Peña Barcelonista Eu, coñecín Crónica3.com grazas ó meu bo amigo Beni Mántaras, de Onda Cero A Mariña. Foi durante unha charla ou entrevista que me fixo como presidente da Peña Barcelonista San Miguel, xa que cada vez que me chama Beni, falamos de todo menos do que tocaba ese día. Dende aquel día, que xa non lembro, pero fai uns anos, consulto Crónica3 case que todo‐los días, xa sexa pola mañá cedo ou ben pola noite. Xunto coa páxina web do diario Sport, son as miñas visitas obrigadas. O que destaco de Crónica3, son varios aspectos. A sua imparcialidade e o seu tratamemento das novas. Aquí infórmase, non se trata de impor un pensamento. Cada un lee e logo saca as suas conclusións. En segundo lugar, gústame que tratan toda‐las novas da Mariña, dende a máis importante, ata a de menor repercusión, que sempre hai a quen lle interese. Outra das suas virtudes é que se actualiza durante a xornada, e novas que se acaban de producir, ó pouco tempo xa están na web para que todos poidamos estar informados. E finalmente agradecer, que sempre publican as novas das asociacións que represento ou nas que colaboro, dando a coñecer ó resto do mundo o noso humilde traballo. Moitas grazas. Un saudo, noraboa polos 5 anos e a seguir así. Grazas. Peña Barcelonista
Quen son os responsábeis de Crónica 3? Esta é a pregunta que se fan moitos/as dos/as moitisimos/as asiduos/as leitores/as deste xornal dixital. Eu non vou dicir aquí os seus nomes, mais si direi quen son. SON DOUS INDIGNADOS.
Mais non son dous indignados de agora, xa eran así hai máis dun cuarto de século. Estaban indignados polo trato recibido pola nosa lingua, polo esquecemento da nosa comarca, pola información de fóra, polo noso medio natural, polo urbanismo, por Galiza en xeral.
Esa indignación de hai xa 25 anos amosárona como se facía daquela. Organizaron colectivos culturais, editaron revistas, participaron en grupos de teatro, crearon premios literarios, correron o entroido, fixeron festas populares… e agora desde Crónica 3 dannos a oportunidade de indignarnos a todos/as. Cando digo todos/as é TODOS/AS, pois en Crónica 3 publican todo o que reciben. Só hai unha condición, que o idioma utilizado sexa o galego, pois senón estes dous, indígnanse aínda máis e agora xa casi són YAYOFLAUTAS.
Moitas grazas pola vosa indignación.
Xosé M. González López
Os Aventados Crónica de las 3 Mariñas
Ciudad horizontal. Vieja Provincia con sede en Mondoñedo. Refugio Episcopal de Maelok. Britonia de viento y mar, antes rica en pan, aguas y latín. Hoy, cada Carballo, Castiñeiro y Abedul, arrancado para ser papel eucaliptal. Crónica de playas. De mica y caolín, si caminamos hacia la puesta del sol. Pequeñas como Bridreiro. Grandes arenales bajo la protección de San Miguel, San Cosme y San Pedro, por Barreiros. Urbanas en las Islas San Cyprianus. Salvajes, como las pinta Guerreiro, a su paso por Esteiro. Abiertas en Foz, protegidas en Portocelo. Crónica de puertos. Naturales como Nois. Industriales que saben de Bauxita desde Guinea para Alcoa. Historia en Rinlo, que a la mar ponen, desde su cofradía, por testigo. Modernos en Celeiro pescador, hasta el Índico. Solitarios, en Vicedo. Deportivos, mirando al Eo. Pesquero en Burela. Ciclópeo en Bares. Crónica de pueblos. Oculto en el Pazo de Rúa. Brillante con la lluvia, desde el mirador de Cunqueiro. Piedra, madera y cristal en Viveiro. Ladrillo que da sombras en La Rapadoira. Románico de San Martiño. Souto que celebra aquelarre, en Cervo. Futuro y pasado, entre factorías de aluminio y ballenas, cerca del cabo Moras.
Esta es, nuestra tierra, y así puede comenzar cualquier crónica de un día, dónde el nordeste trae olor a las algas de la bajamar. Pablo A. Mosquera “Bígaro”
Grupo Parlamentario Popular Cronica3.com forma parte do meu día a día dende o primeiro momento que soupen da súa existencia, pero máxime agora que, por cuestións do meu traballo, estar informada xa é unha necesidade.
