SUMARIO - edu.xunta.gal 6... · “El club de la hipotenusa”. Editorial Ariel. Un paseo pola...

88

Transcript of SUMARIO - edu.xunta.gal 6... · “El club de la hipotenusa”. Editorial Ariel. Un paseo pola...

1

 

GALERÍA: CADROS DE MARÍA BENITA PAZOS FERNÁNDEZ...

…Páx. 3, 4, 14, 20, 46, 55, 57, 66 e 83

CLAUDI ALSINA: Un gran divulgador das matemáticas

ALFREDO PENA… Páx. 5

CLUB DE LECTURA

JCD… Páx. 8

WESTERN, unha reivindicación

MARTÍN BOUZA... Páx. 11

VISITA A SOTAVENTO

RICARDO SALIDO DÍAZ... Páx. 15

VOLTAR A VENEZA

CÉSAR MORÁN... Páx 21

O CERVO E A FONTANA FRÍA: SÍMBOLOS DA CANTIGA DE

AMIGO

MARÍA DORES FERNÁNDEZ LÓPEZ... Páx. 29

UN COLE AO REVÉS – SOÑOS

EMILIANO PERDIGUERO... Páx. 40

LINGUA, CULTURA E IDENTIDADE

EVA GUDE... Páx. 41

O BUZÓN DOS SOÑOS

NATUSKA NAYLOR... Páx. 47

PROSA POÉTICA: Como a Lúa ao mar / En momentos de piso

GERMÁN M. G. FLORES… Páx. 56

CENTAUROS

JCD… Páx. 58

SUMARIO

2

 

QUE FARÍAS SE ESTIVESES ATRAPAD@ NO TEU PROPIO

SILENCIO PARA TODA A VIDA?

CARLA TRILLO... Páx. 61

CARTA NUNHA BOTELLA

DRA. PENELAS – CORTÉS BELLAS... Páx. 64

TEMPO DE ESPERANZA

PAULA CEÁN… Páx. 66

NOVIDADES MUSICAIS: três crónicas e um scoop

HUMBERTO MORÁN... Páx. 69

ESQUECE SAUDADE

AMPARO GALLEGO FOUZ... Páx. 77

SÓS – MANUEL ANTONIO... Páx. 78

PASATEMPOS:

QUEN É MU?

JCD… Páx. 80

A MILHA DE OURO DO ENSINO PÚBLICO NA CORUÑA

[actualizada]

H. M. ... Páx. 84, 85

LEMBRANDO A D. LUIS MONTEAGUDO. CONTRAPORTADA

NESTE NÚMERO, O “PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS” DO EDUARDO PONDAL, OU, DITO SEN RETÓRICA E CON CARIÑO, ELVIRA, PALOMA, VELI, ALI-CIA, ANA E MANUEL, AGÓCHANSE NUN ARTIGO. SE QUEREDES SABER QUE VIR-TUDES ENCARNAN, E SON MOITAS, TERÉDELO QUE ATOPAR E INTERPRETAR.

3

 

GALERÍA: CADROS DE MARÍA BENITA PAZOS FERNÁNDEZ

PELIQUEIROS

Estes cadros foron creados co obxectivo de decorar o meu fogar, aprendendo a mezclar cores, a manexar espátulas, pinceis... Hai uns doce anos fun con moita ilusión a miña primeira aula de pintura. Coa axuda de Marina Moskova, pintora rusa, fixen o meu primeiro óleo sobre táboa, “A Leiteira”, copia da obra feita polo pintor holandés Jan Vermeer. En cursos sucesivos foron xurdindo outros, como “Frores” e nun verán sorprendeu-me a presenza dun pequeno lume que rapidamente converteu o monte nunha ampla mancha negra.

4

 

Quixen deixar constancia do suceso noutro cadro. Coas ensinanzas doutros pintores, os coruñeses Laura, Iván, foron aparecendo novas obras de temáticas e estilos diversos, “Mazás”, “Laranxas”, “O Travestido”, “As Faces”... ata chegar a cadros costumistas nos que se reflicte o meu persoal sentimento da terra galega, “A Praia das Catedrais”, “A Fogata na la-reira”, “O Outono en Galicia”, “As redeiras”...

BENITA PAZOS (alumna do Eduardo Pondal)

5

 

CLAUDI ALSINA: Un gran divulgador das matemáticas

ALFREDO PENA

Claudi Alsina (Barcelona 1952) é catedrático de Matemáticas na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade Politécnica de Cataluña. É moi coñecido no ámbito académico polo seu traballo de investigación, de innovación educativa e divulgación das Matemáticas. Magnífico confe-renciante e autor de moitos libros que teñen por obxectivo principal a popu-larización das matemáticas para axudar á sociedade a comprender e valorar esta materia. Pode dicirse que Claudi Alsina é un matemático único, xa que o feito de traballar na Universidade non lle impide escribir contos para nenos de carácter didáctico, sendo un dos máis coñecidos “Para Elisa, tres lobos y un cerdito feroz”. Alsina recoñece que existe certa antipatía polos números, que ten moito que ver coa súa aprendizaxe. Tamén pensa que unha das cousas que fallan no en-sino desta materia é saber aplicar as matemáticas, que si se coñecen, á vida real. Os seus libros de divulgación son de lectura fácil, sinxela, amenos, diver-tidos e, o máis importante, aptos para todo o mundo. Non fan falta grandes coñecementos matemáticos para pasar un bo rato con eles. Vou citar e reco-mendar, entre outros, a lectura dos seguintes:

6

 

“Todo está en los números”. Editorial Ariel. Axudarános a des-cubrir os números que se esconden na nosa vida cotiá. Nel non hai definicións senón mitos, historias e anécdotas relacionadas cos prin-cipais números da nosa cultura.

“Mateschef”. Editorial Ariel. Un libro para aprender matemáticas cociñando ou para aprender a cociñar calculando.

“Asesinatos matemáticos”. Editorial Ariel. Unha colección de erros que serían divertidos se non fosen tan frecuentes.

“Geometría para turistas”. Editorial Booket. Unha guía para go-zar de 125 marabillas mundiais e descubrir moitas máis.

“El club de la hipotenusa”. Editorial Ariel. Un paseo pola historia das matemáticas a través das súas anécdotas máis divertidas.

7

 

Como comentei ao principio, Claudi Alsina tamén é un gran confe-renciante. Eu tiven o pracer de escoitalo en directo en dúas ocasións. Pero grazas ás novas tecnoloxías (Internet e Youtube) podémolo ver, escoitar e ler en calquera momento. A continuación indico algúns enlaces de youtube, dedicados ao público en xeral e, en especial, ao profesorado de todas as materias e de matemáticas en particular:

“El realismo en educación matemática y sus aplicaciones docentes”: https://www.youtube.com/watch?v=1yuSdFqNTSk

VIII CIBEM (Congreso iberoamericano de Educación Matemática) – conferencia inaugural:

https://www.youtube.com/watch?v=Mn2qIuTx-9M

17 JAEM (Xornadas para o aprendizaxe e a ensinanza das Ma- temáticas) – “Buenos, mejorables e incorregibles”:

https://www.youtube.com/watch?v=oqqzCnHQ_VY

“Vitaminas matemáticas”:  https://www.youtube.com/watch?v=IAJFurnI5Uo

Tamén podemos ler algunhas das súas conferencias:

“La geometría y el asesinato en el Mathematics Express”: http://claudialsina.com/la-geometria-y-el-asesinato-en-el-mathema-tics-express

“El teorema del amor. Demostración completa”: http://claudialsina.com/el-teorema-del-amor-demostracion-comple- ta

8

 

“Cómo y por qué estimular al profesorado”: http://claudialsina.com/como-y-por-que-estimular-al profesorado

Estou plenamente convencido de que, despois de ler algúns dos seus libros e de escoitar as súas conferencias, o gran público, en xeral, “aprenderá” a amar máis as Matemáticas e gozar con esta materia. Ademais, todo o pro-fesorado en xeral desfrutaremos aínda máis, se é posible, coa nosa profesión.

CLUB DE LECTURA JCD

FOTOGRAFÍA DE BEATRIZ MARTÍNEZ

As sete da tarde é unha boa hora para a charla, o debate, o intercambio de pareceres. A esa hora, na biblioteca do Eduardo Pondal, ao redor dunha mesa artúrica, reuniranse os membros do club de lectura para comentar o último libro lido.

9

 

Ao sentar, algún faráo resoplando, con ademáns cansos e afán vingativo: o libro pareceulle un tostonazo; outros, pola contra, eloxiarano e os máis apli-cados deixarán sobre a mesa cadernos de notas nos que apuntaron obser-vacións ou subliñaron parágrafos que permitirán centrar o debate.

En días afortunados haberá café e “buñuelos”, algunha membra do club (sempre membra, o pasado aínda colea) decide deleitar aos contertulios con algo máis que unha selección de metáforas e se o libro foi do seu gusto o recheo do “buñuelo” estará exquisito. Todos agradecerán a xenerosidade culi-naria ata que alguén peche a paréntese para entrar en substancia literaria. Será unha reunión desenfadada na que cada un falará con liberdade nun marco levemente escenográfico: soará, por exemplo, música de jazz ou rock progresivo ao tempo que se proxectarán sobre unha pantalla imaxes de iti-nerarios literarios, xeográficos ou artísticos relacionados co libro a debater. A esas alturas, os personaxes da obra, xeralmente novela, resultarán xa fa-miliares. Sinalaranse por nome de pila e se cabe, adxudicaránselles alcumes. Encomiarase ou se criticará a arquitectura sicolóxica coa que foron cons-truídos, analizarase a trama, os narradores, a sintaxe, o contexto histórico…, sen pretender realizar exposicións sesudas e aburridas senón máis ben alu-sións plurais que contribúan a desentrañar a obra. O resultado será óptimo: novelas e autores para moitos descoñecidos, ou case, converteranse en acha-dos marabillosos aos que entregaremos compracidos horas do noso soño e, ás veces, adquirirán a condición de obxectos de devoción dun particular panteón literario que implicará novas lecturas do mesmo autor. Agora ben, o bo e divertido dos clubs de lectura é o puxilato e a icono-clastia. Un di e outro desdi. Un golpea a favor do autor e outro devolve o golpe desvelando a súa preferencia por outro escritor. Un defenderá, por exemplo, a Javier Reverte como escritor de referencia en literatura de viaxes, mais outro apartarao do podio alegando que simplemente escribe sobre mo-

10

 

llado, contando o que outros xa contaran, facendo libros excesivamente cau-dalosos que só se tornan suxestivos cando narra anécdotas. Un inscribirase nas hostes de Zweig, pero outro alegará que era un burgués describindo un mundo de desigualdades que se perpetúan. En ocasións, o club semellará un galiñeiro indomable: o autor, segu-ramente sen pretendelo, resultou ser un provocador capaz de sacudir e de derrotar a todos con profusa imaxinación, moita retranca, un léxico de gran riqueza e unha complexa sintaxe (léase Cunqueiro, por exemplo). Nun club de lectura reflíctese con nitidez o poliformismo da vida, da rea-lidade: hai o lector preguiceiro que nunca desiste pero sempre arela obras de lectura áxil e fluída; o lector ávido, que nunca se sacia; o disciplinado, que le o aconsellado malia o seu pesar; o sobresaliente, que le e relé ata entrar en comuñón co autor: consulta datos, pulsa opinións… Este último terá un papel destacado na reunión: grazas a el o resto de interlocutores valorarán mellor os vimbios empregados polo autor, os narradores, as figuras literarias, as in-fluencias… Nun club de lectura as sesións terminan como a vida, cunha estoica insa-tisfacción: algo aprendemos pero moito queda por desvelar. Non hai un final definitivo, sempre puntos suspensivos... e cada lector é consciente da súa pro-pia sombra, do seu lado escuro: páxinas saltadas, páxinas mal lidas... Habería que purgar o pecado con relecturas que nunca se farán... Unha virtude dos clubs de lectura que contraría a soberbia de escritores pagados de seu. Houbo quen manifestou que desexaba lectores con dedicación plena. Mais nun club de lectura non cabe tal monogamia. Sempre se opta por ter un amor en cada porto.

11

 

O WESTERN, unha reivindicación.

