Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

183
UNIDADE 6. ESTADO E NACIÓN NA RESTAURACIÓN BORBÓNICA Monumento a Alfonso XII. José Grases Riera. 1922

Transcript of Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Page 1: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

UNIDADE 6. ESTADO E NACIÓN NA RESTAURACIÓN BORBÓNICA

Monumento a Alfonso XII. José Grases Riera. 1922

Page 2: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6. A Restauración borbónica (1874-1898)

6.1. Reinado de Alfonso XII e Rexencia de Mª Cristina de Habsburgo. O sistema canovista: creación e consolidación do Sistema da Restauración (1875-1902)

6.2. O Reinado de Alfonso XIII (1902-1931)

6.2.1. Crise da Restauración borbónica (1902-1923)

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)

6.3. Nación e nacionalismo en España

Page 3: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1. A Restauración borbónica (1874-1902)

• En 1874, o xeneral Martínez Campos proclamou a Alfonso de Borbón, fillo de Isabel II, rei de España.

• A restauración monárquica foi recibida con satisfacción polos grupos conservadores que esperaban que a monarquía lles devolvese o control político e económico do Estado e garantise a orde social.

Alfonso XII entérase que vai ser rei

Alfonso XII coroado rei

Voda con Mª das Mercedes de Orleáns

¿Dónde vas Alfonso XII?

Page 4: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Alfonso XII chega a España en 1875.

• Esta recuperación foi obra basicamente de Cánovas del Castillo quen, aproveitándose da crise da República e coa axuda dalgúns xenerais como Martínez Campos (Berro de Sagunto) foi tecendo unha ampla rede de apoios á causa borbónica.

• Cánovas, un liberal conservador pero pragmático e posibilista debía asegurar o trono dos Borbóns e evitar a loita violenta entre as distintas familias liberais sen que houbese numerosos pronunciamentos, nin cambios constitucionais.

• Dous principios: Coroa e Cortes.• Coroa: tradición e autoridade.• Cortes: liberdade de vontade

popular.• Equilibrio: Coroa clave do sistema

que garante a orde social. Mantendo isto todo é discutible nas Cortes. Alfonso XII

Page 5: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Principios do Sistema Canovista:

• Referencia liberalismo inglés: parlamentarismo británico.

1. Monarquía Constitucional Doutrinaria como forma de Estado e goberno. Explícita na Constitución.

2. Dobre confianza para un goberno. Monarca e maioría suficiente nas Cortes como resultado das eleccións (manipulación electoral).

3. Quenda pacífica (fronte aos pronunciamentos, gobernos presididos por civís). Bipartidismo (conservadores e liberais)

4. Transaccionismo en materia de dereitos e liberdades.

Antonio Cánovas del Castillo

Fraude electoral, caciquismo, predominio dos grupos sociaisacomodados: oligarquía. É o resultadoPráctico deste sistema.División: España oficial e a España real

Page 6: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.1. O sistema canovista• O sistema político configurado por Cánovas del Castillo

tiña un carácter conservador e fundamentábase nun sistema parlamentario liberal, pero pouco democrático.

• Existían dous grandes partidos:• O partido conservador era partidario do inmobilismo

político, da defensa da Igrexa e da orde social.• O partido liberal amosábase inclinado a un reformismo de

carácter máis democrático, laico e social.• A estabilidade do sistema viuse favorecida pola redacción

dunha nova Constitución (1876), de carácter moderado.• Tamén se conseguiu a pacificación co fin da guerra carlista

(1876) e a guerra de Cuba (paz de Zanjón, 1878)

Page 7: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

A Constitución de 1876

Sistema Canovista

Sistema canovista 2

Paz de Zanjón (1878)

O pacificador

Pacto do Pardo (1885)

Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)

Sistema caciquil na Restauración

Caciquismo en Galicia

Cánovas del Castillo Sagasta

José Grases Riera, Monumento a Alfonso XII no estanque do Retiro, 1902

Page 8: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

O seu nome completo era: María de las Mercedes Isabel Francisca de Asís Antonia Luisa Fernanda Felipa Amalia Cristina Francisca de Paula Ramona Rita Cayetana Manuela Juana Josefa Joaquina Ana Rafaela Filomena Teresa de la Santísima Trinidad Gaspara Melchora Baltasara de Todos los Santos de Orleans y Borbón.

Primeira esposa de Alfonso XII

Page 9: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Restauración Borbónica:

1. Alfonso XII (1875-1885)

2. Rexencia Mª Cristina de Habsburgo (1885-1902)

3. Alfonso XIII (1902-1931)

3.1. Crise do Sistema da Restauración (1902-1923)3.2. Ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930)

Page 10: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.1. O sistema canovista

• Entre 1875 e 1902 o réxime político funcionou sen grandes dificultades.

• A coroa mantívose na máis estrita legalidade constitucional exercendo as súas atribucións a través dos ministros.

• Realizouse a quenda pacífica das forzas dinásticas agrupadas ao redor dos seus líderes: Cánovas (conservadores) e Sagasta (liberais)

Page 11: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.2. Consitución de 1876(páx. 211)

• Cánovas nomeado presidente do goberno por Alfonso XII convoca eleccións constituíntes, conforme a lei electoral de 1868 (sufraxio universal masculino).

• Grazas á grande abstención das forzas opositoras e o fraude electoral, éstas foron gañadas polo partido do goberno.

• O parlamento xurdido destas eleccións aproba a Constitución de 1876.

Page 12: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.2. Consitución de 1876(páx. 211)

• Responde a un modelo de monarquía constitucional doutrinaria-consevadora.

1. Coroa: grandes prerrogativas. Comparte soberanía coas Cortes, sanciona e promulga leis, iniciativa legal, dereito de veto, pode suspender e disolver as Cortes, exerce o mando supremo das forzas armadas (rei-soldado) e dirixe a política internacional, ministros responsables ante as Cortes.

2. Cortes: bicamerais: Congreso elixido e Senado designado polo rei e outros escollidos polas institucións do estado e maiores contribuíntes. Conservador. Tiñan iniciativa legal compartida co Rei. Non se espefican as funcións de control ao goberno. Subordinado á Coroa.

3. Dereitos e liberdades (sufraxio, prensa, asociación...) xeral que necesita leis posteriores. Transaccionismo.

4. Catolicismo do Estado. Liberdade de conciencia e culto.

Page 13: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.3. Pacificación e abolición dos privilexios forais vascosEstado unitario e centralizado (páx. 212)

• Fin da 3ª guerra carlista: toma de Montejurra e Estella (1876)

• Guerra de Cuba: Reforzos dirixidos por Martínez Campos. Paz de Zanjón (1878). Amnistía e reformas administrativas. Sigue a tensión (Guerra Chiquita, 1879). Entre 1880 e 1886 foron suprimindo a escravitude.

• Alfonso XII recibirá o título do Pacificador.• Supresión dos privilexios forais vascos: réxime

común: impostos e recrutamento (1876). 1878: Concertos económicos fixación dunha cota para a recadación de impostos que realizarían as Deputacións.

• Control dos concellos.

Page 14: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.4. Quenda pacífica(páx. 213)

• Partido Consevador: Cánovas.• Partido Liberal: Sagasta.

1.Partidos dinásticos (defenden a Monarquía borbónica)

2.Gobernamentais.3.Quenda pacífica.4.Caciquís e oligárquicos.

Page 15: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Gobernos da Restauración: Quenda pacífica (1875-1902)Coroa Data comezo Conservadores Liberais

Alfonso XII

1875 Cánovas  

1875 Jovellar  

1875 Cánovas  

1879 Cánovas  

1879 Martínez Campos  

1881   Sagasta

1883   Posada Herrera

1884 Cánovas  

Rexencia Mª Cristina de

Habsburgo

1885   Sagasta

1890 Cánovas  

1892   Sagasta

1895 Cánovas  

1897   Sagasta

1899 Silvela  

1900 Azcárraga  

1901   Sagasta

Page 16: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

REPRESENTACIÓN PARLAMENTARIA NO CONGRESO DOS DEPUTADOS (1891-1903)

  1891 1893 1896 1898 1899 1901 1903

Conservadores 26286,3%

6189,0%

27991,8%

8487,5%

23689,5%

8783,0%

24085,5%

Liberais 83 295 88 266 122 245 102

Republicáns 31

13,7%

33

11,0%

1

8,2%

14

12,5%

18

10,5%

19

17,0%

36

14,5%

Independentes 4 5 10 11 28 8

Carlistas ou integristas 7 7 9 5 3 7 7

Rexionalistas     6 7

Outros 17   18 21 10 8

Total 400 400   400 400   400 400   400

Page 17: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 18: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. Rexencia de Mª Cristina de Habsburgo (1885-1902)(páx. 214)

Page 19: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Álbumde

familia

Page 20: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)

• Alfonso XII morre en 1885 a causa dunha tuberculose.• Incerteza na sucesión: tivera dúas fillas e Mª Cristina está

embarazada.• Os líderes dos partidos dinásticos reúnense para acordar

dúas cousas: 1. Garantir a permanencia do réxime e a vixencia da quenda

pacífica.2. Agardar a proclamar herdeiro por se a criatura que ía nacer

fose varón.• Este acordo coñécese como: Pacto do Pardo.• Como ratificación do acordo: Cánovas dimite e Sagasta é

chamado a gobernar.• O Sistema da quenda queda definitivamente consolidado.

Page 21: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)As Reformas de Sagasta (1885-1890)

• Lei de asociacións (1887). Permite a legalización e desenvolvemento de organizacións obreiras.

• Lei de xuízo por xurado (1888).• Novo Código Civil (1889).• Nova lei electoral (1890): sufraxio universal

masculino para maiores de 25 anos.• Estas reformas non afectaron aos principios

básicos do sistema canovista porque resultaron viciadas polo caciquismo e fraude electoral.

Page 22: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)A quenda: fraude electoral, oligarquía e caciquismo

• Como indicamos antes dende 1891, liberais e conservadores alternáronse pacificamente no poder.

• Cando un partido tiña dificultades ou sufrira un forte desgaste perdía a confianza da Coroa.

• A rexente nomeaba o xefe do partido que estaba na oposición para formar un novo Goberno.

• Para que puídese gobernanr cun amplo apoio parlamentario, o rei decretaba a disolución das Cortes.

