Transformacións productivas na agricultura galega contemporánea.

460
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DEPARTAMENTO DE HISTORIA CONTEMPORÁNEA E DE AMÉRICA Transformacións productivas na agricultura galega contemporánea. Da Agricultura Orgánica á Revolución Verde (1752-1986).Unha aproximación a partir das macromagnitudes. Autor: David Soto Fernández Directores: Lourenzo Fernández Prieto e Xesús Leopoldo Balboa López TESE DE DOUTORAMENTO COMPOSTELA SETEMBRO DO 2002

Transcript of Transformacións productivas na agricultura galega contemporánea.

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

DEPARTAMENTO DE HISTORIA CONTEMPORÁNEA E DE AMÉRICA

Transformacións productivas na agricultura

galega contemporánea.

Da Agricultura Orgánica á Revolución Verde (1752-1986).Unha

aproximación a partir das macromagnitudes.

Autor: David Soto Fernández

Directores: Lourenzo Fernández Prieto e Xesús Leopoldo Balboa López

TESE DE DOUTORAMENTO

COMPOSTELA SETEMBRO DO 2002

2

3

A miña familia que a animou Aos meus amigos e amigas que a soportaron

4

5

“Las únicas cifras fiables son las que se refieren a las fechas”

Carlo M. Cipolla Allegro ma non troppo, Critica, Barcelona,2001, pax. 45

6

7

ÍNDICE

Agradecementos. 11 Introducción. 13 I. O cambio antes do cambio. Evolución productiva da Agricultura Orgánica e a configuración do Sistema Agrario contemporáneo (1750-1900). 21 I.1-Perspectivas historiográficas da evolución productiva da agricultura de Galicia no século XIX. 23 I.1.1. O atraso agrario no século XIX. 24 I.1.2. Visións alternativas. A incapacidade de transformación da pequena explotación en cuestión. 27 I.2-Condicionantes medioambientais do cambio agrario en Galicia 31 I.2.1. Galicia no contexto español. O carácter atlántico. 32 I.2.2. O marco físico do noroeste. Limitacións para a transformación agraria. 35 I.3-A información estatística sobre o crecemento da agricultura, 1750-1900 43 I.3.1. Fontes directas e indirectas para o cálculo producción agraria. 43 I.3.2. Problemas e posibilidades do catastro de Ensenada para estimar a producción agraria. 46 I.3.3. Evolución da producción agraria 1752-1900. Valoración dos cambios. 49 I.4-Transformacións na agricultura. A intensificación das rotacións de cultivos e a creación de prados. 57 I.4.1. Os grandes espacios rexionais do agro galego. 59 I.4.2. As rotacións no ámbito do regadío. 60 I.4.3. As rotacións no ámbito do sequeiro. 64 I.5- O papel do monte e a súa evolución. 69 I.5.1. A funcionalidade do monte. 71 I.5.2.Transformacións nos usos do monte no século XIX. 76 I.6- Formación e dinámica do sistema agrario. 85 II. A aplicación da ciencia á agricultura orgánica (1900-1936). Posibilidades e límites dun desenvolvemento endóxeno. 89 II.1. A crise agraria finisecular, a segunda revolución agrícola e a pequena explotación. Algunhas cuestións de partida. 91 II.2. A construcción dunha estatística agrícola moderna en España. 99 II.2.1. A Construcción Da Estatística. Antecedentes e regulamentos. 99 II.2.2. Os problemas de obtención dos datos. O caso galego. 102 II.2.3. Valoración global das estatísticas. 112

8

II.3. Evolución dos cultivos do labrado. 115 II.3.1. As series de superficie. análise interna 116 II.3.2. As series de rendementos e producción. 126 II.4. Os cultivos localizados. Viñedo e horta. 137 II.4.1. O viñedo. 137 II.4.2. O cultivo de horta. 147 II.5. As dificultades estatísticas para a análise da gandería 155 II.6. Os usos do monte. A insuficiente información estatística. 167 II.6.1. As dificultades para construír unha estatística do monte. Os montes de Utilidade Pública. 167 II.6.2. As dificultades para construír unha estatística do monte. As cifras da JCA. 173 II.6.3. Cambios nos usos do monte. Fertilización. 178 II.6.4. Cambios nos usos do monte. Diversificación productiva e o comezo da alternativa forestal. 181 II.7. Reconstrucción das macromagnitudes agrarias. 185 II.7.1. Estimación da superficie cultivada e da producción. 185 II.7.2. Límites da reconstrucción das macromagnitudes agrarias. Análise da súa evolución. 197 II.8. A aplicación da ciencia á agricultura orgánica. Novos instrumentos para vellas tendencias. 209 II.8.1. As vías do cambio técnico. O marco comparativo có Estado. 209 II.8.2. As novas tecnoloxías e o contexto preexistente. 212 III. O primeiro franquismo. ¿Paréntese ou ruptura? 217 III.1. Vinte anos perdidos para a agricultura galega. 219 III.2. As estatísticas agrícolas no primeiro franquismo. 221 III.2.1. Problemas das estatísticas agrícolas no primeiro franquismo. 221 III.2.2. O sistema de cultivos. 225 III.2.3. Magnitude e duración da ruptura da posguerra á luz da evolución da agricultura. Rendementos, producción e productividade da terra. 236 III.2.4. Crise da fertilización química na posguerra. 253 III.3.A gandería entre a crise e a especialización. 261 III.3.1. As estatísticas gandeiras. Censos gandeiros e estatísticas de producción. 261 III.3.2. As consecuencias da Guerra Civil. 264 III.3.3. A producción gandeira. Carne e leite. 266 III.3.4. O novo entramado institucional e a mellora das razas bovinas. 271 III.4. O monte no cerne da crise. 275 III.4.1. A política forestal e os aproveitamentos tradicionais. 275 III.4.2. Posibilidades da estatística forestal no primeiro franquismo. 278

9

III.4.3. A repoboación forestal e o seu impacto sobre os aproveitamentos labregos. 287 III.4.4. Conflictividade social en torno á repoboación forestal. 296 III.4. O primeiro franquismo e a ruptura da lóxica do sistema agrario. 305 IV. A Revolución Verde (1960-1986). A desarticulación do sistema agrario, os límites e as consecuencias espaciais da modernización 309 IV.1- A Revolución Verde no agro. Caracterización xeral. 311 IV.2. Especialización gandeira e dependencia productiva. A evolución da producción e as macromagnitudes 1958-85. 317 IV.2.1. As cifras do Banco de Bilbao e do Ministerio de Agricultura. Comparación entre as dúas fontes. 317 IV.2.2. A especialización gandeira e o fracaso da base agrícola mercantilizada. A evolución da PFA. 320 IV.2.3. O cambio da base enerxética da agricultura e os límites da especialización. Os gastos de fora do sector e as amortizacións. 330 IV.2.4. O fracaso da agricultura como actividade económica. A evolución das macromagnitudes. 346 IV.2.5. A evolución da productividade da terra e do traballo. 347 IV.3. O carácter restrinxido espacial e dimensionalmente das transformacións. Evolución dos usos dos solo, 1962-1982. 355 IV.3.1. A evolución dos usos do solo. Plantexamento do problema. 355 IV.3.2. Os datos estatísticos, Os censos agrarios e a estatísticas anuais de cultivos. 358 IV.3.3. A evolución dos usos do solo no conxunto de Galicia. 362 IV.3.4. A evolución do monte. Árbores, incendios e parálise productiva. 367 IV.3.4. O carácter dimensionalmente restrinxido das transformación. Análise por grupos de explotación. 370 IV.3.5. O carácter espacialmente restrinxido das transformación. Análise provincial. 374 IV.4. ¿O monte é noso? O proceso de clasificación dos montes veciñais e as súas consecuencias productivas 378 IV.4.1. A opción gandeira e a opción forestal. O cambio de rumbo da administración forestal respecto á propiedade dos montes veciñais. 378 IV.4.2. A clasificación dos montes e a parálise productiva dos mesmos. Explicación das causas. 388 Conclusións. 395 Bibliografía. 399 Fontes estatísticas. 415 Fontes Impresas. 418 Revistas. 420 Arquivos. 421 Anexo Estatístico. 423

10

11

AGRADECEMENTOS A investigación que agora remata é debedora da colaboración entusiasta de un número inxente de amigos nos planos persoal e profesional. A todos eles vai adicada pero aquí é necesario dar conta da axuda prestada no ámbito académico. Con Afonso Sánchez Regueiro comecei xa fai sete anos a tarefa investigadora con traballos complementarios e pensados conxuntamente sobre o rural galego. Que esta tese sexa a primeira en ver a luz e só froito das circunstancias. En gran medida esta investigación é tamén súa. Con Pablo Viso, o meu incansable compañeiro de despacho rematou a tarefa de redacción. A el lle debo a cordura a través do humor. A miña formación como investigador e a realización de esta tese fíxose no marco de dous grupos de investigación. O primeiro de eles é o Grupo de Historia Agraria do Departamento de Historia Contemporánea e de América dirixido por Lourenzo Fernández Prieto. De el forman parte Aurora Artiaga, Xesús Balboa, Chus Baz, Ana Cabana, Migel Cabo, Anxo Collarte, Daniel Lanero, Eduardo Rico, Chus Souto e Moncho Veiga. O segundo é o Grupo de Estudio da Propiedade Comunal (GEPC) do IDEGA formado por Xesús Balboa, Begoña Besteiro, Xaquín Fernández Leiceaga, Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Jordán, Edelmiro López Iglesias e Pablo Viso. Da colaboración constante e da crítica sempre inmisericorde pero constructiva de estos compañeiros provén todo o positivo que se poida atopar nestas páxinas. Os meus compañeiros do GEPC facilitaron, ademais, a realización da tese ao liberarme de gran parte do traballo diarío durante a etapa de redacción. A todos os compañeiros do IDEGA e do Departamento durante estos sete anos débolles a amistade e a axuda prestada en todo o que necesitei. As seguintes persoas prestáronme a súa axuda proporcionándome textos inéditos ou criticando aspectos puntuais da investigación: Antonio Bernárdez, Francisco Díaz-Fierros, Anxo Fernández González, Domingo Gallego, Juán Pan Montojo e Raul Soutelo. Domingo Gallego proporcionoume xenerosamente as estimacións inéditas do GEHR da producción agraria en Galicia no primeiro tercio do século XX. Ao persoal dos arquivos e bibliotecas consultados teño que agradecer a axuda prestada. Eduardo Rico Boquete e Edelmiro López Iglesias tiveron un papel fundamental na definición da investigación e tamén leron e criticaron unha primeira versión da mesma. Con Lourenzo Fernández Prieto iniciouse no coñecemento do mundo rural este urbanita. O sentido común de Xesús Balboa impediu que a tese se convertera nun monstruo. Só unha pequena parte do meu agradecemento cara os dous é pola dirección.

12

13

INTRODUCCIÓN O obxectivo desta investigación son as transformacións productivas producidas na agricultura galega contemporánea, tanto no período dominado pola enerxía solar como fonte enerxética primaria (agricultura orgánica), como durante a Revolución Verde a partir da segunda metade do século XX e que se caracteriza pola substitución da enerxía solar polas enerxías fósiles como principal aporte enerxético da producción. A perspectiva de historia medioambiental adoptada pretende analizar as relacións de interacción entre o medio ambiente e a sociedade rural, fuxindo tanto da perspectiva determinista do medio ambiente como último eixo causal do desenvolvemento económico como da visión hixienista que busca no pasado precedentes da actual crise ecolóxica1. Pola contra entende as relacións entre medio ambiente e sociedade como un proceso de interacción onde os condicionantes medioambientais impoñen uns límites ao que se pode facer nun contexto tecnolóxico determinado (o que é válido para o sistema de aproveitamento a partir da enerxía solar como o da fósil), pero non presupoñen que a evolución productiva vaia necesariamente nunha dirección de crecemento económico continuado no aproveitamento máximo dentro deses límites nin impide tampouco que eses límites se sobrepasen causando unha regresión productiva. A tese pretende analizar o funcionamento é a dinámica do sistema agrario segundo os distintos contextos tecnolóxicos da Galicia contemporánea e explicar as transicións entre eles. Analizar a dinámica do sistema implica prestarlle especial atención aos cambios producidos na agricultura de base orgánica e parte por tanto da hipótese de que estes son o suficientemente importantes como para afectar ao funcionamento das explotacións familiares. Non partir de esta hipótese suporía simplemente cambiar a terminoloxía que caracteriza a agricultura familiar galega como tradicional por outro termo coas mesmas implicacións. Que a fonte enerxética dominante da agricultura galega ata os anos sesenta fose a solar non significa que non se producisen transformacións senón que estas se producen nun contexto tecnolóxico non dependente de enerxías fósiles e polo tanto que son moito máis lentas e difíciles de rastrexar, así como máis dependentes das limitacións medioambientais. A perspectiva medioambiental tamén nega o carácter unidireccional do desenvolvemento e, polo tanto, nega o suposto do crecemento económico continuado, polo que a introducción da Revolución Verde non se entende como un proceso dado e dependente exclusivamente das condicións estructurais e de mercado. Pola contra a evolución histórica da agricultura, neste caso da galega, condiciona de forma fundamental tanto o carácter da especialización como os límites do proceso de cambio. Esta perspectiva esixe necesariamente plantexar a investigación no longo prazo o que ten indudables defectos no que se refire á profundidade da análise, pero tamén vantaxes en tanto que permite establecer un marco de comparación cronolóxico. Na investigación actual sobre a agricultura da Galicia contemporánea o debate sobre a cuestión do atraso viuse substituído por unha división da investigación en compartimentos estancos cronolóxicos nos que por un lado sitúase a investigación histórica centrada na análise das transformacións socioeconómicas do primeiro tercio do século XX, e por outro a economía agraria que constata para a situación actual unha

1 Peter Sieferle, “Que es la historia ecológica”, en Manuel González de Molina e Joan martínez Alier (Eds.), Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, Madrid, 2001, pp.31-54.

14

agricultura en regresión con grandes problemas estructurais e de competitividade tanto por unha baixa productividade do traballo como por unha excesiva dependencia de inputs de fora do sector agrario2. Falta por explicar, dende a nosa perspectiva , a transición dunha a outra forma de agricultura, e esa é unha tarefa que necesariamente lle corresponde á Historia Agraria e á Historia Económica3. O elemento nuclear que está presente en toda a discusión sobre a evolución da agricultura galega contemporánea é o do papel da pequena explotación ou o que é o mesmo o funcionamento das economías de escala. Ata non hai moito tempo a visión dominante consideraba que a pequena explotación estaba peor preparada que a grande para respostar ao cambio tecnolóxico xa que os custos da introducción do cambio eran moito menores para esta. Para o período anterior á Revolución Verde (despois da 2ª Guerra Mundial) esta interpretación foi posta en cuestión en diversos traballos. Deixando de lado as investigacións sobre a cuestión en España e en Galicia, que serán tratados con maior intensidade no texto, o traballo principal sobre o tema é o de Niek Koning que analiza o papel da pequena explotación no século XIX e nos anos posteriores á crise agraria finisecular en Gran Bretaña, Alemania, Os Países Baixos e os Estados Unidos. A conclusión máis importante do seu traballo dende a perspectiva das economías de escala é que en ese momento histórico a maioría da oferta tecnolóxica dispoñible non implica a o funcionamento das economías de escala xa que son na súa maior parte tecnoloxías intensificadoras do uso da terra (sementes, fertilizantes, melloras biolóxicas do gando) e non tanto aforradoras de traballo (grande maquinaria)4. Fronte a esta situación a Revolución Verde vai supoñer un cambio substancial na oferta tecnolóxica, coa motomecanización como eixo central. A aplicación das economías de escala a esta etapa pódese matizar no senso de que melloras como as descritas para a etapa anterior poden ser adoptadas pola pequena explotación ou minimizar os custos da gran maquinaria mediante a adopción colectiva e a miniaturización. Pero estas posibilidades non supoñen unha refutación, senón só unha matización, da tese que sostén que na Revolución Verde son as explotacións que conseguen redimensionarse as que obteñen mellores resultados económicos5. Esta idea implica que, aínda que o proceso de introducción da enerxía fósil comeza antes dos anos cincuenta, é só despois de esa etapa cando o cambio tecnolóxico e o recurso masivo a 2 Para o primeiro caso Lourenzo Fernández Prieto (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000, aínda que comeza a estudiarse o período do primeiro franquismo sobre todo na política forestal e a evolución productiva do monte. Do segundo son un bo exemplo IDEGA, A Economía galega, Informes anuais, Fundación caixa Galicia, Santiago, dende 1986. 3 As dúas investigacións que dende a economía lle prestaron atención preferente á situación da agricultura galega no primeiro franquismo (Xosé Manuel Beiras, El problema del desarrollo en la Galicia rural, Galaxia, Vigo, 1967) e nos anos sesenta e setenta (Xosé Colino e Emilio Pérez Touriño, Economía campesiña e capital. A evolución da agricultura galega 1960-1980, Galaxia, Vigo, 1983) foron realizadas nun momento no que a investigación en Historia Agraria aínda estaba comezando e nos dous casos presupoñen unha situación de predominio da agricultura de autoconsumo para a etapa anterior á Guerra Civil polo que fallan na explicación do cambio. 4 The Failure of Agrarian Capitalism. Agrarian Politics in the United Kingdom, Germany, the Netherlands and the USA, 1846-1919, Routledge, Londres, 1994. 5 A mellor análise para Galicia de esta cuestión é a de Edelmiro López Iglesias, Demografía e estruturas agrarias. Análise da dinámica demográfica e das mudanças nas estruturas fundiarias da agricultura galega 1950-1993, Tese Doutoral, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela, Xuño de 1994, vols 1 e 2 inéditos e Edelmiro López Iglesias, Mobilidad de la tierra y dinámica de las estructuras agrarias en Galicia, MAPA, Madrid, 1996. Con un carácter máis xeral os argumentos ao respecto en 5 Marcel Mazoyer e Laurent Roudart, História das agriculturas do mundo. Do Neolítico à crise contemporânea, Piaget, Lisboa, 2001

15

inputs de fora do sector implican un cambio da base enerxética da agricultura. Por outra banda as matizacións indicadas son importantes para analizar o proceso de cambio nas zonas dominadas pola pequena explotación, xa que se trata de ver en que medida son aproveitadas esas posibilidades ou non, o que é central para entender o impacto da Revolución Verde. A última consecuencia do dito son os resultados económicos do cambio da Revolución Verde. Un paradoxo da modernización na agricultura contemporánea é que o período de maior transformación técnica e estructural coincide có do seu fracaso como actividade económica. Neste proceso incide o comportamento dos prezos, con unha caída relativa dos prezos da agricultura e a consecuente perda do peso da renda agraria no conxunto da economía e da renda por activo o que obriga aos agricultores a depender cada vez máis de subvencións, subsidios ou traballos fora do sector6. Partindo da investigación realizada sobre a evolución da agricultura galega partimos da separación en catro períodos distintos na evolución da base enerxética da agricultura galega contemporánea, que coinciden tamén con catro períodos claramente diferenciados dende o punto de vista económico, social e político. Son os seguintes:

1) A evolución productiva da agricultura orgánica e a configuración do sistema agrario contemporáneo (1750-1900). Neste período a fonte enerxética exclusiva é a enerxía solar, confórmase o sistema agrario característico da agricultura galega contemporánea definida polas relacións de complementariedade entre unha agricultura intensiva no uso da terra pero de escasa importancia cuantitativa no espacio, uns aproveitamentos gandeiros, sobre todo do vacún, sostén económico primario das explotacións familiares e elemento principal das relacións co mercado, e uns espacios a monte que ocupan a abrumadora maioría da superficie, pero que non por iso están desaproveitados, senón que dadas as limitacións medioambientais xogan o papel de asegurar a continuidade do sistema productivo e marcan as súas posibilidades de transformación. Analizaremos a conformación do sistema e a súa funcionalidade, máis non con unha vocación estructural e polo tanto estática, senón tratando de definir as vías de transformación (endóxenas) e os seus resultados económicos, establecendo, na medida do posible as comparacións pertinentes con outros espacios agrarios.

2) A aplicación da ciencia á agricultura orgánica (1900-1936). A crise agraria

finisecular vai provocar unha sería de cambios de consideración nos factores que inciden na capacidade de adaptación da agricultura familiar ao capitalismo. A propietarización dunha maioría do campesiñado, a conformación do asociacionismo labrego e o proceso de difusión dun conxunto de elementos tecnolóxicos novos son factores, moi estudiados en Galicia, que nos obrigan a considerar este período como separado do anterior. É unha etapa na que o contexto tecnolóxico varía pero a hipótese que plantexamos é que non o suficiente para considerar que cambia o paradigma enerxético da producción. Estamos aínda na agricultura orgánica pero con aplicación da ciencia “letrada”. Trátase de establecer os resultados económicos desta nova etapa, definindo os elementos novidosos dos que proceden de tendencias anteriores e sinalar os

6 José Manuel Naredo, “Sobre el declive de la producción agraria en la economía de la sociedad rural”, en José Manuel Naredo, La evolución de la agricultura en España (1940-1990), Universidade de Granada, Granada, 1996.

16

cambios nas funcións da triloxía caracterizadora do sistema agrario, agricultura-gandería-monte.

3) A crise da agricultura orgánica. Atraso e formación da “agricultura tradicional”

(1936-1960). As consecuencias económicas da Guerra Civil e, sobre todo, do primeiro franquismo van supoñer unha ruptura no proceso de evolución na dirección intensificadora da producción. A parálise do entramado da innovación, tan efectivo a principios de século, a política forestal, e en xeral a política económica intervencionista do réxime dende o os prezos ata a producción van provocar unha completa parálise e incluso volta atrás nas tendencias de cambio sinaladas para o período anterior. Os resultados productivos desta regresión van ser profundos e duradeiros nalgúns sectores pervivindo ata principios da década dos sesenta. Os efectos da autarquía na agricultura galega van a ser, por tanto, maiores que para o conxunto de España onde na década dos cincuenta prodúcese unha recuperación das macromagnitudes económicas. A nosa hipótese é que este período marca algo máis que unha crise conxuntural, que da regresión técnica e productiva desta etapa provén voa parte da concepción posterior da historia da agricultura galega como “tradicional” e, salvo excepcións, estática (polo tanto este sería o verdadeiro período da chamada agricultura “tradicional” en Galicia), e que o estancamento productivo destes vinte anos serve para explicar tamén algunhas das características definitorias da adopción da Revolución Verde en Galicia, configurándose nestes anos o “fracaso” da microexplotación familiar.

4) A Revolución Verde (1960-1986): desarticulación do sistema agrario, límites da

modernización e diversificación estructural e espacial da adaptación. Os vinte anos de “posguerra agraria” en Galicia van pasar factura ao proceso de adaptación á Revolución Verde. Xeografícamente as provincias de Pontevedra e Ourense, máis afectadas pola expropiación de espacios a monte pola maior influencia da propiedade veciñal van a vivir con máis dificultade que as provincias do norte a modernización productiva. Ourense, a través do despoboamento, e Pontevedra, pola mínima dimensión das explotacións e o conseguinte desenvolvemento da agricultura a tempo parcial, sitúanse nestes anos nun contexto de desagrarización rápido e traumático. As outras dúas provincias van estar en mellores condicións para desenvolver a Revolución Verde a partir da ultraespecialización productiva nas produccións gandeiras. Outra disfunción do desenvolvemento da agricultura nestes anos e a diferenciación estructural. Van ser as explotacións de tamaño medio (máis abundantes no norte polo reparto de montes) as que desenvolverán máis eficazmente as transformacións. As consecuencias productivas destas disfuncións vense no feito de que, a pesar de que en termos absolutos crecen moito todas as macromagnitudes, nun contexto comparativo coa media española invértese a tendencia secular de maior crecemento das macromagnitudes en Galicia que no conxunto do Estado, sendo incapaz o novo modelo de agricultura a recuperar as tendencias truncadas coa Guerra Civil. As consecuencias ecolóxicas do novo modelo tamén van ser relevantes xa que, a pesar de que se a Revolución Verde supón algo é a capacidade para superar os límites ecolóxicos da agricultura orgánica, non se van aproveitar as posibilidades técnicas para desenvolver a superficie agrícola e de pastos (que si ben se incrementa, o fai só a costa da agrícola e non do monte), ocupando a superficie forestal moito terreo susceptible de usos máis intensivos. Hai que situar,polo tanto, a adaptación da

17

Revolución Verde a Galicia, no contexto xeral de perda de importancia da actividade agraria que se da en toda Europa, tanto ao nivel de participación no PIB como no descenso porcentual da poboación activa agraria. Este contexto de desaparición de explotacións non levou a unha reestructuración da propiedade senón á perda de superficies para a agricultura e aos conseguintes problemas ecolóxicos que o abandono trae consigo. Pódese dicir que este período supón o nacemento dun novo “problema agrario” en Galicia; a necesidade de mobilizar productivamente espacios abandonados e que non son tampouco reservas de biodiversidade, polo que non é socialmente asumible a súa parálise.

O amplo plantexamento desta tese doutoral fai que teñamos que precisar e restrinxir a metodoloxía adoptada para evitar a dispersión. Este traballo non ten a vocación de explicar a evolución da agricultura galega na Idade Contemporánea en todos os seus aspectos; non é nin pode ser unha macrotese. A adopción de un marco temporal amplo débese á necesidade de respostar ás preguntas que nos plantexamos nun longo prazo, xa que a agricultura orgánica non cambia en curtos períodos de tempo, e a adopción dun marco temporal restrinxido podería levar a considerar fenómenos conxunturais como elementos estructurais do sistema agrario. A metodoloxía escollida é o estudio da evolución no longo prazo das distintas macromagnitudes agrarias vinculadas coa producción (esto é a producción mesma e a súa composición, a superficie e a productividade da terra e do traballo). Esta elección ten vantaxes evidentes, pero tamén algúns problemas que hai que sinalar e eivas explicativas moi claras. Non se pode explicar todo a través das macromagnitudes e nese sentido este traballo concíbese como unha aportación máis no conxunto dos traballos de Historia Agraria desenvolvidos en Galicia nos últimos trinta anos. Non ten unha vocación de ser unha explicación total o que explica as matizacións expresadas no título. Entre as eivas da explicación a partir das macromagnitudes hai que sinalar en primeiro lugar unha moi relacionada coa orientación teórica adoptada. A Economía Ecolóxica e a Historia Ecolóxica teñen sinalado as deficiencias dos instrumentos de medición usuais en economía baseados no valor para apreciar as transformacións productivas, xa que establecen marcos de comparación aparentemente obxectivos entre espacios xeográficos moi diferentes e con posibilidades productivas tamén diferentes. Ante esta crítica, que é absolutamente pertinente, hai que indicar que non existen hoxe en día instrumentos de medición alternativos suficientemente contrastados. Os ensaiados ata o de agora (a eficiencia enerxética) teñen unha serie de problemas que desaconsellan a súa utilización. O primeiro é referido ás fontes dispoñibles para o cálculo. Ata momentos moi recentes as estatísticas agrarias son tremendamente deficientes en moitos dos aspectos que constitúen a actividade agraria e resulta practicamente imposible achegarse ao coñecemento da producción total e menos aínda dos factores da producción. Por outra banda tampouco a eficiencia enerxética é un índice que resposte ás necesidades da historia medioambiental. De acordo con un traballo recente sobre a eficiencia enerxética na agricultura española “de la evaluación energética de un sistema productivo no se deriva su mayor o menor contribución al deterioro, mejora y conservación de la base de recursos, tanto local como global”7. Entre as conclusión derivadas do traballo citado derívase unha mellora da eficiencia 7 . Xavier Simón Fernández, “El análisis de sistemas agrarios una aportación económico-ecológica a una realidad compleja”, Historia Agraria, 19, pax. 121.

18

enerxética entre os anos setenta e noventa en España, o que ten que ver con unha mellora na utilización dos recursos respecto ao período de explosión da Revolución Verde, pero non da conta de todos os factores que inciden na evolución medioambiental xa que por exemplo suma inputs renovables e non renovables. Máis o argumento definitivo provén da propia teoría da Economía Ecolóxica que afirma que todo proceso productivo funciona, de acordo coa segunda lei da Termodinámica, deixando unha cantidade de enerxía en estado non utilizable para futuros procesos, pero tamén que esa perda de enerxía utilizable non se pode cuantificar8.

A superación destas eivas farase mediante a vinculación destas macromagnitudes en termos monetarios ao contexto medioambiental no que se producen, tendo en conta que non se poden comparar procesos de transformación e os resultados económicos de eses procesos sen ter en conta o contexto medioambiental no que se producen. A agricultura galega desenvólvese nunhas condicións edafoclimáticas moi diferentes á maior parte do Estado e eso hai que telo moi presente á hora de comparar se non queremos caer en explicacións simplistas. O contexto xeográfico non pode ser un capítulo introductorio que non se teña en conta despois na explicación. É, pola contra un elemento activo que condiciona as formas de producir e que é a súa vez modificado por estas. Por outra banda a aproximación a partir das macromagnitudes presenta atractivos claros para estudiar a agricultura galega. En primeiro lugar porque, exceptuando traballos illados e restrinxidos temporalmente, é un traballo que está por facer, e desprezar a multiplicidade de fontes existentes, sobre todo para o século XX, sitúanos, esto si, nunha situación de atraso relativo con outras historiografías do Estado. Utilizar estas fontes ofrécenos, ademais unha medida do valor do que se produce e unha seudomedida do que se produce en termos físicos. Esta medida pode ser suficientemente aproximada se temos en conta que é unha seudomedida. Sobre a súa utilidade hai que ter en conta que a mesma eficiencia enerxética é unha seudomedida, xa que é imposible medir dende o punto de vista físico o que se produce globalmente e ter en conta ao mesmo tempo as diferencias cualitativas entre os distintos productos producidos, diferencias que se incluímos a percepción social introducen ademais o factor de que esas diferencias cualitativas non son estáticas no tempo, un exemplo: a pataca é un producto de baixa consideración social durante boa parte do século XIX, percepción que cambia co cambio de século a pesar de que a medición en calorías sería a mesma. A valoración económica permite en certa medida ter en conta este cambio aínda que non é totalmente satisfactoria. A utilización das macromagnitudes implica un traballo de sistematización, pero tamén de crítica. Non podemos limitarnos a recoller as informacións estatísticas existentes e utilizalas polo feito de ser datos cuantitativos. A estatística non é inocente e os datos que podemos obter para os distintos momentos históricos dependen do que era considerado importante polos contemporáneos. Xeralmente hai moita máis información para etapas recentes pero tampouco é unha norma absoluta. Un exemplo significativo é a imposibilidade da construcción dunha serie da productividade da terra para a agricultura dende os anos sesenta o que xa de por si é indicativo da concepción dominante da política agraria exclusivamente centrada na reducción dos ocupados na agricultura e no incremento da productividade do traballo vía motomecanización. 8 Nicholas Georgescu-Roegen: La ley de la entropía y el proceso económico, Argentaria/Visor, Madrid, 1996.

19

Tampouco os datos das estatísticas estatais teñen unha etiqueta automática de fiabilidade. En moitas ocasións descoñecemos a metodoloxía de elaboración, e en outras hai sospeitas razoables de que intereses políticos están detrás dos datos, como por exemplo nas cifras de producción dos anos cincuenta do século XX. En ocasións as cifras non son utilizables e para chegar a conclusións aceptables faise necesario aportar toda a información de contraste posible, na súa maioría de carácter cualitativo. Outros aspectos que se teñen en conta para a explicación serán as políticas agrarias, a evolución das rotacións de cultivos, o cambio técnico, e a acción colectiva, ben de carácter organizado ou informal. En calquera caso a atención prestada a estes aspectos é necesariamente limitada por razóns de espacio, de tempo e de formación. Dende o punto de vista da política agraria aínda que se terán en conta na medida do posible aspectos centrais de esta como os entramados institucionais da innovación ou as políticas de prezos optamos por restrinxir a análise a un só aspecto da mesma, a política forestal. A razón é que o monte é, como se analizará amplamente na tese, un elemento central na evolución do sistema agrario e ofrece un exemplo moi importante do impacto das políticas agrarias nas condicións productivas da pequena explotación tanto no século XIX e primeiro tercio do XX, como na crise da agricultura orgánica e despois na introducción da Revolución Verde.

20

21

CAPÍTULO I

O CAMBIO ANTES DO CAMBIO

Evolución productiva da Agricultura Orgánica e a configuración do Sistema Agrario contemporáneo (1750-1900)

22

23

I.1-PERSPECTIVAS HISTORIOGRÁFICAS DA EVOLUCIÓN PRODUCTIVA DA AGRICULTURA DE GALICIA NO SÉCULO XIX Na análise das transformacións productivas no marco dunha agricultura orgánica o longo prazo preséntase como o marco temporal máis axeitado para a investigación. Especialmente para conseguir unha axeitada comprensión dos cambios descritos pola historiografía para o primeiro tercio do século XX o século XIX é un período clave. A primeira razón que xustifica a inclusión deste capítulo inicial é que sen ter unha comprensión mínima dos cambios, ou da inexistencia destes, na agricultura galega do período anterior á crise agraria de finais do século XIX dificilmente se pode valorar a magnitude das transformacións posteriores. Sen embargo o argumento máis importante é que hai razóns para soster que boa parte dos cambios que vive a agricultura galega no primeiro tercio do século XX teñen unha base anterior. A traxectoria histórica dun sistema agrario é un dos elementos centrais na explicación do cambio técnico sostida nas análises máis recentes, e moi especialmente para a pequena explotación.9 En Galicia especialización gandeira xurde no XIX, 10 ao igual que a primeira repoboación forestal privada, e o uso intensivo dos montes veciñais repartidos que se traduce nunha capacidade para obter insumos esenciais para a agricultura tamén arranca da segunda metade do XIX.11 Ao mesmo tempo parecíanos que a investigación realizada no marco da Historia Agraria e da Historia Económica en Galicia para ese século prestáralle insuficiente atención a análise dos cambios nas formas de producir e nos resultados destes cambios. A relevancia da cuestión da propiedade da terra, tanto da comunal como da privada, orientou ás investigacións nesta dirección.12 O interese historiográfico sobre estas cuestións derivaba de que o debate sobre a terra, sobre os foros e a propiedade veciñal, foron o centro dos debates políticos en torno ao desenvolvemento da agricultura ao longo do século XIX. Así non deixa de ser significativo que o Congreso Agrícola de Galicia de 1864 centrara as súas discusións sobre a necesaria reforma dos foros, ocupando as transformacións productivas na agricultura un papel secundario ata o punto de que non se remataron os debates.13 Agora ben, sen existir un traballo que se ocupe en extenso da producción si existen referencias en traballos sobre outras temas ademais dunha presada de artigos importantes. Así as cousas, a visión dominante sobre os resultados económicos da agricultura ao longo do século é hoxe moi negativa, pasando do retraso ao estancamento cando non se lle sitúa no centro do problema do fracaso do despegue industrial. O século XIX, e 9 Lourenzo Fernández Prieto, “Caminos de cambio tecnológico en las agriculturas españolas cpntemporáneas” Josep Pujol, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001, pax 95-146. 10 Xan Carmona Badía: "Sobre as orixes da orientación exportadora na producción bovina galega. As exportacións a Inglaterra na segunda metade do século XIX", Grial, Anexo I, Historia, 1982 Pax. 196-198. 11 Abel Bouhier: La Galice. Essay geographique d´annalyse et d´interpretation d´un vieux complexe agraire. Imprimeirie Yonaisse, La Roche-Sur-Yon (Vendée), 1979, 2 vols. Xesús Balboa: O Monte en Galicia, Xerais, Vigo, 1990. 12 A primeira e parteira doutras posteriores é a de Ramón Villares: La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936. Siglo XXI, Madrid, 1982, que como outras investigacións despois inclúe consideracións sobre os usos da terra e os seus resultados sen ser o seu tema principal. 13 Congreso agricola gallego de 1864. Edición facsimil. Eds. do Castro, Sada/A Coruña, 1994.

24

cando menos a súa segunda metade, suporían unha interrupción dos cambios producidos ao longo do Antigo Réxime.14 Sen embargo un bo número de investigacións ofrecen datos suficientes para que cando menos xurdan algunhas dúbidas, e non deixa de ser significativo que, a ao noso xuízo máis completa e consistente de todas, a de Abel Bouhier, veña do campo da xeografía, date nada menos que de 1979, estea escrita en francés e a altura de hoxe non fose traducida.15 Neste apartado faremos un repaso ás distintas interpretacións sobre a cuestión da evolución productiva da agricultura galega no século XIX, intentando sinalar os problemas que xurdan tanto dende o punto de vista teórico como as dificultades que ofrecen as fontes máis utilizadas para a súa construcción. O papel da pequena explotación nos procesos de transformación agraria ocorridos antes da segunda metade do século XX esta no centro destas interpretacións e os cambios na súa caracterización historiográfica nos últimos anos serán tamén considerados aquí en tanto que permiten ver de forma diferente o sucedido na agricultura galega. I.1.1. O atraso agrario no século XIX. Fronte aos abundantes traballos elaborados para a época moderna que destacan as importantes transformacións no sistema de cultivos ata o século XVIII16, a agricultura galega no XIX é por boa parte da historiografía como pouco evolucionada e mantendo as características básicas da centuria anterior. De acordo con Ramón Villares e Pegerto Saavedra sería a estructura da propiedade da terra, xunto con outros factores como os demográficos e a estructura social, e a forma na que se consolida o sistema foral a finais do século XVIII a explicación central da “incapacidad de esta agricultura para modernizarse e iniciar un tránsito hacia su integración en los circuitos comerciales”17. A interpretación dun destes autores da situación un século despois, no último cuarto do século XIX xusto antes da etapa de grandes transformación ao abeiro da crise agraria finisecular, mantén os mesmos rasgos dominantes que na segunda metade do XVIII. As inercias destacan sobre as innovacións e de novo é a permanencia do sistema foral o principal responsable. A pequena explotación (3,9 hectáreas de media en 1859) xunto á parcelación (ata 30 parcelas por explotación) sería a responsable do atraso

14 Así por exemplo nunha publicación recente que recolle un estado da cuestión a partir da recompilación de artigos dos últimos vinte anos, os dous adicados a evolución productiva da agricultura no XIX ofrecen esta interpretación máis ou menos matizada. Lourenzo Fernández Prieto (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000. En concreto son os de María Xosé Rodríguez Galdo “A agricultura tradicional galega. Crecemento sen modernización”, pax. 83-100 (publicado en 1985) e o de Fausto Dopico “Productividade, rendementos e tecnoloxía na agricultura galega de fins do século XIX, pax. 215-236 (publicado en 1982). 15 La Galice... Op cit. Unicamente hai un artigo seu en español sobre un aspecto concreto dos que aborda na súa investigación: “Las formas tradicionales de utilización del monte. Su evolución reciente. Las perspectivas de porvenir”, Os usos do monte en Galicia, Seminario de Estudios Galegos, Cuadernos da Área de Ciencias Agrarias 5, 1984, pax. 11-28. recentemente a súa traducción foi abordada conxuntamente polo Consello da Cultura e a Xunta de Galicia, pero aínda non se chegou a distribuir. En calquera caso chega indudablemente vinte anos tarde. 16 Unha recapitulación algo antiga pero de gran interese: Pegerto Saavedra e Ramón Villares “Galicia en el Antiguo Régimen: La fortaleza de una sociedad tradicional”, en Roberto Fernández (ed.) España en el siglo XVIII. Homenaje a Pierre Vilar, Crítica, Barcelona, 1985, pax. 434-504. 17 Op cit pax 464.

25

agrario en tanto que converte á agricultura da zona en ruinosa por oposición aos latifundios. Mais xunto á propiedade e estructura da terra o sistema de cultivos evolucionaría pouco, baseándose aínda nos vellos cereais e con pouca presencia dos pratenses e forraxeiros ademais dunha tecnoloxía pouco modernizada configurando unha visión da evolución productiva da agricultura galega no XIX onde as permanencias superan con moito aos cambios18. Temos polo tanto que a interpretación que defende a escasa incidencia das transformacións productivas na agricultura galega pon o acento na estructura da propiedade da terra (pequena propiedade e parcelación) e no mantemento do sistema foral. Unha visión similar xurde dende os traballos realizados na Historia Económica fundamentalmente por parte de Xan Carmona e María Xosé Rodríguez Galdo e Fausto Dopico. Carmona19 parte da análise demográfica atopando unha ralentización do crecemento da poboación a partir de 1860 (que moi probablemente se podería adiantar a 1830-40). No período anterior (1750-1850), e coincidindo con un índice maior de crecemento da poboación atopa referencias a un significativo aumento da superficie cultivada e da producción de alimentos. Pola contra na segunda metade de século parece que ese crecemento da superficie cultivada se interrompe (por limitacións ecolóxicas). Defende tamén que a producción agraria se mantivo estancada, ou incluso decreceu, nese período non a partir de datos cuantitativos, polo demais inexistentes, senón dende dúas argumentacións indirectas: a tendencia crecente dos prezos de cereais en anos (1840-1880) nos que a poboación permanece estancada e non hai entradas de cereais, e o comezo de importacións a partir de 1880 e entradas de fariñas por ferrocarril. De acordo con estes indicios a producción de cereais permanecería estancada. Tampouco a tendencia na productividade do traballo sería diferente. O sistema de cultivos e a tecnoloxía non evolucionaron e pola contra as modificacións constatadas nas rotacións só traerían como consecuencia unha intensificación en traballo. De acordo coa aproximación de Carmona o aumento da productividade do traballo pode ser o resultado da introducción de melloras técnicas, dunha racionalización das rotacións, melloras na preparación do campesiñado ou dunha modificación da proporción entre grandes e pequenas explotacións e non atopa nada disto na Galicia do século XIX. Aínda que Carmona introduce elementos demográficos na explicación boa parte do peso da súa interpretación sigue radicando na non modificación das relacións de propiedade e no mantemento da pequena explotación. En traballos máis recentes atribúe ao papel da estructura da propiedade aínda máis relevancia. Así indica que as explotacións eran “de tamaño reducido, lo que limitaba la generación de excedente, y hacía de cualquier innovación una peligrosa aventura, e interiormente muy parceladas, lo que limitaba su laboreo (...) este fuerte reparto de la tierra era resultado no sólo de la densidad de la población sino también de que sólo el 20% de la superficie se hallaba en cultivo; una buena parte de del resto del territorio se mantenía en situación de monte proindiviso, utilizable bajo ciertas condiciones por parte del campesinado, que conseguía de él leña, pastos para su ganado, esquilmos y otros elementos que

18 Ramón Villares “A agricultura galega, 1870-1930. Unha época de grandes transformacións”, en Lourenzo Fernández Prieto (Ed.) Terra e progreso... Op cit pax. 62-68 (Publicada orixinariamente en 1985). 19 Xan Carmona Badía, El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de las manufacturas textiles (1750-1900). Ariel, Barcelona, 1990 pax.31-55.

26

completaban su subsistencia”20. Aínda máis grave que a cuestión da propiedade da terra é para Carmona a da parcelación pero nos debates sobre o sistema foral a cuestión da concentración parcelaria quedou oculta. Unha interpretación máis matizada é a aportada por María Xosé Rodríguez Galdo nun traballo de 198521. A súa análise da evolución productiva durante o século XIX parte da constatación do crecemento da producción máis sen que se de un proceso de modernización. Rodríguez Galdo defende a partir da reinterpretación dos datos de Bouhier un importante crecemento da producción a partir da constatación de cambios nos sistemas de cultivos e en concreto da reducción do barbeito e a intensificación das rotacións. Pola contra non se pode falar, dende a súa perspectiva dun proceso de modernización, definindo este en térmonos económicos a partir de aumentos na productividade do traballo aspecto no que coincide coa interpretación de Carmona. O crecemento da producción dáse a partir das técnicas tradicionais polo que se mantén dentro dos límites da primeira Revolución Agrícola (transformacións das rotacións) non operándose os cambios definitorios da segunda (introducción de maquinaria dende a súa perspectiva) ata o primeiro tercio do século, e estes de forma matizada. O traballo que lle permite a Rodríguez Galdo defender que non hai cambios significativos en productividade é o de Fausto Dopico22 a partir dos informes da Junta Consultiva Agronómica de finais do XIX. A partir destes datos Dopico atopa uns resultados bos, incluso considerados comparativamente con outras agriculturas europeas, en termos de rendementos e productividade da terra, pero non en cuanto a productividade do traballo. As técnicas empregadas, de acordo cos informes dos enxeñeiros provinciais son atrasadas e non se aprecia a introducción de maquinaria moderna como segadoras e debulladoras. O principal problema deste traballo e que non ten ningún elemento de comparación temporal cara o pasado, que lle permita avaliar a existencia ou non de cambios, nin tampouco ofrece comparacións con outros territorios, aínda do Estado. Nun traballo posterior Rodríguez Galdo matiza notablemente estas interpretacións, a partir das múltiples investigacións realizadas nos últimos anos para o primeiro tercio do século, aínda que segue a considerar que o crecemento da producción non se viu acompañado de melloras na productividade do traballo23.

20 Xan Carmona Badía, ”La economía del siglo XX: Una panorámica”, Papeles de Economía Española, Economía de las CCAA, 16, Galicia, 1996, pax.3. tamén sinala a mesma argumentación en “Galicia: Minifundio persistente e industrialización limitada”, Luis Germán, Enrique Llopis, Jordi Maluquer de Motes, Santiago Zapata (eds.) Historia económica regional de España. Siglos XIX y XX, Crítica, Barcelona, 2001. pax. 14-20. 21 “A agricultura tradicional galega...” Op cit. 22 “Productividade, rendementos e tecnoloxía...” op cit. 23 O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, Xunta de Galicia, Santiago, 1995

27

I.1.2. Visións alternativas. A incapacidade de transformación da pequena explotación en cuestión.

De acordo con estas interpretacións aquí resumidas sería o mantemento da pequena explotación internamente moi parcelada e máis en concreto o mantemento do sistema foral coas cargas que supuña sobre a terra, a principal responsable da situación estática da agricultura galega neste período. De feito en gran medida é a constatación do mantemento da pequena explotación o principal argumento dos traballos reseñados para defender esta interpretación. Este argumento provén dunha literatura moi abundante que toma no modelo inglés de Revolución Agrícola o exemplo ideal de modernización agraria e que mesmo na publicística galega do século XIX tivo gran influencia nas propostas de transformación agraria. A interpretación tradicionalmente dominante da Revolución Agrícola inglesa provén dos traballo de principios de século de Lord Ernle a partir da análise da publicística inglesa do XVIII continuados por Chambers e Mingay nos anos sesenta e por Overton na actualidade con nova documentación24. Esta interpretación pon o acento na explicación dos cambios no papel da gran explotación e do proceso de enclosures. Sería a gran explotación a única capacitada para facer fronte aos cambios necesarios mentres que a pequena explotación tería maior dificultade para facer Fronte aos custes económicos e estaría condenada a desaparecer. Parte, polo tanto, da importancia das economías de escala na agricultura teoría que indica que a maior tamaño menos custos de explotación. Fronte a esta interpretación traballos efectuados dende os anos sesenta por Kerridge, Joan Thirsk ou Robert Allen25 teñen posto en cuestión esta interpretación sostendo que os cambios fundamentais no sistema de rotacións teñen lugar antes do XVIII o que se sostén tanto por estimacións da productividade como por datos microespaciais, e que a pequena explotación ten un papel maior do que se viña sostendo polas investigacións máis ortodoxas. Así a análise comparada de contabilidades de explotación entre openfields e enclosures demostra que non existe esa diferencia sinalada pola investigación anterior. Pola contra as transformacións clave da Revolución Agrícola serían máis que a introducción de maquinaria pesada que podería facer funcionar as economías de escala, de tipo biolóxico como os novos tipos de rotacións que aumentarían a cantidade de nitróxeno dispoñible no solo26 e que non dependen da maior capacidade da gran explotación. Tamén para Inglaterra se ten defendido que a pequena explotación segue puxante en moitas partes do pais no século XIX. Da mesma forma nun excelente estudio comparativo entre algúns dos países máis modernizados do mundo Niek Koning27 sinala os problemas do capitalismo agrario a partir da segunda metade do século XIX e o proceso de modernización das explotacións familiares no 24 Chambers, J.D. e Mingay, G.E. (1966): The Agricultural Revolution, 1750-1880, Batsford, Londres; Mingay, Gordon E. (1969): “Dr. Kerridges Agricultural Revolution: A comment”, Agricultural History, 43, pp. 169-179; Gordon E. Mingay (1989): “Conclusion: The progress of agriculture, 1750-1850”, en Gordon E. Mingay (Ed.) The Agrarian History of England and Wales, vol. VI, 1750-1850, Cambridge University Press, Cambridge, pp. 938-971; Overton, Mark (1996): Agricultural Revolution in England. The Transformation of an Agrarian Economy, 1500-1850, Cambridge University Press, Cambridge. 25 Kerridge, E. -(1969): “The Agricultural Revolution reconsidered”, Agricultural History, 37, pp. 123-133; Thirsk, Joan (1987): Englands Agricultural Regions and Agrarian History, 1500-1750, Macmillan, Londres; Robert C. Allen “Revolución en los campos: La reinterpretación de la Revolución Agrícola iglesa”, Historia Agraria, 26, 2002, pp. 13-32. 26 Chorley, P. “The Agricultural Revolution in Northern Europe, 1750-1880: Nitrogen, Legumes and Crop Productivity”, Economic History Review, 5, 1988, pp. 71-93. 27 The Failure of Agrarian Capitalism. Agrarian Politics in the United Kingdom, Germany, the Netherlands and the USA, 1846-1919, Routledge, Londres, 1994.

28

contexto da crise agraria finisecular. Este autor argumenta de novo que no contexto tecnolóxico dominante na agricultura no seu período de estudio (1846-1919) as economías de escala non teñen aplicación na agricultura dado que a maioría das transformacións son de carácter biolóxico e non necesitan de grandes superficies para ser rendibles.28 Tamén dende a incipiente historia ecolóxica se ten reivindicado a capacidade de transformación da pequena explotación no período anterior á Revolución Verde. Rolf Peter Sieferle nun recente estudio29 divide a evolución da economía segundo o modelo enerxético dominante, a enerxía solar ou a fósil. Nas agriculturas dependentes da enerxía solar, a agricultura orgánica, o proceso productivo se sostén sobre todo en melloras biolóxicas nas que a relación entre medio ambiente e agricultores se constrúe a través do coñecemento campesiño e as transformacións son lentas e derivadas dun proceso complexo de proba e error o que elementos como a parcelación teñen unha significación productiva ao permitir acceder a agroecosistemas diferenciados30. Sieferle defende de feito que a economía de enerxía solar é unha economía en estado estacionario na que non hai crecemento económico continuado31. Pola contra Pfister mostra exemplos nos que a agricultura de base orgánica consigue aumentar significativamente a producción a base de melloras biolóxicas, incluso ata acadar o límite ecolóxico32. Estas novas aportacións da historia ecolóxica teñen importancia no caso que nos ocupa xa que as transformacións asociadas á Revolución Agrícola inglesa non supoñen unha alteración da base enerxética da producción agraria como non o serán en toda Europa ata como mínimo os cambios posteriores á crise agraria finisecular e con seguridade ata despois da Revolución Verde. Non se pode asociar necesariamente cambio agrario e gran explotación neste contexto tecnolóxico da agricultura europea. Os exemplos que desmenten a relación unívoca entre gran explotación e transformación agraria antes da Revolución Verde son abundantes. Tamén na historiografía galega investigacións que concédenlle á pequena explotación unha importante capacidade de transformación. Non hai, como indicamos ao principio,

28 Sobre o mantemento da pequena explotación nunha agricultura como a inglesa ver Howkins, Alun : “Peasants, Servants and Labourers : The Marginal Workforce in British Agriculture, c.1870-1914”, Agricultural History Review, XLII, pax. 49-62. Winstanley, Michael : “Industrialization and the Small Farm : Family and Household Economy in Nineteenth Century Lancashire”, Past and Present, 152, 1996, pax. 157-195. Unha discusión da interrelación entre propiedade e desenvolvemento en Garrabou, Ramón, “Crecimiento agrario, atraso y marco institucional”, en Pujol, Josep, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001, pax. 213-243. 29 “Que es la historia ecológica”, en Manuel González de Molina e Joan martínez Alier (Eds.), Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, madrid, 2001, pp.31-54. 30 Toledo, Victor Manuel : “La racionalidad ecológica de la producción campesina”. En Eduardo Sevilla Guzmán e Manuel Gonzalez de Molina (Eds.): Ecología campesinado e historia. La Piqueta, Madrid, 1993, pax.197-218. 31 O concepto de economía en estado estacionario foi introducido polo discípulo de Georgescu-Roegen Herman Daly. Ver por exemplo Daly (ed..) Economía, ecología y ética: ensaios hacia una economía en estado estacionario, FCE, México, 1989. A idea que en termos de economía ecolóxica puidese chegarse a unha situación de estado estacionario foi fortemente criticada por Georgescu-Roegen a partir dos límites impostos pola segunda lei da termodinámica Ver a presentación e o prólogo de José Manuel Naredo e Jacques Grinevald á edición española de La ley de la entropía... op. cit.. 32 Christian Pfister “The Early Loss of Ecological Stability in an Agrarian Region”. En Peter Brimblecombe e Christian Pfister (Eds.): The Silent Contdown. Essays in European Environmental History, Springer, Berlin, 1990, pax. 37-55. No mesmo volume J. Vogt: “Aspects os Soil Erosion in Western Europe”, pax.83-91.

29

ningún traballo que se ocupe de forma monográfica da evolución productiva da agricultura galega no século XIX, aínda que si en múltiples traballos se fixeron aportacións que matizan ou cuestionan esta interpretación. Para a etapa posterior son abundantes as investigacións que sinalan o papel da pequena explotación familiar no proceso de cambio técnico descrito para o período posterior á crise agraria finisecular33. Adicado ao século XIX é o traballo de Anxo Fernández González34 que conectado as cifras do Catastro de Ensenada coas estimacións do GEHR contradí a visión estática que sobre a producción agraria mantiña a historiografía. Os traballos citados ao comezo deste apartado de Balboa sobre o monte, de Bouhier sobre o monte e o sistema de cultivos ou do mesmo Carmona sobre a especialización gandeira fan xurdir dúbidas sobre o aparente estancamento do mundo rural galego no XIX. Con un carácter máis amplo xeográficamente o traballo de Rafael Domínguez sobre a pequena explotación no norte de España ten sinalado a decidida vocación comercial destas explotacións desmentindo o seu pretendido carácter de agricultura de subsistencia35. Tanto as investigacións que no contexto europeo desmenten o papel secundario da pequena explotación na modernización asociada á primeira Revolución Agrícola como os traballos máis recentes sobre Galicia desaconsellan conformarse coa unha visión que asimila pequena explotación e ausencia de cambios.

33 Dende as páxinas de Villares en La propiedad... op cit pax.362 e ss. ata Lourenzo Fernández Prieto, Labregos con ciencia. Estado e sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1936, Xerais, Vigo, 1992. O estado da cuestión máis actual en Fernández Prieto, “Da derrota do rendista ao triunfo da propiedade familiar en Galicia. Do control social do cambio técnico en Galicia”, en Xesús Balboa e Herminia Pernas Horoza (Eds.) Entre nos. Estudios de arte, xeografía e historia de Galicia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001, pax. 811-844. 34 Fernández Gonzalez, Angel (1995): "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias. Reflexiones a partir del caso gallego", Comunicación ó VII congreso de Historia Agraria, Baeza. 35 Domínguez Martín, Rafael: El campesino adaptativo: Campesinos y mercado en el norte de España, 1750-1880. Universidad de Cantabria/ Asamblea Regional de Cantabria, Santander, 1995.

30

31

I.2-CONDICIONANTES MEDIOAMBIENTAIS DO CAMBIO AGRARIO EN GALICIA Hoxe en día é inviable realizar unha investigación histórica que pretenda analizar calquera aspecto productivo dunha agricultura sen prestar atención aos condicionantes físicos nos que esta se desenvolve. Esta preocupación historiográfica reflexa o máis xeral interese pola cuestión ecolóxica desenvolvido dende a crise do petróleo dos anos setenta. A partir deses anos desenvólvese o traballo dunha serie de científicos sociais preocupados por situar á economía no paradigma proporcionado polas ciencias fisicoquímicas e superar así o modelo mecanicista predominante na teoría económica dende a revolución neoclásica36. Foron os traballos do economista e matemático Nicholas Georgescu-Roegen37 os que demostraron que o proceso económico funciona baixo os límites marcados pola segunda Lei da Termodinámica e que analizar o funcionamento dunha economía só desde o marco pechado da teoría do valor supón unha limitación que deixa fora do sistema todo o que non é valorable. Esto implica reversibilidade, ao ser un sistema de funcionamento mecánico, mentres que sabemos que todo proceso productivo funciona, de acordo coa segunda lei da Termodinámica, deixando unha cantidade de enerxía en estado non utilizable para futuros procesos. A partir da obra de Georgescu-Roegen comeza o interese por avaliar os custos ecolóxicos do proceso económico, unha tarefa que necesariamente debe rebasar os límites dunha soa disciplina38 Dende os seus comezos a Economía Ecolóxica, e despois a Historia Ecolóxica, prestou especial atención aos problemas específicos da agricultura. Foi o propio Georgescu-Roegen39 quen delimitou a fronteira entre o proceso productivo fabril e o agrario. Ao estar vinculado á luz solar e ao crecemento nun lugar físico concreto o proceso agrario non responde ao principio do proceso fabril segundo o que se duplican as horas de traballo cos mesmos fondos materiais duplícase o fluxo de producto. Evidentemente as melloras técnicas e incrementos da productividade conducen a un aumento da producción pero eso só é certo limitadamente. O solo é mellorable ata un punto e os tempos de crecemento das plantas marcan tamén un límite que teoricamente non existe no proceso fabril40. Especialmente na agricultura orgánica que depende esencialmente da enerxía solar a captación desa enerxía implica o concurso de convertedores biolóxicos, as plantas, que precisan da ocupación dunha cantidade precisa se solo exposto á radiación solar41. Pola contra coa Revolución Verde chégase incluso, aínda que esto ten tamén uns límites ecolóxicos claros, a poder practicarse a agricultura

36 Jose Manuel Naredo: La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid, 1996 (2ª ed. aumentada). 37 Nicholas Georgescu-Roegen: La ley de la entropía y el proceso económico, Argentaria/Visor, Madrid, 1996. 38 Por exemplo no esforzo colectivo realizado ao redor de José Manuel Naredo. Jose Manuel Naredo e Aantonio Valero (eds.) Desarrollo económico y deterioro ecológico, Argentaria/Visor, Madrid, 1999. 39 La lei de la entropía...op cit pax. 369-378. Unha discusión máis ampla en Nicholas Georgescu-Roegen : Energy and Economic Miths. Institutional and Analitical Economic Essays, Pergamon, New York, 1976, pax. 71-102. 40 Evidentemente a dispoñibilidade de materias primas non é tampouco infinita, pero en termos de análise teórico do funcionamento do sistema fabril si podería funcionar continuamente a partir do axioma comentado. 41 Rolf Peter Sieferle, “The energy sistem. A basic concept of environmental history”, en Peter Brimblecombe e Christian Pfister (Eds.): The Silent Contdown. Essays in European Environmental History, Springer, Berlin, 1990.

32

sen solo gracias aos combustibles fósiles. Á hora de analizar unha agricultura, debemos, polo tanto partir desta configuración específica do proceso económico agrario e delimitar as fronteiras do crecemento así como as posibilidades de superación a partir de cambios na técnica. Esta aproximación vese, na historiografía dos últimos anos, como absolutamente esencial para comprender os modos de apropiación da natureza que fan as distintas sociedades agrarias e os límites ecolóxicos ao desenvolvemento que nun contexto histórico dado poden limitar a adopción de novas tecnoloxías. Non se trata, por suposto, da vella convención da introducción xeográfica que servía de preludio, logo frecuentemente esquecido na interpretación dos procesos, tan frecuente na escola dos Annales. Trátase máis ben, de situar os condicionantes ecolóxicos na centralidade da análise, e isto tendo en conta os dous aspectos da relación dos productores agrarios coa natureza. Por un lado estaría a análise das actividades agrarias dirixidas á recuperación e mellora das condicións dun agroecosistema, en outras palabras, asegurar a producción agraria no tempo, aínda que co seu correlato negativo, a posibilidade de que as actividades agrarias contribúan nalgún momento a empeorar ou destruír as condicións productivas dun agroecosistema. Por outro lado estarían os límites da actividade agraria. Nun contexto productivo concreto, tanto máis claro se nos situamos na análise de agriculturas orgánicas, existen uns límites ao desenvolvemento delimitados polo horizonte tecnolóxico e pola situación xeográfica (condicionantes físicos) do sistema agrario que estamos a analizar. Son estes os límites aos que imos facer referencia neste apartado. I.2.1. Galicia no contexto español. O carácter atlántico. Nos últimos dez anos a historiografía española foi bastante receptiva á introducción das conceptualizacións da Economía Ecolóxica e na creación de metodoloxías específicas para abordar o estudio da Historia Agraria dende a perspectiva ecolóxica. A escola con moito máis desenvolvida nestes anos foi a escola agroecolóxica creada en torno a Manuel González de Molina e Eduardo Sevilla Guzmán, que ten avanzado moito na conceptualización e na metodoloxía necesarias.42 Sen embargo, para o obxectivo desta investigación, esta metodoloxía non pode ser convenientemente aplicada xa que o seu nivel de análise preferente é a microhistoria, incluso a historia de finca, proporcionando unha cantidade de análises moi útiles pero non axeitados para a realización dunha interpretación a nivel macro. A pesar disto a percepción da necesidade de incorporar elementos, cando non todo o bagaxe teórico, da Historia Ecolóxica, ten incidido tamén na elaboración de análises globais sobre os condicionantes ecolóxicos da agricultura española contemporánea. Estas análises proporciónannos unha primeira achega á cuestión dos condicionantes ecolóxicos cos que partía a agricultura galega no século XIX. Permiten ademais realizar unha comparación coa situación no resto do Estado, mostrando os diferentes condicionantes o

42 Sevilla Guzmán, Eduardo, e Manuel González de Molina (Eds.), Ecología, campesinado e historia, La Piqueta, Madrid, 1993. González de Molina, Manuel : “Agroecología : Bases teóricas para una historia agraria alternativa”, Noticiario de Historia Agraria, 2, 1991, pax. 49-78. González de Molina, Manuel, e Martínez Alier, Juan (Eds.), Historia y ecología, Ayer, 11, 1993. González de Molina, Manuel, “De la <cuestión agraria> a la <cuestión ambiental> en la historia agraria de los noventa>”, Historia Agraria, 22, 2000, pax. 19-36.

33

que, como se verá, explica tamén as diferentes solucións adoptadas e os resultados en termos de productividade. Foi Ramón Garrabou quen primeiro sinalou na historiografía española o pouco axeitado de utilizar marcos de comparación coas agriculturas da Europa Atlántica á hora de avaliar a evolución da agricultura española no século XIX. A súa argumentación radicaba fundamentalmente nas diferencias medioambientais, substantivadas nun solo máis árido e nunha insuficiente pluviosidade, que facían inviable a aplicación no mundo mediterráneo das rotacións de cultivos responsables da revolución agrícola inglesa. Habería que desterrar, polo tanto, a consideración dos agricultores como faltos de iniciativa ou a escasa difusión dos procesos da revolución agrícola inglesa (pola contra estes eran perfectamente coñecidos na España do século XIX). Así as transformacións agrarias en España non podían vir dadas pola introducción de leguminosas forraxeiras que permitiran a fixación de nitróxeno, auténtico factor limitante das agriculturas atlánticas antes da introducción da mixed farming, senón pola especialización en produccións que se adaptaran máis facilmente ao factor limitante no mundo mediterráneo, a auga. Así produciuse unha notable expansión do viñedo e o olivo, así como frutais de regadío e productos hortícolas43. Esta primeira aproximación de Garrabou segue hoxe sendo de completa validez, aínda que ten sido confirmada e completada por diversos traballos. Moi especialmente na recente revisión colectiva das interpretacións do atraso agrario español contemporáneo esta chamada á necesidade de ter en conta as especificidades medioambientais dunha agricultura planea sobre todas as contribucións e é obxecto específico dun traballo de Manuel González de Molina44. A caracterización que fai este autor das distintas especificidades ecolóxicas das agriculturas españolas é a que imos seguir para realizar unha primeira visión comparada do medio agroecolóxico galego. Debemos advertir antes de todo que é unha caracterización que non nos satisface por completo, xa que presta unha atención preferente a situación no centro e o sur do Estado facendo unha análise en exceso simple da periferia atlántica e cantábrica. Aínda así, sé non ofrece unha descrición axeitada das complexidades do marco no que se establece a agricultura galega, feito que intentaremos corrixir posteriormente, é suficiente ao noso xuízo para demostrar o caracter diferencial dende o punto de vista medioambiental con respecto a gran maioría do resto do Estado. Este é un primeiro elemento necesario para a comparación coa evolución agraria de outras zonas de España.

43 Ramón Garrabou: “Revolución o revoluciones en el siglo XIX : Su difusión en el mundo Mediterráneo”. Agriculturas mediterráneas y mundo campesino. Instituto de Estudios Almerienses/Diputación de Almería, Almería, 1994, pax.93-109. Outros traballos do mesmo autor que fan referencia a estas cuestións: Un fals dilema. Modernitat o endarreriment de l´agricultura valenciana (1850-1900), Alfons el Magnanim, Valencia, 1985, “Sobre el atraso de la mecanización agraria en España (1850-1933), Agricultura y Sociedad, 57, 1990, pp. 41-77 44 Josep Pujol, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001. O traballo de González de Molina leva por título,”Condicionamientos ambientales del crecimiento agrario español (siglos XIX-XX)”, pax.42-94. Do mesmo autor sobre os límites da agricultura andaluza “El modelo de crecimiento agrario del siglo XIX y sus límites ambientales. Un estudio de caso”, En en Manuel González de Molina e Joan martínez Alier (Eds.), Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, madrid, 2001, pax. 87-124.No mesmo volume un traballo de Vicente Pinilla Navarro mostra as limitacións medioambientais que tivo a agricultura andaluza no século XIX en comparación cos paises atlánticos protagonistas da primeira Revolución Agrícola. “Desarrollo agrícola y nedio ambiente: La agricultura aragonesa, 1800-1975”, pax. 125-159.

34

Partindo dos traballos realizados nos últimos 15 anos na historiografía europea e española no marco da historia ecolóxica González de Molina sitúa a cuestión dos condicionantes medioambientais no centro do debate sobre o crecemento agrario. Desta forma critica que se poida comparar agriculturas de moi diferentes condicionantes sobre a única base de datos agregados de carácter monetario. As limitacións da agricultura son moi diferentes na Europa Atlántica que no Mediterráneo e neste sentido entronca co traballo de Garrabou ao defender que non se pode valorar á agricultura española do XIX segundo o criterio de si se adaptou ou non aos sistemas de cultivo da primeira revolución agrícola cando o factor limitante que propiciou ese cambio, a escaseza de nutrientes e sobre todo nitróxeno, non o era na maior parte do Estado. Neste sentido defende que pola contra son os límites hídricos os que dominan a maior parte da superficie peninsular. De acordo cos réximes de humidade divide o conxunto da península en catro zonas diferentes segundo os factores limitantes para a actividade agraria (Cadro 1). A zona údica ten como factor limitante a baixa concentración de nutrientes polo lavado dos solos, a ústica é de transición, a Xérica, que ocupa a maioría do Estado ten como factor limitante a escaseza de auga no solo sobre todo no verán, e a arídica ten como factor limitante a salinidade polo exceso de sales dependente da falta de precipitacións. Estes límites son os que determinaron o carácter extensivo da producción de cereais xunto co mantemento dunha cabana gandeira escasa e a importancia dos sistemas de regadío que aloxan á agricultura española do modelo da Europa Occidental sen que eso teña como consecuencia a cualificación de atrasada. Cadro 1 Zonas edafoclimáticas da España Peninsular

Réxime de Humidade

Réxime de temperatura Situación

Extensión (millóns de Hectáreas)

Údico t*<15ºC Norte e oeste. Pirineos e montañas interiores 7,8

Ústico 8º<t*<15ºC Transición do Údico ao Xérico 1,9

Xérico 8º<t*<15ºC 15º<t*<22ºC

Submeseta Norte y Centro. Parte da submeseta sur e periferia 36,7

Arídico 8º<t*<15ºC 15º<t*<22ºC

Monegros e zonas da submeseta norte, Sureste 3,1

Fonte, Manuel González de Molina, “Condicionantes ambientales...” op cit pax. 53. O que máis nos interesa aquí das conclusións obtidas por Gonzalez de Molina é a especificidade de Galicia, compartida por todo o Norte, dentro desta caracterización. O factor limitante é no seu caso máis que a escaseza de auga o déficit de nutrientes. Estes datos sitúan a agricultura galega nunhas condicións medioambientais similares ás da Europa atlántica, polo que no seu caso si serían de aplicación as formas de transformación agraria asociadas á primeira revolución Agrícola, fundamentalmente as rotacións de cultivo con leguminosas dirixidas á fixación do nitróxeno e o incremento de cultivos forraxeiros asociados a un incremento da gandería e a unha maior dispoñibilidade de abonos de orixe animal. Peses a todo esta imaxe que se obtén da comparación co resto do estado non pode resultar completamente satisfactoria.

35

Debemos afondar nas diferencias xeográficas dentro de Galicia para comprobar se esta é a situación dominante en todo o pais. I.2.2. O marco físico do noroeste. Limitacións para a transformación agraria. Partir do tópico da Galicia húmida para concluír que a auga non é un factor limitante da agricultura nesta zona é un mal comezo para establecer os condicionantes cos que tivo que lidiar a pequena explotación no século XIX. Pola contra as investigacións dende a xeografía e a edafoloxía desmenten que o único problema que tivo a agricultura galega coa auga foron os sistemas de drenaxe. Fai uns anos a posibilidade de facer a historia do regadío en Galicia era pouco máis diferente que facer a historia do cultivo de cítricos. Sen embargo investigacións realizadas nos últimos anos por Afonso sánchez regueiro demostran a existencia de complexos sistemas de regadío nalgunhas zonas do pais tanto para o cultivo do millo como para a creación de prados45. Partindo do traballo dirixido polo xeógrafo Augusto Pérez Alberti46 chégase á conclusión de que o marco físico do noroeste da Península sitúase nunha diversidade dominada por un complexo arco de dominios climáticos que van dende o oceánico superhúmedo ao submediterraneo en función da situación e o relevo (Mapa 1). Este mapa reflexa ademais que, se ben o conxunto de precipitacións en Galicia é alto (sempre superior aos 600 m3 anuais), esto oculta unha situación na que en moitas zonas do país xúntase un exceso de precipitacións no inverno coa presencia de déficit estival47 que condiciona e explica a extensión da práctica do regadío. Pese ao dito non cabe tampouco dúbida que o factor limitante máis importante é o déficit de nutrientes que depende tanto dos materiais de partida dos solos galegos (mapa 2) como do clima que incrementa a acidez e a topografía accidentada que favorece a denudación dos solos en pendentes e cumes e a acumulación de maiores espesuras do solo en vales e zonas baixas. A superficie derivada de materiais de depósito, que é a máis productiva, é escasa no conxunto de Galicia48. Tamén Felipe Macias conclúe que os solos de Galicia teñen unha baixa fertilidade intrínseca derivada de diversos factores entre os que cita a forte pendente, a escas profundidade, condicións climáticas inadecuadas e dificultades de laboreo49.

45 Sánchez Regueiro, Afonso e Fernández Prieto, Lourenzo (1999): “El uso del agua en el sistema agrario gallego, siglos XIX-XX”, en José Manuel Naredo e Ramón Garrabou (Eds.) El agua en los sistemas agrarios, Argentaria/Visor; Sánchez Regueiro, Afonso e Soto Fernández, David, “O patrimonio das augas. Un achegamenteo etnográfico á Galiza rural dos séculos XIX e XX”, Congresso Cultura Popular, Concello da Maia, Maia 2000, vol II, pax. 5-28. 46 Augusto Pérez Alberti (Ed.), Xeografía de galicia, A Coruña, 1982, pax. 71-95. 47 Martínez Cortizas, A; F. Castillo Rodríguez e A. Pérez Alberti, “Factores que influyen en la precipitación y el balance del agua en Galicia”, Boletín de la AGE, 18. 48 Pérez Alberti (Ed.) xeografía de galicia op cit pax. 111-128. 49 “Los suelos”, en Pilar de Torres Luna (Ed.), Xeografía de Galicia, Faro de Vigo, Vigo, 2001, Pax. 297.

36

Fonte: Balboa, Xesús L., e Lourenzo Fernández Prieto, “Evolución de las formas de fertilización en la agricultura atlántica entre los siglos XIX-XX. Del <toxo> a los fosfatos.” En Fernández Prieto, Lourenzo, (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000, pax. 277.

37

Fonte: Balboa, Xesús L., e Lourenzo Fernández Prieto, “Evolución de las formas de fertilización en la agricultura atlántica entre los siglos XIX-XX. Del <toxo> a los fosfatos.” En Fernández Prieto, Lourenzo, (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000, pax. 279. Os datos da xeografía e edafoloxía confirman que o principal factor limitante é a fertilidade, aínda que matizan a similitude de Galicia coa Europa Atlántica no senso de que os límites hídricos teñen incidencia en algunhas partes do pais e especialmente no verán. Sen embargo podemos ir un pouco máis alá na análise dos condicionantes medioambientais da agricultura. Contamos para Galicia coa inestimable axuda do mapa de capacidade productiva dos solos elaborado en 1984 polos edafólogos da

38

Universidade de Santiago de Compostela Francisco Díaz Fierros e Fernando Gil Sotrés50. Este estudio establece as capacidades productivas a partir dos factores limitantes da actividade agraria polo que resulta de enorme interese para nos. Estes factores limitante serían o solo e sitio (profundidade, pendentes, afloramentos), risco de xeadas, réxime hídrico, fertilidade e toxicidade. Antes de entrar na análise dos resultados hai que facer algunhas matización. Este traballo está realizado nun período moi concreto no que a revolución verde xa se desenvolvera na agricultura de Galicia. Por esto as limitacións están consideradas para ese contexto tecnolóxico concreto. Os datos son en consecuencia máis optimistas do que serían si puidesemos facer algo similar para o contexto tecnolóxico do século XIX. Aínda así son datos o suficientemente significativos que nos permiten facernos unha idea dos problemas que tiña a agricultura galega para desenvolverse no seu contexto medioambiental. Cadro 2 Dispoñibilidade de nutrientes % Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Boa 0,5 0,1 0,0 0,2 0,2 Moderada 34,0 1,2 0,2 8,2 10,8 Mala 65,3 93,8 99,1 91,6 87,1 Moi mala 0,3 4,9 0,6 0,0 1,8 Elaboración propia a partir de Diaz Fierros e Gil Sotres Capacidad productiva, op cit pax.39 e ss. Cadro 3 Limitacións de solo e sitio% Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Cultivo Intensivo 32 26 13 19 23 Parcialmente aptas 32 23 26 31 27 Non aptas 36 51 61 51 50 Ibid. Cultivo intensivo: terras de clase A,B e C. Parcialmente aptas: C´, D e D´. Non aptas E, E´, F, F´e G. Cadro 4 Limitacións por risco de xeadas % Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia <3 meses 32 4 0 33 15 3-6meses 46 15 13 37 26 6-7,5 meses 22 67 47 27 44 7,5-9meses 0 13 37 3 14 >9 meses 0 1 3 0 1 Fonte: Ibid. Os cadros 2,3 e 4 e o gráfico 1 elaborados a partir dos datos proporcionados por Díaz Fierros e Gil Sotres confirman o que viñemos comentando nas páxinas anteriores. Os nutrientes son o factor limitante básico da agricultura galega e territorialmente as provincias de Lugo e Ourense son as que teñen máis problemas neste sentido, o que coincide cos datos que sinal a maior porcentaxe de terras a monte no interior. Menor incidencia porcentual teñen as limitacións de solo e sitio que engloban a profundidade, a pendente e os afloramentos. Sen embargo estas limitacións teñen gran importancia 50 Diaz-Fierros Viqueira, Francisco e Gil Sotres, Fernando (1984) Capacidad productiva de los suelos de Galicia. Mapa 1:200000, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago

39

porque son de moi difícil corrección co traballo agrario, mentres que si é posible corrixir o déficit de nutrientes. O mesmo podemos dicir das limitacións por risco de xeadas que non son corrixibles na súa maior parte de forma antrópica.

Gráfico 1

Limitacións por réxime hídrico (%)

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

60,0

1 2 3 3*8 4 5 6 7 8 9

Clases

Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

Fonte: Ibid. tamén os datos do gráfico 1 sobre as limitacións segundo o réxime hídrico mostran como os problemas de drenaxe son menos importantes que os de déficit. A clase 5 neste caso é a que ten menores dificultades nun e noutro sentido, mentres que as de numeración inferior teñen progresivamente máis problemas por exceso e a de numeración inferior por déficit. estes datos matizan os de nutrientes no sentido de que non é ese o único factor que incide no sistema de cultivos. Cadro 5 Superficies segundo aptitude potencial, Galicia Has %

Cultivo 1 179523 6,1

Cultivo 2 444030 15,2

Total cultivo 623553 21,4

Prados e pastos 1 485874 16,6

Prados e pastos 2 815884 27,9

Total prados e pastos 1301758 44,6

Uso forestal 917597 31,4

Improductivo 77220 2,6

Total 2920128 100 Fonte: Ibid. Por último o tratamento agregado dos datos permite avaliar as capacidades do solo segundo o tipo de uso, datos representados no cadro 5. estes datos foron elaborados por Díaz Fierros e Gil Sotres a partir dunhas táboas de conversión que precisan de algunhas matizacións. As conversións para o cultivo intensivo están calculadas para o millo o que implica que zonas que poderían ser aptas para o cultivo de plantas menos esixentes como o centeo non se consideren, mentres que as de uso forestal o están para o pinus pinaster, especie forestal dominante en Galicia no momento do seu traballo. A pesar destas matizacións as cifras permiten facernos unha idea aproximada dos límites

40

do aproveitamento agrario no contexto tecnolóxico da revolución verde. O feito de que para o século XIX as posibilidades foran moito menores en concreto respecto o establecemento de prados implica que o escaso desenvolvemento deste aproveitamento no marco da especialización gandeira en comparación ao que sucedeu no Cantábrico ten en gran medida causas medioambientais. No contexto tecnolóxico e ambiental do que estamos a falar (agricultura orgánica) as posibilidades estaban moito máis limitadas e dirixidas aos modelos de rotacións da mixed farming. Diaz Fierros e Gil Sotres non dan os datos a nivel provincial, pero para facernos unha idea das diferencias internas en Galicia elaboramos coa súa metodoloxía as mesmas conversións para os concellos de tres comarcas diferencias: O Condado en Pontevedra, Sarria en Lugo e a Baixa Limia en Ourense. Estas tres comarcas reflicten ben as diferencias internas de Galicia xa que se trata respectivamente dunha comarca atlántica de moi pequena explotación, unha comarca do interior gandeira e unha comarca de montaña. O feito de que a porcentaxe de improductivo sexa maior ao conxunto de Galicia débese a que nos tres casos son comarcas con unha presencia significativa de montes veciñais na actualidade. Como veremos ao longo da investigación son as comarcas con peores condicións edafoclimáticas nas que se mantivo máis tempo sen dividir a propiedade veciñal. As cifras (Cadro 6) permiten constatar de novo as grandes diferencias productivas entre a Galicia atlántica e a interior e nesta mesma zona entre comarcas de marcada vocación gandeira como Sarria e as comarcas máis interiores e de condicións próximas as de León como a Baixa Limia. Tamén se pode comprobar o xa comentado problema do pouco axeitado de facer a conversión sobre o millo para as comarcas do interior aínda que non altera os resultados globais dos datos. As cifras poñen de manifesto unha característica da agricultura de Galicia que ten sido sinalada repetidas veces; as acusadas diferencias internas incluso entre concellos limítrofes e si puidésemos descender a ese nivel de desagregación entre parroquias.

41

Cadro 6 Capacidade productiva dos solos en tres comarcas de Galicia, %

Comarca Concello Cultivo intensivo Prados e pastos Forestal Improductivo Sup tot Fierros

Baixa Limia Entrimo 0,0 13,5 62,8 23,7 100

Baixa Limia Lobeira 0,0 21,0 52,4 26,6 100

Baixa Limia Lobios 0,0 12,6 49,6 37,8 100

Baixa Limia Bande 0,0 52,7 47,3 0,0 100

Baixa Limia Muíños 0,0 32,4 41,5 26,2 100

Baixa Limia Total 0,0 25,4 50,0 24,6 100

O Condado Mondariz 14,7 64,9 20,4 0,0 100

O Condado Mondariz-Balneario 48,2 42,1 9,7 0,0 100

O Condado Neves (As) 21,9 54,0 24,1 0,0 100

O Condado Ponteareas 36,5 30,9 32,5 0,0 100

O Condado Salvaterra de Miño 73,1 28,5 0,0 0,0 100

O Condado Total 34,9 43,5 21,8 0,0 100

Sarria Incio (O) 0,7 53,4 33,5 12,4 100

Sarria Láncara 5,6 66,3 26,3 1,8 100

Sarria Paradela 1,3 71,9 26,8 0,0 100

Sarria Páramo (O) 49,6 33,8 16,6 0,0 100

Sarria Samos 0,0 44,4 41,7 14,0 100

Sarria Sarria 2,5 90,2 7,3 0,0 100

Sarria Triacastela 0,0 42,5 54,7 2,8 100

Sarria Total 6,1 62,3 26,7 4,9 100

Total mostra 10,0 47,1 33,0 10,0 100

Total Galicia 21,4 44,6 31,4 2,6 100

Fonte: Elaboración do Grupo de estudio da Propiedade Comunal a partir da Diaz Fierros e Gil Sotres, ibid pax.53 ess.

42

43

I.3-A INFORMACIÓN ESTATÍSTICA SOBRE O CRECEMENTO DA AGRICULTURA, 1750-1900 I.3.1. Fontes directas e indirectas para o cálculo producción agraria. A escaseza e a pouca fiabilidade das fontes estatísticas para a análise da evolución da agricultura española no século XIX é xa un lugar común na historiografía. Ata o último cuarto do século coa creación da Junta Consultiva Agronómica non se realiza un intento serio e sistemático para contar con unha estatística continua e o máis completa posible da producción agraria. Con anterioridade só se realizaron dous intentos para avaliar a riqueza agraria de España e os dous foron reiteradamente acusados de infravalorar a realidade agraria pola historiografía ata o punto de desaconsellar a súa utilización: o Censo de Frutos y Manufacturas de 1799 e as cifras da Junta General de Estadística de 1857. Respecto ao Censo de 1799 ás críticas parten dun temperán traballo de Josep Fontana de 1967 onde sinalou a súa baixa fiabilidade, demostrando o alto grao de ocultación da fonte e recomendando que non fora utilizada. Da mesma maneira opinaron traballos posteriores entre os que hai que sinalar o de James Simpson. Nestes dous traballos sinálanse ademais comentarios contemporáneos ao censo que coinciden coa crítica da historiografía51. Aínda peor sorte historiográfica correu a estimación de 1857 que nin sequera chegou a ser publicada. Xa na propia época Fermín Caballero consideraba a cifra moi baixa realizando unha corrección da mesma que tampouco é aceptada pola historiografía. 52 Así, tanto Simpson como Leandro Prados rexeitan a validez das dúas estimacións, tanto a da Junta General de Estadística como a de Caballero.53 Só Tortella, que rexeita con contundencia a cifra de Caballero, concedédelle certa verosimilitude aos datos orixinais da Junta General de Estadística, aínda que parece claro que, sen ter en conta o nivel de ocultación a dese ano foi unha das peores colleitas do século54. Recentemente Miguel Angel Bringas Gutierrez ven de reivindicar a utilización dunha fonte ata o de agora practicamente inédita na historiografía agraria, os Cuadernos Generales de la Riqueza, de 1818-20, fonte fiscal que permite estimar a producción e a superficie cultivada, incluíndo o barbeito. En calquera caso Bringas non localizou esta fonte para ningunha poboación galega, e nos mesmos non a puidemos atopar nos arquivos consultados. O propio Bringas Gutiérrez recoñece que “es pronto para emitir un juicio fundamentado sobre la fiabilidad de los datos extraídos de los Cuadernos Generales de la Riqueza”, especialmente tendo en conta que son de orixe fiscal, polo

51 Josep Fontana, “El censo de frutos y manufacturas de 1799: un análisis crítico”, Moneda y Crédito, 101, 1967, pp 54-89. James Simpson, “La producción agraria y el consumo español en el siglo XIX”, Revista de Historia Económica, ano VII nº 2, 1989, pax. 356-359. 52 Fermín Caballero, Reseña geográfico-estadística de España, Mafrid, 1868. 53 Simpson, ibid pax.359, Leandro Prados de la Escosura, De imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en España (1780-1930), Alianza, Madrid, 1988, pax. 120-124. 54 Gabriel Tortella Casares, “Producción y productividad agraria en España, 1830-1935”. En Nicolas Sánchez Albornoz (ed.), La modernización económica de España. Alianza, Madrid, 1985, pp. 63-88. Por exemplo en Galicia a de 1857, sen chegar aos niveis dos anos anteriores nos que se pode falar de crise agrícola, si foi unha colleita mala. Mº Xose Rodríguez Galdo e Fausto Dopico, Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, Eds. Do Castro, Sada/A Coruña, 1981, pax.15.

44

que é preciso esperar a novas investigacións que nos permitan avaliar as súa posibilidades con máis seguridade. 55 A problemática fiabilidade das fontes estatísticas do século XIX fixo que as investigacións sobre a evolución da producción e da productividade neses anos optaran pola realización de cálculos indirectos baseados no consumo de productos agrarios e corrixidos coas exportacións e importacións. Esta opción é a utilizada por James Simpson e Leandro Prados de la Escosura chegando a resultados diferentes, senón totalmente contrapostos, e dando lugar a un intenso debate entre os dous investigadores56. É claro que esta alternativa indirecta resulta inviable para unha análise rexional, xa que as dificultades para estimar as exportacións e importacións, e aínda tamén para o cálculo do consumo, son case insalvables para o século XIX. Pese a todo consideramos pertinente facer aquí un comentario sobre a metodoloxía empregada por Simpson e Prados e sobre os seus resultados xa que hoxe son o punto de referencia sobre a evolución da productividade en España no século XIX57.

A crítica que Simpson fai do método de Prados é que a súa fórmula parte da evolución da renda per cápita o que implica un razoamento circular xa que esta supón un coñecemento previo da evolución da producción agraria e ademais outórgalle consistencia a partir da similitude cos datos do censo de frutos e manufacturas e das cifras de 1857 que, como vimos carecen de fiabilidade. Pola súa banda Prados cuestiona o método de Simpson en tanto que parte de unha estimación da evolución da dieta na que considera que esta permaneceu constante ao longo do século XIX e esta é unha hipótese non demostrada e discutible xa que non ten en conta ademais do número de calorías as variacións na composición interna da dieta que afectan á valoración total desta considerada en termos monetarios e non calóricos. O problema fundamental que ofrece este debate ao noso xuízo é que os dous teñen razón nas súas críticas e especialmente nun elemento. Pretenden construír un índice do crecemento do producto agrario e da productividade a partir de métodos indirectos que toman como base variables das que o noso coñecemento é tan pouco fiable como o do mesmo producto agrario. O coñecemento estatístico que temos do XIX é aínda demasiado pobre como para poder aplicar metodoloxías elaboradas para países con unha maior consistencia da información cuantitativa.58 Resulta sorprendente ademais que ningún dos dous retrotraera algúns anos as súas investigacións e empregara unha fonte directa de máis fiabilidade que as do XIX, o Catastro de Ensenada.

55 Miguel Angel Bringas Gutierrez, “La productividad de la tierra en España 1752-1930: Tendencia a largo plazo”, Revista de Historia Económica XI/3, 1993, pax.509; Tamén “Los cuadernos generales de la riqueza (1818-1820): la localización de una fuente histórica en España”, Noticiario de Historia agraria, 7, 1993, pp. 505-538 e La productividade de los factores en la Agricultura española (1752-1935), Banco de España, Madrid, 2000. 56 Leandro Prados de la Escosura, De imperio a nación... op cit; James Simpson, “La producción agraria y el consumo español...” op cit, pax. 355-388; Leandro Prados de la Escosura, “La estimación indirecta de la producción agraria en el siglo XIX: réplica a Simpson”, Revista de Historia Económica, VII/3, 1989, pax. 703-718: James Simpson, “Una respuesta al profesor Leandro Prados de la Escosura”, Revista de Historia Económica, VII/3, 1989, pax.719-723; James Simpson, La agricultura española (1765-1965): la larga siesta, Alianza, Madrid, 1997. 57 Por exemplo o citado traballo de Bringas La productividad de los factores... op cit pax. 17 e ss. e Anxo I. Fernández González, “El catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias. Reflexiones a partir del caso gallego”, VII Congreso de Historia Agraria, Baeza, 1995. 58 Para outros países ver por exemplo, O´Brien, Patrick ; Prados De La Escosura, Leandro : “Agricultural Productivity and European Industrialization, 1890-1980”, Economic History Review, XLV, 1992, pax. 514-536.

45

Outro intento máis recente de estimación indirecta é a realizada por Miguel Angel Gutiérrez Bringas. Xunto con un cálculo directo a partir do Catastro de Ensenada, dos Cuadernos Generales de la Riqueza e das estadísticas da Junta Consultiva Agronómica, realiza unha aproximación indirecta á evolución da productividade marxinal, tanto da terra como do traballo a partir da teoría neoclásica e a súa afirmación de que en condicións de competencia perfecta a productividade marxinal dun factor mídese en valor polo prezo dese factor59. O seguinte paso é obviamente a consideración de que no período estudiado, entre a abolición das taxas do gran e a instauración dos réximes de garantías de prezos agrícolas, cúmprese de maneira suficientemente aceptable a premisa do equilibrio competitivo. A partir de aí realízase o cálculo sobre a evolución dos prezos da terra e os salarios agrícolas60. O problema é que o, polo demais concienzudo traballo de recompilación de datos de prezos e salarios de Gutiérrez Bringas, está ao meu entender lastrado por este presuposto de base. Esta afirmación realízase nun único párrafo do libro e serve como sostén a dous capítulos enteiros, pero non constitúe unha demostración. O único soporte empírico que utiliza é un traballo sobre a Francia rural entre 1450 e 1815 que non cubre máis que un corto período do traballo de Bringas (1752-1935). Parece como mínimo discutible a existencia dunha competencia perfecta na maraña regulamentista de finais do Antigo Réxime e aínda despois, incluso co Estado Liberal sería unha hipótese que habería que demostrar. As estimacións indirectas da producción e da productividade dos factores son insuficientes ao día de hoxe e isto resulta máis certo se estamos analizando unha rexión e non a totalidade do Estado para o que non resulta posible dispor de fontes para o cálculo indirecto. Resulta por todo o anterior tanto máis sorprendente que nin Simpson nin Prados optaran por retrotraer unhas décadas a data inicial dos seus estudios xa que o Catastro de Ensenada é unha fonte de información sobre a producción agraria que, deixando de lado por un momento a súa fiabilidade, ofrece unha visión completa dos distintos aspectos da actividade agraria nun nivel que non se acadará ata os anos trinta do século XX61. Tanto Bringas Gutierrez como Anxo Fernández González utilizan esta fonte como punto de partida da súa análise da evolución da producción e productividade, e permite facilmente unha análise rexional. Esta vai ser tamén a opción adoptada para realizar a nosa análise. A multitude de traballos realizados pola historiografía da Idade Moderna de Galicia permite tamén ter un punto de contraste suficiente. Hai que ter en conta, que só podemos confiar en sinalar tendencias, en ningún caso aproximacións moi axustadas ao comportamento das macromagnitudes agrarias. No hermo de fontes que sobre estes aspectos é a Historia Agraria de España para o XIX non é, sen embargo, unha opción desprezable.

59 Bringas La productividad de los factores... op cit pax. 8. 60 Op cit pax. 11. 61 Nin sequera os primeiros anos da estatística moderna a ofrecen aínda que, como veremos no segundo capítulo desta tese, é posible reconstruir para principios de seculo así como para os anos dez e vintedous a práctica totalidade da producción agrícola, forestal e gandeira.

46

I.3.2. Problemas e posibilidades do catastro de Ensenada para estimar a producción agraria. Que o Catastro de Ensenada sexa unha fonte completa non quere dicir que non teña diversos problemas que deben ser considerados coidadosamente. O primeiro deles é que non cubre todo o territorio español, senón só os reinos e as provincias da coroa de Castela. Galicia está polo tanto representada pero a dificultade xurde á hora de establecer o marco de comparación, xa que quedan fora algunhas das provincias de agricultura máis dinámica como as de Aragón, Cataluña e o Levante. Esto deberá terse en conta ao considerar que o marco de comparación vai ser cun territorio, o castelán, que dá unha imaxe dunha agricultura con peores resultados dos que teriamos de poder considerar a todo o territorio. A principal obxección que lle fan os críticos á utilización do Catastro como fonte para estimar á producción agraria e que como fonte fiscal tende ofrecer unha imaxe devaluada da mesma. Para Galicia o principal defensor desta postura é José Manuel Pérez García. Este autor realizou un contraste entre os rendementos de distintos cultivos ofrecidos polo Catastro e os ofrecidos por outra fonte alternativa que foi o primeiro en utilizar para Galicia: os patrimonios eclesiásticos62. Esta fonte procede das investigacións que a igrexa efectuaba sobre o patrimonio dos aspirantes a clérigo e que en numerosos casos ofrece datos sobre as produccións físicas. Aparentemente podería ser unha fonte afectada polo problema inverso do Catastro, a sobreestimación dos patrimonios, pero a análise de Pérez García demostrou que os expedientes patrimoniais tiñan un nivel de control aceptable. De acordo cos datos tirados desta fonte, Pérez García atopa un importante grao de diverxencia cos datos do Catastro, aínda que con diferencias entre os distintos tipos de cultivo. Polo tanto advirte contra a utilización presurosa da información de 1752. Ante esta crítica hai que sinalar que a diverxencia entre os datos do Catastro e dos patrimonios non só mostra diferencias entre cultivos, senón que tamén se aprecia unha notable disparidade xeográfica no grao de ocultación. Se ben a ocultación é importante nos rendementos dos cereais no litoral occidental e en menor grao na depresión meridiana, na Galicia interior a diverxencia é inapreciable, e ese dato é o que ten máis interese para nos á hora de avaliar as posibilidade de empregar a información do Catastro como estimación da producción agraria a mediados do século XVIII: O feito é que a Galicia interior, tal e como a define Pérez García ocupa a gran maioría do territorio, polo que podemos concluír que na maior parte de Galicia a ocultación do Catastro na producción agrícola, coa excepción do viñedo que si ten un nivel de ocultación importante, non é significativa. O propio Angel Fernández González, que é o primeiro en utilizar para Galicia o Catastro como fonte básica para a estimación dun punto de partida da análise das macromagnitudes, sinala a inxenuidade de negar as deficiencias da fonte, amplamente descubertas por multitude de estudios micro. Sen embargo tamén indica que a concordancia entre os datos é demasiado alta como para que poida renunciarse a súa utilización agregada, especialmente si temos en conta a nula fiabilidade das outras opcións xa comentadas. Un elemento que contribúe á defensa da fonte son os datos

62 José Manuel Pérez García: “A agricultura de mediados do século XVIII a través dos seus rendementos. Unha resposta alternativa”, Revista Galega de Estudios Agrarios, 6, 1982, pax. 11-52.

47

sobre gandería63. As cifras de gando, un total de 4,26 millóns de cabezas para Galicia, son superiores ás de todos os censos do século XIX e boa parte do XX especialmente no gando vacún, censos que como se sinalará noutra parte desta investigación si son famosos pola súa subestimación. Carece de sentido defender un elevado grao de ocultación noutras produccións e non nesta.

Cadro 7 Superficie catastrada en 1752 (Has)

Provincia Superficie cultivada Monte Total catastrado Extensión real Santiago 110.924 101.065 211.989 702.800 Ourense 112.421 43.504 155.925 741.200 Lugo 103.749 133.688 237.437 821.000 Betanzos 35.902 61.919 97.821 242.100 Mondoñeso 22.798 36.029 58.827 203.800 Tui 26.898 16.730 43.628 165.400 Coruña 13.363 28.637 42.000 76.800 Total 426.055 421.572 847.627 2.953.100

Fonte: Elaboración propia a partir de Pegerto Saavedra: “O que non se pode medir: Os recursos do comunal nas economías campesiñas de Galicia de 1600 a 1850”, Actas do Congreso de Montes Veciñais, 14-16 de Decembro de 1995, Xunta de Galicia, Santiago 1995.

Cadro 8 Superficie catastrada en 1752 en % sobre a extensión real

Provincia Superficie cultivada Monte Total catastrado Santiago 16 14 30 Ourense 15 6 21 Lugo 13 16 29 Betanzos 15 26 40 Mondoñedo 11 18 29 Tui 16 10 26 Coruña 17 37 55 Total 14 14 29

Fonte: Ibid. E certamente non se pode negar que existe ocultación. De feito soamente foi catastrada unha pequena superficie da totalidade de Galicia. Os cadros 7 e 8 mostran a superficie catastrada en hectáreas e en porcentaxe sobre a superficie real de Galicia. De acordo con estes datos a ocultación sería inmensa dun 71% sobre a superficie total, aínda que con acusadas diferencias entre as provincias. Agora ben, habería que definir en que superficies estaría reflectida a ocultación. De acordo con múltiples informacións da época o monte ocuparía a principios do século XIX non menos das ¾ partes da superficie total do pais64 e aínda a principios do século XX a superficie cultivada non sobrepasaba por moito as 600.000 hectáreas. Ademais hai que sinalar que aínda que o incremento da superficie cultivada a costa do monte no século XIX non alcanzou magnitudes considerables si se constata nalgúns casos a partir das lexitimacións de repartos de montes veciñais65.

63 Angel I. Fernández González : “El catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias. Reflexiones a partir del caso gallego.” Comunicación ao Congreso de Historia Agraria, Baeza, 1995 64 Xesús Balboa: O monte en Galicia, Xerais, Vigo, 1990. 65 Os datos de Xesús Balboa para Lugo reforzan esta idea. O 18% das lexitimacións aparecen baixo epígrafes que podemos asociar con labrados (cereais, horta, labrado). "As visicitudes do monte en Galicia,

48

Non parece haber dúbida de que o nivel de ocultación procede máis que nada da non consideración de grandes extensións de monte comunal (veciñal ou de varas) que non tería incidencia relevante a efectos fiscais. En calquera caso habería que facer unha precisión de novo sobre as diferencias xeográficas. Os expertos na historia do monte sinalan que a importancia porcentual do mesmo non é homoxénea en todo o territorio, e especialmente en comarcas da Galicia do litoral occidental as terras a monte non alcanzan xeralmente no XIX e posteriormente máis do 60%66. De manterse porcentaxes similares ou aínda inferiores a mediados do século XVIII, o que parece razoable, a ocultación estaría concentrada na Galicia do litoral occidental, afirmación que é congruente cos resultados obtidos por Pérez García para os rendementos. Resulta difícil estimar o grao de ocultación da superficie cultivada ou a prados67, pero é posible aproximarse ao nivel de subestimación que se deriva da non inclusión de grandes superficies de monte veciñal. Pegerto Saavedra estima a posible superficie de montes a mediados do século XVIII en 2.350.000 hectáreas, extensión que ocuparía o monte tamén a principios do século XIX, aínda que non é imposible que a mediados do XVIII a superficie fose incluso maior. 68 Esto nos estaría a falar dunha ocultación de perto do 80% nas superficies. Estendida á producción probablemente habería que matizar esta subestimación, dado que nas superficies catastradas teñen importancia os montes privados xeralmente de aproveitamentos máis intensivos. Este é o caso da comarca do Baixo Miño onde nunha mostra de 38 parroquias José Manuel Pérez García atopa que os montes privados supoñen o 17,3% da superficie catastrada fronte ó 32,3% dos veciñais. 69 Aínda que neste caso non ofrece a superficie xeográfica destas 38 parroquias, o que nos permitiría avaliar a ocultación, si reflexa a intensificación dos usos nos montes privados. A pesar de que a subestimación total da producción para os montes estivera por debaixo dese 80% en ningún caso deixa de ser significativa, e ese é o primeiro dato que temos que ter en conta á hora de interpretar as cifras máis que da subestimación da superficie cultivada que en todo caso sería moito menor.

1855-1975: Intervencionismo administrativo e privatización campesiña" en Ramón Villares (Ed.): Donos de seu. Estudios de historia agraria de Galicia, Sotelo Blanco, Barcelona 1988, pax.231. 66 Bouhier: La Galice... op cit; Balboa: O monte... op cit. 67 Aínda que Pegerto Saavedra estima para a superficie de viñedo que fronte ás 32000 hectáreas reflexadas polo Catastro estarían realmente cultivadas unhas 40000, é decir unha ocultación do 20%,. "La economía vitícola en la Galicia del Antiguo Régimen", Agricultura y Sociedad, 62, pax.116-117. Para outros cultivos non está tan claro dado que o viñedo está moi concentrado xeograficamente e xa nos datos dos rendementos ofrecidos por Pérez García a ocultación é maior que noutros cultivos. “A agricultura de mediados do século XVIII...” op cit. 68 “O que non se pode medir...” op cit pax. 59. 69 “Las utilidades del inculto y la lucha por sus aprovechamientos en la Galicia meridional (1650-1850), Obradoiro de Historia Moderna, 9, 2000, pax. 79-107.

49

I.3.3. Evolución da producción agraria 1752-1900. Valoración dos cambios. Indicábamos antes que ademais de coñecer o grao de fiabilidade e, de ser posible, de ocultación dunha fonte estatística de producción é aínda máis preciso avaliar en que medida as tendencias marcadas son aceptables. Esto é aínda máis relevante cando os datos que tomamos como extremos non proveñen de fontes homoxéneas como neste caso. Moito se ten escrito sobre o Catastro de Ensenada e os seus límites, e, como acabamos de ver, e posible ata certo punto avaliar a súa coherencia e o nivel de subestimación. Mais o outro extremo da comparación non está exento de problemas. As cifras da Junta Consultiva Agronómica, dispoñibles a partir da última década do século XIX, teñen sido obxecto da atención de numerosos traballos especialmente por parte do GEHR, polo que moitas veces na comparación con cifras anteriores se acepta a súa validez sen demasiados problemas. En outros traballos xa mostramos como esta avaliación positiva das estatísticas da JCA é algo máis que discutible, consideración que é compartida por outros autores. 70 Especialmente para os últimos anos do século XIX e principios do XX debemos falar dunha estatística que, se ben merece o cualificativo de moderna nos seus obxectivos e métodos de elaboración está nos seus comezos e presenta numerosos problemas. Non é, ao contrario que o catastro de Ensenada unha avaliación completa de toda a producción agraria, que antes dos anos trinta do século XX só se pode obter para algúns períodos e mediante reconstrucción de varias das súas produccións (en concreto para 1900, 1910 e 1922). Non imos agora a analizar a reconstrucción das cifras de 1900, que será exposta na parte II desta Tese xunto coas demais do primeiro tercio do século XX, pero si é necesario indicar en que produccións consideramos que está subestimada máis alá da posibilidade de corrección cos datos dispoñibles71. As dúas produccións máis claramente subestimadas son as gandeiras e forestais. Respecto as primeiras xa foi comentado o consenso da historiografía en torno á clara subestimación dos censos gandeiros en relación aos datos do Catastro. Non parece haber dúbida sobre os problemas destas cifras, aínda que non é posible precisar a porcentaxe de subestimación. Aínda así para o gando vacún o Consejo Provincial de Agricultura Industria y Comercio de Pontevedra no interrogatorio da crise agrícola estima a cabana da provincia en 192000 cabezas fronte ás 73000 do Avance de 189172, o que nos fala dunha posible ocultación do 62% nesa provincia da producción gandeira máis importante, aínda que no resto de provincias o desfase parece ser menor. Respecto ás produccións forestais tamén parece ser grande o descoñecemento da producción por parte dos encargados de realizar a estatística. En concreto para Galicia nin sequera existía un coñecemento dos montes que estaban baixo unha teórica administración do Estado e as cifras de producción dos montes de Utilidade Pública están infravaloradas, polo que non parece que as estimacións da producción do conxunto dos montes sortease

70 David Soto Fernández, “As estatísticas para o estudio da agricultura galega contemporánea no primeiro tercio do século XX. Análise crítica”, Documentos de Traballo do Idega, Historia 14, 2002, pax.1-41. 71 Nalgúns elementos como é o caso dos cereais dado que as series sí abarcan un período longo foi posible a corrección. 72 La crisis agrícola y pecuaria: Actas y dictámenes de la comisión creada por real decreto de 7 de Julio de 1887 para estudiar la crisis por la que atraviesa la agricultura y la ganadería. Tip. Sucesores de Rivadeneira, Madrid, 1887-1889. Tomo V, pax. 483. La ganadería en España. Avance sobre la riqueza pecuaria en 1891 por la Junta Consultiva Agronómica conforme a las memorias reglamentarias que en el citado año han redactado los ingenieros del servicio agronómico, Madrid, 1892.

50

esta dificultade. No que se refire á producción agrícola, se ben a fiabilidade é maior, para 1900 atopamos unha infravaloración da superficie cultivada en Lugo, ao igual que atopabamos en 1752 no litoral, que necesariamente tiña que afectar á estimación da producción. A conclusión inicial que se pode tirar destes problemas é que, se ben as cifras do Catastro teñen unha evidente subestimación na producción do monte e na agrícola do litoral sudoccidental, as de 1900 tamén subestiman, aínda que en menor medida, os productos do monte e ademais os da gandería en toda Galicia e a producción agrícola da provincia de Lugo. Podemos afirmar por tanto que os idénticos defectos das dúas fontes que sen dúbida existen quedan compensadas nas cifras globais da producción agraria total o que nos permitiría aceptar as tendencias. A pesar desto afirmación poderíase argumentar que a ocultación do monte en 1752 é demasiado grande para aceptar a tendencia nese apartado concreto o que é certo. Polo tanto optamos por ofrecer dous estimacións diferentes. A primeira (Cadros 9 e 10) consiste en presentar as cifras sen corrección e a segunda (Cadros 11 e 12) en realizar unha corrección supoñendo unha ocultación da producción forestal en 1752 do 60%. Esta cifra non alcanza o 80% que lle outorgabamos antes, pero consideramos que é preferible non chegar a ese punto por razóns que xa foron expostas. Por un lado, a corrección está feita supoñendo uns rendementos medios iguais nas superficies ocultas que nas recollidas polo Catastro e como vimos parece que non é así. Por outro as cifras de 1900 tampouco son perfectas no apartado dos montes aínda que é imposible saber en que grao polo que non parece que a tendencia quede corrixida considerando unha ocultación do 80%. De feito todos os cálculos e interpretacións realizaranse tendo en conta as dúas opcións reflectidas nos cadros. Existen boas razóns para pensar que as tendencias na producción do monte estarían nun punto intermedio. Como se verá ao longo do primeiro capítulo desta Tese a intensificación nos usos do monte desenvolta en Galicia sobre todo a partir da segunda metade do século XIX foi moi importante. Non parece defendible que o ritmo de intensificación fora maior no resto das provincias da Coroa de Castela (Cadro 12) nin tampouco que os ritmos de transformación do monte foran maiores que os agropecuarios (Cadro 10).

Cadro 9 Producción agraria en Galicia e Castela

Miles de reais de 1931/35 1752

Producto agrícola Producto gandeiro Producto forestal Producto agrario Galicia 375000 122273 80455 577727 Castela 4529091 999545 368182 5896818

1900 Producto agrícola Producto gandeiro Producto forestal Producto agrario Galicia 1736168 702793 866147 3305109 Castela 15387046 4082793 3437726 22907565

Fontes: 1752, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción no apartado II.7. Deflactor, Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores... op. cit..

51

Cadro 10

Taxas de crecemento acumulativo anual (%) 1752-1900 Producto agrícola Producto gandeiro Producto forestal Producto agrario Galicia 1,01 1,16 1,58 1,15 Castela 0,81 0,93 1,48 0,90

Fontes: 1752, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción no apartado II.7. Deflactor, Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores... op. cit..

Cadro 11 Producción agraria en Galicia e Castela

Miles de reais de 1931/35 Estimación da ocultación forestal en 1752 60% 1752

Producto agrícola Producto gandeiro Producto forestal Producto agrario Galicia 375000 122273 201136 698409 Castela 4529091 999545 488864 6017500

1900 Producto agrícola Producto gandeiro Producto forestal Producto agrario Galicia 1736168 702793 866147 3305109 Castela 15387046 4082793 3437726 22907565

Fontes: 1752, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción no apartado II.7. Deflactor, Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores... op. cit..

Cadro 12 Taxas de crecemento acumulativo anual (%) 1752-1900

Estimación da ocultación forestal en 1752 60% Producto agrícola Producto gandeiro Producto forestal Producto agrario Galicia 1,01 1,16 0,97 1,03 Castela 0,81 0,93 1,29 0,88

Fontes: 1752, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción no apartado II.7. Deflactor, Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores... op. cit.. Os datos dos cadros tanto cunha e con outra estimación establecen algúns feitos que deben ser considerados tanto a luz das limitacións das fontes como tendo en conta estas limitacións o que establecen respecto do comportamento da producción agraria no período considerado. Os datos máis fiables son os que se refiren á producción agrícola. Como dixemos está comprobada a subestimación nas dúas datas nos rendementos da Galicia sudoccidental en 1752 e na superficie cultivada da provincia de Lugo en 1900. Estas subestimacións compénsanse entre elas polo que podemos concluír que os datos neste punto gozan dun razoable grao de fiabilidade. As cifras mostran un incremento do producto agrícola a un ritmo importante durante estes 150 anos que desminte o estancamento e con unha maior intensidade que na conxunto da Coroa de Castela. Respecto aos termos de comparación hai que indicar que os datos do Catastro de Ensenada deixan fora ás provincias da Coroa de Aragón que son as máis dinámicas dende o punto de vista agrario polo que de ser consideradas teriamos que reducir significativamente a diferencia. En calquera caso, estes datos mostran que non é defendible dende o punto de vista estatístico a idea de que no marco comparativo estatal a agricultura galega ten malos resultados económicos ao longo do século XIX.

52

Aínda máis significativos son os datos da producción gandeira. Como xa dixemos os censos gandeiros do século XIX e aínda os do primeiro tercio do século adoecen dunha importante subestimación, e aínda así o ritmo de crecemento do subsector é o maior de toda a producción agraria, polo que tendo en conta a subestimación o ritmo de intensificación sería aínda maior. Os datos confirman a tendencia aportada pola historiografía sobre o comezo da especialización gandeira no vacún na segunda metade do século XIX e sitúan a clave da intensificación nese sector. Máis dificultades ofrecen os datos sobre a producción forestal dado que as dúas estimacións ofrecen visións diverxentes dende o punto de vista comparativo co total de Castela. Como comentamos ningunha das dúas e satisfactoria de todo ao subestimar a primeira a producción en 1752 e a segunda en 1900, polo que o máis defendible sería unha posición intermedia entre as dúas cifras. As diferencias afectan tamén á estimación global da producción agraria aínda que mantendo un maior ritmo de intensificación en Galicia que no conxunto de Castela. Non cabe dúbida que estas cifras desmenten a consideración da agricultura deste período como en estado estacionario aínda mantendo o seu carácter de agricultura orgánica con base enerxética solar. Para entender as condicións de posibilidade do incremento reseñado hai que considerar varias variables. As relacións entre medioambiente e agricultura non se poden analizar convenientemente coa base estatística dispoñible para este anos polo que haberá que optar por unha aproximación cualitativa á que adicaremos os apartados 4 e 5 deste capítulo. Sí podemos aproximarnos, con diferente fortuna, a outras variables económicas que nos axudan a entender o significado real do crecemento da producción. Referímonos en concreto ao comportamento da productividade, tanto do traballo como da terra. Cadro 13 Evolución da superficie e poboación

1752 Superficie Agrícola AAM Poboación Galicia 426275 324828 1299312 Castela 1646625 9400000

1900 Superficie Agrícola AAM Poboación Galicia 628991 490486 1950515 Castela 4434857 18607674 Fontes: AAM, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción da superficie cultivada no apartado II.7. AAM= Activos agrarios masculinos, Poboación, Carmona Badía, Xan, El atraso industrial de Galicia... op. cit..

O cadro 13 reflicte a evolución absoluta das cifras de base necesarias para elaborar a evolución destas variables e o cadro 8 as taxas de crecemento acumulativo anual, das que hai que facer algunha precisións. Non dispoñemos dos datos de superficie cultivada en hectáreas para Castela en 1752 e para a superficie productiva non hai ningún dato fiable con anterioridade aos anos sesenta do século XX. Para esta última variable optamos por tomar as cifras deses anos considerando que permanece máis ou menos constante o que é defendible tendo en conta que ata os anos sesenta non hai unha perda importante de superficie para a actividade agraria.

53

Moitas dificultades supón o estudio da productividade agraria a partir das cifras de activos no sector. Normalmente tómase para calcular a productividade do traballo a cifra dos traballadores masculinos do agro. Non é posible considerar a poboación total porque a ocultación do traballo feminino nos censos é moi alta e ademais a magnitude da subestimación varía moito duns censos a outros.73 Normalmente considérase que prescindir desta cifra non altera demasiado o total. Esta argumentación pode ser válida para o estudio da evolución do emprego pero non para o cálculo da productividade do traballo agrario. Implica asumir que a importancia do traballo feminino (ou dos fillos) non é moita e que ademais permanece constante ó longo do tempo. O primeiro non é aceptable e o segundo bastante discutible.

Se a relación entre traballadores masculinos e femininos permanecese constante, a tendencia sería válida, pero é difícil defender que esta relación permaneceu constante en Galicia ao longo do século XIX. Nese dato inflúen problemas como a emigración, tanto estacional como prolongada, e a evolución dos sistemas de cultivo. Tampouco é homoxénea xeograficamente xa que tamén depende dos distintos sistemas agrarios. A cuestión para Galicia ten moita relevancia polo papel fundamental que xogou a muller nas tarefas agrícolas. Non foi un papel tanxencial senón que tiña un papel director na organización do cultivo en moitas zonas, aínda que puido verse incrementado pola emigración. Non é posible, sen embargo, cuantificalo e temos que conformarnos de novo cun mal dato. Debe quedar claro, sen embargo, que está a medir a productividade cunha importante marxe de erro. A única solución cuantitativa posible é analizar tamén a relación entre producción e poboación tendo en conta que a inmensa maioría da poboación galega traballaba no agro no período considerado e que non houbo unha diminución importante destas porcentaxes ata o século XX. Desta forma e combinando as dúas variables podemos facernos unha idea razoable da evolución da productividade do traballo. O cálculo da relación entre poboación e producción permite tamén ter en conta a análise feita por Carmona sobre a relación entre as dúas variables dende un punto de vista cuantitativo. Cadro 14 Taxas de crecemento acumulativo anual 1752-1900 (%) da superficie e poboación Sup. Ag. AAM Poboación Galicia 0,26 0,27 0,27 Castela 0,65 0,45 Fontes: Ibid cadro 13 Cadro 15 Taxas de crecemento acumulativo anual (%) dos factores de producción 1752-1900 PA/Sup prod P Ag/S Ag PA/AAM PA/Poboación Galicia 1,15 0,76 0,88 0,88 Castela 0,24 0,44 Fontes: 1752, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción no apartado II.7. Deflactor, Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores... op. cit.. Cadro 13

73 Edelmiro López Iglesias: “A dinámica do emprego agrário em Galiza ao longo do século XX : Análise das suas tendéncias numha perspectiva comparada”. En Xoaquín Fernández Leiceaga ; Manuel Jordán Rodríguez ; Edelmiro López Iglesias e Xavier Vence Deza (Coords.) : Estudos en homenaxe ao profesor Xosé Manuel Beiras Torrado, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1995, pax.388.

54

Cadro 16 Taxas de crecemento acumulativo anual (%) dos factores de producción 1752-1900 Estimación da ocultación forestal en 1752 60% PA/Sup prod P Ag/S Ag PA/AAM PA/Poboación Galicia 1,03 0,76 0,75 0,76 Castela 0,23 0,43 Fontes: 1752, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción no apartado II.7. Deflactor, Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores... op. cit.. Cadro 13 Os cadros 14 a 16 reflicten o crecemento das catro variables consideradas de acordo coas dúas estimacións realizadas da producción agraria. Para a análise da productividade da terra consideramos a productividade agrícola considerada como a relación entre a producción agrícola e a superficie cultivada e a productividade total da terra que é a relación entre superficie productiva e o producto agrario. Unha terceira posibilidade a relación entre producto agrícola e gandeiro e a SAU (superficie cultivada máis pastos) non pode realizarse pola imposibilidade de cuantificar a superficie de pastos. Os datos para a primeira das posibilidades, a productividade agrícola, mostran que o crecemento desta variable tivo un ritmo menor que a producción agrícola. Esto nos está indicando que parte da explicación do crecemento da producción agrícola temos que buscalo nun incremento da superficie cultivada que seguindo a Carmona nos datos xa comentados habería que situar na primeira metade do XIX, aínda que os datos de Balboa sobre lexitimacións de repartos de monte tamén citados anteriormente permiten tamén proxectar parcialmente a ampliación da superficie cultivada con posterioridade. En calquera caso non podemos cualificar á luz das cifras do cadro 9 que se trata de un crecemento de tipo extensivo, senón todo o contrario. Estes datos están a sinalar un importante proceso de intensificación no uso da terra agrícola ben por melloras nos rendemento dos cultivos74 ou ben por melloras nas rotacións de cultivos que permitiran obter unha maior producción total por hectárea75. Estes dous procesos poden darse simultaneamente pero non é inevitable. No que se refire a productividade da superficie productiva o ritmo de crecemento é maior tanto nunha como noutra estimación o que hai que relacionar sen dúbida ningunha coa importancia crecente da gandería. Máis dificultades impón a consideración do papel do monte no que as dúas estimacións resultan diverxentes. Esto non supón de novo ningunha sorpresa dada a baixa fiabilidade dos datos sobre o monte que non son exclusivos da producción. Os datos oficiais sobre o monte son moi malos, cando non completamente rexeitables para o século XIX e incluso para o primeiro tercio do XX como ten demostrado Balboa para os catálogos de montes públicos76. A única posibilidade de contrastación neste caso está na aproximación cualitativa que será ensaiada no apartado 5 deste capítulo. Sorprendentemente á luz dos problemas metodolóxicos expresados no seu momento os datos sobre a productividade do traballo parecen mostrar unha relativa fiabilidade ao manter unha concordancia total cos cifras de producción por habitante.

74 Tal e como ten demostrado Xosé Manuel Pérez García para o período anterior a 1850. “A agricultura galega e os seus rendementos. Un estudio evolutivo (1700-1850)”. Revista Galega de Estudios Agrarios, 9, 1983, pp. 35-70. Para o medio século posterior non existen datos que permitan manter unha ou outra postura. 75 Proceso que será considerado no apartado 4. 76 Balboa, O monte... op cit pax 98-158.

55

Non podemos pese a todo rexeitar que están sobreestimadas, feito que á luz da importancia do fenómeno migratorio na segunda metade do século XIX e que afectou fundamentalmente a varóns é máis que probable. Sen embargo a tendencia de crecemento desta variable non pode ser negada, o que contradí a interpretación de María Xosé Rodríguez Galdo. Os datos de comparación coa poboación invalidan a tese de Carmona de que a producción non crece máis do que o fai a poboación e anulan a explicación excesivamente monocausal de Eiras Roel sobre emigración77. Estes traballos sitúan a causa da emigración no desequilibrio entre poboación e recursos e de acordo coas cifras presentadas non parece que ese desequilibrio tivese lugar. De feito, e de acordo coa profesora María Xosé Rodríguez Galdo78, “A explicación da emigración por unha densidade de poboación excesiva en relación cos recursos dispoñibles esixiría determinar en primeiro lugar a densidade de poboación óptima en relación con cada momento histórico”. Os datos aportados por nos orientan á explicacións multicausais da emigración nas que as estratexias familiares teñen un importante papel como as defendidas no traballo citado de Rodríguez Galdo ou na interpretación de Ramón Villares e Marcelino Fernández Santiago79. Dende o punto de vista comparativo os datos mostrados ata o momento sinalan que os ritmos de crecemento e intensificación foron maiores en Galicia que no conxunto da Coroa de Castela, aínda que tamén se sinalou que si puidésemos facer a comparación co conxunto do Estado as diferencias serían menores. Queda aínda por analizar o que supuxo esa maior intensidade na posición absoluta de Galicia no conxunto do territorio. Estes datos se mostran no cadro 17. Estas cifras demostran que a situación de partida en cuanto a productividade do traballo e a capacidade de alimentar á poboación era mala para Galicia (se tivésemos datos de comparación na productividade da terra a situación sería con toda seguridade inversa) e que o proceso de intensificación sinalado polos datos cuantitativos analizados permitiu corrixir esta diferencia e situarse por riba da media española. En relación coa producción De novo queda contrastada a importancia da especialización gandeira no contexto español que é preludio do que logo acontecerá ao longo do século XX e aínda máis se temos en conta a sinalada ocultación dos censos. Non son significativos os datos do producto forestal porque só se corrixen para Galicia e non para o conxunto do Estado.

77 Antonio Eiras Roel (Ed.) Aportaciones al estudio de la emigración gallega, un enfoque comarcal, Santiago, 1993. Eiras Roel (Ed.) La emigración española a ultramar, 1492-1914, Madrid, 1991. 78 O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, Xunta de Galicia, Santiago, 1995 pax. 30. 79 Historia da emigración galega a América, Xunta de Galicia, Santiago, 1996.

56

Cadro 17 Participación % de Galicia en Castela PA Pag Pg PF PA/AAM PA/Poboación

1752 9,8 8,3 12,2 21,9 49,7 70,9 1900 14,4 11,3 17,2 25,2 130,5 137,6

Participación % de Galicia en Castela Ocultación da producción forestal en 1752 60% PA Pag Pg PF PA/AAM PA/Poboación

1752 11,6 8,3 12,2 41,1 58,8 84,0 1900 14,4 11,3 17,2 25,2 130,5 137,6

Fontes: 1752, Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias...”, op. cit.. 1900 A reconstrucción no apartado II.7. Deflactor, Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores... op. cit.. Cadro 13 Os datos cuantitativos mostran unha visión da evolución productiva contradictoria co defendido por parte da historiografía galega, pero na nosa opinión tampouco poden ser tomados como absolutamente fiables. Pola contra os problemas sinalados nas fontes non permiten que nos sintamos satisfeitos unicamente con unha aproximación cuantitativa. Nas páxinas seguintes faremos unha análise das transformacións dende unha perspectiva cualitativa o que permitirá por un lado contrastar os procesos que acabamos de describir e polo outro aportar algúns dos elementos necesarios para explicalos en relación ademais coa perspectiva medioambiental que foi defendida no apartado anterior deste capítulo. Este traballo pretende escapar da visión unívoca do desenvolvemento económico que só se fixa nos índices de crecemento á hora de avaliar a bondade da evolución da economía80. Pola contra os índices indican unha parte do proceso económico de suma importancia, pero non o esgotan nin o explican suficientemente.

80 Como sinala con acerto Manuel González de Molina “Condicionamientos ambientales del crecimiento agrario...” op cit pax. 44.

57

I.4-TRANSFORMACIÓNS NA AGRICULTURA. A INTENSIFICACIÓN DAS ROTACIÓNS DE CULTIVOS E A CREACIÓN DE PRADOS.

En case toda a historiografía rural galega o concepto de sistema agrario, ou sistema agrario tradicional, é a base que permite artellar unha interpretación diferenciada da evolución agraria da Galicia no contexto da formación do Estado Español contemporáneo. Sen embargo, non é un concepto que poidamos aceptar sen máis precisión. 81 Porque, ¿cales son os elementos que nos permiten adoptar unha visión diferenciada do agro galego respecto doutras agriculturas peninsulares? e, por outra banda, ¿en que medida a gran variabilidade rexional dentro da Galicia permite seguir mantendo un concepto único de sistema agrario para todo o país? Nunha investigación coma esta que pretende facer unha análise no longo prazo e dende unha perspectiva macroespacial estas preguntas son especialmente relevantes, pese ás dificultades para darlles resposta. O sistema agrario galego soe definirse en base a un elemento singular e esencial, a integración productiva policultivo-gandería-monte, que podemos rastrexar nos seus caracteres fundamentais cando menos dende mediados do século XVIII82. A pesar das múltiples transformacións que sufriu o sistema dende esa data ata mediados do século vinte, non existe ningunha fractura estructural que alterara substancialmente a relación entre estes tres elementos. Só se atopan claras evidencias da súa desarticulación durante as décadas centrais do réxime franquista, moi en relación coa configuración definitiva dun estado forte e centralizado que comeza a ter capacidade e interés por incidir realmente na sociedade rural galega.

Os tres elementos antes nomeados, policultivo, gandería e monte, están

directamente interrelacionados nun sistema de retroalimentación. A producción agrícola ten un carácter moi intensivo e precisa dunha gran cantidade de adubos que se obteñen tanto do monte -toxo- como do gando. O toxo resulta, dentro do sistema que estamos a definir, esencial en tanto que supón a base coa que se elabora o esterco, adubo case exclusivo en Galicia ata principios do século XX. Esto explica, en grande medida, por qué a superficie adicada a monte ocupa arredor das tres cuartas partes do espacio agrario do país ao longo do período que estamos a considerar. É preciso salientar que o monte non é nunca un espacio improductivo, ao contrario do que se afirma en numerosos traballos que non se preguntan -e polo tanto non obteñen resposta- acerca da súa funcionalidade. O monte aporta, ademais, pasto para o gando e espacio para cultivos intermitentes -as estivadas, unha forma de cultivo de rozas-. Asemade, o gando consume os cultivos forraxeiros que se estenden coa intensificación das rotacións. A gandeira ten un papel esencial para a supervivencia da economía labrega, xa que as vendas de vacún permiten dispor de diñeiro para afrontar as esixencias fiscais do novo réxime liberal.

81 Nós preferimos non engadir a etiqueta tradicional xa que introduce demasiados elementos subxectivos e confusos. Por exemplo, case nunca se indica a que nos estamos a referir co termo tradicional, non se aclara dende cando está conformado ese sistema tradicional e, por último, ás veces tradicional é un termo equivalente a estático ou retardatario, mentres que outras acéptase que dentro dun sistema tradicional hai transformacións. É un concepto tan pouco útil como o de precapitalista, en tanto que inclúe nunha mesma definición realidades moi diferentes. 82 A caracterización máis completa do sistema agrario atopámola na obra do xeógrafo francés Abel Bouhier La Galice... op cit, nunca suficientemente reivindicada. Cun carácter máis histórico Balboa O Monte.... op cit.

58

A utilidade do concepto de sistema agrario ten sido criticada recentemente dende a teoría agroecolóxica83. Segundo este plantexamento, non tería demasiado sentido falar dun único sistema agrario xa que a variedade das condicións medioambientais da Galicia é suficientemente grande como para que os diversos sistemas de cultivo poidan ser integrados nunha única definición. Francisco González adopta o concepto de agroecosistema, que integra as condicións medioambientais (Medio Ambiente Natural), as formas de explotación agraria (Medio Ambiente Transformado) e o espacio social (Medio Ambiente Social) onde se leva a cabo un proceso de producción84. De acordo con esta definición, considera que non se pode falar dun único agroecosistema galego, polo que propón un método de análise local que permita comprender axeitadamente o funcionamento de cada agroecosistema.

Semella claro que non se pode falar dun agro galego uniforme. Dende un punto

de vista medioambiental, e isto quedou suficientemente claro no apartado adicado aos condicionantes medioambientais, e de organización do espacio agrario existen diferencias significativas que xustificarían a renuncia ao concepto de sistema agrario -por exemplo, entre a costa SO, a montaña luguesa e as Mariñas-. Agora ben, situándonos dentro da análise histórica, hai suficientes características e procesos comúns, ademais dos enunciados, para seguir mantendo un concepto que englobe todo o país. O concepto de agroecosistema inclúe na súa definición a importancia das condicións sociais, e dende esa perspectiva é evidente que se debe falar dunha Galicia rural común (non debemos esquecer, por exemplo, a cuestión da propiedade da terra ou a importancia do monte), e mesmo dende o punto de vista medioambiental pese as diferencias o conxunto de Galicia ten, como xa indicamos, características comúns que a diferencian do resto do Estado. Na súa crítica Francisco González presta escasa atención a estes elementos, así como á propia evolución histórica da sociedade rural galega, que subordina sempre aos medioambientais.

Con estas ideas non queremos reivindicar a existencia dun sistema agrario

homoxéneo, como tampouco o pretendían os distintos autores que contribuíron á definición do concepto. O que si é certo é que na historiografía sobre a agricultura galega contemporánea houbo unha certa tendencia a primar os aspectos globais fronte aos diferenciais, e neste punto a crítica de Francisco González resulta atinada. O concepto de agroecosistema resulta útil en tanto que permite analizar as diferencias rexionais. Utilizámolo aquí, por tanto, cun carácter subordinado ao de sistema agrario, sen que esto queira dicir outra cousa máis que a análise dos distintos agroecosistemas que conforman a realidade agraria galega debe ser integrada nunha explicación global que teña en conta non só o funcionamento sistémico senón tamén os procesos de transformación que tiveron lugar ao longo da Idade Contemporánea.

83 José Francisco González Vázquez, Os começos da política de concentraçom parcelaria em Galiza. Vale de Barcala, década de 1950, Tese de Licenciatura inédita, Departamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de santiago de Compostela, 1997. 84 Toledo, Victor Manuel : “La racionalidad ecológica de la producción campesina”. En Eduardo Sevilla Guzmán e Manuel Gonzalez de Molina (Eds.): Ecología campesinado e historia. La Piqueta, Madrid, 1993, pax.197-218.

59

I.4.1. Os grandes espacios rexionais do agro galego. Aclarada esta cuestión, deberiamos agora definir os agroecosistemas cos que

imos traballar. En boa medida este traballo está feito na obra de Abel Bouhier, aínda que hoxe podemos avanzar na integración de variables que no momento da súa publicación eran insuficientemente coñecidas, como as climáticas ou, sobre todo, a edafoloxía. No estado actual dos coñecementos históricos non é posible, sen embargo, descender ao nivel de concreción que acada Bouhier na diferenciación das zonas, especialmente dado que as fontes históricas dispoñibles só permiten unha análise diferenciada en grandes espacios xeográficos, nos que podemos distinguir distintos modelos de evolución das rotacións de cultivos. Resulta arriscado caracterizar de agroecosistemas diferenciados a estes grandes espacios, pero como primeira aproximación e hipótese de traballo imos manter esta caracterización.

O conxunto da agricultura galega, con todas as súas diferencias internas, vai

experimentar dende mediados do século XVIII ata os anos da Guerra Civil un proceso común de enorme importancia caracterizado pola constante intensificación no uso da terra e dos recursos asociados. O proceso de intensificación veuse desenvolvendo ao longo das centurias do Antigo Réxime, pero acentúase dende finais do XVIII e, sobre todo, no XIX en estreita relación co sostemento da cabana gandeira, que pasa a desenvolver un papel fundamental na reproducción da economía familiar. Bó exemplo desto é que a gran maioría dos cambios acontecidos teñen como obxectivo alimentar esta cabana. As solucións adoptadas difiren en función das posibilidades de cada rexión. Nunhas comarcas óptase, fundamentalmente, pola introducción de cultivos forraxeiros e de prados temporeiros nas rotacións, especialmente na Galicia suroccidental. Noutra gran parte do país, e sobre todo no interior, a solución adoptada ven máis pola vía do establecemento de superficies pratenses coas que soster o gando, aínda que nestas zonas tamén hai unha importante intensificación nas rotacións que é a que permite, en definitiva, liberar terras para o establecemento de pradeiras e pastizais.

De acordo con estas consideracións, optamos por dividir o conxunto do territorio

galego en cinco rexións ou agroecosistemas. En primeiro lugar, temos o ámbito do regadío, que ven coincidir coa maioría das comarcas da actual provincia de Pontevedra -salvo o seu sector nororiental-, as comarcas do oeste ourensán e as do centro-sur da provincia da Coruña. A característica que permite a Bouhier definir esta zona é a utilización intensiva, e en boa parte ordenada, do regadío nas terras de labor. Esto non implica que no resto da Galicia non houbese un aproveitamento das augas para o regadío dos cultivos, sobre todo no caso das cortiñas,85 aínda que é preciso sinalar que estas representaban unha porcentaxe moi pequena da superficie cultivada. Caso aparte son os prados, nos que houbo unha utilización intensiva da rega en todo o país.86

De acordo con Bouhier dentro do sequeiro podemos diferenciar un sector que

engloba ao resto das comarcas costeiras, dende unha liña que colle Cee-Camariñas ata Santiago ao sur e toda a mariña lucense. Dentro deste agroecosistema podemos diferenciar dous subsectores en función dos ritmos de intensificación, que teñen o

85 As cortiñas eran espacios de cultivo de reducidas dimensións achegadas ás casas nos que tiña lugar unha agricultura moi intensiva, tanto no uso da man de obra como no da terra e fertilizantes. 86 Sánchez Regueiro, Afonso e Soto Fernández, David (1999): “Agricultura ou agriculturas na Galiza. Entre a Historia Local e os procesos comúns” en VVAA, Maia. Historia Regional e Local, Concello da Maia, Maia, vol. II, pp. 5-27.

60

centro da comarca de Bergantiños como liña divisoria (De Bergantiños á costa occidental e da mesma liña cara á mariña). A última gran zona é a Galicia das agras, que engloba ao resto do territorio, exceptuando o sector de enclosures das montañas setentrionais e o dos grandes openfields da parte suroriental do país, prolongación este último dos sistemas de cultivo de León e Zamora. A variabilidade das rotacións de cultivos en Galicia é inmensa de parroquia a parroquia e incluso de lugar a lugar. Malia a todo é posible distinguir grandes liñas de evolución por sectores e unha racionalidade conxunta a todo o sistema. O que nos demostra esta análise, unha vez máis, é que é extremadamente difícil falar dunha soa Galicia xa que as diferencias edafolóxicas e climáticas, así como as derivadas da estructura da propiedade e da organización social inciden poderosamente nos diferentes ritmos e nas diversas posibilidades de intensificación. Simplificando o máis posible, podemos diferenciar en primeiro lugar o ámbito do regadío que vén coincidir coa provincia de Pontevedra (salvo o sector nororiental), a parte oeste da de Ourense e o centro sur da Coruña. Dentro do sequeiro, as zonas máis dinámicas serían o resto da provincia da Coruña dende unha liña que collería Cee-Camariñas ata Santiago e a Mariña lucense. En última instancia situaríase a Galicia das agras seguida pola zona de enclosures das montañas setentrionais e os openfields da zona suroriental, que na práctica sería unha prolongación dos sistemas de cultivo de León e Zamora.87 I.4.2. As rotacións no ámbito do regadío.88 A análise ten que partir da zona do regadío, xa que é o verdadeiro motor do sistema agrario e a que marca a dirección fundamental. O estudio da evolución dos cultivos nesta zona é máis sinxela en tanto que a dirección fundamental é a dunha homoxeneización progresiva das rotacións cara a un predominio absoluto do cultivo do millo e das pradeiras artificiais. Fronte a unha situación a mediados do século XVIII na que coexistían nas diferentes calidades de terras múltiples posibilidades de combinación cunha importancia non desprezable dos cereais de inverno e do liño, a mediados do século actual xa estaba asentado o sistema que Bouhier define de campo-prado, e que nós, por razóns lingüísticas preferimos denominar de millo-prado, no que o millo coexiste con pradeiras artificiais a partir do outono durante anos continuados, soamente alternando ao cabo dun número variable de anos (que pode ser de cinco a dez) cun ano de patacas ou de centeo.89 A tendencia resulta bastante clara e coherente co que sabemos da evolución da economía rural en Galicia cara a unha especialización gandeira. Sen embargo resulta necesario afondar máis polo miúdo e afinar máis na cronoloxía do proceso e das distintas fases, xa que non resulta de todo evidente que en 1750 estivese xa botada a semente do que deu despois a ser o sistema de rotacións de cultivos, salvo no que se refire ao predominio do millo. 87 Os datos proveñen de Abel Bouhier: La Galice... op cit pax.665-743 e pax.775-806, xunto con diversas informacións cualitativas e os datos do Avance estadístico sobre el cultivo cereal y de leguminosas asociadas en España formado por la Junta Consultiva Agronómica, 1891, quinquenio de1886 a 1890, ambos inclusive, Madrid, 1981, 3 vols. 88 Bouhier define esta zona como a que ten unha utilización intensiva e ordéada da auga en parte das terras de labor aínda que con porcentaxes moi variables que van dende os 10-20% do suroeste litoral e Miñoto á zona do Condado-Covelo, que supera o 60% (datos dos anos sesenta deste século). 89 É dicir, unha forma particular de mixed farming.

