A paisaxe e o patrimonio cultural
AXENDA ESTRATÉXICA PARA A ILLA DE TAMBO
Autores:
Gonzalo Méndez Martínez (Coordinador)
Aida Ovejero Campos
Universidade de Vigo.
Fecha: Vigo, outubro de 2014
3
Contido
A ILLA DE TAMBO E A PAISAXE ............................................................................................... 4
PATRIMONIO CULTURAL DE TAMBO ................................................................................... 14
Historia da illa de Tambo ................................................................................................... 14
Plano da illa de Tambo ................................................................................................... 16
O lazareto .......................................................................................................................... 17
A capela ............................................................................................................................. 18
O faro .................................................................................................................................. 19
O patrimonio cultural no catalogo do planeamento urbanístico .............................. 20
4
A ILLA DE TAMBO E A PAISAXE
A illa de Tambo, principalmente pola súa posición, pero tamén pola súa morfoloxía, domina a
metade interior da ría de Pontevedra. O carácter concentrador da atención do espectador que
exercen as augas da ría, leva a focalizar as miradas sobre ela. Ese carácter de fito paisaxístico
exerce de referente no posicionamento dos viaxeiros a unha e outra marxe da ría. Á vez, o
cumio da illa é un observatorio desde o que se domina a práctica totalidade da ría e das súas
vertentes principais.
Outros elementos que potencian o seus valores son a ausencia de alteracións construtivas
visibles, en contraste co litoral da ría, e o xeral descoñecemento da mima, ao que se engade
así mesmo a prohibición de achegarse a ela vixente durante moitas décadas ata unha data
recente.
Débese ser consciente de que a visión actual da illa cunha importante cuberta vexetal arbórea
–principalmente de eucaliptos, pero tamén de mimosas e algunhas árbores da flora propia-
difire substancialmente da de épocas anteriores a mediados do século XX. En tal sentido,
contamos con diversos rexistros gráficos que nos presentan unha illa sen cuberta arbórea ou
ben con esta reducida a pequena áreas.
Así, o “Plano de la isla de Tambo” realizado polo corpo de enxeñeiros militares en 1889 con
motivo da toma de posesión da illa, está acompañado de catro vistas ou perfís da illa desde a
posición dos ventos secundarios (NE, SE, SO, e NO). Estas catro vistas representan unha illa sen
vexetación arbórea. Podería supor que o debuxante evita a representación das árbores en
beneficio da limpeza do debuxo, pero esta posibilidade parece ser refutada polo detalle
amosado non so na representación das distintas edificacións da illa, senón tamén da duna e
placa eólica rampante no NE e mesmo dunha árbore illada mais arriba da capela no NE.
5
Vistas que acompañan ao “Plano de la isla de Tambo” realizado polo corpo de enxeñeiros
militares en 1889.
6
Esta visión da illa carente de arborado sería compatible coa descrición de Luis de Góngora nas
Soledades, nas que no poema, pola forma topográfica, pero posiblemente tamén pola textura
e cromatismo xerado pola multitude de bolos que deberían agromar na superficie da illa,
compáraa cunha tartaruga1.
Tamén outras descricións do século XVIII e XIX abondan tanto en comparacións con formas
coñecidas (por exemplo, un sombreiro) como na ausencia de vexetación arbórea. Así, a
narración do Padre Sarmiento que a visita en 1745 enumera especies vexetais entre as que
escasean as arbóreas. Igualmente, o anuncio de subhasta da illa pola facenda real en 1831,
afirma que esta se atopa maiormente cuberta por aulaga (debendo entender que se refire ao
toxo).
Xa no século XX, contamos con dous documentos fotográficos que manterían esta imaxe de illa
maiormente deforestada, inda que con pequenos cambios que poderían derivar da actividade
promovida polo seu antigo propietario don Eugenio Montero Ríos. Unha das fotos consiste na
fotografía aérea do chamado vo americano, de 1956. Esta foto amosa unha illa con escasa
vexetación arbórea, que se limita a unha franxa estreita no norte da illa, á área de pedimento
que se estende na metade norte entre a zona de relevo máis vigoroso e ás areas chas
ocupadas con construcións, e á valgada situada no sur.
