Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal,...

66
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2019-2020 PARA A MATERIA DE SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO PSICOLOXÍA DE TRES HORAS DE ASIGNACIÓN HORARIA SEMANAL DO IES LUÍS SEOANE ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN ..................................... 2 2. OBXECTIVOS DO BACHARELATO ................................................. 3 3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE …………………………………………….. 4 4. CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ÉSTANDARES DE APRENDIZAXE,COMPETENCIAS CLAVE ……………………………… 6 5. TEMPORALIZACIÓN ……………………………………………………. 23 6. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES, …………………………………… 24 7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ………... 29 8. CRITERIOS SOBRE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO ……………………………………………. 31 9. INDICADORES DE LOGRO ................................................................. 32 1

Transcript of Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal,...

Page 1: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2019-2020

PARA A MATERIA DE SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

PSICOLOXÍA

DE TRES HORAS DE ASIGNACIÓN HORARIA SEMANAL

DO IES LUÍS SEOANE

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN ..................................... 2

2. OBXECTIVOS DO BACHARELATO ................................................. 3

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN

DAS COMPETENCIAS CLAVE …………………………………………….. 4

4. CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ÉSTANDARES DE

APRENDIZAXE,COMPETENCIAS CLAVE ……………………………… 6

5. TEMPORALIZACIÓN ……………………………………………………. 23

6. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES, …………………………………… 24

7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ………... 29

8. CRITERIOS SOBRE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E

PROMOCIÓN DO ALUMNADO ……………………………………………. 31

9. INDICADORES DE LOGRO ................................................................. 32

10. AVALIACIÓN INICIAL E ATENCIÓN A DIVERSIDADE ..................... 33

11. RECUPERACIÓN E PROBAS EXTRAORDINARIAS .......................... 34

12. ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLAN ...................... 34

13. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR .................................... 35

14. MATERIAIS E RECURSOS …………………………………………… 35

15. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES......... 36

16. SEGUIMENTO DA MATERIA PENDENTE ……………………………. 36

17. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN ………. 36

1

Page 2: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

A materia específica Psicoloxía, correspondente ao curso de 2º de bacharelato,

impartirase por segunda vez no IES Luis Seoane neste curso 2019-20. Este instituto,

caracterizado por ser de mediano tamaño en canto a número de alumnos de secundaria,

conta cun alumnado en bacharelato que poderíamos caracterizar como de clase media

baixa e residente nun barrio periférico de Pontevedra incluso lindando con zonas rurais.

Esta materia aparece no bacharelato en Galicia a partir da implantación da LOMCE.

É polo tanto unha materia practicamente nova que esixe ao profesorado de filosofía un

importante esforzo xa que os seus contidos abarcan temas humanísticos –máis traballados

na nosa área- e tamén temas de carácter máis estritamente científico (nomeadamente no

achegamento aos fundamentos biolóxicos da conduta do bloque 2).

A experiencia recollida noutros centros nos que xa se leva impartindo a materia

varios cursos sinala que adoita existir un notable descoñecemento por parte do alumnado

da amplitude e profundidade do temario. Existe unha concepción “popular” do termo

“psicoloxía” que o identifica cunha certa habilidade innata de certas persoas máis que

cunha ciencia que afonda as súas raíces na filosofía máis temperá e que logo ao longo do

século XX chega a acada un estatuto científico do máis alto nivel.

Por outra banda é unha materia que pode servir como introdución e mesmo

presentación para a propia carreira universitaria do mesmo nome. Como profesión ten

múltiples aplicacións en numerosos eidos sociais (saúde, educación, deporte, selección de

persoal, marketing...) , pero tamén o seu mero coñecemento pode ser un bo complemento

para moitos outros campos como poden ser a economía, a política... Durante o curso

haberá que equilibrar os diferentes intereses dos alumnos, xa que as aplicacións e

reflexións desta ciencia poden servir a moitos e moi distintos propósitos.

A carga horaria da materia, tres horas, permite que se poidan acadar importantes

logros educativos. Pero tamén é certo que ao non existir unha proba nas ABAU relativa a

esta materia, é previsible que o alumnado tenda a dedicar máis tempo a outras materias

nas que si existirá unha proba externa que verifique que se teñen acadado os obxectivos

académicos.

2

Page 3: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

En vista dos anteriores puntos a idea reitora desta programación será, polo tanto,

tentar achegar ao alumnado a psicoloxía en toda a súa complexidade, isto é, como un

saber que permite o real entrecruzamento dos mundos humanístico e científico; pero este

achegamento ten que estruturarse de forma que o alumno vaia “descubrindo” por si

mesmo esta intrínseca complexidade. É dicir, que no fondo cando nos achegamos á

psicoloxía sufrimos o paradoxo de que en principio é imposible que unha mente se entenda

completamente a si mesma. Esta sensación é a que terán os alumnos ao empezar o curso:

a idea é ir tirando desas inquedanzas persoais para lograr unha maior implicación nas

actividades e unha mellor interiorización dos contidos.

2. OBXECTIVOS DO BACHARELATO

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha

conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do

Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a

corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a

sustentabilidade.

b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable

e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver

pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,

analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en

particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación

das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención

especial ás persoas con discapacidade.

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o

eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

3

Page 4: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da

comunicación.

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus

antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito

solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as

habilidades básicas propias da modalidade elixida.

l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos

métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da

tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o

respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial

referencia ao territorio galego.

m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa,

traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes

de formación e enriquecemento cultural.

ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e

social, e impulsar condutas e hábitos saudables.

o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á

súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE

A materia de Psicoloxía:

Relaciónase directamente coas competencias sociais e cívicas ( CSC), en tanto que

o seu tema principal é o ser humano e a súa conduta. Neste punto haberá que

reflexionar sobre a fenda que existe entre os resultados científicos que describen ao ser

4

Page 5: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

humano e as arelas éticas que este poida mostrar. É obvio que no marco do

bacharelato e nunha materia que fai un percorrido amplo pola psicoloxía non só como

ciencia senón como saber; será preciso deterse con frecuencia a analizar como afecta

o estudado ao marco de convivencia que como sociedade nos damos

- Esta materia contribuirá de maneira decisiva á adquisición da competencia lingüística (CCL), xa que a linguaxe será a ferramenta fundamental para a comunicación, a

representación, a comprensión e interpretación da realidade, así como para a

construción do coñecemento e a organización do pensamento. A materia proporciona

contidos e situacións de ensinanza-aprendizaxe significativas para estimular as catro

habilidades lingüísticas: falar, escoitar, ler e escribir. O uso do debate e da discusión

racional, ademais do traballo colaborativo, cooperan tamén ao desenvolvemento desta

competencia, porque esixe exercitarse na escoita, a exposición e a argumentación. En

concreto nesta materia a propia capacidade lingüística humana será obxecto de

reflexión, en tanto que moitas correntes da psicoloxía consideran que mente e linguaxe

son termos que non poden separarse.

A capacidade de iniciativa e o espírito emprendedor (CSIEE), será traballado durante

todo o curso, xa que a metodoloxía usada pasa por converter ao alumno no motor que

vai dirixindo a investigación. Nomeadamente no terceiro trimestre se tentará dar un

protagonismo aínda maior aos educandos e serán eles os que teñan que dirixirse y

regularse a si mesmos para elaborar unha investigación final.

CMCCT : A competencia matemática se traballará de modo tanxencial en moitos

momentos do curso. Como se apuntaba na introdución a psicoloxía moderna ten a

particularidade de ter nacido como un intento de estudar con criterios científicos estritos

a mente humana; polo tanto en múltiples momentos teremos oportunidade de facer

referencia a conceptos matemáticos, nomeadamente relacionados co ámbito da

estatística e a análise numérica, e outros como a xeometría en relación as ilusións

ópticas...etc

A materia pretende contribuír tamén á adquisición da competencia de aprender a aprender (CAA). Esta competencia esixe dominar útiles que faciliten a aprendizaxe,

pero tamén posuír unha visión estratéxica dos problemas e saber prever e adaptarse

aos cambios que se producen cunha visión positiva. A presentación dos contidos

tentará sempre evitar a posición pasiva do alumnado fronte as explicacións do profesor.

5

Page 6: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

As diferentes ferramentas pedagóxicas tentarán que o alumno sexa autónomo na busca

de información, de relacións da materia con outros coñecementos e na obtención de

conclusións persoais. Dende o departamento de Filosofía pensamos que os alumnos

deben acabar o bacharelato cuns certos coñecementos, é certo, pero especialmente

cunha confianza en si mesmos que teña sido construída sobre alicerces sólidos, isto é,

o traballo persoal desenvolvido nas diferentes materias da nosa área. Este obxectivo

implica a posibilidade de que o alumno se equivoque máis veces, pero tamén obriga ao

mesmo a que se autoavalíe con maior rigor e obxectividade.

