Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de...

8
4. A Guerra Fría 4. A Guerra Fría Poucos anos despois do final da II Guerra Mundial (1945), pese aos intentos de conseguir unha convivencia pacífica entre as nacións do planeta, iníciase unha nova fase de conflitividade mundial: A Guerra Fría. 4.1 Que foi a Guerra Fría, e canto dura? Foi un estado continuo de tensión entre as dúas superpotencias que xurden tras a II Guerra Mundial (USA e URSS), xunto cos respectivos bloques de países que os apoian. Desenvólvese entre 1948 e 1989. Non houbo un enfrontamento directo entre este dous países, pero sí conflitos periféricos nos que interviron en bandos inimigos. Estas dous superpotencias teñen modelos económicos, políticos e sociais antagónicos. Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017 EEUU: -República federal. -Máximo representante do capitalismo. -Sociedade de consumo. URSS: -Estado totalitario. -Máximo representante do comunismo -Ampla cobertura de servizos sociais.

Transcript of Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de...

Page 1: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

4. A Guerra Fría4. A Guerra FríaPoucos anos despois do final da II Guerra Mundial (1945), pese aos

intentos de conseguir unha convivencia pacífica entre as nacións do planeta,

iníciase unha nova fase de conflitividade mundial: A Guerra Fría.

4.1 Que foi a Guerra Fría, e canto dura?

Foi un estado continuo de tensión entre as dúas superpotencias que

xurden tras a II Guerra Mundial (USA e URSS), xunto cos respectivos

bloques de países que os apoian. Desenvólvese entre 1948 e 1989.

Non houbo un enfrontamento directo entre este dous países, pero sí conflitos periféricos nos que interviron en bandos

inimigos. Estas dous superpotencias teñen modelos económicos, políticos e sociais antagónicos.

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017

● EEUU: -República federal. -Máximo representante do capitalismo. -Sociedade de consumo.

● URSS: -Estado totalitario. -Máximo representante do comunismo -Ampla cobertura de servizos sociais.

Page 2: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

4.2 URSS e USA tras a II Guerra Mundial.

USA tivo moi poucas perdas en comparación con outros países. En 1945 posuirá o maior exército e a economía máis

poderosa do mundo.

Pola súa banda, URSS será outro dos países vencedores, pero a destrución foi maior: sufriu numerosas perdas humanas,

e unha gran devastación.

USA pretenderá manter a súa hexemonía a través da presenza militar e a expansión do capitalismo polo mundo.

Namentres, A URSS quere crear un área de influencia ao seu redor (“cordón sanitario”), para evitar futuras invasións.

USA promove o Plan Marshall para axudar a reconstrución de Europa. Ademáis, a doutrina Truman fixa como principal

obxectivo da política exterior americana frear a expansión do comunismo no mundo.

En 1949 créase a OTAN (formado por USA, Canada e

dez países de Europa occidental), co fin de facer forza

conxunta ante algunha agresión comunista.

En resposta, en 1955 créase o Pacto de Varsovia,

unión da URSS e o os países do leste de Europa

para garantir militarmente a seguridade do territorio

comunista.

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017

Page 3: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

4.2 URSS e USA tras a II Guerra Mundial.

USA tivo moi poucas perdas en comparación con outros países. En 1945 posuirá o maior exército e a economía máis

poderosa do mundo.

Pola súa banda, URSS será outro dos países vencedores, pero a destrución foi maior: sufriu numerosas perdas humanas,

e unha gran devastación.

USA pretenderá manter a súa hexemonía a través da presenza militar e a expansión do capitalismo polo mundo.

Namentres, A URSS quere crear un área de influencia ao seu redor (“cordón sanitario”), para evitar futuras invasións.

4.3. O inicio da Guerra Fría: A crise de Berlín (1948)

Tras a II Guerra Mundial, Alemania foi dividida en catro sectores, dirixidos polas

catro potencias vencedoras: URSS, USA, Francia e Gran Bretaña. Berlín, a capital,

tamén estaba dividida en catro áreas, aínda que dentro da área de dominio soviético.

Descontento Stalin polas políticas americanas en Europa, bloquea a estrada que

comunicaba os sectores occidentais con Berlín. A crise se salva cunha ponte aérea que

é capaz de abastecer.

Pero a partir deste incidente, acentúanse as hostilidades entre USA e URSS.

En 1949, Gran Bretaña, USA e Francia unen os seus territorios e crean a R.F.A. (República

Federal Alemana). Ese mesmo ano créase na parte leste a R.D.A. (República Democrática

Alemana), comunista e prosoviética.

En 1961, constrúese o Muro de Berlín que separaba as dúas metades da cidade.

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017

Page 4: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017

4.4. A crise dos misiles de Cuba (1962).

Probablemente é o episodio que máis cerca estivo de rematar nun conflito

nuclear. Dende 1949 a URSS xa tiña armas atómicas, e a súa intención era

instalar plataformas de lanzamento na Cuba de Fidel Castro, a menos de 90

millas de distancia das costas norteamericanas.

Kennedy e Jurschov foron capaces de lograr unha saída negociada ao conflito.

4.5. A guerra de Vietnam (1959-76)

Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte, comunista, e a sur, cun goberno-títere de USA. Os

vietnamitas do norte pretenden reunificar el país, e xurde o conflito. USA entrará en guerra apoiando ao sur, e URSS ao

norte.

Page 5: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017

A guerra remata cunha derrota de Vietnam do Sur e USA, e a unificación do país baixo un goberno comunista.

“Un país asiático relativamente subdesenrolado cun excedente de homes pode soportar moitísimos bombardeos sen dicir ni pío”

Paul Warnke, Subsecretario de Defensa de Estados Unidos, febreiro de 1968.

Page 6: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017

A guerra remata cunha derrota de Vietnam do Sur e USA, e a unificación do país baixo un goberno comunista.

- Si se contan as bombas lanzadas sobre Vietnam do Norte, Laos e Camboia, e as misións tácticas dentro do Vietnam do Sur, súmanse uns 8 millóns de bombas, é dicir, catro veces a cantidade utilizada durante a Segunda Guerra Mundial.

- Por parte de USA, morreron 46.370 soldados en combate, máis 10.000 por causas alleas ao combate; uns 300.000 foron feridos de diversa consideración.

- Calcúlase que morreron ao redor de 2 millóns de vietnamitas, entre poboación civil e militar.

Page 7: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

4.6. O final da Guerra Fría.

Nos anos 80 chegan ao poder dous personaxes fundamentais: Reagan en USA, e Gorbachov en URSS.

Reagan pon en marcha un programa de escudo antimisiles, coñecido popularmente como “Guerra das Galaxias”.

Pola súa parte, a URSS está ao borde do colapso económico, e non pode seguir coa forte inversión militar. Gorbachov

inicia un programa coñecido como Perestroika, co que pretenderá reformar o comunismo soviético para impedir a ruína do

país.

Lévanse a cabo novos acordos para a redución do armamento nuclear, e celébranse xuntanzas diplomáticas para aliviar a

tensión.

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017

Page 8: Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a ......2017/06/04  · 4.5. A guerra de Vietnam (1959-76) Tras a II Guerra Mundial, Vietnam divídese en dúas metades: a norte,

O 9 de novembro de 1989 prodúcese a caída do Muro de Berlín, dando deste xeito por rematada a Guerra Fría.

Poucos anos despois, en 1991, disólvese a URSS, o Estado que xurdira tras a Revolución Rusa de 1917.

Unidades 10-11: A II Guerra Mundial. A Guerra Fría e a descolonización. Historia 4º ESO. NS Esperanza. Curso 2016/2017