A maneira de estar en contacto co que pasa na Mariña de Lugo, dende calquera punto da xeografía, para min pasa por entrar todos os días a tarde na páxina Cronica3.com. Dame unha visión do que foi o día pola miña comarca, coa particularidade de que me da a coñecer a realidade do que a nova pretende transcribir sen interpretacións do periodista que trata a noticia e vendo ao detalle o que os grupos da oposición, os colectivos e mesmo os meus compañeiros de partido queren facer chegar a sociedade.
A publicación de todas e cada unha das notas de prensa de xeito íntegro, así como os distintos artigos de opinión publicados, dannos ao lector unha visión íntegra e transparente, sen cortapisas nin censuras, de forma áxil e próxima da realidade social, política, económica e cultura da Mariña de Lugo.
Parece mentira, pero xa van aló 5 anos de información. Aproveito para augurarlle a este proxecto moitos lustros máis de información veraz sobre as terras da Mariña.
Emma Alvarez Chao
Deputada
Liga Céltiga Galaica A Liga Céltiga Galaica leva ben tempo implantada na bisbarra do Valadouro, mais dende hai cinco anos conta cunha axudante que colabora arreo en espallar as actividades culturais que artellamos de xeito cotián. Dende aquela, esta axudante non faltou a ningún roteiro polas terras dos Penidos, aló en San Tomé, onde o ouveo do lobo aínda arreguiza o lombo dos xatos e os deuses doutrora escoitan a ladaíña das chocas do gado no santuario das Parañoas. Tamén estivo connosco esta colaboradora cando comezamos a celebrar a Xornada da Resistencia Galaica na honra dos mártires da Frouseira de 1483, e foi a primeira que amosou ao mundo, si ao mundo! O Castrodouro inzado de bandeiras de desagravio e himnos solemnes... Cando rematamos as longas xornadas de andareta e nos xuntamos no Bar San Pedro –outro axudante que está de aniversario, un cuarto de século!‐ para acougar e mollar a palabra... Alí está a nosa amiga, amosando as fotos da xuntanza e deixando testemuño do día. Se tivese que salientar as virtudes desta compañeira nomearía a fidelidade, a vocación de servizo, a accesibilidade... Mais sendo importantes estas actitudes, aínda hai un valor engadido que a ten convertido nunha amiga sobranceira e comprometida, pensa en galego, é dicir, pensa coma nós, como os que a tratamos e a queremos e nos diriximos a ela para saber que acontece na nosa contorna. Chámase Crónica3.com e anda connosco decote. Parabéns! No próximo roteiro ti convocas aos compañeiros, coma sempre. Lionel Rexes Responsábel da Liga Céltiga Galaica na bisbarra do Valadouro
Asociación Cultural Os Matos
CRONICA 3.COM: UNHA XANELA ABERTA Despois de cinco anos de información sobre o acontecer social, cultural, económico, deportivo, ... de A Mariña, é bo recoñecer o labor desenvolvido por Crónica3.com.
Un lustro de información mariñá que nos achegou puntualmente á nosa realidade máis inmediata. Dicimos "puntualmente" porque esa é unha das calidades de Crónica3.com, a rapidez na noticia, a diferenza doutros medios informativos, como a prensa escrita, pola que se agarda varias horas ata chegar aos nosos fogares ou aos distintos puntos de venda.
Crónica3.com é algo así como unha xanela aberta para acoller calquera tipo de información co obxectivo de manter en permanente actualidade a realidade do norte da provincia de Lugo, unha comarca ‐A Mariña‐ chea de vida, de prosperidade, de futuro.
E para que unha sociedade avance é necesario contar con medios informativos preocupados polo acontecer diario das nosas parroquias, vilas e cidades, facilitando que os seus cidadáns se identifiquen non só co seu propio entorno, senón con toda a comarca. E Crónica3.com así o fai.
A Asociación Cultural "Os Matos" súmase ao merecido acto de recoñecemento do importante labor que leva adiante Crónica3.com, e agarda que poidamos seguir contando con este tipo de información moitos anos máis.
