.ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N...

17
DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE DECRETO 159/2014, do 11 de decembro, polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, establece no seu artigo 8.3 que son dereitos relacionados coa autonomía de decisión o de outorgar o consentimento por subs- titución e o de manifestar as instrucións previas ao abeiro do establecido na Lei 3/2001, do 28 de maio, e na Lei 3/2005, do 7 de marzo, de modificación da anterior, e nas disposi- cións concordantes. A normativa mencionada é a Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, que foi obxecto de modificación mediante a Lei 3/2005, do 7 de marzo, para adaptala pola súa vez, á Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de infor- mación e documentación clínica. Dentro deste marco normativo, as instrucións previas consisten nun documento, me- diante o cal, unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade, co fin de que esta sexa cumprida no momento en que chegue a situacións nas cales non sexa quen de expresala persoalmente, sobre os coidados e o tratamento da súa saúde ou, unha vez chegado o falecemento, sobre o destino do seu corpo e dos seus órganos. Con posterioridade, o Decreto 259/2007, do 13 de decembro, creou o Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde, que serve como un instru- mento para facilitar o coñecemento desas instrucións aos profesionais sanitarios, sen que a inscrición no rexistro sexa condición necesaria para a validez do documento. A Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias, afonda nesta garantía do outorgamento das instrucións previas, e para facilitar aos cidadáns a formaliza- ción do documento que conteña a súa vontade, establece un terceiro suposto, xa recollido noutras normas autonómicas, que é a posibilidade de outorgalo ante o funcionario ou o empregado público encargado do Rexistro galego de instrucións previas «nas condicións que se establezan regulamentariamente» segundo dispón o seu artigo 22.c). CVE-DOG: 5pd0dkg8-1iq9-sua9-8tl5-rkrer3kpcyp3

Transcript of .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N...

Page 1: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 159/2014, do 11 de decembro, polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, establece no seu artigo 8.3 que son dereitos relacionados coa autonomía de decisión o de outorgar o consentimento por subs-titución e o de manifestar as instrucións previas ao abeiro do establecido na Lei 3/2001, do 28 de maio, e na Lei 3/2005, do 7 de marzo, de modificación da anterior, e nas disposi-cións concordantes.

A normativa mencionada é a Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, que foi obxecto de modificación mediante a Lei 3/2005, do 7 de marzo, para adaptala pola súa vez, á Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de infor-mación e documentación clínica.

Dentro deste marco normativo, as instrucións previas consisten nun documento, me-diante o cal, unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade, co fin de que esta sexa cumprida no momento en que chegue a situacións nas cales non sexa quen de expresala persoalmente, sobre os coidados e o tratamento da súa saúde ou, unha vez chegado o falecemento, sobre o destino do seu corpo e dos seus órganos.

Con posterioridade, o Decreto 259/2007, do 13 de decembro, creou o Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde, que serve como un instru-mento para facilitar o coñecemento desas instrucións aos profesionais sanitarios, sen que a inscrición no rexistro sexa condición necesaria para a validez do documento.

A Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias, afonda nesta garantía do outorgamento das instrucións previas, e para facilitar aos cidadáns a formaliza-ción do documento que conteña a súa vontade, establece un terceiro suposto, xa recollido noutras normas autonómicas, que é a posibilidade de outorgalo ante o funcionario ou o empregado público encargado do Rexistro galego de instrucións previas «nas condicións que se establezan regulamentariamente» segundo dispón o seu artigo 22.c).

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 2: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52760

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Logo entón, o presente decreto ten como finalidade dar cumprimento a este mandado e regula o procedemento de formalización do documento de instrucións previas ante o persoal do rexistro ou ante o persoal das unidades habilitadas no ámbito territorial de cada estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

Considérase conveniente derrogar o Decreto 259/2007, do 13 de decembro, que regula o Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde, pero man-tendo vixente o artigo 1 que creaba o rexistro.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Sanidade, de acordo co Consello Consul-tivo e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día once de decembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Este decreto ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento do Rexis-tro galego de instrucións previas, de acordo co que dispón o artigo 23 da Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias.

2. O rexistro queda adscrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O Rexistro galego de instrucións previas, que é único para todo o ámbito da comuni-dade autónoma, atópase nos servizos centrais da Consellería de Sanidade.

2. Dentro do ámbito territorial de cada estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde existirá, cando menos, unha unidade habilitada do rexistro en-cargada de informar acerca das instrucións previas, da súa formalización e da recepción das solicitudes de inscrición no rexistro.

