Xan de forcados un personaxe múltiple juan lópez suárez

2
Xan de Forcados, un personaxe múltiple O escritor Xosé Ramón Fandiño publicou a primeira obra biográfica sobre o célebre médico e filántropo A obra destaca o papel de López Suárez como promotor da cultura Autor del comentario: Francisco Albo Localidad: monforte O escritor Xosé Ramón Fandiño acaba de publicar en Edicións do Castro o primeiro estudo biográfico sobre a figura de Juan López Suárez, coñecido tamén polo seudónimo de Xan de Forcados, unha personalidade que hoxe segue sendo pouco coñecida a pesar do importancia que tivo en moitos aspectos da vida galega do século XX e particularmente na comarca de Lemos. O propio autor do libro sinala a dificultade que tivo para encontrar datos biográficos sobre López Suárez, unha escasez de información que quizá se debe en parte ao carácter reservado e modesto do personaxe. O libro preséntase cun título bastante longo, Juan López Suárez ou Xan de Forcados, home de ciencia e impulsor das melloras culturais en Galicia , que non obstante só alude a algunhas das facetas da actividade que desenvolveu ó longo da súa vida o médico e filántropo do Saviñao. Nacido en 1884 en Forcados, na parroquia de Vilacaíz, nunha familia de agricultores acomodados, López Suárez estudou medicina en Santiago e traballou como investigador becado en institucións científicas de Alemaña e Estados Unidos, onde realizou diversos traballos no campo da bioquímica. Posteriormente abandonou a súa carreira científica e iniciou unha intensa actividade como impulsor de iniciativas de mellora social e cultural en Galicia, nas que investiu unha boa parte da súa fortuna persoal. Un dos seus logros máis coñecidos foi a creación da Misión Biolóxica de Galicia, que fundou xunto co biólogo Cruz Gallástegui coa finalidade de promover a renovación da agricultura galega mediante a introducción das técnicas modernas de cultivo e de cría de gando. Neste terreo esforzouse por materializar outros moitos proxectos -que non sempre chegaron a callar, debido moitas veces á falta de interese das autoridades da época-, como a creación dun centro de agricultura en Lugo e dunha estación de enoloxía en Ourense ou a organización de cursos formativos para agricultores e gandeiros. A el debeuse así mesmo a fundación da industria láctea de Arxeriz, no Saviñao, unha iniciativa pioneira en Galicia que pretendía servir de exemplo modernizador O estudo de Xosé Ramón Fandiño aborda tamén o papel de Xan de Forcados como animador cultural. López Suárez mantivo unha estreita relación coa Junta de Ampliación de Estudios, institución de grande importancia na vida cultural española das primeiras décadas do século XX. Valéndose da súa influencia neste organismo oficial, conseguiu becas para que puidesen realizar estudios no estranxeiro personalidades tan coñecidas como Castelao, Vicente Risco, Antonio Fraguas, Fermín Bouza Brey, o xeólogo Isidro Parga Pondal, o compositor e musicólogo Xesús Bal e Gay e o biólogo Luís Iglesias., entre outros. Tamén se debeu á

Transcript of Xan de forcados un personaxe múltiple juan lópez suárez

Page 1: Xan de forcados un personaxe múltiple juan lópez suárez

Xan de Forcados, un personaxe múltiple O escritor Xosé Ramón Fandiño publicou a primeira obra biográfica sobre o célebre médico e filántropo A obra destaca o papel de López Suárez como promotor da cultura Autor del comentario: Francisco Albo Localidad: monforte

O escritor Xosé Ramón Fandiño acaba de publicar en Edicións do Castro o primeiro estudo biográfico sobre a figura de Juan López Suárez, coñecido tamén polo seudónimo de Xan de Forcados, unha personalidade que hoxe segue sendo pouco coñecida a pesar do importancia que tivo en moitos aspectos da vida galega do século XX e particularmente na comarca de Lemos. O propio autor do libro sinala a dificultade que tivo para encontrar datos biográficos sobre López Suárez, unha escasez de información que quizá se debe en parte ao carácter reservado e modesto do personaxe. O libro preséntase cun título bastante longo, Juan López Suárez ou Xan de Forcados, home de ciencia e impulsor das melloras culturais en Galicia , que non obstante só alude a algunhas das facetas da actividade que desenvolveu ó longo da súa vida o médico e filántropo do Saviñao. Nacido en 1884 en Forcados, na parroquia de Vilacaíz, nunha familia de agricultores acomodados, López Suárez estudou medicina en Santiago e traballou como investigador becado en institucións científicas de Alemaña e Estados Unidos, onde realizou diversos traballos no campo da bioquímica. Posteriormente abandonou a súa carreira científica e iniciou unha intensa actividade como impulsor de iniciativas de mellora social e cultural en Galicia, nas que investiu unha boa parte da súa fortuna persoal. Un dos seus logros máis coñecidos foi a creación da Misión Biolóxica de Galicia, que fundou xunto co biólogo Cruz Gallástegui coa finalidade de promover a renovación da agricultura galega mediante a introducción das técnicas modernas de cultivo e de cría de gando. Neste terreo esforzouse por materializar outros moitos proxectos -que non sempre chegaron a callar, debido moitas veces á falta de interese das autoridades da época-, como a creación dun centro de agricultura en Lugo e dunha estación de enoloxía en Ourense ou a organización de cursos formativos para agricultores e gandeiros. A el debeuse así mesmo a fundación da industria láctea de Arxeriz, no Saviñao, unha iniciativa pioneira en Galicia que pretendía servir de exemplo modernizador O estudo de Xosé Ramón Fandiño aborda tamén o papel de Xan de Forcados como animador cultural. López Suárez mantivo unha estreita relación coa Junta de Ampliación de Estudios, institución de grande importancia na vida cultural española das primeiras décadas do século XX. Valéndose da súa influencia neste organismo oficial, conseguiu becas para que puidesen realizar estudios no estranxeiro personalidades tan coñecidas como Castelao, Vicente Risco, Antonio Fraguas, Fermín Bouza Brey, o xeólogo Isidro Parga Pondal, o compositor e musicólogo Xesús Bal e Gay e o biólogo Luís Iglesias., entre outros. Tamén se debeu á

Page 2: Xan de forcados un personaxe múltiple juan lópez suárez

iniciativa de Xan de Forcados a campaña de investigación que o arqueólogo Florentino Cuevillas realizou na comarca de Lemos nos anos vinte. Un dos aspectos máis destacados do estudo de Fandiño é o feito de recuperar unha serie de textos do propio Xan de Forcados, entre os que figuran artigos divulgativos sobre temas como a agricultura ou a saúde pública, mostras da súa correspondencia privada con diversas personalidades e unha sorprendente carta que escribiu a Franco, na que verteu opinións moi negativas sobre o sistema educativo da ditadura. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/02/28/2462762.shtml