O emprego de ferramentas dixitais propias de internet contribuirá de forma notable ao

desenvolvemento do tratamento da información e, con iso, o desenvolvemento da

competencia dixital (CD) O complemento adecuado para sacarlle o maior rendemento

posible é o traballo colaborativo e o uso de redes dixitais e os debates, que axudarán

nun tratamento efectivo e selectivo da información a partir de pautas dixitais. Cando

adquiran esta competencia, os alumnos deben ser capaces de buscar e seleccionar

con espírito crítico os datos necesarios, procesalos cientificamente en función do

obxectivo desexado, identificar preguntas, formular hipóteses, resolver problemas e

alcanzar conclusións.

A adquisición da competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) debería

ser unha consecuencia lóxica do desenvolvemento do curso. Poucas materias teñen

unha historia tan rica en relacións con diferentes eidos da cultura como a Psicoloxía.

Temas como a psicoanálise, as enfermidades mentais na literatura ou no cine, ou

aspectos que se tratarán como a intelixencia ou a sexualidade están íntimamente

imbricadas no imaxinario cultural, especialmente dos séculos XX e XXI. Se tentará ir

buscando nestas relacións aquelas que sexan significativas para o alumnado,

especialmente, en relación a outras materias que cursan neste derradeiro ano do

bacharelato.

6

Page 7: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

4. CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ÉSTANDARES DE APRENDIZAXE, COMPETENCIAS CLAVE

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

Bloque 1. A psicoloxía como ciencia

▪ b▪ e▪ h▪ l

▪ B1.1. A psicoloxía desde as súas orixes en Grecia ata o século XIX.

▪ B1.2. Constitución da psicoloxía como saber autónomo: Wundt, Watson, James e Freud.

▪ B1.3. Diversidade de acepcións do termo psicoloxía ao longo da súa evolución.

▪ B1.4. Obxecto propio da psicoloxía. A psicoloxía e outros saberes.

▪ B1.1. Entender e apreciar a especificidade e a importancia do coñecemento psicolóxico, como ciencia que trata da conduta e os procesos mentais do individuo, valorando que se trata dun saber e unha actitude que estimula a crítica, a autonomía, a investigación e a innovación.

▪ PSB1.1.1. Explica e constrúe un marco de referencia global da psicoloxía, desde as súas orixes en Grecia (nas filosofías de Platón e Aristóteles), ata o seu recoñecemento como saber independente da man de Wundt, Watson, James e Freud, definindo as acepcións do termo psicoloxía ao longo da súa evolución, desde o etimolóxico, como "ciencia da alma", aos achegados polas correntes actuais: condutismo, cognitivismo, psicanálise, humanismo ou Gestalt.

▪ CAA PETI

T1,2,3U1,3,4,5

PSB1.1.2. Recoñece e valora as cuestións e os problemas que investiga a psicoloxía desde os seus inicios, distinguindo a súa perspectiva das proporcionadas por outros saberes.

▪ CMCCT ▪TI ▪T1

▪U1

▪ d▪ e▪ l

▪ B1.5. Obxectivos que caracterizan a psicoloxía.

▪ B1.6. Facetas teórica e práctica da psicoloxía, e

▪ B1.2. Identificar a dimensión teórica e práctica da psicoloxía, os seus obxectivos, as súas características e as súas

▪ PSB1.2.1. Explica e estima a importancia dos obxectivos que caracterizan a psicoloxía: describir, explicar, predicir e modificar.

▪ CMCCT ▪PE ▪T1

▪U1

7

Page 8: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

ámbitos de aplicación.▪ B1.7. Metodoloxías da

investigación psicolóxica: métodos e obxectivos.

ramas e técnicas de investigación, relacionándoas, como ciencia multidisciplinar, con outras ciencias cuxo fin é a comprensión dos fenómenos humanos, como a filosofía, a bioloxía, a antropoloxía, a economía, etc.

▪ PSB1.2.2. Distingue e relaciona as facetas teórica e práctica da psicoloxía, e identifica as ramas en que se desenvolven (clínica e da saúde, da arte, das actividades físico-deportivas, da educación, forense, da intervención social, ambiental, etc.), investigando e valorando a súa aplicación nos ámbitos de atención na comunidade, como na familia e na infancia, na terceira idade, en minusvalías, muller, xuventude, minorías sociais e inmigrantes, cooperación para o desenvolvemento, etc.

▪ CSC ▪PE

▪TI

▪T1

▪U1

▪ PSB1.2.3. Describe e aprecia a utilidade das técnicas e das metodoloxías de investigación psicolóxica, explicando as características de cada unha, como son os métodos comprensivos (introspección, fenomenoloxía, hermenéutica, test, entrevista persoal, dinámica de grupos, etc.) e os seus obxectivos (observación, descrición, experimentación, explicación, estudos de casos, etc.).

▪ CAA ▪PE

▪TI

▪T1

▪U1

▪ a▪ d▪ e▪ g▪ h

▪ B1.8. Achegas máis importantes da psicoloxía na comprensión dos fenómenos humanos. Problemas tratados e conclusións ofrecidas.

▪ B1.9. Teorías psicolóxicas: psicanálise, condutismo, teoría cognitiva, Gestalt, humanismo e psicobioloxía.

▪ B1.10. Textos de autores como W. Wundt, S. Freud, A. Maslow, W. James e B. F. Skinner, entre outros.

▪ B1.3. Recoñecer e expresar as achegas máis importantes da psicoloxía, desde os seus inicios ata a actualidade, identificando os principais problemas formulados e as solucións achegadas polas correntes psicolóxicas contemporáneas, e realizando unha análise crítica de textos significativos e breves de contido psicolóxico, identificando as problemáticas formuladas e relacionándoas co estudado na unidade.

▪ PSB1.3.1. Explica e recoñece a importancia das achegas que a psicolóxica realizou na comprensión dos fenómenos humanos, identificando os problemas específicos dos que se ocupa e as conclusións achegadas.

▪ CCEC ▪TI ▪T1,2,3

▪U1,3,4,5,6

▪ PSB1 3.2. Utiliza a súa capacidade de aprender a aprender, realizando os seus propios mapas conceptuais, utilizando medios informáticos, acerca das seguintes teorías: psicanálise, condutismo, teoría cognitiva, Gestalt, humanismo e psicobioloxía.

▪ CAA ▪TI ▪T1

▪U1

8

Page 9: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ PSB1.3.3. Analiza e valora criticamente textos sobre os problemas, as funcións e as aplicacións da Psicoloxía de autores como W. Wundt, S. Freud, A. Maslow, W. James e B. F. Skinner, entre outros.

▪ CCL ▪PE

▪TI

▪T1

▪U1

▪ PSB1.3.4. Utiliza a súa iniciativa para expor as súas conclusións argumentadamente, mediante presentacións gráficas, en medios audiovisuais.

▪ CD▪ CSIEE

▪TI ▪T1

▪U1

Bloque 2. Fundamentos biolóxicos da conduta

▪ e▪ g▪ h▪ i

▪ B2.1. Anatomía do encéfalo humano. Comparativa co doutros animais.

▪ B2.2. Filoxénese da evolución do cerebro humano e relación coa conduta.

▪ B2.1. Explicar a evolución do cerebro humano desde un enfoque antropolóxico, distinguindo as súas características específicas das doutros animais, co fin de apreciar a importancia do desenvolvemento neurolóxico e as consecuencias que delas se derivan.

▪ PSB2.1.1. Identifica, contrasta e valora a nivel anatómico diferentes tipos de encéfalos animais en comparación co humano, valéndose de medios documentais.

▪ CMCCT ▪PE ▪T1

▪U2

▪ PSB2.1.2. Investiga a través de internet a filoxénese humana e a evolución do cerebro, explicando e apreciando a relación directa que mantén co desenvolvemento da conduta humana.

▪ CD ▪PE

▪TI

▪T1

▪U2

▪ d▪ e▪ g▪ i

▪ B2.3. Morfoloxía da neurona. Sinapse, impulso nervioso e neurotransmisores.

▪ B2.4. Áreas do cerebro e as funcións que executan.

▪ B2.2. Analizar e apreciar a importancia da organización do sistema nervioso central, fundamentalmente do encéfalo humano, distinguindo as localizacións e as funcións que determinan a conduta dos individuos

▪ PSB2.2.1. Realiza unha presentación, con medios informáticos, en colaboración grupal, sobre a morfoloxía neuronal e a sinapse, describindo o proceso de transmisión sináptica e os factores que a determinan, o impulso nervioso e os neurotransmisores.

▪ CD ▪TG

▪TI

▪T1

▪U2

▪ PSB2.2.2. Investiga e explica a organización das áreas cerebrais e as súas funcións, e localiza nun debuxo as devanditas áreas.

▪ CMCCT ▪PE

▪TI

▪T1

▪U2

9

Page 10: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ e▪ h▪ i▪ l

▪ B2.5. Técnicas de investigación da actividade cerebral: anxiogramas, EEG, TAC, TEP, IRM, intervencións directas e estudo de casos.

▪ B2.6. Impulso que deron as técnicas de investigación do cerebro para o estudo do comportamento e a solución dalgunhas patoloxías.

