Unidade didáctica pdi
-
Upload
orientabibei-viana -
Category
Documents
-
view
48 -
download
8
Transcript of Unidade didáctica pdi
![Page 1: Unidade didáctica pdi](https://reader036.fdocuments.co/reader036/viewer/2022073018/559b6dfd1a28abf16a8b45b9/html5/thumbnails/1.jpg)
1
UNIDADE DIDÁCTICA:
AS MOEDAS
1. XUSTIFICACIÓN LEGAL E TEÓRICA:
A unidade didáctica que presento ten como finalidade que o docente sexa
un mediador das aprendizaxes, orientando na búsqueda da información,
fomentando o diálogo entre os alumnos e aproveitando os recursos para a
realización dos traballos e favorecendo a atención á diversidade.
En todo este contexto o alumno/a será o principal protagonista , activo e
participativo, tanto desde o punto de vista individual como grupal.
Por outro lado a estructura desta unidade enmarcase dentro da LOE
(2/2006 do 3 de maio) e máis concretamente no currículo de primaria que ven
recollido no Decreto 130/2007, do 28 de xuño.
2. CONTEXTO:
Esta unidade didáctica está dirixida aos alumnos de 4º de primaria, na área
de matemáticas do Ceip. Bibei en Viana do Bolo.
O centro conta con 3 unidades de E.infantil e 6 unidades de E.Primaria.
dispón de aula para a PDI, aula de Abalar en 5º de Primaria, pantalla,
ordenador e proxector en todas as aulas, Departamento de Orientación,
aula de P.T, aula de A.L, biblioteca, aula de música, aula de informática e
ximnasio.
Os número de alumnos na aula é de 22, proceden da propia vila e dos
pobos dos arredores. O nivel socio-económico é moi variado, dende medio-
baixo ata medio-alto. Hai 4 alumnos que permaneceron un ano máis en 2º
de primaria, e un dos alumnos é de nacionalidade portuguesa.
O nivel de atención na aula é variable, en funcióndas súas diferencias.
![Page 2: Unidade didáctica pdi](https://reader036.fdocuments.co/reader036/viewer/2022073018/559b6dfd1a28abf16a8b45b9/html5/thumbnails/2.jpg)
2
3. DESARROLLO DA UNIDADE:
NIVEL EDUCATIVO: 2º ciclo, 2º nivel ( 4º de Primaria)
ÁREA: MATEMÁTICAS
Bloque 2: Cantidades.
1. OBXECTIVOS DE ÁREA:
a. Empregar o coñecemento matemático para comprender , valorar e
producir información sobre feitos e situación da vida cotiá.
b. Recoñecer situacións do medio natural do alumno que requiran para
a súa comprensión ou tratamento, de operación elementais de
cálculo.
c. Empregar e elaborar instrumentos e estratéxias persoais de cálculo
mental e de medida valorando a coherencia dos resultados.
d. Utilizar de forma axeitada as tecnoloxías da información, a biblioteca
e calquera outro recurso do que se dispoña, tanto para o cálculo
como na busca, tratamento e representación de información
diversas.
2. RELACIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS:
a. Competencia en Comunicación Lingüística:
i. Empregar o vocabulario matemático adecuado a situación.
ii. Manifestar opinións persoais de maneira argumentada.
b. Competencia matemática.
i. Operar, calcular e expresar cantidades.
ii. Aplicar técnicas adecuadas de recollida, ordenación e
representación de datos.
![Page 3: Unidade didáctica pdi](https://reader036.fdocuments.co/reader036/viewer/2022073018/559b6dfd1a28abf16a8b45b9/html5/thumbnails/3.jpg)
3
c. Competencia de Autonomía e Identidade persoal.
i. Mostrar iniciativa, confianza e seguridade na análise de
situacións.
ii. Facer diversas conxecturas e comprobalas.
iii. Ser perseverante e voluntarioso na busca de solucións
diversas ante problemas que esixen probar distintas
estratexias de resolución matemática.
d. Competencia no Coñecemento e Interacción co mundo físico e
natural.
i. Recoñecer a relación calidade-prezo nos productos de compra
habitual.
ii. Valorar críticamente a elección dos productos de compra en
función da calidade e necesidades, así como as propias
posibilidades económicas.
3. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:
a. Coñecer a moeda de uso no país e na zona euro.
b. Identificar as moedas e billetes de euro.
c. Saber aplicar os euros en actividades da vida diaria.
d. Expresar cantidades de diñeiro de diferentes formas.
e. Desarrollar o cálculo mental.
f. Identificar do total da compra: o que debemos pagar, o que nos teñen
que devolver e o que nos falta.
g. Resolver, co emprego de nocións matemáticas ( estimacións, sumas
e restas), situación de compra nas que deben utilizar as moedas e
billetes.
![Page 4: Unidade didáctica pdi](https://reader036.fdocuments.co/reader036/viewer/2022073018/559b6dfd1a28abf16a8b45b9/html5/thumbnails/4.jpg)
4
h. Cácular o redondeo ao céntimo.
i. Valorar a importancia do uso do diñeiro para a vida cotiá.
j. Participar e traballar en grupo.