• O novo Goberno convocaba e preparaba as eleccións que necesariamente tiña que gañar para ter maioría nas Cortes.

• Cousa que sempre sucedía.• Esta situación provocou o falseamento permanente dos

procesos electorais: fraude electoral.

Page 23: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)A quenda: fraude electoral, oligarquía e caciquismo

• Na cúspide estaba a minoría política dirixente, os homes dos partidos, senadores, deputados, ministros, propietarios de xornais que formaban a oligarquía dirixente entre a que se escollían aos candidatos.

• Nun nivel intermedio estaba o gobernador civil que baixo a orde do ministro de Gobernación colaboraba na elaboración do encadramento.

• Para que os resultados se cumprisen segundo o previsto debían colaborar os alcaldes (nomeados polo Goberno e encargados do proceso electoral) e a Garda Civil (que debía manter a orde e evitar as accións dos opositores).

• Na base desta pirámide estaba o cacique local, personaxe que gozaba dunha grande influencia sobre as autoridades e veciños dunha comarca ou territorio sobre todo nas áreas rurais.

Page 24: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)A quenda: fraude electoral, oligarquía e caciquismo

• Calquera método era válido para conseguir o resultado electoral desexado:

1. Manipulación do censo.2. Resurrección de mortos.3. Falsificación de identidades.4. Compra de votos.5. Ameazas.6. Alteración de horarios e convocatorias.7. Encarceramento dos considerados revoltosos.8. Pucheirazo (substitución masiva dos votos emitidos no

pucheiro: urna en beneficio do canditato oficial).• Ver texto 6. Páx. 216.

Page 25: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

CONTROL CACIQUIL EN GALICIA: DISTRITOS ENFEUDADOSDISTRITO ELECTORAL FAMILIA POLÍTICA PARTIDO DATAS COMO DEPUTADOPadrón Gasset Liberal 1852-1918

Pontevedra Riestra Liberal 1858-1900

Quiroga Quiroga Vázquez Liberal 1872-1907

A Estrada Riestra Liberal 1879-1923

Tui Ordóñez Conservador 1879-1923

Vigo Urzáiz Cuesta Liberal 1881-1922

Santiago Montero Ríos Liberal 1886-1919

Celanova Canido Pardo Conservador 1891-1917

Verín Espada Guntín Conservador 1891-1923

Pontedeume Armada Losada Conservador 1891-1910

Monforte Osma Scull Conservador 1891-1919

A Cañiza Mon Landa Conservador 1891-1923

Caldas de Reis Sagasta Echavarría Liberal 1893-1923

Redondela Riestra Liberal 1893-1916

Noia Gasset Liberal 1896-1923

Bande Bugallal Conservador 1898-1923

Cambados González Besada Conservador 1899-1919

Ribadeo Bustelo González Liberal 1901-1923

Ver páx. 222. Redes caciquís galegas

Page 26: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Xosé Ramón Bugallal MuñozPonteareas

Uxío Montero RíosSantiago

Page 27: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Sátira das eleccións

Page 28: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 29: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 30: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 31: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 32: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 33: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 34: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 35: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 36: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 37: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 38: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 39: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 40: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)A quenda: fraude electoral, oligarquía e caciquismo

• O control caciquil foi unha das pezas básicas do funcionamento da quenda pacífica de partidos.

• Fabricando os resultados electorais a medida do partido que acababa de asumir o poder.

• O reparto aproximado era: 60-70% de actas de deputados para o partido do poder e 20-30% para o partido a oposición.

• Nalgúns casos o caciquismo permitía que moitos distritos fosen sempre controlados pola mesma familia ou saíse sempre elixida a mesma persoa (distritos enfeudados).

• As diferentes modificacións que se fixeron das leis electorais non alteraron as bases do sistema, pois como dixo Cánovas: mentres existan gobernadores e alcaldes a disposición dos gobernos amoralidade nas eleccións será un mito. Ata que isto non se corrixa, os caciques serán os donos absolutos do país.

Page 41: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)Conflitividade social e rexionalismo (1890-1902)

• Ambos partidos alternáronse no poder (ver esquema anterior) pero as dificultades aumentaron:

• Cataluña, País Vasco e Galicia en desigual medida cobraron forza as organizacións e programas rexionalistas e nacionalistas.

• Conflitividade social: folgas e protestas obreiras nas cidades e axitacións de xornaleiros no campo.

• Atentados anarquistas contra a burguesía. Alterando a orde pública. Martínez Campos (1893), bomba no teatro Liceo de Barcelona (1893), procesión do Corpus (1896)... asasinato de Cánovas (1897).

• Este último asasinato foi un duro golpe para o sistema. Desaparecía o piar fundamental, aínda que os mecanismos constitucionais seguiron contando con Sagasta.

• Epílogo: Guerra de Cuba (1898).

Page 42: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Asasinato de Cánovas de CastilloPolo anarquista italiano Michelle Angiolillo

1897

Page 43: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)O desastre de 1898

• Principal crise da rexencia: insurrección de Cuba e Filipinas.• 1895: reiniciase o proceso independentista en Cuba. Grito de

Oriente.• A guerra contra españa está encabezada en Cuba por Xosé

Martí e o Partido Revolucionario Cubano.• 1896: Filipinas. Iníciase en Luzón. Dirixida por André

Bonifacio e Emiliano Aguinaldo. • Envíanse moitas tropas pero con graves carencias (soldados

mal preparados, escasa dotación de medios, recrutados das clases populares máis pobres). As enfermidades tropicais provocan moitas baixas.

• A guerra agravouse polo apoio que os insurrectos recibían de EEUU. Expansión imperialista polo Caribe e Pacífico.

Page 44: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Monumento a Xosé Martíno parque homónimoSta. Cristina (Oleiros)

Page 45: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Combatentes españoisna Guerra de Cuba

Page 46: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)O desastre de 1898

• En 1898, a estraña explosión do cruceiro Maine ancorado na Habana, foi a escusa para que o Goberno dos EEUU enviase un ultimato ao Goberno de España a fin de que renunciase ao seu dominio sobre Cuba. Os medios xornalísticos sensacionalistas norteramericanos avivaron esta tensión: Randolph Hearst.

• En España a exaltación patriótica na opinión pública, das autoridades, dos políticos e incluso dos eclesiásticos, así como a confianza na vitoria e nas virtudes heroicas do soldado español levou ao goberno a declarar a guerra aos EEUU.

• Só algúns intelectuais, políticos e as organizacións obreiras opuxéronse a esa medida.

Page 47: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Restos do acorozado MaineBaía da Habana

Page 48: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)O desastre de 1898

• A guerra foi rápida e contundente polas diferenzas entre os dous exércitos.

• A forza norteamericana era catro veces superior e moito máis moderna.

• Os escenarios da guerra foron: Santiago de Cuba, Cavite (Cuba) e Manila (Filipinas) onde se produciu en poucos días unha rápida en contundente derrota.

• O Goberno español solicita un armisticio.• Tratado de París: España cede Cuba, Porto Rico, Filipinas e

as illas Guam aos EEUU; a cambio recibía unha compensación de vinte millóns de dólares.

• O resto das posesións no Pacífico: Marianas e Carolinas foron vendidas a Alemaña en 1899.

• Desaparece o imperio colonial español en América e o Pacífico.

Page 49: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Retorno de soldados da Guerra de CubaPorto da Coruña

Page 50: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.5. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)O desastre de 1898

• A guerra foi rápida e contundente polas diferenzas entre os dous exércitos.

• A forza norteamericana era catro veces superior e moito máis moderna.

• Os escenarios da guerra foron: Santiago de Cuba, Cavite (Cuba) e Manila (Filipinas) onde se produciu en poucos días unha rápida en contundente derrota.

• O Goberno español solicita un armisticio.• Tratado de París: España cede Cuba, Porto Rico, Filipinas e

as illas Guam aos EEUU; a cambio recibía unha compensación de vinte millóns de dólares.

• O resto das posesións no Pacífico: Marianas e Carolinas foron vendidas a Alemaña en 1899.

• Desaparece o imperio colonial español en América e o Pacífico.

Page 51: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.1.6. A Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)O Rexeneracionismo

• Corrente intelectual, política e literaria que impregnou a vida pública española de finais do XIX e principios do XX.

• Caracterizouse: análise dos males do país e crítica ao sistema da Restauración e búsqueda de solucións para renovar, modernizar a realidade económica e política de España.

• Os problemas derivaban da existencia dun Estado ineficaz, do escaso e deficiente desenvolvemento dos recursos económicos.

• Cumpría rexenerar o Estado e reformar a estrutura produtiva.

• O representante máis destacado: Xoaquín Costa. Rexenerar dende dentro e dende arriba para conxurar as revolucións das rúas e o campo. Escola e despensa. Ver texto 9. Páx. 219.

Page 52: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Busto a Joaquín CostaNo parque homónimo. Na actualidade Santa Margarida

Page 53: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2. Reinado de Alfonso XIIICrise da Restauración

(1902-1931)(páx. 223)

Tres fases:

6.2.1. Monarquía constitucional (1902-1923)Crise do sistema canovista

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)Que contou co respaldo do Rei

6.2.3. Decadencia do Sistema (1930-1931)Auxe do republicanismo e desprestixio

da monarquía que caerá en 1931.

Page 54: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931) Inicios reinado e propostas de reforma (1902-1916)

• En 1902, con 16 anos inicia un reinado persoal.• Forte inclinación por intervir nos asuntos

políticos e, en moitos casos, as súas iniciativas persoais, aínda que dentro da Constitución de 1876, excederon a práctica política que se esperaba dun rei constitucional.

• Non sempre foron afortunadas, especialmente naquelas que tiñan relación co exército do que era un gran entusiasta.

• Ver texto 14. Páx. 223.

Page 55: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931) Inicios reinado e propostas de reforma (1902-1916)

• Prodúcese unha progresiva desarticulación do sistema canovista debido a:

1. Excesivas intervencións do monarca en asuntos políticos e militares (desafortunadas).

2. Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos. Tras a desaparición do conservador Cánovas (1897) e do liberal Sagasta (1903), os seus sucesores (Silvela, Maura, Dato, La Cierva polos conservadores) e (Moret, Montero Ríos, Canalejas, García Prieto, Romanones polos liberais) non foron quen de aglutinar a todos os seus partidarios.