MARTÍN BOUZA

O xénero cinematográfico americano por excelencia é o western. Desde que en 1903 Edwin S. Porter rodase “Asalto e roubo ao tren”, as denominadas películas de vaqueiros formaron parte do imaxinario colectivo dos espec-tadores de cinema en todo o mundo. Imaxinario que, en non poucas ocasións derivou en concepcións que denostaron e infravaloraron moitas películas po-lo feito de ser westerns. Certo é que o número de películas do oeste foi tan enorme que deu lugar a unha banalización do xénero, primeiro co abuso de producións de serie B (de baixo orzamento) en Estados Unidos na década dos cincuenta e despois coas producións hispano-italianas dos sesenta no que se denominou spaghetti-westerns. Outros o consideraron como simboloxía do imperialismo ianqui, non só respecto ao xenocidio indio senón tamén á actitude estadounidense nas súas relacións internacionais, o cal adoita facernos esquecer as grandes películas do subxénero pro-indio. Ademais, o western identificouse en oca-sións como un xénero de aventuras dirixido ao público xuvenil con guións simples e manidos. É verdade que as críticas sinaladas anteriormente son certas, pero só parcialmente. Entre a inxente cantidade de westerns podemos facer unha gran selección de obras cinematográficas importantes nas que gozar coa repre-sentación de sublimes tipos humanos, a marabillosa factura técnica de duelos, batallas, persecucións e escaramuzas, así como as diferentes escenas paisa-xísticas e a gran achega das partituras de grandes mestres da música de cine-ma.

12

 

Con todo, actualmente o western é un xénero practicamente desaparecido. A súa defunción empezou a producirse a finais dos anos setenta e desde en-tón apenas hai películas salientables. A súa época dourada podemos situala entre as décadas dos anos corenta e sesenta. Neste artigo quero citar algunhas das películas consideradas clásicos por parte da crítica especializada que son moi pouco coñecidas e que, en xustiza, deberían pertencer ao escalafón das grandes obras que todo o mundo coñece e que non fará falta que mencione. Un tema recorrente na iconografía do western é o do linchamento. Situa-ción causada por un déficit legal na progresiva colonización do oeste ameri-cano. O devandito tema é obxecto de análise e reflexión nunha magnífica película de William A. Wellman titulada “Incidente en Ox-Bow” ( The Ox- Bow incident, 1943). Rodada en plena guerra mundial e protagonizada por Henry Fonda expón unha crúa reflexión sobre a aplicación da xustiza nun ambiente asfixiante e desolador. Unha mensaxe perturbadora que non estaba feita para seducir ao público de entón pode ser admirada hoxe como unha obra lúcida e de excelente tensión dramática. Dentro da filmografía do gran John Ford quixera mencionar e recomendar unha obra titulada “La legión invencible” (She wore a yellow ribbon, 1949). Aínda que o título en castelán é moi convencional e alimenta a imaxe do western como xénero épico, en realidade a mensaxe desta cinta é moi dife-rente. Nela, a narración, a través dunha fotografía maxistral, dos últimos días en activo dun veterano oficial do exército de cabalaría (John Wayne), convértese nunha obra dun lirismo e unha melancolía propia dos mellores títulos do que máis adiante se deu en chamar o western crepuscular. Ademais, a rodaxe dos movementos da cabalaría dificilmente foron igualados, mesmo dentro da fil-mografía do propio director.

13

 

En 1951 Raoul Walsh dirixiu un western moi pouco coñecido pero dunha factura impecable. Refírome a “Camino de la horca” (Along the great divide, 1951). Nel, o traslado dun preso por parte dun shériff (Kirk Douglas) a través dun deserto móstranos unha serie de personaxes clásicos tratados con gran detalle psicolóxico nun marco sobrio, austero e desacougante. É unha cinta que lembra en máis dun aspecto á soada “A dilixencia” (The Stagecoach, 1939) de John Ford, pero da que ten pouco que envexar. Doutro insigne director de westerns, John Sturges, quero referirme á estupenda “Desafío en la ciudad muerta” (The Law and Jake Wade, 1958). Quizáis non tan coñecida como outras cintas deste realizador, “Duelo de titanes” (Gunfight at the Ou. K Curral, 1957) ou “Los siete magníficos” (The Magnificent Seven, 1960), supón con todo, ao meu entender, unha obra que en moitos aspectos supéraas. A tensión emocional está conseguida en base a un sólido guión e a unha pa-rella protagonista (Richard Widmarck e Robert Taylor) que enche a pantalla dun modo contundente, proporcionando tinguiduras crepusculares baixo unhas caracterizacións psicolóxicas tan contidas como arrepiantes. Por último, gustaríame reivindicar unha película do director Budd Boetticher titulada Estación Comanche (Comanche Station, 1960). Nela, o tema clásico do vaqueiro cun pasado turbio (Randolph Scott) é tratado de maneira moi intelixente botando man da paisaxe e das relacións que se esta-blecen entre os protagonistas. A película ten especial valor polo feito de ser de baixo orzamento e, a pesar diso, escenificar un western onde certos tipos humanos quedan magníficamente retratados. Outros grandes clásicos non moi coñecidos que recomendo e espero que gocedes son:

El sexto fugitivo (Backlash, 1956), de John Sturges.

14

 

The tall target, 1951, de Anthony Mann. La puerta del Diablo ( Devil´s Doorway, 1950), de Anthony Mann. El forastero (The westerner, 1940), de William Wyler. Río de sangre (The Big Sky, 1952), de Howard Hawks. Río conchos, 1964, de Gordon Douglas. Jubal, 1956, de Delmer Daves. El vengador sin piedad (The Bravados, 1958), de Henry King.

 

 

 

BENITA PAZOS. ÓLEO

15

 

VISITA A SOTAVENTO

O pasado 23 de novembro, un grupo de alumnos da escola Eduardo Pondal da Coruña, realizamos unha visita guiada ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo).

A visita tivo unha duración de dúas horas e media, nela explicáronnos con charlas e un percorrido polas instalacións (por parte de dúas monitoras), todo sobre o mundo das enerxías e os seus efectos no medio ambiente. Come-zamos cunha charla sobre as diferentes fontes de enerxía, por unha banda, as NON renovábeis, que son as que se atopan na natureza en cantidades limi-tadas, e que son: petróleo, gas, carbón e uranio.

16

 

O seu consumo, está a producir moitos problemas no medio ambiente, de-bido á alta concentración na atmosfera de grandes cantidades de gases conta-minantes (dióxido de carbono, chumbo, etc.) polos procesos de combustión nos transportes e na industria, entre outros. O efecto invernadoiro é o resulta-do de todo iso, leva ao incremento da temperatura en todo o planeta, con to-das as súas consecuencias: incremento no nivel do mar, cambios nas condi-cións de vida habituáis, riscos nos ecosistemas e nas especies, e enfermidades respiratorias nos seres humanos… España apenas ten este tipo de materias primas, co cal temos que importalas nunha porcentaxe moi elevada, resul-tando moi custoso.

Doutra banda, temos as fontes de enerxía renovábeis (inesgotábeis), que son: vento, sol, mar, ondas, biomasa e xeotérmica. España, con respecto a ou-tros países, é unha potencia enorme neste tipo de fontes, especialmente a do sol (con moitas horas ao ano), mar e vento, con case seis mil quilómetros de

17

 

costa. Son enerxías limpas, que apenas dañan o medio ambiente e, en teoría, baratas, pois ao telas na casa non hai que importalas. Con todo, e a pesar das vantaxes, o consumo destas enerxías é moi baixo en España, pois só representa unha pequena parte do consumo total. No ano 2015, non chegaba ao 20%.

Chamoume a atención o caso de Alemaña, onde só a enerxía do sol repre-senta a metade do consumo total -e aquí vén o curioso do caso- conta coa metade de horas de sol de España. Como é posíbel?... Non entendo nada!!

18

 

Pareceume moi interesante todo o relacionado coas vivendas bioclimáticas, nas que se pode aforrar ata un 80% de enerxía, soamente tendo en conta detalles como: orientación da vivenda, inclinación, tipos de árbores (de folla caduca para dar sombra no verán e calor no inverno), illamentos, paneis solares nos tellados para producir electricidade para o consumo propio (apa-rellos eléctricos e auga quente para calefacción, baños, cocina), aprovei-tamento das augas de choiva para sanitarios, etc. Ao final todo isto tradúcese en aforro de cartos e menor polución.

19

 

Cando no percorrido lle chegou a quenda á iluminación con LED, teño que dicir que o só feito de mostrar dous contadores de pantalla distintos, co consumo real de dúas lámpadas tamén distintas, unha a incandescente de toda a vida (a amarela) e a outra LED, fíxome ver con moita claridade as dife-renzas tan grandes de consumo. Isto foi o que provocou que nos seguintes días cambiase na miña casa case todas as lámpadas. É curioso, porque destes aforros xa hai moito tempo que o sabía, mais sem-pre pensaba "xa as cambiarei cando se vaian fundindo", pero nunca se fundían. No meu caso, si é verdade que unha imaxe valeu máis que mil pala-bras. A diferenza está en que as amarelas se quentan moito e é aí onde se vai o consumo.

Fíxome graza o comentario dunha compañeira; lembraba que na súa casa as utilizaban como calefacción para quentar os pitos!!! E xa para terminar, dicir que este tipo de visitas é moi útil, xa que serve, ademais de para aforrar cartos (e iso sempre é importante), para se sen-sibilizar cos problemas do medio ambiente.

20

 

Sería bo achegar á xente a este tipo de instalacións. Para moita xente Xermade queda moi lonxe!

GAÑARÍAMOS TODOS!

RICARDO SALIDO DÍAZ Fotografías de RAMÓN OJEA

BENITA PAZOS. ÓLEO

21

 

VOLTAR A VENEZA

CÉSAR MORÁN

Voltar a Veneza despois de vinte anos fai que o tempo se repregue e encolha como um acordeão… ainda que também se dilate ao longo dos dias, esses dias escuros a partir das cinco e meia da tarde, quando em fevereiro rabo curto, que dizia minha avó, as tardes esmorecem de repente para serem noite pecha em trinta minutos. Daquela fora no verão, da primeira vez, com trinta e quatro, trinta e cinco ou trinta e seis graus e muita humidade, como agora esta humidade gélida de entre um e sete. Daquela procuravas não beber alcol durante o dia, para aturar o desgaste da jornada. Isso sim, bebias uma birra refrescante enquanto fosse possível. Agora não.

22

 

Agora entras em qualquer trattoria, pizzeria ou ristorante e, pedindo polo baixo um prato de massa por doze ou treze euros, podes pagar por uma birra de três quartos a meio litro a metade do prato, uns seis euros…, ao que deves acrescentar o coperto e o mínimo de doze por cento em conceito do que eram as informais gorjetas ou “propinas”, já todo incluído. Alguém me diz: –É que os italianos não bebem cerveja com a comida. Eles é que o consideram inapropriado e desmerecente, porque há muito bom vinho–. Ah! Vejamos com a água: uma garrafa de três quartos podem ser quatro euros numa trattoria normal, sem luxos. Bem, tiveram de passar vinte a quatro horas para comprender que, entre dous, sai muito melhor meia garrafa de vinho rosso, que pode custar entre seis e nove euros e resulta muito mais reparador.

Mas eu não queria falar de economia, senão de beleza. Cada quem pode ter o seu critério, mas para mim há só um motivo para viajar a Veneza: a beleza. Essa beleza decadente que paira entre as cores mais excelsas e a rosa que se extingue no reflexo da lagoa, sem que nunca pareça que vai desaparecer, porque acaso é todo falso e nunca, nunca se irá de nós. Há vinte anos fora quase por accidente. Uma viagem programada a Florência, Siena e as vides da Toscana dera passo a uma incursão de dous dias em Veneza.

23

 

Eu não tinha, na verdade, muita vontade de ir porque pensava que me ia decepcionar. Esses tópicos, a cidade turística por excelência… Não ia eu preparado e quase preferia ficar em Firenze, adorando os mármores policromados e a cúpula rosácea de Santa Maria del Fiore. Acontece, porém, que os caminhos às vezes nos levam em volandas e eu acabei entrando em Veneza por Piazzale Roma. Lembro o primeiro impacto do Canal Grande desde o vaporetto e a partir daí todo o fascínio que me foi causando essa cidade sem par. Aquela viagem, como digo, estava marcada polo imprevisto, polo não programado, o que tivo consequências memoráveis. Poucos raptos emotivos foram tam comovedores como entrar por acaso na igreja de La Salute e achar a Discesa dello Spirito Santo, o quadro de Tiziano, e despois tanta obra de arte espalhada por toda a parte, nos interiores das inúmeras igrejas, nas salas dos museus, na arquitectura do gótico veneciano que dança no reflexo da água, ou na música húmida ressoante nas noites de San Marco. Nesta ocasião foi uma oportunidade: viajar com rapaz@s adolescentes que a cada pouco se iam espalhando por canles e fondamentas, pontinhas de fábula, multitude de campos com o seu pozo antigo, perdid@s nas ruelas e no ruído de passos, como Tadzio. Foi retornar à velha cidade com o conheci-mento prévio, o que supunha o jogo prazenteiro de rallentizar no possível a imagem do já visto, e deixar-se levar sem ressistência à vertigem do novo.

