VISITA SALÓN DO LIBRO-ROTEIRO PONTEVEDRA 13 MARZO 2014 · 2015. 3. 14. · VISITA SALÓN DO...

26
VISITA SALÓN DO LIBRO-ROTEIRO PONTEVEDRA 13 MARZO 2014

Transcript of VISITA SALÓN DO LIBRO-ROTEIRO PONTEVEDRA 13 MARZO 2014 · 2015. 3. 14. · VISITA SALÓN DO...

  • VISITA SALÓN DO LIBRO-ROTEIRO PONTEVEDRA 13 MARZO 2014

  • Conta a lenda que a historia de Pontevedra comezou na Grecia antiga , cando Teucro , partiu para a Guerra de Troia co seu irmán Ajax . Á volta namorouse dunha serea chamada Leucoiña , e seguiuna ata o río onde está agora Pontevedra .

    Pero a historia di que a súa orixe está no seu pasado romano; Pontevedra sería Turoqua situada na estrada romana nºXIX .Coa decadencia do Imperio Romano no século III este lugar é abandonado . Pasarían así varios séculos e

    fóronse arruinando ponte romana e a estrada ata que no século XI este lugar é mencionado baixo o nome de PONTE Veteri ( Ponte Vella ) , que co paso dos anos resultaría Pontevedra.

    No século XVI, Pontevedra convírtes nunha cidade importante grazas ao seu porto que serve de saída ás salazóns e ao viño. Os portos cos que tiña comercio eran os do Mediterráneo, sobre todo Barcelona ,Valencia e Mallorca, Andalucía Occidental e a costa portuguesa. Nalgunhas ocasións este comercio chegaba ata Italia ,Túnez e Francia.

    A ruta do viño do Ribeiro era cara ao norte de España ,Irlanda e Gran Bretaña.

    Chegarían despois séculos de crise e decadencia, tanto pola perda de calado do puerto ,como pola actividade dos piratas que supoñía graves perigos para as rutas comerciais con Levante e co norte de España.

    Non será ata o S.XIX cando se produza un rexurdimento comercial e cultural, e é daquela cando se declara capital da provincia, no 1833.

    Hoxe Pontevedra como capital provincial, é unha cidade turística, industrial e de servizos, ademais de cabeceira da comarca de Pontevedra, capital das Rías Baixas e do camiño portugués a Santiago.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Comarca_de_Pontevedra

  • 1 Mercado de Abastos

    O Mercado de Pontevedra, sitúase na marxe do río Lérez Tras 50 anos de funcionamento foi reformado no ano 2003 polo arquitecto Cesar Portela. mantendo integramente as antigas fachadas e escalinatas interiores de cantería. Durante as obras descubriron restos da antiga muralla.

  • 2

    Parador Nacional – Casa do Barón

    O Parador é un pazo renacentista dos séculos XVI-XVII. Foi o primeiro parador de Galicia

  • 3 Santuario das Aparicións

    Trátase dun antigo pazo onde se instalaron, hai moitos anos, as monxas doroteas. É o lugar onde viviu algún tempo sor Lucía, última sobrevivente do milagre de Fátima.

  • 4 Praza Cinco Rúas

    Nesta praza destaca o cruceiro barroco do S. XVIII. Ademais de ter as clásicas esculturas de Jesús e a Virxe María está tamén adornado no seu fuste con outras imaxes como as de Adán e Eva. Castelao inmortalizouno na súa obra "As cruces de pedra na Galiza" Descubramos a casa onde residiu Valle-Inclán en diferentes momentos da súa vida.

  • 5 Capela do Nazareno

    Na rúa Tetuán atópase esta capela, de finais da Idade Media, Ten embutida na súa fachada unha pequena imaxe pétrea da Virxe. Actualmente é moi visitada o día do Nazareno (primeiro venres de marzo) para pedir as tres gracias, como en Cambados.