▪ B2.3. Entender e valorar as técnicas actuais de investigación do cerebro e o seu impacto no avance científico acerca da explicación da conduta e na superación dalgúns trastornos e dalgunhas doenzas mentais.

▪ PSB2.3.1. Describe e compara as técnicas científicas de investigación do cerebro: anxiogramas, EEG, TAC, TEP, IRM, intervencións directas e estudo de casos.

▪ CMCCT ▪PE ▪T1

▪U2

▪ PSB2 3.2. Analiza e aprecia o impulso que estas técnicas de investigación cerebral lle deron ao coñecemento do comportamento humano e á solución dalgunhas patoloxías.

▪ CSC ▪TI ▪T1

▪U2

▪ a▪ c▪ e▪ g▪ i

▪ B2.7. Bases xenéticas da diferenza entre a conduta feminina e a masculina.

▪ B2.8. Doenzas causadas por alteracións xenéticas. Anomalía na conduta. Síndromes.

▪ B2.4. Comprender e recoñecer algunhas das bases xenéticas que determinan a conduta humana, apreciando a relación de causa e efecto que pode existir entre ambas as dúas e destacando a orixe dalgunhas doenzas producidas por alteracións xenéticas.

▪ PSB2.4.1. Explica a influencia dos compoñentes xenéticos que interveñen na conduta, e investiga e valora se estes teñen efectos distintivos entre a conduta feminina e a masculina.

▪ CMCCT ▪TG

▪TI

▪T1

▪U2

▪ PSB2.4.2. Relaciona e aprecia a importancia das alteracións xenéticas coas doenzas que producen modificacións e anomalías na conduta, utilizando o vocabulario técnico preciso: mutación, trisomía, monosomía, deleción, etc.

▪ CCL ▪PE ▪T1

▪U2

▪ PSB2.4.3. Localiza e selecciona información en internet acerca de distintos tipos de doenzas causadas por alteracións xenéticas, tales como a síndrome de Down, a síndrome de Turner, a síndrome do miaño de gato ou a síndrome de Klinefelter, entre outras.

▪ CD▪ CMCCT

▪PE

▪TI

▪T1

▪U2

10

Page 11: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ b▪ c▪ d▪ h

▪ B2.9. Sistema endócrino. Glándulas e hormonas, e influencia na conduta. Influencia na diferenza entre a conduta feminina e a masculina.

▪ B2.5. Investigar e resumir a influencia do sistema endócrino sobre o cerebro e os comportamentos derivados diso, co fin de valorar a importancia da relación entre ambos.

▪ PSB2. 5.1. Realiza, en colaboración grupal, un mapa conceptual do sistema endócrino, apreciando a súa influencia na conduta humana e os seus trastornos, por exemplo: hipófise e depresión, tiroide e ansiedade, paratiroide e astenia, suprarrenais e delirios, páncreas e depresión, sexuais e climaterio, etc.

▪ CMCCT▪ CSIEE

▪TG ▪T1

▪U2

▪PSB2.5.2. Investiga as diferenzas endocrinolóxicas entre homes e mulleres, e os seus efectos na conduta, valorando o coñecemento destas diferenzas como un instrumento que permite un entendemento e unha comprensión mellores entre as persoas de diferente sexo.

▪ CSC ▪TG

▪TI

▪T1

▪U2

Bloque 3. Os procesos cognitivos básicos: percepción, atención e memoria

▪ b▪ d▪ e▪ g▪ h▪ l▪ m

▪ B3.1. Percepción: elementos e fases do proceso.

▪ B3.2. Teorías sobre a percepción: asociacionismo, Gestalt, cognitivismo e neuropsicoloxía.

▪ B3.3. Leis da percepción da Gestalt.

▪ B3.4. Ilusións ópticas e trastornos perceptivos.

▪ B3.5. Algúns fenómenos perceptivos: constancia perceptiva, percepción subliminar e

▪ B3.1. Comprender a percepción humana como un proceso construtivo eminentemente subxectivo e limitado, no cal ten a súa orixe o coñecemento sobre a realidade, valorando o ser humano como un procesador de información.

▪ PSB3.1.1. Distingue e relaciona os elementos que interveñen no fenómeno da percepción (estímulo, sentido, sensación e limiares de percepción), recoñecéndoos dentro das fases do proceso perceptivo (excitación, transdución, transmisión e recepción).

▪ CMCCT ▪PE ▪T2

▪U3

▪ PSB3.1.2. Compara e valora as achegas das principais teorías acerca da percepción: asociacionismo, Gestalt, cognitivismo e neuropsicoloxía.

▪ CAA▪ CCEC

▪TI ▪T2,1

▪U3,1

11

Page 12: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

extrasensorial, membro fantasma e percepción por estimulación eléctrica do cerebro (por exemplo, o ollo de Dobelle), etc.

▪ PSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando a súa achega conceptual e identificando exemplos concretos de como actúan (por exemplo, a través de obras pictóricas ou fotografías).

▪ CSIEE ▪TG ▪T2

▪U3

▪ PSB3.1.4. Procura e selecciona información, utilizando páxinas web, acerca dalgúns tipos de ilusións ópticas, diferenciándoas dos trastornos perceptivos como as alucinacións e a agnosia.

▪ CD ▪TG

▪TI

▪T2

▪U3

▪ PSB3.1.5. Comenta e aprecia algúns fenómenos perceptivos, como a constancia perceptiva, a percepción subliminar e extrasensorial, o membro fantasma e a percepción por estimulación eléctrica do cerebro (por exemplo, o ollo de Dobelle) entre outros, e expón as súas conclusións a través de soportes de presentación informáticos.

▪ CD ▪TG

▪TI

▪PE

▪T2

▪U3

▪ b▪ d▪ e▪ h

▪ B3.6. Factores individuais e sociais que inflúen na percepción.

▪ B3 2. Explicar e apreciar a relevancia das influencias individuais e sociais no fenómeno da percepción, valorando criticamente tanto os seus aspectos positivos como os negativos.

▪ PSB3.2.1. Discirne e elabora conclusións, en colaboración grupal, sobre a influencia dos factores individuais (motivación, actitudes e intereses) e sociais (cultura e hábitat) no fenómeno da percepción, utilizando, por exemplo, os experimentos sobre prexuízos realizados por Allport e Kramer.

▪ CSC ▪PE

▪TG

▪T2,3

▪U3,5

▪ b▪ d▪ e▪ g▪ m

▪ B3.7. A memoria. Atención e concentración.

▪ B3.8. Tipos de atención.▪ B3.9. Alteracións da

atención.

▪ B3.3. Coñecer e analizar a estrutura, os tipos e o funcionamento da memoria humana, investigando as achegas dalgunhas teorías actuais, co fin de entender a orixe e os factores que

▪ PSB3.3.1. Relaciona os conceptos de atención e concentración como puntos de partida da memoria, distinguindo os tipos de atención e os tipos de alteración que poden sufrir.

▪ CCL ▪PE ▪T2

▪U3

12

Page 13: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ B3.10. Tipos de memoria. Relación entre eles e utilidade que teñen na aprendizaxe humana.

▪ B3.11. Esquecemento: causas.

▪ B3.12. A memoria e os efectos producidos nela por desuso, interferencia, falta de motivación, etc.

▪ B3.13. Distorsións e alteracións da memoria.

inflúen no desenvolvemento desta capacidade no ser humano, e utilizar as súas achegas na súa propia aprendizaxe.

▪ PSB3.3.2. Utiliza a súa iniciativa persoal para deseñar e elaborar, con medios informáticos, un cadro comparativo sobre diferentes tipos de memoria (sensorial, MCP e MLP), analizando a correspondencia entre elas e valorando a utilidade que teñen na aprendizaxe humana.

▪ CSIEE ▪TI ▪T2

▪U3

▪ PSB3.3.3. Procura e selecciona información en páxinas web e libros especializados, acerca das principais causas do esquecemento, tales como as fisiolóxicas, as producidas por lesións, por represión, por falta de procesamento, por contexto inadecuado, etc., e elabora conclusións.

▪ CAA▪ CD

▪TG

▪TI

▪T2

▪U3

▪ PSB3.3.4. Analiza e valora a importancia dalgúns dos efectos producidos na memoria por desuso, interferencia, falta de motivación, etc., e expón as súas consecuencias de xeito argumentado.

▪ CCL ▪PE

▪TI

▪T2

▪U3

▪ PSB3.3.5. Exemplifica, a través de medios audiovisuais, algunhas distorsións ou alteracións da memoria, como a amnesia, a hipermnesia, a paramnesia e os falsos recordos, desenvolvendo a súa capacidade emprendedora.

▪ CD ▪TG

▪TI

▪PE

▪T2

▪U3

Bloque 4. Procesos cognitivos superiores: aprendizaxe, intelixencia e pensamento

13

Page 14: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ b▪ d▪ e▪ g▪ h▪ m

▪ B4.1. Teorías da aprendizaxe: condicionamento clásico; aprendizaxe por ensaio-erro; condicionamento instrumental; teoría cognitiva; aprendizaxe social.

▪ B4.2. Técnicas de condicionamento na publicidade.