Page 56: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931) Inicios reinado e propostas de reforma (1902-1916)

3. Crecente papel do exército na vida política. En defensa dos seus intereses corporativos e posturas cada vez máis conservadoras e autoritarias. En 1905 o Goberno non se atreveu a castigar a uns oficiais en Barcelona que asaltaran varias redaccións de prensa nas que se defendía o catalanismo e se criticaba ao exército. Deste modo o poder militar impúxose ao poder civil ao conseguir co consentimento rei, a aprobación da nova Lei de de xuridicións (1906) pola que se sometía a código militar o xuízo de dereitos de opinión e obra contra a unidade da patria e contra o exército. Desaparecen as posturas liberais dentro do exército.

Page 57: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Portada revista satírica¡Cu-Cut!

Page 58: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931) Inicios reinado e propostas de reforma (1902-1916)

4. Fraude electoral e caciquismo. Cada vez máis insoportable.5. Crecente contestación política por parte das clases medias

urbanas, que apoiaron aos republicanos e nacionalistas e lograron un maior control do poder municipal nos concellos rompendo o monopolio dos partidos dinásticos.

6. Aumento da conflitividade social ebido ás difíciles condicións de vida e de traballo das masas populares nos inicios da industrialización, xunto coa dura represión exercida pola patronal e o Goberno ás súas demandas.

7. Atentados anarquistas, moi frecuentes que afectaron tanto ao rei, xefes do Goberno (Maura, Canalejas e Dato) estes dous últimos asasinados en 1912 e 1921, respectivamente) como a empresarios (sobre todo en Barcelona) e eclesiásticos.

Page 59: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Ramón Casas: La CargaFolga Xeneral en Barcelona 1902

Page 60: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931) Inicios reinado e propostas de reforma (1902-1916)

8. Anticlericalismo estendido entre republicanos e organizacións obreiras fronte ao catolicismo intransixente da Igrexa apoiado pola Coroa.

9. Sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de Marrocos. Zona que España intentaba dominar para compensar a perda de Cuba e Filipinas. Os acordos hispanofranceses (1904, 1906) garantiron como zona de influencia exclusiva española o territorio do norte de Marrocos entre Larache e Melilla. Tratábase dunha zona de orografía montañosa (macizo do Rif e Yebala), de clima árido e habitada por unha serie de tribos ou cabilas de orixe bérber, dominadas por caudillos locais (El Raisuli, Abd el-Krim) e baixo a autoridade teórica do sultán de Marrocos. O abrupto do territorio e a oposición da poboación marroquí fixo necesario empregar fortes contixentes militares. A cuestión marroquí converteuse nun problema de primeira magnitude para os gobernos españois, causando garves tensións políticas, militares e sociais.

Page 61: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Atentado vodade Alfonso XIII

Page 62: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. As reformas de Maura (páx. 225) Inicios do reinado e propostas de Reforma

• En 1907 o político conservador Antonio Maura é nomeado presidente do goberno.

• Partidario de emprender reformas dentro do sistema político da Restauración o que el mesmo denomina unha Revolución desde arriba, é dicir, unha reforma desde o poder sen modificar a estrutura económica e social, quixo introducir cambios significativos na vida do país para evitar o desenvolvemento dunha revolución, desde abaixo, desde as clases populares.

• Moitas das súas propostas non se chegaron a aprobar pola oposición dos grupos dominantes. Destas reformas destacan: O político mallorquín

Conservador Antonio Maura.Sucesor natural de Cánovas del Castillo

Page 63: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Lei de reforma electoral de 1907, que pretendía maior efectividade do sistema electoral sen ter que recorrer a métodos fraudulentos, pero logrou o efecto contrario pola aplicación do artigo 29 (que deu en Galicia unha expresión vulgar e coloquial: o carallo vintenove) que establecía que, cando nunha circunscrición non se presentasen máis candidatos que o número de postos a cubrir, automaticamente os candidatos quedaban proclamados deputados sen necesidade de someterse á consulta electoral.

• Quedaban así privados do voto os electores deses distritos.• Lei da administración local pretendía incrementar as

competencias e autonomía administrativa dos concellos e provincias. Contemplaba a posibilidade de crear mancomunidades provinciais. Non se chegou a aprobar pola oposición da oligarquía local temerosa de perder o control do poder municipal.

6.2.1. As reformas de Maura (páx. 225) Inicios do reinado e propostas de Reforma

Page 64: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Efectos do art. 29 da lei electoral de 1907 (M.Cuadrado)

Ano eleccións Nº escanos cubertos polo artigo 29

Electoresprivados de voto

1910 119 sobre 404 29%

1914 87 sobre 408 21,2%

1916 145 sobre 409 35%

1918 61 sobre 409 11,3%

1919 82 sobre 409 19,4%

1920 92 sobre 409 17,6%

1923 146 sobre 409 35,1%

HENRIQUE SEXTO AGUIAR
Page 65: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Eleccións xerais de 1916 en Galicia (X.R. Barreiro Fdez)Provincia Capacidade electoral

(nº de votantes)Excluídos polo

Artigo 29

A Coruña 142.971 112.363 (78,5%)

Lugo 110.199 64.403 (58%)

Pontevedra 106.619 83.749 (78,5%)

HENRIQUE SEXTO AGUIAR
Page 66: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Atentado a Maura

Page 67: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. 1909: A semana tráxica de Barcelona (páx. 226)

• Un dos feitos máis graves que Maura tivo que xestionar foron os que levaron á denominada Semana tráxica de Barcelona.

• En xullo de 1909 o exército español sufríu unha nova derrota en Marrocos a do Barranco do Lobo.

• O Goberno e as clases dominantes consideraron que estes ataques ameazaban ao prestixio internacional de España.

• Aínda que o que realmente estaba en xogo eran intereses económicos de certos grupos capitalistas hispanofranceses que investiron na explotación mineira da zona.

• Para facer fronte aos ataques dos habitantes do Rif o Goberno decretou a mobilización dos reservistas. A opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras manifestáronse en contra.

Page 68: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 69: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Imaxe actual do Barranco do Lobo.Vista de Melilla ao fondo

Page 70: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

En El Barranco del Lobo (canción popular)

En el Barranco del Lobo hay una fuente que mana sangre de los españoles que murieron por la patria. ¡Pobrecitas madres, cuánto llorarán, al ver que sus hijos a la guerra van! Ni me lavo ni me peino ni me pongo la mantilla, hasta que venga mi novio de la guerra de Melilla. ¡Pobrecitas madres, cuánto llorarán, al ver que sus hijos a la guerra van! Melilla ya no es Melilla, Melilla es un matadero donde van los españoles a morir como corderos. ¡Pobrecitas madres, cuánto llorarán, al ver que sus hijos a la guerra van...

En el Barranco del Lobo

Page 71: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. 1909: A semana tráxica de Barcelona (páx. 226)

• O embarque das tropas en Barcelona en xullo de 1909, provocou unha folga xeral convocada por socialistas e anarquistas contra a guerra e a actuación do goberno.

• A folga foi un éxito e a protesta obreira radicalizouse: construíronse barricadas nas rúas de Barcelona, queimáronse conventos, igrexas e escolas rexentadas polos relixiosos como protesta do apoio da Igrexa aos grupos poderosos: durante unha semana as masas populares foron donas da cidade.

• A falta de obxectivos comúns, xunto co envío de reforzos militares por parte das autoridades, fixo que a insurrección popular fose dominada.

• Unha vez restablecida a orde pública levouse a cabo unha forte represión.

Page 72: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Embarque de tropas no porto de Barcelona1909

Page 73: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Barricada. Semana Tráxica de Barcelona1909

Page 74: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Barricada. Semana Tráxica de Barcelona1909

Page 75: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Semana Tráxica de Barcelona1909

Page 76: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. 1909: A semana tráxica de Barcelona (páx. 226)

• A represión foi grande (fusilamentos de Montjuic).• Sendo acusado como promotor moral dos sucesos o

fundador da Escola Moderna (un centro de ensino laico e racionalista) Francisco Ferrer Guarda, anarquista e masón, que foi executado a pesar das escasas probas presentadas e as protestas internacionais no seu favor.

• A Semana Tráxica tivo amplas consecuencias políticas: as forzas opositoras á monarquía decidiron reforzar a conxunción electoral republicano-socialista: a crise forzou a caída do conservador Maura (provocada polo rei ante as peticións da oposición co berro: Maura non!) e a volta ao poder dos liberais.

Page 77: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 78: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. As reformas de Canalejas (páx. 227)

• A partir de 1910 desde a presidencia do Goberno e do Partido Liberal o ferrolán Xosé Canalejas propuxo unha serie de reformas para ampliar a base social do sistema da Restauración atraendo ás clases populares.

• Entre estas reformas destacan:• Lei de asociacións relixiosas (1910). Coñecida como

a lei do cadeado que limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas. A oposición dos sectores católicos e conservadores, así como do Vaticano obrigaron ao goberno a retirala.

Page 79: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Xosé Canalejas

1854-1912

Page 80: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. As reformas de Canalejas (páx. 227)

• Lei de mancomunidades provinciais (presentada en 1911 e aprobada polo goberno conservador de Eduardo Dato en 1913) para complementar as competencias dos concellos e canalizar as reivindicacións rexionalistas mediante a formación de mancomunidades de municipios e a concesión dunha reducida autonomía rexional. Esta lei permitíu a creación da Mancomunidade catalá (1914).

• Lei de recrutamento (1912) que establecía o servizo militar obrigatorio, quedando abolida a redención ou pago en metálico para librarse do servizo militar dando satisfacción parcial a unha ampla demanda social. Pero estableceu os soldados de cota que, mediante pago, reducían considerablemente o tempo do seu servizo militar.

• Intentou introducir melloras nas condicións laborais coa imposición da arbitraxe estatal dos convenios salariais.

• A oposición dos sectores conservadores fixo que as súas reformas tivesen pouca trascendencia.

• Asasinado nun atentado anarquista en 1912.