1 Luis de Góngora y Argote. Soledad segunda.
Yace en el mar, si no continuada isla mal de la tierra dividida, cuya forma tortuga es perezosa; díganlo cuantos siglos ha que nada sin besar de la playa espacïosa la arena de las ondas repetida. A pesar pues del agua que la oculta, concha, si mucha no, capaz ostenta de albergues, donde la humildad contenta mora, y Pomona se venera culta.
7
Fotografía aérea de 1956.
8
A outra fotografía, trátase dunha perspectiva realizada desde a marxe sur da ría, desde unha
posición superior á Escola Naval Militar de Marín, e que podería datarse nos anos cincuenta ou
inmediatamente posteriores. Nela, a illa amósase coma unha elevación con alternancia de
vexetación baixa e de espazos rochosos ou pedregosos. Sobre eles alternan algunhas árbores,
posiblemente piñeiros, visibles no perfil da illa contra o mar ou a outra beira da ría.
Vista da illa de Tambo desde unha posición superior á “Escuela Naval Militar de Marín”.
9
N-S
NE-SO NO-SE
E-O
10
N-S
800750700650600550500450400350300250200150100500
80
60
40
20
0
E-W
800750700650600550500450400350300250200150100500
80
60
40
20
0
NE-NW
800750700650600550500450400350300250200150100500
80
60
40
20
0
NW-NE
800750700650600550500450400350300250200150100500
80
60
40
20
0
S-N
E-O
SE-NO
NE-SO
11
A análise da topografía e os perfís levantados mediante o modelo dixital do terreo elaborado
coa cartografía actual, confirma as descricións e as vistas que acompañan o “Plano de la isla de
Tambo” realizado polo corpo de enxeñeiros militares en 1889, antes referido.
En razón de todo o exposto anteriormente, a illa configúranse coma un elemento clave da
paisaxe da ría, constituíndo un fito identitario recoñecido como tal pola poboación ribeirán da
ría e polos visitantes que acoden a ela.
Resultado dese valor, existe certo recoñecemento nalgúns instrumentos de ordenación
territorial e urbanístico. Así o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL) afirma que “a Illa
de Tambo dota á ría de Pontevedra dun espazo natural cun altísimo valor desde o punto
paisaxístico cheo de beleza e singularidade” outorgándolle a cualificación de “Espazo de
interese paisaxístico”2.
Anterior á aprobación do POL, cabe destacar a aprobación da Lei 7/2008 de protección da
paisaxe de Galicia cuxo obxecto é “o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a
ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de preservar e ordenar todos os elementos que a
configuran no marco do desenvolvemento sostible, entendendo que a paisaxe ten unha
dimensión global de interese xeral para a comunidade galega, por canto transcende os eidos
ambientais, culturais, sociais e económicos. Para tal fin, esta lei impulsa a plena integración da
paisaxe en todas as políticas sectoriais que incidan nela”. Ao abeiro desta lei, a Xunta de
Galicia, consciente da importancia da preservación das paisaxes presentes na comunidade,
elaborou a Estratexia da Paisaxe Galega que sinala as liñas mestras para o desenvolvemento
dos instrumentos propios previstos na mencionada Lei da paisaxe. O fin principal desta
estratexia é integrar a paisaxe nas políticas de ordenamento territorial e urbanístico, e nas
súas políticas ambientais, do patrimonio cultural, agrícolas, forestais, sociais, turísticas,
industriais e económicas, así como calquera outra política sectorial que poida producir un
impacto directo ou indirecto sobre a paisaxe.
