PONTES e VIADUTOS Son estructuras que se utilizan para salvar barreiras naturais (ríos ou vales profundos), ou artificiais (estradas, vías de tren...). As primeiras pontes foron toros de árbores tendidas sobre os ríos e apoiadas sobre as rochas das beiras ou da canle. Despois construíronse de pedra, logo de ferro e na actualidade as estructuras de formigón armado simplificaron o labor de construción de pontes e viadutos e permiten superar máis facilmente grandes desniveis e distancias.
Primitivas pontes de madeira.
Ponte de poldras.
Ponte de arcos de pedra.
Ponte de vigas
TIPOS DE PONTES
Ponte colgante: o taboleiro pende de longos cables de aceiro suxeitos a torres próximas a cada extremo.
Ponte de arco: sostense por un arco apoiado nos estribos. O taboleiro pode ir debaixo ou enriba do arco.
Ponte de cables ou tirantes: o taboleiro sostense por cables de aceiro unidos a torres
Ponte de contrapeso. Cada metade da ponte equilíbrase sobre un estribo encaixado no leito do río.
Ponte basculante ou levadiza: as dúas seccións álzanse en ángulo para permitir o paso de barcos.
Distintos tipos de pontes basculantes en Amsterdam
Ponte da Illa de Arousa
Pontes en construción
MIL FORMAS DE PASAR OS RÍOS No país dos “mil... dez mil...”, ou cantos? ríos, e cunha poboación tan pouco vertebrada, existen dez veces máis lugares por onde os ríos deben ser cruzados e a xente creou moitas e axeitadas formas de facelo: vaos, portos, barcos, pasais, poldras, pontellas e, por suposto, pontes, que no lugar máis inesperado poden sorprender pola súa antigüidade, sinxeleza, armonía ou valor artístico.
A maneira máis primitiva de cruzar un curso de auga é buscando un vao, un lugar no que ten pouca fondura e escasa corrente e serve para o paso de persoas e animais. Se ademais se quería que servise para o paso de carros enlousábase (porto).
VAOS E PORTOS
Vao no río Castro
(Vimianzo)
Porto no río Soldón (A Seara)
Porto no rego San Miguel (Manzaneda)
Filas de pedras (poldras) asentadas na corrente e separadas uns 30 ou 40 cm para ir pasando dunha a outra sen mollarse.
PASADOIROS, PASADOIROS, PEARES ou PASOS
Río Ulla (Gres)
Río Verdugo (Pontecaldelas)
Río Anllóns (Os Verdes)
Río Lérez (Forcarei)
Río TeaRío Oseira
Estruturas moi simples formadas por fileiras de cepas sobre as que se poñen lousas de pedra. Son pasos para uso das persoas, podendo pasar o gando á beira das mesmas en treitos de pouca fondura.
PASAIS ou PONTES DE POLDRAS
Pontes estreitas para o paso de persoas. Están formadas por varias estruturas verticais sobre as que se constrúe unha calzada de lousas.
PONTELLAS
Río Rateira
Conso
PONTELLAS DE MADEIRA
Río Piornedo
Pontella e vao no río Arnoia (Xunqueira de Ambía)
Río Umia (Caldas)
Río Almofrei (Loureiro)
Río Almofrei (Borela)
Río Arnoia (Arnuíde)
Río Umia (Baión)
Laioso (Esgos)
Río Borbén
Río Beba (Mazaricos)
Río Te (Rianxo)
Ponte das Olgas. Río Xares (A Ponte)
Río Valga (Campaña)Río Verdugo (Ricovanca)
Rubiá dos Mixtos Río Albariñas (A Baña)
Estrutura simple dun so van nas que sobre dous muros ou estribos situados en ambas beiras apóianse grandes lousas ou pontóns de madeira con anchura suficiente para o paso dun carro.
