Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo

8
1. Introducindo ao noso amigo investigador Javier Cristobo Ficha didáctica por Xacobo de Toro. Corrección por Mª Luísa Corredoira Javier Cristobo, un investigador de Ares na Antártida. Francisco Javier Cristobo Rodríguez é un biólogo aresán que ademais de ser investigador traballa na actualidade como director do Instituto Español de Oceanografía (unha rede de centros española onde se investigan cuestións do medio mariño). Igual que xa fixera hai máis de 100 anos Roald Amundsen, Javier leva anos viaxando á Antártida; o noso investigador viaxa á base española Gabriel de Castilla co gallo de desenvolver diversas actividades investigadoras. Forma parte dun apaixonante proxecto chamado Actiquim que ten como misión buscar produtos naturais de orixe mariña que posúan principios activos para elaborar fármacos que axuden a loitar contra doenzas e enfermidades do home. Un dos cometidos do noso investigador aresán é o de se mergullar nas xélidas augas da Antártida para recoller diferentes invertebrados mariños (os cnidarios, os equinodermos, os tunicados e outros invertebrados mariños que poden sintetizar ou acumular metabolitos cunha actividade biolóxica de interese tanto ecolóxico como farmacolóxica), con eles experimentarán no barco ou na estación investigadora que hai en Terra. Imaxinade o fría que está a auga, ás veces está por embaixo dos 0º C. Javier, neste momento, atópase na Antártida, xa que este ano viaxou unha vez máis a comezos de xaneiro, aproveitando as temperaturas mornas do verán austral. Este curso iranos enviando algunhas fotos e vídeos da súa experiencia en Illa Decepción, o lugar onde se atopa a súa base. Froito do seu interese por divulgar o seu coñecemento, está disposto a facer unha vídeoconferencia con nós o mércores 1 de febreiro. Hai uns días, o 6 de xaneiro, cando estaban navegando cara a Illa Decepción, unha compañeira de Javier relataba eufórica na súa bitácora do facebook a experiencia de navegar cara a Antártida:

description

Ciencias da Natureza1º ESO2º ESO

Transcript of Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo

1. Introducindo ao noso amigo investigador Javier Cristobo

Ficha didáctica por Xacobo de Toro. Corrección por Mª Luísa Corredoira

Javier Cristobo, un investigador de Ares na Antártida.

Francisco Javier Cristobo Rodríguez é un biólogo aresán que ademais de ser investigador

traballa na actualidade como director do

Instituto Español de Oceanografía (unha

rede de centros española onde se

investigan cuestións do medio mariño).

Igual que xa fixera hai máis de 100 anos

Roald Amundsen, Javier leva anos

viaxando á Antártida; o noso

investigador viaxa á base española

Gabriel de Castilla co gallo de

desenvolver diversas actividades

investigadoras. Forma parte dun

apaixonante proxecto chamado Actiquim

que ten como misión buscar produtos

naturais de orixe mariña que posúan principios activos para elaborar fármacos que axuden a

loitar contra doenzas e enfermidades do home.

Un dos cometidos do noso investigador aresán é o de se mergullar nas xélidas augas da

Antártida para recoller diferentes invertebrados mariños (os cnidarios, os equinodermos, os

tunicados e outros invertebrados mariños que poden sintetizar ou acumular metabolitos

cunha actividade biolóxica de interese tanto ecolóxico como farmacolóxica), con eles

experimentarán no barco ou na estación investigadora que hai en Terra. Imaxinade o fría que

está a auga, ás veces está por embaixo dos 0º C.

Javier, neste momento, atópase na Antártida, xa que este ano viaxou unha vez máis a

comezos de xaneiro, aproveitando as temperaturas mornas do verán austral. Este curso iranos

enviando algunhas fotos e vídeos da súa experiencia en Illa Decepción, o lugar onde se atopa a

súa base. Froito do seu interese por divulgar o seu coñecemento, está disposto a facer unha

vídeoconferencia con nós o mércores 1 de febreiro.

Hai uns días, o 6 de xaneiro, cando estaban navegando cara a Illa Decepción, unha

compañeira de Javier relataba eufórica na súa bitácora do facebook a experiencia de navegar

cara a Antártida:

"A viaxe foi máis curta e mellor do esperado. Partimos de Ushuaía o día 1 de

Xaneiro ás 18:00 horas, non creo que se poida empezar mellor o ano, e está prevista a

chegada a Livingston, a nosa primeira escala, esta noite, día 3 ás 24:00 horas, onde

fondearemos ata o día seguinte que continuaremos o noso camiño ata Illa Decepción.

Fai a penas unhas horas que cruzamos o paralelo 60ºS, e pequenas manchas de

xeo comezan a cruzarse no noso camiño. Hoxe o Drake foi benévolo connosco e as

illas que se entrecortan entre a néboa fannos esquecer as grandes olas de onte.