Dentro desta liña de acción institucional, elaborouse un mapa de grandes áreas paisaxísticas
que debe servir como armazón para elaborar os diferentes catálogos e directrices da paisaxe,
no que a illa de Tambo estaría incluída na área de Pontevedra dentro das Rías Baixas, e
propóñense tres tipos de accións enumeradas a continuación.
2 Este aspecto abórdase no apartado correspondente á análise da viabilidade de protección da illa de Tambo mediante as
diferentes figuras de protección de espazos naturais, de ordenación do territorio e urbanísticas.
12
Mapa das grandes áreas paisaxísticas de Galicia. Xunta de Galicia.
Accións propostas pola Estratexia da paisaxe:
1. Redacción dos instrumentos para protección, ordenación e xestión das paisaxes.
Catálogos e directrices de paisaxe.
Plans de acción da paisaxe en áreas protexidas.
Tambo formará parte dos catálogos de paisaxe da comarca paisaxística delimitada na
Ría de Pontevedra e no caso de ser declarado algunha figura de protección, terá que
contar cun plan de acción da paisaxe.
2. Integración paisaxística. É importante ter en conta a integración paisaxística da illa
de Tambo na Ría de Pontevedra, para o cal haberá que tela en conta á hora de
elaborar calquera proxecto na zona e, tal e como establece a Lei 7/2008, para todos os
proxectos que deban someterse ao procedemento de Declaración de impacto
ambiental, as entidades promotoras deberán incorporar no Estudo de impacto
ambiental un Estudo de impacto e integración paisaxística.
13
3. Sensibilización, formación e divulgación da paisaxe. Recoñecendo a importancia da
integración paisaxística, faise fincapé no seu coñecemento para o cal xa se teñen
elaboradas distintas guías metodolóxicas que pretenden facilitar a integración
paisaxística, así como actividades de formación especializada e materiais educativos
para educación primaria e secundaria.
Parece incuestionable, pois, o valor paisaxístico da illa e a obriga de conservalo, pero
formúlase a dúbida de se a protección paisaxística da illa debe tratar de manter un alto grao de
vexetación arbórea como na actualidade, pese a estar constituída por especies arbóreas
exóticas invasoras, ou debe recuperar a vexetación autóctona inda que evolucione cara a un
cromatismo e textura do que xa non temos memoria. Na nosa opinión, debese optar pola
segunda opción, se ben é posible que unha substitución progresiva da vexetación exótica pola
natural, da que hai persistencia no sotobosque (carballos, loureiros...) pode permitir unha
transición lenta, sen importantes alteracións visuais.
14
PATRIMONIO CULTURAL DE TAMBO
Historia da illa de Tambo
Os comezos
A illa de Tambo sitúase no sector interior da ría de Pontevedra e pertence ao concello de Poio.
A súa historia remóntase ao século VI cando se levou a cabo a primeira fundación monacal por
San Martiño Dumiense: unha ermida que sería transformada en mosteiro por San Froitoso, e
que posteriormente permanecería vinculado á comunidade beneditina de San Salvador de
Poio. Este mosteiro no ano 1589 sufriría os ataques da piratería, encabezados polo corsario
Francis Drake.
Quen vivía en Tambo?
Hai referencias históricas de diversa credibilidade referente á ocupación e habitación da illa en
distintas épocas. Remontándonos á época medieval, segundo o Padre Yepes e outras citas
recollidas no libro “Recordando a Thalavo”, a illa estaría ocupada por eremitas. O Pai
sarmiento refire que en 1745, cando a súa visita, a illa está deshabitada.
O lazareto
No ano 1865 eríxese o lazareto de Tambo, destinado a persoas que puidesen padecer
enfermidades contaxiosas, o cal funcionou ata 1879, cando foi clausurado e trasladado á illa de
San Simón, na ría de Vigo.
