Terra Cha 38

16
Ano X • Nº 38 • Decembro Difusión Gratuita Informativo A Terra Chá www.terrachanaturalmente.com Concello de A Pastoriza Páxina 5 Asociación de Desenvolvemento da Terra Cha Páxinas 2, 3, 4 e 5 Concello de Cospeito Páxina 10 Concello de Begonte Páxinas 5 e 6 Concello de Muras Páxina 12 Concello de Abadín Páxina 5 Concello de Guitiriz Páxinas 11 e 12 Concello de Castro de Rei Páxina 7 Concello de Vilalba Páxina 13 Concello de Xermade Páxinas 14 e 15 Eventos gastronómicos en el concello

description

Periódico da Terra Cha

Transcript of Terra Cha 38

Page 1: Terra Cha 38

Ano X • Nº 38 • DecembroDifusión Gratuita

Informativo A Terra Cháwww.terrachanaturalmente.com

Concello deA Pastoriza

Páxina 5

Asociación deDesenvolvementoda Terra Cha

Páxinas 2, 3, 4 e 5

Concello deCospeito

Páxina 10

Concello deBegonte

Páxinas 5 e 6

Concello deMuras

Páxina 12

Concello deAbadín

Páxina 5

Concello deGuitiriz

Páxinas 11 e 12

Concello deCastro de Rei

Páxina 7

Concello deVilalba

Páxina 13

Concello deXermade

Páxinas 14 e 15

Eventos gastronómicos en el concello

Page 2: Terra Cha 38

EDITA: Fundación Comarcal Terra Chá • C/ Carmiña Prieto Rouco s/n 27800 Vilalba • Tlf y Fax: 982 51 23 69 // Coeditan: Aytos. integrantes de la comarca de Terra Chá // Coordinación Editorial: Francisco Javier Rodrigo JaureguizarDeseño, Maquetación e Publicidade: “uve&uve comunicacion”, maquetació[email protected] • Imprime: Norprensa (Lugo) • Deposito legal: LU-391-01

Nota: Los editores no se hacen responsables de las opiniones vertidas en esta publicación

El informativo Terra Chá ¡Natural... mente! desexa agradecerlle a todos os colaboradores e distribuidores a súa inestimable aportación no mantemento e difusión desta publicación.

A PASTORIZA: Casa do Concello, Cafet. Bretema, Apto. Campo da Cruz, Taberna O Cruceiro. ABADÍN: Casa do Concello, Restaurante Niza.

BEGONTE: Casa do Concello, Café Bar Guerrero, Café bar O Galego. CASTRO DE REI: Casa do Concello; (Castro Riberas de Lea): Restaurante Tojo, Bar Chus,

Cafetería Mariva, Restaurante Suso. COSPEITO: Casa do Concello, Casa da Cultura, Mesón de Verial, Bar Bautista, Mesón Beira Miño, Casa Condiño, Lugar de Vila;

(Muimenta): Casa de Cultura, Bar tino. GUITIRIZ: Casa do Concello, Hotel “Mesón da Cabra”, Parrilla Merendero, Restaurante La Casilla, Bar Flamingo, Cafet.

Strauss Centro, Balneario de Guitiriz, Panadería La Esquina, Bar A Revolta. MURAS: Casa do Concello, Bar A Volta. VILALBA: Casa do Concello,

Parador Nacional, Hostal Terra Chá, Hotel Villamartin, Mesón Os Pios, Mesón do Campo, Restaurante Montero, Multimedia Taraxal, Cafetería Vivaldi, Hotel Spa Husa, Rst.

Casa Seijo, Cervecería O Currás, Cervecería Stama, Café Xalundes, Restaurante O Bosque. XERMADE: Casa do Concello, Café Bar Pita, Parque Eólico Sotavento

José Ángel García Fernández (Gerente); Oficina Comarcal de Xunta de Galicia • C/ Carmiña Prieto Rouco s/n 27800 • VILALBA (LUGO) • TELÉFONO: 982 512 369 • FAX: 982 512 369 • E-MAIL: [email protected]

ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DA TERRA CHA

Page 3: Terra Cha 38

3Decembro 2011 / A Terra Chá Naturalmente

La Feria de Santos convirtió ayer a Gontán en una auténtica aglomeración humana que con-tribuyó a dar esplendor a una jornada de fiesta y mercado que no contó con el favor de la me-teorología, pero que sí exhibió de nuevo un gran poder de convocatoria, tanto de público como de animales, aunque esta elevada concurren-cia no deparó luego un volumen de negocio tan abultado.La feria de ganado, al igual que el resto de las actividades comerciales, destacó más por el número de reses presentes que por la cuantía de las transacciones. A modo de novedad, sí cabe destacar la presencia de un elevado nú-mero de reses de vacuno de carne que llenó hasta la bandera las instalaciones del mercado de ganado. Los ejemplares equinos quedaron

distribuidos por lotes en los cubículos exterio-res habilitados previamente por el Concello de Abadín.Los productos alimentarios de temporada, tales como castañas o nueces, así como hortalizas y verduras además de productos cárnicos de cerdo, captaron el interés de no pocos visitan-tes que aprovecharon esta cita ferial para llevar provisiones para sus despensas. Numerosas personas se detuvieron también en los puestos de ropa y calzado, o en los bazares de ferretería para realizar sus respectivas compras.La entrega de premios –por un importe global de 700 euros– a los mejores ejemplares bovi-nos y equinos, así como a los ganaderos con rebaños numerosos, cerró las mañana de una feria que se disolvió a media tarde.