24

 

Tem acontecido muitas vezes chegar a uma cidade de tarde e, tras o alo-jamento, dar um passeio de noite totalmente improvisado, só para gozar do silêncio e do ruído dos próprios passos. Foi isso o que me aconteceu: cami-nhar na noite fria e húmida e de repente descobrir, de esguelho e na fileira de uma rua estreita, a basílica de San Marco num escorço impossível. Já de manhã a chuva que não cessa vai-me levando por um labirinto de ruas e ruelas –vias em italiano, calles em véneto– ponteando as canles até chegar ao campo de San Giovanni e Paolo com a magnífica estátua equestre, e daí ao Liceo Linguistico e delle Scienze Umane, o espaço de trabalho e aventura diá-ria dos nossos alunos, e desde onde o horizonte se abre ampuloso para en-xergar o fermoso cemitério da cidade, ilha beireada das mesmas cores que ateigam a cidade. Agora é caminhar cara a San Bartolomeo, sempre o lugar de cita e encontro a um tiro de pedra de Rialto. É alá onde se ergue a estátua de Carlo Goldoni, o insigne escritor veneciano que, como tantos outros, empregou a língua véneta em boa parte do seu teatro. Isso foi no século XVIII, o último em que se mantivo independente a Serenissima Repubblica di Venezia, de mais longa história que o Império Romano. Mas a comitiva avança paralela ao Canal Grande e entra na Piazza di San Marco. Magnífica entrada com a imponente basílica ao fondo e nos soportais da mão direita o café Florian, o mais antigo da Europa. É o espaço das pombas e da música ao vivo vinte anos atrás, ateigado de gente diversa, e no ar os sons de Parole, parole, parole nas terraças. É o espaço de Gustav Aschenbach na procura de informes sobre os efeitos do sirocco ou do cabeleireiro que lhe fornecesse, em substância, a er-va de namorar. San Marco é um fascínio. Uma aluna veneciana fai de guia. Cumpre per-feitamente o seu papel, e a igreja é tão prodigiosa que outra moça das nossas exclama: “Mais isto é algo sublime!”. É a arte bizantina, com toda a poli-cromia e os arcos dourados. Desde a terraça, ao lado dos cavalos, alviscase a praça enorme, a torre dell’orologio à direita, e à esquerda, atraídos polo mar,

25

 

o Palazzo Ducale e a grande Biblioteca. Porém, descemos de novo à praça e espera-nos a altura do campanile, desde onde a vista de Veneza não tem igual: os telhados rosados, a cidade uniforme, as cúpulas em picado e ao longe, além do mar, a neve nas montanhas.

A ponte de Rialto leva ao outro lado do canal, e tras olhar interessados o estaleiro de gôndolas, quase como aqueles nossos onde ainda trabalham nas gamelas os carpinteiros de ribeira, a água percute na pedra em som acom-passado até chegarmos, desta vez conscientemente, à igreja de La Salute, com a impressionante cúpula que emula a de Michel Angelo em Roma, e com a beleza interior que dão os óleos de Luca Giordano, Liberi ou Tiziano. E se acaso, por mor da hora, a chiesa estivesse fechada e tivesses que esperar a que abrisse às três e meia, bem poderias visitar a pinacoteca Manfrediana e comer na trattoria Ai Cugnai, passando polo Peggy Guggenheim que alá es-tava, sem se mover em vinte anos. A volta fai-se a pé e em vaporetto, desde o qual palácios, casas, canles, destelhos e lampos de água nos prédios confi-guram uma paisagem única, singular e irrepetível.

26

 

No entanto essa Veneza de inverno adquire efervescência plena com a chegada do Carnevale, e isso mesmo é o que começa esta noite com um con-certo na Piazza di San Marco. A uma semana do carnaval litúrgico, a cidade véneta explode este sábado numa festa contínua que é a sua própria festa, e é o início das máscaras mais belas e requintadas. E todo para a solenidade do domingo com o magno desfile das dez horas da manhã, seguido às once horas do espectáculo de il volo del'angelo desde o alto do campanile mentres soa o Ave Maria de Schubert. Toda a gente chegada de longe madruga e guarda sitio desde horas antes, e ao final desfai-se lentamente, e vai-se espalhando devagar beireando a Ponte dei Sospiri até chegar ao peirão, porque agora o viageiro quer ir ao Lido. Algo imprescindível, algo que ficou pendente da outra vez. Para o filme de 1971 Visconti conseguira uma equipa de carpinteiros e outros operários que devolveram ao Hotel des Bains o seu antigo esplendor, o que Mann reflectira em 1912. Aquelas cores, flores, mármores, vidros, porce-lanas e alabastros, as luzes e as lâmpadas e a magnificência da aristocrácia europeia de inícios de século. Foi reparador chegar à praia e imaginar os an-dares de Tadzio, mesmo naquela aura crepuscular em que nas águas e os baixios das areias se debuxaba o Hermes Psicagogo. Mas o hotel está agora fechado, à espera de qualquer projecto rendível. O que não impede achegar-se à frente, fotografar a fachada e os arredores e imaginar o protagonista a olhar desde a janela e acenar com o braço cara à praia.

27

 

Contodo, a visita guiada ao Palazzo Ducale foi acaso o luxo mais evidente e menos doado para relatar aqui, desde a impressionante escadaria de mármore branco veneciano, obra de Antonio Rizzo –com as colosais estátuas de Marte e Neptuno esculpidas por Jacopo Sansovino–, até a sala do Gran Consiglio, onde se contempla O Paraíso de Tintoretto, o maior lenço do mundo. Todo o demais resulta impossível de referir aqui, a não ser os exteriores, esse gótico flamígero, gótico veneciano, mármores brancos e rosa-dos. Excessivo para os dias que decorrem.

E de resto, o mais fica ainda no tinteiro. Já não digo se o viageiro navega para Murano –com os obradoiros e o Museo do Vidro, com uma confi-guração semelhante à da própria Veneza– ou de Murano a Burano, onde predomina a construção marinheira com cores bem contrastadas como algumas das nossas casas marinheiras, e pode quem quiger demorar-se nas rendas ou “encaixes” como se fosse Camarinhas. Digo mais bem a infinidade de igrejas que o viandante encontra a cada passo por ruelas e campos, todas elas com sorpresa interior, tanto na arquitectura como essencialmente na presença de pinturas notáveis de autores notabilíssimos. E falo também dos numerosos museus como o Ca' Rezzonico –ou Museo del settecento vene-ziano– ou o Museo Correr, á beira de San Marco, que relembra a história de Veneza desde a época dos doges até o Risorgimento do século XIX.

28

 

Finalmente, passear por Veneza não tem par noutra cidade, pois não há ruído de automóveis. Veneza perdeu moradores nos últimos anos, mas cada dia chegam à cidade cento e sessenta mil visitantes porque nenguma outra tem algo semelhante para oferecer ao visitante. Ainda assim, o caminhar por ruas e pontinhas é em parte silencioso, não se ouvindo mais que os falares da gente ou o ir e vir dos vaporettos e embarcações menores. Mas quem fôr que fosse a Veneza não deve voltar sem entrar na Fondaco dei Tedeschi, edifício (re)construído em 1228 e agora reconvertido num centro comercial de alta categoria, com a presença das firmas mais notáveis. Entrar, como digo, no edifício e subir à terraça desde a que se pode contemplar desde o cimo a ponte de Rialto e gozar de vistas inéditas do Canal Grande e em geral da cidade. Não esquecer San Polo, nem o Campo dei Apostoli, onde sempre me parece que se rodou, em nove tomas, a sequência mais terrível e arrepiante de Morte em Veneza.

29

 

O cervo e a fontana fría: Símbolos da cantiga de amigo

MARÍA DORES FERNÁNDEZ LÓPEZ

  A discusión está sobre a mesa: existe simbolismo nas cantigas de amigo ou a natureza é un simple pano de fondo, un locus amoenus? O noso punto de partida será a primeira premisa: en toda sociedade primitiva a natureza é moito máis que un lugar. Remitímonos ás palabras do profesor Macedo can-do afirma que:

“O pensamento dominado polo simbolismo cosmolóxico creou unha experiencia do mundo enormente diferente da que é accesíbel ao home moderno. (...) Un obxecto nunca é simplemente un obxecto, senón que significa algo fóra de si mesmo. A terra cultivada é máis que iso, é o corpo da NAI TERRA; a sacha é falo, mentres que tamén é ferramenta de la-branza; o arado é aparello agrícola ma-is tamén representa a unión sexual prescrita para a fertilización hierogá-mica da Nai Terra. (...)”

30

 

“a sociedade medieval concebíase como parte de uma tota-lidade metafísica de que o mundo material era o aspecto visível. Por isso a leteratura medieval visava sempre a desig-nar o concreto para significar o abstracto. A realidade con-creta tinha, enquanto real e concreta, um valor semántico- metafórico (…)”

Por esta razón, entre outras, non podemos ler as cantigas, ao igual que ningún texto, descontextualizándoo da súa época, da súa historia e moito menos do contexto social e de pensamento do espazo no que nace a obra literaria. Non son “uns poemiñas inxenuos”, a inxenuidade parte do desco-ñecemento "do leitor que restrinja ao meramente designativo uma linguagem cuja significaçao depende de uma superstructura simbólica ". Créase una meta-linguaxe no que o mundo real" era concebido como o reflexo de uma orden absoluta ", seguimos parafraseando a Macedo. Baseándome pois nestas proposicións tentarei achegármonos a estes dous símbolos: o cervo, a auga e o vento.

A auga é un dos símbolos básicos en toda a mitoloxía e folclore. Son innumerábeis os motivos máxico-relixiosos: bautismo, baño protalámico, dioivos catárticos, sacrificios a deidades da auga… Non debe sorprendernos, entón, a variedade de motivos que se presentan na nosa lírica, mais ímonos centrar no significado auga-fonte/cervo. O encontro amoroso na fonte é unha tradición común a gran parte das literaturas primitivas, como tamén é universal a crenza de que a fonte é principio de vida, do amor e da felicidade. Moitas cantigas do folclore tradicional fan referencia aos encontros dos namorados na fonte, á súa relación sexual, á perda da virxinidade da doncela, etc, mediante a alusión indirecta e por medio de palabras e accións de marcado carácter simbólico.

31

 

Digades, filha, mia filha velida, Porque tardastes na fontana fria

… Tardei, mia madre, na fontana fria cervos do monte a áugua volviam

… Pero Meogo

Nesta mesma liña, as accións de lavar cabelos (garcetas) / lavar camisas, tamén van unidas a un rito ou preludio do encontro amoroso. O cabelo ten un profundo valor simbólico e unha grande atracción erótica. Que unha muller entregue o cabelo a alguén significa que lle dá a súa xuventude.

Levantou - se a velida, Levantou - s´alva e vai lavar camisas e no alto. Vai-las lavar alva.

… Dom Dinís

A fonte insírese nunha paisaxe bucólica, primaveral, dominada pola verde herba e as árbores en flor e salferida de mananciais e atravesada por algún que outro río, polo xeral caudaloso: fonte u os cervos van beber, fontana fría, banhar-se no río, ribeira do río, ribas do lago…

32

 

Definitivamente, de todo o visto concluímos a importante presenza que a AUGA tiña na época, tanto na vida cotiá como no imaxinario colectivo que todos nós herdamos e compartimos nos nosos días. Vale a pena mencionar que se recolleron cantos co motivo do encon-tro amoroso na fonte ou a carón da agua en Grecia, Lituania e nas tradicións dos eslavos balcánicos, así como entre os indios, os coreanos e os indo-ame-ricanos. Existen moitas testemuñas que amosan que se trata dun motivo amplamente estendido polo mundo e cun centro de difusión incerto. E. Morales Blouinre forza a tese do valor erótico dos motivos: lavar os cabelos ou as camisas na imaxinación humana desde os tempos máis remotos. Outro significado simbólico da auga é a fertilidade. A auga propicia a fecundidade da terra e, por conseguinte, a fecundidade das criaturas.

Algúns datos que sustentan esta teoría: no Zohar un pozo abastado por unha corrente simboliza a unión sexual; os ríos sagrados de Mesopotamia, suponse, teñen a súa orixe no órgano xerador de vida da grande deusa. No babilonio pu significa nacemento dun río e vaxina; no sumerio buru; no he-breo pozo tamén se usa para muller ou esposa. Son só algúns exemplos.

