Un ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración co ... · PDF fileUn ano...

2
Un ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, organiza o ciclo de música Sons no Ar-co, xa na súa cuarta edición. É esta unha aposta feita polo Museo nun intento de saír dos espazos pechados e enriquecer o espazo cultural da cidade de Pontevedra, sementando de música a rúa, dende a simbólica Praza da Leña, neste ano 2011, no que se conmemora o cincuenta aniversario do pasamento do violinista pontevedrés Manuel Quiroga. Durante catro venres do mes de xullo actuará cadanseu grupo diante do arco que une os edificios Castro Monteagudo e García Flórez: Odaiko Percussion Group, Pixie & Dixie Band, Rastrexos e Tangata. Son agrupacións que cultivan diferentes estilos musicais e repertorios variados, pero todos axeitados para o lugar e o momento no que o Museo agasalla á cidade de Pontevedra e ós seus visitantes

Transcript of Un ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración co ... · PDF fileUn ano...

Page 1: Un ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración co ... · PDF fileUn ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga,

Un ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración

co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga,

organiza o ciclo de música Sons no Ar-co, xa na súa

cuarta edición.

É esta unha aposta feita polo Museo nun intento de saír

dos espazos pechados e enriquecer o espazo cultural

da cidade de Pontevedra, sementando de música a rúa,

dende a simbólica Praza da Leña, neste ano 2011, no

que se conmemora o cincuenta aniversario do pasamento

do viol inista pontevedrés Manuel Quiroga.

Durante catro venres do mes de xullo actuará cadanseu

grupo diante do arco que une os edificios Castro

Monteagudo e García Flórez: Odaiko Percussion Group,

Pixie & Dixie Band, Rastrexos e Tangata. Son agrupacións

que cultivan diferentes estilos musicais e repertorios

variados, pero todos axeitados para o lugar e o momento

no que o Museo agasalla á cidade de Pontevedra e ós

seus visitantes

Page 2: Un ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración co ... · PDF fileUn ano máis, o Museo de Pontevedra, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga,

É unha banda de Dixieland castelá - leonesaformada por músicos de Peñafiel (Valladolid) ePalencia que comezou a súa andaina en 1993.A súa formación, eminentemente acústica e propiado primitivo jazz de Nova Orleáns, dálle á súamúsica un carácter desenfadado e permítelleabordar todo tipo de actuacións, incluíndo asde animación rueira.Nestes 18 anos de vida as súas actuacións sonmoi numerosas. Cabe destacar a súa inclusiónnos ciclos de Teatralle e As Pedras Cantanorganizados pola Junta de Castela e León, a súaparticipación nos Festivais de Jazz de Valladolid(Universijazz), Boadilla del Monte (Madrid) e LasRozas (Madrid), a súa presenza nos festivais derúa de Barcelona, Azkoitia, Durango, Sestao,Bilbao, Pamplona, Salamanca, entre outros, eunha asistencia constante a Festivais de Cinema(Seminci de Valladolid, Medina del Campo,Aguilar de Campoo…) e programacións culturais

das comunidades de Castela e León, Castela - A Mancha, Cantabria, País Vasco,Aragón, Madrid, Navarra e Valencia).Tamén participou nos actos da Festa da Hispanidade en Nuakchot (Mauritania)organizados pola Embaixada de España, e nos Congresos de Criminoloxía de Zamora,Valladolid e Salamanca.Vive o ambiente musical das orixinarias bandas de jazz de Nova Orleáns dos anos1920, a base dun repertorio propio desa época, con algunha inclusión de temasposteriores, anos 1940, cando os músicos desas bandas teñen que desprazarse aoutras cidades de Estados Unidos, principalmente Chicago, con temas como Soul,Royal garden blues, Hello Dolly, In don't mean a thing, Tin roof Blues, Basin Street Blues,Tiger Rag, Bill Bailey, All of me, Alexander Ragtime, Wolverin Blues, Sugar, Limehouse, Justa Close, Columbus e moitos máis…

Compoñentes: Alfredo Requejo - trompeta Marco A. Meléndez - clarinete Pepe Cardona - trombón Miguel A. Arranz - saxo alto e tenor Juan Peña - saxo tenor Eduardo Martínez - banjo e guitarra Quino García - contrabaixo e tuba. Chuchi León - piano e percusión Manolo Cardona - batería

P R O G R A M AA idea de Galician on Board é facer unhaviaxe no tempo trasladándonos ao s. XIXe representar o profundo cambio que seproduciu en Galicia ata os nosos días.Conceptos como labrego, folclore,emigración, industrialización, etc., estánpresentes ao longo do show nunha viaxemúsico-percusiva tratada dun xeitovangardista.