Feria de Santos en Gontán

Page 4: Terra Cha 38

4 A Terra Chá Naturalmente / Decembro 2011

Levan xa tres anos volcadas as compoñentes da asociación de mulleres rurais San Bartolomeu de Insua nos traballos que deben facerse para obter fío de liño para tecer. Recuperar todo o proceso do liño suponlles des-viar tempo das súas vidas e quefaceres cotiáns e ata poñer cartos do peto. Por iso, piden máis apoio e convidan as distintas administracións a facerlles unha visita. Malia a soidade que senten ás veces, a súa mellor recompen-sa non pode ser outra que ver os froitos do seu traballo, e elas son as primeiras sorprendi-das co que levan acadado. Co liño pódese facer de todo e non lles falta razón. Do liño malo, a estopa, facíanse mantas ou alfombras e do bo, o cerro, saía todo tipo de roupa de vestir, incluía a interior.

Para obter o fío co que elaborar esas pezas, hai que superar 32 pasos, que comezan en abril, coa sementeira. Un mes despois hai que monda-lo, é dicir, quitarlle as malas herbas e logo, entre xullo e agosto, segundo como fose o tempo e como estea o liño de ma-duro, arrancalo e po-ñelo en feixes chamados ripeiros para proceder a ripalo. Unha vez separada a ‘palla’, esta ponse ese mesmo día en laguei-ros, manoxos que se meten no río nove días. Tralo enlagado, hai que sacalo da auga, lavalo e estendelo no prado a se-car. Cando está listo, recóllese e ponse en estri-gas, uns feixes que se meten no forno, des-pois dunha fornada de pan, para quentalos antes de amazotalo e tascalo, dous procesos necesarios para sarcarlle a aresta ó liño e así poder fialo.

Despois ponse en estrigas, que se desfan para pasar o liño polo restrelo co fin de se-parar o cerro da estopa. Logo fíanse ambos por se-parado e pásanse polo sarillo para facer as meas, que hai que cocer con cinza de madeira de carballo e varias herbas para branquealas. Unha vez cocidas, lávanse e póñense a clareo, enxabonadas con xabón da casa, regándoas para mantelas húmidas. Cando están listas, vólvense lavar, sécan-se e métense na adebadoira para converter as meas en novelos, que logo se introducen na urdideira e se pasan pola espadela para pre-pa-rar o fío para tecer, o que se pode facer unha vez enveñado o tear, co fío preparado en mazorgas.

Mulleres de Insua recuperan os traballos do liño

Page 5: Terra Cha 38

5Decembro 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Concello de Abadín

Concello de A Pastoriza

O Concello de Abadín co obxetivo de mellorar o aspecto do casco urbano de Abadín realiza unha obra que permite enterrar o tendido eléctrico das ruas de Abadín, obra en colaboración con Begasa e a Xunta de Galicia.

Los hallazgos de épocas prehistóricas y la existen-cia de numerosos castros constituyen la primera muestra material de poblamiento en la zona. De la presencia romana y sueva apenas se conservan restos, excepto la estela antropomorfa anepígrafa, de época romana, y otros vestigios en As Coras (Reigosa), siendo el documento más antiguo el “Parroquial Suevo”, compuesto entre 572 y 589, en donde se nos habla de la cristiandad britoniense.Fue en los siglos V y VI, cuando los habitan-tes de las Islas Británicas fueron obligados a

abandonar su patria ante el avance de los an-glosajones invasores. Una buena parte de los fugitivos se refugiaron en la Armónica (hoy Bretaña), mientras otro contingente alcanzaron el Noroeste peninsular, instalándose en la zona montañosa que va desde Ferrol hasta Asturias. Algunos de ellos penetraron por la hoz marí-tima de Foz y del valle del Masma, sobrepa-sando los montes que limitaban con el actual municipio de A Pastoriza con el de Mondoñedo, para asentarse finalmente en una amplia llanu-

ra, que a partir de entonces fue conocida como Britonia. De esta manera, en un territorio amplio y poco poblado se establecieron los fugitivos, instalando su Monasterium Maxime. La inva-sión musulmana del siglo VII, que concentró en Bretoña a numerosos obispos y jerarquías hui-das ocasionó finalmente la destrucción de este centro y la huída de la población superviviente hacia el Norte (San Martiño de Mondoñedo y Oviedo, donde Alfonso II estableció a partir de entonces la sede episcopal).

En los siglos siguientes, gran parte de Bretoña (actual Pastoriza) aparece como tierra aforada por el cabildo mindoniense o por los monaste-rios de Meira y Lourenzá. A partir de entonces, la historia se compone de pequeñas e impre-cisas pinceladas, insuficientes para establecer una historia lineal y sin lagunas. Únicamente, mencionar que en el año 1821 se constituyó como ayuntamiento bajo el nombre de Vián para pasar en 1840 a tener su actual denomi-nación: A Pastoriza.

Acondicionamento do Mercado de GontánO Concello de Abadín mellora o recinto feiral de Gontán coa construcción dunha nova nave des-tinada a albergar a actividade feiral do gando porcino. A execución desta nova obra enmar-

cases na actuación de renovación e mellora na nave destinada a gando vacuno, un mercado gandeiro que rexistrou importantes melloras na sua estructura e tamén no seu interior trala colocación dun peche perimetral de madeira, así como as fachadas frontales, unha das cales disporá de unha gran porta de corredera, men-tres que a outra ten forma circular o igual que a nave reconvertida en lonxa alimentaria.Dentro das melloras realizadas nesta praza da feira de Gontán temos que mencionar tamén a instalación dunha marquesina de cristal acom-pañada de xardineiras de madeira que fan un entorno agradable para un paseo e para mercar os días de feira.