Parabéns!
Antón Niñe Fernández
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ‐ IES MONTE CASTELO
Día a día, ano tras ano ‐e xa van aló cinco‐ Cronica3.com fai eco dos acontecementos de actualidade que os seus seus axentes nos ofrecen á audiencia. Mais ese eco é especialmente chamativo, porque se fai desde unha perspectiva nova, diferente e orixinal.
A protagonista sempre é A Mariña: os seus habitantes, as súas vilas, os seus camiños... é toda a nosa comarca aberta ao mundo.
O paso do tempo non fai máis que ensinarnos a reparar nas cualidades dos que, padecendo as miserias deste último lustro, saben acender unha luz que faga máis nítidas as beiras polas que camiñamos. Estas palabras non pretenden ser máis que unhas das moitas modestas homenaxes que lle tributamos aos editores do Cronica3.com, ese xornal dixital que se mostra comprometido para que a nosa cultura, a nosa terra e a nosa lingua reverdezan todos os días... como se sempre fose abril.
María do Carme Cociña
GRUPO MUNICIPAL DE UNIFOZ Jaime Cancio Rodríguez, en representación do Grupo Municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal de Foz, quere felicitar a CRONICA3AMARIÑA, polo seu bo traballo que están a facer dende o seu nacemento.
Ao longo desta andadura UNIFOZ , sempre encontrou en Cronica3 AMariña un medio polo que facer pública a súa información, e o que é máis importante ,información obxectiva, sen opinións editoriais , sen censura, e sempre co espazo necesario para o seu tratamento.
Moitísimas grazas e o desexo de que o futuro nos permita seguir compartindo e gozar de esta ventá de información clara e transparente.
Jaime Cancio Rodríguez
Emisoras Municipais Galegas Os medios de comunicación de proximidade como "Crónica 3" permiten á cidadanía recuperar a lucidez e incluso intentar rescatar o afecto, tal e como nos propón José Saramago no seu "Ensaio sobre a cegueira". A cercanía cos destinatarios certifica do interese dos temas abordados, das opinións recollidas, da pluralidade que se reflexa. Dende as Emisoras Municipais Galegas e dende Vitaminas para o galego, saudamos o cumpreanos de "Crónica3" e desexamoslle moita vizosidade no futuro.
Henrique Sanfiz
Maxia A maxia é unha arte que se basea en interactuar co público, e moitas das veces con obxectos cotiás, para facer algo extraordinario con eles, ao igual que o fai “Crónica 3” ao facer visible día a día toda a información máis cercana a todas e todos nós, creando unha interacción máxica entre o inicio da noticia ata a lectura da mesma, inventando un mundo de cooperación moi pouco habitual nos tempos que corren.
Para xente coma nós, é unha forma de publicitarnos, de ser vistos e escoitados, de vermos o noso traballo exposto para o público máis cercano que non é sempre o que mellor nos coñece. Por isto e por ser plataforma para a información real e sen manipulación, ao momento e como non, cercana, o máis importante é saber o que pasa entre nós e “Crónica 3” é ese espazo que nunca se perde de vista para non deixar pasar por alto nada do que nos importa, o que sucede ou pode pasar arredor das nosas vidas e coa peculiaridade de que sempre é sen discriminación.
Mago Pi & Mago Senín
Consello da Cultura Galega Amigas e amigos:
A miña solidariedade e o meu apoio para a iniciativa do IES PERDOURO de BURELA sobre XORNALISMO DE PROXIMIDADE, referencia primeira e inexcusable no exercicio profesional do xornalismo. Podemos e debemos ser universais desde o local. Tamén no xornalismo.
Unha fonda aperta e o meu aplauso.
Xosé María García Palmeiro
Natural de San Miguel de Reinante (Barreiros)
Xornalista
Director de Comunicación Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela
Grupo Municipal do BNG ‐ BURELA
Dende hai uns anos, na Mariña, temos o privilexio dunha canle de comunicación que nos permite seguir a actualidade da nosa comarca case minuto a minuto coa frescura do inmediato e a pluralidade da información que emana dos distintos colectivos que vivimos o día a día das nosas vilas.
Estou falando de Crónica3, un espazo de información e opinión que é un fiel reflexo do que pasa na bisbarra mariñá.