Artigo 3. Natureza

1. Este rexistro é de natureza administrativa, e a inscrición das instrucións previas é de carácter voluntario e declarativo.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 3: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52761

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. A ausencia de inscrición dun documento de instrucións previas validamente outorgado non impedirá a súa aplicabilidade no ámbito sanitario. En consecuencia, un documento pos-terior non inscrito, formalizado segundo algún dos procedementos do artigo 6, substitúe ou deixa sen efecto un documento anterior inscrito, sempre que as datas resulten fidedignas.

Artigo 4. Funcións do Rexistro galego de instrucións previas

O Rexistro galego de instrucións previas cumpre as seguintes funcións:

a) Proporcionar información acerca das instrucións previas, do seu contido, da formali-zación e da inscrición, se é o caso.

b) Formalizar o documento de instrucións previas segundo o que dispón o artigo 7.

c) Inscribir os documentos de instrucións previas, así como a súa substitución ou re-vogación.

d) Custodiar os documentos inscritos.

e) Facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos pro-fesionais responsables da asistencia sanitaria.

f) Facilitar o acceso e a consulta dos documentos de instrucións previas ás persoas autorizadas.

g) Expedir certificacións e copia dos documentos de instrucións previas 

h) Garantir a coordinación co Rexistro nacional de instrucións previas, en particular, comunicarlle os documentos inscritos, dando traslado dos datos e da información relativa a eles segundo o que dispón o Real decreto 124/2007, do 2 de febreiro, polo que se regula o Rexistro nacional de  instrucións previas, e o correspondente ficheiro automatizado de datos de carácter persoal.

Artigo 5. Contido do documento de instrucións previas

1. Poderase inscribir no Rexistro galego de instrucións previas o documento que conte-ña polo menos unha das seguintes, alíneas:

a) Instrucións e opcións acerca dos coidados e o tratamento da saúde da persoa outorgante.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 4: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52762

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

b) Instrucións sobre o destino do corpo, unha vez chegado o falecemento, en relación coa doazón de órganos e tecidos para transplante ou coa doazón para docencia e investi-gación científica.

2. A persoa outorgante pode designar unha persoa representante, para que, chegado o caso, sirva como interlocutor co/a médico/a para procurar o cumprimento das instrucións previas que figuran no documento. 

O documento que conteña só a designación dunha persoa representante, se non vai acompañada de instrucións previas, non será obxecto de inscrición.

Non cabe efectuar designacións xenéricas de persoas en virtude do seu cargo ou do desenvolvemento de funcións asistenciais no ámbito sanitario.

No caso de que a persoa designada como representante sexa menor de idade, a súa eficacia queda condicionada a que, unha vez chegada a situación na cal deban ser aplica-das as instrucións previas, o dito representante sexa maior de idade e posúa plena capa-cidade de obrar.

3. A persoa outorgante pode tamén designar un substituto do representante que exerce-rá as súas funcións no caso de falecemento, incapacidade ou imposibilidade de consulta co representante.

Artigo 6. Formalización do documento de instrucións previas

1. O documento de instrucións previas formalizarase por escrito mediante un dos se-guintes procedementos:

a) Ante notario/a, sen necesidade da presenza de testemuñas.

b) Ante tres testemuñas maiores de idade e con plena capacidade de obrar, das ca-les dúas, como mínimo, non poderán ter relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade nin estar vinculadas por matrimonio ou análoga relación de afectividade nin por relación patrimonial coa persoa outorgante.

Para estes efectos, enténdese que hai relación patrimonial cando existan entre ambos créditos ou débedas, pertenza en común de bens mobles ou inmobles, titularidade conxun-ta dunha entidade profesional, explotación mercantil ou industrial ou, en xeral, calquera outro vínculo obrigacional de natureza económica.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 5: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52763

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

c) Ante o persoal do Rexistro galego de instrucións previas ou das unidades habilitadas, de acordo co que establece o artigo 7.

2. Para a súa formalización, no documento deben constar o nome e apelidos do outor-gante, o seu número de DNI/NIE, as instrucións previas, lugar, data e sinatura.

3. O documento pode modificarse, ampliarse, concretarse ou deixarse sen efecto en cal-quera momento á vontade da persoa outorgante, sempre que conserve a súa capacidade, deixando constancia expresa e indubitada. Nestes supostos, o documento posterior, for-malizado segundo algún dos procedementos do número 1 deste artigo, revoga o anterior.