PONTILLÓN
Río DorelleChandrexade Queixa
Construccións de maior tamaño e fábrica de mellor calidade. Hai moitos tipos, segundo a época e o estilo, o material de que están feitas... En Galicia podemos atopar pontes romanas, medievais e de todas as épocas posteriores.
PONTES
cepascalzada
ollo
peitoril
arco
tallamar
Río Tea (Fillaboa-Ponteareas)
Calzada e apartadeirosPonte da Ramallosa
Peitorís e detalles decorativos
Altar, peto de ánimas e cruceiro
na Ponte da Ramallosa
San Clodio (Avia)Ponte Sobreira (Barbantiño)
Pontes de falso arcoRío Bendimón (Outes) Río Faramontaos (Xinzo de Limia)
Río Samo (Arderís)
Río Cádavos (A Mezquita
Pontes romanas ou de orixe romana
Río Arnoia (O Freixo)
Río Umia (Caldas)Río Bibei (Larouco)
Pontes romanas ou de orixe romana
Río Sil (Carballeda de Valdeorras) Río Cabe (Monforte de Lemos)
Río Conso (Pradoalvar) Río Miño (Lugo)
Pontes romanas ou de orixe romanaRío Mao (Vilariñofrío)
Río Tinto. Calo (Teo).Río Vello (río Lea). Duarría (Castro de Rei)
Río Louro (Tui)
Pontes romanas ou de orixe romanaRío Seixo. Cavadosa (Cerdedo)
MedievaisRío Arnoia (Arnuíde)
Medievais
Río Miño (Ourense). De base romana
MedievaisRío Parga (San Alberte)
Medievais
Río Mero (Ponte do Burgo)
Medievais
Río Ulla (Teo)
MedievaisRío Bermaña (Caldas de Reis)
Río Arnoia (Allariz)
Río Almofrei (Cotobade)
MedievaisPonte Carracedo. Río Neira
Medievais
Río Anllóns (Ponte Lubián) Río Arnoia (Baños de Molgas)
Río
Río Arenteiro (Piñor)Cahmoso. Río Eume (As Pontes)
MedievaisRío Avia (Pazos de Arenteiro) Río Deza (Carboeiro)
Cereixido
Medievais
Río Almofrei (Borela) Ponte Taboada (Río Deza)
Río
Río Xesta (Liñares)Río Lérez (Parada)
MedievaisRío Masma (Mondoñedo) Río Ouro (Alfoz)
Río Navia (A Pobra de Navia)Río Mero (Beldoña-Abegondo)
Medievais
Río Miño (Rábade)
Río Brul (Outeiro)Misarela. Río Pedras (A Pobra do Caramiñal)
Ponte Buxaca (Boqueixón)
Medievais
Ponte Cabalar (Ferreira-Guntín)
Ponte Andón. Río Lérez (Forcarei)Ponte Madrás (Río Barbantiño)
Ponte de Saa (Vilalba)
MedievaisRío Avia (San Clodio)Ponte Navea (Pobra de Trives)
Río Deva (Arbo)
Medievais
Río Verdugo (Arcade-Pontesampaio)
Río Batán (Martiña)Río Miñor (A Ramallosa)
Ponte Sobreira (Río Barbantiño)
Medievais
Río Seco. Leboreiro (Melide)
Río Sar (Santiago de Compostela)Río Castro . San Antón (Cerdedo)
Río Covo. San Cibrao (Cervo)
Medievais
Ponte da Cigarrosa (río Sil)
Medievais
Río Tambre (Pontemaceiras)
Río Tea. Ponte das Partidas (Ponteareas)Río Tea. Ponte dos Remedioa (Ponteareas)
Río Tamuxe (O Rosal)
MedievaisRío Xallas (Brandomil)
Río Tea. Ponte Cernadela (Mondariz)
Ponte Comboa (río Verdugo)
Medievais
Verducido (río Oitavén)
Río Sieira (Porto do Son)
Ponte Canceliños (Río Mao)
Ponte da Misericordio (Viveiro)
Modernos
Río Ulla (Gres)
Río Ulla (Cesures-Padrón)Río Sar (Padrón)
Río Tambre (Portomouro)
Actuais
Río Avia (Leiro)
Río Miño (Os Peares)Río Miño (Tui)
Ponte Pedrido (Río Mandeo)
Actuais
Río Miño (Belesar)
Río Ulla (Ponteulla)
Ulla-Sar (Padrón)
ActuaisRío Sil (Rubiá) Río Sor (O Barqueiro)
Río Miño-Sil (Os Peares)
Actuais Ponte do Milenio (Ourense
CANTIGAS:Nunca vin río sen pontenen regato sen pasaxe;nunca vin mozo cativoque bo camiño levase.