Xa non fai falla agardar á mañanciña para ler as noticias nos xornais porque en Crónica3 "adiántanse" á actualidade e xa a noite anterior podemos saber o que será noticia ao día seguinte na prensa escrita da Mariña. A política, o deporte, a cultura, as iniciativas sociais... todos temos cabida no foro de expresión que supón Crónica3. Todas as novas e opinións que emanan da vida cotiá da nosa comarca aparecen en Crónica3, sen cortes, sen censuras, tal e como os distintos colectivos e asociacións as sentimos e as vivimos. E isto, nos tempos que corren, xa non é pouco... é moito e moi importante.
Grazas Crónica3 por existir e por estar aí. Grazas Crónica3 pola información e opinión que, día a día, nos proxecta ao resto do mundo.
E, utilizando o dito de Álvaro Cunqueiro, mil primaveras máis para Crónica3 da Mariña.
Neves Cando López
Portavoz Municipal BNG Burela
Grupo Municipal do PSdeG‐PSOE. BURELA CRÓNICA3.COM é un soporte para favorecer a democracia política, social e cultural. A transparencia e rigor profesional avalan un proxecto que é modelo para os medios informativos. Confianza é a sensación que sentimos cando abrimos a súa paxina. Alfredo Llano ‐ Secretario Xeral
DENOMINACIÓN DE ORIXE: CRÓNICA3‐A Mariña. Nestes tempos incertos, moito é de agradecer que aínda existan e resistan as personas emprendedoras capaces de sacrificar moitas horas das súas vidas á crianza, conservación e divulgación de proxectos impulsores do sentir colectivo e da identidade dunha comarca. Se por riba, ao longo de cinco anos, demostraron sobradamente a súa capacidade para servir fresco e a domicilio o exquisito licor virtual Crónica3‐ A Mariña, elaborado sen adultera‐‐ ‐la frescura arrecendente das distintas cepas de orixe espalladas polos distintos concellos, ninguén dubida que estamos a falar dun caso único e singular, merecente da máis sentida das homenaxes. Para todos aqueles que sentimos querência pola nosa terra e compartimos a necesidade de colaborar humildemente na defensa da súa idiosincrasia , Crónica3–A Mariña representa unha denominación de orixe, um exemplo de xanela aberta ó mundo pola que se amosa, sen tapuxos, o valor do noso en condicións de igualdade obxectiva e tolerante con tódolos demais. Convencido de que Crónica3 A Mariña difrutará dunha longa e fructifera vida desexo transmitir ós seus promotores e coidadores os meus sinceiros parabéns. Francisco Piñeiro González
Aínda que non coñezo en persoa á xente que leva adiante Crónica3, considero que o seu labor é de vital importancia para dar a coñecer o día a día dos concellos da Mariña.
A comunicación local ten unha importancia trascendente para todos e todas. É necesaria para o desenvolvemento tanto social, económico e humano das diferentes áreas onde traballa. O coñecemento, neste caso o coñecemento da actualidade, crea dinámicas que poñen en marcha a todos os sectores da sociedade tendo como resultado a fluidez e a solución de temas que se quedasen en silencio, non atoparían esa solución ou faríano tarde.
É por iso que Crónica3 é unha marabillosa ferramenta para poñer en valor o día a día dun lugar e dunhas persoas que tamén están no mundo como as que aparecen nos grandes titulares.
Felicidades
Moncho Mariño – xornalista de Xove
“A información fainos libres”. E de senllos conceptos andamos raquíticos neste convulso inicio de século. A información, os medios, estanse a converter en meros recadeiros do poder, sexa este político ou/e económico. Por ilo, medios cercanos, independentes coma Cronica 3 son imprescindibles para contrastar os sucesos dunha actualidade que chega moitas veces distorsionada case sempre conscientemente.
Esa información de proximidade que nos pon en contacto coa nosa realidade máis certeira, esa información desprezada polos grandes grupos mediáticos que apostan toda a súa tinta, bites ou watios á megaglobalización, esa é a información que fai país, que democratiza o coñecemento e polo tanto nos dá máis oportunidade a todos.
Parabéns polo traballo, moitas veces ingrato, e a seguir outros cinco anos máis (polo menos).