Artigo 7. Formalización ante o persoal do Rexistro de instrucións previas

1. Toda persoa maior de idade, capaz e libre pode formalizar o documento de instrucións previas ante o persoal do Rexistro galego de instrucións previas nos servizos centrais da Consellería de Sanidade ou ante o persoal das unidades habilitadas. Este persoal será necesariamente funcionario ou estatutario.

2. O persoal ante quen se leve a cabo esta formalización debe comprobar a identidade e a maioría de idade do outorgante mediante a exhibición do DNI/NIE.

3. Non cabe a formalización se o persoal ten dúbidas razoables acerca da súa capacida-de. Neste caso, a formalización poderá suspenderse ata que se achegue unha certificación do Rexistro Civil relativa á capacidade.

Artigo 8. Solicitude de inscrición no Rexistro e documentación que debe achegarse

1. A persoa outorgante, ou quen acredite a súa representación por calquera medio vá-lido en dereito que deixe constancia fidedigna, formulará solicitude de inscrición, que se axustará ao modelo recollido no anexo I, deberá estar asinada pola persoa outorgante ou por quen acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Dirixirase á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

2. Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación complementaria:

a) Copia do DNI, agás que autorice expresamente a consulta dos seus datos de identi-dade, ou número de identidade de estranxeiro (NIE), da persoa outorgante ou do represen-tante, se é o caso, así como documento representativo desta representación.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 6: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52764

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

b) No caso de formalizarse o documento ante notario, copia auténtica do documento de instrucións previas.

c) No caso de formalizarse o documento diante de testemuñas:

1º. Documento de instrucións previas asinado pola persoa outorgante e as tres teste-muñas.

2º. Declaración responsable das testemuñas que exprese que son persoas maiores de idade, con plena capacidade de obrar e que cando menos dúas delas non teñen relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade nin están vinculadas por matrimonio ou análoga relación de afectividade nin por relación patri-monial coa persoa outorgante. Así mesmo, debe expresar que a persoa outorgante é maior de idade, non lles consta que estea incapacitada, actúa libremente e asina o documento na súa presenza.

3º. Copia do DNI das testemuñas, ou calquera outro documento válido en dereito que acredite a súa identidade, agás que autoricen expresamente a consulta dos seus datos de identidade conforme o anexo II.

d) Para o caso de que se designen, copia do DNI da persoa representante interlocutora e da persoa substituta, ou calquera outro documento válido en dereito que acredite a súa identidade, agás que autorice expresamente a consulta dos seus datos de identidade con-forme o anexo III.

3. No caso de formalizarse o documento ante o persoal do Rexistro galego de instru-cións previas ou das unidades habilitadas, iniciaranse os trámites para a inscrición corres-pondente se a persoa outorgante o solicita.

4. A solicitude de inscrición incorporará a autorización para a cesión dos datos ao Rexis-tro nacional de instrucións previas, nos termos que establece a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 9. Substitución e revogación do documento de instrucións previas

1. O documento de instrucións previas pode ser obxecto de substitución ou revogación por parte da persoa outorgante, en calquera momento, por algún dos procedementos que se recollen no artigo 6 do presente decreto.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 7: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52765

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. O documento de substitución ou de revogación seguirá os mesmos trámites para a súa inscrición no rexistro que o documento a que substitúe ou revoga.

Artigo 10. Acceso

1. A persoa outorgante, o seu representante legal ou aquel designado como interlocutor co/a médico/a poderán acceder ao rexistro logo de formular solicitude, que se axustará ao modelo recollido no anexo IV e se dirixirá á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

2. Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación complementaria:

a) Copia do DNI, agás que se autorice expresamente a consulta dos seus datos de identidade, ou número de identidade de estranxeiro (NIE), da persoa outorgante ou do representante legal ou do representante interlocutor.

b) Documento acreditativo da representación legal, se é o caso.

3. Chegada unha situación en que o paciente non sexa quen de expresar persoalmente a súa vontade, o/a médico/a que presta a asistencia sanitaria deberá acceder ao Rexistro para comprobar a existencia ou non dun documento de instrucións previas ou, sen prexuí-zo de que na historia clínica figure unha copia, verificar se foi inscrito con posterioridade outro documento e, de ser o caso, coñecer o seu contido. Así mesmo, este/a médico/a poderá acceder ao Rexistro cando sexa autorizado pola persoa outorgante.

O acceso ao rexistro polo/a médico/a que presta a asistencia sanitaria farase, logo de solicitude, a través de comunicación telemática ao ficheiro automatizado do rexistro, que deberá garantir a confidencialidade dos datos e a identificación da persoa destinataria da información, e deixando constancia do acceso.