61

Tal como atopa o sistema en 1750 Bouhier defende que o sistema estaba no camiño dunha simplificación que intentaba racionalizar as rotacións. Nese momento convivían tres tipos de rotacións nas mellores terras irrigadas do sector máis occidental (Cadro 18)

Cadro 18 ROTACIÓNS DE CULTIVOS NAS MELLORES TERRAS DE REGADÍO EN 1750

1º ANO 2º ANO 3ºANO

Rotación 1 (R1) N e F T ou C + MM MS

M

M

Rotación 2 (R2)

M L +

MS

M

M

Rotación 3 (R3)

MM T ou C + MS N e F

M L + N e F MM

M

Fonte: Elaboración propia sobre Bouhier... La Galice... op. cit. .As abreviaturas empregadas son: M- millo, M.S.- millo serodio, M.M.- millo miúdo, T-trigo, C-centeo, N- nabos, P- patacas, L- liño, F-ferraña (un cultivo de centeo forraxeiro que podia ir acompañado doutros elementos). Nas peores terras irrigadas, ou ben o millo se sucedía a si mesmo nun cultivo continuo, ou ben había unha rotación bienal do tipo T ou C, MM ou MS ou N e F + M. Na zona máis oriental do dominio do regadío a situación era bastante máis complicada. Atopamos rotacións de tipo R2 e R3 ou ben rotacións bienais de L, N e F +M ou sucesións de tres ou cinco anos de millo seguidas dun ano de liño ou cereal de inverno. As terras non irrigadas estaban directamente relacionadas con este sistema aínda que constrinxidas polas súas peores condicións. Predominaban rotacións do tipo R1 ou R3 (ó norte da ría de Arousa), cultivo continuo de millo e nas peores cultivo continuo do centeo e alternancia bienal C +M. Resulta necesario deterse no comentario das rotacións neste período afastado do espacio temporal que estamos a analizar, xa que é o primeiro momento do que temos datos absolutamente seguros e nos permite entender a evolución posterior. Hai certos elementos que resultan de interese para o noso tema. Podemos identificar unha evolución cronolóxica a partir desta situación. A rotación R3 é claramente máis antiga, estaba máis sobrecargada (cinco colleitas en tres anos), e xa nestes anos estaba en vías de substitución polas rotacións R1 e R2 nunha dirección sur-norte, o que implica unha maior presencia do millo pero non unha completa desaparición dos cereais de inverno e do liño. Esta explicación vese corroborada polo feito de que nas peores terras irrigadas e no sequeiro houbese rotacións continuas de millo. Nestas terras non se podían facer colleitas boas de cereal de inverno ou de liño, polo que se adicaban exclusivamente a millo. Se a dirección neste momento fora xa cara a un claro predominio do millo sería lóxico pensar que se comezaría polas mellores terras. A tese que sostemos é que, aínda

62

que neste sistema estaban postas as condicións que permitiron a extensión do millo-prado, temos que explicar ese proceso como unha consecuencia da reestructuración económica na sociedade rural. A mediados do XIX o liño convertérase nun cultivo claramente secundario, o que hai que por en relación coa desestructuración da industria téxtil que foi estudiada por Xan Carmona.90 Malia que o cultivo do liño non desapareceu completamente, como poderiamos pensar de facerlle caso aos datos das estatísticas do XX, e recorríase a el no caso de conxunturas de aumento de prezos dos productos téxtiles, como despois da primeira guerra mundial,91 xa non se trataba evidentemente dun cultivo principal do sistema, senón dun complemento. Algo parecido podemos dicir da perda de importancia dos cereais de inverno. A primacía alimenticia destes cereais, sobre todo do trigo no imaxinario campesiño, é sobradamente coñecida, de forma que era considerado de peor nivel social aquel que tiña que consumir pan de millo ou de mezcla.92 Os labregos e labregas da Galicia suroccidental tiveron que ter poderosas razóns para relegar a un plano tan secundario o cereal máis nobre. Nestas razóns teñen primacía a presión demográfica e sobre todo as necesidades de alimentación do gando o que de novo nos sitúan a meirande parte da transformación no século XIX. O cultivo do millo veu nun primeiro momento substituír a posición do millo miúdo no sistema agrario e só nunha segunda fase se estenderá a outras terras e xogará un papel determinante na evolución do sistema.93 O proceso evolutivo mediante o que as rotacións R1 e R2 se converten no sistema de millo-prado é bastante evidente. O cultivo do liño e do cereal de inverno perderon primeiro unha posición na rotación, de forma que esta quedaría: T ou C ou L, N e F + M + M, N e F, + M + M e de novo o cereal de inverno ou o liño.94 Desta forma pasaríase a unha rotación que estaría preparada para asumir un cultivo continuo do millo co complemento forraxeiro dos nabos e a ferraña, primeira fase do que logo sería o millo-prado. Bouhier considera que na altura de 1860-70 o cultivo do millo continuo estaría completado na Galicia suroccidental, salvo nas parcelas onde aínda se mantivese o cultivo do liño en rotacións do tipo R2 e R3 ocupando cando menos as 4/5 partes das parcelas, o que resulta coherente cos datos que temos sobre a extensión das pradeiras artificiais.95 En calquera caso si é seguro que esta sería a situación á altura dos anos noventa do século XIX, de acordo cos datos do avance estatístico de esas datas.96 Resulta tamén natural identificar a combinación de nabos e ferraña como un antecedente das pradeiras artificiais que logo se estenderán. Sobre a ferraña temos unha descrición de finais do XIX que resulta bastante indicativa das súas características:

90 Xan Carmona Badía: El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de las manufacturas textiles (1750-1900). Ariel, Barcelona, 1990. 91 Valeriano Villanueva: Organización del cultivo... op cit pax. 427-428. 92 Sobre a superioridade moral dos habitantes do interior fronte aos barrosos (comedores de millo) do litoral Pegerto Saveedra: La vida cotidiana en la Galicia del antiguo régimen. Crítica , Barcelona, 1994, pax. 129-152. 93 A tese de que o millo ocupa nun primeiro momento o espacio do millo miúdo é defendida por Bouhier e con novas argumentacións por Pegerto Saavedra: "Sobre las transformaciones del sistema agrario de la Galicia del antiguo régimen", en Paysages et sociétés: Péninsule Ibérique, France, régions atlantiques. Mélanges géografiques en l´honneur du professeur Abel Bouhier. Centre de Géographie Humaine et Sociale, Université de Poitiers, Poitiers, 1990, pp. 17-28. 94 Bouhier: La Galice... op cit pax. 764-765. 95 Ibid pax.784. 96 Avance estadístico sobre el cultivo cereal y de leguminosas asociadas en España formado por la Junta Consultiva Agronómica, Madrid, 1891.

63

"...se depositan en la tierra y a voleo semillas diversas, entre las que

predominan casi siempre las de trigo y centeno y aún las de mijo menudo a beneficio de los abonos que han servido para otros vegetales (...) El rendimiento de dichos forrajes es generalmente mayor que el que se consigue con una sola clase de semillas; primero porque siempre se hace la siembra espesa y no quedan espacios o calvas entre las plantas, y segundo porque esta clase de siembras, y por la diversidad de semillas, permite dos o más cortes durante la estación, pues aunque algunas no ahijan despues de segadas, ofrecen en cambio mayor espacio a las que tienen esa propiedad y aún auxilian su desarrollo a medio del abono que produce la descomposición de sus raices."97

Sen embargo na época na que escribe Fernández Soler o cultivo de nabos e de ferraña asociado ao millo estaba en franco retroceso na provincia de Pontevedra, quedando só nas zonas limítrofes á Coruña e Ourense, é dicir nas zonas de sequeiro da provincia.98 O sistema de millo-prado estaba xa completamente asentado e o cultivo de gramíneas soas ou en combinación de varios tipos desprazara outros tipos de cultivos forraxeiros. Dúas combinacións foron predominantes: a "herba portuguesa" (tamén coñecida como "serradela", "avea", "herba molar" ou "xoio"), predominante no litoral sur e na zona miñota, salvo zonas escasas onde se mantivo a ferraña como en Ponteareas-Salvaterra, e a "Herba de Vigo", un Ray-grass do tipo Lolium Multiflorum procedente do norte de Portugal. Podemos coñecer con bastante precisión o proceso de extensión da herba de Vigo. Non aparece reflectido na época do catastro de Ensenada. Segundo Bouhier a súa extensión na ría de Vigo non pode ser anterior a 1820-30. En calquera caso tivo unha propagación rapidísima xa que na altura de 1860 estaba estendida xunto coa serradela e o trevo encarnado por Caldas, Vilagarcía, Cambados e Pontevedra, onde se facía comercio coa semente, boa proba da súa aceptación.99 A extensión máis ao norte do Barbanza terá que esperar segundo Bouhier (parte de fonte oral) ata os anos vinte deste século alcanzando entre eses anos e os corenta zonas de sequeiro como Santiago e máis o norte e polo este ata a dorsal Suído-Avión. Este sistema non é exclusivo das terras de regadío senón que nas mellores terras de sequeiro desta zona existía o mesmo sistema só que cunha maior frecuencia do cultivo intercalar de patacas100 ou cunha maior presencia do trevo encarnado fronte á herba de Vigo.101 En definitiva, o sistema de millo-prado supuxo a utilización máis intensiva do espacio cultivado ao ter que soster as terras dous cultivos cada ano, un cereal destinado tanto á alimentación humana como á animal e outro exclusivamente forraxeiro. Este sistema representa o grao máis perfeccionado do equilibrio productivo agricultura-gandería-monte, característico do conxunto do agro galego contemporáneo no que as terras de labor responden a dúas necesidades, a alimentación humana e a do gando, sen que resulte doado atribuírlle preeminencia a ningunha das dúas. Non se nos debe

97 Cosme Fernández Soler: Pontevedra. Sus producciones agrícolas. Vda. e hijos de Madrigal, Pontevedra, 1890, pax.37-38. 98 Ibid pax. 46. 99 Como indica Ramón Somoza Piñeiro nun artigo da Revista Económica. Periódico Agrícola da SEAPS, T 1, 1859-60, pax 342. 100 Bouhier: La Galice... op cit pax.710-12. 101 Valeriano Villanueva: Organización... op cit pax.387.

64

esquecer tampouco que ao estar máis sobrecargadas as terras as necesidades de fertilización eran maiores, o que tamén debeu implicar unha maior utilización dos recursos do monte. I.4.3. As rotacións no ámbito do sequeiro. Na zona do sequeiro exclusivo as diferencias internas son tan grandes que resulta conveniente diferenciar. Por un lado temos que considerar as terras máis dinámicas que en liñas xerais presenta unha evolución similar, que non idéntica, á do dominio do regadío. Esta é a zona máis occidental dende o sector de Cee-Muxía, a terra do Xallas, a terra de Soneira e o bordo litoral dende Bergantiños ata a ría de Ribadeo. Esta zona pódese dividir en dúas, segundo os ritmos de intensificación: dende Cee-Muxía ata o Bergantiños occidental e dende o Bergantiños central ata Ribadeo. Ata o Bergantiños occidental en 1752 predominaban as rotacións trienais do tipo R3 e R1 constatándose de novo a orixe da rotación R1 por derivación da R3 que estaba nesa época en avanzada fase de desaparición. No segundo sector dominaba unha rotación bienal do tipo T ou C + M ou MM dependendo das zonas. Na parte oriental estaba presente o barbeito cultivándose só cereal de inverno. A evolución do conxunto dos dous sectores ó longo do XIX e do XX preséntase bastante coherente nunha dirección de maior presencia do millo en todas as rotacións, substituíndo o millo miúdo alí onde estaba presente e tomando parte na desaparición do barbeito. En concreto no sector Cee-Muxía/ Bergantiños occidental vemos cómo a evolución do sistema cara ao millo-prado non estaba predeterminada xa que se a tendencia foi dirixida cara á consolidación da rotación R1 non pasou o mesmo co millo-prado, xa que só sobrepasou a liña do Barbanza despois de 1920. No partido de Noia xa estaría na última década do XIX iniciado o camiño cara á herba de Vigo cun cultivo continuo de millo e de forraxe de ferraña pero tamén de trevo.102 Sería un estadio arcaico do millo-prado propiamente dito. Tamén no segundo sector (Bergantiños central-Ribadeo) produciuse unha progresiva substitución do ritmo bienal por un trienal no que o millo estaba presente en dous de cada tres anos (R1), aínda que tamén podían darse casos da presencia de patacas nun deses anos. A información oral permítelle a Bouhier situar a extensión do ritmo trienal en torno á segunda metade do XIX. De acordo co Avance de 1891 estaría xa completada en Bergantiños na última década do século.103 Esta rotación tamén foi estendéndose cara a leste pero moito máis lentamente. Chegaría á Mariña de Betanzos e ao litoral de Lugo despois dos anos corenta. No avance de 1891 queda ben claro o predominio de rotacións bienais nos que o millo tiña unha importancia secundaria en Betanzos e máis importancia nos partidos xudiciais da Coruña, Ferrol, Corcubión, Padrón, Ordes, Negreira, Santiago e Arzúa. No litoral de Lugo a extensión do millo veríase freada pola competencia da pataca. Cara ao interior da provincia da Coruña a evolución sería similar á da zona do litoral occidental e de Bergantiños, pero máis lenta. No resto de Galicia tanto na zona de agras de Lugo como nos enclosures das montañas setentrionais e nos openfields do extremo suroriental o cultivo do millo era descoñecido ou moi escaso. Nestas tres zonas estaba moi estendida a práctica do 102 Avance estadístico...cereal, 1891. op cit 103.Ibid.

65

barbeito; de forma completa no extremo suroriental e nas montañas setentrionais. Nesta última zona o cultivo non era ademais continuo. Nos actuais concellos das Pontes, Muras e Xermade existía un cultivo de cereal de inverno (predominando o centeo) e barbeito durante 8-12 anos seguido dun período máis longo de descanso das terras. Na Galicia das agras o barbeito coexistía con rotacións bienais de cereal de inverno e millo e máis comunmente de millo miúdo. A intensificación nestas zonas consistiu polo tanto nun progresivo abandono da práctica do barbeito, e aínda que o millo xogou o seu papel de acordo coa explotación dos datos do diccionario Madoz para mediados do XIX feita por Bouhier o papel director tívoa a introducción da pataca. Compre indicar en calquera caso que as diferencias nos sistemas de cultivo e nos ritmos da intensificación hai que atribuílos ás condicións edafolóxicas e climáticas e ás posibilidades de fertilización antes que a unha suposta maior capacidade de innovación dos labregos do litoral occidental. O proceso de extensión do cultivo da pataca é bastante máis difícil de coñecer con precisión que o do millo. Todos os investigadores que se ocuparon deste punto coinciden que o XIX é o século clave para este cultivo estando no XVIII relegado fundamentalmente ás cortiñas. Tamén se coincide en que o proceso ten unha progresión xeográfica diverxente á do millo dende o leste cara ao oeste, en coherencia co feito de que este cultivo ten un papel fundamental na desaparición do barbeito. Onde existen diferencias é nos ritmos da difusión. Fausto Dopico e María Xosé Rodríguez Galdo consideran que é un proceso rápido pola comparación entre os diccionarios de Miñano e de Madoz, argumento bastante discutible dada a baixa fiabilidade do primeiro como eles mesmos recoñecen.104 Bouhier pola súa parte considera que aínda que a introducción da pataca nas agras é un proceso continuo ao longo do XIX sostén que é extremadamente lento, e que de feito non se completa ata principios do XX.105 A argumentación fundamental baséase nas dificultades que traía a alteración dos sistemas de cultivo das agras, que precisaban dun consenso de todos os veciños, e o baixo prestixio cultural da pataca como alimento humano, que en certa medida viña a concederlles a revancha aos barrosos (comedores de millo) da Galicia litoral.106 Bouhier sostén que a extensión definitiva do cultivo é un feito posterior a 1890 prolongándose ao longo do primeiro tercio do século á medida que se foron vencendo as resistencias. Sen negar que a extensión continuase no século XX, non se pode negar que no último tercio do XIX xa estaba moito camiño andado na supresión dos barbeitos. O enxeñeiro de Lugo estimaba en 1875 que aínda que o barbeito continuaba existindo nesa provincia estaba en franco retroceso fronte ao sistema bienal, e que o cultivo da pataca estaba tan estendido que aínda quedaba remanente para a comercialización.107 Os freos culturais ao seu consumo tamén foron desaparecendo co tempo, de acordo cunha serie de artigos que Valeriano Villanueva lle adicou ao cultivo a principios de século, que mostran cómo incluso se atendía ao tipo de semente segundo fose a utilización que se 104 Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX. Edicións do Castro, Sada/A Coruña, 1981, pax.51-61. 105 La Galice... op cit pax.788-802. 106 Esta argumentación e apoiada polas recentes investigacións de Pegerto Saavedra:La vida cotidiana... op cit pax.149-152. 107 Antonio Ulloa y Giménez: Memoria formada por el ingeniero industrial, secretario de la junta de agricultura, industria y comercio de Lugo, 1875, edición da Revista Galega de Estudios Agrarios, 5, 1981, pax.329-30 e 333.

66

lle pretendía dar.108 As dúas posicións non son contradictorias e o máis probable é que, aínda que a extensión no XIX sería importante, non remataría ata o XX. As cifras das estatísticas non axudan moito xa que ofrecen lagoas importantes (CADRO 19).

CADRO 19. SUPERFICIE DA PATACA EN GALICIA, 1902-1935.

ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1902 896 15760 15263 6040 37959 1910 12000 16000 11190 6400 45590 1912 12307 16200 15500 2000 46007 1922 25000 40000 18575 5800 89375 1926 21460 22000 15400 6100 64960 1927 22792 25000 15574 6360 69726 1928 16263 24504 30866 7185 78818 1929 27836 34210 24366 7200 93612 1930 27836 25000 18904 7200 78940 1931 66088 24200 18203 7503 115994 1932 60000 24200 18203 7770 110173 1933 58515 26215 18147 7863 110740 1934 58540 26215 18155 7863 110773 1935 58551 26210 18160 7863 110784 Fonte: GEHR: Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935. MAPA, Madrid, 1991. Malia que os datos do cadro parecen indicar un crecemento do total galego, na práctica podémolo atribuír en todos os casos a datos viciados por provincias; así o dato moi baixo da Coruña de 1902, o dato de Lugo de 1922 e sobre todo o salto da Coruña de 1931. Se expurgamos estes datos o crecemento é moito máis moderado. Sen embargo hai outras consideracións que nos levan a observar con cautela as cifras. Os datos parecen moi baixos globalmente. Non é aceptable que A Coruña chegue a triplicar as superficies de Lugo ou as de Ourense. As cifras de Pontevedra, aínda sendo unha producción secundaria nesta provincia, parecen baixas tendo en conta que se estaba a asentar como complemento do millo no sistema de millo-prado. A cifra de superficie da Coruña a partir de 1931 é completamente inaceptable. Valeriano Villanueva non cría que a cifra de producción deses anos se achegase ao que estaba pasando. As cifras de producción da Coruña (en torno aos dez millóns de qts. nos anos da República) e de Galicia (en torno aos 16-18 millóns de qts.) proveñen desa suba de corenta mil Has. e non dunha suba de rendementos. “Corresponde en la provincia de La Coruña más de una tonelada de patatas por habitante.(...) Y se impone, atendidos los datos oficiales, la economía dirigida. Porque de otro modo si la sabiduría del estado no nos guía y sujeta, ¿qué vamos a hacer de tantísimos quintales (...) ¿Qué misterioso poder ha movido a los funcionarios municipales galáicos para volcar a “feixes” en la estadística los quintales métricos de esta producción, como si se tratase de la anunciada de algún nuevo maiz milagroso oculta en las posibilidades y lejanías de lo futuro?”109

108 Serie de artigos en Prácticas Modernas nos anos 1903 e 1904. 109 “La estadística de la cosecha de patatas y otros excesos”. La Voz de Galicia, 14-I-1933.

67

En consecuencia estes datos non nos valen á hora de precisar máis polo miúdo a cronoloxía da difusión da pataca. Queda suficientemente demostrado, sen embargo, que o tubérculo xogou un papel similar ao do millo no proceso de intensificación do sistema agrario da Galicia oriental.

Ao proceso de expansión do cultivo do millo e das patacas nas comarcas das agras e de montaña debemos engadir outro fenómeno en estreita vinculación cos indicados, o aumento da superficie adicada a prado e pastizais. En efecto, a expansión das superficies pratenses é unha constante dende mediados do século XVIII, en estreita relación co incremento da cabana gandeira. Debemos ter en conta, tal e como sinala Pegerto Saavedra110, que as solucións adoptadas no agro galego para o sostemento do gando foron distintas dunhas comarcas a outras. Como xa se indicou, na Galicia occidental optouse preferentemente pola introducción de cultivos forraxeiros dentro das rotacións, como a herba de Vigo. É o caso da península do Salnés, onde entre mediados do XVIII e mediados do XX non se constata aumento da superficie adicada a prado, que ademais era escasa111. Sen embargo, esto non quere dicir que no conxunto da Galicia occidental os prados fosen inexistentes, tal e como se constata para terras do interior de Pontevedra112 e outras comarcas.

Na Galicia das agras e nas comarcas de montaña a opción orientouse cara o

incremento da superficie pratense, feito que se viu favorecido nalgunhas zonas pola introducción das patacas e o millo -a maior productividade do labrado permite a ampliación dos prados113 e, sobre todo, pola conversión de terras antes adicadas a monte. En xeral, este proceso resulta doado de detectar pero difícil de cuantificar, xa que se corre o risco de supervaloralo -sobre todo se atendemos á información que nos proporcionan os contemporáneos-, aínda que tampouco se pode obviar que a gran cantidade de pleitos que se suceden dende o século XVIII en torno ao uso e dominio das augas evidencian a existencia do mesmo; ademais, tal e como indica Saavedra114, parte do proceso puido quedar sen constancia escrita.

Distintas investigacións comarcais sinalan como a mediados do XVIII a

superficie adicada a prados era relativamente escasa dentro do conxunto das terras cultivadas: arredor do 5% nas comarcas litorais e porcentaxes algo superiores no interior (9%); a excepción estaba constituída pola montaña lucense, onde xa a estas alturas os prados ocupaban máis do 10% das terras cultivadas115. Será a partir de finais do XVIII cando nas terras do interior teña lugar o proceso de incremento das superficies pratenses. Así, en Chantada dunha porcentaxe do 4´9% no 1752 pásase en 1880 a un 15´4%116 e nas terras do partido xudicial de Arzúa no 1845 a superficie de prados

110 Pegerto Saavedra, “Prado”, En Gran enciclopedia gallega, vol. XXV, pp. 196-198, S/D. 111 Pérez García, José Manuel: Un modelo de sociedad rural de Antiguo Régimen en la Galicia costera: La península del Salnés (Jurisdicción de La Lanzada), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1979. 112 C. González Zúñiga, Descripción geográfica, estadística, económica é histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombre célebres, con inclusión de la Ría y Provincia, Pontevedra, 1848. 113 Saavedra, Pegerto: Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo 1480-1830, Xunta de Galicia, Santiago, 1984. 114 Ibid. 115 Pegerto Saavedra “Prado” Op cit. 116 Ramón Villares, La propiedad... op cit.

68

respecto das terras cultivadas é dun 17%117. Este proceso debe entenderse dentro do conxunto de transformacións que sofre o agro galego no XIX e comezos do XX encamiñadas a intensificar o sistema agrario, distinto do que acontecerá a partir de mediados do XX cando a porcentaxe de prados e pastizais chegará a superar o 20% para o conxunto das explotacións individuais de Galicia, segundo datos do Censo agrario de 1982, e que hai que relacionar co establecemento dunha agroindustria estatal por parte do franquismo e coa desestructuración definitiva do sistema agrario A análise da evolución dos sistemas de rotación nun longo prazo contradí a visión que considera que a agricultura de Galicia permanece estancada ao longo do século XIX ou cando menos na segunda metade. Pola contra, pódese afirmar que é un período fundamental para comprender a configuración que adopta o sistema agrario no século XX. A resposta das explotacións familiares fronte ás esixencias monetarias do novo réxime liberal e ás presións dunha incipiente mercantilización foi na dirección dunha intensificación das posibilidades productivas do sistema máis que na dunha expansión de tipo extensivo cara ás terras a monte. Os datos de Ramón Villares respecto a Chantada corroboran a idea de que en xeral o espacio cultivado total tivo poucas variacións, cando menos no último tercio do século XIX.118 Aínda que a resposta maioritaria foi a da intensificación, tampouco podemos rexeitar facilmente que non se producise un aumento moderado da superficie agrícola incluso no XX a carón do fenómeno de individualización dos montes comunais. Os datos recollidos por Xesús Balboa para a provincia de Lugo reforzan esta idea. O 18% das lexitimacións aparecen baixo epígrafes que podemos asociar con labrados (cereais, horta, labrado).119. En calquera caso trátase dun incremento moi moderado (sobre unha mostra moi escasa ademais), xa que o significado fundamental dos apresamentos está detrás dun intento de maximizar os recursos do monte en relación precisamente co proceso de intensificación que estamos a describir.120 Tamén Carmona recolle noticias da primeira metade do século XIX que indican que ese aumento da superficie cultivada se produciu aínda que é imposible de cuantificar dadas as diverxencias sinaladas por el das fontes dispoñibles121.

117 Presedo Garazo, Antonio: “Estructura, productividade e rendementos agrícolas da explotación campesiña na Galicia interior: O partido xudicial de Arzua en 1750-1860”, en Mªdel Pilar Torres Luna, Rubén C. Lois Ganzález e Pegerto Saavedra (Eds.), Espacios rurais e sociedades campesiñas. USC, Santiago, 1998, pp245-277. 118 La propiedad... op cit pax.190-202. 119 "As visicitudes do monte en Galicia, 1855-1975: Intervencionismo administrativo e privatización campesiña" en Ramón Villares (Ed.): Donos de seu. Estudios de historia agraria de Galicia, Sotelo Blanco, Barcelona 1988, pax.231. 120 Ibid pax.230. 121 El atraso... op cit pax. 38.

69

I.5- O PAPEL DO MONTE E A SÚA EVOLUCIÓN. Non é ningunha novidade na historiografía galega afirmar o papel crucial do monte nas posibilidades de reproducción das explotacións familiares. Xa no 1979 Abel Bouhier definiu este papel como o de auténtico soporte do sistema agrario, e máis recentemente xesús Balboa aportou novos datos nesta dirección. Estes dous traballos, máis abundantes referencias en múltiples investigacións adicadas especificamente ou non ao monte, teñen definido as funcións productivas destas superficies. Similar atención prestóuselle a evolución da propiedade no marco da implantación do sistema liberal. Pola contra aínda espera a súa investigación o problema central da evolución dos usos do monte en todo o período anterior á extensión da repoboación forestal, pública e privada, no século XX e sobre todo a partir dos anos corenta. A visión que sobre os usos nos ofrece a bibliografía dispoñible aparentemente mostra unha imaxe estática, pero unha lectura atenta das referencias documentais, que neste apartado completaremos con outras recollidas por nos, permite contradicir esta visión e definir unha evolución que, sen romper as funcións que xoga o monte no sistema, si se sitúa nunha liña de intensificación parella a que atopamos nas rotacións de cultivo. As transformacións productivas do monte van parellas á evolución da propiedade. É sabido que a comezos do século XIX a inmensa maioría dos montes de Galicia eran xuridicamente propiedade comunal con dúas formas diferentes de entender esta relación: os montes de varas de orixe romana e xeograficamente situados no tercio norte de Galicia, e os montes veciñais en man común de orixe xermánica e con presencia en toda Galicia pero predominantes nos dous tercios sur do pais.

Os montes de varas son aqueles que estando indiviso pertencían a persoas claramente diferenciadas ás que lles correspondía unha parte do monte. A un determinado liñaxe correspondíalle unha cuota do monte que era transmitida por herdanza e que se podía vender. Así aínda que o monte se aproveitaba comunalmente, salvo nos casos en que se dividía en parcelas durante uns anos para aproveitamentos individuais, cada propietario o era dunha porcentaxe que non tiña que ser igualitaria. Por outra banda non lle tiña que corresponder necesariamente a mesma parcela o mesmo propietario dúas veces seguidas, é dicir que si a porcentaxe da propiedade que dispoñía cada un estaba clara, esta non ía referida a un espacio concreto do monte. Estes montes podían ter frecuentemente, aínda que non é de extensión universal, un carácter foral, é dicir, que estaban gravados por unha renda.

O usufructo desigualitario do monte e o carácter individual dos dereitos indican

unha escasa cohesión comunitaria nas zonas onde predominan os montes de varas con aldeas máis cativas que nas zonas de predominio de montes veciñais. En xeral, de acordo con Abel Bouhier estes montes son predominantes na Galicia septentrional. Segundo este investigador o límite sur deste tipo de propiedade a comezos do século XIX estaría nunha liña que uniría a desembocadura do Ulla con Dozón e Pedrafita. Este límite faríase ademais máis pequeno co tempo reducíndose a súa extensión polo sur e polo oeste de forma que a finais da década de 1960, anos nos que realiza o seu traballo de campo o xeógrafo francés, os montes de varas estarían constreñidos ó extremo nordeste da provincia de Lugo e a algunhas parroquias do concello de Vilalba.122

122 La Galice...Op cit. pax.841-851. Para a situación a mediados do XVIII ver Rey Castelao, Ofelia, Montes y política forestal en la Galicia del Antiguo Régimen, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1995

70

En consecuencia poderíase concluír que a historia contemporánea deste tipo de

montes é a historia da súa progresiva desaparición, o que viría acentuado pola falta de fontes que nos permitan estudiar outros aspectos xa que a súa historia é en boa medida privada. É certo que a individualización dos montes de varas, vía reparto definitivo entre os porcioneiros, foi máis fácil e máis temprana que a dos montes veciñais, pero tamén o é que moitos destes montes foron progresivamente asimilados ós veciñais por parte da administración forestal cando por exemplo os inclúe nun catálogo ou nun plano de aproveitamento ou mesmo cando os clasifica como veciñais123. O mesmo sucede cando unha sentencia xudicial outórgalle un carácter de comunidade xermánica a un sistema de cuotas erosionado e noutros casos é a propia comunidade quen “veciñaliza” o monte de varas cando non hai excesivas diferencias entre as cuotas ou cando a complicación das mesmas vía herdanza ou venda fai imposible determinalas124.

A definición precisa dos montes veciñais ou en man común é máis sinxela. Son

montes veciñais aqueles onde a titularidade e o aproveitamento están ligados a pertenza a un grupo veciñal. É a residencia nun lugar a que outorga a titularidade e a non a herdanza ou a venda. Dese xeito se un veciño marcha do lugar titular do monte perde todos os seus dereitos e pola contra se alguén abre unha casa, pasa a “ter lume” no lugar, adquire automaticamente os mesmos dereitos sobre o monte que o resto dos veciños.

A definición da actual lei de MVMC define con bastante precisión o que son e o que eran os montes veciñais, bens de propiedade privada pero colectiva, que son inalienables, indivisibles e inembargables. Privados porque a titularidade non estaba adscrita a ningunha entidade administrativa senón á residencia nun determinado ámbito xeográfico, que podía ser moi variado. Un monte podía pertencer a unha parroquia, a un lugar, a dúas parroquias ou dous lugares ou a calquera combinación entre estas opcións. En canto a indivisibilidade, inalienabilidade e inembargabilidade está claro que si é a veciñanza a que outorga a propiedade non pode ser deixado en herdanza nin vendido. No que se refire o aproveitamento os dereitos son xuridicamente igualitarios entre os titulares, aínda que como veremos, na práctica este igualitarismo non será tal. Ó igual que nos montes de varas os veciñais poden estar gravados por rendas forais. Esto non implica en ningún caso que os montes forais sexan distintos dos veciñais, como teñen pretendido algunhas investigacións dos anos sesenta.125 Pola contra os dereitos de aproveitamento e de propiedade, neste caso o dominio do útil, obtéñense da mesma forma. Si é certo que o pago dunha renda foral fixo máis fácil a argumentación do carácter privado deses montes no embate desamortizador da segunda metade do século XIX.

A distribución xeográfica dos montes veciñais é complementaria a dos montes de varas, predominando na Galicia do sur. Se embargo, aínda que cunha presencia menor están distribuídos por toda Galicia, mentres que os de varas non se atopan no sur. 123 Este é o caso da comunidade de Formigueiros no concello de Samos que está clasificado como veciñal a pesar de que os veciños consideran que é de varas. Datos do estudio de campo do Grupo de Estudio da Propiedade Comunal. 124 Balboa, O monte... op cit pax.60-61. 125 De feito esta era a posición predominante entre os xuristas e enxeñeiros que participaron no proceso lexislativo que culminou na lei de montes veciñais en man común de 1968. Ver por exemplo. Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Comisión II: El sector agrario y las bases de su expansión, Subcomisión V: Expansión forestal, Santiago de Compostela, 1964.

71

Así o Catastro de Ensenada fornece abundantes exemplos da coexistencia nunha mesma zona de montes de varas e veciñais como é o caso de Ribadeo ou Viveiro. Non é posible precisar cuantitativamente a relación entre ambos, pero un dato está claro. Os montes veciñais son os predominantes en Galicia a principios do século XIX. Aínda que esta posición predominante a irán perdendo a medida que avance a individualización do monte a finais do século XIX e a principios do XX, non deixarán de ser unha parte fundamental das terras a monte, polo menos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, ata a actualidade, conservándose en torno ás 670.000 has. Resulta evidente que un dos rasgos principais que afectan a esta propiedade na Idade Contemporánea é a individualización da propiedade, vía apropiacións individuais ou repartos. Este proceso foi suficientemente estudiado por Xesús Balboa polo que non se describirá aquí extensamente. Sí se terá en conta, en tanto que está en estreita relación coas transformacións nos usos do monte no século XIX e aínda posteriormente. I.5.1. A funcionalidade do monte.

O feito de que a relación entre monte e espacio cultivado se mantivera ó longo da Idade Contemporánea en porcentaxes cercanos ó 70% non se pode explicar unicamente por razóns edafoclimáticas. As funcións productivas do monte dentro do sistema agrario eran esenciais para o mantemento deste tanto desde o punto de vista económico como para o mantemento do equilibrio ecolóxico ata tal punto de que o monte chegou a ser definido como comentamos como auténtico soporte do sistema. Veremos como esta afirmación non é en absoluto unha esaxeración, dada a enorme complexidade das relacións de interdependencia entre agricultura, gandería e monte.

En primeiro lugar, debemos aclarar que o monte non é en absoluto en Galicia

espacio natural. Pola contra é un espacio tan humanizado que se lle podería aplicar o concepto de Medio Ambiente Transformado, por oposición a Medio Ambiente Natural, acuñado por Victor Toledo para referirse ás relacións entre agricultura campesiña e natureza.126 De feito nin as escasas illas de bosque caducifolio, as fragas, existentes no século XX estarían exentas da acción humana, xa que algúns dos seus compoñentes, como o castaño, non son autóctonos.127 Tampouco é o monte un espacio forestal na Galicia dos séculos XVIII e XIX. Máis ben a superficie forestal é escasa, aínda que non podemos precisar a súa extensión real. Nisto coinciden todos os datos dispoñibles. Así aínda que o monte cumpre, como en todas as economías de Antigo Réxime, un papel de fornecedor de combustible e materia prima, leñas e madeira, este non é o seu papel fundamental.

Un dos papeis esenciais do monte na Galicia do Antigo Réxime e en todo o

século XIX é o de facer de sostén económico para os sectores máis pobres do campesiñado. Así o deixa claro o autor anónimo da "traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano" a mediados do século XIX ó afirmar que os peches de montes no Salnés e o Morrazo, Pontevedra, deixaran sen modo de vida ós bodegueiros da zona. "He conocido a familias pobrísimas que con

126 Victor Manuel Toledo, "La racionalidad ecológica de la producción campesina", en Eduardo Sevilla Guzmán e Manuel Gonzalez de Molina, Ecología, campesinado e historia, La Piqueta, Madrid, 1993, pax. 197-218. 127 Concretamente o castaño sería introducido tras a conquista romana, aínda que se integrou moi facilmente no bosque caducifolio.

72

unas seis ovejas que llevaban al monte (...) que por allí se extendía, y con los carrascos que allí arrancaban se vestían y sacaban un jornal diario para sustentarse. Benito Barral, el Pesco de la Esfarrapada, que murió de más de ochenta años, se mantuvo hasta cerca de morir con haces crecidos de carrascos, cuyo peso sobre las espaldas le hacía andar muy encorvado. Decía con cierta conformidad humilde: <<este é o meu trigo>>".128

Agora ben, se o monte era esencial para os sectores máis pobres non era menos importante para o conxunto da sociedade campesiña, de tal xeito que non se pode entender o sistema agrogandeiro sen o monte. Tres son as funcións do monte dentro do sistema: fornecer dun complemento de cereal mediante cultivos de rozas intermitentes, o sostemento da superficie agrícola mediante a obtención de adubos, e subministrar pastos e forraxes complementarios á cabana gandeira.129

As estivadas: O cultivo de rozas, coñecido en Galicia como as estivadas, foi

unha práctica habitual ata os anos setenta do século XX. Aínda que con múltiples diferencias zonais o proceso iniciábase en primavera ó arrancar o matorral que se queimaba no verán. Inmediatamente despois espárcense as cinzas pola superficie que é sementada a comezos do outono. Normalmente obtíñase unha soa colleita, aínda que si a calidade do terreo era boa podíase sementar dous anos seguidos. Seguidamente a terra deixábase descansar, de tal xeito que non se cultivaba o mesmo terreo ata pasar os anos necesarios para a súa recuperación, aínda que o matorral si era aproveitado neses anos.

Boa proba de que o campesiño coñecía ben o seu monte é a gran variabilidade de

anos que transcorren entre roza e roza, de trinta anos en Guillar, concello de Outeiro de Rei, de 8 anos na parroquia de Mosteiro en Cervantes ou vinte anos no concello de Begonte.130 Aínda que esta práctica podía ter algúns efectos nocivos, como a erosión en solos pendentes, a maioría dos terreos nos que se realizaba non estaban nesa situación, e tamén podía traer efectos beneficiosos, como actuar de pesticida natural e sobre todo era unha práctica positiva para os solos ácidos.

No que respecta á incidencia nas economías campesiñas non é fácil de

cuantificar, aínda que sobre todo nalgunhas zonas era moi importante. Así o indica Pegerto Saavedra para as comarcas do centro e norte de Galicia onde podía supoñer a comezos do século XIX entre o 20 e o 50% da colleita de cereais. De acordo con este investigador na Galicia Cantábrica non só as familias campesiñas se aproveitaban das rozas, xa que as casas fidalgas tamén cultivaban a súa parcela de roza.131 Temos polo tanto que o monte non era un "espacio inculto" como tantas veces se ten definido. Ademais a roza implicaba unha individualización temporal das terras colectivas. Aínda que todos os aproveitamentos se realizan individualmente, pasto, colleita de leñas, de esquilmo..., só a estivada implica unha individualización física do monte o que moitas veces será a orixe do reparto definitivo.

O monte, productor de abono: Este é, sen lugar a dúbidas, o papel esencial que

o monte xogaba dentro do sistema agrario. Se hai un lugar común na publicística agraria do século XIX e incluso nos documentos oficiais dos servicios agronómicos e dos

128 Citado en Pegerto Saavedra, "O que non se pode medir..." op cit pax. 55. 129 Seguimos na análise da funcionalidade do monte aos datos aportados por Xesús Balboa, O monte... pax. 25-43, ademais de outros de Bouhier e nosos. 130 Ibid pax.26. 131 La vida cotidiana... op cit pax. 86.

73

forestais é a imposibilidade de que as terras de labor manteñan os seus rendementos sen o abono que se obtén do monte. Distintas especies de plantas se utilizaban para a obtención de abono, como os fentos, as uces, a carqueixa ou a xesta, pero ningún alcanza a extensión e a rendibilidade do toxo (ulex europeus). Podíase empregar como fertilizante directamente nada máis rozado e en verde, para revitalizar viñas ou para facer esponxosas terras demasiado compactas. Sen embargo a utilización máis habitual era como cama do gando onde vai macerando ata orixinar un esterco de primeira calidade. Tamén se maceraba o esterco en camiños e currais, aínda que o resultante era de menor calidade.

Resulta difícil aproximarse ás necesidades de toxo e a súa evolución no tempo.

Na segunda metade do século XVIII segundo José Cornide unha explotación media necesitaría de 36 a 40 carros anuais incluíndose nesta conta 24 carros empregados na casa como combustible do toxo máis leñoso e vello.132 Abel Bouhier calcula para os anos sesenta do século XX unhas necesidades de entre 20 e 40 carros de 400 quilogramos por hectárea de abono.133 Para finais do século XIX os servicios agronómicos calculan unhas necesidades de 46 carros de 650 Kgs. para A Coruña ou 72 de 415 Kgs. para Pontevedra.134 A oscilación das cifras é evidente, pero parece claro o aumento nas necesidades de abono ó longo do século XIX. Para a data na que Bouhier realiza o seu traballo de campo os abonos químicos tiñan xa unha presencia importante.

En calquera caso esto non son máis que estimacións, debido á gran

variabilidade de situacións que podemos atopar. Si parece claro o papel esencial do toxo que condiciona claramente a relación monte-terras de cultivo, aínda que esta relación varía enormemente dunhas zonas a outras. Como estimación global tomando os datos do avance estatístico de 1891 citado calculamos unhas necesidades de 625.000 has. de monte adicado a toxo para soster anualmente unhas 550.000 has. de labrado. Esta estimación parte de aceptar a producción media por hectárea de toxo de 26.500 Kgs. e as necesidades medias por Hectárea de 30.000 Kgs. O problema destas cifra e que están estimadas para as provincias da Coruña e Pontevedra que son precisamente as que menor relación monte-superficie cultivada tiñan que soportar. Ademais a producción media está suposta para unha explotación intensiva de toxo, que non era a situación habitual a principios do século XIX. Podemos tomalo simplemente como un dato indicativo das necesidades, aínda que a cifra real sería con seguridade, maior. Hai que ter en conta, ademais, que non todo o monte se adicaba a toxo e que non todo o toxo se adicaba exclusivamente á fertilización.

A utilización gandeira do monte: O monte é tamén un recurso esencial para o

sostemento do gando. O gando, especialmente o vacún, é o mesmo tempo un recurso polivalente dentro do sistema agrario. É esencial para a fertilización das terras, produce carne e leite e é utilizado como forza de traballo. Ademais o gando vacún, e en menor medida o de porcino, vai ser o centro dun activo comercio exterior, desde o século XVIII con Portugal, na segunda metade do XIX con Inglaterra e, despois da crise agraria finisecular co interior da península, especialmente no mercado madrileño135.

132 Citado en Balboa, O monte... pax. 32. 133 La Galice... op cit pax. 914. 134 Avance estadístico sobre el cultivo cereal y de leguminosas asociadas en España formado por la Junta Consultiva Agronómica, Madrid, 1891. 135 Carmona Badía, Xan: “Sobre as orixes da orientación exportadora na producción bovina galega. As exportacións a Inglaterra na segunda metade do século XIX”: Grial, Anexo 1, Historia, 1982, pp. 169-

74

Temos, en consecuencia que as necesidades alimenticias do gando van ser altas e en crecemento a partir da segunda metade do século. A variabilidade comarcal é grande neste punto xa que por exemplo na Galicia suroccidental os productos forraxeiros, xa sexan nabos ou pradeiras artificiais intermitentes está integrados na producción agrícola, mentres que noutras partes de Galicia a presencia de prados permanentes é maior. Sen embargo en toda Galicia o fornecemento de alimentación para o gando por parte da agricultura é insuficiente, polo que o papel do monte é esencial.

O pasto nos montes depende das distintas especies do gando. Xa que o vacún é a

especie de maior significación económica se lle reservan os mellores pastos. A garda das vacas é variable, desde a total liberade das vacas bravas, ata o apacentamento individualizado das vacas domésticas. A garda destas últimas podía facerse en común ou individualmente. No caso dos cabalos o habitual era a crianza en total liberdade, con controis periódicos polos seus donos. No caso, pola contra do gando miúdo o máis habitual era a garda en común.

Ademais dos pastos de monte tamén o toxo xogaba un papel importante na

alimentación do gando. O toxo que aínda non adquiriu consistencia leñosa é utilizado directamente como forraxe. A renovación dos toxais permite unha utilización diferenciada. Os brotes dos toxos novos son utilizados mesturados con herba verde e palla para crear unha masa de boa calidade forraxeira. Xa desde finais do século XIX o toxo é mesturado con nabos, patacas e fariña de millo para o engorde dos cebóns. Non é, polo tanto, arriscado afirmar que o toxo é o producto principal do monte.. Isto non será entendido, ou no seu caso será conscientemente ignorado, polos enxeñeiros forestais do Estado, nos séculos XIX e XX sendo cualificado o aproveitamento do monte realizado polos veciños de completamente irracional e carente de rendibilidade económica. Como vimos a realidade é a contraria. Os aproveitamentos do monte tiñan unha significación moi concreta e estaban integrados nun complexo sistema de producción agraria resultado dun longo proceso de evolución e mellora que resultaría completamente trastocado pola irrupción das concepcións do monte como espacio exclusivamente forestal por parte dos enxeñeiros.

Un último aspecto que compre considerar no que respecta ós aproveitamentos do

monte é o acceso social os mesmos, é dicir, debemos preguntarnos en que medida era igualitario ou non. No que respecta ós montes de varas non hai lugar a dúbidas. O acceso ós recursos do monte, cando menos os recursos que se aproveitaban individualizadamente, non era igualitario, xa que dependía do que lle correspondía a cada porcioneiro. Pódese pensar que a situación era distinta no caso dos montes veciñais, xa que nun principio, e aténdonos á definición xurídica, os dereitos eran iguais e indiferenciados para todos os veciños. Non se nos debe escapar, sen embargo, que esta situación de iure non podía ter unha correspondencia exacta de facto xa que a situación económica das explotacións familiares non era a mesma en todos os casos. Non é o mesmo unha explotación familiar, unha casa, forte, con bastante gando, terras e dispoñibilidade de forza de traballo que unha que non o era tanto. Non van aproveitarse do monte o mesmo os campesiños pobres, sen terras, ou con moi poucas que as familias máis acomodadas. No primeiro caso o monte era, como vimos, esencial para a súa

206. Carmona Badía, Xan; Puente, Leonor De La : “Crisis agraria y vias de evolución ganadera en Galicia y Cantabria”. En Ramón Garrabou (Ed.), La crisis agraria de fines del siglo XIX, Crítica, Barcelona, 1988, pp. 181-211.

75

alimentación, pero o grao de recursos que pode obter un bodegueiro ou unha bodegueira136 do monte é escaso; unicamente suficiente para manterse a duras penas.

Se falamos non de campesiños pobres, senón de explotacións familiares o acceso

tampouco era indiferenciado entre elas. Resulta evidente que se vai aproveitar máis do pasto de monte unha explotación familiar con sete vacas que outra cunha soa vaca. Igualmente sucede co abono xa que aquelas familias con máis terras precisaban máis toxo e aquelas con máis vacas podían producir máis esterco. Aparentemente o caso das rozas sería máis igualitario, xa que a todos lles correspondería o mesmo. Sen embargo, o traballo da terra dependía tamén da posesión de gando para traballala ou de máis ou menos forza de traballo. Polo tanto algúns dos veciños sen gando maior accedían á estivada mediante contraprestacións fundamentalmente laborais.

En consecuencia, se ben o monte colectivo era esencial para o mantemento do

sistema agrario en todos os niveis sociais, incluído o dos rendistas que eran conscientes da necesidade de manter os aproveitamentos tradicionais para non alterar o sistema social, non todos os sectores sociais se aproveitaban del na mesma medida. O sistema agrario galego estaba construído sobre un dobre equilibrio, un equilibrio productivo, entre espacio cultivado e terras a monte, e un equilibrio social, entre a explotación familiar e as terras colectivas, ou o que é o mesmo, entre estratexias individuais e as estratexias comunitarias. Son as necesidades individuais que teñen as familias as que constrúen a comunidade en torno ao monte e as que tamén inician a súa disgregación co proceso individualizador. Non era un sistema pouco flexible, xa que ó longo do século XIX e boa parte do XX se produciran transformacións, que sen alterar no esencial o sistema tripartito, agricultura-gandería-monte, que temos definido, si modificarán no camiño da intensificación e a diversificación os aproveitamentos do monte. Estas modificacións están intimamente ligadas ás transformacións na titularidade

136 Non debemos esquecer que a maioria dos campesiños pobres eran mulleres con ou sen fillos. Ver Pegerto Saavedra, La vida cotidiana... op cit.

76

I.5.2.Transformacións nos usos do monte no século XIX. Nas páxinas anteriores temos resumido a funcionalidade do monte no sistema agrario tal é como ten sido sinalado pola historiografía xunto con algúns datos engadidos por nos. Nun sistema agrario de base enerxética orgánica as posibilidades de intensificación dependían fundamentalmente dos recursos fertilizantes que se podían obter do propio sistema como é o caso para a Galicia do século XIX. Non atopamos uso de adubos inorgánicos antes da crise agraria finisecular polo que ante o proceso de intensificación das rotacións descrito con anterioridade temos que buscar no monte os elementos que permitiron a transformación. De feito esta transformación opérase a partir da posta en cultivo do toxo que permite unha maior producción xunto coa liberación de terras a monte para outros usos. Sobre a significación desta transformación hai bastante consenso na historiografía, pero non o hai na cronoloxía nin na causalidade así como tampouco se puxo en relación cos cambios operados no sistema de cultivos. Foi o xeógrafo Jesús García Fernández o primeiro en sinalar este proceso que sitúa cronoloxicamente a partir de comezos do século XX despois do proceso individualizador do monte comunal.137 A localización cronolóxica do proceso está vinculada a propia cronoloxía que este investigador fai do proceso individualizador. Segundo el todos os montes veciñais tiñan unha orixe foral polo que só será a partir do proceso de redención dos foros no primeiro tercio do século cando comezarán os repartos de montes. Independentemente desta argumentación que fundamenta nunha cronoloxía errónea da individualización, é importante a orde do proceso xa que vincula moi claramente a intensificación co proceso de reparto que ten forza causal na súa interpretación do proceso. As investigacións de Xesús Balboa desmenten esta cronoloxía en tanto que sitúan o comezo dos repartos na segunda metade do século XIX tendo especial importancia partir da aprobación da lei de desamortización de Madoz, aínda que atopa exemplos de apropiacións e repartos anteriores. 138 Dende o punto de vista da propiedade son anteriores e máis estendidos os repartos dos montes de varas (o que permite separar o fenómeno da desamortización xa que estes montes estaban menos expostos que os veciñais á ameaza de desposesión). De acordo con este investigador sen embargo é a ameaza provocada pola desamortización o factor que permite explicar mellor a extensión da individualización e a conseguinte intensificación dos usos do monte. Este debate historiográfico non é unha cuestión meramente académica e menos no contexto desta investigación en tanto que plantexa a cuestión en termos productivos ademais de propiedade. A pregunta plantexada é se teñen primacía as necesidades productivas e a individualización ven despois ou se pola contra é a individualización da propiedade a que crea as condicións de posibilidades da transformación productiva. Hai suficientes datos, aínda que a maioría non de natureza cuantitativa como é habitual en

137 Jesús García Fernández, Organización del espacio y economía rural en la España atlántica, Siglo XXI, Madrid, 1975 pax.227. 138 Balboa, O monte... op cit pax. 227-302. Ademais demostra que a orixe foral non é nin absoluta nin determinante. Tamén Artiaga Rego, Aurora; Balboa López, Xesús “La individualización de la propiedad colectiva. Aproximación e interpretación del proceso en los montes vecinales de Galicia”, Agricultura y Sociedad, 65, 1992, pax. 101-120.

77

todo o que fai referencia á historia do monte en Galicia, que permiten respostar coa primeira das opcións. Existen referencias que permiten retrotraer o cultivo do toxo bastante atrás que o período de redención foral e o que é máis importante hai casos nos que a propiedade veciñal non é incompatible con este uso individual. Sobre a primeira das cuestións o traballo de Xosé Manuel Pérez García sobre o Baixo Miño mostra como nesta comarca a intensificación dos aproveitamentos do toxo comeza xa na primeira metade do século XIX nos montes individuais.139 Nunha das súas crónicas na revista Galicia en 1860 Álvaro de la Iglesia relata como en Ordes a necesidade de toxo é tal que se esgota totalmente a planta tendo que mercar semente na comarca de Bergantiños para poder renovar o cultivo140. Esta noticia non só sinala a presencia do cultivo de toxo a mediados de século, senón que invalida calquera referencia ao monte como espacio inculto. Nesta zona non só se cultivaba senón que se facía comercio coa semente xa a mediados do XIX. Mais non só podemos constatar o comezo do cultivo do toxo moito antes do que indicaba García Fernández, senón que hai referencias de que se realizou en superficie de montes veciñais. Bouhier constata que a división temporal do monte non se facía só para a práctica das estivadas, senón que tamén atopa exemplos de división do monte en parcelas temporais para o cultivo do toxo141. No marco do traballo de campo efectuado polo proxecto de estudio da propiedade comunal no que participamos atopamos tamén un caso que, se ben resulta excepcional, mostra tamén que ao menos nun primeiro momento a posta en cultivo do toxo puido efectuarse sobre superficies veciñais non individualizadas. O caso do que falamos é o da comunidade da parroquia de Nogueira, no concello de Ponteareas. Esta comunidade fai en 1842 un reparto en parcelas de 30 das 43 hectáreas do seu monte para aproveitamento de toxo (así sinalado nos documentos do reparto realizado por un perito).142 O singular deste caso é que o reparto non eliminou o carácter veciñal da propiedade. Fanse 73 parcelas, correspondentes co número de casas existentes nese momento na parroquia, pero establecéndose que cada parcela só estaría a disposición da casa en vida do cabeza de familia, volvendo despois á comunidade para un novo sorteo entre as casas que nese momento non tivesen parcela.143 Para a xestión dos repartos creouse unha Xunta parroquial. Este reparto foi confirmado por unha cédula de Alfonso XII en 1883 o que permitiu que esta forma específica de reparto permanecese intacta ata a actualidade. O interesante do caso non é tanto a forma concreta de solución do equilibrio comunidade aproveitamento individual, que é unha excepción, senón en que demostra que o aproveitamento intensivo de toxo pode darse con independencia da individualización definitiva do monte. Pódese argumentar que pese a todo é a individualización, vía apresamentos individuais ou vía repartos colectivos, a que permite que o cultivo de toxo se xeneralice,

139 “Las utilidades del inculto...” Op cit pax. 84 e ss. 140 Galicia, Revista universal de este Reino, T. I, pax. 153-154, ano 1860. 141 La Galice...op cit pax. 919-921. 142 Todos os datos no arquivo da Xunta Rectora da comunidade de montes de Nogueira, concello de Ponteareas. 143 Aínda que se permite que se algún fillo estivese casado no momento da morte herdase a sorte directamente sen sorteo.

78

e con toda seguridade é certo. Sen embargo o importante dos datos aquí expostos é que mostran como son as necesidades de intensificación as que teñen a primacía explicativa no proceso, aínda que a ameaza desamortizadora contribuíu a acelerar e estender xeograficamente a individualización. Estes datos contradín o papel principal que Balboa concede ao carácter defensivo da individualización fronte á desamortización. Un último dato, neste caso cuantitativo, contribúe a argumentación que defende a primacía das razóns productivas. Podemos utilizar de novo as cifras de capacidade productiva de Díaz Fierros e Gil Sotres para rastrexar as causas productivas da individualización. Neste caso non utilizamos as cifras tal e como as traballan eles senón na reelaboración realizada por Albino Prada. Na súa tese doutoral presenta mapas municipais das capacidades productivas en porcentaxe sobre a superficie total con conversións distintas as empregadas por Díaz Fierros e Gil Sotres. Aínda que por norma xeral preferimos as táboas destes últimos porque consideran máis elementos edafoclimáticos que Prada, o mapa que este proporciona das superficies non productivas nin para uso agrícola, nin para pastos, nin para uso forestal, resulta máis útil para o caso que nos ocupa. Neste mapa reflicte as superficies consideradas como uso improductivo por Díaz Fierros e Gil Sotres máis aquelas terras de peor calidade para uso forestal que poderían soportar este aproveitamento pero con dificultades. En definitiva reflexa as porcentaxes das peores terras sobre a superficie total e ese dato é o que nos interesa aquí.

79

MAPA 3 Terras só aptas para inculto (en % sobre a superficie total)

Fonte: Prada, Albino: Montes e industria, O circuíto da madeira en Galicia, Fundación Caixa Galicia, Santiago, 1991, pax. 70

80

MAPA 4 Porcentaxe da superficie de montes veciñais sobre a superficie total na actualidade

Fonte: Elaboración do Grupo de Estudios da Propiedade Comunal sobre datos do rexistro de Montes Veciñais en Man Común da Xunta de Galicia. Facemos a comparación co mapa elaborado polo Grupo de Estudio da Propiedade Comunal que reflicte as porcentaxes actuais de superficie de montes

81

veciñais sobre a superficie total dos concellos. Non podemos elaborar un mapa específico da capacidade productiva dos solos para os montes veciñais, xa que non existe unha cartografía nin sequera aproximada dos montes veciñais na actualidade. Sen embargo os datos son suficientemente significativos. De acordo cos dous mapas (3 e 4) existe unha relación directa, aínda que por suposto non completa, entre aqueles concellos que teñen unha maior porcentaxe de superficie de peor calidade con aqueles que teñen máis superficie que actualmente persiste como propiedade veciñal. Evidentemente hai outras razóns que explican a permanencia da propiedade veciñal. Boa parte dos montes de Pontevedra están situados sobre solos de moita máis calidade que en Ourense, o que queda claro coa comparación entre os datos da comarca do Condado e as de Sarria e Baixa Limia que mostrábamos no cadro 6. A maior incidencia da actuación da administración forestal no sur e a maior preeminencia dos montes de varas no norte tamén forman parte da explicación da actual distribución da superficie veciñal. Sen embargo os datos veñen a confirmar que, independentemente de outras razóns, como a maior cohesión das comunidades ou as dificultades dalgúns concellos para escapar ao control da administración coa desamortización primeiro e logo cos servicios forestais, a individualización centrouse sobre todo naqueles montes con máis posibilidades para a intensificación dos seus usos. Mais non nos podemos deter na descrición do proceso nin na consideración das causalidades, senón que temos que facer un esforzo por relacionar as transformacións dos usos do monte coa dinámica xeral de transformación do sistema agrario e coas posibilidades medioambientais no contexto tecnolóxico do século XIX. En definitiva temos que preguntarnos cal é a importancia da posta en cultivo do toxo no marco dos procesos que estamos a analizar. Unha primeira resposta é que permitiu unha maior dispoñibilidade de fertilizantes para o proceso de intensificación dos cultivos que foi descrita con anterioridade, pero non só é esa a súa importancia. Con anterioridade fixemos un exercicio que estimaba a superficie necesaria de toxal para soster as terras de cultivo existentes a finais do século XIX e que cifraba estas en 625000 hectáreas de toxal para manter 550000 de cultivo. Estas estimacións están tomadas dos datos do avance estatístico de 1891 para as provincias de Pontevedra e Coruña, polo que se tivésemos que considerar a totalidade de Galicia deberiamos incrementar a superficie de toxais. O que si reflicten estas cifras é a situación nun momento no que o proceso de posta en cultivo do toxo non estaba completado pero si tiña como mínimo cincuenta anos de historia. Permiten tamén afirmar que esta transformación permitiu liberar terras de monte para outros usos diferentes e polo tanto diversificar os aproveitamentos do monte e tamén hai referencias bibliográficas e documentais que nos permiten analizar estas transformacións. O proceso de intensificación do aproveitamento de matorral e de individualización do monte permite facer unha aproximación a unha cuestión que é de difícil seguimento con outras fontes e preguntas. Referímonos ás diferencias sociais na dinámica de transformación. Resulta un lugar común na historiografía galega a referencia ao feito de que o dominio da pequena explotación familiar non implica necesariamente que a sociedade rural fose homoxénea. Tamén é un lugar común a dificultade aproximarse a este problema coa documentación dispoñible. Os datos que temos sobre os repartos de montes permiten dicir algo sobre o problema aínda que non con carácter definitivo xa que o que temos son exemplos de repartos máis que datos que permitan conformar unha mostra estatística. Hai exemplos de repartos de montes de carácter igualitario. Este é o caso da parroquia ponteareana de Nogueira en 1842 antes

82

descrito. Situación similar témola no reparto dos montes da parroquia de Miranda no concello de Castroverde en Lugo onde o reparto realizado en 1879 realizouse de forma igualitaria entre os veciños.144 Exemplos de reparto igualitario tamén son aportados por Balboa, aínda que este investigador tamén cita casos onde o reparto non foi igualitario, ou ben en superficie ou ben en valor. 145 Nalgúns casos chégase a realizarse o reparto en relación ás terras de labor que posúe cada veciño ou polo feito de posuír ou non terras, o que acentuaba as diferencias entre veciños. Un caso de reparto non igualitario estudiado a fondo é o dos montes de Carteire no concello lucense de Palas de Rei onde os veciños compran o seu propio monte na desamortización e o reparto seguinte se efectúa segundo a participación de cada un na compra. 146 Todos estes datos indican que en un número importante aínda que imposible de cuantificar as transformación derivadas da individualización contribuíron a acentuar as diferencias entre os diferentes sectores da sociedade rural. En definitiva o cultivo do toxo non está só en relación coas maiores necesidades de fertilización que implica a intensificación das rotacións de cultivos. Como xa foi indicado o toxo tamén é utilizado como alimento para o gando e neste sentido a intensificación descrita parece estar tamén vinculada ás maiores necesidades de alimentación do gando que están no centro das novas rotacións e do proceso de creación de prados. A liberación de superficies que permite o cultivo do toxo foi aproveitado na Galicia interior e norte para a extensión, aínda que matizada, de prados, pero non só se pode vincular o cultivo de matorral con este uso gandeiro. Agronomicamente o cultivo de toxo, que é máis esixente en termos edafoclimáticos que outros matorrais como a aulaga, supón un primeiro paso para a conversión de montes en prados. Esto é sinalado así polos expertos gandeiros que a comezos dos anos sesenta do século XX, na reunión do I Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste (CESIN), defendían unhas políticas de creación de pastizais a partir das superficies adicadas a aproveitamento intensivo de toxais. 147 Estes expertos consideraban que había importantes zonas de matorral susceptibles da conversión en prados aínda que xeográficamente máis importantes no interior e no norte que no suroeste o que coincide cos datos que sinalan a pouca extensión dos prados nesta zona no século XIX e, como veremos nos capítulos seguintes, posteriormente.

A liberación de superficie tamén permitiu o desenvolvemento a partir da segunda metade do século XIX dun aproveitamento ata entón secundario, o aproveitamento forestal. Esta transformación quizais sexa a máis significativa cos ollos postos nas transformacións que sufrirá o monte no século XX máis non pola súa entidade cuantitativa. A acción repoboadora do estado en esta etapa é practicamente inexistente148 polo que a repoboación forestal se circunscribe a acción individual o que

144 Documentos de reparto do monte comunal da parroquia de Miranda. Arquivo personal da fanilia Casal. 145 O monte... op cit pax. 268 e ss. 146 Xesús Balboa, “A liquidación dun patrimonio veciñal: Os montes de carteire, 1863-1934”, en Xesús Balboa e Herminia Pernas Horoza (Eds.) Entre nos. Estudios de arte, xeografía e historia de Galicia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001, pax.845-866. 147 CESIN: Primer pleno del Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Expansión Ganadera, Santiago, 1964, pax13 e ss. 148 Ata a década de 1920 coa aprobación de consorcios para repoboar entre os Distritos Forestais e as Diputacións. Eduardo Rico Boquete, A riqueza forestal de Galicia no século XX: Producción e explotación. Tese de doutoramenro, Departamento de Historia II, Universidade de Santiago de

83

nos remite á extensión da individualización como a orixe da repoboación individual. A carencia de información estatística minimamente fiable fai que sexa tremendamente difícil precisar moito, pero en contrapartida dispoñemos de moitas noticias que non permiten unha aproximación cualitativa. Así mesmo a información do comercio da madeira e os datos sobre a evolución da industria de transformación permítenos constatar a importancia do proceso.

De acordo cos datos manexados por Abel Bouhier a introducción do pinus

pinaster en Galicia data da segunda metade do século XVIII, pero só será a partires de 1860 cando comece a ter importancia o que supón unha proba da relación entre o proceso de individualización e a repoboación forestal.149 A repoboación circunscríbese, entre esa data e 1920 á Galicia litoral, estimando Bouhier que a finais do período a repoboación afectou entre un mínimo de 30-40000 has. e un máximo de 50-60000 has. En calquera caso é a etapa posterior e sobre todo o franquismo os que marcaran o salto cuantitativo no uso forestal dos montes galegos.

Independentemente das cifras, queda claro que o proceso é importante e nisto coinciden os publicistas da primeira metade do século XX.150 Para entender esta importancia debemos referirnos a evolución da industria da madeira a partir de finais do século XIX. Para esto contamos co estudio de Eduardo Rico para a provincia de Pontevedra.151 De acordo cos seus datos a industria da madeira comeza a adquirir importancia en Galicia no último tercio do século XIX, aínda que de maneira incipiente. Segundo a estatística da contribución industrial había en Pontevedra en 1888 5 contribuíntes por serras alternativas e 17 por serras de cinta. A extensión a principios do século XX será espectacular en toda Galicia aínda que mantendo Pontevedra a primacía con 51,38% e 74 fábricas de aserrar en 1910 de acordo co anuario Riera polo 33,33% e 48 de A Coruña, o 4,16% e 6 de Lugo e o10,41% e 15 de Ourense. A conclusión que ofrecen estes datos e que, se ben non hai un cambio cara o uso forestal como aproveitamento prioritario dos montes, e a cronoloxía nos sitúa a extensión da repoboación no último tercio do século XIX, son os cambios xa descritos no aproveitamento dos montes os que permiten este proceso de repoboación incipiente que hai que entender nesta etapa como de diversificación dos aproveitamentos do monte. Moitas máis dificultades temos para coñecer a utilización da práctica das estivadas. Temos que remitirnos ao traballo de Abel Bouhier que para o século XIX apoiase fundamentalmente en conxecturas aínda que razoables. De acordo con este investigador, a práctica das estivadas desaparecera na Galicia suroccidental, parte da provincia da Coruña e o sector occidental de Ourense á altura de mediados do século XVIII, nun proceso que ten a súa orixe moito antes e que evidentemente está relacionado co proceso de intensificación que nesta zona se inicia primeiro. O problema é que non dispoñemos de outros datos fiables sobre a xeografía das estivadas ata a década dos sesenta do século XX co traballo de campo do propio Bouhier. Os resultados son aparentemente sorprendentes, xa que atópase con que as estivadas recuperan Compostela, Santiago, 1993, Referímonos en concreto a primeira parte inédita dete excelente traballo sobre a política de repoboación forestal. 149 Non imos falar do eucalipto xa que a súa presencia é puramente anecdótica ata ben entrada a segunda década do século XX. Bouhier, La Galice... op cit pax.1029-1045. 150 Unha análise destos datos en Eduardo Rico Boquete, A riqueza forestal de Galicia no século XX...op cit. 151 Rico Boquete, Eduardo: Montes e industria forestal en la provincia de Pontevedra (1900-1975). Antecedentes y desarrollo de la Empresa Nacional de Celulosas, SA, Tórculo, Santiago, 1999, pax.44-61.

84

posicións en Ourense e na Coruña, pero só en terreos de propiedade particular. A interpretación deste dato que fai Bouhier cremos que é atinada. Non atopando referencias no século XIX a unha recuperación, e apoiándose en fonte oral conclúe que esta recuperación é relativamente recente debéndose á introducción de abonos químicos no primeiro tercio do século XX. Outro factor que posiblemente teña tamén incidencia nesta recuperación sería o impacto da posguerra que obrigaría a volver a depender do complemento cereal do monte. En calquera caso e independentemente desta recuperación parece claro que a intensificación dos cultivos do suroeste faría innecesario o complemento alimenticio das estivadas permitindo a adicación desas terras a outros usos, máis esto é polo de agora pouco máis que unha hipótese de traballo razoable.

85

I.6- FORMACIÓN E DINÁMICA DO SISTEMA AGRARIO. Cos datos e interpretacións aportados neste capítulo introductorio intentamos desmentir o carácter estático da agricultura galega de base orgánica. Sen embargo, non se trata tampouco de defender a posición contraria. Pola contra e combinando os datos cuantitativos coa análise cualitativa e a información exposta sobre os límites ecolóxicos e as posibilidades de transformación ábrese a posibilidade de axustar a análise comparativa co que sucedeu no resto do Estado. Tratamos de definir tanto as liñas de cambio como os límites das transformacións descritas. Non debe sorprender que os datos cuantitativos mostren un maior ritmo de crecemento que a media da Coroa de Castela. O contexto medioambiental no que a agricultura galega tiña que desenvolverse permitía facer fronte ás transformacións con mecanismos similares aos adoptados pola primeira Revolución Agrícola da Europa Atlántica. Pola contra na maior parte do Estado os mecanismos adoptados para a transformación estaban adaptados a outras necesidades edafoclimáticas e, como teñen indicado Garrabou e González de Molina, no contexto de esas diferentes limitacións, os cambios foron na dirección posible dentro do seu contexto tecnolóxico.152 Esta situación non é exclusiva de Galicia senón que é compartida por outras zonas do norte como Asturias e Cantabria. De feito, a maior incidencia da especialización gandeira nestas rexións plasmada nun importante desenvolvemento dos pastos e o maior grao de integración no mercado contextualizan mellor o sucedido en Galicia e matizan a magnitude das transformacións. Se estendemos o marco de comparación tampouco Galicia podía respostar exactamente igual aos mecanismos da Revolución Agrícola dado que comparte limitacións por réxime hídrico que a sitúan no contexto europeo de capacidades productivas do solo en inferioridade de condicións153. As respostas adoptadas, moi variables territorialmente, foron adoptadas en relación a esas limitacións, pero todas van na dirección da intensificación e da eliminación do barbeito co obxectivo de incrmentar a producción forraxeira. Podemos axustar máis na interpretación a partir da análise do significado das transformacións descritas e da valoración de conxunto destas. Foi indicado repetidas veces na páxinas anteriores que o factor limitante das agriculturas atlánticas eran esencialmente os nutrientes e en particular o nitróxeno, e que en consecuencia o cambio máis importante da primeira revolución Agrícola é a intensificación das rotacións dirixidas á eliminar o barbeito e fixar os nutrientes do solo154. Agora ben, o auténtico significado da primeira Revolución non é nin única nin esencialmente a eliminación do barbeito. Como teñen sinalado Mazoyer e Roudart máis que consistir en incrementar a dispoñibilidade de alimentos directamente destinados ao consumo humano, o verdadeiro sentido dos cambios está en aumentar indirectamente os rendementos cerealíferos a partir da substitución do barbeito por forraxeiras que aumentasen a gandería e a producción de estrume. Nesa dirección as transformacións productivas son continuación dos cambios acaecidos na Idade Media destinados a

152 Garrabou, Ramón, “Revolución o revoluciones en el siglo...” op. cit. González de Molina, Manuel, “El modelo de crecimiento agrario del siglo XIX ...” op cit. 153 Díaz Fierros e Gil Sotres, Mapa de capacidad... op cit pax. 50 e ss. A partir da comparación con datos da FAO. 154 Chorley, P. “The Agricultural Revolution in Northern Europe...” op cit.

86

incrementar a producción de feno e o volume de gando. Son estes cambios e non a case inexistente mecanización os responsables dos incrementos en productividade do traballo155. De feito, e Galicia é un bo exemplo disto, hai eliminación do barbeito antes do século XVIII. As rotacións descritas para a Galicia sudoccidental a mediados do XVIII eran moi intensivas, nalgúns casos máis sobrecargadas que as posteriores, pero tiñan un peso menor das produccións forraxeiras (hai que recordar que o millo é un cereal que pode adicarse a usos forraxeiros). Hai que recordar que en termos comparativos co resto do Estado este carácter intensivo das rotacións da Galicia sudoccidental non implicou unha mellor posición en productividade, dado que non permitía unha mellor alimentación do gando que ten un peso económico grande na valoración monetaria da producción agraria. O maior peso do millo permitiu a adicación das terras a pastos durante boa parte do ano, mentres que o cultivo intercalar de leguminosas (fabas e xudías) contribuíu á fixación de nitróxeno. Noutras zonas do pais, especialmente no resto do litoral os cambios foron na mesma dirección aínda que máis lentos e condicionados nos rendementos pola inexistencia de prácticas de regadío. No interior, o barbeito tamén se elimina, aínda que neste caso, e por razóns edafoclimáticas xa expostas, a vía de intensificación gandeira viu pola extensión dos pastizais e pastos de monte máis que pola vía da introducción de forraxeiras nas rotacións. Neste caso a opción da mixed farming típica víase limitada polas limitacións dos solos tanto en productividade como en extensión que dificilmente permitían limitar as produccións destinadas á alimentación humana directa. O aumento da productividade da terra vía introducción da pataca contribuíu a aumentar as posibilidades de alimentación e destinar terras a pastos xunto, e esto é compartido polo conxunto do pais, á intensificación dos usos do monte. Da mesma forma que Bouhier e Balboa outorgáronlle ao monte o papel de soporte do sistema agrario,156 é incuestionable que no proceso de cambio analizado deberíamos cualificalo tamén de motor das transformacións. Sen os cambios que foron descritos nos seus aproveitamentos é imposible entender as condicións de posibilidade das transformacións nos sistemas de cultivo. A posta en cultivo do toxo é, sen dúbida, o cambio máis significativo neste sentido, non só porque xunto co aumento do gando proporcionou o aporte fertilizante necesario para soster a intensificación, senón polo incremento da producción por hectárea de mato que permitiu tamén a liberación de terras para outros usos, esencialmente o gandeiro e o forestal. Neste caso constitúe ademais ó único dos cambios productivos que vai en paralelo dunha transformación nas estructuras de propiedade ao producirse a individualización de boa parte da superficie. Aínda así temos que deternos na valoración das transformacións. Repetiuse ao longo destas páxinas que estes cambios seguen a mesma dirección que os asociados á Primeira Revolución Agrícola. Agora ben, ¿teñen estes cambios un carácter revolucionario? Dende o nosos punto de vista ao desenvolverse nun período de tempo que abarca século e medio e aínda máis tendo en conta que teñen unha orixe anterior e continúan posteriormente ese cualificativo parece apresurado ou incluso podería implicar unha vontade de publicitarse historiograficamente. De feito parécenos excesivo o mesmo termo de Revolución Agrícola incluso no contexto europeo no marco das

155 Marcel Mazoyer e Laurent Roudart, História das agriculturas do mundo. Do Neolítico à crise contemporânea, Piaget, Lisboa, 2001, pax.309. Trátase dun traballo de dous enxeñeiros agrónomos que ten como principal virtude a contextualización das transformacións tanto dende as diferencias xeográficas como cronolóxicamente. 156 Balboa, O monte... op. cit.. Bouhier, A Galice... op. cit..

87

interpretacións historiográficas expostas ao comezo deste capítulo e que acredítannos na importancia do longo prazo na orixe e desenvolvemento dos cambios. Pode ser unha boa etiqueta publicitaria pero ten pouco potencial explicativo. Pola contra os mecanismos que permiten no marco da pequena explotación familiar o desenvolvemento das transformacións van na dirección dos establecidos na teoría agroecolóxica que ten investigado os mecanismos de funcionamento do coñecemento campesiño e a difusión das transformacións nese contexto.157 É a pequena explotación a que ten o papel director dos cambios especialmente tendo en conta que a aplicación da ciencia á agricultura terá un desenvolvemento escaso en Galicia ata despois da crise agraria finisecular.158 En calquera caso, se non hai cambios revolucionarios estas transformacións si supoñen a configuración dun novo sistema agrario que ten a mesma base da mixed farming e que ten pouco de tradicional. Como xa indicamos, a utilización do termo tradicional implica unha valoración que iguala toda a situación anterior á que se presume de moderna e polo tanto impide analizar os cambios. O sistema agrario que domina en Galicia a finais do século XIX ten pouco que ver, dende unha perspectiva exclusivamente productiva (non de estructuras nin de base social), coa presente a mediados do XVIII. Neste capítulo ensaiouse a descrición e explicación da súa configuración e da súa dinámica, así como as condicións medioambientais de posibilidade dos cambios.

Unha vez máis, hai que precisar que estamos a falar en termos productivos e non de estructura social ou de propiedade. Unha cuestión central que queda por comentar é a dos niveis de vida, problema historiográfico de difícil solución para o estudio da explotación familiar, xa que as dificultades de fontes son case insalvables. A pesar disto se facemos unha comparación entre as informacións cualitativas aportadas por Pegerto Saavedra no seu estudio sobre a vida cotiá en Galicia ata comezos do XIX e o recente traballo de Rafael Domínguez sobre os niveis de vida no rural da España do norte e noroeste podemos concluír que si houbo unha mellora nos niveis de vida da pequena explotación en Galicia neses anos, parella á progresiva mercantilización da actividade agraria, aínda que os resultados de Galicia son peores e máis lentos que na cornixa cantábrica.159 Outro elemento que ten que ver con esta cuestión e que ten sido sinalado repetidas veces por Carmona e por Dopico e Rodríguez Galdo é o grao de aoutoexplotación que implican os novos cultivos.160 Como se viu, o comportamento da productividade do traballo medida en producción entre activos ou en relación coa producción mellorou significativamente. Non pasa o mesmo se temos en conta que os novos sistemas implican máis necesidade de traballo considerado en número de horas, ao desenvolverse máis intensivamente os cultivos e en todo o ano e ao intensificarse as produccións do monte. Este argumento é certo, pero non ten en conta a precisión de que

157 Os traballos contidos no libro de Eduardo Sevilla Guzmán e Manuel Gonzalez de Molina (Eds.), Ecología, campesinado e historia, La Piqueta, Madrid, 1993, fan referencia a estas cuestións e proporcionan abundante bibliografía. En concreto o citado de Toledo e o de Iturra, “Letrados y campesinos. El método experimental en antropología económica”, pax. 131-152. 158 Fernández prieto, Labregos con ciencia... op cit pax. 47-104. 159 Domínguez Martín, Rafael, “Autoconsumo, mercantilización y niveles de vida campesinos en la España atlántica, 1750-1930. Algunas hipótesis a contracorriente”, en José Miguel Martínez Carrión (Ed.), Universidad de Alicante, 2002, pax. 287-320. Saavedra, Pegerto, La vida cotidiana en la Galicia del antiguo régimen. Crítica , Barcelona, 1994. 160 Carmona, El atraso industrial de Galicia...op. cit.. Dopico, Fausto, “Productividade, rendementos e tecnoloxía...” op. cit.. Rodríguez Galdo, María Xosé, “A agricultura tradicional galega...” op. cit.

88

neste contexto tecnolóxico dificilmente se podería afrontar a intensificación de forma diferente. Por último temos que comentar a cuestión do debate emprendido na historiografía ecolóxica sobre as posibilidades de crecemento económico nas agriculturas anteriores ao sistema enerxético fósil. Como indicamos ao principio a postura defendida por Sieferle, compartida por Manuel González de Molina, é que a economía solar é esencialmente unha economía en estado estacionario, mentres que Pfister defende unha posición máis matizada.161 Se en termos de economía ecolóxica non ten sentido falar de estado estacionario, xa que a segunda lei da termodinámica implica sempre resultados negativos, si podemos falar en termos convencionais do comportamento da producción. Non parece haber dúbida de que non hai crecemento económico continuado (en termos monetarios convencionais) ata a aplicación masiva de combustibles fósiles á producción agraria. Pola contra, a análise efectuada por nos parece darlle a razón a Pfister no senso de que hai períodos de transformación importantes no marco das agriculturas orgánicas.

A argumentación que define a agricultura orgánica como en estado estacionario comete ademais, o mesmo erro que caracterizacións como a de tradicional e precapitalista ao meter nun mesmo caixón situacións xeográfica e cronoloxicamente moi diferentes. Dificulta polo tanto a comprensión do funcionamento e transformación das sociedades agrarias. Esto non quere dicir que os datos expostos neste capítulo impliquen a defensa do crecemento económico continuado no marco da agricultura de base solar. Esto non é defendible polas argumentacións empregadas polo mesmo Sieferle, que demostra que, de existir ritmos de crecemento como os que se teñen defendido en investigacións sobre Inglaterra nos séculos anteriores ao XVIII, a producción de partida tanto total como por activo sería ridícula.162 Poderíase argumentar que esta conclusión parte da consideración monetaria, e en consecuencia, parcial, do proceso económico ao que habería que respostar que é de iso precisamente do que estamos falando. Si a argumentación se establecese en termos de Economía Ecolóxica tal e como foi definida por Georgescu-Roegen non poderiamos falar nin de crecemento económico nin de economía en estado estacionario, porque tanto unha como outra son unha imposibilidade física. Do que podemos falar, polo menos historiograficamente coa base documental da que dispoñemos, é en termos de transformación económica e da sostenibilidade de esa transformación. No marco xeográfico e cronolóxico no que estamos a traballar a primeira parece terse producido. Sobre a segunda, entendida neste caso como a non superación dos límites impostos polo contexto medioambiental e o contexto tecnolóxico os datos non poden ser concluíntes por limitación de fontes, aínda que indican que non se superaron.

161 Sieferle, Rolf Peter, “Que es la historia ecológica...” op. cit.. González de Molina, Manuel, “El modelo de crecimiento agrario del siglo XIX ...” op cit. Pfister, Christian, “The Early Loss of Ecological Stability...” op. cit.. 162 Sieferle Ibid.

89

CAPÍTULO II

A APLICACIÓN DA CIENCIA Á AGRICULTURA ORGÁNICA (1900-1936)

Posibilidades e límites dun desenvolvemento endóxeno.

90

91

II.1. A CRISE AGRARIA FINISECULAR, A SEGUNDA REVOLUCIÓN AGRÍCOLA E A PEQUENA EXPLOTACIÓN. ALGUNHAS CUESTIÓNS DE PARTIDA. No primeiro capítulo desta tese sostivemos que na Galicia do século XIX produciuse unha importante transformación productiva na agricultura que derivou en cambios na productividade da terra e do traballo. Esta transformación sitúase nun marco medioambiental onde o factor limitante máis importante, os nutrientes, sitúa a Galicia no contexto das agriculturas atlánticas máis que nas mediterráneas dominantes na maior parte da península. A interpretación que sostemos conflúe con outros traballos que defenden as capacidades da pequena explotación para modificar as súas formas de producir163. A interpretación da historiografía dos cambios acontecidos despois da crise agraria finisecular e especialmente ao longo de todo o primeiro tercio do século XX é moi diferente á dos traballos realizados para o século XIX, a partir da constatación de importantes transformacións de carácter estructural e productivo. A derrota do rentista e o acceso dos labregos á propiedade plena da terra, a crecente integración social do agro a partir do asociacionismo labrego e a creación dun entramado institucional de innovación e de difusión de tecnoloxías que parte dunha reconsideración do papel da pequena explotación no desenvolvemento económico conflúen nunha importante renovación productiva e na introducción da ciencia na agricultura164. Estes traballos enmárcanse nun contexto historiográfico tanto a nivel español como internacional de revisión do papel da pequena explotación no desenvolvemento da agricultura antes da Revolución verde que contradí as vellas interpretacións derivadas das correntes neoclásica e marxista e que defendían a súa necesaria desaparición no marco do capitalismo165. Pese o gran desenvolvemento da historiografía galega no período abarcado por este capítulo aínda quedan cuestións por plantexar. Na perspectiva deste traballo

163 En concreto cos traballos de Bouhier, La Galice... op cit, Fernández González, “El Catastro de Ensenada...” op cit, Pérez García, “A agricultura galega...” op cit e Fernández Prieto, Labregos con ciencia...op cit. 164 O cerne de estas interpretacións está nos traballos de Ramón Villares e Lourenzo Fernández Prieto. Ramón Villares, La propiedad...op cit, e no artigo “A agricultura galega, 1870-1930...”, op cit, Lourenzo Fernández Prieto, Labregos con ciencia... op cit, e “A configuración de Galicia como un pais de labregos (1890-1936)”, en Benigno Fernández Salgado (Ed.) IV Congreso internacional de estudios galegos, Oxford Centre for Galician Studies, Oxford, 1997, vol II, pax. 451-462. O papel central da crise nestos cambios en Villares Paz, Ramón; Fernández Prieto, Lourenzo: “La crisi agrària del final del segle XIX e l´adaptació de l´explotació pagesa gallega”, Recerques, 26, 1992, pax. 89-106. Sobre a redención foral, Hervés Saiar, Henrique: “A propósito del conflicto antiforal en la Galicia del primer tercio del siglo XX”, Áreas, 15, 1993. O papel do agrarismo en Cabo Villaverde, Miguel, A integración política do pequeño campesiñado: O caso galego no marco europeo, 1890-1939, Tese Doutral, Deparatamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de Santiago de Compostela, 1999. Estos traballos son só os principais de esta corrente. Remito á bibliografia dos mesmos así como a Lourenzo Fernández Prieto (Ed) Terra e progreso..., Op cit para máis bibliografía. 165 No contexto epañol remitimos ao libro colectivo Josep Pujol, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001 que recolle o fundamental da historiografía española sobre a cuestión. No marco internacinal a interpretación máis recente e fecunda e a de Koning, The failure of Agrarian Capitalism... op cit onde se demostra a crise da gran explotación no contexto da crise agraria finisecular.

92

abordaremos fundamentalmente dúas que teñen que ver coa utilización de novas fontes e co plantexamento dalgunha pregunta nova. Respecto ás fontes non se ten utilizado en Galicia ao mesmo nivel que noutras partes do Estado a abundante información estatística166 que por primeira vez é capaz o Estado español de xerar para o sector agrario167. Neste sentido o presente capítulo pretende aproveitar esta información cuantitativa ao máximo. No contexto desta investigación, que pretende unha análise dende o longo prazo, non pretendemos sen embargo chegar ao nivel de concreción das investigacións que se teñen adicado especificamente a estas fontes e a este período, xa que o primeiro tercio é unha fase máis da extensa cronoloxía que abarcamos.168 A pregunta refírese esencialmente á significación dos cambios tras a crise agraria finisecular no marco da interpretación dende a historia ambiental que propoñemos. Os cambios en torno á crise agraria finisecular están intimamente relacionados ao concepto dunha segunda Revolución Agrícola. Esta tese foi inicialmente defendida por F.M.L. Thompson nun coñecido artigo de 1969 sobre a introducción de novas tecnoloxías na agricultura inglesa entre 1815 e 1880. 169 Nun contexto internacional e a partir da análise da evolución dos rendementos e a productividade Bairoch170 defende tamén a existencia dunha segunda Revolución agrícola que segundo os países tería lugar a mediados do século XIX ou a partir da crise agraria. Van Zanden171 pola súa parte ten avanzado na caracterización dos cambios na etapa 1870-1914 definíndoa como a primeira Revolución verde pola súa incidencia na intensificación da productividade. Non é a nosa intención discutir a cuestión de si é posible falar dunha segunda revolución Agrícola ou non. Consideramos que é máis unha etiqueta que ten escaso potencial explicativo ao igual que foi sinalado ao respecto da primeira Revolución Agrícola172. Pola contra o interesante dende o punto de vista medioambiental e a cuestión de si estes cambios supoñen unha ruptura do sistema da agricultura orgánica ou pola contra son unha adaptación do mesmo ás condicións

166 Abundante non é sinónimo de fiable como teremos ocasión de sinalar ao longo do capítulo. 167 Os únicos exemplos de crítica de algúns aspectos da fonte son os de Dopico, “Productividade, rendementos e tecnoloxía...” op cit e Fernández Prieto, Labregos con ciencia...op cit. Villares, La propiedad... op cit e Carmona El atraso... op cit utilizan algunhas cifras pero sen sistematizalas. Barreiro Gil, Prosperidade e atraso en galicia durante o primeiro tercio do século XX. Xunta de Galicia, Santiago, 1990, sistematizou boa parte dos datos de superficies, pero non introduciu elementos de crítica. 168 Gallego Martínez, Domingo, La producción agraria en Álava, Navarra y La Rioja desde mediados del siglo XIX a 1935, Tese de Doutoramento, Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia Económica, Madrid, 1986. José Ignacio Jiménez Blanco, La producción agraria en Andalucía Oriental, 1874-1914, Tese de Doutoramento, Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia Económica, Madrid, 1986. Pinilla, Vicente, Entre la inercia y el cambio: El sector agrario aragonés, 1850-1935. MAPA, Madrid, 1995. Pujol Andreu, J. Les Transformacions del sector agrari catalá entre la crisi finisecular i la guerra civil, Tese de Doutoramento, Universitat Autónoma de Barcelona, 1987. Zapata Blanco, Santiago, La producción agraria de Extremadura y Andalucía Oriental: 1875-1935. Tese de Doutoramento, Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia Económica, Madrid, 1986. 169 “The Second Agricultural revolution, 1815-1880”, Agricultural History, 1969, pax. 62-77. 170 Bairoch, Paul: “Les trois revolutions agricoles du monde développé: Rendements et productivité de 1800 a 1985”. ANNALES, ESC, 1989, pp. 317-353. 171 Van Zanden, J.L.: “The First Green Revolution : The Growth of Production and Productivity in European Agriculture, 1870-1914”, Economic History Review, XLIV, 1992, pax. 215-239. Van Zanden, J.L., The Transformation of European Agriculture in the 19th Century. The Case of Netherlands, Vitgeverij, Amsterdam, 1994. 172 Sen embargo Mazoyer e Roudart só falan de dúas revolucións no mundo contemporáneo, a primeira do século XVIIIe a revolución verde. Dende a súa posición os cambios que estamos a comentar non son máis que sistoma e intento de resposta da crise xeral do sistema saído da primeira revolución. Historia das agriculturas... op cit 345 e ss.

93

impostas pola crise mundial de superproducción e da revolución dos transportes, pero sen romper a dependencia esencial da enerxía solar. De feito hai datos que permiten, se non desbotar o carácter rupturista, si matizar o impacto das transformacións. As argumentacións empregadas por Van Zanden mesmo serven para cualificar de esaxerada a súa caracterización. Dende o punto de vista das macromagnitudes o salto que terá lugar despois de 1950 non é comparable con ningunha transformación anterior. Máis interesante é comprobar o tipo de tecnoloxías que predominan neste etapa. No marco das interpretacións da economía convencional173 hai dous tipos de tecnoloxías aplicables á agricultura, as aforradoras en traballo e as aforradoras en terra.De acordo con van Zanden as primeiras terán un alcance moi limitado nesta etapa, sendo especialmente importante a introducción de fertilizantes químicos, os pensos para a gandeira, as melloras en sementes e razas etc. Pola contra o desenvolvemento de tecnoloxías aforradoras en traballo, fundamentalmente maquinaría, foi máis limitado e tivo menor incidencia na mellora da productividade. O importante deste feito é que estas tecnoloxías aforradoras en terra son unha continuación das transformacións adoptadas con anterioridade no sentido de mellorar a fertilización das terras e incrementar a productividade da terra. Son estas tecnoloxías ademais as que explican que a pequena explotación tivese unha maior capacidade de resposta ante a crise agraria. O esencial destas tecnoloxías é que non implican o funcionamento das economías de escala. Non só non é preciso para adoptalas e que sexan rendibles unha maior dimensión das explotacións senón que en determinadas situacións pode ser beneficioso unha dimensión máis cativa que permite xogar mellor coa adaptación ao agroecosistema da fertilización química (combinada coa orgánica) ou a adaptación de novas sementes. 174 A cuestión para nos é por tanto en que medida os cambios derivados da crise agraria finisecular constituíron unha ruptura e eso en dúas direccións. En primeiro lugar dende o punto de vista medioambiental debemos analizar se a transformación técnica supuxo un cambio no modelo enerxético dominante con anterioridade. En segundo lugar debemos analizar se as transformacións técnicas descritas pola historiografía para o primeiro tercio do século XX implicaron unha ruptura coa dirección das transformacións definidas para a centuria anterior. Esta última cuestión está moi relacionada coas propostas interpretativas do cambio técnico na agricultura. No modelo convencional, exemplificado coa proposta de Ruttan e Hayami citada, os prezos relativos son o factor explicativo esencial tendo en conta de forma limitada a adecuación física e sobre todo a viabilidade económica. A análise histórica do cambio técnico demostra que a complexidade dos procesos de innovación tecnolóxica na agricultura necesitan de propostas metodolóxicas máis flexibles que integren aspectos como a aceptación social das innovacións, a creación de redes institucionais de innovación e difusión ou a socialización dos custes da innovación cando menos en zonas de predominio da pequena explotación.175 Ademais é 173 Ruttan, VernonW.; Hayami, Yujiro (1989): “El cambio técnico inducido en la agricultura”, Agricultura y sociedad, 53, pp 19-72. 174 Koning, The failure… op cit pax.15 e ss. Fernando Oliveira Baptista, Agriculturas e territórios, celta, Oeiras, 2001, pax. 83-87. 175 Seguimos para a nosa proposta de interpretación do cambio técnico o modelo elaborado por Lourenzo Fernández Prieto, “Caminos de cambio tecnológico en las agriculturas españolas cpntemporáneas” Josep Pujol, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males... op cit pax 95-146. Ver tamén a este respecto Pujol Andreu, Josep, e Fernández

94

esencial a adecuación das técnicas ao marco físico no que se introducen. Pouco éxito podían ter propostas de traspasar mecanicamente instrumentos deseñados para a agricultura inglesa ou a prusiana nas agriculturas peninsulares.176 A proposta que seguimos na interpretación do cambio técnico na agricultura resalta a multiplicidade de factores que inciden na adopción das novas tecnoloxías agrupados en tres grandes grupos. Polo lado da oferta incídese no carácter limitado da tecnoloxía dispoñible e na necesidade de atender tanto a súa viabilidade económica como social e ecolóxica para explicar a adopción dunha determinada innovación. Neste sentido e polo lado da demanda é necesario atender non só aos prezos relativos, senón aos suxeitos da innovación (os adoptantes) e aos factores que inciden na innovación como a socialización do risco (innovación colectiva) ou o contexto histórico no que esta se produce (propiedade da terra, grao de mercantilización e de articulación social). Por último é necesario atender aos mecanismos concretos de innovación, o papel do estado e a articulación do entramado institucional de innovación. O papel dos axentes difusores da innovación é esencial para entender a dirección do cambio técnico.177 Pero o aspecto máis interesante desta proposta dende a perspectiva de esta investigación radica en que se sitúa nun lugar central da interpretación o feito de que o cambio técnico non sucede nun baleiro productivo nin tecnolóxico. A comprensión dos procesos de cambio técnico require dun coñecemento preciso dos sistemas productivos, xa que, e esto é especialmente relevante para as agriculturas dominadas pola pequena explotación familiar, as innovacións adóptanse non contra as técnicas anteriores, senón pola súa maior adecuación ao sistema agrario e a súa dinámica de cambio preexistente. Esta última consideración fai referencia a outro elemento ao que se debe prestar atención na análise; o feito de que os sistemas agrarios nunca son estáticos. Toda agricultura está en permanente proceso de transformación como amosa o comportamento da agricultura galega no XIX. Outra cousa son os ritmos e dirección de esa transformación. No primeiro capítulo definimos esa dinámica de cambio previa á crise agraria. Nas páxinas seguintes intentaremos facer o propio coas transformacións do primeiro tercio do século co obxectivo de definir as relacións entre as novas formas de producir e a dirección preexistente do sistema agrario. De feito na historiografía galega hai traballos que matizan a incidencia en termos productivos da crise agraria finisecular. 178 Un dos primeiro traballos adicados a esta cuestión, de Xan Carmona e Leonor de la Puente, mostrou como no elemento central dende o punto de vista mercantil da agricultura galega, o gandeiro, non tivo unha contracción tan espectacular como outros productos no resto do Estado. Así a interrupción das exportacións a Inglaterra da carne

Prieto, Lourenzo, “El cambio tecnológico en la historia agraria de la España contemporánea”, Historia Agraria, 24, 2001, pax. 59-86. 176 Garrabou, Ramón (1990): “Sobre el atraso de la mecanización agraria en España (1850-1933)”, Agricultura y Sociedad, 57, pp. 41-77. 177 Lourenzo Fernández Prieto, “Caminos del cambio técnico...”, op cit. 178 Debemos aclarar que a matización do impacto da crise agraria refírese exclusivamente a os seus aspectos productivos. Non podemos negar a súa incidencia no acceso á propiedade plena da terra dos labregos ou ao desenvolvemento do asociacionismo campesiño.

95

de vacún compensouse axiña pola apertura do mercado cara o interior da península a través do ferrocarril. 179 Outro elemento que nos leva a plantexarnos a magnitude do cambio é que as investigacións sobre a agricultura tanto do XIX como do XX víronse moi condicionadas pola interpretación que da súa realidade agraria fixeron os seus contemporáneos. A publicística do XIX, aínda que non escasean as referencias eloxiosas á capacidade da agricultura labrega180, estivo esencialmente preocupada pola cuestión da propiedade plena da terra como motor do desenvolvemento en relación directa co modelo de desenvolvemento considerado ideal, o inglés. O exemplo máis claro o temos na labor da Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago, centro das reflexións sobre a agricultura galega a mediados do XIX. No Congreso Agrícola Gallego do ano 1864181 foi a cuestión da propiedade, e en concreto de reforma do réxime foral, a que centrou a atención dos debates. Outro punto do congreso adicado á organización da producción agraria tivo moito menos eco e ademais non puido rematar os seus traballos ao cederlle parte do seu tempo ao debate estrela sobre a propiedade da terra. De feito, e esto mesmo afecta aos pensadores máis agudos sobre a realidade agraria do momento, o problema radicaba en que era a busca do propietario innovador á inglesa o que dificultaba que se atendera suficientemente á pequena explotación e á súa capacidade de transformación. Xosé Ramón Veiga Alonso182 ten feito unha pescuda nas fontes do XIX que pon de manifesto o absoluto predominio da visión dun propietario innovador como suxeito esencial do cambio agrario. Dende Colmeiro en 1843 ata os colaboradores da Revista Económica, Periódico Agrícola ou no Boletín da SEAPS que dirixen as súas propostas aos propietarios ilustrados. 183 O mesmo Valenzuela Ozores, aínda a súa aguda análise da realidade agraria, subliña que o único axente capaz de levar adiante as transformacións da técnica moderna será o dos propietarios ilustrados. O caso máis espectacular de esta tendencia é o de José Pardo Bazán, un dos poucos defensores da reversión dos foros aos propietarios do direito e que, sendo neso tamén unha excepción, será el mesmo un dos poucos exemplos de propietario innovador na Galicia do XIX.184 Esta busca dun inexistente propietario innovador fixo á maioría da publicística da época allea as correntes de transformación da agricultura, coas excepcións de Planellas ou o mesmo Valenzuela, incluso mesmo cando os seus propios traballos nos ofrecen pistas sobre estas transformacións. Un exemplo moi claro do dito é o de Cosme

179 Xan Carmona Badía e Leonor De La Puente: “Crisis agraria y vias de evolución ganadera en Galicia y Cantabria”. En Ramón Garrabou (Ed.), La crisis agraria de fines del siglo XIX, Crítica, Barcelona, 1988, pp. 181-211. 180 Varios dos traballos citados por nos no capítulo I. Tamén as referncias de Fernández Prieto en Labregos con ciencia... op cit pax. 32 e ss. De especial agudeza son as reflexións de Antonio Valenzuela Ozores, Memorias estadística sobre la provincia de Pontevedra y el censo de 1860, Pontevedra, 1862, ou Memoria agronómica o consideraciones sobre el mejoramiento forestal, pratícola e pecuario de la provincia de Pontevedra, Ponevedra, 1865. 181 Congreso agricola gallego de 1864. Edición facsimil. Eds. do Castro, Sada/ACoruña, 1994. 182 Veiga Alonso, Xosé Ramón (1997): Perfil do propietario innovador na Galicia do século XIX, Documentos de Traballo do IDEGA,Historia 6, Santiago. Ver tamen as páxinas adicadas ao tema no seu libro, O Conde de Pallares e o seu tempo, 1828-1908. Aproximación ó activismo das élites na Galicia decimonónica, Deputación de Lugo, Lugo, 1999, pax.115 e ss. 183 Manuel Colmeiro, Memoria sobre el modo más acertado de remendiar los males inherentes a la extremada división de la propiedad territorial en Galicia, Santiago de Compostela, 1843. 184 Estudiado por Veiga Alonso, “Perfil do propietario...”, op cit.

96

Fernández Soler. Nun traballo de 1890 daba unha visión moi negativa da situación da agricultura galega cualificándoa de atrasada, mentres que noutro libro do mesmo ano describe as importantes transformacións que se estaban a producir na agricultura como no caso do cultivo de horta ou a especialización gandeira185. Esta situación contrasta vividamente coa xurdida da crise agraria finisecular. O novo arbitrismo, que nun primeiro momento concéntrase nos colaboradores da revista Prácticas Modernas continuados por figuras como Rof Codina e Gallástegui ou economistas nacionalistas como Peña Novo186, vai facer da pequena explotación o centro das súas propostas de renovación técnica, considerando ademais que non só non se pode afirmar un carácter inerentemente atrasado a estas explotacións senón que os labregos son perfectos coñecedores das posibilidades das súas terras e de que calquera proposta que non teña en conta esta cuestión está previamente condenada ao fracaso. Valeriano Villanueva, a figura máis importante da revista Prácticas Modernas187, facía esta reflexión coa súa habitual franqueza acerca da forma na que aprendeu esta lección dolorosamente nunha das súas primeiras experimentacións con sementes foráneas de millo recollidas na granxa da Coruña.

“Sembre a mano y con afanoso cuidado todos los granos de las cuatro espigas, uno a uno, de asiento y con la debida separación. Naturalmente nacieron algo menos de la mitad, lo que me contrarió en gran manera, no solo porque disminuíase la gran cosecha que esperasa, sinó por la desilusión que me produjo el que hubiese por lo visto, que sembrar solo los granos del centro de cada mazorca, como hacían los campesinos rutinarios.”

Os resultados convencéronlle de que era fundamental entender as características

da agricultura do país antes que poñerse a experimentar con todo o novo que viñese de fora:

“Un labrador colindante, después de la recolección, tuvo una frase

acertada hablando de aquel campo que yo creía llamado a regenerar la agricultura en la comarca: dijo, el taimado, que en tres ferrados de tierra cojí cuatro de maiz. Jamás pude perdonar a la agronomía oficial esta sangrienta pulla que solo comprenderan los gallegos.”188

Foi, polo tanto, un cambio da actitude dos publicistas e non na forma de pensar dos labregos a que propiciou a conexión entre ciencia e agricultura que fraguou no primeiro tercio do século XX. De ver só prácticas negativas pasouse, aínda cando se facían críticas, a apreciar as posibilidades inherentes das prácticas agrarias para

185 Memoria sobre el estado actual de la Agricultura, Industria y Comercio de la provincia de Pontevedra, Imp. J.A. Antúnez, 1890, Pontevedra. Sus producciones agrícolas. Vda. e Hijos de Madrigal, Pontevedra, 1890. 186 Sobre a continuidade entre o pensamento de Prácticas Modernas e o nacionalismo no problema agrario, Lourenzo Fernández Prieto e Miguel cabo Villaverde, “Agrarismo y regeneracionismo en la Galicia de comienzos del siglo XX. El desarrollo del regionalismo agrícola”, Agricultura y Sociedad, 86, 1998, pax. 133-162. 187 O que esto escrebe confía non cometer unha herexía se establece unha comparación entre o que supuxo Chayanov dende o punto de vista análitico de comprensión da agricultura rusa coa significación de Villanueva na galega, de moita menos capacidade publicitaria no contexto internacional. 188 PM, 1907, pax. 149-152.

97

introducir modificacións. De novo Valeriano Villanueva ofrécenos o exemplo perfecto. Dunha visita a Pontevedra en 1906 afirmaba ver:

“...el propio atraso agrícola en todo, absolutamente en todo; sólo se veía adelanto en el arado del país, al que en algunas localidades de la provincia han hecho modificaciones diversas y siempre inteligentes, buscando el trabajo como en los arados de vertedera, cuya adopción puede considerarse ya próxima”189

Parécenos en consecuencia que existen suficientes razóns para soster a necesidade dunha revisión do sucedido ao longo do primeiro tercio do século XX dende os criterios expresados nestas páxinas e fundamentalmente tendo en conta os procesos previos para entender as novas direccións do cambio.

189 Excursión por Pontevedra, Prácticas Modernas, 84 e ss., 1906. editado en Villanueva, Valeriano: Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y la España atlántica. Edición, estudios preliminares y notas de José Antonio Durán, MAPA/Xunta de Galicia, Santiago/Madrid, 1984 pax. 142.

98

99

II.2. A CONSTRUCCIÓN DUNHA ESTATÍSTICA AGRÍCOLA MODERNA EN ESPAÑA. O CASO GALEGO. O interese dos estados europeos contemporáneos por elaborar estatísticas económicas é unha constante do século XIX. O sector agrario en particular foi especialmente atendido nesta primeira etapa da estatística moderna. De acordo con Van Zanden as únicas excepcións son Gran Bretaña, algúns países balcánicos , Portugal e España onde antes da década de 1880 non se dispón de series de superficies producción e rendementos dos principais cultivos190. En España disponse de estatísticas agrarias dende os anos oitenta do século XIX, con algunhas aproximacións illadas ao longo da segunda metade do XIX, aínda que completas e atinxindo todos os cultivos só se dispoñen anualmente dende 1929. O traballo inicial de crítica e sistematización dos datos foi iniciado polo GEHR a finais dos setenta combinando unha análise global dos datos estatais con traballos de análise rexional.191 En Galicia algúns traballos partiron destas fontes pero aínda está sen facer unha crítica sistemática da elaboración das estatísticas e da súa fiabilidade interna.192 No presente apartado imos proceder a analizar as estatísticas agrícolas (deixando polo de agora as gandeiras e forestais por presentaren problemas adicionais). Procederemos en primeiro lugar a trazar a historia contemporánea da estatística agrícola no Estado, pasando despois a analizar o que sabemos de cómo se recollían os datos nas catro provincias galegas e, por último, faremos unha valoración da súa fiabilidade. II.2.1. A construcción da estatística. Antecedentes e regulamentos. A historia dos traballos de estatística agraria en España no nivel da lexislación e do funcionamento do corpo encargado de centralizalos foi recompilada en distintos traballos polos compoñentes do Grupo de Estudios de Historia Rural.193 Non está de máis repetir os elementos fundamentais desta historia, en tanto que é a base para calquera análise de ámbito espacial máis restrinxido que pretenda partir da crítica á forma na que as estatísticas se elaboraban.

190 “The First Green Revolution...”, op cit pax. 217. 191 Este traballo culminou coa publicación polo grupo das Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935 (MAPA, Madrid, 1991), referencia obrigada sobre o tema. 192 A tese de Manuel Jaime Barreiro Gil: Población, propiedad de la tierra y formación del mercado agrario en Galicia, 1900-1930, tese de doutoramento inédita, Departamento de Historia e Institucións Económicas, Universidade de Santiago de Compostela, 1983, fundamenta boa parte das súas conclusións nestes datos pero non realiza unha crítica sistemática deles. Fausto Dopico realizou unha crítica dos datos do último lustro dos anos oitenta do XIX no seu artigo “Productividade, rendementos e tecnoloxía na agricultura galega de fins do século XIX”, Grial, Anexo 1, Historia, 1982, pp. 66-81. Máis recentemente Lourenzo Fernández Prieto introduciu algúns elementos de crítica no seu traballo Labregos con ciencia... op cit. pax. 437-458. 193 A primeira aproximación e a de Jesús Sánz Fernández: “Notas introductorias al libro de Eduardo de la Sotilla: Producción y riqueza agrícola de España en el último decenio del siglo XIX y primero del XX”, Agricultura y Sociedad, 18, 1981, pp. 303-330. Tamén en GEHR: Estadísticas históricas...op cit pax. 27-35. Dende unha óptica máis crítica co funcionamento do corpo de enxeñeiros Juan Pan Montojo: "Fuentes estadísticas", en Miguel Artola, Enciclopedia de historia de España, vol. VII, Alianza, Madrid, 1993, pax. 337 e ss.

100

Estes traballos puxeron de manifesto cómo, durante a segunda metade do século XIX, malia que moitas foron as voces que reclamaban a necesidade dun coñecemento pormenorizado da realidade do agro, as medidas que se tomaron nesa dirección foron, pola contra, fragmentarias e con escaso éxito. De feito o primeiro intento de cuantificar a producción, o de 1857 (por medio de interrogatorios aos concellos) tivo tantos problemas que nin sequera foi publicado. A opinión case unánime,194 tanto dos contemporáneos como da historiografía, foi de que os datos subestimaban con gran diferencia a producción real. No que se refire ao cálculo da superficie cultivada, a única estimación destes anos centrais do século XIX é a que aparece publicada no anuario de 1858 e que foi realizada, polo que sabemos con base nos amillaramentos195. O logro máis importante da estatística nestas datas foi, en palabras do GEHR, o censo pecuario de 1865 superior en fiabilidade a algúns censos de principios do século XX. Os primeiros pasos serios por parte da administración terán que agardar a década dos setenta na que a Dirección General de Agricultura, Industria y Comercio comeza a solicitar información ás Juntas Provinciales de Agricultura Industria y Comercio (posteriormente Consejos Provinciales de Agricultura) aínda que os resultados tardarán en chegar.196 O éxito máis importante desta etapa non é a elaboración de ningunha estatística significativa senón as memorias sobre o estado de agricultura que os enxeñeiros secretarios de cada provincia tiveron que remitir en 1875, que desgraciadamente non se conservan para todas as provincias197 e que proporcionan unha valiosa información cualitativa para o coñecemento da agricultura. No que se refire aos traballos estatísticos aínda que si se realizaron, non deron os froitos desexados. Consérvanse varias cartas dos secretarios das xuntas da Coruña e Ourense nas que se desculpan por non enviar os datos que se lles pedían por non ter recibido as informacións por parte dos concellos.198 O momento fundamental para a estatística agraria será a constitución en 1879 do servicio agronómico que convertía os enxeñeiros agrónomos secretarios das distintas xuntas provinciais nun corpo técnico dirixido por unha xunta central en Madrid (a Junta Consultiva Inspectora, que pouco despois se convertería na Junta Consultiva Agronómica, de agora en diante JCA). Esta transformación que viña equiparar os enxeñeiros agrónomos e os industriais aos enxeñeiros forestais (que xa eran un corpo técnico independente dende moito antes) non estivo exenta de conflictos nin antes nin despois do decreto, fundamentalmente pola importancia que para os notables locais (e

194 A única opinión discordante é a de Gabriel Tortella que reivindica a utilización dos datos de 1857, aínda que sen achegar argumentos convincentes ao respecto; Gabriel Tortella: “Producción y productividad agraria en España, 1830-1935”, en Nicolas Sánchez Albornoz (ed.) La modernización económica de España, Alianza, Madrid, 1985, pp.63-88. Para as opinións contrarias remitimos ao dito no capítulo I 195 Anuario estadístico de España correspondiente al año de 1858 publicado por la comisión de estadística general del reino, Imp. Nacional, Madrid, 1859. 196 Sobre a lexislación é util o libro de Evaristo Martelo y Paumán del Nero: Manual de los consejos de agricultura, industria y comercio. Consejo superior, comisarios regios, consejos provinciales. Su organización, reglamentos y disposiciones desde su creación, con un prólogo preliminar histórico, notas e índices. Tip. El Noroeste, A Coruña, 1900. 197 Para Galicia consérvanse as de Lugo e Ourense (AMAPA leg. 253) publicadas en 1981 no número 5 da Revista Galega de Estudios Agrarios. 198 AMAPA leg. 257.

101

estatais) tiñan as xuntas como instrumento de control,199 provocando un longo período de indefinición que terá importancia, como veremos, nos primeiros momentos da elaboración das estatísticas nos anos oitenta e noventa. En calquera caso foi un paso adiante en tanto que liberaba os enxeñeiros, aparentemente, das influencias dos notables provinciais. Como consecuencia desta reorganización, ao longo da década dos oitenta a JCA realizou un importante esforzo de recompilación de información que culminou na publicación no cambio de década de memorias sobre os cultivos máis importantes,200 e na elaboración dun regulamento definitivo sobre a formación das estatísticas de producción que se mantería vixente sen grandes cambios ata os anos finais da dictadura de Primo de Rivera. De acordo coa Real Orden do 27 de novembro de 1891 o cálculo da producción efectuaríase polo procedemento indirecto, é dicir, pola estimación a partir do cálculo dos rendementos e da superficie cultivada de cada cultivo. Para a estimación dos rendementos os enxeñeiros debían visitar na época da colleita (en datas determinadas pola propia Real Orden) catro lugares das zonas máis productoras da provincia debendo informar dende os mesmos. Sobre o outro elemento deste procedemento indirecto, o cálculo da superficie cultivada, non hai instruccións precisas sobre a súa realización, aínda que o GEHR e os propios datos conservados no arquivo do MAPA indican que serían unha combinación entre os amillaramentos e os datos proporcionados polos concellos, como veremos máis adiante.201 Por outra banda resulta necesario indicar que ata 1928 os únicos cultivos que recibiron atención anual por parte da JCA foron os da triloxía mediterránea: cereais e leguminosas asociadas, vide e olivo. Esta limitación é especialmente significativa para Galicia pola moi diferente configuración do sistema agrario en comparación coa maior parte do Estado. En determinados anos os enxeñeiros tiñan a obriga de redactar memorias sobre un tema concreto proposto pola JCA, que logo se encargaba as de resumir e publicar. Isto permítenos coñecer o que sucedeu cos cultivos esquecidos nas estatísticas anuais (por exemplo en 1902 e en 1922)202. Estas memorias parecen merecer máis fiabilidade polo traballo que supuñan. A partir de 1927 pasouse do método indirecto a un método semidirecto que esixía a declaración dos agricultores da superficie cultivada. Nesta etapa, así mesmo, apareceu outro nivel administrativo encargado de controlar a veracidade das informacións dos labregos. Estableceuse a creación dunhas xuntas locais (Juntas locales de Informaciones Agrícolas) constituídas polo alcalde , o mestre, o cura párroco, o xuíz municipal, o inspector de hixiene pecuaria, dous agricultores e dous gandeiros. A 199 Como demostrou Juan Pan Montojo: “La administración agraria en España, 1847-1907”, Noticiario de Historia Agraria, 10, 1995, pax. 74-80 200 Avance estadístico sobre el cultivo cereal y de leguminosas asociadas en España formado por la JCA. 1891. Quinquenio de 1886 a 1890, ambos inclusive, Madrid 1891, 3 vols. Avance estadístico sobre el cultivo y producción de la vid en España formado por la JCA, 1889, Madrid, 1891. La ganadería en España. Avance sobre la riqueza pecuaria en 1891 formado por la JCA conforme a las memorias reglamentarias que en el citado año han redactado los ingenieros del servcio agronómico, Madrid 1892, 5 vols. Avance estadístico sobre producción y cultivo del olivo en España en 1888, formado por la JCA, Madrid 1891. 201 GEHR: Estadísticas históricas... op cit pax. 31. 202 A única recompilación de todos os productos agrícolas anterior a 1928 é a de 1922. Ministerio de Fomento, Dirección General de Agricultura y Montes: Avance estadístico de la producción agrícola en España. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1922 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1923.

102

sección agronómica provincial tiña o cometido de controlar a exactitude dos datos de superficie, calcular os rendementos medios por hectárea e, por último, obter os datos de producción. Como resultado editáronse os Anuarios estadísticos de las producciones agrícolas que viron a luz de 1928 a 1935 e nos que por primeira vez se recollían os datos de toda a producción agraria. II.2.2. Os problemas de obtención dos datos. O caso galego. Ata aquí resulta bastante claro o marco legal e institucional que as estatísticas se realizaban. Falta, sen embargo, por coñecer cómo se realizaba na práctica a recollida e selección dos datos, para o que carecemos de estudios provinciais que se aproximen a esta parte do problema.203 Por outra banda, tampouco hai ningún estudio provincial para a España atlántica e cantábrica a excepción dos xa citados para Galicia.204 Este feito non carece de importancia en tanto que a elaboración das estatísticas non estaba adecuada á diferente realidade das provincias españolas, senón que estaba especificamente deseñada para a España seca como pon de manifesto o feito de que ata 1928 só recibiran atención preferente os cultivos da triloxía mediterránea, cereais, vide e olivo que, malia teren importancia na España atlántica (agás o olivo), non eran máis que outro elemento dun sistema agrario moito máis complexo como se viu no capítulo I. Dentro dos elementos diferenciais de Galicia que teñen importancia á hora de considerar a fiabilidade dos datos para estas provincias está a densidade de ocupación do territorio, o claro predominio da pequena explotación e a escasa tradición administrativa de Galicia no nivel municipal (a maioría dos concellos naceron co réxime liberal). Como resulta obvio non é o mesmo aplicar un método indirecto de estimación da producción a través da estimación da superficie cultivada e dos rendementos nunha agricultura extensiva de cereal en grandes superficies, que nunha agricultura de explotación intensiva da terra, con multiplicidade de especies e complexas e cambiantes rotacións de cultivos, por non falar das diferentes condicións medioambientais de partida que non só teñen incidencia na elección das rotacións senón nos resultados en termos de rendementos. Estas limitacións serán considerados máis adiante, mais convén non perdelos de vista na discusión do presente apartado. O problema máis grave que se nos presenta á hora de achegarnos ao funcionamento do corpo de enxeñeiros ao longo do período considerado é a escaseza de documentación conservada. No arquivo do Ministerio de Agricultura só se conserva a documentación do século XIX, que é ademais fragmentaria, mentres que os datos do primeiro tercio do XX se perderon, ao parecer, co traslado do goberno republicano a Valencia na Guerra Civil (sabemos que a documentación saíu de Madrid pero que nunca chegou a Valencia).205 Isto non só nos impide coñecer a forma en que se efectuaban os cálculos, senón tamén a correspondencia entre a JCA e os enxeñeiros provinciais e as

203 Coa excepción de Juan Pro Ruiz: "Ocultación de la riqueza rústica en España (1870-1936): Acerca de la fiabilidad de las estadísticas sobre la propiedad y el uso de la tierra", Revista de Historia Económica, XIII, 1995, pax. 89-114. 204 Domingo Gallego incluíu as provincias vascas no seu artigo “Transformaciones en el uso de suelo y la producción agraria en el Pais Vasco, Navarra y Cataluña, 1900-1931, en Manuel González Portilla, Jordi Maluquer de Motes e Borja de Riquer Permanyer (eds.), Industrialización y nacionalismo. Análisis comparativos, Universitat Autonoma de Barcelona, Bellaterra, 1985, pp. 163-179, aínda que posteriormente a súa tese de doutoramento só atinxiu a Álava, Navarra e La Rioja.. 205 Esta información lla debemos á directora do arquivo.

103

memorias anuais que estes elaboraban e que eran a base dos resumos que logo publicaba a JCA. A documentación do XIX ten que ser, por forza, a base da análise e, aínda que non se conserva enteira (non están as memorias de todas as provincias nin a correspondencia completa), proporciona elementos interesantes de crítica. O feito de que se conserve a documentación ata 1900 permítenos comprobar cómo se realizou o paso entre o método vello e o regulamento de 1891. Ao mesmo tempo podemos contrastar os problemas que tiñan os enxeñeiros no inicio mesmo da súa reconversión en corpo técnico. Estas informacións poden contrastarse cos xuízos que os contemporáneos fixeron sobre as estatísticas, aínda que en Galicia estes non foron abondosos. Para o estudio do cambio de regulamento en 1927 utilizamos a documentación conservada de dúas xuntas locais, a dos concellos de Enfesta e Santiago de Compostela, que nos permite por outra parte achegarnos a entender cómo se facían as cousas no nivel máis básico da administración. No que se refire aos anos previos ao regulamento de 1891 todas as informacións que temos indican que as cifras se recollían preferentemente mediante interrogatorios aos concellos, aínda que a nota fundamental deste período é a heteroxeneidade nos métodos de recollida de datos para as tres variables fundamentais: a producción, os rendementos e a superficie cultivada. Isto non carece de importancia especialmente no que se refire ao cálculo da superficie cultivada, xa que todo indica que os datos recollidos ao longo da década dos oitenta foron a base dos cálculos posteriores en tanto que non temos noticia, nin existe no arquivo do ministerio documentación ningunha que indique que despois de 1891 se revisaran as cifras de superficie a fondo. O coñecemento de cómo se elaboraban estes datos é polo tanto relevante, non só como elemento de crítica dos avances de 1891, senón tamén tendo en conta que o coñecemento da superficie é o dato escuro sobre o que dependía o cálculo da producción. Respecto á provincia de Lugo, os datos obtíñanse por interrogatorios aos concellos. De feito consérvase no ministerio unha táboa cos datos de producción de cereal de todos os concellos da provincia para 1882 e 1883. Non parece que o enxeñeiro puidera obter os datos de superficie dos amillaramentos a teor do que lle di á JCA nunha carta de 1881:

“... empezaré manifestando las dificultades que para llevarlo a cabo [o interrogatorio sobre estatística agrícola] se me han presentado. (...) no he podido reunir todos los elementos y datos necesarios y de aquí que algunas de las preguntas formuladas en dicho interrogatorio no hayan podido contestarse con la precisión que sería de desear (...) Ni en la oficina a mi cargo, ni en la seción de fomento, ni en la comisión especial de estadística de la riqueza territorial, ni en otros centros oficiales de esta provincia existen aquellos [datos estatísticos], ni hai amillaramientos ni se conoce una sola explotación agrícola en donde se lleve la contabilidad de las operaciones.”206

En consecuencia optou por solicitar os datos aos concellos, aínda que non parece que estes se interesaran demasiado pola cuestión a teor doutra carta na que comunica que tivo que solicitar a intervención do gobernador civil: “Como esta dependencia

206 AMAPA leg. 257 ao igual que o cadro estatístico citado.

104

carece de datos para confeccionar el estado de la recolección de cereales durante los años de 1882 y 1883 (...) hubo necesidad de recurrir al sr. gobernador civil a fin de que se digne interesar a los señores alcaldes de la provincia faciliten aquellos.”207 Sobre a fiabilidade das respostas así obtidas non podemos facernos demasiadas ilusións, xa que o gobernador civil no lles deu aos alcaldes máis que oito días para enviaren os datos (publicado no boletín oficial da provincia do 5-XI-1883). O propio enxeñeiro dubidaba das posibilidades do método e remata dicindo que sobor da “veracidad de los datos facilitados por los alcaldes non creemos que sean todo lo exactos que debieran tratándose de un servicio tan interesante.” Non coñecemos máis documentación sobre esta provincia que nos permita comprobar se ao longo da década os datos seguíronse recollendo a través dos concellos, pero a inexistencia de amillaramentos reflectida polo enxeñeiro permítenos supoñer que así foi aínda que tamén podemos supoñer un maior control dos datos a medida que o servicio se ía asentando nas súas funcións e no coñecemento do territorio.208 Os mesmos problemas atopámolos en Pontevedra onde o enxeñeiro comunica en 1881 que atopa inservibles os datos que lle remitiron varios concellos polo que pregunta “si serán suficientes las noticias particulares que se han podido recoger para cumplimentar cuanto antes este apremiante servicio”.209 Tres anos despois comenta ao respecto das respostas dos concellos ao interrogatorio sobre viños algo semellante:

“...a pesar de los esfuerzos que he hecho para adquirir el mayor número de datos referentes al objeto (...) no comprenden todas las comarcas vitícolas de la provincia si bien están representadas las de mayor importancia. Del examen de los mismos se deduce la falta de fijeza que preside a algunas de las contestaciones, la carencia de datos para hacerlo de otras, y la ignorancia para satisfacer las cuestiones técnicas. Esta circunstancia hace que no se puedan admitirse al pie de la letra todas las respuestas dadas por las autoridades locales y que haya que desechar algunas por inverosímiles y contradictorias.”210

Na Coruña a Junta Provincial de Agricultura carece de enxeñeiro alomenos dende 1883 ata 1888 respondendo ao interrogatorio de viños o perito a través dos concellos. Neste caso pódese comprobar cómo os cálculos que fixo directamente a JCA teñen engadido o problema da conversión de medidas. Nunha folla de borrador na que aparecen as operacións realizadas especifícase que utilizaron a equivalencia 1 ferrado = 6,39 áreas o que implica uniformizar unha medida que é moi variable incluso de parroquia a parroquia.211 A situación de precariedade da xunta da Coruña vaise manter varios anos, queixándose o seu presidente da desatención que sufría o servicio:

“... hace ya muchos años, esta secretaría se haya sin ingeniero agrónomo, persona llamada por su competencia e idoneidad a cumplimentar trabajos que

207 Carta do 13-III-1884, AMAPA leg. 257. 208 Ramón Villares mostrou cómo nesta provincia na década de 1850-55 tan só unha terceira parte dos concellos remitiran os datos dos amillaramentos, non habendo máis ata mediados do século XX. La propiedad de la tierra...op cit, pax.181. 209 AMAPA leg. 257. 210 AMAPA leg.85. 211 AMAPA leg. 83.

105

como los de esta índole requieren a la par que estudio detenido la suficiencia necesaria; y por más, que, en distintas épocas, se ha puesto en conocimiento de la superioridad para que se sirviese proveer lo necesario, a fin de que se subsanase perentoriamente, es hoy el día, que, se continúa lamentando la carencia de aquel funcionario, originándose de aquí que los trabajos sufren paralización y considerable retraso.”212

Esta situación vai afectar fortemente as actividades do servicio aínda despois da chegada do enxeñeiro e incluso máis aló de 1890, xa que a súa chegada vai atopar as oficinas nun estado lamentable como así o comunica a Madrid:

Este “trabajo incompleto y deficiente acaso no llenó satisfactoriamente los deseos de vd. (...) toda vez que público y notorio es en esta población porqué hasta la prensa local de ella se ha ocupado, que al posesionarme hace dos meses de la secretaria de este consejo me sorprendio tanto el lamentable estado en que hallé esta oficina que me produjo indignación el abandono en que, desde hace ya bastantes años se encuentra y entregada al absoluto arbitrio y dirección de un empleado de la diputación sin conocimiento alguno en el ramo (...) No existen datos estadísticos ni expedientes incoados en debida forma, así es que en la presente ocasión, he tenido que recurrir, bien a pesar mio, y para cumplir la orden de vd. a tomar algunos datos confusos y mal confeccionados como los de las cartillas evaluatorias que los ayuntamientos han remitido a esta delegación de hacienda.”213

Esta situación vivida polo servicio da Coruña non vai ser unha excepción nestes primeiros anos de funcionamento do corpo de enxeñeiros como servicio técnico independente. A provincia de Pontevedra carecerá de enxeñeiro dende 1891 ata 1898 e de feito o avance sobre o cultivo cereal de 1891 asinarao o axudante Vicente Feijoo, quen será o que leve adiante os traballos nos anos posteriores e se queixará repetidas veces da situación. O 8 de xuño do 1890 cesou o enxeñeiro e entre ese momento e xaneiro do 1891 foron nomeados dous que foron trasladados antes de tomar posesión.214 En 1893 o axudante solicita que se lle permita realizar as visitas aos lugares que no regulamento especificaba só podían facer os enxeñeiros e entre ese momento e 1898 será el quen envíe as comunicacións. Tamén en Lugo é o axudante quen fai os traballos entre 1895 e 1897.215 Na Coruña os problemas non remataron co nomeamento do enxeñeiro. En 1892 este quéixase ao xefe do seu distrito (nese momento León) de que non dispón de local para conservar os materiais:

“Antes de ahora se guardaba dicho material en el local que ocupa el consejo provincial de agricultura, pero denunciado dicho local por su estado ruinoso se hace imposible por más tiempo depositar en el mismo objeto alguno. También se ha tratado de conseguir espacio en la granja, pero en pero en este establecimiento, que hoy se haya en creación no hay espacio disponible. Tengo por tanto el expresado material en malas condiciones, diseminado y expuesto a

212 Benito Maristany: Informe del comisario presidente del consejo provincial de agricultura relativamente a la crisis agrícola, Imp. de Puga, A Coruña 1888, pax.3-4. 213 Carta do 3-XI-1888. AMAPA leg.259. 214AMAPA leg. 259. 215 AMAPA leg. 259, 261, 262 e 263.

106

pérdidas y desperfectos de los cuales no seré responsable mientras se carezca de los elementos precisos.”216

Estes problemas de organización e a falta de medios foron nas distintas ramas dependentes do Ministerio de Fomento característicos nestes primeiros anos nos que as gañas e as boas intencións eran superiores aos medios que o Estado proporcionaba para efectuar os traballos. Lourenzo Fernández Prieto estudiou os problemas similares que tivo que pasar a Granxa agrícola da Coruña ata principios do século XX e Xesús Balboa comenta problemas similares no funcionamento do corpo de enxeñeiros forestais.217 Todas estas informacións resaltan en definitiva as grandes dificultades que se atoparon nesta etapa de indefinición e que, en boa medida, se prolongaron nos anos posteriores. A falta dunha base sólida de información que permitira o coñecemento do terreo facía recorrer aos enxeñeiros máis capaces (xa que outros, como o de Lugo, simplemente aceptan os datos a pesar de seren conscientes das súas deficiencias) aos métodos máis diversos para calcular a producción. Ten interese deterse máis polo miúdo na solución achegada polo enxeñeiro de Ourense en tanto que é característica das dificultades que se lles presentaban e da heteroxeneidade das solucións que se proporcionaron. Ante a inexistencia de amillaramentos (unicamente atopa os resumos) e de catastro expresa a necesidade de contar cos alcaldes e as dificultades que iso supón: “En estas condiciones para adquirir alguna noticia hay que reclamarla directamente de los alcaldes, los que, o sea porque ignorando que han de decir, o bien porque temen que los datos que suministran han de srevir para base de los impuestos cubren los estados que se les envían poniendo cifras a capricho pero siempre rebajándolas en mucho del verdadero valor”. En consecuencia opta por un cálculo indirecto da producción que considera é o único que se pode facer nesas circunstancias:

“... tomando las mayores cifras que aparecen en los estados de cuanta estadística ya formada por esta oficina, comparando el total con el consumo probable de la población, necesidades de su ganadería y exportación de sus granos principalmente a Portugal, deduciendo de todo ello que la producción ordinaria que se señala en os estados adjuntos es aceptable como minimun (...) el resumen de lo que es una cosecha ordinaria de cereales señalada en las cifras que figuran en el estado adjunto puede admitirse, quedando unicamente la apreciación sobre si hay más o menos de una especie determinada.”218

O procedemento é evidentemente discutible e contería numerosos erros, mais cabería preguntarse se efectivamente podería facerse doutro xeito. Moito máis problema supoñen os cálculos das variacións na colleita dun ano a outro. Rexeitando de novo a viabilidade de solicitar os datos aos concellos opta por interrogar aos principais productores de cada colleita sobre a porcentaxe de máis ou de menos que obtiveron respecto ao ano normal así fixado para calcular a variación o que, nunha provincia de pequena explotación, implica uns erros dificilmente asumibles. En 1885 xa opta por

216 AMAPA leg. 266. 217 Lourenzo Fernández Prieto: A Granxa agrícola-experimental da Coruña, 1888-1928. Contribución ó estudio da renovación técnica da agricultura galega. Xunta de Galicia, Santiago, 1988, pax.27-29. Xesús Balboa: O monte en Galicia...op cit, pax. 203-208. 218 XI-1883, AMAPA leg.257.

107

utilizar os datos dos concellos para fixar a colleita media “dun ano normal.”219 Á altura de 1890 parece que en Ourense xa se recollían os datos a través dos concellos coma nas outras provincias, pero de novo indícanse os problemas que isto trae consigo: “Habiendo podido observar sobre el terreno que algunos alcaldes al suministrar los datos que se le han pedido por esta dependencia, han confundido la ha. con el ferrado superficial, no es de extrañar la baja que en el presente estado aparece en la casilla de superficies.”220 Á vista do exposto ata agora non resulta estraño que a JCA optara por deseñar un regulamento relativamente sinxelo para a recollida dos datos. O principal problema do período anterior represéntao a falta de uniformidade na recollida dos datos o que afecta grandemente á fiabilidade dos avances de 1891 que o GEHR exclúe prudentemente das súas series de producción e superficies.221 Na etapa posterior este defecto suplirase polo menos no sentido de que estaba perfectamente disposto cómo debían facerse os cálculos e como se recollían os datos dos rendementos, pero como se indicou anteriormente non existía norma ningunha sobre a forma de pescudar verbo da superficie cultivada. Tendo en conta os problemas comentados, ten lóxica o feito de que se gardase silencio sobre o cálculo de superficies. Resultaba imposible establecer unha norma uniforme sobre cómo calcular a superficie. En moitas provincias non existían amillaramentos ou estaban incompletos (caso das galegas), por non falar da súa fiabilidade, e, pola contra, noutras xa estaba feito o catastro ou moi avanzado.222 Neste sentido era necesario deixarlles aos enxeñeiros a maior liberdade para recolleren os datos que consideraran oportunos. No caso de Galicia probablemente resultaría unha combinación dos escasos datos fiscais dispoñibles, dos informes dos concellos e da propia observación directa dos enxeñeiros. Estas observacións que, cónstanos, se produciron, non podían consistir en medicións precisas sobre o terreo senón máis ben en comprobaren a coherencia dos datos e corrixir os erros que se detectasen. Así, en 1892 o enxeñeiro de Lugo comunica que “durante las visitas giradas en la época de la recolección he podido convencerme de que las cifras que se han venido asignando para la producción total de centeno en los partidos de Quiroga, Fonsagrada y Sarria distaban mucho de la realidad por ser mayor la superficie cultivada.”223 Na análise das series de superficies obsérvase cómo en moitos casos se manteñen as cifras invariables ou con diferencias inapreciables durante anos para logo descender ou aumentar bruscamente o que é indicativo de que os datos se recollían normalmente deste modo. 219 AMAPA leg.258. 220 Estado da producción vitícola, AMAPA leg.259. 221 Isto non quere dicir que os datos sexan totalmente inservibles. A información cualitativa é moi interesante e a cuantitativa pódese utilizar sempre que se teñan en conta os seus defectos. 222 Sobre a historia dos traballos catastrais en España vease Juan Pro Ruiz: Materiales para el estudio de la cuestión catastral en España: El siglo XIX”, Agricultura y Sociedad, 44, 1987, pp. 325-377, e “Materiales para el estudio de la cuestión catastral en España: El siglo XX”, Agricultura y Sociedad, 46, 1988, pp. 323-376. Ver tamén Vallejo Pousada, Rafael, “Los amillaramientos como fuente estadística: una visión crítica desde la contribución territorial”, Historia Agraria, 20, 2000, pax. 95-122. 223 Non resisto a tentación de incluír aquí as reticencias de Xesús Balboa sobre a posibilidade de que o enxeñeiro visitase o inmenso concello da Fonsagrada. Efectivamente, a Sarria e Quiroga podíase chegar por ferrocarril, pero supoñer que visitase Fonsagrada entra no terreo da Ciencia Ficción. Mesmo ata non fai demasiados anos a carreteira de Lugo a Fonsagrada recibía o significativo alcume de “erótica” pola constante presencia de curvas que convertían en interminable a viaxe..