Pasei a Ponte Nafonsopaseina de pedra en pedra,coas bágoas dos meus ollosfixen crecer a marea.
Estou a pasar o río,estou a non o pasar,estou a tomar amoresestou a non os tomar. O cura foi ao muíñoe caeu da ponte embaixo,cerrei, meniños, correi,que vai polo río abaixo. Pasei a ponte de Lugo,paseina dunha carreira,quedaban catorce xastrescosendo nunha monteira.
Ponte Paradola (Umia)
BAUTIZOS PRENATAISNalgunhas pontes de Galicia (Pontearnelas, sobre o Umia, Ponte Sampaio sobre o Oitavén, a Ramallosa no Miñor, a de Fillaboa en Salvaterra e a dos Remedios en Ponteareas, a do Seixo sobre o río Caselas…), faise o rito do bautismo anticipado para que mulleres preñadas con antecedentes de malos partos teñan unha feliz xestación e parto. Acoden á ponte na noite o sábado ás doce da noite, acompañadas de dous parentes homes que se sitúan a cada extremo da ponte impedindo o paso. O primeiro home que intente pasar será o “padriño” e el irá coller a auga ao río e verteráa sobre o ventre da muller encinta ao tempo que recita a fórmula do bautismo. Nalgunhas pontes o nome que se impón é o de Amaro e noutras o de Alberte. Rematada a ceremonia celébrase unha comida sobre a ponte e logo a embarazada bota ao río, de costas á baranda e por riba dos ombros, o sobrante da comida, a louza e o resto dos utensilios.
Pontearnelas
PONTE DO BURGO. Río Lérez (PONTEVEDRA)A súa fundación atribúese ao mítico Teucro quen, rematada a Guerra de Troia, viaxou a Galicia onde fundou a cidade de Pontevedra. Mais a súa orixe é romana, formaba parte da vía XX onde asentaba a mansio Turoqua; no lugar atopáronse dous miliarios. Sufriu varias modificacións ao longo da historia.
PONTE DE GATÍN Río NaviaConta a lenda que un mozo que vivía no lado esquerdo do río enamorouse dunha rapaza moi bonita pero que vivía na beira dereita. Como non tiñan medios para cruzalo e así xuntarse, pactaron có demo a construción dunha ponte a cambio de darlle o primeiro ser vivo que nacera na casa da parella.Rápidamente celebrouse a boda dos namorados e ela quedou preñada ao pouco tempo. Mentras, o demo intermediaba para que non nacera ningún animal, asegurandose así, que o primeiro ser vivo nacido na casa fora o neno que esperaban. Co que non contou o demo foi coa palleira da casa, xa que o destino quixo que nacera unha camada de gatiños (de aí ven a palabra gatín). Enton o home colleu o primeiro gatiño nacido e levoullo ao demo á Ponte onde llo entregou, burlando así deste xeito o fatal destino que o demo lles tiña preparado.
PONTE DO PASATEMPO SOBRE O VALIÑADARES, Un afluente do Masma (Mondoñedo).Segundo a tradición, nesta ponte entretiveron á muller de Pardo de Cela cando viña co indulto, sen poder así evitar que mataran ao Mariscal.
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaFebreiro 2013