E como último mencionar a instalación duns stands definitivos de madeira que fan que a lonxa alimentaria sexa máis acolledora tanto para quen vende como para que ven a Gontán a mercar tanto produtos hortícolas como arte-sania.

Obras de soterramento de liñas eléctricas

Un poco de historia

A terceira edición da Tasca Tradicional de In-sua celebrouse o sábado, día 29, a partir das 11.00 horas, no campo da festa desta parro-quia vilalbesa. Un grupo de voluntarios da pro-pia entidade encargouse de facer as demos-tracións relacionadas co liño —amazotado, tasca, fiado, tecido... Ademais, a animación correu a cargo do grupo celta Taranis, unha exposición de artesanía e a tallista de Santa-balla Clara Naseiro mais o zoqueiro guitiricen-se Abel Losada ficeron demostracións.

A terceira Tasca Tradicional foi o día 29 no Campo da Festa de Insua

Page 6: Terra Cha 38

6 A Terra Chá Naturalmente / Decembro 2011

Concello de Begonte

›› Actividades do trimestre

O Belén de Begonte celebra este ano a XL edi-ción, creouse no ano 1972, da man de José Domínguez Guizan e José Rodríguez Varela (faleceu o ano pasado) o cal foi nombrado fillo predilecto a título póstumo do Concello de Be-gonte, recoñecéndose así a súa persoa, o situar a Begonte como un lugar de visita imprescindi-ble en Nadal, el ocupouse da posta en marcha así como da renovación permanente do Belén e das súas figuras.Trátase dun belén con vida propia, no que as figuras están animadas electrónicamente e que

serenovan cada ano, conxuntamente, confor-man unha escena do Belén tradicional axeitado a Galicia, onde os labregos cultivan a terra, os pastores atenden o gando, os carpinteiros fan as súas labores, os pescadores pescan, onde ade-máis se representa o día, a noite, tormentas…Anualmente o Belén ten uns 40.000 visitan-tes de tódalas idades, non so de Galicia senón tamén, de todos aqueles que veñen a pasar o Nadal a nosa comunidade, pódese visitar dende o día 3-12-11 ata o 28-1-2012, Visítanos non o olvidarás!!!

CENTRO CULTURAL JOSE DOMÍNGUEZ GUIZÁNBarrio de Quitimil, nº2, 27373 Begonte (Lugo)

Rutas sugeridas dende Lugo:1. N-VI, 19,2 km 19 min2. A-6, 25,6 km 22 min

Horario de visitas do Belén de Begonte:Dende o 3-12-2011 ata o 6-1-12:Tódos os días: 11h a 13h e de 15h a 19hA partir do 7-1-12 ata o 28-1-12:De luns a venres: 15h a 19h

Sábados e festivos: 11h a 13h e 15h a 19hGrupos: avisar previamente ó teléfono 982.39 61 21

Información sobre os Certames de arte, poesía, xornalismo e debuxo infantilhttp://www.belendebegonte.es/seccion.73.php

Como llegar al Belén electrónico de Begonte:

Visita ó Belén Electrónico de Begonte

Page 7: Terra Cha 38

7Decembro 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Concello de Castro de Rei

Ximnasia para AdultosDende o concello de Begonte, estamos a tra-ballar para poder acercar ás parroquias un programa cada vez máis amplo de actividades lúdico-deportivas co fin de fomenta-la dinami-zación da zona rural e mellora-la súa calida-de de vida. Con este dobre obxectivo ven de poñerse en marcha un curso de ximnasia para adultos, gratuito para tódolos participantes, du-rante un día á semana e en sesións dunha hora, nos locais sociais das seguintes parroquias:

Saavedra, mércores de 17:00 a 18:00O Castro, venres de 17:00 a 18:00Donalbai, luns de 16:15 a 17:15San Vicente, luns de 17:30 a 18:30Damil, martes de 11:00 a 12:00Felmil, mércores de 11:00 a 12:00Illán, mércores de 16:00 a 17:00

3 e 4 de Setembro: Fin de semana na Mariña Lucense

Durante dous días no mes de setembro 20 veciños de Begonte, entre as idades 12-30 anos que se ins-cribiron viaxaron á Mariña Lucense, por un módico precio, favorecendo os que están empadronados.Nestes dous días puideron disfrutar do seguinte:Sábado 3• Paseo en barco pola Ría de Ribadeo.• Kayaks no Club Náutico.Domingo 4• Carreiras de Karts no Karting Arifran (Viveiro)• Picnic e visita á Praia de Covas (Viveiro).

6 de Setembro: Excursión a ViveiroNeste ano 2011 o concello de Begonte par-ticipou no Programa Mar Achega posto en marcha pola Consellería do Mar e que ten como obxectivo princiapal o de dar a coñe-cer os procedementos de comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros que se desenvolven en Galicia. A actividade con-sistiu nunha excursión á cidade de Viveiro o día 6 de setembro, a xornada tiña o seguinte programa:• Saída do concello de Begonte• Visita á lonxa e ao Porto de Celeiro• Visita cultural á localidade de Viveiro• Xantar-degustación con distintas receitas a base

de productos do mar que inclúe unha charla de-mostrativa a cargo dun cociñeiro profesional.

• Entrega aos participantes dun folleto informa-tivo e dun obsequio da xornada.

• Regreso a Begonte.

