8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
1/12
Grupo Municipal Socialista
P r e
u n t a
Vilalba, 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Sr. Alcalde – Presidente a seguinte PREGUNTA en
base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A dirección Xeral de Protección da Natureza, enviou aos concellos unha comunicación para que
se lle comunicara sobre o cumprimento da lexislación ao respecto da protección dos animais
domésticos e salvaxes en catividade, a este respecto:
1ª Cal foi a contestación dada a este organismo ao respecto da cuestión indicada?
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
2/12
Grupo Municipal Socialista
P r e
u n t a
Vilalba 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Sr. Alcalde – Presidente a seguinte PREGUNTA en
base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No pasado Pleno Ordinario do mes de Xaneiro aprobouse a modificación da Ordenanza Nº 25
de Protección do Medioambiente, a cal obriga ós propietarios das fincas urbanizables a pechalas
con unhos muros de determinadas dimensións, segundo o sentido literal do texto, a este
respecto:
1º ¿Tén carácter obrigatorio esta medida ou é unha medida dispositiva?
2º ¿Qué tipo de actuacións ten pensado tomar o Concello para o seu cumprimento?
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
3/12
Grupo Municipal Socialista
P r e
u n t a
Vilalba, 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao concelleiro de Cultura D. José Antonio Pita Paz a
seguinte PREGUNTA en base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O concello de Vilalba ten renunciado a unha subvención outorgada pola Deputación Provincial
destinada a equipamentos e investimentos culturais, a este respecto:
Cal é o motivo de dita renuncia?
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
4/12
Grupo Municipal Socialista
P r e
u n t a
Vilalba, 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula ao Sr. Alcalde – Presidente as seguintes PREGUNTAS en
base áseguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Son varias as veces, tanto en Pleno como en Comisión, nas que o Sr. Alcalde, a instancias do
Grupo Municipal Socialista, ten referido circunstancias ao respecto do Plan Xeral de Ordenación
Municipal sen que ata o momento teñamos constancia dos pasos dados para a súa aprobación,
a este respecto:
1ª A cantas administración sectoriais lle foi remitido dito Plan?
2ª Cal foi a contestación de cadansúa?
3ª De non ter o Concello aprobado inicialmente o PXOM no prazo estipulado pola
recente Lei do Solo, en que situación queda o traballo feito con anterioridade?
4ª Cando ten previsto o Sr. Alcalde proceder á aprobación inicial do PXOM?
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE –
PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
5/12
Grupo Municipal Socialista
R O G O
Vilalba, 1 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula o seguinte
ROGO:
Que o Alcalde promova unha declaración Institucional do Concello de Vilalba na que exprese
o seu rexeitamento ó acordo alcanzado entre as e os Xefes de Estado e de Goberno da Unión
Europea con Turquía que contempla a devolución a Turquía de todos os emigrantes- incluídas
as persoas demandantes de asilo sirios e de calquera outra nacionalidade-, que cheguen á
Unión Europea. Que nesa declaración se inste á Unión Europea e ós Estados Membros a dar
unha resposta humanitaria urxente ante á grave situación que viven as persoas refuxiadas,
respetuosa co dereito internacional de asilo e os dereitos humanos. Neste sentido, instarase ó
Goberno da Unión Europea e ós Estados Membros á retirada de calquera acordo, pacto,
convenio e/ou proposta de acción que non respecte o dereito internacional de asilo ouconvenios internacionais sobre dereitos humanos firmados pola Unión Europea. E, finalmente
que exprese que o noso Concello, súmase ó Manifesto “Pasaxe Seguro” suscrito por multitude
de organización sociais, sindicatos e partidos políticos de toda Europa e, neste sentido, insta á
UE e ós seus Estados Membros a que ordenen a creación de pasillos humanitarios, e que
posibiliten, dende o respeto, o asilo destas persoas entre os 28 Estados membros da Unión
Europea.
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
6/12
Grupo Municipal Socialista
R O G O
Vilalba, 1 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula o seguinte
ROGO
1º- Que o Sr. Alcalde se dirixa á Xunta de Galicia para que propicie os cambios lexislativos
oportunos aos efectos da prohibición da tenza e/ou exhibición de animais salvaxes en
catividade na nosa Comunidade Autónoma.