Page 82: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

O fracaso das reformas deseñadas tanto polos conservadores (Maura) como polos liberais (Canalejas) provocaron o deterioro progresivo do funcionamento do sistema e a existencia de crises políticas e sociais cada vez máis graves que minaron a monarquía constitucional e facilitaron o golpe de Estado de 1923.

Page 83: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

A crise de 1917 (páx. 228)

Aínda que españa foi neutral na 1ª guerra mundial, o conflito tivo un grande impacto na sociedade española (aliadófilos e xermanófilos).

Desde o punto de vista económico España converteuse en subministradora de todo tipo de produtos aos países belixerantes pero tamén provocou un aumento dos prezos especialmente dos produtos de primeira necesidade que escaseaban como resultado das masivas exportacións: como os salarios non subían ao mesmo ritmo que os prezos, deterioráronse as condicións de vida das clases medias e populares, acentuándose o malestar social e político.

Page 84: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

A crise de 1917 (páx. 228)

En 1917, produciuse a crise máis profunda do sistema da Restauración, resultado da confluencia de tres tipos de conflitos: militar, político e social.

Page 85: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

A crise de 1917 (páx. 228)

Crise militar: Xuntas de Defensa. Iniciouse en 1916 en Barcelona coa aparición das Xuntas de Defensa Militares, asociacións de oficiais de media e baixa graduación que defendían os intereses profesionais e económicos. Os ascensos debían ser concedidos por antigüidade e non méritos de guerra. Defensa do honor fronte as críticas antimilitaristas (prensa socialista, anarquista e catalanista).

O goberno disolveu as Xuntas pero a solidariedade dos oficiais obrigou ao goberno a recoñecelas.

Puxo de manifesto a debilidade do poder civil sobre o militar. A partir de entón os militares interviñeron no nomeamento do ministro de Guerra, garantes da orde pública.

Pero os problemas seguiron sen resolverse: insuficiencia orzamentaria e dotación, excesos de oficiais (macrocefalia), división interna entre peninsulares (xuntistas) e africanistas.

Page 86: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

A crise de 1917 (páx. 228) Crise política: Asemblea de Parlamentarios. Aproveitando a

debilidade do Goberno (Xuntas de Defensa), o desprestixio do rei, a división dos partidos dinásticos... Francisco Cambó (líder da Lliga Rexionalista Catalá) fixo presión para conseguir unha verdadeira democracia e autonomía para Cataluña.

O 5 de xullo convoca unha reunión de deputados e senadores cataláns solicitanto a reunión de Cortes Constituíntes que deliberasen sobre a organización do estado e a autonomía municipal e rexional.

Se o goberno non accede invitábase a tódolos parlamentarios españois a unha a Asemblea extraordinaria para que, como representantes lexitimos da vontade do páis, opinase sobre estes temas. Fíxose o 19 de xullo (prohibición do goberno) á que acudiron 71 dun total de 760 representantes (republicanos, socialistas e catalanistas).

Considerada sediciosa e ilegal polo goberno, fracasou pola falta de apoio social e polas divisións internas dos protagonistas.

Page 87: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

A crise de 1917 (páx. 229) Crise social: folga revolucionaria. A masiva exportación de

produtos durante a 1ª guerra mundial xerou a alza de prezos, especialmente dos alimenticios.

Provocou un incremento do malestar social. En 1916 a UXT e a CNT convocaron unha folga xeral de vinte catro horas contra a carestía da vida que foi seguida maioritariamente.

Ante a actitude intransixente do Goberno nun conflito laboral dos ferroviarios valencianos, a UXT e o PSOE convocaron unha folga xeral en toda España para o 18 de agosto. Obxectivos revolucionarios: derrocamento do réxime e convocatoria de Cortes constituíntes. Contou co respaldo dos republicáns e CNT. Incidencia desigual: maioritaria en Madrid, Barcelona, Levante, País Vasco e Asturias.

A folga fracasa pola dura represión do Goberno e pola falta dunha estratexia clara a seguir: os obreiros volveron ao traballo.

Page 88: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

A crise de 1917 (páx. 229) En síntese en 1917, en poucos meses e de maneira

sucesiva, unha parte do exército, unha parte dos parlamentarios e unha fracción organizada da clase obreira ameazaron con botar abaixo a orde constitucional e o sistema establecido.

Non encanto, o Goberno conseguiu controlar a situación porque os protagonistas da crise non coincidían nos seus obxectivos, nin na estratexia a seguir.

Os partidos republicanos e nacionalistas, de ideoloxía burguesa e temerosos dunha revolución, renunciaron ás súas pretensións e puxéronse ao lado do Goberno, o mesmo que o exército para restablecer a orde pública.

Page 89: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)A quebra da quenda e da monarquía constitucional (páx. 230-231)

A partir de 1917 e ata 1923 a inestabilidade política e social foi en aumento manifestándose en:

Debilidade dos gobernos acompañada co desprestixio da clase política gobernante. Fraccionamento dos partidos dinásticos (tensión entre líderes). A quenda deixou de funcionar e o rei recorreu a formación de gabinetes de concentración que non solucionaron os problemas.

Aumento da conflitividade social tanto no rural como no urbano. As organizacións sindicais amplían o número de afiliados. Radicalización e violencia foron en aumento, tanto na resposta da represión gobernamental como das organizacións obreiras, especialmente a CNT.

Incremento do movemento rexionalista e nacionalista Cataluña (Lliga), País Vasco (PNV) e en menor medida en Galicia (Irmandades da Fala). Crease unha tensión e acusación de separatismo. Repulsa dos partidarios da unidade nacional fronte os nacionalismos periféricos.

Page 90: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

QUEBRA DA QUENDA E DA MONARQUÍA

CONSTITUCIONAL

DEBILIDADE DOS GOBERNOS 1917-1922(15 gobernos)

DATA DE NOMEAMENTO

CARÁCTER POLÍTICO DURACIÓN

1917

1918

1919

19201921

1922

19-411-63-1122-39-115-1215-420-7

12-125-58-313-314-88-37-12

Concentración liberalConservador (Dato)

Concentración liberalConcentración nacionalConcentración liberalLiberal (Romanones)Conservador (Maura)

ConservadorConcentración nacional

Conservador (Dato)Goberno interino

Conservador (Cierva)Concentración nacional

Concentración conservadorConcentración liberal

1 mes4 meses4 meses7 meses

-4 meses3 meses4 meses4 meses

10 meses-

5 meses6 meses8 meses9 meses

22 días22 días19 días17 días26 días10 días5 días

22 días23 días3 días5 días1 día

24 días29 días8 días

Page 91: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A oposición republicana (páx. 231)

Durante o reinado de Alfonso XIII o republicanismo é minoritario. División interna. Máis peso na opinión pública que capacidade real de modificar o sistema.

Xurden novos líderes: Alejandro Lerroux (Partido Republicano Radical), anticlerical visceral, inimigo do rexionalismo e cunha forte influencia entre os obreiros.

A conxunción republicano socialista (1909) permitiu a elección do socialista Pablo Iglesias como deputado en 1910.

A falta dun programa común fixo que se desenvolvesen organizacións autónomas (Valencia: Blasco Ibáñez, Cataluña con forte compoñente nacionalista: Rovira i Virgill e Maciá. Galicia: Abad Conde e Santiago Casares Quiroga.

Page 92: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do Sistema da Restauración (1917-1923)

A cuestión marroquí e o desastre de Annual (páx. 232-233)

En 1912 os gobernos de España e Francia delimitaron as súas áreas de influencia no Protectorado (colonia que conserva certa autonomía para os asuntos internos pero que está sometida a unha metrópole) de Marrocos. A España correspondeulle o norte as rexións montañosas do Rif e a Iebala.

Era preciso ocupalo e pacificalo. Na zona do Rif as tropas españolas avanzaban con

dificultade ante a resistencia da poboación e o terreo escarpado.

Os gastos incrementáronse e o exército creou corpos específicos para a loita en Marrocos a Lexión fundada por Millán Astray en 1920 imitando o modelo da lexión francesa e os Regulares (soldados recrutados entre os mouros).

Page 93: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Mapa do Protectorado español de Marrocos

Page 94: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Antigo monumento a Millán Astray na Coruñana praza homónima. Actualmente praza das Atochas

Millán AstrayFundador da Lexión

Page 95: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do Sistema da Restauración (1917-1923)

A cuestión marroquí e o desastre de Annual (páx. 232-233)

En 1921 o xeneral Silvestre co obxectivo de ober unha vitoria definitiva e estimulado por rei, relizou unha manobra arriscada coas súas tropas coa intención de ocupar Alhucemas pero non asegurou a retagarda e dispersou demasiado os seus homes.

As cabilas rifeñas ao mando de Abd el-Krim, atacaron as súas posicións obrigándolle a retirarse, perecendo a maioría dos seus soldados en Annual (máis de 10.000). Mal adestrados, dirixidos por oficiais ineptos, aterrorizados pola brutalidade dos ataques inimigos, os soldados españois retrocederon cara Melilla. En poucos días, os rifeños fixéronse co control da zona e proclamaron a independencia da República do Rif (experiencia pioneira no mundo colonial)

Page 96: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Baía de Alhucemas

Page 97: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Xeneral Manuel Fernández Silvestre

Abd el-Krim

Page 98: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Desastre de Annual

Page 99: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Desastre de Annual

Page 100: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 101: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.1. Crise da Restauración: Alfonso XIII (1902-1931)A quebra do Sistema da Restauración (1917-1923)

A cuestión marroquí e o desastre de Annual (páx. 232-233)

O desastre de Annual provocou un forte impacto na opinión pública española e acentuou a impopularidade da guerra e do exército. Ante a esixencia de depurar responsabilidades, abriuse unha investigación sobre o comportamento dos militares (Expediente Picasso) e difundiuse a sospeita de que detrás da acción do xeneral Silvestre estaba a intervención de Alfonso XIII, o que incrementou a oposición á Monarquía.

Ante a cantidade de problemanas, o réxime tiña unicamente dúas posibilidades para sobrevivir: democratizarse (alterando as bases sociais e políticas do sistema) ou impor unha solución encabezada por un ciruxián de ferro que puxese remedio aos males de España.

A incapacidade do réxime de transformarse favoreceu a imposición dunha ditadura en 1923.

Page 102: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)(páx. 233)

O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, capitán xeral de Cataluña, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado en Barcelona.