2 de Outubro: Excursión á Mariña Lucense

A Concellería de Cultura, Deportes e Xuven-tude organizou unha excursión o día 2 de outubro á Mariña Lucense, visitando na lo-calidade de Cervo, a fábrica de Sargadelos e o Museo do Mar; xantar na Finca Galea de Alfoz e visita á Fortaleza de Frouxeira, o Castro de Fazouro e para finalizar visita á localidade de Ribadeo coa súa fermosa praia das Catedrais.

En la TERRA CHÁ, el municipio de Castro de Rei se caracteriza, como sucede en toda la comarca por una variedad paisajística de gran interés, pla-nicies, lagunas, extensos humedales que sirven de cobijo para numerosas aves acuáticas.Sin olvidar a Riberas de Lea, centro comercial e in-dustrial del municipio, con su parque empresarial, industrias importantes relacionadas con el sector agro-ganadero, Castro de Rei ofrece al visitante un bello entorno natural, convirtiéndose mas bien en un lugar residencial para ver y desear, posee idílicos parajes, rutas de senderismo y buen patri-monio artístico diseminado por todo el municipio.En el siglo XVI fue levantado el castillo de Castro de Rei, que le dio nombre, blasón y escudo a la villa.El castillo, que con el núcleo de población, estuvo rodeado de murallas, se conservó en pie hasta 1941, año en el que desapareció. El alto-nazo en el que se halla el núcleo primitivo de la villa fue un castro rodeado por los ríos Azúmara y Toreneiros, conserva restos de las antiguas de-

fensas del castro y de la fortaleza. Con fecha 4 de Febrero de 1971 fue declarada conjunto histórico y paraje pintoresco.Son numerosas las mámoas, medorras,antas con o sin dolmen interior, todas ellas de 4000 a 5000 años, situadas en zonas como Rozas, Loentia, An-semar, Ribras de Lea (en el limite con Otero de Rei), y en otras parroquias allanadas a consecuen-cia de trabajos agrícolas.Existe una gran cantidad de castros que dan nom-bre a villas, parroquias y lugares, procede citar los Castros de Duarria, Azúmara, Bazar, Outeiro, el propio de Castro de Rei, croas de Goberno, Loen-tia, rodela en Balmonte, la Escrita en Sta. Leocadia identificada por algunos historiadores con el Mon-te Medulio, en cuya cima fue contruido en 1931 un monumento al Sagrado Corazón de Jesús, y más tarde un vía crucis desde la iglesia parroquial al monumento.Al hablar de patrimonio arqueológico estamos a citar el Castro y museo de Viladonga, considerado

emblema de este municipio. No podemos olvidar el hermoso puente Duarria, por el que debía de pasar una vía Romana que iba de Lucus Augusti a la costa.Castro de Rei posee también un rico patrimonio de arquitectura civil, colexio Duancos (Duancos), pazo Señores de Perejón (Mondriz), casa de Ancado( Mondriz), casa de Sanxurso (Mondriz), las Lombas (Loentia), o Corral e casa Portas (Azúmara), Fon-tixón, Casa de Outeiro (Ramil), da Torre (Balmonte), Granda, Aguiar e do Pacio8Bazar), Cornide e Porto Bexán (Bendia), Rey-Stolle y casa de Mon (Coea), Tormentosa(Duarria), Francos (Goberno), casa de Arrois o de los Montenegros, Texeda e Reboleiras (Mos), Quiñoá (Orizón), Villamarin (Coto de Á), Fon-telaxe, Agueiros, Torre de Seivane e Casa Plácido (Castro Riberas de Lea); casa cuartel de la milicia para albergar tropas durante la guerra Carlista (Prevesos). La casi totalidad de los citados edifi-cios poseen hermosos escudos y fueron construi-das la mayoría de ellos en los siglos XVIII y XIX.

Escolas Deportivas e Acti-vidades Culturais 2011/12Dende a Concellería de Cultura, De-portes e Xuventude programáronse as seguintes actividades cultu-rais e deportivas para o curso 2011/2012:Adultos- Aerobic (incio 4 de outubro)- Pilates- Tenis- Pintura ao óleo- Teatro- Informática- Internet- Memoria- Cine-fórum- Tardes de lecerNenos/as- Taekwondo- Fútbol-sala- Tenis- Patinaxe- Multideporte- Axedrez- Instrumentos tradicionais Galegos- Baile galego- Manualidades- Obradoiro de Inglés- Apoio escolar- Apoio inglés- Informática- Cine-fórum- Teatro- Tardes de lecer

I Edición do Magosto de Be-gonte o día 5 de novembro

Organizado polo concello e pola Asocia-ción Nais e Pais Picaros, comenzou ás 16h30, preto de 80 nenos disfrutaron dos xogos e dos inchables, ademáis dunha merenda de chocolate con churros e cas-tañas, dentro do magosto infantil.Xa pola noite celebrouse o magosto popular cun gran éxito de participación dos veciños do concello, que puideron disfrutar dunha merenda cea con em-panada, liscos e chourizos á parrilla, pan, viño, cervexa, castañas e café.Despois, ata cerca da 1h da mañá, baile e animación co Dúo Kalima, que fixo que todos os veciños e veciñas de Begonte, ríran e bailaran ó ritmo da música.

magosto infantil

magosto popular

Page 8: Terra Cha 38

8 A Terra Chá Naturalmente / Decembro 2011

56

7

8

9

1 2

���������������

�������������������

�����������������

��������� ���������

���������������

����������������

�������������������

������������������

��� � ����������� � � � � � � �   ��­��

57

21

3

9

6

Page 9: Terra Cha 38

9Decembro 2011 / A Terra Chá Naturalmente

3

4

���������������

�������������������

�����������������

��������� ���������

���������������

����������������

�������������������

������������������

��� � ����������� � � � � � � �   ��­��

9

84

Page 10: Terra Cha 38

10 A Terra Chá Naturalmente / Decembro 2011

Concello de Cospeito

As Festas en CospeitoEn Cospeito ten lugar unha serie de festas, entre as que se pode destacar:• Festa da Filloa de Muimenta, cele-

brada o 1 de maio.• Romaría de San Paio dos Redos,

celebrada na parroquia de Sistallo sobre o 10 de xullo de cada ano.

