Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana,...
Transcript of Un pequeno percorrido virtual pola TOPONIMIA DO … · → "Mogor" ten máis ben orixe prerromana,...
TOPONIMIA DO NORDÉS
Un pequeno percorrido virtual pola
O Barqueiro (Mañón), 11 de Febreiro de 2017
2 | Toponimia do Nordés
CONTIDO
1. Patrimonio toponímico galego
2. Toponimia do Nordés
3. Apelidos oriúndos da comarca
3 | Toponimia do Nordés
O RICO PATRIMONIO TOPONÍMICO GALEGO
SITUACIÓN ACTUAL E RISCOS
Galiza ten unha enorme riqueza
toponímica.
En cantidade:
3 ou 4 millóns de topónimos
máis que en Portugal enteiro
40% de todos os españois
En importancia histórica e
lingüística
Prerromanos, latinos, suevos,
.. e algún árabe.
Algúns poderían levar en uso
4000 anos
Conforman unha
importantísima axuda para os
estudos históricos e
lingüísticos (entre outros)
Posta en valor (autovaloración)
Os topónimos teñen vida
soamente mentres se usan
gran parte da toponimia galega
non está recollida
documentalmente, e sobrevive
apenas na memoria da xente
A memoria desaparece - A
sociedade que os necesitaba
está a desaparecer
A administración parou a
actividade de documentación
da toponimia hai varios anos
Oportunidade Cultural
Actuar
Patrimonio en Risco
Calquera cuns mínimos
coñecementos podería
contribuír neste labor de
documentación dos
topónimos.
Exemplos de recollida:
Microtopónimos:
fontes, penas, regatos,
leiras, montes, penas,
…..
Talasonimia
4 | Toponimia do Nordés
MOITOS TOPÓNIMOS ATESTADOS DESDE ANTIGO
PAGOS Á GUERRA DE GRANADA EN 1488
Igrexa Mor. (€)
Santa Maria de Cabanas 1.000
San Panteón 1.000
San Payo de Riobarba 1.500
San Pedro de Mosende 1.200
San Romaao do Vale 6.000
Santa Maria de Soeuos 4.200
Santo Esteuao do Vale 4.000
San Miguel das Negradas 1.500
Sant Cristouao das Ribeyras 8.000
Santa Maria de Maanon 14.000
Santa Maria de Vares 12.000
Sayoan de Loyba 10.000
• Bases de datos: CODOLGA, TEMILGA
5 | Toponimia do Nordés
DA PREHISTORIA
RIOBARBA • < Río Barba : topónimo “fosilizado”, xa non
referencia a un río
• Xa “fosilizado” en 1488, doazón de “San Payo
de Riobarba" para a Guerra de Granada.
• Orixe de "barba" : tema hidronímico *barb- <
raíz indoeuropea *bher- 'ferver, bulir,
manancial’. • aínda vivo en 1792: "bervia": corrente de río -
dicionario de Sobreira.
Outros:
• Lugo: "fonte de Barbas" (Foz), Rego de Barbadelo (Sarria), Reibarba (Folgoso do Courel),
• A Coruña: Río das Barbelas (Cerdido, Moeche), Barbos (< Barboos), Rio Barboso (Laracha),
Ponte da Barbela (A Capela), O Barbanza, Barbaín, Barbazán, As Barbelas, Prado da
Barburiña.
• Ourense: Barbantes, A Regada da Bárbora.
• Pontevedra: Río Barbeira.
6 | Toponimia do Nordés
DA PREHISTORIA
MOGOR
• 912: " .. ecclesiam sancte Marie de Monacorum et uillas que in giro sunt .."
• 1156: "et cautum de Moogorum et de Uaris “ • evolución usual: Monachorum (=“dos monxes“) > Moagor > Mogor
Encaixaría, perda do –n- intervocálico, PERO:
1. Os 3 Mogor na costa, moita casualidade?
2. Dous deles en sitios improbables para un
convento ou irrelevantes para seren
referidos como propiedade dun convento
"O Mogor de Fóra" e "O Mogor de Terra"
en Valdoviño – dous cantís.