33

 

Sendo motivo común a presenza da auga, fonte, mar, río, lagoa… só nun autor se mestura fonte e cervo, Pero Meogo, figura moi descoñecida, mais crese que foi contemporáneo do rei Don Dinís de Portugal, cuxo reinado se estende desde 1279 até 1325. O corpus conservado son nove cantigas ante as cales volve xurdir a tensión: posúen as nove cantigas unidade narrativa ou é máis ben una unidade estilística. Mais non é esta a cuestión que nos ocupa. A primeira representación atopámola nas pinturas rupestres e os diferentes estudos indican que significaba o misterio da transformación do mozo en adulto e, ao mesmo tempo, a extrañeza ante a ancianidade. Para os pobos do lonxano oriente e para as culturas precolombinas, significaba a constante renovación do espírito e do corpo, ao igual que a súa cornamenta. Para os clásicos, o cervo estaba consagrado á deusa Artemisa, protectora da enerxía vexetativa, e a Diana cazadora. Os romanos e os hele-nos falaban do carácter místico do cervo, o cal sabía distinguir as distintas especies de plantas curativas, debido á súa perfecta intuición e á súa natureza dilucidadora. Estaba considerado coma o animal simbólico por excelencia, debido á súa axilidade e beleza. En Roma, Facere o exercere cervulum, era unha práctica pagana que consistía en disfrazarse de cervo durante as calendas de xaneiro –Kalendis Ianuariis-, isto permitíalles cometer calquera tipo de tropelía sexual. Como símbolo fálico o cervo é unha pervivencia do paganismo. Ten unha connotación máxica e sexual, os participantes nas “festas do cervo” comportábanse bestialmente. Numerosas culturas comparábano coa árbore da vida e atribuíanlle un significado relacionado coa fertilidade. O cervo é un dos arquetipos máis antigos porque responde ás dúas nece-sidades máis inmediatas do ser primitivo: o sustento e a reprodución.

34

 

Asociados cos Cernunnos o Señor dos Animais, e as deusas da cacería, o cervo adquiriu categoría de sagrado entre os celtas da Idade de Ferro. Nos mitos celtas, o cervo tiña a reputación de estar entre os animais máis antigos. A súa elegancia natural asociouno coas artes, especialmente coa poesía e a música.

Para os antigos celtas era o rei das fadas (faireycattle), un ser sobrenatural que conducía as tropas de fadas, e humanos elixidos, ao seu reino nos bosques. A cerva personificaba a feminidade, elegancia e discreción mentres o cervo falábanos silenciosamente pero sen sombra de dúbida da inde-pendencia, o orgullo e a purificación. O bosque era dominio do cervo, e desta forma asumiu a protección das súas criaturas. Non é sorprendente, que os celtas o relacionasen coa virilidade e a fertilidade dos guerreiros. Era, tamén, o símbolo do sol, cercanamente relacionado co deus Celta da caza habi-tualmente representado como unha criatura hastada. A nobre presenza do cervo, a súa cornamenta enramada que recorda una árbore madura, e a potencia e agresión durante a berrea, é o epítome dos grandes bosques da vella Europa dos que o cervo é o rei. O cervo representa as paixóns nobres e salvaxes que aparecen en todo o natural.

35

 

No val de Camonica do norte de Italia, as paredes das covas presentan relevos que poden datarse entre os últimos pobos neolíticos e os celtas das Idades do Bronce e o Ferro. Imáxes dos séculos VII a IV a.C re-tratan cazadores disfrazados de cervoou con cornamentas, suxerindo una meta-morfose ou, como mínimo, unha íntima relación coa presa. Dominante sobre as tres cuartas partes da imaxinería relixiosa, as representacións do cervo adoitan mesturarse con outra poderosa imaxe celta: o Sol. En ocasións, os raios do sol aparecen como unha cornamenta, simbolizando unha soberanía común. Para testemuñar o estatus nobre, senón divino, do cervo, un relevo mostra un círculo de figuras que bailan ou rezan ao redor dun cervo de gran cor-namenta. Unha síntese da evidencia arqueolóxica sinálao como símbolo da natureza salvaxe, o Rei do Bosque. A antiga Galia era una densa arboreda, do mesmo xeito que Inglaterra e Irlanda. Os cornos do cervo, que se ramifican coma una árbore cara ao ceo, xunto coa súa velocidade, dignidade e porte, implica unha característica de nobreza entre os animais do bosque. Normalmente, o cervo asóciase na mitoloxía celta con Cernnunnos, o Señor dos animais. O caldeiro de Gundestrup representa un Cernnunnos hastado co seu familiar compañeiro, o cervo verdadeiro. Quizáis como un escintileo de antigas tradicións, as deusas están íntimamente ligadas ao cervo, espe-cialmente cando se invocan a enerxía e a fertilidade. A Deusa Irlandesa Flidhais, que coida de rabaños de cervos coma se fosen animais domésticos, parece personificar a natureza fértil e salvaxe do bosque circundante. Unha deusa que presidía a caza sagrada do cervo, foi atopada soterrada cun guerreiro celta nun xacemento da Idade do Ferro en Strettweg, Austria.

36

 

A identificación cervo-amante atopámola tamén na Biblia, concretamente no Cantar dos Cantares, libro que derrama un grande erotismo, onde Yahvé é o grande amante da alma (vid: San Juan de la Cruz); na lírica árabe; na Eneida, entre outras. En China, as palabras cervo e abundancia soan exactamente igual. Os budistas gustan de contar a historia da primeira lección do seu mestre cando a súa sagrada presenza atraeu ata aos animais salvaxes da rexión, espe-cialmente os cervos. O lugar actual no que se supón que tivo lugar este pri-meiro ensino de Buda chámase hoxe en día Parque do Cervo. Nalgúns mosteiros tibetanos, os discípulos con forma de cervo de Buda aparece en ambos lados da roda do Dharma (a roda da doutrina). Na iconografía cristiá vemos representado este animal de xeito repetido. En moitasocasións aparece bebendo auga dunha fonte e simboliza a Cristo que acouga a sede do home. O cervo é Cristo que loita contra o mal (representado na serpe). Desa diversidade de fontes é posible que acabase sendo asimilada pola tra-dición popular, onde o atopamos con diferentes sentidos e valores. De toda esta ampla tradición debeu servirse Pero Meogo para a construción do seu símbolo.

A seguir invitámolos/as a ler pezas tan fermosas da nosa lírica medieval galego-portuguesa.

“DIGADES, FILHA, MINHA FILHA VELIDA”

PERO MEOGO

Ilustración do pintor Antonio García Patiño Cantigas de Amigo. Edición de M. Moleiro

37

 

B 11

84 V

789

O m

eu am

ig’, a q

ue p

reito talh

ei,co

m v

osso

med

o, m

adre, m

entir lh

’ ei,e se n

on fo

r, assanhar s’ á.

Talh

ei lh’ eu

preito

de o

ir veer

ena fo

nte u

os cerv

os v

an b

ever,

e se non fo

r, assanhar.

E n

on ei eu

de lh

i men

tir sabor,

mais m

entir lh

’ ei con v

osso

pav

or,

e se non fo

r, assanhar s’á.

De lh

i men

tir nen

un sab

or n

on ei,

con v

osso

med

’ a men

tir lh’ av

erei,e se n

on fo

r, assanhar s’ á.

B 1185 V

790P

or mui frem

osa, que sanhuda estoua m

eu amigo, que m

e demandou

que o foss’ eu veera la font’ u os cervos van bever.N

on faç’ eu torto de mi lh’ assanhar

por s’atrever el de me dem

andarque o foss’eu veer.A

ffeito m

e ten ja por sandia,que el non ven, m

as enviaque o foss’ eu veer.

B 1186 V

791- T

al vai o meu am

igo, con amor que lh’ eu dei,

come cervo ferido de m

onteiro del rei.T

al vai o meu am

igo, madre, con m

eu amor,

come cervo ferido de m

onteiro maior.

E se el vai ferido, irá m

orrer al mar;

si fará meu am

igo, se eu del non pensar.E

guardade vos, filha, ca ja m

’ eu atal vique se fez coitado por guaanhar de m

in.E

guardade vos, filha, caja m

’ eu vi atalque se fez coitado por de m

in guaanhar.

38

 

B 1

187

V 7

92A

i ce

rvos

do

mo

nte,

vin

vos

pre

gu

ntar

:fo

i s’

o m

eu a

mig

’ e,

se

alá

tard

ar,

qu

e fa

rei

vel

ida?

Ai

cerv

as d

o m

onte

, vi

n v

olo

diz

er:

foi-

s’ o

meu

am

ig’

e qu

erri

a sa

ber

que

far

ei v

elid

a?

B 1

188

V 7

93L

evou

s’a

alva

, le

vous

’a v

elid

a,va

i la

var

cabe

los

na f

onta

na f

ria

leda

dos

am

ores

, do

s am

ores

led

a.L

evou

s’a

alva

, le

vou

s’ a

lou

çana

,va

i la

var

cabe

los

na f

ria

font

ana

leda

dos

am

ores

, do

s am

ores

led

a.V

ai l

avar

cab

elos

na

font

ana

fria

,pa

ssou

seu

am

igo,

que

lhi

ben

que

ria

leda

dos

am

ores

, do

s am

ores

led

a.V

ai l

avar

cab

elos

na

fria

fon

tana

,pa

ssa

seu

amig

o, q

ue m

uit’

ava

leda

dos

am

ores

, do

s am

ores

led

a.P

assa

seu

am

igo,

que

lhi

bem

que

ria,

o ce

rvo

do m

onte

a a

ugua

vol

via

leda

dos

am

ores

, do

s am

ores

led

a.P

assa

seu

am

igo

que

a m

uit’

am

ava,

o ce

rvo

do m

onte

vol

via

augu

a;le

da d

os a

mor

es,

dos

amor

es l

eda.

B 1

189

V 7

94E

nas

verd

es e

rvas

vi a

nda-

las

cerv

as,

meu

am

igo.

Eno

s ve

rdes

pra

dos

vi o

s ce

rvos

bra

vos,

meu

am

igo.

E c

on s

abor

del

osla

vei

meu

s ca

belo

s,m

eu a

mig

o.E

con

sab

or d

elas

lave

i m

has

garc

etas

,m

eu a

mig

o.D

es q

ue l

os l

avei

d’ou

ro l

os l

iei

meu

am

igo.

Des

que

las

lav

ara,

d’ou

ro l

as l

iara

,m

eu a

mig

o. D

’our

o lo

s li

eie

vos

aspe

i,m

eu a

mig

o. D

’our

o la

s li

ara

e vo

s as

pera

va,

meu

am

igo.

39

 

B 1190 V

795P

reguntar-vos quer’ eu, madre

que mi digades verdade:

se ousará meu am

igoante vós falar com

igo.P

ois eu mig’ ei seu m

andado,querria saber de gradose ousará m

eu amigo

ante vós falar comigo.

Irei, mha m

adre, a la fonteu van os cervos do m

onte;se ousará m

eu amigo

ante vós falar comigo

B 1191 V

796F

ostes, filha, eno bailar

e rompestes i o brial;

poilo cervo i ven,esta fonte seguide a ben,poilo cervo i ven.F

ostes, filha, eno loir

e rompestes i o vestir;

poilo cervo i ven,esta fonte seguidea ben,poilo cervo i ven.E

rompestes i o brial

que fezestes ao meu pesar

poilo cervo i ven,esta fonte seguide a ben,poilo cervo i ven.E

rompestes i o vestir

que fezestes a pesar de min;

poilo cervo i ven,esta fonte seguide-a ben,poilo cervo i ven.

B 119

2 V 7

97

- Digad

es, filh

a, mha fi

lha v

elida,por qu

e tardastes na fontan

a fria?- (O

s amores ei.)

- Digad

es, filh

a, mha fi

lha lo

uçana,por qu

e tardastes na fria fo

ntana?

- (Os am

ores ei.)

- Tard

ei, mia m

adre, na fontan

a fria,cervos d

o mon

te a áugua vo

lvan.- (O

s amores ei.)

Tardei, m

ha m

adre, n

a fria fontana,

cervos do m

onte v

olvan

a augua.

- Os am

ores ei.- M

entir, m

ha filh

a, mentir por am

igo,

nunca vi cervo q

ue volv

esse o rio.

- Os am

ores ei.- M

entir, m

ha filh

a, mentir por am

ado, nunca vi cerv

o que v

olvess’ o alto

.- O

s amores ei.

40

 

Un cole ao revés

SOÑOS

Érase unha vez

un profe pedante,

ao que adoraban

os seus alumnos brillantes.

E tamén había,

uns pais amables,

un conserxe túzaro,

e aulas envexables.

Todas estas cousas,

había unha vez,

cando eu imaxinaba

un cole ao revés.