• Festa da Muller, na parroquia de Xustás, sobre mediados do mes de Agosto.

• Festa do Veciño de Bexán, no mes de abril.

• Festa do Río, celebrada en Muimen-ta o 1º fin de semana de setembro.

• Festa do Lume novo de Sisoi.• En cada parroquia do Concello ce-

lébrase ademáis unha ou varias festas ó longo do ano

Lugares a visitarAntenasNas localidades de Arneiro e Mo-mán (Cospeito) existen unhas ruinas militares de gran atractivo turístico. Trátase de 3 altas antenas entre as que media a mesma distancia. Xunto á antena central (Arneiro) atópase a estación de control e edificios que se adicaban á vivenda.

MuiñosÓ longo das parroquias que compo-ñen o noso Concello existen unha gran variedade de muiños, que son reflexo da nosa cultura. Estes muiños acadaron no pasado un importante protagonismo, situados no curso prá-cido e tranquilo dos ríos, curso dela-tado por un horizonte prolongado de praderías, carballeiras e fragas.• Os máis importantes destes muiños

son:• O muiño do Castro en Sistallo, mui-

ño do Bao en Cospeito, muiño de Ribeiroa en Vilapene, muiño de San Roque en Arcillá, muiño de Támoga, muiño de Riba da Insua en Roás, muiño de Cerracín en Xermar, mui-ño da Pesqueira en Xustás, os mui-ños de Frouseiro, Peteira, Guisande e Villagal en Goá, Pino conta con 6 muiños: o muiño de Salgado ou de Reás, o de Teixido, o de Farruco, o de Fulieiro, o de Adrián e o da Ca-siña

GastronomíaNo Concello de Cospeito, ó igual que no resto dos Concellos chairegos

existe unha variada e rica gastrono-mía, contando cuns platos típicos ga-legos elaborados de forma exquisita polos distintos restaurantes e casas de comidas da nosa localidade.Promovidas dende o propio concello, contamos con diversas degustacións de productos típicos, como sucede coa degustación na época da matan-za, de productos do porco, coincidin-do coa famosa feira do porco da ceba. Pero tamén temos a degustación da filloa na festa da Filloa de Muimenta, ou a posiblidade de saborear o pulpo á feira en calquera das feiras que se celebran en Cospeito.Estas exquisiteces para o paladar pó-dense degustar nos restaurantes da comarca.

RutasNunha visita ó Concello de Cospeito pódense elexir numerosas rutas para gozar das súas magníficas fermosu-ras, entre estas rutas destacan:Visita á Lagoa de Cospeito: Entorno a este maravilloso humedal existe unha ruta de sendeirismo que tanto se pode realizar a pé ou en bicicleta, e na que se poden facer diversas pa-radas para observar as aves da Lagoa nos miradores que se atopan ó seu arredor. No caso de querer interesar-se en información sobre estas aves pódece facer unha parada no Centro de Interpretación no que o concello ten un guía municipal especializado nesta información. Se a ruta se que-re facer de forma máis longa póde-se partir dende a Feira do Monte por un camiño empedreado que nos leva directamente ata o Centro de Inter-pretación. Visita ás maravillas arqui-tectónicas do noso Concello: Pódese partir dende a Torre de Caldaloba, sita na parroquia de Pino, parte conser-vada dunha antiga fortaleza medieval. Accédese a ela por unha ruta de sen-deirismo a pé.Tras observar este castelo, a pou-cos metros temos enfrente o Pazo de Caldaloba, un pazo espectacular cunha capela fundada en 1685 por D. Rodrigo Montenegro, actualmente en propiedade particular. Estas dúas construccións distan moi poucos me-tros da estrada que une Rábade con Vilalba. Nesta visita arquitectónica cómpre facer un alto ante o Pazo de Sista-

llo, construído polo arquitecto Salero Meizo, por encargo de Fernando Ver-des de Montenegro, fillo do Cabalei-ro Irlandés O ´Shea.Ten uns xardíns cunha beleza impresionante, está na estrada de Cospeito a Vilalba, a uns 3 quilómetro do Pazo de Caldaloba. Pero neste recorrido tamén se poden visitar outros pazos existentes no noso Concello e de gran importancia como son os pazos de Barreira e Pu-mares.Observase polo tanto como nun espa-zo de poucos quilómetros temos unha gran variedade de xoias arquitectóni-cas para visitar.Visita á arquitectura relixiosa: En tó-dalas parroquias do noso Concello se conta cunhas igrexas que datan dun-ha época pasada, cunhas estructuras espectaculares.Así pódese facer un percorrido polas distintas igrexas que datan de séculos como o s. XV, XI, XII, …, así como as grandiosas cruces feitas en cantería que locen nalgúns cemiterios como por exemplo o de Seixas. Visita ós muiños: En Cospeito atopamos unha serie de muiños ó longo de tódalas parroquias. Así en parroquias como Pino existen unha gran variedade de muiños, algúns deles nun estado de conservación moi bo. Pois ben unha ruta interesante e bonita para facer en bici pode ser un percorrido polos distintos muiños a través dos sendei-ros que levan a eles.Ruta do Río Támoga: Esta ruta ten unha lonxitude aproximada duns 17 quilómetros, e parte dun entorno na-tural excepcional como é a Lagoa de Cospeito, discurrindo por camiños existentes próximos ós marxes do río, que forman parte da rede de ca-miños do Concello de Cospeito. Esta ruta atópase en fase de recuperación, para facilitar o tránsito peatonal, para o que xa existen obras adxudi-cadas. Esta ruta pasará polo núcleo de Támoga e introdúcese no concello de Begonte por camiños existentes no marxe dereito dos ríos Támoga e Miño, ata chegar á illa de San Roque onde concluiría a actuación de recu-peración. Ó longo desta ruta pódese observar a beleza de gran cantidade de caneiros, muiños e fontes; ruta que remata na desembocadura do Támoga no Miño, uníndose á Ruta do Miño.