▪ B4.3. Factores que inflúen na aprendizaxe: coñecementos previos adquiridos, capacidades, personalidade, estilos cognitivos, motivación, actitudes e valores.

▪ B4.1. Explicar as principais teorías sobre a aprendizaxe, identificando os factores que cada unha delas considera determinantes neste proceso, co obxecto de iniciarse na comprensión deste fenómeno e das súas aplicacións no campo social, e utilizar os seus coñecementos para mellorar a súa propia aprendizaxe.

▪ PSB4.1.1. Utiliza a súa iniciativa persoal para confeccionar, utilizando medios informáticos, un cadro comparativo das teorías da aprendizaxe: condicionamento clásico (Pavlov e Watson); aprendizaxe por ensaio-erro (Thorndike); condicionamento instrumental (Skinner); teoría cognitiva (Piaget); Gestalt (Khöler); aprendizaxe social ou vicaria (Bandura), etc.

▪ CSIEE ▪PE

▪TG

▪TI

▪T2,1

▪U4,1

▪ PSB4.1.2. Analiza e aprecia os resultados da aplicación das técnicas de condicionamento na publicidade, mediante a localización destas últimas en exemplos de casos concretos, utilizados nos medios de comunicación audiovisual.

▪ CCEC▪ CD

▪TG

▪TI

▪T2

▪U4

▪ PSB4.1.3. Describe e valora a importancia dos factores que inflúen na aprendizaxe, como por exemplo os coñecementos previos adquiridos, as capacidades, a personalidade, os estilos cognitivos, a motivación, as actitudes e os valores.

▪ CCL ▪PE

▪TI

▪T2

▪U4

▪ b▪ d▪ e▪ g▪ m

▪ B4.4. Teorías actuais sobre a intelixencia: teoría factorial de Spearman, multifactorial de Thurstone, e teorías de Cattell, Vernon, Sternberg, Gardner, etc.

▪ B4.5. Fases do desenvolvemento da intelixencia segundo J.

▪ B4.2. Comprender os procesos cognitivos superiores do ser humano, como a intelixencia e o pensamento, mediante o coñecemento dalgunhas teorías explicativas da súa natureza e o seu desenvolvemento, distinguindo os factores que inflúen nel e investigando a

▪ PSB4.2.1. Elabora mapas conceptuais dalgunhas das actuais teorías sobre a intelixencia, valorando as achegas que no seu estudo tivo cada unha delas, como por exemplo a teoría factorial de Spearman, a multifactorial de Thurstone e as de Cattell, Vernon, Sternberg, Gardner, etc.

▪ CAA ▪PE

▪TI

▪T2

▪U4

14

Page 15: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

Piaget.▪ B4.6. O CI e os

problemas da medición da intelixencia.

▪ B4.7. Procesos cognitivos superiores: pensamento, razoamento e creatividade.

eficacia das técnicas de medición utilizadas e o concepto de CI, co fin de entender esta capacidade humana.

▪ PSB4.2.2. Utiliza a súa iniciativa persoal para elaborar un esquema explicativo sobre as fases do desenvolvemento da intelixencia segundo J. Piaget, valorando a importancia das influencias xenéticas e do medio neste proceso.

▪ CSIEE ▪TG

▪TI

▪PE

▪T2

▪U4

▪ PSB4.2.3. Investiga, en páxinas de internet, o que é o CI e a escala de Stanford-Binet, que clasifica estes valores desde a deficiencia profunda ata a superdotación, apreciando a obxectividade real dos seus resultados e examinando criticamente algunhas técnicas de medición da intelixencia.

▪ CD ▪PE

▪TG

▪TI

▪T2

▪U4

▪ PSB4.2.4. Analiza o que é o pensamento, apreciando a validez tanto do razoamento como da creatividade na resolución de problemas e na toma de decisións.

▪ CCEC ▪TI ▪

▪ b▪ h

▪ B4.8. A intelixencia emocional e as súas competencias.

▪ B4.3. Recoñecer e valorar a importancia da intelixencia emocional no desenvolvemento psíquico da persoa.

▪ PSB4 3.1. Valora a importancia das teorías de Gardner e Goleman, realizando un esquema das competencias da intelixencia emocional e a súa importancia no éxito persoal e profesional.

▪ CAA ▪PE

▪TI

▪TG

▪T2,3

▪U4,5

▪ a▪ b▪ h▪ m

▪ B4.9. Posibilidades, alcance, límites e perigos da intelixencia artificial.

▪ B4.4. Reflexionar sobre as posibilidades da intelixencia artificial e xulgar criticamente os seus alcances e os seus límites, co fin de evitar a equivocada humanización das máquinas pensantes e a deshumanización das persoas.

▪ PSB4.4.1. Avalía, en traballo grupal, as vertentes positivas e negativas das aplicacións da intelixencia artificial, así como os perigos que pode representar pola súa capacidade para o control do ser humano, invadindo a súa intimidade e a súa liberdade.

▪ CMCCT▪ CSIEE

▪TG ▪T2

▪U4

Bloque 5. A construción do ser humano. Motivación, personalidade e afectividade.

15

Page 16: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ b▪ d▪ e▪ g▪ m

▪ B5.1. Teorías sobre a motivación: momeostática; das necesidades; do incentivo; cognitivas; psicanalíticas; humanistas.

▪ B5.2. Causas da frustración. Clasificación dos conflitos de Lewin.

▪ B5.3. Alternativas á frustración: agresión, logro indirecto, evasión, depresión ou aceptación.

▪ B5.4. Motivación e consecución de logros no ámbito laboral e no educativo.

▪ B5.1. Explicar e valorar a importancia da motivación, a súa clasificación e a súa relación con outros procesos cognitivos, desenvolvendo os supostos teóricos que a explican e analizando as deficiencias e os conflitos que no seu desenvolvemento conducen á frustración.

▪ PSB5.1.1. Utiliza e selecciona información acerca das teorías da motivación (homeostática; das necesidades; do incentivo; cognitivas; psicanalíticas; humanistas), utilizando mapas conceptuais, e elabora conclusións.

▪ CAA ▪PE

▪TG

▪TI

▪T3

▪U5

▪ PSB5.1.2. Recorre á súa iniciativa para realizar unha presentación, con medios informáticos, acerca das causas da frustración, partindo da clasificación dos conflitos de Lewin e valorando as respostas alternativas a esta, como a agresión, o logro indirecto, a evasión, a depresión ou a súa aceptación (tolerancia á frustración).

▪ CSIEE ▪TG

▪TI

▪T3

▪U5

▪ PSB5.1.3. Argumenta, en colaboración grupal, sobre a importancia da motivación no ámbito laboral e educativo, analizando a relación entre motivación e consecución de logros.

▪ CSIEE ▪TG ▪T3

▪U5

▪ b▪ d▪ e▪ g▪ h▪ m

▪ B5.5. Teorías da personalidade

▪ B5.6. Fases do desenvolvemento da personalidade

▪ B5.7. Métodos de avaliación da personalidade e as súas limitacións.

▪ B5.8. Relación entre a conciencia e os procesos inconscientes.

▪ B5.9. Drogas; alteracións de conciencia e de personalidade.

▪ B5.10. Identidade e autoestima.

▪ B5.2. Comprender o que é a personalidade, analizando as influencias xenéticas, ambientais e culturais sobre as que se edifica, as teorías que a estudan e os factores motivacionais, afectivos e cognitivos necesarios para a súa axeitada evolución, en cada fase do seu desenvolvemento.

▪ PSB5.2.1. Describe, establecendo semellanzas e diferenzas, as teorías da personalidade, como as provenientes da psicanálise, o humanismo, as tipoloxías, o cognitivismo e o condutismo, valorando as achegas que cada unha delas realizou no coñecemento da natureza humana.

▪ CAA ▪PE

▪TI

▪T3,1

▪U5,1

▪ PSB5.2.2. Recorre á súa iniciativa persoal para realizar unha presentación, a través de medios audiovisuais, sobre as fases do desenvolvemento da personalidade, por exemplo segundo a teoría psicanalista, e elaborar conclusións sobre os cambios que se producen en cada unha delas.

▪ CSIEE ▪TI ▪T3

▪U5

16

Page 17: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ PSB5.2.3. Analiza, valorando criticamente, as limitacións dalgúns métodos e estratexias para a avaliación da personalidade, como son as probas proxectivas (test de Rorschach, TAT, test da frustración de Rosenzweig, etc.), as probas non proxectivas (16 FP, NEO-PI-R e MMPI) e as técnicas fisiolóxicas (tomografías, etc.).

▪ CMCCT ▪TI ▪T3

▪U5

▪ PSB5.2.4. Diserta sobre a complexa relación entre a función da conciencia e os procesos inconscientes, analizando algúns fenómenos inconscientes, como os soños ou a hipnose.

▪ CCL ▪TI ▪T3

▪U5

▪ PSB5.2.5. Investiga, en traballo grupal, sobre os estados alterados de conciencia provocados polas drogas, valorando criticamente a súa influencia nas alteracións da personalidade, e presenta as súas conclusións de maneira argumentada.