E. PERDIGUERO (adaptación dun poema de J.A. Goytisolo)

41

 

LINGUA, CULTURA E IDENTIDADE

Nacín en xuño de 1980. A miña familia non era coma o resto. Eran persoas xordas e comunicábanse en Lingua de Signos. Ben, en realidade, nese ano e nesa época, nin eran persoas xordas nin usaban Lingua de Signos. Eran xordomudos e comunicábanse por mímica, por señas, en signos...e só para algúns poucos, era linguaxe de signos. Habería que esperar máis de 20 anos para a creación dunha lei que a recoñecese oficialmente como lingua. Á altura de calquera outro idioma. Dende ben pequeno usaba a Lingua de Signos para comunicarme cos meus pais. Ó fin e o cabo, cando tes un ano de idade o teu mundo redúcese a “papá e mamá”. Porén, esta situación foi fonte de preocupacións para o resto da familia. Parece que tardaba en falar. Disque por falta dun modelo lingüístico oral. Tamén nisto habería que esperar moitos anos a que se investigase neste campo. Así, nos EEUU, observando a bebés coma o que eu era no ano 81, e pais xordos coma os meus, concluíuse que estes bebés eran quen de trans-mitir e entender máis de 75 conceptos a través da Lingua de Signos. Ade-mais, demostrouse que axuda ao desenvolvemento da linguaxe no neno. Pero isto sábese agora. Daquela non había tal coñecemento e fun a fonte de pero-cupacións para a miña avoa e os meus tíos. A vida na casa era diferente á doutras casas onde non hai persoas xordas. Cando un bebé chora pola noite, a súa nai esperta e acode rápidamente a esa chamada. Mais os meus pais non. Eran xordos. Quere dicir isto que me dei-xaban chorar até que me cansaba e volvía durmir? Non. Por suposto que non. A miña nai, coma boa nai que era, preocupábase por se choraba pola noite.

42

 

Entón, como facía? Pois durmía co meu berce pegado á súa cama. Logo, botaba o brazo polo medio dos barrotes e pegaba a súa man contra min. Deste xeito, se eu me movía e me despertaba, ela podía enterarse. A grandes males, grandes remedios. O tempo seguiu pasando. E falei. Sen ningún problema. Unha preocupación menos para a miña avoa. Tamén signaba cos meus pais. Sen ningún proble-ma. Era pois, un neno bilingüe. Claro que, daquela, o bilingüismo non estaba tan valorado coma na actualidade. E moito menos se unha das linguas nin sequera estaba considerada como tal. Cando tiña 5 anos, naceu a miña irmá. Que ganas tiña de que viñera! Con ela xa non había problema se choraba pola noite. Tiñamos un aparato que se detectaba algún movemento ou son, avisaba aos meus pais cunha luz intermi-tente para que espertaran. Tampouco existiu preocupación pola falta dun mo-delo lingüístico oral. Alí estaba eu. Empecei a escola como calquera outro neno da miña idade e, sinceramente, non botei en falta nada, nin me sentín menos que os meus compañeiros.Pero, non sei cando nin en que momento empecei a facer cousas que non corres-pondían á miña idade. É algo que recordo desde sempre, mais non sei cando comezou. Na actualidade, se una persoa xorda quere facer algunha xestión como ir ao médico, pedir un préstamo no banco, acudir a unha reunión de veciños...etc, ten que solicitar e acudir cun intérprete. Un intérprete de Lingua de Signos é un profesional competente nas dúas linguas que exerce como ponte de comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte. Pois ben, cando eu era neno non existía tal profesional. Logo ese papel correspondíame a min. E alí estaba eu: no médico, no banco, na compra dun electrodoméstico, na empresa do meu pai cando había algunha reunión, na misa de comuñón do fillo dos amigos de meus pais...E por que o facía? Obrigábanme eles? Penso que non. Sentíame eu na obriga? Supoño que si.

43

 

Supoño que me sentía nunha especie de obriga moral. A verdade é que nesta mesma época, moitos dos fillos de pais xordos que eran maiores ca min, xa empezaban a acadar a titulación de intérprete a través da Confederación Nacional de Persoas Xordas. Mais non era unha titulación oficial. Tamén para isto habería que esperar moitos anos a que esta profesión se convertese en oficial a través dun ciclo superior de formación profesional. E anos despois, nunha titulación universitaria. Quen o ía dicir. O que eu facía de neno para os meus pais converterase nunha profesión. A creación dun servizo gratuito de intérpretes de Lingua de Signos, supuxo certo alivio para min. Aínda que non de todo. Para as cousas máis impor-tantes seguía sendo eu o intérprete. Ademáis, había moitos ámbitos que o servizo de intérpretes non cubría. A televisión, por exemplo. Sobre todo, ten-do en conta que era (e segue sendo), unha parte importante do ocio familiar. Máis daquela non existían os subtítulos. E moito menos, unha televisión cun intérprete dentro dunha pantalla interpretando a meirande parte da programación. Entón, como facían os meus pais? Por que as persoas xordas non podían acceder á información igual que as persoas oíntes? A pesar de ser un neno, a min molestábame moito esa situación de inxustiza. Recordo perfectamente a época dos culebróns sudamericanos. “Cristal”, “La loba he-rida”...Todos falaban delas. E claro, á miña nai gustábanlle. Pois, unha vez máis, alí estaba eu. Interpretándolle a miña nai se Carlos Alfredo estaba namorado ou non de Cristal. En fin, recoñezo que isto non era algo que eu facía con gusto. Outra parte importante do ocio familiar foi a Agrupación de Xordos. Alí pasabamos as fins de semana. Nós, e a meirande parte da Comunidade Xorda. Para min, aquilo era coma un gueto. As persoas xordas só se re-lacionaban se ían alí. E só con outras persoas xordas. Non había outra forma.

44

 

Non podían chamar por teléfono a un amigo para falar ou para quedar e facer algo diferente. Ademais, o pouco ocio xeral existente non estaba adap-tado á Lingua de Signos. Daquela non se coñecía o ocio inclusivo. A verdade é que teño moi bo recordo deses días na agrupación. Xunta-bámonos todas as familias. A agrupación de xordos era un local grande, con salón de actos e un bar pequeno. O meu pai formou parte da directiva moitos anos. Alí, celebrabamos de todo: nadal, a entrega de regalos dos Reis Magos, entroido (con concurso de disfraces incluído), conferencias, teatro...Era estu-pendo. Eu pasábao en grande. Tamén organizaban excursións e conviven-cias. E había persoas ointes na agrupación? Pois non. Pero nesa época, tampouco había grupos de amigos de persoas xordas e oíntes. Nin parellas de persoas xordas con oíntes. Ben, só recordo unha. Mais hoxe en día non é así. Hai máis mestura, supoño que como froito dunha maior integración. As persoas xordas da idade dos meus pais, botan de menos eses días na agrupación. Pero, por que? Non se supón que hoxe en día hai mais informa-ción e estamos máis comunicados? Si, así é. O avance das tecnoloxías su-puxo unha mellora para a autonomía das persoas xordas. Agora, dende as súas casas poden falar, quedar con amigos, comunicar ao fin e ao cabo. Non necesitan ir a un local para xuntarse cos seus. Supoño que esa morriña que senten as persoas xordas maiores é a mesma que poden sentir os nosos avós recordando outro tempo pasado sen comodi-dades nin tecnoloxías. Tempos máis felices para eles. E non hai que esquecer que a Comunidade Xorda forma parte da sociedade. Unha sociedade que cambia e evoluciona. Polo tanto, tamén eles acusan e reflicten eses cambios. O tempo seguiu pasando para min. Deixei de ser un neno, un adolescente, e convertinme nun home. E tamén en pai.

45

 

E dende esta perspectiva miro ao pasado. A miña infancia non foi unha infancia típica. Non me gustaría que os meus fillos pasasen polo mesmo. Son nenos, e como tal teñen que vivir. Din que os fillos oíntes de pais xordos maduran antes co resto. E é verdade. Agora que son adulto doume de conta. Eu vivía nun barrio pequeno, no que todos nos coñecemos e onde só viviamos dúas familias con persoas xordas. Pois todos os maiores do lugar recórdanme coma aquel neniño que ía ao banco cos seus pais para que estes puidesen levar unha vida o máis normal e autónoma posible. Tamén agora son consciente do labor que fixen, eliminando barreiras de comunicación. Traballo que non me correspondía a min. Eu só era un neno. Pero o certo é que a sociedade era como era, e ese era un cambio que aínda estaba por chegar. Porén, teño que agradecer ós meus pais o coñecemento dunha comunidade. A Comunidade Xorda. Unha comunidade coa súa propia identidade, e tamén con cultura e lingua propia. As persoas xordas síntense orgullosas de selo. Son diferentes, si, pero non por iso son ou se senten menos có resto. Eu tamén aprendín a vivir con esa diferenza. Non me importaba cando íamos polo “Continente” (o “Carrefour” daquela), e todo o corredor se daba a volta para mirar como falabamos. Dábame igual. Eu sabía e aceptaba que era algo diferente, e que por iso a xente miraba. E tamén, creo que ver a un neno coma min expresándose en Lingua de Signos era algo que chamaba a atención. Sin-ceramente, nunca me molestou. Tiña asumida esa diferenza como algo posi-tivo. Agora que son adulto, non só me parece positivo, ademais creo que é al-go que enriquece a calquera. A Lingua de Signos, é unha lingua á altura de calquera das linguas orais. Ten as súas propias características: léxico, gramática e estrutura. Ademais, o seu uso xa non está relegado ao ámbito doméstico.

46

 

Hoxe en día utilízase en calquera contexto. De feito, está moito máis visibilizada. Podémola vr na televisión, en internet, mítins políticos, e ata na música e no teatro. Cada vez son máis os artistas que contan con intérpretes e mesmo con persoas xordas para facer accesibles a todo o mundo as súas obras ou cancións. En fin, espero que relatando a miña experiencia se entenda o orgullo que sinto dos meus pais xordos, da súa cultura, da súa lingua e da súa identidade. Non pretendo máis. Tan só deixar a Comunidade Xorda e a Lingua de Signos no lugar que se merecen. EVA GUDE

BENITA PAZOS. ÓLEO

47

 

O BUZÓN DOS SOÑOS

Son Natuska Naylor, mestra interina da Xunta de Galicia desde o ano 2001. Ao longo de todos estes anos traballei en centros moi diversos...desde escolas infantís, centros de primaria, institutos, centro de reeducación de menores e centro de educación para adultos. Se hai algo que teño claro hoxe en día é que grazas a esa diversidade de centros, de compañeiros e de alumnado, sigo sumando como profe; e aprendín que desta forma de traballar, desta maneira de entender a escola, darse de conta de que a escola non son só contidos, pro-gramacións e demais, sempre sae o mellor de cada alumno.

A escola formámola as persoas: alumnos, profes, familias, e nisto é no que nos deberiamos de centrar ao programar as nosas clases. En experiencias co-mo a do Centro de menores e na Epa de adultos, desde o primeiro momento tiven claro que o tema sete de matemáticas ou o tema dous de inglés queda-ban nun segundo plano e, con todo, unha conversa para valorar o ben que de-

48

 

buxa un alumno ou o ben que soa o seu beatbox, unha saída a un museo de carácter voluntario -e que aparezan 33 alumnos-, unha saída á biblioteca municipal para que a coñezan, reafírmame que hai outra maneira de entender

a escola, unha escola na que cabemos todos, na que a diversidade, a pesar de todas as dificultades, SEMPRE SUMA, NUNCA RESTA.

E se é certo que é difícil traballar con persoas de 18 a 70 anos, con 8 nacio-nalidades distintas de 4 continentes -de feito moitos nin coñecen o idioma-, con problemáticas familiares e sociais diversas, e tendo en conta que unha gran maioría do alumnado matricúlase porque Servizos Sociais derívaos aí para xustificar a Risga... é máis certo aínda que nesa diversidade, nesas ma-neiras tan diferentes de entendelo todo atopamos un tesouro.

Este curso estou cun primeiro de primaria, o curso pasado con adultos, o anterior outro primeiro de primaria, os dous anteriores no centro de me-nores...e sempre lles digo aos meus alumnos o afortunada que son ao poder traballar con eles, porque de cada alumno, sexa do centro que sexa, lévome algo, a diversidade sempre enriquece; aínda que é certo que tanto dos meus alumnos do centro de menores como de adultos o que me levo deles é, se cabe, moto máis especial. Con eles prantexábame como podía ensinarlles ma-temáticas, lingua ou inglés cando o que lles preocupaba era pedir unha axuda ou facer unha solicitude e non sabían por onde empezar...tiñan que aprender moitas cousas antes do que aparece no currículo.

Sempre quixen chegar a un centro e cambiar as realidades dos meus alumnos para que todo lles fora ben, pero cos anos doume de conta que o im-portante é deixar a semente neles e axudarlles a que se valoren e crean que eles son os que poden cambiar a súa vida e a da súa contorna, ou polo menos, mellorala.

Fico con lembranzas coma a do alumno do Centro de menores que despois de moitas conversas e discusións conseguimos que acabase un PCPI de Hos-

49

 

talaría e que lle escribise unha carta á xuíza para revisar a súa condena expli- cándolle que a súa profe e a escola fixéranlle entender a vida de diferente ma-neira e que lle regalabamos vida...pois se podemos ir cambiando o mundo, aínda que sexa un a un, sempre paga a pena. A escola é unha, está formada por moitos, todos somos diferentes, e quen non consegue ver o bo que hai ne-sa diversidade ten un problema e debera cambiar.