3. Existe a "Punta de Mogor" en Pontevedra.
4. raro que apenas se preserve en“Mogor” a
orixe nun xenitivo plural latino -orum .
Xa que logo, parece que:
• "Mogor" ten pouco que ver cos monxes, o escriba latinizou o termo para
"Monachorum" erroneamente, o mesmo que ocorre en outros múltiples casos.
→ "Mogor" ten máis ben orixe prerromana, posiblemente relacionado con
elevacións our rochedos costeiros, talvez cunha orixe na forma indoeuropea
*men- ‘elevarse’, presente en linguas celtas.
7 | Toponimia do Nordés
DA PREHISTORIA
CAIÓN (MAÑÓN)
→ Talvez de orixe céltica, relacionado co galo cagio 'sebe, campo cercado’. • A terminación -ón en moitos casos en topónimos de orixe céltica.
• Matasovic : protocéltico *kagyo- 'curral, cercado'.
• O “Campo da Feira” ten todo o senso de ter sido chamado “curral, cercado”.
• varios Caión en Galiza, Cayón en Asturias e Cantabria
RUÑO (O VICEDO)
→ hidrónimo prerromano *Runyo, "regato", "corrente de auga".
• tema hidronímico *ur-, da raíz indoeuropea *re- 'moverse, fluír' E. Bascuas - "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega”
• "Montes da Ruña" (A Coruña), "Ruñeiro" (O Grove)
TROIA (RIOBARBA)
→ E. Bascuas : "construción de madeira".
• de *Trobia, orixe paleoeuropea, raíz ind. *ter- "fregar, perforar".
• raíz común co galego "trobo" ("tronco oco, colmea", < *trobano).
• Os Troios no Corgo e en Palas de Rei
• As Troias en Lobios e en Vilalba
8 | Toponimia do Nordés
DA PREHISTORIA
MAÑÓN • Ata mediados do S. XX foi Maañón
• Tamén en Portugal existe Manhão e o apelido Maanhão
• Orixe máis probable: forma prerromana Malanione (Malanio / Malanione),
• < tema prerromano *mal-, relacionada con ríos, costas, elevacións
< raíz indoeuropea *mel- 'saír, elevación, curvatura, ribeira‘ (F. Villar. E
Bascuas: hidrónimo)
• Orixe na mesma forma *mal- :
• Malaño, Malagón (< Malaco), Málaga (< Malaca),
• Mos (<Malones), Magoi, os ríos Malo e Mao
• Na comarca: Malagón (Viveiro), e talvez Maladas (Riobarba, Covas),
Os Malates (As Negradas)
• Da mesma exacta orixe: • Porto de Malañón (preto de El Escorial)
• Malañón na provincia de Málaga
• Nome persoal Malanius na Italia
Mañón (< Maañón < Malanione) faría referencia á ribeira do río Sor
9 | Toponimia do Nordés
DA PREHISTORIA
BARES
• Atestado hai 1100 anos como Uaris ano 916, documento de Ordoño II "...regali mee dictioni obedire striti sunt et aliam uillam
nomine Uaris cum familia sibi pertinenti per
terminum de aqua de ectario.“
• Uaris => probable orixe na hidronimia paleoeuropea (=pre-celta), da raíz
indoeuropea *awer- 'auga, mollar, chover, fluxo '.
=> Topónimo da “familia” de Baraza, Baroña, Baralla.
• descartable orixe na raíz indoeuropea *bhar– ‘proxección, punta’, ou nun
elemento *bar- ‘altura, depresión’ : "Uaris" no 916 cando non había confusión na pronuncia do "v"
fronte á do "b", menos aínda no comezo de palabra.
debería restituírse "Vares“ ??
10 | Toponimia do Nordés
DA PREHISTORIA
PUNTA DO PREGUNTOIRO (SAN FIZ)
• Punta trazada polos meandros do Sor. Un antigo castro.
• topónimo frecuente en Galiza, moitas veces en "promontorios”:
• Talvez de “Promontoiro” ? < lat. promontorium. Improbable tantos
promontorio > “Preguntoiro", xa na Idade Media.