▪ CSC ▪TG

▪TI

▪T3,1

▪U5,2

▪ PSB5. 2.6. Indaga sobre a relación entre identidade e autoestima, valorando criticamente a importancia do concepto de si mesmo/a e as repercusións que iso ten no desenvolvemento persoal e vital.

▪ CSIEE ▪TI ▪T3

▪U5

▪ b▪ c▪ e▪ g▪ h

▪ B5.11. Perspectivas, modelos de estudo e métodos usados para tratar as psicopatoloxías.

▪ B5.12. Trastornos en

▪ B5.3. Entender e reflexionar sobre a complexidade que implica definir o que é un trastorno mental, describindo algúns dos factores xenéticos, ambientais e

▪ PSB5.3.1. Describe perspectivas e modelos de estudo da psicopatoloxía, e reflexiona sobre os métodos utilizados por cada unha delas.

▪ CMCCT ▪PE ▪T3

▪U5

17

Page 18: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ m relación ás necesidades biolóxicas e ás adiccións.

▪ B5.13. Trastornos en relación ás emocións.

▪ B5.14. Trastornos en relación a elementos corporais.

▪ B5.15. Trastornos en relación á personalidade.

▪ B5.16. Trastornos en relación ao desenvolvemento evolutivo.

evolutivos implicados, co fin de comprender as perspectivas psicopatolóxicas e os seus métodos de estudo.

PSB5.3.2. Utiliza a súa iniciativa persoal para realizar un cadro esquemático, en colaboración grupal e utilizando medios informáticos, acerca das características relativas a algúns tipos de trastornos, por exemplo os asociados ás necesidades biolóxicas e ás adiccións (sexuais, alimentarias, drogodependencias, etc.), ás emocións (ansiedade e depresión), a elementos corporais (psicosomáticos, somatomorfos e disociativos), á personalidade (esquizoide, paranoide, limítrofe, dependente, narcisista, antisocial, etc.), ao desenvolvemento evolutivo (autismo, atraso mental, déficit de atención e hiperactividade, da aprendizaxe, asociados á vellez), etc.

▪ CAA ▪TG

▪TI

▪T3,1

▪U5,2

▪ b▪ d▪ e▪ g▪ h

▪ B5.17. Compoñentes hereditarios e aprendidos dos afectos.

▪ B5.18. Relación entre emoción e cognición.

▪ B5.19. Emocións primarias, secundarias e autoconscientes.

▪ B5.20. Teorías sobre a emoción, como experiencia, como comportamento ou como suceso fisiolóxico. A psicoafectividade e o equilibrio da persoa.

▪ B5.21. Trastornos e problemas emocionais.

▪ B5.4. Recoñecer e valorar os tipos de afectos, así como a orixe dalgúns trastornos emocionais, co obxecto de espertar o seu interese polo desenvolvemento persoal desta capacidade.

▪ PSB5.4.1. Explica os tipos de afectos (sentimento, emoción e paixón), especificando os seus determinantes hereditarios e aprendidos, e analizando a relación entre emoción e cognición.

▪ CCL ▪PE

▪TI

▪T3

▪U5

▪ PSB5.4.2. Describe as emocións primarias (medo, noxo, alegría, tristura, ira, sorpresa, etc.) e secundarias (ansiedade, hostilidade, humor, felicidade, amor, etc.), distinguíndoas das emocións autoconscientes (culpa, vergoña, orgullo, etc.).

▪ CCL ▪TI

▪TG

▪T3

▪U5

18

Page 19: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ PSB5.4.3. Realiza un cadro comparativo sobre as teorías sobre a emoción, por exemplo como experiencia, como comportamento ou como suceso fisiolóxico, valorando a importancia da psicoafectividade no equilibrio da persoa.

▪ CSC ▪TI ▪T3

▪U5

▪ PSB5.4.4. Investiga, a través de internet, algúns trastornos emocionais (indiferenza emocional, dependencia afectiva, trastorno maníaco-depresivo, descontrol emotivo, etc.) e problemas emocionais (medo, fobias, ansiedade, estrés, depresión, etc.), exemplificando a través dalgún soporte audiovisual, e elabora as súas conclusións.

▪ CD ▪TG

▪TI

▪T3

▪U5

▪ b▪ e▪ m

▪ B5.22. Importancia da afectividade e da sexualidade na maduración da persoa. Psicoloxía da sexualidade.

▪ B5.23. Comunicación emocional: linguaxe verbal e non verbal.

▪ B5.5. Coñecer a importancia que na maduración da persoa teñen as relacións afectivas e sexuais, analizando criticamente os seus aspectos fundamentais.

▪ PSB5.5.1. Identifica e aprecia a importancia que, no desenvolvemento e na maduración da persoa, teñen a afectividade e a sexualidade, como dimensións esenciais do ser humano, e describe os aspectos fundamentais da psicoloxía da sexualidade: fisioloxía da resposta sexual, conduta sexual, etc.

▪ CSC ▪PETGTI

▪T3

▪U5

▪ PSB5.5.2. Diserta sobre a importancia da linguaxe verbal e non verbal como medios de comunicación emocional na nosa vida cotiá, e expón de xeito claro e argumentado as súas conclusións.

▪ CCL ▪TG

▪TI

▪T3

▪U5

Bloque 6. Psicoloxía social e das organizacións

19

Page 20: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ a▪ b▪ c▪ g

▪ B6.1. Impacto das diferenzas culturais no comportamento individual: a súa influencia nos esquemas cognitivos, na personalidade e na vida afectiva.

▪ B6.2. Proceso de socialización. Influencia no desenvolvemento persoal dos grupos, os papeis e os status sociais.

▪ B6.3. Orixe social das actitudes persoais. Influencia en condutas violentas en distintos ámbitos.

▪ B6.4. Roles sociais de xénero e as súas consecuencias no pensamento e na conduta do home e da muller

▪ B6.1. Comprender e apreciar a dimensión social do ser humano, e entender o proceso de socialización como a interiorización das normas e valores sociais, apreciando a súa influencia na personalidade e na conduta das persoas.

▪ PSB6.1.1. Analiza e valora as diferenzas culturais e o seu impacto no comportamento das persoas ao exercer a súa influencia nos esquemas cognitivos, a personalidade e a vida afectiva do ser humano.

▪ CSC ▪PE ▪T3

▪U6

▪ PSB6.1.2. Realiza unha presentación, colaborando en grupo e utilizando medios informáticos, sobre o proceso de socialización humana e a influencia dos grupos, os papeis e os status sociais no desenvolvemento da persoa.

▪ CD ▪TG

▪TI

▪T3

▪U6

▪ PSB6.1.3. Investiga acerca da orixe social das actitudes persoais, valorando a súa utilidade para a predición da conduta humana e a súa influencia en condutas de violencia escolar, laboral, doméstica e de xénero, entre outras.

▪ CSC ▪TI ▪T3

▪U6

▪ a▪ b▪ c▪ d▪ e▪ g▪ h▪ m

▪ B6.5. Procesos psicolóxicos de masas: impulsividade, intolerancia, inconsciencia, falta de perseveranza, volubilidade e falta de capacidade crítica.

▪ B6.6. Estudo psicolóxico das masas de Gustav Le Bon. Contaxio de sentimentos e emocións, e perda temporal da personalidade individual e consciente da persoa.

▪ B6.7. Psicoloxía de Erikson e a súa explicación das condutas radicais e irracionais nalgúns grupos.

▪ B6.8. Medidas para previr a conversión das persoas en masa.

▪ B6. 2. Coñecer e valorar os procesos psicolóxicos das masas, a súa natureza, as características e as pautas de comportamento, co fin de evitar as situacións de vulnerabilidade en que da persoa poida perder o control sobre os seus propios actos.

▪ PSB6.2.1. Procura e selecciona información en internet acerca das características da conduta do individuo inmerso na masa, tales como impulsividade, intolerancia, inconsciencia, falta de perseveranza, volubilidade e falta de capacidade crítica, entre outras.

▪ CD ▪PE

▪TI

▪T3

▪U6

▪ PSB6.2.2. Utiliza e selecciona información acerca do estudo psicolóxico das masas, realizado por Gustav Le Bon, e elabora conclusións acerca do poder da persuasión, o contaxio de sentimentos e emocións que se produce nas masas e os seus efectos na perda temporal da personalidade individual e consciente da persoa.

▪ CSC ▪TG

▪TI

▪T3

▪U6

20

Page 21: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ PSB6.2.3. Indaga na psicoloxía de Erikson e destaca algunhas das causas psicolóxicas explicativas que sinala acerca dos actos terroristas ou do pensamento radical e irracional que se pon de manifesto en seguidores/as de equipos deportivos, artistas, grupos políticos, relixiosos, etc.

▪ CSC ▪PE

▪TI

▪T3

▪U6

▪ PSB6.2.4. Elabora conclusións, en colaboración grupal, e formula pautas de conduta preventivas co fin de evitar que as persoas se convertan en parte da masa, perdendo o control da súa conduta, dos seus pensamentos e dos seus sentimentos.

