Word campaña

4
Casos reais de persoas con drogo dependencia. -Empezou cando tiña 14 anos, nunha festa tras un desafío dun «bo » amigo que dixo que era demasiado galiña para fumarse un porro e beberse un litro de cervexa. despois de 7 anos anos de consumir drogas e beber, encontrouse a si mesmo sendo adicto, xa non só facíao para sentir euforia, senón que tamén consumía para sentir algunha aparencia de normalidade. Entón empezou a ter sentimentos negativos sobre si mesmo e as súas propias habilidades. O pensaba que a xente lle miraba por enriba do ombro, non confiaba nos seus amigos nin na súa familia e se sentía só. -O profesor do colexio fumaba tres ou catro porros diarios. Conseguiu que moitos dos estudantes empezasen a fumar porros. El incitouno a usar heroína, o cal

Transcript of Word campaña

Page 1: Word campaña

Casos reais de persoas con drogo

dependencia.

-Empezou cando tiña 14 anos, nunha festa tras un desafío dun

«bo » amigo que dixo que era demasiado galiña para fumarse

un porro e beberse un litro de cervexa. despois de 7 anos anos

de consumir drogas e beber, encontrouse a si mesmo sendo

adicto, xa non só facíao para sentir euforia, senón que tamén

consumía para sentir algunha aparencia de normalidade. Entón

empezou a ter sentimentos negativos sobre si mesmo e as súas

propias habilidades. O pensaba que a xente lle miraba por

enriba do ombro, non confiaba nos seus amigos nin na súa

familia e se sentía só.

-O profesor do colexio fumaba tres ou catro porros diarios.

Conseguiu que moitos dos estudantes empezasen a fumar

porros. El incitouno a usar heroína, o cal fixo sen opoñerse. Para

entón, era coma se a súa consciencia estivese realmente morta,

o xa non era consciente dos seus actos – Veronique

- "A miña meta na vida non era vivir... era colocarme. Estaba a

caer nunha espiral descendente cara a un punto sen retorno. Ao

Page 2: Word campaña

pasar os anos, fíxose adicto á cocaína, á marihuana e ao alcohol

baixo a falsa crenza de que iso lle permitiría escapar dos seus

problemas. As cousas simplemente empeoraron. o tíñao todo,

un bo traballo, diñeiro, unha familia encantadora, non obstante,

sentíase tan baleiro no interior, coma se non tivese nada.

Durante 20 anos consumíndoa, mantíñase dicíndome a min

mesmo: 'vou deixalo totalmente despois de usalo a última vez'.

E nunca aconteceu. Mesmo houbo momentos que pensara en

renunciar á vida" -Jonh

- “Cres que a coca aumentará as túas percepcións, que che

permitirá superarte a ti mesmo, que serás capaz de controlar

cousas. É unha crueldade sen sentido. Despois dun tempo,

deixas de pagar as túas facturas, non te bañas máis, abandonas

os teus amigos e a túa familia. Chégaste a quedar só e

desvalido". – Nigel

"Xa non tiña máis futuro. Non podía ver como podería escapar

da miña dependencia á cocaína. Estaba perdida. Estaba que

explotaba e era incapaz de pararme no consumo e abuso

continuo da cocaína. Tiña alucinacións nas que animais se

arrastraban baixo a miña pel. Sentíaos cada vez que me

inxectaba e me resgaba coa punta da xiringa ata que empezaba

Page 3: Word campaña

a sangrar, tratando de facelos saír. Unha vez estiven a sangrar

tanto que me tiveron que levar ao hospital". - Susan.

As festas están ben, sempre e cando non consumas éxtase. Pero

tan pronto como empeces, pensarás que as persoas que che

aconsellan que o deixes son idiotas. Comezas a crer que

encontraches algo marabilloso e que os demais non deberían

dicirche o contrario. Cando che empeza a gustar a éxtase, é

demasiado tarde: estás afundido". - Pat

Page 4: Word campaña