• “Preguntoño” en Arzúa, cun sufixo "-oño“ => Talvez orixe prerromana
• Especulación: *per-kant-aurio < raíz indoeuropea *per- ‘diante de, por riba de,
saliente', máis o elemento *kant- 'saliente, canto, curruncho', e finalmente o
elemento -aurio (< *awr-yo), relativo a correntes de auga, da raíz indoeuropea *awr-.
Preguntoiro = saliente que se mete na auga
• En S. Miguel de Reinante
• En Sanxenxo, tamén nunha pequena
península.
• "O Preguntouro“: península en Bueu.
• "A Chan do Preguntouro“ (Cangas).
rechán á beira dun promontorio mariño
• Praia de Preguntoiro (Vilaxoán).
• Rúa do Preguntoiro (Santiago).
• Os Preguntoiros, encosta (A Capela).
• En 1261 un "Preguntoyro" doado ao
bispado de Mondoñedo, o de Reinante?.
11 | Toponimia do Nordés
DOS ROMANOS (?)
O MANXOFRÍO (CABANAS)
→ Do latín mansio frigidus, unha pousada na estrada.
• paso dunha antiga vía romana ?? Os romanos distinguían a pousadas das
estradas entre mansiones 'albergues', mutationes 'mudas, postas' e stationes
'estacións‘.
• Atestado en 1305 "... in Cabanas in Freixeiro in Maiofrio in Sisto in
Peradela et in Mallados ..."
• No censo de 1527 "Majofrio“, e en 1847, no "Dicionario" de Madoz".
Outros
• Meixonfrío en Couzadoiro (Ortigueira), en Taboada, en Carballedo, en
Coirós, en Lousame, en Ordes.
• En Portugal Albergue de Mejamfrio
12 | Toponimia do Nordés
ETNOGRAFÍA
AS GRAÑAS → Do latín granum ‘gran’ > Uilla granea = granxa,
graneiro”
• Moitas das “grañas” eran de monxes.
AS VIÑAS (AS NEGRADAS, SAN ROMÁN, SUEGOS)
• produción de viño en 1818 : 80 arrobas en Suegos, 95 no
Vicedo, 30 en San Román e 210 nas Negradas.
• En 1852-1854 a praga do oidium, acabou coa
colleita de viño na comarca, e comezaron a
arrincar as viñas
O BAZALAR (AS RIBEIRAS DO SOR)
→ Bacelar = "lugar plantado de bacelos" (vides novas).
A DEVESA (BARES, MOGOR)
→ Do latín “(terra) defensa” = terra resgardada, vedada.
• Terras do rei ou nobres, bosque para cazar ou para explotación das árbores
A PALLAZA (SUEGOS) AS PALLOZAS (MAÑÓN)
→ casa pallaza ou palloza = con teito de palla
• cando se comezou a chamar así, o teito de palla xa non era o máis común.
13 | Toponimia do Nordés
ETNOGRAFÍA
O COÍDO DA ATALAIA (BARES)
→ "atalaia" = lugar de vixilancia, para
avistamento de baleas e similares.
• Atalaia < aṭ-ṭalā’iʕ="os sentinelas";
atalaieiro = vixiante, outeador de baleas.
• Xa en 1291 documentada actividade baleeira en Bares e San Cibrao. • Entre os séculos XIII e XV, a actividade baleeira nas costas galegas era desenvolvida
maiormente por pescadores vascos.
• A finais do século XVI, os galegos tiñan desprazado totalmente os baleeiros vascos.
A PENA DA VELA (AS GRAÑAS DO SOR, SUEGOS), A VELA (RIOBARBA)
→ "vela” ="vixía, sentinela", indicando posto de vixilancia.
O FACHO (BARES)
→ Facho = onde acendían unha fogueira, para guiar os mariñeiros.
• Sarmiento : “eminencias en donde, para avisar de la venida de los enemigos, se encienden
hogueras; .... Si en ellas hay farol continuo para guiar a los marineros, se llaman "faros", y si sólo
para hogueras "fachos".
14 | Toponimia do Nordés
DAS RUÍNAS
MAMUELAS (BARES)
• "mamoelas“ = diminutivo de "mámoas“
→ túmulo prerromano.
