos. Libro, mesa, rosa• Os substantivos abstractos designan ideas,

sentimentos ou calidades que non se poden ver nin tocar.

Exemplos. Alegría, bondade, amistad.

Page 8: Substantivo

Segundo o significado

• Os Substantivos individuais nomean en singular unha soa cousa ou ser

Exemplo. Barco, folla, flor.

• Os substantivos colectivos nomean en singular un conxunto de seres ou cousas iguais. Exemplo: Rabaño e carballeira.

Page 9: Substantivo

Segundo o significado

• Os substantivos contables nomean cousas ou seres que se poden contar. Exemplos: Libro, mesa, pizarra.

• Os substantivos non-contables nomean cousas ou seres que non se poden contar pero si medir ou pesar. Exemplos: Arroz, area, lume.

Page 10: Substantivo

Morfoloxía

• Xénero do substantivo: 1) Substantivos que designan seres

inanimados presentan o xénero inmotivado. 2) Substantivos que designan seres

animados presentan xénero motivado

Page 11: Substantivo

Substantivos de xénero inmotivado

• Son de xénero masculino: - Os nomes das letras: o a, o ce - Substantivos rematados en –ume - Substantivos como o bechamel, o couce, o

labor, o leite, o mar, o mel, o nariz, o sal, o sangue, o sorriso

Page 12: Substantivo

Substantivos de xénero inmotivado

• Son de xénero feminino: - A maioría das árbores froiteiras e os seus froitos.

Exemplos: a laranxeira-a laranxa, a pereira-a pera - As palabras rematadas en –axe: A paisaxe, a viaxe Excepto as palabras garaxe, traxe e paxe. - As palabras cultas rematadas en – se, -e, -ite e –te: A

eclipse, a hepatite, a parálise - Palabras como: A árbore, a arte, a calor, a dor, a

fame, a fronte, a marxe, a orixe, a orde, a ponte.

Page 13: Substantivo

Substantivos de xénero motivado

• Os substantivos que designan seres animados teñen oposición de xénero; pódense referir a seres de sexo masculino e feminino

a) Substantivos variables teñen formas diferentes para masculino e feminino. Exemplos: o rapaz-a rapaza.

b) Substantivos invariables teñen unha única forma para masculino e feminino. Exemplos: o artista- a artista.

Page 14: Substantivo

Masculino Feminino

-o átono: Fillo -a: Filla

-e: elefante -e elefanta

Vogal tónica: avó Consoante distinta de –n: señor

+ -a: avoa, señora

-ón: patrón, lambón

-oa: patroa-ona: lambona

-án: cidadán -á: cidadá

-ín: bailarín -ina: bailarina

O número do substantivo

Page 15: Substantivo

Substantivos variables

• Algúns substantivos femininos presentan sufixos diferenciadores con respecto ao masculino. Exemplos: Can/Cadela, Rei/Raíña

• Outros substantivos teñen lexemas distintos para un e outro xénero: home/muller, pai/nai

Page 16: Substantivo

Substantivos invariables

• Teñen unha única forma para masculino e feminino.

• Substantivos invariables nos que a marca de xénero exprésase mediante os determinantes ou adxectivos cos que concordan: O artista/A artista

Page 17: Substantivo

Substantivos invariables

• Substantivos que cun só xénero gramatical designan o macho e a femia. Estes substantivos reciben o nome de epicenos: unha ra-unha ra.

Page 18: Substantivo

O número do substantivo• O morfema de número expresa se o

substantivo nomea un individuo ou especie ou nomea varios individuos.

• Hai substantivos invariables, que normalmente só se usan en singular ou en plural: ouro, prata (singular), cartos, víveres (plural).

• Algúns poden usarse indistintamente nun noutro número: pantalón- pantalóns

• Outros cambian de significado segundo vaian en singular ou en plural: o miolo- os miolos

Page 19: Substantivo

Formación do plural

• 1-As palabras rematadas en vogal ou en ditongo engaden –s: mesa- mesas, rei-reis

• 2 – Os nomes rematados en consoante –R ou –Z engaden –ES ó singular: calor/calores muller/mulleres rapaz/rapaces

• 3- Os substantivos rematados en vocal ou en –N forman o plural engadindo –S: rei/reis israelí/israelís man/mans atún/atúns