A illa de Tambo e a Marina
A finais do século XIX, Eugenio Montero Ríos, quen chegou a ser Presidente do Consello de
Ministros, cede a illa (adquirida trala desamortización) ao Ministerio da guerra para a
construción dunha penitenciaría, proxecto que quedou relegado ao esquecemento. A illa volve
a mans de Montero Ríos, quen morre no ano 1914. O Estado entrega a illa á Marina,
dedicándoa a pequena polvoreira e lugar de exercicios militares. O acceso á illa quedou
entonces totalmente prohibido.
15
Desta época datan diversas construcións das que se conservan os seus muros en mellor ou
peor condición. De feito, cando en 1889 o ministerio da Guerra toma posesión da illa con vistas
á constitución nela dun penal militar, recoñecen o estado de ruína das edificacións que poucos
anos antes albergaran os distintos servizos do lazareto. Desa toma de posesión queda rexistro,
igualmente, do plano e alzada dalgunhas das edificacións, polo seu potencial uso na nova
actividade prevista para a illa. Inclúese a continuación o plano topográfico elaborado polo
Comandante de Ingenieros Don Policarpo Castro y o Médico 1º Don Emilio Hermida,
terminado no ano 1889. O mapa forma parte dun informe moi preciso onde se describe ao
detalle a illa de Tambo e onde queda xa reflectida a fonte de auga potable e as dimensións do
lazareto.
16
Plano da illa de Tambo
Plano da illa de Tambo (Comandante de Ingenieros Policarpo Castro e Médico 1º Emilio Hermida; Museo de Pontevedra)
17
O lazareto
A continuación mostrase o detalle do plano presentado anteriormente coa planta e perfil do
lazareto, para mostrar despois o estado actual do mesmo.
Fotografías do lazareto, 2014.
18
A capela
A continuación mostrase o detalle do plano presentado anteriormente coa planta e a vista da
capela, para mostrar despois o estado actual da mesma.
Fotografías da capela, 2014.
19
O faro
Sobre a Punta Tenlo instalouse o faro en 1920, cuxa estrutura é de pedra, con forma cilíndrica
e cuxo acceso lógrase por medio dunha escaleira exterior de caracol pegada ao mesmo. Existe
un pequeno peirao que da acceso directo ao faro, e ambos encóntranse en bo estado de
conservación na actualidade.
Vista do faro dende o mar. Fotografías tomadas no 2014.
20
O patrimonio cultural no catalogo do planeamento urbanístico
O patrimonio cultural do concello de Poio en xeral e da illa de Tambo en particular, queda
recollido no Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Poio . Segundo o catálogo,
“Constituyen bienes culturales sujetos a protección de acuerdo con las determinaciones del
Plan General: […] e) La Isla de Tambo (anexo I)”.
Os elementos arqueolóxicos referidos no citado documento son catro, se ben indícase que “el
catálogo se encuentra actualmente en tramitación y a todos los efectos se considerará como
documento complementario del documento de Plan General”, así como que “Se transcribe a
continuación el texto del Catalogo en tramitación”. Os citados elementos arqueolóxicos son
dous xacementos, referidos cos números 23 e 24, situados respectivamente na Area da Illa e
no cumio de San Fagundo, e dous achádegos soltos ou puntuais, correspondente á mesma
Area da Illa e ao sector de corte de sedimento de pedemonte e furna situados ao sur da illa,
fronte ao illote de Tenlo.
Existe a posibilidade de que un recoñecemento máis completo da illa puidese aportar algún
novo elemento.
Das referencias anteriores, a correspondente á protección da illa como ben cultural está
recollida pola Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se
aproba o Documento de Referencia para a avaliación ambiental estratéxica do Plan Xeral de
Ordenación Municipal do Concello de Poio (Clave: 2010AAE0774) de 17 de xaneiro de 2011, na
que se afirma que “Dentro do ámbito do Concello de Poio cómpre destacar a illa de Tambo
situada a unha distancia en planta de 800 m dende a liña de costa, cunha superficie
aproximada de 28 ha e 80 m de altitude máxima. Dita illa é considerada como ben cultural
suxeito a protección de acordo coas determinacións do actual PXOM do Concello.”
Top Related