Voluntariado e crise

8
Unha reflexión sobre o valor da solidariedade Voluntariado e crise Santiago González Avión

Transcript of Voluntariado e crise

Page 1: Voluntariado e crise

Unha reflexión sobre o valor da solidariedade

Voluntariado e criseSantiago González Avión

Page 2: Voluntariado e crise

Estamos en crise

Desde o noso punto de vista, o mundo cambiou moi

rápido, e para peor.

Pero para moita xente, agora vívese mellor que antes.

Estamos en crise respecto do nivel de vida que tiñamos

hai cinco anos.

Pero tamén estamos en crise porque carecemos dun

horizonte que nos ilusione.

A crise chegou para quedarse.

Page 3: Voluntariado e crise

Individualismo e solidariedade

Un dos problemas máis importantes para albiscar un horizonte que nos ilusione é o individualismo.

Por unha banda, a emerxencia do individualismo modernos fixo de nós persoas máis libres e máis responsables.Pero, por outra banda, sofren as relacións sociais e os proxectos colectivos.

Mentres as cousas foron ben, pensamos que era verdade que mirando cada quen polo seu, tamén avanzaba o ben común. E iso, a pesar de que había xente que sufría, que o pasaba mal de verdade.

Page 4: Voluntariado e crise

Precisamos individuos solidarios

A chegada da crise deixou claro que precisamos de proxectos colectivos, que fagamos entre todos, para poder saír adiante.

Pero as tecnoloxías da información e da comunicación, unidos aos Medios de Comunicación de Masas, e non só a ideoloxía, son a base material do novo individualismo, que, en parte non ten volta atrás.

O novo individualismo veu para ficar. Pero precisamos facer agromar un proxecto colectivo ilusionante para cada un de nós.

Page 5: Voluntariado e crise

Quen é o meu próximo

Por iso debemos preguntarnos por quen temos ao lado, quen é o noso próximo.

Pode parecer que agora xa non está claro e antes si; pero unha ollada máis fonda fainos descubrir que nunca foi doado.

Page 6: Voluntariado e crise

Hai un home tirado na cuneta...

Baixaba un home desde a Caeira a Pontevedra......Cando foi asaltado por uns desalmados, que lle roubaron canto tiña e o deixaron medio morto.Pasaba por alí un xuíz, camiño do traballo; ollou, e seguiu o seu camiño.Tamén quixo a sorte que pasase un crego. Pero tamén tiña a vida moi complicada... e seguiu camiño.Pero un xitano, deses do Bao que ninguén quere ao lado da casa, ao velo, sentiu mágoa. Cargouno na furgoneta e levouno a Montecelo.Ora ben, quen credes que se comportou como próximo con aquel home tirado na cuneta?

Page 7: Voluntariado e crise

Non é que o Estado xa non teña un papel. É que os Estados deben aos mercados, e están máis dispostos a rescatar bancos que a rescatar persoas.

Por suposto que podemos reclamar os nosos dereitos sociais e económicos diante das instancias que consideremos oportunas. E faremos ben en facelo, con realismo e con dramatismo.

Pero unha sociedade individualista, sen proxectos compartidos, dificilmente vai sentirse concernida polas protestas, salvo que teñamos unha articulación da solidariedade.

Somos nós quen debemos construír a solidariedade

Page 8: Voluntariado e crise

Está nas nosas mans

Ese é o noso papel, buscar as persoas que sofren á nosa beira, procurar as causas que poden mobilizarnos ao lado de outras persoas, decidir que estamos dispostos a dar, para que exista ese espazo comunitario. E poñernos a camiñar.

Non está nas nosas mans cambiar o mundo todo. Pero está nas nosas mans que haxa un espazo no que coñecernos e recoñecernos como persoas, no que axudarnos e comezar a ter unhas relacións máis sanas.