108

Algúns escritores da época corroboran a afirmación de que o informante principal eran os concellos. Peña Novo comenta en 1929 que “este servicio lo hacían antes los ayuntamientos, cubriendo a capricho unas hojas declaratorias”224 e de feito no AHUS consérvanse comunicacións ao concello de Santiago da delegación de Facenda e algunhas contestacións en que o concello envía datos de superficies.225 Os enxeñeiros utilizaban sistematicamente a información de facenda así que os datos posiblemente virían por esta canle. Tamén Valeriano Villanueva fai algunhas precisións sobre cómo se recollía a información entre os anos oitenta e principios do século XX:

“En los comienzos de este siglo al ver los disparates que resultaban de las estadísticas oficiales en cuanto a extensión y rendimientos de los diversos cultivos en Galicia hubimos de preguntar al secretario de un ayuntamiento capital de partido cómo recogían en aquel y los otros ayuntamientos los datos que luego enviaban a la capital de provincia y que más tarde servían para la redacción de los resúmenes anuales en Madrid. Respondio que allá por los años de Maricastaña cuando se dispuso que los ayuntamientos remitiesen tales datos, se calcularon estos a ojo, y desde entonces si el año es de buena cosecha aumentaba algo la del anterior, y en el caso contrario se le rebajaba también algo. Por este mecanismo resultaba que en varios años seguidos de buenas cosechas llegaban estas a cifras sorprendentes. En orden a la extensión superficial de las diferentes plantaciones o siembras en las provincias, los errores hemos podido entonces como despues apreciarlos por cantidades inverosímiles, aún para quienes en esta materia se atengan incautamente a lo que lean.”226

Este comentario de Valeriano Villanueva preséntanos a dúbida de saber cómo se facía realmente o cálculo da producción entre 1891 e 1928. Pola documentación conservada no ministerio que abrangue ata 1900 puidemos comprobar cómo si se efectuaban viaxes aos pobos pero aínda quedan cuestións escuras. Os enxeñeiros tiñan que facer visitas aos pobos para calcular os rendementos medios pero normalmente non estaban en cada lugar máis que un día o que resulta a todas luces insuficiente para comprobar por eles mesmos a cantidade recollida. Esta práctica estaba fixada polo propio regulamento. Nun principio non había límites para o número de días que podían empregar os enxeñeiros para as visitas pero despois de 1893 en distintos documentos internos da JCA vaise restrinxindo primeiro a 100 o ano, despois a 55 e finalmente a 10 para cada cultivo.227 As razóns son evidentemente orzamentarias xa que os enxeñeiros cobraban dietas por estes desprazamentos. En consecuencia os enxeñeiros debían ter algún tipo de informador nos distintos lugares que lles proporcionase a información que logo eles contrastarían tanto se eran os concellos como informantes particulares (máis ben unha combinación de ambos).

224 Lois Peña Novo, “La estadística agrícola”, El Pueblo Gallego, 13-VII-1929, en Lois Peña Novo: Obra completa, Justo G. Beramendi e Manuel Roca Cendán (eds.), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1995, pax. 919. 225 AHUS, concello de Santiago leg. 26-2-1 (estatísticas do servicio agronómico, 1847-1900). 226 Valeriano Villanueva (1942): Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y en la España Atlántica. Edición, estudos preliminares e notas de José Antonio Durán , MAPA/Xunta de Galicia, Madrid/Santiago, 1984, pax. 472. 227 AMAPA leg. 261 e 262. Non sabemos se despois de 1900 se cambiou esta normativa.

109

Por outra banda tampouco se cumpría a norma de que se informase dende o lugar no que se recollía a información (noutras provincias si se facía). As escasas cartas conservadas nas que se dá conta das visitas (só de Lugo e Pontevedra) foron enviadas dende a capital de provincia. Isto podía dar lugar a trampas por parte de enxeñeiros pouco eficientes. Os enxeñeiros tiñan a obriga de acompañar os datos estatísticos dunhas follas explicativas do estado das colleitas e dos traballos que se realizaron. Consérvanse dúas, de Ourense en 1895 (vide) e da Coruña en 1892 (cereal). Mentres a primeira é moi precisa citando os lugares visitados e achegando datos que só puido obter de primeira man, a da Coruña é vaga, non cita ningún pobo e só comenta de oídas que a colleita vai ser mala nalgúns concellos.228 Consérvanse varios libros en que se anotaban os lugares que os enxeñeiros visitaban no ano (1892,1893, 1894 e 1897). En 1892 non se sinala ningún lugar para A Coruña e Pontevedra (esta última non tiña enxeñeiro), en 1893 en Pontevedra só se indica que se visitaron lugares para a estatística de vide e para a memoria anual pero non para cereal, en 1894 só A Coruña ten visitas consignadas (aínda que sabemos que o axudante de Pontevedra visitou Tui para informar sobre o mildeu, pero non para a estatística) e en 1897 Pontevedra non ten visitas e A Coruña só unha vila para viños (Noia).229 Isto último tampouco é un dato concluinte en tanto que pode ser que non se anotaran realmente todas as visitas. En calquera caso si esta claro que o sistema non era totalmente seguro. Engadíase tamén o frecuente cambio de enxeñeiros o que levaba a que funcionarios non familiarizados coa realidade da agricultura galega tiveran que realizar os traballos a penas incorporados ao novo destino. Isto foi o que lle pasou ao enxeñeiro de Ourense, pouco despois de ser nomeado, que a comezos de 1893 xustifícase por non entregar a memoria sobre o regadío xa que impediulle “el pertinaz temporal de aguas efectuar las salidas necesarias y precisas en una región completamente desconocida y nueva por sus prácticas y sistemas de cultivo.”230 Esta situación parece propia dun servicio aínda non asentado e, pese a que non temos datos directos de cómo funcionou nos primeiros vintesete anos do século XX, todo indica que o corpo de enxeñeiros foi exercendo os seus labores dun xeito máis normal. Foi quen de publicar unha serie de revistas adicadas a cada rexión agronómica ademais do Boletín de Agricultura Técnica y Económica (BATEM), que amosan que os distintos enxeñeiros participaban da vida e dos problemas do agro das provincias e que en xeral tiñan un bo coñecemento da agricultura sobre a que traballaban.231 Outra cousa é que puidesen achegarse con certeza á cuantificación das produccións agrícolas. Temos noticias de que as carencias en infraestructura seguiron a ser un problema durante bastante tempo. Os laboratorios das seccións agronómicas (de importancia ante o consumo crecente de fertilizantes químicos e o aumento do fraude) funcionaban de forma precaria aínda en 1914.232 A hipótese de que as estatísticas foron mellorando a medida que avanzaba o século, aínda que razoable, queda sen demostrar no que se refire aos métodos de elaboración, xa que a documentación non nos permite ir moito máis ala da crítica interna dos datos e da súa contrastación con informacións cualitativas.

228 AMAPA leg. 260 e 262. 229AMAPA leg. 260, 261, 262 e 293. 230 AMAPA leg.261. 231 No AMAPA consérvase a colección do BATEM e varios números entre 1910 e 1920 do Boletín Agrícola de la Región Agronómica de Galicia y Asturias. 232 Fernández Prieto: Labregos... op cit pax. 389.

110

De todas formas a valoración da calidade dos datos non era excesivamente alta o que debeu influír no cambio de rumbo de 1927. Nas fontes da época cando se utilizan estes datos ou ben non se atopa ningunha consideración sobre a súa fiabilidade, ou ben son fortemente criticadas como vimos nos exemplos de Villanueva e Peña Novo citados. Xa á altura dos anos vinte voces cualificadas comezan a facer chamamentos sobre a necesidade de transformar o sistema de recollida das informacións. En 1925 o enxeñeiro agrónomo José Gabriel García-Abadía rexeita a fiabilidade do sistema, criticando ademais que a pouca calidade dos datos permite a súa utilización indiscriminada para fins diversos “que la mayor parte de las veces son de puro egoismo”. Para el o principal problema é o método indirecto: “Las estadísticas que se elaboran, no están basadas en datos obtenidos en fuentes de origen. Esta es la causa principal de que las estadísticas no reflejen la realidad y de que muchas veces los resultados que con ellos se obtienen esten -a primera vista-en desacuerdo absoluto. Generalmente no se llega al contacto directo de los factores que integran la producción y el consumo.”233 Este enxeñeiro introduce, ademais, un elemento de crítica ao labor dos seus colegas que como poderemos comprobar despois parece que debía ser práctica habitual. Moitas veces non se corrixían as variacións nos datos dun ano a outro, senón que se mantiñan con pouca ou ningunha diferencia (no caso da provincia de Pontevedra isto é moi claro) especialmente nas superficies. “La falta de constancia en el trabajo de confección de estadísticas, es decir su conservación, es otra de las causas. Toda estadística se refiere a un momento determinado y fijo, y si no se llevan a ella constantemente las variaciones de los datos, queda por completo anulada. Las estadísticas agrícolas están necesitadas de una conservación escrupulosa, pues las variaciones en los datos, en pequeños lapsos de tiempo son muy sensibles.”234 Este tipo de críticas debeu influír na decisión da dictadura primoriverista de transformar o regulamento cara a un maior contacto directo cos productores, aínda que só para o cálculo das superficies xa que os rendementos e a producción seguían achándose por estimacións dos enxeñeiros. Nun principio impulsouse como outras obras da dictadura con grandilocuencia pero axiña demostrou ser un sistema pouco operativo, cando menos en Galicia. O enxeñeiro de Ourense Vicente Rivadeneira afirmaba en 1929 que o método se implantou sen problemas constituíndose as Juntas Locales de Informaciones Agrícolas nos 94 concellos da provincia: “El mayor inconveniente que fue preciso vencer para encauzar este asunto se encuentra en la desconfianza del labriego a dar las cifras exactas por temor a un aumento en los tributos. Las Juntas con su eficaz labor, consiguieron apartar del ánimo de los labradores tales temores y hoy en día declaran lo más aproximado a la verdad.”235 A realidade era máis complicada do que afirmaba o enxeñeiro. Peña Novo non nega que efectivamente se constituíran as Juntas, pero si que funcionasen normalmente.

233 Jose Gabriel Garcia-Badel Abadía: “La imperfección de nuestra estadística agrícola”, El Progreso Agrícola y Pecuario, XXXI, 1925, pax. 201. 234 Ibid pax. 202. 235Avance de la provincia de Orense: 1923-1929, Talleres tipográficos La Popular, Ourense, 1929 pax.114. Trátase dun informe publicitario das distintas actividades da diputación. Na BXUS, consérvase ademais deste, o correspondente a Coruña que non inclue ningunha referencia sobre agricultura.

111

“Pero es que nunca pueden dar resultado esas juntas locales. Suponer lo contrario es desconocer la realidad agrícola y administrativa de España. Quizas en alguna región de cultivos uniformes y de grandes concentraciones parcelarias, puedan obtenerse datos aproximados a la realidad; pero en Galicia, donde cada municipio tiene varios miles de agricultores y centenares de miles dedicadas a múltiples cultivos, y donde toda producción pecuaria es familiar y no industrial, es ridículo pretender que unos señores, que se reunen cada trimestre puedan exigir y obtener declaraciones exactas de todo.”236 Peña Novo indica ademais que os gastos destas Juntas se mantiñan co que se recollía das multas o que non alcanzaba a cubrir os gastos e quéixase ademais da falta de adecuación dos interrogatorios á realidade galega incluíndose cultivos inexistentes aquí e faltando algúns fundamentais como o toxo. En calas feitas en actas conservadas das Juntas puidemos comprobar que na práctica non funcionaban ou funcionaban con moitas dificultades. No concello de Enfesta (actualmente parte de Santiago) a Junta reúnese entre agosto de 1928 e xuño de 1929 sen a presencia dos seus membros, é dicir unicamente co alcalde e o secretario que aproban e envían os datos “previo minucioso examen de los mismos”, fórmula que se repite sen variación en todas as actas. Nunca se comenta ningún problema nin ningún dato que pareza erróneo. Despois da acta de constitución (na que non aparecen as sinaturas dos membros, algo extremadamente sospeitoso) só volven aparecer o alcalde e o secretario e a partir de xuño do 29 aclárase que a partir de entón as declaracións dos labregos son verbais sen necesidade de cubrir as follas avaliatorias. Por último a Junta déixase de reunir a partir de 1932 comenzando de novo só en 1937 cun novo salto ata 1945 cando xa se regulariza aínda que con outras funcións.237 No propio concello de Santiago malia que se comeza con moito fol, proclamando a grande importancia do servicio que cumpría realizar, axiña comezan os fallos. Neste caso nun primeiro momento si se efectuaron con seguridade os traballos, conservándose de feito os paquetes de follas cubertos pero xa en 1929 chegan cartas do gobernador instando a que se rematen os interrogatorios. O alcalde pon como escusa a imposibilidade de alcanzar a toda a poboación pola súa dispersión. Ese mesmo ano o enxeñeiro e o gobernador permítenlle que faga as declaracións verbais, pero aínda así o gobernador ten que instarlle de novo en xullo para que envíe os datos dándolle 24 horas. Aquí descoñecemos cómo funcionou o servicio nos anos posteriores, xa que non se conservan as actas e tampouco ningunha documentación posterior a 1930.238 O que resulta claro é que ata nun concello importante e con medios resultáballes extremadamente difícil ás autoridades locais acceder a todas as casas labregas e que tampouco había interese por controlar a veracidade das informacións. O decreto permitíalles aos enxeñeiros obviar as declaracións dos concellos e continuar co método vello no caso de que non as considerasen fiables. Resulta difícil saber se recorreron a esta posibilidade, posto que non temos información directa, pero acudindo a análise das propias cifras de superficie de cereais (que son os que tiñan unha continuidade suficiente) podemos facernos unha idea. Malia que parece claro que na provincia da Coruña se utilizaron como base as cifras dos concellos (ver cadros no apartado III) pola variación dos datos de superficie dese ano (especialmente no millo) nas outras hai máis dúbidas. Especialmente en Pontevedra a continuidade nas cifras de

236 Obras competas... Op cit pax.919. 237 AHUS, Concello de Enfesta, Actas da Junta Información Agrícola, 31-1-5. 238AHUS, Concello de Santiago, Servicio Agronómico, antecedentes varios, 26-2-3.

112

superficie resulta chamativa ante o radical cambio na obtención dos datos. No millo, cereal absolutamente dominante nesta provincia, non hai unha variación nin de mil hectáreas sobre un total de preto de noventa mil (exceptuando 1926 que é claramente un erro). Isto fainos pensar que no cálculo da superficie de cereais nesta provincia probablemente se seguiron a utilizar as vellas estimacións. Nas outras dúas os datos non son concluíntes en ningún dos dous sentidos. Ao longo de todo o período considerado os problemas que atoparon os enxeñeiros para a correcta elaboración das estatísticas foron múltiples e variados. Por un lado as dificultades derivadas da falta de medios nun servicio que, por riba das múltiples declaracións nun sentido contrario, non era prioritario para o Estado da Restauración. Escaso persoal, orzamentos limitados e incapacidade para controlar un só enxeñeiro a totalidade do territorio dunha provincia. En Galicia constátase cómo estes problemas tiveron a súa importancia, pero máis aínda incidiron os factores derivados das características endóxenas. As confusións co sistema de medidas galego foron importantes, pero tamén a escasa tradición administrativa dos concellos. Quizais o problema fundamental fora a desconfianza xeral ante calquera indagación do Estado de cara a coñecer a riqueza do país polo temor a que fose utilizado con fins fiscais, desconfianza da que participaban tanto os labregos como os notables locais, que controlaban os concellos. Por último, a propia realidade xeográfica e as características peculiares do sistema agrario tradicional incidían na dificultade de acceder ao coñecemento do territorio. A dispersión da poboación e a gran parcelación do terrazgo son elementos que xogan en contra dun sistema que funcionaba por estimacións. Tamén inflúe a gran variabilidade local do sistema agrario que ofrece oscilacións non pequenas de parroquia a parroquia. Desta forma a pregunta final que nos xorde non é se as estatísticas estaban mal confeccionadas, senón se neses anos había algunha posibilidade de facelas mellor. II.2.3. Valoración global das estatísticas. Fronte aos datos expostos ata o de agora xorde inevitablemente unha pregunta. ¿Debemos rexeitar completamente as estatísticas agrícolas do primeiro tercio de século ou pola contra debemos outorgarlles algún grao de fiabilidade? A resposta non é fácil. Pan Montojo inclínase pola primeira posibilidade. O cálculo das superficies é demasiado heteroxéneo e ademais non se mantivo estable ao longo do tempo. A medida que se foi dispoñendo de datos catastrais para algunhas provincias, estes utilizáronse para corrixir os datos. En consecuencia "ante el porcentaje de ocultación y las inexactitudes de todo tipo contenidas en los mismos y la imposibilidad de correjirlos a ojo, resulta más que probable que las tablas de producción se alejaran bastante de la realidad".239 A postura do GEHR é radicalmente contraria. Sen negar as deficiencias do sistema argumentan que, na medida do que era posible naqueles anos, os datos presentan un razoable grao de coherencia interna, recollíanse con criterios bastante uniformes e, atendendo á comparación co resto dos sistemas estatísticos europeos da

239 "Fuentes estadísticas", op cit pax.381.

113

época, atópanse nun lugar bastante destacado. Danlles o cualificativo de mediocres pero non cren que se poidan rexeitar sen máis.240 Ambas as posturas teñen algo de razón pero polo mesmo parten de presupostos equivocados. A comparación que fai o GEHR cos métodos doutros países resulta interesante, pero non é unha demostración da fiabilidade dos datos españois. Non resulta demasiado científico argumentar que xa que todos os métodos eran malos temos que aceptar os nosos. Si é indicativo de algo é de que temos que mirar con moito coidado as táboas de productividade e rendementos que con demasiada frecuencia se empregan como demostración de calquera teoría nas páxinas da Economic History Review. No que respecta á coherencia interna dos datos o GEHR só fai o cálculo co trigo e para o total español. Trátase do cultivo fundamental e predominante nas zonas de grande explotación onde era máis fácil controlar a veracidade dos datos. Ademais, ao tratar só co total español corremos o risco de ocultar as distorsións dos datos provinciais (en Galicia son moi grandes como veremos). Que a suma de datos parciais incorrectos dean un total coherente non implica necesariamente que o total se achegue á realidade. Pese a todo, isto tampouco valida a argumentación de Pan Montojo. Estamos de acordo en que os erros son moitos (creo que isto tamén pode ser aceptado polo GEHR) e que en ningún caso imos poder aproximarnos ao coñecemento de cál é a porcentaxe de ocultación que nos permitiría corrixir as cifras; entre outras razóns porque non podemos supoñer unha ocultación igual. A comparación que fixo Juan Pro en Cádiz entre os datos dos amillaramentos (a provincia con menor ocultación nos amillaramentos, un 10%, nas estimacións do ministro Laureano Figuerola en 1868) e do catastro (esta provincia foi catastrada no último tercio do século XIX) demostrou que as diferencias non só eran enormes, senón que de gran variabilidade entre os propios concellos. Ademais non só eran ocultacións de terras incultas como se sosteu frecuentemente senón que tamén aparecen terras dunha adicación consignadas como doutra adicación peor.241 No caso de Galicia non se chegou a facer o catastro ao longo do período considerado, pero nin sequera os amillaramentos está completos. Nas estimacións da ocultación da riqueza por provincias que fixo Figuerola no 1868 non hai datos para Pontevedra e A Coruña onde non parece que se fixeran para todos os concellos nin moito menos. As estimacións para as outras dúas provincias foron do 64% de ocultación para Lugo (lembremos que un tercio dos concellos non dispuñan de amillaramentos) e do 38.9 para Ourense.242 Os datos de superficies non os puideron tomar os enxeñeiros destas fontes máis que de forma fragmentaria tendo que recorrer a estimacións (o que dado o caso poida que ata fose positivo). A constatación destes feitos non nos exime de intentar establecer o grao de fiabilidade que poden ter os datos. O problema é que a análise se aborda cómo se os datos estivesen reflectindo realmente a realidade. Si se considera que a reflicten acéptanse e se non rexéitanse. Na práctica temos que considerar que non son máis que estimacións (malas estimacións), e proceder en consecuencia. Os enxeñeiros non eran parvos, máis ben trátase dun corpo extremadamente competente para o que era habitual na España da Restauración, e non vivían nos seus despachos completamente afastados

240 Estadísticas históricas... op cit pax.56-62. 241 Juan Pro Ruiz: "Ocultación de la riqueza...", op cit px.95 e ss. 242 Ibid. pax.92.

114

do que estaba a pasar ao seu redor (ao fin e ao cabo o redactor da memoria de 1922 para A Coruña foi Hernández Robredo, o director da granxa da Coruña e un dos mellores coñecedores da realidade agraria de Galicia no momento). Non tiñan medios e o sistema non se axeitaba ás características diferenciais das agriculturas de España, pero estaban ao tanto do que sucedía nas provincias alomenos durante o primeiro tercio do XX. Se as cifras poden ser rexeitadas no seu volume, as tendencias que marcan non poden selo tan facilmente. Do que se trata entón é de comprobar en qué medida reflicten esas tendencias o que estaba a pasar eses anos. Por outra banda, a comparación dos datos globais aínda de producción tamén ten o seu interese. Sabemos que os datos infravaloran a realidade; non en que grao pero si que case nunca a sobrevaloran. O seu valor para coñecer tendencias a longo prazo (por exemplo cos datos do catastro de Ensenada) non se perde sempre que sexamos conscientes do que temos nas mans. O problema reside entón en decidir os elementos de comparación a utilizar, xa que non dispoñemos doutros datos estatísticos alternativos. O recurso á microhistoria é atractivo pero é difícil no caso de Galicia atopar contabilidades particulares para levalo a cabo dado o tipo de tenencia predominante no país que non permite ese tipo de reconstruccións. Neste momento só temos dispoñible a información de carácter cualitativo que atopamos na publicística e nos escritos dos técnicos da época, ademais das aproximacións que para a evolución do sistema de cultivos permiten metodoloxías como a historia da alimentación e a análise da evolución dos sistemas de rotacións. Nos dous últimos casos implica introducirnos un pouco nesa vocación interdisciplinar que pretende a agroecoloxía con todas as limitacións que conleva unha formación de historiador. No primeiro trátase de utilizar sistematicamente unha cantidade de información moi rica que moitas veces dá a impresión de que se utiliza pouco, como complemento cualitativo que lle dea cor a un gráfico. Traballos recentes mostran as posibilidades desa información para estudiar diversos aspectos do mundo rural da época. Ao fin e ao cabo trátase dos textos dos expertos da época, que estaban en contacto directo cos problemas das familias labregas. Resulta necesario expurgalos dos xuízos de valor que conteñen e que poden dar lugar a conclusións erróneas pero a información concreta é de grande utilidade. O traballo emprendido mostrou a utilidade de analizar as estatísticas dende esta perspectiva xa que con frecuencia nos permitiu corrixir ou poñer en cuestión determinadas ideas sobre a evolución da agricultura galega ou comprender mellor outras mesmo dende a demostración de que os datos eran erróneos. A análise non se fixo seguindo a separación dos cultivos que marcan as propias estatísticas senón tendo en conta as características básicas do sistema agrario galego e a súa evolución xa que nos permite integrar máis variables que as consideradas nunha análise económica convencional de acordo coa perspectiva defendida no primeiro apartado deste traballo. Interesa máis coñecer cómo evoluíron os sistemas de cultivo e cál era a súa racionalidade agroecolóxica que simplemente o volume do producto agrario. Como quedou exposto coñecer variables como a productividade e a porcentaxe de crecemento non carece de interese pero só é unha parte do problema.

115

II.3. EVOLUCIÓN DOS CULTIVOS DO LABRADO. Na gran maioría dos traballos que analizan a evolución dos cultivos e da producción agraria con base nas fontes estatísticas que estamos a criticar adóptase o sistema de organizar a explicación en función dos distintos cultivos.243 Esta opción preséntase como a máis natural, xa que as propias estatísticas están organizadas desta forma: primeiro cereais, logo as leguminosas, vide, olivo etc.. No caso das rexións pertencentes á España seca como Castela ou Estremadura a opción non presenta demasiados problemas debido ao sistema predominante da triloxía mediterránea cunha importante extensión do barbeito. En Galicia, sen embargo, isto resulta imposible, xa que o sistema de cultivo é distinto. O tratamento diferenciado só se xustifica no caso de determinados cultivos como o viñedo ou a horta que ocupan un lugar separado no espacio agrario. No resto da superficie agrícola do país predomina o sistema de rotacións analizado no capítulo I no que o barbeito só está presente en zonas moi concretas, na provincia de Lugo e mais en comarcas de Ourense como a de Viana do Bolo (e que está en retroceso no período que abrangue o presente traballo). Non resulta tan interesante para o investigador coñecer a relación entre superficie cultivada e superficie sementada de cereais e a súa evolución, variable que ocupou un coñecido artigo do GEHR, como interpretar ben o significado dos distintos elementos do sistema.244 O complexo sistema de rotacións, con notables diferencias locais incluso ao nivel da parroquia, engádelle unha dificultade máis á xa de por si complicada tarefa de interpretar os datos. Nun mesmo ano xúntanse distintos cultivos nunha mesma terra. As rotacións empregadas non só varían xeográficamente, senón que tamén o fan segundo sexa a calidade da terra nunha mesma parroquia e non son estáticas temporalmente senón que as transformacións foron continuas dende mediados do XVIII (en realidade dende antes) ata a actualidade. Polo tanto, non se oculta que resulta moi arriscado facer estimacións da superficie cultivada total segundo os datos das estatísticas, xa que podemos caer facilmente nunha dobre contabilidade se sumamos cultivos que están nunha mesma rotación (as informacións dos enxeñeiros son moi pouco precisas neste punto). Atopámonos co paradoxo de que en Galicia a superficie realmente sementada nun ano é maior que a superficie cultivada total. Non ten tampouco demasiado sentido falar para a agricultura atlántica de sistema cereal en tanto que as produccións orientadas á alimentación humana e as forraxeiras compleméntanse formando un todo interrelacionado (que xunto as achegas do monte é o que dá lugar a que poidamos falar de sistema agrario galego). Nalgúns casos, como o do millo, nin sequera podemos separalo xa que se emprega tanto para a alimentación humana como para a gandería.

243 Por exemplo: Santiago Zapata Blanco: La producción agraria de Extremadura y Andalucía Oriental: 1875-1935. Tese de Doutoramento, Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia Económica, Madrid, 1986. Vicente Pinilla Navarro: Entre la inercia y el cambio: El sector agrario aragonés, 1850-1935. MAPA, Madrid, 1995. 244 GEHR: "Evolución de la superficie cultivada de cereales y leguminosas en España, 1886-1935". Agricultura y Sociedad, 29, 1983, pp.385-325.

116

Pola contra un aspecto positivo é que o estudio da evolución no sistema de rotacións nos permite contar cun elemento de contrastación nas tendencias que as estatísticas marcan no sistema de cultivos. A información para o período considerado é pouca, incluso menor que para o período anterior xa que non hai ningún informe similar ao do Avance de 1891 nin moito menos da riqueza do catastro de Ensenada. De feito a maioría do que se pode dicir ao respecto está xa comentado no apartado correspondente do capítulo I en tanto que a maioría das tendencias que alí se sinalaban continúan no primeiro tercio do século XX: A evolución cara o norte e este do sistema do millo-prado, coa súa variedade típica de Ray-grass ou con ferraña ou trebo, a eliminación do barbeito no interior con rotacións coa introducción de nabos e a extensión paralela de prados. En definitiva e neste aspecto os comezos do século XX non supoñen unha novidade substancial. II.3.1. As series de superficie. análise interna.245 O estudio dos métodos de elaboración das estatísticas mostrou que é preciso operar con sumo coidado á hora de manexar as cifras que aportan. A análise da coherencia interna das cifras ten que ser un paso previo á súa utilización. Tanto nos cereais como cos demais cultivos ofrecemos os datos tanto das catro provincias como do total galego xa que ofrecer só as cifras de Galicia como se fixo ata agora pode dar lugar a confusións e a tomar erros das estatísticas como tendencias reais. Este é un erro que cometeron en maior ou menor medida todos os traballos que en Galicia partiron das estatísticas oficiais para analizar o que pasou coa superficie adicada a cereais. Partindo dun dato contrastado tanto cualitativa como cuantitativamente, a extensión dos cultivos forraxeiros ao longo da segunda metade do XIX e do primeiro tercio do XX afírmase unha moi considerable reducción da superficie adicada a cereais nas mesmas datas, tese defendida orixinariamente por Ramón Villares e por Jaime Barreiro Gil.246 O cultivo do cereal viría ser substituído tanto pola pataca, que non completaría a súa introducción ata o século XX como polos cultivos forraxeiros como os nabos ou as pradeiras artificiais e por unha probable extensión dos prados de regadío. Lourenzo Fernández Prieto coincide con estes autores en que "todo parece indicar que a expansión doutros cultivos faise en base a este grupo"247 aínda que adopta unha postura moito máis matizada: "pódese dubidar de tamaña limitación do espacio adicado ao millo que contradí a extensión do seu cultivo á que se refiren algunhas fontes dos anos trinta.; e se ben esta puido ser conxuntural, leva a pensar nunha excesiva minusvaloración deste cultivo. De calquera modo esta caída global da superficie adicada

245 Para todos os cálculos efectuados sobre a súperficie productiva (a que resulta de eliminar da superficie total da provincia as cidades vías de comunicación e outras superficies improductivas) consideramos que esta é a aportada polo mapa de cultivos e aproveitamentos de 1962. Isto dá lugar a pequenas distorsións xa que non é un dato estable pero os datos de anos anteriores teñen fluctuacións considerables. O total galego é de 2.850.689 has., A Coruña ten 774.492, Lugo 959.804, Ourense 693.900 e Pontevedra 422.493. Tomamos os datos de Domingo Gallego: "Pautas regionales de cambio técnico en el sector agrario español (1900-1930)". Cuadernos Aragoneses de Economía, 2a época, III/2, 1993, pax. 265-268. 246 Villares: La propiedad... op cit pax. 362-364. Manuel Jaime Barreiro Gil: Prosperidade e atraso en Galicia no primeiro tercio do século XX. Xunta de Galicia, Santiago, 1990, pax. 103-104. 247 Labregos con ciencia... op cit pax 444.

117

ao cereal debeu producirse aínda que quizabes con outras proporcións internas, e é coherente co incremento da superficie adicada a outros cultivos, non obstante non chegue para explicalo totalmente".248 ¿Ata que punto as estatísticas xustifican estas opinións? Aparentemente os datos son extremadamente claros. Entre 1898 e 1935 a superficie adicada a cereais diminuíu en toda Galicia en torno ás 150.000 Has. (Cadro 1), máis de 1/5 da súa superficie anterior. De estas 71.900 corresponden ao millo, 68.800 ao trigo e só unhas 8.800 ao centeo, que curiosamente segundo todas as información cualitativas debería ser o máis afectado (Cadros 2, 3 e 4).249 Sen embargo, analizando os datos máis polo miúdo xorden dúbidas máis que razoables sobre se esa reducción se debe a un proceso real ou a erros corrixidos polos enxeñeiros ao longo do século. Por provincias a reducción concéntrase na Coruña cunha reducción de 196.000 Has. dun total de 311.000 en 1898, seguida de Ourense con 12.400 Has. menos en 1935 dun total de 70.000 en 1898. Pontevedra permanece con case a mesma superficie (nos tres cereais) e Lugo pola contra aumenta en 60.000 Has. a superficie de cereais que ocupaba en 1898. De todos os cereais o millo perde máis Has. pero porcentualmente o trigo descende nunha maior proporción (58% fronte a un 26% de reducción do millo). ¿Como se pode explicar tanto as sorprendentes diferencias provinciais como a espectacular reducción do cultivo do trigo en Galicia? En primeiro lugar sorprende a tendencia inversa da provincia de Lugo, que non se pode explicar pola case eliminación do barbeito, que sabemos que se produciu neses anos, xa que o barbeito no quinquenio 1886-90 non ocupaba máis de 25.000 Has.250 En realidade resulta incrible que das 959.000 Has. de superficie productiva da provincia tan só un mísero 4-5% estivese adicado ao cultivo do cereal. Todo é debido a unha grande porcentaxe de ocultación nos datos desta provincia e que o aumento na superficie cultivada resulte de correccións parciais desa ocultación.

248 Ibid pax. 446. 249 Todos os gráficos ao final do texto. 250 GEHR: "Evolución de la superficie cultivada..." op cit pax. 312.

118

CADRO 1. SUPERFICIE DE CEREAIS EN GALICIA. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1898 311722 39923 70698 102157 524500 1899 305968 37081 70414 102159 515622 1900 292641 35736 70414 102157 500948 1901 291869 48310 70419 102157 512755 1902 289475 35716 71812 102157 499160 1903 289330 35716 70414 102157 497617 1904 289180 36349 70450 102157 498136 1905 228314 38510 70450 102157 439431 1906 197564 63350 68343 102151 431408 1907 195489 86480 68730 102540 453239 1908 189807 101300 68830 103100 463037 1909 185629 100300 68800 102830 457559 1910 178754 99884 70150 102830 451618 1911 178855 96520 70160 102900 448435 1912 175926 94800 71271 102750 444747 1913 170669 93300 70881 103100 437950 1914 173156 80900 72690 102450 429196 1915 161588 79100 73010 102650 416348 1916 166804 79100 73134 103250 422288 1917 169324 78950 73132 103730 425136 1918 173567 78850 73600 104250 430267 1919 170546 78850 73600 104750 427746 1920 157300 78850 74000 104850 415000 1921 152146 79000 74010 104850 410006 1922 150402 79000 74565 104700 408667 1923 149003 79000 74598 104700 407301 1924 147158 79000 75560 104700 406418 1925 145352 79000 77145 104700 406197 1926 138599 79000 77215 50400 345214 1927 136960 81000 77450 104200 399610 1928 99714 84662 49093 101701 335170 1929 96791 102755 72251 101701 373498 1930 112719 101043 63009 101653 378424 1931 111908 99000 57778 101653 370339 1932 114636 99080 57890 101384 372990 1933 114012 99598 58252 101384 373246 1934 114029 100205 58260 101384 373878 1935 114795 100300 58295 101378 374768

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Para algúns anos dos que non dispoñemos de datos son cifras estimadas (medias do anos anteriores e posteriores). Concretamente 1898 en Lugo para o centeo e o trigo e 1903 para o millo en Pontevedra. Esta era a opinión do xeógrafo Hoyos y Sainz, quen analizando os datos de 1922 atopouse cunha gran distorsión entre a superficie provincial utilizada e a improductiva: "Este valor ... lo estimamos como evidentemente erroneo por ser debido a la baja señalada por la Sección Agronómica de Lugo, que reduce a 39,6% la tierra útil de la provincia, colocándola la última de España en esta relación, por evaluar en 596044 hectáreas las no utilizadas ni por el cultivo ni por pastos de dehesas y montes, según la nomenclatura oficial; y es evidente que Lugo, sin quebradas sierras ni peñascales, sin

119

arenales ni estepas, no puede tener tan cantidad de tierra perdida para la producción rural."251 Cadro 2 Superficies de millo Has. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1898 137206 19401 22030 89424 268061 1899 132282 15300 22030 89426 259038 1900 130572 12505 22030 89424 254531 1901 130512 18040 22030 89424 260006 1902 129663 12505 22200 89424 253792 1903 130223 12505 22030 89424 254182 1904 131279 12240 22030 89424 254973 1905 131279 13700 22030 89424 256433 1906 101000 18120 22030 89424 230574 1907 101660 23070 22300 89700 236730 1908 98465 24000 22400 89700 234565 1909 98165 24000 22350 89700 234215 1910 93407 23484 23700 89700 230291 1911 94115 23270 23700 89700 230785 1912 95107 22800 24400 89550 231857 1913 88617 21900 24400 89550 224467 1914 91237 21900 24500 88900 226537 1915 95200 20100 24500 88900 228700 1916 97108 20100 24500 88900 230608 1917 103461 20100 24500 88900 236961 1918 105000 20000 24800 88900 238700 1919 106350 20000 24800 89300 240450 1920 102150 20000 24800 89300 236250 1921 98736 20000 24830 89300 232866 1922 96512 20000 25110 89300 230922 1923 94788 20000 25143 89300 229231 1924 93926 20000 26145 89300 229371 1925 93087 20000 25195 89300 227582 1926 86136 20000 25190 35000 166326 1927 85500 22000 25280 88800 221580 1928 49907 24512 25143 89340 188902 1929 53729 23983 24751 89340 191803 1930 63244 23796 23698 89340 200078 1931 61933 24000 19305 89340 194578 1932 64186 24050 19305 89340 196881 1933 63482 22100 19636 89340 194558 1934 63552 23400 19636 89340 195928 1935 63600 23500 19640 89340 196080

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

251 L. Hoyos y Sáinz: España agrícola. Galicia. Espasa Calpe, Madrid, 1927, pax.25.

120

Cadro 3 Superficies de Trigo Has. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1898 108828 3701 2040 2346 116915 1899 106015 3786 2004 2346 114151 1900 98499 4551 2004 2346 107400 1901 97277 6710 2004 2346 108337 1902 96308 4551 1996 2346 105201 1903 95938 4551 2004 2346 104839 1904 94578 4659 2040 2346 103623 1905 33712 4950 2040 2346 43048 1906 35000 7430 2030 2340 46800 1907 34000 8910 2130 2340 47380 1908 34207 10500 2130 2500 49337 1909 34273 10900 2150 2530 49853 1910 32765 10700 2150 2530 48145 1911 32917 10750 2160 2600 48427 1912 32990 10400 2171 2600 48161 1913 36314 10600 2181 2750 51845 1914 36507 9000 2190 2750 50447 1915 34152 9000 2210 2850 48212 1916 37589 9000 2234 3050 51873 1917 35927 8900 2232 3230 50289 1918 38917 8900 2300 2950 53067 1919 36215 8900 2300 2850 50265 1920 30500 8900 2700 2950 45050 1921 29690 9000 2680 2950 44320 1922 30005 9000 2795 2800 44600 1923 30122 9000 2795 2800 44717 1924 29720 9000 2720 2800 44240 1925 29350 9000 2050 2800 43200 1926 29194 9000 1900 2800 42894 1927 28550 9000 1750 2800 42100 1928 27915 8650 192 2146 38903 1929 21292 17932 1500 2146 42870 1930 27575 17776 645 2042 48038 1931 28130 15000 796 2042 45968 1932 28500 14930 450 1768 45648 1933 28550 16952 400 1710 47612 1934 28502 15955 697 1624 46778 1935 29635 15900 1025 1468 48028

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

121

Cadro 4 Superficie de centeo Has ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1898 65688 16821 46628 10387 139524 1899 67671 17995 46380 10387 142433 1900 63570 18680 46380 10387 139017 1901 64080 23560 46385 10387 144412 1902 63504 18660 47616 10387 140167 1903 63169 18660 46380 10387 138596 1904 63323 19450 46380 10387 139540 1905 63323 19860 46380 10387 139950 1906 61564 37800 44283 10387 154034 1907 59829 54500 44300 10500 169129 1908 57135 66800 44300 10900 179135 1909 53191 65400 44300 10600 173491 1910 52582 65700 44300 10600 173182 1911 51823 62500 44300 10600 169223 1912 47829 61600 44700 10600 164729 1913 45738 60800 44300 10800 161638 1914 45412 50000 46000 10800 152212 1915 32236 50000 46300 10900 139436 1916 32107 50000 46400 11300 139807 1917 29936 49950 46400 11600 137886 1918 29650 49950 46500 12400 138500 1919 27981 49950 46500 12600 137031 1920 24650 49950 46500 12600 133700 1921 23720 50000 46500 12600 132820 1922 23885 50000 46660 12600 133145 1923 24093 50000 46660 12600 133353 1924 23512 50000 46695 12600 132807 1925 22915 50000 49900 12600 135415 1926 23269 50000 50125 12600 135994 1927 22910 50000 50420 12600 135930 1928 21892 51500 23758 10215 107365 1929 21770 60840 46000 10215 138825 1930 21900 59471 38666 10271 130308 1931 21845 60000 37677 10271 129793 1932 21950 60100 38135 10276 130461 1933 21980 60546 38216 10334 131076 1934 21975 60850 37927 10420 131172 1935 21560 60900 37630 10570 130660

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Sobre este punto hai que lembrar a alta ocultación que presentaban os datos dos amillaramentos desta provincia do anuario de 1858 e máis nas estimacións de Figuerola de 1868. Probablemente continuaríanse tomando os datos base desta fonte mentres que nas outras se corrixirían (onde como en Ourense os houbese) ou simplemente serían estimacións. Hai en Lugo unha confusión bastante importante nas distintas publicacións da JCA. Nas memorias anuais os datos non sempre coinciden coas series anuais. Na memoria de 1905 na que aparece unha táboa da distribución da superficie cultivada,

122

asígnaselle o cultivo cereal unha extensión de 156.867 Has.252 Aínda que apareza sumado o total de cereais máis leguminosas,en Lugo tiñan unha presencia testemuñal a avea e a cebada, non chega nin moito menos para compensar a diferencia (38.510 Has. en 1905 para os tres cereais máis importantes nas series anuais). Este dato parece máis aproximado ao que estaría a pasar, pero descoñecemos cómo chegaron a esa cifra e a memoria non o aclara. En calquera caso incluso os datos máis altos da serie do cadro 1, en torno ás 100.000 Has. parecen subestimar a realidade. A corrección máis alta atopámola no centeo, que tratándose do cereal predominante nesa provincia ten para os primeiros anos unha cifra ridícula. Resulta claro que a superficie de cereais, e en consecuencia a producción nesta provincia nestes anos está subestimada. Os datos de Lugo non nos aportan ningunha explicación sobre a gran baixa na superficie de cereais. Se cadra fana máis sorprendente, xa que a centran toda na Coruña e en menor medida en Ourense. Os datos da Coruña, analizados polo miúdo, deben matizar bastante a reducción. Atopámonos con que a superficie de Trigo na Coruña descende nun só ano (entre 1904 e 1905 60.800 Has. un 31% da diminución total de cereais nesa provincia (196.927 Has. de menos) e que nos seis anos anteriores faino en 26.000 Has., en total 86.800 Has. en sete anos, o que resulta incrible. Aínda aceptando que puidese haber unha reducción significativa neses anos o que non é defendible é que puidese ser desa magnitude. Polo tanto, a cifra de 1905 debe ser unha corrección do enxeñeiro do erro que suporía asignarlle entre 95.000 e 100.000 Has. de trigo á Coruña. Aínda tratándose da provincia máis trigueira de Galicia (especialmente importantes as comarcas de Carballo e as Mariñas de Betanzos) é unha cifra demasiado grande. Unha moi probable explicación estaría nunha confusión entre a comunicación dos concellos en ferrados e a asunción polos enxeñeiros de que eran hectáreas, erro do que temos algunha constancia nas documentación conservada no arquivo do Ministerio, pero non para este caso concreto, ou cando menos un erro na conversión de ferrados a hectáreas253. Aínda nos queda por explicar unha reducción de 100.000 Has. nos anos seguintes. A serie parece máis aceptable dende 1905 pero con algunhas matizacións.Os datos do centeo (44.100 Has. de menos entre 1898 e 1935) seguen unha serie aparentemente máis coherente polo menos no que respecta ao ritmo de diminución, o mesmo que os datos do trigo a partir de 1905 que mostran un descenso lixeiro dunhas 6.000 Has. incluso cun aumento nos anos dez. Os datos do millo son máis difíciles de aceptar. No cadro 2 pódese apreciar cómo o descenso se centra en dúas datas: entre 1905 e 1906 de 30.000 Has., e entre 1927 e 1928 dunhas 35.000 (entre 1906 e 1927 as cifras fluctúan entre as 85.000 e as 100.000). No último deses anos resulta bastante plausible que a reducción se deba ao cambio no método de recollida dos datos pero resulta arriscado inclinarse cara ás cifras dun e outro ano sobre a fiabilidade. É moi probable que se deba nos dous casos a unha tardía corrección de transformación producidas anteriormente e máis lentamente do que as cifras nos están a mostrar. Para a provincia de Ourense as cifras parecen seguir unha tendencia máis aceptable de lixeira diminución, aínda que non podemos descartar que ao igual que os datos de Lugo estean infravalorando a realidade. Para os datos de Pontevedra o único

252 Prados y pastos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias sobre dicho tema remitidas por los ingenieros del servicio agronómico nacional. Imp. Hijos M. G. Hernández, 1905. 253 Así por exemplo O observado polo enxeñeiro de Ourense, Servando Gutiérrez, para a superficie de viñedo en 1890, AMAPA leg.259.

123

que podemos dicir é que non podemos dicir nada. As tendencias dos gráficos amósannos un encefalograma plano (ä parte do erro de 1926 que ten que ser descartado) que parece ser a única tendencia remarcable de todos os cultivos da provincia durante o período considerado (incluso nas cifras de gando). Resúltanos difícil de crer que nesta provincia non pasase absolutamente nada en trinta e sete anos que foron os de maior movemento da historia da agricultura galega, á parte do período posterior a 1960. Tanto máis cando esta provincia, o seu sector litoral e miñoto, foi o punto de arranque de todas as transformacións agrarias dende a época moderna. Quizais a explicación estea nese mesmo feito. Tendo completada a súa evolución agraria, as transformacións terían que buscarse en elementos máis difíciles de analizar que as grandes transformacións de cultivos. Algo disto pode que haxa, pero tamén temos que pensar nunha estatística pobre que só é capaz de ver as modificacións a grande escala (lémbrese a afirmación de García-Badell que citamos no apartado II.2.2.). Hai que ter en conta tamén que Pontevedra é a provincia cunha maior parcelación do terrazgo o que a fai máis difícil de controlar. O máis probable é que unha vez feita unha estimación non se variou en profundidade ante a inexistencia de cambios de moita magnitude. Hai en este caso unha dobre explicación. Por un lado a inexistencia de cambios de entidade e as dificultades da estatística. En conclusión, podemos aceptar dende a óptica da crítica interna dos datos que a reducción na superficie de cereais produciuse, pero nunha porcentaxe moito menor; que temos que rexeitar os datos de Lugo para comezos de século; matizar á baixa os da Coruña e mirar con suspicacia os de Pontevedra. Parece que a subestimación é maior a principios de século o que é coherente co que afirma a historiografía para o resto do Estado, pero as cifras máis problemáticas puideron localizarse.. Queda, sen embargo, por facer unha última precisión sobre o sistema cereal, como é a participación das leguminosas. As estatísticas fálannos dunha reducción da superficie ocupada por este sector tan importante como a dos cereais nestes anos; sen embargo, neste caso podemos rexeitar completamente os datos estatísticos. As leguminosas, que aparecen consignadas baixo o epígrafe de leguminosas asociadas ao sistema cereal, non ían separadas deste nin sequera noutro momento da rotación. Xunto co millo, en Galicia cultívase fabas (tamén cabazas) e en menor medida outras leguminosas cunha dobre función de complemento da colleita e para fixar nutrientes. As fabas fixan nitróxeno do aire compensando así as necesidades do millo. Este sistema, de grande importancia polas grandes esixencias en fertilizante do cultivo intensivo, estaba moi estendido en Galicia; de aí que non poidamos empregar as cifras de superficie destas produccións (cadro 5 para as fabas). Isto explica ademais a exigua producción e os escasos rendementos (incluso de menos de 1 Qt./Ha., Cadro 6) que supuñan as fabas e que lle fixo falar a Hoyos y Sainz de "triunfo del cereal y fracaso de las legumbres" en Galicia.254 Polo contrario nunha visión integral do sistema agrario o importante deste cultivo non eran os logros productivos, senón os agronómicos deste sistema A outra producción de leguminosas intensiva, esta si con rendementos normais, é a de horta, que en consecuencia non pertence ao sistema de rotacións. Unha última precisión terminolóxica: A producción maioritaria de leguminosas é a de fabas pero nas estatísticas aparece baixo o epígrafe de judías. A razón está en que as fabas galegas non

254 España agrícola... op cit pax. 54-56.

124

son as habas mediterráneas, o que provocaba na época e na actualidade non poucas confusións.255 Cadro 5 Superficie de fabas (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1901 70414 4940 1687 39600 116641 1906 70886 6055 1687 89424 168052 1911 60207 12500 3150 64700 140557 1916 69213 9225 3260 67700 149398 1921 65821 10000 3225 61200 140246 1926 60449 10000 3430 52700 126579 1931 24286 6000 448 51200 81934

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Esta producción supón a práctica totalidade das leguminosas asociadas nas estatísticas en Galicia. Na fonte aparecen como xudías, pero no noroeste o que no Mediterráneo é coñecido como xudías son fabas e viceversa. Cadro 6 Rendementos das fabas (Qts/Ha.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1901 1,7 2,0 17,7 2,8 2,3 1906 1,3 3,3 13,5 1,4 1,6 1911 2,2 6,1 14,1 4,5 3,9 1916 4,3 4,3 15,3 4,3 4,5 1921 3,1 3,4 8,1 1,7 2,6 1926 1,8 2,5 6,1 1,7 1,9 1931 8,8 7,0 12,5 2,2 4,6

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Esta producción supón a práctica totalidade das leguminosas asociadas nas estatísticas en Galicia. Na fonte aparecen como xudías, pero no noroeste o que no Mediterráneo é coñecido como xudías son fabas e viceversa. Para outros cultivos pertencentes ao complexo sistema de rotacións a información e menor xa que non temos datos anuais ata os anos trinta e con anterioridade só dispoñemos das cifras recollidas en algunhas das memorias específicas elaboradas pola JCA. É o caso da pataca da que xa comentamos as cifras no primeiro capítulo. Neste caso a tendencia é a contraria que a dos cereais, a de incrementarse a superficie, aínda que existen dúbidas sobre a cifra de A Coruña de 1900 que debería matizar este incremento. Unha cousa parecida sucede cos nabos (Cadro 7) onde a cifra de 1900 é moi baixa para A Coruña, aínda que se compensa coa cifra excesivamente alta de Pontevedra (o que non sucede coas de Lugo de 1922 e 1929 excesivamente altas). En Pontevedra os nabos non tiñan excesiva importancia salvo nos concellos do nordeste pola extensión do sistema de millo-prado que facía innecesario o aporte forraxeiro deste cultivo. No resto de Galicia pola contra a introducción de nabos en rotacións co cereal é unha mostra máis da intensificación do tipo mixed farmig que xa foi descrita. En parte a diminución que se observa deste cultivo en Ourense e o escaso incremento de A Coruña (deixando de lado a cifra de 1900) explícase pola extensión do

255 Por exemplo Barreiro Gil: Prosperidade... op cit pax. 103 cae nese erro. Véxase a discusión entre Planellas e Muñoz no congreso agrícola de 1864: Congreso agrícola de 1864, ed. facsimilar, Edicións do Castro, Sada/A Coruña, 1994.. Ver tamén Elixio Rivas Quintáns: Millo e horreo, legumia e cestos: Laiovento, Santiago, 1996, pax.335-387.

125

millo prado polo suroeste de Ourense e sur e centro da Coruña que, como se indicou no capítulo I continúa nestes anos e incluso durante os corenta. Cadro 7 Superficie de nabos Has. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1902 676 36208 18864 8634 64382 1910 25000 9900 14920 0 49820 1912 25000 10300 23500 0 58800 1922 30959 50000 20860 0 101819 1929 5740 69418 24580 30 99768 1930 3750 40000 12327 30 56107 1931 8995 40760 8453 30 58238 1932 22965 40760 8450 30 72205 1933 29053 41418 8434 30 78935 1934 29070 41418 8400 30 78918 1935 29061 41418 8500 30 79009

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Precisamente o que sucede cos prados é o elemento máis problemático das estatísticas, tanto máis porque axudaríanos a contrastar e comprender a diminución, máis ou menos matizada, da superficie de cereais. Neste caso ademais os problemas non se deben tanto a fiabilidade das cifras como a confusión de criterios nas definicións que sobre estas cifras aparecen nos distintos informes e anuarios256. Se aceptamos sen máis as cifras de pradeiras artificiais como fai o GEHR257 podemos atoparnos con datos como o de Coruña onde en 1910 aparecen 143000 has e posteriormente nos se chega en ningún ano ás 50000has. O problema está neste caso en que non sempre se precisa a diferencia entre pradeiras artificiais temporais (é dicir o ray-grass ou os cultivos de trebo ou ferraña asociados en rotación co millo) e permanentes o que só sucede nas memorias de 1905 e 1922 e tampouco parece clara a distinción entre pradeiras artificiais permanentes e pradeiras naturais segables que se consignan cos montes. Este parece ser o caso dos anuarios dos anos trinta onde a escasa superficie de prados artificiais parece indicar que están a falar de prados temporais unicamente. Tendo en conta estas precisións é posible facer unha reconstrucción das produccións e superficies de prados que indican o que numerosos traballos teñen consignado, o incremento da súa importancia ao longo do primeiro tercio do XX. Remitimos para as cifras ao apartado II.7.

256 Incluso entre enxeñeiros de distintas provincias nun mesmo ano. 257 Estadísticas históricas... op cit pax. 468 para as cifras da Coruña que tomamos como exemplo.

126

II.3.2. As series de rendementos e producción. Ata o de agora viñémonos ocupando exclusivamente dunha das tres variables sobre a que nos ofrecen información as cifras da JCA, a superficie. Este era como dixemos o dato máis dubidoso do sistema estatístico. O propio método de elaboración fai aconsellable un tratamento conxunto dos datos de rendementos e producción. Coñecemos con razoable seguridade a forma na que se estimaban os rendementos medios e sabemos que dese dato dependía o cálculo da producción. A crítica das cifras de superficie dos cereais permitiunos distinguir as tendencias que marcan a evolución dos cultivos das que podemos atribuír a erros ou á corrección de erros das estatísticas. O seguinte paso é analizar en qué medida as tendencias na producción están supeditadas á evolución dos rendementos ou á evolución das superficies, xa que estas son as variables independentes das que dependía o cálculo. Nos gráficos 1, 2 e 3 preséntanse a evolución conxunta das tres variables para toda Galicia en cada un dos tres cereais principais. Nos tres casos vese con claridade cómo a producción segue a dirección marcada polos rendementos antes que pola das superficies. Unicamente no trigo o salto de 1904 a 1905 xa comentado fai que se separen as dúas liñas de rendementos e producción. Se situasemos o índice despois de 1905, a dirección sería similar. Este dato demostra cómo a fiabilidade das tendencias na producción depende fundamentalmente do dato dos rendementos (non así o monto global que depende dos dous). Polo tanto a crítica interna das series de rendementos ten que conducirnos necesariamente á crítica dos cálculos de producción. Nos gráficos 4, 5 e 6 aparecen recollidos os rendementos respectivamente do millo, trigo e centeo ao longo do período para o total de Galicia e no gráficos 7 a 18 por provincias. Para a consideración da súa validez temos que ter en conta varias consideracións sobre a forma na que se estimaban e as características das explotacións galegas para poder xulgar en qué medida se adecuaba o método á realidade diferencial de Galicia. Como quedou dito no apartado II os enxeñeiros facían unha estimación dos rendementos medios de cada provincia a partir de visitas a varios pobos de distintas zonas da provincia. A bondade da estimación dependía, logo, de que as características dos pobos nos que se recollían os datos fosen extrapolables a toda a provincia. Nas rexións do interior español o método non presentaba grandes problemas xa que dominaba a grande explotación e as características edafoclimáticas non presentaban variacións de importancia en distancias curtas. En Galicia pola contra a variabilidade é enorme incluso dunha parroquia a outra. Bouhier tivo boa oportunidade de constatalo nos anos sesenta no seu traballo de campo. Por medio de enquisas directas aos labregos chegou á conclusión de que era tremendamente difícil achegarse a un rendemento medio extrapolable a toda a rexión e optou por reflectir os datos de acordo coas distintas zonas que describira.258 Este feito hai que relacionalo coa mesma variabilidade nos tipos de rotación que describimos con anterioridade. Os distintos traballos emprendidos polos historiadores da Idade Moderna sobre distintas zonas de Galicia de xeito monográfico corroboran historicamente esta apreciación.259

258 Abel Bouhier: La Galice... pax. 1174-1199. 259 Os dous traballos clásicos sobre este tema son: Baudilio Barreiro Mallón: La jurisdicción del Xallas a lo largo del siglo XVIII. Población, sociedad y economía. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1973 para a Galicia interior e José Manuel Pérez García: Un modelo de sociedad rural de

127

Gráfico 1

Evolución das variables do millo en Galicia (1898=1)

0

0,5

1

1,5

2

2,518

98

1900

1902

1904

1906

1908

1910

1912

1914

1916

1918

1920

1922

1924

1926

1928

1930

1932

1934

Superficie Producción Rendementos

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. A cuestión fundamental é, polo tanto, que é moi difícil falar de rendementos medios ao nivel de Galicia e nin sequera a un nivel provincial. As estatísticas agrícolas quedan polo tanto cuestionadas de raíz. Sen embargo temos que ser xustos e non podemos pretender esixirlle a un sistema o que non podía dar, sobre todo cando non estamos en condicións de ofrecer datos a un nivel microespacial que permitan situar o problema dos rendementos nunha dimensión máis axeitada. Está claro que o sistema elixido non era nin moito menos perfecto e así o puxemos de manifesto repetidas veces neste traballo, pero non é completamente desaproveitable. No caso de que as estimacións estivesen sempre elaboradas sobre os mesmos pobos a tendencia resultante si sería de enorme interese. Aquí de novo tropezamos co atranco da falta dos arquivos da JCA que ofrecerían luz sobre este tema. Resulta razoable supoñer, sen embargo, que esta foi a práctica escollida. Nos libros que se conservan no AMAPA de finais do XIX que comentamos no apartado II.2 os pobos son os mesmos sen case variación nos distintos anos e non hai razóns para dubidar de que no XX cambiasen os criterios. Ademais debemos supor tamén que, no caso de que se cambiaran os pobos, escolleríanse outros das mesmas características. O verdadeiramente importante entón é que a tendencia si estaría a reflectir un fenómeno real, aínda que dun carácter comarcal, mentres que as cantidades en si serían máis discutibles incluíndo aquí a mesma consideración das cifras de producción xa que teriamos que engadirlle o problema da ponderación dos rendementos.

Antiguo Régimen en la Galicia costera: La península del Salnes (jurisdicción de la Lanzada), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1979 para a Galicia litoral. As diferencias son máis complexas que as que separan a Galicia interior da atlántica como poñen de manifesto José Manuel Pérez García: “A agricultura galega e os seus rendementos. Un estudio evolutivo (1700-1850)”. Revista Galega de Estudios Agrarios, 9, 1983, pax.35-70; Pegerto Saavedra: “Sobre las transformaciones...”, op cit e do mesmo autor: La Galicia del antiguo régimen: Economía y sociedad. Tomo 3 da Historia de Galicia, Hércules, A Coruña, 1990, pax. 228-293.

128

Gráfico2

Evolución das variables do trigo en Galicia (Índice 1=1898)

0

0,5

1

1,5

2

2,5

3

3,5

1898

1900

1902

1904

1906

1908

1910

1912

1914

1916

1918

1920

1922

1924

1926

1928

1930

1932

1934

Superficie Producción Rendementos

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 3

Evolución das variables do centeo en Galicia (Índice 1=1898)

0

0,5

1

1,5

2

2,5

1898

1900

1902

1904

1906

1908

1910

1912

1914

1916

1918

1920

1922

1924

1926

1928

1930

1932

1934

Superficie Producción Rendementos

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Outra forma de achegarse aos rendementos é comparándoa con datos cualitativos da publicística e someténdoa a unha crítica interna. Existe para estes anos unha gran cantidade de comentarios na publicística na que, ou ben se citan experiencias concretas ou se comentan os rendementos tipo que podían recollerse en zonas concretas, ou ben de forma media en todo o país. As experiencias concretas teñen interese, xa que con frecuencia non se experimentaba só con fertilizantes ou con sementes foráneas senón que se comparaba con fincas abonadas con esterco e plantadas con sementes autóctonas. Dispomos dun bo número de referencias para o trigo e sobre todo para o millo, pero non para o centeo, que é o gran ignorado polos agraristas do momento. Estas informacións mostran un elevado grao de coincidencia en determinados puntos de interese: confirman a enorme variabilidade local nos rendementos cunha superioridade da Galicia costeira en xeral; mostran, como tamén o fan os datos dos que

129

dispoñemos para a idade moderna, a incuestionable superioridade do millo, e nunha inmensa maioría, elevan os rendementos a cantidades superiores do que indican as estatísticas. Como exemplos podemos citar as experiencias prácticas levadas a cabo por Federico Maciñeira nas súas propiedades de Ortigueira nos anos dez, en condicións de cultivo normais na comarca, nas que obtivo en cinco anos entre 28,4 Qts./Ha. e 37,5 Qts./Ha. para o millo. Como comparación sinala que nunha parroquia próxima non é raro que os labregos obtivesen cerca de 50 Qts./Ha. de millo mentres que para o trigo só se alcanzarían os 11,2, resultados estes últimos non desdeñables se temos en conta que non interviñan fertilizantes químicos.260 Valeriano Villanueva indicaba en 1925 que os rendementos do millo podían variar entre os 18 e os 53 Qts./Ha. segundo as zonas, o tipo de fertilización e a calidade da terra. Pola contra as zonas trigueiras máis desenvolvidas alcanzarían os 15,5 ou os 19,5.261 López Otero comenta en 1936 que unha colleita considerada normal de millo andaba en torno aos 30 Qts./Ha.262 Tamén podemos comprobar as diferencias substanciais entre os rendementos obtidos con fertilizantes orgánicos e con químicos. En 1902 a colleita media de trigo en Pontedeume foi de 14 Qts./Ha. con esterco mentres que Valeriano Villanueva obtivo ese mesmo ano e nesa mesma comarca 34 con abono químico.263 Podemos supoñer polo tanto un incremento progresivo dos rendementos á medida que se xeneralizou o seu uso.264 Tamén constátanse diferencias segundo as posibilidades económicas das casas labregas. Villanueva sitúa como teito dos labregos pobres os 12,5-14 Qts. de millo por Ha., entre os 17 e 22 para os labregos medios sempre que non utilicen abonos químicos e en torno aos 31 para os labregos acomodados.265 Estas referencias da publicística son suficientemente significativas das dificultades da estatística para reflectir a realidade. Mostran diferencias significativas cos das estatísticas, pero non podemos extrapolar conclusións definitivas sobre a fiabilidade polo problema da ponderación. Sen embargo e en xeral dan cifras máis altas para os cereais e sobre todo para o millo que as da estatística e tamén indican máis claramente unha mellora ao longo dos primeiros trinta anos do século sobre a que mostran os datos estatísticos. A tendencia que estes marcan de ralentización dos rendementos a partir de mediados dos anos vinte e máis claramente na Segunda República pode a pesar de todo non ir demasiado desencamiñada tendo en conta que son anos de malas colleitas. A importante variabilidade interanual das cifras estanos indicando que son datos repetidos ano tras ano senón que se efectuaban, cando menos avanzado o século XX, os traballos de recollida de datos. Parece claro, entón, que, aínda que a tendencia que marcan os rendementos das series oficiais pode ser considerada como razoable, non o é así a cantidade que indican que estaría subestimando, especialmente para o millo, a producción total . Hai certas

260 Federico Maciñeira y Pardo de Lama: Economía rural galega: Notas para su estudio. Federación Agraria de Ortigueira, Tip. Tojo, Ortigueira, S/D. En moitos destes traballos os datos aparecen en hectolitros. Ofrecemos a conversión utilizada por Miguel Angel Gutiérrez Bringas en base a un enxeñeiro da época (millo, 100 l.=76 Kgs.; trigo, 100 l.=78 Kgs.): “La productividad de la tierra en España 1752-1930. Tendencia a largo plazo”. Revista de Historia Económica, XI, 1993, pax. 511. 261 Organización... op cit pax.386 e 65. 262 José López Otero: Libro de la agricultura Regional. Tip. Galicia Nueva, Vilagarcía,1932, pax.49. 263 La Crónica del Trabajo, 1902, 18. 264 Proceso estudado por Lourenzo Fernández Prieto: Labregos... op cit pax.381-420. 265 Organización...op cit pax.383.

130

indicacións que, derivadas dunha crítica interna das series, deben ser consideradas. A provincia da Coruña estaría amplamente subestimada para o millo, quedando os seus rendementos por debaixo dos de Lugo e Ourense, igual que lle pasa de forma máis matizada á de Pontevedra. Polo que sabemos da organización xeográfica da agricultura galega, isto non é defendible. Como argumento adicional aos xa expostos, no avance de 1891, que é o único que permite apreciar diferencias por partidos xudiciais, Pontevedra diferénciase substancialmente das outras provincias, o que é lóxico, pero na da Coruña, na que se aprecian diferencias substanciais nos sistemas de cultivo entre as comarcas, non se reflicte de igual modo nos rendementos. Son ademais moi baixos en relación aos de Pontevedra. Mentres partidos xudiciais como A Estrada e Cambados teñen rendementos de 25-30 Hls./Ha. de millo, Noia e Santiago teñen 14,2 e 11,2 respectivamente.266 Non podemos aceptar que diferencias desta magnitude se deán en comarcas próximas e de sistemas de cultivo similares. O problema pensamos que está en que as diferencias deben proceder de distintos criterios á hora de facer as estimacións e iso posiblemente continuou no XX. Hai tamén datos que parecen incribles polo baixo e outros que, pola contra, exceden as posibilidades da agricultura galega do momento polo alto, especialmente nos casos do trigo e o centeo e nas provincias de Lugo e Ourense (en menor medida tamén na da Coruña). Debemos tomar con moito coidado, polo tanto, as series de producción e de rendementos, que moi probablemente están a subestimar o crecemento da producción aínda que cunhas tendencias que podemos considerar aceptables para as posibilidades da metodoloxía. A análise por provincias mostra a mesma tendencia descrita nas superficies no que se refire a mellor evolución das provincias do norte respecto a Ourense e Pontevedra, que sen embargo conserva a primacía nos rendementos globais do millo. A evolución superior dos rendementos en Coruña e Lugo debe explicarse por razóns indicadas no seu momento e por outras adicionais. A Galicia sudocidental foi o motor das transformacións no período anterior, tendo completado o desenvolvemento do seu sistema de cultivos mentres que Lugo e sobre todo Coruña continuaron este proceso de transformación no período contrario. Outro elemento explicativo está no proceso de transformacións técnicas desenvolvido nestes anos e máis en concreto na introducción de fertilizantes químicos. Na estimación que Lourenzo fernández prieto realizou da porcentaxe da superficie cultivada susceptible de ser fertilizada cos adubos dispoñibles para diversos anos mostrou como, mentres que A Coruña superou nos anos trinta o 30% desta e Lugo o 20% (Ourense quédase no 18%), a provincia de Pontevedra mantense nun exiguo 4%267. Aínda aceptando as posibles reservas sobre os datos de fertilización son abondo significativos xa que estes son en boa medida responsables do incremento dos rendementos.

266 Avance Estadístico...cereal, 1891, op cit. 267 Fernández Prieto Labregos con ciencia... op cit pax. 402.

131

Gráfico 4

Galicia Rendementos do millo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Galicia 5 per. media móvil (Galicia)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 5

GaliciaRendementos do trigo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Galicia 5 per. media móvil (Galicia)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 6

GaliciaRendementos do centeo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Galicia 5 per. media móvil (Galicia)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

132

Gráfico 7

A CoruñaRendementos do millo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

A Coruña 5 per. media móvil (A Coruña)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 8

A CoruñaRendementos do trigo (Qts./Ha.)

0,02,04,06,08,0

10,012,014,016,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

A Coruña 5 per. media móvil (A Coruña)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 9

A CoruñaRendementos do centeo (Qts./Ha.)

0,02,04,06,08,0

10,012,014,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

A Coruña 5 per. media móvil (A Coruña)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

133

Gráfico 10

LugoRendementos do millo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Lugo Media movil 5

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 11

LugoRendementos do trigo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

30,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Lugo 5 per. media móvil (Lugo)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 12

LugoRendementos do centeo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

30,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Lugo 5 per. media móvil (Lugo)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

134

Gráfico 13

Ourense Rendementos do millo. (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

30,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Ourense 5 per. media móvil (Ourense)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 14

OurenseRendementos do trigo (Qts./Ha.)

0,05,0

10,015,0

20,025,030,035,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Ourense 5 per. media móvil (Ourense)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 15

OurenseRendementos do centeo (Qts./Ha.)

0,05,0

10,015,020,025,030,035,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Ourense 5 per. media móvil (Ourense)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

135

Gráfico 16

PontevedraRendementos do millo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Pontevedra 5 per. media móvil (Pontevedra)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 17

PontevedraRendementos do trigo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Pontevedra 5 per. media móvil (Pontevedra)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

Gráfico 18

PontevedraRendementos do centeo (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1898

1901

1904

1907

1910

1913

1916

1919

1922

1925

1928

1931

1934

Pontevedra 5 per. media móvil (Pontevedra)

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

136

Unha maior tendencia de incremento dos rendementos mostran as cifras de pataca e de nabos (Cadros 8 e 9). Nos dous casos, aínda que con maior claridade no caso da pataca, as cifras mostran un incremento alto dos respectivos cultivos. Tamén nos dous casos é irrelevante a tendencia estática de Pontevedra pola escasa incidencia superficial destes cultivos na provincia. O importante do incremento dos rendementos nestas dúas provincias ven dado polo seu carácter de cultivos en expansión que implican xa de por si unha alta producción por hectárea. É normal polo tanto que o uso de fertilizantes químicos se orientase cara cultivos deste tipo. De feito a comezos dos anos trinta a pataca foi especialmente atendida polo Sindicato de Productores de Semillas de Cruz Gallástegui cumprindo así as reclamacións feitas por Valeriano Villanueva a comezos de século sobre a importancia que da selección de sementes e dun abonado axeitado tiña este cultivo.268 Cadro 8 Rendementos das patacas Qts./Ha. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1902 113 82 71 106 82 1910 150 100 100 120 116 1912 80 50 63 120 66 1922 126 110 65 95 104 1926 148 175 72 80 133 1927 173 224 89 137 169 1928 162 160 174 93 160 1929 153 212 142 88 167 1930 155 215 148 82 166 1931 152 190 146 71 154 1932 165 195 155 93 165 1933 161 185 76 108 149 1934 165 190 56 94 148 1935 157 190 129 96 156

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Cadro 9 Rendementos dos nabos Qts./Ha. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1902 267 80 69 86 79 1910 134 150 200 157 1912 100 1 8 46 1922 150 25 67 72 1929 170 120 300 88 167 1930 171 250 275 85 250 1931 168 160 260 123 176 1932 190 176 270 77 191 1933 210 59 250 77 135 1934 200 175 235 77 191 1935 190 180 182 77 184

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

268 Boletín del Sindicato de Productores de Semillas, nº25 1935 pax 3-9 e nº 29, 1936, pax. 12-14. As queixas repetitas de Villanueva na súa serie de artigos sobre o cultivo da pataca en Prácticas Modernas en 1903 e 1904.

137

II.4. OS CULTIVOS LOCALIZADOS. VIÑEDO E HORTA. II.4.1. O viñedo. O cultivo do viñedo ten no sistema agrario unha importancia singular. Xa durante o antigo réxime viviu unha etapa de auxe cun comercio florecente que comezou a decrecer a finais do século XVIII.269 O feito de que o viño fose un dos poucos productos cos que o agro galego se introduciu no mercado, fixo que se lle prestase unha atención preferente por parte da historiografía. Por iso contamos con abundantes estudios que nos aforrarían, en parte, referirnos en extenso a el aquí. Sen embargo estes traballos presentan diverxencias entre eles que é preciso comentar no punto central que nos temos fixado: a evolución dos cultivos e a fiabilidade das estatísticas. Ademais poucos relacionan o cultivo do viñedo co resto do sistema agrario. Moitos estudian monograficamente o viñedo e os que tratan o tema desde unha perspectiva máis ampla non logran conectar con claridade as relacións entre este e os demais cultivos. Nos séculos XVI, XVII e XVIII o viñedo vai vivir un momento de auxe tanto a un nivel comercial como productivo, pero a finais do antigo réxime a situación xa cambiara. A decadencia comercial dos viñedos galegos víñase arrastrando desde o século XVII segundo as zonas. Sen embargo a nivel productivo a situación era ben distinta. De acordo coa análise dos datos do catastro de Ensenada que fai Huetz de Lemps, o viñedo en Galicia ocupaba zonas nas que hoxe xa desapareceu e a extensión en hectáreas era tamén maior. Entre estas, as zonas máis significativas serían o norte da provincia da Coruña (ocupando entre A Coruña e Ferrol unha extensión de máis de 3800 has.) e a vella provincia de Mondoñedo. Á altura do avance estatístico de 1891 (Cadro11) xa desaparecera no norte da provincia de Lugo e só en Betanzos se mantiña unha pequena producción. No resto das zonas tamén se produciron transformacións importantes ao longo do século XIX, mais non da magnitude cuantitativa das anteriores. Non hai que esquecer que o XIX é o século do Oídium, do Mildiu e da Filoxera, as tres pragas que atacaron os viñedos de Europa e que por suposto tamén afectaron os galegos.. Ata aquí mantense o consenso historiográfico. Mais na magnitude das cifras e na consideración da importancia dos distintos factores explicativos xa hai máis diverxencias. En primeiro lugar, hai unha diverxencia importante á hora de darlle validez ás cifras de superficie. Para o caso do viñedo temos unha cifra de 1858 (Cadro 10) que nos permite comparar o que pasou entre mediados de século e a crise finisecular, xusto cando se está a producir a crise do Oídium e do Mildiu. Trátase da cifra publicada no anuario estatístico dese ano e que procedía de fontes fiscais. Evidentemente a fiabilidade da cifra é moi baixa por esta razón e de facerlle caso estaríanos a falar dun completo descalabro do viñedo en a penas trinta anos. José Manuel Santos Solla criticou con contundencia os datos de 1858270 especialmente os datos de Lugo e A Coruña. Os datos de Pontevedra e Ourense cadran máis coas

269 Sobre as visicitudes do viñedo en Galicia antes do século XIX Alain Huetz de Lemps: Vignobles et vins du nord-ouest de l´Espagne, Férret et fils, Bordeaux, 1967, pax.219-276.. 270 Geografía de la vid y el vino en Galicia, Diputación provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1992, pax. 75-77. Tamén comenta unhas cifras de 1857 pero das que non cita a procedencia. A coherencia interna destas cifras é aínda menor polo que prescindimos delas.

138

informacións cuantitativas posteriores pero, evidentemente, se rexeitamos a súa validez temos que facelo globalmente. A argumentación fundamental é que de seren válidas as cifras a superficie adicada ao viñedo tería que experimentar un considerable incremento entre 1752 e esta data. Sabemos, iso si, que non sofreu unha reducción drástica nese século, pero que tampouco tivo lugar ese crecemento. Santos Solla recompila varias noticias referentes á extensión do seu cultivo cara a zonas marxinais perto dos centros de consumo, pero tamén coñecemos o caso da diminución do cultivo noutras partes como na provincia de Mondoñedo.271 En consecuencia podemos aceptar que a extensión sería máis ou menos similar á de 1752. Santos Solla cífraa nunhas 35000 hectáreas, dando ademais como válidas as cifras de 1858 para Pontevedra e Ourense, aínda que nos parece, como dixemos, que é unha decisión problemática. A cifra de 1752 (31239 Has.) parece un pouco baixa e sabemos que houbo ocultacións. Pegerto Saavedra elévaa a preto das 40000.272 Poderiamos, polo tanto, aceptar unha extensión de 35000-40000 Has. para 1850, o que non debe andar moi lonxe da realidade. Aceptada esta cifra non podemos coincidir con Santos Solla na afirmación de que a crise do Oídium supuxo un retroceso lixeiro.273 Tanto a nivel cuantitativo como sobre todo cualitativo, todo indica que o impacto desta praga foi moi grande contribuíndo á eliminación de parras nas zonas menos rendibles. Os traballos de Huetz de Lemps e mais de Fausto Dopico e María Xosé Rodríguez Galdo demostraron que o impacto do Oídium foi fundamental para a eliminación do cultivo nalgunhas comarcas.274 Na antiga provincia de Mondoñedo o viñedo desaparece completamente e no norte da Coruña quedará restrinxido ao concello de Betanzos e arredores, pero nunha superficie moi inferior á que tiña anteriormente. É ademais un proceso rápido xa que se completa entre os anos cincuenta (cando aparece a praga) e 1865. No resto das zonas vitícolas desaparecen os viñedos en zonas marxinais e, malia que se manteñen no resto, o impacto da crise é tremendo xa que se perde a colleita durante anos enteiros. Non existe consenso historiográfico á hora de atribuírlle á crise do Oídium a culpa desta diminución. Bouhier nega este punto.275 Para el o motivo fundamental é o predominio da titularidade burguesa nas viñas da zona norte da Coruña que non tiñan unha vocación comercial. A reducción da superficie cultivada sería debida á forte competencia dos viños cataláns e portugueses. Dous argumentos a prol desta tese serían o mantemento de viñas no concello de Betanzos, onde non existiría o predominio da titularidade burguesa, e o feito de que o proceso de supresión de viñas non sería tan rápido como tradicionalmente se viña afirmando. Así, segundo a cartillas avaliatorias de varios concellos da zona de Mondoñedo, atopa que os viñedos aínda estarían presentes

271 Ibid. pax. 74-75. Para Mondoñedo Pegerto Saavedra: Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo 1480-1830, Xunta de Galicia, Santiago, 1985, pax.159-167. En Ourense o viñedo ocupa o espacio deixado polo olivo. Valeriano Villanueva : Organización...op cit, pax. 379. Tamén José Vázquez Moreira: Breve noticia sobre el estado actual de la agricultura y ganadería de la provincia de Orense (1875), Edición da Revista Galega de Estudios Agrarios, 5, 1981, pax. 363. 272 Pegerto Saavedra: "La economía vitícola en la Galicia del Antiguo Régimen", Agricultura y Sociedad, 62, pax.116-117. 273 Op cit pax 77. 274 Vignobles... op cit pax.520 e ss.. María Xosé Rodríguez Galdo e Fausto Dopico: Crisis agrarias y crecimiento económico...op cit pax.113-135. 275 Bouhier: La Galice...op cit pax.605-625. Esta opinión e compartida por Alberte Martínez López: Cooperativismo y transformaciones agrarias en Galicia (1886-1943), MAPA, Madrid, 1995, pax.120.

139

nos anos oitenta do XIX. Respecto a estes argumentos preséntansenos varias obxeccións. En primeiro lugar, a competencia dos caldos cataláns non é unha cousa nova, pois xa existía ao longo do XVIII. Xurdiría entón a pregunta de por qué provoca a reconversión dos cultivos precisamente agora e non un século antes. No que respecta á documentación fornecida por Bouhier el mesmo recoñece que é fragmentaria, pero é que ademais provén das cartillas avaliatorias, unha fonte fiscal que non só carece de toda fiabilidade en Galicia senón que non serve para analizar cambios nun curto prazo. Ademais á parte da documentación aportada por Huetz de Lemps, Rodríguez Galdo e Dopico que é significativa de sobra, pódese engadir a conservada no arquivo do Ministerio de Agricultura. Das múltiples comunicacións (abondosas neses anos) dos enxeñeiros sobre a situación dos viñedos non hai, nas que se refiren a Lugo, máis que referencias aos viñedos da parte sur da provincia e no avance de 1891 queda claro que só existen viñedos nesa zona (Cadro 11 nota ao pé).

Cadro 10.

Superficie do viñedo en Galicia,1858-1935 (Has.).

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1858 16167 13333 19879 7278 56657 1889 516 5223 18271 4747 28757 1900 791 1965 11877 6356 20346

1903-12 809 2936 12888 6522 23155 1922 851 4800 16850 7610 30111 1931 1036 5950 21839 7458 36283 1932 1081 5965 21845 7456 36347 1933 1040 5865 21863 7466 36234 1934 1077 5965 22195 7466 36703 1935 995 5985 22090 7466 36536

Fonte: 1858, Anuario estadistico...1858, op cit. 1889, Avance estadístico...vid, op cit. 1900. GEHR, Estadísticas históricas... op cit. 1903-12, Avance estadístico que en España representa la producción media anual en el decenio 1903 a 1912 de cereales y leguminosas, vid y olivo y aprovechamientos diversos derivados de estos cultivos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1913, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1915. 1922, Avance estadístico...1922, op cit. 1931-35, AEPA de cada ano. En realidade ambas as interpretacións non se opoñen entre si. Habería que pensar nunha multiplicidade de factores que inciden na reorientación productiva destas zonas e que se concretan, a mediados do XIX, tras a crise do Oídium, na desaparición do viñedo de comarcas enteiras e na reducción do número de hectáreas nas que se manteñen (tendencia que continuará coas outras pragas e que só se inverterá ao longo do primeiro tercio do XX). A pregunta crucial é a racionalidade que leva a que se sigan mantendo viñas (e incluso plantando) en zonas marxinais que só poden dar un rendemento pequeno, explicación que ten que ir máis alá do tópico da irracionalidade campesiña. A resposta de Pegerto Saavedra vén da man da maior rendibilidade do viñedo sobre o labrado. Os datos tirados do catastro para mediados do XVIII son clarificadores. En Ourense o viñedo cobre o 15,7% da superficie cultivada e aporta o 28,5% do producto bruto agrario, en Tui a relación é do 16,4% fronte ao 21,8% e en Lugo do 3,3 e 9,3.276 Tendo en conta que as preferencias do mercado galego estaban orientadas cara aos caldos do país, como teremos ocasión de comentar máis adiante, non 276 "La economía vitícola...", op cit pax. 115-116.

140

resulta estraño que o mantemento dalgunhas viñas fose de interese para as economías familiares. Das sete antigas provincias galegas, as dúas que mostran un comportamento distinto son A Coruña e Betanzos. Na primeira a relación é do 9,1% de superficie fronte ao 5,6% de achega ao producto agrario, e na segunda do 10% fronte ao 10,6%. Nestes dous casos a explicación non necesita recorrer tampouco ao tópico da irracionalidade. En Betanzos as mellores viñas si rendían máis que o labrado e as peores estarían adicadas a viño porque as terras non daban para cereais. Na Coruña algúns sectores da cidade empeñaríanse en cultivar viño para uso particular.277 Estes datos explican o porqué da resistencia do viñedo fronte aos aspectos negativos que tiña. Un lugar común era a inconveniencia de cultivar vide en terreos pouco apropiados para iso, tanto por razóns climáticas como edafolóxicas.278 De feito nalgunhas destas zonas, como en Mondoñedo e posiblemente Betanzos víñase reducindo a superficie cultivada desde finais do XVIII aínda que isto quedou compensado pola posta en cultivo noutras zonas como queda dito. Faltaba, sen embargo, un golpe de magnitude para obrigar á reconversión e isto foi o que pasou co Oídium. Esta explicación non pretende converter en algo positivo unha crise que tivo consecuencias moi graves para as economías campesiñas, e que xunto coa crise xeral da agricultura galega dos anos cincuenta, tivo moito que ver no crecemento da emigración.279 Pero a longo prazo e en determinadas zonas, como nas mariñas coruñesas e betanceiras, permitiu unha reestructuración do espacio agrario cara a cultivos de maior rendibilidade. Permitiu aproveitar a conxuntura favorable das exportacións de vacún a Inglaterra, tivo bastante que ver na expansión da pataca (por exemplo en Lugo)280 e favoreceu a extensión dun cultivo intensivo de horta nos arredores da Coruña e na comarca de Betanzos.281 Nas zonas nas que o cultivo se mantivo as dificultades ao longo do XIX foron case que continuas. Durante o Oídium perdéronse colleitas varios anos seguidos. A ineficacia das redes de comunicación impediron que Galicia se beneficiase da conxuntura favorable ás exportacións cara a Francia mentres esta se viu afectada pola Filoxera ("La grande prospérite" segundo Huetz de Lemps) coa única excepción e en cantidades limitadas da zona de Valdeorras.282 Cando por fin chegaron os camiños de ferro Francia xa se estaba a recuperar e nese momento comezou a afectar a Filoxera e o Mildiu aos viñedos galegos. Non nos imos estender nestas pragas xa que existen traballos específicos sobre o tema e non tiveron o impacto sobre a superficie cultivada

277 Ibid pax.125-126. 278 Sobre este punto os estudios do químico Antonio Casares nos que incluíu análises da terra e do clima son determinantes. Observaciones sobre el cultivo de la vid en Galicia, Imp. vda de Compañel, Santiago, 1843. Tamén os artigos deste e outros autores da época na Revista Económica, Periódico Agrícola, da Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago. 279 Como se encargaron de demostrar Rodríguez Galdo e Fausto Dopico en Crisis agrarias...op cit. 280 Huetz de Lemps: Vignobles et Vins... op cit pax.521. 281 Valeriano Villanueva: Organización del cultivo... op cit pax.380. Cita neste punto unha historia da agricultura de Florencio Vaamonde premiada nuns xogos frorais de finais do XIX que non sabemos se foi publicada. 282 Huetz de Lemps Vignobles et vins... op cit pax.548-550.

141

que tivo o Oidium.283 Si puideron provocar un descenso pero que foi rapidamente recuperado a principios do XX.

O punto clave para nós e, de novo, entender o porqué se mantivo o cultivo ante

este cúmulo de circunstancias negativas. Por un lado existe unha dificultade considerable en reorientar zonas que eran de monocultivo case exclusivo de viñedo. A outra parte da explicación atópase na importancia do mercado interno. Se os caldos galegos non puideron aproveitarse das exportacións a Francia, tampouco se viron afectados ata a última década do XIX por unha forte competencia en Galicia, o que lles permitiu aos caldos ourensáns aproveitárense da situación. A apertura do camiño de ferro Ourense-Vigo en 1881 favoreceu esta situación. Ademais os viños galegos eran preferidos aos foráneos, o que non era moi ben comprendido na época. Facíao notar Prudencio Rovira a principios de século:

"Si se exceptuan los magníficos vinos del Ribero, el resto de la comarca los produce acídulos, flojos, desagradables, de calidad verdaderamente ínfima. Los excluyen de su mesa las personas acomodadas, pero, en cambio, el aldeano hace de el gran consumo. No hay néctar en el mundo que pueda comparárse, en el paladar del pueblo, al vinillo de la tierra. Mira con recelo todo mosto forastero y toma por diabólico brebaje el zumo de las vides Valdepeñeras o riojanas, y de suerte que, gracias a esta predilección del gallego por la cepa indígena, el cultivo de la vid produce gran negocio, y en años buenos ella sola da para sostener el laboreo de las fincas, con no despreciable ganancia líquida".284

Esta parece ser unha tendencia case xeral. Huetz de Lemps cita un documento de finais do século XIX no que os habitantes de Pontedeume se queixan da baixa calidade dos viños foráneos.285 As grandes protestas relacionadas coa crise do matute tamén poden en parte relacionarse con esta preferencia. Trátase da introducción de viños foráneos como se fosen Ribeiro, e que, se por un lado se pode entender como un problema específico de Ribadavia, polo outro tamén é global xa que influíu na perda de prestixio do Ribeiro no primeiro tercio do XX.286 En calquera caso, cando se comezan a producir estes problemas de competencia no século XX o viñedo xa está asentado (aínda que a recuperación da filoxera tardará algúns anos) e boa proba disto é que a tendencia na evolución da superficie adicada a viñedo ao longo do século XX é claramente positiva, como se pode apreciar no cadro 12. É ademais unha tendencia positiva de marcado carácter comarcal (Cadro 11). Son as zonas que hoxe en día se manteñen as que protagonizan a recuperación do viñedo, que nos anos trinta se achega ás cifras do XIX. Hai unha diferencia substancial, por tanto, coa crise do Oídium da que para moitas zonas non haberá recuperación. Resulta necesario facer algunhas aclaracións sobre a fiabilidade das estatísticas neste producto. A coherencia das series é moito maior que noutros productos e son 283 Para toda Galicia Santos Solla: Geogrfía de la vid... op cit pax.97-114. Hai unha moi boa monografía comarcal sobre o Ribeiro de Luis Domínguez Castro: Viños, viñas e xentes do Ribeiro. Economía e patrimonio familiar, 1810-1952, Xerais, Vigo, 1992 pax. 199-214. Aínda non perdeu o seu valor Huetz de Lemps: Vignobles... op cit pax.551-565. 284 El campesino gallego (1904), en José Antonio Durán (ed.): Aldeas, aldeanos y labriegos en la galicia tradicional, Xunta de Galicia/MAPA, Madrid/Santiago, 1984, pax.181. 285 Vignobles et vins... op cit pax.550. 286 Domínguez Castro: Viños, viñedos... op cit pax.137-145.

142

coincidentes coas informacións cualitativas das que dispoñemos. Isto ten unha explicación. As zonas ocupadas polo viñedo estaban localizadas xeográficamente e polo tanto era moito mais fácil controlar coas visitas a calidade das informacións das que dispuñan os enxeñeiros. Isto non quere dicir que non houbese ocultacións, pero en xeral a calidade dos datos é aceptable.287 Dispoñemos ademais da posibilidade de facermos comparacións ao nivel do partido xudicial para dous anos, 1889 e 1922 (cadro 11), que confirman a coherencia dos datos con algunhas excepcións (os datos de Allariz e Viana, por exemplo). Algunhas comarcas perden importancia cuantitativa e outras consolídanse ou aumentan neses anos. A análise feita por Santos Solla da evolución por comarcas corrobora a idea de que estas cifras están bastante cercanas á realidade, aínda que podemos ter dúbidas para algúns anos.288 No apartado II.2 quedou claro como se elaboraron os datos de 1891 e temos que tomalos con moitas reservas. Os datos da cadro 12, que comezan en 1898, son, sen embargo, máis fiables. Estannos a falar dunha recuperación dos viñedos despois das tres pragas do XIX que non deixan dúbidas sobre a importancia do viñedo para certas economías comarcais. Santos Solla entende este fenómeno como algo irracional, especialmente nas zonas onde había unha alternativa ao viñedo. De acordo con este autor, non se daban condición nin estructurais nin conxunturais que expliquen este feito. Polo tanto atribúeo a un posible crecemento da demanda interna.289 Aínda que sexa posible que este crecemento se producise non o explica todo. Como vimos, no marco da racionalidade do sistema agrario existían razóns máis que suficientes para que o viñedo tivese un lugar de importancia; especialmente cando se foran eliminando progresivamente as zonas marxinais reorientadas cara a cultivos máis axeitados ás súas condicións naturais. A monografía de Domínguez Castro sobre o Ribeiro demostrou con creces que non se trataba dun cultivo irracional. Os autores da época, á parte de sinalar a inferior calidade dos viños galegos (o que non era dunha grande importancia, xa que eran preferidos aos de fóra), tamén sinalan a súa superioridade nos rendementos. Así, Hoyos y Sainz ofrece comparacións de diversos anos entre as medias españolas e as galegas nas que se pon de manifesto os maiores rendementos da viticultura galega.290

287 Juan Pan Montojo: La bodega del mundo. La vid y el vino en España (1800-1936), Alianza, Madrid, 1994, pax.384-393 corrixe á alza os datos globais españois pero en conxunto as tendencias poden considerarse válidas. Dispoñemos dalgunhas noticias da publicística que corrixen ao alza os datos. Salvador Lucina en La Crónica del Trabajo, I, 1901, e Amador Montenegro Saavedra en El Progreso Agrícola y Pecuario, XII, 1906, pax.56. A cifra deste último en torno ás cincuenta mil hectáreas é a todas luces esaxerada. 288 Geografía de la vid...op cit pax.115-120. 289 Ibid pax 121-122. 290 Hoyos y Sainz: España agrícola... op cit pax 63-64.

143

Cadro 11 Superficie do viñedo por partidos xudiciais, 1889-1922 (Has.)

A Coruña 1889 1922 Ourense 1889 1922 Pontevedra 1889 1922

Arzúa 15 8,66 Allariz 157 A Cañiza 15 600

Betanzos 102 213,97 Bande 216 270 Caldas 212 700

Carballo 4,75 Carballiño 1086 1120 Cambados 413 1100

A Coruña 5,4 Celanova 532 770 A Estrada 200

Ferrol 6,25 Ourense 4320 4590 Lalín 1

Negreira 3,45 Trives 1808 250 Pontevedra 597 1000

Noia 47 315,73 Ribadavia 4480 5180 Ponteareas 1311 1600

Padrón 53 74,96 Valdeorras 3067 2630 Pontecaldelas 28 100

Pontedeume 8 34,8 Verín 1888 240 Redondela 180 600

Santiago 291 183,43 Viana 717 Tui 697 850

Vigo 622 860

Total 516 851,4 Total 18271 16850 Total 4079 7610

Fonte: Para 1889: Avance estadístico...vid, op cit. Para 1922 Avance estadístico...1922, op cit. Na provincia de Lugo o avance de 1922 só dan a cifra total de 4800 Has. aínda que indica que soamente se cultiva na parte sur. En 1889 o total é de 5223 Has. con 140 en Becerrea, 483 en Chantada, 37 na Fonsagrada, 3820 en Monforte, 720 en Quiroga e 23 en Sarria.

As cifras de rendementos das estatísticas (Cadro 13) e de producción (Cadro 14).son menos fiables que as de superficie. Os datos inclúen cifras incribles de perto de 80 hlts./ha. nalgúns anos. En consecuencia temos que dubidar da realidade das cifras de producción, xa que tendo en conta o aumento da superficie de viñedo debeu aumentar tamén a producción máis aló do que nos di o gráfico entre os 800000 Hlts. de principios de século e os 1200000-1500000 dos anos trinta. Nos rendementos poderiamos aceptar con reservas as medias para Galicia duns 35-45 hls./ha., que nos falan dun crecemento importante aínda que non desmesurado entre as cifras que dá Pegerto Saavedra para mediados do XVIII.291 O mesmo que as cifras do XVIII, os rendementos variarían moito comarcalmente de acordo co que din os enxeñeiros en comunicacións a finais do XIX. A imposibilidade de coñecer a evolución media ponderada dos rendementos, problema no que coincide a situación co cereal, impídenos saber en qué medida aumentou de máis a producción á parte da influencia do crecemento da superficie adicada a viñedo. Como conclusión a este apartado é importante resaltar que a permanencia do viñedo ao longo da idade contemporánea non pode ser entendida simplemente recorrendo aos tópicos de irracionalidade do labrego e falta de adecuación das estructuras agrarias de Galicia ás necesidades derivadas dunha agricultura capitalista. O viñedo non foi un sector punteiro da forma no que o foron o vacún e a horta, pero aínda así tivo gran importancia en determinadas comarcas no proceso de crecente monetarización das economías familiares. Ademais o esforzo técnico e científico que se fixo para combater as pragas, especialmente a filoxera, pode ser equiparado aos procesos de modernización que afectaron a outros ámbitos da agricultura no primeiro tercio do século XX. Fronte á súa situación no Antigo Réxime, na que era un recurso fácil para os labregos e labregas incluso en zonas marxinais, a reestructuración que viviu no XIX fíxoo equiparar a outros cultivos localizados comarcalmente (como a horta intensiva) nun proceso de incipiente especialización comarcal que aínda non coñecemos ben.292 Isto non implica negar as dificultades nin as crises, que foron con 291 "La economía vitícola..." op cit. 292 Coa excepción do Ribeiro. Domínguez Castro, Luis, Viños, viñas e xentes do Ribeiro. Economía e patrimonio familiar, 1810-1952, Xerais, Vigo, 1992

144

diferencia as máis graves de todo o sector agrario nos anos que van desde mediados do XIX ata a Guerra Civil. Cadro 12 Superficie do viñedo (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1898 778 3174 11904 5209 21065

1899 786 2435 11904 6356 21481

1900 791 1965 11877 6356 20989

1901 803 976 11802 6356 19937

1902 467 976 10456 6356 18255

1903 541 976 11877 6356 19750

1904 751 1330 11877 6356 20314

1905 827 1700 11877 6356 20760

1906 827 2180 11887 6356 21250

1907 834 2420 11910 6500 21664

1908 833 3500 12230 6500 23063

1909 876 3900 12230 6500 23506

1910 871 4150 14900 6700 26621

1911 870 4400 15000 6800 27070

1912 865 4800 15100 6800 27565

1913 861 4800 15150 6860 27671

1914 851 4800 15200 6860 27711

1915 849 4800 15200 6930 27779

1916 847 4800 15200 7050 27897

1917 848 4800 15215 7300 28163

1918 849 4800 16516 7400 29565

1919 852 4800 16565 7550 29767

1920 854 4800 16870 7800 30324

1921 853 4800 17070 7900 30623

1922 854 4800 17100 8000 30754

1923 859 4800 17079 8200 30938

1924 859 4800 17000 8200 30859

1925 865 4800 17010 8200 30875

1926 867 4800 17030 8200 30897

1927 871 4760 17130 8300 31061

1928 1176 4771 17282 7178 30407

1929 988 4804 17154 7178 30124

1930 988 4804 19220 7284 32296

1931 986 4810 20967 7284 34047

1932 1036 4835 21376 7282 34529

1933 990 4863 21223 7292 34368

1934 1015 4975 21500 7292 34782

1935 995 4985 21400 7295 34675

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

145

CADRO 13 RENDEMENTOS DO MOSTO (Hls./Ha.).

ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1898 28,7 19,4 19,8 51,0 27,8

1899 22,2 31,6 28,2 73,8 41,9

1900 31,4 19,1 29,9 81,5 44,6

1901 27,3 21,6 18,7 80,9 39,0

1902 50,3 21,1 17,4 80,9 40,5

1903 3,5 21,1 12,4 35,3 19,9

1904 28,4 45,4 29,7 84,8 47,9

1905 30,7 36,4 29,2 55,4 37,8

1906 32,1 42,5 13,9 60,0 31,3

1907 44,0 60,4 28,9 47,4 38,5

1908 37,8 47,9 48,4 62,6 51,9

1909 28,7 29,8 23,0 40,8 29,2

1910 19,2 45,0 42,8 40,8 41,9

1911 31,9 31,0 31,9 28,3 30,8

1912 19,0 33,3 30,5 36,8 32,2

1913 26,4 23,9 31,7 38,0 31,7

1914 11,0 25,3 28,3 36,6 29,3

1915 20,1 24,8 39,7 38,5 36,2

1916 21,6 69,4 43,7 43,2 47,3

1917 23,7 67,6 38,7 43,8 44,5

1918 17,9 69,3 34,1 50,5 43,5

1919 18,2 61,8 19,1 14,7 24,9

1920 21,8 23,9 35,6 10,3 26,8

1921 29,1 48,6 25,8 50,4 35,8

1922 42,6 51,8 32,2 70,0 45,3

1923 40,6 50,9 32,2 44,9 38,7

1924 39,6 55,6 26,2 46,3 36,5

1925 37,0 41,5 28,0 42,0 34,1

1926 27,7 35,7 21,0 35,2 27,2

1927 42,4 64,4 37,4 65,8 49,3

1928 33,9 27,6 33,6 4,7 25,8

1929 31,0 62,4 33,2 38,9 39,1

1930 36,1 27,8 45,9 39,5 41,4

1931 36,9 48,7 44,2 30,0 41,6

1932 36,2 45,1 30,0 30,6 32,4

1933 40,7 45,2 35,3 52,0 40,4

1934 43,4 45,8 38,4 61,2 44,4

1935 36,0 38,2 12,6 20,9 18,7

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

146

Cadro 14 Producción de mosto en Galicia (Hls.) ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1898 22336 61690 235720 265891 585637

1899 17412 77011 335774 469365 899562

1900 24811 37546 354552 518216 935125

1901 21928 21116 220284 513936 777264

1902 23475 20597 181934 513936 739942

1903 1873 20597 147001 224510 393981

1904 21332 60358 353041 539034 973765

1905 25417 61856 346387 351916 785576

1906 26523 92652 164853 381096 665124

1907 36665 146238 343642 308000 834545

1908 31501 167560 591747 407000 1197808

1909 25168 116100 280680 265360 687308

1910 16719 186791 637700 273120 1114330

1911 27746 136400 478000 192640 834786

1912 16437 159744 459998 250095 886274

1913 22756 114632 480535 260375 878298

1914 9349 121500 430000 251314 812163

1915 17079 119100 604000 266701 1006880

1916 18295 332880 664800 304675 1320650

1917 20082 324500 588180 319697 1252459

1918 15178 332580 563626 373455 1284839

1919 15509 296750 316735 110990 739984

1920 18627 114624 600503 80160 813914

1921 24817 233400 440198 397848 1096263

1922 36394 248758 549800 559640 1394592

1923 34861 244500 550040 367900 1197301

1924 34048 267072 445000 379296 1125416

1925 32032 199170 475647 344584 1051433

1926 24008 171239 357391 288590 841228

1927 36957 306648 640665 546150 1530420

1928 39855 131808 579894 33471 785028

1929 30670 299975 568844 279512 1179001

1930 35712 133486 881237 287383 1337818

1931 36383 234389 926741 218520 1416033

1932 37542 218182 641280 222523 1119527

1933 40320 219765 748747 379184 1388016

1934 44100 227635 825922 446270 1543927

1935 35820 190278 269640 152791 648529

Fonte: Elaboración propia a partir de GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

147

II.4.2. O cultivo de horta. De todos os cultivos consignados polas estatísticas oficiais nestes primeiros anos do século XIX, os que aparecen de forma máis fragmentaria, con máis variación nos criterios de elaboración e de menor fiabilidade (á parte dos prados, pastos e cultivos forraxeiros) son os cultivos de horta. De feito Barreiro Gil renuncia a utilizalos atendendo principalmente a que non ocupan máis do 1% da superficie cultivada.293 En efecto, se consideramos exclusivamente a súa importancia cuantitativa poderiamos dar como válidos sen máis os datos de cara ao cálculo do producto agrario ou obvialos da análise sen temor a desviar demasiado o resultado final. Sen embargo, aínda que estamos ante un cultivo cuantitativamente pouco importante, tamén é certo que se trata dun dos cultivos máis dinámicos no período que estudiamos, pioneiro na extensión do mercado no agro xunto co gando e o viño e de grande importancia para nós, tanto neste aspecto como no outro aspecto que presenta de ser un complemento importante na dieta das economías familiares. En primeiro lugar e tendo en conta esta dobre vertente do cultivo de horta é necesario resaltar que non se pode falar de cultivo de horta en Galicia senón que sería máis exacto referirse a cultivos de horta diferenciados xeograficamentá, atendendo ao diferente destino que teñen as produccións (consumo familiar e mercado) e, polo tanto, tamén dos distintos métodos de cultivo e diferente traballo que implica. Por un lado temos as hortas características da meseta lucense e zonas de Ourense que, situadas preto das casas, fornecen os complementos vexetais necesarios para a elaboración do caldo e outras comidas campesiñas. Por outro os cultivos máis ou menos especializados comarcalmente que Bouhier rastrexa desde o século XVI294 e que viven un desenvolvemento importante entre finais do século XIX e principios do XX. En calquera dos dous casos a superficie cultivada é exigua en porcentaxe, pero de acordo con Bouhier, non permite facernos unha idea da súa importancia na alimentación e como provedor de diñeiro en metálico.295 Neste tipo de cultivos faise presente como en ningún outro a división entre a Galicia interior e a Galicia litoral, xa que é esta última (e consecuentemente as provincias de Pontevedra e A Coruña mais a Mariña luguesa) a que concentra as produccións intensivas de horta para o mercado xa, como mínimo, desde mediados do século XIX. Este proceso está directamente relacionado nalgunhas zonas como o norte da provincia coruñesa ao abandono do cultivo da vide (como vimos) e en xeral coa apertura dun incipiente mercado urbano que vai ir en aumento ao longo do primeiro tercio do século XX. Cosme Fernández Soler na última década do XIX facíase eco deste feito cando observaba que “en mayor grado se observa este relativo adelanto de la huerta al pie mismo de las ciudades o villas marítimas”.296 O mesmo Fernández Soler acláranos que a horta está sendo pioneira na entrada de adiantos técnicos na agricultura galega debido, fundamentalmente, a que é un cultivo apetecido polos propietarios ricos e polos campesiños acomodados, aínda que coexiste

293 Barreiro Gil Prosperidade e atraso... op cit pax. 102. 294 Bouhier: La Galice... op cit pax.589-590. 295 Idem pax.591. 296 Cosme Fernández Soler: Pontevedra: Sus producciones agrícolas, Imp. De vda. e hijos de Madrigal, Pontevedra, 1890, pax.152.

148

cun cultivo de tipo tradicional no ámbito da explotación familiar. Do tipo tradicional explica que consiste “en dejar las plantas al aire libre, previas las conocidas y oportunas siembras a las plantaciones, abonos, riegos y los cuidados de ordinario y de antiguo aplicados”. Pola contra nas explotacións modernizadas “se ciñen a las podas radicales establecidas como innovaciones modernas, a las camas calientes, a las estufas y otra clase de artificio”.297 Como vemos trátase de dous sistemas distintos, aínda que ambos de tipo intensivo. Nas hortas dos “ricos” tamén se está a producir nunha data tan temperá como 1890 a introducción de cultivos e variedades do estranxeiro como o cultivo da fresa, que segundo Fernández Soler está estendéndose por estes anos: “La progresiva plantación de la fresa que se extiende hoy hasta en los más pequeños huertos, proviene del gran consumo que se está haciendo, desarrollado en parte por las excelentes variedades que de dicho fruto se están constantemente introduciendo de Francia, superiores todas ellas a la fresa común del pais.”298 Segundo este autor estas variedades introducíranse dende París á altura de 1880. Estas longas citas xustifícanse polo orixinal destas iniciativas que ata o de agora son as primeiras, cronoloxicamente, que se consignan en Galicia no que se refire á aplicación concreta, máis alá da experimentación, de selección de sementes e introducción de maquinaria. Non resulta, sen embargo, completamente desatinado o feito de que estas melloras se introducisen precisamente no cultivo da horta nun momento no que o entramado institucional da innovación aínda se estaba a desenvolver (lembremos que son os anos de creación e consolidación da granxa agrícola experimental da Coruña). Innovacións deste tipo só podían levarse adiante cun importante desembolso de capital que só podía ser asumido nestes anos por rendistas, burgueses ou como moito por labregos acomodados. No caso dos dous primeiros grupos era unha opción con importantes vantaxes e poucos inconvenientes. Non necesitaba grandes espacios, polo que podía levarse adiante nas poucas terras que explotasen directamente os rendistas e a saída comercial era clara. No caso dos labregos, unha vez superado o atranco do capital, tiñan ante si un cultivo moi rendible que polas afirmacións da época souberon aproveitar. Na altura de 1907 o especialista en horticultura belga Leon Jacops constataba a importancia e extensión do cultivo da fresa nos arredores da cidade da Coruña: “Tenemos en los alrededores de La Coruña los cultivos de fresas. ¿Son de buen rendimiento? Superlativamente bueno. Todo el contorno agrícola debería ser transformado en un inmenso fresal. Veinte areas de este cultivo producen más que 10 Has. De laboreo ordinario agrícola. El que dispone de una hectárea de aquel puede vivir.”299 Malia estes datos non debemos esquecer que aínda nestas zonas máis desenvolvidas debeu manter importancia o cultivo de horta tradicional (no senso que lle dá Fernández Soler, non no senso do que predominaría en Lugo) orientado ao mercado. Peña Novo láiase en 1918 de que non se desterrase totalmente o cultivo de cereal en Betanzos (só trigo e centeo nesta comarca) pola gran rendibilidade que se lle estaba a

297 Ibid pax.153. 298 Ibid pax.163. 299 PM, 1907, pax.17.

149

tirar ao cultivo de horta especialmente na cabeceira da comarca onde si se producira esa especialización.300 Tamén López Otero se queixaba de que o labrego non aproveitase a saída comercial que lle ofrecían os productos de horta. Refire unha anécdota dun exportador de cebolas que despois de facer unha compra en Pontesampaio, indicáballe ao labrego que faría ben en deixar de cultivar unha leira de millo que tiña, xa que pasaría de gañar 100 pts a gañar 1000. Ante o abraio do exportador (e de López Otero) o labrego contestoulle que cómo levaría adiante a explotación sen cultivar o millo. Como exemplo deste cultivo “avanzado” pon a vila de Cambados onde “se desterró el maiz y se hizo de estas hortalizas una industria y un mercado importante”.301 Estes exemplos son bastante clarificadores tanto da mentalidade dos arbitristas da época como das necesidades do sistema tradicional. Evidentemente tanto López Otero como Peña Novo esqueceron neste caso a complexidade das economías familiares e a imposibilidade de orientarse cara a unha especialización absoluta. A pesar de optar por unhas produccións comerciais como o gando ou os productos de horta non podían renunciar a abastecer as necesidades da explotación familiar desde dentro da propia explotación e de aí o mantemento do cultivo de cereal. As mesmas necesidades gandeiras explican que esta especialización aínda máis intensiva do habitual no sistema agrario de Galicia en uso da terra quedase limitada. O cultivo de millo non era, como vimos só de millo senón en rotación con pratenses e forraxeiras e o mesmo cereal permitía a posibilidade de uso forraxeiro. Tendo en conta o exposto ata aquí non pode deixar de sorprender que sendo o cultivo de horta un dos máis avanzados en Galicia nestes anos e pioneiro na introducción de cambios productivos, recibise sen embargo escasa atención por parte do entramado institucional da innovación. Fernández Prieto constata que na Granxa da Coruña foron escasos os ensaios con cultivos deste tipo coa excepción do cultivo da cebola.302 En todo caso se o papel das institucións foi mínimo neste cultivo, non o foi no da publicística independente xa que atopamos bastantes referencias en Prácticas Modernas aos distintos cultivos de horta (de novo especialmente as cebolas). En 1907 incluso tivo lugar na Coruña unha exposición de horticultura con múltiples premios que de acordo coa revista mostraba o grao de adianto alcanzado.303 Non temos máis referencias a outras accións deste tipo, pero non podemos descartar que se realizasen. Nos parágrafos anteriores xa se puxo de manifesto que dentro dos cultivos de horta adquiriu especial importancia a cebola (polo de agora non podemos precisar máis sobre o resto dos cultivos hortícolas) en relación a que non se producía só para consumo interno senón que se exportaba a Sudamérica, especialmente a Cuba. Aínda que dispoñemos de escasas referencias cualitativas sobre este fenómeno, estas son abondo significativas da súa importancia. Atopamos referencias illadas de saídas de cebola xa desde principios do XIX e de novo temos a mesma noticia a mediados de século de acordo con Labrada e os

300 Peña Novo: “El problema agrario en Betanzos...” en Obra completa op cit pax. 147-149. 301 José López Otero: Libro de la agricultura regional, Tip Galicia Nueva, Vilagarcía, 1932, pax. 114-115 e 94. 302 Fernández Prieto: A granxa agrícola experimental... op cit pax. 74-75. 303 PM 1907, pax.237.

150

informantes de Pascual Madoz.304 En calquera caso parece que o cultivo intensificouse ao longo da segunda metade do século gracias ao retroceso do viñedo e a que se beneficiou das mesmas vantaxes que o resto dos cultivos de horta, aínda que non estivo exento de fluctuacións. A exportación de Pontevedra viviu a súa etapa álxida na segunda metade do XIX decaendo algo o cultivo a finais de século de acordo con Fernández Soler.305 Segundo o enxeñeiro provincial a exportación, que non o cultivo, entrara xa en franco retroceso á altura de 1910 “estando actualmente limitada la producción al consumo de la provincia y a una pequeña cantidad de 2000 Qts. métricos aproximadamente que se exportan a los puntos citados”(Cuba, Filipinas e Arxentina).306 O seu lugar foi rapidamente ocupado pola provincia da Coruña, especialmente no norte, feito do que temos abundantes referencias. É preciso resaltar que non se trataba en ningún caso dun fenómeno comparable a da exportación de gando vacún, aínda que nas zonas que se especializaron neste cultivo debeu xogar un papel similar. A exportación realizábana pequenos comerciantes do tipo do que nos describía José López Otero, queixándose Hernández Robredo de que o problema fundamental era que os exportadores actuaban illadamente polo que resultaban superados pola competencia valenciana. De feito parece que foi A Coruña a que abriu o mercado: “Este cultivo data de antiguo en dicha provincia pues en una estadística de 1871 vemos que la provincia que más exportó fue aquella, aunque luego la provincia levantina la haya superado muchísimo”.307 Mentres a cebola coruñesa seguiu exportando ao seu mercado tradicional, o cubano, a valenciana abriuse a mercados de maior rendibilidade como o inglés. Posiblemente isto provocou unha lixeira contracción nas exportacións á altura dos anos vinte como indica Hoyos y Sainz308. Descoñecemos cómo lle debeu influír outros problemas internacionais como a crise do vintenove, mais Peña Novo era ese mesmo ano profundamente pesimista co futuro da exportación de cebolas: “el peligro seguramente se convertirá en lastimera realidad, cuando el próximo otoño veamos pudrirse los depósitos de cebolla en nuestros puertos”.309

304 Juan Lucas Labrada: Descripción económica del reino de Galicia, ed. de Francisco Rio Barja, Galaxia, Vigo, 1971. Pascual Madoz: Diccionario geográfico estadístico-histórico de España y las provincias de ultramar, Madrid, 1845-50, 16 vols. Sobre a importancia destos cultivos ver por exemplo as voces adicadas as parroquias de Soutomaior e Arcade (Pontevedra). 305 Pontevedra... op cit pax. 168. 306Ministerio de Fomento. Dirección General de Agricultura Minas y Montes: Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de árboles y arbustos frutales, raices, tubérculos y bulbos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1910, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1913. 307 El Progreso agrícola y pecuario, 1930, pax.849. 308 España agrícola...op cit pax. 61. 309 El Pueblo Gallego 26-VI-1929 en Obra Completa op cit pax.907.

151

CADRO 15. Superficie do cultivo de cebolas.(Has.)

ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1910 703 220 220 900 2043 1922 620 500 290 700 2110 1926 161 198 280 920 1559 1927 178 205 291 960 1634 1928 318 183 250 915 1660 1929 620 1780 237 900 3537 1930 625 81 174 915 1795 1931 1207 81 46 895 2229 1932 752 81 44 895 1772 1933 769 90 56 802 1717 1934 705 85 59 802 1651 1935 698 85 59 802 1644 FONTE: Para 1910 en Ministerio de Fomento. Dirección General de Agricultura Minas y Montes: Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de las plantas hortícolas e industriales. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1911, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. Para 1922 o Avance estadistico...1922, op cit. Os datos de 1929 a 1935 nos AEPA de cada ano. Moito máis difícil resulta coñecer a importancia cuantitativa do cultivo como se pode apreciar no Cadro 15. As cifras mostran incoherencias que non nos permiten un achegamento minimamente razoable. O feito de ser un cultivo de pequenas extensións dificultaría en extremo a recollida de datos que, como sabemos, facíase por aproximacións. Aquí afectaría en extremo a inexistencia dun catastro. Ademais só temos datos a partir de 1910 e os criterios non se mantiveron uniformes. Antes de 1929 só aparece a superficie total de cebola e a producción. A partir desa data en dúas provincias, A Coruña e Lugo diferénciase entre cultivo de cebola en horta e cultivo de cebola sen máis (supoñemos que formando parte das rotacións). Sen embargo non está claro que o criterio fose exactamente ese, xa que toda a producción de Ourense e a de Pontevedra aparece fora dos cadros hortícolas o que non coincide coas nosas referencias. Optamos por ofrecer as cifras totais considerando que toda a producción é hortícola. Isto pode supoñer algún erro, pero as cifras non permiten outra cousa. Polo demais parece que temos unha forte infravaloración dos datos, especialmente en Lugo e Ourense nos anos trinta xa, que nestas provincias a producción era predominantemente para o autoconsumo preto das casas labregas e non parece que esas exiguas superficies puidesen manter a producción necesaria. Para A Coruña as variacións son tan grandes que non resulta fácil aventurar unha cifra, aínda que considerando como punto de partida esas 700-750 Has, dos anos trinta podemos afirmar que non se afastarían da realidade (sen excluír unha posible infravaloración tendo en conta a reducción da superficie cultivada de viñedo no XIX no norte da provincia). Os datos non permiten ir moito máis alá pero podemos rexeitar a reducción do espacio do total galego que nos ofrecen as cifras entre 1910-1935 tendo en conta a puxante importancia deste cultivo.

152

Cadro 16 Rendementos do cultivo de cebolas (Qts./Ha.).

ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1910 118 200 250 105 135,3 1922 140 150 63 105 120,2 1926 107,7 186,4 60,9 130 122,5 1927 151,4 199 66 130 129,6 1928 130,3 163,9 200 123,6 141,3 1929 153,6 195 170 118,4 166,6 1930 149,1 250 190 114 139,8 1931 127 190 180 110,5 123,8 1932 150 195 170 106 130,3 1933 157 200 178,6 97,1 132 1934 130 200 143,2 87,5 113,4 1935 128 200 157,5 89,4 113,9 FONTE: Para 1910 en Ministerio de Fomento. Dirección General de Agricultura Minas y Montes: Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de las plantas hortícolas e industriales. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1911, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. Para 1922 o Avance estadistico...1922, op cit. Os datos de 1929 a 1935 nos AEPA de cada ano. No que se refire aos rendementos (CADRO 16) os problemas son similares. Non parece moi crible que os maiores rendementos se desen na provincia de Lugo. Aínda considerando que parte da producción de exportación proviña do litoral lugués, sabemos que as melloras introducíronse antes pola Coruña polo que non parece probable que existisen na realidade esas diferencias que hai coa Coruña e sobre todo con Pontevedra. Temos dúas estimacións alternativas de dos bos coñecedores da agricultura galega e que son coherentes entre si. Valeriano Villanueva ofrécenos uns rendementos medios de 400-500 Qts. métricos para 1910 e Hernández Robredo de 450-530 en 1930.310 Evidentemente son estimacións moi altas en relación coas oficiais, pero hai que ter en conta que están a falar dos rendementos nas zonas de cultivo intensivo destinado á venda, e non de toda Galicia, e que están a falar dunha realidade que coñecen moi ben e directamente. Ademais nalgún caso, e desde logo na Coruña, case toda a producción provincial sería deste tipo. Malia a todo, tanto unhas cifras como outras desmenten as exiguas cifras de 2000 Kgs/Ha. que daba Álvarez Muñiz e que foron aceptados ata o de agora pola historiografía.311

310 Organización del cultivo... op cit pax.65 e El Progreso Agrícola y pecuario, 1930, pax.848. 311 El Progreso Agrícola y Pecuario, 1901, pax.551-552.

153

Cadro 17 Superficie de plantas hortícolas (Has.).

ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1910 3771 3103 3665 3020 13559 1922 4084 3500 3856 2902 14342 1929 6335 5795 4169 1468 17767 1930 6281 1783 2239 1483 11786 1931 7683 1800 641 1443 11567 1932 7758 1534 529 1279 11100 1933 7960 1809 646 1338 11753 1934 7912 1830 644 1258 11644 1935 7866 1804 735 1327 11732 FONTE: Para 1910 en Ministerio de Fomento. Dirección General de Agricultura Minas y Montes: Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de las plantas hortícolas e industriales. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1911, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. Para 1922 o Avance estadistico...1922, op cit. Os datos de 1929 a 1935 nos AEPA de cada ano. No que se refire aos datos de superficie cultivada do total das plantas hortícolas, os datos non son mellores (Cadro 17). A variación dos criterios de elaboración foi constante en todo o período. En 1910 só se inclúen 15 productos na provincia de máis variedade que é A Coruña (mais a cebola e o allo que incluímos nos). En 1922 xa son 16 e en 1929 19 incluíndose xa parte da producción de cebolas e allos. Por outra banda a variación interanual dos distintos productos é enorme, con diferencias de centos de hectáreas ou a desaparición de productos dun ano a outro. Isto é especialmente problemático cando os propios enxeñeiros redactores dos anuarios indicaban que o cultivo hortícola era bastante estable e que sufría poucos cambios. Ademais temos un problema engadido á hora de calcular a superficie total de horta xa que non coinciden na maioría dos casos os totais ofrecidos pola JCA nos resumos de superficie coa suma dos distintos cultivos. Optei por ofrecer os totais das sumas aínda sendo consciente de que é un procedemento irregular. Sabemos que o cultivo era intensivo e que as rotacións complexas eran frecuentes. O problema é que os totais ofrecidos pola JCA non sempre son inferiores o total da suma, como sería lóxico pensar senón que ás veces son superiores e ás veces inferiores. Ante este feito a solución de ofrecer as hectáreas totais é un mal menor xa que a outra opción parece non ter ningunha garantía.312 Tamén optamos por engadir o total dos cultivos de cebola e allo polas razóns referidas anteriormente. Polas mesmas razóns habería que engadir a superficie de pataca de horta, que tiña unha extensión importante de acordo coas afirmacións dos enxeñeiros nos anuarios. O problema é que estas extensións só aparecen diferenciadas en moi poucas provincias e desgraciadamente en ningunha das galegas, polo que non se pode facer. Queda aquí simplemente como un feito, que sabemos que existía, pero que non podemos cuantificar.

Non imos facer ningunha interpretación sobre os datos do cadro xa que non dubidamos de que as diverxencias coa situación real eran moitas. De novo parécenos difícil aceptar unha reducción na superficie de horta dese calibre neses anos. Tamén é dificil de aceptar unha diferencia tan grande entre os datos da Coruña e os das outras provincias, que se fundamentan ademais nas 4000-5000 Has. que se indican na serie das coles e repolos. Aínda que de acordo cos datos cualitativos entra dentro do probable que 312 As cifras podénse ver en GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

154

na Coruña a superficie de horta fose maior que nas outras tres provincias non é crible que a diferencia sexa desa magnitude. O que si está claro é que a importancia dos cultivos hortícolas na Galicia posterior á crise foi moi grande non tanto polo seu volume cuantitativo, que podemos aceptar que era pequeno aínda que maior do que di a estatística, senón fundamentalmente polo dinamismo que indica e polo seu carácter de produccións con unha marcada vocación mercantil.

155

II.5. AS DIFICULTADES ESTATÍSTICAS PARA A ANÁLISE DA GANDERÍA O feito de que o sector gandeiro fora cando menos dende mediados do século XIX o elemento máis directamente comercializable das produccións agrarias galegas fixo que dende a historiografía se lle adicase especial atención. Non hai sen embargo ata comezos dos anos trinta en dous dos AEPA auténticas estatísticas da producción gandeira, e estas son parciais. O que si hai, e dende mediados do século XIX, son censos gandeiros a partir dos que, e en conexión cos datos dos anos trinta, o GEHR reconstruíu a producción gandeira para as distintas provincias do Estado. Neste apartado imos a ocuparnos precisamente da crítica dos censos gandeiros en tanto que de eles depende a fiabilidade da reconstrucción da producción gandeira. Orientarémolo en dúas direccións. Por un lado na crítica da posibilidade de que se poidan construír estatísticas totalmente completas da producción agraria nestas datas e por outro na consideración de que a gandería (fundamentalmente o vacún) é un dos elementos directores do sistema agrario galego. Afortunadamente existe sobre este tema unha abundante bibliografía que permite achegarse a el con máis seguridade que no que se refire á evolución de superficies e produccións agrícolas. Non faremos agora, sen embargo, consideracións sobre outros aspectos distintos dos meramente estatísticos, debido precisamente a que este tema foi tratado en extenso, o que non quere dicir que non os teñamos en conta.313 Se, como vimos, as estatísticas agrícolas presentan múltiples deficiencias a situación das estatísticas gandeiras é aínda peor, dándose ademais neste caso un claro consenso historiográfico. O GEHR deixa ben sentado, na súa análise das estatísticas agrarias, que son con diferencia as peores de todo o sector314. Como indicamos so existen datos das produccións gandeiras para os anos da segunda república e con anterioridade unicamente dispoñemos dos censos gandeiros, é dicir, de recontos do número de cabezas, para aproximarnos á evolución da gandería, que presenta múltiples problemas. Compre considerar a sistematización destes que fai o GEHR antes de utilizar as cifras. Dos vinte censos gandeiros existentes entre 1865 e 1933 catorce consisten exclusivamente nun cadro co número de exemplares de cabalar, mular, asinino, vacún, ovino, caprino e porcino. Os censos de 1865, 1917, 1920, 1924, 1929, e 1933 fornecen outras informacións sobre idade, sexo, sementais, femias de ventre e función productiva, pero non en todos se ofrece a mesma información, nin se aplican os mesmos criterios nin, sobre todo, se ofrece información sobre as razas. Estes seis censos son os únicos nos que se explícita que se incluían as crías no reconto mentres que nos demais non se aclara este punto, aínda que hai razóns para supoñer que non en todos se contabilizaron. Este dato é de capital importancia para a posibilidade de realizar comparacións, igual que a data na que se facía o reconto, da que só temos informacións para tres dos censos: o de 1865 (o 25 de Setembro), o de 1929 (o 30 de Maio) e o de 1933 (o 15 de Maio). Por último os censos foron realizados por distintos organismos. O Servicio Agronómico do Ministerio de Fomento realizou 16, A Junta General de Estadística o de 1865, a Asociación General de Ganaderos del Reino o de 1908 (co obxectivo de deixar en evidencia as estatísticas oficiais) e o Servicio de Higiene y Sanidad Pecuaria os de 1918 (ese ano hai tamén do servicio agronómico), 1921 e 1925.

313 Antonio Bernárdez Sobreira está preparando unha tese monográfica sobre a gandeiría. Un primeiro avance en “Os atrancos do sector pecuario galego no contexto da construcción do mercado nacional español, 1900-1921”, Documentos de Traballo, IDEGA, Historia 7, 1998, pp.2-47. 314 GEHR: Estadísticas históricas... op cit paxs. 79-92.

156

Como indica oportunamente o GEHR este dato ten relevancia xa que se constata que hai diferencias substanciais entre os datos dunha e doutras institucións315. Os problemas considerados indican ben ás claras que hai que tomar estes datos con moito coidado. De feito xa na época de elaboración das estatísticas foron moitas as voces que criticaban a fiabilidade destas considerando que infravaloraban sistematicamente a realidade, dato que parece confirmado pola historiografía. No caso galego as cifras dos censos gandeiros foron criticadas inicialmente por Xosé Manuel Beiras nos anos sesenta, crítica que foi confirmada por traballos posteriores316. Aínda que Beiras só considera os datos desde 1929 achega elementos de crítica interesantes incidindo nos aspectos comentados arriba, pero co interese de que os fai extensivos ás datas máis recentes da estatística agraria na que a capacidade dos servicios oficiais debería ser maior. Neste senso fornece un elemento de comparación, aínda que desgraciadamente moi recente do ano 1960, que permite xulgar o grao de ocultación dos datos. Fai unha comparación do censo da provincia de Lugo cunha información do Servicio de Veterinarios que resulta significativo en tanto que os veterinarios debían coñecer mellor a situación xa que estaban máis en contacto coa realidade. CADRO 18 NÚMERO DE CABEZAS EN LUGO, 1960

Especies Servicio Veterinario

Censo

Vacún 425000 234000 Porcino 550000 288000 Cabalar 20000 12000 Mular 4000 2000

Asinino 6000 7900 Ovino 190000 170000

Caprino 95000 36000 Coellos 180000 ---

Abelleiras 300000 32000 Avicultura 660000 634000

Fonte: Xosé Manuel Beiras Torrado: El problema del desarrollo en la Galicia rural, Galaxia, Vigo, 1967, pax. 81-87. No cadro 18 queda ben clara a enorme ocultación, especialmente no que se refire ao vacún e ao porcino, que son ademais as produccións gandeiras fundamentais en Galicia. No que se refire aos datos históricos que nós manexamos, a historiografía, os economistas e os xeógrafos tamén rexeitan case unanimemente a súa utilización, recomendando fontes alternativas para o estudio da evolución da cabana de vacún (a de maior importancia en Galicia). Xan Carmona criticou convincentemente a veracidade dos datos de 1891 por considerar que non é posible que entre 1865 e esa data se producise un descenso tan avultado, sobre todo tendo en conta que na segunda metade do XIX a exportación de vacún está a vivir un momento expansivo317.

315 Ibid pax.83. 316 Xosé Manuel Beiras Torrado: El problema del desarrollo en la Galicia rural, Galaxia, Vigo, 1967, pax. 81-87. 317 Xan Carmona Badía: "Sobre as orixes da orientación exportadora na producción bovina galega. As exportacións a Inglaterra na segunda metade do século XIX", Grial, Anexo I, Historia, 1982 Pax. 196-198. Tamén Xan Carmona Badía e Leonor de la Puente: “Crisis agraria y vías de evolución ganadera en

157

Aínda que o censo de 1865 tampouco é fiable, todos os datos apuntan a que o é por defecto318. Bouhier chega a esa conclusión despois de facer unha análise ao nivel do partido xudicial e contrastando as cifras do censo con informacións cualitativas, atopando un desfase entre o 25 e o 30% de infravaloración319. En calquera caso esta infravaloración seguiríase perpetuando nos censos dos primeiros anos do século XX tal e como se desprende do cadro 19., que amosa ben ás claras a magnitude da ocultación dos datos galegos. Os datos do cadro presentan variacións inexplicables e cifras que, a pouco que recorramos á publicística da época resultan inaceptables. Especialmente no caso de Pontevedra resulta pouco crible o comportamento estático da cabana, sen á penas crecemento entre 1891 e 1933. Nesta provincia e na de Ourense atopamos variacións de preto de cen mil cabezas dun ano a outro. En Lugo e na Coruña os saltos entre 1913 e 1915 e entre 1918 e 1920 respectivamente son demasiado grandes como para atribuílos a transformacións reais. Diversos autores fixeron estimacións que corrixen á alza os números do censo. Cosme Fernández Soler rexeitaba en 1890 a posibilidade de que se producise unha reducción na cabana en Pontevedra desde 1865 cando a tendencia provocada polo desenvolvemento das exportacións a Inglaterra era precisamente a contraria:

“Dichas cifras (as do censo de1865) no aparecen aumentadas en los últimos años y este hecho es inexplicable y solo debido a las ocultaciones, pero nunca a la verdad de las cosas, practicamente comprobadas en sus detalles que arrojan progresivos aumentos, especialmente en el ganado vacuno (...) aunque solo 70534 contribuyentes, la mitad que arrojan los repartos , tuviesen la yunta de bueyes que es consiguiente a todo mediano labrador, más una vaca y dos terneros de cría, como es costumbre en el pais entre las gentes que tienen pan para el año, como suele decirse, vendríamos a sumar 353670 cabezas de ganado en vez de las 174142 que como un sarcasmo nos muestra la estadística.”320

Galicia y Cantabria”, en Ramón Garrabou (ed.) La crisis agraria de fines del siglo XIX, Crítica, Barcelona, 1988, pax.195-198. 318 Lourenzo Fernandez Prieto: "Notas sobre a gandeiría de Galicia na segunda metade do século XIX", en Humanitas. Estudos en Homenaxe ó profesor Carlos Alonso del Real, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1996, pax.699, nota 10. Antonio Bernárdez Sobreira: “A evolución do sector pecuario na Galicia contemporánea: especialización productiva e especialización na sociedade rural (1865-1996)”, en Mª del Pilar Torres Luna, Rubén C. Lois González e Pegerto Saavedra (Eds.) Espacios rurais e sociedades campesiñas, USC, Santiago, 1998, pax. 374, nota 12. 319Abel Bouhier: La Galice... op cit pax. 1207-1208. 320 Cosme Fernández Soler: Pontevedra: Sus producciones agrícolas, Imp. de Vda. e Hijos de Madrigal, Pontevedra, 1890, pax. 56-57.

158

CADRO 19 CABEZAS DE VACÚN EN GALICIA, 1865-1933.

ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1865 257739 174828 156845 174142 763554 1891 169480 120793 85958 73531 449762 1906 162843 135940 149063 83637 531483 1907 168680 137693 150263 83629 540265 1908 209385 186623 115641 94644 606293 1909 205435 190450 153159 96394 645438 1910 212299 200997 186998 109500 709794 1911 216198 203200 192081 112800 724279 1912 213957 210900 181440 112800 719097 1913 216576 241703 195921 113900 768104 1915 369966 245258 176340 115100 906664 1916 384332 245118 173398 115300 918148 1917 384336 245118 138892 115931 884277 1918 383564 259500 201812 116131 961007 1920 396165 423495 83984 118022 1021666 1921 494274 359016 200529 206908 1260727 1924 413501 399994 101829 118175 1033499 1925 476638 369026 201643 208735 1256042 1929 351727 519332 164997 111499 1147555 1933 370702 449240 208569 91148 1119659

Fonte: GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Tanto nas cifras de vacún como nas outras especies hai diferencias coas cifras de Barreiro Gil: Prosperidade e Atraso... op cit pax.92. Optamos polas cifras do GEHR porque abarcan todos os censos da época e ofrecen os datos por provincias mentres que Barreiro Gil só dá os totais galegos. Pola súa parte na contestación ao interrogatorio da crise agrícola o Consejo Provincial de Agricultura Industria y Comercio de Pontevedra tampouco aceptaba xa como válidos os datos de 1865 (ó contrario que a Sociedad Económica de Amigos del Pais que os copia tal cual) dando unha estimación ben diferente á que ofrecerá en 1891 no Avance (non hai que esquecer que o autor dos datos de 1891 é o enxeñeiro secretario do Consejo) e que, sen ser tan alta como a que ofrece Fernández Soler, mostra unha tendencia máis acorde co que coñecemos da expansión da cabana gandeira galega que o censo de 1891: 192000 cabezas de vacún, 125000 de porco, 355000 de ovino, 11000 de cabalar, 7000 de mular, 2000 de asinino e 58000 de cabrún. En calquera caso salvo no vacún as variacións cos datos de 1865 son mínimas parecendo aínda demasiado baixa.321 No século XX multiplicaranse as críticas da publicística sobre a fiabilidade das cifras oficiais, procedendo de agraristas tan recoñecidos como Valeriano Villanueva, Rof Codina ou Peña Novo. Este último chegou en 1918 a estimar a cabana en torno aos dous millóns de cabezas (vacún) considerando que non habería menos dunha vaca por

321 La crisis agrícola y pecuaria: Actas y dictámenes de la comisión creada por real decreto de 7 de Julio de 1887 para estudiar la crisis por la que atraviesa la agricultura y la ganadería. Tip. Sucesores de Rivadeneira, Madrid, 1887-1889. Tomo V, pax. 483.

159

habitante.322 A pesar do esaxerado da estimación resulta significativo e non sería descavillado que a realidade se achegase máis á cifra de Peña Novo que ás oficiais. As estimacións de Valeriano Villanueva e Rof Codina son máis matizadas e sobre elas e a súa propia corrección dos datos de 1865 elaborou Abel Bouhier unha estimación do crecemento do vacún no período que analizamos. Villanueva consideraba extremadamente difícil coñecer con seguridade o volume da cabana de vacún, afirmando a total imposibilidade de coñecer o número aproximado de cabezas das outras especies. A estimación para o vacún (1918) faina seguindo o mesmo método que Fernández Soler, calculando 300000 familias labregas (mais 50000 que conta como as que non posúen gando), catro por familia e un total de 1200000 cabezas (700000 vacas, 350000 xatos e 150000 bois). Hai que remarcar que el mesmo aclara que é un cálculo moi aproximativo pero considera que non hai posibilidade de achegarnos máis á realidade.323 A estimación de Rof Codina en 1916 é máis baixa, 1048000 (e lixeiramente superior á cifra que dá el mesmo tamén para 1916 e que é a que toma Barreiro Gil, de 918148), e máis semellante ás cifras oficiais. Bouhier colle unha cifra intermedia de 1100000 cabezas en 1910-15 e, proxectando a diferencia entre as cifras oficiais e a estimación, de 1400000 para 1930-36. Desta forma marca un crecemento na cabana do 10 ao 20% entre 1865 e 1910 e do 25% entre 1910 e 1932.324 A estimación parece razoable e coherente co que sabemos do comportamento do sector e por iso a incluímos como hipótese de traballo, pero non hai que esquecer que non é máis que unha estimación que debemos tomar con sumo coidado. Non resultaría imposible, considerando as estimacións de Fernández Soler e Peña Novo (e mesmo Villanueva) que aínda fora algo baixa. Un argumento que reforza as críticas ás cifras oficiais e a validez das estimacións anteriores témolos nos datos de comercialización no período. O único argumento que podería xustificar un descenso da cabana entre 1865 e 1891 estaría no brusco descenso e posterior desaparición das exportacións a Inglaterra á altura dos anos oitenta do século pasado.325 Sen embargo, como demostraron Xan Carmona e Leonor de la Puente, non foi ningún tipo de problema interno o que provocou o descenso das importacións, senón a competencia do gando americano, que era moito máis barato.326 De feito a rápida reorientación cara ao interior da península, facilitada pola apertura do camiño de ferro, non tardará moito en chegar. As primeiras cifras de transporte por camiño de ferro, ademais fragmentarias, que temos, fálannos, por un lado da capacidade de adaptación da rede de tratantes e intermediarios, e, por outro, de que non se producira, en efecto, ningunha desfeita dos efectivos de vacún. Así, se o ano de máximas saídas de vacún a Inglaterra, 1882, exportáranse 33383 cabezas, en 1902 as saídas por camiño de ferro foron de 45784, en 1903 de 62850 e en 1905 xa 71136, e hai informacións de que na década dos noventa as vendas xa eran de importancia.327

322 Lois Peña Novo: Obra completa... op cit pax. 144. 323 Valeriano Villanueva: Organización del cultivo... op cit pax. 310-312. 324 Abel Bouhier: La Galice... op cit pax. 1216-17. 325 Ver as cifras en Carmona: “Sobre as orixes...” op cit pax. 175. 326 “Crisis agraria...” op cit pax. 192. 327 Carmona: “Sobre as orixes...” op cit pax. 194.

