ACTIVIDADES PARA A IGUALDADE
NOME: IDADE: SEXO: HOME MULLER
Cando os dous membros da familia traballan fóra e reciben un salario:
Quen gaña máis diñeiro? Home Muller
Quen coida os fillos-as? Home Muller
Quen coida as persoas maiores? Home Muller
Quen coida as persoas enfermas? Home Muller
Quen organiza a compra? Home Muller
Quen fai a compra? Home Muller
Quen fai a comida? Home Muller
Quen pasa o ferro? Home Muller
Quen merca a roupa? Home Muller
Quen frega a louza? Home Muller
Quen varre e pasa a aspiradora? Home Muller
Quen fai as camas? Home Muller
Quen limpa o váter? Home Muller
Quen tende e recolle a roupa? Home Muller
Quen leva os fillos ó médico ou médica? Home Muller
Quen vai falar cos titores ou as titoras? Home Muller
Calcula +/- o tempo que se inviste en cada unha destas actividades nunha semana e suma o total.
Extrae conclusións.
AS TAREFAS DOMÉSTICAS: REFLEXIONA PARA O DEBATE
Gústache que che valoren o teu traballo? Si non
Cres que o traballo doméstico está valorado socialmente? Si non
Cres que é satisfactorio realizar o traballo da casa? Si non
Como te sentirías ti se tiveses que facer o mesmo todos os días da túa vida e non cho
valorasen? Ben Mal
Se a outra persoa non aceptase o reparto de tarefas, que farías para solucionar o conflito?
CUESTIONARIO SOBRE AS RELACIÓNS:
Cres que o amor pode converterse nun instrumento de chantaxe? Si non
Se alguén que di que che quere dixese “Se me queres, deixa de estudar ou de traballar”, “Se me
queres, renuncia a todo”, faríalo? Si non
Cres que, realmente, che pode querer alguén que non busca o mellor para ti, o teu crecemento
persoal? Si non
Cres que unha persoa que traballa fóra da casa ten dereito a impoñer o seu criterio polo feito de
posuír un traballo remunerado? Si non
DATOS PARA REFLEXIONAR
o As mulleres traballan as 2/3 partes das horas traballadas no mundo, sen embargo só posúen o 1% dos
bens mundiais.
o As mulleres interveñen co se traballo no 60% da producción agrícola, non obstante a maioría da
poboación feminina está malnutrida e padece enfermidades provocadas pola malnutrición.
o Por cada home pobre hai 3, 45 mulleres pobres.
o As mulleres rexistran o maior índice de analfabetismo da poboación mundial e son víctimas de
réximes que limitan ou prohíben a escolarización.
o As mulleres cobran, como media, un 25-30% menos ca os homes por realizar o mesmo traballo.
o A representación feminina nos postos de dirección das empresas non chega ao 10%.
INVESTIGACIÓN
Elabora unha entrevista tendo como destinatarias as túas avoas e como base temática os traballos que realizaron
ao longo da súa vida .
Top Related