Félix Jorquera. Dtor de Radio Burela e Terra Chá.Xa
A.C.D. O Varal Dende fai tempo sigo diariamente Crónica3.com. Souben da súa existencia por comentarios e quixen saber de que iba o tema. Hoxe é o meu referente puntual no diario acontecer da Mariña e non paso sin votarlle una ollada tódolos días.
En nome do colectivo que me honro reperesentar, teño que felicitalos polo seu saber facer, pola rapidez, axilidade e transparencia con que tratan tódolos temas e particularmente pola atención que nos prestan cada vez que lles enviamos un comentario. Como asociación cultural deportiva, o noso primeiro obxetivo é a recuperación do xogo tradicional da Billarda e contamos con Crónica3.com como aliado e inmellorable escaparate para dar a coñecer as nosas actividades. Graciñas en nome de “O Varal”
Daniel Rodríguez Saavedra
Vicepresidencia da Deputación de Lugo A lingua é un ben que temos no noso país, se cadra o noso maior ben e o elemento máis definitorio que posuímos como galegos e galegas. Falalo, lelo, escribilo é o que nos afirma cada día como membros dun pobo e tamén é o que realmente fai que este idioma estea vivo hoxe en día.
Mais nunha sociedade coma na que vivimos, os medios de comunicación xogan un papel fundamental á hora de normalizar o uso dun idioma en todos os ámbitos da nosa vida e, consecuentemente, tamén o do galego.
Por iso, é para nós realmente significativo que se cumpra, e que con este premio se vexa recoñecido, o nacemento e o traballo ao longo dun lustro dun medio de comunicación en galego que é xa unha referencia na comarca da Mariña: Crónica3.com. Por iso, desde a Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo queremos estender as nosas felicitacións a todas as persoas que fixeron posíbel esta iniciativa e sacaron adiante un medio de comunicación de grande utilidade para a nosa xente, desde unha dobre perspectiva da información de actualidade, rápida e próxima e tamén polo que significa de estar pensado, creado e xestionado en galego.
Antonio Veiga Outeiro
O Bordelo
“Entre nós” (Micropeza teatral creada en homenaxe a Cronica3‐ A Mariña en sinal de agradecemento polo apoio a toda iniciativa cultural e ,en particular, ó apoio prestado ao teatro afeccionado feito na comarca )
ESCENA I (Ano I)
O Mariñán.‐ Disque naceu un xornal virtual especialmente centrado na información da Mariña. D. Comenencias.‐ Bah, bah! Trangalladas ; Arroutadas dunha semana
ESCENA II (Ano II)
O Mariñán.‐ Cada vez hai máis xente que se informa grazas a Crónica3. D. Comenencias.‐ Ignorantes! Como poderán crer nun xornal que non se apalpa nin se ve!
ESCENA III Teatro “ O Bordelo” Cervo. (Ano III)
O Mariñán.‐ Crónica3‐A Mariña leva camiño de ser o xornal preferido polos cidadáns da Mariña D. Comenencias.‐ E ti non saberás quen estará detrás? O Mariñán.‐ E a quen vén agora ese interese? Non quererá vostede pararlle‐los pés! D. Comenencia.‐ Hai que ver o mal pensados que sodes os cidadadáns de a pé!
ESCENA IV (Ano IV)
D. Comenencias.‐ Mariñán, ti non poderías mediar para que os de Crónica3 me viñeran entrevistar? O Mariñán.‐ Mire, señor, rematou a época das distincións; ninguén anda polas portas. Hai que aportar.
ESCENA V (Ano V)
O Mariñán.‐ Por fin , vanlle facer un acto de agradecemento a Crónica‐3 A Mariña. Ben merecido o teñen. D. Comenencia.‐ Eu díxeno sempre. Moito se lles debe. O Mariñán.‐ (Abraiado) Abofé que si! (Nun aparte) Canto cambiou o país! D. Comenencias.‐ Non faltarei. Verémonos alí.
EPÍLOGO
O Mariñán.‐ Paseniño, paseniño. Se aplauden xuntos os éxitos dos veciños os devotos e os do “ arrime” talvez algún día coincidan no mesmo camiño. Paseniño, pasniño. Sen esforzo e traballo ningún pobo se redime.