2º- Que mediante unha declaración institucional e as modificacións das ordenanzas oportunas
se declare o compromiso do Concello de Vilalba cos principios éticos, sociais e medio
ambientais respecto a non ocasionar danos e/ou sufrimento aos animais. Que nela se declare
que este concello é contrario á exhibición de animais salvaxes en circos ou noutras
actividades que se encontren de maneira permanente ou temporal no noso Concello, conindependencia do lugar de residencia das persoas propietarias ou posuidoras. E que unha vez
que resulten de aplicación as modificacións oportunas, o Concello non permitira a instalación
(en terreos públicos) de circos con animais salvaxes, aínda que non participen no espectáculo
circense.
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
7/12
Grupo Municipal Socialista
R o
o
Vilalba, 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa
que poida resultar de aplicación, formula en Sesión Plenaria ao Sr. Alcalde – Presidente da
Corporación o seguinte
ROGO
Tendo en conta que, nas proximidades do Centro de Saúde de Vilalba, se está a acondicionar o
terreo para un aparcadoiro e que as emerxencias sanitarias poden xurdir en calquera
momento, os concelleiros do grupo municipal socialista rogan
Que se delimite e reserve un espazo no aparcadoiro a carón do Centro de Saúde de Vilalba
coas condicións e superficie necesarias para a aterrizaxe dun helicóptero de atención ás
emerxencias sanitarias..
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
8/12
Grupo Municipal Socialista
R O G O
Vilalba, 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula o seguinte
ROGO:
Que o Alcalde encargue a unha entidade de recoñecida solvencia técnica un estudo
fitopatolóxico das árbores que se atopan en terreos de titularidade municipal facendo
especial fincapé no negrillo da Praza da Constitución.
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
9/12
Grupo Municipal Socialista
R O G O
Vilalba, 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula o seguinte
ROGO
Que o Sr. Alcalde se dirixa á Xunta de Galicia para:
Que de maneira inmediata e ante os datos publicados no Rexistro Galego de Atención
ao Infarto de Miocardio referidos á nosa provincia se proceda á implantación no
HULA do servizo de Hemodinámica 24 horas.
Que o SERGAS publique os datos de mortalidade aos trinta días dos pacientes
afectados por infarto de miocardio na provincia de Lugo.
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
10/12
Grupo Municipal Socialista
R O G O
Vilalba, 1 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula o seguinte
ROGO
Que o Alcalde propoña a aprobación do Regulamento de Participación Veciñal aportado por
este Grupo político para poder facer efectivo o acordo plenario da sesión do 9 de Outubro de
2015
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
11/12
Grupo Municipal Socialista
R O G O
Vilalba, 4 de abril de 2016
Ao Pleno do Concello de Vilalba:
O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que
poida resultar de aplicación, formula o seguinte
ROGO
Que o Sr. Alcalde solicite da Xunta de Goberno Local o apoio ás reivindicacións da Plataforma
“Lugo… non perdas o tren”, e que solicite ao Ministerio de Fomento, Renfe e Adif uns servizos
ferroviarios dignos para a Provincia e para a cidade de Lugo, para elo deberá:
1. Promover un plan integral provincial de transporte ferroviario que teña en conta non
só a cidade de Lugo senón as súas conexión con outras vilas da provincia – como
Sarria, Guitiriz e Monforte- e co tránsito ferroviario de vía estreita da Mariña.
2. Promover a chegada do AVE a Lugo e a construcción dunha estación intermodal na
capital.
3. Potenciar o transporte ferroviario de mercadorías, especialmente coas plataformas
loxísticas.
4. Acometer a construción da variante ferroviaria de Monforte (cuxo proxecto xa estivo
en fase de exposición pública que o Goberno do PP en Madrid paralizou) para suprimir
os pasos a nivel. Modernizar tanto a rede de vías e andéns como a terminal de
pasaxeiros e asegurar a conexión co porto seco.
5. Manter e ampliar as conexión con Madrid, Barcelona e Bilbao que foron recentemente
variadas ou suprimidas con grave prexuízo para os Concellos da Provincia.
6. Ceder os terreos e as edificacións en desuso naqueles Concellos que quedaron
excluídos da rede ferroviaria para o seu uso público e con fins sociais, así como a
mellora das pasarelas e pasos a nivel naqueles Concellos nos que se atopan en mal
estado con grave prexuízo para os veciños e visitantes.
8/18/2019 Asuntos do pleno de Marzo de 2016
12/12
A voceira do Grupo Municipal Socialista
Asdo. Mª Elba Veleiro Fernández
SR ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA
Top Related