Coñece Cospeito

Page 11: Terra Cha 38

11Decembro 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Concello de Guitiriz

Belén de NadalO Concello de Guitiriz acolle na planta baixa da Casa Consistorial un Belén artesanal feito en ganchillo polo taller solidario de Cáritas. Ache-gádevos a velo!!!.

Reparto de calendarios 2012O Concello de Guitiriz aga-salla aos seus veciños/as con calendarios do 2012. Todos os que o desexen poden pasar a recollelos na Casa Consistorial, en Parga no Centro de Saúde e nas igrexas parroquias do municipio.

Actividades de NadalO Concello de Guitiriz organiza actividades para os nenos/as durante as vacacións entre os que destacan a viaxe a patinar, a Xuvenlugo, Ludo-teca...

›› Novas do concello

O pasado 4 de novembro celebrouse a V Edición da Gala do Deporte, na que o Concello de Gui-tiriz quixo premiar a todos aqueles que fomentan a actividade deportiva, xa fose no pasado ou na actualidade, cas novas promesas que veñen pi-sando forte, e que sitúan a este pequena vila no mapa pola cantidade e calidade a nivel deportivo.

Esta edición contou coa presenza do ex porteiro Agustín Elduayen que militou no Deportivo da Coruña e incluso chegou a vestir a camiseta nacional. Tamén estiveron presentes o Presidente do CD Lugo y del Azkar respectivamente, José Bouso e Manolo Vázquez respectivamente.

No ámbito político, destacou a presenza de Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Manuel Rozas, Xefe de Servizo da Secretaría Xeral para o Deporte en Lugo, Xosé Mª Teixido Alcalde de Guitiriz, e Ana Broz Concelleira de Deportes.Manolo Martínez, técnico de deportes do Concello foi o encargo de conducir o evento no

que se recoñeceu a a máis dun centenar de persoas relacionadas co deporte local. Ó finalizar a entrega de premios levaronse a cabo varios sorteos entre os que destacaban as camisetas do Breogán, Azkar y CD Lugo, así como un fin de semana no Hotel Balneario de Guitiriz.

Celebración da Gala do Deporte

Page 12: Terra Cha 38

12 A Terra Chá Naturalmente / Decembro 2011

Concello de Muras

MERCORES 4 DE XANEIRO

“Imos patinar”

para nenos/as e mozos/as a partir de 4 anos. A saída será do Campo da Feira ás 10:00 e regresaremos sobre 13:30 do mediodía.O prezo será de 3.50 € por persoa.Nº prazas: 50Prazo de Inscripción: ata o 29 de decembro.

Actividades Nadal 2011/12

“Ludoteca de nadal”

na Casa Habanera de 16:00 a 19:00 horas da tarde. Para nenos/as de 3 a 8 anos. Faremos xogos e diferentes obradoiros temáticos. Os/as nenos/as poderán levar algo de merenda se o desexan.Prazo de inscripción:ata o venres 23 de decembro

XOVES 29 DE DECEMBRO

“Viaxe a Xuvenlugo”

para nenos/as de 4 a 12 anos. Sairemos do Campo da Feira ás 16:00 e regresaremos ás 20:30. Esta actividade será gratuíta todolos nenos/as deberán levar algo de merenda.Nº prazas: 50Prazo de inscripción:ata completar plazas.

MARTES 3 DE XANEIRO

“Tarde de cine”

para nenos/as de todalas idades. Na Casa Habanera ás 17:00 horas. Esta actividade é gratuíta.

El patrimonio eclesiástico del municipio de Muras se encuentra representado por la iglesia parroquial de Silán, bello ejemplar de una sola nave rectangular con pórticos en la fachada y en la puerta septentrional, pres-biterio reducido y sacristía con campanil en el alero y campanario de espadaña del año 1859. En el interior, el retablo principal es de estilo neoclásico con resabios de estilo roco-có, y los dos laterales con estípites, de me-diados del siglo XVIII. Igualmente destaca una cruz parroquial de plata con alma de madera, realizada por Diego López de Lobera, del ta-ller mindoniense, en el año 1697. Asimismo, dentro del término parroquial está la capilla de San Tirso, de planta rectangular con cu-bierta de madera a tres vertientes, construida a finales del siglo XVIII.En la entidad de Santa María de Viveiró tene-mos un templo parroquial que sigue la estruc-