Faro Norte Comunicación Felicidades a Crónica 3 Cinco anos cumpre Crónica 3.com e desde Faro Norte Comunicación queremos felicitar aos seus editores polo traballo desenvolvido ao longo deste tempo, pola súa dedicación e pola súa entrega. Crónica 3 é xa un referente dixital na información comarcal da Mariña. Cada vez son máis as persoas que recurren a este diario dixital para informarse do que acontece na súa vila, na súa comarca, para saber o que fan os seus equipos, os seus deportistas, a súa xente… en definitiva para coñecer de primeira man o que ocorre aquí e agora. Os tempos non son fáciles para ningún medio de comunicación neste momento, de aí que ainda sexa máis salientable o traballo de Crónica 3.com. Crónica 3 é unha aposta pola información local e comarcal, é unha aposta polo noso idioma e pola nosa cultura. Noraboa aos seus creadores e editores aos que desde Faro Norte Comunicación animamos a seguir cara adiante durante moitos anos máis.
Carmen Cruzado
ies
pe
rdo
uro
Vicedireción do IES Perdouro Nos tempos de hoxe, cando as fontes de información están a facer parte das nosas vidas cotiás, Crónicas3.com é un dos meus referentes en comunicación. Despois de 5 anos na rede, consulto este xornal dixital a diario, ao acender o ordenador nada máis erguerme e polo móbil durante o día. Nun só clic, teño todos os titulares de canto acontece na Mariña: políticos, culturais, deportivos... e as opinións que fan reflexionar sobre temas de actualidade moi candentes.
É de agradecer que siga existindo xente que cre no que fan. Nunca paramos a pensar en quen estará detrás e as horas dedicadas a actualizar a páxina constantemente. Así que os meus parabéns a Emilio G. Legaspi e a Manolo Nebril por difundir unha información obxectiva sobre a nosa comarca, de xeito transparente e tan profesional.
Quería ademais darlle moitos ánimos a Cronica3 nestes tempos en que a prensa escrita e dixital ten curta vida.
Precisámosvos máis que nunca!
Karina Parga Chao
ies
pe
rdo
uro
Manuel Carreira Simón
(Profesor de FOL)
Foi que estaba eu traballando arreo, coma sempre, no insti e vai B.P. e me di: - Oe, non era mellor aproveitar o ordenador para outra cousa que mirar esas páxinas impropias
dun profesional nun centro educativo? Osti!; pechei rapidamente e púxenme na web de “El PaÍs”
que seica é un periódico de Madrid que
tamén o hai na cafetería Vista Alegre e leo todo dios cando están ocupados o Marca e o As, e os do Monte Castelo xa mangaron o Progreso e a Voz para facer caralladas de educación artística.
- O País e un xornal pseudo‐liberal ao servizo dos intereses máis decididamente xacobinos e reaccionarios das elites dominantes. Para iso lee o ABC que polo menos van sen careta.
- Que quere dicir seudo? - Que a vós de onde os mandan, contra! Como imos cambiar o país con xente coma ti? - Vámolo cambiar polo ABC?
A min o B. cáeme ben, e sempre lle asino nos papeis que pincha no taboleiro para protestar contra a conselleria, e iso que hai que poñer o número de carné ao lado (eu poño o da miña sogra, que non creo que o B. se malicie).
- Mira neno, ti ves de Nois, non é? - Veño, si Señor. - E no “El País” veñen moiotas novidades de Nois? - Boh, como van vir, se Nois pouco máis é que Burela. - Pon Cronica3. Que aparece? - Nas fotos saen todos vestidos. - No de ler, paspán. - Anda!, veñen falando o Otero Regal que foi de Nois e o Suso Fernández que case. - Non ves, xente coñecida, temas próximos, non as andrómenas artfficialrtiente recreadas en
Madrí. E xa van facer cinco anos. E Ti sen enterarte. E as autoridades educativas poñen alumnos nas túas mans.
- Che, que eu os nenos non lles toco. - Vaite, vaite para a clase que non me quero cabrear. Ai se os Nós erguen a capeza!
Funme. Pero que os de Nois non levantan a cabeza xa o sei eu, que os novos no móbi1 e os vellos na cartilla da caixa andan todos encrequenados.