1,2,3! A que non o ves?
En busca dos monstros
Dossier espectáculo narración oral
Trémola Teatro
Sinopse
A Paula dende moi pequena dánlle medo os monstros, por iso decide que cando sexa o
suficientemente maior convertirase en exploradora e irá “en busca dos monstros”. A través
dunha interesante viaxe, Paula pasará por diferentes países ata chegar ao temido país dos
monstros, onde aprenderemos a deixar de terlles medo. En cada país contaranse contos con
temática “monstrosa”:
- Fuera de aquí horrible monstruo verde, Ed. Emberly.
- Gato guille e os monstros, Ed. Kalandraka.
- Monstruo rosa, Ed. Apila Asociación cultural.
- Un pesadelo no meu armario, Ed. Kalandraka.
Ficha técnica
Necesidades Espazo de representación:
- Unha cadeira.
Tempo de montaxe:
- Media hora.
Idade recomendada:
- Público infantil. 3 a 7/8 anos.
Duración:
- 45 minutos.
Idioma:
- Galego ou Castelán.
Ficha artística
En busca dos monstros é obra de Paula Regueiro, a actriz soñadora
de Trémola Teatro. Titulada en arte dramático pola ESAD de Galicia,
realizou cursos con narradoras da talla de: Ana Carreira, Raquel
Queizás e Paula Carballeira. En Madrid estivo formándose dous anos
con Victoria Siedlecki.
Actuou na Casa del Lector, no Matadero, no Festival de Guadalajara
2017, no Parla Cuenta, Librería de Cuento, no Mercado de Ibiza,
Cafetería Dando la nota, hospital 12 de octubre, Librería Carmen,
Librería Muga…
Trémola Teatro nace da necesidade de dúas actrices que comparten un mesmo soño: cambiar
o mundo a través do arte, todo esto levado a cabo a través de: espectáculos teatrais infantís,
contacontos, obradoiros, teatro para adultos, danza-teatro…
Top Related