OS MUIMENTOS (AS GRAÑAS DO SOR)
→ monumentos mortuorios, túmulos.
O MARCO (AS GRAÑAS DO SOR, AS RIBEIRAS DO SOR, MAÑÓN)
→ Puido ser marco medieval, miliario romano, ou pedrafita ou menhir.
O SARTEGO (AS GRAÑAS DO SOR)
→ Sartego = sepulcro de pedra, sarcófago
Puido haber un sepulcro antigo, ou metaforicamente relativo á orografía.
→ Ou talvez relacionado con “Sartán” : Rivas constatou a acepción de
“pedregoso, malo para o cultivo” (Valadouro).
15 | Toponimia do Nordés
OROGRAFÍA
CHELO (AS NEGRADAS)
→ latín vulgar *planellu, diminutivo de planus 'chan'.
• documentado como Chenlo no S. XVII, pertencente ao Priorado de S. Miguel
das Negradas
A FORQUETA (RIOBARBA) AS FORCADAS (AS GRÁÑAS DO SOR, BARES)
→ Forqueta, forcada = "bifurcación", de río, de camiño, de cordal.
• Na Forqueta conflúen o rego dos Muíños e o da Pardiñeira
A INSUA (RIOBARBA), AS INSUAS (AS RIBEIRAS), MONTE DE INSUA (AS NEGRADAS)
→ latín insula 'illa'. En portugués e galego, "insua" xeralmente refire a illa ou
península nun río, ou "terreo situado entre dous ríos".
• A Insua de Riobarba: situado entre o rego dos Muíños e o da Pardiñeira,
preto de onde se xuntan
• Monte de Insua: península formada polo río Sor.
• As Insuas : unha península, rodeada polo rego de Mogor.
16 | Toponimia do Nordés
OROGRAFÍA
MONTEMEAO (RIOBARBA)
→ "Monte Meao". Meao = forma medieval por "mediano, do medio“
SUAVILA (SAN ROMÁN), SUACASA, SUASVIÑAS, SUCAMIÑOS
VALDESUSO (O VICEDO), VILASUSO (O VICEDO)
→ latín sursum = de riba, no alto
A CROA (MAÑÓN)
→ croa = de "coroa", metáfora de "cima de monte redondeada“. Castro?
A CONGOSTRA (AS GRAÑAS DO SOR, MAÑÓN, AS NEGRADAS)
→ latín congusta, "estreita".
• camiño angosto, entre valados ou ribazos. Corgo, córrego.
O NAVALLO (MAÑÓN), OS NAVALLOS (RIOBARBA)
→ derivado de "nava" = chaeira rodeada de montes.
O VISO (MAÑÓN, LOIBA)
→ viso = lugar no alto, sitio elevado.
17 | Toponimia do Nordés
“INMIGRANTES”
CÉLTIGOS
SUEGOS
• Sancta Maria de Sueuos no S. XII
→ poboamento suevo.
• Séc. V - Reino Suevo da Gallaecia :
1º tras a caída do Imperio Romano.
• Suegos foi un concello separado.
• Outro “Suegos” en Pol, "Suevos“ en Ames, Arteixo, A Baña, Mazaricos
FRANCOS (AS NEGRADAS)
→ “francos” eran os poboadores con privilexios e exencións, ás veces xente
de alén dos Pirineos. • documentado no S. XVII como parte do Priorado de S. Miguel das Negradas
MALADAS (RIOBARBA)
→ De “(terras) maladas”, alugadas a “malados“ = colonos, servos.
• Atestado en 1305, como Mallados
• Explicación alternativa: orixe prerromana, da raíz indoeuropea *mel- 'saír,
elevación, curvatura, ribeira', indicando unha 'ribeira, costa'.
18 | Toponimia do Nordés
NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (I)
ABEZÁN (RIOBARBA)
→ De *(uilla) Auezani, forma en xenitivo de Auezanus, o nome do antigo
propietario da uilla (explotación agrícola, casal, granxa).
BARONCELLE (MAÑÓN)
→ De *(uilla) Baronzelli = granxa de Baronzellus
BETOI (BARES)
→ de *(agru/uilla) Uittoi = pertencente a *Uittoi,
• Alternativamente de *(agru/uilla) Uittoni, de *Uittone.