Os protagonistas xustificaron o acto pola situación do momento en España: fracaso da guerra de Marrocos, críticas ao rei pola responsabilidade do desastre de Annual, radicalización das manifestacións catalanistas, auxe do terrorismo, medo á subversión social e política, inestabilidade e incapacidade dos gobernos para controlar a situación...

(Ver doc. 21 páx. 233)

Page 103: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Retratos de MiguelPrimo de Rivera

Page 104: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.2. Ditadura de Miguel Primo de Rivera 1923-1930 (páx. 234)

• O Goberno, feble polas súas divisións internas, tentou conseguir do rei a destitución dos xenerais sublevados e a convocatoria de Cortes; a falta de apoio do monarca provocou a súa dimisión en pleno. O día 14, Afonso XIII, chama a Primo de Rivera para que asuma o poder, aceptando así o golpe de Estado; a Coroa une os seus destinos á dictadura. Esta imposición dun goberno dictatorial en España non foi un feito illado no contexto da época. En moitos países europeos, as dificultades económicas, os problemas nacionalistas, o auxe das reivindicacións sociais, o medo á revolución comunista... propician a abolición das liberdades individuais e das fórmulas políticas liberais (sufraxio, partidos políticos, separación de poderes...) e a súa substitución por gobernos autoritarios ou fascistas. Trátase dun período de crise xeral do sistema liberal.

Page 105: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 106: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• O golpe de Estado de Primo de Rivera conta inicialmente cunha ampla aceptación popular, explicable polo gran malestar político e social existente, porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria para solucionar os graves problemas existentes.

• Gran parte das forzas políticas conservadoras, terratenentes, a burguesía industrial e financeira, e os pequenos e medianos propietarios agrícolas apoiaron a nova situación política.

• A UXT e o PSOE mantiveron ata 1929, unha posición de non enfrontamento e mesmo de achegamento, o que lles permitiu participar na elaboración da nova lexislación laboral e consolidar a súa presencia no mundo obreiro;

• Polo contrario, o Partido Comunista e a CNT mantiveron, dende os seus inicios, unha oposición aberta á Ditadura. Así mesmo, amosáronse críticos coa situación os intelectuais, os estudiantes, os republicanos e algúns vellos políticos monárquicos.

6.2.2. Ditadura de Miguel Primo de Rivera 1923-1930 (páx. 234)

Page 107: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Primo de Rivera preséntase a sí mesmo como o rexenerador e o cirurxián de ferro que o pais precisaba para saír do atraso vixente en España (figura da que xa falara Joaquín Costa).

• Sempre xustifica a súa actuación co obxectivo de lograr a rexeneración da vida pública española e de solucionar os problemas máis urxentes do momento: caciquismo, corrupción política, separatismo, terrorismo, enfrontamentos sociais, escaso desenvolvemento económico, guerra en Marrocos... Cheo de boas intencións buscou mellorar a cultura e a vida do pobo e pretendeu conseguir a súa adhesión e apoio mediante o contacto directo e mostrando interese polos problemas cotiáns.

• Falto de formación intelectual e política, o seu pensamento é simplista e inxenuo, de base ideolóxica católica e conservadora, matizado pola mentalidade e principios militares de orde e autoridade; tamén estivo fortemente influenciado por Mussolini e o fascismo italiano, do que tentou imitar as súas realizacións prácticas (intervención económica do Estado, mantemento da orde social...). O réxime establecido por Primo de Rivera foi esencialmente autoritario, populista, paternalista, excesivamente optimista (abóndame tres meses, dicía).

6.2.2. Ditadura de Miguel Primo de Rivera 1923-1930 (páx. 234)

Page 108: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

DITADURAS EN EUROPA NO PERÍODO DE ENTREGUERRASCRISE DAS DEMOCRACIAS PARLAMENTARIAS

PAÍS INICIO DITADOR PAÍS INICIO DITADOR

HungríaItalia

EspañaTurquíaBulgariaAlbaniaPortugalPolonia

19201922192319231923192519261926

Miklós HorthyBenito MussoliniMiguel Primo de RiveraKemal AtaturkBoris IIIZog IGomes da CostaJózef Pilsudski

LituaniaIugoslaviaAlemañaAustriaEstoniaLetoniaGrecia

RomaníaEspaña

192619291933193419341934193619381939

Antanas SmetonaAlexandre IAdolf HitlerEngelbert DollfussKonstantin PätsKarlis UlmanisIoannis MetaxasCarol IIFrancisco Franco

Page 109: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Dividimos a ditadura en dous períodos:

• Diretorio militar (1923-1925)• Diretorio civil (1925-1930)

6.2.2. Ditadura de Miguel Primo de Rivera 1923-1930 (páx. 234)

Page 110: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Entre setembro de 1923 e decembro de 1925 o Goberno da dictadura presidido por Primo de Rivera estivo en mans dun Directorio militar, así denominado por estar formado exclusivamente por militares. O novo gabinete gobernou mediante decretos e prestou especial atención ós seguintes aspectos:

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera 1923-1930 Diretorio militar (1923-1930) (páx. 234-235)

Page 111: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Diretorio Militarco rei Alfonso XIII (1923)

Page 112: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera Directorio militar (1923-1925) (páx. 235)

• Rexeneración da vida política. Co obxectivo de acabar co caciquismo e lograr rexenerar a vida política adoptáronse diversas medidas:

1. Supresión da Constitución de 1876, poñendo así fin á monarquía constitucional.

2. Destitución das autoridades vixentes. As funcións dos gobernadores civís pasaron ós gobernadores militares. Nos concellos, alcaldes e concelleiros foron substituídos por adictos ó novo réxime. Os partidos políticos non foron suprimidos, pero perderon a súa capacidade de influencia nos asuntos públicos.

3. Creación dos delegados gobernativos, encargados en cada partido xudicial de informar sobre as deficiencias dos concellos e de propoñer remedios.

4. Reforma normativa electoral, que incluía medidas como a redución da idade de 25 a 23 para poder votar e a concesión do dereito ó voto restrinxido ás mulleres; pero estas medidas non se chegaron a aplicar porque non se convocaron eleccións.

Page 113: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera Directorio militar (1923-1925) (páx. 235)

5. Elaboración do novo estatuto municipal (1924) e provincial (1925), obra do ministro Calvo Sotelo, que aumentaban a democratización e as competencias administrativas destas institucións, pero na práctica o Goberno controlou a vida municipal designando e nomeando tanto ós concelleiros coma ós deputados provinciais.

6. Formación dunha organización cívica: Unión Patriótica. Cunha finalidade confusa (Primo de Rivera a definiu como un partido político, pero no fondo apolítico, no sentido corrente da palabra, que exerce unha acción político-administrativa), a Unión Patriótica oscilou entre un movemento de apoio e propaganda á Ditadura sen un significado político concreto, e o partido único do novo réxime.

• Balance: estas medidas lograron eliminar os vicios políticos dos vellos partidos monáquicos pero non acabaron co caciquismo nin coas situacións de dominio tradiconal que foron integrándose no sistema a través da Unión Patriótica.

Page 114: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Restablecemento da orde pública. Represión do movemento obreiro. Decreto de estado de guerra ata 1925, restriccións das liberdades públicas, prohibición de celebrar reunións e a persecución das organizacións vinculadas á CNT ou PCE que perderon moitos afiliados pero tamén radicalizaron as súas posturas. O número de folgas disminúe o mesmo que o número de atentados (1259 entre 1919-23 a 51 de 1923-28). Somatén, orixinaria de Catalunya que consistía en paisanos armados baixo a autoridade dos mandos militares; a súa misión era colaborar coa Garda Civil no mantemento da orde e da paz pública e na defensa da propiedade privada.

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera Directorio militar (1923-1925) (páx. 236)

Page 115: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Obreiros en folga

178.433

244.484

83.691119.417120.568

28.74460.120

21.851

70.61670.02455.576

247.460

0

50.000

100.000

150.000

200.000

250.000

Dezanov

eVint

e

Vinteún

Vintedo

us

Vintetre

s

Vinteca

tro

Vintecin

co

Vintese

is

Vintese

te

Vinteoit

o

Vinteno

veTrin

ta

Page 116: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Somatén deEl Toboso (Toledo)

Page 117: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 118: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Defensa da unidade da patria. Afirmación de símbolos nacionais, represión das reivindicacións nacionalistas de cataláns, vascos e galegos: prohibición de bandeiras, símbolos e himnos, clausura de xornais, uso da lingua... refuxio no cultural pero contribuiron á radicalización de posturas. Maciá converteuse no principal portavoz do rexeitamento á Monarquía e da defensa do separatismo como medio de conseguir as súas demandas.

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera Directorio militar (1923-1925) (páx. 236)

Page 119: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• A fin da Guerra de Marrocos. Primo de Rivera era partidario de abandonar Marrocos, a presión dos militares obrigoulle a cambiar de postura. Trala retirada española de Xauen en 1924, Abd el-Krim considerou que España estaba derrotada e cometeu o erro de atacar tamén as posicións francesas en Marrocos. Goberno francés e español coordinan as súas accións bélicas e incrementan os efectivos militares. A estratexia española consistiu en realizar un desembarco na baía de Alhucemas; a operación, realizada en setembro de 1925, foi un éxito e permitiu conquistar o Rif. En 1926 as sucesivas derrotas obrigaron a Abd el-Krim a entregarse ós franceses (temor a ser executado polos españois) e asinar a rendición. Tras dominar os derradeiros focos de resistencia remata a guerra en xullo de 1927. Foi un dos maiores éxitos da Dictadura; salvou o prestixio do exército e contribuíu á popularidade do dictador.

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera Directorio militar (1923-1925) (páx. 236)

Page 120: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

1925:Desembarco de Alhucemas

Page 121: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Page 122: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Desembarco de AlhucemasMoreno Carbonero

Page 123: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.2. Ditadura de Primo de RiveraDirectorio civil (1925-1930) (páx. 236-238)

• Decembro de 1925, despois do éxito de Alhucemas e restablecida a orde pública. Primo de Rivera afiánzase no poder, poñendo fin ó directorio militar e constituir un Directorio, formado maioritariamente por civis vinculados á Unión Patriótica, para volver á normalidade. Na súa empresa conta co apoio do Rei.