4. As persoas que en razón do seu posto de traballo accedan a calquera dos datos do rexistro están suxeitas ao deber de gardar segredo acerca deles. O incumprimento desta obriga dará lugar á aplicación do réxime disciplinario correspondente, sen prexuízo, se é o caso, da concorrencia de responsabilidade civil ou penal.

Artigo 11. Autorizacións

A tramitación dos procedementos de inscrición e de acceso ao Rexistro galego de ins-trucións previas require a incorporación de datos en poder das administracións públicas.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 8: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52766

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Artigo 12. Lugar de presentación das solicitudes de inscrición e de acceso

1. As solicitudes de inscrición e de acceso deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decre-to 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calque-ra dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na trami-tación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as co-pias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 9: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52767

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en cal-quera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novem-bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas

Artigo 13. Resolución da solicitude de inscrición

1. O persoal do Rexistro galego de instrucións previas ou a unidade habilitada corres-pondente, logo de recibir unha solicitude de inscrición, verificarán que cumpre cos requisi-tos exixidos.

No caso de que se detecten defectos na solicitude ou na documentación que con ela se debe achegar, requirirase a persoa solicitante para que emende a falta ou achegue a documentación preceptiva no prazo de 10 días, indicándolle que en caso contrario se terá por desistida da súa solicitude, que se arquivará, logo de resolución motivada.

2. Logo de comprobar o contido do documento e a observancia dos requisitos legais e formalidades exixidas, a Secretaría Xeral Técnica ditará resolución autorizando ou de-negando a inscrición no rexistro, que será motivada no suposto de denegación e, en todo caso,  notificada  á  persoa  solicitante.  Contra  a  resolución  poderase  interpor  recurso  de alzada ante a persoa titular da Consellería de Sanidade.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de 2 meses, contado des-de a entrada da solicitude no Rexistro galego de instrucións previas ou nas unidades habilitadas.

Transcorrido o prazo sinalado sen resolución expresa, entenderase estimada a solicitu-de por silencio administrativo.

Mentres non se dite resolución, a solicitude entenderase inscrita con carácter provisio-nal, e os efectos desta serán a simple constancia da súa existencia.

4. Autorizada a inscrición, deixarase constancia na historia clínica do/a paciente da exis-tencia do documento de instrucións previas con indicación da data de outorgamento.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 10: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52768

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Artigo 14. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán  incluídos nos ficheiros denominados «Inscrición no Rexistro galego de instrucións previas» e «Acceso ao Rexistro galego de instrucións previas», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso,  rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Rexistro galego de instrucións previas mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Sanidade, Edificio administrativo San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a [email protected]

Artigo 15. Aplicación das instrucións previas

Os profesionais sanitarios que prestan a asistencia teñen a obriga de respectar e aplicar as instrucións previas nos termos legalmente previstos e de deixar constancia na historia clínica da súa aplicación. Así mesmo, deben deixar constancia motivada na historia clínica da non aplicación das instrucións previas cando sexan contrarias ao ordenamento xurídico ou á lex artis, ou non se correspondan co suposto de feito que a persoa outorgante preveu no momento de manifestalas.

Artigo 16. Custodia

A custodia e conservación dos documentos inscritos levarase a cabo de acordo coa normativa vixente en materia de arquivos e rexistros.

Disposición adicional única. Actualización de formularios

Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de publicalos nova-mente no Diario Oficial de Galicia, sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 11: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52769

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Disposición transitoria única

Á entrada en vigor deste decreto mantense a inscrición dos datos que figuren no Rexis-tro de instrución previas regulado no Decreto 259/2007, do 13 de decembro.

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas cantas disposicións se opoñan ao disposto no presente decreto e, en particular, o Decreto 259/2007, do 13 de decembro que crea o Rexistro galego de instru-cións previas sobre coidados e tratamento da saúde, agás o seu artigo 1, que se manterá vixente.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade para ditar disposicións para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo Presidente

Rocío Mosquera Álvarez Conselleira de Sanidade

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 12: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52770

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I

PROCEDEMENTO

INSCRICIÓN NO REXISTRO GALEGO DE INSTRUCIONS PREVIAS

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

SA210A

DOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DA PERSOA SOLICITANTENOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

DATA DE NACEMENTO SEXO NACIONALIDADE

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

FORMALIZACIÓN DO DOCUMENTO DE INSTRUCIÓNS PREVIAS

Ante notario/a

Antetres testemuñas

Ante o persoal do Rexistro galego de instrucións previas ou das súas unidades habilitadas