160

As cifras de comercialización para o primeiro tercio de século, baseadas no transporte por camiño de ferro cara ao interior da península tamén parecen máis acordes cun comportamento expansivo da cabana,xa que marcan un considerable aumento entre 1907 e 1932. De acordo cos datos de Ramón Villares.328 parece máis probable que un ritmo de crecemento tan alto se sostivese con unha cabana en expansión antes que en estancamento ou en lixeiro retroceso nos anos vinte e trinta, como sería de aceptar as cifras oficiais. Non hai que esquecer que o vacún tiña en Galicia unha plurifuncionalidade e que xogaba un papel fundamental na reproducción do sistema agrario. Non era nin podía ser un sector especializado que fose á marxe do comportamento dos outros elementos do sistema. En calquera caso, e de aceptar as estimacións de Bouhier, o crecemento da cabana sería algo inferior ao crecemento da comercialización (entre o 30 e o 35% no período considerado fronte ao 25% das cifras de Bouhier) o que tampouco sería de estrañar xa que non podemos nin pretendemos facer unha asimilación lineal entre as dúas variables.329 Xunto coa importancia mercantil do gando vacún e en directa relación con esta, hai outro factor que explica o crecemento dos efectivos como é o proceso de mellora xenética desenvolvido no primeiro tercio de século. Este proceso, ben estudiado por Lourenzo Fernández Prieto desembocou na formación da raza rubia galega tal como a coñecemos hoxe por medio de cruzamentos coa raza suíza Simmenthal.330 De acordo con estes datos, só na provincia da Coruña cubriríanse entre 1905 e 1939 unhas 156000 reses (paradas oficiais da granxa da Coruña e dos campos de demostración sen incluír a acción individual). A nova raza presentaba considerables vantaxes sobre as existentes no país: maior precocidade dos xatos e mellor rendemento cárnico, aumento do peso medio do gando entre 1904 e a posguerra de acordo cos datos dos técnicos máis que coas cifras oficiais.Este último dato alértanos sobre os cálculos excesivamente simples que transforman os datos dos censos en producción de carne ou os cálculos baseados en peso vivo, xa que parece claro que non son variables estáticas neste período. Como elemento negativo dos cruzamentos Fernández Prieto indica o feito de que os exemplares novos eran menos axeitados para o traballo que as razas existentes. En calquera caso o cambio resultou positivo e os mesmos enxeñeiros tiveron en conta este factor de tanta importancia para o labrego á hora de elixir a raza para cruzar aínda que primando o rendemento cárnico. No que se refire ao resto dos compoñentes da cabana gandeira as fontes estatísticas presentan aínda máis dúbidas sobre a súa fiabilidade. O coñecemento cualitativo que temos é ademais moi escaso, xa que a historiografía non lle prestou aínda demasiada atención a este problema e a publicística da época tampouco é moito máis explícita debido á súa menor relevancia en relación ao vacún. Aínda así, non podemos negar a importancia doutros continxentes, especialmente o porcino, senón no ámbito da comercialización si no do seu papel no funcionamento da economía galega. En efecto, o porcino era un elemento clave na economía familiar, debido o seu papel na alimentación campesiña e tamén se comercializaba a Portugal e ao interior da península 328 As cifras en Ramón Villares: Anexo estadístico a La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Departamento de Historia Contemporánea, USC, Santiago, 1982, pax. 197. Trátase dunha serie elaborada por Juan Rof Codina. Sobre a fiabilidade da fonte ver: Villares La Propiedad... op cit pax... 371-382. 329 Sobre outros aspectos da comercialización como os problemas derivados das tensións entre intermediarios e agrarismo cooperativista e entre as zonas productoras e os mercados de recepción non nos imos ocupar por quedar xa claramente fora do noso traballo. Sobre este tema ver o artigo citado de Antonio Bernárdez e o libro de Alberte Martínez López: Cooperativismo y transformaciones... op cit. 330 Fernández Prieto: Labregos... op cit pax.259-287.

161

no XIX e no XX aínda que en cantidades moito máis pequenas e con menos constancia.331 Tamén sofre un similar proceso de mellora xenética como o vacún no primeiro tercio de século.332

CADRO 20. CABEZAS DE PORCINO EN GALICIA, 1865-1933.

ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1865 120447 160952 182415 124765 588579 1891 92006 108263 72227 32581 305077 1906 85838 118255 95848 38244 338185 1907 77270 119326 97056 38244 331896 1908 118111 192858 126067 41769 478805 1909 116014 216000 106609 414000 480023 1910 118852 288550 127939 55500 530841 1911 122646 242100 134767 59300 558813 1912 126290 225300 126160 59300 537050 1913 130598 257378 138808 61000 587784 1915 164190 358228 135810 63600 721828 1916 138388 359444 134449 63400 695681 1917 138376 359444 121018 72820 691658 1918 138675 560200 210368 72760 982003 1920 139193 374894 101590 72188 687865 1921 266294 429555 204572 137936 1038357 1924 148371 175000 92333 73222 488926 1925 271578 329880 200421 147372 949251 1929 148872 492225 107050 81471 829618 1933 257674 717710 158864 80072 1214320

Fonte: GEHR: Estadísticas históricas... op cit. Sobre a súa importancia cuantitativa as cifras do cadro 20.son indicativas, a pesar de que sobre a súa fiabilidade temos tantas ou máis dúbidas que no caso do vacún. Aínda que neste caso só podemos facer unha crítica interna dos datos, esta é bastante reveladora. Atopamos demasiadas coincidencias coa serie do vacún como para que respondan a unha situación real. Non só no caso da baixa entre 1865 e 1891 pouco verosímil, senón nas fluctuacións, case idénticas (de preto de cen mil cabezas tanto para o vacún como para o porcino), que atopamos en Pontevedra e Ourense entre os anos 1918 e 1929. No caso do porcino non dispoñemos de estimacións que nos permitan corrixir a fonte polo que non nos imos arriscar. Coincidimos neste punto co GEHR cando critica a corrección de datos sen estar baseadas en afirmacións precisas e contrastadas.333 Como hipótese de traballo podemos considerar unha tendencia alcista entre 1865 e 1936 como a propia fonte, liberada das fluctuacións, indica, pero sen

331 Fernández Prieto: “Notas sobre a gandería...”, op cit pax.717-18. Tamén Juan Rof Codina: “La ganadería”, en F. Carreras y Candi: Geografía general del reino de Galicia, Alberto Martín, Barcelona, S/D. 332 Fernández Prieto: Labregos... op cit pax.303-307. 333 GEHR: “Notas sobre la producción...”, op cit, pax.186. Por suposto que se podería afirmar que a corrección efectuada para o vacún é subxectiva, pero penso que cando menos a tendencia (non a cifra concreta) está suficientemente contrastada.

162

precisar máis no estado actual da investigación sobre a magnitude da tendencia ou sobre a infravaloración das cifras oficiais. No resto das produccións rexeitamos completamente os datos (aínda que ofrecemos os cadros correspondentes) en tanto que, ou ben atopamos fluctuacións incribles ou ben repeticións dos mesmos datos (ou con moi pouca variación) durante anos seguidos, o que nos fai pensar que nestes casos nin sequera se facía o reconto moitas veces, senón que se repetían os datos xa dispoñibles (no caso do vacún e do porcino pasa o mesmo nalgúns anos illados, pero non é tan esaxerado). A importancia, tanto cuantitativa como cualitativa, destas produccións é moito menor, exceptuando o ovino, o que podería en certa parte explicar que se lles prestase menos atención. Un último aspecto por tratar é o das cifras de producción dos distintos esquilmos gandeiros que son a base para elaborar esta parte do producto agrario. O feito de que só existan desde 1929 levou ao GEHR a elaborar estimacións mediante coeficientes que relacionen a producción co número de cabezas.334 O traballo feito polo GEHR neste senso é enorme pero non está libre de críticas. Primeiro relaciónase a producción de carne, leite e la que corresponde a cada tipo de gando co seu número de cabezas en 1929 (diferenciando sexos e idades) e logo extrapólase ese coeficiente aos censos de 1891, 1905, media de 1908 a 1912 e 1921. Tendo en conta o visto ata agora das estatísticas gandeiras, os problemas do método saltan á vista. Por un lado a composición interna de cada especie non aparece en todos os censos o que obriga a facer novas estimacións. Como vimos o tamaño medio é unha variable que non permanece estática polo que a extrapolación do coeficiente de 1929 resulta nun resultado que infravalora o crecemento. A pesar de todo a todo a obxección máis importante é a que xorde da propia crítica dos censos realizada anteriormente. Se rexeitamos a validez destes, evidentemente temos que facelo tamén con estimacións que partan dos datos criticados. Isto non nos impide facer conxecturas. A reestimación do número de cabezas de vacún e as cifras de comercialización fálanos dun importante crecemento tanto do producto gandeiro como da súa participación no producto agrario total. Pódese indicar que este dato confirmaría as estimacións do GEHR, pero non é o mesmo indicar unha tendencia que asignarlle un determinado valor numérico.

334 "Notas sobre la producción..." op cit pax.187-202.

163

CADRO 21. CABEZAS DE OVINO EN GALICIA. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1865 453867 387877 339959 354601 1536304 1891 104147 136512 105303 42201 388163 1906 98423 146349 123092 44091 411955 1907 100372 148010 123621 44083 416086 1908 124245 242750 180185 47946 595126 1909 125962 265330 131803 49300 572395 1910 124273 258540 138398 44900 566111 1911 119416 257800 139971 47900 565087 1912 115783 256400 131620 47900 551703 1913 108295 213339 141371 50500 513505 1915 104515 200220 139317 52400 496452 1916 98932 200220 137918 52300 489370 1917 63142 200220 124371 49975 437708 1918 63400 200300 122784 49610 436094 1920 61483 161596 85826 49825 358730 1921 89491 93310 120564 38490 341855 1924 86415 141000 100053 50040 377508 1925 69215 99312 125416 49694 343637 1929 68858 332732 246574 52996 701160

1933 68094 334300 287186 52340 741920 Fonte: GEHR: Estadísticas históricas... op cit. CADRO 22. CABEZAS DE CABALAR EN GALICIA. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1865 40075 20805 7225 10789 78894 1891 25565 11305 3716 3928 44514 1906 17447 17417 5378 5883 46125 1907 17110 17668 5416 5599 45793 1908 30875 17784 5908 6203 60770 1909 29824 22898 5599 6013 64334 1910 30823 22231 6141 7710 66905 1911 30704 23250 6619 8010 68583 1912 29897 24200 6440 8010 68547 1913 29337 15545 6687 8250 59819 1915 25525 17830 6447 8380 58182 1916 18961 17830 6377 8550 51718 1917 15229 17830 5475 9653 48187 1918 19038 17700 4558 9598 50894 1920 18802 25366 3964 9704 57836 1921 33459 20535 4216 12768 70978 1924 25270 29800 4819 9309 69198 1925 37417 25535 3862 10987 77801 1929 28745 19344 6728 8705 63522

1933 26816 18540 9173 7435 61964 Fonte: GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

164

CADRO 23. CABEZAS DE MULAR EN GALICIA. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1865 4605 4333 5370 6012 20320 1891 3863 2213 2463 1282 9821 1906 1219 6274 2464 1380 11337 1907 1205 6417 2458 1396 11476 1908 2844 4433 3896 1480 12653 1909 3985 7380 2836 1346 15547 1910 4320 6800 3157 1770 16047 1911 4394 7330 3340 1830 16894 1912 4261 8600 3280 1830 17971 1913 4058 2369 3409 1300 11136 1915 2561 2897 3312 1520 10290 1916 1328 2897 3270 1520 9015 1917 1014 2897 2805 1963 8679 1918 1548 2800 2500 1979 8827 1920 3002 1507 1781 2350 8640 1921 12618 1480 2121 2073 18292 1924 5768 14300 1866 2080 24014 1925 13159 10804 2421 1860 28244 1929 3038 4433 3785 1944 13200

1933 2971 3980 4906 1852 13709 Fonte: GEHR: Estadísticas históricas... op cit. CADRO 24. CABEZAS DE ASININO EN GALICIA. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1865 2222 1509 7322 1978 13031 1891 3250 1880 5443 823 11396 1906 3477 2893 4457 825 11652 1907 3413 3183 4577 848 12021 1908 3331 3911 8098 850 16190 1909 3496 4113 6135 954 14698 1910 4058 4361 7223 1020 16662 1911 3952 4430 7478 1055 16915 1912 3629 5100 7235 1055 17019 1913 3502 5558 7629 1105 17794 1915 3478 5859 8047 1115 18499 1916 3119 5859 7959 1110 18047 1917 3009 5859 7664 1737 18269 1918 2977 3050 7067 1771 14865 1920 3058 2677 6195 1997 13927 1921 7312 6495 6940 1974 22721 1924 4987 2920 6763 1718 16388 1925 7668 6495 7318 1689 23170 1929 3446 9623 13706 2384 29159

1933 4211 8160 17220 2288 31879 Fonte: GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

165

CADRO 25. CABEZAS DE CAPRÚN EN GALICIA. ANOS A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1865 76783 94045 80204 57199 308231 1891 10364 30885 31487 14840 87576 1906 9855 49979 38960 15426 114220 1907 10054 49818 38965 15423 114260 1908 29082 70046 66154 17562 182844 1909 28772 100780 50073 18200 197825 1910 28509 103730 52581 18400 203220 1911 27519 105200 55763 19100 207582 1912 25180 108200 54820 19100 207300 1913 22144 63214 56321 19900 161579 1915 19703 60190 56800 20700 157393 1916 18698 60190 56232 20800 155920 1917 17568 60190 50609 21550 149917 1918 16809 59500 46508 21555 144372 1920 15189 52105 35384 22885 125563 1921 34964 40673 44198 21573 141408 1924 23189 49500 37390 21970 132049 1925 29190 40673 45693 21761 137317 1929 27231 142911 104534 25810 300486

1933 26880 135570 128308 24268 315026 Fonte: GEHR: Estadísticas históricas... op cit.

166

167

II.6. OS USOS DO MONTE. A INSUFICIENTE INFORMACIÓN ESTATÍSTICA. II.6.1. As dificultades para construír unha estatística do monte. Os montes de Utilidade Pública. Todos os problemas considerados ata agora sobre a validez das estatísticas multiplícanse cando nos enfrontamos á análise dos datos dos productos do monte para o século XIX e XX. Neste caso ademais a historiografía tradicionalmente considerou as cifras sobre este sector como máis fiables que as do resto, con bastante máis unanimidade que no que se refire aos datos agrícolas e gandeiros335. A razón é, que para as produccións do monte, dispoñemos de fontes alternativas ás da JCA, como son ás cifras de producción e superficie dos montes públicos, levadas a cabo polos servicios forestais, das que podemos dispoñer ademais para mediados do século XIX algunhas informacións de superficie dos catálogos336. De feito a información sobre a totalidade dos montes que ofrece a JCA é escasa, abrangue moi poucos anos e ofrece moitas dúbidas sobre a súa validez.337. Pola contra a información dispoñible para a análise da producción dos montes públicos é máis completa, abrangue unha serie máis longa de anos e suponse que, ao tratarse dunha contabilidade realizada non cunha mera función estatística senón como instrumento de xestión sobre montes nos que os enxeñeiros de montes tiñan un control efectivo, a calidade dos datos ten que ser necesariamente maior.338 Estes datos foron explotados a fondo polo GEHR demostrando que esta asunción é correcta (non para Galicia), pero só en parte debido en gran medida a que o GEHR cae no erro de non diferenciar xeograficamente o substrato previo de utilización tradicional dos montes sobre o que se asenta a administración forestal española, de minusvalorar a historia non “estatística” deses montes e, como consecuencia, a non comprender o papel xogado polas comunidades rurais de determinadas zonas (concretamente a galega) nas posibilidades de actuación da administración forestal. O certo é que o coñecemento dos montes por parte da administración forestal ata o franquismo é moi escaso en Galicia como se comproba cunha análise da fiabilidade dos catálogos e dos plans de aproveitamento dos que dependía a estatística. Facer a crítica das estatísticas dos montes de UP é en gran medida facer a crítica da súa intervención nos mesmos.

Por outra banda esta situación non foi homoxénea en todo o Estado. O propio Grupo de Estudios de Historia Rural ten demostrado como o nivel de esforzos da administración dependeu sobre todo do interese económico que presentaba cada zona. Por riba das leis e dos proxectos, e sobre todo, das arelas conservacionistas dos enxeñeiros de montes a actuación administrativa centrouse naquelas provincias onde os productos comercializables tiñan máis importancia. Aínda que se falou moito, por parte

335 GEHR, Estadísticas históricas... op cit pax. 62 e ss. 336 Que para Galicia son sen embargo mui pouco fiables. Balboa, O monte... op cit pax. 101 e ss. 337 Dispoñemos de datos para 1905: Prados y pastos...1905, op cit; para 1912: Avance estadístico de pastos, prados y algunos aprovechamientos y pequeñas industrias zoogenas anexas. Resumen hecho por la JCA de las memorias de 1912 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914; para 1922: Avance estadístico...1922, op cit: e a partires de 1929 nos AEPA. 338 GEHR: “Más allá de la propiedad perfecta. El proceso de privatización de los montes públicos españoles (1859-1926)”, Noticiario de Historia Agraria, 8, 1994, pax. 99-152. GEHR:”Protección versus producción de los montes públicos españoles, 1860-1979”, memoria inédita, 1996. GEHR: Estadísticas históricas... op cit pax. 62-78.

168

dos enxeñeiros de conservación e repoboación con especies de crecemento lento, ese non é o elemento que define a actuación estatal nesta etapa, senón a privatización dos aproveitamentos nos montes públicos alí onde sectores sociais con intereses económicos no monte tiñan capacidade de incidir, e iso foi o que non sucedeu en Galicia. 339

Aínda que a administración forestal non vai comezar na práctica a súa labor ata que a ola desamortizadora descenda a súa intensidade na década dos setenta, a lexislación pertinente é anterior.340 O instrumento legal esencial será a lei de montes do 24-V-1863, que manterá a súa vixencia ata 1957. Esta lei, redactada en pleno proceso desamortizador, non da cumprimento ás pretensións dos enxeñeiros de montes. Así confirma as normas de 1862 para a excepción de montes do catálogo desamortizador e, fronte as pretensións dos enxeñeiros de que o estado comprase todos os montes exceptuados da venda, simplemente se apunta a posibilidade de que estas compras se efectúen en ocasións, e co consentimento das entidades propietarias. Os enxeñeiros teñen control total sobre os montes do Estado,341 pero tamén teñen amplas facultades de tutela e administración sobre os montes dos pobos, facultades que serían ampliadas por posteriores disposicións no século seguinte. Así no seu título V se prevía a posibilidade de suprimir os aproveitamentos forestais no caso de non ser compatibles coa conservación dos montes. O instrumento esencial para coordinar a intervención, e a privatización dos aproveitamentos ían ser os planos de aproveitamento anuais que debían redactar os enxeñeiros. Os concellos debían solicitar cada ano forestal (1 de Outubro ó 30 de Setembro) os productos que quixesen aproveitar, que serían adxudicados mediante subasta. Os enxeñeiros debían tamén redactar un plan de melloras (deslindes, ordenación, repoboación) que mediante a lei de mellora e repoboación de montes públicos de 24-V-1877 sufragaríase co 10% do obtido cos aproveitamentos. No que se refire ó corpo de enxeñeiros de montes debemos aclarar que tratábase dun corpo tremendamente xerarquizado. A estructura, moi ríxida, estaba copiada do sistema francés. Na cabeza estaba a Xunta Consultiva de Montes, que coordinaba a acción administrativa. Por debaixo situábanse as inspeccións, a modo de rexións forestais, e estas subdividíanse en distritos forestais que eran quen planificaban o traballo. Nun principio debía haber un distrito por provincia, pero frecuentemente, por problemas orzamentarios, un distrito abarcou dúas ou máis provincias, como pasou frecuentemente en Galicia. Cada distrito podía, de ser o caso, subdividirse.342 A garda e custodia dos montes públicos foille encargada á Garda Civil mediante a lei do 7-VI-1876, despois dun longo período de indefinición no que as competencias foron compartidas por diversos organismos. O 15-II-1907 creouse un novo corpo de Gardería forestal, aínda que a Garda Civil continuou axudando na vixilancia dos montes ata, cando menos 1925.343

339 Fundamentalmente provincias resineiras (Ávila, Valladolid, Guadalajara, Segovia e Soria), madereiras (Albacete, Cuenca, Castellón, Teruel), corcheiras (Cadiz, Málaga), e esparteiras (Almería, Murcia, Granada). GEHR: "Diversidad dentro de un orden. Privatización, producción forestal y represión en los montes públicos españoles, 1859-1926", Historia Agraria, 18, 1999, pax. 136-143. 340 Balboa: O Monte... op cit pax. 162-167. 341 Sempre estamos a falar dos montes exceptuados. 342 Balboa: ibid pax.166. 343 Sobre este proceso e a lexislacion penal sobre monte GEHR: “Diversidad dentro de un orden...” op cit pax.143-149.

169

Para o estudio dos planos de aproveitamento en Galicia contamos co traballo de Xesús Balboa, que analizou os planos das catro provincias entre 1873-74 e 1914-15.344 O bo funcionamento desta norma ía atopar en Galicia os mesmos problemas que a desamortización. O deficiente catálogo de montes reduciu moito o ámbito de actuación dos planos. De feito a necesidade de reformar o catálogo foi unha constante petición da superioridade ó longo do período.

Tampouco a actitude das comunidades veciñais ía facilitar o cumprimento dos planos. Dificilmente ían aceptar o pago do imposto do 10% (a partir de 1877) esixido para acceder aos aproveitamentos do monte, xa que supuña aceptar o carácter público dos montes. O problema era que as disposicións legais estaban completamente alonxadas da realidade dos montes galegos. A propia concepción e conformación técnica dos planos enfrontaba ós enxeñeiros cos veciños. Orientados por formación cara a conservación e o fomento da riqueza forestal debían regular aproveitamentos que eran esencialmente agrogandeiros. Non resulta estraño, polo tanto, que os planos non só non reflectiran as necesidades dos veciños, senón que tamén foran sistematicamente ignorados por estes.De feito, os planos acaban sendo meras copias uns de outros con mínimas variacións no tempo, e demostran unha absoluta incomprensión dos usos campesiños. Unha consecuencia directa desto é a imposibilidade de aceptar as cifras de producción dos montes de UP xa que dependían directamente dos planos. É necesario matizar que o fracaso dos planos non se debeu tanto á actitude dos enxeñeiros, que en moitos casos eran conscientes de que non eran válidos, senón á burocracia e á política forestal deseñada.345

Unha das tarefas que os enxeñeiros tiñan ao seu cargo era a rectificación do catálogo de montes. Esta tarefa era inescusable se temos en conta que no catálogo de montes exceptuados de 1862 só figuraban para Pontevedra 499 montes con 24.852 has. e para Lugo tres montes con 750 has. Sobre as inexactitudes do catálogo basta sinalar que cando se iniciaron en Ourense as tarefas de rectificación do mesmo, en 1882, o primeiro monte que se recoñeceu en Toen (nº 49 do catálogo) reduciuse a superficie de 5.000 a 2.500 has.346 As cousas no referente ó catálogo non cambiarían moito ata finais do século XIX, neste caso tanto pola falta de colaboración dos concellos, como pola deixadez dos propios enxeñeiros.

Unha lei de 30-VIII-1896 estableceu a redacción dun novo catálogo, pero con

diferencias significativas respecto os anteriores. Ó igual que en 1859 diferenciábase entre os montes que pasarían a depender do Ministerio de Facenda e os que tiñan utilidade pública que dependerían de Fomento. De feito unha comisión mixta entre os tres ministerios debía resolver os posibles conflictos. Sen embargo, a diferencia significativa con 1859 estaba nos criterios para considerar a utilidade pública dun monte sen establecer unha superficie mínima nin especies arbóreas. Pola contra serían de utilidade pública:

Las masas arbóreas y terrenos forestales que por sus condiciones de situación, suelo y

de área sean necesarios para mantener poblados o repoblar de vegetación arbórea forestal para garantizar su influencia física en el país o en las comarcas naturales donde tengan su asiento, la

344 Balboa ibid pax.167-185. O ano 1873-74 é o primeiro no que se realizan. 345 Ver por exemplo os comentarios de diversos enxeñeiros recollidos en dúas recopilacións recentes. Balboa López, Xesús (Ed.), A propiedade comunal no século XIX, Xunta de Galicia, Santiago, 1999, Rico Boquete, Eduardo (Ed.), Pensamento forestal no século XX, Xunta de Galicia, Santiago, 1999. 346 Balboa, O monte..., op cit pax.196.

170

salubridad de los pueblos, el mejor régimen de las aguas, la seguridad de los terrenos o la fertilidad de las tierras destinadas a la agricultura.347

En calquera caso xa non ten tanto interese para nos a diferencia entre

montes vendibles e de Utilidade Pública xa que, cando menos en Galicia, o proceso desamortizador estaba a estas alturas rematado na práctica. Máis importante é avaliar o grao de coñecemento que da superficie de montes veciñais tiña o Estado a comezos do século XX xa que ese ía ser o principal instrumento de intervención.

CADRO 26 MONTES DE UTILIDADE PÚBLICA. CATÁLOGO DE 1901

Número Superficie (Has.)

Superficie media (Has.)

Arboradas Non arboradas

A Coruña 341 59893 175,64 58782 1111 Lugo 86 25948 301,72 2475 23473 Ourense 201 13701 615,43 77639 46062 Pontevedra 567 74910 132,12 42791 32119 Galicia 1195 284452 238,03 181687 102765 Fonte: Balboa ibid pax.197. Os cadros 26 e 27 permítennos avanzar algunhas conclusións sobre o novo catálogo. Primeiro chama a atención fronte os anteriores a elevada superficie media dos montes e, na parte de Utilidade Pública, a importancia dos montes arborados, que ocupan o 63, 87%. No que se refire ós datos globais atopámonos que a superficie coñecida pola administración era de 358.590 has. fronte ás 304.980 has. de 1859. Atopamos, polo tanto que o avance non foi realmente significativo, especialmente tendo en conta que na actualidade hai cerca de 675.000 has. de Montes Veciñais en Man Común.

CADRO 27 MONTES DE FACENDA. ANO 1897.

Número Superficie (Has.) Superficie media A Coruña 456 11981 26,27 Lugo 74 15682 211,92 Ourense 136 22572 165,97 Pontevedra 885 23903 27,01 Galicia 1551 74138 47,80 Fonte: Balboa ibid pax.198. En calquera caso non chega con analizar as cifras do catálogo de 1901. Debemos analizar a evolución da superficie de montes de UP xa que outra das características deste catálogo é que non quedou pechado. As instruccións da Junta Consultiva de Montes respecto dos planos de aproveitamento de principios de século seguen reclamando a necesidade dun catálogo fiable, o que non deixa de chamar a atención.

347 RO 20- IX-1896.

171

CADRO 28 EVOLUCIÓN DOS MONTES DE UP. PRIMEIRO TERCIO DO SÉCULO XX (Has.)

A Coruña Pontevedra Lugo Ourense Galicia 1903 59895 70165 30384 122952 283406 1913 48433 66709 69786 130720 315748 1920 52562 68915 72116 130929 324522 1924 150680 305674 456354 1932 119674 156265 275939 Fonte: GEHR, Estadísticas históricas... op. cit O cadro 28 reflicte a evolución do catálogo ó longo do 1/3 do século XX. Respecto dos datos hai que facer algunhas precisións. As cifras dos anos 1924 e 1932 reflicten o total das provincias A Coruña-Pontevedra e Lugo-Ourense que formaban un só distrito forestal. As cifras de 1924 reflicten non a superficie de UP senón a suma cos montes de facenda.Pese a todo podemos tirar algunha conclusión interesante. En primeiro lugar pódese constatar un incremento da superficie forestal coñecida ó longo do período o que da proba da maior actividade dos servicios forestais. Sen embargo máis significativa é a enorme fluctuación das cifras, especialmente na provincia de Lugo e no total de Lugo-Ourense de 1932. O traballo de Xesús Balboa demostra como en boa medida o traballo dos servicios forestais consistiu en agregar montes o catálogo a medida que ían aparecendo, pero sen ningún tipo de fiabilidade en canto a superficies. Así para o concello de Fonsagrada (Lugo) engádese en 1901-02 un monte co significativo nome de "Demás comunales" que ocupaba 2.000 has. O máis abraiante do asunto é que ningún enxeñeiro visitou o concello, a pesar dos apremios da inspección. A altura de 1910-11 o curioso monte ocupaba xa 20.000 has. (tamén chama a atención o redondo das cifras), é dicir o 47% da superficie total do concello da Fonsagrada.348 Máis non só en Lugo son apreciables os erros de catalogación. En Pontevedra tamén se corrixen erros como o de monte Acebal en 1914-15 que pasa de 13 a 1.300 has.349 Tamén no concello de Lavadores en datas tan avanzadas como o período 1924-1936 constátanse moitos erros cando o concello deslinda os montes. Este caso é significativo xa que non é un concello interior e mal comunicado, en 1941 é absorbido por Vigo. Tamén hai que sinalar que non son os servicios forestais os que teñen a iniciativa, senón o concello, de forte presencia agrarista nesa etapa.350 A conclusión que podemos sacar do coñecemento dos montes por parte dos servicios forestais neste período é, polo tanto, moi negativa. O catálogo non é consecuencia dunha investigación sobre o terreo dos enxeñeiros, senón de informacións inexactas e indirectas. Non foi un instrumento axeitado para a intervención nos montes, pero si foi un primeiro paso. A inclusión dun monte no catálogo supuña a adscrición pública da titularidade, e aínda que nesta etapa os aproveitamentos seguiron sendo na práctica veciñais e sen control, cando a situación política cambiou e a repoboación forestal foi vista como unha necesidade acuciante, na década de 1940, o catálogo si foi un instrumento útil. No fondo era unha cuestión de interese político, é cando se puxeron

348 Balboa O monte... op cit pax.201-202. 349 Ibidem. 350 Actas municipais do concello de Lavadores 1924-1936. Arquivo Municipal de Vigo.

172

a disposición dos enxeñeiros os medios humanos e materiais necesarios,así como toda a capacidade coercitiva do Estado franquista a situación mudou substancialmente. O catálogo de montes, como resulta facilmente comprensible, non supuxo ningunha novidade respecto dos planos de aproveitamento. Estes seguiron, nos primeiros anos do século, tendo as mesmas eivas que no século XIX. De feito os enxeñeiros remataron por non intentar cambiar a situación. A única medida que utilizaban para medir o éxito dun plano foi o pago ou non do imposto do 10%. O pago do imposto non implicaba que os aproveitamentos consignados se respectaban, senón que o concello ía quedar libre de vixilancia. Parecería posible entón, que os veciños pagarían por verse libres de problemas, mais a situación non foi esa. En todo o primeiro tercio constátase unha situación de impago xeral.351 Moi poucos son os concellos e parroquias que satisfacen o imposto. Os veciños non estaban dispostos a recoñecerlle o Estado ningún tipo de xurisdicción sobre os seus montes. En calquera caso o impago non supuña maior perigo para os veciños, xa que o nivel de vixilancia nos montes galegos ía ser tamén moi escasa no período estudiado. As denuncias da Garda Civil por aproveitamento indebidos foron moi escasas, pero ademais a súa tramitación posterior non chegaba tampouco a nada. A razón é novamente a falla de persoal. O Grupo de Estudios de Historia Rural ven de mostrar como os esforzos do Estado tamén se concentraron neste eido nas provincias onde os aproveitamentos comercializables estaban máis estendidos. En Galicia no período 1877-1810 só se produciron en Galicia o 0,5% das denuncias do total estatal. Foron un promedio de 120 denuncias anuais e 3.013 has. de monte por denuncia. pola contra a media estatal foi de 300 has. por denuncia. A provincia de Málaga, por exemplo, tivo 48 has. de media por denuncia.352 Estas cifras demostran por si soas a situación que viviron os montes galegos nesta etapa e non por falta de conflictividade, como a resistencia á desamortización e a posterior conflictividade da etapa franquista amosan suficientemente. Un último aspecto que convén tratar da política forestal é a cuestión central da repoboación dos montes. Este problema era especialmente importante para Galicia dada a crónica deforestación que sufrían os montes. Resulta imposible achegarse cuantitativamente ó coñecemento da superficie arborada en Galicia nesta etapa dados os problemas comentados do descoñecemento da realidade forestal que tiñan os enxeñeiros. No catálogo de 1859 só figura como arborado o 6,37% da superficie. A situación en 1901 era moi diferente, figurando como arborado o 63,87% dos montes de UP, mais a constatación da baixa calidade da fonte fainos dubidar moi seriamente da utilidade desta cifra.353 Pola contra todas as referencias dispoñibles para a época falan da escasa superficie que ocupaba o monte arborado en Galicia, e que ademais tendía a diminuír co tempo. A repoboación, con especies de crecemento lento, é a monomanía dos enxeñeiros forestais desta etapa de marcada tendencia conservacionista. Sen embargo, ó igual que todos os outros proxectos quedará en nada, e polas mesmas razóns. Non imos ser repetitivos pero convén engadir que a repoboación debía financiarse co imposto do 10%, cantidade polo demais ridícula, e resulta francamente

351 Balboa ibid pax.218-221. 352 GEHR “Diversidad dentro de un orden...” op cit pax.153. 353 Sobre este punto ver ademais dos traballos citados Eduardo Rico Boquete: A riqueza forestal de Galicia no século XX: Producción e explotación. Tese de doutoramenro, Departamento de Historia II, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1993.

173

complicado financiar nada cun imposto que non se cobra. Ata a década de 1920 a administración non repoboa. Outra cousa é a acción individual, da que falaremos máis adíante. Consecuentemente temos que rexeitar completamente para Galicia os datos da estatística dos montes de UP. Non nos informa da totalidade dos montes e daqueles que informa o fai sobre un coñecemento moi impreciso da superficie e dos usos reais dos montes que aparentemente tiña baixo a súa administración o servicio forestal, permanecendo na práctica baixo o control dos grupos veciñais respectivos. II.6.2. As dificultades para construír unha estatística do monte. As cifras da JCA. Compre achegarnos en segundo lugar á crítica das estatísticas forestais da JCA.. A utilización destes datos é necesaria para a construcción de cifras da producción agraria global, aínda que presentan unha boa cantidade de problemas que permiten xustificar a argumentación de que de todas as cifras sobre a agricultura da época son con diferencia as peores. Entre estes os máis importantes son os que se refiren á caracterización do que son as produccións fundamentais do monte e o método para calcular a superficie ocupada por este, dato do que dependen as valoracións xa que se calculan a partir da multiplicación dos rendementos aparecidos nas memorias da JCA polas superficies354. O primeiro que chama a atención desde a perspectiva do funcionamento do sistema agrario galego é a propia caracterización que fai deste espacio non xa a JCA, senón a historiografía que se ocupou del desde a totalidade do Estado. Caracterízanse estas estatísticas como forestais o que xa implica un problema, ao ser as produccións fundamentais consignadas as gandeiras. O GEHR inclúe no apartado de producción forestal os datos de montes, devesas e pastos, como un feito necesario, xa que as cifras da JCA impiden diferenciar claramente entre unhas produccións e outras.355 O problema xorde cando unha necesidade imposta polas características da fonte se converte nun concepto analítico válido en calquera espacio xeográfico, ignorando que para determinadas zonas, senón para todas, o monte implica moito máis que o que son as produccións forestais e gandeiras. Por todo isto rexeitamos a utilización do termo forestal preferindo para o caso galego o termo monte, que é o único que permite entender a función do espacio non cultivado no sistema agrario galego. Desde a perspectiva que implica entender o monte, non como unha rama da producción senón como un espacio xeográfico diferenciado do agrícola, o seguinte paso é considerar que non todas as produccións forraxeiras forman parte do monte e que o monte é moito máis que producción forestal e gandeira. En Galicia o monte utilízase como espacio para cultivar cereais mediante as estivadas que sen embargo non podemos asimilar ás produccións agrícolas, xa que non pertencen ao espacio agrícola senón ao monte.356 As estatísticas non proporcionan ningún tipo de información cuantitativa sobre este feito aínda que os enxeñeiros eran conscientes da

354 Este é o método empregado polo GEHR e o único posible. GEHR: “Notas sobre la producción agraria española, 1891-1931”. Revista de Historia Económica, I/2, 1983, pp. 185-252. 355 op cit pax. 188 e ss. 356 Sobre as estivadas, Xesús Balboa: O monte... op cit pax.25-29.

174

súa importancia.357 É un elemento importante do sistema agrario pero a súa cuantificación é imposible, o que, evidentemente non significa que o poidamos esquecer. Sen embargo a función máis importante do monte, tanto cualitativa como cuantitativamente, era a obtención de fertilizante mediante o toxo, que era o producto máis utilizado para facer o esterco, aínda que tamén se utilizaban outras plantas.358 Neste caso tampouco se nos ofrece información cuantitativa nas estatísticas. Este problema ten máis importancia do que podería parecer á primeira vista, xa que non se nos debe escapar, á luz dos datos presentados neste traballo, que un proceso intensificador como o que viviu a agricultura galega no século XIX e posteriormente só se pode soster mediante unha achega crecente de fertilización que como quedou dito no primeiro capítulo produciuse mediante a posta en cultivo do toxo. Tampouco é fácil a achega cuantitativa dos aportes do toxo ao sistema agrario. No apartado adicado a este tema para o século XIX fixemos unha aproximación a partir dos datos dos avances de 1891 e na publicística dos rendementos por hectárea do toxo, do seu prezo e das necesidades de fertilización dunha hectárea de labrado. Esta información permítenos facer un cálculo da producción necesaria para manter a fertilidade das terras de labrado e das hectáreas necesarias para manter esa producción de toxo. De acordo con estes datos a producción media por hectárea de toxo sería duns 26.500 Kgs. e a necesidade media por hectárea de labrado de uns 30000 Kgs. Supoñendo unhas 550000359 Has de labrado darían unha necesidade de 165 millóns de Qts por hectárea de labrado e polo tanto unhas 625000 Has. adicadas ao toxo. O valor da producción estaría entre os 115 e os 150 millóns de pesetas xa que o avance da Coruña indica un prezo de 4,5 pesetas por carro de 650 Kgs. e o de Pontevedra de 6-7 por carro de 415 Kgs. Esta estimación non pretende ter ningún tipo de valor definitivo xa que está feita sobre bases moi febles. Supón que os datos do avance reflictan unhas medias, o que é discutible. Entre os datos de Pontevedra e os da Coruña (os únicos que informan sobre o particular) hai diverxencias significativas. Outras fontes ofrecen datos diferentes. López Otero indica que os rendementos do toxo aumentan cos anos. O primeiro pódese chegar aos 25000 Kgs. por hectárea pero o segundo xa se alcanzan os 30-35000 e aínda máis os seguintes coa desvantaxe de que a producción faise máis leñosa e perde en valor fertilizante.360 Cosme Fernández Soler, para unha data próxima ao avance, tamén ofrece un rendemento maior, de perto dos 35000 Kgs.361 Podemos supoñer que a variación

357 Polo menos os do século XIX: Avance estadístico...cereal, 1891, op cit e as memorias de 1875 dos enxeñeiros de Lugo e Ourense. Ulloa y Giménez, Antonio: Memoria formada por el ingeniero industrial secretario de la junta de agricultura, industria y comercio de Lugo (1875). Edición da Revista Galega de Estudios Agrarios, 5, 1981, pp.321-349. Vazquez Moreira, José: Breve noticia sobre el estado actual de la agricultura y ganadería de la provincia de Orense (1875). Edición da Revista Galega de Estudios Agrarios, 5, 1981, pp.349-376. 358 Sobre o monte como productor fundamental de abono Balboa Ibid pax.31 35. Do mesmo autor: “L´utilizzazione del <monte> nella Galizia del secolo XIX”, Quaderni Storici, 81, 1992, pax. 883 e ss. 359 Isto non é máis que unha burda estimación da superficie agrícola tendo en conta que os datos de principios de século están sobre estimados pola cifra de cereais da Coruña. Non pretende ir máis aló dun simple dato de referencia. 360 Libro de la agricultura...op cit pax.58. 361 Pontevedra...op cit pax.35-36.

175

segundo as zonas e a calidade da terra é enorme polo feito de que o toxo se cultivase en terras a monte. Tampouco as necesidades de fertilización son seguras. Balboa mostra cómo a necesidade de fertilización varía segundo as zonas de Galicia e cómo a capacidade do monte para soster o labrado tamén varía, pero o que si parece claro é que as estimacións do avance pecan de optimistas.362 Nas páxinas de Prácticas Modernas hai multitude de exemplos que nos indican que non se fertilizaba o mesmo todos os anos nin para os distintos cultivos.363 O que estes exemplos pretenden poñer de manifesto é que non hai forma de cuantificar cun razoable grao de seguridade o volume de producción e a superficie que anualmente se lle adicaba ao cultivo de toxo, pero que en calquera caso era cuantitativamente importante, ademais de cualitativamente fundamental. Nesta necesidade de fertilización explícase que o único xeito que tiña a agricultura galega para aumentar a producción era a intensificación e non o recurso ao aumento do espacio cultivado. “Resultan claros os límites que o sistema agrario tradicional atopa para a extensión dos cultivos por mor da esixencia de determinados índices de fertilización. Non é síntoma por tanto de atraso, senón que exemplifica máis o desenvolvemento dun sistema que coñece a súa dependencia das aportacións fertilizantes e polo tanto os límites a súa extensión; En suma, a superficie adicada a monte na agricultura tradicional galega non significa sacrificio de terras de labor ou aproveitamento escaso do territorio dispoñible, senón conciencia do necesario equilibrio entre os dous complementarios integrantes do sistema”.364 Outro elemento, complementario co ata agora exposto, non se nos debe escapar respecto ó monte. Xeralmente adóitase cualificar o espacio de monte como improductivo, tanto pola publicística como pola historiografía. Noutros casos chámaselle inculto por oposición ó espacio cultivado. O primeiro termo ten que ser rexeitado de raíz. O segundo é certo no senso de que as terras de monte non son continuamente cultivadas, o que si sucede co espacio agrícola; pero non o é se significa que o monte non é explotado sistematicamente. De feito no caso do toxo debemos concluír que se trata dun cultivo a todos os efectos, aínda que non debe ser incluído no espacio agrícola. As estatísticas sobre o monte só reflicten, de acordo co dito unha estimación bruta que non permite descender a un suficiente grao de concreción. O outro gran problema das estatísticas sobre o monte radica en que é moi difícil diferenciar entre os distintos tipos de pastos, xa que non son o mesmo os pastos de monte e os productos que nel se obteñen para a alimentación do gando (para o que tamén se emprega o toxo) e os prados permanentes tal e como se comentou no apartado adicado ao labrado. Podemos diferenciar tres tipos de superficies forraxeiras: Os prados permanentes que poden ser de secano ou de regadío e que pertencen á superficie cultivada, os prados artificiais que deben ser considerados parte do producto agrícola, pero non sumados á superficie, e os pastos de monte propiamente ditos. O problema radica en que as estatísticas e memorias da JCA teñen criterios diferentes nos distintos anos para denominar estas produccións e é complicado facer unha estimación axustada. O caso máis grave é que non está clara a diferencia entre pradeiras naturais segables e prados artificiais permanentes, problema que será unha constante en toda a estatística do século XX para Galicia. Aínda que temos dúbidas de que estén a referirse a cousas

362 O monte... op cit pax. 32-34. 363 Como exemplo a serie de artigos que sobre a pataca publicou Valeriano Villanueva: PM, 1903-1904. 364 Balboa: O monte... op cit pax.34.

176

diferentes temos que renunciar a cuantificar por separado as primeiras e sumalas ao conxunto dos montes co que non temos unha aproximación axustada da SAU (Superficie Agrícola Utilizada para estes anos). Outro problema relacionado con este é que as superficies de monte que nos ofrece a JCA non son verdadeiras estatísticas senón que son estimacións que resultan do cálculo da superficie productiva total, á que se lle resta a superficie cultivada dando como resultado a superficie de monte. Estas estimacións son deficientes porque a superficie productiva mostra variacións inaceptables (como en Lugo) e porque na superficie cultivada súmanse indiscriminadamente todas as superficies sen ter en conta se pertencen á mesma rotación un mesmo ano. Podemos corrixir este feito refacendo nós as estimacións cos mesmos criterios, pero iso implica varias presuncións que deben ser especificadas: Cadro 29 Superficie de montes Has. 1900 1910 1922 1931 A Coruña 515105 533396 532948 543797 Lugo 846481 812327 809704 806649 Ourense 565252 569422 557554 573057 Pontevedra 294860 294532 289197 299669 Galicia 2221698 2209677 2189403 2223172 Fonte: Elaboración propia a partir das estimacións da superficie cultivada do apartado II.7. Cadro 30 Porcentaxe de montes sobre a superficie productiva 1900 1910 1922 1931 A Coruña 66,5 68,9 68,8 70,2 Lugo 88,2 84,6 84,4 84,0 Ourense 81,5 82,1 80,4 82,6 Pontevedra 69,8 69,7 68,5 70,9 Galicia 77,9 77,5 76,8 78,0 Fonte: Elaboración propia a partir das estimacións da superficie cultivada do apartado II.7. Consideramos que a cifra de superficie productiva permanece constante e tomamos para eso como o GEHR a cifra de 1962 que é a primeira segura das estatísticas agrarias. Para a superficie cultivada utilizamos as nosas propias estimacións e non as do GEHR365. Estas cifras ofrecen máis luz sobre certas dúbidas sobre as estatísticas que se puxeron de manifesto ao longo do traballo. Dispoñer das cifras agregadas permítenos comprobar cómo as tendencias perversas que se constataban para algúns cultivos teñen grande importancia á hora de marcar as tendencias na superficie. Como se pode ver (cadros 29 e 30), tamén algunhas cifras que eran consideradas erróneas na análise das series de superficie confírmanse. Os datos de Lugo para 1900 son moi dubidosos xa que supón un incremento da superficie cultivada demasiado grande en tan só dez anos. Nesta provincia teñen gran importancia os prados permanentes e as cifras da estatística neste caso son moi baixas polo que tamén incide este punto nesa tendencia. A tendencia que en todas as provincias indican as cifras de incremento da porcentaxe de montes débese entender á luz das precisións feitas polas

365 No apartado seguinte a xustificación de estas estimacións.

177

cifras non dunha reducción real da superficie cultivada senón do incremento dos prados que na estatística se dilúen no monte como prados naturais.. De todos os xeitos algunhas conclusións pódense tirar como é a menor necesidade de recursos do monte das provincias occidentais, dato que corroboran as informacións cualitativas e as investigacións citadas de Balboa e Bouhier e se temos en conta que as variacións fortes dos datos pódenselle atribuír en todos os casos a defectos da fonte, confírmase tamén a idea de que as porcentaxes de ocupación do solo en Galicia estaban xa establecidas nos inicios deste século. A subestimación da superficie cultivada en Lugo en 1900 confírmase por outra cifra alternativa. Temos unha estimación alternativa da propia JCA, de 1905, que confirma esta idea e que si ofrece datos dos prados, aínda que estes parecen estar amplamente subestimados (cadro 31). Os datos da Coruña son similares aos de 1900 pero os outros corrixen todos á alza as cifras anteriores. O significativo deste cadro non é que ofreza unha estimación máis fiable que as outras, que non o é, senón que sexa unha estimación tan diverxente ofrecida pola propia JCA. De feito non sabemos cómo se obtivo pero dísenos que con datos que estaban nos arquivos (Lugo). Certamente as cifras de Lugo e Ourense parecen máis aceptables pero non é moi rigoroso aceptar unha estimación simplemente porque coincide máis coas informacións dun. Ofrézoa nada máis que para contrastar os datos.

CADRO 31. DISTRIBUCIÓN DA SUPERFICIE PRODUCTIVA, 1905.

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Cultivos 312506 169014 169753 158402 809675 % 40,3 17,6 24,5 37,5 28,4 Prados 26685 39600 26261 10189 102735 % 3,5 4,2 3,8 2,5 3,6 Monte 435301 751190 497886 253902 1938279 % 56,2 78,2 71,7 60 68 Fonte: Prados y pastos...1905, op cit. Non resulta estraño que a JCA non puidese ter un coñecemento mínimo do que é a superficie dos montes galegos xa que o propio servicio forestal foi incapaz de chegar a un coñecemento cuantitativo razoable destes, tendo en conta ademais que non era só un corpo estatístico senón que tiña a tarefa de intervir activamente na producción. Ao igual que para o Catastro de Ensenada os datos do monte son claramente os menos fiables feito que haberá que ter en conta á hora de interpretar a evolución das macromagnitudes agraria. Aínda así, debemos intentar aproximarnos a evolución dos usos do monte nestes anos por outras vías, xa que é un elemento necesario para calibrar a magnitude da transformación técnica cando menos no apartado da fertilización.

178

II.6.3. Cambios nos usos do monte. Fertilización. Un dos elementos centrais que lle permiten a Van Zanden elaborar a súa tese de que os cambio acontecidos en torno á crise agraria supoñen unha primeira Revolución Verde é a introducción da fertilización química de forma xeralizada en toda Europa como unha das tecnoloxías esenciais de aforro de terra. En Galicia o proceso de extensión dos adubos inorgánicos desenvólvese ao longo do primeiro tercio do século XX segundo ten sido estudiado por Lourenzo Fernández Prieto366. Non se nos debe escapar que ao fío do estudiado sobre a evolución da fertilización orgánica en Galicia para o XIX o estudio da nova fertilización ten moito que ver co que sucede no monte. De feito Xesús Balboa e o mesmo Fernández Prieto teñen abordado esta cuestión nun traballo que relaciona as dúas formas de fertilización e pretende establecer o seu grao de compatibilidade367. O principal problema deste traballo é ao noso entender que no entendido como proceso de tránsito entre unha e outra forma de fertilización non se presta suficiente atención aos cambios que na obtención dos adubos orgánicos se producen e que xa foron estudiados para o século XIX. Non cabe dúbida de que intentar establecer unha relación entre os dous procesos é de capital importancia para poder precisar o grao de cambio dende unha perspectiva ecolóxica para esta época. Que a transformación da recolección do toxo nun cultivo se producise dende cando menos mediados do século XIX non implica que ese proceso quedase pechado. De feito a individualización dos montes que permitiu que o cultivo do toxo se desenvolvera por todo o pais non só non remata no XIX senón que continua con máis pulo no primeiro tercio do século XX e aínda máis tarde. Temos recollido referencias, que serán comentadas nos capítulos 3 e 4, de repartos moi posteriores que chegan á segunda metade dos anos sesenta. A variedade de rendementos da producción de toxo que sinalabamos mostran as cifras de finais do XIX son un exemplo de que o proceso de intensificación non estaba rematado nesas datas. Pola contra poderiamos afirmar que ao abeiro dos datos de repartos aportados por Xesús Balboa unha maioría dos repartos prodúcense ao longo do primeiro tercio do XX368. Non hai dúbida por tanto de que o proceso de introducción da fertilización química prodúcese paralelamente á continuación da intensificación inorgánica. Esto é perfectamente explicable. De acordo coa cifras recompiladas por Lourenzo Fernández Prieto a evolución do consumo (cadro 32) foi rápida pero non espectacular durante boa parte do período, e só entrados os anos trinta se dará un salto importante duplicándose a o consumo.

366 Labregos con ciencia... op cit pax.381-414. 367 Xesús Balboa e Lourenzo Fernández Prieto: “Evolución de las formas de fertilización en la agricultura atlántica entre los siglos XIX-XX. Del <toxo> a los fosfatos.” En Fernández Prieto, Lourenzo, (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000 pax.211-235. 368 O monte... op cit pax.259 e ss. Aínda que cada vez hai máis exemplos que comezan a poñer en dúbida esta cronoloxía dunha forma tan rotunda como os sinalados no capítulo 1.

179

Cadro 32 Consumo de abonos químicos (Qm.) 1907 1908 1911 1919 1928 1930 1931 1932 1933 1934 1935

A Coruña 12900 23500 41558 67115 133823 114910 120120 270450 242993 260140 264050

Lugo 4500 5900 3510 72300 34326 91450 81280 90320 127420 161270 164520

Ourense 4000 3400 3000 4000 31307 52720 55100 65940 52210 54100 53980

Pontevedra 30600 14800 18700 29700 11252 12770 20360 20750 21378 21360 21520

Galicia 52000 47600 66768 173115 210708 271850 276860 447460 444001 496870 504070

Fonte: Fernández Prieto: Labregos con ciencia... Op cit Pax. 400 Cadro 33 Proporción da superficie cultivada susceptible de ser fertilizada con adubos químicos % 1907 1908 1911 1919 1928 1930 1931 1932 1933 1934 1935

A Coruña 1,3 2,5 7,4 16,4 15,1 15,6 35,5 31,1 35,3 36,0

Lugo 0,9 1,1 12,2 6,4 17,0 15,2 16,8 24,0 30,2 30,9

Ourense 1,6 1,4 1,5 13,0 21,8 22,8 27,2 21,6 22,3 22,3

Pontevedra 5,3 2,7 5,0 2,0 2,3 3,8 3,8 4,0 3,9 4,0

Galicia 2,1 2,0 2,7 6,8 10,5 14,4 14,6 23,1 22,2 25,4 25,8

Elaboración propia a partir dos datos de superficie susceptible de ser fertilizada con adubos químicos de Fernández Prieto: Labregos con ciencia... Op cit Pax. 401 e as miñas estimacións da superficie cultivada (apartado II.7. Empregamos a de 1910 para as cifras de 197,1908 e 1911, a de 1922 para 1919, e a de 1930 para 1929 en diante. Máis non só interesa aquí coñecer o consumo bruto de fertilizantes senón aproximarnos ao que iso significaba no conxunto do sistema. A partir dos cálculos de superficie potencialmente fertilizable elaborados por Fernández Prieto construímos un cadro de que supuña esa porcentaxe respecto a superficie cultivada a partir das nosas estimacións da mesma (cadro 33). Os datos permiten facer unha serie de afirmacións sobre o proceso. En primeiro lugar que a introducción de fertilizantes químicos non supuxo a substitución dos orgánicos. Pola contra estes seguiron a ter un papel predominante no proceso productivo. De feito esto non implica ningún carácter negativo respecto das solucións adoptadas polas agriculturas familiares, xa que dende un punto de vista medioambiental a adopción de fertilizantes químicos non exime dos aportes dunha fertilización que, tendo peores resultados nos aportes de nutrientes, si ten outras avantaxes. José Manuel Naredo demostrou, no marco do seu programa de revisión dos conceptos fundamentais da economía desde unha perspectiva ecolóxica, cómo a agronomía e a química agrícola viviron os mesmos prexuízos mecanicistas que a economía ao centrar todo o problema da fertilización agraria na cuestión do intercambio de nutrentes . “No solo interesa ampliar la propia noción de balance atendiendo a cada problemática, sinó subrayar que ni la planta es un convertidor inerte, ni el suelo un simple reservorio, sinó que ambos interactuan y son capaces de reaccionar modificando su comportamiento (...) se impone la necesidad de estudiar no solo el balance de lo que entra y lo que sale en el sistema agrario, sinó tambien lo que ocurre o podría ocurrir dentro y fuera del mismo, alterando la relación planta, suelo, ambiente”.369 Este autor mostra cómo o solo ten mecanismos para compensar a aparente escaseza de determinados nutrientes do esterco. Isto explica cómo no momento da

369 “sobre la reposición natural y artificial de agua y nutrientes en los sistemas agrarios y las dificultades que comporta su medición y seguimiento”. En J.M. Naredo e R. Garrabou (Eds.): La fertilización en los sistemas agrarios. Una perspectiva histórica, Argentaria/Visor, 1996, pax. 19.

180

transición dun método de fertilización tradicional a outro “moderno” pódese dar o fenómeno de que a fertilización química non substitúa o estercado, senón que actúe como complemento. Isto é o que sucedeu en Galicia, onde a maioría da publicística máis influente, a do grupo de Prácticas Modernas, se ben foi encendida partidaria da fertilización química, tamén mantivo sempre a tese de que se deberían complementar as dúas formas de fertilización. Agora ben, que o sistema de fertilización non mudara completamente non quere dicir que a transformación non fora importante. Pola contra, e sobre todo nas provincias do norte, a incidencia do proceso foi moi grande (máis do 30% da superficie cultivada) o que hai que entender a partir do coñecemento dos cultivos aos que se adicaron estes fertilizantes. De acordo de novo co traballo de Fernández Prieto son os cultivos máis comercializables os que concentran o uso de adubos químicos, en concreto os prados, os cultivos forraxeiros como os nabos (e dentro dos cereais o millo) e as patacas. Esta información é moi congruente coa evolución mostrada polos rendementos dos distintos cultivos nos que se ve que os de incrementos máis elevados son precisamente os nabos e as patacas fronte aos cereais. No mesmo sentido hai que situar a afirmación de Valeriano Villanueva do uso na Galicia litoral de escouras de desfosforación nos anos vinte para o cultivo do toxo. 370 Evidentemente esta noticia non hai que entendela no uso do toxo como fertilizante, senón no seu papel complementario como alimento para o gando tamén de gran desenvolvemento nestes anos371. Un último aspecto a abordar sobre as cifras de fertilización química é a escasa relevancia do seu consumo na provincia de Pontevedra. Poderiamos afirmar con Lourenzo Fernández Prieto que as cifras son demasiado baixas e que posiblemente están moi infravaloradas. Sen embargo é de acordo co comentado ao longo deste capítulo tamén hai indicios de que están a reflexar unha situación aproximada. Como vimos esta provincia, que en gran medida é a responsable de transformacións anteriores, non participa do desenvolvemento dos cultivos que son precisamente o principal destino de estes fertilizantes. Nin a pataca, nin os nabos nin os prados tiveron especial importancia na provincia. Tampouco os hortícolas, que si tiveron significación en etapas anteriores, sofren un retroceso estes anos, contrastando coas capacidades medioambientais de Pontevedra para o cultivo intensivo. Con unha superficie por explotación máis cativa que a media de Galicia mantivéronse os modelos de rotacións previos que buscaban unha complementariedade entre agricultura e gando cun mantemento da propiedade veciñal, xunto con Ourense, maior que no norte. Todos os datos manexados ata o de agora confirman que esta provincia participa en menor medida dos cambios desenvolvidos despois da crise agraria finisecular, tamén probablemente por ter completado antes a transformación dos sistemas de cultivo. Non en van é, como veremos no apartado seguinte, a provincia cunha maior productividade da terra.

370 En Valeriano Villanueva, Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y la España Atlántica. Edición, estudios preliminares y notas de José Antonio Durán MAPA/Xunta de Galicia, Santiago/ Madid 1984, pax. 384. 371 Na Granxa Agrícola da coruña fixeronse experiencias con machacadoras para mecanizar o proceso de trituración do toxo destiñado a forraxe e se chegaron a comercializar. Lourenzo Fernández Prieto, A Granxa Agrícola-Experimental da Coruña, 1888-1928. Contribución ó estudio da renovación técnica da agricultura galega, Xunta de Galicia, Santiago, 1988, pax.84.

181

II.6.4. Cambios nos usos do monte. Diversificación productiva e o comezo da alternativa forestal.

A partir da reducción de superficie adicada a toxo xunto coa creación de pastizais producirase a partir da segunda metade do século XIX unha transformación dos usos do monte que quizais é das máis significativas, senón pola súa entidade cuantitativa si por supoñer o comezo dos cambios que na segunda metade do século XX levarán á desestructuración do sistema agrario.Referímonos os comezos da repoboación forestal con pinos (variedade pinaster) e, en menor medida, eucaliptos. A acción repoboadora do estado en esta etapa é moi escasa ata os anos vinte. Neses anos e despois de numerosos fracasos da administración forestal o movemento agrarista non parou de facer chamamentos da necesidade da repoboación. Aínda que xa xorden algúns proxectos illados na década anterior o pulo fundamental se dará nos anos vinte mediante o instrumento dos convenios entre o estado e a deputación. Na busca de rendibilidade rápida a especie dominante será o pino e fundamentalmente na variedade pinaster. Tamén aparece nestes anos, aínda que só no ámbito da publicística e sen consecuencias prácticas, o eucalipto. A importancia cuantitativa deste proceso foi aínda pequena na perspectiva do impacto sobre o sistema agrario, xa que o primeiro consorcio, coa provincia de Pontevedra, fírmase en 1926 e decaerá o ritmo posteriormente antes da guerra, pero o plantexamento non difire moito do que será o gran proceso repoboador a partir da década de 1940372.

Dende o punto de vista do impacto productivo a repoboación forestal se

circunscribe a acción individual o que de novo nos remite á extensión dos repartos como a orixe da repoboación individual. A carencia de información estatística minimamente fiable fai que sexa tremendamente difícil precisar moito, pero en contrapartida dispoñemos de moitas noticias que non permiten unha aproximación cualitativa. Así mesmo a información do comercio da madeira e os datos sobre a evolución da industria de transformación permítenos constatar a importancia do proceso.

De acordo cos datos manexados por Abel Bouhier a introducción do pinus

pinaster en Galicia data da segunda metade do século XVIII, pero só será a partires de 1860 cando comece a ter importancia o que supón unha proba da relación entre o proceso de individualización e a repoboación forestal.373 A repoboación circunscríbese, entre esa data e 1920 á Galicia litoral, estimando Bouhier que a finais do período a repoboación afectou entre un mínimo de 30-40000 has. e un máximo de 50-60000 has. A etapa seguinte, entre 1920 e 1940 caracterízase segundo Bouhier por un incremento da superficie repoboada na zona litoral e pola extensión das repoboacións ó interior.

En calquera caso, e independentemente das cifras, queda claro que o proceso é importante e nisto coinciden os publicistas da primeira metade do século.374 Para entender esta importancia debemos referirnos a evolución da industria da madeira a 372 Seguimos neste punto a Eduardo Rico Boquete: A riqueza forestal de Galicia no século XX: Producción e explotación. Tese de doutoramenro, Departamento de Historia II, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1993. 373 Non imos falar do eucalipto xa que a súa presencia é puramente anecdótica ata ben entrada a segunda década do século XX. Bouhier, La Galice... op cit pax.1029-1045. 374 Unha análise destos datos en Eduardo Rico Boquete, A riqueza forestal de Galicia no século XX: Producción e explotación. Tese de doutoramenro, Departamento de Historia II, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1993.

182

partir de finais do século XIX. Para esto contamos co estudio de Eduardo Rico para a provincia de Pontevedra.375 De acordo cos seus datos a industria da madeira comeza a adquirir importancia en Galicia no último tercio do século XIX, aínda que de maneira incipiente. Segundo a estatística da contribución industrial había en Pontevedra en 1888 5 contribuíntes por serras alternativas e 17 por serras de cinta. A extensión a principios do século XX será espectacular en toda Galicia aínda que mantendo Pontevedra a primacía con 51,38% e 74 fábricas de aserrar en 1910 de acordo co anuario Riera polo 33,33% e 48 de A Coruña, o 4,16% e 6 de Lugo e o 10,41% e 15 de Ourense. A primeira Guerra mundial tivo un efecto moi favorable sobre a industria do aserrío en Galicia ó permitirlle o acceso a boa parte do mercado español. Este feito incidiu na multiplicación das industrias que moitas veces estaban minimamente dotadas de tecnoloxía o que ía ter consecuencias co cambio de conxuntura da posguerra. Ó mesmo tempo a publicística sinala os problemas de abastecemento de materias primas, o que indica que a repoboación, sendo importante, era limitada. A mesma evolución positiva presentan as cifras de comercio de cabotaxe e de exportación (preferentemente a Inglaterra) ata 1920. A partir desa data a interrupción das exportacións a Inglaterra e medidas políticas destinadas a protexer o abastecemento de madeira á minería asturiana fixeron entrar en crise á industria da madeira galega da que non sairía ata os anos da posguerra civil.

Non podemos limitarnos a constatar o proceso de repoboación forestal do

primeiro tercio do século XX. Pola contra debemos facer un esforzo por integrar este proceso na transformación global dos aproveitamentos do monte. En primeiro lugar o feito de que esta repoboación fose cuantitativamente limitada impide considerala como un ataque directo o sistema de aproveitamentos establecido. Máis ben habería que entendela como unha estratexia de diversificación favorecida pola intensificación dos outros recursos que permitirían derivar terras para usos forestais. Está claro que os labregos non estaban en contra da repoboación en si, senón da repoboación do Estado en montes veciñais o que implicaba unha usurpación da propiedade. Por outra banda sería relevante poder coñecer a forma na que esta repoboación se levou a cabo e o grao de compatibilidade con outros recursos. Este tema é difícil de coñecer pero algunha referencia temos. No seu libro póstumo Valeriano Villanueva fixo unha avaliación global do proceso de repoboación en montes particulares que merece a pena reproducir aquí pola súa novidade e a súa relevancia.

"En los últimos 30 años se han cubierto allí [Galicia] de pinares, sin

auxilio del Estado, de la provincia ni del municipio, decenas de millares de hectáreas de monte propiedad individual en la zona baja próxima a la costa y en el comienzo de la montaña media. La parte menor de esta instauración gigantesca de bosques ha estado a cargo de propietarios rentistas, la mayor parte ha sido obra de los mismos agricultores, a quienes nada les cuesta la siembra del pinar, pues se hace con la de un cereal, que paga después todos los gastos y aún deja ganancia (...) Los labradores acomodados, que trabajan tierras todas suyas y que son muy pocos, pues en las dichas comarcas no pasan del cinco o seis por ciento, y los medianos, han resuelto gentilmente la dificultad [perda de esquilmos]; no dejan crecer más que un número muy limitado, 100 a 150 por hectárea; de este modo, los pinos abrigan la finca, mucho más siendo inclinada, que es lo corriente, y no perjudican la vegetación y producción bajo ellos. El

375 Montes e industria forestal en la provincia de Pontevedra (1900-1975), Tórculo eds., Santiago, 1999 pax.44-61.

183

viajero vé desde lejos estos pinares como un bosque normal, y no repara que aquellos árboles son un abrigo y un cultivo asociado al principal, que es otro muy distinto."376

Esta longa cita, cremos que amplamente xustificada, abunda na idea da complementariedade e non substitución de aproveitamentos da repoboación particular. No mesmo senso temos a referencia dada polo Avance estatístico de 1891 na Coruña onde se indica que moitos veciños despois das estivadas sementaban xunto con semente de toxo semente de pino.377 Parece claro polo tanto que a repoboación antes da Guerra Civil non o tivo o carácter traumático sobre o sistema agrario que si tivo con posterioridade. En todo caso tanto este problema como todas as transformacións dos aproveitamentos do monte antes da Guerra Civil precisan de moita máis investigación para a súa clarificación.

376 Valeriano Villanueva, (1941), Los grandes problemas del campo, introducción de Lurenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde, Xunta de Galicia, Santiago, 1998, pax. 146. 377 Avance estadístico sobre el cultivo de cereal y de leguminosas asociadas en España formado por la Junta Consultiva Agronómica,1890, Tipografía de L. Péaut e hijos, Madrid, 1891, tomo I, pax. 439.

184

185

II.7. RECONSTRUCCIÓN DAS MACROMAGNITUDES AGRARIAS. Comentamos anteriormente que non existen, con anterioridade ao comezo da publicación dos AEPA nos anos trinta, reconstruccións completas da producción agraria no marco das estatísticas que estamos a criticar. Da mesma forma non existen estimacións en todo o período da superficie cultivada e moito menos da SAU. É posible pese a todo combinar as series anuais do cereal, vide e olivo coas memorias anuais de determinados productos e reconstruír a evolución da producción agraria para catro datas, 1900, 1910, 1922 (a primeira data para que hai información completa da producción agrícola pero non da gandería), e os anos 30. Da mesma forma é posible facer, a partir das fontes, unha estimación da superficie cultivada que, se ben presenta problemas para Galicia, si ten a vantaxe de ser homoxénea e polo tanto facilita o cálculo da productividade da terra. A esta cuestión, máis á análise dos resultados adicaremos o presente apartado. Agora ben, é necesario facer algunhas precisións previas. Ao longo deste capítulo puxemos de manifesto as limitacións da estatística agraria nesta primeira etapa. O feito de que estemos no momento de creación de esta estatística implicou en moitos casos erros, algúns dos cales poden ser identificados e corrixidos pero outros, aínda que poden ser identificados non poden ser corrixidos (caso da gandería). Especialmente os datos dos primeiros anos, que corresponden á estimación para 1900, conteñen imprecisións e, xeralmente, subestimacións que sesgan a evolución nunha dirección máis positiva do que realmente sucedeu. Esto aínda que é común para todo o Estado, quedou especialmente demostrado para Galicia. Non podemos conformarnos sen máis en cos datos polo feito de que sexan os únicos cuantitativos que existen. Pola contra debemos identificar e corrixir ese sesgo na medida do posible e telo en conta á hora de analizar os datos. II.7.1. Estimación da superficie cultivada e da producción. A primeira estimación, tanto da producción agraria como da superficie cultivada, para o total do Estado foi a realizada polo GEHR en 1983 para as mesmas catro datas que consideramos nos. Estas estimacións foron realizadas a partir de cálculos para todas as provincias que permaneceron inéditas. Posteriormente Domingo Gallego publicou os resultados provinciais para dous anos, 1900 e 1931. Tivemos a fortuna para a realización da nosa investigación de contar coas estimacións orixinais do grupo para as catro provincias galegas, xenerosamente proporcionadas por Domingo Gallego. A nosa propia estimación parte de estes dato aínda que con diverxencias derivadas da crítica e análise das cifras realizada con anterioridade. O primeiro problema que xurde para realizar unha estimación da superficie cultivada en Galicia é que, debido ao complexo sistema de rotacións, non podemos limitarnos a sumar as superficies dos distintos cultivos. Temos que ter en conta que gran parte dos cultivos van asociados directamente (como as leguminosas co cereal) ou sucédense dentro de un mesmo ano (caso dos nabos ou das pradeiras artificiais temporais). Co mesmo criterio en Pontevedra, Coruña e parte de Ourense a superficie total de cereais é maior que o que suporía na superficie cultivada. O problema xurde ao ter tan só unha referencia na estatística ao coeficiente de reducción, para Pontevedra en 1900. O GEHR utiliza este coeficiente para os outros anos nesta provincia. Esta

186

alternativa introduce un sesgo favorable a esta provincia no cálculo da productividade da terra polo que nos optamos por sumar o total de cereais tanto en Pontevedra como en Coruña e Ourense, o que, se ben da unha superficie cultivada algo maior da real, produce unha evolución homoxénea. O cálculo total da superficie cultivada resulta así da suma das superficies dos cereais, viñedo, olivar, pataca378, plantas industriais, horta e pradeiras artificiais permanentes. Respecto á corrección de datos só fixemos no único caso no que é absolutamente evidente e de fácil corrección. Referímonos a superficie (e consecuentemente tamén na producción) de trigo na Coruña en 1900. De acordo co xa comentado na análise das series de este cereal a superficie desta provincia está amplamente sobreestimada, con moita probabilidade por unha confusión entre hectáreas e ferrados ou por un erro na conversión das mesmas medidas. En este caso tomamos os datos da serie anual de 1905, tanto de superficie como de producción. Para o caso de Lugo non fixemos o mesmo, xa que, se ben a subestimación da superficie de centeo é grande, pasa tamén en todos os productos. Neste caso temos unha subestimación da superficie cultivada e tamén do producto agrícola que non corriximos pero si teremos en conta na análise. O principal problema das cifras está no cálculo das pradeiras artificiais que teñen unha gran disparidade de criterios nas fontes, tanto entre as distintas memoriais como entre provincias. O GEHR inclúe estas superficies no total dos montes e tamén a producción. Coidamos que esta alternativa é mala xa que produce distorsións no cálculo da producción total. De ser así o producto dos montes de Galicia suporía entre o 30 e o 35% dos montes españois así como o 36% (en 1900) do producto agrario de Galicia o que non ten sentido. O lóxico sería sumar os prados permanentes á superficie cultivada, pero non os temporais e na producción sumar as dúas á producción agrícola. Esto foi o que fixemos aínda que con moitos problemas, xa que non todas as memorias distinguen entre prados temporais e permanentes, só a de 1905 e a de 1922 e esta última non o fai para Ourense. As cifras dos anos trinta son malas porque só consignan unha cativa superficie que, aínda que non se indica, só pode referirse aos prados permanentes, e algo similar sucede cos datos da memoria de 1912. A situación complícase porque neses anos hai tamén confusións entre prados artificiais e pradeiras naturais segables (pertencentes aos montes na estimación do GEHR e na fonte) e non se indica claramente esta superficie en todos os anos. A solución que seguimos foi utilizar como base as cifras de 1905379 e 1922 completadas coas outras dúas e non incluír as pradeiras naturais segables, o que é unha mala solución xa que da unha evolución negativa entre 1900 e 1930 nos prados artificiais permanentes. Este é o único caso de sobreestimación nas cifras de 1900 respecto aos anos finais do trienio, pero mantemos aínda así a solución. A razón esta en que sen incluír estes datos na superficie, e posteriormente na producción agrícola, estariamos sesgando á baixa o producto agrícola respecto ao resto do Estado xa que supón en torno ao 20% da producción agrícola e ao 10% da agraria. É ademais un elemento central no sistema agrario e da evolución do mesmo. Os datos non reflicten axeitadamente esa evolución, pero si a súa importancia.

378 Neste caso parte da superficie de pataca cultívase en rotación co cereal, pero como non sabemos en que porcentaxe a sumamos igualmente enteira. 379 O GEHR renuncia aos datos de 1905 e utiliza os de 1912 deflactados.

187

Cadro 34 Superficie cultivada Galicia Has. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 628991 641012 661286 627517 Labrado (cereal) 437637 448033 430196 374732 Barbeito 17080 8943 9200 14265 Viñedo 20346 23155 30074 36283 Olivar 0 64 104 54 Pataca 37959 45590 88060 115994 Plantas industriais 1373 1171 1527 355 Horta 11861 11321 10644 10069 Pradeiras artificiais 102735 102735 91481 75765 Montes 2221698 2209677 2189403 2223172 Superficie productiva 2850689 2850689 2850689 2850689 Fonte: Noticias estadísticas sobre la producción agrícola española, formada por la JCA,1902. Madrid, S/D. Prados y pastos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias sobre dicho tema remitidas por los ingenieros del servicio agronómico nacional, Madrid, 1905. . Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de árboles y arbustos frutales, tubérculos, raices y bulbos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1913.. Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de las plantas industriales. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. Avance estadístico de pastos, prados y algunos aprovechamientos y pequeñas industrias zoógenas anexas. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1912 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual en el decenio de 1903 a 1912 de cereales y leguminosas, vid y olivo y aprovechamientos diversos derivados de estos cultivos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1913, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1915. Avance estadístico de la producción agrícola en España. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1922 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial. Madrid, 1923. Anuarios Estadísticos de las Producciones Agrícolas (AEPA). GEHR, Estadísticas históricas... op cit Cadro 35 Superficie cultivada A Coruña Has. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 259387 241096 241544 230695 Labrado (cereal) 227854 198580 169575 112911 Barbeito Viñedo 725 809 564 1036 Olivar Pataca 896 12000 25000 66088 Plantas industriais 298 93 172 3 Horta 2929 2929 3052 7156 Pradeiras artificiais 26685 26685 43181 43501 Montes 515105 533396 532948 543797 Superficie productiva 774492 774492 774492 774492 Fonte: ibid cadro 34

188

Cadro 36 Superficie cultivada Lugo Has. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 113323 147477 150100 153155 Labrado (cereal) 36178 76608 80200 101900 Barbeito 17080 8943 9200 14265 Viñedo 1905 2936 4800 5950 Olivar Pataca 15760 16000 40000 24200 Plantas industriais 300 540 400 40 Horta 2500 2850 3000 1800 Pradeiras artificiais 39600 39600 12500 5000 Montes 846481 812327 809704 806649 Superficie productiva 959804 959804 959804 959804 Fonte: ibid cadro 34 Cadro 37 Superficie cultivada Ourense Has. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 128648 124478 136346 120843 Labrado (cereal) 71448 70265 75935 58090 Barbeito Viñedo 11589 12888 17100 21839 Olivar 64 104 54 Pataca 15263 11190 17260 18203 Plantas industriais 665 388 755 280 Horta 3422 3422 3392 577 Pradeiras artificiais 26261 26261 21800 21800 Montes 565252 569422 557554 573057 Superficie productiva 693900 693900 693900 693900 Fonte: ibid cadro 34 Cadro 38 Superficie cultivada Pontevedra Has. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 127633 127961 133296 122824 Labrado (cereal) 102157 102580 104486 101831 Barbeito Viñedo 6127 6522 7610 7458 Olivar Pataca 6040 6400 5800 7503 Plantas industriais 110 150 200 32 Horta 3010 2120 1200 536 Pradeiras artificiais 10189 10189 14000 5464 Montes 294860 294532 289197 299669 Superficie productiva 422493 422493 422493 422493 Fonte: ibid cadro 34 A visión gráfica das cifras axuda a clarificar os problemas expostos. Os cadros (34-38 en hectáreas e 39-43 en %) mostran como as cifras máis problemáticas son as de Lugo en 1900 e as pradeiras artificiais. A reducción de perto de 25000 hectáreas entre

189

1922 e 1931 na superficie cultivada débese precisamente a este problema da subestimación das pradeiras artificiais permanentes. Non resulta razoable pensar nunha reducción nestes anos da superficie cultivada polo que temos que atribuílo a unha confusión coas pradeiras naturais segables. Da mesma forma a cifra de 1900 mostra a subestimación da superficie cultivada en Lugo. Esta subestimación queda compensada en parte na evolución posterior porque é esta provincia quen concentra a subestimación posterior das pradeiras artificiais. En calquera caso os datos non nos din moito da evolución do sistema de cultivos pero tampouco é ese o seu papel, xa que son máis que nada un instrumento para o cálculo da productividade da terra. A análise das cifras dos diferentes cultivos realizada anteriormente é máis útil neste caso. En todo caso algunha cousa podemos dicir, especialmente atendendo aos datos de porcentaxe que permiten outorgarlle un razoable grao de fiabilidade as cifras, dentro do baixo nivel xeral. Os datos mostran como a superficie do labrado ou sistema de rotacións complexo con forraxeiras e prados temporais concéntrase nas dúas provincias do litoral e moi concretamente en Pontevedra. En Lugo e Ourense as solucións adoptadas pasaron polos prados permanentes e as forraxeiras, máis que nos temporais, e polo cultivo da pataca. Estes datos son congruentes coas diferencias medioambientais que foron expostas no capítulo I e que condicionaban neste contexto tecnolóxico moi seriamente o que se podía facer co sistema de cultivos. As peores condicións para o cultivo do millo, o máis productivo dos cereais, facían menos atractiva a presencia de cereais nas rotacións e a busca de alternativas forraxeiras (prados ou nabos) ou de cultivos moi productivos e cada vez máis comercializables como a pataca. Dentro do litoral é A Coruña que concentra as transformacións nesta etapa, mentres que en Pontevedra non se romperon os límites marcados polo sistema do millo-prado. En parte esto débese a un problema das cifras, pero tamén a razóns reais. A menor superficie por hectárea nesta provincia supón un límite, e o mesmo cabe dicir da menor incidencia dos repartos de montes, que limitaron a intensificación dos usos do monte e o camiño a produccións máis intensivas e axeitadas no contexto medioambiental do suroeste como as hortícolas. Cadro 39 Superficie cultivada Galicia %. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 100,0 100,0 100,0 100,0 Labrado (cereal) 69,6 69,9 65,1 59,7 Barbeito 2,7 1,4 1,4 2,3 Viñedo 3,2 3,6 4,5 5,8 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Pataca 6,0 7,1 13,3 18,5 Plantas industriais 0,2 0,2 0,2 0,1 Horta 1,9 1,8 1,6 1,6 Pradeiras artificiais 16,3 16,0 13,8 12,1 Fonte: ibid cadro 34

190

Cadro 40 Superficie cultivada A Coruña %. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 100,0 100,0 100,0 100,0 Labrado (cereal) 87,8 82,4 70,2 48,9 Barbeito 0,0 0,0 0,0 0,0 Viñedo 0,3 0,3 0,2 0,4 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Pataca 0,3 5,0 10,4 28,6 Plantas industriais 0,1 0,0 0,1 0,0 Horta 1,1 1,2 1,3 3,1 Pradeiras artificiais 10,3 11,1 17,9 18,9 Fonte: ibid cadro 34 Cadro 41 Superficie cultivada Lugo %. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 100 100 100 100 Labrado (cereal) 31,9 51,9 53,4 66,5 Barbeito 15,1 6,1 6,1 9,3 Viñedo 1,7 2,0 3,2 3,9 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Pataca 13,9 10,8 26,6 15,8 Plantas industriais 0,3 0,4 0,3 0,0 Horta 2,2 1,9 2,0 1,2 Pradeiras artificiais 34,9 26,9 8,3 3,3 Fonte: ibid cadro 34 Cadro 42 Superficie cultivada Ourense %. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 100,0 100,0 100,0 100,0 Labrado (cereal) 55,5 56,4 55,7 48,1 Barbeito 0,0 0,0 0,0 0,0 Viñedo 9,0 10,4 12,5 18,1 Olivar 0,0 0,1 0,1 0,0 Pataca 11,9 9,0 12,7 15,1 Plantas industriais 0,5 0,3 0,6 0,2 Horta 2,7 2,7 2,5 0,5 Pradeiras artificiais 20,4 21,1 16,0 18,0 Fonte: ibid cadro 34

191

Cadro 43 Superficie cultivada Pontevedra %. 1900 1910 1922 1931 Superficie cultivada 100,0 100,0 100,0 100,0 Labrado (cereal) 80,0 80,2 78,4 82,9 Barbeito 0,0 0,0 0,0 0,0 Viñedo 4,8 5,1 5,7 6,1 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Pataca 4,7 5,0 4,4 6,1 Plantas industriais 0,1 0,1 0,2 0,0 Horta 2,4 1,7 0,9 0,4 Pradeiras artificiais 8,0 8,0 10,5 4,4 Fonte: ibid cadro 34 Para a construcción das estimacións da producción agraria utilizamos tamén como base as estimacións do GEHR coas mesmas aclaracións que fixemos anteriormente acerca das pradeiras artificiais. Ademais de estas modificacións tamén aplicamos para o trigo na Coruña que nas superficie. Utilizamos as cifras de 1905. Unha última modificación respecto ás cifras do GEHR refírese á producción de pataca en 1931. O GEHR toma as cifras de ese ano por ser o de colleita máis normal da etapa republicana. Sen embargo as cifras de pataca para a provincia de Pontevedra ese ano son excepcionalmente baixas, polo que tomamos a media de 1931-35. Os datos en pesetas correntes e desglosados nos distintos productos ofrécense nos cadros 44 a 48. Simpson utiliza nas súas estimacións non o producto agrario senón a producción final, ou sexa este menos o que se reemprega na propia explotación. Dende o noso punto de vista esta opción implica forzar aínda máis as cifras tendo en conta a súa xa baixa fiabilidade. Outro problema xurde á hora de escoller un deflactor axeitado. O ideal sería contar con un índice de prezos dos productos agrarios que non existe para esta etapa. Gallego ofrece no seu traballo un índice que ten ademais a vantaxe de que está desglosado en prezos agrícolas, gandeiros e forestais. O problema está en que so o temos para os anos 1900 e 1930. Pola súa parte o GEHR utiliza o índice de Alcaide que é un índice de prezos do conxunto da economía. Como non podemos renunciar ás cifras intermedias dadas as dúbidas que temos sobre a subestimación do producto en 1900 optaremos na análise dos datos por ofrecer as dúas estimacións a prezos constantes. A partir do índice de Alcaide analizaremos as cifras para os catro anos e a partir dos prezos de Gallego entre 1900 e 1930 o que servirá de base para facer unha comparación co resto das rexións do Estado sobre as súas estimacións.

192

Cadro 44380 Galicia Producción agraria. Miles de pts correntes 1900 1910 1922 1931 A. Agricultura 247404 390172 920201 1062584 A. 1. Cereais e Leguminosas 127626 176379 381493 375485 A. 1.1. Trigo 10137 21531 57917 51015 A. 1.4. Centeo 29156 58611 134933 127759 A. 1.5. Millo 75872 82555 153800 160617 A. 1.7. Total cereais 115723 163514 348669 343685 A. 1.10. Fabas (Judías) 11463 12264 32384 28919 A. 1.11. Total Leguminosas 11880 12850 32798 31761 A. 2. Viñedo 12586 30158 47977 61941 A. 3. Olivar 0 12 37 13 A. 4. Arbores e arbustos frutais 10055 8959 13623 19121 A. 5. Raíces, tubérculos e bulbos 34069 62546 244989 406515 A. 5.1. Pataca 21652 40632 187401 351093 A. 6. Plantas industriais 1401 1406 2784 629 A. 7. Horta 19199 24191 54797 43728 A. 8. Pradeiras artificiais 42468 86521 174501 155152 B. Montes, devesas e pastos 123426 124782 187557 217712 C. Gandería 100148 156913 432636 423580 C. 1. Leite 28199 49033 139105 129228 C. 2. Lá 827 1220 1196 2876 C. 3. Carne 61112 95248 257675 241809 Total Xeral 470978 671867 1540394 1703876 Fontes: Noticias estadísticas sobre la producción agrícola española, formada por la JCA,1902. Madrid, S/D. Prados y pastos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias sobre dicho tema remitidas por los ingenieros del servicio agronómico nacional, Madrid, 1905. . Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de árboles y arbustos frutales, tubérculos, raices y bulbos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1913.. Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de las plantas industriales. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. Avance estadístico de pastos, prados y algunos aprovechamientos y pequeñas industrias zoógenas anexas. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1912 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual en el decenio de 1903 a 1912 de cereales y leguminosas, vid y olivo y aprovechamientos diversos derivados de estos cultivos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1913, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1915. Avance estadístico de la producción agrícola en España. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1922 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial. Madrid, 1923. Anuarios Estadísticos de las Producciones Agrícolas (AEPA). GEHR, Estadísticas históricas... op cit. GEHR: “Notas sobre la producción agraria española, 1891-1931”. Revista de Historia Económica, I/2, 1983, pp. 185-252. Gallego Martínez, Domingo: “Pautas regionales de cambio técnico en el sector agrario español (1900-1930)”. Cuadernos Aragoneses de Economía, 2a época, III/2, 1993, pp.241-276. GEHR, Estimacións inéditas da producción agraria en Galicia.

380

193

Cadro 45 A Coruña Producción agraria. Miles de pts correntes 1900 1910 1922 1931 A. Agricultura 72621 118965 300574 440041 A. 1. Cereais e Leguminosas 46399 61143 133498 110284 A. 1.1. Trigo 6390 14951 39165 27927 A. 1.4. Centeo 7271 17583 24523 14863 A. 1.5. Millo 28955 24479 51259 48707 A. 1.7. Total cereais 42616 57013 114947 92178 A. 1.10. Fabas (Judías) 3696 3982 18551 15836 A. 1.11. Total Leguminosas 3783 4130 18551 18106 A. 2. Viñedo 513 691 836 2015 A. 3. Olivar A. 4. Arbores e arbustos frutais 584 305 842 2669 A. 5. Raíces, tubérculos e bulbos 1685 22205 78357 223577 A. 5.1. Pataca 1016 14400 63000 210953 A. 6. Plantas industriais 398 165 275 5 A. 7. Horta 5824 5608 9095 26944 A. 8. Pradeiras artificiais 17218 28848 77671 74547 B. Montes, devesas e pastos 30392 34855 49333 62318 C. Gandería 23446 36662 124358 96216 C. 1. Leite 8581 14381 50734 35604 C. 2. Lá 108 169 154 114 C. 3. Carne 12402 19427 66347 52605 Total Xeral 126459 190482 474265 598575 Fonte: Ibid cadro 44.

194

Cadro 46 Lugo Producción agraria. Miles de pts correntes 1900 1910 1922 1931 A. Agricultura 33454 72960 234631 265528 A. 1. Cereais e Leguminosas 9163 26139 68704 118423 A. 1.1. Trigo 2120 4151 11826 20052 A. 1.4. Centeo 4726 14995 49800 67590 A. 1.5. Millo 1822 4985 4200 23788 A. 1.7. Total cereais 8753 24535 66758 114573 A. 1.10. Fabas (Judías) 374 1442 1920 3811 A. 1.11. Total Leguminosas 387 1589 1920 3811 A. 2. Viñedo 1088 3504 6250 9199 A. 3. Olivar A. 4. Arbores e arbustos frutais 5145 4947 5162 8957 A. 5. Raíces, tubérculos e bulbos 14159 13271 125050 112111 A. 5.1. Pataca 7755 9600 88000 82764 A. 6. Plantas industriais 224 652 840 63 A. 7. Horta 1750 5458 18136 9358 A. 8. Pradeiras artificiais 1925 18989 10489 7417 B. Montes, devesas e pastos 53423 50641 97676 99696 C. Gandería 24623 45601 130383 196740 C. 1. Leite 10427 19637 53449 72537 C. 2. Lá 80 176 80 459 C. 3. Carne 12580 24037 64306 99940 Total Xeral 111500 169202 462690 561964 Fonte: Ibid cadro 44.

195

Cadro 47 Ourense Producción agraria. Miles de pts correntes 1900 1910 1922 1931 A. Agricultura 65667 87036 172559 176834 A. 1. Cereais e Leguminosas 27155 34557 76432 56889 A. 1.1. Trigo 766 1090 3737 891 A. 1.4. Centeo 14345 21625 49016 37677 A. 1.5. Millo 10131 10124 20112 17289 A. 1.7. Total cereais 25715 33252 73952 56165 A. 1.10. Fabas (Judías) 1123 1014 2066 459 A. 1.11. Total Leguminosas 1440 1305 2480 724 A. 2. Viñedo 6869 12868 27405 37440 A. 3. Olivar 12 37 13 A. 4. Arbores e arbustos frutais 2705 2601 5438 4723 A. 5. Raíces, tubérculos e bulbos 9370 18445 27990 53679 A. 5.1. Pataca 6480 8952 24279 42268 A. 6. Plantas industriais 675 386 1091 524 A. 7. Horta 7110 6837 13565 3834 A. 8. Pradeiras artificiais 11783 11330 20601 19732 B. Montes, devesas e pastos 22174 22313 12375 22739 C. Gandería 32702 45052 91566 73435 C. 1. Leite 4043 6467 10535 8552 C. 2. Lá 542 753 830 2085 C. 3. Carne 24870 34130 71508 51641 Total Xeral 120543 154401 276500 273008 Fonte: Ibid cadro 44.

196

Cadro 48 Pontevedra Producción agraria. Miles de pts correntes 1900 1910 1922 1931 A. Agricultura 75662 111211 212437 180181 A. 1. Cereais e Leguminosas 44909 54540 102859 89889 A. 1.1. Trigo 861 1339 3189 2145 A. 1.4. Centeo 2814 4408 11594 7629 A. 1.5. Millo 34964 42967 78229 70833 A. 1.7. Total cereais 38639 48714 93012 80769 A. 1.10. Fabas (Judías) 6270 5826 9847 8813 A. 1.11. Total Leguminosas 6270 5826 9847 9120 A. 2. Viñedo 4116 13095 13486 13287 A. 3. Olivar A. 4. Arbores e arbustos frutais 1621 1106 2181 2772 A. 5. Raíces, tubérculos e bulbos 8855 8625 13592 17148 A. 5.1. Pataca 6401 7680 12122 15108 A. 6. Plantas industriais 104 203 578 37 A. 7. Horta 4515 6288 14001 3592 A. 8. Pradeiras artificiais 11542 27354 65740 53456 B. Montes, devesas e pastos 17437 16973 28173 32959 C. Gandería 19377 29598 86329 57189 C. 1. Leite 5148 8548 24387 12535 C. 2. Lá 97 122 132 218 C. 3. Carne 11260 17654 55514 37623 Total Xeral 112476 157782 326939 270329 Fonte: Ibid cadro 44.

197

II.7.2. Límites da reconstrucción das macromagnitudes agrarias. Análise da súa evolución. Neste apartado analizaremos as macromagnitudes agrarias a prezos constantes co obxectivo de delimitar aquelo que as estatísticas nos poden ofrecer e onde están os seus límites. Trataremos a evolución da producción e a súa composición así como a productividade da terra e do traballo. Non nos interesa tanto medir con exactitude os ritmos de crecemento, o que á luz da crítica das fontes é imposible, como coñecer se as tendencias aproximadas que marcan son aceptables e nos permiten dicir algo acerca do modelo de cambio. En todos os caso analizamos tanto os datos globais de Galicia como os provincias dado que ese é nivel onde os erros se poden apreciar con maior claridade. Cadro 49 Taxas de crecemento acumulativo anual % Producción Agrícola A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España 1900-1910 5,5 8,5 3,3 4,3 5,1 1,6 1910-1922 3,1 5,2 1,0 0,7 2,5 2,1 1922-1931 4,8 1,8 0,7 -1,4 2,1 1,1 1900-1931 4,3 5,2 1,6 1,2 3,2 1,7 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. O primeiro dato que temos que analizar son as taxas de crecemento da producción. No cadro 49 exprésanse os datos referidos á producción agrícola que é a que máis podemos contrastar coa crítica realizada ata agora. O primeiro que chama a atención son os altísimos índices de crecemento entre 1900 e 1910, especialmente en Lugo pero comúns ao conxunto de Galicia. No caso de Lugo habería que matizar á baixa estes datos pola subestimación indicada do producto e a superficie agrícola a principios de século. Aínda así tendo en conta esto os índices serían similares as outras provincias. A cuestión que se plantexa é en que medida estes índices están sesgados pola peor calidade da fonte a comezos de século ou se polo contrario implican unha evolución real. Na nosa opinión é moi probable que a fonte esté sesgada a baixa en 1900 a pesar das correccións efectuadas. Sen embargo tampouco cabe dúbida de que a tendencia seguiría sendo de maior crecemento que con posterioridade. A explicación a este feito está na nosa opinión en que estes anos son os de recuperación tras a crise agraria finisecular. Son ademais anos nos que o comercio de gando vacún a través do ferrocarril cara o interior da península comeza o seu extraordinario desenvolvemento ofrecendo boas condicións para a transformación do sistema de cultivos na dirección de maior presencia de forraxeiras. A tendencia, se ben non de esa magnitude ten unha base real. Por outra banda hai tamén unha compensación nos índices do conxunto do período entre 1922 e 1931 que mostran unha tendencia contraria na maioría das provincias salvo na Coruña pola importancia do crecemento do cultivo da pataca. Esta tendencia contraria neses anos débese claramente a problemas da fonte. Os problemas comentados respecto das forraxeiras teñen importancia na explicación, pero tamén os menores rendementos dos cereais que non coinciden coas noticias cualitativas ao respecto comentados no seu momento. Esto fainos pensar que as tendencias marcadas para o conxunto do período 1900-1931 son correctas, aínda que non no conxunto do seu volume. Como apoio a esta afirmación inclúo tamén os índices a partir das estimacións de Simpson do Producto

198

final agrícola que mostran para o período de 1911 (1909-13) a 1931 unha tendencia similar de crecemento e coas mesmas diferencias provinciais (cadro 50). Cadro 50 Taxas de crecemento Producción Final Agrícola 1911-1931 A Coruña 3,3Lugo 1,9Ourense 1,3Pontevedra 0,6Galicia 2,0Fonte: Simpson, James: “La producción y la productividad agraria españolas, 1890-1936”. Revista de Historia Económica, XII, 1994, pp.43-83. Cadro 51 Taxas de crecemento acumulativo anual % Producción Gandeira A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España 1900-1910 5,0 6,8 3,7 4,7 5,0 4,7 1910-1922 5,6 4,1 1,2 4,3 3,8 2,5 1922-1931 -2,4 5,2 -2,0 -4,0 0,2 1,3 1900-1931 3,0 5,3 1,0 1,9 3,1 2,8 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Os índices da producción gandeira confirman estas ideas. Os datos do cadro 51 están calculados a partir dos censos gandeiros e retrotraendo os coeficientes que relacionan a producción de carne, leite e lá dos AEPA respecto ao censo de 1929 cara atrás. Esto non ten en conta as melloras nas razas que se introduciron no primeiro tercio de século e ademais fai depender a fiabilidade da tendencia da dos censos. Como mostramos no apartado correspondente a tendencia de crecemento dos censos é menor do que distintas informacións reflicten para o grupo máis importante, o vacún. Podemos concluír que as tendencias están sesgadas á baixa, especialmente entre 1922 e 1931. A pesar disto tampouco hai que excluír, non unha ralentización do crecemento, senón un cambio de conxuntura en torno aos anos da República caracterizados ademais por malas colleitas durante varios anos. Cadro 52 Taxas de crecemento acumulativo anual % Producción do monte A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España 1900-1910 1,8 -0,1 0,5 0,1 0,5 -2,7 1910-1922 -1,8 0,8 -9,2 -0,5 -1,3 0,3 1922-1931 3,1 0,7 7,5 2,2 2,1 -1,3 1900-1931 0,8 0,4 -1,5 0,5 0,3 -1,1 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Moitas máis dificultades supoñen os datos da producción monte (cadro 52). As tendencias van na dirección contraria do que sabemos sucedeu no monte neses anos, ademais de mostrar tendencia incribles como que o producto diminuíra en Ourense nada menos que un 9,2% para incrementarse un 7,5 no período seguinte. As incoherencias da

199

estatística xunto coa tendencia perversa que supón a confusión entre prados artificiais permanentes e pradeiras naturais segables (de importancia entre 1922 e 1931) fan que non lle poidamos acreditar demasiada fiabilidade aos datos. Moitos dos problemas comentados fan que os datos que proceden de erros ou olvidos da fonte se compensen en certa medida tanto no total de Galicia para as tres variables comentadas como para as catro provincias no total do producto agrario (Cadro 53). Na perspectiva que nos temos plantexado esto ten importancia, porque implica que si podemos construír tendencia válidas da evolución das macromagnitudes a partir de datos estatísticos que teñen problemas. Non interesa aquí discutir se o índice de crecemento foi para Galicia do 2,6 tal e como indica a fonte e se iso implica aumento ou reducción do retraso relativo con outros países da Europa occidental. Para que esa metodoloxía fose correcta as estatísticas dos distintos países deberían ser comparables e nestes anos de construcción da metodoloxías estatística é máis que discutible. O marco de comparación ten que ser necesariamente cunha estatística homoxénea o que limita o campo de acción ao Estado. O que interesa esencialmente é se ese índice do 2,6% é resultado dunha tendencia crible que poidamos explicar e á luz do comentado parece selo. Cadro 53 Taxas de crecemento acumulativo anual % Producción Agraria A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España 1900-1910 4,6 4,7 2,9 3,8 4,0 1,8 1910-1922 2,9 3,7 0,1 1,4 2,2 2,1 1922-1931 3,1 2,6 0,3 -1,6 1,6 1,1 1900-1931 3,5 3,7 1,1 1,3 2,6 1,7 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Cadro 54 Composición da producción agraria Galicia % 1900 1910 1922 1931 Agricultura 52,5 58,1 59,7 62,4 Cereais e Leguminosas 27,1 26,3 24,8 22,0 Viñedo 2,7 4,5 3,1 3,6 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Arbores e arbustos frutais 2,1 1,3 0,9 1,1 Raíces, tubérculos e bulbos 7,2 9,3 15,9 23,9 Plantas industriais 0,3 0,2 0,2 0,0 Horta 4,1 3,6 3,6 2,6 Pradeiras artificiais 9,0 12,9 11,3 9,1 Montes, devesas e pastos 26,2 18,6 12,2 12,8 Gandería 21,3 23,4 28,1 24,9 Leite 6,0 7,3 9,0 7,6 Lá 0,2 0,2 0,1 0,2 Carne 13,0 14,2 16,7 14,2 Total Xeral 100,0 100,0 100,0 100,0 Fonte: Ibid cadro 44. Os datos sobre a composición interna do producto agrario confirman esta impresión de que erros en diferentes productos e provincias se compensan no total da

200

producción agraria (cadros 54 a 58). Hai produccións que teñen unha evolución negativa na participación no conxunto do producto agrario que sabemos non responde á realidade, caso da gandería en todas as provincias menos en Lugo ou os montes e as pradeiras artificiais, xunto con outras que diminúen menos do esperado como os cereais e as leguminosas ou que teñen un incremento desproporcionado como o grupo das raíces tubérculos e bulbos polo incremento da producción da pataca na Coruña. O feito é que en todos os casos nos que esa participación porcentual diminúe son productos moi productivos nos que a evolución constatable por vía cualitativa é a contraria ou podemos sabelo a partir da crítica da fonte. A tendencia xeral de crecemento do producto agrario é, polo tanto razoable, e incluso non sería rexeitable que fose maior. Cadro 55 Composición da producción agraria A Coruña % 1900 1910 1922 1931 Agricultura 57,4 62,5 63,4 73,5 Cereais e Leguminosas 36,7 32,1 28,1 18,4 Viñedo 0,4 0,4 0,2 0,3 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Arbores e arbustos frutais 0,5 0,2 0,2 0,4 Raíces, tubérculos e bulbos 1,3 11,7 16,5 37,4 Plantas industriais 0,3 0,1 0,1 0,0 Horta 4,6 2,9 1,9 4,5 Pradeiras artificiais 13,6 15,1 16,4 12,5 Montes, devesas e pastos 24,0 18,3 10,4 10,4 Gandería 18,5 19,2 26,2 16,1 Leite 6,8 7,5 10,7 5,9 Lá 0,1 0,1 0,0 0,0 Carne 9,8 10,2 14,0 8,8 Total Xeral 100,0 100,0 100,0 100,0 Fonte: Ibid cadro 44. Cadro 56 Composición da producción agraria Lugo % 1900 1910 1922 1931 Agricultura 30,0 43,1 50,7 47,3 Cereais e Leguminosas 8,2 15,4 14,8 21,1 Viñedo 1,0 2,1 1,4 1,6 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Arbores e arbustos frutais 4,6 2,9 1,1 1,6 Raíces, tubérculos e bulbos 12,7 7,8 27,0 19,9 Plantas industriais 0,2 0,4 0,2 0,0 Horta 1,6 3,2 3,9 1,7 Pradeiras artificiais 1,7 11,2 2,3 1,3 Montes, devesas e pastos 47,9 29,9 21,1 17,7 Gandería 22,1 27,0 28,2 35,0 Leite 9,4 11,6 11,6 12,9 Lá 0,1 0,1 0,0 0,1 Carne 11,3 14,2 13,9 17,8 Total Xeral 100,0 100,0 100,0 100,0 Fonte: Ibid cadro 44.

201

Cadro 57 Composición da producción agraria Ourense % 1900 1910 1922 1931 Agricultura 54,5 56,4 62,4 64,8 Cereais e Leguminosas 22,5 22,4 27,6 20,8 Viñedo 5,7 8,3 9,9 13,7 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Arbores e arbustos frutais 2,2 1,7 2,0 1,7 Raíces, tubérculos e bulbos 7,8 11,9 10,1 19,7 Plantas industriais 0,6 0,2 0,4 0,2 Horta 5,9 4,4 4,9 1,4 Pradeiras artificiais 9,8 7,3 7,5 7,2 Montes, devesas e pastos 18,4 14,5 4,5 8,3 Gandería 27,1 29,2 33,1 26,9 Leite 3,4 4,2 3,8 3,1 Lá 0,4 0,5 0,3 0,8 Carne 20,6 22,1 25,9 18,9 Total Xeral 100,0 100,0 100,0 100,0 Fonte: Ibid cadro 44. Cadro 58 Composición da producción agraria Pontevedra % 1900 1910 1922 1931 Agricultura 67,3 70,5 65,0 66,7 Cereais e Leguminosas 39,9 34,6 31,5 33,3 Viñedo 3,7 8,3 4,1 4,9 Olivar 0,0 0,0 0,0 0,0 Arbores e arbustos frutais 1,4 0,7 0,7 1,0 Raíces, tubérculos e bulbos 7,9 5,5 4,2 6,3 Plantas industriais 0,1 0,1 0,2 0,0 Horta 4,0 4,0 4,3 1,3 Pradeiras artificiais 10,3 17,3 20,1 19,8 Montes, devesas e pastos 15,5 10,8 8,6 12,2 Gandería 17,2 18,8 26,4 21,2 Leite 4,6 5,4 7,5 4,6 Lá 0,1 0,1 0,0 0,1 Carne 10,0 11,2 17,0 13,9 Total Xeral 100,0 100,0 100,0 100,0 Fonte: Ibid cadro 44. A partir das consideracións feitas ata agora podemos aproximarnos á análise da evolución da productividade, tanto da terra como do traballo ao longo do primeiro tercio do século XX. No cadro 59 aparecen reflectidos os índices de crecemento da productividade da terra agrícola e no cadro 60 os valores da mesma nos catro anos de referencia. As tendencias como era de esperar a partir da análise dos índices de crecemento do producto agrícola son dun incremento considerable especialmente na primeira etapa e na segunda en Lugo e Coruña e de ralentización entre 1922 e 1931. Este crecemento ten que matizarse na nosa opinión no caso da Coruña, xa que é dificilmente crible que en 1900 a productividade da terra agrícola fose practicamente a metade da de Ourense e Pontevedra. Posiblemente neste caso inflúa a baixa superficie e producción de pataca asignada á provincia en 1900, tendencia que será corrixida posteriormente. En Lugo pola contra os defectos da fonte afectan menos a esta

202

tendencia xa que a subestimación da superficie cultivada en 1900 afecta principalmente ao centeo cun escaso nivel nos rendementos. Aínda tendo en conta estes defectos as tendencias xerais de mellora da productividade da terra a niveis moi superiores aos da etapa anterior remítennos sobre todo no norte e na Galicia interior ao xa comentado proceso de intensificación das rotacións xa comentado para o XIX e que a comezos do XX distaba moito aínda de estar rematado. En parte estas melloras dependen dos incrementos dos rendementos de productos como a pataca e o nabo ou as pradeiras, pero a fonte tamén matiza estas melloras para os cereais ou o viñedo, polo que son transformacións ligadas á intensificación do uso da terra, máis cultivos en menos tempo, os que teñen a primacía na explicación. Cadro 59 Taxas de crecemento acumulativo anual % Productividade da terra Agrícola (Prod.Agrícola/Sup. Cultivada) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España 1900-1910 6,2 5,7 3,6 4,3 4,9 2,1 1910-1922 3,0 5,0 0,2 0,3 2,2 0,5 1922-1931 5,3 1,6 2,1 -0,5 2,7 0,3 1900-1931 4,7 4,2 1,8 1,4 3,2 1,0 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Cadro 60 Productividade da terra Agrícola (Prod.Agrícola/Sup. Cultivada) Pts. de 1910/Ha. A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1900 269,2 283,9 490,8 570,0 378,2 184,7 1910 493,4 494,7 699,2 869,1 608,7 228,1 1922 707,0 888,2 719,1 905,5 790,6 242,6 1931 1128,7 1025,9 865,9 868,0 1002,0 248,6

Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Cadro 61 Taxas de crecemento acumulativo anual % Productividade da terra total A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España 1900-1910 4,6 4,7 2,9 3,8 4,0 1,8 1910-1922 2,9 3,7 0,1 1,4 2,2 2,1 1922-1931 3,1 2,6 0,3 -1,6 1,6 1,1 1900-1931 3,5 3,7 1,1 1,3 2,6 1,7 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid.

203

Cadro 62 Productividade da terra total (Prod.Agrario./Sup. Productiva) Pts. de 1910/Ha. A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1900 157,0 111,7 167,0 256,0 158,9 88,8 1910 245,9 176,3 222,5 373,5 235,7 106,0 1922 347,9 273,9 226,4 439,7 307,0 135,3 1931 457,3 346,4 232,8 378,6 353,7 149,0

Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Unha tendencia similar segue a productividade total da terra (cadro 61 e 62), aínda que con índices máis baixos dos que a productividade da terra agrícola. Este nivel de crecemento menor, así como as menores diferencias absolutas entre provincias, está provocado en parte pola mala calidade das estatísticas do monte e pola subestimación no crecemento das gandeiras. Sen embargo, e precisamente por este feito as estatísticas de esta variable parécennos máis fiables. Esto ven dado polo feito indicado de que a este nivel os erros das estatísticas compénsanse en parte. Cadro 63 Taxas de crecemento acumulativo anual % Productividade do traballo A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España 1900-1910 5,3 4,6 2,7 5,1 4,4 1,0 1910-1922 3,0 3,7 0,7 -0,1 2,0 2,7 1922-1931 4,9 5,3 0,3 2,4 3,7 2,6 1900-1931 4,3 4,5 1,2 2,3 3,3 2,1 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Activos agrarios masculinos en Galicia: López Iglesias, Edelmiro, Demografía e estruturas agrarias. Análise da dinámica demográfica e das mudanças nas estruturas fundiarias da agricultura galega 1950-1993, Tese Doutoral, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela, Xuño de 1994, Vols IV, anexos. Cadro 64 Productividade do traballo en Pts. de 1910 Producto Agrario/ AAM A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1900 886,0 798,2 1093,9 1082,9 948,6 977,0 1910 1478,5 1253,7 1427,6 1788,2 1460,0 1080,7 1922 2101,3 1936,4 1552,5 1772,0 1862,1 1484,4 1931 3229,9 3083,4 1595,0 2195,2 2574,2 1868,5

Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Activos agrarios masculinos en Galicia: López Iglesias, Edelmiro, Demografía e estruturas agrarias. Análise da dinámica demográfica e das mudanças nas estruturas fundiarias da agricultura galega 1950-1993, Tese Doutoral, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela, Xuño de 1994, Vols IV, anexos. Os datos da evolución da productividade da terra mostran que o proceso de intensificación descrito para o século XIX non só continúa senón que se acentúa despois da crise agraria finisecular. Este maior ritmo de intensificación ven favorecido polo feito de que a maioría dos cambios técnicos que se introducen ao longo do primeiro tercio do século son, en liña do que sinala Van Zanden para o conxunto de Europa entre 1870 e 1914, aforradores de terra por expresalo en terminoloxía económica

204

convencional381. É o caso dos fertilizantes, das innovacións zootécnicas e das melloras das sementes382. Pola contra a introducción de maquinaria é moito menos importante en comparación co que será a Revolución Verde. É polo tanto a intensificación en termos de productividade da terra a que explica en parte o incremento da productividade do traballo(cadros 63 e 64) aínda que nestes anos tamén ten incidencia o comportamento da poboación activa agraria masculina. De acordo con Campbell e Overton383 nun contexto de estabilidade ou de incremento en termos absolutos da poboación activa agraria as melloras en productividade do traballo veñen xeralmente asociadas a unha intensificación nos usos da terra. Este contexto de estabilidade en termos absolutos da poboación activa agraria previo a súa diminución é o a situación normal nos países europeos a finais do século XIX e principios do XX. No caso de Galicia a poboación activa agraria masculina diminúe en termos absolutos en todo o primeiro tercio do século con excepción do período intercensal 1910-1920384. Polo tanto as melloras na productividade do traballo teñen que ver con estes dous factores: a diminución absoluta da poboación activa agraria, e o incremento da productividade da terra. Esto explica que a evolución entre os distintos períodos non siga exactamente os mesmos ritmos da productividade da terra e do incremento da producción. É o caso da etapa 1922-1931 que é o período de maior diminución da poboación activa agraria masculina do primeiro tercio do século e que ten especial incidencia nas tendencias de Pontevedra que ten unha evolución negativa en todas as variables en 1922-31 e positiva na productividade do traballo. A consecuencia do sito é que neste período a evolución do resto da economía ten incidencia nos procesos de transformación agraria especialmente os vinculados ao desenvolvemento industrial e urbano de cidades como Vigo e a agricultura é capaz de respostar a ese desenvolvemento. A análise realizada parte das cifras constantes a prezos de 1910 segundo o deflactor de Alcaide que non é un índice específico para a agricultura. No cadro 65 mostramos os índices de crecemento segundo o deflactor de Gallego para a agricultura, gandería e montes entre 1900 e 1930. Como se pode observar as cifras son lixeiramente inferiores que as do período 1900-1931 co índice de Alcaide pero coa mesma tendencia o que nos permite concluír que as tendencias observadas son razoables.

381 “The First Green Revolution...” op cit 230 e ss. 382 Lourenzo fernández Prieto, Labregos con ciencia... op cit pax.253 e ss. 383 Bruce M.S. Campbell e Mark Overton, “Productivity Change in European Agricultural development”, en campbell e Overton (eds.) Land, Labour and Livestock. Historical Studies in European Agricultural Productivity, Manchester University Press, Manchester, 1991, pax.23 e ss. 384 Tomamos os datos de López Iglesias, Edelmiro: “A dinámica do emprego agrário em Galiza ao longo do século XX, análise das suas tendéncias nunha perspectiva comparada”. En Xaquín Fernández Leiceaga, Manuel Jordán Rodríguez, Edelmiro López Iglesias e Xavier Vence Deza (Eds.), Estudos en homenaxe ao profesor Xosé Manuel Beiras Torrado. USC, Santiago, 1995, pp. 375-403. Co posterioridade á Guerra Civil a poboación activa agraria (masculina) volvera a medrar non voltando por debaixo dos niveis do primeiro tercio ata a década de 1960-70.

205

Cadro 65 Taxas de incremento acumulativo anual % das macromagnitudes agrarias 1900-1930 Prod. Ag. Prod. Gan. Prod. Monte Prod A. Pag/Sag PA/SP PA/AAM A Coruña 4,2 2,3 0,2 3,2 4,6 3,2 4,1 Lugo 5,2 4,6 -0,1 3,3 4,1 3,3 4,2 Ourense 1,4 0,2 -2,1 0,7 1,7 0,7 1,2 Pontevedra 1,0 1,2 -0,1 0,9 1,2 0,9 2,1 Galicia 3,0 2,4 -0,3 2,3 3,0 2,3 3,1 España 1,4 1,6 -1,0 1,2 0,7 1,2 1,9 Fonte: Ibid cadro 44. Deflactor Gallego Martínez, Domingo, "Pautas regionales de cambio técnico...”, op. cit.. Un último aspecto que queda por tratar da análise das macromagnitudes é o referido as diferencias que se observaron entre as distintas provincias. En parte esto se debe a problemas da fonte, pero tamén responde a procesos reais dos que é preciso dar conta. A pesar disto hai que indicar que a análise provincial non proporciona un nivel de desagregación o suficientemente satisfactorio, dadas as diferencias medioambientais e de sistema de cultivos entre unhas comarcas e outras. Pese a todo é polo de agora a única opción e a ela nos temos que remitir. En primeiro lugar podemos establecer unha fractura entre as provincias do norte, con un crecemento agrario maior, e do sur. Así mesmo podemos establecer entre as dúas do sur unha diferencia xa que, se ben Pontevedra ten un crecemento lento é incluso negativo en algún período, o de Ourense é menor globalmente e sobre todo esta provincia perde posicións con España en todos os factores menos na productividade da terra agrícola. ¿En que medida esta evolución pode contrastarse con outros datos. O noso coñecemento actual da evolución do sistema agrario na Galicia do sureste é menor que no resto, pero aínda así podemos indicar algúns elementos que botan algo de luz sobre esta evolución. En primeiro lugar no caso de Ourense é onde menos nos satisface a división provincial dadas as enormes diferencias comarcais que aínda hoxe son inmensas385. Habería que diferenciar entre as provincias orientais e as occidentais. Nas primeiras a intensidade do uso da terra é menor con pervivencia do barbeito, que non aparece reflectido nas estatísticas, e rotacións con predominio do centeo e baixos rendementos do cereal386. A relación monte superficie cultivada é claramente superior ao resto de Galicia con porcentaxes de monte cercanos ao 80% e con unha maior pervivencia da propiedade veciñal ata a actualidade.Estas comarcas teñen en definitiva un sistema agrario que se continúa nas provincias limítrofes de León e Zamora. As comarcas limítrofes con Pontevedra mostran, pola contra, unha clara vinculación co sistema do millo-prado que nestes anos substitúe á de millo-ferraña. Por último as comarcas vitícolas teñen características peculiares pero cunha tendencia nesta etapa á recuperación da crise da filoxera e a extensión da superficie cultivada como mostramos no apartado adicado ao viñedo. No caso de Pontevedra, as tendencias cuantitativas mostran unha ralentización do crecemento, tendo en conta que a Galicia sudoccidental foi a primeira en iniciar a

385 Por exemplo de acordo co Censo Agrario de 1989. 386 Bouhier, La Galice... op cit. Esenciais para entender o sistema nestas comarcas a principios de século é o traballo de Nicolas Tenorio, xuiz no partido xudicial de Viana do Bolo a comezos do século XX. A edicio da súa obra La aldea gallega en José Antonio Durán, Aldeas, aldeanos y labriegos en la Galicia tradicional, Xunta de Galicia/MAPA, Madrid/Santiago, 1984.

206

intensificación do uso so solo. Esta ralentización creemos que pode ser coherente precisamente con ese carácter de pioneira da transformación agraria, que en gran medida está completada a mediados do século XIX. Esta era a opinión de Valeriano Villanueva que en unhas notas sobre a agricultura da provincia de 1906 indicaba que os cultivos tiñan evoluido pouco no medio século anterior387. Da mesma forma, aínda que falaba ben do sistema de millo-prado tamén indicaba que este sistema tiña o inconveniente de precisar moita fertilización e como vimos esta provincia é a que menos se viu afectada pola introducción dos adubos inorgánicos. Sendo tamén é despois de Ourense, a provincia con maior pervivencia da propiedade veciñal tampouco puido aproveitarse da mesma forma que o norte da intensificación no cultivo do toxo, aínda que no litoral si tivo importancia a repoboación forestal en terreos privados. Así as cousas a única posibilidade que había para incrementar a producción, a intensificación das rotacións e dos usos do solo estaba moi limitada. Da mesma forma outras alternativas tamén eran difíciles. Era a provincia con un tamaño medio menor das explotacións e con maior fragmentación. Como simple exemplo os datos do catastro dunha parroquia do concello de Cotobade (Louveiro) que fixo o enxeñeiro José Aobrio indican que sobre unha superficie cultivada de 200,7 Has. había 2930 parcelas.388. Era tamén a dun maior porcentaxe da superficie cultivada sobre monte e ade maior densidade de poboación. As dispoñibilidades de terra para un aproveitamento extensivo estaban moi limitadas. Por esta razón non foi posible facerlle un sitio no sistema a cultivos do tipo da pataca ou a horta, que serían a base dun desenvolvemento máis intensivo de acordo coas capacidades medioambientais da provincia, ou á extensión de prados permanentes que asegurarían a alimentación do gando no verán cando os cultivos estaban adicados ao millo. En consecuencia o cambio agrario nesta provincia só se podía chegar pola vía dunha transformacións das estructuras agrarias, que nin se produciu nin era viable, ou pola vía de cambios técnicos esencialmente biolóxicos (mellora de sementes, razas gandeiras etc). Estas transformacións si se constatan para o primeiro tercio especialmente a partir do labor da Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra, pero nun período tan curto non podían traer como resultado un cambio tan espectacular como si se visen acompañadas por cambios no sistema de cultivos. No caso de Lugo parte do crecemento do producto agrícola débese á subestimación do producto agrícola en 1900 aínda que esta subestimación vese compensada en parte no conxunto do período pola dos prados artificiais en 1930. Nesta etapa continua a eliminación do barbeito constatada para o século XIX e a maior presencia do millo e o trigo nas rotacións ademais do incremento da superficie de patacas permite que os maiores rendementos de estas produccións fronte o centeo sosteñan a aumento das produccións forraxeiras. Nestes anos son as dúas provincias do norte, e Lugo moi especialmente, as que centran a progresiva especialización gandeira, que nos anos do franquismo protagonizará a introducción da revolución Verde.Nos usos do monte a repoboación está, como no resto de Galicia, circunscrita ao litoral, pero si continúa a intensificación do cultivo do monte ao fío das individualizacións do monte.

387 Excursión por Pontevedra, Prácticas Modernas, 84 e ss., 1906. editado en Villanueva, Valeriano: Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y la España atlántica. Edición, estudios preliminares y notas de José Antonio Durán, MAPA/Xunta de Galicia, Santiago/Madrid, 1984. 388 Os datos recólleos Hoyos y Sáinz : España agrícola... op cit pax. 48-49. Descoñecemos o momento e causa de que se catastrase esa parroquia.

207

Non temos datos cuantitativos para esta etapa, pero a finais da década dos cincuenta o cultivo do toxo supuña nesta provincia o 50% da superficie adicada a matorral389. Na provincia da Coruña a intensificación das rotacións de cultivos non estaría nin moito menos completada390 a finais do século XIX con predominio dunha rotación trienal de dous anos de millo e outro de trigo con ferraña. Ao longo do primeiro tercio do século foise estendendo na rotación a presencia do Ray-Grass cara o norte pero sen chegar a sobrepasar a comarca de Santiago, que so faría nos anos corenta, ocupando o trebo o seu lugar no resto de comarcas. O mesmo sucede coas patacas sobre as que podemos poñer en dúbida o espectacular crecemento pero non a tendencia. Respecto os prados artificiais nesta provincia si teñen importancia fronte ao que sucede en Pontevedra, polo que a dispoñibilidade de alimentación para o gando en períodos nos que as terras estaban adicadas a millo era maior. En estes cambios inflúe tanto a introducción de fertilizantes químicos como a maior importancia da individualización dos montes veciñais. Estas diferentes opcións productivas estannos a falar dunha maior diversificación e versatilidade que en Pontevedra o que permitiu unha maior capacidade de resposta e adaptación fronte aos desafíos xurdidos da crise finisecular. Así a agricultura da Coruña aproveitouse máis que Pontevedra dun incipiente desenvolvemento do cultivo de horta dirixidos á alimentación urbana e á exportación que se ben teñen unha escasa representación cuantitativa quizais polo colapso da exportación de cebolas despois de 1929 son significativos dunha maior adaptación.

389 CESIN: Primer pleno del Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Expansión Forestal, Santiago, 1964. 390 Ver o apartado correspondente do capítulo I.

208

209

II.8. A APLICACIÓN DA CIENCIA Á AGRICULTURA ORGÁNICA. NOVOS INSTRUMENTOS PARA VELLAS TENDENCIAS. II.8.1. As vías do cambio técnico. O marco comparativo có Estado. Temos definido o proceso de transformación seguido polo sistema se cultivos no primeiro tercio do século XX e os seus resultados en termos de productividade. O obxectivo de definir o modelo de transformación precisa ademais de establecer algún tipo de marco comparativo que permita avaliar estes resultados e poñelos en relación con outras agriculturas. Indicabamos antes que as deficiencias da estatística nesta etapa de creación e consolidación desaconsellan establecer a comparación con outros estados xa que daría lugar a erros dificilmente detectables. A única solución é establecer a comparación co marco estatal dado que se establece sobre a mesma estatística e permite que os resultados, sendo deficientes, sexan homoxéneos. Con esta perspectiva adoptamos a opción de seguir a reconstrucción das macromagnitudes establecida polo GEHR xa que a partir dos datos provinciais de Gallego para 1900 e 1930 permite facer esa comparación. No cadro 66 móstranse os índices de crecemento dos factores de producción por comunidades (productividade da terra e do traballo) e nos cadros 67 e 68 a posición relativa de eses mesmos factores en 1900 e 1930. O obxectivo de estes cadros non é, como pode parecer pola presentación, establecer un ranquing de progreso agrario das comunidades nesta etapa. Substituír un paradigma, o do atraso, que ten como principal defecto a súa escasa capacidade explicativa, polo paradigma contrario non aportaría nada novo ao xa coñecido e non nos diría nada sobre as cuestións plantexadas no primeiro apartado deste capítulo. Pola contra a análise dos resultados permítenos en primeiro lugar confirmar a fiabilidade das tendencias comentadas no capítulo anterior. Independentemente das posicións, de si a agricultura galega creceu máis ou menos en determinada variable, está claro que se pode identificar unha pauta xeral para as rexións do noroeste e do norte onde as melloras na productividade do traballo veñen dadas fundamentalmente a partir da intensificación nos usos do solo. Este é o caso tanto de Asturias e Cantabria como de Galicia. Nestes trinta anos Galicia pasa ademais de ter unha situación peor respecto á media española na productividade do traballo (aínda que hai que ter en conta o problema da subestimación do producto agrícola en 1900) a acadar a situación de Asturias e Cantabria nos anos trinta. Este resultado é coherente co que nos di a historiografía do maior desenvolvemento da especialización gandeira e pratense nestas dúas rexións no século XIX391. En definitiva podemos definir un modelo conxunto de cambio en estas zonas que, independentemente dos diferentes ritmos e resultados finais, caracterízase polo uso intensivo do solo como instrumento esencial para mellorar a relación producto/traballador.

391 Domínguez Martín, Rafael: El campesino adaptativo: Campesinos y mercado en el norte de España, 1750-1880. Universidad de Cantabria/ Asamblea Regional de Cantabria, Santander, 1995.

210

Cadro 66 Taxas de crecemento acumulativo anual % dos factores de producción Prod. Agrario/Sup. Productiva Prod. Agrícola/Sup. Cultivada Prod. Agrario/AAM Galicia 2,3 Galicia 3,0 Madrid 3,7 Baleares 2,3 Cantabria 2,6 Baleares 3,2 Cataluña 1,6 Asturias 2,5 Galicia 3,1 Navarra 1,5 Madrid 2,0 Cataluña 2,5 Extremadura 1,4 Andalucía Oc. 1,4 Asturias 2,3 España 1,2 Baleares 1,3 Cantabria 2,2 Madrid 1,2 Navarra 0,9 Castilla y L. 2,2 Castilla y L. 1,2 C.Valenciana 0,9 C.Valenciana 2,0 C.Valenciana 1,2 La Rioja 0,8 Pais Vasco 1,9 Andalucía Or. 1,2 Castilla y L. 0,8 Extremadura 1,9 Andalucía Oc. 1,0 España 0,7 Navarra 1,9 Castilla la M. 1,0 Cataluña 0,7 España 1,9 Asturias 0,8 Pais Vasco 0,6 Murcia 1,9 Cantabria 0,7 Andalucía Or. 0,3 Andalucía Or. 1,4 Pais Vasco 0,7 Murcia 0,2 La Rioja 1,3 Murcia 0,6 Aragón 0,1 Aragón 1,2 Aragón 0,4 Extremadura 0,0 Castilla la M. 1,0 La Rioja 0,1 Castilla la M. 0,0 Andalucía Oc. 0,8 Fonte: Cadro 65 e Gallego Martínez, “Pautas regionales del cambio técnico...”, op. cit. Cadro 67 Situación das distintas comunidades en 1900 (en pts de 1900) Prod. Agrario/Sup. Productiva Prod. Agrícola/Sup. Cultivada Prod. Agrario/AAM Pais Vasco 240 Pais Vasco 546 Aragón 1422 Asturias 200 Asturias 499 Pais Vasco 1404 C.Valenciana 197 Cantabria 435 Asturias 1402 Galicia 165 Galicia 393 La Rioja 1363 Cantabria 159 C.Valenciana 376 Navarra 1318 La Rioja 140 Cataluña 358 Cantabria 1270 Cataluña 139 Navarra 299 Castilla la M. 1269 Baleares 126 La Rioja 266 Castilla y L. 1108 Murcia 120 Baleares 239 España 1072 Navarra 109 Aragón 230 Andalucía Oc. 1052 Andalucía Or. 105 Andalucía Or. 216 C.Valenciana 1041 Madrid 102 España 198 Cataluña 1027 España 100 Murcia 165 Galicia 960 Andalucía Oc. 97 Castilla y L. 153 Extremadura 910 Aragón 80 Andalucía Oc. 144 Murcia 902 Castilla y L. 76 Madrid 140 Madrid 887 Extremadura 62 Extremadura 121 Andalucía Or. 845 Castilla la M. 61 Castilla la M. 115 Baleares 837 Fonte: Cadro 65 e Gallego Martínez, “Pautas regionales del cambio técnico...”, op. cit.

211

Cadro 68 Situación das distintas comunidades en 1930 (en pts de 1900) Prod. Agrario/Sup. Productiva Prod. Agrícola/Sup. Cultivada Prod. Agrario/AAM Galicia 324 Asturias 1043 Asturias 2751 Pais Vasco 294 Galicia 967 Madrid 2627 C.Valenciana 278 Cantabria 943 Pais Vasco 2504 Asturias 253 Pais Vasco 652 Cantabria 2428 Baleares 246 C.Valenciana 490 Galicia 2398 Cataluña 224 Cataluña 441 Navarra 2307 Cantabria 196 Navarra 390 Cataluña 2156 Navarra 171 Baleares 347 Baleares 2147 Andalucía Or. 148 La Rioja 340 Castilla y L. 2116 Madrid 147 Madrid 254 Aragón 2044 España 145 España 245 La Rioja 1994 La Rioja 145 Aragón 240 C.Valenciana 1882 Murcia 145 Andalucía Or. 237 España 1873 Andalucía Oc. 133 Andalucía Oc. 220 Castilla la M. 1693 Castilla y L. 108 Castilla y L. 193 Extremadura 1618 Extremadura 94 Murcia 175 Murcia 1574 Aragón 91 Extremadura 121 Andalucía Oc. 1344 Castilla la M. 83 Castilla la M. 115 Andalucía Or. 1271 Fonte: Cadro 65 e Gallego Martínez, “Pautas regionales del cambio técnico...”, op. cit. Estas tres rexións, dominadas pola pequena explotación, constitúen o exemplo máis claro do que Domingo Gallego define como pauta norte do cambio técnico392 fronte ao que sucedeu na maior parte do sur onde foi o uso extensivo mediante novas roturacións o responsable do incremento de producto agrario. De acordo con Gallego as claves para entender as diferencias entre estas dúas pautas de comportamento atópanse en primeiro lugar na maior dispoñibilidade de man de obra do sur que unido a tamén maior dispoñibilidade de terras favoreceu a alternativa extensiva. Por outra parte tamén inciden condicionantes sociais como os salarios e, especialmente no comportamento da productividade do traballo, a maior incidencia da emigración nas rexións do norte. Máis incidencia ten no contexto desta investigación, estando de acordo co defendido por Gallego, a análise como explicación do dito en termos medioambientais que non se leva as súas últimas consecuencias no seu traballo. Se voltamos por un momento ao comentado no capítulo I sobre os condicionantes medioambientais das agriculturas españolas e máis en concreto da galega, podemos observar que as agriculturas que adoptan este modelo de cambio sostido no uso máis intensivo do solo son precisamente aquelas que en termos medioambientais constitúen a zona máis similar á Europa atlántica e que a solución adoptada ten as mesmas consecuencias en termos de macromagnitudes económicas que as adoptadas en torno ás transformacións previas.

392 E sen que implique unha pauta mellor ou peor, senón que é unha resposta diferente a condicionantes distintos. “Pautas regionales del cambio técnico...”, op. cit. Ver tamén, Gallego Martínez, Domingo, “Sociedad, naturaleza y mercado: Una análisis regional de los condicionantes de la producción agraria española (1800-1936), Historia Agraria, 24, 20001, pax. 11-58.

212

Está claro que o ritmo de cambio foi máis intenso que no período precedente, aínda que esto é máis evidente para Galicia que para Cantabria e Asturias ao ser tamén alí máis importantes as transformacións previas, pero non é diferente a dirección das transformacións. Queda polo tanto por dilucidar a cuestión de se o feito de que o incremento da productividade se acelerase supuxo unha ruptura en termos de relación do sistema agrario co medioambiente, ou pola contra se a transformación seguiu as mesmas pautas concretas que no período anterior. Para iso debemos descender á análise concreta dos cambios técnicos realizados. II.8.2. As novas tecnoloxías e o contexto preexistente. Resulta extremadamente difícil facer unha análise macro da valoración dos cambios neste período dende a perspectiva ecolóxica. A propia dificultade das fontes se lle engade que a alternativa que ten deseñado a Economía Ecolóxica para este problema, a análise dos balances enerxéticos enfróntase con obxeccións teóricas de peso. A propia teoría da Economía Ecolóxica definida por Georgescu-Roegen a partir da segunda lei da termodinámica afirma que en calquera proceso económico unha cantidade de enerxía pérdese para a súa utilización posterior. Esta limitación implica que calquera análise en termos económicos contables, é dicir de búsqueda de beneficios, carece de sentido en termos medioambientais aínda que si o ten en unha parte importante do proceso económico que é a que intentamos analizar ata o de agora. Sen embargo a propia segunda lei da termodinámica aplicada á economía implica que esta cantidade de enerxía perdida no proceso económico non pode ser cuantificada. Por esta mesma razón a análise da agricultura en termos de balance enerxético non soluciona dende o noso punto de vista o problema xa que pasa do determinismo económico a un determinismo ecolóxico que depende dunha seudomedida. A cuestión non ten demasiados problemas á hora de analizar as diferencias de sustentabilidade entre a agricultura de base solar, a orgánica, e a dependente de enerxías fósiles, a que é saída da Revolución Verde, xa que é de sentido común que a primeira é moito máis eficiente en termos enerxéticos que a segunda. Pero a cuestión faise moito máis complexa á hora de avaliar períodos de transición como o que agora nos ocupa. A solución de traballar a partir da comprensión do significado das transformacións concretas e o seu significado no sistema agrario implica dar unha valoración de carácter cualitativo, pero non hai, polo de agora e atendendo á insuficiencia das fontes, solución millor. A transformación máis importante, dende o punto de vista ecolóxico do seu impacto medioambiental, é a introducción de fertilizantes químicos. Neste caso podemos ademais facer unha aproximación cualitativa a partir dos datos comentado no apartado II.6.3. De acordo con estes datos o porcentaxe de terras susceptibles de ser fertilizadas coa cantidade de fertilizantes dispoñibles pola agricultura galega chegou nos anos trinta a supoñer o 25% do total galego e acadando na provincia da Coruña o 35%. Estes datos mostran unha introducción evidentemente importante, pero tamén indican que non se produciu unha substitución das formas tradicionais de fertilización. Pola contra os usos da fertilización orgánica a partir do toxo e o esterco non só non se reduciron senón que continuou a intensificación nas formas de obtención do toxo. Incluso na provincia da Coruña á altura de 1927 o esterco seguía sendo o abono esencial en un número importante de cultivos. De acordo coa memoria da sección agronómica de

213

ese ano393 o esterco seguía sendo o abono principal para o millo, a horta , os nabos e as patacas. Sinálase que a estes dous cultivos comeza a aplicarse abonos químicos ao igual que ao trigo. En definitiva os cultivos que comezan a ser maioritariamente abonados con abono químico son os prados artificiais e o viñedo. Esto é coherente coas informacións referidas por Lourenzo Fernández Prieto na mesma dirección394. En definitiva os abonos químicos serían un elemento complementario na fertilización empregado especialmente naquelas produccións moi productivas e comercializables (pataca, viñedo) ou das que dependía a alimentación do gando (prados artificiais). Non estamos entón ante unha substitución dunha fertilización orgánica por outra inorgánica senón ante un uso complementario das dúas con predominio da primeira. Evidentemente a introducción da fertilización química implica unha maior dependencia de inputs de fora do sector agrario e unha maior utilización de enerxía fósil na súa producción e transporte, pero de forma aínda moi limitada. Respecto das melloras biolóxicas, as novas sementes e a mellora do vacún395, que é sen dúbida a innovación de maior relevancia no primeiro tercio de século, que completan as innovacións das que depende o incremento da producción por hectárea, tamén se pode defender o seu carácter complementario e integrado nas dinámicas de cambio preexistentes. Este tipo de melloras, aínda que a introducción de novas sementes se non están adaptadas ás condicións medioambientais pode traer consecuencias negativas, son moito menos susceptibles de provocar unha alteración das relacións entre agricultura e medio ambiente. O caso da creación da raza rubia é ademais un exemplo de innovación realizada dende o entramado institucional pero coas miras postas nas necesidades da pequena explotación. A innovación realizouse fuxindo da hiperespecialización e tratando de conseguir unha raza de aptitude mixta que reunise as tres aptitudes necesarias para a pequena explotación: carne, leite e traballo. Esto non carece de importancia xa que o feito de que o proceso pretendera que a nova raza servise para o traballo ademais das súas aptitudes comerciais non so a sitúa na lóxica labrega, senón que contribúe a que o traballo da propia explotación se manteña esencialmente a partir da tracción animal. O mesmo se pode dicir da introducción de novas sementes. Estas innovacións tiveron un menor impacto sobre o sistema agrario, dado que son transformacións tardías e coutadas pola Guerra Civil pero exemplifican, no traballo de Cruz Gallástegui, a intención de algúns técnicos de orientar o seu traballo na dirección que lles marcaba a pequena explotación e non o revés. O seu traballo en torno aos millos híbridos sitúase no marco da reflexión do agrarismo en torno a necesidade da liberalización do comercio exterior que permitise a importación de millo e a adicación das terras liberadas a prados396. Pola contra Gallástegui preferiu orientar as súas investigacións e a labor de difusión no senso de incrementar os rendementos do millo o que permitiría a súa vez aumentar a superficie de pratenses, e isto porque defendía o carácter esencial do millo na economía campesiña.

