Á procura do acibeche en San Á procura do acibeche en San Paio!!!!Paio!!!!
Rede Museística ProvincialRede Museística ProvincialSan Paio de NarlaSan Paio de Narla
Shhhh, shhh…Non fagades ruido, senón
madre abadesa toda tesa, vaime descubrir e entón non poderei saír deste maleficio.Ai, o que me
temía, aí anda…
Onde diaño anda ese axóuxere, seguro que anda a
facer das súas…Ai, pero cántos nenos!. Voume
presentar son madre abadesa toda tesa, miro a toda presa e
son a propietaria de todo o acibeche que hai na fortaleza de San Paio de Narla, pero
cómo non sabedes o que é o acibeche????
ABROCHENSE OS CINTOS, SEÑORES E SEÑORAS PASAXEIROS….
COMEZAMOS A RUTA POLO BONITO MUNDO DO ACIBECHE!!!
Imos explicar as seguintes cuestións:
-Qué é o acibeche?
-Quen o traballaba?
-Onde se fixo importante?
-De onde saia?
-Índa se segue a facer na actualidade?
QUE É O ACIBECHE?O acibeche é unha variedade dunha pedra chamada lignito que é de consistencia dura , compacta e de cor negra e que se emprega para facer xoias, colares, pulseiras, aneis… Mirade, aquí abaixo está a pedrade acibeche sen traballar.
QUEN O TRABALLABA?
Unhas persoas que se chamaban mestres acibecheiros, e que traballaban con precisión e motísimo coidado para que o acibeche non rómpese ao ser tallado porque é unha pedra que é difícil de traballar, que pese a súa dureza, quebra con extrema facilidade. Empregaban un banco onde dispoñían as ferramentas e o acibeche, usaban navallas (ás máis aprezadas eran as barbeiras) e limas que ían mangadas (con mangos). Cun dedal protexían o dedo de posibles cortes da navalla.
A forma de pulir o acibeche era manual en dúas fases, nunha primeira fase aplicaban carbón vexetal disolto en auga, e nunha segunda fase fregando con esta substancia, impregnada en coiro, conseguíase deixar o acibeche afinado e sen poros.
Madre abadesa, toda tesa, é moi estirada e ten un xoieiro cheo de xoias,
uf! Mete medo a colección que vos ten…
Demo de axóuxere, sempre o escoito falar pero cando dou
chegado xa non está. Nenos e nenas de San Paio, vós
vistelo?
Shhh, shhh, nenos e nenas non lle digades
que me vistedes, porfavor…
ONDE SE FIXO IMPORTANTE O ACIBECHE? DE ONDE SAIA?
Gozou de moita importancia en Santiago de Compostela, pero viña de Asturias da súa cunca mineira, xa que é un material fósil que se extrae da zona comprendida entre Xixón e Ribadesella, en Oles (Villaviciosa). Asturias foi o principal exportador de acibeche para Inglaterra, de feito a raíña Victoria luciu unha importante mostra de xoias feitas en acibeche.
Na actualidade en Santiago, conservamos unhas das portas da catedral que se chama Acibechería, e pola zona da rúa do Vilar e da rúa Nova, índa existen obradoiros adicados a facer xoias con acibeche, como os torques en brazalete e en aneis.
Porfavor nenos e nenas, socorrédeme. Vivo
aprisionado en San Paio pero non podo andar ceibo porque
todas as noites teño que durmir encarcelado por un
maleficio que me botou madre abadesa, toda tesa e eu quero ser libre, vádesme
axudar?
SE ME IDES AXUDAR, BERRADE CON FORZA
¡ Siiiiiii, axoúxere, imos axudarche queremos que vivas ceibe, non lle temos medo a madre abadesa, toda tesa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Cómoooooooo? Que non me tedes medo?. Nunca poderedes ceibar a axóuxere porque non sodes o bastante listos e listas
para atopar a solución jaja Sempre gaño jaja
Cala a boca! Se vos credes o bastante list@s para axudalo,
vouvos dar as primeiras reglas para conseguir liberalo. Aí vai, neste salón de San Paio, mostras de
acibeche hai, búscadeas e baixo elas un sobre atoparedes.
Caramba!. Non sodes nada burros, mecachis…JA! Pero seguramente que non tedes
idea do que é esa imaxe, pregúntadelle a Paquita a ver se
sabe…
Nenos e nenas, esa é a pista, en San Paio hai
unha figa representada baixo a cal está a miña
prisión. Tedes que buscar por toda a torre de
homenaxe, nunha…
Xa falaches dabondo,trasno bobo. Alá, a ver se te dan liberado, pero moito me
temo que seguirás a ser o meu escravo e fárasme a cea todos os días do ano
jajaja
JA JA JA JA JA JAA, QUE LISTA QUE SON, POLVOS MÁXICOS DE EXPLOSIÓN
BEN PÍCAROS, COMEZA A PRIMEIRA PARTE DO OBRADOIRO, A BUSCAR UNHA FIGA (1ª PISTA) FEITA EN PEDRA PARA LIBERAR A AXÓUXERE. CANDO CHEGUEDES AÍ E ATOPEDES OUTRO SOBRE INDICARAVOS CAL É A 2ª PARTE DO OBRADOIRO.
2ª PARTE PRÁCTICA
Collendo un fío, vades metendo macarróns e pasta polos buracos e, cando os teñades metidos, pintalos de cor negra para que parezcan cuentas de acibeche. Así, deste xeito, faredes colares, gargantillas, pulseiras e aneis imitando aos verdadeiros de acibeche.
¡ A TRABALLAR E DISFRUTAR APRENDENDO!
¡ALÁ IMOS!
Top Related