Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era...
Transcript of Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era...
![Page 1: Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2 3 5 7](https://reader035.fdocuments.co/reader035/viewer/2022062311/60220609d5efa42fe77bbdac/html5/thumbnails/1.jpg)
O primeiro e coma sempre espero e desexo que todas e todos
sigades tendo o ánimo forte.
Agora que xa podemos saír un pouquiño e respirar aire fresco
é algo máis doado, pero por favor, non baixedes a garda!
Cumpride coa distancia de seguridade e usade as máscaras!
E non coma a de Shin Chan!!
Tede coidadiño!
Esta semana toca algo de Matemáticas, aínda que sei que
algún e algunha non é o que máis lle gusta. De todos xeitos, ao
mellor atopades algo que vos entretén un ratiño, así que probade!
![Page 2: Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2 3 5 7](https://reader035.fdocuments.co/reader035/viewer/2022062311/60220609d5efa42fe77bbdac/html5/thumbnails/2.jpg)
Imos facer matemáticas cos cadrados máxicos, que son
basicamente, distribucións de números enteiros nunha táboa de
tal xeito que a suma dos mesmos en todas as columnas, filas e
diagonais principais é a mesma.
A cantidade que resulta da suma denomínase constante
máxica.
Os números soen ser consecutivos (ou formar unha progresión
aritmética, busca este término para saber máis se queres, aínda que non o precisas para
facer as actividades) e diferentes.
Os cadrados máxicos son moi antigos e hai miles de anos
atribuíanselle propiedades astrolóxicas e máxicas e empregábanse
como amuletos.
(Lenda do río “Lo Shu” e a tartaruga por se queredes saber
máis)
Diagonais principais
![Page 3: Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2 3 5 7](https://reader035.fdocuments.co/reader035/viewer/2022062311/60220609d5efa42fe77bbdac/html5/thumbnails/3.jpg)
O seguinte gravado, “Melancolía I”, do pintor Alberto Durero
(1514) inclúe un dos cadrados máxicos de 4x4 máis famosos.
![Page 4: Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2 3 5 7](https://reader035.fdocuments.co/reader035/viewer/2022062311/60220609d5efa42fe77bbdac/html5/thumbnails/4.jpg)
ACTIVIDADES:
- Cal é a constante máxica?
- Este cadrado é moi curioso porque ademais de poder calcular
a constante máxica ao sumar as casas en horizontal, vertical
ou diagonal, está tamén escondida en moitos grupos de catro
números. Es capaz de atopar eses grupos de números?
- Este gravado está cheo de simbolismo e rodeado de
elementos matemáticos referidos á xeometría, tempo,
aritmética… Debes encontrar como mínimo oito elementos.
Un xa o tes, o cadrado máxico!
- Hai máis cadrados máxicos famosos, algúns en monumentos
arquitectónicos, podes buscar algún se che apetece.
![Page 5: Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2 3 5 7](https://reader035.fdocuments.co/reader035/viewer/2022062311/60220609d5efa42fe77bbdac/html5/thumbnails/5.jpg)
O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo
Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes
números:
4 9 2
3 5 7
8 1 6
A ACTIVIDADE consiste en buscar as outras 7 solucións
posibles e cando as atopes fixarte en aspectos como cal é o
número central ou relacións entre os números.
MÁIS ACTIVIDADES:
- Busca a relación e resolve:
4 14 12
2
8
20 60
50
40
![Page 6: Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2 3 5 7](https://reader035.fdocuments.co/reader035/viewer/2022062311/60220609d5efa42fe77bbdac/html5/thumbnails/6.jpg)
- Calcula A, B, C, D y E:
15 A 35
50 B C
25 D E
- Descobre o número K, sabendo que o cadrado é máxico e está
composto por números do 4 ao 12.
K
- Nivel experto:
https://proyectodescartes.org/uudd/materiales_didactico
s/fmd-JS/4x4.htm
Por se queredes rompervos un pouco a cabeza!
![Page 7: Tede coidadiño! · O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2 3 5 7](https://reader035.fdocuments.co/reader035/viewer/2022062311/60220609d5efa42fe77bbdac/html5/thumbnails/7.jpg)
- Seguimos en nivel experto!
https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_did
acticos/reajuegos-JS/cuadrados_mgicos.html
Déixovos a páxina principal para que exploredes, pero se
probades e non vos saen non vos angustiedes, xa vedes que é unha
páxina de Secundaria.
Espero que pasedes un bo rato coas Mates!
Ata a próxima semana!
Intentade manter a calma e gozar todo o que poidades!
¿Sabedes quen é esta futbolista?