VeláZquez
description
Transcript of VeláZquez
VELÁZQUEZ: OBRAS DESTACADAS
Lucía Díaz Vilariño 2ºA
Velázquez (1599-1660)
• Gran dominio da técnica reflexada en personaxes de gran realismo e nas texturas e materiais dos obxectos cotiáns
• Representación de temas mitolóxicos como se fosen escenas costumbristas
• Dominio da perspectiva renacentista e creación da perspectiva aérea ou atmosférica que reproduce o aire que hai entre as figuras
• As manchas de pintura definen as figuras, non a liña
A vella fritindo ovos (1618)
Escena costumbrista Influencia do claroscuro de
Caravaggio: personaxes iluminados no primeiro plano e fondo escuro
Detallismo nos numerosos obxectos
Afán por representar a realidade dun xeito naturalista. Así, o Barroco, a diferenza do Renacemento, non só non evita a representación de xestos e defectos que deformen as figuras, senón que incluso gusta da representación destes aspectos. Velázquez usa aquí dous modelos para realizar esta obra que volverá a usar noutras obras.
Cristo en casa de Marta (1618)
Presentación da escena principal nun segundo plano, a través dunha ventá. Típico do Barroco
Escena relixiosa disfrada de escena cotiá
Augador de Sevilla (1620)
Obra máis tenebrista de Velázquez. Fondo totalmente escuro que incluso “traga” un personaxe
Pode representar as tres idades do home
Destaca a mancha de auga do cántaro e a copa empañada
Triunfo de Baco (1628)
Non se aprecia a influencia de Caravaggio, pois a escea está totalmente iluminada
Tratamento do tema mitolóxico como unha escena case de taberna. Destácase o deus Baco pola cor da súa pel e a súa coroa
Personaxes tomados de modelos vulgares, de grade realismo e nada idealizados. Coñecido tamén como Os borrachos.
A forxa de Vulcano (1630)
Represéntase a Apolo comunicándolle a Hefesto na súa fragua que a súa muller Afrodita estálle sendo infiel con Ares
Destaca a expresión atónita dos traballadores Fragua cotiá, pero a presenza do personaxe do deus convérteo
nun tema mitolóxico. Apolo, difereciado polo resto pola roupa, cor da pel e halo que rodea a súa cabeza
A rendición de Breda (1635)
Momento da derrota das tropas holandesas en Breda polas españolas, que tratan aos vencidos sen humillalos
Os personaxes como o cabalo da dereita dirixen a mirada do espectador ás dúas figuras centrais nunha estudada composición
O personaxe da esquerda míranos implicando ao espectador
Na dereita, autorretrato Tamén chamado As lanzas
pola importancia que adquiren estas na obra. Transmiten a sensación dunha multitude de soldados
Principe Baltasar Carlos. Felipe IV
Retratos ecuestres da familia real para a que traballaba. Pretendía facer ostentación do seu poder
Apréciase unha sorprendente dificultade na representación dos cabalos A posición dos cabalos presenta unhas claras diagonais de gran
dinamismo
Bufón Cabaciñas (1635-1639) Velázquez reliza
un extenso catálogo de todos os personaxes do palacio real, ata estratos máis baixos
Perfecto exemplo do gusto do Barroco polos personaxes con defectos ou marxinais
Venus no espello (1644?)
Primeiro desnudo da historia de España, tradicional e católica
Desnudo de costas. Grande sofisticación que non resta sensualidade
De novo escena cotiá de non ser polo anxo da esquerda
O reflexo no espello mira ao espectador implicandoo na escena. Posible influencia de Van Eyck
Inocencio X (1650)
Gran retrato non só físico senón tamén psicolóxico. Transmite o forte carácter do Papa
As Meninas (1656) Escena onde Velázquez
se pinta no seu taller a si mesmo, a Infanta Margarida con todos os seus acompañantes e os Reis reflectidos no espello
Diferentes lecturas; algúns afirman que está a retratar á Infanta, outros aos Reis e outros simplemente traballando
Interesante xogo no espello, xa que sitúa aos Reis na posición do espectador
Diferentes puntos de luz que crean contrastes e profundidade
Usa a perspectiva aérea que permite dar a sensación de que hai aire entre as figuras
As Meninas (1656)
Infanta Margarida Velázquez Reis Felipe e Mariana Mari Bárbola e Nicolasito Pertusato
Isabel de Velasco Mª Agustina Sarmiento Apousentador Dona Marcela de Ulloa Real e gardadamas
As fiandeiras (1657) Parece un cadro de xénero.
En realidade conta o mito de Aracne na que Atenea condena á moza a fiar toda a súa vida como unha araña
Cóntase o mito en dous tempos: un cando están fiando no primeiro plano en un segundo ensinando o tapiz que consideraría a deusa como unha ofensa
Unha muller no fondo míranos implicándonos na escena
Atenea preséntase disfrazada como unha vella pero descubrimos a súa xuventude pola perna
Gran movemento que fai que non veamos os raios da roca e que a man de Aracne pareza ter seis dedos
Uso da perspectiva aérea