Cando me incorporo a un centro novo os dous primeiros días chego un pouco frouxa coa pena de deixar atrás proxectos comezados con moita ilusión e que aí quedan, pero tamén é certo que o terceiro día, máis serena e conectada ao novo centro, acéndeseme a faísca do novo curso... E cada curso é diferente, motivador e inspirador para novos proxectos e ilusións.

A idea deste proxecto explicouma Julieta, profesora do cole da miña filla, despois dunhas xornadas de Inspiratics... Cando me contaba con tanta ilusión a idea que tiña, unha escola para todos e para toda a vida, pareceume xenial que catro centros da cidade tan diferentes unirámonos para dar luz a un tema tan importante como é unha escola na que todos teñamos sitio.

Faime moita ilusión estar no mesmo proxecto con centros que significan tanto para min: o cole da miña pequena, a Epa, o Centro de menores -centro moi especial para min-. Entre todos podiamos mostrar esa escola que bus-camos, cada un achegando a súa perspectiva e entre todos sumando…

DETALLES DO PROXECTO

QUEN? Formamos un grupo de persoas de diferentes centros e empeza-mos a traballar…

CPR Escravas, centro do que parte o proxecto e o que nos mostrou o camiño para seguir. O alumnado do centro vai desde E.I. ata 2º de bacharelato. Tra-ballan con moita atención e ilusión pola mellora da convivencia no centro.

50

 

Epa Eduardo Pondal, centro de adultos no que traballaba eu. Os alumnos son de moitas nacionalidades diferentes de catro continentes, de razas diferentes, moitos deles en risco de exclusión social e con vidas bastante complicadas e xente maior que decide que nunca é tarde para aprender. Cando empecei a traballar neste centro baleirei en certa medida a miña mente de obxectivos, avaliacións e demais protocolos, e, dalgunha maneira, deixeime levar...

Centro de reeducación de menores Concepción Arenal, no que hai rapaces de 14 ata 22 anos, que cometeron algún delito e se son xulgados sendo menores cumpren a súa condena alí. Teñen tres horas de escola ao día, divídense en tres clases de sete ou oito rapaces, con niveis educativos que van desde alfabetización ata bacharelato. Os que están en réxime semiaberto son escolarizados en centros ordinarios cos que se mantén estreita coordinación e colaboración.

Centro de educación especial Nosa Señora do Rosario, colexio no que ademais de alumnado xordo traballan con alumnado con diferentes nece-sidades educativas especiais.

51

 

QUE? O colexio Escravas pon en marcha un proxecto para a mellora da convivencia no centro. Este proxecto busca transmitir que na escola hai cabida para todos...que a diversidade sempre suma e que se non somos capaces de ver o bo que hai en cada persoa e en cada diferenza, entón debe-riamos cambiar os lentes...

POR QUE? Partindo do Obxectivo de desenvolvemento sustentable nú-mero 4 da Axenda 2030 da ONU, “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos”, consideramos que somos moitos os que entendemos así a escola e que ogallá chegue o día en que non teñamos que falar de escola inclusiva porque a escola xa será para todos.

52

 

COMO? Pensamos que sería bo buscar un formato máis amable e dis-tendido para facer que o tema se transmitise facilmente aos nosos alumnos escapando de teorías e frases sacadas dun libro. Decídese crear un conto co-mo punto de inicio para traballar desde as titorías o tema dunha escola para todos e para toda a vida. Aproveitando que o colexio ten a súa propia produtora audiovisual xestionada polo alumnado de secundaria e as súas profes, decídese que o conto sexa audiovisual.

Unha vez que soubemos que centros participariamos comezamos as nosas respectivas tarefas... O primeiro foi elaborar diferentes paquetes nos que cada alumno plasmaría o seu soño con respecto á escola... Foron unhas sesións de manualidades nas que a creatividade saíu a relucir e, sobre todo no centro de adultos, viviron momentos que moitos non viviran antes. O paso seguinte foron as fases de gravación... En diferentes sesións visitamos cada centro. Es-ta fase consistía en dúas partes: unha fase técnica na que os alumnos tentaban meter os seus paquetes no noso buzón; e outra fase de testemuñas na que gravamos aos alumnos soñando en voz alta, explicando o significado da es-cola para eles e as expectativas que tiñan agora que formaban parte dela.

53

 

Foron momentos moi emotivos nos que todos os que colaboramos, profes e alumnos, aprendemos moito e descubrimos unha realidade que algúns non puideran vivir con anterioridade.

Ademais no centro de adultos agasalláronnos cu-nha sesión traballando co croma, pois a maioría nin coñecían como funciona-ba. Cada alumno falaba do seu país ou cidade con imaxes de fondo dese lu-gar. Foi moi interesante e gozaron moito da activi-dade. No Centro de menores atopámonos co noso primeiro golpe de realidade...os rapaces, por razóns de privacidade de imaxe non podían aparecer no curto. Nese momento entendemos que se uns dos alumnos non podían mostrar as súas caras, os demais tampouco deberían facelo… tiñamos que ser coherentes

54

 

coa idea que queriamos transmitir, polo que decidimos que a mellor maneira era coas mans, esa parte do noso corpo que pode transmitir tanto... Unha das claves deste proxecto son as mans, o que expresan, o que nos fai entender e o valor que teñen nas nosas vidas. Este conto audiovisual “O buzón dos soños” viu a luz o pasado 16 de novembro na Coruña, nun acto moi emotivo no que puidemos falar representantes dos catro centros, xente que nos apoiou relacionada coa escola inclusiva, coa diversidade na aula e coa escola equitativa. Ademais unha ex-alumna de Adultos explicou como cambiara a súa vida desde que retomou aos 64 anos a escola que deixara cando tiña 9. Tivemos o privilexio de contar con música en directo das mans dunha profe de Escravas que tocaba o chelo e un violinista da Orquestra Sin-fónica de Galicia que deron máis emoción aínda ao acto. Leuse un poema que falaba da forza e o poder das mans. E tivemos o luxo de contar coa axuda dunha intérprete de lingua de signos que signou todo o acto para que así pui-désemos chegar a máis xente. É agora, presentado xa o conto, nos colexios puxéronse a traballar para compartir ese material e adaptalo ao seu alumnado.

55

 

Convídovos a ver o conto “O buzón dos soños” para que cada un de vós pense na escola que quere... Eu sempre digo que cada centro, cada compañeiro, cada alumno diferente sempre suman. Felices soños!!!

NATUSKA NAYLOR

BENITA PAZOS. ÓLEO

56

 

PROSA POÉTICA

GERMÁN M. G. FLORES

Como a Lúa ao mar Moito facía que non che escribía nada. Curioso como cando cres estar baleiro, pódeste encher tan rápido, coma nun suspiro. Curiosa esa sensación de verte. De andar contento con pouco, e de querelo todo á vez. De non querer pensar en ti, e morrer do pensamento de non verte. É estraño o que a ti me une. É algo, unha forza, coma a Lúa ao mar. Non sei o por que, pero así vou, onde ti vas. Quero volverte ter acariciándome, quero volverte ulir, volver aos silencios contigo. A conspirar, escoitar silencios e facer plans que tan só ima-xinalos contigo, tórnanme louco. Quero agardar volverte a ver. Quero volver a ese intre previo a que chegues. Quero volver ao instante no que te vexo vir de lonxe. Quero volver acertar coa túa silueta non sabendo da miña. Quero estar cerca de ti outra vez.

Tamén, querer é que a túa lembranza marche voando coma una folla de papel, pero de veras me doe se penso en non te volver a ver. E así rompeu o meu silencio. Cun ruido xordo.

Non quero volver a ese silencio, non, se non es ti quen o escoita co-migo.

En momentos de piso Que ben me acompaña a chuvia hoxe. Acaso van as miñas sensacións con ela? Non o sei. De veras que non.

57

 

O que sei de verdade é este sobrecollemento, esta sensación de estar a piques de caeres ao vacío, suxeito por fíos de la, por sedal, por aire... Cabos de ferro fan falta para levantarme da cama; a chuvia i eu tendemos nos días escuros á mesma facenda: a caer. A caer en brando, en mol, o duro xa cae sobre o mundo. Coma un efecto bolboreta. Que preciosa sinfonía de pianos comeza a soar ao final desta frase. Que pasada, que osixenación de notas, todas distintas, todas caen coma a chuvia, e mais eu...

BENITA PAZOS. ÓLEO

58

 

CENTAUROS

Dise que o mito do centauro segue vixente. Torso humano, grupa e catro patas, o home-cabalo. O psicoanalista italiano Luigi Zoja afirma que o cen-tauro representa a traxedia da identidade masculina, “un home que non pode separarse da súa natureza animal, que non pode completar a súa hu-manización, (…) que encarna a vontade obstinada e salvaxe de se impor (...) por calquera medio, incluíndo a violencia sexual, sexa grupal ou individual.

É así, sen dúbida, se pensamos no centauro clásico, o fidiano, o que se bate contra un lapita nas metopas do Partenón. E segue sendo así se pensamos noutros homes-cabalo dunha mitoloxía máis próxima no tempo, a do Oeste Salvaxe americano, cos seus vaqueiros e os seus comanches. Ou ben estas variantes simplemente actualizan o mito?

Estou convencido de que Luigi Zoja diría que si, que nada cambia, que ambos seguen simbolizando a irracional violencia masculina. O único que cambiaría sería a descrición de arquetipos. Niso consistiría a redefinición do mito. En variacións dun modelo primixenio ou esencial que se complemen-tan.

Un dos arquetipos, o vaqueiro, naceu con estrela, habitualmente trunfa porque desenfunda con rapidez e dispara con acerto. Pero abusa do seu poder -mira de esguello, displicente- porque só el dispón dun winchester con balas de prata. Pola contra, o outro arquetipo, o indio, tantas veces, naceu es-trelado: aínda que mova con sixilo o seu corpo musculado de pel vermella e porte un contundente tomahawx e dispare frechas que perforen o chapeu do vaqueiro, ao final, tantas veces, morrerá abatido por unha bala de prata.

59

 

Ambos arquetipos son, somos, en realidade o mesmo ser desdobrado, en ocasións comanche -ou navajo ou sioux-, en ocasións vaqueiro. Do primeiro anhelamos unha vida en comuñón coa natureza, o seu torso ao vento galo-pando por amplas chairas á caza do bisonte e un aparente salvaxismo que no fondo esconde a sabedoría de quen aprendetu a escoitar murmurios telúricos. O segundo, o vaqueiro, simboliza na mitoloxía cinematográfica do Far West, o novo mundo, a conquista e posesión dun territorio gañado ao comanche. Chega a poboados poeirentos recén construídos, ata o cabalo fronte a salóns nos que inxerirá whisky como só pode facelo un macho alfa e se xorde disputa resolverase nun cruento pim-pam-pum. Cando se silencia o ruído de balas óese o asubío dun tren que achega novas almas para o alargamento dun país que se consolida construíndo fortes defendidos por xenerais Custer.

CENTAUROMAQUIA – PARTENÓN PEGASUS SOLITUDE – LITA CABELLUT

Son centauros aos que dotamos de virtudes e defectos. Ao vaqueiro confe-rímoslle determinación, valentía, afán civilizador, aínda que en verdade prac-ticase a brutal lei do máis forte. E ao indio imaxinámolo en danza tribal ao redor dun tótem preparándose para cortar cabeleiras de homes brancos cando en realidade é un ser dunha intelixencia e sensibilidade sorprendentes como o

60

 

demostra a famosa carta que o xefe indio Seattle, da tribo Suwamish, remitiu ao presidente norteamericano Franklin Pierce, a mediados do século XIX:

“Como se pode comprar ou vender o ceo ou a calor da terra? Esta idea é estraña para o meu pobo. Se ata agora non somos donos da frescura do aire ou do resplandor da auga, como nolo poden vostedes comprar? (...) Cada parte desta terra é sacra para a miña xente. Cada brillante espiña de piñeiro, cada beira arenosa, cada recuncho do escuro bosque, cada claro e zoante insecto, é sacro na memoria e experiencia da miña xente. (...) Pero teremos en conta a súa oferta, porque estamos seguros de que se non obramos así, o home branco virá coas súas pistolas e tomará as nosas terras”.

Porén, diría Luigi Zoja, no centauro, ao remate, representado no arquetipo que sexa, prevalecerá sempre a agresividade, a súa parte animal simbolizada polo cabalo.