Page 124: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Intento de instauración dun réxime corporativo. Rexeitamento do retorno ó parlamentarismo liberal de 1876. Influenciado polo fascismo italiano, pretendeu a instauración dun estado corporativo que tería como pezas:

• Asemblea nacional. 1927. Carácter consultivo. Elaborar proxectos de leis ó Goberno. Representantes das diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións), sectores económicos, Unión Patriótica; a meirande parte dos seus membros pertenecían ás oligarquías tradicionais. Xullo de 1929 presentouse o proxecto de nova constitución: organización territorial unitaria e centralizada, Cortes con Asemblea única de composición tripartita e desigual (metade dos deputados elixidos por sufraxio universal, outros designados polo reie e os demais eran de representación corporativa. Relixión católica oficial do estado. Un consello do Reino consultivo do monarca para designación do xefe do Goberno e para a aprobación ou veto das leis.

• Este proxecto foi recollido con fortes críticas polos liberais e forzas de esquerda e foi reiterado.

6.2.2. Ditadura de Primo de RiveraDirectorio civil (1925-1930) (páx. 236-238)

Page 125: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Organización corporativa do traballo. 1926 regulamentar as relacións entre obreiros e patróns (comités paritarios). Apoio dos sindicatos católicos pero tamén da UXT, que valoraban o feito de que as sociedades obreiras pudesen itervir na regulamentación do traballo e na fixación do salario. Ó mesmo tempo elaborouse unha ampla lexislación laboral e social, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos traballadores, como o Código do Traballo (1926). Tamén adoptaron numerosas medidas de carácter populista como: distribución de comida e roupa ás familias necesitadas, a construcción de casas baratas, a asignación de fondos para a formación profesional dos obreiros, os subsidios para as familias numerosas, a regulamentación do traballo nocturno feminino...

6.2.2. Ditadura de Primo de RiveraDirectorio civil (1925-1930) (páx. 236-238)

Page 126: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

O Campo de MarteCasas Baratas realizadas neste

período

SIXPAC

Page 127: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Inauguración das vivendas 1928

FOTO BLANCO. La Coruña entre siglos

O Campo de MarteCasas Baratas realizadas neste período

Page 128: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Potenciación do desenvolvemento económico. Poñer en práctica unha política económica baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo conformando un sistema cualificado como corporativismo autoritario baseado en:

• Forte proteccionismo arancelario (arancel de 1924).• Regulamentación da producción e da competencia creando

organismos supervisores como o Consello de Economía Nacional (1924) e o Comité Regulador da Producción Industrial (1926).

• Control do mercado interior e dos prezos, fomento da produción mediante medidas crediticias e encargos estatais.

6.2.2. Ditadura de Primo de RiveraDirectorio civil (1925-1930) (páx. 236-238)

Page 129: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• Potenciación das vías de comunicación e obras públicas: modernización do ferrocarril (Consello Superior de Ferrocarrís), renovación das estradas (Padroado do Circuíto Nacional de Firmes Especiais), construción de pantanos e regadíos (Confederacións Hidrográficas).

• Formación de monopolios de subministro de determinados servicios como de teléfonos á empresa norteamericana ITT e o petróleo CAMPSA).

• Intento de reforma fiscal co obxectivo de incrementar os recursos do Estado para levar a cabo a súa política económica. O propósito dun proxecto de Calvo Sotelo en 1926, incluía a existencia dun imposto progresivo sobre rendas e ganancias de toda a poboación; sen embargo, foi abandonado pola forte oposición dos contribuíntes máis poderosos.

6.2.2. Ditadura de Primo de RiveraDirectorio civil (1925-1930) (páx. 236-238)

Page 130: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

José Calvo Sotelo.Ministro de facenda

na Ditadura

Page 131: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Calvo Sotelo na Coruña

Un colexioUn peirao

Unha avenida

Page 132: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Edificio de TelefónicaGran Vía . Madrid

Page 133: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Plus Ultra1926

Page 134: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Exposición Universal de BarcelonaEstadio Olímpico de Montjuic. 1929

Page 135: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Praza de España nos Xardíns de María Luísa. Sevilla.

Exposición Iberoamericana. 1929

Page 136: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

• As medidas víronse favorecidas pola prosperidade económica mundial (felices vinte) e a paz social lograda mediante o control da orde pública e represión da axitación obreira. O crecemento económico foi apreciable pero realizouse a costa dun forte proteccionismo que mantivo a producción española en niveis non competitivos a escala mundial ademais dun elevado gasto do Estado, o que provocou o crecemento do déficit público e a progresiva reducción de recursos finaceiros. Por outra parte, a ausencia de reformas estructurais na agricultura deixou intactos os seus problemas (baixa productividade, técnicas de cultivo arcaicas, desigual reparto da propiedade, precarias condicións de vida e de consumo dos xornaleiros e dos pequenos propietarios e arrendatarios...). Os principais beneficiarios foron a grande burguesía financeira e industrial.

6.2.2. Ditadura de Primo de RiveraDirectorio civil (1925-1930) (páx. 236-238)

Page 137: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.2. Ditadura de Primo de Rivera Oposición e caída de Primo

• Incremento da oposición e caída de Primo de Rivera. Ata 1926 a oposición foi illada (destacando Unamuno e Blasco Ibáñez no exilio). A partir desta data (ó intento de perpetuarse no poder) a benevolencia coa que foi recibida a Dictadura deu paso ás críticas e conflictos:

• Alianza republicana (1926). En 1929: ORGA.• Vellos políticos liberais retorno ó réxime constitucional co apoio dalgúns

militares. Sanjuanada (1926). Fracaso, detidos e multados.• Estudantes: FUE (Federación Universitaria Escolar) (1927).• Atentados anarquista (contra o rei). Tendencia revolucionaria. FAI (1927).• Nacionalismos periféricos (sobre todo o catalán) radicalización de posturas e

oposición ante a persecución dos símbolos e linguas.• Os militares do corpo de artillería amosáronse contrarios á reforma militar e á

política de ascensos que quería levar a cabo Primo de Rivera (primar os ascensos por méritos de guerra fronte á antigüidade). 1929 disólvese o corpo de artillería que racha coa harmonía da familia militar.

• En 1930, Primo de Rivera preguntou ós xefes militares se contaba coa súa confianza a resposta foi ambigua e falta de entusiasmo. Sentíndose so presenta a dimisión 29-1-1930. Marcha cara o exilio a Francia onde residirá ata a súa morte uns meses máis tarde.

Page 138: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.3. A fin da monarquía (1930-1931)

• Goberno do xeneral Dámaso Berenguer (ditabranda) co propósito de restablecer a constitución de 1876 e as liberdades públicas. Sen embargo, a volta ó pasado no foi aceptada por unha ampla maioría da sociedade: a idea dunha España republicana tiña cada vez máis adeptos. En Galicia en marzo de 1930 (Pacto de Lestrove) crease a FRG (intégranse republicanos estando presentes a título persoal membros da CNT. En agosto de 1930 fírmase o Pacto de San Sebastián (republicanos, antigos monárquicos, socialistas, nacionalistas...) comprometéndose a (ver texto páx. 239):

• Derrocar a monarquía e establecer a república parlamentaria.• Garantir a liberdade política relixiosa.• Convocar eleccións a Cortes constituíntes.• Abrir a posibilidade do recoñecemento da autonomía política das rexións.• Formar un comité revolucionario que actuaría como goberno provisional

no inicio da nova repúlica.• Desenvolver cos militares republicanos intentos de sublevación.

Page 139: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Dámaso BerenguerJuan Bautista Aznar

Page 140: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Pazo da HermidaLestrove-Dodro

Onde se celebrou opacto das forzas políticas

republicanas galegas

Page 141: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Participantes noPacto de San Sebastián

Page 142: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.2.3. A fin da monarquía (1930-1931)

• Lentitude do réxime ditabranda no restablecemento das liberdades, intesificou as actividades e denuncias antimonárquicas. O rei estaba cada día máis illado.

• Levantamento de Jaca (Galán e García Hernández) e aeródromo dos Catro Ventos (decembro de 1830) xeneral Queipo de Llano e comandantes Ramón Franco e Ignacio Hidalgo.

• Febreiro de 1931 o almirante Juan Bautista Aznar. Convocar eleccións de xeito escalonado. Municipais e despois xerais. Municipais o 12 de abril. 14 abril proclamación da república.

Page 143: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Levantamento de Jaca (Huesca)Fermín Galán e García Hernández

Page 144: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Introdución

• Que é unha nación?

• Que diferenzas hai entre nación e o Estado?

• Que é o nacionalismo?

• Pode haber nacionalidades dentro dunha nación?

Page 145: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Introdución: teorías e movementos nacionalistas en Europa

• O nacionalismo non é sinónimo de violencia, aínda que pode haber organizacións nacionalistas que fagan uso dela.

• O nacionalismo non é sinónimo de xenofobia, aínda que pode haber organizacións nacionalistas de extrema dereita que falaron e falan da pureza da raza.

• O nacionalismo non é sinónimo de insolidariedade, aínda que hai nacións opresoras e nacións oprimidas: neocolonialismo nas relacións norte-sur actualmente.

O nacionalismo non é sinónimo de chouvinismo, aínda que hai moito nacionalista que considera o do seu país como a excelencia e o estranxeiro como o desprezable.

Page 146: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Introdución

• TÓDALAS IDEOLOXÍAS E CREDOS TEÑEN UN CADÁVER DENTRO DO ARMARIO.

• Non por iso as ideoloxías nin os credos son uns asasinos.

• Ou sí?

• Non tódalas ideoloxías e credos teñen a mesma responsabilidade en relación á violencia.

Page 147: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Introdución

• TÓDALAS IDEOLOXÍAS E CREDOS TEÑEN UN CADÁVER DENTRO DO ARMARIO.

• Non por iso as ideoloxías nin os credos son uns asasinos.

• Ou sí?

• Non tódalas ideoloxías e credos teñen a mesma responsabilidade en relación á violencia.

Page 148: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Introdución: fontes do pensamento nacionalista

• A idea de Nación é unha idea moderna. • Vaise configurando na Ilustración pero...• Será na 1ª m. do século XIX cando xurdan

as bases teóricas e os movementos nacionalistas en Europa.