393 Materias fertilizantes empleadas en la agricultura, Borrador dde la memoria de la sección agronómica de la provincia de La Coruña, 1927, Arquivo CRIDA 01, Carpeta I, nº 60. Mabegondo, A Coruña. 394 Labregos con ciencia... op cit pax 403 e ss. 395 Idem pax. 422-436 e 259-310. 396 Reflexión constante nas páxinas de Prácticas Modernas coa excepción de Valeriano Villanueva que logo de oscilar entre o desexo do incremento da superfie a prados e as necesidades do sistema agrario optou por defender o mantemento do cultivo de cereal aínda que preferindo o trigo.

214

“Se ha dicho alguna vez y se dice aún hoy que con esta producción la siembra del maiz empeña al labrador y por consiguiente hay que desterrar su cultivo. Yo no participo de esas ideas(...) La patata, la vid y otros vegetales, que a veces se citan para suplantarle son inciertos, muy inciertos en sus producciones en nuestro clima y en ningún caso y bajo ningún concepto serán sustitutos de nuestro cereal. Antes al contrario durante mucho tiempo aún ocupará el maiz el puesto de complemento de esos mismos cultivos, porque sus cosechas son más seguras y pueden ser y serán cada vez más.”397

A súa labor parte ademais da consideración de que son os técnicos de galicia os que deben conseguir as variedades máis adaptables para a zona. Sobre este tema comentaba en 1930:

“Desgraciadamente saben nuestros labradores que la agricultura alemana o la agricultura del centro deEspaña no son la agricultura gallega. Que la alfalfa de Santander no va bién en nuestra región, que los maices de Pontevedra no maduran en Lugo, que los nabos de Lugo sufren una serie de enfermedades en Pontevdra, (...) Que la agricultura lejos de ser universal es reginal, comarcal y hasta local si se quiere. No he de dejar pasar esta oportunidad para citar los ensayos que estos dos últimos años he tenido la oportunidad de realizar sobre 69 variedades de patatas que he importado, no al buen tun tun, sino de lugares con suelo y clima aproximadamente análogos a los nuestros. Pues bién, a pesar de la escrupulosa elección hecha ha habido clases que dieron 4600 kilos de cosecha por hectárea y variedades que dieron 54000. Once veces más. Las clases de patatas Ragis que hoy tienen nombre mundial han quedado en Galicia a la cola de las menos productivas."398

O verdadeiramente importante do exemplo da obra de Gallástegui, ao que se lle pode engadir o seu traballo sinalado no apartado dos rendementos á fronte do Sindicato de Productores de Semillas na difusión de novas variedades de pataca,e que ía exactamente na mesma dirección na que se movía o sistema de cultivos no século XIX e que, recordemos, continuou despois da crise agraria finisecular. Como xa indicamos as innovacións técnicas máis importantes deste período son aquelas aforradoras de terra en terminoloxía económica convencional ou o que é o mesmo as que permitían unha maior intensificación da productividade da terra. Esto é unha constante no período no contexto internacional de acordo con Van Zanden e máis matizadamente Bairoch399. Ë certo que o cambio técnico tamén afectou á maquinaria400 pero dende o punto de vista ecolóxico o importante é que esa mecanización non viu acompañada máis que limitadamente pola motorización que é a que implica un uso importante de enerxía fósil.

397 Métodos para aumentar la producción del maiz (1926), Edición da Deputación provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1984, pax. 6-7. 398 “Esbozo de programa agrario para Galicia” (1930) Revista galega de Estudios Agrarios, 1, 1979, pax. 229-246. 399 Van zanden “The First Green revolution...” op cit pax. 230 e ss. Bairoch “”Les trois Révolutions…” op cit pax. 338 -341 400 Fernández prieto, Labregos con ciencia... op cit pax.311-380.

215

Dende o punto de vista do encaixe de estas innovacións no uso de maquinaria tamén podemos rastrexar a súa integración na dinámica do sistema agrario. Comentamos que a opción que permitiu un incremento elevado da productividade do traballo a partir da intensificación dos usos do solo levaba aparellado unha maior intensificación do traballo efectivo, é dicir que pode aumentar o producto por activo pero a costa dunha maior intensidade do traballo anual401. Estaría por tanto no interese da pequena explotación facer todo o posible por reducir o tempo empregado no traballo agrario. A innovación, dentro da maquinaria, mellor estudiada para a agricultura galega resposta precisamente a esta lóxica. Referímonos concretamente á adopción das malladoras mecánicas402. Esta innovación, significativa por ser unha máquina inicialmente deseñada para a gran explotación aínda que adoptada colectivamente supérase a limitación da economía de escala, débese entender nesta dirección. Os traballos da malla coinciden cos da herba seca e precisamente nun contexto de incremento da superficie de prados estamos nunha das etapas de maior traballo agrario, por non dicir que o propio traballo da malla manual é tremendamente gravoso. Toda a evolución do sistema agrario que temos definido para o período 1750-1900 pódese entender dende o obxectivo de intensificar para liberar terras e incrementar a producción gandeira e ao mesmo tempo diversificar as opcións productivas (caso da pataca ou da incipiente repoboación forestal). Se ben as diferencias provinciais e hasta comarcais son grandes, as diferentes respostas adoptadas camiñan nesta dirección, ben polo aumento dos prados, ben pola introducción das forraxeiras e prados artificiais nas rotacións. As transformacións productivas analizadas para o primeiro tercio de século continúan esta dirección e igualmente significativo é que os cambios técnicos máis aparentemente revolucionarios poden ser entendidos no mesmo esquema de transformación. Que estes cambios impliquen unha maior introducción de insumos de fora da agricultura non implica tampouco que poidamos falar para eses anos de cambio de paradigma enerxético. Estamos nun proceso de transición pero que non prefigura a forma concreta que tomará a Revolución Verde en Galicia senón que se sitúa no marco da lóxica da pequena explotación. Haberá que explicar polo tanto as razóns polas que esa dinámica do sistema agrario se malogrou e en que medida afectou ao proceso de transformación dos anos sesenta. A estas dúas cuestións adicaremos os capítulos 3 e 4 de esta tese.

401 Bairoch, ibid pax.336. 402 seguimos neste punto a Fernández Prieto, “Selección de innovaciones en una agricultura de pequeñas explotaciones. Galicia, 1900-1936. La adopción de las trilladoras mecánicas”, Noticiario de Historia Agraria, 14, 1997, pp.133-163.

216

217

CAPÍTULO III

O PRIMEIRO FRANQUISMO

¿Paréntese ou ruptura?

218

219

III.1. VINTE ANOS PERDIDOS PARA A AGRICULTURA GALEGA. Comezamos esta parte da nosa investigación repetindo o cualificativo que nun libro recente sobre a evolución económica do franquismo en España se lle dá ao período 1939-1960 no sector agrícola.403 Nas periodización do franquismo dende un punto de vista económico, e o traballo citado é un claro expoñente disto, atópanse nos anos previos ao plan de estabilización características comúns no marco do modelo autárquico pero tamén diferencias que permiten diferenciar á década dos cincuenta do colapso total dos anos corenta. De acordo cos autores de ese traballo os anos cincuenta supoñen a crise do modelo autárquico coa chegada de Cabestany ao ministerio de agricultura que impulsa unha modificación das políticas incrementando os intercambios co exterior, incrementando os prezos de taxa e implementando políticas modernizadoras. Fronte a este período os anos corenta aparecen como un período no que a multiplicación de organismos intervencionistas tales como o Servicio Nacional del Trigo ou a Comisaría General de Abastecimientos y Transportes, a brutal reducción de importacións clave como os abonos químicos e maquinaria e a represión sitúan a agricultura española nunha situación de colapso. Fronte a esta división en dous do primeiro franquismo en España o caso galego axústase máis a esa caracterización dos vinte anos perdidos. As consecuencias económicas da Guerra Civil e, sobre todo, da política económica do primeiro franquismo van supoñer unha ruptura no proceso de evolución na dirección intensificadora da producción. A parálise do entramado da innovación, tan efectivo a principios de século, a política forestal, e en xeral a política económica intervencionista do réxime dende o os prezos ata a producción van provocar unha completa parálise e incluso volta atrás nas tendencias de cambio sinaladas para o período anterior. Os resultados productivos desta regresión van ser profundos e duradeiros nalgúns sectores pervivindo ata principios da década dos sesenta. Os efectos da autarquía na agricultura galega van ser, por tanto, maiores que para o conxunto de España onde a década dos cincuenta supón unha recuperación. A nosa hipótese é que este período marca algo máis que unha crise conxuntural, que da regresión técnica e productiva desta etapa provén boa parte da concepción posterior da historia da agricultura galega como “tradicional” e, salvo excepcións, atrasada (polo tanto este sería o verdadeiro período da chamada agricultura “tradicional” en Galicia,), e que o estancamento productivo destes vinte anos serve para explicar tamén algunhas das características definitorias da adopción da Revolución Verde en Galicia, configurándose nestes anos o “fracaso” da microexplotación familiar. A investigación histórica sobre o primeiro franquismo en Galicia tense centrado, por razóns evidentes na análise da represión e da guerrilla.404 Sen embargo nos últimos anos outros aspectos foron abordados en diferentes traballos. A desarticulación do entramado da innovación e do agrarismo, e a construcción dunha nova serie de institucións difusoras foi abordado xa en diferentes traballos de Lourenzo Fernández

403 Carlos Barciela, Mª Inmaculada López Ortiz, Joaquín Melgarejo e José A. Miranda, La España de Franco (1939-1975). Economía. Síntesis, Madrid, 2001, pax. 206. 404 Remitimos á recopilación de Cabo Villaverde para unha completa bibliografía. A integración política do pequeño campesiñado...op. cit..

220

prieto, Miguel Cabo e Antonio Bernárdez.405 Tamén recentemente a construcción dun sindicalismo rural vinculado ao réxime foi obxecto de varias investigacións.406 Máis nas cuestións que máis nos interesan aquí, as referidas á evolución productiva a investigación está aínda nos comezos. O aspecto máis e mellor estudiado é sen dubida a repoboación forestal pública, xunto co desenvolvemento do mercado negro.407 Na evolución das estructuras da propiedade e da parcelación son esenciais as aportacións de Edelmiro López Iglesias e a investigación de Francisco González sobre os inicios da política de concentración parcelaria.408 Sen embargo esta situación prometedora da investigación a única visión de conxunto sobre a evolución productiva da agricultura segue a ser a realizada dende a economía por Xosé Manuel Beiras en 1968.409 O traballo de Beiras é central no desenvolvemento da interpretación contemporánea (estructural) sobre agricultura galega enmarcada na teoría do atraso. Sen embargo e dende o punto de vista do longo prazo, ao centrar a súa análise no período 1929-1959, non puido ter suficientemente en conta as especificidades históricas da etapa por el escollida.410 Metodoloxicamente, sen embargo, este capítulo é debedor da súa investigación en tanto que é o primeiro que introduce a crítica das fontes estatísticas como elemento necesario en calquera interpretación económica. A discusión ao respecto nestas páxinas parte do diálogo crítico coa súa investigación.

405 Bernárdez Sobreira, Antonio, e Miguél Cabo Villaverde, “Ciencia y dictadura, la investigación agronómica en Galicia durante el primer franquismo (1936-1950)”, Noticiario de Historia Agraria, 12, 1996. Fernández Prieto, Lourenzo, “Represión franquista y desarticulación social en Galicia. La desarticulación de la organización societaria campesina. 1936-1942”, Historia Social, 15, 1993, pp. 49-65. 406 Artiaga, Aurora, “Unha radiografía da posguerra na galicia rural: Os informes fundacionais das Hermandades de Labradores e Ganaderos na provincia de Pontevedra”, en Xesús Balboa e Herminia Pernas Horoza (Eds.) Entre nos. Estudios de arte, xeografía e historia de Galicia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001, pax. 897-926. 407 Rico Boquete, Eduardo, Política forestal e repoboacións en Galicia (1941-1971), USC, Santiago de Compostela, 1995. Soutelo Vázquez, Raul, “Galicia nos tempos de medo e fame: Autarquía, sociedade e mercado negro no primeiro franquismo, 1936-1959”, Documentos de traballo do Idega, Historia 11, 2001. 408 López Iglesias, Edelmiro, Demografía e estruturas agrarias. Análise da dinámica demográfica e das mudanças nas estruturas fundiarias da agricultura galega 1950-1993, Tese Doutoral, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela, Xuño de 1994, Vols I e II inéditos. González Vázquez, José Francisco, Os começos da política de concentraçom parcelaria em Galiza. Vale de Barcala, década de 1950, Tese de Licenciatura inédita, Departamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de Santiago de Compostela, 1997. Cardesín, José María: “Política agraria y transformaciones en la agricultura gallega: La zona de colonización de Terra Cha (1954-1973), Agricultura y Sociedad, 44, 1987, pax. 243-279. 409 Beiras Torrado, Xosé Manuel, El problema del desarrollo en la Galicia rural, Galaxia, Vigo, 1967. Beiras Torrado, Xosé Manuel: O atraso económico de Galicia. Laiovento, Vigo, 1995, 3a ed. revisada (1a ed. 1973). 410 É preciso ter en conta que en 1968 no ermo historiográfico do momento dificilmente podía contar coas claves definitorias do período de preguerra.

221

III.2. AS ESTATÍSTICAS AGRÍCOLAS NO PRIMEIRO FRANQUISMO III.2.1. Problemas das estatísticas agrícolas no primeiro franquismo. A investigación galega prestoulle máis atención á estatística agraria do primeiro franquismo que ao primeiro tercio de século como non podía ser doutra forma, xa que os anos de rodaxe pasaran e, cando menos no subsector agrícola, a publicación dos datos é ininterrompida salvando os anos da guerra e o bienio 1941-42. De feito o traballo que sitúa a reflexión económica sobre a Galicia rural á altura da investigación máis punteira, o de Xosé Manuel Beiras en 1967, parte de estes datos para a súa interpretación engadindo ademais, e á contracorrente do que era habitual neses anos, non poucos elementos de crítica sobre a propia fiabilidade dos datos.411 Na súa análise conclúe por outorgarlle unha fiabilidade razoable aos datos agrícolas e por rexeitar os forestais e gandeiros. Esta opción valeulle unha crítica de Xosé Colino e Emilio Pérez Touriño que sinalaron as deficiencias dunha interpretación que non tiña en conta o sector máis dinámico e protagonista principal do proceso de “modernización”, o gandeiro, crítica que, se ben acerta nas dificultades de construír unha interpretación que ignora a evolución da gandería, non ten en conta as dificultades que presentan as estatísticas de este sector.412 Máis adiante voltaremos á consideración de este problema ao falar das estatísticas gandeiras e forestais neste período, máis convén agora deternos na análise dos datos agrícolas e avaliar a súa fiabilidade. Ata 1949 a metodoloxía de elaboración dos datos agrícolas é a mesma que nos anos da República, a partir das declaracións das xuntas locais de informacións agrícolas para a superficie e o propio traballo dos enxeñeiros das provincias no que se refire á superficie, polo que a homoxeneidade de metodoloxía queda asegurada. En 1948 hai un cambio de organización interna dos cultivos dentro do anuario desaparecendo os tubérculos e bulbos como grupo, pero sen cambiar a metodoloxía. Será no anuario de 1950 cando a cousa se complique. No prólogo do citado anuario indícase que a producción de cereais (trigo, cebada, centeo e avea, non indican nada do resto) está claramente subestimada polas informacións locais para os anos 1939 a 49 e fan unha corrección dos datos a nivel estatal para os anos anteriores e sinalan o cambio de metodoloxía para ese anuario e os posteriores. Posteriormente, en 1964, haberá outro cambio metodolóxico (tampouco explicado) polo que o remate da análise neste apartado será en 1963. Sobre esta afirmación do anuario de 1950 xorden certas dúbidas. En primeiro lugar non se indica en que consiste ese cambio de metodoloxía. Resulta sorprendente que nin nesta nin en modificacións posteriores se explique exactamente en que nin sobre que base se efectuaron as correccións. A segunda dúbida é sinalada por Barciela (que pese a todo defende a subestimación dos datos de superficie e rendementos dos anos corenta) quen estima que este cambio ten uns obxectivos políticos. 413 Esta afirmación sostense a partir do Resumen Estadístico de las Principales Producciones Agrícolas de 1954-55 onde se ampliaba a depuración de erro estatísticos anteriores a 1950 a outras produccións e, o que é máis importante, se depuraban tamén as cifras de 1931-35 por

411 Xosé Manuel Beiras, El problema del desarrollo en la Galicia rural, Galaxia, Vigo, 1967. 412 Xosé Colino e Emilio Pérez Touriño, Economía campesiña e capital. A evolución da agricultura galega 1960-1980, Galaxia, Vigo, 1983, 29 e ss. 413 Carlos Barciela, “El sector agrario desde 1936”, en Albert Carreras (ed.), Estadísticas históricas de España, siglos XIX-XX, Fundación Banco Exterior, Madrid, 1989, pax.161-163.

222

consideralas sobrevaloradas. Esta revisión facíase sobre novas informacións das que por suposto non se indica de onde saen e con que metodoloxía. O obxectivo da remodelación é polo tanto político. Borrar as consecuencias da política agraria do primeiro franquismo do agro mediante a manipulación, e non cabe outra caracterización xa que se escamotea a xustificación do cambio, das estatísticas do primeiro tercio. Como vimos no segundo capítulo esta interpretación non está xustificada á luz do caso galego salvo nalgunhas produccións e está compensada por outras. A pesar disto o balance da historiografía é favorable á consideración das cifras do primeiro franquismo como infravaloradas. O propio Barciela chega a esta conclusión a partir da análise do Servicio Nacional del Trigo, organismo encargado de controlar a producción, a distribución, e os prezos e onde se advirte unha enorme ocultación, tanto das juntas locais como do SNT para rebaixar a contía real do mercado negro414. Raul Soutelo a partir do caso galego e da comparación con investigacións para outras zonas do Estado chega á conclusión de que os problemas da administración para controlar a producción explican “a caída na producción e nos rendementos/ha. que reflicten as estatísticas da posguerra para os principais cultivos”415. En efecto está demostrada a ineficacia e descordenación da maraña de institucións regulamentistas do agro nos primeiros anos do Novo estado (SNT, Comisaria General de Abastecimientos y Transportes, xuntas provinciais e locais, concellos ets). A declaración de superficies e producción dos organismos locais tendía sempre a rebaixar a cantidade do producido e así reducir o cupo municipal. Non cabe ningunha dúbida da inexactitude das informacións así obtidas. No caso galego ten sido estudiado non só o impacto do mercado negro na sociedade rural, senón tamén a súa incidencia na inexactitude dos datos das administracións agrarias416. Máis recentemente comezouse a investigar a actividade das Hermandades Sindicales de Labradores que tamén son unha fonte constante de informacións cuantitativas a nivel local. Este é o caso das actas de constitución das Hermandades que ademais de incluír reivindicación e informacións cualitativas de interese engaden datos sobre superficie cultivada por concello e número de cabezas de gando. Aurora Artiaga estudiou as actas de 56 das 62 irmandades constituídas en Pontevedra chegando á conclusión de que estas noticias cuantitativas non son fiables de acordo coa opinión dos propios informantes dada a falta de medios e de persoal cualificado para levalas a cabo.417 Un último exemplo, de gran interese para nos, é o da Comisaria General de Abastecimientos y Transportes.Este organismo recibía anualmente información sobre a superficie cultivada, a producción, o número de cabezas de gando e outros aspectos de

414 Barciela, La agricultura cerealista en la españa contemporánea. El mercado negro y el Servicio Nacional del Trigo(1937-1971), Tese Doutoral, Universidad Complutense de Madrid, 1981. “Las investigaciones sobre el mercado negro de productos agrarios en la postguerra: situación actual y perspectivas”, Revista de Historia Económica, 3, 1985, pax. 513-517. 415 Raul Soutelo Vázquez, “Galicia nos tempos de medo e fame: Autarquía, sociedade e mercado negro no primeiro franquismo, 1936-1959”, Documentos de traballo do Idega, Historia 11, 2001. 416 Luis Martínez-Risco Daviña e raul Soutelo Vázquez (eds.), Autarquía e contrabando na sociedade da posguerra, Fundación Vicente Risco/Sotelo Blanco, 1999 no prelo. 417 Aurora Artiaga, “Unha radiografía da posguerra na galicia rural: Os informes fundacionais das Hermandades de Labradores e Ganaderos na provincia de Pontevedra”, en Xesús Balboa e Herminia Pernas Horoza (Eds.) Entre nos. Estudios de arte, xeografía e historia de Galicia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001, pax. 897-926.

223

interese como o consumo de abonos químicos. A información da CGAT xa foi utilizada na historiografía galega para analizar a situación do consumo de fertilizantes na posguerra por Lourenzo Fernández Prieto.418 Este investigador atopou grandes diverxencias entre as cifras de consumo e os informes cualitativos que acompañaban ás comunicacións dos concellos e que teñen moito maior interese. Pero tamén para os mesmos cultivos as información de carácter cualitativo adoecen de moitos problemas e os propios encargados de elaborar os datos estatísticos eran conscientes de eso. No resumen global da situación na provincia de Lugo afírmase en 1949:

“Algunos cultivos han sido aumentados, como el centeno, trigo y patata a causa de haber observado que los mismos ya venían disminuyendo en años anteriores sen razón alguna, cuya labor se ha realizado por desplazamiento por personal encargado de estes servicios. Se supone aún bastante ocultación, no solo en lo que se refiere a terreno en cultivo, sino también en la ganadería y arbolado, lo mismo en los maderables como en los frutales, no siendo posible el poder haber hecho una veradadera fiscalización respecto al esclarecimiento de la verdad debido a la premura con que han tenido que realizarse estes trabajos, de difícil y dura labor.”419

Queda claro, a luz do exposto que a administración do Novo Estado, pese a súa obsesión por coñecelo e controlalo todo no agro, non puido chegar a conseguir que os organismos encargados de aplicar a política agraria tivesen un coñecemento nin sequera aproximado do que estaba sucedendo no agro. Agora ben, ¿invalida esta argumentación as estatísticas de producción e superficies? Parte da investigación, especialmente a que se ten adicado a investigar o funcionamento dos organismos da política intervencionista considera como vimos que si. Mais esto implica considerar que os datos dos AEPA procedían de estas mesmas informacións, pero, como dixemos, a métodololoxía, (que tamén dependía de informacións locais para a súa elaboración) era a mesma que antes da guerra. Podemos considerar que os datos da estatística adoecerían dos mesmos defectos, pero non hai que esquecer que a función dos AEPA non era facer política intervencionista senón reflectir a realidade do agro o máis precisamente posible. Para dilucidar a diferencia na fiabilidade dos datos da estatística decidimos contrastar os datos de superficie e rendementos dos cultivos máis importantes entre o AEPA de 1949 e as cifras de Lugo da CGAT do mesmo ano. Cadro 1 Estimacións da superficie en Has. en 1949 por diversos organismos Trigo Centeo Millo Pataca CGAT Lugo 9332 47696 14403 23578 AEPA Lugo 11500 62000 22000 31500 % CGAT/AEPA 81 77 65 75 Fonte: Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Comisaría General de Abastecimientos y Transportes, ano 1949. AEPA, 1949.

418 Labregos con ciencia... op cit pax. 414 e ss. 419 Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Comisaría General de Abastecimientos y Transportes, ano 1949.

224

Cadro 2 Estimacións dos rendementos en Qts./Ha.). en 1949 por diversos organismos Trigo Centeo Millo Pataca CGAT Lugo 9,57 9,16 10,5 71 AEPA Lugo 14,7 10 8 71 % CGAT/AEPA 65 92 131 100 Fonte: Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Comisaría General de Abastecimientos y Transportes, ano 1949. AEPA, 1949. Os datos dos cadros 1 e 2 non deixan lugar a dúbida sobre a conclusión que debemos tomar. Os datos da CGAT non son os directamente proporcionados polos concellos, senón que son os corrixidos á alza pola delegación de Lugo de acordo coa cita anterior. Aínda así estamos ante unha diferencia enorme, aínda que moito máis importante na superficie que nos rendementos. Parece claro que os servicios de estatística eran conscientes da enorme ocultación da época e polo tanto corrixían os cálculos ou ben dispuñan de mecanismos máis eficaces de control da información que lles chegaba dos concellos. Non se pode, de acordo co exposto, acusar á ocultación dos malos resultados estatísticos da agricultura dos corenta cando menos como única explicación. Aínda aceptando que os datos dos AEPA poden estar infravalorados no caso dos rendementos, esta subestimación é moito menor da que se desprende das cifras dos organismos intervencionistas. Iñaquí Iriarte e José Manuel Lana, a partir da documentación das xuntas locais para Navarra chegan á conclusión de que os comportamentos comarcais, sen descartar tampouco algún grado de ocultación, son coherentes coas orientacións productivas previas e cos condicionantes medioambientais420. As conclusións tiradas de estas páxinas non nos deben levar á postura contraria, aceptar as cifras agrícolas sen ningún tipo de prevención. Quedou claro no capítulo II que aínda a altura dos anos trinta as cifras adoecen de problemas e non para todos os cultivos temos a mesma fiabilidade. Sen embargo podemos consideralas válidas como norma xeral e cunha análise que teña en conta os seus defectos pódense tirar conclusións útiles.

420 Iñaqui Iriarte Goñi e José Manuel Lana Berasain, “El campo navarro durante el primer franquismo: Una incursión estadística”, En X Congreso de Historia Agraria, Sitges, 23-24 Xaneiro, 2002, preactas en CD-Rom.

225

III.2.2. O sistema de cultivos. Os efectos da política intervencionista sobre a evolución dos cultivos no conxunto do Estado foron moi negativos. Especialmente para o caso dos cereais a actuación do SNT provocou coa súa política de fixar unilateralmente os prezos que os productores optasen en moitos casos por substituír o trigo por outros productos menos controlados ademais de fomentar o mercado negro421. No caso de Galicia sen embargo os efectos de esta política non foron tan claros. O papel do trigo era á altura dos anos trinta moi limitado salvo nas comarcas do norte da Coruña. Da mesma forma o proceso de reducción da superficie ocupada polos cereais esténdese ao longo de todo o primeiro tercio do século, aínda que non coa dimensión defendida ata agora pola historiografía, tal e como vimos no primeiro tercio do século. O espacio deixado polos cereais foi ocupado por plantas forraxeiras e prados máis cultivos de gran productividade e posibilidades comerciais como a pataca e o viñedo. O obxectivo deste apartado e avaliar en que medida a crise da posguerra e da etapa autárquica supuxo tamén unha interrupción de estes cambios.

Gráfico 1

Evolución dos principais cultivos en Galicia (Has.)

0

50000

100000

150000

200000

250000

300000

350000

400000

450000

1930

1932

1934

1936

1938

1940

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Cereais Pataca Vid Prad artif Horta

Fonte:AEPA. No gráfico 1 se mostra a evolución dos principais grupos de cultivos ao longo do período. Antes de analizar a situación que mostran debemos facer algunhas precisións sobre os datos estatísticos xa que ofrecen algunhas diferencias cos datos de Beiras. Seguimos a mesma metodoloxía que no capítulo II para o cálculo da superficie cultivada. A xustificación deste cálculo está en que o Ministerio non inclúe estimacións propias da superficie cultivada ata 1954 que ademais de ser de fiabilidade moi dubidosa como veremos no capítulo IV deixan fora os anos centrais da posguerra e non permiten

421 Carlos Barciela, “Introducción”, en Ramón Garrabou, Carlos Barciela e José Ignacio Jiménez Blanco (Eds.), Historia agraria de la España Contemporanea, 3. El fin de la agricultura tradicional, Crítica, Barcelona, 1986, 385 e ss.

226

unha comparación axeitada cos anos da República. Non incluímos ao igual que no capítulo II na superficie de prados artificiais a de nabos que case sempre vai asociada con patacas ou cereais. Da mesma forma ocorre coa herba de Vigo. O caso deste último cultivo é moi significativo, xa que se o sumamos estaríamos sobrevalorando o crecemento das pradeiras artificiais dado que ata 1955 non se consigna superficie adicada a esta planta (co nome de Vallico) e unicamente na provincia de Pontevedra (en torno ás 40.000 has.). Feitas estas precisións podemos pasar agora a analizar a evolución do sistema de cultivos no período da posguerra. Dos grandes grupos de cultivos considerados tan só un, o das pradeiras artificiais, incrementa a súa superficie e só en 10.000 hectáreas. A superficie adicada a patacas descende bruscamente a partir de 1940, pero este feito temos que atribuílo máis á sobrevaloración da superficie cultivada de este tubérculo na provincia da Coruña nos anos trinta e primeiros corenta máis que a un descenso real (Cadro 7). Tendo esto en conta podemos definir tres tipos de cultivos que viven un estancamento ao longo do período, as patacas, o viñedo e os cultivos de horta. No caso da horta, aparte da baixa fiabilidade dos datos estatísticos neste grupo xa sinalada no capítulo anterior, a situación de estancamento continúa a situación de colapso do cultivo de exportación de cebolas despois da crise do vintenove. Nos outros dous casos, sen embargo trátase de cultivos dinámicos e en continua expansión no primeiro tercio do século XX e que agora interrompen esa tendencia. Son ademais os dous principais aportes ao incremento da producción agrícola fora das forraxeiras durante o primeiro tercio. Este carácter estático das superficies adicadas a pataca e viñedo está incidindo na perda de capacidade de diversificación productiva que é unha das claves dos bos resultados da pequena explotación despois da crise agraria finisecular. En termos de macromagnitudes esta perda de dinamismo incide tamén na perda de importancia do sector agrícola no conxunto da producción agraria. En termos de producción final estes productos son tamén básicos no crecemento dese apartado, xa que a maioría dos forraxeiros forman parte do reemprego na propia explotación. A primeira análise a partir dos datos da evolución da superficie confirma por tanto a interrupción dos cambios do primeiro tercio do século. O conxunto da superficie cultivada diminúe no período xa que se os outros cultivos permanecen estáticos prodúcese unha perda de superficies dos cereais o que supón unha continuación do proceso observado para o primeiro tercio. Sen embargo hai algunhas diferencias respecto á etapa anterior que nos permiten avanzar na caracterización do período de posguerra. Na evolución dos cereais hai dúas etapas. Unha estática despois dunha lixeira diminución tras a guerra e a partir dos anos cincuenta unha continúa caída na superficie aínda que con un volume inferior ao primeiro tercio. Non é, polo tanto, esta diminución consecuencia da Guerra Civil, senón que é froito do proceso de especialización gandeira que marca a evolución dos cultivos en todo o século. Por outra parte este proceso vese interrompido tras a Guerra, polo que os efectos da contenda e dos primeiros anos corenta sobre o sistema de cultivos están en relación coa interrupción da dinámica de cambio e non coa reducción da superficie que é característica do conxunto do Estado. Aínda que nos anos cincuenta o proceso se reanuda non acada o nivel do primeiro tercio, polo que realmente na evolución do sistema de cultivos a crise podemos prolongala ata comezos dos anos sesenta. Non é unha consecuencia da Guerra senón de outros factores que se analizarán ao longo deste capítulo entre os que a política agraria é un elemento central.

227

Cadro 3 Galicia. Evolución dos prados naturais Has. Segables Non segables

1930 80132 13373 1931 1932 110965 28242 1933 110672 24394 1934 110670 24594 1935 110724 53197 1936 1937 1938 1939 110720 24536 1940 110933 24533 1941 1942 1943 109556 24567 1944 108890 24573 1945 108695 24568 1946 106706 25027 1947 107700 24793 1948 107462 24787 1949 106513 24319 1950 106621 24264 1951 108024 23906 1952 108520 23770 1953 108630 23720 1954 108880 23730 1955 108300 23850 1956 110770 38830 1957 111010 39140 1958 111390 39140 1959 110890 38900

Fonte: AEPA, tomados de Beiras, El problema del desarrollo... op cit pax. 180 Dada a diminución da superficie de cereais hai que preguntarse o destino desas terras. O máis lóxico é supoñer que foron destinadas a prados, pero as cifras estatísticas dos AEPA non corroboran esta impresión. Os datos do cadro 3 sinalan que os prados naturais segables permaneceron estáticos e só nos non segables se observa un aumento a partir de 1956 e insuficiente para absorber a superficie de cereais perdida. Cadro 4 Evolución dos prados naturais non segables por provincias Has. A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

1932 14596 0 5132 4514 1935 43556 0 5127 4514 1948 15220 0 5079 4488 1954 14200 0 5130 4400 1956 14100 15000 5160 4570 1958 14100 15300 5160 4580

Fonte:AEPA.

228

Aínda máis este incremento non é froito dun proceso real senón de deficiencias estatísticas se observamos os datos do cadro 4 da superficie de prados non segables por provincias. Todo o incremento débese ao feito de atribuírlle á provincia de Lugo unha superficie neste apartado en 1956 que non se lle outorgaba en anteriores anuarios. De acordo con esto os AEPA non ofrecen para os anos 1939-1963 unha axeitada valoración do que sucede coa superficie de prados. Cabe preguntarse se é posible que a superficie diminuíra na práctica, é dicir que houbera unha reducción da superficie vía abandono de explotacións. Tendo en conta que os anos corenta e cincuenta o número absoluto de activos agrarios masculinos aumenta considerablemente respecto ao censo de 1930 esto non parece posible. Non hai datos moi fiables sobre o número de explotacións antes do censo de 1962, pero parece, á luz dos datos examinados por Edelmiro López Iglesias a partir das fontes dos anos cincuenta, (censo de poboación, enquisas agropecuarias, estatística do Instituto de Estudios Agro-sociais) que non só non diminuíu o número de explotacións senón que incluso se incrementou aínda que moi lixeiramente. De acordo con este investigador os datos do número de explotacións do censo agrario de 1962 sinalan o máximo da historia de Galicia e cando menos parece que así é si nos referimos ao século XX422. A reducción da superficie ocupada polos cereais non pode explicarse nestes anos pola perda de superficie adicada a actividades agrarias. Segue a ser, polo tanto, o trasvase de superficie de cultivos de alimentación humana a prados a explicación máis razoable. Neste caso os datos do anuario estarían errados. Non hai moitas posibilidades de comparación con fontes alternativas, pero si hai unha que é especialmente axeitada, os datos tomados a partir das fotos aéreas do catastro, realizado en Galicia a finais dos anos cincuenta. Esta labor foi realizada para a provincia de Ourense polo Consejo Económico Sindical provincial en 1962423. Cadro 5 Superficie de distintos cultivos en Ourense en 1962 segundo dúas fontes, Has. Catastro AEPA Patacas 25750 25810 Trigo 1000 1000 Centeo 33000 31600 Millo 20800 21110 Viñedo 17257 20310 Centeo forraxe 14500 14600 Nabo forraxeiro 8800 9000 Prados segables 39478 27700 Fonte: AEPA;Datos do Catastro en III pleno Consejo Económico Sindical de Orense, Ourense, 1962. A importancia de estes datos radica en que son moito máis fiables que os do AEPA xa que non están obtidos a partir de declaracións municipais ou por comprobacións sobre o terreo dos enxeñeiros senón que é unha información directa a

422 Demografía e estruturas agrarias. Análise da dinámica demográfica e das mudanças nas estruturas fundiarias da agricultura galega 1950-1993, Tese Doutoral, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela, Xuño de 1994, Vol II inédito, pax. 806-807. 423 para o conxunto de Galicia só se realizou para os prados pero non para os distintos cultivos dando un total de 163170 has para Galicia (32265, 77597, 39479 e 14369 para A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra respectivamente) en todos os casos con diverxencias respecto aos datos dos Anuarios. Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Expansión forestal, Santiago, 1964.

229

partir de foto aérea. Os datos, recollidos no cadro 5, permiten chegar a unha serie de conclusións sobre a fiabilidade da estatística de superficie destes anos. Os datos de cultivos dos Anuarios teñen todos unha converxencia alta co catastro coa única excepción do viñedo. Podemos, polo tanto, concederlle unha fiabilidade suficiente ás cifras de superficie dos cultivos dos AEPA. Sen embargo son as cifras de prados segables (non ofrecen as dos non segables) as que teñen unha diverxencia moi importante. Parece polo tanto, máis que probable que as cifras de prados dos AEPA, que recordemos tampouco son moi coherentes en todo o período anterior, non reflicten a evolución real. Como veremos no capítulo IV, nin posteriormente serven os datos anuais do Ministerio para facernos unha idea aproximada da súa evolución tan sequera na actualidade. A única opción é tomar a reducción da superficie de cereais como indicador da evolución dos prados e todos os argumentos sinalados apuntan nesa dirección. A outra opción, que sería estimar o que sucede cos prados a partir da evolución das superficies a monte tampouco é boa dado que estas cifras son aínda menos fiables.

230

Cadro 6 Superficie de cereais en Galicia (1921-35=100) Millo Trigo Centeo

1929 98,1 91,6 106,3 1930 102,3 102,6 99,8 1931 99,5 98,2 99,4 1932 100,7 97,5 99,9 1933 99,5 101,7 100,3 1934 100,2 99,9 100,4 1935 100,2 102,6 100,0 1936 1937 1938 1939 105,5 96,4 108,8 1940 105,9 96,8 107,4 1941 1942 1943 97,6 75,1 105,2 1944 97,2 77,8 106,8 1945 97,0 78,8 104,5 1946 96,5 89,4 94,8 1947 97,0 93,7 97,7 1948 98,1 86,9 100,6 1949 97,6 84,9 96,1 1950 98,4 90,5 96,8 1951 81,5 92,1 93,9 1952 84,1 92,8 95,4 1953 83,5 91,0 95,2 1954 86,2 91,0 96,7 1955 81,9 88,3 95,7 1956 80,8 88,2 95,8 1957 79,1 88,2 95,9 1958 80,2 88,1 94,4 1959 79,3 76,7 95,0 1960 80,3 74,9 90,0 1961 79,5 68,0 87,7 1962 80,1 77,8 91,8 1963 80,3 77,2 91,1

Fonte: AEPA. A única transformación significativa no sistema de cultivos nos anos da posguerra é á luz do visto a substitución de cereais por prados e a un ritmo menor que no período anterior. É importante, ademais do dito analizar que cereais se viron máis afectados. No primeiro tercio de século esta reducción afectou de forma máis ou menos similar aos tres cereais principais en Galicia. Pola contra na etapa 1939-1963 a situación será diferente. O único que vai sufrir unha reducción importante nos anos inmediatamente posteriores á Guerra (Cadro 6) será o trigo, aínda que o seu impacto no conxunto da superficie de cereal en Galicia é pequeno pola súa limitada importancia ao norte da Coruña. Máis significativo é o dato de que dos dous cereais con maior presencia é o millo o protagonista da diminución despois de 1950, mentres que o centeo só perde algo máis de 10.000 hectáreas e sobre todo a partir de 1960. Nesta situación están incidindo as condicións da posguerra. O centeo é un cultivo moito menos esixente

231

edafoclimaticamente que o millo, e menos productivo, que o non ter como obxectivo a comercialización nin poder ser desviado para a alimentación animal ten un carácter regresivo en todo o século XX. Está é, de feito a única etapa na que se ralentiza o seu ritmo de reducción. Ao contrario que o millo non é destino preferente do consumo de fertilizantes químicos no primeiro tercio do século. Polo tanto é máis fácil de manter aos seus niveis anteriores con métodos de cultivo non dependentes de inputs industriais o que provocou que, no contexto da posguerra, mantivese a súa extensión superficial. Pola contra o millo é un cereal que dado o seu dobre carácter dobre cara a alimentación humana e animal foi beneficiado polo consumo de fertilizantes e polo tanto máis afectado pola escaseza da posguerra. Por último tamén resulta de interese analizar, cando menos sucintamente, a evolución dos cultivos a escala provincial, xa que afortala aínda máis a idea de que ao nivel do sistema de cultivos en Galicia o sucedido nos anos corenta e cincuenta é algo máis que as consecuencias da Guerra. Nos cadros 7 a 14 reflíctese a evolución quinquenal dos diferentes cultivos nas catro provincias en hectáreas e en porcentaxe. De estes datos despréndese que, ao igual que no primeiro tercio do século, hai unha evolución diverxente no norte e no sur. O significativo do caso é que agora o sentido dos cambio é o contrario producíndose agora nas provincias do sur as maiores transformacións. O caso da Coruña é paradigmático xa que, si rexeitamos os datos da pataca que parece moi sobreestimada a súa superficie ata 1940424, todos os cultivos permanecen estáticos ou cunha pequena regresión, incluído o apartado das pradeiras artificiais. Esta é, como dixemos no seu momento, a provincia máis dinámica no primeiro tercio do século e sobre todo a que viviu unha maior penetración de inputs de fora do sector agrario, especialmente fertilizantes químicos. A interrupción da dinámica de cambio no sistema de cultivos é algo máis que conxuntural e ten que ver coa política agraria, coa desarticulación dos entramados institucional (organismos difusores) e sobre todo social (sociedades agrarias) de difusión do cambio técnico. Algo similar, aínda que en menor medida, sucede coa provincia de Lugo. Nesta provincia, na que o sector gandeiro ten unha importancia aínda máis grande que nas outras, a non reducción da superficie ocupada polo cereal, que indica que non se incrementaron os prados, así como o escaso crecemento dos cultivos forraxeiros e pradeiras artificiais, xa depor si de escasa entidade, está a indicar os problemas do sector nestes anos. Tamén aquí a interrupción da dinámica de transformación é necesariamente algo máis que conxuntural. Pola contra as dúas provincias do sur teñen unha dinámica diferente. En Ourense esencialmente polo continuo crecemento da superficie de patacas que está prefigurando unha das especializacións cruciais na introducción da Revolución Verde para a zona da Limia, aínda que no resto dos cultivos non se libra dos problemas xa comentados do sector gandeiro. É Pontevedra por tanto a provincia que ten de novo unha evolución diferente aínda que de signo contrario á dos 35 anos anteriores. Esta provincia concentra a caída da superficie de cereal que se explica en certa medida polo incremento de cultivos como a pataca a horta e a vide, pero sobre todo polo crecemento da superficie de forraxeiras e con toda seguridade de prados naturais425. Coidamos que esta evolución

424 Pero non intentamos ningún tipo de corrección neste caso xa que non temos ningúnha referencia para facer esa corrección e non se pode descartar que aínda con outras magnitudes si houbera algunha perda da superficie de patacas. 425 Non podemos excluir que se producira un trasvase cara a repoboación forestal de parte de superficie cultivada, pero dada a gran reserva de terras a monte sen repoboar non parece que sirva para explicar toda

232

diverxente é explicable e coherente no contexto que estamos a analizar. O feito de que esta provincia non participara máis que marxinalmente dos cambios do primeiro tercio facía que fose menos vulnerable a unha situación de escaseza de inputs e de desarticulación do entramado societario. A evolución que estamos a sinalar, sendo importante sobre todo comparativamente co período anterior e co resto das provincias non é con todo un cambio revolucionario. As produccións que se ven máis favorecidas son as forraxeiras e productos de agricultura intensiva moi axeitados para as condicións medioambientais e á estructura da propiedade da zona se ben crecen porcentualmente son insignificantes en termos absolutos. Estamos ante un cambio que é perfectamente explicable no marco da agricultura orgánica e sostible sen o recurso a inputs de fora do sector. Cadro 7 Coruña. Evolución dos principais cultivos Has Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 114720 54922 6455 1037 47002 224136 1939-40 131301 60010 7366 1986 47123 247785 1943-47 105313 23161 7449 1395 44915 182232 1948-52 101612 24824 7566 995 42242 177239 1953-57 94679 24973 7115 1213 40371 168351 1958-62 89824 27430 6024 1330 42831 167439 Fonte:AEPA. Cadro 8 Coruña. Evolución dos principais cultivos % Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 51,2 24,5 2,9 0,5 21,0 100,0 1939-40 53,0 24,2 3,0 0,8 19,0 100,0 1943-47 57,8 12,7 4,1 0,8 24,6 100,0 1948-52 57,3 14,0 4,3 0,6 23,8 100,0 1953-57 56,2 14,8 4,2 0,7 24,0 100,0 1958-62 53,6 16,4 3,6 0,8 25,6 100,0 Fonte:AEPA.

a reducción da superficie de cereal. A hipótese de foron os prados os que aumentaron a costa do cereal parece máis consistente. De feito de acordo cos AEPA, aínda que xa indicamos a súa baixa fiabilidade neste apartado, en Pontevedra habería en 1963 10260 has. de pradeiras naturais segables e 8080 de non segables polas 4484 e 4514 de 1935.

233

Cadro 9 Lugo. Evolución dos principais cultivos Has Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 102978 25340 2448 6046 9649 146461 1939-40 104228 32250 3302 5985 11332 157097 1943-47 99734 33624 5313 6275 12771 157717 1948-52 96940 29213 5009 6271 12546 149980 1953-57 101560 27303 5135 6079 15353 155430 1958-62 100904 29066 4011 6065 15246 155292 Fonte:AEPA. Cadro 10 Lugo. Evolución dos principais cultivos % Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 70,3 17,3 1,7 4,1 6,6 100,0 1939-40 66,3 20,5 2,1 3,8 7,2 100,0 1943-47 63,2 21,3 3,4 4,0 8,1 100,0 1948-52 64,6 19,5 3,3 4,2 8,4 100,0 1953-57 65,3 17,6 3,3 3,9 9,9 100,0 1958-62 65,0 18,7 2,6 3,9 9,8 100,0 Fonte:AEPA. Cadro 11 Ourense. Evolución dos principais cultivos Has Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 59139 18295 829 21636 21634 121533 1939-40 58794 19745 820 32411 20858 132627 1943-47 57846 21558 420 21798 16518 118140 1948-52 55975 22277 439 21727 16634 117052 1953-57 54664 25078 559 21925 17517 119743 1958-62 53499 26196 692 21814 19537 121738 Fonte:AEPA. Cadro 12 Ourense. Evolución dos principais cultivos % Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 48,7 15,1 0,7 17,8 17,8 100,0 1939-40 44,3 14,9 0,6 24,4 15,7 100,0 1943-47 49,0 18,2 0,4 18,5 14,0 100,0 1948-52 47,8 19,0 0,4 18,6 14,2 100,0 1953-57 45,7 20,9 0,5 18,3 14,6 100,0 1958-62 43,9 21,5 0,6 17,9 16,0 100,0 Fonte:AEPA.

234

Cadro 13 Pontevedra. Evolución dos principais cultivos Has Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 101652 7677 587 7463 5464 122843 1939-40 100695 8769 578 7197 5571 122809 1943-47 100718 8904 670 7372 6116 123779 1948-52 95595 8540 1463 7424 6118 119139 1953-57 79612 8351 1593 8923 11462 109940 1958-62 69837 10646 1612 9054 15431 106579 Fonte:AEPA. Cadro 14 Pontevedra. Evolución dos principais cultivos % Cereais Pataca Horta Vide Prad artif Total 1930-35 82,7 6,2 0,5 6,1 4,4 100,0 1939-40 82,0 7,1 0,5 5,9 4,5 100,0 1943-47 81,4 7,2 0,5 6,0 4,9 100,0 1948-52 80,2 7,2 1,2 6,2 5,1 100,0 1953-57 72,4 7,6 1,4 8,1 10,4 100,0 1958-62 65,5 10,0 1,5 8,5 14,5 100,0 Fonte:AEPA. A evolución dos cultivos nos anos corenta e cincuenta permítenos poñer unha primeira pedra na definición do proceso de bloqueo da dinámica de cambio que é característica da agricultura galega no primeiro tercio e aínda na centuria precedente. De acordo con estes datos a situación de crise prolóngase ata entrados os anos sesenta o que non se lle pode achacar ás consecuencias da Guerra Civil sobre todo cando no conxunto do Estado hai unha recuperación nos anos cincuenta.426 Unha lixeira recuperación das transformacións na dirección de preguerra dáse tamén nos anos cincuenta en Galicia pero con unha magnitude escasa e atribuíble na súa maior parte ao sucedido na provincia de Pontevedra.

A evolución que se definiu neste capítulo coincide por proceder da mesma fonte, aínda que con diferencias, polo distinto tratamento das cifras, coa realizada por Beiras.427 No seu momento esa análise serviulle para a súa caracterización estructural do sector agrario e a valoración das dificultades existentes, especialmente na estructura da propiedade, para saír do atraso relativo no que segundo este investigador atopábase o mundo rural. O problema básico desa interpretación está en que toma como base de inicio para a reconstrucción dos cultivos o ano 1929 e o primeiro dos AEPA. Nese contexto é comprensible esa caracterización. Na visión de longo prazo adoptada aquí e podendo contar coas estatísticas anteriores, que no momento de escribir Beiras aínda non foran utilizadas pola investigación e moito menos en Galicia, permítenos defender unha interpretación diferente. A etapa que el estudia ten uns rasgos específicos derivados do cambio de réxime e da destrucción de boa parte dos mecanismos que permitiron o desenvolvemento dos cambios do primeiro tercio xunto coa crise económica da posguerra acentuada e prolongada pola política autárquica do primeiro franquismo.Esta crítica é coincidente coa aportada por Colino e Touriño no senso de que o período abarcado por Beiras non é o mellor para abordar unha análise

426 Carlos Barciela, “Introducción”, op cit. 427 Beiras El problema del desarrollo, op cit.

235

estructural.428 Sen embargo estes dous autores consideran que elementos como o crecemento das pradeiras artificiais ou do millo forraxeiro indican un cambio embrionario da base agrícola. De acordo co aquí exposto e sobre todo en comparación co período previo parécenos que máis que o comezo dunha transformación estamos ante a interrupción da mesma. Esta cuestión non é baladí no debate emprendido por Colino e Touriño coas teses de Beiras xa que na súa análise das transformacións operadas a partir de 1960 consideran que a comezos de esa década o característico da agricultura galega non era o retraso nin as altas doses de autoconsumo, senón a incipiente inserción no mercado que daría lugar as transformacións posteriores perfectamente integrables no modelo da Revolución Verde. En certa forma estes autores caen no mesmo pecado do que acusan a beiras de elaborar unha interpretación ahistórica en tanto que non consideran en absoluto as transformacións anteriores.429 Interpretan como inicio dos cambios o que é unha recuperación dos producidos no primeiro tercio do XX.

428 Economía campesiña e capital... op cit pax 26 e ss. 429 Polo demais perfectamente comprensible xa que no momento en que realizan a súa investigación os estudios de historia agraria aínda estaban no seu comezo.

236

III.2.3. Magnitude e duración da ruptura da posguerra á luz da evolución da agricultura. Rendementos, producción e productividade da terra. Para caracterizar a evolución productiva da agricultura galega no primeiro franquismo non chega con analizar a evolución dos cultivos. No centro da cuestión do debate sobre o impacto do primeiro franquismo na ruptura do modelo anterior de transformación debemos situar tamén a análise dos rendementos dos cultivos e, no caso dunha agricultura de rotacións intensivas a productividade total da terra. Esta análise permitiranos avaliar a magnitude da crise e a duración da mesma. A primeira variable de interese son os rendementos. Analizaremos para iso os rendementos dos tres cereais principais, millo, centeo e trigo e máis os da pataca por ser os cultivos fundamentais do sistema. A comparación será cos datos totais do Estado (Gráficos 2-5). Nos catro casos observase unha recuperación da caída da posguerra aínda que con diferencias tanto na magnitude da perda de rendementos como na da propia recuperación. Nos caso do trigo e máis do centeo esta recuperación só chega para acadar os niveis previos á contenda pero no conxunto do período non hai un crecemento importante. O trigo é como dixemos un cereal menor salvo na Coruña, pero non o centeo. Chama a atención que non se producira unha caída na superficie deste cereal ao abeiro do estancamento dos rendementos como sucedera ao longo do primeiro tercio do século. De novo a explicación desta permanencia radica nas menores necesidades edafoclimáticas do cereal que permitían que fose menos dependente de recursos externos á explotación. Dende o punto de vista comparativo a evolución dos rendementos no estado segue a mesma dirección que en Galicia.

Gráfico 2

Rendementos do millo en Galicia e España (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

30,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

Galicia España

Fonte:AEPA. Pola contra no caso do millo non só se recupera rapidamente da caída da posguerra senón que acada niveis moi altos a partir de mediados dos cincuenta. Podemos dubidar de tamaño crecemento tendo en conta que en 1950 hai un cambio de metodoloxía que tendía a incrementar as produccións e os rendementos. Algo de esto pode estar detrás deste crecemento e aínda máis claramente se observamos os datos da pataca (Gráfico 5). Asimesmo as cifras dos rendementos do millo nos anos sesenta contradín este extraordinario crecemento. Xa nos anos 1961-63 os rendementos baixan

237

moito respecto aos anos cincuenta e continúan baixos nos anos sesenta (en torno aos 20 Qts./Ha. ata comezos dos setenta). En calquera caso resulta difícil atopar unha explicación a estas melloras. De acordo con Bouhier a introducción de millos híbridos comezada por Cruz Gallástegui na Misión Biolóxica interrumpiuse despois da Guerra para non recomezar ata os anos 1955-58 por organismos oficiais e casas productoras e importadoras. Aínda este comezo a valoración de Bouhier e que non se chegou, nin sequera no período posterior, aos niveis que pretendera Gallástegui.430 Non podemos en calquera caso negar que algunha influencia tivera a recuperación da actividade dos organismos de investigación e difusión na segunda metade dos cincuenta que, para outros aspectos da actividade agraria podemos constatar e mostraremos ao longo deste capítulo.

Gráfico 3

Rendementos do trigo en Galicia e España (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

Galicia España

Fonte:AEPA. Especialmente no suroeste o millo é un cultivo de regadío o que explica os historicamente maiores niveis dos rendementos da zona respecto ás provincias do interior e ao norte. Unha posible explicación do crecemento dos rendementos estaría no crecemento do regadío, tecnoloxía en Galicia de moi pequena escala e realizada ao marxe dos organismos oficiais polas propias comunidades rurais. É difícil facer un achegamento diacrónico a esta cuestión en Galicia, pola escaseza de fontes, ao non existir obras públicas nesta dirección, e pola falta de homoxeneidade das mesmas.431 Para esta etapa contamos unicamente co censo agrario de 1962. nesta fonte inclúese un apartado á superficie en regadío na que se inclúe unha indicación temporal da súa posta en funcionamento (Cadro 15). Hai que coller está fonte con todas as reservas, xa que sobre todo a superficie regada en Pontevedra é demasiado escasa para o que sabemos da importancia do regadío nos cultivos da provincia. Sen embargo o que nos indica é que o crecemento da irrigación, sen ser desprezable, non nos explica tampouco o crecemento dos rendementos do millo. Todo indica que este crecemento dos rendementos do millo fundaméntase máis na corrección estatística de 1950 que nun proceso real. Non pode ser, sen embargo, unha conclusión definitiva.

430 La Galice op cit cap. 3.4. 431 Non deixa de ser significativo que a máis completa e fiable ata os anos sesenta fose o Catastro de Ensenada, sendo imposible facer aproximaxións macro para todo o XIX e gran parte do XX.

238

Gráfico 4

Rendementos do centeo en Galicia e España (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

Galicia España

Fonte:AEPA. Cadro 15 Superficie en regadío en 1962 (Has.) segundo data de posta en funcionamento A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Antes de 1939 18663 21306 31221 29134 100324 1939-50 1324 1006 304 706 3340 1950-62 743 907 133 579 2362 Total en 1962 20730 23219 31658 30419 106026 Fonte: Censo agrario de 1962.

Gráfico 5

Rendementos da pataca en Galicia e España (Qt./Ha.)

0,020,040,060,080,0

100,0120,0140,0160,0180,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

Galicia España

Fonte:AEPA. Nos datos de rendementos da pataca é onde se pode observar con máis claridade a influencia do cambio metodolóxico de 1950 (Gráfico 5). O salto producido nese ano non pode ser atribuído a ningún proceso real. Sen embargo, e a pesar de ese problema, é tamén o cultivo onde a evolución está máis clara e é máis facilmente interpretable. Independentemente da magnitude do descenso nos rendementos e de que prefiramos a

239

serie ata o ano 49 ou a partir de 1950, e non temos elementos de comparación que nos permitan decidir, podemos tirar dúas conclusións principais. En primeiro lugar non hai recuperación dos niveis de preguerra en todo o período, nin sequera a comezos dos anos sesenta. En segundo lugar os mellores resultados en termos de rendementos de Galicia respecto ao conxunto do Estado nos anos da República non se manteñen durante o primeiro franquismo. Polo tanto a crise da posguerra afectou máis a Galicia neste cultivo que ao conxunto do Estado que si se sitúa nos anos cincuenta nos niveis de preguerra. Este feito non deixa de ter significación xa que Galicia supón, entre 1943 e 1963, entre o 21 e o 26% da superficie e entro o 22 e o 28% da producción de pataca do conxunto do Estado o que implica que é o principal productor. Esta evolución negativa dos rendementos da pataca é tanto máis importante no contexto da comparación coas transformacións previas á Guerra Civil. A pataca fora como vimos no capítulo II un dos cultivos máis dinámicos e, no que respecta aos rendementos, en constante mellora en todo o primeiro tercio. A preocupación pola mellora da semente esténdese dende comezos de século, cos traballos de Valeriano Villanueva e a Granxa Da Coruña ata a labor de Cruz Gallástegui na Misión Biolóxica e o Sindicato de Productores de Semillas. Tamén a altura dos anos trinta as zonas da Terra Cha en Lugo e da Alta Limia en Ourense adquiriran fama como productoras de semente de calidade.432 A situación na posguerra cambiaría radicalmente. A vinculación de Gallástegui co nacionalismo vai a provocar a marxinación da Misión Biolóxica así como a perda de control sobre o Sindicato de productores de Semillas que controla a Hermandad Sindical de Pontevedra e que é desarticulado definitivamente en 1945.433 Cadro 16 Producción de pataca seleccionada para semente, Tm. Álava Burgos Palencia Ourense Outras Total

1948 13429 19581 8062 192 458 41722 1949 9824 25989 10161 125 909 47008 1950 6611 17021 5834 556 1514 31536 1951 6975 12774 3937 606 2778 27069

Fonte:AEPA, Datos do Instituto Nacional para la producción de semillas selectas Aínda que nos anos cincuenta a intervención do Estado na mellora das sementes de pataca se reanudará a través do Instituto Nacional para la Producción de Semillas Selectas, os criterios serán moi diferentes aos de preguerra. Gallástegui dáballe moita importancia ás condicións medioambientais á hora de promover unha ou outra semente. A labor do novo organismo concentrará a investigación e a producción nas provincias de Burgos, Álava e Palencia. Nos AEPA de 1948-51 ofrécense datos da producción por provincias da pataca de semente seleccionada. Os datos, recollidos no cadro 16 non deixan lugar a dúbidas sobre as zonas privilexiadas.

432 Pedro Urquijo y Landaluce, Instrucciones sobre el cultivo de la patata, Diputación Provincial de A Coruña, A Coruña 1935, pax. 4. 433 Antonio Bernárdez Sobreira e Miguél Cabo Villaverde, “Ciencia y dictadura, la investigación agronómica en Galicia durante el primer franquismo (1936-1950)”, Noticiario de Historia Agraria, 12, 1996, pax. 126.

240

Cadro 17 Destino da pataca seleccionada de semente Qm434 Galicia España %G-E

1949 18364 470077 3,9 1950 30425 317820 9,6 1951 19668 270694 7,3 1952 34900 377060 9,3 1953 23446 329875 7,1 1954 38191 387444 9,9 1955 59661 530021 11,3 1956 96384 524552 18,4 1957 92330 493361 18,7 1958 134549 703251 19,1 1959 123957 556943 22,3 1960 109614 614454 17,8 1961 128826 682893 18,9 1962 74082 532291 13,9 1963 95773 586754 16,3

Fonte:AEPA, Datos do Instituto Nacional para la producción de semillas selectas Cadro 18 Pataca seleccionada de semente (Qm) por Ha cultivada de pataca A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1949 0,26 0,14 0,21 0,36 0,21 1,31 1950 0,47 0,35 0,36 0,12 0,37 0,88 1951 0,25 0,11 0,37 0,24 0,23 0,72 1952 0,35 0,23 0,48 1,10 0,42 1,13 1953 0,39 0,07 0,32 0,45 0,28 0,96 1954 0,54 0,23 0,39 0,85 0,43 1,09 1955 0,93 0,52 0,51 1,43 0,72 1,50 1956 1,45 1,18 0,63 1,87 1,15 1,44 1957 1,06 1,48 0,43 1,41 1,05 1,33 1958 2,08 1,81 0,38 1,77 1,49 1,88 1959 1,40 1,65 0,62 2,29 1,36 1,39 1960 1,33 1,55 0,30 2,15 1,16 1,56 1961 1,47 1,71 0,48 1,95 1,34 1,64 1962 0,78 1,23 0,17 0,96 0,78 1,30 1963 1,15 1,25 0,34 1,39 1,00 1,43

Fonte:AEPA, Datos do Instituto Nacional para la producción de semillas selectas A partir de 1952 non se indica a procedencia da pataca seleccionada, pero si se recolle nos anuarios a cantidade empregada en cada provincia. Estes datos permítennos comprobar o verdadeiro impacto de este organismo na mellora dos rendementos. O cadro 17 reflicte a cantidade empregada en Galicia e no conxunto de España así como a porcentaxe que supón o consumido en Galicia. Eses datos mostran que, especialmente nos primeiros anos Galicia non é destino preferente da producción, aínda o seu carácter de principal productor. No cadro 18 faise unha comparación entre a cantidade de

434 Entre 1952 os datos veñen en Tm, a partir de 1954 en Qm. En 1953 o anuario indica que os datos son en Tm pero evidentemente se trata de un erro, xa que daría unha cifra ridiculamente alta en relación ao resto da serie.

241

semente consumida e a superficie cultivada de pataca. Aínda que Galicia recupera distancia ao longo dos anos cincuenta ao final do período está claramente por debaixo da media estatal. Especialmente significativo é o caso da provincia de Ourense, con un crecemento mínimo en toda a serie. Non hai que esquecer que esta é a provincia onde o cultivo da pataca é máis importante, sendo unha das bases da especialización posterior xunto co viñedo. En definitiva eses datos demostran como a marxinación do entramado institucional da innovación situado en Galicia e a persecución e desarticulación das sociedades agrarias tiveron moito que ver na caída dos rendementos da posguerra, moito máis aínda que o propio impacto da contenda. A recuperación dos anos cincuenta, que efectivamente se produciu, fíxose con outros intereses, dende o centro e ignorando aos coñecedores máis fiables das necesidades da agricultura do noroeste que, como Cruz Gallástegui Valeriano Villanueva ou mesmo Rof Codina, serían marxinalizados no novo Estado e esquecidos os seus chamamentos en prol da necesaria variabilidade comarcal na utilización de sementes.

Gráfico 6

Rendementos do millo por provincias (Qts./Ha.)

0,05,0

10,015,020,025,030,035,040,045,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte:AEPA. Un último aspecto da evolución dos rendementos é a análise da evolución por provincias, recollida nos cadros 6 a 9 para os catro cultivos considerados. A primeira conclusión á que nos permiten chegar os datos é que a evolución é bastante similar nas catro provincias. A única excepción é a do millo. O salto de 1950 correspóndelle fundamentalmente ás provincias de A Coruña e Pontevedra que posteriormente acadan un nivel máis baixo a partir de 1955. O crecemento nas outras dúas provincias é posterior e dun carácter máis moderado. Esta evolución permítenos afirmar que, como xa indicáramos antes, cando menos parte do crecemento dos rendementos do millo é debido máis ao cambio metodolóxico de 1950 que a unha evolución real. Aínda así non é desdeñable, de acordo coa evolución de Ourense e Lugo a partir de 1953 e o mantemento de Pontevedra e Coruña a finais da década en rendementos medios de 25 Qts./Ha. aínda superiores aos do primeiro tercio, que unha subida máis moderada do que indican as cifras medias de Galicia si se produciu.

242

Gráfico 7

Rendementos do trigo por provincias (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

30,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte:AEPA.

Gráfico 8

Rendementos do centeo por provincias (Qts./Ha.)

0,0

5,0

10,0

15,0

20,0

25,0

30,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte:AEPA. Á segunda conclusión da análise provincial é que ao longo do período 1939-63 prodúcese unha relativa igualación, de novo coa excepción do millo, dos rendementos medios dos distintos cultivos nas catro provincias. Este dato fálanos sobre todo do impacto da posguerra en tanto que son as provincias con mellores resultados previos as máis afectadas. De novo o caso da pataca é o máis claro, especialmente tendo en conta que era un dos cultivos no que preferentemente se utilizaban abonos químicos nos anos trinta. Son as provincias de Ourense e Lugo as máis afectadas mentres que Pontevedra, onde a pataca é un cultivo secundario aínda que en crecemento nestes anos, recupera antes os niveis de preguerra e os supera na década dos cincuenta. É precisamente Pontevedra o destino prioritario da pataca de semente de acordo coa relación entre consumo e superficie cultivada reflectido no cadro 18.

243

Gráfico 9

Rendementos da pataca por provincias (Qts./Ha.)

0,0

50,0

100,0

150,0

200,0

250,0

1929

1931

1933

1935

1937

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte:AEPA. A evolución dos rendementos permítenos analizar unha parte do proceso productivo, pero é necesario tamén avaliar os resultados globais deste, tanto en termos de producción como de productividade da terra. No gráfico 10 mostrase a evolución do producto agrícola en Galicia e España ata 1963, última data na que os anuarios ofrecen as valoracións monetarias dos distintos productos. Os datos de novo mostran un salto á altura de 1950, pero non é o suficientemente grande como para invalidar a tendencia, xa que sitúa as magnitudes á mesma altura que os anos da República e os primeiros corenta. Os datos tamén sitúan claramente o momento da recuperación da producción agrícola en España nos anos cincuenta, etapa na que a producción crece de forma sostida.

Gráfico 10

Evolución do producto agrícola en Galicia e España (Índice 100=1931-35)

0

20

40

60

80

100

120

140

160

1930

1932

1934

1936

1938

1940

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Galicia España

Fonte:AEPA e Ojeda Eiseley, Deflactado co índice de prezos ao por maior de productos agrarios. Alonso de, Índices de precios en España en el período 1913-1987, Banco de España, Madrid, 1988.

244

De acordo con Barciela esta recuperación viuse favorecida polo cambio da política agraria operado en torno a 1951. este cambio debeuse fundamentalmente á conxunción da presión dos Estados Unidos xunto coa constatación por sectores do propio réxime de que o mercado negro e os problemas de subsistencia podían afectar á estabilidade do réxime. A figura punteira do novo rumbo foi o novo ministro de agricultura Rafael Cabestany. A súa política foi a de elevar os prezos de taxa, suprimir algunhas medidas de intervención e potenciar actuacións como a concentración parcelaria, os plans de colonización ou a repoboación forestal. Á nova política exterior tamén tivo incidencia ao facilitar a adquisición de sementes, abonos e maquinaria. O problema fundamental de esta política foi, segundo Barciela, o claro abandono do sector gandeiro.435 É este último punto o que nos interesa agora para interpretar o sucedido en Galicia. mentres o sector agrícola crece no conxunto do Estado nos anos cincuenta no noroeste mantense a situación regresiva por debaixo dos niveis da República ata o comezo da década dos sesenta. Xa comentamos que non existe máis que un crecemento marxinal da superficie de prados artificiais, plantas forraxeiras e prados naturais, crecemento que é polo demais infravalorado na estatística polo que non habería que descartar unha tendencia de crecemento por riba da que mostra o gráfico no final do período, pero en ningún caso ao nivel español. Esta é unha das causas do comportamento diferenciado de Galicia, pero non é o único. A crise de productos claves nas transformacións operadas no primeiro tercio do século, como a pataca, que non recupera o nivel de rendementos dos anos trinta, tamén forma parte da explicación. Estamos ante algo máis que un fenómeno conxuntural. O que mostran os datos é o colapso definitivo do modelo de cambio anterior. De acordo co exposto no capítulo II o sector gandeiro foi a pedra angular na que xiraron todos os cambios operados no sistema agrario, pero eso foi posible gracias fundamentalmente a que as transformacións do sistema de cultivos puideron aproveitar as posibilidades naturais da rexión para a producción de forraxe. Sen embargo non se produciu unha completa especialización xa que, e tamén aproveitando as condicións naturais para o cultivo intensivo, as produccións agrícolas diversificáronse aproveitando o pulo de cultivos comercializables como a pataca, o viñedo e, de menor entidade cuantitativa aínda que non cualitativa, a horta. O sector gandeiro non foi suficientemente atendido pola política agraria nos anos cincuenta. Pero a crise do sector non foi compensada en Galicia polo recurso a reorientar parte das superficies a estes cultivos. Pola contra non só non incrementaron a súa superficie senón que tamén se produciu unha regresión técnica á luz dos datos dos rendementos. As cifras de participación no producto agrícola recollidas no gráfico 11 confirman para a totalidade dos cultivos o comentado para o caso da pataca. Non hai unha transformación estructural de relevancia nin sequera da forma matizada que mostraba a análise das superficies. O único relevante é a perda de importancia porcentual da pataca despois de 1940. Este fenómeno é debido fundamentalmente á sobrevaloración xa comentada das superficies da Coruña dos anos trinta pero en certa medida si reflicte unha tendencia real derivada da baixada dos rendementos e nalgunha medida imposible de cuantificar posiblemente tamén da superficie. Unha das conclusións máis importantes derivadas de este cadro é que a producción que resiste

435 Barciela, “Introducción”... op cit pax 413-425.

245

mellor os problemas dos anos corenta e cincuenta é a dos cereais (grupo no que se inclúen as leguminosas asociadas). Sendo o único grupo que perde superficie mantén en todo o período a súa importancia porcentual, en torno ao 40%. Pola contra nin o viñedo nin a horta experimentan un incremento significativo do seu papel no sistema. A análise da estructura da producción confirma, polo tanto a crise profunda do sistema agrario derivada do cambio de réxime e a implantación da política autárquica.

Gráfico 11

Galicia Participación (%) dos distintos grupos na producción agrícola

0

10

20

30

40

50

60

1930

1932

1934

1936

1938

1940

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Cereais e leguminosas Pataca Vid Horta Frutais Prad artif

Fonte:AEPA.

Gráfico 12

Evolución do producto agrícola por provincias (100=1931-35)

0

20

40

60

80

100

120

140

160

180

1930

1932

1934

1936

1938

1940

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte:AEPA. Deflactado co índice de prezos ao por maior de productos agrarios Ojeda Eiseley, Alonso de, Índices de prezos op. cit..

246

A análise provincial de estes datos permite matizar en certa medida o comentado ata agora. As cifras da evolución do producto agrícola (gráfico 12) permiten confirmar o que afirmabamos na análise da evolución dos cultivos no sentido de que, ao revés da evolución definida para o primeiro tercio son as provincias de Ourense e Pontevedra as únicas que conseguen situarse por riba dos niveis de preguerra, aínda que sen mostrar tampouco uns ritmos de crecemento do producto agrícola espectaculares.

Gráfico 13

A Coruña, Participación % dos distintos grupos na Producción agrícola

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1930-35 1939-40 1943-47 1948-52 1953-57 1958-62

Cereais e leguminosas Pataca Vid

Horta Frutais Pradeiras artif iciais

Fonte:AEPA.

Gráfico 14

Lugo, Participación % dos distintos grupos na Producción agrícola

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1930-35 1939-40 1943-47 1948-52 1953-57 1958-62

Cereais e leguminosas Pataca Vid

Horta Frutais Pradeiras artif iciais

Fonte:AEPA.

Na diferente evolución da estructura da producción (gráficos 13-16) podemos entender mellor estes diverxencias norte e sur. A participación dos cereais crece entre os anos trinta e sesenta nas dous provincias do norte, mentres que diminúe nas do sur. Da mesma forma tanto en Coruña como en Lugo, pero especialmente na primeira, perde importancia a aportación das pradeiras artificiais. Pola contra na provincia de Ourense

247

se ben o grupo dos cereais permanece en torno ao 30-35% o crecemento máis espectacular o sufre a pataca que pasa dun 19% en 1930-35 a un 33% no quinquenio 1958-62. Este incremento é debido en parte ao incremento da superficie cultivada de pataca en esta provincia pero tamén á perda de importancia das pradeiras artificiais e o viñedo. Estamos ante unha especialización incipiente pero con rasgos problemáticos xa que o crecemento da superficie non se acompaña dos rendementos que se manteñen todo o período por debaixo do nivel de preguerra. Ao mesmo tempo non hai unha resposta similar do outro cultivo comercializable esencial na provincia, o viñedo, que diminúe a súa participación dende mediados dos anos corenta.

Gráfico 15

Ourense, Participación % dos distintos grupos na Producción agrícola

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1930-35 1939-40 1943-47 1948-52 1953-57 1958-62

Cereais e leguminosas Pataca Vid

Horta Frutais Pradeiras artif iciais

Fonte:AEPA.

Gráfico 16

Pontevedra, Participación % dos distintos grupos na Producción agrícola

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1930-35 1939-40 1943-47 1948-52 1953-57 1958-62

Cereais e leguminosas Pataca Vid

Horta Frutais Pradeiras artif iciais

Fonte:AEPA.

Os datos de Pontevedra (gráfico 16) son igualmente ilustrativos dos límites dos cambios producidos nesta provincia nos anos corenta e cincuenta. Os cereais perden importancia pasando do 66,2% en 1930-35 ao 53,8% case exclusivamente en beneficio

248

das pradeiras artificiais que pasan do 8,8% ao 16,4% no mesmo período. Ata aquí parece cumprirse o mesmo guión dos cambios analizados para o resto do pais nos anos trinta. Sen embargo estamos a falar dunha zona onde as explotacións son sensiblemente máis pequenas e a parcelación maior que no resto de Galicia. Tamén as condicións medioambientais fan ás comarcas do suroeste mellor situadas para un cultivo de tipo intensivo que para a producción forraxeira ou de prados. Resulta polo tanto sorprendente que non se producira unha transformación similar neste tipo de cultivos (só dun 9,3% a un 11,4% da pataca entre os anos trinta e sesenta, do 3% ao 5,4% da horta e do 10,8% ao 6,7% do viñedo). A crise da gandería durante o primeiro franquismo fixo que na medida das súas posibilidades as explotación da provincia reorientaran parte das superficies de cultivo a cultivos forraxeiros e pastos pero esta transformación tiña un límite claro na estructura dimensional das explotacións. O aproveitamento gandeiro ten un caracter decididamente máis extensivo que o cultivo de produccións de rendementos altos e nunha zona de moi pequena explotación as posibilidades de reorientación productiva sen que se produza ao mesmo tempo un cambio na dimensión das explotacións son pequenas. Non temos para os anos corenta e cincuenta datos que nos permitan avaliar a evolución dos cultivos segundo o tamaño das explotacións, pero podemos aproximarnos á cuestión dunha forma estática cos datos do censo agrario de 1962, é dicir, ao final do período. O cadro 19 recolle a estructura dimensional das explotacións. A maior parte da superficie censada en Pontevedra corresponde ás explotacións de moi pequena dimensión seguida nesta dirección por Ourense mentres que en Coruña e Lugo, onde recordemos tivo maior impacto a individualización dos montes veciñais, hai unha maior porcentaxe das explotacións de mediana dimensión. Cadro 19 1962. Tamaño das explotacións en % sobre a superficie total censada A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia <1 ha 4 1 5 14 4 =>1<5 ha. 27 18 50 53 31 =>5<10 ha. 29 28 27 21 27 =>10<20 ha. 26 33 11 9 24 =>20<50 ha. 12 18 4 3 12 =>50<100 ha. 2 2 3 1 2 Total 100 100 100 100 100 Fonte: Censo agrario de 1962. Exclúese a superficie de máis de 100 has. que se corresponde aproximadamente coa superficie de montes veciñais ¿Cal é a incidencia desta estructura dimensional no sistema de cultivos? No caso de Galicia nas explotacións de maior tamaño existía unha maior potencialidade de reorientar superficies cara pastos. No cadro 20 recóllese a porcentaxe de SAU (Superficie Agrícola Utilizada) sobre a superficie total de cada grupo dimensional. Nas explotacións de maiores dimensións existían unha maiores reservas de terras a monte en parte susceptibles de ser reorientadas cara pastos. Evidentemente as terras a monte tiñan unha funcionalidade no sistema agrario de productores de abono que non pode ser ignorada, pero estamos neste momento na fronteira da introducción das tecnoloxías da Revolución Verde que supoñen un cambio fundamental do contexto tecnolóxico e que permiten precisamente esa conversión en pastos. Pola contra nas explotacións de

249

pequena dimensión a conversión en pastos debería facerse fundamentalmente a costa das terras de cultivo. Cadro 20 SAU en % sobre a superficie total de cada grupo dimensional en 1962 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia <1 ha 71 69 64 69 69 =>1<5 ha. 48 55 60 52 54 =>5<10 ha. 34 47 60 34 44 =>10<20 ha. 25 37 52 29 34 =>20<50 ha. 14 27 37 21 24 =>50<100 ha. 5 16 5 13 9 Total 34 41 57 48 42 Fonte: Censo agrario de 1962. Exclúese a superficie de máis de 100 has. que se corresponde aproximadamente coa superficie de montes veciñais. A SAU calcúlase neste censo coa suma de cultivos e prados e pradeiras permanentes. Cadro 21 % das terras de cultivo sobre a SAU de cada grupo dimensional A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia <1 ha 90 89 87 94 91 =>1<5 ha. 83 75 77 84 79 =>5<10 ha. 79 71 74 74 74 =>10<20 ha. 77 68 70 69 70 =>20<50 ha. 74 61 66 64 64 =>50<100 ha. 59 57 57 76 58 Total 81 70 75 84 76 Fonte: Censo agrario de 1962. Exclúese a superficie de máis de 100 has. que se corresponde aproximadamente coa superficie de montes veciñais Estes límites quedan aínda máis claros coas cifras do cadro 21. A superficie de prados é case exclusiva das explotacións de maior tamaño, mentres que as de pequena dimensión teñen que adicar a maior parte da súa superficie a cultivos. Ademais non había moito marxe para o crecemento da superficie cultivada. A expansión dos cultivos ten uns límites medioambientais claros e no caso das pequenas explotacións tamén límites dimensionais. No século XX estes dous condicionantes xa non permitían unha expansión dos cultivos sen que se producira unha reestructuración da propiedade. As posibilidades de transformación das explotacións pequenas debían vir máis que pola incorporación de novas terras ao cultivo pola reconversión interna dos cultivos. A opción gandeira era claramente viable para as explotacións de tamaño medio e grande, pero nas pequenas dependía do uso de terras que non formaban parte da explotación, é dicir, dos montes veciñais. A opción viable para as explotación pequenas era a reorientación cara a cultivos de alta productividade por unidade de superficie que compensasen os problemas derivados da escasa dimensión. Na fronteira tecnolóxica da Revolución Verde esto era crucial xa que en boa medida as posibilidades de supervivencia das pequenas explotacións derivaban da súa capacidade de resposta fronte aos problemas das economías de escala que a partir de este momento si van ser importantes. Esta reconversión non se produciu nos anos corenta e cincuenta. Ao contrario interrompeuse a tendencia neste sentido do primeiro tercio do século XX. O maior dinamismo do suroeste durante este período non supón un paso nesta dirección,

250

senón unha aposta por unha agricultura máis extensiva exclusivamente orientada á gandería; precisamente a opción que si era viable no norte e no interior e que sen embargo se interrompe nesas zonas nestes anos.

Gráfico 17

Productividade da terra en Galicia (Pts de 1959/Ha. cultivada)

02000400060008000

100001200014000160001800020000

1930

1932

1934

1936

1938

1940

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Fonte:AEPA. Deflactado co índice de prezos ao por maior de productos agrarios Ojeda Eiseley, Alonso

de, Índices de prezos op. cit..

Gráfico 18

Productividade da terra por provincias (Pts de 1959/Ha. cultivada)

0

5000

10000

15000

20000

25000

1930

1932

1934

1936

1938

1940

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Fonte:AEPA. Deflactado co índice de prezos ao por maior de productos agrarios Ojeda Eiseley, Alonso

de, Índices de prezos op. cit.. A productividade da terra é a variable clave para entender as transformacións operadas en Galicia no primeiro tercio de século. Xunto á diminución en termos absolutos da poboación activa permite explicar as melloras na productividade do traballo. Pola contra no período 1939-63 non parece que se incrementara significativamente esta variable. No gráfico 17 recóllese a nosa estimación da evolución da productividade da terra en Galicia e no gráfico 18 para as catro provincias. Esta

251

estimación parte da reconstrucción da superficie cultivada realizada no apartado III.2.1 co mesmo criterio que a realizada para o primeiro tercio. De acordo con estes datos non parece que se producise unha reducción significativa de esta variable no conxunto de Galicia entre outras cousas porque os baixos rendementos de algúns cultivos compénsanse polos bos resultados de outros. Da mesma forma hai diferencias provinciais que fan que a evolución rexional sexa máis matizada. En calquera caso se non hai unha reducción importante despois da Guerra, si hai un estancamento da variable, xa que a leve recuperación dos anos cincuenta non incide na productividade da terra. De feito hai argumentos para matizar á baixa os datos. Hai dúas provincias que teñen unha maior productividade da terra a finais dos cincuenta que nos anos trinta: Pontevedra e A Coruña. Por outra parte non hai un crecemento sostido senón que hai un salto en 1950, data do cambio metodolóxico e a tendencia seguinte é estática. A pesar de estas dúbidas sobre a fonte o que parece claro e que tamén o comportamento desta variable evidencia unha interrupción das tendencias previas á Guerra. Este é o argumento definitivo para considerar que esta interrupción é algo máis que unha fase de conxuntura e que supón un verdadeiro cambio do modelo de transformación. No marco das condicións estructurais e medioambientais de Galicia o modelo de crecemento da producción agraria previo baseábase na intensificación dos usos do solo. Empréganse tecnoloxías aforradoras de terra máis que tecnoloxías aforradoras de traballo, xa que o ben escaso é a terra. Dende unha perspectiva medioambiental este modelo explícase máis alá dos prezos relativos que teñen a primacía no modelo de Ruttan e Hayami, na adecuación das novas técnicas ás condicións medioambientais e ao contexto tecnolóxico previo. É esta mellora da productividade da terra a principal responsable do incremento da productividade do traballo. Cadro 22 Activos masculinos en agricultura e pesca A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1900 137248 134322 105957 99870 477397 1910 132558 135721 108176 90870 467325 1920 134649 136559 101194 117736 490138 1930 112998 108245 101294 78684 401221 1940 157041 143037 122332 115922 538332 1950 186340 145733 131253 120809 584135 1960 167593 127855 116067 101914 513429 1970 119334 93518 87597 73744 374193 1981 66680 55702 51954 44755 219091 1991 40400 31896 18743 30041 121080

Fonte: López Iglesias Demografía e estruturas..., op cit Tomo IV anexos pax. 110-116 Non é fácil aproximarse á evolución da productividade do traballo en comparación coa etapa anterior xa que as fontes sobre a gandería e o sector forestal non son homoxéneas e presentas diversos problemas que dificultan a reconstrucción da producción agraria. Este problema será considerado nos apartados correspondentes, pero podemos co xa coñecido facer unha primeira aproximación á evolución da productividade do traballo combinando a evolución da productividade da terra coa evolución da poboación activa agraria. No cadro 22 recollemos a reconstrucción de Edelmiro López Iglesias da poboación activa agraria masculina a partir dos censos de

252

poboación. En termos absolutos a poboación activa agraria sitúase entre os anos corenta e sesenta nos seus máximos absolutos do século non recuperando os niveis de preguerra ata o censo de 1970, aínda que a reducción absoluta recomezara xa na década de1950-60. este comportamento da poboación activa agraria (masculina) supón fundamentalmente unha interrupción do proceso de reestructuración da poboación agraria nos países desenvolvidos. De acordo con López Iglesias a evolución común aos países occidentais no comportamento da poboación activa agraria en termos absolutos pasa por tres fases na época contemporánea (no século XX na maioría dos países):

1) Na primeira a PAA perde peso relativo pero segue aumentando en cifras absolutas.

2) Na segunda mantense estable o seu volume absoluto continuando o declive relativo

3) Na terceira o descenso tamén afecta aos volumes absolutos. Cronoloxicamente é a partir de 1920-30 cando comeza a diminuír o volume absoluto da poboación activa agraria nos países occidentais. Na súa análise da evolución da PAA en Galicia no período 1900-1991 López Iglesias constata que non é ata 1950 cando esta fase se inicia en Galicia. Sen embargo a análise no longo prazo agocha o impacto da Guerra Civil e da autarquía no comportamento da PAA.436 De acordo cos datos do cadro 21 a poboación activa agraria comeza a diminuír no período 1920-30 o que situaría cronoloxicamente a niveis similares dos países occidentais. López Iglesias introduce unha dúbida sobre este descenso e sobre o incremento posterior na década de 1930-40. De acordo cos datos censais o descenso da PAA en 1920-30 é fundamentalmente devido a un incremento da poboación activa non agraria na zona rural de 99.000 varóns fronte ás 29000 das zonas urbanas. Ademais ese incremento é debido á rúbrica “industrias varias o sen especificar” que pasa de 7500 varóns en 1920 a 69160 en 1930 e diminúe a 11593 en 1940.437 De acordo con estes datos parece que a diminución da poboación activa agraria sería moito máis matizada do que indican os censos. Sen embargo non está tan claro. Hai datos de que efectivamente creceu o emprego non agrario na zona rural neses anos, aínda que sen dúbida non probablemente nese volume nin de forma tan abrupta no período 1920-30. De acordo coas investigacións de Eduardo Rico Boquete a industria madeireira ten un importante desenvolvemento no primeiro tercio de século aínda que son na súa maioría industrias en precario que a partir da interrupción do comercio de madeiras con Gran Bretaña en 1920 terían numerosos problemas ata o punto de que en 1927 se incluirían no réxime de previa autorización. Sen embargo o número de contribuíntes por serra de cinta non para de aumentar en Galicia ata 1933.438 Estes datos indican que si é posible que houbese un incremento da poboación activa non agraria en zonas rurais en Galicia aínda que de forma máis sostida do que indican os censos de poboación. Ademais no caso da industria de aserrar son negocios en precario que xa estaban en crise a finais dos vinte e non eran difíciles de desmantelar. En calquera caso, e defendamos ou non un posible declive da poboación activa agraria a partir de 1920-30, o que si é indubidable e que o período da autarquía supón un

436 Demografia e estruturas... op cit vol. 1 pax. 30-38 e 62-69 437 Ibid vol I pax. 77-79. 438 Eduardo Rico Boquete, Montes e industria... op cit pax. 44-60.

253

retardo da evolución da poboación activa agraria incrementando o seu volume ata 1950, mentres que no período 1900-1930 permanecera estable, é dicir, na segunda fase da evolución da poboación activa agraria. Independentemente de que no decenio de 1920-30 o comportamento da PAA entrara na terceira fase ou non o período 1940-1960 reflicte un cambio radical das tendencias previas á Guerra Civil. A influencia do que acabamos de comentar na evolución da productividade do traballo é incuestionable. Aínda deixando a parte a producción gandeira e forestal non hai dúbida de que a productividade do traballo diminuíu considerablemente no período 1940-60 respecto do período anterior. Tamén en relación co conxunto do Estado invírtese a tendencia de preguerra xa que aínda que no conxunto do Estado tamén se produce un incremento dos valores absolutos da PAA tras a Guerra a data na que comeza de novo a diminuír é 1950, mentres que en Galicia continúa o incremento no decenio 1950-60.439 Tampouco neste caso a situación será conxuntural. Se no período 1900-1930 a productividade do traballo creceu a un ritmo maior en Galicia que a media española, e, de acordo co defendido no capítulo I, o mesmo sucede no século XIX, a evolución posterior da productividade do traballo seguira sempre un rimo inferior á media estatal. Este cambio de tendencia non resulta sorprendente. Sen un esforzo por incrementar a producción por unidade de superficie as vantaxes comparativas da gran explotación no modelo da Revolución Verde son moito máis difíciles de salvar pola pequena explotación.

439 López Iglesias, Demografía... op cit pax. 35.

254

III.2.4. Crise da fertilización química na posguerra. Na evolución da productividade da terra inciden algunhas variables consideradas ata o de agora. A evolución dos rendementos é un factor importante pero non é o único. Como puxemos varias veces de manifesto nesta investigación é posible, nun contexto de estancamento dos rendementos de varios cultivos ou de escaso crecemento de estes, que se produza simultaneamente un incremento máis significativo da productividade da terra. Este crecemento depende nese caso de cambios nas rotacións que fagan máis intensivo o cultivo aínda que esta opción trae como consecuencia unha maior presión sobre os elementos fertilizantes do solo. Este modelo foi o adoptado pola pequena explotación en Galicia ao longo do primeiro tercio do século XX. Na evolución da fertilización nos anos corenta e cincuenta debemos buscar parte da explicación do colapso do modelo de uso intensivo da terra. No primeiro tercio de século a fertilización do solo se obtiña fundamentalmente a partir de dúas fontes principais: a orgánica, maioritaria en todo o período e que dependía do monte e da gandería, e a química, de crecente importancia cara os anos trinta, especialmente nos cultivos de maior vocación comercial e nos prados e cultivos forraxeiros. Dos problemas dos aproveitamentos labregos do monte falaremos no apartado II.4., pero agora adicarémonos a analizar os cambios no consumo da fertilización química en tanto que é esencial para entender a crise das produccións máis comerciais. Un dos efectos máis claramente negativos da política autárquica na agricultura española foi a brusca e radical escaseza de fertilizantes provocada fundamentalmente pola dependencia das importacións para cubrir a demanda interna. As importacións de abonos nitroxenados pasaron de 529000 Tm en 1931-35 a 96200 en 1940-44 e 106000 en 1945-48.440 A súa vez as de fosfatos pasaron das 535000 no primeiro período a 338800 en 1940-44 e 278200 en 1945-48. Case a única importación regular de nitróxeno foi a do nitrato de Chile, mentres que a industria interior cubría unha pequena porcentaxe da demanda. Os fertilizantes químicos foron incluídos dada a súa escaseza no sistema de racionamento.441 Esto provocou que parte da producción se desviara cara o mercado negro coa conseguinte facilidade para o desenvolvemento do fraude e a adulteración dos fertilizantes así comercializados.442 O desartellamento das sociedades agrarias, responsables da loita contra o fraude nos fertilizantes no primeiro tercio do século XX e a inoperancia das institucións do réxime fixeron que este problema fose especialmente grave en Galicia. É evidente que parte dos problemas indicados son dificilmente cuantificables como a adulteración e a perda de calidade, pero si é posible achegarse á evolución cuantitativa do consumo de fertilizantes. Neste caso temos un gran problema de fontes xa non existe unha publicación continua e homoxénea das series de consumo de fertilizantes por provincias en todo o período franquista. Unicamente nos Anuarios de Estadística Agraria dos anos setenta se publicaron series retrospectivas do consumo de

440 Carlos Barciela “Introducción” op cit pax.388. 441 Carlos Barciela, Mª Inmaculada López Ortiz, Joaquín Melgarejo e José A. Miranda, La España de Franco (1939-1975). Economía. Síntesis, Madrid, 2001, pax. 109-110. Tamén Mª Inmaculada López Ortiz, “Los efectos de la autarquía en la agricultura murciana”, Revista de Historia Económica, 3, 1996. 442 Lourenzo Fernández Prieto, Labregos..., op cit pax. 417. Raul Soutelo, “Galicia nos tempos de medo e fame...” op cit.

255

fertilizantes a partir de 1950 para o conxunto do Estado. Os datos recollidos por Inmaculada López para o conxunto do Estado que se mostran no cadro 22 son abondo significativos para avaliar o impacto da escaseza no consumo de abonos nos anos corenta. A recuperación dos anos cincuenta pode avaliarse nos datos do cadro 23 que mostra como é moito máis acusada a partir da segunda metade da década. Cadro 22 Consumo de fertilizantes en España (miles de Tm) 1931-35 1945 1946-50

Fosfatados 163 81,2 98,5

Nitroxenados 72,9 11,3 39

Potásicos 24,9 30,7 43,4

Total 260,8 123,2 180,9

Fonte: López Ortiz, “Los efectos de la autarquía en la agricultura murciana”, op cit. Cadro 23 Consumo de fertilizantes en España (en Tm de materia fertilizante)443 P2O5 N K2O

1950 151558 86931 52268 1951 161944 74881 43835 1952 190333 120480 45419 1953 207120 106231 33717 1954 226579 129702 53856 1955 224073 178826 54607 1956 363201 176985 79778 1957 261678 155855 61246 1958 293518 231209 89601 1959 293874 255959 69764 1960 287145 242824 69308 1961 295221 301892 90211 1962 327196 338489 98209 1963 309113 340437 97707

Fonte: Anuarios de Estadística Agraria (AEA) Cadro 24 Galicia: Consumo de abonos químicos en Tm 1931 1932 1933 1934 1935 1939 1940 1942

Fosfatados 25475 38443 37207 40823 41132 19108 45345 33938

Nitroxenados 459 190 389 344 465 1014,2 294 372

Potásicos 186 145 188 206 244 6,4 21 194

Compostos 1595 5883 6636 8308 8553 140,9 501 6193

Total 27715 44661 44420 49681 50394 20269 46161 40697

Fonte: AEPA; Anuario Estadístico de España (1942) Avaliar a evolución do consumo en Galicia é moito máis complicado pola comentada escaseza de fontes. Nos AEPA unicamente se publicaron os datos provinciais para os anos 1939 e 1940. Atopamos ademais para o ano 1942 cifras no Anuario estadístico de España de ese ano. Máis alá de estas tres publicacións conseguimos informacións para algúns anos nas provincias de A Coruña, Lugo e

443 En todos os outros casos os datos veñen expresados en Tm de consumo total de fertilizante e non no contido de nitróxeno, fósforo ou potasa como neste caso.

256

Ourense e unha serie completa para o conxunto do período na mesma provincia de Ourense que nos permite avaliar a fiabilidade das outras fontes. Cadro 25 A Coruña Consumo de abonos químicos en Tm 1931 1932 1933 1934 1935 1939 1940 1942 1958 1959 1960 1961

Fosfatados 9870 20937 17452 17521 17582 1000 13734 14228 44516 44580 46765 46806

Nitroxenados 439 165 207 282 329 6,5 0 277 4106 6871 5812 7271

Potásicos 151 102 144 162 181 0 0 148 548 758 471 526

Compostos 1564 5828 6563 8034 8300 0 0 6058 1845 1942 869 902

Total 12024 27032 24366 25999 26392 1006,5 13734 20711 51015 54151 53917 55505

Fonte: AEPA; Anuario Estadístico de España (1942); VIII pleno del Consejo Económico Sindical de La Coruña, A Coruña, 1962 (1958-61) Cadro 26 Lugo Consumo de abonos químicos en Tm 1931 1932 1933 1934 1935 1939 1940 1941 1942 1945 1952 1961

Fosfatados 8105 9010 12526 15851 16110 11800 23000 12637 12227 39676 39280 31159

Nitroxenados 4 3 16 36 42 80 0 5 20 640 2481,7

Potásicos 16 16 23 20 35 0 7 0 22 190

Compostos 0 0 32 220 200 0 0 323 90 28900 1164 609

Total 8125 9029 12597 16127 16387 11880 23007 12965 12359 68576 41084 34440

Fonte: AEPA; Anuario Estadístico de España (1942); INE, reseña Estadística de la provincia de Lugo, Madrid, 1953 (1941,1945, 1952); INE, Reseña Estadística de la provincia de Lugo, Madrid, 1963 (1961) Cadro 27 Ourense Consumo de abonos químicos en Tm 1931 1932 1933 1934 1935 1939 1940 1942 1948 1951 1954

Fosfatados 5490 6466 5157 5367 5344 3156,6 2841 5557 9913 34035 82577

Nitroxenados 2 5 4 8 9 4,8 0 6 354 2042 2007

Potásicos 3 12 5 8 10 4,3 0 8 82 164

Compostos 15 39 24 27 35 0,6 1 28 11054 12511 0

Total 5510 6522 5190 5410 5398 3166,3 2842 5599 21321 48670 84748

Fonte: AEPA; Anuario Estadístico de España (1942); INE, reseña Estadística de la provincia de Orense, Madrid, 1956 (1948, 1951, 1954) Cadro 28 Pontevedra Consumo de abonos químicos en Tm 1931 1932 1933 1934 1935 1939 1940 1942

Fosfatados 2010 2030 2072 2084 2096 3150,9 5770 1926

Nitroxenados 11 14 17 18 20 222,9 2 15

Potásicos 16 15 16 16 18 2,1 14 16

Compostos 16 16 17 27 18 140,3 500 17

Total 2053 2075 2122 2145 2152 3516,2 6286 1974

Fonte: AEPA; Anuario Estadístico de España (1942) Os datos do conxunto de Galicia (cadro 24) permiten comprobar como a crise no consumo de fertilizantes acadou niveis comparables ao conxunto do Estado. Existen sen embargo dúbidas sobre a fiabilidade, tanto de estas fonte como dos datos que puidemos recoller para as distintas provincias (cadros 25-28), especialmente os recollidos nas diferentes reseñas estatísticas provinciais publicadas polo INE. Os datos de estas fontes para as provincias de Lugo e Ourense mostran cifras sospeitosamente elevadas para

257

datas dos anos corenta e primeiros cincuenta. De ser fiables estes datos en Lugo en consumiríase case o dobre en 1945 que en 1961 o que parece en principio imposible. Da mesma forma a cifra de 1954 de Ourense supón un consumo moi superior ao consumo da Coruña dos anos 1958-61 o que implicaría un cambio radical no volume de consumo de estas dúas provincias.

Gráfico 19

Consumo de abonos Fosfatados en Ourense (Tm)

0

5000

10000

15000

20000

25000

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

Fonte: II pleno del Consejo Económico Sindical de Orense, Ourense 1962.

Gráfico 20

Consumo de abonos nitroxenados e potásicos en Ourense (Tm)

0

200

400

600

800

1000

1200

1939

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

Nitrogenados Potásicos

Fonte: II pleno del Consejo Económico Sindical de Orense, Ourense 1962. Dispoñemos dunha fonte alternativa para a provincia de Ourense procedente dos traballos do Consejo Económico Sindical da provincia (do organismo correspondente para A Coruña proceden os datos de 1958-61). Os datos de consumo de abonos fosfóricos (gráfico 19), nitroxenados e potásicos (gráfico 20), mostran unha evolución ben diferente á deliñada polo cadro 27. De acordo cos datos do CES de Ourense o consumo sufre unha caída continua, e maior da que indican as cifras do AEPA, ata 1947, e un crecemento a partir de esa data que só acada un volume significativo na segunda metade da década de 1950. O problema radica en optar por unha e outra fonte.

258

Coidamos que existen argumentos suficientes para preferir as cifras do CES. Desgraciadamente en ningunha das fontes se explicita a metodoloxía nin os criterios con que foron recollidos e elaborados os datos polo que temos que apoiarnos en conxecturas aínda que razoables. Sabemos que a estatística dos anos corenta e comezos dos cincuenta utilizábase para fins de lexitimación política como sucedía no caso das estatísticas agrícolas. No caso do CES non parece que exista esa necesidade. É unha publicación de carácter interno, publicada a máis de vinte anos da Guerra e que ten como obxectivo promover reformas na que os técnicos teñen un peso específico importante. Dende o punto de vista da coherencia da fonte non hai dúbida que é maior xa que non hai crecementos espectaculares e coincide a grandes rasgos coa evolución do consumo en España na mesma época. As cifras da Coruña dos anos 1958-61, procedentes tamén do Consejo Económico Sindical da provincia conducen tamén ás mesmas conclusións. Informacións de carácter cualitativo coinciden tamén en que a escaseza de abonos en toda a década dos corenta é maior do que indican as cifras de Ourense en 1948 ou Lugo en 1945 procedentes reseñas estatísticas respectivas. No traballo de Aurora Artiaga cos informes de creación das irmandades de labradores constata non só a frecuencia con que aparece a falta de abonos, senón sobre todo as reclamacións neste sentido son as que solicitan unha atención máis urxente. Tamén os informes dos secretarios dos concellos lugueses á CGAT se insiste na carestía de abonos respecto a situación prevía á Guerra. Neste caso ademais os informes cualitativos contrastan vividamente cos datos cuantitativos da mesma CGAT segundo os que o consumo sería maior en Lugo a mediados da década dos corenta que nos anos trinta.444 Cadro 29 Consumo de fertilizantes en España (% sobre o total) P2O5 N K2O

1950 52 30 18 1951 58 27 16 1952 53 34 13 1953 60 31 10 1954 55 32 13 1955 49 39 12 1956 59 29 13 1957 55 33 13 1958 48 38 15 1959 47 41 11 1960 48 41 12 1961 43 44 13 1962 43 44 13 1963 41 46 13

Fonte: Anuarios de Estadística Agraria (AEA) A pesar de que nos anos cincuenta e sobre todo na segunda metade da década o consumo aumenta por riba da base de preguerra na composición interna do mesmo o predominio dos fosfatados continuará en aumento. De feito nos anos vinte e trinta hai unha tendencia cara ao equilibrio dos distintos nutrientes especialmente a través do uso

444 Lourenzo Fernández Prieto, Labregos..., op cit pax.415-420.

259

de abonos compostos. Despois da guerra esta tendencia non continuará entre outras cousas porque os abonos compostos foron o tipo onde tivo máis incidencia o fraude e a adulteración. O mantemento do predominio dos abonos fosfatados en Galicia contrasta ademais para os anos cincuenta co conxunto de España onde os abonos nitroxenados incrementan substancialmente o seu peso específico no conxunto dos abonos químicos Cadro 30 Galicia. Consumo necesario e real de abonos químicos en 1957 en Tm. Necesidades Consumo % Fosfatados 196000 102000 52,0 Nitroxenados 174000 2800 1,6 Potásicos 96000 396 0,4 Fonte: Cruz Gallástegui, El campo gallego, Buenos Aires, Citania, 1958 Cadro 30 A Coruña. Relación (%) entre o consumo real e o necesario de abonos 1958 1959 1960 1961 Fosfatados 48,6 48,7 51,0 51,1 Nitroxenados 10,1 16,9 14,3 17,9 Potásicos 2,0 2,7 1,7 1,9 Fonte: Elaboración propia a partir do VIII pleno del Consejo Económico Sindical de La Coruña, A Coruña, 1962 Por último é importante analizar a relación entre o consumo real e o potencial que é, como comentamos no capítulo II, un bo indicador do impacto do uso dos químicos na agricultura. Contamos para eso con dúas estimacións, a de Gallástegui para o conxunto de Galicia en 1957 (Cadro 29) e a do CES de A Coruña en 1962 (Cadro 30). Tanto un como outro cadro deixan claro que a finais da década dos cincuenta o consumo era aínda extraordinariamente deficitario, sobre todo en abonos nitroxenados e potásicos, pero tamén nos fosfatados. Aínda que entre unha e outra fonte hai diverxencias significativas nas porcentaxes de consumo de nitroxenados non hai dúbida de que nestas datas non se produciu unha ruptura significativa co carácter complementario dos químicos respecto ao abono orgánico.

260

261

III.3.A GANDERÍA ENTRE A CRISE E A ESPECIALIZACIÓN. III.3.1. As estatísticas gandeiras. Censos gandeiros e estatísticas de producción. No apartado anterior sostivemos que ao longo dos primeiros vinte anos do franquismo produciuse un descenso significativo da productividade do traballo en Galicia e en relación co conxunto do Estado. Esta argumentación baséase na constatación da parálise do sistema de cultivos e no aumento do número de activos agrarios masculinos debido á reruralización dos anos corenta. Evidentemente o problema de esta interpretación radica en que deixa fora da análise as produccións gandeiras que son unha parte fundamental da producción total. A constatación dos problemas da gandería a partir da evolución das produccións forraxeiras é unha forma de paliar este escollo, pero non é en absoluto suficiente. Hai diferentes visións na historiografía sobre si as deficiencias dos datos directos sobre gandería son ou non suficientes para desbotar a súa utilización. O primeiro que investigou este tema para o período considerado, Xosé Manuel Beiras, considera que os datos son completamente inservibles, polo que reduciu a súa análise aos datos agrícolas. Xosé Colino e Pérez Touriño adicaron a súa investigación especificamente á evolución dos anos 1960-80, pero na súa crítica ao traballo de Beiras sinalan que a utilización exclusiva dos datos agrícolas invalida en parte a súa interpretación, e que os datos da gandería non son rexeitables na súa totalidade. Dende a historia dous traballos que analizan a evolución da gandería no longo prazo, os de Alberte Martínez e Bernárdez Sobreira, sinalan as dificultades das estatísticas gandeiras no seu conxunto aínda que sen mediar no debate entre Beiras e Colino e Touriño.445 Recentemente Alberte Martínez ten publicado unha análise específica da evolución da gandería no primeiro franquismo no que, recoñecendo as tremendas deficiencias das estatísticas do período, considera que é posible tirar consecuencias a partir dos datos. Esta opción é a que seguiremos aquí, aínda que pensamos con Beiras que hai aspectos concretos das estatísticas que son completamente rexeitables, cando menos ata os anos sesenta. Coidamos que entre os datos estatísticos que son dificilmente aceptables estarían a maioría dos censos gandeiros (cadro 31) do período e neste caso coincidimos plenamente coa crítica de Beiras. Ademais das críticas realizadas para os censos gandeiros do primeiro tercio, que son perfectamente aplicables para os posteriores habería que indicar que os censos de 1948, 50 e 55 non inclúen ás crías polo que só nos restarían os censos de comezos dos corenta e os dos sesenta para realizar a comparación o que resulta pouco menos que ridículo. Por si fora pouco parece que o censo de 1960 está claramente subestimado de acordo coa comparación de Beiras cos datos do servicio de veterinarios de Lugo citado no capítulo II de esta investigación. Non é aceptable que o número de cabezas de bovino fose inferior en 1960 ás de 1942, especialmente tendo en conta a reducción de cabezas despois da Guerra polo esforzo realizado para alimentar

445 Alberte Martínez López, “Perspectiva histórica de la ganadería gallega: de la complementariedad agraria a la crisis de la intensificación láctea (1850-1995)”, en Rafael Domínguez Martín (ed.) La vocación ganadera del norte de España. Del modelo tradicional a los desafíos del mercado mundial, MAPA, Madrid, 1996, pax. 17-57. Antonio Bernárdez, “A evolución do sector pecuario na Galiza contemporánea: especialización productiva e mercantilización na sociedade rural (1865-1996), SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, nº 9, 1998, pp.371-388.

262

ás tropas franquistas (ver III.3.2). Coidamos que os censos gandeiros son practicamente inutilizables máis alá do seu conxunto sen unha depuración moi precisa por idades e tendo en conta as datas de realización dos censos, tarefa que non estamos en condicións de realizar aquí.446 Cadro31 Censos de ganado bovino (nº de cabezas) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1942 278169 353388 230721 216444 1078722 1948 274304 305078 182778 168639 930799 1950 269235 270936 148055 155959 844185 1955 241085 160454 148973 146445 696957 1960 334465 234127 218001 200958 987551 1962 344380 315827 181489 169725 1011421 1965 354013 324660 186566 174474 1039713

Fonte: María Luisa Pérez Iglesias, La reserva ganadera... op cit. Pax. 217 e ss. Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Expansión ganadera, Santiago 1964, pax. 7 (datos de1962). Diferente valoración, e neste caso ao contrario do que afirma Beiras, nos merecen os datos de producción gandeira. A diferencia das estatísticas dos anos trinta, as cifras de producción de estes anos non teñen como base os propios censos, senón que son datos recollidos directamente (de sacrificios en matadoiros os de carne) máis estimacións do que se consumía directamente. Son datos que non repiten os erros dos censos aínda que teñen os seus propios problemas. O principal é que non hai verdadeiras estatísticas de producción de carne, senón de sacrificios en matadoiros, polo que os resultados provinciais están claramente distorsionados. Unha parte fundamental da cabana bovina galega enviábase en vivo a Madrid polo que desaparece directamente das estatísticas.447 Este feito condúcelle a Beiras a descalificar e rexeitar completamente estes datos. De feito ata os anos sesenta os datos reflicten unha maior cuantía de producción bovina en Madrid que en toda Galicia, o que non se inverterá ata os anos sesenta. Da mesma forma é maior o volume en peso dos sacrificios do porcino que do vacún. Sen embargo coidamos que as cifras de sacrificios non son totalmente desaproveitables. O ser datos directos podemos ter un grao de confianza relativamente elevado sobre a súa fiabilidade. O que ocorre é que non son estatísticas de producción, senón de sacrificio e son máis ben un indicador da evolución da agroindustria. Poden valer para facernos unha idea da evolución da producción pero neste senso só comezan a ter relevancia a partir de 1957 cando entre en funcionamento o matadoiro de FRIGSA en Lugo. Especialmente as cifras de sacrificio reflicten máis satisfactoriamente as tendencias da producción dos anos sesenta en diante (gráfico 21). Para considerar a evolución anterior a única solución é comparar os datos de Galicia cos do Estado e sobre todo os de Madrid. A capital non recibía por suposto unicamente animais de Galicia pero pode ser un indicador importante, no contexto da precariedade de fontes para facernos unha idea da evolución da producción.

446 Por outra banda este traballo está sendo realizado na tese doutoral en preparación de Antonio Bernárdez Sobreira sobre a gandeiría galega. 447 De acordo con Alberte Martínez da orde das 100000 cabezas anuais á finais dos corenta, fronte ás 115000 na etapa de preguerra. “La ganadería gallega...” op cit pax. 203.

263

Gráfico 21

Evolución do sacrificio de vacún en peso canal (1953=100)

0

100

200

300

400

500

1953

1955

1957

1959

1961

1963

1965

1967

1969

1971

Galicia España Madrid

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción y valor de la carne; AEPG

264

III.3.2. As consecuencias da Guerra Civil. Hai un elevado consenso historiográfico sobre o problema das perdas da guerra civil sobre a gandería galega. No conxunto da zona baixo dominio franquista en 1938 organismos do réxime aportaban datos sobre o maior impacto da guerra na gandería que nas producción agrícolas. Segundo estas cifras a reducción dos distintos cultivos era do 21,5% en cultivos herbáceos, 8,3% en viñedo, 5,3% en olivar, 6,3% en frutais, pero do 26,6% en gando de labor e do 19,3% en gando de renda.448 En Galicia, por ter pasado á mans dos sublevados ao comezo da guerra non houbo destruccións físicas de importancia, pero si o foi para o sector gandeiro (vacún) o impacto das reses destinadas á alimentación do exército. Non existen datos cuantitativos oficiais sobre o particular aínda que Martínez López recolle algunhas estimacións da época. A de Fernández-Quintanilla cifra en 175.009 as reses exportadas máis 51941 de autorizacións de abastos e 141837 para o consumo rexional. Pola súa banda Mosquera Nocelo sinala que en un só ano se enviaron 401000 reses por ferrocarril. Martínez López inclínase pola primeira das estimacións, mentres que Xan Carmona acepta a cifra de 400000 reses.449 Independentemente de que aceptemos unha ou outra cifra non hai dúbida de que o impacto foi importante na cabana de vacún galega. Ata outubro de 1937 só o Norte de Castela e Estremadura podían ofrecer tamén carnes ao exército. Tan importante como o volume o é a forma na que se realizou e o impacto que tivo sobre a economía das explotacións. detrás das “doazóns voluntarias” de miles de xatos por parte dos labregos agóchase unha situación de requisa sistemática na que van tomar un papel importante as redes de tratantes que xa viñan funcionando e á marxe das organizacións agrarias que antes comercializaban directamente o gando dos seus asociados.450 Este proceso vai traer máis consecuencias que a simple crise cuantitativa da cabana, xa que estes tratantes serán os que despois da Guerra controlen o mercado e a introducirse na agroindustria coa súa participación en FRIGSA. Cadro 32 Número de efectivos de bovino antes e despois da guerra A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1933 370702 449240 208569 91148 1119659 1942 278169 353388 230721 216444 1078722

% 42/33 75,0 78,7 110,6 237,5 96,3 Fonte: María Luisa Pérez Iglesias, La reserva ganadera... op cit. Pax. 217 e ss É máis difícil analizar a situación na inmediata posguerra dados os problemas das fontes estatísticas. Carmona cifra nun 25% a diminución de gando vacún en 1945 respecto á preguerra, pero realmente non hai datos cuantitativos fiables.451 No cadro 32 ofrécense as cifras de bovino nos censos de 1933 e 1942, que en comparación son dos mellores da época. Aínda que no conxunto de Galicia apréciase unha diminución esta é

448 Barciela “Introducción”, op cit pax. 384. 449 Martínez López, “La ganadería gallega...” op cit pax. 199; Xan Carmona, “La economía del siglo XX...” op cit pax. 7. 450 Lourenzo Fernández Prieto, “Agricultura, gandería e economía de guerra: Novas orientacións de política agropecuaria para Galicia: 1936-1939”, Grial, 100, 1988, pax. 235-236. 451 “Galicia: minifundio persistente...” op cit pax 27.

265

moi cativa por causa das diferencias provinciais. Non parece crible que as provincias de Pontevedra e Ourense aumentaran o número de cabezas en estes anos polo que a diminución da cabana debeu ser moi superior ao que indican os censos, quizais ao nivel das provincias do norte. Desgraciadamente as comparacións sobre a producción adoecen de graves defectos xa que as dos anos trinta son estimacións sobre o censo e as dos corenta de sacrificios. Ademais as cifras dos anos trinta aparecen reflectidas en peso vivo e as posteriores en peso canal. Podemos salvar este último problema indicando unicamente o número de reses sacrificadas, pero non o primeiro. En todo caso damos os cadros (33 e 34 como indicativos. Se aceptamos as estimacións de Alberte Martínez de animais enviados por ferrocarril a Madrid (100000 cabezas), o que é coherente cos datos de preguerra, queda claro se s produciu unha caída importante da producción gandeira de carne de vacún. Cadro 33 Nº de cabezas sacrificadas de vacún maior A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1930 29165 49280 11212 23027 112684 1942 5443 484 3581 10396 19904 1943 5332 615 1265 5718 12930

Fonte Aepa, Anuario Estadístico de España Cadro 34 Número de cabezas sacrificadas. Terneiras A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1930 73701 103436 25602 15360 218099 1942 47294 26379 20964 25284 119921 1943 59238 27767 24617 23594 135216

Fonte Aepa, Anuario Estadístico de España Cadro 35 Producción total de leite de vaca en litros. A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1929 85090188 195639270 26614608 27514000 334858066 1933 172495350 199500000 28143800 27527040 427666190 1943 170364000 61396000 95159000 56453000 383372000

Fonte: GEHR, Estadísticas históricas... op cit; AEPA, Anuario Estadístico de España. Tampouco os datos de producción leiteira parecen ofrecer un panorama mellor. As cifras do cadro 35 reflicten unicamente unha reducción pequena debido de novo a que en Lugo e Ourense crece a producción mentres que en Lugo diminúe en dous tercios. Nin unha nin outra cifras parecen aceptables. Os traballos citados coinciden en que o impacto da Guerra Civil foi importante e máis dende logo que nos cultivos, e hai que incluír aquí as destruccións de animais e a desarticulación das sociedades cooperativas e de seguros mutuos. No comezo da autarquía, que non foi nas políticas aplicadas favorable ao sector gandeiro en ningunha das súas etapas, partía a gandería con unha clara desvantaxe co sector agrícola.

266

III.3.3. A producción gandeira. Carne e leite. De acordo coas cifras de sacrificio da carne de vacún esta viviu un completo estancamento durante a década dos corenta (Gráfico 22). Só a partir de comezos dos cincuenta comezou a repuntar. Tendo en conta que segundo o comentado estas cifras sinalan unha situación por debaixo dos niveis de preguerra a evolución do sacrificio segue unhas pautas similares ás dos productos agrícolas, especialmente os forraxeiros. Só na segunda metade da década e nos primeiros sesenta vívese unha recuperación do crecemento. A crise dos anos corenta ven derivada nun primeiro momento da crise da cabana de vacún tras a guerra, pero iso non o explica todo. En boa medida estas cifras teñen detrás tamén unha perda da capacidade de consumo da poboación debido á inflación e a que a consecuente baixada do valor real dos salarios conduciu a un descenso da renda per cápita.452 A contracción no consumo de productos que, como a carne, tiveran un crecemento importante no primeiro tercio do século non é só unha cousa de Madrid. Martínez López sinala o mesmo proceso en Lugo, onde o consumo de carne descende fortemente en toda a década respecto aos niveis de preguerra.453

Gráfico 22

Peso en canal do gando vacún sacrificado en Galicia Tm

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción y valor de la carne; AEPG

Os datos sinalan unha tendencia razoable e coincidente tanto coa evolución dos productos agrícolas como coa situación xeral de España na época, pero o seu carácter parcial debe facernos tomar con coidado as interpretacións. Os datos provinciais (Gráfico 23) aclaran este argumento. Aínda que as tendencias son similares á de Galicia os datos de Lugo dos anos 58 en díante son dificilmente comprensibles. En 1957 ponse en marcha como dixemos o matadoiro de FRIGSA en Lugo, con capital do INI e de tratantes de gando, polo que non son moi defendibles esas oscilacións. Nas cifras. En calquera caso as tendencias xerais indican en todos os casos unha contracción nos anos corenta e unha recuperación na segunda metade dos cincuenta. A dúbida xurde precisamente respecto a esa recuperación dos anos cincuenta. ¿É realmente unha recuperación da producción de carne ou indica un maior volume de sacrificios realizados en Galicia respecto aos envíos en vivo por ferrocarril. Non temos datos concretos sobre a cuestión, pero podemos facer conxecturas razoables sobre o

452 Barciela et all La España de Franco... op cit pax. 23 es. 453 “La ganadería...” op cit pax. 207

267

tema a partir da comparación cos datos de sacrificio de Madrid. No gráfico 24 se recollen os datos de sacrificio en Madrid, Galicia e o conxunto de España. A tendencia é bastante clara e mostra como dende 1953 a reducción de sacrificios en Madrid vai acompañada do crecemento dos mesmos en Galicia e de forma moi moderada en España. Coidamos que estes datos están indicando un desenvolvemento do sacrificio en orixe en Galicia que chega agora a absorber unha parte fundamental da producción. De por si estes datos son interesantes porque, aínda que non permiten avaliar axeitadamente a producción si constatan a mellora das estructuras locais.

Gráfico 23

Sacrificio de carne en peso canal (tm) por provincias

0

2000

4000

6000

8000

10000

12000

1942

1943

1944

1945

1946

1947

1948

1949

1950

1951

1952

1953

1954

1955

1956

1957

1958

1959

1960

1961

1962

1963

Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción y valor de la carne; AEPG

Gráfico 24

Evolución do sacrificio de vacún en peso canal (1953=100)

0

50

100

150

200

250

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Galicia España Madrid

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción y valor de la carne; AEPG As cifras de sacrificio de carne de porcino reflicten unhas tendencias moi similares ás do vacún (gráfico 25). Neste caso o sacrificio por provincias axústase máis ás tendencias reais da producción xa que neste caso unha parte moi importante da producción sacrificábase localmente. Esto explica que as tendencias de crecemento dos

268

anos cincuenta estén moito máis matizadas. A recuperación dos anos cincuenta prodúcese tardiamente e ten unha intensidade moderada. As mesmas tendencias mostran os datos provinciais (gráfico 26) e a este respecto as cifras de Lugo son as que contribúen a distorsionar algo as tendencias de Galicia polo salto desproporcionado de 1955-56. Pese a esto confirman a idea de que as dificultades da gandería prolónganse ao longo da década dos cincuenta.

Gráfico 25

Peso en canal do gando porcino sacrificado en Galicia (Tm)

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción y valor de la carne; AEPG

Gráfico 26

Peso en canal do gando porcino sacrificado (Tm) por provincias

0

2000

4000

6000

8000

10000

12000

1942

1944

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción y valor de la carne; AEPG Moitas máis dificultades de fiabilidade arrastran as cifras de producción de leite. Estes datos non teñen o problema da carne de que non reflicten realmente a producción senón o sacrificio, pero si outros de método. Boa parte do volume da producción proviña neste caso de estimacións sobre o consumo directo na explotación o que, ante o escaso coñecemento das cifras reais da cabana, tendía a proxectar distorsións sobre o conxunto da estimación.

269

Gráfico 27

Producción de leite en Galicia(000 litros)

0100000200000300000400000500000600000700000800000900000

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción, destino y valor de la leche;

AEPG

Gráfico 28

Galicia. Consumo de leite por destino (000 de litros)

050000

100000150000200000250000300000350000400000450000

1953

1954

1955

1956

1957

1958

1959

1960

1961

1962

1963

crías Consumo humán Industrial

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción, destino y valor de la leche; AEPG

As cifras de producción (gráfico 27) sinalan, ao contrario que as cifras de carne, un elevado crecemento nos anos corenta e unha contracción na serie dos cincuenta. No primeiro caso, e xa que só temos unha cifra para o ano 41, podemos dúbidar da tendencia, pero resulta máis dificilmente interpretable a serie dos cincuenta, especialmente cando as cifras do final da década son máis baixas que as da primeira metade. A explicación máis razoable parece en principio atribuír as tendencias á fraxilidade das estimacións. Analizando as series de producción segundo o destino do leite (gráfico 28) parece confirmar en parte esta idea. O leite destinado á alimentación das crías segue unha tendencia regresiva ao contrario que o destinado ao consumo humano. Pola súa banda o destinado a uso industrial (queixo, manteiga, leite condensada) non é importante en Galicia aínda que é dubidoso que diminuíra nese volumes. A maioría das estimación proceden do apartado das crías, xa que para o resto existían, cando menos parcialmente, datos directos.

270

A pesar de estas precisións as tendencias do consumo directo de leite seguen a ser excesivamente estáticas para un momento no que se camiñaba cara un proceso de especialización láctea, aínda que embrionario. As cifras provinciais (gráfico 29) axúdanos a ter unha idea algo máis axustada da evolución. A explicación de esa tendencia estática da producción no conxunto de Galicia explícase exclusivamente por un forte descenso na provincia de Lugo despois de 1958. De novo confírmanse os maiores problemas dos datos nesta provincia sinalados para a carne de vaca e de porco. Neste caso ademais estamos en condicións de afirmar que esas cifras son completamente desbotables. A razón está en que as cifras de Lugo ata 1958 arroxan unhas cifras moi superiores de producción de leite as que ofrecen as estatísticas para toda a década dos sesenta. De feito só entrada a década dos setenta se superarán estas cifras. Con esto en mente e aceptando os datos das outras tres provincias a evolución sería máis similar á da producción de carne. Sen embargo esta idea coidamos que non chega ao nivel de conclusión senón á da mera hipótese de traballo.

Gráfico 29

Producción de leite (000 litros) por provincias

050000

100000150000200000250000300000350000400000450000500000

1943

1944

1945

1946

1947

1948

1949

1950

1951

1952

1953

1954

1955

1956

1957

1958

1959

1960

1961

1962

1963

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: Anuario Estadístico de España, Resumen estadístico de la producción, destino y valor de la leche; AEPG

A análise das cifras de producción gandeira demostrou que a súa fiabilidade é moi inferior aos datos agrícolas. As tendencias que, coa máxima prevención, puidemos sinalar, coinciden coa evolución do sistema de cultivos e das produccións agrícolas. Hai moi claramente unha ruptura do modelo de preguerra que non se pode cualificar de paréntese polos problemas económicos dos anos corenta. A recuperación agrícola dos anos cincuenta que se ten sinalado para o conxunto de España é en Galicia máis tardía e máis leve. Vai acompañada ademais por un estancamento e diminución, respectivamente, das variables que definen as posibilidades do modelo de transformación agraria de preguerra: a productividade da terra e a productividade do traballo. As consecuencias para a evolución posterior serán moi grandes xa que esta situación o punto de partida da introducción da revolución verde nos anos sesenta.

271

III.3.4. O novo entramado institucional e a mellora das razas bovinas. O exemplo máis importante do proceso de transformación técnica da agricultura galega no primeiro tercio do século XX foi a mellora da raza rubia mediante cruzamento con razas foráneas. Unha boa medida da evolución da gandería durante o primeiro franquismo é a actividade institucional na mellora e saneamento da gandería. Non pretendemos facer aquí un estudio completo da cuestión, o que requiriría unha investigación específica, senón unha aproximación á actividade das institucións técnicas do Novo estado. Para os anos corenta contamos coa investigación de Antonio Bernárdez Sobreira sobre o Congreso Agrícola de Galicia do ano 1944 e o Plan Agricola de Galicia dende 1946 que centraron a súa actividade na cuestión gandeira.454 Como elemento de comparación para os anos cincuenta empregaremos a análise retrospectiva que fixo a subcomisión gandeira do Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste (CESIN) en 1964. Seguindo a investigación de Antonio Bernárdez o modelo que triunfara ata mediados da década dos cincuenta será o desenvolvido por Cesar Fernández Quintanilla,director do Servicio de Selección do Gando Vacún do Plan Agrícola de Galicia e despois director do propio plan. Este sistema coñecido como de Selección Asociada pretendía unha mellora xenética da raza bovina galega cara unha especialización láctea. O obxectivo era a homoxeneización da raza en familias uniformes para despois intensificar a relación mediante o cruzamento entre familias. Este mecanismo dependía do establecemento do rexistro leiteiro mediante o que se escollerían sementais para as paradas aínda que sen excluír nun futuro a inseminación artificial. Os traballos de establecemento do rexistro leiteiro levaranse a cabo polo servicio dirixido por Quintanilla nos partidos xudiciais de Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Pontevedra, Caldas, A Estrada e Lalín na provincia de Pontevedra,; nos de Arzúa, Betanzos, Ordes, Negreira e Santiago para A Coruña; Chantada, Fonsagrada, Lugo e Sarria para Lugo e Celanova, Carballiño e a capital para Ourense. En conxunto ata o nomeamento de Quintanilla como director do plan os traballos levaríanse a cabo en 48 concellos, rexistrando un total de 247 animais. A pesar de que estes resultados eran máis que admirables no contexto precario dos anos corenta tamén é indubidable que eran insuficientes para desenvolver o programa de Quintanilla. De feito ao longo da primeira metade dos cincuenta abandónase paulatinamente a opción de mellora leiteira a partir da raza autóctona e se tende ao cruzamento con razas foráneas coa introducción da South-Devon e a intensificación do cruzamento con frisonas. Definitivamente a opción da mellora leiteira da raza rubia desaparecería completamente en 1960. O cruzamento mediante paradas terá importancia neste proceso pero a novidade será o impulso dado dende 1953 á Inseminación artificial que de feito plantexaba a completa substitución das paradas.455. Sen embargo, e pese a que ao longo dos anos cincuenta e primeiros sesenta a inseminación artificial tomará o mando nas accións de mellora gandeira as paradas non desaparecerán totalmente. De acordo co informe sobre a gandería do CESIN de 1964 existían en aquel momento tres rexímenes de

454 Planificación agraria na Galicia da autarquía (1939-1955), Xunta de Galicia, Santiago, 1999. O propio Antonio Bernárdez está a realizar a súa tese doutoral sobre a gandería onde esta problemática recibirá unha atención específica. 455 Ibid pax.178.

272

reproducción no bovino: a monta en réxime de liberdade, as paradas e a inseminación artificial.456 Respecto á primeira estaba naquel momento restrinxida a zonas de montaña como a serra do Suido, serras do Invernadoiro e de Queixa, Caurel, Cervantes, Orillo, A Loba, ou Ancares. É claramente un sistema en regresión. O sistema de paradas pola súa banda subsistiu, en opinión dos técnicos, pola imposibilidade de que o servicio de inseminación artificial chegase aos puntos de máis difícil acceso da rexión. O Número de sementais en paradas autorizadas en 1964 recóllese no cadro 36. De acordo con estes datos aínda tendo certa importancia non era en ese momento o instrumento esencial da política de mellora gandeira. Ademais das 1568 paradas autorizadas en Galicia o CESIN estimaba que habería entre un 8 e un 10% máis de paradas clandestinas. Cadro 36 Nº de sementais nas Paradas bovinas autorizadas, 1964 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Holandesa 65 22 3 90 180 Suiza-parda 21 14 27 0 62 Rubia galega 374 583 232 184 1373 South-Devon 1 6 0 0 7 Total 461 625 262 274 1622 Fonte: CESIN, Expansión ganadera, Santiago, 1964 Cadro 37 Servicio de Inseminación Artificial Ganadera Nº de inseminacións en vacas de Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1952 1821 1821 1953 7185 2300 469 755 10709 1954 17656 8900 855 5054 32465 1955 21981 11497 5384 8901 47763 1956 27034 10270 4077 9641 51022 1957 30462 11578 6290 14111 62441 1958 32116 13733 9558 14883 70290 1959 32343 15810 11799 13470 73422 1960 32496 15715 13186 13781 75178 1961 36089 16879 15379 18826 87173 1962 38752 18281 15995 20950 93978 1963 39510 18805 16812 21984 97111

Totais 317445 143768 99804 142356 703373 Fonte: CESIN, Expansión ganadera, Santiago, 1964 Moi diferente é a actuación do Servicio de Inseminación Artificial Gandeira. En 1964 estaban establecidos 6 centros primarios A de este servicio (Betanzos, Santiago, Lugo, Veiga, Fontefiz e Pontevedra) ademais de 3 primarios B en Narón, Sarria e Ribadeo e 140 centros secundarios; 58 en A Coruña, 38 en Lugo, 20 en Ourense e 22 en Pontevedra. A actuación zootécnica do servicio centrábase na absorción masiva dos

456 CESIN, Expansión ganadera, Santiago, 1964, pax. 149 e ss.

273

efectivos bovinos autóctonos coa introducción de dúas variedades, a holandesa e a suiza-parda. A efectividade da inseminación artificial en comparación coas actuacións dos anos corenta pódese comprobar nos datos do cadro 37. Cadro 38 Servicio de Inseminación Artificial Ganadera Tratamentos de esterilidade A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1952 972 0 0 0 972 1953 2864 1638 477 416 5395 1954 3793 3413 755 945 8906 1955 4215 4112 1442 1321 11090 1956 5318 6108 2275 1130 14831 1957 7615 3409 3079 1257 15360 1958 8851 5814 3323 1615 19603 1959 9078 5116 2947 1280 18421 1960 4913 6752 2468 754 14887 1961 4165 7387 1867 880 14299 1962 4526 6365 1563 1046 13500 1963 4798 4121 2027 1553 12499

Totais 61108 54235 22223 12197 149763 Fonte: CESIN, Expansión ganadera, Santiago, 1964 A actuación de este servicio non se limitou a inseminación artificial senón que, e sobre todo nunha primeira etapa, á loita contra a esterilidade. De acordo co CESIN un 40% das vacas inseminadas por IA serían estériles se o foran por monta natural. Mediante os tratamentos de esterilidade o cálculo dos servicios fixeron recuperar un 28% na fecundidade da rexión. En 1958 na provincia de Ourense se recuperaría un 41% das vacas sometidas a tratamento. O conxunto dos tratamentos realizados ata 1963 (Cadro 38) indica que o número de tratamentos diminuíu a partir de 1959. Esto débese, sempre de acordo co CESIN, a que nun principio só se levaban ao servicio as femias infecundas. Cadro 39 Incidencia (%) das enfermidades infecciosas e parasitarias do gando máis importantes A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Tuberculose bovina 17 16 20 15 17 Brucelose 3 15 6 35 14,75 Tricomonomiase 20 20 10 25 18,75 Distomatose 60 40 60 45 51,25 Hipodermose 65 50 70 20 51,25 Enfermidades roxas do porco 6 10 15 15 15,5 Peste aviar 4 8 9 10 7,75 Fonte: CESIN, Expansión ganadera, Santiago, 1964 Agora ben, non toda a actuación técnica na gandería tivo tanto éxito nos cincuenta. No campo da sanidade e hixiene pecuaria os logros non foron tan destacados. No cadro 39 reflexamos os datos do CESIN sobre a incidencia das enfermidades máis destacadas. O propio CESIN indica nas súas páxinas unha forte crítica á inversión monetaria do Estado neste aspecto. Segundo os seus cálculos en 1954 as pérdidas

274

monetarias cifrábanse en 900 millóns de pts, mentres que os servicios de saneamento gandeiro custaban 1,5 millóns.457 Sen embargo no conxunto do período 1953-63 cando menos houbo un cambio na capacidade de actuación do entramado institucional da innovación, poñéndose a súa disposición medios, senón suficientes, si bastante máis elevados que nos anos da inmediata posguerra. A especialización gandeira cara a producción de leite fai aínda máis sospeitosa a estatística de producción que criticamos nas páxinas anteriores. Aínda así é un proceso de especialización incipiente, que só culminará nos anos sesenta e setenta e que como vimos realizouse sobre un sistema agrario sumido nunha crise profunda e con moitas dificultades para reorientar as produccións agrícolas cara productos forraxeiros.

