ACTIVIDADE NO PARQUE NATURAL DE ARRIBES DEL DUERO. SEMANA SANTA
Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera .
O xoves ás 08:00 saímos cara Moralina de Sayago, en Arribes del Duero.
Moralina e un pobo típicamente zamorano.
Logo de instalarnos no centro de turismo rural faremos a nosa primeira ruta: De Moralina a Villadepera.
Lonxitude: 12 km
Dificultade: Baixa
Desnivel: Baixo
É un percorrido sinxelo e fermoso que serve como toma de contacto coa paisaxe que atoparemos ó longo
dos días no parque natural. Comeza na localidade de Moralina e vai atravesando dehesas e ribeiras así
como zonas altas. Un pouco antes de rematar acercarémonos ó mirador de Peña Centigosa, o cal nos
ofrece unhas fermosas vistas do Duero e da famosa ponte de Requejo, impresionante obra de comezos do
século XX. A ruta é preciosa e ten un alto valor natural e paisaxístico.
Debedes levar a comida preparada, xa que é probable que comamos ao pouco de iniciar a ruta.
Venres 3. Rutas por Fariza e Fermoselle.
Esta xornada será a máis completa de todas. Sairemos no bus dende Moralina ata Fariza, onde pararemos a
facer a primeira ruta pola mañá: dende Fariza de Sáyago ó miradoiro das Barrancas. É un itinerario sinxelo e
moi fermoso. Comeza á beira dun regueiro, por zona de ribeira e vai ata unha ermida. Ó pouco chegamos ó
miradoiro, onde poderemos disfrutar dunhas vistas impresionantes do canón do Duero. O bus nos recollerá
na ermida e nos levará ata Fermoselle onde visitaremos a Casa do Parque. Logo faremos a nosa segunda
ruta, que é un percorrido polos arredores de Fermoselle, pasando por diferentes zonas e visitando dous
impresionantes miradoiros.
Fermoselle é unha das vilas máis bonitas do parque natural. Cando rematemos a ruta haberá tempo para
que a visitedes: as súas rúas, as súas igrexas, as ruínas do seu castelo…
Esta ruta ten un altísimo valor natural, paisaxístico e cultural.
Lonxitude: 16 km (5 km en Fariza e 11 en Fermoselle)
Dificultade: Baixa - Media
Desnivel: Baixo – Medio
Sábado 4. Ruta de Peña Redonda
A ruta deste día será a máis longa das que fagamos. Comeza na vila de Torregamones, a 3 quilómetros de
Moralina, e vai ata Peña Redonda, un dos miradoiros máis fermosos e impresionantes de Arribes del Duero.
O percorrido lévanos por unha cómoda pista ata Os Chiviteros, construcións típicas que usaban os pastores
para protexer o seu gando. Despois continuamos ata Peña Redonda, miradoiro espectacular e lugar moi
interesante pola presenza de restos castrexos e una ermida. O regreso farémolo por un sendeiro sinalizado,
que vai entre dehesas e ribeiras.
Lonxitude: 16 km
Dificultade: Baixa - Media
Desnivel: Baixo – Medio
Domingo 5. Percorrido en barco polo Duero e visita a Miranda do Douro.
Esta xornada dedicarémola a coñecer o río e o seu canón cun percorrido en barco. O embarcadoiro está
situado na beira portuguesa, ó carón de Miranda do Douro. Cando rematemos a ruta fluvial visitaremos a
vila, que conta cun interesantísimo casco histórico amurallado. Logo de visitala emprenderemos o regreso a
Santiago.
*Só podemos reservar as prazas no barco polo Duero ata o día 2 de marzo. Cando vos apuntedes na
actividade tendes que confirmar por teléfono si o queredes facer ou non. Ten un custe de 20 euros e dura
2 horas aproximadamente. Págase alí mesmo. Unha vez confirmada a participación nesta actividade non
se pode renunciar a ela.
Top Related