Mentres escribo estas liñas o comandante avisa por megafonía do avistamento

dunha balea por babor, e isto, xunto cos pingüíns, albatros e icebergs, non fan máis

que prolongar o meu estado de euforia permanente.”

O noso amigo aresán, que actualmente ostenta o récord do galego con máis inmersións na

Antártida, pensa que para se mergullar nas augas xélidas desas latitudes a preparación do

equipo, e observar que todo é correcto é esencial. Incluso pode marcar a diferenza entre unha

xornada máis de traballo ou un mal susto que pode rematar de xeito tráxico. Javier

coméntanos como é o seu día a día mergullándose:

“Cada día mergullámonos nas frías augas

da Illa Decepción, este gran cráter volcánico

aberto polos Fuelles de Neptuno permite que

a illa sexa un gran porto natural e que nos

protexa das difíciles condicións climáticas da

Antártida.

No mergullo polar, a protección e a

seguridade témola que conseguir a través de

equipos técnicos e especializados con

respecto ao mergullo convencional en augas

temperadas. O mergullo en augas frías non

perdoa os fallos e debemos de facer revisións do material e planificar as inmersións para

manter un altísimo nivel de seguridade. Temos a sorte de que entre a dotación da BAE está

Álex, un especialista en reguladores e equipos de mergullo do Exército de Terra, que moi

amablemente nos revisa parte do material. Para comezar utilizamos botellas con dobre grifería

e polo tanto dous reguladores; cada

un deles está especialmente

construído para aturar temperaturas

moi baixas (habitualmente por baixo

de 0ºC).

Nós utilizamos reguladores

Apecks porque nos deron sempre moi

bo resultado, aínda que hoxe en día

case todas as marcas fabrican algún

regulador que permite a súa

utilización neste tipo de inmersións.

O que é fundamental é que dispoñan

dun sistema anticonxelación xa que en ocasións as temperaturas exteriores na Antártida poden

ser extremas. Nós, ao virmos durante a estación do verán austral, só aturamos temperaturas

externas de -5º C, como moito, e a temperatura de conxelación da auga do mar é de -1,8º C,

aínda que adoita estar entre 0º e 1º C; o que segue sendo moito frío para o corpo humano.

A protección térmica do noso corpo comeza cun traxe interior moi fino que ademais de ser

illante sérvenos de elemento hixiénico para absorber a suor. Despois poñemos un traxe groso

de tecido térmico ou forro polar “Tinsulate” que mantén a calor corporal. Unha parte

importante son as mans e os pés que illamos con dous ou tres pares de calcetíns e luva, estas

impiden que as mans entren en contacto coa auga. O seu contacto é doroso, desagradable e

pode impedir que manexemos os equipos por entumecemento. A nosa consigna é saír da auga

ao menor síntoma de que entra algunha dentro do traxe. Con frecuencia poñemos, entre os

dous pares de luvas e de calcetíns, uns quentadores ou fontes de calor non tóxicas, ecolóxicas e

inodoras, que usan ingredientes naturais e incombustibles a base de ferro, auga, celulosa,

carbón activado e sal; isto proporciona unha temperatura media entre 40ºC e 69ºC,

dependendo do seu tipo; actívanse rompéndolles o selo para que entren en contacto co aire e

nun par de minutos alcanzan a súa temperatura. Por ultimo, o maior illamento proporciónao o

traxe seco, de neopreno ou trilaminado, o obxectivo é que nin unha pinga de auga entre en

contacto co noso corpo. A partir de aquí o mergullo mantén as mesmas consignas de prudencia

e responsabilidade que as inmersións en augas temperadas ou cálidas.”

As sensacións e as experiencias nunha paraxe natural tan incrible magnifícanse e séntense

dun xeito moi especial. Un compañeiro de Javier, relataba polo miúdo e entusiasmado a súa

primeira experiencia ao se mergullar en augas antárticas na súa bitácora do Facebook:

“É a primeira vez, o meu bautismo polar,

e xusto antes de entrar, as dúbidas e os

nervios déixanse notar. A inexperiencia e o

descoñecido arroxan inseguridade ás miñas

accións. A primeira impresión é de dor, dor

ao sentir a auga xeada cortando como

coitelos afiados a miña cara... e o primeiro

que pasa pola miña mente é berrar,

blasfemar e pensar que ninguén pode

resistir esa puñada xélida... Aos poucos

segundos, unha vez mergullada baixo a

auga, todo pasa e esquéceste. Aínda non descubrín se é pola emoción ou é que do frío queda a

cara adormecida e non se sente nada. Síntome tan afortunado de estar aquí, de poder

mergullar, que todo o que descubro debaixo da auga sorpréndeme e apaixóame. Esa sensación