457 Ibid pax. 140

275

III.4. O MONTE NO CERNE DA CRISE. III.4.1. A política forestal e os aproveitamentos tradicionais. A transformación máis importante dos usos do solo que se produce nos primeiros anos do franquismo é a relacionada cos aproveitamentos do monte. Nesta etapa a capacidade de intervención do Estado nos montes será substancialmente superior que nos cen anos anteriores de política forestal. Este intervencionismo substantivarase na repoboación forestal dunha parte importante dos montes veciñais non individualizados e da expropiación ás comunidades do control real sobre eses montes.458 A importancia de este feito na perda de capacidade de transformación das explotacións familiares será enorme en tanto que pola acción sobre os montes comunais, intensificación e individualización, explícanse boa parte das condicións de posibilidade do aumento dos usos do solo que atopamos na etapa de preguerra. A perda de dispoñibilidade de toxo terá efectos sustancias sobre a baixada de rendementos dos cultivos nos anos corenta e cincuenta, xunto co descenso no consumo de adubos artificiais, pero sobre todo verase afectado o uso gandeiro do monte que é especialmente incompatible có aproveitamento forestal intensivo. Por outra parte non só a repoboación forestal pública ten incidencia nestes procesos. Tamén os montes de titularidade privada individual incrementarán a superficie arborada nestes anos aínda que con características propias. O intervencionismo estatal nos montes é con diferencia o fenómeno máis estudiado e mellor coñecido dos que inciden na evolución agraria de Galicia no primeiro franquismo.Os diversos traballos de Eduardo Rico Boquete analizan practicamente todos os aspectos da intervención.459 Polo tanto aquí só nos imos referir á importancia e evolución cuantitativa da repoboación, á comparación coa repoboación privada, e á incidencia que tivo sobre os usos do monte en Galicia. Pese a todo algunhas cuestións sobre as concepcións da repoboación que se aplicaron deben ser sinaladas xa que nos permitirán entender mellor o impacto sobre a propiedade e os usos comunais e tamén establecer comparacións sobre a política forestal nos anos sesenta e setenta. Como acertadamente indica Eduardo Rico Boquete, a política forestal do novo franquismo presenta un elevado grado de continuidade respecto da etapa anterior, tanto no aspecto lexislativo como na orientación productiva.460 Agora ben esta continuidade non nos debe levar a esquecer que tamén existen novidades que en boa medida marcan o período. O Estado vai aparecer agora como impulsor do sector, converténdose en empresario e poñendo toda a forza do réxime en levar adiante o plan de repoboacións, empregando non poucas veces a súa capacidade de coerción. É aquí onde radica a principal novidade. Dende 1926 existen consorcios e repoboacións a bo ritmo entre distritos forestais, deputacións e concellos, pero será nos vinte primeiros anos do

458 Legalmente a titularidade dos montes pertencía aos concellos dende comezos do século XIX, pero estos por norma xeral deixaron o control dos montes en máns das comunidades. Balboa, O monte... op cit. 459 Eduardo Rico Boquete: Política forestal e repoboacións en Galicia (1941-1971), USC, Santiago de Compostela, 1995. Montes e industria forestal en la provincia de Pontevedra (1900-1975), Tórculo eds., Santiago, 1999. 460 Eduardo Rico Boquete: Política forestal e repoboacións ..., op cit, pax.13.

276

franquismo cando o volume cuantitativo das repoboacións acade un nivel que permite falar de crise dos usos comunais do monte. Será agora cando a repoboación forestal impulsada polo Estado se converta nun dos eixes da política agraria. A política económica do primeiro franquismo pretendía o autoabastecemento das materias primas esenciais e entre estas estaba a madeira e productos derivados. En palabras do ministro Rafael Cabestany: “Solo os digo una cosa: el Ministerio de Agricultura ha recibido una orden tajante, inexorable, seca, de forzar la repoblación de árboles hasta el máximo. La orden es de Franco ¡Basta!”.461 Esta vontade de repoboar, como mínimo 5.000 has. anuais en cada unha das provincias galegas de acordo coas ponencias do Congreso Agrícola de Galicia de 1944, verase reflexada nos medios materiais e humanos cos que contará o servicio encargado de realizalo. No que respecta a repoboación a relaxación dos obxectivos autárquicos nos anos cincuenta non suporá un cambio de concepción na repoboación. Non hai excesivos cambios coa etapa anterior no que se refire á orientación productiva. A Novísima Silvicultura ou Silvicultura Mediterránea será a orientación predominante, caracterizada polo abandono da repoboación natural. Imponse o cultivo do monte con fins económicos, é dicir, repoboación artificial, laboreo intensivo, cortas intensas etc.. Búscase máis que crear bosques facer cultivos intensivos de árbores. O último capítulo desta orientación sería a substitución das masas vellas que producen unha renta baixa. As especies elixidas son polo tanto aquelas de crecemento rápido: eucaliptos e, sobre todo, pinos do tipo pinaster e insignis. En ningún caso se plantexa a repoboación axeitada as condicións ecolóxicas de cada lugar. Como podemos ver esta Novísima Silvicultura ten pouco de nova respecto da aplicada na etapa anterior, que tamén optaba por especies de crecemento rápido. Evidentemente esta opción non foi unánime entre os enxeñeiros, pero os debates limitáronse a discusións e documentos internos que non tiveron consecuencia práctica e que polo tanto imos obviar.462 O que si é importante sinalar é que a política de repoboación tal e como se levou a cabo supuña a renuncia por parte da administración a integrar o forestal co sistema agrogandeiro de soporte no monte existente en Galicia. De feito a gandería e o papel do monte na súa alimentación foi vista polos enxeñeiros do PFE (non así para os enxeñeiros dos distritos forestais que tiñan unha visión máis matizada) como unha inimiga da repoboación; e efectivamente o era da repoboación tal e como se plantexou. A creación de pastizais foi anecdótica, frecuentemente ligada á aprobación dun consorcio, e completamente insuficiente. Sobre esta cuestión son significativos os comentarios verquidos polos enxeñeiros nas conclusións do II pleno do Consejo Económico Sindical

"Si para conseguir un consorcio es necesario, con un cierto grado de posibilidad técnica, la creación de un pastizal, con tal que su coste no grave demasiado a la repoblación, puede estar justificado el correr el riesgo de un fracaso técnico y más probablemente del económico: (el costo de la hierba producida suele ser generalmente más alto de lo que fuera de desear)."463

461 Citado en Eduardo Rico Boquete, Montes e industria... op cit pax. 146. 462 Rico, Política forestal...op cit pax.23-40. 463 Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Comisión II: El sector agrario y las bases de su expansión, Subcomisión V: Expansión forestal, Santiago de Compostela, 1964, pax. 68.

277

Para continuar dicindo máis tarde que non é tecnicamente posible nin economicamente rendible a xeneralización de pasteiros no monte. A solución conseguinte é indemnizar ós veciños para que poidan mercar pensos, pero nunca deter a repoboación. Se citamos este documento é porque ademais non pertence á época inicial do Patrimonio, onde a proposición da indemnización sería impensable, senón que é realmente o texto fundacional dunha nova orientación dos anos sesenta onde se propón a adopción de medidas legais para recoñecer a titularidade veciñal dos montes. No que se refire os servicios de montes encargados de levar adiante a repoboación tanto o Consejo Superior de Montes como os distritos van perder funcións quedando o primeiro como un mero instrumento consultivo e o segundo como un órgano burocrático. O órgano que vai levar o máximo apoio da administración será o Patrimonio forestal del Estado (PFE), que aínda que xa existía con anterioridade non tomará corpo definitivo ata a lei do 1-III de 1941 que actuará ó longo da súa vida como unha auténtica empresa. 464 O PFE desentenderase totalmente das repoboacións particulares e se reflexa claramente na lei que non se comezarán traballos en predios ata que se explicite a parte que lle corresponderá ó Patrimonio, o mesmo tempo que todo monte consorciado co patrimonio pasaba automaticamente a formar parte do catálogo de UP. Temos por tanto que o interese principal do Patrimonio é a obtención de beneficios, o que marcará fondamente a súa actuación. Esta actuación terá como eixo fundamental o establecemento de consorcios cos concellos “propietarios” dos montes, ben coa mediación das deputacións, ou ben directamente polo PFE. A firma dos consorcios e o comezo da repoboación implicaron polo tanto a usurpación efectiva da propiedade veciñal e o comezo dun conflicto que se prolongará ata os anos setenta e que ten unha dobre vertente, de conflicto sobre os dereitos de propiedade e de conflicto de modos de uso diferentes sobre os montes. Sobre esta cuestión discutirase amplamente neste capítulo e no capítulo catro.

464 En 1971 desaparece asumindo as súas funcións o ICONA.

278

III.4.2. Posibilidades da estatística forestal no primeiro franquismo. Para o período franquista a información estatística sobre o monte é moito máis abundante que para o primeiro tercio de século. A partir de 1946, data na que comeza a publicarse a Estatística Forestal de España, dispoñemos de información sobre superficies e producción do conxunto dos montes, e non só dos montes de Utilidade Pública como na etapa anterior.465 Sen embargo, e como discutiremos nas páxinas seguintes, a fiabilidade de estes datos é moi baixa, ata o punto de que a valoración global das cifras lévanos a rexeitar completamente a súa utilización para Galicia. Cadro 40 Superficie arborada (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1947 193764 73896 32277 86973 386910 1948 1949 1950 179977 74474 36660 60908 352019 1951 180954 75736 38054 62061 356805 1952 183209 78256 41844 99490 402799 1953 186883 100812 49790 114328 451813 1954 186883 100812 49790 114328 451813 1955 344500 265200 205800 171000 986500 1956 193141 118174 61491 119525 492331 1957 145292 122970 62309 192963 523534 1958 348584 199473 122375 148126 818558 1959 355673 221149 137483 174411 888716 1960 355673 221169 137483 174411 888736 1961 215000 236573 401053 158683 1011309 1962 215000 236573 401053 158683 1011309 1963 231284 240034 198324 150517 820159 1964 235455 238048 201448 140111 815062 1965 236894 236653 188348 150191 812086 1966 219013 246240 203811 156616 825680 1967 221917 247083 194029 156983 820012 1968 221917 247083 193662 156983 819645 1969 223817 247691 217178 147933 836619 1970 225464 190261 193784 155895 765404 1971 243466 229545 263287 179855 916153

Fonte: Estadística Forestal de España No que respecta ás superficie a fonte permítenos construír unha serie da evolución da superficie arborada (Cadro 40), e por especies diferenciar entre coníferas e frondosas (Cadros 41 e 42). A partir de 1961 a serie distingue tamén a superficie de masas mixturadas (Cadro 43). Este feito implica xa un primeiro problema de concepto, xa que dificulta a comprensión da evolución por especies. En calquera caso non debería afectar á evolución da superficie arborada total. A crítica da fonte farémola a partir de dúas consideracións. A consistencia interna das series, e a comparación con fontes estatísticas alternativas, que para esta etapa existen e con un elevado grao de fiabilidade. 465 A mellor análise sobre esta estatística para o conxunto do Estado é a do GEHR, “Producción y gestión de los montes españoles, 1946-1979”, Preactas del IX Congreso de Historia Agraria, SEHA-UPV/EHU, Bilbao, 1999 , pax. 809-832.

279

Cadro 41 Superficie arborada de coníferas (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1947 163426 35584 26982 80506 306498 1948 1949 1950 152708 30619 30518 51135 264980 1951 153600 31881 31902 52023 269406 1952 155626 34401 34321 92636 316984 1953 159076 56607 43267 104091 363041 1954 159076 56607 43267 104091 363041 1955 160393 66645 47277 108713 383028 1956 174875 96614 55134 114312 440935 1957 126978 101256 55952 122799 406985 1958 189134 103313 68579 131416 492442 1959 188428 110589 78666 135045 512728 1960 188428 110589 78666 135045 512728 1961 186497 153423 131095 133657 604672 1962 186497 153423 131095 133657 604672 1963 199084 156884 171051 114174 641193 1964 200871 158598 175159 114202 648830 1965 201836 149725 165679 113848 631088 1966 183705 171185 183779 132656 671325 1967 177362 171767 174542 130105 653776 1968 177362 171767 174175 130105 653409 1969 179262 172375 194988 121055 667680 1970 198738 137523 175067 137618 648946 1971 198734 162408 189080 147786 698008

Fonte: Estadística Forestal de España Respecto á primeira das cuestións, a consistencia das series, observamos na superficie arborada total algunhas datas nas que as estimacións son completamente rexeitables (1955 , 1961-62 e 1970). Aínda así estas cifras que poden ser atribuídas a erros que foron corrixidos nos anos seguintes non invalidan a coherencia da serie. Realmente a única data na que hai unha importante diverxencia que continuará posteriormente é o salto entre1957 e 1958. Entre esas dúas datas a superficie arborada aumenta 295000 hectáreas. Tan esaxerado crecemento é aínda máis significativo se temos en conta que a provincia de Pontevedra perde case 45000 hectáreas entre eses dous anos. ¿Invalida este salto a serie de superficies? Dende logo fai bastante sospeitosa a serie, pero aínda todo poderiamos salvar a fonte con unha argumentación derivada do problema abundantemente contrastado nesta investigación das series anuais de superficies. É claro que non é fácil para os técnicos descubrir anualmente todas as variacións de superficie. Dende ese punto de vista o que farían os datos é centrar en 1957-58 un crecemento que habería que acumular na década anterior. De acordo con este argumento, a evolución da superficie arborada derivaría nun crecemento espectacular nos anos corenta e cincuenta, onde duplicaría a superficie seguido dun estancamento nos anos sesenta, é dicir serían os vinte primeiros anos do franquismo os principais responsables do gran aumento da superficie arborada.

280

Cadro 42 Superficie arborada de frondosas (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1947 30338 38312 5295 6467 80412 1948 1949 1950 27269 43855 6142 9773 87039 1951 27354 43855 6152 10038 87399 1952 27583 43855 7523 6854 85815 1953 27807 44205 6523 10237 88772 1954 27807 44205 6523 10237 88772 1955 184107 198555 158523 62287 603472 1956 18266 21560 6357 5213 51396 1957 18314 21714 6357 70164 116549 1958 159450 96160 53796 16710 326116 1959 167245 110560 58817 39366 375988 1960 167245 110580 58817 39366 376008 1961 13794 68150 88228 2814 172986 1962 13794 68150 88228 2814 172986 1963 16858 83150 26273 10331 136612 1964 17256 79450 26289 10331 133326 1965 19275 83146 21646 10331 134398 1966 18775 74235 20009 10360 123379 1967 22250 74500 19104 10360 126214 1968 22250 74500 19104 10360 126214 1969 22250 74500 21807 10360 128917 1970 26726 51922 18000 14250 110898 1971 24642 67137 21807 23196 136782

Fonte: Estadística Forestal de España Cadro 43 Superficie arborada de masas mixturadas (has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1961 14709 15000 181730 22212 233651 1962 14709 15000 181730 22212 233651 1963 15342 1000 26012 42354 1964 17328 15578 32906 1965 15783 3782 1023 26012 46600 1966 16533 820 23 13600 30976 1967 22305 816 383 16518 40022 1968 22305 816 383 16518 40022 1969 22305 816 383 16518 40022 1970 816 717 4027 5560 1971 20090 52400 8873 81363

Fonte: Estadística Forestal de España Por especies os datos centran os problema nas cifras de frondosas e de mesturas, o que ten bastante lóxica xa que non son os cultivos preferentes para a administración. Pola contra a serie de coníferas do conxunto de Galicia segue unha evolución máis aceptable, aínda que por provincias hai máis problemas. A serie de coníferas

281

confirmaría a interpretación de que o crecemento da superficie cultivada concentraríase nos anos corenta e cincuenta. Cadro 44 Superficie forestal en 1964 (Has).

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Coníferas 175913 126387 143000 124200 569500 Frondosas 13653 41565 21558 15013 91789 Eucalipto 9118 648 150 1800 11716 Total Arborado 198684 168600 164708 141013 673005 Total Montes 541005 676600 490239 296286 2004130

Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 Cadro 45 Superficie forestal segundo o I Inventario Forestal, 1974

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Coníferas 244450 141082 143206 113702 642440 Frondosas 8970 46748 50734 12558 118010 Eucalipto 15371 4086 0 8182 27639 Mezc. frond. 16152 66147 28131 14376 124806 Mezclas 70831 71101 22072 52462 216466 Total Arborado 355774 329164 244143 201280 1129361 Total Montes 520550 645081 512528 307872 1986031

Fonte: I Inventario Forestal Nacional Para contrastar a evolución das cifras da EFE contamos con dúas fontes de gran calidade que nos permiten cuestionar as tendencias sinaladas. Trátase dos datos da subcomisión forestal do CESIN en 1964 (Cadro 44) e do primeiro Inventario Forestal, realizado en Galicia en 1974 (Cadro 45). Para xustificar a preferencia respecto os datos de 1964 do CESIN hai toda unha serie de argumentos. En primeiro lugar estas cifras están elaboradas polos propios técnicos forestais. O ponente xeral adxunto da subcomisión forestal do CESIN foi José Luis Montero de Burgos, enxeñeiro xefe do PFE en Ourense e factótum da política forestal para Galicia nos anos sesenta, e na subcomisión están representados os enxeñeiros das outras provincias. Son, polo tanto, os propios enxeñeiros os que á hora de discutir a política a seguir sobre os montes rexeitan os datos ofrecidos pola EFE. Por outra banda está moi clara a metodoloxía de elaboración das cifras de 1964. Os datos están elaborados a partir das fotos aéreas do catastro corrixidos e aumentados polos enxeñeiros forestais. Son polo tanto cifras obtidas directamente. Podemos pensar que a diferencia entre as cifras da EFE e do CESIN atópase en que os conceptos para definir a superficie arborada é diferente o que podería ser posible xa que á hora de avaliar a superficie forestal ten moita importancia a densidade a partir da que consideramos que un espacio é forestal. Sen embargo na elaboración das cifras a partir do catastro os enxeñeiros incrementaron a superficie arborada a costa do matorral, xa que en realidade tratábase de pinar claro. A concepción de superficie arborada é, polo tanto, bastante laxa polo que non se poden atribuír as diverxencias a unha diferencia de criterios. Respecto ao Inventario Forestal de 1974 non é necesario argumentar demasiado a súa maior fiabilidade respecto aos datos da EFA, baste dicir que a partir da súa

282

publicación, nos Anuarios de Estadística Agraria (onde se refunde a EFA, os AEPA e os AEPG) de 1974 en diante renúnciase a ofrecer a variación da superficie arborada limitándose a repetir ano tras anos as cifras do Inventario. A evolución que marcan estas dúas fontes, que sen ser homoxéneas si teñen a vantaxe de proceder ambas de datos directos, é bastante diferente da marcada pola EFA así como o volume dos datos de unha a outra. De acordo con estas cifras o crecemento dos anos corenta e cincuenta é moito máis moderado do que marcaba a serie anual e, sobre todo, o gran salto cuantitativo nas cifras da superficie arborada prodúcese nos anos setenta. Máis adiante comentaremos profusamente esta cuestión. Basta polo de agora para rexeitar as cifras de superficie da estatística forestal. Cadro 46 Cortas de matorral (estéreos) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1946 132610 31600 124308 167387 455905 1947 135194 20749 132477 168592 457012 1948 102671 93619 135162 308823 640275 1949 243193 17454 135657 222353 618657 1950 176376 19074 121564 300447 617461 1951 169206 19450 128792 269216 586664 1952 97252 18514 134282 278888 528936 1953 38059 18292 112856 268435 437642 1954 38805 13743 129159 282807 464514 1955 24774 10435 54655 277988 367852 1956 3374019 5008527 95246 8477792 1957 3371847 5008439 1097697 650000 10127983 1958 3021915 5008040 1093543 650000 9773498 1959 2471691 5024114 1068407 650000 9214212 1960 2470522 5030693 1067919 650000 9219134 1961 2815972 4403949 2155323 1129577 10504821 1962 3808854 4160756 2061346 1127015 11157971 1963 3696217 3898864 2079057 1197967 10872105 1964 3177927 3898488 2059049 1194399 10329863 1965 2909267 3925244 2052990 1220146 10107647 1966 2591368 3914238 2057190 1000000 9562796 1967 2072252 3914675 2047002 1000000 9033929 1968 1793603 3544063 1551725 730159 7619550 1969 1131930 2919963 1038995 235152 5326040 1970 1131930 2937612 829970 4899512 1971 1009500 2000000 700600 3710100 1972 908100 2074691 600000 235152 3817943 1973 9500 800 10300 1974 101513 13146 14100 128759 1975 13954 14100 28054 1976 13954 15000 22613 51567

Fonte: Estadística Forestal de España Tampouco a estatística de producción é moito máis fiable. No que se refire aos aproveitamentos veciñais o propio nome da publicación, Estatística Forestal, indica claramente os productos aos que se lle vai prestar unha atención preferente. En ningún

283

momento se vai facer un esforzo suficiente por cuantificar o volume dos aproveitamentos veciñais do monte. As cifras de cortas de matorral (Cadro 46) son máis producto da imaxinación dos enxeñeiros que minimamente reais. Ata 1955 as estimacións teñen só en conta as cortas en montes públicos, cun engadido mínimo do resto dos montes. Esas cifras serven unicamente para constatar una vez máis a absoluta incomprensión dos servicios forestais respecto ós aproveitamentos veciñais. A partir de 1956 e ata principios dos sesenta a cousa cambia. Os enxeñeiros toman consciencia do problema e o que é máis importante, da imposibilidade de cuantificar con precisión as cortas de matorral. A partir de aí farán exclusivamente estimacións brutas como os dez millóns de estéreos de 1957.466 O importante é que máis que as cifras globais, que non merecen ser tomadas en conta, os enxeñeiros son conscientes da perda de dispoñibilidade de matorral a medida que avanza a repoboación e as tecnoloxías da Revolución Verde e así o consignan na estatística. Sen embargo a reducción é esaxerada. Por moito que diminuíra o uso do toxo como abono non é defendible que fose tan marxinal nos anos setenta como consigna a estatística.467 Máis se nas cifras de matorral as estatísticas son imposibles nas cortas de madeira tampouco podemos fiarnos demasiado de elas. Eduardo Rico ofrece unha serie de informacións dos industriais da madeira en Galicia de mediados dos corenta. A producción dos aserradoiros pontevedreses era en 1943 de 273000 m3, e esta cifra non inclúe a madeira que non se transforma en aserradoiros. Pola súa banda a estatística de 1946-47 cifra en 140493 m3 a producción total de madeira. Na provincia de Ourense as fábricas provinciais transforman 63500 m3 mentres que a producción da provincia tres anos despois cífrase en 17817 m3. Aparentemente o coñecemento da estatística melloraría despois de 1953 despois de varias medidas lexislativas tomadas en ese sentido, pero a estatística de 1953 estima unhas cortas para Pontevedra de 118717 m3 por 301000 m3 transformados polos industriais. A elevada ocultación viría, segundo Rico, derivada do intervencionismo do réxime e o desenvolvemento do mercado negro.468 Cadro 47 Valor da producción de madeira Porcentaxe que supón a producción non incluída nas provincias no total español 1961 1962 1963 1964 1965 1966 1967 1968 1969 1970 1971 % 11,5 14,2 12,9 13,2 15,3 14,9 16,2 16,0 26,3 25,5 26,1 Fonte: Estadística Forestal de España Cabería pensar entón nunha mellora da fiabilidade das cifras a medida que desapareceron os prezos de taxa e a regulación a ultranza do sector. Sen embargo o que nos indican as cifras e máis ben unha toma de conciencia da ocultación, máis que nunha verdadeira mellora dos métodos de recollida dos datos. A partir de 1961 as publicacións inclúen unha parte da producción que non é atribuída a ningunha provincia. Esta suma obtense con métodos indirectos, é dicir, a partir das cifras de consumo, de importacións

466 Os 127.983 restantes corresponden ós montes de UP sobre os que tiñan un control directo e o mesmo sucede os anos seguintes. 467 De feito Bouhier constata a perda de importancia do uso do toxo, pero non a súa completa desaparición: “Las formas tradicionales de utilización del monte. Su evolución reciente. Las perspectivas de porvenir”, Os usos do monte en Galicia, Seminario de Estudios Galegos, Cuadernos da Área de Ciencias Agrarias 5, 1984, pax. 11-28. 468 Eduardo Rico Boquete, Montes e industria...op cit pax. 169-171.

284

e de exportacións.469 O problema para aceptar entón as cifras de producción provinciais é evidente. Especialmente cando a porcentaxe da producción non incluída de madeira no total español aumenta co tempo (Cadro 47).

Gráfico 30

Participación provincial (%) no valor da producción de madeira

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1946

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: Estadística Forestal de España

Aparte de esas consideración sobre a metodoloxía da estatística as propias series déixannos clara a pouca fiabilidade. No gráfico 30 móstrase a participación porcentual das catro provincias no valor total en pesetas das cortas de madeira. É especialmente chamativa a escasa participación das provincias de Lugo e sobre todo de Ourense no total. No caso de esta última provincia podería ser defendible a escasa participación nos primeiros anos xa que o peso fundamental da extensión da superficie arborada o tivo alí a acción do Patrimonio Forestal. Sen embargo non o é que non incrementase a súa participación co tempo e especialmente cara os anos setenta cando as masas xa tiveran un tempo de crecemento suficiente. Tamén resulta significativa a evolución da participación porcentual das cortas de madeira e de leñas (gráfico 31) de Galicia no total español. De acordo con eses datos a evolución da participación das cortas de madeira seguiría unha tendencia estática e incluso decrecente aínda máis significativa ao non sumarse nos totais españois a producción non incluída nas provincias. Pola contra a evolución da producción de leñas segue unha tendencia contraria. O razoable sería supoñer que a tendencia da dúas series seguise tendencias máis similares xa que dependen da mesma materia prima.

469 GEHR, “Producción y gestión de los montes españoles...” op cit pax.814

285

Gráfico 31

Participación de Galicia en España (%) na valoración das cortas de madeira e leñas

0

5

10

15

20

25

30

35

4019

46

1948

1950

1952

1954

1956

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

Madeiras Leñas

Fonte: Estadística Forestal de España. No total español non se suma a parte non incluída nas provincias da producción

Cadro 48 % de Galicia co total Español Cortas de madeira en montes de UP e repoboación anual pública Cortas Repoboacións

1946 0,6 16,9 1947 0,4 6,3 1948 0,6 13,3 1949 16,4 1950 0,9 13,0 1951 1,8 10,6 1952 2,5 20,4 1953 1,9 23,5 1954 2,5 21,5 1955 4,1 14,8 1956 4,0 12,7 1957 4,6 9,6 1958 5,4 10,7 1959 5,5 13,9 1960 6,5 14,8 1961 8,3 16,4 1962 8,7 11,2 1963 7,8 10,4 1964 6,5 12,1 1965 7,0 11,4 1966 6,6 9,8

Fonte: Estadística Forestal de España. Estadística de los Montes de Utilidad Pública Poderiamos, para coñecer a evolución das produccións forestais tomar como base as estatísticas dos montes de UP, xa que aparentemente serían máis fiables ao estar controlados pola administración forestal. Sen embargo os datos de cortas de madeira tampouco parecen confirmar esa idea. O volume de cortas de madeira nos montes de UP recollidos na estatística son ínfimos. Para comprobar a escasa fiabilidade dos datos no

286

cadro 48 recollemos o porcentaxe que supoñen estas cortas no total español e a mesma porcentaxe respecto ao volume da repoboación forestal pública. Non hai dúbida de que, aínda que é imposible realizar unha correlación estatística entre as dúas variables, non é facilmente sostible que non crecera a participación por riba do que indican as cifras. En calquera caso o volume de cortas de madeira nos montes de UP é moi escaso, e defendamos ou non a súa fiabilidade global non serve para substituír a estatística da globalidade dos montes. A fiabilidade global da estatística forestal en todo o período franquista é extremadamente baixa. Coidamos suficientemente demostrada a imposibilidade da súa utilización. Afortunadamente para analizar a evolución dos aproveitamentos forestais que, se ben non nos permiten facer unha análise dinámica da mesma forma que o permitirían os dato anuais. En calquera caso é a única solución posible a nivel macroespacial polo de agora. Outro tipo de cifras que se recollen na EFA son moito máis aproveitables. Especialmente as cifras de repoboación forestal realizada polos servicios forestais que en Galicia refírese fundamentalmente á repoboación en montes veciñais publificados mediante a aprobación de consorcios cos concellos. Estas estatísticas recollen tanto a repoboación efectuada polo PFE como por outros servicios forestais, especialmente polos Distritos Forestais. As cifras de repoboación do PFE son en alto grao coincidentes coas aportadas por Rico Boquete a partir dos expedientes de repoboación polo que queda contrastada a súa fiabilidade. Empregaremos as cifras da EFA e non as de Rico Boquete porque nos permiten analizar a actividade global dos servicios forestais e non só os do PFE.

287

III.4.3. A repoboación forestal e o seu impacto sobre os aproveitamentos labregos. A actividade repoboadora do Estado en Galicia durante o franquismo vaise centrar nos montes veciñais. De toda a superficie repoboada polo PFE entre 1941 e 1973 só un 1,63% o foi en montes de propiedade particular e un 0,85 % en montes do Estado. Polo tanto analizar a evolución cuantitativa da repoboación pública é analizar o seu impacto sobre a propiedade veciñal. Como xa comentamos a repoboación farase polo mecanismo da firma de consorcios entre o PFE coas deputacións ou directamente cos concellos. Cadro 49 Evolución quinquenal dos consorcios Nº de montes Hectáreas Has. acumulado % acumulado 1940-44 563 115.197,01 115.197,01 24,32 1945-49 69 40.289,64 155.486,65 33,82 1950-54 347 138.918,44 294.405,09 62,15 1955-59 347 93.754,27 388.159,36 81,95 1960-64 314 62.008,65 450.168,01 95,04 1965-69 86 11.959 462.127,01 97,56 1970-74 69 11.516,86 473.643,81 100

Fonte : Rico, Política forestal... op cit pax. 63 Cadro 50 Balance provincial dos consorcios Nº Hectáreas % da superficie % da provincia A Coruña 367 95.815 20,15 12,07 Lugo 608 111.232,16 23,39 11.34 Ourense 282 144.763,94 30,45 20,4 Pontevedra 588 123.545,77 25,99 27,42 Galicia 1845 475.356,87

Fonte : Rico, Política forestal... op cit pax. 63 O cadro 49 pon de manifesto que a actividade do PFE na firma de consorcios concéntrase sobre todo nos anos corenta e cincuenta. De feito máis alá de 1965 a superficie consorciada será insignificante. É precisamente nesta primeira etapa, na que o Estado exerce máis duramente a coerción sobre concellos e veciños para obter a xestión dos montes. O Gobernador Civil chega a relevar no seu posto a corporacións municipais opostas o consorcio e sustituilas por outras afíns. É moi habitual que o enxeñeiro se presente por sorpresa en medio de plenos obrigando ás corporacións a firmar consorcios sen tempo a discutilos. As listas de montes reflexadas nos consorcios son moi vagas e imprecisas o que lle dá ó Patrimonio unha facilidade de acción grande. As bases incúmprense asimesmo con frecuencia, repoboando o PFE máis hectáreas das que ten asignadas.470 Interésanos coñecer o impacto que tivo a aprobación de consorcios no conxunto dos montes veciñais. A única estimación a este respecto e a feita pola subcomisión forestal do CESIN en 1964. A partir das cifras do catastro en ese texto inclúese a superficie de montes catalogados (Utilidade Pública e Libre Disposición), montes

470 Rico, Política forestal... op cit pax 67-72 e 78-80.

288

propiedade do Estado e unha estimación da superficie ocupada polos montes veciñais non catalogados (Cadro 50). Cadro 50 Superficie de montes segundo estado legal en 1964 (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Estado 691 100 400 1191 Pobos 60085 55790 135000 92208 343083 LD 14083 14083 Particulares 403620 285119 186139 170595 1045473 Veciñais 77300 335000 169000 19000 600300 Totais 541005 676600 490239 296286 2004130 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 Para coñecer a superficie total dos montes veciñais sumamos os montes dos pobos, de Libre Disposición e os veciñais non catalogados. É certo que en algúns concellos da provincia de Ourense si existían montes dos pobos de titularidade municipal, caso de Ribadavia. Sen embargo a súa importancia cuantitativa é pequena polo que a operación está perfectamente xustificada e de feito eso mesmo fixeron os propios redactores da ponencia forestal do CESIN. Cadro 51 Superficie de montes segundo estado legal en 1964 (%) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Estado 0 0,1 0,02 0,1 0,1 Particulares 74,6 42,1 38,0 57,6 52,2 Veciñais 25,4 57,8 62,0 42,3 47,8 Totais 100 100 100 100 100 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 O resultado (Cadro 51) móstranos a superficie potencial de actuación dos servicios forestais. Os datos ,mostran o carácter residual dos montes do Estado en Galicia e a diferente xeografía dos repartos, que en xeral coincide cos datos que temos ao respecto. Unicamente a cifra de Lugo de supostos montes veciñais parece en principio demasiado alta, pero non o é se temos en conta que ao longo do franquismo e aínda nos anos sesenta seguen a producirse repartos, e precisamente de esta provincia temos informacións, que comentaremos no apartado seguinte, de esta circunstancia. En calquera caso estes dato permítenos ter unha idea sobre o impacto global dos consorcios no conxunto da superficie veciñal (Cadro 52). A superficie consorciada non coincide totalmente coa superficie catalogada en 1964 non tanto pola aprobación de consorcios posteriores a 1965 que é escasa senón porque parte da superficie consorciada pasara a mans veciñais por decisión xudicial. Cadro 51 Superficie consorciada(1941-75) e superficie de monte veciñal en 1964 (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

Has. Consorciadas 95815 111232 144764 123546 475357 Has. Monte veciñal 137385 390790 304000 125291 957466 % 69,7 28,5 47,6 98,6 49,6 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964

289

As cifras indican que Pontevedra e A Coruña, esta con unha superficie veciñal escasa e concentrada no sur, foron as provincias con unha maior presión relativa sobre a superficie comunal. En termos absolutos foron Ourense e a propia Pontevedra nas que unha maior superficie foi extraída aos aproveitamentos comunitarios. As cifras de Lugo, con unha porcentaxe moi baixa de montes consorciados abundan máis nas dúbidas sobre a estimación da superficie veciñal. Máis alá dos consorcios interésanos coñecer o volume das repoboación efectuadas e as implicacións de estas repoboacións para o sistema agrario. No gráfico 32 recóllense as cifras da repoboación entre 1941 e 1964 incluíndo tanto os do PFE como as dos Distrito Forestais, de moita menor entidade. No conxunto do período repobóanse en Galicia máis de 270.000 hectáreas. O períodos clave para entender este pulo repoboador son os anos centrais da década dos cincuenta cos esforzos orzamentarios na tarefa repoboadora do Ministerio Cabestany. A vista do volume repoboado cabe cualificar á repoboación forestal como a auténtica política agraria desenvolvida en Galicia no primeiro franquismo. En todos os demais aspectos da política agraria considerados ata agora, mellora de sementes, melloras gandeiras, fertilización non se conseguen desenvolver os obxectivos previstos ou só se comeza a conseguilos a finais da década. A repoboación forestal era unha prioridade e como tal se leva a cabo. O obxectivo era acadar a autarquía na producción de celulosa o que era unha das prioridades do estado franquista. Esta era ademais unha das múltiples teimas persoais do propio dictador que en 1959 lle comentaba ao seu primo sobre a repoboación: “La impulso constantemente y se están obteniendo muy buenos resultados, especialmente en Galicia, por ser allí magnífica la calidad del pino para obtener celulosa”.471 Por suposto outro tipo de consideracións sobre o resultado da repoboación nas comunidades rurais non tiñan cabida.

Gráfico 32

Repoblación Forestal Pública en Galicia

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

Has

0

50000

100000

150000

200000

250000

300000

Has

Repoboación Anual Total Acumulado

Fonte: Estadística Forestal de España

471 18 de Abril de 1959, Francisco Franco Salgado-Araujo, Mis conversaciones privadas con Franco, Planeta, Barcelona 1976, pax.263. Continúa por outra parte aleccionando o seu primo sobre os seus coñecementos de silvicultura.

290

Gráfico 33

Participación (%) da repoboación pública en Galicia sobre o total español

0

5

10

15

20

25

30

35

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

% 5 per. media móvil (%)

Fonte: Estadística Forestal de España O papel fundamental de Galicia nos plans repoboadores autárquicos compróbase coas cifras do gráfico 33. Deixando de lado os primeiros anos corenta, cando polo demais o volume repoboador aínda era moi escaso, a porcentaxe das repoboacións galegas no conxunto do Estado mantense en torno ao 15%, cifra que sitúa a Galicia como a zona prioritaria na consecución da autarquía neste sector.

Gráfico 34

Participación (%) da repoboación de cada provincia no total galego

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1941

1943

1945

1947

1949

1951

1953

1955

1957

1959

1961

1963

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: Estadística Forestal de España

Respecto á participación provincial na repoboación no período considerado é Lugo a que concentra un maior volume absoluto da actividade dos servicios forestais (Cadro 52 e Gráfico 34). É certo que no conxunto do período repoboador será Ourense a máis afectada en termos absolutos e relativos, e á comezos dos sesenta xa englobaba a maioría das repoboacións anuais, pero á altura de 1964 aínda estaba Lugo á cabeza do total repoboado dende 1941. Sen embargo estes resultados absolutos as provincias de A Coruña e Pontevedra eran de novo, recordemos que xa era así no caso do impacto dos

291

consorcios, ás que maior presión da repoboación sobre a superficie veciñal recibían (Cadro 52). Especialmente no caso de Pontevedra perto do 50% dos seus montes veciñais estaban repoboados cos criterios do PFE, é dicir, intensivamente e sen deixar espacio para compatibilizar con outros usos. O volume en Lugo e Ourense é moito menor, pero debemos recordar, segundo o dito sobre os condicionantes medioambientais no capítulo I) que especialmente en Ourense era maior a superficie productiva soamente para matorral nos concellos de maior pervivencia da propiedade veciñal. Cadro 52 Impacto da repoboación pública nos montes veciñais de Galicia (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia 1 Montes Veciñais 1964 137385 390790 304000 125291 957466 2 Repoboado 1941-64 45047 85149 78888 62140 271224 % ½ 32,8 21,8 26,0 49,6 28,3 Fonte: Estadística Forestal de España. CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964. Ata o de agora estivemos analizando exclusivamente a repoboación forestal pública, pero sen facer ningunha referencia á privada nin ao resultado das mesmas en termos de superficie arborada en relación con outros aproveitamentos. A cuestión da relación entre repoboación privada e pública nestes anos é crucial xa que xeralmente tense considerado que, malia a importancia da repoboación pública, a primacía do cambio nos modos de uso dos montes a ten á acción repoboadora privada. A xustificación para considerar esta primacía está na utilización da superficie arborada da EFE que como dixemos sobrevalora en perto de 200.000 hectáreas a superficie arborada en 1964.472 Esta cuestión é central no proceso de desarticulación do sistema agrario xa que define o momento no que, ademais da acción do estado, os usos labregos do monte son abandonados e o monte escapa, en palabras de Abel Bouhier, fora do sistema agrario.473 Aínda que o papel da repoboación privada non pode ser minimizado, a critica dos datos da EFA matizan moito a cronoloxía no que se xeneraliza e a sitúan entre comezos dos sesenta e o I Inventario forestal en 1974. Que existe repoboación nos montes privados durante o primeiro franquismo é indubidable, pero non o está tan claro nin a magnitude nin as formas de esa repoboación. Examinemos a información dispoñible ao respecto. O esforzo repoboador das institucións públicas nos anos corenta enmárcase na concepción xeral da política económica deses anos, o intento de alcanzar a autarquía. A repoboación en montes particulares temos que contextualizala, nesa década, na outra cara da moeda da situación económica, a escaseza. Se o desenvolvemento da industria do aserrío e conxuntamente a repoboación particular nos primeiros anos do século viuse favorecido por unha conxuntura favorable, especialmente nos anos da I Guerra Mundial, o mesmo sucederá na posguerra española aínda que por circunstancias diferentes. As necesidades de madeira permitiron que a industria do aserrío galega tivera de novo un crecemento espectacular chegando a acceder a mercados pechados ata entón, como o madrileño. Boa proba disto é o incremento de aserradeiros en Pontevedra pasando de 114 en 1938 a 245 en 1943 de acordo cun informe dun grupo de industriais da madeira

472 Así por exemplo é defendido nun traballo recente, Xesús Adolfo Lage Picos “ El monte, el cambio social y la cultura forestal en Galicia”, X Cogreso de Historia Agraria, preactas en CD-Rom, SEHA, Sitges, 2002. 473 La Galice... op cit pax. 1054

292

de Pontevedra. Isto supuña unha capacidade de aserrío de 423200 m3 anuais. Sen embargo a producción real dese ano foi de 273000m3.474 Queda claro, por tanto, que as necesidades da industria da madeira supuxeron un forte estímulo para as repoboacións particulares nunha primeira etapa. Esta situación non cambiou nos anos seguintes, e as necesidades de madeira incrementaríanse a partir dos anos sesenta coa creación de celulosas de Pontevedra. Non podemos achegarnos ó ritmo das repoboacións de montes particulares nas dúas décadas posteriores á Guerra Civil xa que, como vimos, os primeiros datos fiables son os de 1964. Sen embargo, e á luz das necesidades de madeira, parece razoable pensar que xa desde a década de 1940 foron importantes.475 En calquera caso pouco se pode precisar sobre os ritmos, xa que a opción indirecta da utilización das estatísticas de cortas de madeira falla pola nula fiabilidade destes datos, sobre todo nos primeiros anos. Máis importante que os ritmos e o volume global de repoboacións é o coñecemento dás formas de repoboar. A repoboación en montes particulares non se realizou da mesma forma, nin cos mesmos obxectivos que a actividade pública. Esta última buscaba a repoboación de grandes masas dun xeito moi intensivo, para maximizar o beneficio. No caso dos montes particulares, especialmente os que eran propiedade de labregos era necesario compatibilizar aproveitamentos. Neste caso, e polo menos para o período 1940-1965, constátase de forma clara o que xa apuntábamos para o primeiro tercio de século, a integración entre aproveitamentos de matorral e a producción forestal. Así Bouhier constata a plantación de parcelas, pero só dun número limitado de parcelas en cada explotación.476 Esto implica unha reducción da superficie utilizable para outros aproveitamentos, pero non unha especialización. Ó mesmo tempo tamén continúa a práctica de mezclar nunha mesma parcela árbores e toxo que sinalaba Valeriano Villanueva para a etapa de preguerra. Esto é recoñecido explicitamente polo Consejo Econónico de 1964 ó indicar que na estimación da superficie arborada engadíronlle unha boa parte da superficie consignada no catastro de rústica como matorral ó considerar que realmente debe considerarse como pinar claro.477 Mais a repoboación particular non debe verse exclusivamente como unha estratexia de diversificación de aproveitamentos por parte dos labregos. Tamén existe a especulación e o interese por aproveitar a conxuntura favorable para un enriquecemento rápido. Así constátase a repoboación por parte de labregos acomodados e de propietarios non labregos das súas terras nunha adicación exclusivamente forestal e coa mesma tipoloxía productivista que á repoboación pública.478 Non é posible coñecer o volume de repoboacións privadas en estas dúas décadas, pero a partir das estimacións do CESIN si podemos coñecer a estructura por aproveitamentos a comezos dos anos sesenta. No cadro 53 recóllense as cifras de arborado e raso segundo o estado legal dos montes. As cifras de arborado en montes de UP e LD máis o arborado en montes veciñais non catalogados coincide practicamente co total acumulado da repoboación pública ata 1964. De feito o propio CESIN recoñece

474 Estos datos están tomados de Eduardo Rico Boquete, Montes e industria...op cit pax. 169-170. 475 Esta é a opinión de Abel Bouiher, La Galice... op cit pax. 1045. 476 Ibid pax. 1053. 477 CESIN, Expansión forestal... op cit pax. 5. 478 Bouhier, La Galice... op cit pax. 1053.

293

que a superficie arborada en montes veciñais non catalogados coincide con superficie consorciada que tras sentencias favorables aos veciños tivo que devolverse a estes. Cadro 53 Galicia, Superficie por usos e estado legal en 1964 (Has.) Arborado Raso Total UP e LD 203036 155321 358357 Veciñais 63928 536372 600300 Total veciñais 266964 691693 958657 Particulares 406041 639432 1045473 Total 673005 1331125 2004130 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 Cadro 54 Galicia, Superficie por usos e estado legal en 1964 (% sobre o total de cada aproveitamento) Arborado Raso Total UP e LD 30,2 11,7 17,9 Veciñais 9,5 40,3 30,0 Total veciñais 39,7 52,0 47,8 Particulares 60,3 48,0 52,2 Total 100 100 100 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 Cadro 55 Galicia, Superficie por usos e estado legal en 1964 (% sobre cada sector legal) Arborado Raso Total UP e LD 56,7 43,3 100 Veciñais 10,6 89,4 100 Total veciñais 27,8 72,2 100 Particulares 38,8 61,2 100 Total 33,6 66,4 100 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 O 60 % da superficie arborada corresponde a superficie particular polo 40% a superficie veciñal (Cadro 54), pero esto non resulta sorprendente. Hai que ter en conta que o peso cuantitativo da repoboación antes da Guerra correspondeulle aos montes privados e polo tanto parte de esa masa forestal, desgraciadamente non sabemos canta, é anterior a 1936. O importante neste caso son dúas cuestións. En primeiro lugar a diferencia é moito menor do que indican os datos da EFA, e unha parte importante da superficie arborada particular, non cuantificada, corresponde a masas de escasa densidade, polo que a primacía da repoboación particular é un proceso do primeiro tercio e, sobre todo dos anos sesenta e setenta. En segundo lugar de acordo cos datos do Cadro 55, son os montes catalogados os que teñen unha maior porcentaxe de superficie arborada sobre o total do sector legal. Nos montes particulares hai unha maior adicación a outros usos. Tamén queda claro que nos montes veciñais os labregos non repoboan máis alá da acción do Estado. Só se incrementa a superficie arborada a partir de estratexias individuais.

294

Respecto aos diversos usos non forestais do monte o propio CESIN aporta estimacións, aínda que recoñecendo que nalgún caso son meras aproximacións. Os datos están recollidos nos cadros 56 (datos en has.) e 57 (en %). De acordo coas cifras constátase a escasa importancia dos pastizais forestais que son un concepto diferente ao dos prados. A única excepción é o caso de Pontevedra que en certo sentido compensa a escasa importancia dos prados na provincia. Desgraciadamente a fonte non aclara se estes pastizais corresponden ou non a creacións do PFE. Significativo e o peso da superficie arborada nas provincias. O maior grao de presión do forestal sobre o resto dos aproveitamentos do monte correspóndelle a Pontevedra que se achega ao 50% da superficie total do monte. Lugo é, de acordo con esta estimación a provincia onde o uso vinculado coa agricultura mantén unha maior importancia. Cadro 56 Superficie de montes por usos en 1964 (has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Arborado 198684 168600 164708 141013 673005 Pastizal forestal 21138 44541 10000 52657 128336 Raso matorral 224018 301404 272350 92987 890759 Toxo intensivo 97165 162055 43181 9629 312030 Total 541005 676600 490239 296286 2004130 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 Cadro 57 Superficie de montes por usos en 1964 (%) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Arborado 36,7 24,9 33,6 47,6 33,6 Pastizal forestal 3,9 6,6 2,0 17,8 6,4 Raso matorral 41,4 44,5 55,6 31,4 44,4 Toxo intensivo 18,0 24,0 8,8 3,2 15,6 Total 100 100 100 100 100 Fonte CESIN, Expansión forestal, Santiago, 1964 O máis interesante dos datos do CESIN está en que por primeira vez faise un intento de cuantificar o peso do uso intensivo do toxo no conxunto dos usos do monte. O concepto baixo o que se agrupan as superficies de toxal intensivo é o dos terreos catastrados como toxais que están vinculados pola calidade do solo, escasa pendente e pola finalidade do seu cultivo para cama do gando á actividade agrícola. Evidentemente é unha caracterización que non responde exactamente co que temos definido neste traballo como cultivo intensivo do toxo, e os propios redactores do informe do CESIN recoñecen que a estimación é moi aproximativa. Sen embargo, e independentemente de que as cifras poidan ser maiores do que ofrece a fonte, as diferentes porcentaxes de cada provincia son coherentes co que expuxemos da extensión da individualización e da intensificación dos usos do monte. As dúas provincias do norte están á cabeza de este proceso intensificador que, recordemos, en termos edafoclimáticos é un paso previo para a creación de pastizais.479 O conxunto dos datos aportados neste apartado definen unha situación na que na gran maioría das superficies de monte de Galicia aínda se mantiñan os usos agrario do

479 CESIN, Expansión ganadera... op cit pax.123 e ss.

295

monte. Malia extensión da superficie arborada en explotacións de propiedade particular en termos porcentuais parece claro que aínda non podemos dicir que as explotacións forestais intensivas e sen vinculación co sistema agrario eran maioritarias, especialmente tendo en conta que parte das superficies forestais en mans privadas tiñan unha escasa densidade e eran compatibles con outros usos. Si é certo que nestes anos sitúase o comezo dun proceso que culminará nas dúas décadas seguintes. Na outra cara da moeda está a actuación do PFE que, con criterios productivistas exclusivamente , actuou sobre unha parte importante das superficies veciñais expropiando a propiedade mediante a firma de consorcios (450.000 has. ata 1965) e repoboando unha parte importante de estas (270.000 has. ata 1964). Neste caso si podemos falar da perda efectiva de superficies por parte do sistema agrario. Dada a vinculación existente entre os usos labregos do monte e a dinámica do sistema agrario é claro o papel que a actividade do PFE tivo na crise xeral da agricultura galega nos dous primeiros decenios do franquismo. Malia os discursos procampesinos do réxime a consecución dos obxectivos autárquicos estiveron por riba das necesidades da pequena explotación.

296

III.4.4. Conflictividade social en torno á repoboación forestal. Un aspecto fundamental á hora de comprende o carácter de conflicto de usos que provocou a actividade repoboadora do PFE é o elevado grao de contestación que provocou por parte dos afectados. A baixa fiabilidade dos datos estatísticos sobre o monte impiden que poidamos facernos unha idea por esa vía da crise dos aproveitamentos campesiños. Unha primeira alternativa foi ensaiada a partir da análise da repoboación forestal pública. A análise da conflictividade en torno á repoboación permite entender a importancia do monte na lóxica do sistema agrario e a propia intensidade do conflicto é a expresión máis clara da súa ruptura no franquismo. Na análise deste fenómeno complementaremos as investigacións ao respecto de Eduardo Rico cos datos recollidos polo Grupo de Estudio da Propiedade Comunal no que participamos. A forma de actuar do Patrimonio á hora de deseñar e levar a práctica a repoboación non fixo máis que acentuar a oposición veciñal á intervención estatal nos montes, xa presente desde o século XIX. A repoboación efectuouse sobre dúas premisas que non podían provocar máis que unha contundente resposta campesiña. En primeiro lugar o feito de considerar aos concellos como os lexítimos propietarios dos montes supuña unha espoliación dos dereitos históricos das comunidades. En segundo lugar sitúase a concepción do espacio forestal como algo alleo ao mundo agrícola e, sobre todo, gandeiro sen plantexar alternativas á alimentación do gando no monte (creación de pastizais). Os campesiños non estaban en contra da repoboación como tal xa que tamén se repoboa nos montes particulares. Sen embargo, esta última é un tipo de repoboación que ten en conta a alimentación do gando e que non se fai sobre todas as terras dispoñibles. As comunidades non repoboaban os montes veciñais, xa que os seguían mantendo como reserva para o gando, e a non consideración de estes usos por parte do Patrimonio non fixo máis que acentuar a xa de por si negativa actitude dos veciños. Non debemos caer no erro de considerar mecanicamente a oposición veciñal aos consorcios e á repoboación como parte dunha contestación global ao réxime franquista. Pola contra atopamos frecuentemente a poderes fácticos do réxime ou simplemente a excombatientes franquistas denunciando os abusos do Patrimonio. Trátase dunha reivindicación de carácter socioeconómico de defensa do carácter veciñal dos montes que entronca polo tanto coa oposición á política forestal e a desamortización do século XIX. Só nos anos setenta, co réxime nos seus últimos anos, adoptará a protesta veciñal conexións coa oposición o franquismo, ou máis ben será esta a interesada en incorporar a protesta veciñal as súas reivindicacións 480.

Aínda que se pode facer, e resulta útil, unha diferenciación analítica entre distintos tipos de resposta campesiña, hai que ter moi presente que non se trata de estratexias diferentes que seguen distintas comunidades, senón que con frecuencia unha mesma comunidade segue diferentes vías (mesmo parellas) para opoñerse á expropiación e á repoboación. Podemos atopar que nunha comunidade se eleven instancias ao Patrimonio ou se plantexe unha demanda xudicial e ao mesmo tempo se realicen protestas máis ou menos violentes durante a repoboación, máis ou menos colectivas ou individuais (de casa). Por outro lado, hai que lembrar como a magnitude da resposta campesiña viuse acentuada pola forma de actuar do Patrimonio: sempre ás

480 É o caso do movemento coñecido como O Monte é Noso; CIES, O monte é noso, Galaxia, Vigo, 1979.

297

costas das comunidades, evitando calquera diálogo e recorrendo ao engano prepotente e, en moitos casos, á Guarda Civil a pouco que o consideraran preciso. Así Marcial López Mirad, mutilado de guerra e reclamante de parcelas na Cova da Serpe protesta ante o feito de que:

"toda la actuación del PFE y municipal se revistió de premeditado sigilo, omitiendo publicar y comunicar sus actos a los afectados por ellos con evidente transcendencia, al extremo de que la única publicidad habida ha sido el hecho mismo de la ocupación de la finca "Manu militari", ya que se hizo utilizando a la Guardia Civil, con sanciones pecuniarias y detención de alguno"481. A primeira actuación dos campesiños acostumaba a ser a reclamación mediante

instancia ao Ministro ou ao Director do Patrimonio. Este tipo de acción necesitaba de consenso na comunidade e de fondos para seguir o recurso xudicial ate o fin. E aquí podemos atopar outra mostra da forma de actuar do Patrimonio que contribúe a soliviantar aos veciños que acreditan na actuación da administración: a práctica de quedárense coa documentación correspondente, ademais de rexeitar o recurso, pois era habitual que as instancias presentadas foran acompañadas de documentación histórica acreditativa da titularidade do monte 482. Unha documentación que só en casos extremos como aqueles os veciños estaban dispostos e presentar e nunca estaban dispostos a perder. Deste xeito á usurpación física do monte únese a usurpación documental da que os veciños ben coñecen o valor. A confianza na administración (por adhesión ou por medo) vólvese nestas condicións contra os veciños. Eduardo Rico recolle 272 destas instancias para o período 1941-1971, sen que sexa unha mostra completa. Nese período fixéronse traballos de repoboación en 226 concellos o que nos dá unha idea da magnitude da oposición.483

Mais a oposición non remataba coas instancias. No traballo citado Rico ten documentadas (sen vontade de exahustividade) accións de protesta de diferente signo en 106 dos 226 concellos nos que se fan repoboacións (dos 313 en que se divide a Galicia), das que un tercio foron protestas violentas. Destas protestas non hai ningunha noticia nos xornais pola actuación da censura, xa que os enxeñeiros consideraban perigoso que se coñecesen precedentes; o control da opinión pública ocultándolle calquera movemento de oposición (organizada ou non) foi un arma principal do Réxime franquista, como é habitual en todas as Dictaduras.

O Patrimonio non vai aforrar esforzos para procurar que non teñan éxito as protestas. Este é o caso do concello de Guntín, en Lugo, primeiro conflicto de entidade que ten lugar xa ao inicio do proceso, en 1941 e que amosa o grao de coerción totalitaria que o Estado estará disposto a impoñer para levar adiante a repoboación. Neste concello ponse o secretario municipal á cabeza dos opositores conseguindo do xuíz de 1ª instancia de Lugo que lles conceda a posesión en 1942. Descoñecendo a sentencia

481 Monfero 1962. Icona, Consorcios, Coruña, C-31. Citado en Rico Boquete, Política forestal... op cit pax.162. 482 Atopamos exemplos do mesmo na documentación de denuncias da garddería forestal gardada no arquivo do servicio provincial de montes de Lugo no viveiro de Sanbreixo, Guititiz. Tamén o mesmo é comentado por Rico Boquete. Rico Boquete, Eduardo,(2000): “Política forestal y conflictividad social en el Noroeste de España durante el primer franquismo, 1939-1959”, Historia Social, 38, pag. 117-140. 483 Ibid.

298

xudicial, o Patrimonio seguirá coa repoboación, o que leva aos veciños a actuaren de forma violenta contra os funcionarios, conseguindo a renuncia de tres vixiantes e un garda; introducindo gando no monte repoboado e arrincando directamente 15.000 piñeiros. A Administración Forestal reacciona logrando a detención do propio secretario do concello e doutros veciños e a imposición de multas a moitos máis. Neste clima as autoridades provinciais substitúen á corporación municipal pero na nova tamén participan veciños opositores, polo que o enxeñeiro presionará ao Gobernador Civil para que destitúa en pleno á corporación, o que consegue en 1943 ao igual que a inclusión do monte no catálogo de UP.Non é nada infrecuente a presencia intimidatoria da Guarda Civil para defender a repoboación, como sucede en Trasmiras, Ourense, en 1953. Neste concello os veciños impiden repetidas veces o inicio dos traballos. Ante esta situación a Guarda Civil detén aos sete cabecillas máis destacados, o que non impide que os veciños, está vez un grupo de mulleres, sigan a impediren os traballos. A solución foi exemplar: os labores de repoboación no monte reanudáronse coa presencia do Tenente coronel da Guarda Civil e do enxeñeiro, apoiados por trinta números. Nalgún caso a violencia chegou a máis, como en Mazaricos (A Coruña), co resultado de tres feridos e un morto.484

Estes exemplos de conflicto aberto e solución contraria aos veciños pola forza,

poden facer pensar que a oposición non tivo nunca éxito, mais non son poucos os exemplos de sentencias xudiciais que recoñecen a titularidade dos veciños. A influencia dos preitos entaboados polas comunidades pode comprobarse no sucedido en Ourense. A finais dos cincuenta, ante a conflictividade e, sobre todo, o perigo que as actuacións xudiciais promovidas polos recursos veciñais puxesen en perigo a repoboación, o enxeñeiro xefe do PFE na provincia, José Luís Montero de Burgos, emprendeu unha negociación con distintos concellos para que cederan parte do seu porcentaxe nos beneficios dos consorcios ás comunidades. De acordo co CESIN, este acordo incluíu a 24 concellos e 104 montes con 38750 hectáreas repoboadas, o 54,65% do total provincial.485 A comarca máis afectada foi a de Valdeorras, onde a medida conseguiu que se retiraran todos os preitos entaboados polos veciños.486 O impacto das sentencias xudiciais desfavorables pode comprobarse tamén cos propios datos do CESIN sobre superficie arborada. Os enxeñeiros distinguen entre a superficie arborada en montes de UP e LD e a superficie arborada en montes veciñais que foran devoltos ás comunidades tras sentencia xudicial. No primeiro caso habería perto de 200000 hectáreas e no segundo sobre 65000, o 24%.487

Máis non son as reclamacións xudiciais e administrativas nin a resposta violenta

ante o comezo da repoboación ás únicas mostras de resposta ou conflictividade. Outro tipo de resposta, máis a longo prazo, menos evidente e, polo tanto, máis difícil de ver debe terse en conta. Estamos a falar de resistencias cotiás que poden adoptar multitude de formas e que poden ser tanto individuais como colectivas, pero que xeralmente contan co consentimento tácito da comunidade. Entre estas podemos atopar a destrucción de plantacións, das que temos referencias na documentación de denuncias

484 Rico, Política forestal... op cit pax.171 e ss. 485 CESO: III plenos del Consejo Económico Sindical de Orense, Ourense, 1962. 486 Gobierno Civil de Ourense. Informe sobre la aplicación de la Ley de montes vecinales en mano común, 1972, ICONA, serie MVMV, IC-194. 487 CESIN, Expansión forestal... op cit pax. 12.

299

consultada para a provincia de Lugo 488; a continuación dos aproveitamentos comunais, levando a pastar o gando coa consecuente destrucción de plantas xóvenes; e todo isto a pesar das denuncias e multas. Na documentación dos servicios provinciais de montes consérvanse miles de expedientes destas denuncias moitas veces reiteradas sobre os mesmos veciños. É o caso do monte Coto da Cal en Abadín Lugo, onde despois de efectuada a repoboación os veciños continúan a levar o gando o monte durante anos, sen que as continuas denuncias e multas consigan evitalo 489. A reiteración ó longo dos anos 50 e 60 destas prácticas constitúe unha mostra directa de cómo un bo número de veciños non aceptaron a usurpación dos montes nin sequera despois de realizada a repoboación. Mais aínda, estas prácticas obrigaron o Patrimonio a destinar importantes recursos a garda dos montes. Nestes tipos de resposta podemos ver como a consciente ignorancia por parte dos enxeñeiros das necesidades de alimentación do gando puxeron en perigo a viabilidade das repoboacións. Non debemos pensar que este tipo de resposta menos directa e colectiva era menos eficaz. Como os traballos de Jim Scott puxeron de manifesto, estas formas cotiás de resistencia son moitas veces máis eficaces como presión fronte os poderes do Estado, xa que son máis dificilmente reprimibles. O ser na maioría dos casos accións individuais, aínda que co consentimento tácito da comunidade, e irrelevantes tomadas unha por unha, non hai formas efectivas de coerción que empregar por parte do Estado.490

Unha das modalidades de resposta á que temos que prestar especial atención

pola influencia que tivo nos poderes políticos foi a continuación da individualización do monte mediante repartos colectivos. O feito de que os servicios forestais non coñecían exhaustivamente todos os montes veciñais e que non todos estaban apropiados polos concellos favoreceu esta posibilidade. Nos expedientes de investigación realizados polo ICONA nos anos setenta despois da lei que recoñeceu a propiedade veciñal (1968) sobre todos os montes susceptibles de ser declarados montes veciñais en man común atopamos numerosos exemplos de montes que foron repartidos no período. Este é o caso de parte do monte de Baroña en Porto do Son (A Coruña), parcelado entre 1939 e 1945 ou do monte Roda en Abadín (Lugo) completamente dividido despois de 1957.491 No caso dos montes Berbetouros e de Cabana en Palas de Rei (Lugo) o reparto efectuado en 1960 o foi só por parte dos veciños coa oposición dos demais.492

Nos repartos efectuados no franquismo atopamos casos de particións efectuadas

polos propios concellos entre os veciños preocupados por posibles accións do Patrimonio Forestal. Dous exemplos atopados no arquivo do ICONA exemplifican esta actuación. Na Poboa do Brollón (Lugo) o concello repartiu entre os veciños despois da firma de varios consorcios o resto dos montes que quedaban sen consorciar.493 En Outeiro de Rei, tamén en Lugo, o concello repartiu os montes entre os veciños en 1956.494 Neste caso resulta significativo o feito de que os veciños deixaron parcelas sen repartir para o caso de que novos veciños se incorporasen posteriormente, nun exemplo

488 Expedientes de denuncias, Arquivo do servicio provincial de montes de Lugo no viveiro de Sanbreixo, Guititiz. 489 Idem. 490 Scott, Jim, Everyday Forms of Peasant Resistance, Yale University Press, New Haven, 1984. “Formas cotidianas de rebelión campesina”, Historia Social, 28,1997, pp. 13-39. 491 Arquivo do ICONA, serie montes veciñais en man comun IC-110, IC-112 e IC-148. 492 Arquivo do ICONA, sección montes veciñais en man común, IC-64 e IC-148. 493 Arquivo do ICONA, sección montes veciñais en man común, IC-191. Trátase dunha enquisa efectuada aos concellos da provincia de Lugo en 1969 sobre a existencia de posibles montes veciñais. 494 Ibid.

300

de respeto polo carácter orixinal dos montes veciñais nos que a propiedade viña dada exclusivamente pola residencia.

É imposible coñecer o volume de repartos efectuados durante o franquismo pero

si resulta innegable a súa importancia. Boa proba disto a temos na estimación que de montes veciñais facía en 1964 o Consello Económico con un total de algo menos do millón de hectáreas fronte a cifra actual de perto de 670.000 hectáreas clasificadas como montes veciñais. O mesmo debían opinar os redactores da parte forestal do CESIN, xa que mencionan en numerosas ocasións os repartos para xustificar a necesidade dun cambio lexislativo que recoñecera a propiedade veciñal. Do mesmo xeito se expresaba o Gobernador Civil de Lugo, Eduardo del Río, nunha carta ao Director Xeral de Montes en 1964 co mesmo obxectivo

<Hace pocos días he visitado el término municipal de Alfoz. Basándome

en el informe de la Brigada [do PFE] expuse publicamente –en una especie de concejo abierto- lo interesante que podría resultar, por los beneficios que se obtendrían de ello, repoblar un monte de la parroquia de Pereiro, de unas 1085 has., de las cuales un 5% es susceptible de convertirse en pastizal, lo que garantizaba el mantenimiento del ganado. Mi gestión no tuvo ningún éxito. El monte había sido parcelado A raiz de un pleito sobre las Gándaras de Alfoz, que ganaron los paisanos, se acordó la división de todos los montes vecinales.>495

Os repartos foron, polo tanto, unha constante preocupación para os servicios

forestais e outras institucións ao longo do franquismo. Mais non é o seu carácter defensivo o único que caracteriza aos repartos. En boa medida, e cando menos para algunhas comunidades, indican que a explotación en común perdera parte do seu sentido socioeconómico anterior. Nos casos da repoboación forestal privada e da creación de pastizais a iniciativa privada resultaba moito máis sinxela que a busca de consensos comunitarios, non só difíciles de lograr, senón que a indefensión legal ameazaba a súa continuidade.

A resposta máis significativa pola súa relevancia na loita contra a repoboación é a destrucción de masas forestais mediante incendios. O dos incendios é un problema complexo e o debate en torno ás súas causas moi controvertido; tanto o debate como o problema dos incendios chega ate hoxe mesmo. Existen un gran número de factores explicativos dos incendios que non pretendemos tratar con exahustividade, en todo caso só o recoñecemento da multicausalidade pode poñernos nunha vía de explicación razoable496. É ademais un problema de difícil estudio cuantitativo, xa que non dispoñemos de estatísticas ate 1961 e con diferenciación entre incendios en montes de administración pública e privados unicamente despois de 1968, co que quedan ocultos ou desfigurados os incendios forestais no período que máis nos interesa. Estas estatísticas son ademais de fiabilidade moi baixa polas dificultades da obtención dunha

495 Arquivo do ICONA, sección de MVMC,leg. IC-96. 496 Fernández Leiceaga, Xaquín, 1990: Economía (política) do monte galego, USC, Santiago, Vence Deza, Xavier,1990: “Os incendios forestais: o esperpento periférico do liberalismo económico”, A Trabe de Ouro, I/1, pp. 23-34, Álvarez Sousa, Antón, 1992: Os incendios forestais. Análise sociolóxica do sector forestal galego, Xerais, Vigo, O´Flanagan, Patrick, 1999: “Incendiarismo o ecocidio en los montes de la Iberia Atlántica”, Cuadernos de Geografía, VI.

301

información completa en todo o territorio.497 En calquera caso, paga a pena botarlles unha ollada aos datos na procura do seu significado.

Das cifras do cadro 58 podemos en primeiro lugar destacar a importancia

cuantitativa dos incendios, especialmente se temos en conta que as cifras reais son superiores con toda seguridade. Esta situación contrasta fortemente cun pasado no que os incendios con consecuencias destructoras (é dicir, deixando de lado o uso controlado: rozas e queimas) se ben non era enteiramente descoñecido si era moi raro.498 Resulta obvio que existe unha correlación entre repoboación forestal e incendios, máis tamén entre a concepción productivista da repoboación que se levou a cabo e as causas dos incendios. En calquera caso, non nos interesa falar neste caso dos incendios non provocados, nin facer unha análise completa das causas dos incendios, xa realizada por varias investigacións.499 É importante sinalar, sen embargo, que a repoboación que efectuou o Patrimonio era especialmente sensible a favorecer o lume dados os poucos recursos invertidos en prevención e limpas, as mesmas especies escollidas e o modelo de monocultivo que se empregou, xa que un bosque mixto é sempre o máis resistente ao incendio. CADRO 58 Hectáreas de arborado afectadas por incendios na Galicia. Xestión Pública Xestión Privada Total 69-73 34700 12377 47077 74-78 128520 43728 172248 79-83 47893 71538 119431 Fonte: Fernández Leiceaga, Economía... op cit pax. 90:94.

Resulta relevante a importancia dos incendios provocados como protesta pola repoboación e como apoio das reivindicacións da devolución dos montes. As cifras do cadro poñen de manifesto como, cando menos durante a década dos setenta, esa tipoloxía é evidente. Ate 1980 os incendios en montes de xestión pública superan, en ocasións con moita diferencia, aos de xestión privada, cando a extensión superficial dos últimos é moito maior. Esta data é significativa, xa que en 1980 xa se clasificaran a maioría dos MVMC. Por outra banda, de acordo coas cifras sinaladas polo pleno de 1964 do Consejo Económico Sindical entre 1961 e 1963 foron queimadas en Galicia 13.250 has. das que 10.500 o foron en montes repoboados polo estado.500. A comparación, sempre problemática, entre unhas e outras cifras mostra que , se ben a gran etapa dos incendios sería nos anos setenta o problema existía anteriormente e era percibido con preocupación polos enxeñeiros forestais.

Mais non son unicamente ás estatísticas as que falan da importancia do incendio como protesta. Os partes de incendios confirman esta idea501, e tamén a confirma a

497 Como pon de relevo Antón Álvarez Sousa, Os incendios... op cit, pax. 76-78. 498 Guitián Rivera, Luis, 1999: "Los incendios forestales a través de la historia: pervivencias y cambios en el uso del fuego en el noroeste peninsular", en Eduardo Araqué Jiménz, Incendios históricos. Una aproximación multidisciplinar, Universidad Internacional de Andalucía, Baeza, pax. 149-162; Balboa López, Xesús L., 1999: "El fuego en la historia de los montes gallegos: de las rozas al incendio forestal", en Eduardo Araqué Jiménz, Incendios históricos. Una aproximación multidisciplinar, Universidad Internacional de Andalucía, Baeza, pax. 255-277. 499 Por exemplo: Álvarez Sousa, Os incendios... op cit pax. 75-113 e Fernández Leiceaga, Economía... op cit pax. 108. 500 CESIN,Eexpansión forestal... op cit pax. 109. 501 Guitián, “Los incendios forestales...” op cit pax.158.

302

preocupación constante dos enxeñeiros por este problema Así o recoñece a ponencia forestal do Consejo Económico Sindical cando afirma:

"...aquellas zonas, repobladas en las comarcas menos húmedas de Galicia, rodeadas de zonas de pastos de matorral, son repoblaciones destinadas a perecer en plazo más o menos largo. Y ello se agrava a veces porque el vecindario, resentido razonablemente porque se considera dueño del monte, aunque no pueda en ocasiones demostrarlo documentalmente, se encuentra en ocasiones desvinculado de una obra que no solo se ha hecho sin él sinó que duda mucho se haya hecho para él."502

Máis adiante abunda o texto na mesma idea:

"Si por el contrario los vecinos habían perdido sus documentos o el pleito, la cerilla, en función innoble, y en manos más innobles todavía, (que de todo hai en las familias nobles) se convertía en la expresión más patente de su resentimiento."503

En calquera caso non pode afirmarse que a causa principal dos incendios

forestais en montes veciñais fora a man dos veciños. Deixando de lado os incendios expontáneos, os intereses das industrias transformadoras tiveron para algúns autores unha importancia clave na proliferación dos incendios na década dos setenta 504. Pese a todo o incendio como protesta tivo incidencia e foi importante tendo en conta que pesou e moito nos enxeñeiros do Patrimonio á hora de promover medidas lexislativas para recoñecer a propiedade veciñal. Igualmente é relevante a consideración de que o non ter beneficios da madeira os veciños non se ían preocupar de tarefas de extinción, aínda nos casos onde non era provocado por eles.

Os enxeñeiros acaban sendo plenamente conscientes de que a repoboación sen o

concurso ou, cando menos, o consentimento dos veciños non ten futuro. Esto é recoñecido por un grupo de traballo conxunto dos ministerios de Gobernación e Agricultura en 1965.

"La transformación que se está operando en el campo impondrá a menudo que tales bienes, [montes vecinais] consuetudinariamente aprovechados de modo comunal por un grupo vecinal determinado, generalmente para pastos del ganado, cambién de forma de aprovechamiento al realizarse plantaciones para el aprovechamiento industrial de los productos. Y entonces es de razón reconocer a los integrantes de este grupo vecinal una participación en los rendimientos, no ya para indemnizarles de lo que pierden, sinó para conseguir otras finalidades más elevadas, tales como la fijación de la población rural, contrarrestando el éxodo de los campesinos al procurarles unos ingresos personales y unos mejores servicios públicos en la localidad,

502 Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Ponencia V, expansión forestal... op cit pax. 74. 503 ibid pax.77. 504 A madeira queimada tiña un precio menor pero servía igual que a non queimada para muitas industrias de transformación, espacialmente as celulósicas, pero non só. Rico Boquete, 1999.

303

interés por las plantaciones, evitando incendios, cortas fraudulentas y otros aprovechamientos indebidos."505

Máis estes últimos textos proceden dunha etapa diferente na que os servicios forestais recoñeceran a imposibilidade de actuar sobre o monte sen o concurso das comunidades. Ata os anos sesenta o instrumento fundamental foi a coerción.

505 Grupo de trabajo para el estudio de los problemas relacionados con la mejor explotación de los montes comunales, 1965, Arquivo do Icona, Serie MVMC, IC-96.

304

305

III.4. O PRIMEIRO FRANQUISMO E A RUPTURA DA LÓXICA DO SISTEMA AGRARIO. Dende a perspectiva productiva, o primeiro franquismo supuxo para Galicia algo máis que unha conxuntura negativa. Temos definido nestas páxinas este etapa como de colapso do sistema agrario. Nas súas análises sobre a estructura agraria de Galicia no período 1929-59 Xosé Manuel Beiras definiu as características dunha agricultura atrasada e precapitalista a partir das series estatísticas sobre cultivos e rendementos. Na perspectiva dinámica adoptada nesta investigación o primeiro franquismo significa a ruptura dos procesos de transformación que, baseados nunha intensificación dos usos da terra, rastrexamos cando menos dende mediados do século XVIII e aceléranse despois da crise agraria finisecular. Aínda que as fontes estatísticas do período 1939-1963 son dunha fiabilidade moi baixa, pese a súa abundancia, puidemos detectar certas constantes para o período. Dende a perspectiva da producción, a partir da evolución dos cultivos e dos rendementos dos productos máis dinámicos, atopamos unha situación de estancamento que abarca todo o período. O mesmo sucede coa productividade da terra. Unha evolución similar para as produccións gandeiras, con todas as reservas polos problemas específicos das fontes de este sector, xunto co incremento da poboación activa agraria, permítenos defender un descenso na productividade do traballo ata 1960. A non variación nas estructuras agrarias, nin propiedade, nin no número das explotacións, deliñan unha clara caída nos niveis de vida nas explotacións familiares para o primeiro franquismo. A recuperación dos anos cincuenta, que en diversas investigacións se ten sinalado para o conxunto de España, non parece ter afectado da mesma forma á agricultura galega. Só se pode constatar un cambio de tendencia cara finais da década e, nas escasas variables onde a recuperación se aprecia en 1950, caso dos rendementos, pódese atribuír a cambios na metodoloxía estatística máis que a unha recuperación real. A influencia da Guerra Civil neste colapso productivo non pode ser absoluto. Sen negar os efectos da guerra nalgúns sectores, especificamente a gandería, non permite explicar nin a magnitude nin a duración da crise. A ruptura do modelo de cambio técnico definido para o primeiro tercio é un elemnto central da explicación. Nesa ruptura inciden especialmente dous factores de carácter político: a parálise e reestructuración do entramado institucional da innovación, e a desarticulación e represión do asociacionismo agrario do primeiro tercio de século. Un último aspecto referido ás políticas agrarias impulsadas dende o réxime, e máis especificamente as políticas impulsadas con éxito, a repoboación forestal e a concentración parcelaria, explica o cambio de rumbo do sector agrario.506 A maraña regulamentista con organismos como o SNT ou a CGAT, e a política económica referida aos intercambios co exterior foron esenciais nos problemas da agricultura. A ruptura do entramado da innovación ten sido estudiada por diversas investigacións nos últimos anos. É unha ruptura máis que de persoas, de concepcións e de esforzo inversor do Estado. A preeminencia do socialcatolicismo entre os técnicos galegos fixo que o nivel de depuración fose menor que no resto de España. Sen

506 Aínda que en termos cuantitativos a concentración acada importancia nos anos sesenta. Sobre as orixes concepcións e logros da primeira concentración, Francisco González vázquez, Os começos da política... op cit.

306

embargo algúns individuos especialmente destacados na investigación e difusión do cambio técnico no primeiro tercio como Rof Codina e, sobre todo, Cruz Gallástegui, si tiveron moitos problemas e viron grandemente diminuída a súa capacidade de intervención na sociedade. Un exemplo axeitado é o caso da Misión Biolóxica de Gallástegui e do Sindicato de Productores de Semillas. A Misión ve diminuída considerablemente a súa producción científica e a súa capacidade de incidencia na sociedade. A vinculación do Sindicato coa Hermandad de Labradores de Pontevedra primeiro e a súa desaparición en 1945 privara a Gallástegui do principal instrumento deseñado para difundir a labor da Misión na sociedade rural. O novo entramado deseñado polo réxime non vai ser capaz tampouco de recuperar o nivel de preguerra. O Plan Agrícola, case exclusivamente centrado nas melloras gandeiras fracasará ata a posta en marcha da inseminación artificial na segunda metade da década dos cincuenta. Nin na fertilización química nin nas melloras de sementes se acadarán tampouco os niveis de preguerra.507 No que se refire ao asociacionismo campesiño a investigación centrarase ata hai non moito no proceso de represión e desarticulación do agrarismo de preguerra.508 Nos últimos anos comezouse a investigar sen embargo a creación das Hermandades de Labradores e a súa actuación no mundo rural. Aínda que esta é unha temática en proceso de construcción historiográfica podemos indicar algunhas das súas características.509 As hermandades foron esencialmente un instrumento máis da política intervencionista do réxime, pero en ningún momento chegaron a ter a incidencia na sociedade rural do movemento agrarista. Do seu papel no marco da política intervencionista da conta Anxo Collarte para o rural ourensán ao indicar que entre as funcións das irmandades estaba a de impoñer a data da colleita, impoñendo multas cando se realizaba antes do marcado.510 Para ofrecer unha primeira imaxe da incapacidade das Hermandades para substituír o traballo do sindicalismo agrarista recollemos os datos dunha memoria de 1961 destinada a dar conta das actividades das Hermandades dende a súa creación.511 O feito de tratarse dun texto propagandístico non induce a pensar que os datos están subestimados.

507 Seguimos aquí as investigacións de Miguel Cabo e Antonio Bernárdez, “Ciencia y dictadura...” op cit. Tamén Antonio Bernárdez, Planificación agraria...op cit e Miguel Cabo, A estación de fitopatoloxía agrícola da Coruña (1926-1951), Xunta de Galicia, Santiago, 1999. 508 Lourenzo Fernández Prieto, “Represión franquista y desarticulación social en Galicia. La desarticulación de la organización societaria campesina. 1936-1942”, Historia Social, 15, 1993, pp. 49-65. 509 Miguel Cabo, A integración política... op cit pax. 383 e ss. Aurora Artiaga, “Unha radiografía da posguerra...” op cit. Na actualidade se están a realizar varias teses doutorais sobre o tema no Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, En concreto as de Ana Cabana, Daniel Lanero e Anxo Collarte. 510 Apuntamentos para o estudio do sindicalismo corporativo franquista no rural ourensán: O arquivo da cámara agraria de Toén, Traballo de investigación de terceiro ciclo, Departamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de Santiago de Compostela, 2002. 511 Agradezo a Daniel Lanero que me proporcionase esta información.

307

Cadro 59 Adegas construídas polas hermandades Nº Hermandades Nº de Adegas Producción Hl. Beneficiarios Galicia 1 1 14000 260 España 260 277 3543671 52334 % G/E 0,4 0,4 0,4 0,5 Fonte: Junta nacional de Hermandades, Memoria extraordinaria de realizaciónes y actuación del sindicalismo agrario, Madrid, 1961, Arquivo da Cámara Agraria provincial de Pontevedra, Caixa 136. Os datos sobre construcción de adegas e regadíos (cadros 59 e 60), mostran a exigüidade da labor das hermandades ao longo do primeiro franquismo, e aínda máis en Galicia que no conxunto do Estado. Máis significativo resulta o dato da maquinaria en propiedade das hermandades, que era utilizada polos socios. Precisamente esta era unha tarefa especialmente importante no sindicalismo de preguerra. Os datos do cadro 61, poñen de manifesto que a incidencia das hermandades neste aspecto foi nula, tanto en comparación co período de preguerra como co conxunto do Estado. Cadro 60 Regadíos construídos polas hermandades Nº Hermandades Has. Galicia 22 2443 España 654 101169 % G/E 3,4 2,4 Fonte: Junta nacional de Hermandades, Memoria extraordinaria de realizaciónes y actuación del sindicalismo agrario, Madrid, 1961, Arquivo da Cámara Agraria provincial de Pontevedra, Caixa 136. Cadro 61 Maquinaria en posesión das hermandades. Galicia España % G/E Tractores 12 567 2,1 Remolques 1 105 1,0 Arados 36 592 6,1 Trilladoras 6 667 0,9 Seleccionadoras 1 645 0,2 Sulfatadoras 149 582 25,6 Pulverizadoras 54 649 8,3 Fumigadoras 0 74 0 Motores 4 111 3,6 Aventadoras 0 125 0 Sementadoras 18 257 7,0 Segadoras 0 153 0 Muíños 1 22 4,5 Empacadoras 0 58 0 Cultivadoras 14 240 5,8 Vehículos 0 27 0 Carros 1 53 1,9 Fonte: Junta nacional de Hermandades, Memoria extraordinaria de realizaciónes y actuación del sindicalismo agrario, Madrid, 1961, Arquivo da Cámara Agraria provincial de Pontevedra, Caixa 136. O aspecto fundamental, en definitiva, que explica a parálise do sector agrario nestes anos é a ruptura coas concepcións que sobre a pequena explotación xurdiron tras

308

a crise agraria e vehicularon a acción da publicística e os técnicos no primeiro tercio do século XX. Fronte á actuacións que buscaban potenciar as condicións da pequena explotación para a intensificación dos usos do solo e que foron esenciais no primeiro tercio, no primeiro franquismo a concepción dominante voltará a ser a da incapacidade modernizadora da pequena explotación e a falta de racionalidade do parcelamento o que explica que a única política de estructuras aplicada polo franquismo fora a concentración parcelaria.512

512 González vazquez, Os começos... op cit pax. 58 e ss.

309

CAPÍTULO IV

A REVOLUCIÓN VERDE (1960-1986):

A desarticulación do sistema agrario, os límites e as consecuencias espaciais da modernización

310

311

IV.1- A REVOLUCIÓN VERDE NO AGRO.CARACTERIZACIÓN XERAL. Se nos capítulos anteriores introducíamos dúbidas, ou cando menos matizacións ao carácter revolucionario das transformacións productivas do século XIX e do período posterior á crise agraria finisecular non podemos dicir o mesmo cos cambio introducidos pola Revolución Verde. A faciana do mundo rural mudou rápida e substancialmente nos cincuenta anos posteriores á II Guerra Mundial. En termos económicos significou un ritmo de crecemento en termos de productividade descoñecido ata entón, vinculado a un descenso rápido da poboación ocupada na agricultura e a transformacións técnicas cualitativa e cuantitativamente de moito máis impacto que no período precedente. O incremento da productividade do traballo será o eixo que guíe a política agraria e a dinámica do cambio técnico. Así, de acordo con Bairoch, a productividade do traballo nos países occidentais multiplicouse por 7,5 entre 1945 e 1985513. Os cambios técnicos da Revolución Verde son algo máis que a continuación do proceso derivado da crise finisecular. É o momento da extensión da motorización (termo máis axeitado que o de mecanización que se refire a un proceso cualitativamente diferente) coa introducción de motores de explosión ou eléctricos, da gran mecanización, da aplicación masiva da química a través dos adubos minerais. Tamén nesta etapa adquire cada vez máis relevancia a revolución biolóxica e máis tarde xenética no tratamento e mellora de plantas e animais. O abanico de posibilidades do cambio técnico levou á extensión da especialización rexional na producción de determinados productos. Por outra parte non está demais recordar de entrada que parte do protagonismo das transformacións técnicas non está en exclusiva na gran propiedade, senón en

explotacións de reducidas dimensións que conseguiron redimensionarse e converterse en explotacións altamente capitalizadas514. Dende a perspectiva medioambiental a significación do impacto da Revolución Verde radica, como xa foi indicado repetidas veces ao longo de este traballo, en que é o momento no que se produce a substitución dunha agricultura sustentada na enerxía solar por outra sustentada no uso masivo de enerxías fósiles. A utilidade da perspectiva medioambiental no estudios das transformacións agrarias da segunda metade do século XX non radica unicamente na avaliación dos seus custes ecolóxicos, sendo esta unha parte importante do problema en tanto que pon en cuestión a evolución unilineal e a bondade do crecemento515. De máis interese é que ofrece un marco diferente para entender as transformacións nas relacións entre agricultura e natureza, das que a Revolución Verde é o exemplo máis claro. Para o caso español, sinala González de Molina, que o primeiro autor que senta as bases para unha reinterpretación ecolóxica da modernización agraria e José Manuel Naredo no seu coñecido traballo sobre a evolución da agricultura española entre os anos corenta e setenta. Neste traballo o autor facía unha análise da crise da agricultura 513 “Les trois revolutions...”, op cit pax.342. 514 Mazoyer e Roudart, História das agriculturas... op cit pax.365 e ss. 515 Unha análise xeral do impacto medioambiental da agricultura actual en Kenneth R. Farrel e Susan M. Capello, “Recursos naturales y dimensiones de los efectos del desarrollo agrario sobre el medio ambiente”, Revista de Estudios Agrosociales, 137, 1986, pax.49-64. Para o caso español José Manuel Naredo, “La modernización de la agricultura española y sus repercusiones ecológicas”, en Manuel González de Molina e Joan Martínez Alier (Eds.) Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, madrid, 2001, pax. 55-86.

312

tradicional, entendida como a xurdida da desamortización e demais reformas liberais, e das transformacións vinculadas á mecanización e a transformacións estructurais como concentración de explotacións. Na análise de Naredo son as explotacións dunha dimensión elevada (maiores de 100) hectáreas, as que protagonizaron o proceso de mecanización, é dicir que as economías de escala condicionaron o alcance do proceso. Aínda as reticencias cara o concepto de agricultura tradicional que non permite entender os cambios producidos antes dos anos cincuenta, a análise de Naredo sinalaba dúas características centrais na teoría medioambiental posterior: o carácter orgánico das actividades productivas e o protagonismo da pequena explotación no seu funcionamento. Discrepamos tamén co carácter de protagonista exclusivo da gran explotación no proceso, idea que retomaremos máis adiante, pero indudablemente as teses de Naredo poñen as bases para unha reinterpretación en clave ecolóxica do proceso de modernización516. A substitución da enerxía solar pola fósil non só se produce pola aplicación masiva dos cambios técnicos descritos, é dicir, pola compra masiva de inputs de fora do sector agrario. Tamén se realiza na vinculación completa do proceso de producción agrario coa agroindustria. No caso da agricultura española Abad e Naredo sinalan que a importancia relativa dos productos agrarios chegados sen transformación ao consumo final reduciuse nun 60% entre 1960 e 1990. A comezos dos 90 a industria alimentaria adquire máis da metade da producción agraria para a súa transformación. En termos de consumo a comezos dos sesenta o 45% do presuposto alimentario familiar correspondía a productos esencialmente agrarios mentres que en 1990 era o 15%517. Estas características da Revolución Verde son claves na reinterpretación ecolóxica do proceso de introducción do capitalismo no agro. É o proceso de mercantilización e non a explotación do traballo asalariado nin o tamaño das explotacións os que permiten entender este proceso. Nun grao de dependencia progresiva co mercado primeiro se mercantiliza o producto agrario, proceso vinculado á especialización da producción e aos incrementos da productividade da terra, despois os factores de producción (a compra masiva de inputs de fora do sector) e despois a reproducción completa do ciclo productivo518. Aínda que a mercantilización dos factores de producción comeza despois da crise finisecular, en termos de transformación do sistema enerxético as dúas últimas fases están vinculadas á Revolución Verde. En calquera caso non é suficiente con analizar o proceso de mercantilización. A forma concreta que adopta a introducción das transformacións da Revolución Verde é fundamental no que se refire ao impacto sobre a pequena explotación familiar e sobre as relacións entre agricultura e medio ambiente. A principal aportación da historia medioambiental é que racha coa visión unilineal do desenvolvemento económico e calquera outra opción significaría caer de novo no determinismo.

516 José Manuel Naredo, La evolución de la agricultura en España (1940-1990), Universidade de Granada, Granada, 1996. Seguimos en gran medida a caracterización que fai Manuel González de Molina na introducción á esta edición da obra de Naredo. 517 Carlos Abade José Manuel Naredo, “Sobre la <<modernización>> de la agricultura española (1940-1995: De la agricultura tradicional hacia la capitalización agraria y la dependencia asistencial”, en Cristóbal Gómez Benito e Juan Jesús González Rodríguez, (Eds.) Agricultura y sociedad en la España contemporánea, CIS/MAPA, Madrid, 1997, pax. 258-259. 518 Manuel González de Molina, “Introducción”, en José Manuel Naredo, La evolución de la agricultura..., op cit pax. 53.

313

No marco da reinterpretación que propomos estas consideracións sobre o carácter da introducción da Revolución Verde en permítennos entrar en debate coa primeira análise da modernización agraria en Galicia nas décadas dos sesenta e setenta, a de Colino e Pérez Touriño. Dende o marco conceptual do estructuralismo marxista estes autores estudian precisamente o proceso de mercantilización da agricultura galega. A partir do estudio da especialización gandeira e do aumento da dependencia de inputs de fora do sector defenden, en contraposición cos traballos de Beiras e a súa escola, a completa integración da agricultura galega no capitalismo das dúas décadas analizadas. Estes traballos sitúanse historicamente no proceso de negociación da integración española na CEE ofrecendo un balance positivo, aínda que con matices, das posibilidades da gandería galega no marco comunitario519. O traballo de Colino e Touriño supón ao noso entender unha interpretación fallida do proceso de introducción da Revolución Verde en Galicia. O primeiro elemento da crítica fai referencia á caracterización do proceso de mercantilización. A súa análise parte da crítica da conceptualización de Beiras da agricultura campesiña galega como unha agricultura de subsistencia, que produce para a casa. Esta interpretación de Beiras é contradictoria con outra das súas afirmacións na que sinala que toda a explotación está orientada cara a gandería e a obtención de productos derivados para máis adiante afirmar que “e gando o que o mercado produce para vender”520. Non queda nada claro por tanto, e a crítica de Colino e Touriño é atinada, se estamos falando dunha agricultura de subsistencia ou orientada ao mercado. Sen embargo na súa descrición do proceso de transformación o momento no que a mercantilización da producción se converte en prioritario para as explotacións campesiñas coincide coas outras dúas fases citadas, a dependencia de inputs de fora do sector e a vinculación coas industrias agroalimentarias. No período anterior a pequena explotación campesiña leva “ó mercado soamente eventuais excedentes productivos cos que cubri-las necesidades de productos extraagrícolas”521. As explotacións familiares galegas serían para eles, antes das transformacións que analizan, esencialmente autárquicas. Os datos analizados ao longo desta investigación contradín esta interpretación. A dinámica de integración mercantil da pequena explotación preside o modelo de desenvolvemento analizado para cando menos o período 1850-1936 co comezo da exportación de reses a Inglaterra. De acordo con Rafael Domínguez Martín aínda antes é visible este proceso. Segundo os datos aportados por este autor a mercantilización crecente é o rasgo unificador das agriculturas da España atlántica e o autoconsumo un elemento secundario522. A agricultura galega que se enfronta dende comezos da década dos 60 non é unha agricultura de subsistencia con rasgos recentes de integración mercantil. É máis ben unha agricultura en crise productiva derivada da aniquilación do modelo endóxeno de transformacións descrito para o primeiro tercio do século XX. Esta

519 Colino e Pérez Touriño, Economía campesiña... op cit. Emilio Pérez Touriño, Agricultura y capitalismo, análisis de la pequeña explotación campesina, MAPA, Madrid, 1983, José Colino, La integración de la agricultura gallega en el capitalismo. El horizonte de la CEE, MAPA, Madrid, 1984. Dúas análises micro, unha dende a antropoloxía e outra dende a historia, da especialización son, Iturra, Raul, Antropología económica de la Galicia rural, Xunta de Galicia, Santiago, 1988. Cardesín, José María: Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega (S. XVIII-XX): Muerte de unos, vida de otros. MAPA, Madrid, 1992. 520 Beiras, El problema... op cit pax. 68. 521 Economía campesiña... op cit pax. 103. 522 “Autoconsumo, mercantilización...” op cit.

314

situación terá consecuencias na forma concreta que adoptará a Revolución Verde. De acordo co analizado no capítulo III, a agricultura galega a comezos da década dos sesenta sufrira un estancamento na evolución da productividade da terra, variable fundamental que permite explicar as transformacións anteriores, e un descenso acusado da productividade do traballo, tanto en termos absolutos como na súa relación coa media española, o que a situaba en claras condicións de inferioridade respecto á outras agriculturas peninsulares no proceso de modernización. O outro elemento de crítica con respecto ás teses de Colino e Touriño fai referencia ao aparato empírico escollido e ás transformacións que reciben atención preferente. No contexto da realización da súa investigación, por contraste co traballo previo de Beiras, Colino e Touriño estaban especialmente interesados en destacar os rasgos que situaban á agricultura galega no marco da agricultura moderna. Sen embargo parte de esa evolución queda sobredimensionada polo feito de que a evolución agraria en termos monetarios esté expresada en pesetas correntes e non deflactada cos conseguintes índices de prezos, o que devalua en parte a capacidade explicativa das cifras. Por outra banda, e máis importante, a análise céntrase no sector gandeiro exclusivamente. Seguindo a lóxica do traballo de Beiras o gando é o que o labrego produce para vende,r e a especialización da agricultura neste sector é paradigmático da súa modernización. Sen negar que a gandería é o elemento fundamental das transformacións agrarias en Galicia, tanto nesta etapa como no pasado, hai outras produccións que se mercantilizaban e que tiveron un papel fundamental na elevación da producción por unidade de superficie no período posterior á crise finisecular, en concreto a pataca e o viñedo, pero tamén incipientemente as hortas. Parte de esta evolución positiva racha no primeiro franquismo, aínda que igual sucede coa gandería, co que se atopan a comezos dos sesenta en malas condicións productivas. Sen embargo non se fai referencia no seu traballo a estas produccións e a súa evolución o que sería de crucial importancia para entender o carácter restrinxido da modernización. Non todas as zonas de Galicia tiñan as mesmas condicións naturais nin estructurais para o desenvolvemento da gandería e si o tiñan para a producción de cultivos intensivos no uso da terra. Da mesma forma o incremento de inputs de fora do sector é para Colino e Touriño indicativo do intenso grao de mercantilización, pero o enorme volume que adquiren eses inputs tamén suxiren un uso ineficiente dos propios recursos do sistema agrario, así como acentúan o carácter restrinxido do proceso de modernización. A investigación de Edelmiro López Iglesias afonda na análise do carácter restrinxido do proceso de transformación dende os anos sesenta. A súa tese doutoral abarcaba tanto o estudio da dinámica demográfica como da evolución das estructuras agrarias e os obstáculos que impediron a concentración de explotacións. Para López Iglesias a pervivencia da pequena explotación é a causa de que a renda bruta por explotación sexa notablemente inferior á media comunitaria. Así, mentres a marxe bruta/ Hectárea de SAU rexistraba en 1987 un valor similar á media comunitaria a relación marxe bruta/ explotación era tan só o 27,2% da CEE-12, sendo tamén a renda por ocupado notablemente máis baixa. É a reducida dimensión da SAU/explotación (3,12 has fronte a 13,35 na CEE) a principal responsable de esa situación Na súa investigación analízase a dinámica demográfica chegando á conclusión de que, se ben a reducción do número de activos e tardía respecto á maioría dos países occidentais e partindo ademais dun porcentaxe de ocupados na agricultura elevado, o acelerado ritmo

315

de diminución compensou en certa forma esta situación. Sen embargo esta evolución non se compensou con un ritmo similar no abandono das explotacións. Así no período 1960-89 se o número de activos agrarios diminuíu un 62% o número de explotación só o fixo nun 18 %. Así mesmo constata unha escasa mobilidade das terras que efectivamente foron liberadas523. A investigación indica como punto de partida unha afirmación de crucial importancia para entender as consecuencias das transformacións operadas na agricultura galega entre os anos sesenta e a integración na CEE, a inferioridade relativa de Galicia tanto na productividade do traballo como na renda por activo. Diversos traballos confirman, non so o baixo nivel da productividade do traballo en relación á media española e comunitaria entre mediados dos anos setenta e a actualidade524. Sen embargo coidamos que a vinculación directa entre baixa productividade do traballo e mantemento da pequena explotación é matizable. Non son discutibles as consecuencias productivas derivadas da extensión da agricultura a tempo parcial nin sobre todo do mantemento na actividade agraria de agricultores por riba dos 65 anos que constata na súa investigación. Tampouco é discutible que o escaso redimensionamento das explotacións no período 1962-89 sexa un factor capital na perda de peso relativo na productividade do traballo. Aínda así hai outros factores que inciden neste fenómeno, en concreto a evolución dos usos da terra e sobre todo da SAU ( o que si é investigado por este autor noutra parte da súa investigación) e o baixo nivel de crecemento da productividade da terra, variable tamén clave e esquecida nas análises adicadas a este período525. A relación marxe bruta/hectárea de SAU anteriormente sinalada que mostra unha relación equiparable coa media comunitaria é unha das poucas informacións sobre a productividade da terra publicada na literatura galega sobre o período. Máis adiante analizaremos as posibles estimacións da productividade da terra para o período 1960-65 pero a cifra referida sen embargo é ben significativa das dificultades ao respecto. Nunha agricultura de explotacións de tamaño reducido, as posibilidades de manter unha evolución favorable da productividade do traballo, pasa ou ben polo redimensionamento do tamaño das explotacións, cousa que non sucedeu, ou polo incremento da productividade da terra o que depende tanto das condicións naturais como da aplicación das tecnoloxías da Revolución Verde. En términos económicos e dende a perspectiva de Ruttan e Hayami os cambios técnicos resumidos ao comezo de este apartado implican a aplicación masiva de capital en substitución de terra, alí onde hai unha oferta inelástica do factor (Xapón e Taiwan), ou de traballo onde a oferta ineléstica é de ese factor (EEUU)526. Anteriormente sinalamos as deficiencias do modelo de cambio técnico proposto por Ruttan e Hayami, pero neste caso a afirmación serve para ilustrar que, se ben a Revolución Verde implica tamén na maioría dos países occidentais un cambio estructural no tamaño das explotacións, esto non é un proceso absoluto, senón unha consecuencia das política agrarias aplicadas e da capacidade tanto medioambiental como técnica da pequena explotación para incrementar a producción por unidade de 523 Edelmiro López Iglesias, Mobilidad de la tierra y dinámica de las estructuras agrarias en Galicia, MAPA, Madrid, 1996, pax. 15-16, 46-50 e 424-489. Tamén Demografia e estruturas... op cit vols 1 e 2 para unha análise máis completa da evolución da poboación activa e das estructuras agrarias. 524 Vease Idega, A Economía galega, Informe 1990-91 e 1993-94, Fundación Caixa Galicia, Santiago, 1992 e 1995. 525 A evolución dos usos da terra a partir dos censos agrarios de 1962 e 1989 en Demografía e estruturas... op cit vol ii, pax. 1173 e ss. 526 “El cambio técnico inducido...” op cit pax. 20.

316

superficie. De acordo co dato reseñado a agricultura galega non aproveitou esa vantaxe comparativa con outras agriculturas peninsulares e europeas estando na actualidade nunha relación similar de producto por hectárea que a media comunitaria. Se ben a revolución Verde implica a realización de economías de escala, é dicir reducir o custo unitario de producción esta é unha afirmación matizable. Seguindo neste punto a Fernando Oliveira Baptista as economías de escala teñen incidencia na agricultura familiar só a partir da motomecanización, e especialmente a partir da difusión do tractor ( en España e Portugal anos 60). Sen embargo na producción de leite e na hortofruticultura o proceso é máis lento e menos determinante.En calquera caso introduce matizacións de importancia para considerar a cuestión das economías de escala a partir da Revolución Verde. En primeiro lugar e respecto a motomecanización está a miniaturización que permitiu a aplicación destas tecnoloxías a explotacións de dimensión reducida. En segundo lugar está a cuestión de que a dificultade das pequenas explotacións para facer rentables as máquinas pode superarse pola subcontratación das mesmas. Por último, e o máis importante, están as melloras que non dependen de economías de escala do tipo dos adubos, fitopatoloxía, melloras de alimentación e saúde das plantas e melloras xenéticas nas plantas e animais (calcúlase que a xenética é a responsable da metade dos avances en productividade do traballo). En definitiva, que melloras asociadas a unha maior producción por hectárea máis que a unha mellora reducida a empregar menos brazos poden, incluso no tempo da Revolución Verde ir asociadas á pequena explotación familiar527. En definitiva a pequena explotación nin ten firmada a súa acta de defunción histórica coa Revolución Verde nin é necesariamente máis ineficiente en termos económicos (min por suposto en termos ecolóxicos) que a gran explotación. En Galicia as posibilidades endóxenas para un desenvolvemento diferente ao que se deu entre 1960 e 1985 quedaron en boa medida truncadas pola evolución productiva do primeiro franquismo, pero non todo o sucedido se explica neses termos. Analizar a evolución productiva do período 1962-85 e as súas consecuencias medioambientais e sociais será o obxectivo dos apartados seguintes.

527 Fernando Oliveira Baptista: Agriculturas e Territórios, Celta, Oeiras, 2001, pax. 83-87. Tamén as reflexións ao respecto de Mazoyer e Roudart con máis argumentos a favor do funcionamento das economías de escala na Revolución Verde, Historia das agriculturas, op cit pax.407 e ss.

317

IV.2. ESPECIALIZACIÓN GANDEIRA E DEPENDENCIA PRODUCTIVA. A EVOLUCIÓN DA PRODUCCIÓN E AS MACROMAGNITUDES 1958-85. IV.2.1. As cifras do Banco de Bilbao e do Ministerio de Agricultura. Comparación entre as dúas fontes. A información estatística para a análise da evolución productiva da agricultura española no período posterior a 1960 é considerablemente máis voluminosa que para as etapas anteriores, pero iso non garante que as variables escollidas sexan as mellores nin a súa fiabilidade que ten sido obxecto de fortes crítica528s. A información fundamental que empregaremos neste apartado é a referida á contabilidade da agricultura. As variables ás que fai referencia esta contabilidade son as seguintes529: -Producción total agraria. Fai referencia ao conxunto da producción dos tres sectores agrícola, gandeiro e forestal. -Reemprego. Defínese como a parte da producción total que non abandona o sector agrario provincial (grans para sementes, grans facilitados directamente á cabana gandeira, pradeiras, etc.). Non é un análogo do autoconsumo, xa que transferencias entre o sector agrario dunha mesma provincia van incluídas, e os productos agrarios consumidos na explotación van englobados na Producción Final Agraria. -Producción Final Agraria (PFA). Producción total menos reemprego, ou sexa bens que abandonan o sector agrario provincia, desagregados en Producción Final Agrícola (PFAg), Producción Final gandeira (PFG) e en producción Final Forestal (PFF). -Gastos de fora do sector. Gastos en medios de producción correntes realizados fora do sector agrario provincial. Non inclúen nin equipamento nin as melloras. -Valor Engadido Bruto a prezos de mercado (VEBpm), PFA menos Gastos de fora do sector -Subvencións. As que se conceden para o fomento da producción corrente, é dicir do ano. -Valor Engadido Bruto ao custe dos factores (VEBcf). VEBpm-impuestos indirectos + subvencións. -Amortizacións. Avaliación das amortizacións da maquinaria. -Valor Engadido Neto ao custe dos factores (VENcf ou renda). VEBcf menos amortizacións. Como se pode observar as variables sobre as que hai información son moitas máis que para etapas anteriores. Sen embargo a calidade de estas variables non é nin segura nin homoxénea. Naredo na crítica citada sinala que o caso do reemprego, gastos de fora do sector e amortizacións son estimacións incompletas que non recollen toda a información necesaria, ademais de que a metodoloxía non está explicitada como tampouco o estaba nas estatísticas agrícolas da etapa 1950-1963. Por outra banda unha variable fundamental para entender a evolución en termos físicos da producción, a producción total bruta, só non se desagrega nos apartados agrícola, gandeiro e forestal o que sería de desexar para o cálculo da productividade da terra.

528 Carlos Barciela, “El sector agrario...”, op cit. José Manuel Naredo, “Reflexiones con vista a una mejora de las estadísticas agrarias”, Agricultura y Sociedad”, 29, 1983. 529 Adaptamos as definicións das Cuentas del Sector Agrario del MAPA de 1972.

318

En calquera caso o problema fundamental e que a bondade das estimacións depende da propia bondade das cifras de producción agraria en termos físicos. A este respecto pódese indicar que as estatísticas de producción non teñen a mesma fiabilidade en todos os sectores. Dos problemas das estatísticas agrícolas xa falamos extensamente no capítulo anterior e non parece que melloraran substancialmente. Outro caso e o das produccións gandeiras. Como indicábamos no capítulo 3 as estatísticas de sacrificio melloraron substancialmente a súa asignación provincial pola maior porcentaxe de sacrificios realizados na propia provincia a finais da década dos cincuenta. Tamén parece que as estatísticas de leite son máis fiables, especialmente para a PFA tendo en conta que os maiores problemas das estimacións radican no leite consumido polas crías que non integra a PFA. Respecto as estatísticas forestais xa falamos antes da súa ínfima fiabilidade. Tendo en conta que non se indica nas publicacións das macromagnitudes si se fixo algún tipo de estimación da participación non incluída que, como vimos no apartado adicado ás estatísticas do monte no capítulo III, supuña unha porcentaxe significativa da producción, temos que pensar que as macromagnitudes agrarias están infravalorando a participación do sector forestal.

Gráfico 1

Galicia PFAMillóns de pts de 1976

0100002000030000400005000060000700008000090000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

MAPA BBVA

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). BBVA, José Colino, La integración de la agricultura... op cit. Deflactados co índice de prezos percibidos a PFAg co índice de prezos agrícolas, a PFG co índice de prezos gandeiros e a PFF co índice xeral (AEA, 1975,76, 77 e 78). Respecto ás fontes concretas das macromagnitudes agrarias dispoñemos de dúas estimacións distintas, as realizadas bianualmente polo Banco de Bilbao dende 1955 e as Cuentas del Sector Agrario publicadas polo Ministerio de Agricultura en 1972 e anualmente dende 1976 (a nivel provincial xa que a nivel estatal están publicadas dende 1950). O problema das estatísticas do Banco de Bilbao é que teñen bastantes problemas nas estimacións530. Especificamente as cifras que ofrecen maior diverxencia coas cifras do Ministerio de Agricultura son as da PFF (o que non introduce moitos problemas no monto da PFA dado o escaso peso porcentual do sector) pero sobre todo na estimacións dos gastos de fora do sector problema xa sinalado por Colino no seu traballo do ano 83531. Parece que neste caso as estimacións do Ministerio son máis axustadas tendo en

530 Xaquín fernández Leiceaga e Edelmiro López Iglesias, Estrutura económica de Galicia, Laiovento, Santiago, 2000. 531 La integración de la agricultura... op cit pax. 68.

319

conta ademais que despois de 1976 o Banco de Bilbao ofrece unha evolución máis matizada. Polo tanto parece que, dentro dos problemas citados máis arriba, as cifras do Ministerio ofrecen máis garantías. Para avaliar o proceso de transformación da agricultura galega dende os anos sesenta contamos con unha fonte comparable. As macromagnitudes agrarias por rexións publicadas na publicación do Ministerio Información Estadística y Económica para os anos 1958-1965, é dicir o momento previo ás transformacións que nos interesa describir e coa vantaxe que permite analizar a prolongación en Galicia das tendencias de finais dos cincuenta. O principal problema de estas cifras é que non ofrecen a producción bruta nin o reemprego, e que só ofrecen datos das amortizacións dende 1983. Para facer homoxéneas as cifras eliminamos da PFA e do resto das contas a partida de Outras Produccións da PFA que recolle as melloras efectuadas polos agricultores nas explotacións con medios propios e que só se publican dende 1976. Nos gráficos 1 e 2 recollemos a comparación entre as cifras do banco de Bilbao e do Ministerio da PFA e dos gastos de fora do sector respectivamente.

Gráfico 2

Galicia Gastos de Fora do sectorMillóns de pts de 1976

05000

10000150002000025000300003500040000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

MAPA BBVA

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). BBVA, José Colino, La integración de la agricultura... op cit. Deflactados co índice de prezos pagados (AEA, 1975,76, 77 e 78).

320

IV.2.2. A especialización gandeira e o fracaso da base agrícola mercantilizada. A evolución da PFA. No capítulo 3 sinalabamos que non só que se producira un colapso productivo, derivado da recesión do crecemento das principais produccións agrícolas e gandeiras. Tamén indicabamos que esa recesión prolongábase moito máis que no conxunto do Estado ata comezos da década dos sesenta. Esta continuación dos problemas productivos da agricultura galega é clara na evolución da producción agrícola, e en menor medida nos productos gandeiros que crecen dende finais da década dos cincuenta, aínda que ese crecemento está matizado por derivar en parte do incremento do número de sacrificios en orixe. O primeiro paso da nosa análise implica, polo tanto, ver si esta conclusión que tirabamos da evolución da producción bruta, da superficie e dos rendementos se contrasta coa evolución das macromagnitudes e avaliar tamén a evolución posterior. A única magnitude posible é, como indicabamos a evolución da PFA , é dicir a producción que sae fora do sistema agrario, ben para venta, ben para o consumo.

Gráfico 3

Galicia Producción Final Agraria (millóns pts 1976)

0100002000030000400005000060000700008000090000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos percibidos a PFAg co índice de prezos agrícolas, a PFG co índice de prezos gandeiros e a PFF co índice xeral (AEA, 1975,76, 77 e 78). Os datos da evolución en termos reais (pts constantes) do gráfico 3 confirman a evolución rexistrada para toda a primeira metade dos anos sesenta. O salto en termos de producción final darase a partir da segunda metades da década e nos primeiros setenta, con un crecemento acumulativo anual entre 1961-65 e 1976-80 do 3,6%, e con porcentaxes máis modestos entre 1976-80 e 1981-85 do 2, 3 % para un índice global no período que vai1961-65 a 1980-85 do 3,3 %. Confírmase polo tanto que, en termos de evolución da producción final, a etapa que estamos a analizar constitúe un período substancialmente diferente. É un ritmo de crecemento similar ao do conxunto do Estado que no período 1961-65 a 1979-83 crece un 3,1% anual. En relación ao período 1900-1930 recordemos que o índice de crecemento da producción bruta agraria era do 2,3% anual, aínda que este elemento de comparación debe ser tomado con todas as precaucións, dada a diferencia de categorías da que estamos falando, das produccións implicadas e da fiabilidade das mesmas que evidentemente é peor para o primeiro tercio (parte importante do crecemento de esa etapa susténtase na evolución das forraxeiras que non se consideran na PFA). En calquera caso si é evidente que esta etapa supón un

321

salto cuantitativo e cualitativo na capacidade productiva da agricultura galega, o que está claramente vinculado coa adopción do modelo da Revolución verde. Este crecemento da PFA está moi claramente vinculado, e esto por suposto non supón ningunha afirmación novidosa, con un proceso de especialización gandeira acelerado e completo. Os datos do gráfico 4 exemplifican a magnitude esa especialización. Dunha situación inicial con porcentaxes similares en torno ao 40-50% da PFAg e da PFG pásase a un predominio absoluto das produccións gandeiras na producción que sae do sistema agrario, mentres que a producción agrícola remata o período con porcentaxes cercanos ao 20%. É ademais un proceso notablemente curto que comeza a xestarse xa na primeira metade dos sesenta e acada practicamente os porcentaxes máximos a mediados dos setenta.

Gráfico 4

Galicia Participación dos sectores na PFA (%)

0,010,020,030,040,050,060,070,080,0

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

PFAgrícola PFGandeira PFForestal

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). En palabras de José Colino “¿Como explicar esta gradual polarización pecuaria de la agricultura gallega dentro del marco lógico del policultivo de subsistencia? Si el conjunto de las explotaciones gallegas se ha especializado, si ha orientado su trabajo hacia las producciones ganaderas, no ha sido para satisfacer sus necesidades internas, sino para asegurar la cobertura de parte de la creciente demanda de productos animales de la sociedade española”532. Dúas matizacións a estas afirmacións de Colino que xa foron indicadas con anterioridade. En primeiro lugar a mercantilización dos productos gandeiros non é un fenómeno do período 1960-1985. A importancia das produccións gandeiras en todo o sistema agrario con anterioridade é clara polo que o proceso que estamos a analizar non se define pola mercantilización da producción senón pola especialización da mesma o que si é unha característica distintiva da Revolución Verde. En segundo lugar a mercantilización da producción non estaba limitada na agricultura orgánica galega, e moi claramente entre a crise agraria finisecular e a Guerra Civil, polos productos gandeiros. Produccións como a pataca o viñedo e os productos hortícolas ou a madeira entran dentro de esta categoría, e formaban parte substancial do crecemento observado na productividade da terra. Pola contra estes cultivos entran en regresión nos anos

532 La integración de la agricultura... op cit pax. 44.

322

corenta e cincuenta pola aplicación da política autárquica e a necesidade de recorrer a produccións que aseguren a alimentación como os cereais. É polo tanto importante analizar non só a composición porcentual da PFA senón a evolución en termos absolutos dos subsectores e a composición interna dos mesmos para entender a magnitude e as consecuencias da especialización en produccións tamén de orientación mercantil e adaptadas ás condicións medioambientais de parte importante de Galicia. A evolución en termos reais da producción final dos tres subsectores recóllese nos cadros 5, 6 e 7.

Gráfico 5

Galicia Producción Final Agrícola (millóns pts 1976)

0

5000

10000

15000

20000

25000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos percibidos agrícolas (AEA, 1975,76, 77 e 78).

Gráfico 6

GaliciaProducción Final Gandeira (millóns pts 1976)

0

10000

20000

30000

40000

50000

60000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos gandeiros (AEA, 1975,76, 77 e 78).

323

Gráfico 7

GaliciaProducción Final Forestal (millóns pts 1976)

0

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos percibidos xeral (AEA, 1975,76, 77 e 78). Os datos dos tres cadros son bastante significativos de por si. Non só se produce un proceso de especialización gandeira acelerada, senón que estas produccións son a única parte da producción final que crece no período. Deixamos a parte polo de agora a producción final forestal, xa que, como foi sinalado anteriormente, non parece que se poida estudiar axeitadamente a partir de estes datos a súa evolución e a evolución do monte será obxecto dun apartado específico de este capítulo. As cifras da producción final agrícola son significativas. Non só ten un crecemento mínimo no período senón que este é enormemente fluctuante. Así, mentres que a producción final gandeira crece un 5,4% anual no conxunto do período (Cadro 1) o sector agrícola só o fai un 0,4%. Cadro 1 Galicia, Taxas de crecemento acumulativo anual da PFA PF Agraria PFAgrícola PFGandeira PFForestal

1961-65/1976-80 3,6 0,5 6,3 -0,9

1976-80/1981-85 2,3 0,2 2,8 4,1

1961-65/1981-85 3,3 0,4 5,4 0,3

Este fenómeno constitúe o primeiro elemento do que definimos como o carácter restrinxido do proceso de modernización. Un carácter restrinxido que afecta ás produccións que forman parte do crecemento vinculado á Revolución Verde e que supón tamén a outra cara da especialización. En termos medioambientais a perda da diversidade é unha das principais consecuencias da transformación que analizamos, pero no caso de Galicia tamén o é economicamente xa que afecta moi directamente á evolución da productividade da terra. O carácter restrinxido das produccións que protagonizan a modernización tamén afecta aos outros dous elementos que cuestionan os efectos da modernización: o distinto impacto territorial das transformacións, e distinto impacto segundo o tamaño das explotacións. Non todas as comarcas tiñan as mesmas condicións medioambientais para a especialización gandeira ou en todo caso as tiñan mellores para o cultivo intensivo. Tampouco unha especialización gandeira, que o ter un carácter máis extensivo que os cultivos de altos rendementos como a pataca e a horta precisan de máis terras, é igual de rentable para a pequena explotación que para explotacións de tamaño medio. Estes aspectos serán considerados máis en profundidade noutros apartados, pero é necesario sinalar aquí a súa vinculación coa evolución dos cultivos agrícolas.

324

Cadro 2 Galicia Participación (%) das produccións agrícolas na Producción Final Agraria PFAgrícola Cereais Leguminosas Tubérculos Viño Hortícolas Froitas Outras

1958 38,7 11,2 1,7 11,4 3,9 7,3 3,0 0,2 1959 46,4 7,3 3,2 21,8 2,7 6,5 4,1 0,8 1960 40,9 8,8 3,3 13,8 3,5 6,9 4,3 0,3 1961 43,3 8,9 2,5 15,3 5,0 7,7 3,6 0,3 1962 34,9 5,9 2,8 14,0 2,4 5,4 3,9 0,5 1963 42,3 9,3 2,9 16,1 3,9 5,6 3,9 0,6 1964 41,4 7,3 3,2 18,0 3,6 5,3 3,4 0,6 1965 36,1 7,2 2,2 15,2 2,5 5,4 3,2 0,4

1976 28,7 0,9 0,8 15,8 5,7 4,0 1,3 0,2 1977 24,2 1,0 1,2 11,7 3,4 5,0 1,6 0,3 1978 22,8 1,1 1,3 9,5 4,2 5,0 1,5 0,3 1979 28,8 1,4 1,1 13,0 5,8 5,0 1,8 0,7 1980 28,8 1,4 1,6 11,3 6,8 5,5 1,8 0,4 1981 25,3 1,3 1,0 10,1 4,9 5,9 1,6 0,6 1982 26,3 1,0 1,3 11,4 4,7 5,8 1,5 0,6 1983 22,6 1,2 1,3 8,3 4,2 5,4 1,4 0,9 1984 23,2 1,4 1,0 7,7 4,5 5,8 1,5 1,3 1985 20,8 1,5 0,9 6,2 3,6 5,9 1,7 1,1

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) e IGE A estatística na agricultura, Xunta de Galicia, Santiago, 1991 (1976-1985) A evolución negativa das produccións agrícolas non afecta por suposto a todos os cultivos por igual. No cadro 2 recóllese a participación porcentual de cada grupo na PFA. O grupo que sufre unha reducción máis importante da súa participación é o dos cereais, que se converte nun cultivo residual no sistema agrario xurdido da Revolución Verde. Esta evolución supón a culminación do proceso comprobado de reducción da superficie de cereais polos prados ao longo de todo o século. Sen embargo non é o único caso xa que atopamos unha evolución similar aínda que de menor entidade en todos os cultivos menos o viñedo e a horta. Especialmente significativo é o caso da pataca que, deixando de lado as fluctuacións incrementa a súa participación porcentual na primeira metade dos sesenta para despois reducir a súa participación ata o 8-6% da metade dos oitenta, porcentaxe que o seguía mantendo como o principal aporte do subsector agrícola á PFA. Como xa viñemos indicando este é un dos cultivos, non só comercializados con anterioridade aos sesenta, senón tamén dos máis productivos por unidade de superficie. Ademais en este cultivo toman forza comarcas que se especializarán nel có caso paradigmático da comarca da Limia en Ourense tras a desecación da lagoa de Antela533. Tendo en conta ademais que mantén unha superficie máis ou menos estable ao longo do período (Gráfico 8) ou o que é o mesmo que non hai unha mellora dos rendementos medios (Gráfico 9), temos unha indicación do carácter dual da producción de pataca. Por un lado hai zonas especializadas neste cultivo e por outro explotacións onde a evolución dos rendementos é negativa, con toda seguridade explotacións a tempo parcial coa

533 Por certo un dos exemplos máis evidentes da falta de previsión das políticas agrarias e do impacto ecolóxico da Revolución Verde.

325

producción destinada ao autoconsumo ou de agricultores xubilados que abandonan progresivamente parte das terras cultivadas.

Gráfico 8

GaliciaSuperficie dos principais cultivos (Has.)

0

20000

40000

60000

80000

100000

120000

140000

160000

180000

20000019

64

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Millo Trigo Centeo Pataca Viñedo

Fonte: AEPA, AEA As dúas únicas produccións que manteñen ou melloran limitadamente a súa participación na PFA, o que implica tamén crecemento da producción, son o viñedo e os productos hortícolas, aínda que no segundo caso trátase dunha recuperación na primeira metade dos oitenta despois dunha reducción nos anos setenta. Nos dous caso trátase de productos claramente comercializados, tanto en períodos históricos anteriores como neste. A evolución de estes grupos si está claramente vinculada a unha mellora na técnica xa que non hai un crecemento substancial da superficie cultivada (Gráfico 8 para o viñedo). No caso da horta a mediados dos anos oitenta a superficie mantíñase por debaixo das 15000 hectáreas, o que non supuña variación cos datos recollidos no capítulo III para comezos dos sesenta. Hai polo tanto unha mellora substancial da producción por hectárea en estes cultivos pero iso non implica que se convertesen en unha alternativa aos cultivos dominantes en períodos anteriores ao manterse nunhas superficies moi escasas. O mesmo sucede co viñedo, pero evidentemente tiña mais dificultades para a súa expansión territorial pola súa dependencia de condicións climáticas moi especiais. Os dous casos son de novo cultivos moi localizados a nivel de determinadas comarcas onde si se produce especialización agrícola, pero con un impacto moi limitado no conxunto da economía agraria. Os datos da evolución anual da superficie do ministerio, recollidos no gráfico 8, a pesar das súas limitacións son outra mostra do proceso que estamos a comentar. A evolución anual da superficie minusvalora o volume e o ritmo de diminución da superficie cultivada o que se desprende da comparación cos datos dos censos agrarios.534 Sen embargo son claros na reducción da superficie cultivada de cereais e moi especialmente na conversión do centeo nun cultivo marxinal ao nivel do trigo. Máis tardía é a diminución do millo para alimentación humana que só cae continuadamente a partir de 1976. A este respecto hai que poñer en cuestión as cifras, pola comentada

534 Unha discusión das cifras no apartado IV.3.1.

326

tendencia das cifras anuais do ministerio a non reflectir axeitadamente a evolución dos cereais e por que fronte as cifras anteriores a 1963 prodúcese en 1964 un incremento da superficie de millo na Coruña en máis de 15000 hectáreas que resulta dubidosa en relación coa tendencia consignada de reducción do cereal en toda Galicia.

Gráfico 9

Rendementos da pataca (Qts/Ha)

0,020,040,060,080,0

100,0120,0140,0160,0180,0200,0

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Galicia España

Fonte: AEPA, AEA

Gráfico 10

Rendementos do millo (Qts/Ha.)

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

60,0

70,0

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Galicia España

Fonte: AEPA, AEA Tamén vinculada có comportamento da producción final agrícola sitúase a evolución dos rendementos. É sobradamente coñecido que unha das consecuencias máis claras da Revolución Verde é o crecemento dos rendementos a ritmos non coñecidos ata o momento, fundamentalmente pola introducción de sementes seleccionadas ou melloradas xeneticamente e pola aplicación masiva de fertilizantes químicos. Nos gráficos 9 e 10 recollemos a evolución dos rendementos medios en Galicia e España entre 1964 e 1985, respecto tanto da pataca como do millo. As cifras non poden ser máis ilustrativas sobre o escaso impacto de esas tecnoloxías na agricultura galega. Non

327

só a evolución dos rendementos é moi inferior en Galicia que en España, senón que o carácter tradicionalmente superior dos rendementos da agricultura galega sobre a media española invértese completamente. Espacialmente significativo de este feito é o caso do millo, non só pola tremenda diferencia acadada de 60 qts/ha en 1985 en España por só 35 en Galicia, senón porque tamén nos permite matizar a actuación da política agraria española ao respecto da modernización e as súas consecuencias ecolóxicas. Para iso imos recorrer ao traballo de José Manuel Naredo sobre o uso agrario do acuífero da Mancha no que fai unha crítica sobre a indiscriminada expansión do regadío dende os anos cincuenta. A construcción do embalse de Peñarolla dende as políticas de promoción de regadíos e a posibilidade de utilizar motores a baixo custe permitiu a extensión de regadíos extraendo a auga subterránea que nutría ás Tablas de Daimiel e que a partir de eses novos regadíos se estende o cultivo do millo. As consecuencia ecolóxicas sobre o parque levaron a construcción dun embalse con “fins ecolóxicos” que nutrira de auga ao acuífero. A progresiva perda tamén de augas subterráneas có perigo de que os municipios da zona quedaron afectados levou tamén a abastecelos con augas trasvasadas de outras cuencas, pero non a revisar o modelo de utilización agraria derivada do regadío intensivo e fora causa do problema orixinal. O último elemento de esta utilización ineficiente do terreo o ocupa o sucedido cando o prezo do millo non chegou a cubrir os custes de producción sendo hoxe subvencionado pola Unión Europea535. Cadro 3 Evolución da superficie do millo en regadío (Has.) Galicia Castilla-La Mancha

1972 22481 17597 1973 22369 18280 1974 21125 14019 1975 18400 15274 1976 24860 12289 1977 24304 19859 1978 24086 19372 1979 26643 22250 1980 24584 23558 1981 1982 23800 29817 1983 23706 38173 1984 23914 43156 1985 22776 67283

Fonte: AEA Non resulta difícil, á luz de este despropósito, voltar a mirada cara a outra parte do problema como o mesmo Naredo o fai indicando que en 1997 o cultivo do millo en Castilla-La Mancha superaba substancialmente ao de Galicia en superficie. Máis aínda o cultivo do millo en toda a Galicia sudocidental sustentábase no recurso ao regadío de pequenas dimensións aproveitando o enmarañado sistema hidrográfico do pais e as súas inmellorables condicións edafoclimáticas para o cultivo. Pola contra o cadro 3 evidencia a nula extensión do cultivo do regadío en Galicia entre 1972 e 1985 en contraposición co rápido crecemento de Castilla- La Mancha. Máis non é esta a única consecuencia a 535 “La modernización de la agricultura española y sus repercusiones ecológicas”, op cit pax. 70-75.

328

examinar. En termos de rendementos o cadro 4 que recolle a evolución dos rendementos en regadío nas dúas rexións evidencia tamén a evolución diverxente dos mesmos. A agricultura da Revolución verde non implica só enormes crecementos de productividade da terra e do traballo, senón tamén en ocasións políticas incoherentes non só co medio ambiente senón coas vocacións productivas de zonas como Galicia onde o cultivo do millo estaba perfectamente integrado no agroecosistema e onde o aproveitamento da auga non implicaba necesariamente as consecuencias que si tivo có acuífero de La Mancha. Cadro 4 Evolución dos rendementos do millo en regadío (Qts./Ha.) Galicia Castilla-La Mancha

1972 32,5 44,5 1973 35,6 49,8 1974 40 56,1 1975 37,5 53,4 1976 34 57,0 1977 33,5 57,0 1978 33,4 64,7 1979 43,8 66,2 1980 40,4 68,6 1981 1982 45,2 79,6 1983 41,7 81,2 1984 44,9 77,6 1985 43,7 84,3

Fonte: AEA Un último aspecto a reseñar neste apartado da evolución da producción entre 1960 e 1985 é a participación dos productos gandeiros na PFA (cadro 5), que evidentemente supoñen a súa parte fundamental e en crecemento en todo o período. As dúas produccións esenciais para o período son a carne e o leite que incrementan moitísimo a súa participación, especialmente a primeira aínda que sobre este feito habería que introducir algunhas matizacións sobre os datos estatísticos. As cifras de carne dos anos 58 a 61, e especialmente as dos dous primeiros anos aínda poden mostrar unha diverxencia importante entre o gando vacún sacrificado en Galicia e o realmente producido. Por esta razón habería que matizar en parte a magnitude do crecemento gandeiro en este grupo. En calquera caso a parte fundamental do crecemento do vacún dáse entre os anos sesenta e 1978 diminuíndo dende esa data ata o final do período mentres que a participación porcentual da producción de leite continúa incrementándose en todo o período. Sería interesante dispor dos datos da composición interna do grupo da carne, pero desgraciadamente só dispoñemos das cifras para 1976 e 1985. Entre estas dúas datas a carne e o gando vacún pasou a significar o 20, 29% da PFA a ocupar só o 16,33%, mentres que a carne e o gando porcino incrementou a súa participación do 7,34% ao 11,51%536. Estas cifras sitúan nunha perspectiva máis axustada o proceso de especialización gandeira no sector do leite que non só se converte no grupo principal en

536 IDEGA, A economía galega, Informe 1993-94, op cit pax. 92.

329

aportación á PFA, senón que crece ininterrumpidamente no conxunto do período 1960-1985. Cadro 5 Galicia Participación (%) das produccións gandeiras na Producción Final Agraria PFGandeira Carne Leite Ovos Outros

1958 47,0 20,8 20,0 5,6 0,6 1959 40,1 20,6 13,8 5,3 0,5 1960 44,1 26,4 12,3 5,2 0,3 1961 45,2 26,8 12,9 5,2 0,2 1962 53,8 33,2 15,7 4,6 0,2 1963 47,0 31,8 10,5 4,5 0,2 1964 45,1 29,5 10,2 5,3 0,2 1965 49,6 33,0 12,0 4,3 0,2

1976 65,5 35,7 23,3 6,3 0,1 1977 67,8 36,9 24,1 6,7 0,1 1978 70,4 40,6 23,3 6,3 0,1 1979 65,0 35,7 23,6 5,6 0,1 1980 65,5 34,3 25,6 5,4 0,2 1981 68,5 36,9 25,3 6,1 0,2 1982 66,7 38,4 22,0 6,2 0,2 1983 69,8 37,9 25,0 6,8 0,2 1984 69,3 35,5 27,0 6,5 0,2 1985 72,8 38,1 27,0 7,2 0,5

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) e IGE A estatística na agricultura, Xunta de Galicia, Santiago, 1991 (1976-1985)

330

IV.2.3. O cambio da base enerxética da agricultura e os límites da especialización. Os gastos de fora do sector e as amortizacións. Non é suficiente con analizar a evolución da PFA e o comportamento da producción final gandeira e do seu peso na PFA. Como indicamos ao comezo de este capítulo non é a mercantilización do producto a principal característica da Revolución Verde, senón a especialización, da que acabamos de dar conta, e a mercantilización de todo o proceso productivo e moi especialmente dos factores de producción. En ese proceso radica esencialmente o cambio do modelo enerxético e a el adicaremos as páxinas seguintes. Das variables que nos proporcionan as macromagnitudes agrarias ningunha da conta de todo o volume de inputs que se toman de fora do sistema agrario para a realización do proceso productivo, aínda que da combinación de dous, os gastos de fora do sector e as amortizacións, pódese obter unha idea razoable do proceso. O estudio dos balances enerxéticos sería unha alternativa, pero nin as fontes son o suficientemente boas nin a análise en si dos balances enerxéticos substitúe a análise en termos monetarios. Por outra parte tampouco é necesario moito aparato empírico para demostrar que a agricultura da Revolución Verde é máis ineficiente enerxética e mediombientalmente (é dicir cualitativamente xa que a segunda lei da termodinámica non se pode cuantificar)537.

Gráfico 11

GaliciaGastos fora do sector (millóns pts 1976)

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos pagados polos agricultores (AEA, 1975,76, 77 e 78). A análise da evolución dos gastos e as amortizacións é polo tanto un primeiro paso para o estudio da cuestión, ademais de que permite unha aproximación ao impacto e dirección do cambio técnico. O primeiro elemento a considerar sería a evolución en termos reais (pesetas constantes) dos gastos de fora do sector agrario. As cifras do gráfico 11 son o suficientemente significativas do proceso de transformación operado non só na mercantilización, senón no funcionamento enteiro do sistema productivo. O volume dos gastos que a comezos dos anos sesenta estaba situado nun nivel moi baixo 537 En todo caso os traballos realizados para a agricultura española sinalan claramente o carácter ineficiente en termos enerxéticos respecto a agricultura orgánica. José Manuel Naredo e Pablo Campos, “Los balances energéticos de la agricultura española”, en Naredo La evolución de la agricultura en España... op cit pax. 303-411. Xavier Simón Fernández, “El análisis de sistemas agrarios una aportación económico-ecológica a una realidad compleja”, Historia Agraria, 19, pax. 115-136. En calquera caso unha agricultura que utilizase gran cantidade de enerxía fosil e obtivese unha enorme producción a cambio sería eficiente enerxeticamente, pero non medioambientalmente.

331

multiplicouse por cinco entre 1965 e 1985. En escasamente 20 anos o sistema agrario contemporáneo sufrira unha mutación considerable nos mecanismos do seu funcionamento.

Gráfico 12

Galicia% dos gastos de fora do sector na PFA

0,05,0

10,015,020,025,030,035,040,045,050,0

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Pts de 1976 Pts correntes

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos pagados polos agricultores (AEA, 1975,76, 77 e 78).

Gráfico 13

España% dos gastos de fora do sector na PFA

0,05,0

10,015,020,025,030,035,040,045,050,0

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

Pts de 1976 Pts correntes

Fonte: Barciela, “El sector agrario...”, op cit. Deflactados co índice de prezos pagados (AEA, 1975,76, 77 e 78). Para entender máis axeitadamente o que supuxo o paso dunha agricultura que basicamente se reproducía a si mesma cos recursos do agroecosistema é necesario atender ademais do crecemento en termos reais á participación porcentual dos gastos na PFA. A análise de esta cuestión debe facerse combinando dúas porcentaxes que atenden a cuestións distintas. A primeira é a ratio gastos/PFA calculada en pesetas constantes (é dicir deflactando a PFA co índice de prezos percibidos e os gastos co índice de prezos pagados polos agricultores. Este índice mide a variación dos requirimentos de inputs de

332

fora do sector por unidade de ouput final. O segundo índice, que ten máis interese respecto da dinámica e condicionantes da rende agraria, mide a parte do valor da PFA que os agricultores destinan ao pagamento dos inputs intermedios. A súa evolución depende tanto do primeiro índice proposto como da relación entre os prezos percibidos/prezos pagados538. Pois ben, as cifras do gráfico 12, que recolle a evolución dos dous índices sinalan varios aspectos reseñables. A evolución da ratio gastos/PFA en pesetas constantes pasa do 10-15% nos primeiros sesenta a máis do 35% a mediados dos oitenta, o que de novo fai referencia á magnitude do proceso transformador. Sen embargo a mediados da década dos setenta, a partir de 1978, hai unha contracción de ese crecemento, só recuperado nos anos 83-85. sen embargo o volume de inputs adquiridos no sector seguiu incrementándose neses anos o que é indicativo en termos técnicos que facía falla menos cantidade de inputs para obter unha unidade de ouput. Este carácter máis eficiente dos gastos de fora do sector vese contrarrestado sobradamente pola evolución a partir de 1979 da ratio gastos/PFA en pesetas correntes. Ata ese momento a relación prezos percibidos prezos pagados seguiu unha dirección máis ou menos equilibrada incluso con un período claramente favorable para os agricultores entre 1977 e 1979. esta evolución negativa coincide có inicio da política antinflacionista dos pactos da Moncloa e que prestou especial atención aos prezos percibidos polos agricultores539. Este cambio de tendencia nos prezos tivo, como veremos, efectos importantes sobre a evolución da renda. Sen embargo en termos de transformación productiva non hai dúbida do impacto da evolución porcentual dos gastos de fora do sector no proceso de transformación do sistema agrario. Un elemento máis a considerar é a comparación coa evolución das mesmas ratios en España durante estes anos, recollidas no gráfico 13. A evolución durante os primeiros anos sesenta é acusada no conxunto do estado, achegándose no ano 1965 ao 25%. Pola contra a evolución de Galicia nos sete anos posteriores é moito máis rápida superando o 25% en 1972 e chegando perto do nivel de utilización de inputs intermedios do conxunto do Estado a comezos da década dos oitenta. Estes datos teñen interese en tanto que supoñen entrar en contradicción coa interpretación comentada de Naredo segundo a que sería a gran explotación a protagonista das transformacións técnicas da Revolución Verde. Esto só sería certo para os anos sesenta, anos nos que centra a súa análise, pero non dende mediados de esa década. Evidentemente nos gastos de fora do sector están incluídos apartados que non poden ser considerados baixo ningún criterio como parte do cambio técnico, e no caso de Galicia supoñen ademais unha parte moi importante, e outros elementos do cambio técnico, como a compra de maquinaria, non aparecen recollidos nos gastos. Máis adiante voltaremos a este problema. A pesar de estas matizacións non parece haber dúbida de que unha agricultura de pequena explotación pode ter unha participación similar á grande nas transformacións do modelo de producción que supón unha nova base enerxética na agricultura. Unha variable que sen dúbida si ten que ver coa evolución do cambio técnico é a evolución das amortizacións, que van referidas fundamentalmente neste caso a amortizacións de maquinaria. O crecemento da porcentaxe das amortizacións na PFA ten que ver fundamentalmente có enorme desenvolvemento da motomecanización en 538 Tomamos a definición de Idega, A economía... 1993-94, op cit pax. 114. 539 Colino, La integración... op cit pax. 48.