  • 6 Teatro Principal

    O Teatro Principal está edificado en 1842 sobre a vella igrexa de San Bartolomeu e foi reconstruido despois dun grave incendio. Tamén conta con dúas salas de exposicións e un auditorio con capacidade para 434 persoas,

  • 7 Casa das Campás

    Na rúa de D. Filiberto 9-11 atópase un dos edificios máis cargados de lenda da cidade: A Casa das campás, hoxe sede pontevedresa do reitorado da universidade. A lenda di que garda otesouro do capitán do "Burla negra", o pirata do barrio mariñeiro da Moureira, Benito Soto. Deste cóntase que logo dos seus correrias por Cabo Verde, Azores ou Canarias volveu á súa terra e antes de ser axusticiado polos ingleses en 1830 deixou entre as paredes desta casa unha gran fortuna.

  • 8 Liceo Casino

    O Liceo Casino de Pontevedra cumpriu en 2005 os seus cento cincuenta anos de existencia.

  • 9 Pazo dos Gago e Montenegro

    Situado na praza do Teucro, a súa fachada ten o maior escudo heráldico da vila, datado en 1716. Nel faise referencia a ocupación que tiña esta liñaxe como gardadores da porta da muralla que se situaba xunto á ponte do Burgo (poderemos apreciar unha man que sostén unhas chaves e a silueta da vella ponte).

  • 10 Praza do Teucro

    Chamada tamén praza das sementes ,coñecida na época medieval como do pan e do leite. Segundo conta a lenda, o arqueiro grego Teucro, medio irmán de Aiax, despois da Guerra de Troia, viaxou a Occidente e fundou a cidade de Pontevedra.,

  • 11

    Pazo dos Condes de San Román

    Pazo do século XVIII que desgraciadamente perdeu o curioso patio interior decorado con esculturas clásicas e a fachada que daba á Praza de Curros Enríquez; a fachada que da á plaza do Teucro ten soportais e posuía unha torre almeada.

  • 12 Praza de Curros Enríquez

    Debe o seu nome ao afamado escritor ourensán,. Nesta praza atopamos o monumento a Alexandre Bóveda que, xunto con Castelao, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en Pontevedra. Tamén destaca neste lugar unha fonte de ferro fundido que foi construída no século XIX e restaurada recentemente. É centro dunha importante vida social e comercial.

  • 13 Praza da Ferrería

    A Praza da Ferrería recibe o seu nome das forxas que existían nos seus soportais e que antigamente fornecían de metal aos demais gremios da cidade. Únese coa pequena Praza da Estrela, onde destaca a Casa das Caras que chama a atención pola cantidade de caras da súa fachada, e cos Xardíns de Casto Sampedro. Todo este conxunto atópase presidido pola potente presencia de dous edificios relixiosos: San Francisco e o Santuario da Peregrina,

  • 14 Praza da Estrela

    A praza da Estrela está unida á da Ferrería. Ten un dos cafés mais históricos da cidade: o Carabela. Nela poderemos admirar o antigo Pazo dos Barbeito, tamén coñecido como Casa das Caras polas figuras que adornan o edificio.

  • 15 Casa das Caras

    Presenta debaixo da cornixa, entre fiestra e fiestra, unha curiosa serie de medallóns con efixies ou caras de pedra, que deron orixe ao nome popular este edificio.

  • 16 Praza Méndez Núñez

    Antigamente coñecíase como a praza das Galiñas debido ao mercado de aves que alí se celebraba .A praza toma o seu nome da casa onde viviu o Almirante Méndez Núñez(mariño heroe da 1ª guerra do Pacífico que loitou en El Callao, Perú) e onde morreu en 1869. Nesa casa hai un gran magnolio centenario. A finais do século XIX este caserón foi centro de importantes e concorridas faladoiros de pensadores e escritores sendo o máis coñecido Valle Inclán..

  • 17 Praza da Verdura

    Leva este nome polo mercadillo que se celebraba tódalas mañás; nel vendíanse verduras, castañas e froitas. No século XIX instalouse nesta praza a fábrica da luz, sendo Pontevedra unha das primeiras cidades españolas en contar con este servicio. Atopamos, ademais, unha fonte igual á existente na Praza de Curros Enríquez.