máxica de illamento e soidade, de observar un mundo descoñecido e inalcanzable, fai que a

satisfacción quente o meu corpo o suficiente como para poder resistir. Invariablemente, aos 20

minutos de inmersión, deixo de sentir as dedas dos pés, pero como a penas os usas non é tan

importante como os das mans, xa que que dificulta extremadamente coller o coitelo, abrir os

botes ou intentar capturar algunha mostra. Hoxe, cando estabamos a piques de saltar da

lancha zodiak á auga, reparamos na presenza dunha foca na praia, e ao achegarnos a

saudar...... SI!!!!....resultou ser o meu primeiro avistamento de foca leopardo, a menos de dous

metros: e que grande, e que dentes, e que bonita... Menos mal que os militares son

responsables de nós e non nos permitiron tirarnos, pois unha vez máis, a emoción nubraba as

miñas decisións.”.

Illa Decepción e a Base Antártica Española Gabriel de Castilla. A

nosa base na Antártida.

A Base Antártica Española Gabriel de Castilla (latitude de 62º 58' S e lonxitude 60º 40' W )

na que se atopa o noso investigador aresán xunto os outros compañeiros españois, está

xestionada polo Exército de Terra, no arquipélago das Shetland do Sur, a escasos 100 km ao

norte do continente antártico, a máis de 1000 km do lugar poboado máis próximo e a 13.000

km de España. A base está situada na Illa Decepción e resulta que é o cráter dun volcán que

está aínda en activo, por iso ten forma de ferradura e dominan as cores brancas do xeo e

negro das cinzas volcánicas. Porén, moitas rochas e a capa superficial do chan teñen orixe

magmática atopando abundantes basaltos, piroclastos e lapilli (cinzas volcánicas). Á beira de

maxestosos glaciares que desembocan no mar, pódense ver fumarolas que fumegan diferentes

gases que proveñen do interior da Terra e que se difunden á atmosfera constantemente.

Debido á actividade volcánica da Illa, a base científica tivo que ser evacuada nos anos 70 ante o

inminente perigo dunha erupción que puido poñer en risco a vida dos investigadores da BAE

(Base antártica española). De

feito destruíu as bases

chilenas e británicas na Illa.

A estación española

atópase preto das

instalacións doutra base

científica arxentina.

O exército desenvolve

unha misión moi importante,

pois mentres os científicos

investigan, os militares

españois encárganse da

loxística (alimentación, infraestruturas, mantemento dos motores ou a sanidade dos membros

de todo o equipo), as comunicacións (grazas a iso podemos ter a vídeoconferencia e recibir

novas dende a Antártida), xestión medioambiental recollendo os residuos para non

emporcallar o medioambiente (incluíndo a monitorización do impacto medioambiental por

actividades humanas como o turismo), son os responsables dos desprazamentos na zona, por

terra ou mar e da seguridade ante situacións de urxencia causadas pola orografía e a

climatoloxía.

As instalacións están dotadas de

barracóns onde poden descansar os

investigadores, tamén teñen laboratorios

para realizar os seus experimentos.

Imaxinade que frío cando teñen que facer

as súas investigacións no exterior co vento

frío a temperaturas por embaixo dos cero

graos!

Incluso teñen un laboratorio húmido onde experimentar coas especies de invertebrados

mariños que recollen e así obter datos de interese.

Screening de biofármacos. O proxecto de Javier.

Agora mesmo están investigando con estrelas e ourizos de mar, que pertencen ao mesmo

grupo: os equinodermos.

Úsanos como bioindicadores do seguinte xeito: os espécimes que recollen cando se

mergullan, bótanllos como comida ás estrelas que teñen nos baldes da foto e se o

invertebrado ten

principios activos,

as estrelas non os

quererán comer.

Deste xeito

poden deducir se

teñen que seguir a

investigación con

esa especie ou pasar a outra.

Cos datos obtidos nos seus experimentos científicos teñen que realizar análises estatísticas

para poder facer gráficas que lles axuden a entender os resultados. Grazas á análise dos

resultados, o noso amigo

Javier e os seus

colaboradores poden sacar

conclusións sobre a eficacia

dos principios activos que

buscan nos invertebrados

mariños e logo aconsellar os

científicos das empresas

farmacéuticas, como

Phamamar, sobre cal é o

punto de partida para

elaborar novos fármacos .

A fauna darredor da BAE. Decepción ten unha fauna privilexiada: focas leopardo, wedell, cangrexeira, leóns mariños,

págaos, petreles,etc. Pero o rei é o pingüín, máis de medio millón de individuos habitan no

verán antártico na Illa en varias pingüineiras.