Con todo, eu creo que hai un indicio de esperanza, albiscante aquí, en Gali-cia. Pensemos no ritual do curro, na Rapa das Bestas. O aloitador fúndese co poldro transformándose nun centauro; sepárao da manda, márcao con lume e córtalle a crina. Logo, o ceiba. Poderiamos dicir que o home derrotou a súa parte animal. A identidade masculina xa non se caracterizará pola súa violen-cia. O centauro deixará de encarnar a vontade teimosa de se impor pola forza.

Na tradición clásica xa houbo centauros sabios como Quirón, mestre de heroes como Aquiles ou Heracles. Non todos os Centauros foron seres des-preciables; existiron tamén algúns exemplares virtuosos. Esa é a tradición que no fondo reivindica a rapa das bestas. Haberá que informar a Luigi Zoja.

JCD

61

 

Que farías se estiveses atrapad@ no teu propio silencio para toda a vida?

A reposta a esta pregunta sería que se pode sobrevivir perfectamente. Todos coñecemos o termo “persoa xorda”, significa que unha persoa non po-de oír pero a maioría dos oíntes non coñecen á comunidade xorda ou non posúen moita información sobre ela. Por iso empezarei por explicar basicamente que é a comunidade xorda e es-pecialmente como se integran na sociedade. Tamén contestarei as típicas pre-guntas que se fai calquera cando coñece a algunha persoa xorda. Que pasa cando unha nace xorda e como criala? Iso é doado de responder, é o mesmo que criar a calquera neno oínte. Nomalmente os nenos aprenden a falar ao redor dos dous anos, oíndo as palabras que lles din os seus pais e a xente, estimulándolles a falar. Pero se un neno é xordo, debe ir ao logopeda para aprender a falar e desenvolver as súas capacidades de comunicación des-de unha idade temperá. Como entenden as persoas que non oen? Todos os seres humanos temos recursos para sobrevivir e as persoas que non oen teñen tamén recursos, uti-lizan sobre todo o sentido da vista, é moi importante e necesaria para nós, os xordos, pois a través da vista sabemos o que está a pasar, entendemos ás per-soas cando falan léndolles os beizos. Non me gusta que a xente denomine discapacitados ás persoas que non po-den oír, eu non o vexo desa forma; é certo que non podemos oír mais en rea-lidade non nos perdemos ningunha información e sóbrannos capacidades para facer o que nos propoñamos. Como calquera persoa normal. Malia que medi-

62

 

camente temos discapacidade auditiva, non podemos deixar que esa "dis-capacidade" nos defina. A conclusión é que se un nace xordo pero crece integrado na sociedade recibindo educación e formación, pode vivir feliz-mente convivindo cos demais. Que é a comunidade xorda? Nin eu mesma sei definila moi ben, porque te atopas con persoas que che explican ou dan diferentes opinións sobre ela. Son filla de pais xordos pero non estou moi involucrada nesa comunidade, aínda que a coñezo. É unha comunidade pequena á que pertencen as persoas xordas, que adoitan convivir establecendo relacións moi estreitas. Teñen a súa propia lingua, a lingua de signos. Moitas persoas oíntes saben a lingua de signos e moitas máis están interesadas en aprendela. Esa lingua é apta para todas as persoas. Como se desvolven os xordos na vida diaria? Como todos. Uns madrugan para ir traballar ou estudar. Outros teñen familia e carreira. Todos eles teñen responsabilidades que cumprir. Algúns, cando van facer xestións, ao hospital ou o que sexa, adoitan pedir un intérprete para que lles traduza, para que todo sexa máis cómodo e accesible. Cando vou a clase, teño unha intérprete que me interpreta o que din os profesores e compañeiros. Algunhas persoas non saben moi ben cal é a función dun intérprete. Tiven algúns compañeiros que se referían a miña intérprete como profesora cando en realidade non é unha profesora, non se dedica a ensinarme, senón a interpretar o que din, esta é a función dun intérprete. Vou falar da discriminación que adoitamos sufrir os que non oímos. Moitas persoas non se dan de conta de que xeralmente non podemos facer cousas li-bremente como fai calquera. Normalmente temos problemas para traballar ou estudar porque hai persoas ignorantes que cren que non estamos “capaci-tados” para traballar ou aprender cousas novas. Cando nos apuntamos a calquera actividade non nos elixen porque segundo

63

 

eles, non damos o perfil. Aínda que non debería ser así, dánannos bastante e baixan a nosa autoestima. Por iso, ás veces non temos moita confíanza para empezar ou tomar iniciativas para facer algo. Outras alternativas para solucionar a xordeira, por exemplo o implante, seguro que a coñecemos todos e os médicos sempre adoitan recomendala. Non vou dicir todas, pero a maioría das persoas da comunidade xorda non está de acordo co implante como solución da xordeira. Non vou opinar sobre o tema. Só podo explicar un pouco o procedemento do implante, como funciona, as dificultades que conleva grazas a unha amiga implantada. É moi aconsellable que se poña o implante nunha idade temperá, entre 2 e 4 anos, porque será máis fácil empezar a aprender a escoitar e falar desde pe-queno e poderá afacerse ao implante. En realidade, o proceso non é nada doa-do porque dura moitísimos anos de moita práctica, moito traballo e sacrificio. Tamén non esquezamos que o implante custa moitísimos cartos, máis do que imaxinamos e hai que sumarlle os gastos de logopedia. Se unha persoa ten implante e cumpre cos requisitos do proceso, vai ter éxito como o tivo a miña amiga. Hai moitas persoas implantadas que non tiveron éxito e hoxe teñen problemas de comunicación. O que quero dicir é que temos que ser cons-cientes sobre o que decidimos e as súas consecuencias. Sempre debemos tra-ballar e esforzarnos moito para que saian ben as cousas que planeamos.

CARLA TRILLO

64

 

CARTA NUNHA BOTELLA…

Chora o lirio á súa propia pinga desprezada, e cala o seu queixume por se este a súa beleza apaga. Fabrica cos seus raios o sol pontes de cores tras a choiva, e cre así o home na súa vitoria sobre a auga. Alégrase o triste cego cando cre albiscar a forma tan soñada, e busca inquieto coas súas mans no aire para nada.

Ri o neno cando cre nunha bolboreta de vistosas ás, e non sabe o inocente que tanta cor son só escamas. Bebe ansioso o camiñante do seu fresco espellismo entre saloucos e é tan feliz! mentres só area traga. Rutilantes seres ve o poeta nas “novas” dos seus ceos despexados, pero non sabe o iluso que son mundos que se apagan.

65

 

Centauros mitolóxicos adiviña tras a súa porta o ignorante nunha noite de tormenta, e treme, e reza, sendo só a mañá quen gaña a batalla.

Doces soños acariñan tantos versos como naturezas haxa, e só saben elas mesmas o que encerran as súas entrañas.

Doce soño eu, poeta; miro ao ceo,

e rezo, e tremo cada vez que algún cometa escintilea a chegada da miña “nova” amada.

A ti, muller!, cun presaxio de bágoa no meu corazón, cun sorriso de amizade nos meus beizos e cun escintileo de esperanza na miña ollada, aínda con luz.

DRA. PENELAS - CORTÉS BELLAS

66

 

BENITA PAZOS. REDEIRAS

TEMPO DE ESPERANZA

PAULA CEÁN

Este artigo é unha homenaxe a todas as persoas ás que a vida non lles sorrí moi a miúdo. A verdade é que nestes días síntome moi rara, teño sentimentos contraditorios, por un lado teño unha grande tristeza da que parece que non vou saír, pero por outro lado sinto que a vida é un baile marabilloso, e que temos que seguir bailando.

67

 

Meu pai sempre me di que os homes somos parvos, porque non nos damos de conta das cousas que están a pasar o noso redor, dende unha simple posta de sol, ata o cantar dun paxaro no parque. A verdade e que ten razón, e non di-go tiña, porque estea onde estea sei que coida de nós; como ía dicindo ten toda a razón do mundo, somos parvos, non lle damos mérito as cousas sinxe-las da vida, e tampouco somos capaces de ver, ás veces, que as persoas que nos rodean dannos leccións de como enfrontar a vida na súa complexidade.

Dicía o principio que este artigo é unha homenaxe, unha homenaxe a todas as persoas que cada día se enfrontan a todo tipo de adversidades e quero lembrarme nestes intres dunha persoa por todos coñecida.

Ela chegou hai poucos anos a nosa cidade, chegou coas maletas baleiras de coñecemento, baleiras de comunicación. A súa vida de seguro que non foi fácil, por moito que o queira imaxinar non podo, ou simplemente non quero.

Aínda por riba tampouco son quen, por moitos anos que leve convivindo coa comunidade xorda, de sentir o que eles senten vivindo en silencio e vivindo como viven nunha sociedade ignorante e chea de tabús.

Si, e digo ignorante porque non saben o que se perden…Pero este é outro cantar no que de momento non me vou meter.

Ela chegou e chegou para deixar pegadas nas nosas vidas. Cando miro a nosa rapaza, e digo nosa porque non deixa de ser un anaquiño de cada un de nós, ás veces o corazón énchese de ledicia e admiración, porque é un espírito inocente e cheo de ánimo para superar non só as barreiras de comunicación, senón tamén porque é unha persoa que intenta superarse todos os días, e que loita por seguir aprendendo. Non quere quedar atrás, quere ser coma os demais, e vivir cara adiante e non cara o pasado. Ás veces dime que o pasado é pasado, que hai que mirar de fronte o presente. Dimo dende a sinxeleza das mans e da súa mirada, dimo dende a tranquilidade e a seguridade de que é o que ten que facer.

68

 

Ás veces vivimos anoxados e por que non, con certo rancor á vida, pero ela non, os seus ollos dinme que non, que por moito que as cousas vaian mal, non podemos decaer, temos que erguernos e loitar, seguir loitando.

Aproveito tamén estas palabras para facer unha homenaxe a todas as persoas que fan que a vida da nosa rapaza sexa mellor, supoño que nestes momentos teredes moitos recordos, algúns malos, outros bos. E imaxino que non foi fácil, porque cando chegou a min xa estaba ben pulida.

Nestes momentos lémbrome das miñas compañeiras intérpretes, en especial de Eva, dos docentes que fan, día a día, que o mundo sexa mellor, e tamén daquelas persoas que só din que o noso sistema educativo é unha merda, e non o é, temos moi bos profesionais que fan que as cousas sexan mellor e aínda poidan ser mellor.

Lémbrome do que meu pai me dicía “Paula fai máis o que quere que o que pode”, e así é ela, mágoa do tempo perdido no eido educativo e da vida en xeral, pero ela é sinónimo de esperanza porque non pode pero quere, e por iso vai poder.

Hai pouco tempo as súas compañeiras da clase dicíanme que ela era máis lista que todas elas xuntas… Nin me molestei en ser politicamente correcta, mireinas e díxenlles que si, que tiñan toda a razón do mundo.

A súa intelixencia vai más aló dos coñecementos que poidamos ter do mundo, de feito ás veces eu mesma empequenezo estando ao seu lado.

69

 

Novidades musicais: três crónicas e um scoop

HUMBERTO M.

Voodoo : #eusonvoodoo Vol. II

Maritxinha no baixo e Belém Tajes na voz e teclados são as res-

ponsáveis deste original projecto musical (pronunciado “vudú”) que em ape-

nas dous anos de percurso já conta com especiais reconhecimentos como o

prémio Martin Códax 2017 na categoria blues/funk/soul.

Este Vol. II é um trabalho de curta duração (um PetiscoDisco) que

inclui quatro maravilhosas canções construídas segundo a peculiar fórmula

Voodoo: a partir dos

cantos tradicionais as

melodias evoluem tran-

sitando por novas har-

monias e debuxos rítmi-

cos ao tempo que as

letras são reescritas e

atraídas ao mundo ac-

tual, mesmo desvelando 

significados ocultos, mas sem perder as suas origens.

70

 

O produto desta construção amostra uma sonoridade soul e blues muito

elegante sustentada na voz e nas linhas de baixo; é um fato arranjado com as

harmonias e as síncopas do género, mas através desse tecido também resulta

emocionante perceber as essências tradicionais galegas.

Nesta gravação têm colabo-

rado, junto a Belém e Maritxinha,

Narci Rodríguez com a beatbox e as

vozes, Álvaro Trillo na bateria e as

percussionistas Lilaina.

Porém é no concerto ao

vivo, com parceiros ou a duo, onde

melhor podemos desfrutar esta

celebração musical e apreciar a

grande cumplicidade entre as duas

oficiantes da magia Voodoo. Atenção à agenda de concertos!

Alejandro Vargas consort / Camerata Egéria / Rosa

Cedrón :

Chané na Habana

A ideia deste projecto inovador parte d´aCentral Folque, o centro de música

popular com sede em Compostela, que decide encarregar aos galego-cubanos

71

 

Alejandro Vargas e José Ma-nuel Diaz o resgate e renovação da música de

José Castro Chané (1856-1917) para ser gravada e estreada em coincidência

com o centenário do seu passamento.