▪ CSC ▪TG ▪T3

▪U6

▪ b▪ e▪ h▪ m

▪ B6.9. Aplicación da Psicoloxía no mundo laboral. Recursos humanos: selección de persoal, integración na empresa, e evolución persoal e profesional.

▪ B6.10. Aplicación da psicoloxía no mundo laboral. Factores psicolóxicos e desenvolvemento laboral: adaptación, innovación, traballo colaborador, xestión de coñecementos, creatividade, autoestima, proposición de retos, motivación, fomento da participación, autonomía e xeración de ambientes creativos.

▪ B6.11. Aplicación da psicoloxía no mundo laboral. Riscos da saúde psicolóxica laboral.

▪ B6.3. Entender e describir a importancia da psicoloxía no campo laboral e o desenvolvemento das organizacións, reflexionando sobre a importancia do liderado como condición necesaria para a xestión das empresas, reflexionando sobre os erros psicolóxicos que se producen na súa xestión e procurando os recursos axeitados para afrontar os problemas.

▪ PSB6.3.1. Comenta e aprecia a importancia da aplicación da psicoloxía no mundo laboral, en temas tales como os aspectos psicolóxicos que inflúen na produtividade e no desenvolvemento empresarial, a importancia dos métodos e das técnicas psicolóxicas para a selección de persoal segundo os perfís laborais e a resolución de conflitos, etc.

▪ CSIEE ▪PE

▪TI

▪T3

▪U6

▪ PSB6.3.2. Procura e selecciona información sobre recursos humanos: selección de persoal e desenvolvemento de programas profesionais favorecedores da integración do persoal traballador na empresa, e a súa evolución persoal e profesional.

▪ CSIEE ▪TG

▪TI

▪T3

▪U6

21

Page 22: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Psicoloxía. 2º de bacharelato

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

Instrumento

s avaliac

ión

Temporalizaci

ón

▪ PSB6.3.3. Describe a importancia dos factores psicolóxicos que inflúen no desenvolvemento laboral, como a adaptación, a innovación, o traballo colaborador, a xestión de coñecementos, a creatividade e a autoestima, identificando factores fundamentais, como a proposición de retos, a motivación, o fomento da participación, a autonomía e a xeración de ambientes creativos, mediante exemplos de casos concretos e reflexionando criticamente sobre a súa aplicación en diversos ámbitos de traballo.

▪ CCL ▪PE ▪T3

▪U6

▪ PSB6.3.4. Investiga, en páxinas de internet, acerca dos principais riscos da saúde laboral, como son o estrés, a ansiedade, o mobbing e a síndrome de Burnout.

▪ CD ▪TG

▪TI

▪T3

▪U6

5. TEMPORALIZACIÓN.

Na procura dunha aprendizaxe significativa para o alumnado e a aplicación dunha metodoloxía contextualizada ( realidade da aula, dinámica do grupo, vida comunitaria do centro, actualidade social), a organización temporal relativa ao currículo ten que ser flexible e, debe estar suxeita a unha revisión permanente. Con carácter estimativo, tendo en conta que o calendario escolar para 2.º de Bacharelato na Comunidade de Galicia é de unhas 30 semanas, debemos contar cunhas 90 sesións de clase para esta materia.

Atendendo ao anterior, podemos, facer unha previsión en canto a repartición do tempo dedicado a cada unidade:

22

Page 23: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

UNIDADE DIDÁCTICA TEMPORALIZACIÓNU. 1: A psicoloxía como ciencia 20 sesións U. 2: Fundamentos biolóxicos da conducta 10 sesiónsU. 3: Os procesos cognitivos básicos: percepción, atención e memoria

15 sesións

U. 4: Procesos cognitivos superiores: aprendizaxe, intelixencia e pensamento

15 sesións

U. 5: A construcción do ser humano: Motivación, personalidade e afectividade

20 sesións

U. 6: Psicoloxía social e das organizacións 10 sesiónsTOTAL 90 sesións

Na primeiro trimestre, aínda que en función da data da 1ª avaliación esto se podería

alterar, se abordarán os temas dos bloques 1 e 2. O primeiro bloque ten unha gran

amplitude teórica en si, e ademáis inclúe a presentación da materias e das dinámicas a

realizar; por iso se estima que poida acadar as 25 sesións.

No segundo, os bloques 3 e 4. Aínda que é previsible que se inicien xa as dinámicas

grupais que abordan temas tamén do bloque 5

No terceiro trimestre, que en segundo de bacharelato adoita ser o máis curto. Se

verían os bloques 5 e o 6. O bloque cinco quedaría unido cos bloques 3 e 4 mediante a

realización dun traballo de investigación por parte do alumnado.

6. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES

• Dada a madureza esperable nos alumnos de 2º de bacharelato, o profesorado tentará que

a clase se caracterice por desenvolver un diálogo que permita ir afondando na materia sen

caer nunha educación memorística.

• Con esa intención será fundamental que os alumnos veñan a clase xa con lecturas ou

reflexións feitas acerca dos contidos a tratar. Con ese obxectivo, o profesorado dará

información e material para que algúns o todos os alumnos preparen pequenos resumos,

traian preguntas preparadas ou posturas xa pensadas para posibles debates.

23

Page 24: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

• Xa na aula o profesorado invitará a reflexión con determinadas cuestións iniciais que

permitan coñecer que cousas son xa sabidas e que temas hai que aclarar ou debater con

máis detalle.

• A partir de aí se producirá a aclaración e desenvolvemento dos contidos, que se realizará

a partir das actividades propostas polo profesor. O profesor aportará os esquemas,

explicacións e os datos básicos necesarios e pedirá a colaboración dos alumnos para

conseguir a información precisa para abarcar os contidos propostos na programación,

salientando a importancia da cooperación en todo tipo de traballo, e o feito de que a clase

é cousa de todos. A finalidade é propiciar a actividade de organización e reorganización,

así como a reflexión intelectual a través da elaboración por parte do alumno/a do seu

material de estudos a partir de distintas fontes de información (bibliográfica, informática, os

demais,...) e tendo en conta os distintos puntos de vista. Aconsellarase os alumnos/as

levar un diario de clase ou libreta para a materia.

• A disponibilidade de acceso a internet na aula aconsella que o intercambio de información

poida ser realizado en ocasións por medio de presentacións, enlaces a páxinas web, a

aula virtual ou participación en blogs.

• Os alumnos deberán mostrar a súa achega crítica os contidos da materia a través de

disertacións ou pequenos ensaios nos que mostren a interiorización do aprendido e o

espíritu crítico fronte ao mesmo.

• O profesorado proporá lecturas de libros relacionados coa materia, estas lecturas

poderán ser avaliadas mediante traballos de reflexión crítica ou ben mediante controles de

lectura.

• Realización de actividades de diversa natureza:

En cada estándar de avaliación se sinalan tres posibles categorías de actividades: PE (proba escrita), TG (traballo grupal) e/ou TI (traballo individual). En cada caso o docente

terá que avaliar se usar todas as actividades sinaladas atendendo as circunstancias do

grupo e do alumnado concreto (permitindo así a atención á diversidade do mesmo).

No seguinte cadro concrétanse exemplos típicos de procedementos e instrumentos de

avaliación para cada categoría e os indicadores de logro correspondentes a tales

exemplos.

24

Page 25: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

CategoríaInstrumento ou procedemento

de avaliaciónIndicador de logro

Probas escritas (PE) Preguntas tipo test de resposta múltiple

Acreditan os coñecementos do alumno de xeito directo. Reforzan a CCL

Preguntas de completarAcreditan os coñecementos do alumno de xeito directo. Reforzan a CCL

Preguntan de desenvolvemento temático

Levan ao alumno a crear sínteses significativas do aprendido. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Coñecemento do tema e uso apropiado do léxico teórico

• Claridade expositiva e orde argumentativo• Corrección ortográfica e gramatical

Comentario de texto (opcionalmente con preguntas orientadoras)

Desenvolven a CCL e a CAA, ao ter que examinar e darlle sentido a un texto dende as teorías aprendidas. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Comprensión do texto, identificando as ideas e os

conceptos máis importantes, e relacionándoos co estudado.

• Coñecemento do tema e uso apropiado do léxico teórico

• Claridade expositiva e orde argumentativo• Corrección ortográfica e gramatical

Traballos (Individuais e grupais)(TI e TG)

Pequenos ensaios

Desenvolven no alumno a CCL, a CAA e, en moitos casos, a CD, permitindo que localice información, a filtre e a sintetice dun xeito significativo para él e para quen puidera lelo. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Coñecemento do tema e uso apropiado do léxico teórico

• Claridade expositiva e orde argumentativo• Corrección ortográfica e gramatical• Corrección na presentación

Participación nos blogs

Desenvolve no alumno a CCL, a CSC e a CD, ao integralo nun entorno discursivo dialóxico e virtual onde ten que primar o respecto mutuo, nunca incompatible coa crítica razoada das opinións alleas. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Coñecemento das posibilidades do medio• Claridade expositiva e orde argumentativo nos

posts creados• Corrección ortográfica e gramatical• Capacidade dialóxica

Pequenos esquemas e mapas conceptuais

Desenvolve no alumno a CCL, a CAA, a CD e a CSIEE e a CMCCT, ao obrigalo a sintetizar ordeadamente a información da que dispón. Nestas probas os indicadores

25

Page 26: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Dominio das aplicacións empregadas• Coñecemento do tema e precisión no uso do seu

léxico• Boa estruturación, completude, sinxeleza e

claridade do esquema, que o fan idóneo como material didáctico.