Galerías fotográficas da BAE Gabriel de Castilla: Galería de fauna

Galería de Paisaxes

Galería viaxe e campaña 2011/12

Preguntas 1º ESO 1. Entra nos seguinte link:

http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/descargas_antartica/blog/1

11214Amundsen.pdf

Procura información sobre quen era Amundsen e que fito histórico acadou.

2. Entra no seguinte link de googlemaps: cantos quilómetros pensas que hai en liña recta

de Ares a Illa Decepción?

3. Dende googlemaps busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era

así de grande?

4. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla.

5. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai

unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica,

se non a dás atopado podes facelo desde este link.

6. Vai a googlemaps e busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era

así de grande?

7. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla.

8. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai

unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica,

se non a dás atopado podes, facelo desde este link.

9. Por que pensas que a base científica se atopa nese lugar exacto da Illa? Como se

chama unha zona costeira con ese nome?

10. Se estudamos este ano que o punto de solidificación da auga é 0ºC, como é posible

que Javier poida mergullar en auga, por embaixo de 0ºC?, non debera estar en forma

de xeo?

11. No texto coméntannos que se dirixen rumbo a Antártida os 6 de xaneiro para

aproveitar as temperaturas mornas do verán. Como é iso posible?

12. Busca na internet unha foca leopardo. Por que pensas que din no relato que menos

mal que non se tiraron á auga estando esa foca?

13. Que é un iceberg? Busca unha foto. Por que

flota sobre a auga?

14. Javier levou unhas botellas de licores

galegos para Illa Decepción para que

compañeiros investigadores doutros países

puideran probar o ben que facemos os

destilados en Galicia. O noso investigador

antártico deixou estas botellas durante

horas a unha temperatura que estaba baixo

cero.... pero puideron brindar cos licores e degustalos porque non estaban

conxeladas, como pode ser isto?

15. Podería un investigador guiarse pola noite coa axuda da estrela polar? De non ser así

que referencia empregaría pola noite?

16. Se en Noruega (Hemisferio Norte) podemos ver unha aurora boreal... pensas que

tamén podemos ver unha aurora en Illa Decepción (Hemisferio Sur)? . Se é así busca

algunha foto e cópiaa ao cartafol de imaxes do tema 5. “A atmosfera”.

17. Que suceso relaccionado co tema 4. “O sistema solar” implica a aparición das auroras

na Terra? Recolle algunha nova de prensa do xornal do mes de xaneiro ou febreiro no

que falen das auroras boreais. Descubrirás que estes días falouse moito delas. Podes

ver unha fabulosa, do día 24 de xaneiro aquí.

Preguntas 2º ESO 1. Entra nos seguinte link:

http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/descargas_antartica/blog/1

11214Amundsen.pdf

Procura información sobre quen era Amundsen e que fito histórico acadou.

2. Entra no seguinte link de googlemaps: cantos quilómetros pensas que hai en liña recta

de Ares a Illa Decepción?

3. Dende googlemaps busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era

así de grande?

4. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla.

5. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai

unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica,

se non a dás atopado podes, facelo desde este link.

6. Por qué pensas que a base científica se atopa nese lugar exacto da Illa? Como se

chama unha zona costeira con ese nome?

7. O ano pasado estudamos que o punto de solidificación da auga é 0ºC, como é posible

que Javier poida mergullar en auga, por embaixo de 0ºC?, non debera estar en forma

de xeo?

8. No texto coméntannos que se dirixen rumbo a Antártida os 6 de xaneiro para

aproveitar as temperaturas mornas do verán. Como é iso posible?

9. No relato da compañeira de Javier, ela comenta que unha das primeiras zonas en

adormecer e non sentir son as dedas e os dedos, por que perdemos a sensibilidade nas

extremidades?

10. Por que empregan neoprenos de varios mm de grosor para mergullarse? Debes

relacionalo cos illantes térmicos, a condución da calor e o equilibrio térmico.

11. Busca en internet unha foca leopardo. Por que pensas que din no relato que menos

mal que non se tiraron á auga estando esa foca?

12. Que é un iceberg? Busca unha foto. Por que flota sobre a auga?

13. Javier levou unhas botellas de licores galegos para Illa Decepción para que

compañeiros

investigadores doutros

países puideran probar

o ben que facemos os

destilados en Galicia. O

noso investigador

antártico deixou estas

botellas durante horas

a unha temperatura

que estaba baixo

cero... pero puideron

brindar cos licores e

degustalos porque non estaban conxeladas, como pode ser isto?

14. Como é o proceso de aparición das auroras na Terra? Recolle algunha nova de prensa

do xornal do mes de xaneiro ou febreiro no que falen das auroras boreais. Descubrirás

que estes días falouse moito delas. Podes ver unha fabulosa, do día 24 de xaneiro aquí.

Pensas Pensa que Javier pode ver unha no Polo Sur?