SUXERENCIA DE ACTIVIDADES PARA 3 ANOS SEMANA DO 8 …...Nomear o día da semana. Que día foi onte e...
Transcript of SUXERENCIA DE ACTIVIDADES PARA 3 ANOS SEMANA DO 8 …...Nomear o día da semana. Que día foi onte e...
SUXERENCIA DE ACTIVIDADES PARA 3 ANOS – SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO
LUNS MARTES MÉRCORES
XOVES
VENRES
1ª Actividade
Observación e rexistro do tempo meteorolóxico. Nomear o día da semana. Que día foi onte e que día será mañá. Marcar o día do mes no calendario.
Ídem que o día anterior. Decir os 7 días da semana. Diferenciar entre mañá-tarde- noite. Decir actividades que facemos en cada parte do día.
Ídem que o luns. Enumerar as estacións do ano. Falar das características da primavera e o verán.
Ídem que o luns. Indicar en que mes nos atopamos. Buscar o día do mes nun calendario. Recoñecer números nese calendario.
Ídem que o luns. Lembrar cousas que se fixeron durante a semana. Planificar algunha actividade para o fin de semana.
2ª Actividade
Psicomotricidade: Imitar os movementos de diferentes animais de granxa.
Música: Escoitar, cantar e a canción de Cocorico*.
Psicomotricidade: Poñer marcas no chan a diferentes distancias. Saltar desde un punto determinado ata esas marcas.
Música: Practicar exercicios de ritmo coa axuda dun par de zapatos. Seguir o vídeo de youtube*.
Psicomotricidade: Tumbados no chan practicar exercicios de relaxación e respiración escoitando música suave.
3ª Actividade
Conto: Cocorico. Escoitar o conto ou velo en youtube*. Explicar o que lle gustou máis deste conto.
Xogo cos nomes: O adulto fai un listado cos nomes dos compañeiros. O neno ou nena ten que recoñecer todos os nomes que poida.
Xogo coas letras: Con axuda dun adulto, decir palabras e nomes que comecen por unha letra (N, por exemplo). Escribir algunha desas palabras.
Poema: Escoitar e aprender o fragmento do poema de García Teijeiro que se inclúe a continuación*.
Conto: Escoitar algún dos seus contos preferidos que teña en casa. Conversar sobre él.
4ª Actividade
Debuxo: Debuxar a Cocorico. Escribir o nome desta personaxe.
Plástica: Facer un sol con pintura amárela e palillos pintados de amarelo, seguindo as indicacións que están a continuación*
Debuxar a un compañeiro ou compañeira da clase. Escribir o seu nome.
Plástica: Modelado con plastilina. Modelar un caracol de plastilina, seguindo as incicacións posteriores*.
Debuxo: Debuxar algunha personaxe ou paisaxe do conto anteriormente lido. Poñerlle un título.
5ª Actividade
Xogo coas matemáticas: Agrupar obxectos de tres en tres. Poden usar pezas de construcción, botóns, rotuladores ou calquer obxecto que haxa na casa.
Receita: Facer un pastel de chocolate a partir da receita que se explica a continuación.
Xogo: Sen decir o seu nome, o adulto describe un obxecto que o neno ou nena debe encontrar na habitación na que está.
Experimento: O globo-foguete. Fai o experimento que se explica a continuación e comenta o que observas.
Xogo coas matemáticas: Debuxar no cadro que se inclúe a continuación o número de obxectos indicado.
*Fragmento dun poema de Antonio García Teijeiro:
EU TEÑO UN AMIGO
VERDE CARACOL
CARACOL VERMELLO
CARACOL COL COL.
* Enlaces para escoitar as cancións e ver os contos en youtube.
Conto de Cocorico: https://www.youtube.com/watch?v=PKqdqcJU9Bw
Canción de Cocorico: https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM
Exercicios de ritmo con zapatos: https://www.youtube.com/watch?v=WfmpzDy4wt8
PLÁSTICA
CARACOL DE PLASTILINA
SOL DE VERÁN
RECEITA: PASTEL DE CHOCOLATE
FORRA UN MOLDE CON FILM
TRANSPARENTE. DEIXA QUE
SOBRE PLÁSTICO POLOS
LADOS.
MACHACA AS GALLETAS CUN
ROLO. MÉTEAS NUNHA
BOLSA DE PLÁSTICO ANTES
PARA NON MANCHAR.
FUNDE O CHOCOLATE, A
MANTEIGA E O MEL NUN BOL
SOBRE UNHA POTA CON
AUGA A FERVER E REMOVE.
PODES USAR MEL EN VEZ DE
MELAZA E BOTAR OS FROITOS
SECOS QUE MÁIS CHE GUSTEN.
INGREDIENTES:
RETIRA O BOL DO CALOR E
ENGÁDELLE AS GALLETAS E
OS FROITOS SECOS QUE MÁIS
CHE GUSTEN.
EXTENDE A MESTURA POLO
MOLDE FORRADO. ESTIRA A
SUPERFICIE CUNHA CULLER
GRANDE OU UNHA PALETA.
DEIXA QUE ARREFRÍE.
DESPÓIS, METE O PASTEL NA
NEVERA DURANTE UNHAS
DÚAS HORAS.
EXPERIMENTO: O GLOBO-FOGUETE
NECESITAS: UNHA PALLIÑA, UN CORDEL OU
FÍO LONGO E UN GLOBO INFLADO SUXEITO
CUNHA PINZA .
HAI QUE PASAR O CORDEL POLO MEDIO DA
PALLIÑA E PEGAR O GLOBO Á PALLA.
ÁTASE CADA EXTREMO DO CORDEL A UNHA
SILLA OU Á MANILLA DUNHA PORTA OU
FIESTRA PROCURANDO QUE O CORDEL ESTÉ
TENSO. DESLÍZASE A CANA CO GLOBO AT A
UN EXTREMO DO CORDEL E CANDO
ESTEMOS PREPARADOS SOLTAMOS A PINZA
E VEREMOS COMO O GLOBO SAE
DISPARADO MENTREL SOLTA O AIRE.
*Táboa para debuxar contando:
1 2 3 4 5
DEBUXO 1 SOL
DEBUXO 2 SOLES
DEBUXO 3 SOLES
DEBUXO 4 SOLES
DEBUXO 5 SOLES