• documentado en Portugal o nome Bettoy no S. XI
CASAL DE SANDE (AS RIBEIRAS DO SOR)
• "casal“ (lat. casalem) = na Idade Media, “propiedade no campo, granxa”.
→ Sande < Sandi/Sande = xenitivo de Sando ou Sanda
CRECIDE (AS NEGRADAS)
→ de *(uilla) Cresciti, xenitivo de Crescitus, nome de orixe latino-romance.
19 | Toponimia do Nordés
NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (II)
CREXIMIL (AS NEGRADAS)
→ de *(uilla) Wistimiri = granxa de Wistimirus Wistrimiri ˃ Guistrimir > Gristimir > Crisimil > Creximil.
• interpretación tradicional : *(uilla) Crescemiri, de Crescemirus
• Ollo: nome de orixe xermánica, pero NON eran xermánicos: de moda
• coa mesma orixe: Castramil en Boimente
CHORENTE (MAÑÓN)
→ De (uilla) Florentii = granxa de Florentius.
FROUFE (SAN ROMÁN)
→ De *(uilla) Fradulfi = granxa de Fradulfus (orixe xermánica)
FUXÍN (MAÑÓN)
→ De (uilla) Fugini, = granxa de Fuginus
GUEIMONDE (AS GRAÑAS DO SOR)
→ de (uilla) Goimundi = granxa de Goimundo (orixe xermánica)
20 | Toponimia do Nordés
NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (III)
LUGAR DE MARCOS (AS NEGRADAS)
→ Lugar de Marcos Paz, un dos peritos do Catastro de Ensenada (1752) para
As Negradas.
MOSENDE (MOSENDE)
→ de (uilla) Manosindi = granxa de Manosindus
MUNÍN (RIBEIRAS DO SOR)
→ de (uilla) Monnini = granxa de Monninus.
NOCHE (AS NEGRADAS)
→ de (uilla) Nausti(i) = granxa de Naustus ou Naustius
• igual ca Moeche < (uilla) Modesti
• Atestado no Séc. XVII, pertencente ao Priorado de S. Miguel das Negradas
PENA XEÁN (BARES)
→ “Pinnam Iuliani” no 916, en que Ordoño II dona Mogor e Bares ao bispo de
Mondoñedo.
• Iuliani =xenitivo de Iulianus
• A grafía correcta sería “Pena Xián”
21 | Toponimia do Nordés
NOMES DE POSESORES MEDIEVAIS (IV)
REDIZ (AS GRAÑAS DO SOR)
de (uilla) Retici = granxa de Reticus
SEGADE (MAÑÓN)
de (uilla) Sagati = granxa de Sagatus
SIÓN (AS RIBEIRAS DO SOR)
de (uilla) Siloni = granxa de Silonius.
TROITÍN (MAÑÓN)
de (uilla) Tructini = granxa de Tructinus
VILAGUDÍN (SAN ROMÁN)
de Uilla Gotini = granxa de Gotinus
XILLOI (O VICEDO)
de (uilla) Silioni = granxa de Silius
22 | Toponimia do Nordés
FITOTOPÓNIMOS
O FEAL (MAÑÓN)
→ feal = herbal, terreo que produce "feo”
O ESVEDRAL (AS RIBEIRAS DO SOR, O VICEDO)
→ onde abundan os esvedros (cast. madroño).
O GRUÑIDO (MAÑÓN)
→ "abruñido", onde abundan os "abruños".
LESTIDO (AS GRAÑAS DO SOR), LASTIGUEIRA (CABANAS)
→ onde abundan as "lestas“. En 1717 Sarmiento atesta a existencia desta planta nesta zona da Galiza:
" hacia S. Andrés de Teixido, junto al cabo de Ortegal, tiene la hoja 4 dedos
de ancho, y allí está poblado de esa lesta olorosa el monte da Capelada".
O SANGUIÑAL (MAÑÓN)
→ onde abundan os sanguiños (planta).
