AS RÍAS GALEGAS
As rías son un dos elementos da paisaxe que mellor definen a costa galega.
Unha ría é un val fluvial anegado polo mar.
-As rías teñen forma triangular ou de funil
-A boca é ampla, no seu contacto co océano, e vaise estreitando cara ao interior.
Esta zona coñécese como cabeceira da ría.
-A desembocadura do río alimenta de augas dóces e sedimentos á ría.
É o lugar onde se forman extensas marismas no interior do esteiro.
-Ademais, outros ríos secundarios desembocan en distintos puntos da ría, creando os seus
respectivos esteiros.
-Os ríos achegan materiais ás rías, que se distribúen segundo o seu tamaño
e a enerxía do medio.
Os ríos de maior tamaño sitúanse na boca da ría, e o material máis fino deposítase na
cabeceira.
FORMACIÓN DAS RÍASNo Terciario, durante a Oroxenia Alpina, o terreo elevouse e
logo rompeu en varios bloques. Os bloques litorais inclináronse cara ao mar e a auga anegou os
vales dos ríos.
Outros factores (as fallas, as formas do relevo, a orientación dos materiais, a diferente resistencia das rochas á erosión...)
fan que as rías galegas presenten unha morfoloxía moi diversa, e cada unha delas teña características propias.
RÍAS BAIXAS
Océano Atlántico
RÍA DE VIGO
RÍA DE PONTEVEDRA
RÍA DE AROUSA
RÍA DE MUROS E NOIA
RÍAS MEDIAS
Océano Atlántico
RÍA DE CORCUBIÓN
RÍA DE CAMARIÑAS
RÍA DE CORME E LAXE
RÍA DE A CORUÑA
RÍA DE BETANZOS
RÍA DE ARES
RÍA DE FERROL
RÍAS ALTAS
Mar Cantábrico
OCÉANO ATLÁNTICO
RÍA DE CEDEIRA
RÍA DE ORTIGUEIRA
RÍA DO BARQUEIRO
RÍA DE VIVEIRO
RÍA DE FOZ
RÍA DE RIBADEO
Mirian Trigo Castro
Laura Chaves Falcón
Laura Paz Amil
2º ESO C, abril 2012
Fotos: XEA
Top Related