Page 20: Substantivo

Formación do plural• 4 – As palabras rematadas en –L forman o plural conforme ás

seguintes regras:• a) Os monosílabos engaden –ES ó singular:

sol/soles pel/peles mel/melesb) As palabras de máis dunha sílaba se son agudas perden o –L e engaden –IS : papel/papeis ; local/locais ;

• Se a palabra aguda remata en –IL, unicamente substitúe o –L por un –S: mandil/mandís ; cadril/cadrís ; funil/funís

• c) As palabras graves rematadas en –L forman o plural engadindo -ES: dátil/dátiles ; fósil/fósiles ; túnel/túneles ; cónsul/cónsules

Page 21: Substantivo

Formación do plural

• As palabras rematadas en –x son invariables: fax, unisex.

• As palabras rematadas noutras consoantes (cultismos ou estranxerismos) engaden –s: club- clubs, álbum- álbums.

Page 22: Substantivo

O plural dos nomes compostos• Cando os elementos están soldados, o plural

fórmase sobre o último elemento: o viandante- os viandantes

• Hai algunhas particularidades:- Se o segundo elemento da composición é un

monosílabo rematado en –l. engádese -es: o chuchamel- os chuchameles

Page 23: Substantivo

O plural dos nomes compostos

- Se o segundo elemento xa está en plural, mantéñense invariables: un/uns guardamontes.

• Cando os dous elementos se escriben separados, ambos reciben o morfema do plural: garda civil/ garda civís.

Page 24: Substantivo

O plural dos nomes compostos

• Só recibe o morfema de plural o primeiro elemento: - Se a palabra composta está formada por la

secuendia sustantivo + preposición + substantivo. Exemplos: cabalo do demo- cabalos do demo - Se o segundo substantivo actúa como se fose un

adxectivo e xa que cualifica ao primeiro exemplos: sofá cama-sofás cama.

Page 25: Substantivo

Clases de adxectivos

O adxectivo é unha palabra que expresa calidades atribuídas ao substantivo. Funciona como complemento do nome ou modificador.

• Desde o punto de vista semántico os adxectivos poden ser:

a)Cualificativos: teñen significado propio. Diferenciamos:

Page 26: Substantivo

Adxectivos cualificativos

• - explicativos ou epítetos. Van diante ou detrás do substantivo e destacan unha calidade deste: mar inmenso, branca neve.

- especificativos: van detrás do singificado e limitan o seu significado: ventá antiga

Page 27: Substantivo

Adxectivos determinativos• Determinativos (posesivos, demostrativos,

indefinidos, numerais, interrogativos e exclamativos): esta rapaza, o meu caderno, algunhas tardes, terceiro posto.

Desde o punto de vista morfolóxico, o adxectivo está formado por un lexema ou raíz, que proporciona o contido semántico (branc-) e pode levar morfemas flexivos de xénero e número (branc-o-s).

Page 28: Substantivo

Gradación do adxectivo

• As calidades expresadas polos adxectivos poden graduarse mediante adverbios ou locucións

- Moi luminoso; extraordinariamente harmonioso; ben pequen; grande de máis

Page 29: Substantivo

Graos

• Grao positivo: presenta o adxectivo sen ningunha modificación de intensidade. O noso campo é verde.

• Grao comparativo: a calidade preséntase nunha relación de igualdade ou desigualdade con respecto a outra. A comparacion pode ser

• - de igualdade coa estrutura: tan.. Como/coma• - de superioridade, coa estrutura máis.. Que/ ca/do

que.. • - de inferioriade, coa estrutura menos.. Que/ ca/ do

que..

Page 30: Substantivo

Grao superlativo• Grao superlativo: a calidade preséntase no seu grao

máis alto. Pode ser• - absoluto. Expresa a calidade en grao máximo, ben

valéndose do sufixo ísimo-a

- Relativo. Expresa unha calidade dun obxecto ou dun ser en grao máximo en relación cos outros do grupo; fórmase mediante a construción artigo ( + nome) + máis-menos..

de-entre..

Page 31: Substantivo

Utilización das conxuncións comparativas

• Ca e coma son obrigatorios cando anteceden a un pronome persoal: Xaime é máis alto ca nos. Non canta tanto coma min.

• Como e do que son obrigatorios cando o segundo elemento da comparación é un verbo. Ese rapaz fala tanto como din. Ese rapaz máis do que din.