  • 18 Praza da Leña

    A Praza da Leña recibe o nome do producto que nela se vendía para as antigas cociñas. É unha das estampas máis típicas de Pontevedra co cruceiro no centro e os pequenos pazos que acollen o museo. De carácter regular atópase rodeada de casas típicas do centro histórico. Destacan nun lateral os edificios do Museo Provincial: primeiro o de Fernández López, logo o de Castro Monteagudo e unido a este por unha graciosa ponte o de García Flórez. Estes dous últimos unha boa mostra dos pazos urbanos do século XVIII.

  • 19 Igrexa de San Bartolomeu

    Edificada entre os séculos XVII e XVIII, é unha igrexa xesuíta de estilo barroco. No seu interior atesoura un extraordinario conxunto de retablos e esculturas, atribuídas a moi importantes artistas. O edificio contiguo, coñecido como Edificio Sarmiento, era a sé do Colexio da Compañía de Xesús ata a súa expulsión no 1767; na actualidade pertence ao Museo de Pontevedra.

  • 20 Praza da Pedreira

    Antigamente conocida como praza da Herba, a praza da Pedreira. Está rodeada de pazos urbanos entre os que destaca o Pazo de Mugartegui, un precioso exemplo da arquitectura urbana do barroco. Debe o seu nome as actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade.

  • 21 Pazo de Mugartegui

    Construido durante os séculos XVII –XVIII, é un precioso exemplo da arquitectura urbana do barroco. Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, o Pazo de Mugartegui posúe unha fachada con escudos de varias familias e, coroando a construción, un magnífico exemplar de reloxo de sol. Alberga, ademais, o Consello Regulador do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

  • Capela da Peregrina

    Obra dun arquitecto portugués, é o santuario da patroa de Pontevedra. A obra foi pagada pola Cofradía da Nosa Señora do Refuxio e Divina Peregrina. De planta case redonda en forma de cuncha de vieira remata en cruz marcada pola cabeceira e a sancristía. No corpo superior imaxes de Santiago, San Roque e a Peregrina vestidos de peregrinos xacobeos, protectores dos fieis que ían a Santiago pola ruta

  • Pazo da Cultura

    O Pazo da Cultura sitúase a escasos cinco minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada constituíndo un escenario ideal para celebración de todo tipo de eventos tanto pola súa privilexiada situación como pola beleza das instalacións. Foi concibido como un conxunto de edificios, un espazo versátil que pode dar resposta a unha variada programación cultural. Este complexo cultural está dotado dun Auditorio que ocupa a nave central do edificio; conta con aforo para 772 persoas e goza de extraordinarias condicións acústicas e un escenario óptimo que fan posible tanto a programación de concertos como obras de teatro e toda clase de espectáculos de ballet e danza. Conta tamén cun salón de actos con capacidade para 276 persoas, equipado cos últimos avances tecnolóxicos; de moderna decoración, é idónea para a celebración de conferencias, cursos, seminarios e simposios . Así mesmo dispón de oito seminarios que se adaptan a calquera tipo de encontros e reunións profesionais .

  • Pazo de Congresos y Exposiciones

    O Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra é un Organismo Autónomo do Concello de Pontevedra dedicado a xestionar as actividades culturais, turísticas e comerciais nos ámbitos da música, ópera, teatro, congresos, exposicións, feiras, conferencias e outras actividades de análoga natureza a desenvolver nestas instalacións municipais. Atópase na marxe do río Lérez, a cinco minutos do centro da cidade, e pode acoller desde unha pequena reunión ata un acontecemento internacional de gran envergadura. Posúe unhas instalacións modernas e ampla experiencia na organización e xestión, que garanten o éxito de calquera actividade. O Pazo de Congresos dispón dun magnífico auditorio polivalente con aforo para 772 persoas, una sala de exposicións de 1200 metros cadrados, un recinto feiral, un salón de actos para 276 persoas, oito aulas para 40 persoas cada unha, aparcadoiro, restaurante e cafetaría, asi como todo o necesario para organizar desde un pequeno seminario ata un gran acontecemento.