tura de las edificaciones religiosas de la zona: dos naves comunicadas por arcos, presbiterio de arco triunfal y sacristía a la cabecera. Lo más característico reside en el pórtico, cerra-do con un muro muy robusto que soporta la espadaña y las escaleras de acceso.En su interior, tres retablos, salomónico el mayor y neoclasicistas los laterales. Dentro de la imaginería destaca una talla de San-ta María, de tradición románica, sedente, y con el Niño sobre la rodilla izquierda. En la feligresía de Santa María do Burgo tenemos un templo parroquial con retablos barrocos y neoclásicos y, en la parroquia de Vivei-ró encontramos una iglesia parroquial con elementos arquitectónicos románicos e imá-genes de tradición gótica. Finalmente, en el apartado religioso nos encontramos con la iglesia de Santa María da Balsa cuya cons-trucción, iniciada en el siglo XII y finalizada

en el XIII, conserva rasgos góticos y renacen-tistas. La arquitectura civil tiene en la Torre de Silán (siglo XV) y en la fortaleza de Muras (siglo XII) sus máximas representaciones.Iglesias: Balsa, Burgo, Irixoa, Silán, Sixto y Viveiró.Capillas: San Tirso (Silán); San Blas do Perei-ro (Viveiró); Ermitas de Nogueira, do Socorro (Sisto) y Carelle.Casas-Pazos y Torres: Torre de Silán, Torre de la iglesia de Muras.

El patrimonio eclesiástico de Muras

MARTES 27 DE DECEMBRO

As inscripcións entregaranse no concello

Page 13: Terra Cha 38

13Decembro 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Concello de Vilalba

A pegada da arquitectura relixiosa no Concello de Vilalba é notoria, sometida en moitos casos ao devir do tempo, que foi deixando numerosos cambios nos diferentes edificios espallados pola xeografía vilalbesa.

De Vilalba a CodesidoIgrexa parroquial Santa María de VilalbaComezamos o percorrido na capital do municipio, onde atopamos a igrexa parroquial de Santa María, sita na praza do mesmo nome. O actual edificio ven a substituir o antigo templo de trazado románico. Levantada na segunda metade do século XIX, débese a súa reconstrución a Manuel Mato Vizoso segundo el a coñeceu sendo neno.Cara o sur, seguindo a estrada que leva a Lugo e unha vez cruzado o río Fabilos, chegamos á igrexa parroquial de Noche, en advocación a San Martiño. Trátase dun templo de arquitectura moderna, pero que conserva unha cruz de plata de finais do século XVII.Rumbo oeste atopamos a veciña parroquia de Oleiros, onde se sitúa o templo parroquial que rende culto a San Mamede. A igrexa data so século XVII e no seu interior atopamos un retablo barroco e varios neoclasicos.

Igrexa parroquial San Cosme de NeteLindando ao sur está Nete, parroquia que posúe unha igrexa en advocación a San Cosme. O templo data do século XVII, con planta en forma de cruz latina e campanario de dobre vano, ao que se accede polo interior da parede a través dunha escaleira de caracol.

Na vciña parroquia de Ladra, a igrexa parroquial de San Salvador conserva no seu interior retablos de estilo salomónico e neoclasicistas. Un pouco máis ao oeste, na parroquia da Torre, sitúase a capela de San Nicolás, sita nas inmediacións do castro que lle dá nome. A ermida foi asentada sobre unha pena de catro metros, polo que o acceso a ela faise a través dunhas escaleiras.Dirección noroeste chegamos á igrexa de San Martiño, na parroquia de Belesar. O templo, orixinario do 1608, garda no seu interior un retablo do século XIX.

Igrexa parroquial de CodesidoNa parroquia limítrofe de Boizán visitamos a súa igrexa parroquial, construida no século XVI, aínda que con reformas posteriores. Na construción destacan varios canzorros xeométricos sitos no beirado, así como un pórtico cuberto pola parte sur da nave e un campanario con dous vanos na fronte.Pola estrada de Momán e collendo en Portocelo a de Belesar, chegamos a , onde atopamos a igrexa parroquial de San Martiño. O templo custodia unha cruz procesional, un cáliz do século XVII e tallas do século XVII. O seu atrio data de 1889 aínda que foi reformado no 1923. Seguindo a mesma estrada de Momán, atopamos Codesido e o seu templo parroquial e, ao seu carón, o cemiterio onde destacan unhas curiosas inscricións.

De Goiriz a San Lourenzo de ÁrbolIniciamos a andaina na parroquia de

Goiriz, a onde chegamos dende Vilalba pola estrada que vai a Mondoñedo. Alí visitamos o conxunto de igrexa parroquial e cemiterio, a primeira de estilo barroco rural, moi característico da comarca chairega. O segundo data de principios do século XX, onde pode observarse nos panteóns a mestría dos canteiros de Román, artesáns da pedra que souberon unir nestas construcións as tradicións barrocas en pequenas columnas cos remates neogóticos.

Igrexa de San SimónRumbo noroeste avanzamos cara Lanzós, onde se sitúa a capela de San Andrés, de grande sona no lugar pola devoción dos veciños ao santo, ao que lle piden polos seus defuntos.Máis ao norte, na parroquia de Vilapedre, atopamos nas súas terras a igrexa parroquial de San Mamede, construida no século XVI e que alberga retablos dos séculos XVII e XVIII.Na veciña parroquia de San Simón da Costa sitúase o templo considerado “a catedral da Terra Chá” polas súas dimensións. Sito no lugar do Valado, a igrexa foi construida