• Ligado ao Liberalismo e Romanticismo.

Page 149: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Introdución: fontes do pensamento nacionalista

Concepto voluntarista: os amigos os escollo eu para convivir. Afiliación.

Concepto organicista: a miña familia escolleume para formar parte dela. Bioloxicamente o meu ADN lígame xeneticamente ós meus antepasados. Filiación.

Concepto historicista: tanto tempo levo vivindo nun lugar que xa se me pegaron os “dejes”.

Page 150: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

AS FONTES DOUTRI-

NARIAS (XIX) DO PENSA-

MENTO NACIONALIS-

TA

a) Concepto liberal e voluntarista de nación

Contraposición ao A. Réxime. NACIÓN: Conxunto de individuos libres e iguais. Exercicio da vontade política dos cidadáns. Contrato social dos individuos para dotarse dun Estado-Nación

b) Concepto orgánico-historicista ou naturalista de nación

XénesePrincipais representantes: Herder e Fichte.Outros desenvolvementos: Romanticismo.Historicismo.Escola histórica do dereito.

c) A síntese italianaNación orgánico-historicista articulada nunha dirección liberal e voluntarista.

Page 151: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Concepto liberal e voluntarista de nación (modelo francés).

Xurde cos pensadores da Ilustración que culminan con figuras como Sièyes dunha parte, e Robespierre e Saint-Just, da outra. A nación é a contraposición ao poder político da Monarquía Absoluta e ao sistema de privilexios imperante durante o Antigo Réxime. Estamos ante un concepto liberal, racionalista, utilitarista, individualista e, sobre todo, xurídico de nación pois fundaméntase no contrato social que os individuos realizan libremente entre sí para dotarse dunha nova realidade xurídico institucional. Emana o concepto de soberanía nacional e goberno representativo. Confluén os dous conceptos: estado e nación.

O modelo dos Estados Unidos estaría asociado a este concepto e os movementos revolucionarios en Europa desde a revolución francesa ata ás de 1848 teñen un forte contido destes principios nacionalistas.

Page 152: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.1. Concepto orgánico-historicista e naturalista de nación (modelo alemán)

Esta concepción ten a súa xénese na reacción ás ideas da Ilustración e, máis tarde, ao avance da Francia napoleónica sobre Europa.

Tamén posteriormente fronte o mapa da Europa da Restauración deseñado en 1815 no Congreso de Viena. É sobre todo en Alemaña onde xorde esta corrente doutrinal. Entende á nación como unidade de cultura, (idealismo e romanticismo da 1ª m. XIX). Destacan como teóricos HERDER, Ideas para unha filosofía da historia da humanidade, no plano cultural e FICHTE, Discurso á nación alemana, no plano político. Para Herder a nación está por encima do consenso dos individuos (fronte ó concepto liberal que o consideran artificial, non existe un universalismo abstracto, ou cosmopolitismo uniformador, ou racionalismo mecanicista). O pobo é unha unidade metafísica superior ó consenso dos individuos e son os rasgos culturais (volksgeist: espírito do pobo) os que definen a nación: a lingua, as tradicións populares, o pasado histórico, a paisaxe, a raza, o dereito específico etc. O concepto nacional herdiano é estrictamente cultural e filosófico carente de connotacións políticas. O seu legado vai ser asumido por Fichte que o dotará dun contido político explícito, no contexto dunha Alemaña invadida por Napoleón. Exalta á nación na que agroman elementos irracionais como a superioridade e a misión histórica do pobo xermánico, a idealización do pasado e a consideración de que as virtudes propias do pobo son naturais e os seus vicios consecuencia da intromisión estranxeira. Para F. a nación comunidade cultural e histórica formada no pasado non ten porque ser o Estado-nación, entidade xurídico-política recente. Cada nación debería buscar cadanseu Estado pois é a única maneira de que poidan realizarse naturalmente.

Page 153: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.2. O nacionalismo español (páx. 241)

En España a pesar de constituír un dos Estados máis vellos de Europa e un dos primeiros onde se iniciou a revolución liberal, a cuestión nacional é aínda hoxe un problema inacabado e polémico.

Xunto a idea de España como nación, defendida polo nacionalismo español existen movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos que en especial: Cataluña, País Vasco e Galicia, defenden a consideración das súas propias comunidades como nacións distintas da Española.

Page 154: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.2. A cuestión nacional en España (páx. 241)

A idea de nación naceu coas transformacións liberais das Cortes de Cádiz e á defensa popular fronte a invasión napoleónica (o termo que aplica Galdós na súas series noveladas “Episodios Nacionales” estaría ligada a este concepto liberal). A Constitución de 1812 foi a primeira que recolleu e definiu a nación española como un corpo político independente, formado por tódolos habitantes da Coroa, no que residía a soberanía. Eses habitantes tiñan que estar sometidos á mesma lei e ter os mesmos dereitos: abolición de tódalas particularidades persoais (estamentais), territoriais (foralismo) característico do Antigo Réxime.

A división do liberalismo en dúas correntes: -doutrinaria e democrática-, deu lugar a diferentes interpretacións que deu lugar á base dun nacionalismo español conservador e outro liberal-democrático.

Page 155: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.2. Nacionalismo español conservador (páx. 241)

Corrente dominante nos séculos XIX e XX. Tanto nos liberais moderados e conservadores (Cánovas) como os tradicionalistas católicos (Menéndez Pelayo) defenderon e consideraron, con desigual intensidade:

Nación española é unha entidade colectiva, superior á vontade dos individuos, froito da historia que, desde a época máis remota da antigüidade, conducía irremediablemente a formar unha unidade política inseparable; na que se forxaba o carácter, a raza e o xenio español e na que tiveron unha grande importancia os godos, a Reconquista, os Reis Católicos e Castela (concepción orgánico-historicista).

Como elementos de identidade desa nación española están:a) Coroa manifestación do permanente da unidade fronte calquera particularismo e tendencia

disgregadora.b) Catolicismo, especificade de España e do español fronte ós demais pobos (fe católica

que, ao longo da historia, foi defendida fronte a bárbaros, musulmáns, xudeus, protestantes, ateos, heterodoxos... e que foi estendida co descubrimento de América)

c) Península Ibérica, un territorio delimitado polas fronteiras naturais (Perineos e mar) froito da mestura das sucesivas culturas. (esquecendo nos seus razoamentos a existencia doutro estado: Portugal).

d) Unidade da patria incompatible coa existencia de calquera particularismo (separatismo). Centralismo. Os valores españois son os valores casteláns (folclore andaluz é o folclore español).

No século XX esta tendencia derivará a ideoloxías intransixentes de extrema dereita: Falanxe, franquismo...

Page 156: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.2. Nacionalismo español liberal-demcrático (páx. 242)

• Demócratas e republicanos (Pi i Margall, Ortega, Azaña):

• Corpo de asociados unido baixo as mesmas leis, froito da vontade dos individuos na historia (concepción voluntarista e política).

• Símbolos: participación democrática do pobo, defenda dos dereitos e liberdades, laicismo, valores identificados coa República.

• A unidade da patria era compatible co mantemento de particularismo locais: descentralización administrativa ou federais: autonomía política territorial.

Page 157: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.2. Nacionalismo no pensamento obreiro (páx. 242)

• As forzas de esquerda (anarquistas, socialistas e comunistas) amosaron un forte rexeitamento dos ideais nacionalistas, sobre todo dos conservadores.• A patria utilízase como superestructura (concepto marxista) para alienar ó obreiro ás oligarquías dominantes e manter sometidas e explotadas as forzas traballadoras e para xustificar as aventuras coloniais e defender os intereses económicos en Cuba e Marrocos. • Os anarquistas opuxéronse frontalmente ó Estado, á nación e calquera tipo de nacionalismo. • Nos socialistas e comunistas primou o Estado fronte a idea de nación. • O Estado é un instrumento que debía de servir de medio para a redención das clases obreiras e para eliminar os privilexios da clase burguesa explotadora.

Page 158: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.3. Rexionalismos e nacionalismos periféricos (páx. 242-243)

• Igual que noutros países europeos xurde en España a partir da 2ª m. do XIX.

• Principalmente en Cataluña, País Vasco e Galicia.

• Factores:a) Diversidade cultural e lingüística. b) Imposición do novo Estado liberal.c) Desigual desenvolvemento capitalista.d) Débil nacionalización española.e) Descontento e desilusión pola marcha xeral

do país.

Page 159: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.3. Rexionalismos e nacionalismos periféricos (páx. 242-243)

• O proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional tivo diversas fases:

Culturalista: comezo: número reducido de persoas, sobre todo intelectuais e eruditos vinculados coa burguesía. Historia, lingua, cultura. Alicerces básicos. Renaiçensa en Cataluña ou Rexurdimento en Galicia.

Rexionalismo: termo empregado a partir de 1880 para cualificar aqueles movementos políticos e culturais que reivindican a descentralización administrativa e autogoberno fronte a un Estado centralista.

Nacionalismo: movemento en defensa da consideración e recoñecemento da comunidade propia como unha nación diferenciada con dereito a dispor de soberanía política e goberno propio. Finais do XIX e principios do XX.

Page 160: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

8.2. Os nacionalismos• O afianzamento dun Estado centralizado e uniformista

provocou a emerxencia de movementos nacionalistas:

• En Cataluña, a Renaixença, un movemento que reivindicaba a lingua e a cultura catalás, deu paso ao xurdimento de organizacións políticas que pedían a autonomía.

• No País Vasco, a abolición dos foros, despois da derrota carlista, xerou un movemento de protesta que culminou na creación do Partido Nacionalista Vasco por Sabino Arana.

• En Galicia, o galeguismo mantívose durante moitos anos como un movemento cultural con poucas repercusións políticas.

Page 161: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.4. Catalanismo (páx. 244-247)

• Consolidouse no último cuarto do século XIX.

• Variedade ideolóxica (tradicionalismo conservador ó federalismo republicano),

• Social (vinculados uns ós burgueses e outros ó proletariado e o campesiñado),

• Estratéxica (colaboracionismo co goberno do Estado á creación dun Estado propio e independente).

Page 162: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.4. Catalanismo: personalidade diferencial (páx. 244-247)

• Lingua propia. Tódalas clases. 1830: Renaixença. Xogos florais (1859). Diario de Barcelona (1854).