4. CONTIDOS.
a. O euro: moedas e billetes
b. Emprego do diñeiro: compra e venta.
c. Expresión de cantidades: cantidades exactas, cambio, redondeo.
d. Valoración da importancia do cálculo correcto no manexo do diñeiro.
e. O traballo en grupo.
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
a. Identifica e expresa verbalmente cantidades mostradas observando
billetes e moedas.
b. Representa, empregando billetes e moedas, cantidades de diñeiro.
c. Resolve situacións de compra de obxectos empregando as moedas e
os billetes de euro adecuados a cada situación.
d. Utiliza o cálculo mental para resolver problemas de compra de
obxectos.
e. Redondea cantidades ao céntimo por exceso e por defecto.
f. Traballa de forma colaborativa no grupo.
6. INSTRUMENTOS E TÉCNICASDE AVALIACIÓN.
a. Listas de control.
b. Escalas de estimación.
c. Observación directa.
d. Grabacións en video.
e. Xogos de simulación.
![Page 5: Unidade didáctica pdi](https://reader036.fdocuments.co/reader036/viewer/2022073018/559b6dfd1a28abf16a8b45b9/html5/thumbnails/5.jpg)
5
f. Tarefas de Edilim.
7. METODOLOXÍA.
a. Organizar ambientes ricos, estimulantes e motivadores.
b. Experiencias de aprendizaxes integradores que preparen para a
vida.
c. Investigación- acción no medio.
d. Criterio integrador.
e. Aprendizaxe cooperativo.
f. Traballo por grupos.
g. Emprego da biblioteca e as Tics.
8. TAREFAS TIPO.
a. Comezamos a actividade con un coloquio dando o turno de palabra
aos nenos para que conten se teñen diñeiro propio e que uso lle
dan: gardalo na hucha, xuntalo para comprar algo, gastalo
deseguida.
b. Levaremos a conversa para concienciar aos nenos e nenas da
necesidade de un consumo responsable.
c. Na aula, con moedas e billetes elaborados na clase de plástica para
traballar cos nenos, identificaremos as diferentes moedas e billetes e
faremos relacións de cantidades.
d. Montaremos un comercio na aula que nos permitirá traballar coas
cantidades: cálculo exacto, cálculo mental, redondeo, estimación.
e. As actividades do comercio tamén xirarán cara a necesidadede un
consumo responsable.
![Page 6: Unidade didáctica pdi](https://reader036.fdocuments.co/reader036/viewer/2022073018/559b6dfd1a28abf16a8b45b9/html5/thumbnails/6.jpg)
6
f. Para traballar coas tics elaboraremos os alumnos e o mestre
actividades de autor coas que están familiarizados, concretamente a
partires do Edilim na PDI. Por grupos repartiremos as tarefas e
elaboraremos páxinas referidas a :
i. Identificar as moedas de euro, relacionando cada moeda co
seu valor.
ii. Relacionar as dúas caras dos billetes de euro.
iii. Aplicar o valor das moedas en actividades de compra e
cálculo mental.
iv. Calcular o redondeo ao céntimo por exceso e por defecto.
v. Una vez realizadas as actividades faremos o traballo con elas
en grupos favorecendo a aprendizaxe cooperativa.
vi. A partires de páxinas de enlace a internet faremos xogos para
adivinar o precio exacto de cada artículo, búsqueda de
tesouros, webquest, miniquest…
g. A unidade tamén será enmarcada nas actividades de biblioteca,
para isto o grupo de biblioteca elaborou uns billetes para o noso
centro e coa cara do nominado este ano nas Letras Galegas, Lois
Pereiro. A actividade consiste nun intercambio de libros: cada neno
ou nena traerá da súa casa un libro que xa leeu e que quere que
outros nenos o poidan ter. O encargado de biblioteca troca o libro por
un billete, que poderá empregar na compra de outro libro dos que
trouxeron os seus compañeiros, logo dunha exposición dos mesmos
na biblioteca ao longo do mes de maio.
![Page 7: Unidade didáctica pdi](https://reader036.fdocuments.co/reader036/viewer/2022073018/559b6dfd1a28abf16a8b45b9/html5/thumbnails/7.jpg)
7
9. TEMPORALIZACIÓN: Levaremos a cabo a unidade didáctica en 6 sesións
de 50 minutos cada una.
10. RECURSOS:
a. Libros de consulta e libros de lectura.
b. Internet.
c. Pizarra dixital, lector de documentos, ratón inhalambrico, tableta
gráfica…
d. Xogos na rede.
e. Contidos Educativos da Xunta.
11. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
Esta proposta didáctica ofrece moitas posibilidades de traballo inclusivo
cos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. Incorpora
recursos cos que poden traballar todos os alumnos, adaptándose as
súas características a través do traballo en grupo e cooperativo, e así
cada alumno traballará e participará en función das súas posibilidades .
Os proxectos de traballo favorecen a participación de todo o alumnado,
e os recursos tecnolóxicos permiten a adaptación as súas
características.
12. BIBLIOGRAFÍA.
Decreto 130/2007 do 28 de xuño polo que se establece o
currículo de primaria.
Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio .
O traballo por proxectos en primaria. Xunta de Galicia
Contidos educativos da Xunta.
Blogbibei.