Odaiko ofrécenos un crisol de ideasmusicais onde os ritmos de culturas alleascomo o latín, o flamenco, o brasileiro ouo africano se mesturan coas innovaciónstécnicas percusivas e o folclore galegopara representar un pasado que dáresposta ao noso presente.

Odaiko Percussion Group (OPG) toma o seu nomedo ODAIKO, unha variante moi voluminosa doTAIKO, un tambor tradicional xaponés. Con 1,2metros de diámetro e 1,5 de profundidade, chegana ser necesarias tres persoas para poder ser tocado.Integrado por licenciados en percusión clásica,contemporánea e jazz no Conservatorio deAmsterdam, Real Conservatorio da Haia (Holanda)e Universidade da Baía (Brasil), este grupo fórmaseen Holanda no ano 2003.A idea inicial de Odaiko nace a raíz dasnumerosas colaboracións dos seus compoñentesen festivais como o Steve Reich Festival

(Holanda), Stok Leuven Contemporain Festival (Bélxica), Convención Internacionalde Percusión de Taipei (Taiwán), “I am pulse” Manila Festival (Filipinas), NancyZeltsman Festival (EE.UU.), etc.A pesar de que xa se coñeceron en Galicia, ata chegar a Holanda non contemplarona posibilidade de tocar xuntos, primeiro como dúo, logo como trío e máis tarde comoOdaiko Percussion Group.A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicionalmultiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade quesupón a diversidade técnico-musical.Nos seus espectáculos pódense atopar instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs,táboas), africanos (djembé, sabar, dum-dum), latinoamericanos (congas, bongos,maracas, caixón), galegos (bombo e pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos decreación posterior coma marimba, vibráfono ou batería.

1DE XULLO ODAIKO PERCUSSION GROUP

Compoñentes: Noli Torres - batería Óscar Rodríguez - contrabaixo Antonio López - piano Juan Carlos Otero - saxofón Ricardo Formoso - trompeta

8 DE XULLO PIXIE and DIXIE BAND

Galician on board

Rastrexos xorde a partir da confluencia de diversos estilos musicais, baseada na fusiónmultiétnica. Ábrese un camiño a través dos ritmos africanos, latinos, brasileiros,galegos… que desemboca nunca posta en escena da que o público é parte esencialdo espectáculo.Formación de recente creación composta por un grupo de artistas que xa estiveronpresentes en varias propostas musicais arredor de tres continentes: Europa, América,Asia.A proposta Rastrexos Project comeza cunha xira por diferentes cidades de Suíza,España e Galicia no verán de 2011.

15 DE XULLO RASTREXOS PROJECT

Formación que leva en activo máis de vinte anos de xeito ininterrompido, foi creadaen 1988 arredor da figura de Artigas Anelo, bandoneonista do grupo e fundador domesmo.Ao longo destas dúas décadas o grupo evolucionou, pasando de ser un trío (bandoneón,piano e contrabaixo) a consolidarse como cuarteto coa incorporación do violín.O repertorio de Tangata é xa moi extenso, contando na actualidade con máis de centemas para os que Tangata conta con arranxos feitos exclusivamente para eles. Nosseus concertos o grupo fai un repaso pola historia do tango e interpreta dende os temasmáis clásicos de músicos como Eduardo Arolas ou mesmo Gardel ata os máis modernose innovadores do gran bandoneonista Astor Piazzolla. Tamén durante este tempo existiuunha parte de investigación e creación e Tangata conta con temas de creación propia.Ten participado en importantes Festivais de Música e Certames de Tango de granproxección internacional e ten recibido moi boas críticas e loanzas, sendo consideradoun dos grupos de tango máis importantes da Península Ibérica e ocupando un lugardestacado nas formacións que se dedican a este xénero en toda Europa.Nestes vinte anos de traballo Tangata editou tres CD. O primeiro deles, Como en octubre,foi gravado dez anos despois da súa creación no ano 1988.Logo deste primeiro traballo discográfico o grupo meteuse de novo no estudio paragravar Trece. O seu traballo máis recente, Calambre, foi gravado en 2007 e viu a luzun ano máis tarde, a comezos de 2008.

22 DE XULLO TANGATA

Compoñentes: Artigas Anelo - bandoneonista Laura Quintillán - violinista Alberto Vilas - pianista Gustavo Adolfo Barcia - pianista