CONTIDO DO DOCUMENTO DE INSTRUCIÓNS PREVIAS

Coidados e tratamento da saúde

Destino do corpo e/ou dos órganos

OBXECTO DA SOLICITUDE

Inscrición do documento de instrucións previas

Sustitución do documento de instrucións previas

Revogación do documento de instrucións previas

A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARAQue todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 13: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52771

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO I (continuación)

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTAAnexo II, para o caso de formalizarse o documento ante testemuñas

Anexo III, para o caso de designación de persoa representante interlocultora e, se é o caso, persoa substituta

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta

Documento de instrucións previas

Documento acreditativo da representación da persoa solicitante

Copia do DNI das testemuñas, só no caso de non autorizar a súa consulta

Declaración responsable das testemuñas

Copia do DNI da persoa representante interlocutora, só no caso de non autorizar a súa consulta

Copia do DNI da persoa substituta da persoa representante interlocutora, só no caso de non autorizar a súa consulta

A PERSOA SOLICITANTE AUTORIZA

1. Nos termos que establece a Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e o Decreto 259/2007, polo que se crea o Rexistro galego de instrucións previas, e demais normativa ao respecto que sexa de aplicación:

1.1. A consulta do documento de instrucións previas polo médico que lle preste asistencia sanitaria cando chegue a situacións clínicas en que non sexa capaz de manifestar a súa vontade.

1.2. A cesión dos datos ao Rexistro nacional de instrucións previas e outros rexistros relacionados, para o cumprimento desta finalidade.

Autorizo a Consellería de Sanidade para consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal informase de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a [email protected].

LEXISLACIÓN APLICABLE

Decreto 159/2014, do 11 de decembro, polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Secretaría Xeral Técnica Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 14: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52772

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO II

CÚBRASE UNICAMENTE NO CASO DE FORMALIZARSE O DOCUMENTO ANTE TESTEMUÑAS

Eu, TESTEMUÑA (nome e apelidos) , con NIF , autorizo a Consellería de Sanidade para consultar os meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

SINATURA

Lugar e data

, de de

Eu, TESTEMUÑA (nome e apelidos) , con NIF , autorizo a Consellería de Sanidade para consultar os meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

SINATURA

Lugar e data

, de de

Eu, TESTEMUÑA (nome e apelidos) , con NIF , autorizo a Consellería de Sanidade a consultar os meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

SINATURA

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 15: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52773

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO III

A CUBRIR UNICAMENTE NO CASO DE DESIGNACIÓN DE PERSOA REPRESENTANTE INTERLOCUTORA

Eu, PERSOA REPRESENTANTE INTERLOCUTORA (nome e apelidos) , con NIF , autorizo a Consellería de Sanidade para consultar os meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

SINATURA

Lugar e data

, de de

Eu, PERSOA SUBSTITUTA DA PERSOA INTERLOCUTORA (nome e apelidos) , con NIF , autorizo a Consellería de Sanidade para consultar os meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

SINATURA

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 16: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52774

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO IV

PROCEDEMENTO

ACCESO AO REXISTRO GALEGO DE INSTRUCIÓNS PREVIAS

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

SA210B

DOCUMENTO

SOLICITUDE

DATOS DA PERSOA SOLICITANTENOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DERepresentante legal da persoa solicitante

Persoa nomeada representante interlocutora no documento de instrucións previas

ENDEREZO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)

TIPO DE VÍA NOME DA VÍA NÚMERO BLOQUE ANDAR PORTA

CP PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

OBXECTO DA SOLICITUDE

Consulta do documento de instrucións previas

Certificación da inscrición do documento de instrucións previas

Copia do documento de instrucións previas

A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARAQue todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTACopia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta

Documento acreditativo, válido en dereito, da representación

Autorizo a Consellería de Sanidade para consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009.

SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informase de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a [email protected].

Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3

Page 17: .ta.s/diario-oficial-galicia...DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52759 ISS1130-9229N D C..ta.s/diario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE

DOG Núm. 248 Luns, 29 de decembro de 2014 Páx. 52775

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO IV (continuación)

LEXISLACIÓN APLICABLE

Decreto 159/2014, do 11 de decembro, polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Secretaría Xeral Técnica Este formulario tamén pode presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

CV

E-D

OG

: 5pd

0dkg

8-1i

q9-s

ua9-

8tl5

-rkr

er3k

pcyp

3