333

Galicia dende finais dos sesenta. Pola súa banda a enorme distancia que teñen as amortizacións respecto das porcentaxes españolas fan referencia ao carácter tremendamente ineficiente (ecolóxica e economicamente) en perspectiva comparada de esta motomecanización. Voltaremos ó problema das transformacións técnicas. Pero antes é preciso analizar a composición dos gastos e a funcionalidade dos mesmos.

Gráfico 14

% das Amortizacións na PFAen pts correntes

0,0

2,0

4,0

6,0

8,0

10,0

12,0

1963

1965

1967

1969

1971

1973

1975

1977

1979

1981

1983

1985

Galicia España

Fonte: Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Carlos Barciela, “El sector agrario...”, op cit.

Cadro 6 Galicia. Composición dos gastos de fora do sector en % Gastos Sementes Trat. sanitarios Fertilizantes Enerxía Pensos Outros gastos

1958 100 5,0 7,2 11,4 0,2 55,4 20,8 1959 100 6,6 8,1 15,7 0,3 45,4 23,8 1960 100 5,0 8,1 13,7 0,3 56,1 16,9 1961 100 3,6 8,8 11,1 0,5 58,5 17,4 1962 100 4,2 11,0 12,6 0,8 56,4 15,1 1963 100 3,8 16,1 15,4 2,0 56,4 6,3 1964 100 3,8 12,5 11,4 2,3 58,2 11,8 1965 100 5,2 13,5 12,2 4,3 59,3 5,5

1976 100 4,9 5,1 6,3 6,1 64,0 13,6 1977 100 4,8 5,6 6,1 3,5 59,4 20,5 1978 100 3,8 4,8 4,0 3,0 64,1 20,3 1979 100 5,2 4,6 4,7 4,7 59,2 21,6 1980 100 4,5 4,8 5,1 7,5 56,4 21,7 1981 100 4,1 4,7 5,4 9,4 51,7 24,6 1982 100 4,4 4,7 4,0 9,2 53,1 24,6 1983 100 5,3 4,7 4,0 9,6 51,7 24,6 1984 100 4,5 4,3 3,9 10,2 51,4 25,7 1985 100 4,0 4,4 5,0 10,6 49,3 26,9

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) e IGE A estatística na agricultura, Xunta de Galicia, Santiago, 1991 (1976-1985). Nos outros gastos vai incluída a reparación de maquinaria Máis que a evolución, en termos absolutos ou relativos, dos gastos de fora do sector o que nos informa da evolución do cambio técnico é a composición interna de

334

eses gastos combinada con outras fontes. A composición en porcentaxe dos gastos de fora do sector entre 1958 e 1985 recóllese no cadro 6. Pois ben, a imaxe que nos ofrecen eses datos introduce grandes matizacións respecto ao modelo de integración da agricultura galega na agricultura baseada en enerxías fósiles. O grupo que con diferencia concentra o peso máis importante dos gastos é o dos pensos para o gando, o que, sen ser sorprendente no contexto de especialización gandeira si merece unha análise polo miúdo. Dende a perspectiva de Colino, aínda que recoñece que a demanda de pensos é a parte máis débil do proceso de modernización, o consumo de pensos a ese nivel implica fundamentalmente que as explotacións familiares rachan co modelo autárquico anterior540. Dado que viñemos defendendo a inexistencia dun modelo autárquico para a agricultura galega antes de 1960 a participación tan elevada dos pensos no consumo de inputs de fora do sector agrario implica outra consecuencia. O carácter absolutamente dependente da producción gandeira de alimentación exterior ao sistema agrario e o consecuentemente escaso desenvolvemento das produccións destinadas á alimentación do gando nos anos sesenta e setenta en relación cando menos coas esixencias alimenticias da cabana. Cadro 7 Galicia, participación % dos pensos na PFG en pesetas correntes Pensos/PFG

1958 14,8 1959 10,8 1960 16,5 1961 16,5 1962 17,7 1963 12,8 1964 16,3 1965 14,4

1976 25,3 1977 23,5 1978 27,1 1979 28,0 1980 28,7 1981 28,9 1982 28,4 1983 28,8 1984 29,7 1985 29,4

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) e IGE A estatística na agricultura, Xunta de Galicia, Santiago, 1991 (1976-1985) Antes de seguir con esta argumentación fagamos unha análise máis pormenoriza da evolución do consumo de pensos. Os datos sinalan que a participación porcentual dos pensos nos gastos de fora do sector incrementouse progresivamente ata 1978 cando acadou o seu máximo histórico no 64,1%. Despois de esa data a porcentaxe diminúe de forma constante, aínda que non por debaixo da metade do total ata 1985. Esa diminución non implica unha diminución da cantidade de pensos empregados na producción gandeira. A evolución da relación pensos/FFG recollida no cadro 7 indica

540 La integración... op cit pax... 60-69.

335

que o peso dos pensos no incremento da producción gandeira aumentou todos os anos dende 1976. Aínda máis, hai que ter en conta que a evolución dos prezos dos pensos recollidos nos Anuarios de estadística Agraria indica que estes tiveron ao longo da década dos setenta un crecemento máis pequeno que o índice dos productos gandeiros, polo que a participación en pesetas constantes na producción final gandeira foi aínda maior. O baixo nivel dos prezos dos pensos é parte da explicación do aumento do seu consumo, pero non é a única. A evolución da estructura productiva da agricultura galega en relación aos productos destinados á alimentación do gando ten tamén bastante que ver.

Gráfico 15

Galicia Participación % do Reenprego na Producción

Total

0,05,0

10,015,020,025,030,035,040,045,0

1972

1973

1974

1975

1976

1977

1978

1979

1980

1981

1982

1983

1984

1985

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Cadro 8 Galicia evolución da Producción total e da PFA (1972=100) Producción Total PF Agraria

1972 100 100

1973

1974

1975

1976 120 124

1977 109 112

1978 110 124

1979 111 130

1980 119 136

1981 115 132

1982 121 145

1983 119 142

1984 124 148

1985 120 144

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos percibidos polos agricultores (AEA, 1975,76, 77 e 78). Desgraciadamente a elaboración das estatísticas contables da agricultura, destinadas fundamentalmente a obter agregados económicos non prestan demasiada atención ao que sucede fora do circuíto mercantil. Por esta razón descoñecemos a estructura da producción total por subsectores nin a composición interna de estes o que sería crucial para analizar o papel do propio sistema na producción dos bens

336

mercantilizados. De feito non dispoñemos sequera da contabilización da propia producción total ata 1972, é dicir, cando o proceso de especialización estaba xa moi avanzado. En todo caso é un punto de partida non desdeñable. A evolución da participación porcentual do reemprego na producción total indica (gráfico 15) que a participación das produccións utilizadas para a realimentación do sistema reducen a súa participación na década dos setenta de máis do 40% a pouco máis do 25%. En termos de crecemento o cadro 8 reflicte como a PFA creceu considerablemente máis apresa entre 1972 e 1985 que o conxunto da producción total agraria. Esto nos está indicando que a base interna ao sistema destinada a soster o crecemento da producción comercializable non foi a principal responsable do incremento da producción. Dentro de ese concepto de reemprego hai unha amalgama de produccións, pero a principal neste contesto é necesariamente a destinada á alimentación do gando e estes datos indican que non se desenvolveu ao ritmo necesario. Máis adiante realizaremos unha análise máis pormenorizada da evolución dos usos do solo e en concreto das produccións forraxeiras e os prados, pero estes primeiros datos permiten extraer algunhas conclusións. O crecemento da PFG realizado fundamentalmente en base ao consumo de pensos define un modelo de especialización construído sobre bases moi febles. A especialización de zonas de producción gandeira realízase xeralmente en base ao consumo de pensos pero tamén a partir de condicións medioambientais moi favorables para a extensión dos forraxes como o caso de Galicia541. Este proceso se deu a un nivel moi escaso en relación ás necesidades da cabana gandeira. Consecuentemente recórrese á especialización de outras zonas na producción de pensos o que implica unha utilización tamén ineficiente da enerxía destinada á producción e transporte dos mesmos. Ademais o consumo masivo de pensos implica unha alimentación cualitativamente inferior á proporcionada polos prados como indica a recente crise sanitaria do vacún. Non hai dúbida de que entre os debe da revolución verde sitúase a perda de calidade a medio e longo prazo da producción alimentaria en favor da cantidade e da reducción do volume relativo de gasto realizado polos consumidores na adquisición de productos de alimentación. Por outra banda o consumo de pensos non constitúe un dos elementos do cambio técnico. En calquera caso implica a introducción de tecnoloxías novas nas rexións destinadas a producilos, pero non na agricultura galega. Este argumento non é desprezable, xa que implica tamén que unha parte moi importante do obtido pola venta da producción adícase a asegurar a producción seguinte e non á introducción de técnicas que poderían mellorar a productividade tanto da terra como do traballo e moi especialmente de novo a incrementar a superficie de prados. Se os pensos non forman parte do cambio técnico nunha hipotética contabilidade dos mesmos en 1985 o resto dos gastos de fora do sector e das amortizacións suporían perto do 33% da PFA en pts correntes o que matiza considerablemente o verdadeiro impacto en termos de introducción de tecnoloxía da revolución verde en Galicia aínda que segue a ser unha parte considerable e como tal debe ser explicada. O único grupo dos gastos que está vinculado directamente á producción gandeira, a parte dos pensos, é o dos productos sanitarios, aínda que neste caso están unidos os productos fitosanitarios e os zoosanitarios, xa que a fonte non permite

541 Mazoyer e Roudart, Historia das agriculturas... op cit pax. 383.

337

distinguir entre ambos entre 1958-65. A participación de este grupo redúcese entre principios dos sesenta e mediados dos setenta o que non fai dubidar seriamente das cifras. En todo caso non sabemos se neste grupo están incluídos só os gastos realizados polos agricultores ou tamén o esforzo neste sentido realizado pola administración o que nos impide valorar axeitadamente as cifras. Máis claras son as cifras vinculadas directamente á producción agrícola, é dicir sementes e fertilizantes. As dúas, e moi fortemente os fertilizantes perden peso relativo no conxunto dos gastos de fora do sector entre mediados dos sesenta e dos setenta. No caso dos fertilizantes a súa participación porcentual coa PFA mantense estable en torno ao 1,4-1,8% en pesetas correntes en todo o período. Esta evolución dos gastos en productos directamente orientados a intensificar o uso da terra, é dicir có incremento da producción con hectárea, está vinculado con dous procesos simultáneos. A crise da agricultura intensiva no uso da terra e ao escaso desenvolvemento comparativo da base agrícola endóxena destinada á alimentación do gando. Cadro 9 Galicia, consumo de fertilizantes en Tm de cada elemento fertilizante N P2O5 K2O

1964 5854 18509 641 1965 6593 18771 1008 1966 6608 18896 2613 1967 9789 18586 2939 1968 11128 17642 3118 1969 14333 18931 4307 1970 15790 17454 4793 1971 17000 19300 4900 1972 17400 17000 6300 1973 21628 20806 7343 1974 1975 1976 16684 18858 6886 1977 16147 19201 7035 1978 1979 15411 16704 7081 1980 18321 16587 7148

Fonte: Confederación Española de Cajas de Ahorros, Situación actual y perspectivas de desarrollo de Galicia, Madrid, 1975, Boletín Mensual de Estadística, MAPA (1973-1981). E importante non só analizar a participación dos fertilizantes no conxunto dos gastos de fora do sector, senón na medida en que as fontes o permitan analizar tamén o seu consumo en termos físicos. Para o período estudiado os Anuarios de estadística Agraria só proporcionan o total do consumo a nivel estatal. Sen embargo tirando de diversas fontes, en concreto dunha publicación da Confederación Española de Cajas de Ahorros e dos boletíns mensuais de estatística do Ministerio de agricultura de 1973 a 1981, conseguimos construír unha serie bastante completa do consumo, expresado en cantidades físicas de cada elemento fertilizante.Os datos físicos do consumo recóllense no cadro 9. Os datos do cadro permiten facer unha primeira lectura da evolución do consumo. Os fosfatos, elemento absolutamente predominante no consumo de fertilizantes en Galicia ata os anos cincuenta non só non incrementa a cantidade consumida senón que incluso diminúe a mesma nos anos setenta. Esta evolución é

338

diferente nos outros dous compoñentes que partindo dun consumo inicial moi baixo incrementan moito o seu consumo. Especialmente o nitróxeno, que se convertera no conxunto do estado no principal aporte da fertilización química á terra supera o consumo de fósforo nos anos setenta en Galicia. Cadro 10 Evolución do Consumo de Nitróxeno (1964=100) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1964 100 100 100 100 100 100

1965 90,7 132,3 144,1 134,7 112,6 105,3

1966 104,1 151,9 124,1 100,3 112,9 106,1

1967 161,7 221,9 194,5 130,1 167,2 120,2

1968 168,2 273,4 224,9 165,8 190,1 137,3

1969 166,7 316,8 267,1 356,9 244,8 154,7

1970 189,7 362,4 248,1 388,3 269,7 162,1

1971 243,5 445,6 304,2 278,4 290,4 162,9

1972 280,2 445,6 342,2 212,5 297,2 175,7

1973 335,8 559,6 360,5 312,5 369,5 187,9

1974

1975

1976 240,6 425,4 366,5 251,9 285,0 198,0

1977 228,0 446,0 323,4 242,3 275,8 224,3

1978

1979 231,4 402,3 292,8 223,5 263,3 238,2

1980 246,5 535,2 343,0 290,3 313,0 259,6 Fonte: Confederación Española de Cajas de Ahorros, Situación actual y perspectivas de desarrollo de Galicia, Madrid, 1975, Boletín Mensual de Estadística, MAPA (1973-1981). AEA (España). Cadro 11 Evolución do consumo de Fosfóricos (1964=100) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1964 100 100 100 100 100 100

1965 101,2 109,7 108,6 81,5 101,4 103,4

1966 104,3 113,4 101,1 87,8 102,1 100,8

1967 106,1 103,1 106,2 75,1 100,4 105,5

1968 94,4 104,1 101,6 77,2 95,3 115,5

1969 100,9 120,0 106,6 72,1 102,3 121,8

1970 88,4 105,7 58,1 122,5 94,3 124,8

1971 89,9 108,1 62,3 173,9 104,3 139,4

1972 93,6 106,1 54,5 95,5 91,8 140,6

1973 115,6 127,2 79,5 107,2 112,4 149,2

1974

1975

1976 108,5 130,1 108,9 29,7 101,9 148,6

1977 102,6 129,7 98,0 67,6 103,7 149,6

1978

1979 102,1 102,6 66,7 57,3 90,2 142,8

1980 90,7 117,3 64,0 61,6 89,6 148,2 Fonte: Confederación Española de Cajas de Ahorros, Situación actual y perspectivas de desarrollo de Galicia, Madrid, 1975, Boletín Mensual de Estadística, MAPA (1973-1981). AEA (España).

339

Cadro 12 Evolución do consumo de Potasa (1964=100) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1964 100 100 100 100 100 100

1965 96,3 1348,0 255,3 98,4 157,3 113,7

1966 428,7 1852,0 287,2 118,7 407,6 122,7

1967 232,1 1920,0 519,1 165,0 458,5 161,0

1968 479,6 2248,0 687,2 115,4 486,4 187,0

1969 690,8 2696,0 929,8 149,6 671,9 222,6

1970 735,1 3567,4 1059,4 161,3 747,8 227,7

1971 527,5 6800,0 1276,6 243,9 764,4 245,2

1972 779,8 7600,0 1063,8 406,5 982,8 271,4

1973 821,8 9872,0 1600,0 439,0 1145,6 288,5

1974

1975

1976 880,0 7348,0 1708,5 332,5 1074,3 301,4

1977 749,8 13032,0 1612,8 609,8 1097,5 311,9

1978

1979 765,4 9180,0 1338,3 666,7 1104,7 305,4

1980 678,4 10544,0 1257,4 782,9 1115,1 317,9 Fonte: Confederación Española de Cajas de Ahorros, Situación actual y perspectivas de desarrollo de Galicia, Madrid, 1975, Boletín Mensual de Estadística, MAPA (1973-1981). AEA (España). En termos da evolución do consumo os cadros 10 a 12 mostran a mesma para os tres compoñentes para as catro provincias, Galicia e España. Respecto a evolución comparada entre Galicia e España o forte incremento do consumo de potasa en Galicia respecto do Estado é debido fundamentalmente a que o consumo inicial de este compoñente era case testemuñal. Sen embargo a evolución dos nitroxenados é máis similar e especialmente é a contraria nos fosfóricos. Neste caso, e para o conxunto do Estado o incremento relativo do consumo de nitroxenados sobre os fosfóricos non se realizou pola contracción do consumo de estes, senón polo maior ritmo de incremento dos nitroxenados, o que non sucedeu en Galicia. Respecto á evolución provincial a provincia que máis crece é Lugo, que o fai nos tres tipos de abonos, e as que o fan nunha menor proporción son A Coruña e Pontevedra. Esta evolución diferenciada ten que ver con que Lugo, e Ourense, teñen un consumo inicial máis baixo que sobre todo A Coruña, pero tamén incide outro factor. Lugo é con diferencia a provincia de maior impacto da especialización gandeira, e tamén con unha maior porcentaxe de prados sobre o conxunto da superficie, como veremos no apartado IV.3. A evolución do consumo de fertilizantes ten que ver, polo tanto coa crise da agricultura intensiva e co desenvolvemento da especialización gandeira. A evolución do consumo de fertilizantes non se pode explicar só no seu volume absoluto, xa que non establece ningún marco de comparación o suficientemente fino nin tampouco permite facer precisións sobre as necesidades. Para o primeiro caso o mellor elemento de comparación e o consumo por hectárea de SAU que aparece recollido no cadro 13. Respecto as fontes a SAU é a suma de superficie cultivada e prados naturais permanentes das series anuais do ministerio. Estas series subestiman para Galicia o crecemento da superficie de prados e a diminución da superficie cultivada, pero no conxunto da SAU si dan unha aproximación razoable. Tal afirmación despréndese da comparación cos censos agrarios de 1962 e 1982 nos que o conxunto da SAU supuña o 26% e o 26,8% respectivamente da superficie cultivada.

340

Cadro 13 Consumo de fertilizantes químicos por hectárea de SAU Kgs./Ha de Nitróxeno Kgs./Ha de fósforo Kgs./Ha de potasa

Galicia España Galicia España Galicia España 1964 8,0 17,3 25,4 14,6 0,9 4,2 1965 9,4 18,4 26,9 15,2 1,4 4,8 1966 9,3 18,6 26,5 14,9 3,7 5,3 1967 14,1 21,3 26,7 15,7 4,2 6,9 1968 16,5 24,5 26,2 17,3 4,6 8,1 1969 19,2 25,7 25,4 17,1 5,8 9,0 1970 20,9 27,9 23,1 18,1 6,4 9,6 1971 22,5 28,1 25,6 20,2 6,5 10,3 1972 22,5 29,3 22,0 19,8 8,1 11,0 1973 28,3 31,7 27,3 21,2 9,6 11,9 1974 1975 1976 21,7 33,9 24,5 21,4 9,0 12,6 1977 21,0 38,5 25,0 21,6 9,2 13,1 1978 1979 20,4 41,1 22,1 20,8 9,4 12,9 1980 24,4 44,9 22,1 21,6 9,5 13,4

Fonte: Confederación Española de Cajas de Ahorros, Situación actual y perspectivas de desarrollo de Galicia, Madrid, 1975, Boletín Mensual de Estadística, MAPA (1973-1981). AEPA e AEA (SAU), AEA (España). As cifras sinalan que a mediados dos sesenta o consumo por hectárea era inferior en Galicia que na media estatal coa única excepción dos fosfóricos. Este punto de partida débese fundamentalmente ao escaso aumento do consumo de nitróxeno e sobre todo potasa nos anos cincuenta. Pola contra o maior crecemento do consumo de estes elementos en Galicia nos sesenta e setenta non conseguiu inverter a situación sendo o consumo aínda inferior en 1980 nestes dous compoñentes. Aínda máis a evolución do consumo por hectárea de SAU de fósforo mostra como en ese caso a media estatal sitúase á altura de Galicia a finais dos setenta. Deixando de lado calquera tipo de consideración medioambiental por un momento e atendendo unicamente ás consecuencias económicas (contables) de esta evolución esto implica o desaproveitamento dunha das vantaxes comparativas da pequena explotación do noroeste, o que sería o incremento da producción por hectárea en compensación ás peores condicións estructurais para as melloras de productividade en base a tecnoloxías aforradoras en traballo. Por outra parte, e atendendo neste caso ás necesidades e impacto medioambiental do consumo de abonos químicos, contamos con un traballo de 1979 dos edafólogos Fernando Gil Sotres e Francisco Díaz-Fierros centrado especificamente no problema do fósforo. Antes de entrar nas súas consideracións ao respecto hai que recordar que as estimacións sobre as necesidades de fertilización que recollíamos para os anos cincuenta indicaban que o fósforo introducido na terra a partir da fertilización química non cubría máis que unha pequena cantidade das necesidades do mesmo. Gil Sotres e Díaz-Fierros concordan en esta afirmación ao afirmar que este elemento é con diferencia o máis escaso no solo de Galicia. A contracción do seu consumo non implica, polo tanto, que as necesidades estiveran cubertas. Seguindo coas estimacións de estes

341

dous autores, estes indican que en 1979 o aporte de fósforo á terra so chega a cubrir o 60% das necesidades. Ademais nesta estimación vai incluído o aporte a través do esterco, que supón máis do 50% do aporte de fósforo542. A consecuencia máis importante de estas estimacións é que neste compoñente concreto a reposición de nutrientes é incompleta. Aínda máis e entrando no outro aspecto da fertilización, a orgánica, non é nada aventurado conxecturar que esta perdeu importancia ao longo dos anos sesenta e setenta. As estimacións, burdas, de producción de matorral das estatísticas forestais citadas no capítulo III sinalan nesa dirección. Máis aínda, o incremento da superficie arborada entre os sesenta e os setenta e o abandono de terras para a actividade agraria que constata López Iglesias a partir da comparación entre as terras liberadas e as incorporadas a outras explotacións tamén indican na mesma dirección543. O proceso de transformación agraria dos anos sesenta e setenta non só non implicou unha mellora das tecnoloxías destinadas a incrementar a producción por unidade de superficie, senón que, empeorando esta relación no caso do fósforo, tamén se deteriorou a compatibilidade orgánica-química na fertilización destacada para o período anterior á Guerra Civil. No outro grupo de técnicas agrarias, as destinadas á reducir o volume de traballo na agricultura a situación é radicalmente distinta á fertilización e ao gasto en sementes. O grupo de gastos da partida de enerxía e de outros gastos, nas que a conservación de maquinaria é o compoñente principal, aumenta a súa participación no conxunto dos gastos de fora do sector ata ocupar conxuntamente o 37,5% en 1985. Engadindo a esto o incremento das amortizacións temos a conclusión de que as tecnoloxías aforradoras en traballo, é dicir a motomecanización, son o eixo do cambio técnico en Galicia na etapa da Revolución verde. Esta constatación cuestiona tanto ao modelo de cambio técnico proposto por Ruttan e Hayami como ás teses que sosteñen que a mecanización no proceso de modernización, e especialmente a mecanización entendida en número de tractores, é protagonizada esencialmente pola gran explotación. Respecto a esta cuestión, o traballo que defende con maior consistencia que son as grandes explotacións as que introducen as novas técnicas e moi especialmente os tractores é o de Naredo. Os datos que aporta Naredo son concluíntes no sentido de que entre 1955 e 1969 son as grandes explotacións as protagonistas do proceso de motomecanización da agricultura. Unha posición similar sostén Inmaculada López para a rexión de Murcia onde foron as grandes explotacións de sequeiro as que concentraron o maior volume de tractores, mentres que no regadío o protagonismo foi do motocultor544. Pola contra e sobradamente resaltado por diversas investigacións o extraordinario desenvolvemento da motomecanización en Galicia durante a década dos setenta como indican tanto a composición dos gastos e das amortizacións da agricultura

542 “O problema do fósforo na agricultura de Galicia”, Revista Galega de Estudios Agrarios, 2, 1979, pax. 168-184. 543 López Iglesias, Movilidad de la tierra... op cit 544 Naredo, La evolución de la agricultura... op cit pax. 161 e ss.. Mª Inmaculada López Ortiz, “Entre la tradición y el cambio: la resouesta de la región de Murcia a la crisis de la agricultura tradicional”, Historia Agraria, 19, 1999, pax. 88-89.

342

como a evolución dos censos de maquinaria545. O cadro 14 sinala a evolución do parque de tractores de rodas entre 1960 e 1979 e a súa posición relativa con España. A evolución do número de estes tractores mostra que no período analizado por Naredo si é certa a hipótese de que a gran explotación é a que protagoniza o proceso de modernización técnica. Sen embargo no período posterior a agricultura galega introdúcese plenamente no proceso ocupando o parque de tractores galego porcentaxes moi elevados respecto ao total español. Cadro 14 Evolución do censo de tractores de rodas (Nº de unidades) Galicia España %

1960 407 53164 0,77 1961 734 66836 1,10 1962 872 87857 0,99 1963 1783 108603 1,64 1964 2140 123561 1,73 1965 2977 140698 2,12 1966 4289 160975 2,66 1967 5832 182219 3,20 1968 7446 203430 3,66 1969 9285 228212 4,07 1970 10744 247211 4,35 1971 12563 268194 4,68 1972 15398 290513 5,30 1973 18380 313537 5,86 1974 22268 337170 6,60 1975 26360 359656 7,33 1976 29964 380224 7,88 1977 39519 400432 9,87 1978 40686 433594 9,38 1979 47584 468196 10,16

Fonte, Censos de maquinaria agrícola. Máis non é o número de maquinas o único termo a considerar, dada a potencia moi diversa dos tractores, polo tanto non é tampouco o número de hectáreas labradas por tractor o índice máis axeitado para avaliar a incidencia da modernización en termos comparables (aínda que tamén da un resultado moi favorable á agricultura galega). Máis significativo é o índice que mide o número de cabalos de vapor por hectárea de SAU, que recollemos no cadro 15. O resultado non pode ser máis concluinte. Os índices de mecanización, dos tractores e motocultores da agricultura galega superan a media española dende 1968 chegando a ser o 268% da media do Estado en 1979. Dende o punto de vista da evolución provincial, son as provincias de A Coruña e Lugo as que primeiro inician o proceso de introducción da motomecanización, superando a media española en 1966 e 1968 respectivamente. O proceso nas provincias de Pontevedra e Ourense é claramente máis tardío, superando a media do estado só en 1972 e 1977 respectivamente. Nas provincias do norte teñen unha maior importancia as

545 Colino, La integración... op cit pax. 69-72. Julio G. Sequeiros Tizón, El desarrollo económico en Galicia. Vol I, Agricultura y mercado interior, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1986, pax. 136-137.

343

explotacións de medíano e gran tamaño (entre 10 e 50 hectáreas e entre 50 e 100, xa que nos censos agrarios as explotacións de máis de 100 hectáreas correspóndense fundamentalmente coa superficie de montes veciñais). Esta evolución confirma a idea de que hai dúas fases na introducción de grandes máquinas. Unha primeira na que o protagonismo o teñen as explotacións de gran tamaño e outra na que progresivamente se van mecanizando as explotacións de tamaño medio e pequeno. Cadro 15 Tractores e Motocultores (Nº de Cv por cada 100 Has de SAU) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1960 3,1 1,2 0,3 0,8 1,5 9,3 1961 6,8 2,1 0,7 1,7 3,2 11,7 1962 10,8 5,2 1,2 2,9 5,7 15,9 1963 16,9 8,2 2,3 5,2 9,1 20,2 1964 18,4 11,1 3,3 9,0 11,4 23,8 1965 29,0 16,4 5,6 14,9 17,8 28,1 1966 42,2 23,6 8,9 52,7 30,3 33,4 1967 55,5 38,0 13,7 32,4 37,7 39,3 1968 69,2 52,2 26,6 35,5 51,0 45,5 1969 83,5 71,6 19,4 41,6 57,8 48,8 1970 90,8 85,1 24,9 48,1 66,6 55,7 1971 102,8 101,9 31,7 55,9 78,3 62,4 1972 124,9 122,3 41,3 72,1 96,6 66,3 1973 146,0 164,2 52,3 89,2 121,2 74,5 1974 182,4 206,2 66,9 115,6 152,8 83,2 1975 223,3 250,3 81,6 144,9 186,9 91,6 1976 260,3 288,3 96,0 172,0 217,6 100,6 1977 301,5 341,7 113,6 204,8 256,0 109,0 1978 345,3 430,9 131,1 234,4 303,2 118,8 1979 389,4 487,9 157,5 275,2 346,7 129,1

Fonte, Censos de maquinaria agrícola. AEPA e AEA (SAU). Cadro 16 Todas as máquinas con motor (CV por 100 has. labradas) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra España

1969 116,8 97,9 30,6 55,6 71,0 1970 128,9 117,7 40,6 57,1 78,3 1971 145,1 140,1 72,1 66,6 86,4 1972 174,4 191,8 58,4 83,1 89 1973 206,4 242,7 73,2 103,4 98,2 1974 253,6 323,3 95,6 132,7 110,6 1975 308,2 392,1 116,9 165,3 119,6 1976 357,9 453,6 136,2 194,4 130,2 1977 413,9 536,6 160,6 230,6 139,8 1978 472,8 628,0 185,3 264,7 150,7 1979 537,9 711,1 222,4 308,9 162,4

Fonte, Censos de maquinaria agrícola. Á mesma consecuencia se chega se o índice de mecanización se constrúe a partir de todas as máquinas a motor (Cadro 16). Neste caso o índice está tomado directamente dos censos de maquinaria e non realizado a partir da SAU. Sen embargo as conclusións

344

son perfectamente válidas e apuntan á mesma dirección. As conclusións non son unicamente aplicables á Galicia, xa que as provincias con uns índices de mecanización máis elevados a finais dos anos setenta son as situadas no norte e con unha maior importancia das explotacións de mediano tamaño como Oviedo, Santander e as provincias do Pais Vasco. A constatación da incidencia do proceso de mecanización na pequena explotación plantexa evidentemente cuestións relevantes. A explicación que da José Colino de este feito radica na diferente adopción de tractores segundo o tamaño da explotación. A partir dos datos do censo agrario de 1972 do número de tractores segundo o tamaño da explotación constata que as explotacións de pequeno tamaño (ata 5 hectáreas) non teñen un porcentaxe de tractores inferior ao que supoñen no conxunto das explotacións censadas. Sen embargo as explotacións de entre 5 e 10 hectáreas supoñen o 15, 3% das explotacións, pero posúen o 28,2 % dos tractores, e as de entre 10 e 20 hectáreas supoñen o 7,8% e teñen o 31,7%. Polo tanto estes datos, polo demais razoables non invalidan a forte incidencia da mecanización na pequena e media explotación546. Cadro 17 Explotacións que utilizan tractores en 1982 (en %) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Propiedade 38,1 64,5 35,4 20,7 38,1 Cooperativa ou SAT 1,7 1,4 0,5 0,5 1,1 Empresas ou outras explotacións 60,2 34,1 64,1 78,8 60,8 Total 100 100 100 100 100

% do total sobre o Nº de explotacións censadas 51,1 45,7 25,1 51,5 44,2 Fonte: Censo agrario de 1982 Ademais os datos de Colino non teñen en conta o número de explotacións que non utilizan tractores en propiedade, senón que os alugan ou os utilizan cooperativamente. Esa información se pode obter a partir do censo agrario de 1982 onde se diferencia entre as explotacións que utilizan tractores entre as que os teñen en propiedade e os que os utilizan a través de cooperativas ou alugan a empresas e outros agricultores (Cadro 17). Estes datos permiten chegar a algunha conclusións sobre o problema da introducción da motomecanización. En primeiro lugar é moi elevado, tendo en conta o número de explotacións en Galicia, a porcentaxe das explotacións que utilizan tractores en Galicia, e tamén o é a porcentaxe de estes en propiedade. En segundo lugar chama a atención poderosamente a escasa incidencia da innovación colectiva a través de cooperativas ou SAT, o que está indicando que o proceso de innovación é radicalmente distinto ao definido para o primeiro tercio de século. A maioría das explotacións que utilizan tractores non o fan en propiedade senón que chegan ao seu uso por vía indirecta, o que é coherente có modelo de innovación dominante na pequena explotación, pero a través de aluguer e non por vía cooperativa ao contrario do sucedido no primeiro tercio. As consecuencias da desarticulación do cooperativismo agrarista chegan ata aquí, xa que vimos no capítulo III que non foron substituídas en esas función polas irmandades sindicais.

546 Colino, La integración... op cit pax. 80-81.

345

Outra cuestión á que nos leva a análise do proceso de modernización adoptado pola agricultura galega é o referido á súa ineficiencia, tanto en termos económicos (contables) como medioambientais. O elevado número de máquinas introducidas respecto á súa utilización (Cv por hectárea) implica unha desmesurada e rápida introducción da enerxía fósil na agricultura e tamén un gasto enorme en gastos correntes e en amortizacións que non se corresponde co volume de producción obtida. Este feito remítemos a intentar unha explicación do cambio que fuxa de determinismos. En termos do modelo de cambio de Ruttan e Hayami a utilización de tecnoloxías aforradoras en traballo é característico de agriculturas onde o ben escaso é o traballo. Este modelo é perfectamente razoable tendo en conta que en agriculturas de pequena explotación a introducción de maquinaria non permite aforrar en traballo entendido como número de activos, e polo tanto non permite mellorar a productividade do traballo en eses termos. Sen embargo o relevante para entender a cuestión non é o número de activos, senón o aforro de esforzo que a mecanización supón para o labrego (en número de horas pero tamén na propia percepción da autoexplotación). Anteriormente en esta investigación fíxose referencia a que esta é unha cuestión clave para entender a adopción de determinadas maquinarias no primeiro tercio do século XX e o é tamén na mecanización que estamos a analizar. O relevante non parece neste caso a rendibilidade económica da explotación, senón o aforro en esforzo que supón. Non é unha investigación macroespacial como esta o lugar máis axeitado para profundizar no proceso pero parece que hai dous mecanismos que permiten que esta innovación se produza. En primeiro lugar a achega de cartos ás explotacións agrarias polo traballo de un ou varios membros en actividades non agrarias. En segundo lugar a achega de cartos da emigración europea e o retorno dos mesmos. Non podemos, a partir das fontes que manexamos ir máis alá, pero si parece que son dúas hipóteses de traballo razoables. Esta última argumentación remite á racionalidade da adopción da maquinaria, pero non invalida en termos de análise macro as consecuencias que tivo o proceso de mecanización na perda de eficiencia enerxética e noutras consecuencias medioambientais, nin tampouco o impacto do volume de gastos na formación da renda agraria aspecto ao que nos referiremos de seguida.

346

IV.2.4. O fracaso da agricultura como actividade económica. A evolución das macromagnitudes. A conclusión final do proceso que describimos nas páxinas anteriores ten a súa consecuencia contable na evolución da renda agraria que nas macromagnitudes agrarias aparece definido como Valor Engadido Neto ao custe dos factores (VENcf). A evolución da renda agraria é consecuencia da evolución de tres variables. A primeira é a relación entre a evolución da PFA e dos gastos de fora do sector, é dicir, do Valor Engadido Bruto a prezos de mercado (VEBpm). O volume que supoñen as amortizacións ( e das subvencións que sen embargo non supoñen un capítulo importante). Por último, e dado que, o deflactor da renda é o IPC, ou sexa que mide a capacidade adquisitiva dos labregos, incide tamén na renda a evolución da relación entre os índices de prezos.

Gráfico 16

GaliciaEvolución das macromagnitudes agrarias (pts de 1976)

0

10000

20000

30000

40000

50000

60000

70000

80000

90000

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

PF Agraria Gastos fora do sector VEB pm VENcf

Fontes: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos percibidos polos agricultores(PFA) e pagados polos agricultores (Gastos) (AEA, 1975,76, 77 e 78). VENpm = PFA-gastos en pts constantes. VENcf deflactado polo IPC. Alonso de Ojeda Eiseley, Índices de prezos en España en el período 1913-1987, Banco de España, madrid, 1988. O gráfico 16 resume a evolución en Galicia das principais macromagnitudes agrarias no período estudiado. A gráfico expresa de forma patente as consecuencias económicas do proceso de modernización. O conxunto dos gastos correntes da agricultura galega aumentan moito na segunda metade dos sesenta e primeiros setenta, o que ten como consecuencia que o VEBpm creza moito menos e ademais que entre finais dos setenta e primeiros oitenta se produza unha contracción de ese crecemento. O elevado consumo de inputs intermedios procedentes de outros sectores ou de outras agriculturas non supuxo nin moito menos unha mellora en termos económicos dos resultados da agricultura galega. Máis significativo aínda é o comportamento da renda agraria. Esta se mantén estancada ou con unha caída lixeira entre mediados dos sesenta e mediados dos setenta, pero a partir de 1978 sufre unha enorme reducción a niveis inferiores aos de mediados dos anos sesenta que nos sitúan máis perto do proceso de cambio por derribo do que nos falaba José Antonio Durán que dunha verdadeira

347

modernización547. Este comportamento da renda agraria ten moito que ver co aumento do peso porcentual na PFA das amortizacións de maquinaria, pero fundamentalmente ten depende da moi desfavorable relación entre os prezos percibidos e o IPC a partir dos anos finais da década dos setenta. Para comprobar esta afirmación mostramos na gráfica 17 a relación entre os prezos percibidos polos agricultores e os prezos pagados e entre os percibidos e o IPC. A gráfica mostra que no período clave da modernización a relación entre os prezos percibidos e os pagados non foi moi desfavorable aos primeiros e incluso sendo positiva en algúns anos. Esta evolución favoreceu o recurso masivo a inputs de fora do sector. Sen embargo a relación entre prezos percibidos e o IPC sufre un deterioro continuo dende unha situación moi favorable aos agricultores onde a renda en pts constantes e superior á PFA cara outra onde a mesma cae a valores ridículos.

Gráfico 17

Evolución da ratio entre os índices de precios

0,00

0,20

0,40

0,60

0,80

1,00

1,20

1,40

1,60

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Percibidos/pagados Percibidos/IPC

Fonte: AEA, 1975,76, 77 e 78, Alonso de Ojeda Eiseley, Índices de prezos en España en el período 1913-1987, Banco de España, Madrid, 1988 Este comportamento da renda agraria é un dos principais indicadores dunha das consecuencias máis significativas da “modernización” agraria como é a progresiva ruína da producción agraria como actividade económica en relación ás outras ramas da economía. Que esta se manteña a pesar de todo, afirma Naredo, depende fundamentalmente que nesta etapa tamén a parte fundamental dos ingresos familiares deixa de provir da actividade agrícola e pasa a depender de traballos de algún membro da familia en outros sectores ou fundamentalmente de subsidios e subvencións548.

547 “El problema agrario de Galicia (Otro proceso de cambio por derribo)”, en Crónicas IV, Akal, Madrid, 1986, pax 27-118. 548 “Sobre el declive de la producción agraria en la economía de la sociedad rural”, en La evolución de la agricultura... op cit pax. 413-441.

348

IV.2.5. A evolución da productividade da terra e do traballo. Na delimitación do proceso que acabamos de describir ten máis interese coñecer a evolución da productividade e da renda por activo que a do VEBpm e da renda en termos absolutos. Para poder afrontar esta evolución con garantías é necesario facer algunhas consideracións sobre as estatísticas dispoñibles para o que seguimos a investigación de Edelmiro López Iglesias ao respecto. As tres series que nos permiten analizar a evolución do emprego agrario son as dos censos de poboación, as estimacións do Banco de Bilbao e a enquisa de poboación activa (EPA). As tres fan referencia ao mesmo concepto xenérico de poboación activa ou emprego agrario. As cifras máis consistentes son as da EPA, pero so dispoñemos de elas para unha análise rexional a partir dos anos setenta, polo que só nos cobren unha parte cativa do período estudiado. As cifras do Banco de Bilbao seguen a estimación da Epa nos anos setenta, con estimacións propias cara atrás o que dificulta a consideración homoxénea da seria. Por outra parte as cifras de activos no sector primario dos censos de poboación non ofrecen fiabilidade se sumamos os activos femininos que están amplamente subestimados respecto aos datos da EPA549. Cadro 18 Galicia. Productividade do traballo en pts de 1976 (1976=100) EPA PFA/ ocupado VEBpm/ ocupado Renda/ Ocupado

1976 100 100 100 1977 99 96 98 1978 110 102 103 1979 121 114 103 1980 136 130 101 1981 134 122 87 1982 147 139 97 1983 136 127 81 1984 140 128 84 1985 133 115 72

Fonte, a mesma que no gráfico 16 e a base de datos Tempus do INE(www.ine.es). Cadro 19 Productividade do traballo en Galicia en % sobre a media española. EPA PFA/ ocupado VEBpm/ ocupado Renda/ Ocupado

1976 37 40 37 1977 36 41 36 1978 37 38 36 1979 38 41 38 1980 37 38 38 1981 37 38 37 1982 40 44 40 1983 34 37 32

Fonte, a mesma que no gráfico 16 e a base de datos Tempus do INE(www.ine.es). A fiabilidade das dúas cifras que contamos para antes dos setenta é discutible polo que deberemos contar coas tres para chegar a conclusións consistentes sobre a

549 Demografía e estruturas... op cit pax. 325 e ss..

349

evolución da productividade do traballo. Nos cadros 15 a 24 se expoñen os datos para as tres fontes, tanto da evolución absoluta da productividade do traballo en Galicia como a porcentaxe respecto á media española. Nas tres fontes trátase de activos ou ocupados en agricultura e pesca. No caso dos censos de poboación as cifras recollen a productividade por activos agrarios masculinos, nos outros contabilízanse os masculinos e os femininos. Cadro 20 Galicia. Productividade do traballo en pts de 1976 (1960=100). Censos PFA/AAM VEBpm/AAM Renda/AAM

1960 100,0 100,0 100,0

1970 182,8 148,4 124,0

1981 436,7 336,7 167,8

Fonte, a mesma que no gráfico 16 (as macromagnitudes de 1960 son a media en ptas constantes de 1961-1965, e as de 1981 as de 1981 as de 1979-83) e López Iglesias, Demografía... op cit vol IV. Activos agrarios masculinos Cadro 21 Productividade do traballo en Galicia en % sobre a media española. Censos PFA/AAM VEBpm/AAM Renda/AAM

1960 60,2 64,0 68,8

1970 53,3 55,2 55,8

1981 53,8 78,8 10,0

Fonte, a mesma que no gráfico 16, López Iglesias, Demografía... op cit vol IV, Roser Nicolau, “La población”, en Albert Carreras (Ed.), Estadísticas históricas de españa, ss XIX-XX, Banco Exterior, Madrid, 1989, pax. 49-90.

350

Cadro 23 Galicia. Productividade do traballo en pts de 1976 (1963=100). Banco de Bilbao. PF Agraria VEB prezos mercado VENcf

1959 100,1 101,5

1960 95,2 93,4

1961 91,5 89,8

1962 86,7 80,8

1963 100,0 100,0 100,0

1964 118,3 116,1 112,6

1965 103,2 100,0 103,3

1966

1967

1968

1969

1970

1971

1972 145,5 115,0 102,6

1973

1974

1975

1976 195,3 156,4 111,7

1977 187,9 147,3 106,7

1978 216,5 161,2 116,2

1979 238,0 179,8 115,3

1980 253,5 193,4 107,6

1981 253,8 184,6 94,7

1982 306,2 231,8 116,0

1983 312,8 234,5 107,2

Fonte, a mesma que no gráfico 16, Lopez Iglesias, Demografía... op cit vol IV, La renta nacional de España y su distribución provincial. Serie Homogénea. Años 1955-1993, BBVA, Bilbao, 1999.

351

Cadro 24 Productividade do traballo en Galicia en % sobre a media española. Banco de Bilbao PFA/emprego agrario VEBpm/ emprego agrario renda/ emprego agrario

1959 66,9 69,7

1960 63,1 63,9

1961 53,7 55,6

1962 46,3 46,0

1963 46,5 49,2 49,8

1964 57,0 63,2 65,0

1965 51,7 58,3 60,2

1966

1967

1968

1969

1970

1971

1972 42,9 44,3 44,8

1973

1974

1975

1976 41,2 44,2 41,1

1977 38,6 43,1 38,2

1978 40,6 42,5 39,8

1979 42,2 44,9 42,3

1980 38,6 40,1 39,6

1981 39,0 40,8 39,5

1982 43,7 48,6 44,1

1983 40,4 43,5 38,0

Fonte, a mesma que no gráfico 16, López Iglesias, Demografía... op cit vol IV, La renta nacional de España y su distribución provincial. Serie Homogénea. Años 1955-1993, BBVA, Bilbao, 1999. En todas as fontes a evolución da productividade do traballo está fortemente condicionada pola evolución da poboación activa no período onde se produce o descenso en termos absolutos máis forte da historia de Galicia. No que se refire as cifras máis fiables, as da EPA, dous feitos merecen ser comentados. O incremento da productividade por activo nos anos setenta pola PFA ou polo VEBpm (productividade aparente), non chega para compensar a caída experimentada pola renda agraria pola influencia dos índices de prezos (ademais que esa tendencia a mellora da productividade se interrompe dende 1982). Polo tanto a crise da agricultura como actividade económica que constatábamos ao medir a evolución da renda confírmase agora có cálculo da renda por activo. O outro elemento a considerar é a posición relativa da productividade do traballo en relación á media española. Entre 1976 e 1985 esa posición mantense entre o 37 e o 40%, uns niveis baixísimos que poñen en cuestión todo o modelo de desenvolvemento da revolución verde en Galicia. Non é posible explicar o nivel acadado en base a estructura dimensional das explotacións, aínda que segue a ser o factor principal. A modernización céntrase en Galicia exclusivamente na especialización gandeira sostida polo recurso masivo a pensos de fora da rexión e non aos propios recursos agrícolas endóxenos. Da mesma forma o modelo de cambio técnico adoptado non foi o máis axeitado para unha agricultura de pequena explotación no que o crecemento da productividade da terra podería, coa introducción das tecnoloxías necesarias, paliar as desventaxas da pequena agricultura. Que se producira exactamente o contrario non fixo

352

máis que incrementar os efectos de que non se producise un redimensionamento das explotacións. As dúas fontes que permiten levar a análise cara atrás, as dos censos de poboación e do banco de Bilbao, remiten en esencia ao mesmo tipo de explicación aínda tendo en conta as diverxencias entre as cifras. Nos dous casos constátase para comezos da década dos sesenta unha relación da productividade do traballo moito máis elevada coa media española que na etapa final. Aínda así esta supuña entre o 60 e o 70% da media española o que confirma a idea defendida no capítulo III de que a evolución de esta variable durante o primeiro franquismo foi moi negativa. O elevado incremento da productividade do traballo en termos absolutos durante o período de modernización, debido tanto ao incremento das macromagnitudes como ao descenso do número de activos, foi en todo caso inferior ao conxunto do Estado.

Gráfico 18

GaliciaPFAg+PFG/SAU (1958=100)

0

50

100

150

200

250

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos percibidos a PFAg co índice de prezos agrícolas e a PFG co índice de prezos gandeiros (AEA, 1975,76, 77 e 78). AEA e AEPA para a SAU. A construcción dunha serie que nos permita coñecer a evolución da productividade da terra é moito máis difícil xa que as categorías das fontes para o período non son as máis axeitadas. Este feito é xa de por si indicativo da orientación predominante da política agraria orientada case exclusivamente ao incremento da productividade do traballo vía descenso do número de activos e da mecanización sen plantexarse outro tipo de alternativas. As macromagnitudes non permiten un achegamento o suficientemente fino, xa que deberiamos dispoñer das produccións agrícolas e pastos incluídas no reemprego para coñecer con exactitude a productividade da terra en termos físicos e non contables ( é dicir a productividade bruta da terra sen detraccións), o que nos permitiría coñecer á evolución da base agrícola da producción final agraria. No seu defecto debemos empregar a producción final agrícola e a gandeira para coñecer a evolución de esta variable. No que se refire ao outro lado da fórmula, a superficie, os anuarios só se poden manexar coa suma da SAU (cultivos e prados naturais), xa que a evolución dos prados está subestimada ao igual que a evolución dos cultivos. Este problema é clave xa que o crecemento da productividade en termos de Producción Final Agrícola máis Producción Final Gandeira por hectárea de SAU remite ao crecemento da PFG a base de pensos de fora do sector e non da base agrícola do sistema agrario Para paliar este defecto utilizamos tamén a superficie dos censos

353

agrarios, que, aínda que non inclúe toda a superficie da rexión si rexistra dunha forma máis clara a evolución diferenciada dos pastos e dos cultivos. A evolución a partir dos AEPA recóllese no gráfico 18, que nos remite realmente máis á evolución da PFG que a da productividade da terra. O crecemento acumulativo anual da variable é entre 1965 e 1985 do 3,18%. Pola contra as cifras a partir dos censos agrarios sinalan unha evolución máis axustada (cadro 25), con un crecemento acumulativo anual entre 1962 e 1982 do 3,7% para a SAU e só do 1,7% para a Producción Final Agrícola por hectárea de cultivo. En todo caso as cifras son meras aproximacións que non serve para realizar unha análise a fondo do tema. O conxunto de datos aportados ata o de agora confirman que non foi a productividade da terra, e ao contrario que a evolución da agricultura de base orgánica, unha variable que tivese unha incidencia relevante no desenvolvemento da agricultura dos anos sesenta e setenta. Cadro 25 Productividade da terra en pts de 1976/Ha. (censos agrarios) PFAg/ Cultivos PFAg+PFG/SAU

1962 100 100

1972 102,5 128,1

1982 139,2 208,3

Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85). Deflactados co índice de prezos percibidos a PFAg co índice de prezos agrícolas e a PFG co índice de prezos gandeiros (AEA, 1975,76, 77 e 78). Censos agrarios.

354

355

IV.3. O CARÁCTER RESTRINXIDO ESPACIAL E DIMENSIONALMENTE DAS TRANSFORMACIÓNS. EVOLUCIÓN DOS USOS DOS SOLO, 1962-1982. IV.3.1. A evolución dos usos do solo. Plantexamento do problema. No apartado anterior a análise da evolución das macromagnitudes agrarias demostrou que a configuración do proceso de modernización en Galicia tivo fundamentalmente dúas consecuencias negativas nos planos económico e medioambiental: unha caída da renda agraria e tamén da renda por activo en termos absolutos e comparativos co conxunto do Estado español e unha perda da eficiencia enerxética xunto con outras consecuencias medioambientais derivadas moito máis elevada do que a configuración histórica do sistema agrario podía facer supoñer. Nos factores que incidiron na dimensión de estes problemas hai que citar principalmente a inexistencia dun redimensionamento das explotacións, e sobre todo un incremento da SAU por explotación que permitira que o modelo de cambio técnico adoptado fose rentable en termos macroeconómicos, por moito que existan explicacións dende a racionalidade labrega que axuden a entender esta adopción. Ao mesmo tempo, a especialización gandeira non foi unida a unha especialización agrícola das zonas con mellores condicións medioambientais para o desenvolvemento da agricultura intensiva o que fixo que o incremento da productividade da terra, clave para explicar as transformacións do século XIX e primeiro tercio do XX, xogase un papel similar no incremento da productividade do traballo. A análise da evolución da base agrícola da especialización gandeira, así como a crise do sistema de cultivos que están detrás de esta evolución, non se pode facer en base a agregados macroeconómicos. É necesario coñecer o que está detrás do concepto de reemprego que por si só non explica practicamente nada. A mellor opción é a análise da evolución dos usos do solo e o seu carácter desagregado tanto espacial como dimensionalmente.No seu traballo sobre a evolución das estructuras agrarias Edelmiro López Iglesias incluíu unha utilización dos censos para estudiar a evolución dos aproveitamentos, moi especialmente centrada na evolución entre 1962 e 1989 aínda que con datos referidos aos dous censos intermedios. Imos agora a resumir algunhas das súas conclusións máis importantes550. Como xa indicamos a relación SAU/explotación non aumentou no período estudiado. O incremento de esta relación podíase dar por medio de dúas vías: a desaparición e concentración de explotacións e a roturación para usos agrarios das superficies de monte que permitira incrementar a relación SAU/superficie total, opción que no contexto tecnolóxico da Revolución Verde era perfectamente factible pola distribución da capacidade productiva dos solos que describimos no capítulo I. Pois ben, como se desprende dos cadros 26 e 27 a SAU diminuíu, tanto en termos absolutos como relativos entre 1962 e 1989, aínda que con marcadas diferencias provinciais, posto que na Coruña si se deu unha evolución positiva en termos absolutos e relativos e en Lugo en termos relativos fronte o caso de Ourense e Pontevedra. Esto

550 Demografía e estruturas... op cit pax. 1173 e ss.

356

debeuse fundamentalmente a que se ben si se incrementou a superficie de prados (Cadro 28) deuse paralelamente unha forte diminución da superficie cultivada. Cadro 26 Evolución da SAU en Galicia (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1962 161608 232654 150839 84336 629437 1989 173002 221907 103393 72560 570862

89-62 11394 -10747 -47446 -11776 -58575 Fonte:López Iglesias, Demografía e estruturas... op cit. Cadro 27 % de SAU sobre a superficie total censada (%) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1962 27,9 27,9 22,8 24,1 26,0 1989 32,2 28,4 17,9 22,6 25,7

Fonte:López Iglesias, Demografía e estruturas... op cit. Cadro 28 Evolución da superficie de prados e pradeiras permanentes 1962-1989 (Has.) Total superficie censada A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1962 32299 69490 37306 13843 152938 1989 94444 149866 42497 38079 324886

89-62 62145 80376 5191 24236 171948 Fonte:López Iglesias, Demografía e estruturas... op cit. Cadro 29 Evolución da superficie de prados e pradeiras permanentes 1962-1989 (Has.) Superficie de montes veciñais A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1962 1021 1148 664 37 2870 1989 3885 4769 2056 199 10909

89-62 2864 3621 1392 162 8039 Fonte:López Iglesias, Demografía e estruturas... op cit. En relación ao incremento de prados e á reducción da superficie cultivada hai dous procesos que conflúen no resultado final. Por un lado si se produciu a conversión de montes en prados xunto co abandono de explotacións e a retirada das terras do uso agrario e por outro a conversión en prados de terras de cultivo. Máis non chega con esto para explicar a evolución descrita. Se a SAU non creceu entre 1962 e 1989 foi fundamentalmente debido á non conversión en pastos dos montes veciñais. No cadro 29 recóllese a evolución da superficie de prados nos montes de máis de cen hectáreas, que en Galicia se corresponden bastante ben cos montes veciñais, e queda moi evidenciada a escasa dimensión cuantitativa da conversión en pastos de estas superficies. É certo que os montes veciñais que sobreviviron á individualización estaban xeralmente situados en zonas onde as condicións productivas para esta conversión eran menores, pero esto non explica completamente esta evolución. A política forestal aplicada ás superficies de montes veciñais é un dos elementos fundamentais que explican esta evolución xa que, como veremos, a acción exclusiva que administración terá para os montes veciñais será a de asegurar a tarefa repoboadora.

357

Na análise da evolución do sistema de cultivos está, polo tanto a chave para entender a desarticulación do sistema agrario e a forma que adoptou a Revolución Verde en Galicia. Na seguintes páxinas profundizaremos na liña comezada por López Iglesias. Centraremos a análise nos censos de 1962, 1972 e 1982. O censo de 1989 queda fora do ámbito temporal de este traballo, pero fundamentalmente o estudio da evolución entre 1962 e 1989 está completado no citado traballo de López Iglesias551. O estudio da evolución entre os dous períodos intercensais permite centrar a análise no momento central da desarticulación do sistema agrario e no período para o que menos información temos das macromagnitudes agrarias, na segunda metade da década dos sesenta e na primeira dos setenta xusto cando o ritmo de crecemento da PFA é maior. Da mesma forma ten interese analizar a evolución non só dos usos nos montes comunais, senón tamén no conxunto das superficies a monte. Sinalabamos que as estatísticas de producción do sector forestal son de moi dubidosa fiabilidade, polo que temos que recorrer á evolución de estas superficies para aproximarnos ao sucedido nos anos sesenta e setenta cos usos agrícolas e forestais do monte. Para esto recorreremos tamén ás cifras proporcionadas polos censos agrarios xunto con outras específicas para o monte. En concreto as que nos parecen máis axeitadas son a estimación do CESIN para 1964, xa recollida no capítulo III, e as cifras dos dous primeiros inventarios forestais. Aínda que non se trate de fontes homoxéneas, na primeira son datos elaborados á partir da foto aérea e nos inventarios forestais os datos son recopilados directamente sobre o terreo, non son resultados de enquisas ou de estimacións dos servicios forestais.

551 Necesariamente moitas das nosas conclusións serán redundantes coas obtidas por el pero a súa inclusión está xustificada pola súa centralidade na explicación do proceso de modernización.

358

IV.3.2. Os datos estatísticos, Os censos agrarios e a estatísticas anuais de cultivos. O recurso aos censos agrarios xustifícase en que son os que proporcionan un maior volume de información, pero non só por esa razón. Tamén é a fonte que mostra unha maior fiabilidade. As estimacións da superficie cultivada e de prados naturais dos anuarios do Ministerio non permiten dar conta da evolución rexistrada para o período. Estes datos (Gráfico 19) parecen indicar que durante o período no que o ministerio realiza estimacións dos usos da terra non pasou absolutamente nada dende a perspectiva dos usos do solo en Galicia, e esto é moito máis claro a partir de 1972 (ata este anos si se recolle o crecemento dos prados), o período máis recente. Xa indicabamos no capítulo III que a superficie de prados naturais dos anos cincuenta estaba subestimada como se desprendía da comparación cos datos do catastro.

Gráfico 19

Evolución da SAU en Galicia (Has.)

0

100000

200000

300000

400000

500000

600000

700000

1954

1956

1958

1960

1962

1964

1966

1968

1970

1972

1974

1976

1978

1980

1982

1984

Superficie cultivada Prados naturais

Fonte AEPA, AEA. Queda por demostrar que a evolución que rexistran os censos é máis axustada que a dos anuarios. Hai que ter en conta que a este respecto as cifras totais dos censos non recollen a totalidade da superficie rexional senón só as das explotacións agrarias, aínda que con seguridade non recollen todas. A este respecto debemos saírnos do marco temporal establecido para esta investigación e achegarnos a actualidade. As series estatísticas anuais, elaboradas agora pola Xunta de Galicia, seguen mostrando unha evolución semellante da superficie de SAU. No próximo anuario da Consellería de Agricultura, á que debemos que nos proporcionara esta información inédita, publicarase unha estimación diferente que sitúa a situación na súa xusta medida. Esta estimación é a elaborada pola axencia de comarcalización en base a fotografía aérea polo que non cabe dubidar da súa fiabilidade. Pois ben a comparación entre estas cifras e as do anuario de 1997 non deixan lugar a dúbida sobre a escasa fiabilidade das estimacións anuais de superficie cultivada e prados (Cadro 30). A maior diverxencia dáse precisamente nos cultivos, nos pasto e nas outras superficies que recollen esencialmente usos non agrarios. O volume de SAU para a primeira das cifras supera as 910000 hectáreas mentres que a outra ronda as 700000, precisamente a magnitude de SAU que indican aproximadamente os censos de 1982 e 1989, e tendo en conta algunha porcentaxe de

359

ocultación nos mesmos ou as superficies de horta microscópica que os censos non recollen por non incluír explotacións menores de 0,1 hectárea. Cadro 30 Galicia distribución da superficie na actualidade (Has.) Anuario 1997 Comarcalización % Anuario % Comarc. Cultivos 537291 353580 18,2 11,9 Prados e pasteiros 372787 345609 12,6 11,6 Forestal (arborado e desarborado) 1817675 1952945 61,7 65,8 Outras superficies 219895 317141 7,5 10,7 Total 2947648 2969275 100 100 Fonte: Anuario de estatística agraria 1997, Xunta de Galicia e datos inéditos da Consellería de Agricultura. ¿Cal é a razón da baixa fiabilidade das series anuais? Como vimos con anterioridade nas estatísticas de cultivos si se rexistra a diminución dos mesmos aínda que con seguridade a un ritmo máis pequeno que o que sucedeu realmente. En primeiro lugar descoñecemos a metodoloxía das estimacións da superficie cultivada, e no que se refire a agricultura de rotacións intensivas este dato é básico. Por outra parte creemos que a parte máis fundamental do erro está en consignar como superficies forraxeiras e sobre todo pradeiras artificiais o que serían prados, xa que as series de prados artificiais si que teñen un forte crecemento de 36000 hectáreas en 1962 a 70000 en 1980. A combinación das dificultades das estatísticas anuais para consignar cambios acelerados unido a confusións nas definicións teñen como resultado que non son unha boa fonte para o período dos sesenta e sobre todo setenta. Cadro 31 Superficie total censada 1962-1982 (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1962 579316 834006 661263 349422 2424007 1972 600574 843796 635644 376582 2456596 1982 547168 757818 593151 343831 2241968

Fonte: Censos agrarios. Non se suman en 1962 as explotacións menores de 0,1 has. que non se recollen nos demais. Queda demostrado que os censos agrarios son unha fonte moito máis fiable para a evolución dos usos do solo que a que proporcionan as estatísticas anuais, sen embargo non toda a discusión sobre os censos remata con esta constatación. Respecto ao censo de 1962 existen dúbidas máis que razoables de que un número importante de explotacións non foron contabilizadas. A este respecto os porcentaxes dos usos do solo son similares aos anuarios ou a fontes como o CESIN (en torno ao 26% da SAU sobre a superficie rexional no CESIN ou sobre a censada do censo de 1962), pero non así o volume absoluto xa que deixa parte importante da superficie rexional sen contabilizar. Esta idea vese corroborada pola evolución da superficie censada absoluta entre os tres censos considerados (Cadro 31). A superficie censada en 1972 é maior e sobre todo na Coruña e Pontevedra. A lóxica da evolución do proceso de desaparición de explotacións indica que debería ser o contrario, polo que hai que supoñer que o volume superficial de 1962 está subestimado, non así as porcentaxes. Ao analizar os cambios operados na evolución dos usos do solo temos que ter en conta, polo tanto, que se a porcentaxe dos mesmos é un dato fiable o volume global dos mesmos estará sobredimensionando os cambios operados entre 1962 e 1972.

360

Ao mesmo tempo é necesario xustificar o corte das 100 hectáreas para diferenciar os montes veciñais e os particulares552. López Iglesias xustifica ese corte cos datos dos censos de 1972 e 1982 onde é posible distinguir os montes veciñais coa suma das rúbricas públicas e comunais. No censo de 1972 as explotacións maiores de 100 hectáreas ocupaban 926000 hectáreas, mentres que as explotacións públicas ou comunais sumaban 827033 das que tan só 13622 eran menores de 100 hectáreas. A súa vez no censo de 1982 as explotacións maiores de 100 hectáreas sumaban 831937 e as públicas e comunais sumaban 818776 das que 49219 eran menores de 100 hectáreas553. É necesario explicar estas diverxencias entre os dous censos. A primeira diverxencia fai referencia á reducción da superficie de montes públicos e comunais entre 1972 e 1982. Esta diverxencia explícase pola continuación da individualización dos montes veciñais descrita no capítulo III. A segunda diverxencia é o incremento da superficie de montes públicos e comunais menores de 100 hectáreas e que se explica pola evolución do proceso de clasificación dos montes veciñais en man común a partir da lei de 1968 (proceso que será explicado no apartado IV.4) e que levou á partición de montes de utilidade pública de gran tamaño que pertencían a varias comunidades. Cadro 32 Explotacións con SAU e sen SAU no censo agrario de 1982 Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1 Total sup. Censada 547168 757818 593151 343831 2241968 2 Con SAU 476390 531172 267300 182046 1456908 3 SIN SAU 70778 226646 325851 161785 785060 4 Total superficie > 100 has. 91929 247852 330983 161166 831930 5 Con SAU > 100 has. 10297 11344 10836 1949 34426 6 Sup. de SAU > 100 has. 5218 2549 4643 673 13083 7 Cultivos > 100 has. 541 150 2894 0 3585 8 Explot. Con SAU > 100 has. 22 15 10 2 49 9 Explot con cultivos >100 has. 12 1 4 0 17

% 2/1 87,1 70,1 45,1 52,9 65,0 %3/1 12,9 29,9 54,9 47,1 35,0 %4/1 16,8 32,7 55,8 46,9 37,1 %5/2 0,02 0,02 0,04 0,01 0,02 %6/5 50,7 22,5 42,8 34,5 38,0 %7/5 5,3 1,3 26,7 0,0 10,4 %9/8 54,5 6,7 40,0 0,0 34,7 Fonte: Censo agrario, 1982. A maioría dos montes veciñais atópanse por riba das 100 hectáreas. Sen embargo queda por explicar que sucede con esa superficie que non é comunal e que está por riba das 100 hectáreas. Todo indica a que son montes que sen ser veciñais teñen neste período a mesma función productiva, a forestal, ou o que é o mesmo que están en palabras de Abel Bouhier fora do sistema agrario554. Polo tanto está xustificada a súa análise conxuntamente cos montes veciñais. A mellor forma de dar conta de este feito

552 Asi por exemplo Bouhier para a análise que fai do censo do 62 a eleva ás 150 hectáreas. La Galice... op cit pax. 1091. 553 Demografía e estruturas... op cit pax. 817-818. 554 LaGalice... Op cit 1045.

361

atopámola na diferenciación que fai o censo agrario de 1982 entre explotacións con SAU e explotacións sen SAU. No cadro 32 están resumidas as cifras de ese ano que nos permiten desenvolver esa argumentación. As superficies de máis de 100 hectáreas supuñan ese ano máis de 830000 hectáreas mentres que as explotacións maiores de 100 hectáreas con SAU só supuñan algo menos de 35000. Máis non é ese dato o único relevante xa que podemos atopar montes con SAU, é dicir con pastos, pero sen cultivos, ou o que é o mesmo montes con adicación forestal e en parte de pastos. Pois ese parece ser o caso dos montes de máis de 100 hectáreas con SAU, especialmente nas provincias de Lugo e Pontevedra onde hai unha moi pequena porcentaxe de explotacións con cultivos de máis de 100 hectáreas. Queda demostrado por tanto que é perfectamente axeitado analizar a evolución dos montes veciñais a partir do corte de 100 hectáreas aínda que parte de esa superficie de montes nos sexa realmente veciñal pero si cumpra a mesma función productiva en eses anos. Un último aspecto a reseñar antes de entrar na análise da evolución dos usos do solo a partir dos censos é a categorización dos grupos de aproveitamentos, xa que non é a mesma en todos eles. Así no censo de 1962 e no censo de 1972 a distribución é a mesma: terras labradas, prados e pradeiras permanentes, terras poboadas con especies espontáneas non arbóreas, terras poboadas con especies arbóreas forestais e terras improductivas. Pola súa banda o censo de 1982 distingue entre terras labradas, prados e pastizais ( que engloba prados e pradeiras permanentes, pastizais de alta montaña e outros pastizais), erial a pastos, espartizal, matorral, especies arbóreas forestais e terras improductivas. Para poder facer unha comparación homoxénea entre censos é necesario recorrer a contabilizar no segundo caso só os prados e pradeiras permanentes e os cultivos para obter a SAU, xa que de outro modo estriamos sobredimensionando as transformacións.

362

IV.3.3. A evolución dos usos do solo no conxunto de Galicia. A evolución dos usos do solo en Galicia esta expresada no cadro 33 na súa evolución en números índice e no gráfico 20 na participación porcentual de cada aproveitamento na superficie total censada. Cadro 33 Galicia evolución dos usos da terra 1962=100 Superficie total censada1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 93,2 159,3 109,3 120,5 85,9 102,0 101,3

1982 69,4 175,9 95,3 115,8 82,5 32,7 92,5

Fonte: Censos agrarios.

Gráfico 20

GaliciaEvolución dos usos da terra na superficie total

censada (%)

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1962 1972 1982

Improductivo

Monte baixo

Arborado

Prados e pastos

Cultivos

Fonte: Censos agrarios.

Das cifras da evolución dos usos da terra entre 1962 e 1982 podemos comprobar en primeiro lugar que a evolución negativa da SAU no seu conxunto que indicabamos para 1962-1989 confírmase tamén para o período 1962-1982. En términos absolutos a SAU descende no conxunto do período, aínda que como dixemos hai que tomar con coidado esta cifra pola subestimación da superficie censada en 1962. Máis concluinte é o dato en términos relativos xa que a SAU supuña en 1962 o 26% da superficie total e en 1982 supón o 26,8%, é dicir un crecemento mínimo. Na composición interna da SAU a mesma constatación que para a comparación con 1989 a perda de peso dos cultivos a favor dos pastos, ou o que é o mesmo da base agrícola (aínda a importancia das produccións forraxeiras), fronte á alimentación do gando.Fronte a esto o único grupo que incrementa a súa importancia é o do monte arborado que pasa de supor o 25,4% a supor o 31,9%. O comentado non implica nada novo respecto ao xa coñecido. Sen embargo as conclusións máis interesantes son as derivadas da evolución dos períodos intercensais. Se temos en conta esta evolución e atendendo exclusivamente á evolución porcentual polos problemas citados do censo do 62 podemos atopar dúas fases ben delimitadas da evolución do sistema de cultivos. Nunha primeira etapa, entre 1962 e 1972 aínda que os

363

cultivos perden peso no conxunto esta perda é de escasa importancia (do 19,7% ao 18,1 en 1972 fronte ao 14,8 de 1982) e ao mesmo tempo prodúcese un incremento maior dos prados que leva a que neste período intercensal si se atopemos un incremento significativo da SAU. Este incremento non impide que sexa ademais o período de maior crecemento do monte arborado, crecemento que se ralentiza moito no período seguinte. A evolución conxunta dos cultivos entre 1962 e 1972 infórmanos de que efectivamente deuse unha roturación de terras a monte para a creación de pastizais no que no conxunto do período significa que o aumento dos prados deuse pola dobre vía de converter cultivos en prados e a roturación de montes. A evolución en este período intercensal coincide coa de maior crecemento (Cadro 1) tanto da PFA como especialmente da PFG que crece un 6,3% anual entre principios dos sesenta e mediados dos setenta fronte a un 2,8% na etapa posterior. No momento de maior desenvolvemento da especialización gandeira e con un volume aínda sostido (en termos absolutos) da compra de pensos, a evolución dos usos do solo segue unha racionalidade diferente a que seguirá despois, e que coincide paradoxamente co momento de máis integración mercantil do ciclo productivo da agricultura. Esta evolución demostra que outro modelo de desenvolvemento era posible, e que a especialización gandeira non era incompatible có mantemento de certa base agrícola nin có desenvolvemento forestal do monte. A desarticulación do sistema de cultivos deu lugar á ruptura de esa compatibilidade. Unha conclusión respecto ao monte baixo é que, a pesar de que reduce a súa importancia no conxunto do período, non deixa de supor o aproveitamento máis importante en superficie en ningún momento. Esto leva a matizar as conclusións apresuradas en base a capacidade productiva dos solos que non o inclúen nas súa porcentaxes. En esa categoría de monte baixo (igual que no reemprego) hai escondidas formas de utilización do monte que non están en ningunha das categorías tratadas polos censos. Non é o mesmo por exemplo que ese monte baixo forme parte de explotacións de xubilados que abandonan parte das terras (a primeira fase do abandono) ou da agricultura a tempo parcial, que o uso gandeiro do monte que está oculto nos conceptos de matorral ou de especies espontáneas non arbóreas. Cadro 34 Galicia evolución dos usos da terra 1962=100 Explotacións individuais 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 93,0 153,1 107,5 118,6 91,6 165,0 104,4

1982 69,2 175,5 94,9 113,6 89,8 62,2 96,2

Montes veciñais 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 110,0 484,1 247,9 122,1 80,1 87,4 96,7

1982 89,5 196,7 129,0 117,7 75,3 25,8 86,8

Fonte: Censos agrarios.

364

É significativo que nos censos posteriores a 1962 se deixaran de incluír categorías que poderían dar información moi útil sobre a evolución de estas superficies como a que figura en ese censo da evolución entre superficie pastada e non pastada do monte baixo e do monte arborado que nos serviría para analizar o mantemento do uso agrogandeiro do monte. Este é un exemplo máis da perda de riqueza das estatísticas en favor de clasificacións prefabricadas.

Gráfico 21

GaliciaEvolución dos usos da terra nas

explotacións individuais (%)

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1962 1972 1982

Improductivo

Monte baixo

Arborado

Prados e pastos

Cultivos

Fonte: Censos agrarios.

Gráfico 22

GaliciaEvolución dos usos da terra nos montes vecinais

(%)

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1962 1972 1982

Improductivo

Monte baixo

Arborado

Prados e pastos

Cultivos

Fonte: Censos agrarios.

Aínda máis útil é analizar a evolución por separado dos montes particulares e veciñais, que nos informa da magnitude da separación entre os dous tipos de aproveitamento provocada pola repoboación forestal do franquismo (Cadro 34 e gráficos 21 e 22). É máis a situación dos aproveitamentos en 1962 indícanos que non se produciu unha política máis que testemuñal de creación de pastizais por parte nin do PFE nin de outros organismos. O uso gandeiro do monte seguía vinculado exclusivamente ás formas orgánicas de aproveitamento do monte baixo. Pois ben a evolución posterior confirma que esa evolución tampouco tivo lugar entre 1962 e 1982. Abel Bouhier indica que no “Plan Coruña” estaba prevista a actuación sobre 140000

365

hectáreas de monte, 75000 arboradas e 65000 convertidas en pastos. Se esa conversión en pastos a través da acción pública se realizou o foi case que exclusivamente en montes privados e non veciñais555. A actuación sobre as superficies de monte continuou a ser a repoboación e o uso exclusivamente forestal. Fronte a esta evolución dos espacios de monte comunal é moi significativa a comparación dos datos coas explotacións privadas. Na evolución do monte arborado o crecemento é moito máis pequeno e sostido que nos montes veciñais. Esto nos está indicando que o peso crecente do aproveitamento forestal céntrase nos montes veciñais e nas grandes explotacións individuais que completan o grupo das explotacións maiores de 100 hectáreas.No que respecta á evolución dos usos nos montes particulares López Iglesias constataba unha reducción do volume absoluto da SAU entre 1962 e 1989 (reducción que habería que incrementar tendo en conta a superficie non censada en 1962). A evolución nos censos anteriores confirma de novo esta idea aínda que coa fractura sinalada de 1972. As porcentaxes de SAU nas explotacións particulares (máis do 40%) proporciona ademais unha información adicional que é a referida á superficie de monte necesaria para soster un determinado espacio cultivado. Cadro 35 Galicia. % que supón o monte baixo e o arborado no total de monte 1962 1982

Monte baixo Arborado Total Monte Baixo Arborado Total

<1 ha 40,0 60,0 100 44,4 55,6 100

=>1<5 ha. 54,7 45,3 100 50,1 49,9 100

=>5<10 ha. 65,4 34,6 100 59,0 41,0 100

=>10<20 ha. 71,0 29,0 100 63,7 36,3 100

=>20<50 ha. 76,9 23,1 100 69,6 30,4 100

=>50<100 ha. 74,3 25,7 100 62,1 37,9 100

=>100 ha. 62,0 38,0 100 51,0 49,0 100

Total 63,9 36,1 100 55,7 44,3 100

Fonte: Censos agrarios. No período anterior á repoboación forestal pública as diferencias entre as zonas onde se individualizou a propiedade dos montes veciñais eran unicamente da intensidade do seu uso pero non de dispoñibilidade. A partir dos anos corenta e sobre todo cincuenta e sesenta esta situación muda substancialmente. As explotacións situadas en zonas de montes veciñais non individualizados van a perder o control e o uso dos mesmos mentres que no caso das propiedades individuais o control do monte vai seguir nas súas mans. Este é o comezo da diferenciación estructural das explotacións da agricultura galega. Na agricultura de base orgánica a diferencia nos modos de acceso aos recursos do monte era importante só ao nivel da intensificación do uso da terra, pero non na reproducción das explotacións. Sen embargo coa introducción da Revolución Verde esta variable vai a resultar esencial para entender as formas de adaptación ás mesmas das distintas explotacións exemplificada na distinta evolución dos usos do solo segundo o tamaño das explotacións que analizaremos máis adiante. No momento en que se produce a expropiación de estas superficies as explotacións máis cativas vense con maiores problemas para desenvolver a actividade agraria tamén polos maiores custos de acudir ao mercado a polos inputs necesarios. Esta é a outra cara dos diferentes custos da modernización para as explotacións segundo o seu tamaño. O dito queda reflectido no cadro 35 onde se recollen as porcentaxes de arborado e monte baixo segundo o tamaño 555 La Galice... op cit pax. 1022.

366

das explotacións. Deixando de lado os montes veciñais as porcentaxes maiores de superficie arborada en 1962 danse nas explotacións de máis cativa dimensión o que indica que non son as necesidades de sostén da superficie cultivada as que orientan o seu uso mentres que si o é nas de dimensión elevada. Pola contra entre 1962 e 1982 a maior reducción do monte baixo dáse nas explotacións de máis dimensión e de feito as de dimensión máis cativa incrementan a súa porcentaxe no conxunto dos montes.

367

IV.3.4. A evolución do monte. Árbores, incendios e parálise productiva. Se ben para a evolución dos usos agrogandeiros da terra as fontes alternativas aos censos agrarios non teñen a mesma fiabilidade non sucede así para o caso dos usos do monte. As tres fontes que nos permiten avaliar a evolución dos usos do monte son a estimación feita a partir das fotos aéreas do catastro polos servicios forestais para o CESIN en 1964 e os dous primeiros inventarios forestais, realizados para Galicia en 1974 e 1986. A distribución temporal entre os mesmos permite facer unha análise da evolución do monte para o período estudiado e paliar así en certa forma os defectos da estatísticas forestais. Antes de entrar na análise das cifras hai que ter en conta que estas fontes non son estrictamente comparables cos censos agrarios. Estes rexistran a superficie en explotacións agrarias e non recollen por tanto o arborado existente en superficies abandonadas. Ademais está a cuestión da definición de superficie arborada que non ten porque coincidir xa que cuestións como a densidade necesaria para considerar unha superficie como arborada ten incidencia. Este último problema tamén é extensible á comparación entre os datos de 1964 e os dos inventarios. Ademais, se a comparación entre as tres datas é posible no que se refire ao conxunto do arborado non o é para a evolución das especies, xa que en 1964 non se indica a distribución de especies en masas puras, é dicir que a especie dominante é a que indica a categoría do conxunto. Nos inventarios si se recollen as masas mixturadas, pero con categorías diferentes entre os dous polo que non se pode facer unha comparación de esta cuestión. Cadro 36 Evolución da superficie arborada Has. A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1964 198684 168600 164708 141013 673005 1974 355774 329164 244143 201280 1129361 1986 344163 368576 198249 134388 1045377

Fonte CESIN, Expansión forestal... op cit., I Inventario Forestal, 1974, II Inventario Forestal, 1986. Cadro 37 % da superficie arborada sobre o total do monte A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

1964 36,7 24,9 33,6 47,6 33,6 1974 68,3 51,0 47,6 65,4 56,9 1986 70,9 55,0 37,6 47,2 53,1

Fonte CESIN, Expansión forestal... op cit., I Inventario Forestal, 1974, II Inventario Forestal, 1986. Nos cadros 36 e 37 recóllese a evolución da superficie arborada en hectáreas e en porcentaxe sobre o total de monte. Os datos sinalan dúas fases claramente diferenciadas na evolución do monte arborado. A primeira entre 1964 e 1974 é dun gran crecemento da superficie arborada tanto no conxunto de Galicia como nas catro provincias aínda que nas dúas do norte é máis acelerado. Esta evolución é similar á rexistrada polos censos agrarios. Ademais e respecto aos criterios de elaboración hai que ter en conta que na cifra de 1964 os enxeñeiros forestais incluíron unha cantidade importante de superficie na categoría de arborada con unha baixa densidade de árbores e compatibilidade con outros usos o que confirma esta evolución. Na segunda fase, que vai de 1974 a 1986 e onde nos censos agrarios se observaba unha ralentización do

368

crecemento, os inventarios forestais mostran unha caída da superficie arborada no conxunto de Galicia. En este caso a evolución espacial é diverxente xa que en Coruña e Lugo hai un aumento en termos relativos (en Lugo tamén absolutos) mentres que Ourense e Pontevedra diminúen. En esta última provincia a caída é particularmente espectacular xa que a porcentaxe en 1986 está por debaixo da acadada en 1964.

Gráfico 23

Repoblación Forestal Pública Galicia (Has.)

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

1941

1944

1947

1950

1953

1956

1959

1962

1965

1968

1971

1974

1977

1980

1983

Has

0

50000

100000

150000

200000

250000

300000

350000

400000

450000

Has

Repoboación Anual Total Acumulado

Fonte: EFE, AEA, II Inventario Forestal

Gráfico 24

Hectáreas de arborado afectadas por incendios en Galicia

0

500010000

15000

2000025000

30000

3500040000

45000

1969

1970

1971

1972

1973

1974

1975

1976

1977

1978

1979

1980

1981

1982

1983

1984

1985

1986

Xestión privada Xestión Pública

Fonte: Fernández Leiceaga, Xaquín, Economía (política) do monte galego, USC, Santiago, 1990. Os datos do gráfico 23 sobre a evolución da repoboación forestal pública combinados coa evolución da superficie forestal matizan bastante a evolución marcada polos censos agrarios no sentido de que a porcentaxe máis elevada de superficie arborada correspondíalle aos montes veciñais (aínda que en termos absolutos hai máis monte arborado nas explotacións particulares que nas veciñais). De acordo con eses datos prodúcese a partir dos anos sesenta unha clara ralentización da actividade

369

repoboadora da administración en Galicia o que leva a pensar que en gran medida o crecemento da superficie arborada entre 1964 e 1974 é protagonizado polos montes particulares. Para dilucidar esta diverxencia entre os censos e as fontes forestais é necesario atender primeiro ás causas do retroceso do período 1974-1986. Este retroceso non se debe a unha contracción do aproveitamento forestal do monte. Pola contra débese á enorme incidencia dos incendios forestais entre 1974 e 1986 como claramente mostra o gráfico 24 que deu lugar a saída ao mercado de grandes cantidades de madeira queimada e que en certa medida pode explicar o crecemento da producción forestal nos anos setenta. Os datos mostran ademais que con gran diferencia a superficie arborada queimada nos anos setenta o foi en superficies arboradas polo Estado, é dicir en montes veciñais, o que é aínda máis significativo polo feito de que a superficie de este tipo de propiedades é inferior á de monte privado. Cadro 38 Superficie de montes por propiedade y dedicación en Galicia, 1986 (Has.) Arborado Matorral Ribeiras Total Particulares 780.284 402.113 15.301 1.197.697 Veciñal 144.579 470.720 3.744 619.043 C.A. e Estado 19.198 11.636 30.834 Municipal 12.970 19.347 32.317 Total 957.031 903.816 19.045 1.879.892

Fonte: Mapa Forestal de Galicia, 1986. Tomado de Xunta de Galicia: Plan forestal de Galicia. Síntese, Xunta de Galicia, Santiago., 1992

Desgraciadamente os inventarios forestais non inclúen aos montes veciñais na distribución da propiedade. Sí o fai, sen embargo o mapa forestal elaborado en 1986 pola Xunta de Galicia para a redacción do Plan Forestal. Este mapa inclúe a distribución dos aproveitamentos por propiedade incluíndo aos montes veciñais que xa foran devoltos ás comunidades despois da aplicación da lei de 1968. As cifras de esta fonte foron obtidas a partir de fotos aéreas e non por recollida directa de datos como o II Inventario o que explica a diverxencia de cifras absolutas entre unha e outra fonte. En calquera caso o que non ofrece dúbida e a escasa contía da superficie arborada no conxunto dos montes veciñais clasificados. A dúbida que xurde ante estes datos é a da diverxencia das tendencias que mostran as cifras coas do censo agrario de 1982. En primeiro lugar hai que indicar que os censos inclúen unha serie de propiedades de máis de cen hectáreas que non son montes veciñais. Ao mesmo tempo o mapa forestal de 1986 só inclúe aquelas superficies de montes veciñais que foron clasificadas ata ese momento quedando fora as clasificadas posteriormente e as que non o foron despois. O conxunto da información analizada define unha situación na que os montes veciñais non tomaron parte no proceso de transformación de montes a prados de forma significativa, pero ao mesmo tempo viviron unha forte caída da superficie arborada. Esta evolución completa a afirmación de Bouhier sobre a saída do monte veciñal do sistema agrario. Ao mesmo tempo que se produce esa saída prodúcese tamén unha parálise productiva de estas superficies. Esta parálise explícase en parte polo longo e conflictivo proceso de devolución dos montes ás comunidades despois da aprobación da lei de montes veciñais en man común en 1968 e que analizaremos no apartado IV.4.

370

IV.3.4. O carácter dimensionalmente restrinxido das transformación. Análise por grupos de explotación. Para analizar a evolución dos usos da terra segundo o tamaño das explotacións é necesario primeiro avaliar o peso dos distintos grupos no total da superficie censada e analizar en que medida se produciu algunha mudanza nas dúas décadas analizadas. Esta información queda recollida no cadro 39 onde se pode observar que se ben non houbo unha concentración de explotacións que mudara substancialmente a imaxe da agricultura galega, pero si houbo mudanzas menos significativas que son de interese para entender o comportamento dos aproveitamentos dos distintos grupos de explotacións nos usos da terra. Cadro 39 Galicia. Evolución do peso dos distintos grupos de explotacións no total(%) 1962 1972 1982 <1 ha 2,6 2,1 2,3 =>1<5 ha. 18,7 17,7 16,0 =>5<10 ha. 16,3 16,7 15,3 =>10<20 ha. 14,5 16,4 16,1 =>20<50 ha. 7,1 8,0 10,1 =>50<100 ha. 1,3 1,4 3,1 =>100 ha. 39,5 37,7 37,1 Total 100 100 100 Fonte: Censos agrarios. Así houbo unha aumento da superficie ocupada polas explotacións de 10 a 100 hectáreas, unido a un descenso das demais e moi especialmente dos montes veciñais que pasan a englobar algunha das outras categorías. Estes incrementos son importantes porqué como vemos no cadro 40 son precisamente estas explotacións as que van a protagonizar o proceso de conversión de terras en pastos. De acordo coas cifras dos censos as explotacións que incrementan a porcentaxe de SAU son as de unha maior importancia dimensional, as de 10 a 20 has, as de 20 a 50 has e as de 50 a 100 has, aínda que tamén con importantes diverxencias entre elas. As explotación de tamaño máis cativo, de 1 a 5 hectáreas e inferiores a 1 hectárea diminúen a importancia porcentual da SAU no conxunto do período e nos dous períodos intercensais. Nestes dous casos, onde podería ser esperable un mantemento da superficie cultivada prodúcese, sen embargo un aumento dos prados e unha diminución considerable dos cultivos. En este caso se atopan necesariamente a maioría das explotacións en regresión e cara ao abandono definitivo da explotación. A favor de esta explicación atópase o feito de que o arborado non perda importancia porcentual no período e, sobre todo que atopemos unha recuperación das superficies a monte baixo no período intercensal 1972-1982. O seguinte grupo de explotacións que teñen un comportamento similar entre si son as de 5 a 10 hectáreas e as de 10 a 20 hectáreas. Estas explotacións teñen un aumento porcentual pouco importante da SAU entre 1962 e 1982 ( no caso das explotacións de 10 a 20 hectáreas, nas de 5 a 10 prodúcese un pequeno descenso entre 1972 e 1982) ademais de unha diminución en termos absolutos (a evolución dos usos do solo en números índice no cadro 41) especialmente importante entre 1972 e 1982. A

371

evolución interna da SAU é a coñecida para o conxunto de Galicia, a diminución dos cultivos e o aumento dos pastos, tanto en termos porcentuais como absolutos. Noutro ámbito sitúanse as explotacións de 20 a 50 hectáreas que recordemos supuñan en 1982 o 3,1% da superficie censada. Estas explotacións teñen un forte incremento porcentual da SAU entre 1962 e 1982, aínda que tamén sofren unha baixada dende o máximo acadado en 1972. O importante de estas explotacións é que aínda que a participación porcentual dos cultivos diminúe entre 1962 e 1972 non o fai así en termos absolutos, manténdose no mesmo volume global que en 1962. mantense ademais o crecemento do arborado e diminúe o monte baixo. Finalmente sitúanse as explotacións de 50 a 100 hectáreas que teñen un comportamento peculiar derivado, na nosa opinión de que en esta categoría se xuntas explotacións de vocación agrogandeira con explotacións de carácter forestal. A esta conclusión se deriva o feito da perda de importancia porcentual das explotacións de máis de 100 hectáreas entre 1962 e 1982, explotacións que eran esencialmente de aproveitamento forestal exclusivo. Outro elemento que contribúe á afirmación de que en este grupo conflúen dous tipos de explotación o temos no feito de que é con diferencia onde se produce un meirande incremento da superficie arborada. Ademais estas explotacións teñen unha moi clara separación respecto a evolución da SAU, pasando do 9,4% en 1962 ao 17,6% en 1972 e diminuíndo dende ese momento ata 1982 ata o 13,6%. Esta diminución en termos porcentuais non ten a súa correspondencia en termos absolutos, xa que entre 1972 e 1982 a SAU incrementa máis do 50% os seus valores absolutos. Máis significativo é que precisamente en este grupo de explotacións non só non se produce un descenso da superficie cultivada, senón que esta crece en termos absolutos e so descende en termos relativos. Esto nos está indicando que nas explotacións de maior dimensión e que máis participan das transformacións hai as que o fan en base aos pastos, aos cultivos ou a unha mestura entre ambas, ou o que é o mesmo que nalgúns casos a especialización se fixo en base a cultivos aínda que esta tivera un carácter cuantitativamente moi escaso. A análise feita sobre a evolución dos usos da terra por grupos de explotación confirma a hipótese que plantexábamos respecto á importancia da individualización do monte comunal no proceso de transformacións dos anos sesenta e setenta. En 1962 a porcentaxe de SAU sobre a superficie de cada grupo era inversamente proporcional ao tamaño. Sen embargo a medida que se produce a especialización gandeira e a tecnoloxía permite o sostén das explotacións sen o recurso ao monte as explotacións máis grandes teñen a posibilidade de reorientar esas superficies de monte cara un uso máis intensivo. É a presencia ou non de monte veciñal, ou o que e máis correcto a porcentaxe de monte veciñal unido á política seguida en torno a estas superficies, a responsable directa de que a SAU non tivese unha evolución máis favorable no período 1962-1982 no conxunto de Galicia e que a especialización gandeira se vise abocada por un lado a roubarlle terras ao espacio cultivado e por outro á compra masiva de pensos de fora da rexión. Esta conclusión lévanos directamente do carácter restrinxido das transformacións segundo a dimensión das explotacións ao seu carácter restrinxido espacialmente, xa que non en todas as provincias (esa é a unidade mínima que permiten os censos na análise dos usos do solo) o monte veciñal permaneceu coa mesma importancia durante a época contemporánea.

372

Cadro 40 Galicia Evolución dos usos da terra segundo o tamaño das explotacións (%) Explotacións de <1 ha. 1962-82

Cultivos Prados Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 62,3 6,2 68,5 18,0 12,0 1,5 100

1972 55,1 8,4 63,5 21,3 11,8 3,3 100

1982 50,2 13,2 63,4 19,7 15,8 1,1 100

Explotacións de =>1<5 ha. 1962-82

Cultivos Prados Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 42,8 11,2 53,9 20,3 24,6 1,1 100

1972 37,9 15,6 53,5 23,1 21,4 2,0 100

1982 32,5 18,9 51,4 23,8 24,0 0,8 100

Explotacións de =>5<10 ha. 1962-82

Cultivos Prados Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 32,3 11,4 43,7 19,1 36,1 1,1 100

1972 29,1 16,5 45,7 21,4 31,4 1,6 100

1982 25,4 21,2 46,6 21,6 31,1 0,6 100

Explotacións de =>10<20 ha. 1962-82

Cultivos Prados Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 23,7 9,9 33,7 18,9 46,3 1,1 100

1972 22,8 15,1 37,9 20,7 39,9 1,5 100

1982 18,4 20,1 38,5 22,1 38,8 0,6 100

Explotacións de =>20<50 ha. 1962-82

Cultivos Prados Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 15,1 8,4 23,5 17,5 58,0 1,0 100

1972 15,9 13,3 29,2 20,8 48,3 1,8 100

1982 11,7 16,5 28,2 21,6 49,5 0,7 100

Explotacións de =>50<100 ha. 1962-82

Cultivos Prados Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 5,5 4,0 9,4 22,8 65,8 2,0 100

1972 8,9 8,7 17,6 34,1 45,3 3,0 100

1982 4,7 8,9 13,6 32,2 52,8 1,4 100

Fonte: Censos agrarios.

373

Cadro 41 Galicia Evolución dos usos da terra segundo o tamaño das explotacións (1962=100) Explotacións de <1 ha. 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 72,2 111,1 75,7 96,8 80,5 183,4 81,7

1982 67,7 178,6 77,7 92,1 110,5 64,3 84,1

Explotacións de =>1<5 ha. 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 85,1 134,0 95,2 108,9 83,7 171,0 96,0

1982 60,4 134,5 75,7 92,9 77,3 56,6 79,4

Explotacións de =>5<10 ha. 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 93,8 151,0 108,7 116,7 90,4 149,6 104,1

1982 68,2 161,1 92,4 98,0 74,8 51,9 86,7

Explotacións de =>10<20 ha. 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 109,8 173,8 128,7 125,5 98,7 153,2 114,5

1982 79,1 207,1 116,9 120,0 85,7 50,3 102,3

Explotacións de =>20<50 ha. 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 120,8 180,4 142,2 136,2 95,3 204,8 114,6

1982 102,9 258,8 158,9 163,3 112,7 99,1 132,3

Explotacións de =>50<100 ha. 1962-82

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 100 100 100 100 100 100 100

1972 171,9 232,6 197,4 158,5 72,9 161,5 105,9

1982 185,9 481,8 309,9 304,8 173,0 150,9 215,5

Fonte: Censos agrarios.

374

IV.3.5. O carácter espacialmente restrinxido das transformación. Análise provincial. A diferente importancia do monte veciñal, en termos porcentuais sobre a superficie total censada queda patente cos datos recollidos no cadro 42. Independentemente do valor absoluto das explotacións de máis de 100 hectáreas son as provincias de Pontevedra e Ourense as máis dependentes da superficie de titularidade colectiva. Estas dúas provincias foron ademais obxecto preferencial da actuación do Patrimonio Forestal do Estado durante todo o franquismo. A consecuencia de esta actividade queda reflectida nas cifras de uso da terra na superficie total censada que se recollen no cadro 43. Cadro 42 Evolución do peso porcentual dos montes veciñais na superficie total censada Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

1962 39,5 18,4 33,7 60,2 49,3 1972 37,7 16,8 36,0 55,6 44,6 1982 37,1 16,8 32,7 55,8 46,9

Fonte: Censos agrarios. Cadro 43 Evolución dos usos da terra na superficie total censada (%) A Coruña

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 22,3 5,6 27,9 30,4 40,3 1,4 100

1972 20,8 9,0 29,8 35,0 32,4 2,8 100

1982 17,1 14,2 31,3 38,9 28,2 1,6 100

Lugo

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 19,6 8,3 27,9 20,0 48,0 4,1 100

1972 16,3 11,5 27,7 21,8 46,9 3,6 100

1982 12,7 15,0 27,7 23,8 47,2 1,3 100

Ourense

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 17,2 5,6 22,8 22,3 49,2 5,7 100

1972 17,4 10,7 28,1 29,8 37,3 4,9 100

1982 15,6 8,3 23,9 30,4 44,5 1,2 100

Pontevedra

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 20,2 4,0 24,1 36,1 37,2 2,5 100

1972 19,0 6,7 25,6 42,4 28,7 3,3 100

1982 14,1 8,3 22,4 41,0 35,7 0,9 100

Fonte: Censos agrarios. Á altura de 1962 as provincias con maior importancia porcentual da SAU sobre a superficie total censada eran as dúas provincias do norte. Na provincia de A Coruña incluso a porcentaxe de terras de cultivo era maior que en Pontevedra. Esta situación supón unha inversión da relación entre cultivos e monte dominante dende o século XVIII cando o suroeste, polas súa mellores condicións edafoclimáticas podía soster unha proporción da superficie cultivada moito maior do que o resto de Galicia. Na

375

situación descrita inciden dous factores. A evolución productiva das provincias do norte no primeiro tercio do século XX que, vimos no capítulo dous, viviron unha intensificación dos usos do solo máis importante que en Pontevedra e Ourense. Por outra parte a descrita perda de control sobre os montes veciñais levou a que nos anos corenta e cincuenta as explotacións das parroquias onde non se individualizara a propiedade dos montes tiveran máis problemas para a reproducción do ciclo productivo. Esta afirmación queda patente se comparamos as porcentaxes de SAU na superficie total censada coas porcentaxes no conxunto das explotacións individuais (Cadro 44). Os datos indican que as explotacións das provincias do sur tiñan moita máis SAU que soster con menos cantidade de monte. A consecuencia de esas elevadas porcentaxes de SAU sobre o conxunto das explotacións individuais para as transformacións do período 1962-1982 e que tamén tiñan moita menos superficie dispoñible para orientar cara outros usos. A outra consecuencia e o maior peso nestas provincias das explotacións de dimensión cativa. En efecto se en Ourense a superficie media por explotación sumando a superficie veciñal era de 7,02 has. restándolle os montes era de tan so 2,8 e en Pontevedra 3,23 e 1, 64 (por 9,13 e 6,07en Lugo e 4,55 e 3,71 en A Coruña)556. A evolución posterior a 1962 indica que estas diferentes condicións de partida tiveron tamén unha incidencia fundamental no ritmo e dirección das transformacións. En Lugo a porcentaxe de SAU mantívose entre 1962 e 1972 nos mesmos valores, pero o máis importante da evolución de esta provincia é que nela deuse unha completa reestructuración do sistema xa que en 1982 a porcentaxe de prados era superior á dos cultivos, sendo a única provincia onde esto sucede. Esta evolución está claramente marcada polo feito de que Lugo é onde a especialización gandeira acada un maior desenvolvemento. A Coruña é a única provincia onde se constata un incremento porcentual importante da superficie de SAU, manténdose ademais os cultivos no maior nivel porcentual de Galicia sobre a superficie total censada, o que indica que en esta provincia se deu unha maior compatibilidade entre a especialización gandeira e o uso agrícola. Nas dúas provincias do sur a evolución é completamente diverxente. Se reduce a SAU e moi fortemente os cultivos. Un elemento significativo é que se ben os prados teñen un forte incremento entre 1962 e 1972, na década seguinte reducen considerablemente a súa importancia porcentual, tanto na superficie total censada como na individual. Consecuentemente a fractura entre os dous períodos é froito tamén da diferente evolución provincial. Sen embargo esta evolución non houbo unha compensación nas dúas provincias do sur no incremento da superficie arborada. Precisamente en Pontevedra, que é a que ten un maior crecemento neste apartado entre os anos 1962 e 1973 é tamén quen concentra a contracción no período seguinte. Este feito é comprobable tanto a nivel da superficie total censada como nas explotacións individuais como na evolución da superficie veciñal (Cadro 45). É A Coruña , e aquí hai un elevado grao de converxencia coa evolución marcada polos inventarios forestais, a provincia onde a evolución no período 1972 1982 é máis positiva e significativamente nos montes de máis de 100 hectáreas é onde se concentra este crecemento. Pola contra o monte baixo sofre unha

556 López Iglesias, Demografía e estruturas... op cit vol II pax. 846

376

recuperación espectacular en Pontevedra e Ourense consecuencia tanto do impacto dos incendios forestais como do progresivo abandono de terras para uso agrario. Cadro 44 Evolución dos usos da terra nas explotacións individuais (%) A Coruña

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 27,3 6,6 33,9 26,9 38,4 0,8 100

1972 24,8 10,3 35,2 33,2 30,0 1,6 100

1982 20,4 16,3 36,8 33,2 29,1 0,9 100

Lugo

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 28,8 12,4 41,1 13,8 43,6 1,4 100

1972 25,1 17,7 42,8 13,2 42,3 1,7 100

1982 18,8 22,0 40,8 13,9 44,9 0,4 100

Ourense

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 42,9 13,9 56,8 13,6 28,4 1,1 100

1972 38,2 20,4 58,6 14,2 25,0 2,2 100

1982 34,1 18,5 52,6 18,3 28,3 0,8 100

Pontevedra

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 39,8 7,8 47,5 24,6 26,7 1,1 100

1972 34,2 12,0 46,2 27,6 24,3 1,9 100

1982 26,5 15,5 42,0 27,6 29,4 0,9 100

Fonte: Censos agrarios. Cadro 45 Evolución dos usos da terra nos montes veciñais (%) A Coruña

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 0,2 1,0 1,1 46,2 48,7 4,0 100

1972 0,8 2,3 3,1 43,4 44,6 8,9 100

1982 0,8 3,3 4,1 66,9 24,0 5,0 100

Lugo

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 1,4 0,4 1,8 32,4 56,6 9,3 100

1972 0,6 0,3 0,9 37,2 55,0 6,8 100

1982 0,2 0,7 0,9 44,0 52,1 3,1 100

Ourense

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 0,2 0,2 0,3 28,0 63,0 8,7 100

1972 0,8 3,0 3,7 42,2 47,1 7,0 100

1982 0,9 0,2 1,1 40,1 57,3 1,5 100

Pontevedra

Cultivos Prados e pastos Total SAU Arborado Monte baixo Improductivo Total

1962 0,1 0,0 0,1 47,9 48,0 4,0 100

1972 0,0 0,1 0,1 60,9 34,1 4,9 100

1982 0,1 0,1 0,2 56,1 42,9 0,8 100

Fonte: Censos agrarios.

377

Por último tamén moi significativa é a evolución dos pastos no conxunto dos montes veciñais. A única provincia onde se da un crecemento importante, aínda que manténdose en porcentaxes moi cativos, é A Coruña onde dun 1% pásase a un 3,3%, probablemente polas escasas accións emprendidas dende o “Plan Coruña” nesa dirección. Non hai en Pontevedra e Ourense un esforzo na dirección da conversión de prados e pastos nas superficies veciñais que compensase a cativa superficie por explotación e a reconversión das mesmas cara o aproveitamento gandeiro e permitise o mantemento do uso agrícola alí onde as condicións medioambientais eran favorables. Esto nos leva á última cuestión plantexada respecto ao proceso de modernización, as razón polas que esta conversión de montes veciñais en prados non se produciu. A cuestión ten moito interese porque precisamente a partir da aprobación da lei de montes veciñais en man común de 1968 vaise producir a devolución dos montes ás comunidades propietarias, proceso que se desenvolverá ao longo da década dos setenta e comezos dos oitenta. Esta devolución non trouxo equiparada unha maior vinculación dos montes coas explotacións agrarias. En parte esto se explica porque a clasificación dos montes veciñais prodúcese nun momento onde en moitas comunidades a recuperación da propiedade chega cando se están a abandonar un gran número de explotacións, pero non só por esta razón. Detrás da decisión política de iniciar o proceso, primeiro coa elaboración da lei e logo co proceso de clasificación, sitúase non unha decisión de implementar outras formas de uso no monte distintas da forestal polos técnicos do PFE senón asegurar á repoboación fronte a conflictividade desenvolvida polas comunidades e facilitar o acceso aos servicios forestais da superficie de montes veciñais non catalogados. A análise de este proceso constitúe o último apartado de este capítulo e serve tamén como exemplo da dirección da política agraria do último franquismo en Galicia.

378

IV.4. ¿O MONTE É NOSO? O PROCESO DE CLASIFICACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS E AS SÚAS CONSECUENCIAS PRODUCTIVAS557 IV.4.1. A opción gandeira e a opción forestal. O cambio de rumbo da administración forestal respecto á propiedade dos montes veciñais. No apartado precedente mostramos que a superficie veciñal foi fundamentalmente a responsable de que a extensión dos prados a costa do monte non acadara a dimensión necesaria para soster as necesidades da especialización. Se ben, e sobre todo para a metade este de Ourense, as condicións medioambientais dos montes veciñais eran peores que nas zonas individualizadas tal e como se sinalou no capítulo I, moitas destas superficies en Pontevedra, en Lugo e parte de Ourense eran susceptibles de ser transformadas en prados. Que este proceso non se dera implicou para boa parte das explotacións situadas en zonas con montes veciñais unhas peores condicións para a adaptación á nova agricultura. Escollemos a análise deste proceso como exemplificación dos problemas da adopción da Revolución Verde polo agricultura galega porque afecta a unha parte moi importante do país, porque é responsable en gran medida das diverxencias espaciais na adopción dos cambios e porque tamén ten incidencia nas maiores dificultades de redimensionamento das explotacións da metade sur. Evidentemente coa análise do sucedido coa propiedade veciñal non se esgotan os factores explicativos dos cambios descritos no apartado IV.2., que incluirían entre outros o papel dos centros de investigación e de difusión (como Extensión Agraria que aínda espera a súa investigación en Galicia), o impacto dos plans de desenvolvemento ou a análise das estructuras de propiedade estudiadas por Edelmiro López Iglesias. A análise do sucedido co monte a partir dos anos sesenta ofrécenos unha comparación interesante co papel xogado por estas superficies antes da Guerra Civil. De factor explicativo fundamental dos cambios estudiados nos capítulos 1 e 2, o monte veciñal queda agora fora do sistema productivo. Esta desvinculación co sistema agrario comeza nos anos corenta, pero o proceso acentúase a partir dos anos sesenta e, sobre todo, setenta. A partir da década dos setenta a propiedade dos montes é devolta ás comunidades, inverténdose a desposesión comezada coas cortes de Cádiz. É necesario, polo tanto, explicar tamén esta aparente contradicción e analizar os factores que incidiron en que o monte veciñal perdese definitivamente toda vinculación co sistema agrario no momento en que a propiedade é devolta ás comunidades. A política forestal do PFE en Galicia nos anos corenta e cincuenta foi un éxito dende o punto de vista dos plantexamentos do propio servicio. Conseguiu repoboar unha cantidade considerable de superficie de montes veciñais como puxemos de manifesto no capítulo III. Sen embargo eso non impediu que a comezos dos sesenta esta política forestal atopábase en crise e cuestionada tanto polos propios enxeñeiros como por boa parte dos sectores que apoiaban ao réxime en Galicia, moi especialmente os tratantes de gando que formaban parte do capital do matadoiro de FRIGSA. Unha boa medida da crise atopámola na diminución do ritmo de repoboacións que recolliamos no gráfico 23. Froito de este cuestionamento é o primeiro recoñecemento legal dos dereitos das comunidades na lei de montes de 1957.

557 Unha parte da documentación de este capítulo procede do traballo do Grupo de Estudio da Propiedade Comunal ao que pertence o autor no marco do proxecto “Propiete et gestion communale et leurs implications pour le developpement rural des zones peripheriques”, FAIR-CT98-4111 de la comisión Europea

379

"4.3.La presente ley reconoce y reglamentará la existencia en las

provincias de La Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra de montes pertenecientes en mano común a los vecinos de las consuetudinarias demarcaciones parroquiales, que serán vinculados a los Ayuntamientos respectivos, los cuales regularán el disfrute de sus aprovechamientos de manera que, sin prjuicio de los intereses generales de cada Municipio, reciban una justa participación los vecinos con derecho a los mismos."558 Este artigo supón a ruptura da concepción decimonónica e a reintroducción no

terreo do dereito dos montes veciñais, aínda que de maneira tímida xa que implicitamente seguen a ser montes públicos, ao estar vinculados ós concellos. Estes teñen, ademais unha gran capacidade de decisión. O regulamento de montes de 1962 aclara un pouco máis as cousas.

"23.2. Sin prejuicio de la función técnica que incumbe a la

Administración forestal en la fijación de los aprovechamientos, los Ayuntamientos, o, en su caso, las Juntas Vecinales de las Entidades Locales Menores reglamentarán su disfrute intervecinal de manera que, sin perjuicio de los intereses generales de cada Municipio, reciban una justa participación los vecinos con derecho a los mismos.

23.3. Cuando se trate de montes objeto de consorcio para su repoblación, entre el Estado las Diputaciones y las Entidades titulares, de los comprendidos en este artículo, deberá quedar precisada en las bases del consorcio la proporción en que se distribuirá la participación de la Entidad titular, especificando la parte que corresponda de ella a dicha Entidad y a los vecinos con derecho al disfrute."559 No regulamento queda, por tanto, máis claro o carácter público que seguen a ter

os montes, quedando baixo a tutela da administración e, aínda que se establece a posibilidade de retribuír ós veciños polos aproveitamentos forestais, segue a depender da boa vontade dos concellos e nos se establece ningunha cifra. Esta mesma perspectiva continúa na Compilación de Derecho Civil Especial de Galicia de 2-XII-1963.En calquera caso é un cambio e supón ademais un instrumento que van utilizar os enxeñeiros para intentar integrar ás comunidades na repoboación forestal. As razóns fundamentais que levaron a administración forestal a adoptar esta estratexia foron dúas aínda que directamente interrelacionadas.

Por un lado a conflictividade desatada en torno a repoboación forestal puña en perigo a actuación do Patrimonio. Nun informe do Goberno Civil de Ourense de 1972 aclárasenos que foi José Luis Montero de Burgos, enxeñeiro xefe do Patrimonio en Ourense e figura clave no proceso de elaboración da lei de 1968, o primeiro en aproveitar as posibilidades da lei de 1957 para calmar a axitación. Ante a conflictividade e sobre todo o incremento dos preitos sobre propiedade que estaban gañando os veciños, opta por convencer aos concellos para que cedan unha porcentaxe, o 20%, dos beneficios dos consorcios ós veciños. Esta medida, segundo o informe anónimo, tivo un éxito inmediato, especialmente na comarca de Valdeorras, onde se retiraron todos os preitos presentados. Non se nos indica as datas, pero parece claro que 558 Lei de montes de 8.VI-1957. 559 Decreto 485/1962 do 22 de Febreiro, Reglamento de Montes.

380

foi entre 1957 e 1962, é dicir entre a lei e o terceiro pleno do Consejo Económico Sindical de Orense onde Montero plantexa por primeira vez publicamente a necesidade dunha reforma legal.560 De acordo coa Subcomisión V do Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste este acordo foi aceptado por 24 concellos da provincia, afectando a 104 montes con 38750 has. repoboadas, o 55,65% do total da provincia, e 15000 has. pendentes de repoboación víndose implicadas 260 comunidades.561 Sería o propio Montero, como ponente xeral adxunto, quen levaría a cuestión a comisión encargada de asuntos forestais do CESIN.

Temos, polo tanto, que a primeira causa do cambio de estratexia está no fracaso das medidas coercitivas fronte á conflictividade e ás victorias xudiciais das comunidades que fixeran perder ao PFE parte das superficies repoboadas. A segunda causa, máis importante na nosa opinión, está directamente relacionada con esta e non é outra que a escaseza acuciante que ten o Patrimonio de terras para consorciar e repoboar. Á altura destas datas a superficie catalogada estaba consorciada xa na súa maioría e os intentos de consorciar cos concellos montes veciñais sen catalogar tiñan moitos problemas precisamente pola presión veciñal e as progresivas victorias xudiciais das comunidades. As contas dos enxeñeiros son claras. Existe unha enorme superficie de montes sen catalogar que poden ser unha reserva de terreos para a repoboación e que non poden ser repoboados por métodos coercitivos. A solución non pode ser outra que facer participar ós veciños dos beneficios para así tapar calquera oposición.

A argumentación é desenvolvida de forma diáfana nas conclusións da subcomisión forestal do CESIN en 1964. De acordo cos datos citados no capítulo III en 1964 había un total de 660.300 has. de montes veciñais sen catalogar fronte a 342.083 has. de UP e 14.083 de Libre Disposición, estas só en Pontevedra. De estas superficies o 56,6% dos montes catalogados estaría repoboado por só o 10,6% dos montes non catalogados, en consorcios con concellos e coa oposición expresa dos veciños que vía sentencia xudicial recuperaron o control sobre esa repoboación en montes non catalogados. De acordo cos ponentes non hai dúbida sobre o que hai que facer. Galicia é deficitaria na producción de madeira, a superficie de montes públicos é insuficiente, sobre os montes particulares non se pode actuar e os aproveitamentos nos montes non catalogados son absolutamente "irracionais" e realizados á marxe de calquera consideración de rendibilidade económica. Consecuentemente"hemos de llegar a la conclusión que la reforestación de Galicia solo puede continuarse resolviendo adecuadamente la situación legal de esos montes vecinales cuya estructuración actual resulta evidentemente nefasta al bién común y que disponen de 536.372 has. rasas que no conviene repoblar a través de expedientes de repoblación obligatoria por razones obvias."562

Non se trata de comezar unha nova política de integración agro-silvo-pastoril, xa que os enxeñeiros non se plantexan en ningún momento que a política productivista poida estar errada. A relación entre agricultura e monte non se trata en ningún momento. De feito eles mesmos fan unha corrección da superficie total dos montes, uns dous

560 Goberno Civil de Ourense, Informe sobre a aplicación da lei de MVMC, Icona, serie MVMC, IC-194. III Pleno del Consejo Económico Sindical de Orense, Ourense, 1962. 561 Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, expansión forestal, op cit pax. 78. 562 Ibid pax. 81.

381

millóns de hectáreas, restándolle as 312.030 hectáreas que consideran adicadas ao cultivo intensivo do toxo en propiedades particulares. Para eles non é monte, senón terras de cultivo polo que se desentenden do problema. Sobre a gandería si que falan pero unicamente para considerala unha inimiga da repoboación polo que non se trata de buscar compatibilizar os distintos tipos de aproveitamentos, senón de indemnizar e facer participar nos beneficios para que a tarefa repoboadora non teña oposición. Así o recoñecemento da propiedade veciñal é unha cuestión de obxectivo estratéxico. O plantexamento do problema está fora de toda dúbida no que respecta aos obxectivos.

“La propiedad vecinal ha demostrado su total incapacidad para la conservación del arbolado. (...) Apenas existen consorcios para actuar sobre esta superficie y los que existen llenos de dificultades. Lo poco realizado tiene escasa estabilidad legal. Es pues evidente que la situación legal de estos montes es el problema más grave que pesa sobre la restauración forestal de la repoblación gallega”563

Non só no hai ningunha posibilidade de comezar unha nova política de integración agrosilvopastoril senón que a posibilidade de que a creación de pastos nos montes veciñais forme parte sistemática dos consorcios é rexeitada por antieconómica: “La incompatibilidad es de tal orden, que el aprovechamiento pastoral de los montes arbolados gallegos solo puede ser un aprovechamiento secundario, subordinado a las necesidades del bosque.” “Pero la idea de los pastizales ha sido tan feliz que no solo se pide sea una obra normal y complementaria de la repoblación sino que hasta se cree que pueden tener rentabilidad, contenido y vida propia como para instalarse masivamente en las montañas gallegas”564. As propostas definitivas da subcomisión forestal para a solución legal do problema dos montes veciñais son igual de significativas respecto da alternativa productiva que está detrás da reforma. Propoñen unha solución rápida na que, salvo que se demostre o contrario, todos os montes susceptibles sexan declarados veciñais, aínda si os veciños non teñen documentos que o acrediten. Fan unha proposta en oito puntos que en resumen recoñecería a titularidade veciñal, aínda que cunha dimensión pública, vinculados administrativa e tutelarmente ós concellos. Propoñen tamén unha posible distribución dos beneficios da repoboación do 30% para o concello e do 70% para as comunidades, aínda que este porcentaxe destinaríase a obras públicas no lugar, máis que entregarse en metálico o que o sitúa na mesma categoría de indemnización que levou adiante Montero de Burgos en Ourense máis que nunha capacidade plena dos veciños na xestión dos seus montes. Plantéxase a creación de xuntas veciñais que defendan os intereses da comunidade. Por último, a clasificación realizaríase de dúas formas básicas: de forma automática naqueles casos en que existan actos positivos que presupoñan a existencia de montes veciñais (consorcio, catalogación, repoboación), e mediante unha comisión formada o efecto que estudie todos aqueles casos non incluídos na primeira posibilidade.565 Temos aquí presentadas as principais cuestións que se discutiran na elaboración lexislativa dos catro anos posteriores. Agora ben, non todos os sectores do réxime estaban a favor de esta solución. Máis ala das chamadas ao respecto das necesidades da extensión de prados en

563 Ibid pax. 11-12. 564 Ibid pax. 72 e 68. 565 Ibid pax.74-81.

382

ambientes de oposición, como a coñecida Revista de Economía de Galicia con Beiras de subdirector, hai sectores do réxime directamente vinculados cos intereses gandeiros que non están de acordo coa opción forestal para os montes veciñais. Explicitamente clara ao respecto é a propia subcomisión gandeira do CESIN que, na mesma reunión na que se plantexa a reforma legal dos montes co obxectivo da repoboación, defende opcións productivas ben diferentes para os montes, aínda que sen falar de propiedade. A necesidade da creación de pastizais deféndese a partir da estimación do déficit alimentario da cabana gandeira que cifran en máis de 830 millóns de UA (Unidades Alimenticias) polo que chegan á conclusión de que “sufre por lo tanto la cabaña regional un notable proceso de hipoalimentación”566. As consecuencias de este déficit son para os ponentes da subcomisión moi claras: “desde hace aproximadamente 2 o 3 años empiezan a usarse de manera sistemática los piensos compuestos en la alimentación de nuestro ganado vacuno, introducción digna de todo encomio y que debe seguir alentándose hasta que sirva de base y aporte hasta llegar al 40% de alimentos concentrados en la dieta media de la alimentación del ganado vacuno, de esta forma quedaría un 60% como ración de volume que serán nuestros prados, praderas y pastizales los encargados de suministrarla. Para ello no cabe más que una política, la de incrementar nuestra producción forrajera”567. A política que recomendan é a de fomentar a creación de pastizais a partir dunha evolución gradual dos toxais ou o que é o mesmo de conversión de montes en prados e especialmente no interior de Galicia onde o clima e os solos son especialmente aptos para a realización de esta conversión. Tamén as diversas investigacións realizadas dende a antiga Granxa da Coruña (nestes anos Crida 01) confirmaban as posibilidades da conversión de montes en prados568. A opción defendida polos técnicos en gandería confirma que no seo do propio réxime non todas as voces estaban de acordo co defendido polo PFE, aínda que este conservaba unha gran influencia polo beneficio económico que lle reportaba ao Estado e pola alianza, traducida na participación de enxeñeiros forestais en consellos de administración, co sector da celulosa. Para entender o peso da opción forestal a pesar da oposición hai que ter en conta que estes son os anos de estudio e establecemento da industria da celulosa en Galicia a través de celulosas de Pontevedra569. O conflicto non estaba, por tanto, entaboado tan só entre comunidades e PFE, senón que interveñen outros intereses gandeiros detrás. A cuestión plantéxase dunha forma diáfana nunha entrevista realizada por La Voz de Galicia en 1966 ao Ministro de Agricultura, Adolfo Díaz-Ambrona. O periodista plantexa claramente a cuestión: “¿Está el proyecto de Ley pensado exclusivamente para que los montes gallegos se puedan repoblar, o para que se pueda obtenet de ellos lo que verdaderamente pueden dar, como por ejemplo praderas?” Aínda que o Ministro evita contestar máis adíante o xornalista voltará ao tema rematando por afirmar Díaz-Ambrona que “es evidente que existen intereses económicos contrapuestos en el problema de los montes, lo que está unido a la determinación de la personalidad jurídica adecuada para poder concretar la mejora y 566 Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Expansión ganadera... op cit pax. 125. O ponente xeral da comisión gandeira foi Ramón Beneyto Sanchís, con José García Atance como suplente e Juan Cruz Sagredo como adxunto. 567 Ibid pax. 125-126. 568 Ibid pax.123-125. Sobre as investigación sobre pratenses 100 años de investigación agraria, 1888-1988, 2 vols., Xunta de Galicia, Santiago, 1992 569 Rico Boquete, Montes e industria... op cit. 109 e ss Aínda que os plans para establecer unha planta en galicia son moi anteriores só a partir da constitución de esta sociedade en 1957 se levará á práctica.

383

repoblación de las zonas de monte”570. Un dos exemplos máis claros dos intereses gandeiros é o de Antonio Rosón, dunha familia moi vinculada a FRIGSA, e que ademais de participar como abogado de verias comunidades aparecéra sendo procurador en Cortes como membro da comisión encargada de avaliar a lei de 1968, presentando diversas enmendas destinadas a mellorar a participación das comunidades. Quedan identificados tres dos actores que intervirán no proceso: as comunidades de veciños, os intereses gandeiros e a Subdirección General de Montes coa industria da celulosa detrás. Mais no proceso de elaboración da lei e, sobre todo no proceso da clasificación, aparecerá outro actor que en certa medida é novo nos conflictos entre comunidades e administración na historia contemporánea dos montes veciñais, os concellos. En todo o século XIX e boa parte do XX os concellos van a actuar, a pesar de que a lei lles recoñecía a titularidade dos montes, xeralmente de parte das comunidades non exercendo as prerrogativas que a lexislación lles concedía571. Será a propia acción repoboadora do PFE a que lles converta en axente interesado, xa que os beneficios dos consorcios supoñían en moitos casos parte fundamental dos seus ingresos. A participación dos concellos (apoiados polo Ministerio de Gobernación) é unha das razóns fundamentais que explican que o proceso de clasificación fora longo e conflictivo e terá incidencia na parálise productiva de estas superficies na década dos setenta. As propostas da subcomisión forestal do CESIN son rapidamente aceptadas polo Ministerio de Agricultura a través da Subdirección Xeral de Montes que desenvolverá nos catro anos seguintes unha activa labor de elaboración lexislativa e de propostas entre diversos sectores. Con a súa proposta como base constitúese un grupo de traballo conxunto dos ministerios da Gobernación e Agricultura encargado de estudiar o problema e elaborar un proxecto de decreto.572 Non imos pararnos a expoñer a argumentación da memoria desta comisión xa que esencialmente repiten o xa argumentado, aínda que si é interesante o feito de que sitúan axeitadamente as orixes do problema na constitución dos municipios en Galicia no século XIX. Non dan, sen embargo, o seguinte paso que sería recoñecer o carácter privado dos montes.

O proxecto de decreto non recolle todas as propostas realizadas no Consejo Económico. O problema fundamental destas superficies é, na exposición de motivos, a falla de inscrición nos Inventarios Municipais, e, polo tanto, a dificultade para transformar os aproveitamentos polo descoñecemento da administración. Queda perfectamente clara a consideración como bens públicos, establecéndose a necesidade da inscrición, aínda que nun corpo aparte, nos Inventarios, reflexando o grupo veciñal ao que corresponden os aproveitamentos. Estes poderán modificarse, léase repoboación, mediante un expediente de transformación informado polos servicios técnicos de Agricultura. No que se refire ós beneficios un 30% será en metálico para os veciños, un 50% que destinará o concello para obras na parroquia e un 20% para a facenda

570 Reproducido en Adolfo Díaz-Ambrona, Agricultura, 1965-1969, MAPA, Madrid, 1970, pax. 91-92. 571 Balboa, O monte...op cit. 572 Os integrantes desta comisión foron Nemesio Rodriguez Moro,, Asesor Inspector de Corporacións Locais como presidente, como vocais Francisco Ortuño, subdirector do PFE, Luis García Oteyza, subdirector do servicio de Concentración Parcelaria, Jaime Montero, abogado do Estado e asesor do IN de Colonización, José Mª Bernaola, xefe da sección 3ª da Subdirección Xeral de Montes, e como secretario a Secrataría Xeral técnica do Ministerio da Gobernación. Grupo de trabajo para el estudio de problemas relacionados con la mejor explotación de los montes comunales, Memoria de su actuación y proyecto de decreto, 1964-1965, Icona serie MVMC, IC-96.

384

municipal. Como se pode ver é un proxecto máis tímido do que era a proposta orixinal e con aspectos contradictorios. Non se prevee ningún mecanismo para a clasificación dos montes pero sobre todo se establece a formación de Xuntas Veciñais pero tamén se indica que as comunidades constitúense automaticamente en Entidades Locais Menores, o que querían evitar a toda costa os membros da subcomisión forestal do Consejo Económico.

Esta non é unha cuestión baladí, xa que implica darlle á práctica totalidade das

comunidades un carácter administrativo con moitas máis competencias que as referidas a montes, chocando ademais coas atribucións municipais. Trátase en definitiva de salvar o carácter público dos montes sen negarlle de novo a participación ás parroquias. Aquí pódense apreciar os distintos intereses que están en xogo, xa que Gobernación intenta por todos os medios protexer os intereses adquiridos dos municipios, mentres que a Agricultura so lle interesa darlle unha solución legal á participación das comunidades para poder desenvolver a repoboación sen atrancos. Este tira e afloxa continuará ao longo do proceso lexislativo.

As reaccións sobre este proxecto en serán en xeral negativas, existindo unha

práctica unanimidade sobre o feito de que non sirve para solucionar o problema. A opinión máis crítica é a do Gobernador Civil de Ourense, José Mª López Ramón. Na súa opinión o proxecto só sirve para confundir e complicar máis o problema xa que séguese mantendo a concepción de que son públicos e dependen dos concellos. Pola contra para el está claro o carácter veciñal e polo tanto privado. Este feito está suficientemente claro dadas as sentencias xudiciais e o decreto non vai evitar que sigan plantexándose preitos pola propiedade. Propón que o problema se estudie de novo e que a disposición teña rango de lei. A mesma proposta fai a Dirección Xeral de Colonizacións e o Gobernador Civil de Lugo, Eduardo del Río, aínda que este último defende o carácter público destes bens. As únicas obxeccións do Gobernador Civil da Coruña e da Hemandad de Labradores son que non se teña en conta a este último organismo na administración das Xuntas Veciñais. O último comentario á lei é o do Gobernador Civil de Pontevedra, Ramón Encinas Dieguez, que significativamente non inclúe nos montes veciñais ós de utilidade pública. Esta postura non é gratuíta xa que como veremos serán os concellos desta provincia os que máis radicalmente se opoñan á perda dos montes inventariados573.

En calquera caso estes problemas non serán tidos en conta, xa que o proxecto

pasou neste momento a mans de Gobernación que decidiu arquivalo. As causas deste comportamento xa foron expostas. O Ministerio vai actuar durante todo o proceso como garante dos intereses económicos dos concellos, que non estaban dispostos a perder os ingresos que lles reportaba a repoboación. O Ministerio de Agricultura non vai aceptar esta situación e vai reabrir o debate sen contar con Gobernación, aínda que si cós Gobernadores Civiles, o que vai crear unha situación de tensión. Libre das restriccións opta pola opción da lei fronte o decreto e o decreto-lei, presentando un proxecto moito máis avanzado, abrindo despois consultas cos Gobernadores, pero sempre á marxe do Ministerio de Gobernación. Non se conserva a documentación previa a elaboración do decreto pero si os comentarios posteriores e os sucesivos proxectos que se elaboraron.574

573 Este e outros comentarios, todos dos meses de Setembro a Novembro de 1965 en Icona, serie MVMC, IC-96. Chama a atención que en ningunha das fases do proxecto se consulte ás Diputacións. 574 O proxecto e os comentarios en Icona, serie MVMC, sen sinatura, finais de 1966 a principios de 1967.

385

O elemento máis importante do proxecto é a consideración dos montes veciñais como privados, aínda que con certa capacidade tutelar por parte da administración. Considéranse bens pertencentes a comunidades veciñais aproveitados en réxime comunal (sen precisar que o que outorga a propiedade e a residencia no lugar) e que son bens inalienables, imprescritibles e inembargables e non suxeitos a tributación. Prescríbese a obrigatoriedade, de non a houber da formación dunha Xunta Veciñal e a redacción dunhas ordenanzas de aproveitamento que deben ser aprobadas polo concello, que non ten facultades administrativas sobre os bens. Unha das cuestións que quedan máis escuras e a relación co catálogo xa que non se indica se os montes quedan incluídos ou non. Sen embargo, o máis interesante do proxecto é o relacionado cos expedientes de transformación, que era o que máis lle interesaba ao Patrimonio. Estes expedientes serían incoados polos concellos no caso que se considere que os aproveitamentos non son os máis axeitados.575 O expediente estaría formado por un estudio dos servicios técnicos do Ministerio, un informe e acordo da Xunta Veciñal e resolución do concello. No caso de que os tres informes foran coincidentes quedaría aprobado automaticamente o expediente. No caso contrario sería o Ministro de Agricultura o que tomase a decisión tras dictame do Consello de Estado e proposta do Ministerio de Gobernación. Son moi significativos os porcentaxes de beneficios pois quedan nun 50% en metálico á comunidade, un 40% adicado polo concello en obras no lugar, e só un 10% para a facenda municipal.

Dos distintos informes presentados sobre o proxecto as maiores coincidencias

danse nos seguintes puntos: dificultades para determinar os montes afectados polo que deben establecerse normas que garanticen a aplicación da lei, escasa cualificación das xuntas que se constitúan e a necesidade de definir explicitamente o carácter público ou privado dos montes regulando logo en consecuencia as relacións coa administración forestal. Respecto o primeiro dos problemas a Dirección Xeral de Montes acepta a proposta de que sexa un xurado provincial creado ao efecto, do que ademais considera que debe ter unha composición"un tanto <liberal>" para non provocar a desconfianza veciñal, unha proba máis de que o único que lle interesa á administración forestal e cambiar a actitude dos veciños. Sobre o segundo a facultade de tutela dos concellos e da administración forestal permitirá evitar que as xuntas sexan manexadas por "personas desaprensivas y por profesionales del derecho que actualmente tienen tanta influencia en los medios rurales de Galicia".

Por riba das outras discrepancias o problema fundamental é o carácter público

ou privado dos montes, mais non tanto expresado desta forma, xa que o proxecto da administración non ten problema en recoñecer o carácter privado, senón a inclusión no catálogo de montes. Neste sentido o Goberno Civil de Ourense é de novo moi claro indicando que si son privados non deben estar incluídos no catálogo. Ante esta cuestión non pode estar de acordo a Dirección Xeral de Montes xa que atenta contra os seus intereses. A solución que propón é a inclusión no catálogo pero nun corpo especial e sen pagar imposto algún. En calquera caso a actitude do Goberno Civil de Ourense non é unánime. O de Lugo non só defende o carácter público, senón que propón que se exclúan aqueles montes xa integrados no patrimonio municipal, xa que para eles trátase de impedir que se sigan repartindo montes entre os veciños. Esta cuestión do carácter público ou privado e a inclusión ou non no catálogo é central na elaboración da lei xa que dela depende a capacidade posterior de actuación dos servicios forestais como

575 Non se aclara por quen, pero é obvio que polos servicios forestais.

386

queda claro nun informe posterior de Montero de Burgos que intenta conciliar as distintas posturas.576 Para Montero, igual que para a Dirección Xeral está claro o carácter privado, e tamén está clara a necesidade de inclusión no catálogo de UP aínda que nunha sección aparte. Para el estes montes precisan, pese ao seu carácter privado, unha maior tutela que os públicos. No fondo trátase novamente de asegurar a intervención pero sen ganarse a animadversión dos veciños.

Non podemos pensar que a capacidade de actuación dos servicios forestais era

absoluta. A súa intención era claramente facer unha lei que respectando ao máximo os dereitos de propiedade dos veciños lle permitira intervir sobre os montes, pero as presións de Gobernación ían facer necesaria a búsqueda dun consenso. O 19-IV-1967 Agricultura presenta un anteproxecto de lei que será elevado o Consello de Ministros. Este anteproxecto inclúe as reflexión comentadas dándolle ós montes un carácter privado pero concedéndolle amplas facultades de control á administración. O Ministerio da Gobernación vai respostar dunha forma airada e contraataca cun proxecto propio ante o que hai un cruce de comunicacións onde se explicitan as discrepancias. O proxecto de Gobernación elimina o carácter privado, os denomina "Bienes Vecinales Especiales" e os inclúe no Inventario Municipal engadindo no artigo 3º que: "La titularidad de esta clase de bienes, a efectos registrales, estará atribuida al Ayuntamiento correspondiente, pero su aprovechamiento y disfrute se efectuará exclusivamente por aquellos a quienes corresponda."577

Nunha carta enviada polo Director Xeral de Administración Local ao Ministro

de Agricultura aclárase o sentido das obxeccións: "Un gran número de alcaldes de Galicia consultados sobre el texto que elaboró la D.G. de Montes estimaron que el proyecto era lesivo para los Ayuntamientos." E engade máis adiante: "Las discrepancias entre ambos proyectos son substanciales. La más importante es la de que el de Agricultura califique estos montes como propiedad privada, aunque luego los somete casi integramente a un régimen de derecho público De la calificación privada estrae como consecuencias la del reparto entre los vecinos del precio, caso de expropiación, la no intervención del Gobierno Civil en la aprobación de las ordenanzas de aprovechamiento, la no inclusión en el inventario municipal, la ausencia de facultades inspectoras por parte del Ayuntamiento, etc."578

A aceptación das propostas de Gobernación suporía para os servicios de montes

que a lei sería completamente inservible. "Se estima que con la propuesta del Ministerio de la Gobernación se anularía todo el efecto político y real que ha pretendido el Ministerio de Agricultura y que además carece de fundamento la adscripción de la titularidad de los montes a los Ayuntamientos que nunca lo han tenido ni de hecho ni de derecho." Sin embargo outra comunicación é máis moderada e máis irónica:

"El proyecto de lei modificado por el Ministerio de la Gobernación

respeta en forma y contenido casi totalmnte el presentado por el Ministerio de Agricultura. Sin embargo tiene algunas modificaciones, alguna de ellas fundamental del origen de la titularidad vecinal dominical a los

576 Notas informativas a la Dirección General de Montes sobre el proyecto de ley Regulando los Montes de Aprovechamiento Comunal, Pertenecientes a Nucleos Vecinales y sus informes complementarios, Icona, serie MVMC sen sinatura nen data. 577 27-VII-1967, Icona, serie MVMC, IC-96. 578 6-IX-1967, Icona, serie MVMC, IC-96.

387

ayuntamientos(...) Es esta cuestión más de principio que de otra cosa, pues sus resultados prácticos no son mayores para el Ayuntamiento que los que se derivan de nuestro proyecto. Otra modificación -no importante- es la de aumentar la participación del Municipio al 20%. Finalmente una modificación no demasiado a tono con el espíritu de las anteriores es el de substituir como presidente del jurado provincial al Gobernador Civil por un Magistrado. Me imagino que esta será una concesión demagógica con la que se intenta tranquilizar a los vecinos, aunque no se logrará nada."579 Este tira e aflrouxa será solucionado só pola mediación directa dos titulares dos

dous ministerios, e o proxecto definitivamente presentado ás cortes o será conxuntamente. A solución, que parece darlle a victoria a Agricultura é salomónica, a titularidade corresponde ós veciños, pero en ningún lugar aparece a palabra "privados". Sen embargo e a este respecto a posición de agricultura sufre un novo revés no trámite en Cortes xa que a ponencia encargada de informar o proxecto inclúe un artigo no que se aclara que a clasificación dun monte co veciñal en man común implica automaticamente a exclusión do catálogo de UP e a inclusión nunhas relacións especiais dispoñibles tanto nos concellos como na administración forestal Ante esta modificación non debemos esquecer que un dos membros da comisión parlamentaria era Antonio Rosón.580

A lei, xa co nome de Ley de Montes Vecinales en Mano Común, engadido tamén

pola ponencia, foi aprobada o 27-VI-1968, e o seu regulamento o 28-II-1970. A descrición detallada do proceso de elaboración coidamos era necesaria para por de relevo os distintos intereses que estaban en xogo, intereses que voltaremos a atopar na posta en marcha da mesma. En xeral a lei supuxo un avance no terreo do dereito ao resituar ós montes veciñais na súa dimensión real, aínda que outorgándolle moita capacidade de intervención ós servicios forestais, crítica xa realizada no seu momento por xuristas e economistas dentro e fora de Galicia.581 En calquera caso o que a nos máis nos interesa é comprobar o impacto real da lei, tanto no que se refire ao proceso de clasificación como na utilidade que puido ter para os servicios forestais, xa que no fondo este último era o obxectivo prioritario do réxime. Neste sentido por suposto a lei non fai referencia á posibilidade de rescisión dos consorcios e só unha distribución dos beneficios. Este elemento é fundamental xa que, en todo o período de vixencia da lei ata 1980, nunha gran parte dos montes a xestión dos aproveitamentos seguirá estando nas mans dos servicios forestais (Nos setenta o Icona), o que axuda a entender a non conversión en prados de moitas superficies de montes veciñais.

