· Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún...

13
LINGUA GALEGA 26/4/2020 (irase actualizando cada semana e segundo as novas) As destrezas básicas aparecen xa nas rutinas diarias. Podedes facer un día lectura en castelán e escritura en galego e outro día ó revés, por exemplo. Aparece Rosalía de Castro como referencia da lingua galega. Xa eles a coñecen, pero que quede aí presente... 1. DE AQUÍ PODEDES ENVIAR MATERIAL. A expresión oral si é necesaria traballala todos os días na vosa vida diaria ou pedíndolle que vos falen de algo concreto. Tamén pasa o mesmo en castelán. Deberían traballar máis aquela que non é a súa lingua de fala habitual. Así que, estes exercicio

Transcript of  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún...

Page 1:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

LINGUA GALEGA

26/4/2020 (irase actualizando cada semana e segundo as novas)

As destrezas básicas aparecen xa nas rutinas diarias.

Podedes facer un día lectura en castelán e escritura en

galego e outro día ó revés, por exemplo.

Aparece Rosalía de Castro como referencia da lingua

galega. Xa eles a coñecen, pero que quede aí presente...

1. DE AQUÍ PODEDES ENVIAR MATERIAL. A expresión

oral si é necesaria traballala todos os días na vosa vida

diaria ou pedíndolle que vos falen de algo concreto. Tamén

pasa o mesmo en castelán. Deberían traballar máis aquela

que non é a súa lingua de fala habitual. Así que, estes

exercicio valen para calquera lingua. Igualmente,

podémolos pasar á escrita.

Opción 1

¿Que farías cando pase todo isto?

Primeiro...

Despois...

Page 2:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

A continuación...

Máis adiante...

Pero agora, de momento tamén teño que estar ben

quedando na casa. Eu adáptome? (Pensamos que cousas

positivas e non tan positivas lle vemos ó confinamento)

Opción 2

¿Que parte da casa me gustaría reformar?

Gustaríame facer cambios na miña casa.

Podemos pintar...

Tamén cambiar os mobles de...

Sería boa idea poñer algunha semente máis no/a...

E por último arranxar o/a...

¿Que opina a miña familia? Voulle preguntar e anotaremos

as nosas ideas.

Opción 3

Conta como son os teus primeiros paseos da corentena

nesta semana.

Page 3:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

Esta semana saín por primeira vez a pasear. Fun

andando/en bici...

Saín con....

Un día chegamos ata....

Outros días ata...

Sorprendeume que...

Foron uns paseos...

Nos próximos quero ir ata...

2. Contos Baía Edición. DE AQUÍ PODEDES ENVIAR MATERIAL.

1. NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA.

2. O DRAGÓN COMEMEDO.

Nas lecturas aplicamos as rutinas diarias.

Do conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta

final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de

pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

dámolo probado. Reflexionemos se todos os medos eran

realmente importantes, vistos dende agora, claro...

Page 4:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

3. Adiviña e trabalinguas de fai dúas semanas. DE AQUÍ PODEDES ENVIAR MATERIAL.

4. Lecturas. DE AQUÍ PODEDES ENVIAR MATERIAL. Están divididas en partes para así poder ir perfeccionando

a lectura pouco a pouco. Facédelle gravacións cada día

para ver como van mellorando...pode ser boa idea... Aquilo

que está subliñado igual dubidan para entoación.

Diferenciamos un texto de outro. O segundo é un poema e

ten musicalidade...a ver se dades aprendido algún cachiño

de memoria...

Page 5:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

Intenta clasificar e investigar sobre os animais do autobús

de Zacarías.

Page 6:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,
Page 7:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,
Page 8:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

PODEDES ENVIAR MATERIAL DOS EXERCICIOS QUE SEGUEN: DO 5 AO 8.

5. Pon diérese en gu cando sexa preciso. Podedes responder oralmente ou sobre este documento.

6. Escribe dúas pezas de roupa axeitadas para cada momento. Por escrito mellor.

7. Adiviña.

Page 9:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

Debúxao no caderno coas cores correspondentes de abaixo cara arriba (en naturais hai máis información):

8. Marca ou di as palabras que non son estacións.

9. Continuade con máis... e lembrade colaborar co

lambecazolas! DE AQUÍ PODEDES ENVIAR MATERIAL.

RECEITA DE COCIÑA

Necesitamos saber...

- Ingredientes que veñen de vexetais.

- Ingredientes que veñen de animais.

- Para cantas persoas?

- Utensilios.

- Pasos sinxelos.

- Podémolo comer moi a miúdo? Cres que é saudable?

- Sería para o almorzo, a merenda, como primeiro

prato, segundo, prato único de cea ou postre?

- Debuxo e/ou fotos.

Page 10:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

10. Imos vendo, aos poucos, o vídeo sobre Silleda da TVG,

sobre a nosa terra próxima. Poñeremos actividades máis

concretas nas próximas semanas. Soaranos algo do que

vemos? Logo, compararemos cun vídeo que aparece en

Lingua Castelá, da televisión española. De momento, ídeos

vendo sen presa.

11. Contos Kalandraka TV. Ide mirando pouco a pouco se

coñecedes algúns. Anotade os que coñecedes.

Proximamente indagaremos sobre eles.

12. Tedes o https://digalego.xunta.gal/ par algunha dúbida ou

consulta.

13. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio

recomenda www.aulasgalegas.org

Aquí atoparedes algunhas curiosidades coas que vos

animo a experimentar.

14. Seguindo con actividades do Día do Libro. Consultade

os recentes retos publicados no blog:

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2020/04/os-retos-do-dia-do-libro.html

DE AQUÍ PODEDES ENVIAR MATERIAL. SUPER INTERESANTE: ELABORAR UN TEXTO A PARTIR DOS LIBROS QUE TEDES.

Page 11:  · Web viewDo conto 2: Analízate a ti mesmo e responde á pregunta final do libro. Algún alimento que lle tivemos medo de pequenos, ó final acabounos gustando ou, polo menos,

Á HORA DE ESCOLLER LIBROS, INTENTÁDEO FACER CON LIBROS EN GALEGO... ESTAMOS ENTRANDO EN MAIO, ONDE DESTACA A CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

TEDES TODO O MES DE MAIO DE PRAZO. SERÍA IDEAL ESCRIBIR UN TEXTO PREVIAMENTE E DESPOIS INTENTAR DICILO CANDA UN COMO POIDA, OU LENDO OU DE MEMORIA. ASÍ SERÍA UN TRABALLO MÁIS COMPLETO.