Creación de glosarios e wikis

Desenvolven no alumno a CCL, a CAA, a CD e a CSC, ao permitirlle formar parte dunha creación dixital colectiva onde o que prima é o rigor no uso do léxico e a intertextualidade. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:• Coñecemento das posibilidades do medio • Precisión

conceptual.• Claridade expositiva• Capacidade de traballo conxunto• Corrección ortográfica e conceptual

Creación de carteis Desenvolve no alumno a CAA, a CCEC e a CSC, pois lles permiten xerar un produto cunha mensaxe que pretende ter repercusión social a partir da selección de información que poidan ter feito. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Plasticidade e creatividade• Claridade na mensaxe

• Harmonía entre imaxes e texto• Corrección gramatical e léxica no tratamento dos

temas

Creación de materiais multimedia

Engade ao instrumento anterior a CD, permitindo ao alumno o acceso a outros códigos para transmitir a súa mensaxe. Traballaríase dun xeito colaborativo. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Plasticidade e creatividade• Dominio das aplicacións empregadas• Claridade na mensaxe• Harmonía entre os distintos elementos• Pertinencia do exposto• Capacidade de impacto

Exposicións orais

Dos mellores instrumentos para traballar a CCL, a CSC, a CAA e a CSIEE. O alumno vese obrigado a mellorar o seu entendemento do tema para poder transmitilo aos seus compañeiros. Nestas probas os indicadores que se terán en conta, nunha gradación de 1 (moi pobre) a 4 (excelente), serán os seguintes:

• Corrección nos contidos expostos• Boa estruturación do discurso• Fluencia e claridade na dicción• Capacidade de resposta

Traballo na aula Traballo na libreta da aula Instrumento básico para comprobar a continuidade no

26

Page 27: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

traballo e o esforzo do alumno. Pode incluir exercicios de distintos tipos que traballen todas as competencias. Os elementos comúns a todo o traballo na libreta serán os seguintes:

• Realización dos traballos• Claridade e limpeza• Corrección nas respostas aos distintos tipos de

exercicio.

Interese, comportamento e participación

Instrumento de evidencia directa. Os elementos que se valorarán serán:

• Comportamento adecuado e respectuoso• Atención prestada as exposicións de docentes e

compañeiros• Traer o material de traballo• Participación activa no deseenvolvemento das

clases (preguntas, presentación de alternativas, ….)

Debates

Como no caso das exposicións orais, os debates son instrumentos óptimos para avaliar a CCL, a CSC, a CAA e a CSIEE. Son máis efectivos se son o resultado do traballo de distintos grupos, pero tampouco renunciamos a debates puntuais que poidan xurdir na exposición dalgunha temática. Os elementos que se terán en conta para avalialos serán:

• Corrección nos contidos expostos• Respecto as persoas coas que se debate e

actitude crítica construtiva con respecto ás opinións propias e alleas.

• Fluencia e claridade na dicción• Capacidade de chegar a puntos de acordo.

Ás anteriores actividades habería que engadir outras complementarias como busca

e tratamento da información con vistas a exposición oral, lectura de novas xornalísticas,

lectura de pequenas disertacións, anotacións a partir da visión de documentais,

comentarios a partir de fragmentos de obras cinematográficas, comentarios de artigos de

prensa relacionados co tema que se estea a tratar.

Os alumnos recibirán pautas xerais claras para a realización das actividades escritas de

maior importancia (analise, explicación, comentario e disertación). As actividades serán

realizadas tanto individualmente como en pequeno grupo.

• Ao final de cada tema se tentará elaborar algunha actividade de síntese para reforzar

sistematizar os conceptos estudiados: composición, mapa conceptual, sistematización oral.

7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

27

Page 28: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

Dous factores aconsellan que o peso de cada actividade en cada avaliación non

sexa o mesmo. En primeiro lugar o propio currículo da materia ten a súa parte máis

abstracta e teórica nos dous primeiros bloques; e en segundo lugar a propia dinámica de

2º de bacharelato fai que o último trimestre sexa curto e moi cargado de traballo para o

alumnado. Polo tanto a nosa proposta é ir diminuíndo o peso das probas escritas e

maximizando ó dos traballos grupais e individuais do seguinte modo:

Primeira avaliación:

Realización de dúas probas escritas (PE) que farán media entre sí (80% da nota),

traballo individual (TI) e traballo grupal (TG) (20%). Nesta primeira avaliación, como se

reflexa na táboa a maior parte do traballo será individual.

Na segunda avaliación:

Realización de dúas probas escritas (PE) que farán media entre sí (70% da nota),

traballo individual (TI) e traballo grupal (TG) (30%).

Na terceira avaliación:

Realización dunha proba escrita (PE) que contará o 50% da nota. O outro 50% da

nota virá dun traballo de investigación que terá unha parte grupal e outra individual que

terá que culminar cunha EXPOSICIÓN oral (TI), a partir dunha presentación, resultado

do traballo ou proxecto de grupo (TG).

Na proba escrita (PE) entrará, ademáis da materia do bloque 6, os temas tocados

por tódolos grupos e terá un carácter tamén de proba final na cal se mostre o grado de

interiorización da materia dada en todo o curso. Esta proba cubre o dobre obxectivo de

comprometer a atención aos traballos dos outros compañeiros e medir a capacidade

para lembrar os conceptos esenciais do curso, tarefa na que se concretan as

competencias acadadas polos alumnos ao finalizar o curso.

Realización de ACTIVIDADES o longo do trimestre que poden ser:

--- De clase e correxida ou comentada ou recollida no mesmo dia ou no vindeiro.

28

Page 29: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

---De encargo a data fixa e realización individual (Actividades de comprensión, Actividades

de aplicación, Composicións guiadas, Busca e tratamento de información, Actividades

sobre textos, preferentemente comentarios, Cuestións sobre lecturas)

---De traballo en grupo ou exposición oral, nestas valorarase non só a calidade dos

contidos expostos, senón o grao de colaboración entre os integrantes do grupo

O alumno/a debe entregar as actividades encargadas como moito, un día despois

da data establecida.

O profesor anotará se as actividades encargadas ou requeridas a un alumno/a

na clase están realizadas ou non, se é que a súa revisión lévase a cabo na clase.

O control das actividades ten por finalidade non só guiar o traballo diario do

alumnado, observando o seu grao de adquisición relativo a CCL, CD, CAA, CCEC, senón

avaliar o seu progreso en CSC e CSIEE.

O Control de actividades levaráse a cabo mediante a observación e análise de

tarefas, quedando rexistro das máis significativas:

--- Participación de cada alumno ou alumna nas actividades da aula, como debates,

postas en común, etc., que son un momento privilexiado para a avaliación de actitudes, a

capacidade de escoita, atención e empatía.

--- Traballo, interese, orde e solidariedade dentro do grupo.

--- Análise das producións dos alumnos: resumos, traballos de aplicación e síntese,

individuais ou colectivos, textos escritos.

--- O uso da correcta expresión escrita e oral será obxecto permanente de avaliación

en toda clase de actividades realizadas polo alumno.

PROBAS: A estrutura das probas escritas, de forma xeral, será a seguinte:

* Definicións breves dos conceptos máis relevantes e identificación das figuras máis

destacadas estudados na avaliación. Permiten avaliar non só a aprendizaxe de

conceptos e datos importantes, senón destrezas de tipo lingüístico (CCL) (calidade da

definición, recursos léxicos),e polo que se refire as figuras, existe directa relación coa

CCEC.29

Page 30: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

* Cuestións teóricas, relacionadas máis especialmente coa CCEC, CCL e CAA

- De desenrolo

- Ou de comparación

- Ou de síntese.

* Textos: Actividades que reflictan a capacidade de comprensión e análise de textos

relacionados coa materia ou a capacidade de explicación de textos utilizando os

coñecementos adquiridos na avaliación. Composición dun texto de carácter

argumentativo produto da reflexión e síntese persoal dos contidos traballados na

avaliación. En xeral, son actividades de aplicación do aprendido, pero, sobre todo

implican elaboración, avalían a capacidade do alumno para estruturar con coherencia a

información, establecer interrelacións entre factores diversos, argumentar loxicamente,

etc. Estas tarefas competenciais perseguen a realización dun produto final

significativo e adecuado a madureza propia de 2º de bacharelato. CAA, CCL, CCEC

8. CRITERIOS SOBRE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

Tanto a proba como as actividades versarán sobre os contidos establecidos para

cada avaliación.