O XURBAL (AS NEGRADAS)
→ onde abundan as sorbeiras. Surbalem > Surbal > Xurbal • Outro "Xurbal" no concello de Vilalba, "El Jurbial“ en Zamora e en León
23 | Toponimia do Nordés
FITOTOPÓNIMOS
O ABELAEDO (SAN ROMÁN)
→ onde abundan as abeleiras.
FOLGOSO (AS RIBEIRAS DO SOR), O FOLGUEIRO (SUEGOS), AS FILGUEIRAS (AS
GRAÑAS DO SOR, MAÑÓN), AS FILGUEIROSAS (MAÑÓN -LUGAR DO OUTEIRO)
→ onde abundan os felgos".
PRADAEDO (SAN ROMÁN)
→ onde abundan os "pradairos",
SACIDO (O VICEDO, COVAS)
→ onde abundan os salgueiros • documentado no século XVII,
pertencente ao Priorado de San Miguel das Negradas
SALGUEIROS (AS NEGRADAS)
→ de "lugar dos Alugueiros“ (orixe recollida oralmente)
24 | Toponimia do Nordés
POTENCIALMENTE MOURISCOS
A ARRUFANA (AS GRAÑAS DO SOR)
• Talvez do verbo arrufar => alcume "fachendosa", "persoa con ira".
• Xa Sobreira no S. XVIII arrufaynado ="o que anda garifo, alegre".
• Alternativamente, "arrufana" e "arrifana" < árabe ar-rayhan, planta da familia do
mirto.
• Partindo da existencia deste topónimo, hipótese de inmigración ou
repoboación mourisca.
• tamén Arrufana en Marín e en Mos (Pontevedra), e Arrifana en Ramirás
(Ourense).
A ALCAIA (AS GRAÑAS DO SOR), ALCAIRA (AS GRAÑAS DO SOR)
• Tamén de posible orixe árabe
OUTROS NA COMARCA
MOURISCOS en Fazouro (Foz)
O MOURISCÓN en Ambosores (Muras)
A MOURISCA en S. Román de Vilestrofe (Cervo)
Falta un estudo amplo sobre a repoboación mourisca en Galiza.
25 | Toponimia do Nordés
ALGÚNS APELIDOS CON POSIBLE ORIXE EN MAÑÓN (?)
• Bares
• Berdeal Tamén en Viveiro: de “Terra verdeal”
• Cardelle de (uilla) Cardelli, forma en xenitivo de Cardellus, nome do
antigo posesor da uilla ("explotación agrícola"). J. Piel: á súa vez derivado
de Gardila, raíz gótica *gards 'quinta, casa'.
• Galdo
• Mariña
• Rego
• Rivera Tamén en Ourol
• Timiraos no nome Teodomirus > "Tuimiro" (daí Tuimil < Teodomiri), partir
do cal o etnónimo *Tuimiranos ("descendentes de Teodomiro") > Tumiraos
>Timiraos
26 | Toponimia do Nordés
ALGÚNS APELIDOS CON POSIBLE ORIXE NO VICEDO (?)
Trasancos - Xentilicio. Ver: E Bascuas: “La diosa Reve y los Trasancos” in “Estudios
Mindonienses”
Vale, Dovale - topónimo histórico das parroquias do Vicedo e de S. Román
Insua - un dos núcleos, outro en Fisterra e outro en Noia.
Infante Orixinario de Sevilla?
Lamelas Outro núcleo en Montedorramo
Baltar - de (uilla) *Baltarii, forma en xenitivo de Baltarius, nome de orixe
xermánica
Vilasuso – Lugar do Vicedo
Riveira
Fanego
Rolle orixinado nun topónimo Rolle, talvez existiu un lugar Rolle no concello do Vicedo,
ou talvez oriúndos do existente en Bacoi (Alfoz),
De (uilla) Rullii, forma en xenitivo de Rullius, nome do antigo posesor.
Alternativamente, de (uilla) Rudili, analogamente de Rudilus, nome de orixe
xermánica.
Pigueiras
Parapar – oriúndo do lugar de Parapar en Muras ?
Vizoso – “Forte” - Núcleo occidental, hai outro máximo no gradiente en Alfoz.
moitas grazas!