entre os anos 1802 e 1804 en substitución do antigo santuario que había no mesmo lugar.O camiño de descenso lévanos a Samarugo, parroquia que posúe unha igrexa levantada en diferentes épocas: a nave data do século XII, a súa ampliación do XVI e a fachada principal do XVIII. No interior atópase o sepulcro do que foi señor de Samarugo, Antonio Pardo Osorio, soterrado no ano 1601, así como o retablo maior, da época moderna e procedente da catedral de Mondoñedo.Lindando ao sur atópase Corvelle, cunha igrexa parroquial que rende culto a San Bartolomeu. O templo ten similar estilo arquitectónico ao de Santa María de Vilalba, con extenso e rico igrexario e boa casa reitoral.Igrexa parroquial de Santa María de CarballidoDo outro lado da estrada a Mondoñedo sitúase a igrexa parroquial de Santa María de Carballido, construida entre os séculos XVII e XVIII e ampliada a principios do XX. Na porta de entrada pódese ler un cartel que reza “Iglesia de refugio, año 1773”. Destaca asemade o campanario separado do templo,o atrio murado e unha pequena capela rectangular, hogano en desuso.Para rematar o percorrido polas construcións relixiosas de Vilalba, visitamos o templo parroquial de San Lourenzo de Árbol, levantado no lugar de Espiñarido aló polo século XVIII. Destaca no seu atrio o cemiterio, con panteóns neogóticos de granito, típicos da Terra Chá.

Muíño do RañegoFroito da tradición agrícola da comarca chairega e do cultivo de cereais en especial, xurden construcións da arquitectura popular tales como o muíño do Rañego, sito na beira do río Ladra e reconstruído recentemente, e o cabazo de Portocelo, situado na parroquia de Distriz.Trátase este último dun celeiro de nova construción, de planta circular, paredes de mimbre e palla trenzada e cuberta cónica do mesmo material. O seu levantamento veu motivado polo obxectivo de recordar os cabazos (ou canastros) que se vían antano nesta zona da Terra Chá.

As Cruces VilalbesasCruceiro de Lanzán (parroquia de Tardade)A cultura popular e a mestría dos canteiros da zona deixaron en Vilalba unha fonda pegada de cruceiros nos camiños e atrios do municipio.Por riba de todos destaca o de Lanzán, sito na parroquia de Tardade, por ser unha das cruces máis decoradas de Ga-licia. Realizado en granito no ano 1906, na súa base conta con varios releves entre os que

se pode observar a San-tiago Matamouros e San Roque. O fuste, que porta os elementos da Paixón, ten ao seu pé unha figura do Ecce Homo. Xa no ca-pitel aparecen dúas imaxes franqueando a Cristo cru-cificado e na parte supe-rior móstrase o conxunto da Piedade.No centro de Vilalba atopa-mos o cruceiro dos Catro Camiños, cruz de granito á que se honra todos os

anos coa “Festa do Cristo”, celebración na que os veciños a decoran con flores. Data do 1874 e nel está a figura de Cristo no anverso e a da Dolorosa no reverso.Zarrapicados polos atrios das distintas igrexas parroquiais e nalgún que outro cruce de camiños atopamos o resto de cruceiros vilalbeses, como o de Nete, Codesido, Gon-daísque, Santaballa, Xoibán e San Simón. Este último destaca por ser unha das cruces máis antigas da zona, con data do 1793 tal e como consta na súa inscrición. Chama a atención na basa o altar ou pousadoiro de féretros e imaxes, utilizado antano para a celebración de misas no exterior.

Descubre Vilalba Patrimonio CulturalA arquitectura popular

Un percorrido pola arquitectura relixiosa

Cruceiro de Lanzán (Tardade)

Igrexa de San Simón

Page 14: Terra Cha 38

14 A Terra Chá Naturalmente / Decembro 2011

Concello de Xermade

Carreira Popular

Pino da Igrexa

I Raid Xermade

I Festa das MigasI Raid XermadeIV Xornadas da Carne ó Caldeiro

IV Xornadas da Carne ó Caldeiro

I Raid Xermade

Page 15: Terra Cha 38

15Decembro 2011 / A Terra Chá Naturalmente

IV Xornadas da Carne ao Caldeiro – Ternera GalegaNo mes de marzo, polo San Xosé, tiveron lugar as IV Xornadas da Carne ao Caldeiro-Ternera Galega en Momán. O pregoeiro deste ano foi Fernando Amarelo de Castro, ex secretario xeral de emigración da xunta de Galicia, Aproximadamente por esta data terán lugar as V Xornadas no 2012.

I Festa das Migas con Touciño e Chourizo e Conmemoración dos 100 Anos do Pino Da Igrexa Este ano celebramos os 100 anos do Pino da Igrexa de Sta. María de Xermade e para festexalo fixemos a I Festa das migas con touciño e chourizo.

Para este ano 2012, intentando consolidar a cita de carácter gastronómico, no mes de xuño celebraranse as II Festa de..., deixamos a incógnita para máis adiante

XVIII Festa dos Callos, en Roupara mediados de maio, en San estevo de Roupar (Xermade)

III Festa da Paellaa comezos de maio en Momán (Xermade)

Festa dos Maioresque se celebra no mes de agosto, no pavillón de Xermade

XVII Festa das Setas na Carballeira do CampoA festa das setas de Roupar acadou a súa décimoséptima edición lastrada por un pési-mo ano para a produción, o que obligou aos promotres a reducir as setas utilizadas para a preparación dos pratos a unha soa especie, boletus, xa que a maioría das setas que naceron son setas de fraga e non de piñeiral.

Esta cita anual no Concello de Xermade repetirase para o vindeiro 2012 no terceiro fin de semana do outono, esperando un mellor ano para este produto.

Eventos gastronómicos

Carreira Popular

Carreira Popular

Carreira PopularI Raid Xermade

Page 16: Terra Cha 38