• Pasado histórico glorioso do que se senten orgullosos. Mantementos dos fueros durante a Idade Media e Moderna (bandeira de cinco barras, himno ou Canto dos Segadores, Generalitat., Diada...).

• Industria (Barcelona fabril fronte un Madrid de funcionarios e militares). Proteccionismo catalán fronte librecambismo castelán-andaluz. O catalán aforrador e traballador fronte ó castelán ocioso e presuntuoso.

• Marxinación política (1833 e 1901 houbo só 24 ministros cataláns dun total de 902) ineficacia das medias do goberno.

Page 163: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

11 de setembro de 1714Estruch. A conmemoración deste feitoDará lugar ao día de Cataluña

Senyera

Monumento a Rafael Casanova

O Corpus de sangue en Barcelona (1640)Estruch. A conmemoración deste feitoDará lugar ao himno Els Segadors

Page 164: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.4. Catalanismo: rexionalismo (páx. 244-247)

• 1880: dúas tendencias: progresista-laica e tradicionalista-conservadora.

• Tendencia progresista (Valentí Almirall: Diari Català, Centre Català. Memorial de agravios ó rei Afonso XII denuncia da política librecambista do goberno, novo código civil para dar cabida a unha organización rexional de España. Rexeito de plano. (ver texto páx. 245).

• Tendencia conservadora. Máis capacidade. Lliga de Catalunya. Base de futuros dirixentes: Prat de la Riba, Puig i Cadafalch e Cambó. 1891: Unión Catalanista na que se federaron varias organizacións: Bases de Manresa 1892 (ver texto páx. 246) proxecto de autonomía de carácter conservador.

Page 165: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Prat de la Riba Francisco Cambó Zuloaga

Page 166: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.4. Catalanismo: nacionalismo (páx. 244-247)

• Prat de la Riba identificará Cataluña como unha nación. Lingua, dereito, territorio. Argumentos predominan: organicistas, historicistas e posibilistas. (Ver doc. 28. Páx. 246).

• Para harmonizar o autogoberno catalán coa unidade de España, propuxo a fórmula de federación das diferentes nacións e nacionalidades ibéricas: Estado composto.

• Foron apoiadas polos sectores burgueses e tradicionalistas. En 1901: Lliga Rexionalista de Catalunya. Triunfos electorais convertérona en decisiva en Cataluña. Ataques de militares a catalanistas en 1906 e imposición da Lei de Xurisdición fixo que a Lliga se intregrase en Solidariedade Catalana, xunto con republicáns e carlistas. Éxito político que reforzou o catalanismo e puxeron en dificultades ó goberno de Madrid.

Page 167: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Palau da Música CataláDomenech i Montaner

Símbolo do poder da burguesía

Page 168: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.4. Catalanismo: nacionalismo (páx. 244-247)

• 1911 a Lliga creou un proxecto de administración única para Catalunya a Mancomunidade catalana que asumiría tódalas competencias das deputacións provinciais e outras que delegaría o Estado.

• 1914 aprobación da Mancomunidade de Cataluña que foi o primeiro recoñecemento da súa personalidade política e xurídica ata 1925. Cambó participará en gobernos centrais entre 1917 e 1922.

• Trala I GM o principio de nacionalidades (Doutrina Wilson): 1919 Proxecto de Estatuto que será rexeitado polo goberno central. Paralelamente xurde un nacionalismo progresista e republicano. Rovira i Virgili: historia e vontade de individuos. Maciá (Federación Democrática Nacionalista).

• A represión da dictadura de Primo de Rivera contribuíu a radicalización do nacionalismo catalán e favoreceu o reagrupamento das forzas da esquerda nacionalista e republicana que formarán, en 1931, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) que terán como líderes a Maciá e Compayns.

Page 169: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.5. A cuestión vasca: os privilexios forais (páx. 248-250)

• As provincias vascas conservaron na Idade Moderna os dereitos históricos:

• Fidalguía universal, • Sistema fiscal propio, • Institucións administrativas e xurisdicións específicas

(Xuntas Xerais de cada provincia),• Aduanas internas que as separaban de Castela, • Restricións das obrigacións militares (só as prestaban no

seu territorio), • Limitación do poder real (o rei debía xurar os privilexios e as

súas ordes estaban sometidas ó pase foral: acatábanse, pero non se cumprían ata que se tivera en conta os intereses das provincias. O mesmo pasaba en Navarra.

Page 170: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.5. Carlismo e foralismo (páx. 248-250)

• A Constitución de Cádiz de 1812 supuxo a eliminación dos privilexios vascos e de Navarra que orixina un forte sentimento de oposición ó estado liberal. En 1814 FVII restableceu o sistema foral do AR. Guerras carlistas. Convenio de Vergara e o acordo ambiguo de respectar os seus privilexios en todo o que non fose contra a unidade constitucional española.

• Conciliación da tradición e implantación dun sistema xudicial, electoral, aduaneiro e militar común a toda España culminaron con éxito no caso de Navarra (Lei Paccionada) de 1841. Navarra deixa de ser reino para converterse nunha provincia especial (autonomía fiscal e administrativa).

Page 171: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.5. Carlismo e foralismo (páx. 248-250)

• Provincias Vascongadas negativa dos seus representantes a introducir modificacións levou á supresión dos dereitos forais por Espartero en 1841. 1844 os gobernos moderados restableceron parcialmente os privilexios (Deputacións forais, execcións fiscais (agás o pago dun cupo económico) mentres se deseñaban unhas normas electorais e xudiciais comúns e supresións das aduanas interiores). 1876 como consecuencia da 3ª guerra carlista supresión dos privilexios vascos, establecendo a igualdade administrativa e contributiva, tanto militar como fiscal, co resto das provincias españolas. Sen embargo en 1878 (protestas vascas), Cánovas concedeu ás Deputacións a capacidade de distribuír quintas militares e recadar as rendas e impostos: Réxime do concerto económico vixente ata 1937. Abolición de dereitos forais e industrialización foron interpretadas polos tradicionalistas como unha ameaza a cultura, costumes do pobo. Nese contexto xurde un pensamento nacionalista fortemente independentista e belicoso encabezado por Sabino Arana.

Page 172: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

6.3. Nación e nacionalismos en España6.3.5. Nacionalismo vasco (páx. 248-250)

• Sabino Arana de formación familiar carlista e católico integrista, manifesta unha crítica ás transformacións sociais e políticas que estaba a introducir o liberalismo e a industrialización no País Vasco: a desvasquización.

• Defende a independencia dos territorios vascos de España e Francia: Euskadi (Álava, Biscaia, Guipúscoa, Navarra e os territorios franceses de Benabarre, Lapurdi e Suberoa). Sete provincias vascas.

• No domingo de resurrección de 1882 (Aberri Eguna) decatouse que España non era a súa patria e formula as súas propostas nacionalistas.

• Para Sabino Arana, a raza vasca, o integrismo católico, os privilexios vascos, o euskera, os costumes e folclore tradicional son elementos que definen á nación vasca. Perigo: Maketos (inimigrantes): desvasquización, españolismo, liberalismo, urbanización e ateísmo). Forte compoñente racista e unha rotunda distincia e separación entre vascos e non vascos.

• 1894 funda o PNV. 1911: sindicato ELA-STV.

Page 173: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

O SÉCULO XIX

A CONCIENCIA DE PAÍS

GALICIA

Page 174: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

O século XIX a conciencia de paísGalicia como centro

Galicia amosa, dende mediados do século XIX, un movemento cultural, ideolóxico e político que a diferenza do resto do Estado: o galeguismo.Este movemento forxarase en dous movementos de tipo político: provincialismo e rexionalismo.E outro cultural: o rexurdimento.

Page 175: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Galicia como centroo provincialismo

A primeira manifestación do galeguismo nace nos anos 1840-1846, no seo do Partido Progresista.

Débelle o seu nome á defensa da recuperación da unidade institucional administrativa, social, cultural e económica de Galicia fragmentada nas catro provincias, así como á reivindicación de certos niveis de autogoberno.

O primeiro grupo provincialista, moi concentrado en Santiago, está formado por estudantes universitarios, médicos, avogados e profesores e máis algún militar.

Page 176: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Galicia como centroo provincialismo

Este grupo introduce no pensamento galego o historicismo, isto é, a convicción do carácter singular de cada pobo, que se manifesta nunha traxectoria histórica propia e ás veces tamén, nun conxunto de caracteres étnicos irrepetibles.

Para os provincialistas, Galicia era un organismo colectivo diferenciado, cuns dereitos culturais, económicos e políticos que deberían ser atendidos a partir dunha descentralización parcial do poder político.

O seu líder destacado será Antolín Faraldo. Saber máis: Provincialismo

Page 177: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Antolín Faraldo. Representante destacado

do movemento provincialista

Antolín Faraldo

Galicia como centroo provincialismo

Page 178: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Galicia como centroMártires de Carral: revolución liberal ou provincialista?

Mártires de Carral: revolta liberal ou provincialista?

Märtires de Carral

Page 179: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Galicia como centroo Rexurdimento

Xunto as ideas provincialistas e románticas do século XIX, aparece a vontade de lle devolver á lingua galega o rango de lingua culta e literaria que perdera nos últimos séculos.

Isto provocou unha idade de ouro da literatura galega, un movemento denominado Rexurdimento.

Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal serán os seus máximos representantes.

Page 181: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Galicia como centroo Rexionalismo

Entre 1885 e 1890, o provincialismo transfórmase en rexionalismo.

O programa común do rexionalismo formulado por Alfredo Brañas e Manuel Murguía, reclamaba a autonomía política de Galicia, a erradicación do caciquismo, a cooficialidade do galego e a regaleguización do funcionariado e da cultura do país, así como políticas superadoras do atraso económico e da emigración.

Fudouse a Asociación Rexionalista Galega e a Liga Galega da Coruña.

Page 183: Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica

Galicia como centroo Nacionalismo

A partir de 1916. Irmandades da Fala: Asemblea

Nacionalista de Lugo 1918. Xeración Nós. Formulacións teóricas: Vicente Risco. Dúas posturas: orgánico-historicista,

democrática. 1931: Partido Galeguista.