579 Notaaodorso do proxecto de Gobernación, sen data e anónima, Icona, serie MVMC, IC-96. 580 Cortes Españolas, Comisión de Agricultura, Proyecto de Ley: Regulando los montes de aprovechamiento comunal, pertenecientes a nucleos vecinales, 13-V-1968. En Icona, serie MVMC, IC-96. 581 Diversas críticas realizadas á lei en Fernández Leiceaga, Economía... op cit pax.33-38.

388

IV.4.2. A clasificación dos montes e a parálise productiva dos mesmos. Explicación das causas. Aínda que en teoría o proceso de clasificación abriríase despois da aprobación do regulamento da lei en 1970 as dificultades fixeron que se prolongase ata a actualidade permanecendo aberto. O primeiro problema có que se atoparán os xurados de montes será a oposición municipal. Pese as repetidas obxeccións do Ministerio de Gobernación non todos os concellos eran contrarios á devolución dos montes. Un significativo exemplo da opinión contraria foi o alcalde de Quiroga, Lugo, Manuel López Mosquera.

“Los montes de nuestro municipio han sido inscritos como de propios a nombre del Ayuntamiento. Nos encontramos, pues, ante una colisión de derechos. Al sostener que los montes tradicionalmente de aprovechamiento común desde tiempo inmemorial, deben volver a los pueblos, aún supeditados a la tutela de los Ayuntamientos respectivos, se que sostengo una posición que puede no ser compartida por otroos alcaldes; pero no sería fiel a mi convicción, por profundo conocimiento de causa (...) si no la manifestara así”.582 Coincidindo coa elaboración do regulamento de 1970 os servicios de montes

realizaron unha enquisa, da que se conservan as respostas da práctica totalidade dos concellos de Pontevedra e bastantes de Lugo que demostra como a opinión do alcalde de Quiroga non era tan illada como poida parecer, aínda que cunha marcada diferenciación xeográfica. Así, na maioría dos concellos de Pontevedra a opinión é contraria á lei, mentres que en Lugo a situación e máis heteroxénea.Dos concellos de Pontevedra que contestan 46 están en contra da clasificación e entre eles os dos partidos xudiciais de Vigo e de Ponteareas que fan unha declaración conxunta, opoñéndose con virulencia o segundo. Só trece concellos están de acordo coa lei con maior ou menor grado de aceptación. Entre os concellos de opinión favorable chama a atención o de Dozón xa que a súa argumentación recorda as do século XIX.

“Si la calificación jurídica de los montes es la de vecinal, el hecho del

consorcio ni cualquier otra circunstancia que no sea la desafectación, pueden alterarla. Así pues, si era vecinal antes del consorcio, continua siéndolo a todos los efectos legales despues del consorcio. Y por consiguiente ningún perjuicio económico o social puede irrogarse a la entidad municipal Ayuntamiento, ya que aparte de no ser dueño, los aprovechamientos que verifican los vecinos, siempre repercuten en beneficio de la comunidad que integra el municipio, que al fin y al cabo es el bien mismo que debe propugnar el Ayuntamiento.”583 As respostas dos concellos contrarios centran a súa argumentación en que os

montes incluídos no Inventario Municipal son de propios, ou, máis honradamente, empregan a argumentación económica, sinalando que os productos da repoboación son unha porcentaxe fundamental dos ingresos do concello, e que de ser considerados en man común daríase unha situación de discriminación xa que hai parroquias con máis montes que outras (Barro).

582 La Voz de Galicia, 3-IV-1968. 583 Icona, serie MVMC, IC-191, ó igual que o resto das respostas.

389

En Lugo a situación é máis heteroxénea. Posturas tan radicais como en Pontevedra só se atopan en Cervo, Samos e sobre todo O Incio que afirma que non hai MVMC senón patrimoniais do concello. Noutros concellos as respostas máis que dirixidas a criticar ou eloxiar a lei, adícanse a expoñer a situación actual dos montes, moitos deles parcelados e repartidos entre os veciños salvo os de UP e consorciados.584 En xeral os concellos de Lugo inciden na dificultade da creación das xuntas e na súa falta de capacidade.

Temos que as reaccións á lei por parte dos municipios non son en absoluto

unívocas é isto vai ter incidencia na evolución do proceso de clasificación xa que os intereses creados van dificultar máis a posta en marcha dos xurados e a súa actuación efectiva nas provincias de A Coruña e sobre todo Pontevedra que en Lugo e Ourense. A propia administración forestal vai ser cómplice disto, xa que vai acelerar o proceso nas zonas onde menos oposición municipal había. O Icona tiña a obriga de realizar unha investigación sobre os montes susceptibles de ser declarados en man común que sería a base da actuación dos xurados, aínda que estes tamén podían abrir actuacións de oficio ou a petición dos interesados. Alí onde tiña máis interese era en Lugo, onde os montes non catalogados eran a maioría polo que a non declaración de montes veciñais podía implicar a súa parcelación. En Ourense, salvo aqueles concellos que tiñan montes de propios como Ribadavia, a disposición dos concellos tamén foi boa. Neste caso non dispoñemos das enquisas, pero o ritmo de clasificación foi parello ó de Lugo. Hai que recordar que os concellos desta provincia respostaran favorablemente á iniciativa de Montero de Burgos de cesión de beneficios. Cadro 46 Montes Clasificados e Investigados hasta 1982 (Has.).

Nº montes Nº montes Superficie investigados clasificados investigada

Superficie clasificada

% SI/SC

A Coruña 403 155 93164 30251 32,5 Lugo 1694 776 349440 190687 54,6 Ourense 926 976 284868 252273 88,6 Pontevedra 798 530 188931 110481 58,5 Galicia 3811 2437 916403 583481 63,7 Fonte: Icona, serie MVMC sen sinatura

Dos resultados da investigación non temos os datos completos, xa esta investigación prolongouse durante todo o período e incluso se realizou de novo despois da lei de 1989585. Os datos ata 1982 reflexados no cadro 46 mostran como, salvo en Pontevedra, a superficie é menor que a estimación realizada en 1964. De acordo con estes datos arredor de 900.000 has. serían susceptibles de ser declaradas veciñais en man común. Non podemos caer no erro de considerar sen embargo a investigación como unha garantía da clasificación, e de feito na actualidade hai perto de 675000 hectáreas clasificadas o que indica que unha parte importante quedou fora do proceso. En primeiro lugar temos constancia de montes clasificados que non foron investigados o

584 Aínda que o de Mondoñedo non só eloxia a lei senón que critica á corporación municipal que firmou o consorcio por favorecer a desposesión dos veciños. 585 Un número importante pero non completo dos expedientes de investigación consérvase no arquivo do Icona, serie MVMC, IC-1 ao IC-283.

390

que parece corroborar o dato de Ourense, onde foron clasificados un maior número de montes que os que foron investigados.586

Por outra banda a mesma investigación puxo de relevo a importante superficie de montes aparentemente susceptibles de ser clasificados que foran repartidos entre os veciños. A provincia de Lugo lévase a palma en este aspecto pero non é un fenómeno descoñecido nas outras provincias.587 Un exemplo claro é o do concello da Fonsagrada, onde se investigaron 30.536 has. e non se clasificou nin un tercio desa cifra. A investigación confirmou que a maioría dos montes foran parcelados. Unha situación similar atopámola en Mondoñedo, pero tamén en menor medida en Porto do Son na Coruña ou en Lalín en Pontevedra. A outra posibilidade para a non clasificación foi a oposición municipal que nalgúns casos conseguiu o recoñecemento da titularidade. A lei de 1968 sinalaba a prescrición como causa para a non clasificación e isto foi aproveitado polos concellos opostos á aplicación da lei.

Gráfico 26

Evolución da superficie clasificada anualmenteEn % sobre a superficie total clasificada

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

1971

1973

1975

1977

1979

1981

1983

1985

1987

1989

1991

1993

1995

1997

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: base de datos dos MVMC do Grupo de Estudios da Propiedade Comunal. A partir do rexistro de MVMC da Xunta de Galicia.

Non deixa de ter interese analizar o ritmo da clasificación. O gráfico 26 mostra como existe como a maioría dos montes das provincias de Lugo e Ourense foron clasificados antes que os de Pontevedra e A Coruña. Os expedientes de investigación da provincia de Lugo corroboran a idea de que a superficie non clasificada nesta provincia non o foi por estar xa parcelada.588 Para o caso de Ourense tamén temos constancia de que varios montes foran desclasificados por estar xa repartidos. Este é o caso dos montes Trabazo e Grou en Lobios ou de varios montes de Chandrexa de Queixa e de

586 Esto tamén pode deberse á partición entre distintas comunidades dun mismo monte. É o caso do monte Medo (nºs 22,23, e 24 do catálogo de UP), nos concellos de Maceda, Baños de Molgas e Vilar de Barrio (Ourense) que despois da clasificación foi fragmentado entre diversas comunidades. 587 Icona, serie MVMC, expedientes de investigación. 588 Aínda que as actas dos xurados desta provincia que se conservan para os anos 1974-1980 no Icona non indican a causa senón unicamente se foron ou non clasificados. Icona, serie MVMC, IC-152.

391

Boborás.589 En calquera caso o desfase é moito menor que en Lugo xa que en 1982 estaba clasificado o 88,6 % do investigado, superficie a que non se achega nin de lonxe ningunha das outras provincias. Esta é con moito a provincia galega mellor coñecida pola administración, e, como xa dixemos, os concellos mostraron unha actitude favorable á cesión de beneficios ós concellos. En calquera caso estas dúas provincias teñen en común a relativa rapidez do proceso de clasificación e o bo funcionamento desde o principio dos xurados de clasificación. A clasificación comeza en 1970 en Ourense, estando case rematado en 1978. En Lugo comeza en 1973 é, aínda que se clasifican bastantes montes despois de 1978, o groso da superficie está clasificada antes desa data.

Pola contra en Pontevedra e A Coruña o proceso empeza máis tarde e só alcanza un ritmo importante despois de 1978. En Pontevedra, ademais, a clasificación concéntrase entre 1978 e 1981, onde se clasifica o 69,9% da superficie clasificada total. Esto non obedece a unha casualidade, se non a unha decisión consciente do Icona que opta por non potenciar a clasificación en Pontevedra para non chocar cos intereses dos concellos. Nun informe de 1976 inclúese unha estimación da superficie que remataría por ser clasificada nas catro provincias. Fronte 235.000 has. que se estiman para Lugo, e as 300.000 para Ourense só se prevee a clasificación de 40.000 na Coruña, que se achega bastante ó que sucedeu, e 50.000 para Pontevedra.590 Nunha carta de 1978 do Presidente da Deputación de Pontevedra, José Luis Pelaez Casalderrey a José Lara, Director do Icona indícanse os perigos que esta situación podía traer.

"De los 1600 expedientes que se calcula que hai que estudiar para

clasificar los montes, hasta hace 6 meses solo se habían investigado 560 predios, resultando 52 como vecinales y 77 como no incluidos en tal clasificación. Con estos escuetos datos, creo que se puede centrar el problema. La clasificación, por razones que no me compete juzgar resulta lenta y el resultado de la misma es que un porcentaje mayor del 50% de los montes no llegará a ser clasificado como vecinal en mano común. Esta distinción yo la comprendo y acato, pero nuestras gentes ni lacomprenden ni quizás la acaten, entre otras razones porque en el año 1901, cuando se publico el catálogo, figuraban todos los montes como pertenecientes a las parroquias."591

Está a falar o presidente da Deputación da crecente conflictividade existente na

provincia desde principios da década respecto a este tema e que conflúe na creación a finais de 1977 da Coordinadora de Montes Veciñais en Man Común. A creación desta asociación e a solución que finalmente se lle deu ó problema dos montes veciñais en Pontevedra temos que relacionala coa efervescencia política dos anos da transición e coas primeiras eleccións democráticas das corporacións municipais. Esta coordinadora, que pronto se estende tamén pola provincia da Coruña, actúa de catalizador das protestas veciñais, dando asesoramento legal ás comunidades e coordinando as protestas.592 Hai que indicar que, pese a transcendencia pública da actividade da 589 Icona, serie MVMC, IC-182 e 183. 590 Programa Regional del Ministerio de Agricultura, Montes Vecinales en Mano Común, Maio de 1976, Icona, serie MVMC, IC-189. 591 2-V-1978. Icona, serie MVMC, IC-194. 592 Sobre a coordinadora de Montes Veciñais é un documento imprescindible o libro do CIES, O monte é noso, Galaxia, Vigo, 1979. Este libro recolle as intervencións dunhas xornadas organizadas pola Coordinadora en 1978 e que recollen testimonios de primeira man dos conflictos desde principios da década.

392

coordinadora, a conflictividade en torno á clasificación estivo moito máis restrinxida territorialmente que a realizada contra a política de repoboación nos trinta primeiros anos do franquismo. Concretamente o seu ámbito de actuación quedou restrinxido á provincia de Pontevedra e o sur da de A Coruña (onde se concentraban a maioría dos montes veciñais de esta provincia). Entre as accións realizadas destacan as manifestacións, xornadas de concentración etc., pero sobre todo a oposición violenta á realización das subastas de madeira que era o que máis dano lle podía facer ó Icona e que este recoñece explicitamente.

"La situación se hace cada vez más tensa y espero que piquetes de

vecinos bien organizados se opongan de manera masiva y violenta a que se realicen los aprovechamientos. Ya hemos tenido varios casos aislados, que en parte se han resuelto por iniciativa del Gobierno Civil, con la presencia de la Guardia Civil."593 A situación era tremendamente perigosa para os intereses do Icona, xa que

opoñerse ás reivindicacións dos veciños implicaba o fracaso da política iniciada en 1964. As consecuencias estaban claras e, aínda que algúns informes como o citado de Ricardo García Borregón inciden na imposibilidade de clasificar a maioría dos montes por prescrición a favor dos concellos a solución non podía ser outra que a aceleración do proceso de clasificación. Así nunha viaxe de inspección realizada entre o 12 e o 15 de Marzo de 1978 indícase que "ni el Icona ni la Guardia Civil, ni los alcaldes ni los gobernadores pueden ni creen conveniente realizar actos de fuerza, denuncias detenciones, etc. para evitar los piquetes que impiden el normal aprovechamiento de los montes"594 Pola contra incídese na necesidade de acelerar a constitución das Xuntas Veciñais e se propón unha modificación da lei que incremente a participación veciñal nos beneficios. Ademais aínda que non se di explicitamente está claro que a actitude dos xurados provinciais cambiou, xa que entre 1979 e 1981 clasifícanse máis de 90.000 has. de montes veciñais en man común na provincia de Pontevedra, proceso no que incide tamén a realización das primeiras eleccións municipais.

Unha consecuencia importante de toda esta conflictividade será a aprobación dunha nova lei de MVMC o 11-XI-1980 que deixaba explicitamente claro o carácter privado destes bens o que implicaba entre outras cousas que os concellos deixan de ter atribucións que lles outorgaba a anterior como a aprobación das ordenanzas, agora estatutos, que pasan á autoridade xudicial. Igualmente se anula calquera referencia ós plans de transformación e outras facultades administrativas dos servicios forestais son anuladas. En calquera caso nin esta lei nin a específica da Comunidade Autónoma de Galicia de 1989 terán incidencia na clasificación xa que, aínda que é un proceso non pechado a importancia cuantitativa é mínima a partir de 1984. Onde si é importante a lei é na posibilidade de rescindir os consorcios ou de convertelos en convenios, figura creada pola lei de Fomento de la producción Forestal de 1977. Esta posibilidade chegaba nun momento onde o abandono da actividade agrogandeira nas dúas provincias con maior importancia dos montes, Ourense e Pontevedra, xa estaba moi acelerado polo que os seus efectos foron mínimos como constatamos na análise dos censo de 1962 a 1982 e o mesmo se comproba coa análise ata 1989 feita por Edelmiro López Iglesias.

593 Ricardo García Borregón, Los montes en "Mano Común" en la provincia de Pontevedra", Icona serie MVMC, 1978, IC-183. 594 Icona, serie MVMC, IC-194.

393

Queda por analizar sen embargo que foi o que sucedeu coa outra alternativa defendida pola administración, a forestal O ritmo das repoboacións non volveu a acadar o ritmo dos anos cincuenta, e este dato xa é indicativo de que os intereses da administración forestal non acadaron o seu obxectivo prioritario, nin sequera despois da aprobación da lei de Fomento da Producción Forestal o 4-I-1977. Máis tamén resulta interesante coñecer o grao de control da administración forestal sobre os montes. A lei de 1968 só prevía a adaptación dos consorcios a nova situación legal, pero a do 1980 permitía que as comunidades rescindiran o consorcio ou o converteran en convenio, a nova figura aprobada pola lei de 1977. A base de datos sobre MVMC realizada polo Grupo de Estudio da propiedade Comunal permite facer unha aproximación ó coñecemento do que pasou cos montes consorciados e non consorciados despois de converterse en MVMC, aínda que nun grao moi aproximativo xa que os datos de consorcios e convenios existentes son dun inventario de 1993 da Xunta de Galicia. Permítenos coñecer, sen embargo, para un gran número de montes das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, cal é a situación nesa data dos montes que tiñan consorcio antes de ser clasificados e a dos que non tiñan consorcio antes desa data.595

CADRO 47 Situación en 1993 dos montes consorciados antes da clasificación, HAS. Lugo Ourense Pontevedra Consorcio ou Convenio

184.823,96 163.428,72 96649.11

Sen consorcio nin Convenio

11568 36 11.584,19

Total 196.391,96 163.464,72 108.233,3 Fonte: base de datos dos MVMC do Grupo de Estudios da Propiedade Comunal. A partir do Inventario de

MVMC da Xunta de Galicia en 1993, inédito.

CADRO 47 Situación en 1993 dos montes non consorciados antes da clasificación, HAS. Lugo Ourense Pontevedra Convenio 26.309.19 5.086 3.000,4 Sen convenio 40.057,93 90.949,87 16.678,3 Total 66.367,12 96.035,87 19.614,7

Fonte: base de datos dos MVMC do Grupo de Estudios da Propiedade Comunal. A partir do rexistro de MVMC da Xunta de Galicia

Dos cadros 46 e 47 despréndese que a declaración dos montes como veciñais

non supuxo un cambio significativo na superficie dispoñible para a repoboación por parte da administración, aínda que nas provincias de Lugo e Pontevedra un bo número de comunidades optaron por romper os seus lazos coa administración, neste último caso sen dúbida polo conflictivo proceso de clasificación que conseguiu aínda máis enfrontar ás comunidades cos servicios forestais. Se esta opción, a da reversión dos consorcios non se aplicou máis foi posiblemente pola cláusula da lei de 1980 que esixía a devolución do gastado nos montes polos servicios forestais. Nos montes non controlados pola administración antes da clasificación as cousas tampouco mudaron substancialmente. As algo máis de 34.000 has. que pasaron a depender da

595 Non dispoñemos do dato para ningún monte da provincia da Coruña e para un bó número das outras, pero coidamos é unha mostra significativa, xa que abarca 2470 montes e 593.603 has a maioría dos MVMC.

394

administración forestal corroboran unha vez máis o fracaso da estratexia emprendida en 1964. A desarticulación das comunidades e o desarraigo dos montes do complexo agropastoril non implicaron nos anos do tardofranquismo e a transición unha maior extensión dos aproveitamentos forestais como indican os datos analizados no apartado IV.3.4. Especialmente a extensión dos incendios forestais nos anos setenta e oitenta provocaron a reducción da superficie arborada nos montes veciñais e o fracaso da estratexia diseñada polo PFE e o Icona para os montes veciñais (Aínda que esta situación cambiou despois de 1986 como indican os datos do III Inventario forestal con máis de 1,4 millóns de hectáreas repoboadas, pero esa é xa outra fase da historia dos montes veciñais). Non podemos concluír sen facer unha valoración global da solución dada ao problema da propiedade veciñal en relación coas opcións productivas plantexadas para estes. O proceso aberto en 1968 foi incompleto e inexacto, e a solución legal, se ben recoñecía a titularidade das comunidades, non solucionaba os problemas creados polos máis de trinta anos de expropiación efectiva da propiedade. O proceso de clasificación non só non conseguiu a mobilización productiva dos montes non catalogados senón que contribuíu a súa parálise. A gran extensión dos incendios forestais en montes consorciados na década dos setenta está en relación directa co conflicto da clasificación aínda que interveñan outros factores como as necesidades industriais de madeira596. Así por un lado a opción forestal fracasou e polo outro os montes continuaron desvinculados do sistema agrario. Boa proba de isto a temos en que segundo o citados Inventario de montes da Xunta de Galicia en 1993 máis de 1700 das 2865 comunidades tiñan en esa data sen constituír os órganos de dirección, a maioría na provincia de Ourense. En relación á dinámica das transformacións agrarias dos anos setenta e oitenta a evolución dos montes veciñais en man común tivo uns efectos decisivos na adaptación das zonas onde estes eran predominantes ás necesidades da especialización gandeira. A opción da política agraria que saíu victoriosa nos anos sesenta para os montes veciñais defendía unha orientación exclusivamente centrada no forestal e excluíndo explicitamente ningunha política de conversión en pastos que fixera compatibles as dúas produccións. Ao mesmo tempo no conflictivo proceso de clasificación os intereses contrapostos das comunidades e dos concellos levaron a que en unha parte moi importante dos montes (na provincia de Pontevedra e na de A Coruña) a solución da clasificación fora tardía e non permitise a súa reintegración ao sistema agrario.

596 Sobre os incendios nos sesenta e a industria da madeira en Galicia: Rico Boquete, Montes e industria... op cit pax. 181 e ss.

395

CONCLUSIÓNS O remate dunha investigación doutoral está moitas veces vinculada a razóns académicas ou simplemente á finalización do sostén económico que lle serve de base. Por esta razón a posta por escrito do apartado de conclusións é con diferencia a parte máis complicada ao ter que dar por rematadas cuestións que precisarían, na opinión de quen escrebe, moita máis investigación. A vantaxe desta situación radica, por outra parte, en que está garantida a continuidade na investigación a pouco que a curiosidade intelectual sexa unha das razóns pola que esta foi iniciada. Esta investigación chega aquí a un alto pero non ao seu remate. Só á insistencia dos directores, que temían polo afogamento cuantitativo do doutorando, débese que despois de sete anos está investigación vexa por fin a luz. As conclusións son, polo tanto, provisionais na liña do que afirmaba Carlos Alonso del Real de que nunca se conclúe nada. Como moito poden tirarse algunhas consecuencias. A amplitude cronolóxica e o tipo de fontes utilizadas da investigación non permiten outra cousa, aínda que en compensación plantexa moitas máis preguntas das que resposta o que sempre é unha cousa boa. A pesar das novidades teórico-metodolóxicas desta investigación, e situando no presente a nosa interpretación do pasado, o traballo que presentamos sitúase nunha longa tradición que pretende rastrexar no pasado as causas da situación actual da agricultura galega teimosamente desesperanzadora, aínda que o que non pretende é plantexar direccións truncadas que poidan ser recuperables no presente. Ese non é o labor do historiador. Que non lle chamemos atraso, senón deficiente adaptación da agricultura galega á Revolución Verde, deriva da constatación de que outro pasado existiu e de que a configuración da agricultura actual deriva de razóns históricas e non só de deficiencias estructurais perceptibles no pasado. Aínda que esta investigación céntrase na evolución productiva e non na evolución da propiedade e da dimensión das explotacións, entra en debate cunha teoría moi estendida que vincula os resultados productivos ao tamaño dos mesmos. Os resultados productivos durante o período que chamamos de agricultura orgánica, xunto coa comparación con outros espacios xeográficos desminte esta interpretación. Nun longo período da agricultura contemporánea, onde as posibilidades de transformación estaban vinculadas non á introducción de maquinaria senón á intensificación dos usos da terra, as vantaxes comparativas da pequena explotación respecto da grande non eran desprezables. Agora ben, esas posibilidades de intensificación dependían fundamentalmente das condicións medioambientais. No caso da agricultura galega aínda que con matices o contexto medioambiental vinculaba a dirección das transformacións a aquelas agriculturas atlánticas que conseguiron incrementar, mediante a mixed farming, a productividade da terra e sobre todo as produccións gandeiras. O factor fundamental que explica esta intensificación en Galicia son as modificacións tanto da propiedade como de uso dos montes. Unha das conclusións máis importantes ao noso xuízo da primeira parte de esta investigación é que o monte non é só o soporte do sistema agrario, en expresión de Abel Bouhier que fixo xustificada fortuna, senón tamén motor da intensificación do mesmo. Só a partir das novas formas de obtención do toxo, que se estenden a partir da segunda metade do século XIX, pode entenderse o proceso de intensificación das rotacións de cultivos, tal e como aquí quixemos demostrar. Ao mesmo tempo, e aínda que a escala e as fontes só permiten que

396

sexa unha hipótese e non unha conclusión, esta intensificación non é homoxénea, senón que debe relacionarse nun primeiro paso coa diferenciación espacial da agricultura en Galicia. A vinculación que fixemos de intensificación con individualización da propiedade do monte implica que foron aquelas parroquias nas que a propiedade veciñal desapareceu as que puideron respostar mellor ás necesidades da intensificación. No que se refire ao período mellor estudiado e coñecido pola historiografía agraria galega na evolución productiva, a etapa que vai dende a crise agraria finisecular á Guerra Civil, as conclusións da investigación non son nin moito menos rupturistas pero si introducen matizacións de importancia ao xa coñecido. En termos productivos o período pode caracterizarse pola introducción da ciencia á agricultura, mediante un considerable esforzo institucional e social na difusión dos cambios, a través da creación e consolidación dun entramado institucional da innovación e da participación dunha crecentemente articulada sociedade civil. Sen embargo a interpretación sostida neste traballo e que esas transformacións non supuxeron un cambio de paradigma, polo demais imposible nese contexto tecnolóxico, na utilización de enerxía no sistema productivo. A agricultura seguiu sendo esencialmente orgánica e a enerxía dominante seguiu sendo esencialmente a solar. Esta constatación ten implicacións na dirección dos cambios introducidos. A evolución do sistema de cultivos seguiu a mesma dirección que na centuria precedente, aínda que con un considerable incremento no ritmo da intensificación do uso da terra. Aínda máis significativo é o feito de que os cambios tecnolóxicos que tiveron máis éxito ían dirixidos precisamente á mellorar os resultados desa intensificación. Esto explica o éxito da introducción de determinados cambios como os abonos fosfatados, as sementes e a mellora das razas gandeiras que foron facilmente aceptadas pola agricultura familiar. En termos comparativos os resultados cuantitativos (contables) da agricultura galega a situaron moi por riba da media estatal durante o primeiro tercio de século, situación que comparte con outras agriculturas do norte de España. Esto non implica na nosa perspectiva que poidamos substituír a caracterización da agricultura galega como atrasada pola interpretación contraria. Esa caracterización non introduce potencial explicativo ningún. Os resultados comparativos da agricultura galega no século XIX e primeiro tercio do XX explícanse pola adecuación do tipo de transformacións e do contexto tecnolóxico ás condicións medioambientais do norte de España. A evolución descrita ata a Guerra Civil contrasta fortemente coa evolución seguida pola agricultura galega en termos de productividade dende os anos sesenta ata a actualidade. Unha parte da explicación de este feito radica na parálise productiva dos anos corenta e cincuenta e que en algunhas variables continua ata ben entrada a década dos sesenta, polo que a evolución negativa da agricultura española durante o primeiro franquismo foi especialmente significativa en Galicia. Esta conclusión é sostida pola análise das macromagnitudes, aínda que a fiabilidade das fontes estatísticas é considerablemente menor en este período que en calquera outro do século XX, e pola dirección da política agraria que rompe radicalmente coas tendencias de preguerra. Entre 1939 e comezos da década dos sesenta a productividade da terra, variable clave en etapas anteriores, permanece estancada, mentras que se produce un aumento do número de traballadores na agricultura. Os datos sobre o sector gandeiro son perores que os do sector agrícola, indicando que a recuperación só comeza, e moi limitadamente, a finais da década dos cincuenta. A conclusión destes datos é que a productividade do traballo sufre unha forte caída, tanto en termos absolutos como en comparación co Estado, polo

397

que teriamos que situar neste período e non anteriormente o comezo de esta tendencia que continúa na actualidade, invertindo a dinámica do primeiro tercio de século. Nesta etapa, son dous os elementos da política agraria que parecen especialmente importantes en relación ao contexto español. A política de prezos, a actitude respectos ao comercio exterior e o intervencionismo en todos os aspectos da economía son fenómenos comúns. Sen embargo en Galicia ten unha importancia esencial a destrucción do entramado societario, clave na adopción colectiva das melloras e no control do fraude, e a ruptura coa concepción das melloras dos técnicos de preguerra. Aínda máis importante na nosa opinión é a política forestal do réxime, que aínda que en concepcións da repoboación forestal non hai unha ruptura coa preguerra, si a hai no alcance cuantitativo da repoboación. Este proceso vai supoñer a desposesión das comunidades dunha parte moi importante das superficies de monte veciñal e a saída das mesmas do sistema agrario con consecuencias productivas moi negativas na xa de por si difícil conxuntura da posguerra. Un elemento esencial da nosa argumentación é a comparación entre a repoboación pública e a privada en estes anos que demostra a carácter complementario dunha parte dos aproveitamentos forestais privados coas actividades agrarias. A introducción da revolución Verde supón unha mudanza substancial nas posibilidades productivas da pequena explotación. O contexto tecnolóxico dominante implica a necesidade dun redimensionamento das explotacións para poder competir en termos de productividade e de renda por ocupado. Que non se producise este redimensionamento en Galicia levou a que se producise unha caída da productividade do traballo en relación á media española e a Europa. Sen embargo esta constatación, hai unha matización importante que facer no sentido de que a forma concreta que adoptou a revolución verde en Galicia levou a unha acentuación de esa perda de productividade. Non se aproveitaron as condicións medioambientais para centrar os cambios na intensificación dos usos do solo e na practica as tecnoloxías dirixidas a este fin tiveron un papel moi cativo, rachando coa tendencia precedente. As causas de que se dera esta situación hai que buscalas en que a especialización da agricultura galega na producción gandeira, e especialmente de leite, non foi acompañada dunha subespecialización en productos agrícolas comercializables como a pataca, o viñedo e a horta. Estes productos esenciais no crecemento da producción no primeiro tercio do século XX viviron unha crise importante nos primeiros anos do franquismo e non se recuperaron nos vinte anos posteriores o que si sucedeu coa producción gandeira. Ao mesmo tempo, as condicións favorables de Galicia para a producción forraxeira e de prados non foron aproveitadas polo que a dependencia de inputs de fora do sector condicionou tanto a magnitude do cambio de paradigma enerxético como os resultados en termos de renda por activo. Nesta investigación non se inclúe a análise dos organismos de investigación agraria nin a actuación dos de difusión, como Extensión Agraria, polo que as conclusións respecto á explicación do modelo de cambio tecnolóxico adoptado deben tomarse como provisionais. Os datos macro a este respecto indican que foron precisamente as tecnoloxías máis relacionadas co aforro de traballo as que tiveron o papel principal no cambio de paradigma enerxético. O excesivo impacto das tecnoloxías da motomecanización levou a que a acentuar as consecuencias negativas en termos medioambientais da introducción da Revolución Verde, ademais de contribuír á caída da renda agraria a partir dos setenta. Que existan razóns dende a racionalidade labrega para explicar esta adopción non invalida estas conclusións macro. En definitiva

398

a adopción da Revolución Verde fíxose esencialmente a partir de gastos fora do sector agrario e non a dende a potenciación dos recursos endóxenos. Sen ben non analizamos os mecanismos de difusión do cambio técnico durante a Revolución Verde, o que ocuparía unha investigación independente, na política agraria inclúese o estudio da política seguida respecto aos montes veciñais que foi a principal responsable de que a evolución da superficie de prados, ou o que é o mesmo, da base endóxena da especialización gandeira, fose moi desigual espacialmente e que, en definitiva, levase a que a especialización gandeira dependese excesivamente da compra de pensos de fora de Galicia. Este feito converte á análise do monte en exemplificadora dos problemas de adaptación á nova agricultura das explotacións galegas. Foron as explotacións que tomaran parte no proceso de individualización da propiedade colectiva (esencialmente o tercio norte do pais) as que reorientaron o uso dos montes incrementando a superficie de SAU por explotación. Sen embargo nas superficies de montes veciñais, onde radicaba a posibilidade de racionalizar a especialización gandeira nas provincias de Ourense e Pontevedra nun sentido similar ao sucedido alí onde se individualizaron os montes, a política da administración forestal foi dirixida exclusivamente á garantir o aproveitamento forestal intensivo. Nesta intención, do PFE primeiro e do Icona despois, radica a explicación da elaboración da lei de montes veciñais en man común e o conflictivo proceso de clasificación. O conflicto mesmo levou a que esas superficies non seguiran na década dos setenta ningunha das dúas opcións productivas que se plantexaban, a de prados pola oposición dos servicios forestais e a forestal pola extensión dos incendios forestais nos montes consorciados. Esto supuxo para moitos concellos do país a parálise de parte moi importante da súa superficie na década clave da introducción da nova agricultura. Ao abandono dun gran número de explotacións, que non contribuíron ao redimensionamento das que se mantiveron, únese aquí o abandono de boa parte da superficie veciñal. Unha parte da explicación das dificultades da agricultura galega a partir dos anos sesenta radica no escaso impacto da concentración de terras e por conseguinte na inexistencia dun importante redimensionamento das explotacións. Sen embargo, e sendo incuestionable este feito, outros factores inciden nos problemas descritos. A baixa productividade do traballo deriva tanto da escasa dimensión das explotacións como da ruptura das dinámicas de preguerra sostidas pola intensificación do uso da terra e o conseguinte incremento da productividade da mesma. Con esto non queremos dicir que, de non darse esa ruptura, a evolución da agricultura galega na Revolución Verde se tería aproximado as tendencias de productividade dos países da metade norte de Europa. O que si consideramos necesario indicar é que a ruptura analizada contribuíu a potenciar os aspectos negativos da Revolución Verde, non só en termos de productividade, senón tamén as consecuencias medioambientais do cambio de paradigma enerxético, tanto polo recurso masivo a inputs de fora do sector agrario como polo abandono de terras agrícolas e de monte.

399

BIBLIOGRAFÍA Abad, Carlos e José Manuel Naredo, “Sobre la <<modernización>> de la agricultura española (1940-1995: De la agricultura tradicional hacia la capitalización agraria y la dependencia asistencial”, en Cristóbal Gómez Benito e Juan Jesús González Rodríguez, (Eds.) Agricultura y sociedad en la España contemporánea, CIS/MAPA, Madrid, 1997 Alcaide Inchausti, Julio (1976): “Una revisión urgente de la serie de la renta nacional española en el siglo XX”, en Datos básicos para la historia financiera de España (1850-1975), vol 1, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid. Allen, Robert C., “Revolución en los campos: La reinterpretación de la Revolución Agrícola iglesa”, Historia Agraria, 26, 2002, pp. 13-32 Álvarez Sousa, Antón, Os incendios forestais. Análise sociolóxica do sector forestal galego, Xerais, Vigo, 1992. Artiaga, Aurora, “Unha radiografía da posguerra na Galicia rural: Os informes fundacionais das Hermandades de Labradores e Ganaderos na provincia de Pontevedra”, en Xesús Balboa e Herminia Pernas Horoza (Eds.) Entre nos. Estudios de arte, xeografía e historia de Galicia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001, pax. 897-926. Artiaga Rego, Aurora; Balboa López, Xesús “La individualización de la propiedad colectiva. Aproximación e interpretación del proceso en los montes vecinales de Galicia”, Agricultura y Sociedad, 65, 1992, pax. 101-120. Bairoch, Paul, “Les trois revolutions agricoles du monde développé: Rendements et productivité de 1800 a 1985”. ANNALES, ESC, 1989, pp. 317-353 Balboa, Xesús L., "As visicitudes do monte en Galicia, 1855-1975: Intervencionismo administrativo e privatización campesiña" en Ramón Villares (Ed.): Donos de seu. Estudios de historia agraria de Galicia, Sotelo Blanco, Barcelona 1988 Balboa, Xesús L., O Monte en Galicia, Xerais, Vigo, 1990. Balboa, Xesús L., “L´utilizzazione del <monte> nella Galizia del secolo XIX”, Quaderni Storici, 81, 1992 Balboa López, Xesús L., "El fuego en la historia de los montes gallegos: de las rozas al incendio forestal", en Eduardo Araqué Jiménz, Incendios históricos. Una aproximación multidisciplinar, Universidad Internacional de Andalucía, Baeza, 1999, pax. 255-277. Balboa, Xesús L., “A liquidación dun patrimonio veciñal: Os montes de carteire, 1863-1934”, en Xesús Balboa e Herminia Pernas Horoza (Eds.) Entre nos. Estudios de arte, xeografía e historia de Galicia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001, pax.845-866. Balboa, Xesús L., e Lourenzo Fernández Prieto, “Evolución de las formas de fertilización en la agricultura atlántica entre los siglos XIX-XX. Del <toxo> a los

400

fosfatos.” En Fernández Prieto, Lourenzo, (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000, pax. 275-302. Barciela, Carlos, La agricultura cerealista en la españa contemporánea. El mercado negro y el Servicio Nacional del Trigo(1937-1971), Tese Doutoral, Universidad Complutense de Madrid, 1981 Barciela, Carlos, “Las investigaciones sobre el mercado negro de productos agrarios en la postguerra: situación actual y perspectivas”, Revista de Historia Económica, 3, 1985 Barciela, Carlos, “Introducción”, en Ramón Garrabou, Carlos Barciela e José Ignacio Jiménez Blanco (Eds.), Historia agraria de la España Contemporanea, 3. El fin de la agricultura tradicional, Crítica, Barcelona, 1986. Barciela, Carlos, “El sector agrario desde 1936”, en Albert Carreras (ed.), Estadísticas históricas de España, siglos XIX-XX, Fundación Banco Exterior, Madrid, 1989 Barciela, Carlos, Mª Inmaculada López Ortiz, Joaquín Melgarejo e José A. Miranda, La España de Franco (1939-1975). Economía. Síntesis, Madrid, 2001 Barreiro Gil, Manuel Jaime, Población, propiedad de la tierra y formación del mercado agrario en Galicia, 1900-1930, tese de doutoramento, Departamento de Historia e Institucións Económicas, Universidade de Santiago de Compostela, 198 Barreiro Gil, Manuel Jaime, Prosperidade e atraso en Galicia durante o primeiro tercio do século XX. Xunta de Galicia, Santiago, 1990 Barreiro Mallón, Baudilio, La jurisdicción del Xallas a lo largo del siglo XVIII. Población, sociedad y economía. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1973 Beiras Torrado, Xosé Manuel, El problema del desarrollo en la Galicia rural, Galaxia, Vigo, 1967 Beiras Torrado, Xosé Manuel: O atraso económico de Galicia. Laiovento, Vigo, 1995, 3a ed. revisada (1a ed. 1973). Becket, J.V.: The Agricultural Revolution, Blackwell, Oxford, 1990. Bernárdez Sobreira, Antonio, “Os atrancos do sector pecuario galego no contexto da construcción do mercado nacional español, 1900-1921”, Documentos de Traballo, IDEGA, Historia 7, 1998, pp.2-47. Bernárdez Sobreira, Antonio, “A evolución do sector pecuario na Galicia contemporánea: especialización productiva e especialización na sociedade rural (1865-1996)”, en Mª del Pilar Torres Luna, Rubén C. Lois González e Pegerto Saavedra (Eds.) Espacios rurais e sociedades campesiñas, USC, Santiago, 1998 Bernárdez Sobreira, Antonio, Planificación agraria na Galicia da autarquía (1939-1955), Xunta de Galicia, Santiago, 1999

401

Bernárdez Sobreira, Antonio, e Miguél Cabo Villaverde, “Ciencia y dictadura, la investigación agronómica en Galicia durante el primer franquismo (1936-1950)”, Noticiario de Historia Agraria, 12, 1996 Bringas Gutierrez, Miguel Angel, “La productividad de la tierra en España 1752-1930: Tendencia a largo plazo”, Revista de Historia Económica XI/3, 1993 Bringas Gutierrez, Miguel Angel, “Los cuadernos generales de la riqueza (1818-1820): la localización de una fuente histórica en España”, Noticiario de Historia agraria, 7, 199 Bringas Gutierrez, Miguel Angel, La productividade de los factores en la Agricultura española (1752-1935), Banco de España, Madrid, 2000. Bouhier, Abel, La Galice. Essay geographique d´annalyse et d´interpretation d´un vieux complexe agraire. Imprimeirie Yonaisse, La Roche-Sur-Yon (Vendée), 1979, 2 vols. Bouhier, Abel, “Las formas tradicionales de utilización del monte. Su evolución reciente. Las perspectivas de porvenir”, Os usos do monte en Galicia, Seminario de Estudios Galegos, Cuadernos da Área de Ciencias Agrarias 5, 1984, pax. 11-28 Cabo Villaverde, Miguel, A estación de fitopatoloxía agrícola da Coruña (1926-1951), Xunta de Galicia, Santiago, 1999. Cabo Villaverde, Miguel, A integración política do pequeño campesiñado: O caso galego no marco europeo, 1890-1939, Tese Doutral, Deparatamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de Santiago de Compostela, 1999. Campbell, Bruce M.S., e Mark Overton, “Productivity Change in European Agricultural development”, en campbell e Overton (eds.) Land, Labour and Livestock. Historical Studies in European Agricultural Productivity, Manchester University Press, Manchester, 1991 Cardesín, José María: “Política agraria y transformaciones en la agricultura gallega: La zona de colonización de Terra Cha (1954-1973), Agricultura y Sociedad, 44, 1987, pax. 243-279. Cardesín, José María: Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega (S. XVIII-XX): Muerte de unos, vida de otros. MAPA, Madrid, 1992. Carmona Badía, Xan, "Sobre as orixes da orientación exportadora na producción bovina galega. As exportacións a Inglaterra na segunda metade do século XIX", Grial, Anexo I, Historia, 1982 Carmona Badía, Xan, El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de las manufacturas textiles (1750-1900). Ariel, Barcelona, 1990

402

Carmona Badía, Xan, ”La economía del siglo XX: Una panorámica”, Papeles de Economía Española, Economía de las CCAA, 16, Galicia, 1996 Carmona Badía, Xan, “Galicia: Minifundio persistente e industrialización limitada”, Luis Germán, Enrique Llopis, Jordi Maluquer de Motes, Santiago Zapata (eds.) Historia económica regional de España. Siglos XIX y XX, Crítica, Barcelona, 2001 Carmona Badía, Xan; Puente, Leonor De La, “Crisis agraria y vias de evolución ganadera en Galicia y Cantabria”. En Ramón Garrabou (Ed.), La crisis agraria de fines del siglo XIX, Crítica, Barcelona, 1988, pax.191-211. Chambers, J.D. e Mingay, G.E., The Agricultural Revolution, 1750-1880, Batsford, Londres, 1966 Chorley, P. “The Agricultural Revolution in Northern Europe, 1750-1880: Nitrogen, Legumes and Crop Productivity”, Economic History Review, 5, 1988, pp. 71-93. CIES, O monte é noso, Galaxia, Vigo, 1979. Colino, Xosé, La integración de la agricultura gallega en el capitalismo. El horizonte de la CEE, MAPA, Madrid, 1984. Colino, Xosé, e Emilio Pérez Touriño, Economía campesiña e capital. A evolución da agricultura galega 1960-1980, Galaxia, Vigo, 1983 Collarte, Anxo, Apuntamentos para o estudio do sindicalismo corporativo franquista no rural ourensán: O arquivo da cámara agraria de Toén, Traballo de investigación de terceiro ciclo, Departamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Daly, Herman E., (ed..) Economía, ecología y ética: ensaios hacia una economía en estado estacionario, FCE, México, 1989. Diaz-Fierros Viqueira, Francisco e Gil Sotres, Fernando, “O problema do fósforo na agricultura de Galicia”, Revista Galega de Estudios Agrarios, 2, 1979, pax. 168-184. Diaz-Fierros Viqueira, Francisco e Gil Sotres, Fernando, Capacidad productiva de los suelos de Galicia. Mapa 1:200000, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1984. Domínguez Castro, Luis, Viños, viñas e xentes do Ribeiro. Economía e patrimonio familiar, 1810-1952, Xerais, Vigo, 1992 Domínguez Martín, Rafael, El campesino adaptativo: Campesinos y mercado en el norte de España, 1750-1880. Universidad de Cantabria/ Asamblea Regional de Cantabria, Santander, 1995 Domínguez Martín, Rafael, “Autoconsumo, mercantilización y niveles de vida campesinos en la España atlántica, 1750-1930. Algunas hipótesis a contracorriente”, en José Miguel Martínez Carrión (Ed.), Universidad de Alicante, 2002, pax. 287-320.

403

Dopico, Fausto, “Productividade, rendementos e tecnoloxía na agricultura galega de fins do século XIX”, en Lourenzo Fernández Prieto (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000, pax. 215-236. Durán, José Antonio, “El problema agrario de Galicia (Otro proceso de cambio por derribo)”, en Crónicas IV, Akal, Madrid, 1986 Eiras Roel, Antonio, (Ed.) La emigración española a ultramar, 1492-1914, Madrid, 1991. Eiras Roel, Antonio, (Ed.) Aportaciones al estudio de la emigración gallega, un enfoque comarcal, Santiago, 1993 Farrel, Kenneth R,. e Susan M. Capello, “Recursos naturales y dimensiones de los efectos del desarrollo agrario sobre el medio ambiente”, Revista de Estudios Agrosociales, 137, 1986, pax.49-64. Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias. Reflexiones a partir del caso gallego", Comunicación ó VII congreso de Historia Agraria, Baeza, 1995. Fernández Leiceaga, Xaquín, Economía (política) do monte galego, USC, Santiago, 1990. Fernández Leiceaga, Xaquín, e Edelmiro López Iglesias, Estrutura económica de Galicia, Laiovento, Santiago, 2000. Fernández Prieto, Lourenzo, A granxa agrícola-experimental da Coruña, 1888-1928. Contribución ó estudio da renovación técnica da agricultura galega. Xunta de Galicia, Santiago, 1988 Fernández Prieto, Lourenzo, “Agricultura, gandería e economía de guerra: Novas orientacións de política agropecuaria para Galicia: 1936-1939”, Grial, 100, 1988 Fernández Prieto, Lourenzo, Labregos con ciencia. Estado e sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1936, Xerais, Vigo, 1992. Fernández Prieto, Lourenzo, “Represión franquista y desarticulación social en Galicia. La desarticulación de la organización societaria campesina. 1936-1942”, Historia Social, 15, 1993, pp. 49-65. Fernández Prieto, Lourenzo, "Notas sobre a gandería de Galicia na segunda metade do século XIX", en Humanitas. Estudos en Homenaxe ó profesor Carlos Alonso del Real, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1996 Fernández Prieto, Lourenzo, “Selección de innovaciones en una agricultura de pequeñas explotaciones. Galicia, 1900-1936. La adopción de las trilladoras mecánicas”, Noticiario de Historia Agraria, 14, 1997, pp.133-163.

404

Fernández Prieto, Lourenzo, (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000. Fernández Prieto, Lourenzo, “A configuración de Galicia como un pais de labregos (1890-1936)”, en Benigno Fernández Salgado (Ed.) IV Congreso internacional de estudios galegos, Oxford Centre for Galician Studies, Oxford, 1997, vol II, pax. 451-462. Fernández Prieto, Lourenzo, “Da derrota do rendista ao triunfo da propiedade familiar en Galicia. Do control social do cambio técnico en Galicia”, en Xesús Balboa e Herminia Pernas Horoza (Eds.) Entre nos. Estudios de arte, xeografía e historia de Galicia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2001, pax. 811-844. Fernández Prieto, Lourenzo, “Caminos de cambio tecnológico en las agriculturas españolas cpntemporáneas” en Pujol, Josep, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001, pax 95-146. Fernández Prieto, Lourenzo, e Miguel cabo Villaverde, “Agrarismo y regeneracionismo en la Galicia de comienzos del siglo XX. El desarrollo del regionalismo agrícola”, Agricultura y Sociedad, 86, 1998, pax. 133-162. Fontana, Josep, “El censo de frutos y manufacturas de 1799: un análisis crítico”, Moneda y Crédito, 101, 1967 Gallego Martínez, Domingo, “Transformaciones en el uso de suelo y la producción agraria en el Pais Vasco, Navarra y Cataluña, 1900-1931, en Manuel González Portilla, Jordi Maluquer de Motes e Borja de Riquer Permanyer (eds.), Industrialización y nacionalismo. Análisis comparativos, Universitat Autonoma de Barcelona, Bellaterra, 1985, pp. 163-179 Gallego Martínez, Domingo, La producción agraria en Álava, Navarra y La Rioja desde mediados del siglo XIX a 1935, Tese de Doutoramento, Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia Económica, Madrid, 1986. Gallego Martínez, Domingo, “Las transformaciones técnicas de la agricultura española”, en Ramón Garrabou, Carlos Barciela e José Ignacio Jiménez Blanco (Eds.), Historia agraria de la España Contemporanea, 3. El fin de la agricultura tradicional, Crítica, Barcelona, 1986, pax. 171-229. Gallego Martínez, Domingo, "Pautas regionales de cambio técnico en el sector agrario español (1900-1930)". Cuadernos Aragoneses de Economía, 2a época, III/2, 1993 Gallego Martínez, Domingo, “Sociedad, naturaleza y mercado: Una análisis regional de los condicionantes de la producción agraria española (1800-1936), Historia Agraria, 24, 20001, pax. 11-58.

405

García Fernández, Jesús, Organización del espacio y economía rural en la España atlántica, Siglo XXI, Madrid, 1975 Garrabou, Ramón, Un fals dilema. Modernitat o endarreriment de l´agricultura valenciana (1850-1900), Alfons el Magnanim, Valencia, 1985 Garrabou, Ramón(Ed.), La crisis agraria de fines del siglo XIX, Crítica, Barcelona, 1988. Garrabou, Ramón, “Sobre el atraso de la mecanización agraria en España (1850-1933), Agricultura y Sociedad, 57, 1990, pp. 41-77 Garrabou, Ramón, “Revolución o revoluciones en el siglo XIX : Su difusión en el mundo Mediterráneo”. Agriculturas mediterráneas y mundo campesino. Instituto de Estudios Almerienses/Diputación de Almería, Almería, 1994. Garrabou, Ramón, “Crecimiento agrario, atraso y marco institucional”, en Pujol, Josep, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001, pax. 213-243. GEHR, "Evolución de la superficie cultivada de cereales y leguminosas en España, 1886-1935". Agricultura y Sociedad, 29, 1983 GEHR, “Notas sobre la producción agraria española, 1891-1931”. Revista de Historia Económica, I/2, 1983, pp. 185-252. GEHR, Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935. MAPA, Madrid, 1991 GEHR, “Más allá de la propiedad perfecta. El proceso de privatización de los montes públicos españoles (1859-1926)”, Noticiario de Historia Agraria, 8, 1994 GEHR,”Protección versus producción de los montes públicos españoles, 1860-1979”, memoria inédita, 1996 GEHR, "Diversidad dentro de un orden. Privatización, producción forestal y represión en los montes públicos españoles, 1859-1926", Historia Agraria, 18, 1999 GEHR, “Producción y gestión de los montes españoles, 1946-1979”, Preactas del IX Congreso de Historia Agraria, SEHA-UPV/EHU, Bilbao, 1999 , pax. 809-832. Georgescu-Roegen, Nicholas, Energy and Economic Miths. Institutional and Analitical Economic Essays, Pergamon, New York, 1976 Georgescu-Roegen, Nicholas, La ley de la entropía y el proceso económico, Argentaria/Visor, Madrid, 1996. González de Molina, Manuel, “Agroecología : Bases teóricas para una historia agraria alternativa”, Noticiario de Historia Agraria, 2, 1991, pax. 49-78.

406

González de Molina, Manuel, “De la <cuestión agraria> a la <cuestión ambiental> en la historia agraria de los noventa>”, Historia Agraria, 22, 2000, pax. 19-36. González de Molina, Manuel, ”Condicionamientos ambientales del crecimiento agrario español (siglos XIX-XX)”, en Josep Pujol, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001, pax.42-94. González de Molina, Manuel, “El modelo de crecimiento agrario del siglo XIX y sus límites ambientales. Un estudio de caso”, en Manuel González de Molina e Joan martínez Alier (Eds.), Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, madrid, 2001, pax. 87-124 González de Molina, Manuel, e Martínez Alier, Juan (Eds.), Historia y ecología, Ayer, 11, 1993. González Vázquez, José Francisco, Os começos da política de concentraçom parcelaria em Galiza. Vale de Barcala, década de 1950, Tese de Licenciatura inédita, Departamento de Historia Contemporánea e de América, Universidade de santiago de Compostela, 1997. Guitián Rivera, Luis, "Los incendios forestales a través de la historia: pervivencias y cambios en el uso del fuego en el noroeste peninsular", en Eduardo Araqué Jiménz, Incendios históricos. Una aproximación multidisciplinar, Universidad Internacional de Andalucía, Baeza, 1999, pax. 149-162 Hervés Saiar, Henrique, “A propósito del conflicto antiforal en la Galicia del primer tercio del siglo XX”, Áreas, 15, 1993. Howkins, Alun : “Peasants, Servants and Labourers : The Marginal Workforce in British Agriculture, c.1870-1914”, Agricultural History Review, XLII, pax. 49-62. Huetz de Lemps, Alain, Vignobles et vins du nord-ouest de l´Espagne, Férret et fils, Bordeaux, 1967 IDEGA, A economía galega, Informes, 1986-2000, Fundación Caixa Galicia, Santiago, !987-2001. Iriarte Goñi, Iñaqui e José Manuel Lana Berasain, “El campo navarro durante el primer franquismo: Una incursión estadística”, En X Congreso de Historia Agraria, Sitges, 23-24 Xaneiro, 2002, preactas en CD-Rom. Iturra, Raul, Antropología económica de la Galicia rural, Xunta de Galicia, Santiago, 1988. Jiménez Blanco, José Ignacio, La producción agraria en Andalucía Oriental, 1874-1914, Tese de Doutoramento, Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia Económica, Madrid, 1986.

407

Jiménez Blanco, José Ignacio, “Introducción”, en Ramón Garrabou, Carlos Barciela e José Ignacio Jiménez Blanco (Eds.), Historia agraria de la España Contemporanea, 3. El fin de la agricultura tradicional, Crítica, Barcelona, 1986, pax. 9-141. Kerridge, E., “The Agricultural Revolution reconsidered”, Agricultural History, 1969 37, pp. 123-133 Koning, Niek, The Failure of Agrarian Capitalism. Agrarian Politics in the United Kingdom, Germany, the Netherlands and the USA, 1846-1919, Routledge, Londres, 1994. Lage Picos, Xesús Adolfo, “ El monte, el cambio social y la cultura forestal en Galicia”, X Cogreso de Historia Agraria, preactas en CD-Rom, SEHA, Sitges, 2002. López Iglesias, Edelmiro, Demografía e estruturas agrarias. Análise da dinámica demográfica e das mudanças nas estruturas fundiarias da agricultura galega 1950-1993, Tese Doutoral, Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Santiago de Compostela, Xuño de 1994, Vols I e II inéditos. López Iglesias, Edelmiro, “A dinámica do emprego agrário em Galiza ao longo do século XX : Análise das suas tendéncias numha perspectiva comparada”. En Xoaquín Fernández Leiceaga; Manuel Jordán Rodríguez; Edelmiro López Iglesias e Xavier Vence Deza (Coords.), Estudos en homenaxe ao profesor Xosé Manuel Beiras Torrado, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1995 Edelmiro López Iglesias, Mobilidad de la tierra y dinámica de las estructuras agrarias en Galicia, MAPA, Madrid, 1996 López Ortiz, Mª Inmaculada, “Los efectos de la autarquía en la agricultura murciana”, Revista de Historia Económica, 3, 1996. López Ortiz, Mª Inmaculada, “Entre la tradición y el cambio: la resouesta de la región de Murcia a la crisis de la agricultura tradicional”, Historia Agraria, 19, 1999 Macías, Felipe, “Los suelos”, en Pilar de Torres Luna (Ed.), Xeografía de Galicia, Faro de Vigo, Vigo, 2001 Martínez Cortizas, A; F. Castillo Rodríguez e A. Pérez Alberti, “Factores que influyen en la precipitación y el balance del agua en Galicia”, Boletín de la AGE, 18. Martínez López, Alberte, Cooperativismo y transformaciones agrarias en Galicia (1886-1943), MAPA, Madrid, 1995 Martínez López, Alberte, “Perspectiva histórica de la ganadería gallega: de la complementariedad agraria a la crisis de la intensificación láctea (1850-1995)”, en Rafael Domínguez Martín (ed.) La vocación ganadera del norte de España. Del modelo tradicional a los desafíos del mercado mundial, MAPA, Madrid, 1996

408

Martínez-Risco Daviña, Luis e raul Soutelo Vázquez (eds.), Autarquía e contrabando na sociedade da posguerra, Fundación Vicente Risco/Sotelo Blanco, 1999 no prelo. Mazoyer, Marcel e Laurent Roudart, História das agriculturas do mundo. Do Neolítico à crise contemporânea, Piaget, Lisboa, 2001 Mingay, Gordon E., “Dr. Kerridges Agricultural Revolution: A comment”, Agricultural History, 43, 1969 pp. 169-179. Mingay, Gordon E., “Conclusion: The progress of agriculture, 1750-1850”, en Gordon E. Mingay (Ed.) The Agrarian History of England and Wales, vol. VI, 1750-1850, Cambridge University Press, Cambridge,1989, pp. 938-971 Naredo, Jose Manuel, “Reflexiones con vista a una mejora de las estadísticas agrarias”, Agricultura y Sociedad”, 29, 1983. Naredo, Jose Manuel, La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid, 1996 (2ª ed. aumentada). Naredo, Jose Manuel, La evolución de la agricultura en España (1940-1990), Universidade de Granada, Granada, 1996 Naredo, Jose Manuel, “sobre la reposición natural y artificial de agua y nutrientes en los sistemas agrarios y las dificultades que comporta su medición y seguimiento”. En J.M. Naredo e R. Garrabou (Eds.): La fertilización en los sistemas agrarios. Una perspectiva histórica, Argentaria/Visor, 1996 Naredo, Jose Manuel, e Antonio Valero (eds.) Desarrollo económico y deterioro ecológico, Argentaria/Visor, Madrid, 1999. Naredo, Jose Manuel, “La modernización de la agricultura española y sus repercusiones ecológicas”, en Manuel González de Molina e Joan Martínez Alier (Eds.) Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, Madrid, 2001 O´Brien, Patrick ; Prados De La Escosura, Leandro : “Agricultural Productivity and European Industrialization, 1890-1980”, Economic History Review, XLV, 1992, pax. 514-536. O´Flanagan, Patrick, “Incendiarismo o ecocidio en los montes de la Iberia Atlántica”, Cuadernos de Geografía, VI, 1999. Ojeda Eiseley, Alonso de, Índices de precios en España en el período 1913-1987, Banco de España, madrid, 1988. Oliveira Baptista, Fernando, Agriculturas e Territórios, Celta, Oeiras, 2001

409

Overton, Mark, Agricultural Revolution in England. The Transformation of an Agrarian Economy, 1500-1850, Cambridge University Press, Cambridge, 1996. Pan Montojo, Juan, "Fuentes estadísticas", en Miguel Artola, Enciclopedia de historia de España, vol. VII, Alianza, Madrid, 1993 Pan Montojo, Juan, La bodega del mundo. La vid y el vino en España (1800-1936), Alianza, Madrid, 1994 Pan Montojo, Juan, “La administración agraria en España, 1847-1907”, Noticiario de Historia Agraria, 10, 1995 Pérez Alberti, Augusto (Ed.), Xeografía de Galicia, A Coruña, 1982 Pérez García, José Manuel, Un modelo de sociedad rural de Antiguo Régimen en la Galicia costera: La península del Salnés (Jurisdicción de La Lanzada), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1979. Pérez García, José Manuel, “A agricultura de mediados do século XVIII a través dos seus rendementos. Unha resposta alternativa”, Revista Galega de Estudios Agrarios, 6, 1982, pax. 11-52. Pérez García, José Manuel, “A agricultura galega e os seus rendementos. Un estudio evolutivo (1700-1850)”. Revista Galega de Estudios Agrarios, 9, 1983, pp. 35-70. Pérez García, José Manuel, “Las utilidades del inculto y la lucha por sus aprovechamientos en la Galicia meridional (1650-1850), Obradoiro de Historia Moderna, 9, 2000 Pérez Iglesias, María Luisa, La reserva ganadera en Galicia, pasado y presente, Santiago : Instituto de Geografía Aplicada , CSIC, Sección de Santiago, 1979 Pérez Touriño, Emilio, Agricultura y capitalismo, análisis de la pequeña explotación campesina, MAPA, Madrid, 1983 Pfister, Christian, “The Early Loss of Ecological Stability in an Agrarian Region”. En Peter Brimblecombe e Christian Pfister (Eds.): The Silent Contdown. Essays in European Environmental History, Springer, Berlin, 1990, pax. 37-55. Pinilla, Vicente, Entre la inercia y el cambio: El sector agrario aragonés, 1850-1935. MAPA, Madrid, 1995. Pinilla, Vicente, “Desarrollo agrícola y medio ambiente: La agricultura aragonesa, 1800-1975” en Manuel González de Molina e Joan martínez Alier (Eds.), Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, madrid, 2001, pax. 125-159. Prada, Albino, Montes e industria, O circuíto da madeira en Galicia, Fundación Caixa Galicia, Santiago, 1991

410

Prados de la Escosura, Leandro, De imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en España (1780-1930), Alianza, Madrid, 1988 Prados de la Escosura, Leandro, “La estimación indirecta de la producción agraria en el siglo XIX: réplica a Simpson”, Revista de Historia Económica, VII/3, 1989, pax. 703-718 Presedo Garazo, Antonio, “Estructura, productividade e rendementos agrícolas da explotación campesiña na Galicia interior: O partido xudicial de Arzua en 1750-1860”, en Mªdel Pilar Torres Luna, Rubén C. Lois Ganzález e Pegerto Saavedra (Eds.), Espacios rurais e sociedades campesiñas. USC, Santiago, 1998 Pro Ruiz, Juan, “Materiales para el estudio de la cuestión catastral en España: El siglo XIX”, Agricultura y Sociedad, 44, 1987, pp. 325-377 Pro Ruiz, Juan, “Materiales para el estudio de la cuestión catastral en España: El siglo XX”, Agricultura y Sociedad, 46, 1988, pp. 323-376. Pro Ruiz, Juan, "Ocultación de la riqueza rústica en España (1870-1936): Acerca de la fiabilidad de las estadísticas sobre la propiedad y el uso de la tierra", Revista de Historia Económica, XIII, 1995, pax. 89-114 Pujol Andreu, J., Les Transformacions del sector agrari catalá entre la crisi finisecular i la guerra civil, Tese de Doutoramento, Universitat Autónoma de Barcelona, 1987. Pujol Andreu, J., “La difusión de los abonos minerais y químicos hasta 1936: el caso español en el contexto europeo”, Historia Agraria, 15, 1998, pax. 143-182. Pujol Andreu, J., “Las innovaciones biológicas en la agricultura española antes de 1936: el caso del trigo”, Agricultura y Sociedad, 86, 1998, pax. 163-178. Pujol Andreu, Josep, e Fernández Prieto, Lourenzo, “El cambio tecnológico en la historia agraria de la España contemporánea”, Historia Agraria, 24, 2001, pax. 59-86. Pujol, Josep, Manuel González de Molina, Lourenzo Fernández Prieto, Domingo Gallego e Ramón Garrabou, El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Crítica, Barcelona, 2001. Rey Castelao, Ofelia, Montes y política forestal en la Galicia del Antiguo Régimen, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1995 Rico Boquete, Eduardo, A riqueza forestal de Galicia no século XX: Producción e explotación. Tese de doutoramenro, Departamento de Historia II, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1993 Rico Boquete, Eduardo, Política forestal e repoboacións en Galicia (1941-1971), USC, Santiago de Compostela, 1995

411

Rico Boquete, Eduardo, Montes e industria forestal en la provincia de Pontevedra (1900-1975). Antecedentes y desarrollo de la Empresa Nacional de Celulosas, SA, Tórculo, Santiago, 1999 Rico Boquete, Eduardo, “Política forestal y conflictividad social en el Noroeste de España durante el primer franquismo, 1939-1959”, Historia Social, 38, 2000, pag. 117-140. Rivas Quintáns, Elixio, Millo e horreo, legumia e cestos: Laiovento, Santiago, 1996 Rodríguez Galdo, María Xosé, “A agricultura tradicional galega. Crecemento sen modernización”, en Lourenzo Fernández Prieto (Ed.) Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000, pax. 83-100. Rodríguez Galdo, María Xosé, O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, Xunta de Galicia, Santiago, 1995 Rodríguez Galdo, María Xosé, e Fausto Dopico, Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, Eds. Do Castro, Sada/A Coruña, 1981 Ruttan, Vernon W.; Hayami, Yujiro, “El cambio técnico inducido en la agricultura”, Agricultura y sociedad, 1989, 53, pp 19-72. Saavedra, Pegerto, Economía, política y sociedad en Galicia. La provincia de Mondoñedo 1480-1830, Xunta de Galicia, Santiago, 1984. Saavedra, Pegerto, "Sobre las transformaciones del sistema agrario de la Galicia del antiguo régimen", en Paysages et sociétés: Péninsule Ibérique, France, régions atlantiques. Mélanges géografiques en l´honneur du professeur Abel Bouhier. Centre de Géographie Humaine et Sociale, Université de Poitiers, Poitiers, 1990, pp. 17-28. Saavedra, Pegerto, La Galicia del antiguo régimen: Economía y sociedad. Tomo 3 da Historia de Galicia, Hércules, A Coruña, 1990 Saavedra, Pegerto, "La economía vitícola en la Galicia del Antiguo Régimen", Agricultura y Sociedad, 62, 1992. Saavedra, Pegerto, “O que non se pode medir: Os recursos do comunal nas economías campesiñas de Galicia de 1600 a 1850”, Actas do Congreso de Montes Veciñais, 14-16 de Decembro de 1995, Xunta de Galicia, Santiago 1995. Saavedra, Pegerto, La vida cotidiana en la Galicia del antiguo régimen. Crítica , Barcelona, 1994 Saavedra, Pegerto, “Prado”, En Gran enciclopedia gallega, vol. XXV, S/D. Saavedra, Pegerto, e Ramón Villares, “Galicia en el Antiguo Régimen: La fortaleza de una sociedad tradicional”, en Roberto Fernández (ed.) España en el siglo XVIII. Homenaje a Pierre Vilar, Crítica, Barcelona, 1985, pax. 434-504.

412

Sánchez Regueiro, Afonso e Fernández Prieto, Lourenzo, “El uso del agua en el sistema agrario gallego, siglos XIX-XX”, en José Manuel Naredo e Ramón Garrabou (Eds.) El agua en los sistemas agrarios, Argentaria/Visor, 1999. Sánchez Regueiro, Afonso e Soto Fernández, David: “Agricultura ou agriculturas na Galiza. Entre a Historia Local e os procesos comúns” en VVAA, Maia. Historia Regional e Local, Concello da Maia, Maia, 1999, vol. II, pp. 5-27. Sánchez Regueiro, Afonso e Soto Fernández, David, “O patrimonio das augas. Un achegamenteo etnográfico á Galiza rural dos séculos XIX e XX”, Congresso Cultura Popular, Concello da Maia, Maia, 2000, vol II, pax. 5-28 Santos Solla, José Manuel, Geografía de la vid y el vino en Galicia, Diputación provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1992 Sánz Fernández, Jesús, “Notas introductorias al libro de Eduardo de la Sotilla: Producción y riqueza agrícola de España en el último decenio del siglo XIX y primero del XX”, Agricultura y Sociedad, 18, 1981, pp. 303-330 Scott, Jim, Everyday Forms of Peasant Resistance, Yale University Press, New Haven, 1984. Scott, Jim, “Formas cotidianas de rebelión campesina”, Historia Social, 28,1997, pp. 13-39. Sequeiros Tizón, Julio G., El desarrollo económico en Galicia. Vol I, Agricultura y mercado interior, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1986 Sevilla Guzmán, Eduardo, e Manuel González de Molina (Eds.), Ecología, campesinado e historia, La Piqueta, Madrid, 1993. Sieferle, Rolf Peter, “The energy sistem. A basic concept of environmental history”, en Peter Brimblecombe e Christian Pfister (Eds.): The Silent Contdown. Essays in European Environmental History, Springer, Berlin, 1990. Sieferle, Rolf Peter, “Que es la historia ecológica”, en Manuel González de Molina e Joan Martínez Alier (Eds.), Naturaleza transformada.Estudios de historia ambiental en España”, Icaria, madrid, 2001, pp.31-54 Simón Fernández, Xavier, “El análisis de sistemas agrarios una aportación económico-ecológica a una realidad compleja”, Historia Agraria, 19, pax. 115-136. Simpson, James, “La producción agraria y el consumo español en el siglo XIX”, Revista de Historia Económica, ano VII nº 2, 1989 Simpson, James, “Una respuesta al profesor Leandro Prados de la Escosura”, Revista de Historia Económica, VII/3, 1989, pax.719-723 Simpson, James: “La producción y la productividad agraria españolas, 1890-1936”. Revista de Historia Económica, XII, 1994, pp.43-83.

413

Simpson, James, La agricultura española (1765-1965): la larga siesta, Alianza, Madrid, 1997 Soto Fernández, David, “As estatísticas para o estudio da agricultura galega contemporánea no primeiro tercio do século XX. Análise crítica”, Documentos de Traballo do Idega, Historia 14, 2002, pax.1-41. Soutelo Vázquez, Raul, “Galicia nos tempos de medo e fame: Autarquía, sociedade e mercado negro no primeiro franquismo, 1936-1959”, Documentos de traballo do Idega, Historia 11, 2001. Thirsk, Joan, Englands Agricultural Regions and Agrarian History, 1500-1750, Macmillan, Londres, 1987. Thompson, F.M.L., “The Second Agricultural revolution, 1815-1880”, Agricultural History, 1969, pax. 62-77. Toledo, Victor Manuel, “La racionalidad ecológica de la producción campesina”. En Eduardo Sevilla Guzmán e Manuel Gonzalez de Molina (Eds.): Ecología campesinado e historia. La Piqueta, Madrid, 1993, pax.197-218. Tortella Casares, Gabriel, “Producción y productividad agraria en España, 1830-1935”. En Nicolas Sánchez Albornoz (ed.), La modernización económica de España. Alianza, Madrid, 1985 Vallejo Pousada, Rafael, “Los amillaramientos como fuente estadística: una visión crítica desde la contribución territorial”, Historia Agraria, 20, 2000, pax. 95-122. Van Zanden, J.L., “The First Green Revolution : The Growth of Production and Productivity in European Agriculture, 1870-1914”, Economic History Review, XLIV, 1992, pax. 215-239. Van Zanden, J.L., The Transformation of European Agriculture in the 19th Century. The Case of Netherlands, Vitgeverij, Amsterdam, 1994. Van Zanden, J.L.,” An experiment in measurement of the wealth of nations. International disparities in agricultural productivity and GDP per capita at about 1810”, en Clara Eugenia Nuñez (Ed.), Historical benchmark comparisons of output and productivity, Fundación Fomento de la Historia Económica, Sevilla, 1998, pax. 49-60. Veiga Alonso, Xosé Ramón, Perfil do propietario innovador na Galicia do século XIX, Documentos de Traballo do IDEGA,Historia 6, Santiago, 1997. Veiga Alonso, Xosé Ramón, O Conde de Pallares e o seu tempo, 1828-1908. Aproximación ó activismo das élites na Galicia decimonónica, Deputación de Lugo, Lugo, 1999. Villares, Ramón, La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936. Siglo XXI, Madrid, 1982.

414

Villares, Ramón, Anexo estadístico a La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Departamento de Historia Contemporánea, USC, Santiago, 1982 Villares, Ramón, “A agricultura galega, 1870-1930. Unha época de grandes transformacións”, en Lourenzo Fernández Prieto (Ed.) Terra e progreso Historia agraria da Galicia contemporánea, Xerais, Vigo, 2000. Villares Paz, Ramón; Fernández Prieto, Lourenzo, “La crisi agrària del final del segle XIX e l´adaptació de l´explotació pagesa gallega”, Recerques, 26, 1992, pax. 89-106. Vence Deza, Xavier, “Os incendios forestais: o esperpento periférico do liberalismo económico”, A Trabe de Ouro, I/1, 1990, pp. 23-34 Vogt, J., “Aspects of Soil Erosion in Western Europe” En Peter Brimblecombe e Christian Pfister (Eds.): The Silent Contdown. Essays in European Environmental History, Springer, Berlin, 1990, pax.83-91 VVAA, 100 años de investigación agraria, 1888-1988, 2 vols., Xunta de Galicia, Santiago, 1992 Winstanley, Michael : “Industrialization and the Small Farm : Family and Household Economy in Nineteenth Century Lancashire”, Past and Present, 152, 1996, pax. 157-195. Zapata Blanco, Santiago, La producción agraria de Extremadura y Andalucía Oriental: 1875-1935. Tese de Doutoramento, Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia Económica, Madrid, 1986

415

FONTES ESTATÍSTICAS -Anuario estadístico de España correspondiente al año de 1858 publicado por la Comisión de Estadística general del reino, Imp. Nacional, Madrid, 1859 -Avance estadístico sobre producción y cultivo del olivo en España, formado por la Junta Consultiva Agronómica, Madrid, 1891. -Avance Estadístico sobre el cultivo y producción de la vid en España formado por la Junta Consultiva Agronómica, 1889, Madrid, 1891. -Avance estadístico sobre el cultivo cereal y de leguminosas asociadas en España formado por la Junta Consultiva Agronómica, 1891, quinquenio de1886 a 1890, ambos inclusive, Madrid, 1981, 3 vols. -Noticias estadísticas sobre la producción agrícola española, formada por la JCA,1902. Madrid, S/D -La ganadería en España. Avance sobre la riqueza pecuaria en 1891 por la Junta Consultiva Agronómica conforme a las memorias reglementarias que en el citado año han redactado los ingenieros del servicio agronómico, Madrid, 1892, 5 vols. -Prados y pastos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias sobre dicho tema remitidas por los ingenieros del servicio agronómico nacional, Madrid, 1905. -Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de árboles y arbustos frutales, tubérculos, raices y bulbos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1913. -Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual de las plantas industriales. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. -Avance estadístico de pastos, prados y algunos aprovechamientos y pequeñas industrias zoógenas anexas. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1912 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1914. -Avance estadístico de la riqueza que en España representa la producción media anual en el decenio de 1903 a 1912 de cereales y leguminosas, vid y olivo y aprovechamientos diversos derivados de estos cultivos. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1913, remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial, Madrid, 1915.

416

-Avance estadístico de la producción agrícola en España. Resumen hecho por la Junta Consultiva Agronómica de las memorias de 1922 remitidas por los ingenieros del servicio agronómico provincial. Madrid, 1923. -GEHR: Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935. MAPA, Madrid, 1991. -Anuario Estadístico de las Producciones Agrícolas -Anuario Estadístico de España -Anuario de Estadística Agraria -Resumen estadístico de la producción y valor de la carne -Resumen estadístico de la producción, destino y valor de la leche -Anuario Estadístico de las Producciones Ganaderas -Estadística Forestal de España -II pleno del Consejo Económico Sindical de Pontevedra, Pontevedra 1962. -III pleno Consejo Económico Sindical de Orense, Ourense, 1962. -VIII pleno del Consejo Económico Sindical de La Coruña, A Coruña, 1962 -Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Expansión ganadera, Santiago 1964 -Consejo Económico Sindical Interprovincial del Noroeste, Expansión forestal, Santiago, 1964 -INE, Reseña Estadística de la provincia de Lugo, Madrid, 1953 -INE, Reseña Estadística de la provincia de Lugo, Madrid, 1963 -INE, Reseña Estadística de la provincia de Orense, madrid, 1956 -I Inventario Forestal de España, 1974 -II Inventario Forestal de Españ, 1986 -I Censo Agrario de España, 1962 -II Censo Agrario de España, 1972 -III Censo Agrario de España, 1982 -Cuentas del Sector Agrario

417

-Información estadística y Económica, MAPA -IGE A estatística na agricultura, Xunta de Galicia, Santiago, 1991 -Confederación Española de Cajas de Ahorros, Situación actual y perspectivas de desarrollo de Galicia, Madrid, 1975 -Boletín Mensual de Estadística, MAPA -Censos de Maquinaria Agrícola -Base de datos Tempus do INE (www.ine.es). -BBVA, La renta nacional de España y su distribución provincial. Serie Homogénea. Años 1955-1993,-BBVA, Bilbao, 1999. -Anuario de estatística agraria 1997, Xunta de Galicia -Xunta de Galicia: Plan forestal de Galicia. Síntese, Xunta de Galicia, Santiago., 1992 -Base de Datos de Montes Veciñais en Man Común, Grupo de Estudios da Propiedade Comunal, IDEGA, Inédito.

418

FONTES IMPRESAS Avance de la provincia de Orense: 1923-1929, Talleres tipográficos La Popular, Ourense, 1929 Balboa López, Xesús (Ed.), A propiedade comunal no século XIX, Xunta de Galicia, Santiago, 1999 Caballero, Fermín, Reseña geográfico-estadística de España, Mafrid, 1868. Casares, Antonio, Observaciones sobre el cultivo de la vid en Galicia, Imp. vda de Compañel, Santiago, 1843. Carreras y Candi, F., Geografía general del reino de Galicia, Alberto Martín, Barcelona, S/D. Colmeiro, Manuel, Memoria sobre el modo más acertado de remendiar los males inherentes a la extremada división de la propiedad territorial en Galicia, Santiago de Compostela, 1843. Congreso agricola gallego de 1864. Edición facsimil. Eds. do Castro, Sada/ACoruña, 1994. La crisis agrícola y pecuaria: Actas y dictámenes de la comisión creada por real decreto de 7 de Julio de 1887 para estudiar la crisis por la que atraviesa la agricultura y la ganadería. Tip. Sucesores de Rivadeneira, Madrid, 1887-1889 Díaz-Ambrona, Adolfo Agricultura, 1965-1969, MAPA, Madrid, 1970 Fernández Soler, Cosme, Pontevedra. Sus producciones agrícolas. Vda. e hijos de Madrigal, Pontevedra, 1890 Fernández Soler, Cosme, Memoria sobre el estado actual de la Agricultura, Industria y Comercio de la provincia de Pontevedra, Imp. J.A. Antúnez, Pontevedra, 1890. Duran, José Antonio, (ed.): Aldeas, aldeanos y labriegos en la Galicia tradicional, Xunta de Galicia/MAPA, Madrid/Santiago, 1984 Franco Salgado-Araujo, Francisco, Mis conversaciones privadas con Franco, Planeta, Barcelona 1976 Garcia-Badel Abadía, Jose Gabriel, “La imperfección de nuestra estadística agrícola”, El Progreso Agrícola y Pecuario, XXXI, 1925 Gallástegui Unamuno, Cruz, Métodos para aumentar la producción del maiz (1926), Edición da Deputación provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1984 Gallástegui Unamuno, Cruz, “Esbozo de programa agrario para Galicia” (1930) Revista galega de Estudios Agrarios, 1, 1979, pax. 229-246

419

Gallástegui Unamuno, Cruz, El campo gallego, Buenos Aires, Citania, 1958 González Zúñiga, Clodio, Descripción geográfica, estadística, económica é histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombre célebres, con inclusión de la Ría y Provincia, Pontevedra, 1848. Hoyos y Sáinz, L., España agrícola. Galicia. Espasa Calpe, Madrid, 1927 López Otero, José, Libro de la agricultura Regional. Tip. Galicia Nueva, Vilagarcía,1932 Lucas Labrada, Juan, Descripción económica del reino de Galicia, ed. de Francisco Rio Barja, Galaxia, Vigo, 1971. Maciñeira y Pardo de Lama, Federico, Economía rural galega: Notas para su estudio. Federación Agraria de Ortigueira, Tip. Tojo, Ortigueira, S/D. Maristany, Benito, Informe del comisario presidente del consejo provincial de agricultura relativamente a la crisis agrícola, Imp. de Puga, A Coruña 1888 Martelo y Paumán del Nero, Evaristo, Manual de los consejos de agricultura, industria y comercio. Consejo superior, comisarios regios, consejos provinciales. Su organización, reglamentos y disposiciones desde su creación, con un prólogo preliminar histórico, notas e índices. Tip. El Noroeste, A Coruña, 1900. Madoz, Pascual, Diccionario geográfico estadístico-histórico de España y las provincias de ultramar, Madrid, 1845-50, 16 vols Peña Novo, Lois, Obra completa, Justo G. Beramendi e Manuel Roca Cendán (eds.), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1995 Rico Boquete, Eduardo (Ed.), Pensamento forestal no século XX, Xunta de Galicia, Santiago, 1999. Ulloa y Giménez, Antonio, Memoria formada por el ingeniero industrial, secretario de la junta de agricultura, industria y comercio de Lugo, 1875, edición da Revista Galega de Estudios Agrarios, 5, 1981 Urquijo y Landaluce, Pedro, Instrucciones sobre el cultivo de la patata, Diputación Provincial de A Coruña, A Coruña 1935 Valenzuela Ozores, Antonio, Memorias estadística sobre la provincia de Pontevedra y el censo de 1860, Pontevedra, 1862. Valenzuela Ozores, Antonio, Memoria agronómica o consideraciones sobre el mejoramiento forestal, pratícola e pecuario de la provincia de Pontevedra, Ponevedra, 1865.

420

Vázquez Moreira, José, Breve noticia sobre el estado actual de la agricultura y ganadería de la provincia de Orense (1875), Edición da Revista Galega de Estudios Agrarios, 5, 1981 Villanueva, Valeriano: Organización del cultivo y de la sociedad agraria en Galicia y la España atlántica. Edición, estudios preliminares y notas de José Antonio Durán, MAPA/Xunta de Galicia, Santiago/Madrid, 1984 Villanueva, Valeriano: (1941), Los grandes problemas del campo, introducción de Lurenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo Villaverde, Xunta de Galicia, Santiago, 1998. REVISTAS. Boletín de Agricultura Técnica y Económica El Cultivador Moderno Boletín del Sindicato de Productores de Semillas Galicia, Revista universal de este Reino La Crónica del Trabajo La Voz de Galicia Prácticas Modernas El progreso Agrícola y pecuario Revista de la Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago Revista Económica. Periódico Agrícola da SEAPS

421

FONTES DE ARQUIVO Arquivo da comunidade de Montes de Nogueira (Ponteareas) Documentos da comunidade, ss. XIX. Arquivo do Ministerio de Agricultura, Madrid: Fondos do século XIX. Agricultura. Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela: Fondos do concello de Santiago. Fondos do concello de Enfesta. Arquivo Municipal de Vigo: Actas municipais do concello de Lavadores. Arquivo persoal da familia Casal. Documentos de reparto do monte comunal da parroquia de Miranda, Castroverde, Lugo. Arquivo CRIDA 01, Mabegondo (A Coruña) Materias fertilizantes empleadas en la agricultura, Borrador de la memoria de la sección agronómica de la provincia de La Coruña, 1927, Carpeta I, nº 60. Mabegondo, A Coruña. (Proporcionado por Lourenzo Fernández Prieto) Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Comisaría General de Abastecimientos y Transportes, Lugo Arquivo do servicio provincial de montes de Lugo, Sanbreixo, Guititiz. Expedientes de denuncias da gardería forestal Arquivo do ICONA Serie Montes Veciñais en man Común Arquivo da Cámara Agraria provincial de Pontevedra Junta nacional de Hermandades, Memoria extraordinaria de realizaciónes y actuación del sindicalismo agrario, Madrid, 1961, caixa 136 (Proporcionado por Daniel Lanero).

422

423

ANEXO ESTATÍSTICO

424

Cadro 1 Producción agraria en 1752 miles de reales correntes Producto agrícola Producto gandeiro Producto do monte Producto Agrario Galicia 82500 26900 17700 127100Castela 996400 219900 81000 1297300Fonte: Fernández Gonzalez, Angel, "El Catastro de Ensenada y las macromagnitudes agrarias. Reflexiones a partir del caso gallego”, op cit Cadro 2 Superficie cultivada A Coruña (Has.) Cereais Pataca Horta Vid Prad artif Total

1930 113659 27836 527 993 41946 184961 1931 112911 66088 7165 1036 43501 230701 1932 115711 60000 7182 1081 52321 236295 1933 115102 58515 7220 1040 48520 230397 1934 115099 58540 7243 1077 47863 229822 1935 115840 58551 9391 995 47863 232640 1936 1937 1938 1939 131269 60000 7318 1986 47123 247696 1940 131332 60019 7413 1986 47123 247873 1941 1942 1943 105627 22122 7535 1522 46215 183021 1944 103766 22122 7070 1501 46186 180645 1945 104284 22576 7217 1456 44690 180223 1946 103091 25184 7530 1501 43878 181184 1947 109795 23800 7892 995 43605 186087 1948 110840 24321 7972 995 43045 187173 1949 109627 25000 8193 995 42252 186067 1950 109906 26000 7958 995 42050 186909 1951 86378 24400 6944 995 41992 160709 1952 91309 24400 6762 995 41872 165338 1953 91550 23904 7072 995 40730 164251 1954 96761 23900 7149 995 40042 168847 1955 94960 24810 7069 1000 40100 167939 1956 95015 25450 7153 1445 40407 169470 1957 95110 26800 7132 1630 40577 171249 1958 95020 27650 6457 1690 40177 170994 1959 89850 27500 5945 1690 44022 169007 1960 89750 27000 5956 1090 42725 166521 1961 85250 27500 5956 1090 43615 163411 1962 89250 27500 5805 1090 43615 167260 1963 89250 27500 5965 1090 44940 168745

Fonte: AEPA

425

Cadro 3 Superficie cultivada Lugo (Has.) Cereais Pataca Horta Vid Prad artif Total

1930 104247 25000 2670 6116 14632 152665 1931 101960 24200 4640 6060 5000 141860 1932 102000 24200 1840 6066 5167 139273 1933 102835 26215 1844 5975 10719 147588 1934 103250 26215 1847 6075 11200 148587 1935 103575 26210 1848 5985 11173 148791 1936 1937 1938 1939 104956 32000 3301 5985 10363 156605 1940 103500 32500 3303 5985 12300 157588 1941 1942 1943 99500 32000 5299 6295 12600 155694 1944 103888 32400 5299 6270 12850 160707 1945 101880 33000 5317 6270 12300 158767 1946 97450 39720 5318 6270 12705 161463 1947 95950 31000 5332 6270 13400 151952 1948 97450 32000 4793 6270 13885 154398 1949 91850 31500 5071 6280 12160 146861 1950 96500 27067 5009 6280 12527 147383 1951 97600 30100 5100 6265 12105 151170 1952 101300 25400 5072 6260 12055 150087 1953 99200 25015 5063 6260 12610 148148 1954 101250 31000 5112 6150 12830 156342 1955 101300 26500 5214 6070 13040 152124 1956 101950 26700 5303 5960 18935 158848 1957 104100 27300 4982 5955 19350 161687 1958 102560 27300 5080 5955 14180 155075 1959 103530 28500 5029 5955 14230 157244 1960 99230 28830 5038 5970 14195 153263 1961 99480 30870 2437 6195 16658 155640 1962 99720 29830 2471 6250 16965 155236 1963 99805 30880 2528 6250 19130 158593

Fonte: AEPA

426

Cadro 4 Superficie cultivada Ourense (Has.) Cereais Pataca Horta Vid Prad artif Total

1930 63375 18904 921 19760 21550 124510 1931 58090 18203 857 21893 21800 120843 1932 58090 18203 861 21899 21785 120838 1933 58427 18147 800 21917 19857 119148 1934 58435 18155 719 22229 22020 121558 1935 58415 18160 813 22120 22792 122300 1936 1937 1938 1939 58472 18989 770 42746 21146 142123 1940 59115 20500 870 22075 20570 123130 1941 1942 1943 59213 21645 460 21915 17628 120861 1944 59200 21745 442 21860 17516 120763 1945 58590 21790 416 21800 17522 120118 1946 55370 21347 394 21695 13387 112193 1947 56856 21265 388 21720 16535 116764 1948 56828 21230 424 21625 16606 116713 1949 55555 21570 416 21625 16461 115627 1950 56530 21139 411 21615 16499 116194 1951 55760 22185 490 21820 16717 116972 1952 55200 25260 456 21950 16888 119754 1953 54850 25440 470 21930 17690 120380 1954 54840 25400 491 21985 17555 120271 1955 54840 24850 585 21960 17410 119645 1956 55030 24900 675 21700 17425 119730 1957 53760 24800 572 22050 17505 118687 1958 53885 25290 599 22050 17520 119344 1959 53920 25300 635 22180 17520 119555 1960 54170 28830 683 22290 26740 132713 1961 51550 25750 740 22240 17745 118025 1962 53970 25810 805 20310 18160 119055 1963 53860 25640 803 20200 18050 118553

Fonte: AEPA

427

Cadro 5 Superficie cultivada Pontevedra (Has.) Cereais Pataca Horta Vid Prad artif Total

1930 101831 7200 680 7466 5466 122643 1931 101831 7503 568 7458 5464 122824 1932 101564 7770 568 7456 5464 122822 1933 101564 7863 568 7466 5464 122925 1934 101564 7863 568 7466 5464 122925 1935 101558 7863 568 7466 5464 122919 1936 1937 1938 1939 100704 8752 572 7401 5544 122973 1940 100685 8785 584 6992 5598 122644 1941 1942 1943 100626 8924 659 7386 5557 123152 1944 100795 8840 698 7385 6265 123983 1945 100710 8898 673 7340 6254 123875 1946 100723 8923 657 7374 6254 123931 1947 100736 8934 661 7374 6248 123953 1948 100790 8576 1426 7373 6275 124440 1949 101024 9017 1444 7371 6257 125113 1950 100830 8650 1453 7376 5282 123591 1951 87974 8640 1459 7500 6281 111854 1952 87355 7815 1533 7500 6493 110696 1953 87165 9530 1590 8665 7225 114175 1954 87165 9530 1571 8669 6450 113385 1955 77970 6940 1670 9040 14515 110135 1956 74890 6645 1563 9040 14535 106673 1957 70870 9110 1570 9200 14584 105334 1958 72485 10160 1558 9040 15125 108368 1959 69825 9810 1559 9040 15333 105567 1960 68440 9530 1684 8950 15570 104174 1961 66895 11855 1651 9090 15605 105096 1962 71540 11875 1606 9150 15520 109691 1963 70640 12216 2047 9395 15765 110063

Fonte: AEPA

428

Cadro 6 Superficie cultivada Galicia (Has.) Cereais Pataca Vid Prad artif Horta Total

1930 383112 78940 34121 83594 4798 584565 1931 374792 115994 36283 75765 13230 616064 1932 377365 110173 36338 84737 10451 619064 1933 377928 110740 36234 84560 10432 619894 1934 378348 110773 36703 86547 10377 622748 1935 379388 110784 36536 87292 12620 626620 1936 1937 1938 1939 395401 119741 58118 84176 11961 669397 1940 394632 121804 37038 85591 12170 651235 1941 1942 1943 364966 84691 37118 82000 13953 582728 1944 367649 85107 37016 82817 13509 586098 1945 365464 86264 36866 80766 13623 582983 1946 356634 95174 36840 76224 13899 578771 1947 363337 84999 36359 79788 14273 578756 1948 365908 86127 36263 79811 14615 582724 1949 358056 87087 36271 77130 15124 573668 1950 363766 82856 36266 76358 14831 574077 1951 327712 85325 36580 77095 13993 540705 1952 335164 82875 36705 77308 13823 545875 1953 332765 83889 37850 78255 14195 546954 1954 340016 89830 37799 76877 14323 558845 1955 329070 83100 38070 85065 14538 549843 1956 326885 83695 38145 91302 14694 554721 1957 323840 88010 38835 92016 14256 556957 1958 323950 90400 38735 87002 13694 553781 1959 317125 91110 38865 91105 13168 551373 1960 311590 94190 38300 99230 13361 556671 1961 303175 95975 38615 93623 10784 542172 1962 314480 95015 36800 94260 10687 551242 1963 313555 96236 36935 97885 11343 555954

Fonte: AEPA

429

Cadro 7 A Coruña, Trigo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 21292 304485 14,3 1930 27575 372276 13,5 1931 28130 365690 13,0 1932 28500 399000 14,0 1933 28550 314050 11,0 1934 28502 413279 14,5 1935 29635 414890 14,0 1936 1937 1938 1939 31690 507040 16,0 1940 31850 442715 13,9 1941 1942 1943 21547 172456 8,0 1944 20742 228302 11,0 1945 21217 212270 10,0 1946 29333 440163 15,0 1947 30301 303210 10,0 1948 28137 281570 10,0 1949 28137 379980 13,5 1950 28500 454626 16,0 1951 28000 504120 18,0 1952 29000 385901 13,3 1953 28800 482763 16,8 1954 28800 516035 17,9 1955 27550 435290 15,8 1956 27500 530750 19,3 1957 27540 418608 15,2 1958 27500 385000 14,0 1959 23000 379500 16,5 1960 23000 368000 16,0 1961 19000 342000 18,0 1962 23000 379500 16,5 1963 23000 379540 16,5

Fonte: AEPA

430

Cadro 8 Lugo, Trigo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 17932 182372 10,2 1930 17776 122299 6,9 1931 15000 225000 15,0 1932 14930 418040 28,0 1933 16952 298355 17,6 1934 15955 274586 17,2 1935 15900 206700 13,0 1936 1937 1938 1939 12000 108000 9,0 1940 11800 82600 7,0 1941 1942 1943 11000 118800 10,8 1944 13638 133380 9,8 1945 14000 70000 5,0 1946 11000 121000 11,0 1947 12000 120000 10,0 1948 11000 99000 9,0 1949 10000 150000 15,0 1950 11500 169050 14,7 1951 13000 210600 16,2 1952 12500 215625 17,3 1953 12000 180000 15,0 1954 12000 165600 13,8 1955 12000 195600 16,3 1956 12000 231600 19,3 1957 12000 194400 16,2 1958 12000 210000 17,5 1959 11500 195500 17,0 1960 10750 150500 14,0 1961 11500 161000 14,0 1962 11550 184800 16,0 1963 11550 190575 16,5

Fonte: AEPA

431

Cadro 9 Ourense, Trigo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 1500 24000 16,0 1930 645 9738 15,1 1931 796 12736 16,0 1932 450 7650 17,0 1933 400 6800 17,0 1934 697 12093 17,4 1935 1025 14329 14,0 1936 1937 1938 1939 728 8037 11,0 1940 1020 8252 8,1 1941 1942 1943 1875 12188 6,5 1944 1120 13216 11,8 1945 725 2378 3,3 1946 570 6914 12,1 1947 630 6300 10,0 1948 620 5580 9,0 1949 675 7425 11,0 1950 1400 21630 15,5 1951 900 14625 16,3 1952 1100 14080 12,8 1953 1000 10500 10,5 1954 1000 16700 16,7 1955 1000 14400 14,4 1956 1000 18000 18,0 1957 1000 17200 17,2 1958 1000 18000 18,0 1959 1000 18000 18,0 1960 1000 17000 17,0 1961 1000 9500 9,5 1962 1000 16000 16,0 1963 1000 17000 17,0

Fonte: AEPA

432

Cadro 10 Pontevedra, Trigo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 2146 38904 18,1 1930 2042 37020 18,1 1931 2042 30894 15,1 1932 1768 30182 17,1 1933 1710 29196 17,1 1934 1624 29312 18,0 1935 1468 26504 18,1 1936 1937 1938 1939 681 11765 17,3 1940 661 11417 17,3 1941 1942 1943 724 10331 14,3 1944 895 12767 14,3 1945 932 12368 13,3 1946 930 13020 14,0 1947 933 11667 12,5 1948 934 10278 11,0 1949 933 11198 12,0 1950 950 15200 16,0 1951 1200 19440 16,2 1952 815 12633 15,5 1953 800 9800 12,3 1954 800 11120 13,9 1955 800 10160 12,7 1956 800 10000 12,5 1957 750 11400 15,2 1958 725 8700 12,0 1959 400 5600 14,0 1960 290 3770 13,0 1961 310 4030 13,0 1962 850 11900 14,0 1963 565 8475 15,0

Fonte: AEPA

433

Cadro 11 Galicia, Trigo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 42870 549761 12,8 1930 48038 541333 11,3 1931 45968 634320 13,8 1932 45648 854872 18,7 1933 47612 648401 13,6 1934 46778 729270 15,6 1935 48028 662423 13,8 1936 1937 1938 1939 45099 634842 14,1 1940 45331 544984 12,0 1941 1942 1943 35146 313775 8,9 1944 36395 387665 10,7 1945 36874 297016 8,1 1946 41833 581097 13,9 1947 43864 441177 10,1 1948 40691 396428 9,7 1949 39745 548603 13,8 1950 42350 660506 15,6 1951 43100 748785 17,4 1952 43415 628239 14,5 1953 42600 683063 16,0 1954 42600 709455 16,7 1955 41350 655450 15,9 1956 41300 790350 19,1 1957 41290 641608 15,5 1958 41225 621700 15,1 1959 35900 598600 16,7 1960 35040 539270 15,4 1961 31810 516530 16,2 1962 36400 592200 16,3 1963 36115 595590 16,5

Fonte: AEPA

434

Cadro 12 España, Trigo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 4298674 41979072 9,8 1930 4505660 39925575 8,9 1931 4550653 36585330 8,0 1932 4552135 50133551 11,0 1933 4519753 37621872 8,3 1934 4608331 50848833 11,0 1935 4554227 42997081 9,4 1936 1937 1938 1939 3496094 28698793 8,2 1940 3534739 21612851 6,1 1941 1942 1943 3556080 23224970 6,5 1944 3531996 27991581 7,9 1945 3586579 16802124 4,7 1946 3837651 23616578 6,2 1947 3837651 23616579 6,2 1948 3860969 24321571 6,3 1949 3906349 22539243 5,8 1950 4080055 33734985 8,3 1951 4213900 42656584 10,1 1952 4298365 40984468 9,5 1953 4292020 30257178 7,0 1954 4259985 47726476 11,2 1955 4287445 39911009 9,3 1956 4305200 41962629 9,7 1957 4377845 48997904 11,2 1958 4365000 45403310 10,4 1959 4367480 46351329 10,6 1960 4233405 35202669 8,3 1961 3880090 34311642 8,8 1962 4252225 48116263 11,3 1963 4238840 48594781 11,5

Fonte: AEPA

435

Cadro 13 A Coruña, Centeo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 21770 241935 11,1 1930 21900 262800 12,0 1931 21845 220634 10,1 1932 21950 252425 11,5 1933 21980 208810 9,5 1934 21975 263700 12,0 1935 21560 247940 11,5 1936 1937 1938 1939 18730 206030 11,0 1940 18610 186100 10,0 1941 1942 1943 18425 128975 7,0 1944 18308 274620 15,0 1945 17787 124509 7,0 1946 11505 161070 14,0 1947 14900 149000 10,0 1948 17613 167324 9,5 1949 17613 211356 12,0 1950 18100 229870 12,7 1951 16220 222214 13,7 1952 19790 266176 13,5 1953 19950 379050 19,0 1954 19950 359100 18,0 1955 19140 248820 13,0 1956 19150 273845 14,3 1957 19150 210650 11,0 1958 19100 257850 13,5 1959 19100 252120 13,2 1960 19000 228000 12,0 1961 19000 229900 12,1 1962 19000 247000 13,0 1963 19000 237500 12,5

Fonte: AEPA

436

Cadro 14 Lugo, Centeo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 60840 660732 10,9 1930 59471 356826 6,0 1931 60000 960000 16,0 1932 60100 1502500 25,0 1933 60546 920299 15,2 1934 60850 968732 15,9 1935 60900 791700 13,0 1936 1937 1938 1939 74000 592000 8,0 1940 72000 396000 5,5 1941 1942 1943 70000 595000 8,5 1944 71500 643500 9,0 1945 69000 149730 2,2 1946 66000 660000 10,0 1947 65000 487500 7,5 1948 66000 330000 5,0 1949 61500 768750 12,5 1950 62000 620000 10,0 1951 62500 768750 12,3 1952 62000 725400 11,7 1953 62000 697500 11,3 1954 64000 768000 12,0 1955 64000 896000 14,0 1956 64500 1096500 17,0 1957 66000 924000 14,0 1958 64000 1088000 17,0 1959 65500 1080750 16,5 1960 62000 744000 12,0 1961 61500 645750 10,5 1962 61800 834300 13,5 1963 61800 865200 14,0

Fonte: AEPA

437

Cadro 15 Ourense, Centeo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 46000 920000 20,0 1930 38666 696363 18,0 1931 37677 715863 19,0 1932 38135 838970 22,0 1933 38216 611456 16,0 1934 37927 638691 16,8 1935 37630 374042 9,9 1936 1937 1938 1939 38050 503103 13,2 1940 38250 279225 7,3 1941 1942 1943 37600 467368 12,4 1944 38360 525532 13,7 1945 38470 147340 3,8 1946 35100 413478 11,8 1947 36530 401830 11,0 1948 36520 292160 8,0 1949 35200 422400 12,0 1950 35100 566865 16,2 1951 35000 509250 14,6 1952 34200 434340 12,7 1953 33900 322050 9,5 1954 33900 440700 13,0 1955 33900 606810 17,9 1956 33500 596300 17,8 1957 32300 542640 16,8 1958 32400 583200 18,0 1959 32300 604010 18,7 1960 32400 518400 16,0 1961 29500 238950 8,1 1962 31600 537200 17,0 1963 31400 656200 20,9

Fonte: AEPA

438

Cadro 16 Pontevedra, Centeo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 10215 195375 19,1 1930 10271 186180 18,1 1931 10271 165638 16,1 1932 10276 175358 17,1 1933 10334 176122 17,0 1934 10420 188008 18,0 1935 10570 109708 10,4 1936 1937 1938 1939 11372 195798 17,2 1940 11394 196737 17,3 1941 1942 1943 11356 164912 14,5 1944 11352 162076 14,3 1945 11230 149022 13,3 1946 11232 157248 14,0 1947 11254 140780 12,5 1948 11254 123898 11,0 1949 11258 140725 12,5 1950 11300 166100 14,7 1951 9000 150750 16,8 1952 8650 129750 15,0 1953 8520 123540 14,5 1954 8525 115872 13,6 1955 7955 95460 12,0 1956 8000 96800 12,1 1957 7850 90275 11,5 1958 7800 95940 12,3 1959 7200 98640 13,7 1960 4200 52400 12,5 1961 4540 59928 13,2 1962 7500 93750 12,5 1963 6780 88140 13,0

Fonte: AEPA

439

Cadro 17 Galicia, Centeo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 138825 2018042 14,5 1930 130308 1502169 11,5 1931 129793 2062135 15,9 1932 130461 2769253 21,2 1933 131076 1916687 14,6 1934 131172 2059131 15,7 1935 130660 1523390 11,7 1936 1937 1938 1939 142152 1496931 10,5 1940 140254 1058062 7,5 1941 1942 1943 137381 1356255 9,9 1944 139520 1605728 11,5 1945 136487 570601 4,2 1946 123837 1391796 11,2 1947 127684 1179110 9,2 1948 131387 913382 7,0 1949 125571 1543231 12,3 1950 126500 1582835 12,5 1951 122720 1650964 13,5 1952 124640 1555666 12,5 1953 124370 1522140 12,2 1954 126375 1683672 13,3 1955 124995 1847090 14,8 1956 125150 2063445 16,5 1957 125300 1767565 14,1 1958 123300 2024990 16,4 1959 124100 2035520 16,4 1960 117600 1542800 13,1 1961 114540 1174528 10,3 1962 119900 1712250 14,3 1963 118980 1847040 15,5

Fonte: AEPA

440

Cadro 18 España, Centeo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 614911 5825849 9,5 1930 627572 5472267 8,7 1931 613480 5360293 8,7 1932 613503 6580150 10,7 1933 590731 5258669 8,9 1934 577067 5478321 9,5 1935 572477 4797470 8,4 1936 1937 1938 1939 526939 4100867 7,8 1940 550914 3510597 6,4 1941 1942 1943 630232 3810795 6,0 1944 630084 4262097 6,8 1945 598699 5246550 8,8 1946 598137 4770492 8,0 1947 606745 3569470 5,9 1948 618093 3607369 5,8 1949 612895 4047508 6,6 1950 616700 4670699 7,6 1951 635275 5140164 8,1 1952 625690 4948995 7,9 1953 597854 4054582 6,8 1954 613485 5254664 8,6 1955 603920 4926536 8,2 1956 607210 5106611 8,4 1957 570390 4958706 8,7 1958 553830 5149673 9,3 1959 540285 5329723 9,9 1960 509180 3853267 7,6 1961 485075 3511977 7,2 1962 486240 4527062 9,3 1963 437770 4236380 9,7

Fonte: AEPA

441

Cadro 19 A Coruña, Millo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 53729 629850 11,7 1930 63244 936183 14,8 1931 61933 930810 15,0 1932 64186 898604 14,0 1933 63482 1015712 16,0 1934 63552 1271040 20,0 1935 63600 954000 15,0 1936 1937 1938 1939 79935 1598700 20,0 1940 79967 1191508 14,9 1941 1942 1943 64752 388512 6,0 1944 63802 1148436 18,0 1945 63746 1083682 17,0 1946 60733 971728 16,0 1947 63354 950310 15,0 1948 63825 893550 14,0 1949 62574 732116 11,7 1950 62106 993696 16,0 1951 40958 1167303 28,5 1952 41369 1241080 30,0 1953 41675 1406531 33,7 1954 46886 1898883 40,5 1955 47110 1036420 22,0 1956 47215 1260640 26,7 1957 47250 1134000 24,0 1958 47250 1181250 25,0 1959 47250 1228500 26,0 1960 47250 1275750 27,0 1961 47250 1134000 24,0 1962 47250 1289925 27,3 1963 47250 1293391 27,4

Fonte: AEPA

442

Cadro 20 Lugo, Millo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 23983 247025 10,3 1930 23796 299830 12,6 1931 24000 321000 13,4 1932 24050 481000 20,0 1933 22100 349180 15,8 1934 23400 505440 21,6 1935 23500 423000 18,0 1936 1937 1938 1939 18356 293696 16,0 1940 19000 285000 15,0 1941 1942 1943 18000 108000 6,0 1944 18200 180180 9,9 1945 18300 128100 7,0 1946 20000 200000 10,0 1947 18500 148000 8,0 1948 20000 160000 8,0 1949 20000 120000 6,0 1950 22000 176000 8,0 1951 21000 189000 9,0 1952 25700 231300 9,0 1953 24200 217800 9,0 1954 24250 160050 6,6 1955 24300 291600 12,0 1956 24500 392000 16,0 1957 25000 400000 16,0 1958 25500 535500 21,0 1959 25480 560560 22,0 1960 25500 382500 15,0 1961 25530 459540 18,0 1962 25540 408640 16,0 1963 25600 478720 18,7

Fonte: AEPA

443

Cadro 21 Ourense, Millo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 24751 331345 13,4 1930 23698 415015 17,5 1931 19305 346512 17,9 1932 19305 294610 15,3 1933 19636 194820 9,9 1934 19636 246136 12,5 1935 19640 308220 15,7 1936 1937 1938 1939 19595 306008 15,6 1940 19800 260568 13,2 1941 1942 1943 19702 192558 9,8 1944 19690 291848 14,8 1945 19370 160336 8,3 1946 19680 283871 14,4 1947 19676 238852 12,1 1948 19670 274460 14,0 1949 19665 129285 6,6 1950 19980 274220 13,7 1951 19790 276820 14,0 1952 19800 268940 13,6 1953 19850 210950 10,6 1954 19840 270479 13,6 1955 19840 305270 15,4 1956 20430 341940 16,7 1957 20400 375920 18,4 1958 20400 569500 27,9 1959 20480 402400 19,6 1960 20550 391950 19,1 1961 20800 429600 20,7 1962 21110 347750 16,5 1963 21200 470400 22,2

Fonte: AEPA

444

Cadro 22 Pontevedra, Millo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 89340 1607840 18,0 1930 89340 1786520 20,0 1931 89340 1697180 19,0 1932 89340 1688330 18,9 1933 89340 1232500 13,8 1934 89340 1536200 17,2 1935 89340 1500520 16,8 1936 1937 1938 1939 88485 1876498 21,2 1940 88466 1805316 20,4 1941 1942 1943 88391 1238162 14,0 1944 88395 1811938 20,5 1945 88403 1486184 16,8 1946 88409 1733755 19,6 1947 88241 1663334 18,8 1948 88475 1209108 13,7 1949 88703 642427 7,2 1950 88430 1911063 21,6 1951 77624 1808973 23,3 1952 77715 1925676 24,8 1953 77700 1988438 25,6 1954 77700 1957725 25,2 1955 69020 1262070 18,3 1956 65910 1625507 24,7 1957 62070 1859631 30,0 1958 63760 1497200 23,5 1959 62000 2091000 33,7 1960 63820 2003630 31,4 1961 61900 1777400 28,7 1962 62800 1079320 17,2 1963 63015 825566 13,1

Fonte: AEPA

445

Cadro 23 Galicia, Millo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 191803 2816060 14,7 1930 200078 3437548 17,2 1931 194578 3295502 16,9 1932 196881 3362544 17,1 1933 194558 2792212 14,4 1934 195928 3558816 18,2 1935 196080 3185740 16,2 1936 1937 1938 1939 206371 4074902 19,7 1940 207233 3542392 17,1 1941 1942 1943 190845 1927232 10,1 1944 190087 3432402 18,1 1945 189819 2858302 15,1 1946 188822 3189354 16,9 1947 189771 3000496 15,8 1948 191970 2537118 13,2 1949 190942 1623828 8,5 1950 192516 3354979 17,4 1951 159372 3442096 21,6 1952 164584 3666996 22,3 1953 163425 3823719 23,4 1954 168676 4287137 25,4 1955 160270 2895360 18,1 1956 158055 3620087 22,9 1957 154720 3769551 24,4 1958 156910 3783450 24,1 1959 155210 4282460 27,6 1960 157120 4053830 25,8 1961 155480 3800540 24,4 1962 156700 3125635 19,9 1963 157065 3068077 19,5

Fonte: AEPA

446

Cadro 24 España, Millo, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 407101 6297831 15,5 1930 447445 7326618 16,4 1931 426146 6702962 15,7 1932 446148 6931002 15,5 1933 431639 6604019 15,3 1934 433683 7878009 18,2 1935 439556 7355055 16,7 1936 1937 1938 1939 445750 8432416 18,9 1940 452241 7417592 16,4 1941 1942 1943 371530 3776862 10,2 1944 360749 5375576 14,9 1945 352848 4714876 13,4 1946 367796 5309789 14,4 1947 364985 4896924 13,4 1948 370481 4788195 12,9 1949 371102 3312358 8,9 1950 368579 5362237 14,5 1951 327932 6068451 18,5 1952 339876 6466676 19,0 1953 365320 7068340 19,3 1954 369106 7506955 20,3 1955 356495 6161332 17,3 1956 368670 7137308 19,4 1957 376055 7705647 20,5 1958 389145 9161220 23,5 1959 405035 9590040 23,7 1960 427610 10115631 23,7 1961 446710 10668164 23,9 1962 429925 9203992 21,4 1963 487144 11712097 24,0

Fonte: AEPA

447

Cadro 25 A Coruña, Pataca, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 27836 4272814 153,5 1930 27836 4316819 155,1 1931 66088 10045376 152 1932 60000 9900000 165 1933 58515 9420915 161 1934 58540 9659100 165 1935 58551 9192507 157 1936 1937 1938 1939 60000 6034496 100,6 1940 60019 4801520 80,0 1941 1942 1943 22122 2161240 97,7 1944 22122 2578200 116,5 1945 22576 2510450 111,2 1946 25184 1692360 67,2 1947 23800 2618000 110 1948 24321 2340900 96,3 1949 25000 2262500 90,5 1950 26000 1729000 66,5 1951 24400 4399200 180,3 1952 24400 3313520 135,8 1953 23904 3618320 151,4 1954 23900 3456570 144,6 1955 24810 3727500 150,2 1956 25450 4304300 169,1 1957 26800 3877000 144,7 1958 27650 3989500 144,3 1959 27500 4257500 154,8 1960 27000 4305000 159,4 1961 27500 4224500 153,6 1962 27500 3987500 145,0 1963 27500 4152750 151,0

Fonte: AEPA

448

Cadro 26 Lugo, Pataca, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 34210 7252520 212 1930 25000 5375000 215 1931 24200 4598000 190 1932 24200 4719000 195 1933 26215 4849775 185 1934 26215 4980850 190 1935 26210 4979900 190 1936 1937 1938 1939 32000 3200000 100,0 1940 32500 2762500 85,0 1941 1942 1943 32000 2050720 64,1 1944 32400 3520050 108,6 1945 33000 2482155 75,2 1946 39720 3016141 75,9 1947 31000 2074550 66,9 1948 32000 1992400 62,3 1949 31500 2237240 71,0 1950 27067 1692520 62,5 1951 30100 3940000 130,9 1952 25400 2867800 112,9 1953 25015 2730350 109,1 1954 31000 3329400 107,4 1955 26500 2939200 110,9 1956 26700 3229050 120,9 1957 27300 2983400 109,3 1958 27300 3447250 126,3 1959 28500 2919300 102,4 1960 28830 3954900 137,2 1961 30870 3650450 118,3 1962 29830 3080450 103,3 1963 30880 4226750 136,9

Fonte: AEPA

449

Cadro 27 Ourense, Pataca, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 24366 3464550 142,2 1930 18904 2790670 147,6 1931 18203 2651140 145,6 1932 18203 2829540 155,4 1933 18147 1386090 76,4 1934 18155 1011375 55,7 1935 18160 2347200 129,3 1936 1937 1938 1939 18989 1725051 90,8 1940 20500 1731255 84,5 1941 1942 1943 21645 1069983 49,4 1944 21745 1619450 74,5 1945 21790 939120 43,1 1946 21347 916195 42,9 1947 21265 938285 44,1 1948 21230 1164150 54,8 1949 21570 980320 45,4 1950 21139 1553040 73,5 1951 22185 2165960 97,6 1952 25260 2548880 100,9 1953 25440 2559250 100,6 1954 25400 2339043 92,1 1955 24850 3178580 127,9 1956 24900 2704020 108,6 1957 24800 2502100 100,9 1958 25290 3261300 129,0 1959 25300 1954500 77,3 1960 28830 3954900 137,2 1961 25750 3037500 118,0 1962 25810 2236300 86,6 1963 25640 3017500 117,7

Fonte: AEPA

450

Cadro 28 Pontevedra, Pataca, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 7200 633896 88,0 1930 7200 591120 82,1 1931 7503 534530 71,2 1932 7770 722820 93,0 1933 7863 846390 107,6 1934 7863 736308 93,6 1935 7863 757142 96,3 1936 1937 1938 1939 8752 707165 80,8 1940 8785 685650 78,0 1941 1942 1943 8924 527900 59,2 1944 8840 604010 68,3 1945 8898 615780 69,2 1946 8923 597810 67,0 1947 8934 591670 66,2 1948 8576 640784 74,7 1949 9017 646190 71,7 1950 8650 630240 72,9 1951 8640 826800 95,7 1952 7815 883659 113,1 1953 9530 1102650 115,7 1954 9530 1316896 138,2 1955 6940 680875 98,1 1956 6645 648790 97,6 1957 9110 1090800 119,7 1958 10160 1293000 127,3 1959 9810 728950 74,3 1960 9530 808050 84,8 1961 11855 1301025 109,7 1962 11875 976800 82,3 1963 12216 2434670 199,3

Fonte: AEPA

451

Cadro 29 Galicia, Pataca, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 93612 15623780 166,9 1930 78940 13073609 165,6 1931 115994 17829046 153,7 1932 110173 18171360 164,9 1933 110740 16503170 149,0 1934 110773 16387633 147,9 1935 110784 17276749 155,9 1936 1937 1938 1939 119741 11666712 97,4 1940 121804 9980925 81,9 1941 1942 1943 84691 5809843 68,6 1944 85107 8321710 97,8 1945 86264 6547505 75,9 1946 95174 6222506 65,4 1947 84999 6222505 73,2 1948 86127 6138234 71,3 1949 87087 6126250 70,3 1950 82856 5604800 67,6 1951 85325 11331960 132,8 1952 82875 9613859 116,0 1953 83889 10010570 119,3 1954 89830 10441909 116,2 1955 83100 10526155 126,7 1956 83695 10886160 130,1 1957 88010 10453300 118,8 1958 90400 11991050 132,6 1959 91110 9860250 108,2 1960 94190 13022850 138,3 1961 95975 12213475 127,3 1962 95015 10281050 108,2 1963 96236 13831670 143,7

Fonte: AEPA

452

Cadro 30 España, Pataca, superficie, producción e rendementos (Qts. E Has.) Superficie Producción Rendementos

1929 368583 46226694 125,4 1930 370126 41731571 112,7 1931 414479 46789697 112,9 1932 417865 50257558 120,3 1933 425071 47816660 112,5 1934 412740 44178782 107,0 1935 418452 43365434 103,6 1936 1937 1938 1939 412208 34935323 84,8 1940 429723 34133344 79,4 1941 1942 1943 399698 26461123 66,2 1944 369779 33016746 89,3 1945 369633 26643186 72,1 1946 362079 25575911 70,6 1947 359373 28346811 78,9 1948 357597 27016849 75,6 1949 358512 28139769 78,5 1950 362752 15553885 42,9 1951 377438 21207633 56,2 1952 334860 38062098 113,7 1953 342096 37173365 108,7 1954 354787 39389734 111,0 1955 354120 40808845 115,2 1956 364226 43073405 118,3 1957 372235 39544267 106,2 1958 373085 42921130 115,0 1959 399920 45879275 114,7 1960 394667 46197460 117,1 1961 416360 49182580 118,1 1962 408775 41532725 101,6 1963 410709 50746354 123,6

Fonte: AEPA

453

Cadro 31 A Coruña, Valoración da producción agrícola en pts correntes. Cereais e leg Pataca Vid Horta Frutais Prad artif Total

1930 120859684 87415584 2001041 20560368 2540244 50556800 283933721 1931 110284157 210952896 2014698 26960086 2657662 57022520 409892019 1932 108997948 148500000 2129862 31157432 2325096 85476130 378586468 1933 110247927 160155555 2305077 32234827 2288132 106956295 414187813 1934 121596413 135227400 2256792 31192161 2290358 91973670 384536794 1935 104611423 165465126 1546972 38456200 3018861 86114280 399212862 1936 1937 1938 1939 257440234 241379840 4365256 38165870 4317674 113303754 658972628 1940 207637629 288091200 7269844 50057640 6986305 117005491 677048109 1941 1942 1943 111034900 118868200 5005678 119120480 7887162 128045710 489962130 1944 216920345 154692000 4555916 129785605 8141845 148119710 662215421 1945 397691300 175731500 6451600 134278900 11618100 209538890 935310290 1946 588140107 117256200 19311058 92909816 10543920 382599450 1210760551 1947 380962368 193508400 12446886 221666277 17211695 556934200 1382729826 1948 407588060 188487500 11699610 230234895 19187525 478185800 1335383390 1949 432332163 209750000 11222860 263261083 19751150 526497000 1462814256 1950 872258919 320320000 9565845 116221510 22828325 677903100 2019097699 1951 884162623 527886000 12960745 102101162 20389325 719121500 2266621355 1952 788499000 349957000 11791000 162266000 21866000 760828000 2095207000 1953 1020351000 373160000 9202000 158055000 21981000 689627000 2272376000 1954 1194261000 361598000 11597000 179211000 27244000 627505000 2401416000 1955 818088000 421041000 14194000 201132000 34543000 636901000 2125899000 1956 1173329000 521004000 20272000 217993000 142781000 595903000 2671282000 1957 1078669000 474520000 20277000 245261000 155291000 579537000 2553555000 1958 1468092000 884343000 22846000 287074000 159765000 649870000 3471990000 1959 1386122000 904313000 27295000 243792000 154520000 695644000 3411686000 1960 1474275000 966000000 18760000 252057000 153976000 680358000 3545426000 1961 1328175000 870048000 17424000 374083000 135158000 780137000 3505025000 1962 1618078000 1268150000 16493000 410540000 162600000 735773000 4211634000 1963 1648195000 653048000 16190000 441304000 198203000 881196000 3838136000

Fonte: AEPA.

454

Cadro 32 Lugo, Valoración da producción agrícola en pts correntes. Cereais e leg Pataca Vid Horta Frutais Prad artif Total

1930 79008497 80625000 3713544 8773190 8116726 41423075 221660032 1931 118383105 82764000 9209952 9420698 8957483 36764150 265499388 1932 165846950 61347000 8118476 8796312 6979480 34646992 285735210 1933 108111075 58197300 9071797 10346298 8457771 21368694 215552935 1934 123991037 59770200 8255383 10510180 8009605 42307058 252843463 1935 91938093 62248750 6937302 10612225 6487945 43025058 221249373 1936 1937 1938 1939 76413852 128000000 19366389 24939975 9484200 45090080 303294496 1940 73039950 138125000 10934930 26653213 17900460 52549250 319202803 1941 1942 1943 98032300 102576800 27584427 171123725 24915730 117655600 541888582 1944 152175112 182847000 31261500 163488770 30538745 155645250 715956377 1945 102944383 161370225 2643476 65959030 6117935 99396500 438431549 1946 286012449 208992300 51338644 91053450 20958800 28085750 686441393 1947 152834450 155645250 57461600 191100544 20431900 116222400 693696144 1948 160019560 146342500 25845650 183776876 8589165 135684900 660258651 1949 251126600 195678000 41729250 183591508 54312334 97099810 823537502 1950 357456730 379167500 30753463 198852438 36200450 162135285 1164565866 1951 415907975 329500000 59329530 230778715 37100470 242934820 1315551510 1952 364787000 314631000 45321000 204036000 43106000 249940000 1221821000 1953 464965000 287094000 45877000 227771000 43499000 263083000 1332289000 1954 443561000 316008000 39193000 229194000 47723000 275674000 1351353000 1955 488263000 309835000 47728000 242828000 56266000 310654000 1455574000 1956 774652000 412298000 53251000 264381000 61037000 411468000 1977087000 1957 745030000 395392000 50992000 275051000 72219000 379277000 1917961000 1958 950249000 602523000 65863000 302606000 79639000 319721000 2320601000 1959 952157000 406481000 65801000 336535000 87430000 349798000 2198202000 1960 832970000 622073000 77948000 347405000 88838000 380884000 2350118000 1961 832011000 405327000 40834000 191964000 78766000 311134000 1860036000 1962 917490000 739888000 84265000 300444000 128030000 205164000 2375281000 1963 974054000 759613000 102555000 298820000 142316000 409261000 2686619000

Fonte: AEPA.

455

Cadro 33 Ourense, Valoración da producción agrícola en pts correntes. Cereais e leg Pataca Vid Horta Frutais Prad artif Total

1930 65149649 39069380 37936906 14098450 6709915 38880637 201844937 1931 56889718 42418240 37453129 4358457 4723410 28858740 174701694 1932 59731353 33954480 30239607 4437800 3561380 22626000 154550620 1933 38720148 14096535 30555524 4031861 1956740 24453830 113814638 1934 42833554 11610585 23745565 3549505 1920979 24940045 108600233 1935 32754041 19129680 14427285 3578744 1695252 16465738 88050740 1936 1937 1938 1939 58699462 48165968 31728513 4005414 1120901 17580906 161301164 1940 49625818 60593925 46505763 4103230 2209025 21899483 184937244 1941 1942 1943 68658950 53499150 107065240 6026076 7890024 47810657 290950097 1944 91441114 97167000 84647051 5906647 8882555 54002698 342047065 1945 86613294 57187200 65127883 5445262 9993259 82741409 307108307 1946 189659147 65355700 181558003 6096982 15652515 79338952 537661299 1947 126975973 70975425 196794113 6295346 14875555 104283996 520200408 1948 138560968 86170500 139943068 7316221 11655190 96911560 480557507 1949 131498806 80388000 207059162 6815118 12352805 106169322 544283213 1950 310513219 230676000 173507140 8559235 16547680 134957780 874761054 1951 277278801 188557750 233701207 7505250 15472910 106104396 828620314 1952 204294000 182576000 165874000 8677000 8757000 116456000 686634000 1953 195991000 242487000 373460000 9174000 8467000 147547000 977126000 1954 236444000 258710000 208349000 9016000 7806000 143902000 864227000 1955 264943000 299202000 302652000 12605000 8032000 131720000 1019154000 1956 375249000 388003000 329887000 15857000 8930000 130007000 1247933000 1957 384631000 344682000 254805000 13403000 10408000 131730000 1139659000 1958 599915000 583436000 335132000 16444000 22738000 139807000 1697472000 1959 513003000 271560000 174369000 17952000 19184000 139356000 1135424000 1960 507941000 574843000 412842000 21866000 23192000 146076000 1686760000 1961 359558000 411478000 191342000 24790000 23785000 148156000 1159109000 1962 504881000 655660000 389284000 35985000 29591000 160267000 1775670000 1963 549512000 367340000 405808000 28131000 29669000 152859000 1533319000

Fonte: AEPA.

456

Cadro 34 Pontevedra, Valoración da producción agrícola en pts correntes. Cereais e leg Pataca Vid Horta Frutais Prad artif Total

1930 94467282 11526840 16037965 3770842 1690541 13814554 141308024 1931 89887886 11225130 13287037 3628902 2771681 9105556 129906192 1932 88086605 10842300 13615782 3735102 2533583 13024541 131837913 1933 73057443 12695850 19217454 3713182 2578114 12158505 123390548 1934 85933595 12517236 13638142 4127472 2381390 11776770 130374605 1935 82896969 13628556 8108111 4193152 2460372 8311555 119598715 1936 0 0 0 0 0 0 1937 0 0 0 0 0 0 1938 0 0 0 0 0 0 1939 160683289 31822425 14960751 5296432 2851081 10294358 225908336 1940 213768313 37710750 24807844 7577095 2925189 10980269 297769460 1941 0 0 0 0 0 0 1942 0 0 0 0 0 0 1943 151215772 31674000 54200801 13260365 6531163 16096687 272978788 1944 201680962 36240600 55079650 13975765 6885158 18607093 332469228 1945 419268691 41703000 32913893 11274678 7605244 21505500 534271006 1946 582825081 41732900 31363622 14507719 5116307 23422972 698968601 1947 379027005 45042150 40592527 15778878 5535976 26030776 512007312 1948 326648004 51470600 38178403 20393764 15835280 26595059 479121110 1949 193572510 54926100 50625665 27048426 17609380 20900406 364682487 1950 893391705 106027200 81451353 31601650 63180810 15706140 1191358858 1951 709260317 80102000 83621473 37498204 65072130 26273080 1001827204 1952 762076000 80102000 97094000 46406000 65426000 27638000 1078742000 1953 553327000 97509000 105839000 63848000 62107000 26337000 908967000 1954 788309000 148440000 93487000 72449000 66229000 22108000 1191022000 1955 462940000 70382000 90996000 72844000 56510000 150662000 904334000 1956 777493000 78873000 118225000 77045000 67587000 163479000 1282702000 1957 896374000 206304000 83262000 82403000 70784000 213853000 1552980000 1958 1051490000 279920000 98862000 82859000 69325000 222890000 1805346000 1959 1080944000 129286000 123897000 86076000 113959000 233659000 1767821000 1960 903800000 136855000 154248000 98846000 90341000 302599000 1686689000 1961 994577000 208536000 77701000 92261000 133753000 335377000 1842205000 1962 732146000 253375000 135790000 113261000 154505000 354941000 1744018000 1963 504646000 396710000 186648000 175251000 160639000 588206000 2012200000

Fonte: AEPA.

457

Cadro 35 Galicia, Valoración da producción agrícola en pts correntes. Cereais e leg Pataca Vid Horta Frutais Prad artif Total

1930 359485112 218636804 59689456 47202850 19057426 144675066 848746714 1931 375444866 347360266 61964816 44368143 19110236 131750966 979999293 1932 422662856 254643780 54103727 48126646 15399539 155773663 950710211 1933 330136593 245145240 61149852 50326168 15280757 164937324 866945934 1934 374354599 219125421 47895882 49379318 14602332 170997543 876355095 1935 312200526 260472112 31019670 56840321 13662430 153916631 828111690 1936 1937 1938 1939 553236837 449368233 70420909 72407691 17773856 186269098 1349476624 1940 544071710 524520875 89518381 88391178 30020979 202434493 1478957616 1941 1942 1943 428941922 306618150 193856146 309530646 47224079 309608654 1595779597 1944 662217533 470946600 175544117 313156787 54448303 376374751 2052688091 1945 1006517668 435991925 107136852 216957870 35334538 413182299 2215121152 1946 1646636784 433337100 283571327 204567967 52271542 513447124 3133831844 1947 1039799796 465171225 307295126 434841045 58055126 803471372 3108633690 1948 1032816592 472471100 215666731 441721756 55267160 737377319 2955320658 1949 1008530079 540742100 310636937 480716135 104025669 750666538 3195317458 1950 2433620573 1036190700 295277801 355234833 138757265 990702305 5249783477 1951 2286609716 1126045750 389612955 377883331 138034835 1094433796 5412620383 1952 2119656000 927266000 320080000 421385000 139155000 1154862000 5082404000 1953 2234634000 1000250000 534378000 458848000 136054000 1126594000 5490758000 1954 2662575000 1084756000 352626000 489870000 149002000 1069189000 5808018000 1955 2034234000 1100460000 455570000 529409000 155351000 1229937000 5504961000 1956 3100723000 1400178000 521635000 575276000 280335000 1300857000 7179004000 1957 3104704000 1420898000 409336000 616118000 308702000 1304397000 7164155000 1958 4069746000 2350222000 522703000 688983000 331467000 1332288000 9295409000 1959 3932226000 1711640000 391362000 684355000 375093000 1418457000 8513133000 1960 3718986000 2299771000 663798000 720174000 356347000 1509917000 9268993000 1961 3514321000 1895389000 327301000 683098000 371462000 1574804000 8366375000 1962 3772595000 2917073000 625832000 860230000 474726000 1456145000 10106603000 1963 3676407000 2176711000 711201000 943506000 530827000 2031522000 10070274000

Fonte: AEPA.

458

Cadro 36 Repoboación forestal pública (Has.) A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España

1941 657 287,23 170 1079 2193,23 8278,18 1942 1596,45 693 38 2824 5151,45 16718,32 1943 3052,65 762,42 1033 2127,35 6975,42 26341,43 1944 3025,98 831,87 1118 2514 7489,85 30714,19 1945 829,65 2470,5 1554 3305,39 8159,54 43682,85 1946 421,7 888,51 1986 4777,17 8073,38 47852,02 1947 634,76 386,17 425 1030 2475,93 39139,37 1948 1166 970 2814 909 5859 44185 1949 1760,3 901,16 3029,37 1478,11 7168,94 43621,33 1950 428,61 2087,72 1830 594,43 4940,76 38103,7 1951 976,74 1328,5 1384 1153,24 4842,48 45825,29 1952 2255 2729 3400 6159 14543 71332,84 1953 1765 12510 4731 7299 26305 111888 1954 1909 10147 4238 8255 24549 114006 1955 1382 10087 4602 4870 20941 141584 1956 2085 7211 4309 3392 16997 133731 1957 1552 5537 5019 1675 13783 144018 1958 2300 2170 4312 1125 9907 92229 1959 3049 5060 7519 1660 17288 124723 1960 5115 4748 2692 935 13490 90991 1961 3005 5984 7546 761 17296 105340 1962 1120 3300 5297 633 10350 92317 1963 2378 2047 4743 693 9861 95201 1964 2582 2012 5099 2891 12584 103879 1965 3531 1439 3675 2854 11499 100676 1966 2864 1102 2582 2851 9399 95857 1967 2097 1080 2809 2600 8586 93494 1968 1951 1484 2284 1835 7554 85371 1969 1881 1421 2058 1930 7290 95146 1970 1727 1804 2240 3404 9175 105411 1971 1519 1860 1578 3366 8323 107276 1972 1245 2145 1600 2918 7908 88351 1973 995 995 1001 1618 4609 1974 1699 1316 1674 2407 7096 90599 1975 832 1226 978 1760 4796 59340 1976 987 2689 1778 1293 6747 82959 1977 1365 2620 1083 1706 6774 72165 1978 1273 2532 1407 2303 7515 43196 1979 1575 5425 2105 3817 12922 80315 1980 1040 2413 952 2803 7208 63770 1981 736 1128 861 1219 3944 49257 1982 1340 4075 1095 2529 9039 88656 1983 1340 4075 1095 2529 9039 68243 1984 2926 2883 1056 6865 52560 1985 1407 4590 2670 1484 10151 51011 1986 3288 2281 5569 39579 1987 1332 1332 31576

Fonte: EFE, AEA.

459

Cadro 37 Galicia, macromagnitudes do sector agrario, en pts correntes Producción Total Reemprego PF Agraria PFAgrícola PFGandeira PFForestal

1958 11554 4473 5436 1645

1959 13759 6384 5514 1861

1960 13309 5444 5872 1993

1961 13286 5753 6003 1530

1962 13528 4721 7273 1534

1963 15894 6722 7476 1696

1964 19302 7988 8709 2605

1965 19659 7106 9746 2807

1966

1967

1968

1969

1970

1971

1972 57284 23994 33290 11154 20115 2020

1973

1974

1975

1976 109410 40023 65583 18565 43218 3800

1977 125559 46079 74658 18075 50634 5950

1978 143622 46011 93554 21372 65865 6316

1979 154332 44741 104620 30066 68011 6542

1980 170266 51555 113124 32742 73969 6414

1981 184708 55204 123534 31514 84393 7628

1982 226078 62174 157041 41392 104726 10923

1983 242486 67643 167705 38137 116883 12685

1984 276299 76371 192481 44786 133191 14505

1985 278205 76396 193829 40381 141046 12402 Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85).

460

Cadro 38 Galicia, macromagnitudes do sector agrario, en pts correntes (Continuación) Gastos VEBpm Subvencións VEB cf Amortizacións Renda Agraria

1958 1453 10101

1959 1314 12445

1960 1728 11582

1961 1690 11596

1962 2283 11245

1963 1693 14202 27 14229 202 14027

1964 2431 16871 42 16914 218 16696

1965 2364 17295 61 17356 233 17123

1966

1967

1968

1969

1970

1971

1972 8612 24678 522 25200 1220 23980

1973

1974

1975

1976 17976 47607 89 47696 4203 43493

1977 20005 54653 135 54788 5005 49783

1978 27809 65745 181 65926 4074 61852

1979 32169 72450 501 72951 5465 67486

1980 38004 75120 1162 76282 6887 69396

1981 47463 76070 1392 77462 10896 66566

1982 56169 100872 1543 102415 12284 90131

1983 65428 102277 1936 104212 14034 90179

1984 77267 115214 1470 116684 16565 100119

1985 84410 109419 2028 111447 19428 92018 Fonte: MAPA, Información estadística y Económica (1958-65) y Cuentas del Sector Agrario (1976-85).