• Para aprobar a Avaliación o alumno/a ten que acadar un mínimo de 5 atendendo as

porcentaxes marcadas anteriormente en cada avaliación para las probas escritas e os

traballos. No control de actividades de clase a puntuación será de forma xeral: Mal: 0;

Regular-Mal ou Moi Pobre: 0’25; Regular: 0,5; Ben: 0,75; Moi ben ou Excelente: 1.

• Para obter o equivalente a 5 no exame é necesario que o alumno/a se exprese con

corrección gramatical, claridade e a madurez que corresponde o nivel de estudos no que

se atopa, que o alumno/a sexa capaz de expresión autónoma (redactar por el mesmo), que

sexa capaz de relacionar ideas e que demostre un coñecemento dos contidos traballados

ao longo do trimestre, aplicándoos no tratamento dos temas e cuestións propostas.

A non realización dunha proba nas datas previstas ou acordadas por parte dun

alumno resolveráse engadindo a materia correspondente no posterior exame.

30

Page 31: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

A nota de avaliación resultará da nota obtida nas probas e de ter en conta a

cantidade e calidade das actividades realizadas polo alumno. Cunha nota igual ou inferior

ao 2,5 na proba escrita non se aproba a avaliación. Tampouco se poden aprobar as

respectivas avaliacións se non se fan as exposicións orais ou non se entrega o traballo de

investigación final

A nota final resulta da media das cualificacións obtidas nas tres avaliacións. O curso

se supera obtendo un mínimo de 5 puntos de media.

9. INDICADORES DE LOGRO

• Dominio xeral dos contidos da materia con capacidade para aplicar os

coñecementos a traballos de investigación autónomos.

• Capacidade para opinar de forma crítica acerca das diferentes concepcións da

psicoloxía partindo de datos obxectivos e avaliándoos de forma argumentada.

• Expresión gramatical correcta, clara e madura, en correspondencia co nivel de

estudos no que se atopa o alumnado.

• Expresión autónoma, que o alumno/a sexa capaz de redactar por el mesmo/a, que

sexa capaz de relacionar ideas.

• Aplicación do aprendido a contextos específicos, que demostre un coñecemento dos

contidos traballados ao longo do trimestre, aplicándoos no tratamento dos temas e

cuestións propostas.

• Coñecemento dos conceptos básicos ou fundamentais dos temas tratados: a través

das definicións, e a sua aplicación na explicación do sentido ou significado dos textos.

• Dominio dos mínimos establecidos para os estándares de aprendizaxe en cada un

dos bloques.

• Entender a relación da materia có resto de áreas do saber (humanidades, ciencias,

ciencias sociais, diferentes disciplinas cercanas...) e aplicación do aprendido na materia

noutros ámbitos de interese persoal do alumno.

31

Page 32: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

• Mellora na capacidade de autocoñecemento e na empatía a partir da comprensión

dos principais resortes psicolóxicos que afectan ao ser humano.

• Mantemento dun nivel expresivo (corrección ortográfica e gramatical, riqueza léxica)

e de coherencia e complexidade do discurso acorde ao nivel educativo no que se está.

• Participación e intento serio de realización das actividades propostas.

10.AVALIACIÓN INICIAL E ATENCIÓN A DIVERSIDADE.

A avaliación inicial da materia irá unida ao proceso de descubrimento polo cal os

alumnos se poidan ir achegando ao contido da materia. Polo tanto as primeiras clases

serán dedicadas a poñer en común as diferentes ideas previas coas que os alumnos

identifican á Psicoloxía. A partir de aí, se iran establecendo relacións con outras materias

afíns como filosofía ou cultura científica de maneira que o profesorado poida adaptar os

contidos iniciais do curso ao nivel previo do alumnado.

Para abordar a ineludible diversidade do alumnado, recorreremos a:

– Variedade metodolóxica

– Diversidade de procedementos na avaliación da aprendizaxe.

– Traballo en pequenos grupos, este é o instrumento fundamental xa que está

baseado na busca da complementariedade das capacidades de cada quen, e

funciona como un elemento motivador.

– Traballos voluntarios.

Estes instrumentos poden completarse con outras medidas:

– Favorecer a existencia dun bo clima de aprendizaxe na aula.

– Insistir nos reforzos positivos para mellorar a autoestima.

– Aproveitar as actividades fóra da aula para lograr unha boa cohesión e integración

do grupo. En particular o traballo de fin de curso lles ofrecerá a posibilidade de

achegarse a máis á realidade exterior ao instituto de maneira grupal e en gran parte

autónoma.

32

Page 33: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

11.RECUPERACIÓN E PROBAS EXTRAORDINARIAS

O alumno/a pode optar a recuperar parte ou a totalidade da materia con vistas a

consegur o 5 de nota media. Haberá un exame de recuperación da Primeira avaliación,

outro da Segunda e outro da Terceira; eses exames realizaranse nas últimas datas das

clases, case no remate do curso. Cada exame substitúe a nota de cada avaliación

completa e, polo tanto, puntúa sobre 10.

• E preciso obter unha media mínima de 5 para aprobar en Xuño.

• No caso de non ser así, o alumno/a realizará a proba extraordinaria de Setembro. A

estrutura da proba é a dunha proba ordinaria. A materia é a correspondente ó curso

enteiro, aínda que as cuestións propostas reflectirán os mínimos establecidos para os

estándares de aprendizaxe en cada un dos bloques.

• Para obter un mínimo de 5 é necesario que o alumno/a se exprese con corrección

gramatical, claridade e a madureza correspondente ao nivel de estudos do curso realizado,

que o alumno/a sexa capaz de expresión autónoma (redactar por el mesmo relacionando

ideas) e que reflicta na proba dominio dos mínimos establecidos para os estándares de

aprendizaxe en cada un dos bloques (enténdase daqueles que se esixan na proba).

12. ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARAN

Polos contidos a tratar, un valor que se traballará especialmente é o do respecto e

tolerancia á diversidade. Especialmente aplicado ao tema das enfermidades mentais. No

tema referido á sexualidade traballaráse especialmente o referido ás orientacións sexuais e

nas diferencias entre cerebro masculino e femenino se incidirá no valor da igualdade entre

homes e mulleres.

Así mesmo traballaranse outros valores máis xenéricos: algúns valores débense

fomentar desde a dimensión individual e desde a dimensión colectiva. Desde a dimensión

individual desenvolveranse, principalmente, a autoestima, o afán de superación, o espírito

33

Page 34: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

crítico e a responsabilidade. Desde a dimensión colectiva deben desenvolverse a

comunicación, a cooperación e convivencia, a solidariedade, a tolerancia e o respecto. O

recoñecemento da diversidade, a busca do entendemento mutuo e a defensa da equidade

a paz, son os valores que nos guían como escola membro da rede PEA-UNESCO.

13.CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR

O traballo na mellora da lectura e da expresión oral e escrita constitúen a base, o

instrumento, e mesmo un dos obxectivos prioritarios da materia. O uso sistemático do debate

exixe exercitarse na escoita, na exposición e na argumentación. A valoración crítica das

mensaxes explícitas e implícitas nos medios de comunicación, poden ser o punto de partida

para a lectura da prensa.

O longo de curso o profesor suxerirá lecturas de libros ou pasaxes de libros relacionados

cos temas tratados. Tamén se traballará con textos máis breves procedentes de entrevistas,

novas do xornal, extractos de libros ou pequenos ensaios científicos.

14. MATERIAIS E RECURSOS.

· O profesor facilitará apuntes que os alumnos terán dispoñibles tanto na

fotocopiadora do instituto como na rede.

. Utilización de material audiovisual: procurase completar algunha unidade didáctica

coa analise reflexiva dalgún documental ou película.

- Integración de lecturas.

- Recursos da Biblioteca do centro.

- Suxestión e utilización de páxinas webs e blogs de interese para a nosa materia

- Integración de recursos Web de interese na presentación de contidos.

- Indicación precisa dalgunha páxina para realizar algunha tarefa de busca de

información.

34

Page 35: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

- Presentación cos programas informáticos axeitados dos proxectos na terceira

avaliación.

15.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Polo de agora o departamento non ten pechada e concretada ningunha actividade,

se ben ao longo do curso e en colaboración con outros departamentos ou coa

vicedirección se prevé que se poidan atopar actividades adecuadas para complementar a

actividade na aula (conferencias, charlas, sesións de cine ou teatro...)

16.SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DA MATERIA PENDENTE

Non hai alumnos coa materia pendente.

17.PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN.

Por ser o primeiro ano que se imparte, o departamento tentará facer un seguimento

coidadoso daqueles aspectos que poidan ser mellorables e cales descartables en próximos

cursos.

Será a propia práctica docente e o resultado das diversas experiencias na aula en

función da dinámica do grupo as que poden servir para avaliar a programación e para

futuras concrecións. O remate do curso se realizará un cuestionario anónimo ao alumnado

para que transmita as súas valoracións. Aqueles aspectos máis salientables a ter en conta

para unha posterior modificación da programación quedarán reflectidos na memoria final,

documento que se terá en conta para realizar a vindeira programación.

35

Page 36: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

36

Page 37: Web viewPSB3.1.3. Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valorando

37