Trás formar-se e

despregar uma primeira

época de intensa vida em

Compostela e Corunha

Chané partiu para viver e

desenvolver grande parte

da sua obra em La Habana,

onde morreu. Este facto

estimula agora uma olhada

inédita: abordar essa obra

desde o sentir musical cu-

bano. Através dos audazes arranjos jazzísticos de Vargas e Diaz as canções de

Chané, algumas largamente conhecidas como “Os teus ollos” ou “Un adiós a

mariquiña”, conduzem o ouvinte a uma nova dimensão trufada de alalás

caribenhos, muinheiras afro-cubanas, boleros, congas, mesmo um merengue

… e … (tinha de estar) … uma habanera.

Contribuíram ao consort de intérpretes uma seleção de extraordiná-

rios músicos dirigidos por Alejandro Vargas no piano, com José Manuel Diaz

no contrabaixo, Mayquel González na trompeta (vindo de La Habana para es-

72

 

te projecto), Javier Barral na percussão, L.A.R. Legido na bateria, e a par de-

les a Camerata Egéria, formada por onze instrumentistas de corda sob a di-

reção de Afonso Morán. Finalmente também se incorporou Rosa Cedrón para

interpretar as partes vocais.

Entre os meses de julho e agosto do passado ano toda esta produção

foi gravada e depois interpretada ao vivo em Compostela e na Corunha, em

sendos espetáculos celebrados nas praças da Quintana e Maria Pita.

73

 

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre : Noró

Trás o anterior trabalho, o reconhecido e premiado The Tambourine

Man (2015), Xabier Diaz repete a

fórmula acompanhado polas Adufeiras

de Salitre, onze cantoras e percussio-

nistas, mais os irmãos Gutier Álvarez,

na sanfona e violino, e Javier Álvarez,

no acordeão diatónico.

Nesta ocasião rendem home-

nagem às terras e às “músicas do nor-

te” interpretando treze peças procedentes d´A Fonsagrada, Laje, Vimianço ...

e zonas arraianas de Trás-os-Montes e Zamora.

74

 

A recente apresentação deste trabalho no Teatro Rosalia da Corunha, com as

entradas esgotadas na venda antecipada, foi um grande sucesso e o público

mostrou o seu reconhecimento sem reservas.

Brais Morán : No Mato do desespero

O novo disco de Brais tem prevista a saída em abril deste 2018, polo

que no momento de fechar a nossa publicação ainda se mantém inédito

mesmo o desenho da capa. Porém dispomos de algumas informações

interessantes para partilhar em primícia arredor da gravação desenvolvida em

fevereiro e março.

No Mato do

desespero, título do pri-

meiro tema e também do

álbum, faz uma dupla ho-

menagem: ao poeta mo-

çambicano José Craveiri-

nha e ao grande músico

Fran Pérez Narf (infeliz-

mente desaparecido já vai

75

 

mais de um ano) quem tempo atrás tinha musicado o seu poema “Quero ser

tambor”:

“ nem flor nascida no mato do desespero ... deixa-me ser tambor … ”

Mas percebemos que a pegada africana não fica só nas letras,

também assoma na música procurando espaços entre o rock e o funk

habituais de Brais Morán. E não findam aqui as novidades porque a música

tradicional galega também se filtra com clareza em várias das doze

composições originais que contém o álbum. Neste sentido sa-lientam três

colaborações especiais: Patri Gamallo (integrante das Adufeiras de Salitre e

de Habelas Hainas) interpreta poderosas percussões na peça “Nai do mundo

Titánico”; as Tanxugueiras cantam e batem na canção “Valarés” (que Brais

leva tempo interpretando ao vivo mas não fora gravada) e Ugia Pedreira

empresta a voz cantando o tema da sua autoria “No país das efes”.

“Terra”, “Sangue do Norte”,

“As cores do Mato”... são títulos su-

gestivos mas ainda inéditos que

aguardamos degustar junto a essou-

tros experimentados nas interpreta-

ções ao vivo como “Matando a pe-

na” (mais uma homenagem ao canto

tradicional) ou também “A esperanza

76

 

do desespero” (mais um carinho a Narf) que confere um brilhante remate ao

disco.

Não conhecemos ainda o álbum completo mas todos os indícios

apontam a um grande sincretismo estético, uma mistura pessoal de in-

gredientes condimentada com aromas de vários continentes que sem dúvida

vai assinalar brilhantemente a trajectória artística de Brais Morán e a banda.

Atent@s !

Fran Sanz baixo

Manu Seoaneguitarras

Marcos Pazo bateria

Brais Moránvoz, guitarras

77

 

ESQUECE SAUDADE  

  AMPARO GALLEGO FOUZ 

   Há alguns meses fui ver um magnífico documental intitulado Esquece Monelos. Numa entrevista, a sua Diretora Ángeles Huerta dizia que a história nascia duma crise pessoal depois de ter à sua volta gente querida com problemas de memória, de alzheimer. Foi então que alguém lhe falou dum rio, hoje subterrâneo, que atravessava a Corunha, era o velho rio da Corunha, que utilizou como metáfora das conexões neuronais que se esvaecem com o tempo. O rio como metáfora de segredo, de verdade negada e agachada, que metemos por baixo do tapete que pisamos.

Gostei imenso do filme, fiquei impactada com o título, é por isso que decidi fazê-lo meu. Para mim a palavra SAUDADE é também uma metáfora de tudo o que se tem perdido, de tudo o que se negou e se escondeu por baixo das pedras e faz parte desse alzheimer que padece o nosso universo coletivo, se calhar é um indicativo de que as nossas conexões neuronais como povo deixaram de existir.

Quando era muito nova, escutava e cantarolava uma velha cantiga de Andrés do Barro, com letra de Xavier Alcalá, que falava da SAUDADE por se sentir longe da namorada,... saudade tenho de ti meu bem, saudade tenho de ti. Quando estudava, a palavra SAUDADE presidia muitas das nossas reflexões, entendíamos que fazia parte do nosso ser como galegos. Rosalia, Otero Pedrayo, Manuel António, Cunqueiro, Celso Emílio Ferreiro falavam de “saudades”; além do mais, este sentimento também fazia parte do viver da gente, que tinha saudades de muitas coisas, de ti, dele, dela, da casa, da terra, dos tempos idos.

78

 

Algo muito forte é o que nos tem passado, mãe e filha já nem se re-conhecem. Teimosamente pergunto o seu significado e são muitos os que não sabem: “salud”, “saludo”, “soledad”,...

Em Esquece Monelos, a sua diretora usava no título o imperativo, tempo que tem muito a ver com imposição. O rio Monelos ainda corre aos nossos pés, mas desapareceu, por imperativo dum falso progresso, da nossa vista; igual que todo esse rio neuronal de palavras e expressões que tem desa-parecido no mar.

 

SÓS

FOMOS ficando sós

o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol

O paquebote esmaltado

que cosía con liñas de fume

áxiles cadros sen marco

Roubáronnos o vento

Aquel veleiro que se evadiu

pola corda frouxa do horizonte

Este océano desatracou das

Costas

79

 

e os ventos da Roseta

orientáronse ao esquenzo

As nosas soedades

veñen de tan lonxe

como as horas do reloxe

Pero tamén sabemos a manobra

dos navíos que fondean

a sotavento dunha singradura

No cuadrante estantío das

estrelas

ficou parada esta hora:

O cadáver do Mar

fixo do barco un cadaleito

Fume de Pipa SAUDADE

Noite Silencio Frío

E ficamos nós sós

Sen o mar e sen o barco

nós.

 

Manuel-Antonio (DE CATRO A CATRO)

80

 

QUEN É MU? Conta a lenda que era un home de soños bulideiros. Traballador incansable, os seus días transitaban entre cables, conectores e o servizo e amor aos demáis. Pero achegada a noite a súa mente viaxaba a pasados remotos, vi-vindo historias extemporáneas, anacrónicas. El dicía de si mesmo que soñaba en clásico, sendo recorrente un mesmo soño, o Xuízo de Paris.

81

 

O xuizo de Paris - Ernst Ludwig Kirchner

Soñaba que lord Elgin, cando preparaba valixas para levar a Inglaterra tesouros da Grecia clásica, ocultara fragmentos dun friso procedente de Delfos nos que se esculpira unha versión diferente do mito de Paris e nesa versión soñada el, Mu, era o mortal elixido por Zeus para escoller á deusa máis bela. Mais non eran só as tres deusas do mito narrado nas Metamorfoses, Afrodita, Hera ou Atenea, senón que no soño de Mu as concursantes eran oito, polo que a elección se complicaba. Á beleza, ao poder ou á sabedoría que as deusas ovidianas ofrecían había que lle sumar a Prudencia, a Xustiza, a Vontade, o Valor e a Fortaleza das cinco novas candidatas de nomes desco-ñecidos aínda que relacionadas, deducía Elgin, con letras do alfabeto grego presentes no friso: Alfa, Ro, Épsilon, Un e Omega.

82

 

Non eran as únicas letras esculpidas. No soño, o mesmo Elgin, ao confesar o furto mentres tomaba té con algún dos seus íntimos, comentaba que a acu-mulación de letras suxería a existencia dun acrónimo desconcertante, Epapu, e engadía que algúns fragmentos do friso resultábanlle de moi difícil interpre- tación, se ben intuía que aludían ás cinco novas deusas, provistas con podero-sos atributos, teimando persuadir. Omega sería a Prudencia, a muller con dúas caras que ten en conta tanto cousas pasadas como futuras; Un, a Fortaleza, vestida con armadura e acom-pañada por un león; Alfa, a Xustiza, con espada e balanza; Épsilon, a Von-tade, espida e ornada con dúas ás de aguia, e Ro, o Valor, simbolizado por unha amazona que ensarta cunha lanza a un ente monstruoso. Mu soñaba que debía entregar o froito á elixida. Non a mazá dourada do mito, senón outra froita que estimaba máis sensual, un pexego ou un melo-cotón de Calanda. Pero debatíase inseguro, a escolla non era doada. En prin-cipio, a sabedoría e a beleza prevalecían, pero el, home de formación cristiá, dubidaba ante outras virtudes, a xustiza, a prudencia... Non sabía a que se ater. Daba voltas e voltas no leito, suorento, malia que unha 1906, grolo a grolo, sempre soñando, aliviábao; pero o seu desacougo non tiña fin. Oíalle comentar a un Lord Elgin cada vez máis desconcertado que os fragmentos parecían indicar a presenza doutra figura tan dotada que tería asegurado o po-dio. Mesturaba a beleza de Afrodita, a sabedoría de Atenea, a xustiza de Alfa e a prudencia de Omega. Lord Elguin opinaba que esa muller esculpida cunha arpa estaba vinculada a outra letra do alfabeto, a Fi, e aos seus pés cría ler outro acrónimo, Groba. Dicía mentres sorbía té: se lle buscásemos nome entre as mulleres da terra chamaríase probablemente Fernanda. Con esas palabras Mu espertaba. Erguíase desalentado porque una vez máis ese soño perpetuamente inacabado ficaría agochado no seu subconsciente.

83

 

Por aclarar as cousas gustaríalle falalo con Lord Elguin, preguntarlle se al-gunha noite o xuizo rematara e quen fora a elixida. Mais cun sol xa ceibado non era posible, lord Elguin formaba parte dun mundo onírico. Tampouco importaba. No fondo Mu gozaba coa sensación de que dalgún xeito ese soño prolongábase na súa vida.

JCD

BENITA PAZOS. ÓLEOS

84

 

A milha de ouro do ensino h.

1

1 EPA Eduardo Pondal 2 UNED 3 Centro de Formação e Recursos (professorado) 4 Equipa de Orientação Específica 5 Escola Oficial de Idiomas 6 Conservatório Profissional de Música 7 Conservatório Superior de Música 8 IES Rafael Dieste

Experimenta se sabes ...

12

34

Ronda de

Oute

iro

Rúa Manuel Murguía

Rúa Educação

Avda. G

ran Canaria

85

 

público na Corunha [ actualizada ] m.

IES Calvo Sotelo 9 Residência Universitária 10

Escola Técnica Superior de Náutica 11 IES Salvador de Madariaga 12

Centro Universitário de Riazor 13 Colégio de Educação Infantil e Primária “Práticas” 14 “Normal”, Espaço de Intervenção Cultural da UDC 15

… identificar todos os centros

Passeio d

e Ronda

Passeio d

e Ronda

Passeio d

e Ronda

Rúa Manuel MurguíaRúa Manuel MurguíaRúa Manuel Murguía

Avda. Gran Canaria

Avda. Gran Canaria

Avda. Gran Canaria

Avda. LabanhouAvda. LabanhouAvda. Labanhou